11 Xullo 2013 - BD Nº80

Page 1

Armando Álvarez será o presidente do COB [Páx. 6]

FÚTBOL SALA

Páx. 2-5

En Xogo / Karlasca, tricampión do Trofeo Barrios Deportivo

Número: 80- Ano: V - 12 de xullo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

IV TROFEO BD

En Xogo/Karlaska triunfa no IV Trofeo Barrios Deportivo 4 Venceu ao Verín Futsal por 10 a 3 e fíxose por terceira vez consecutiva con este título. Ao finalizar o encontro, entregáronse os trofeos do torneo e das diferentes ligas locais e provinciais. P.Lodeiro / R.Torres Choque de altura na final do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. O vixente campión do torneo, En Xogo/Karlaska, medía as súas forzas a Verín Futsal, invicto esta tempada na liga de Provincial B. Ambos chegaran á final tras apear do torneo a Concello de Coles e Hermanos Carral, o primeiro, e Cidade de

Ourense e Os Escornaboys, o segundo. O equipo da capital ourensá abría o marcador a sete minutos de arrincar o encontro, e habería de pasar boa parte do primeiro tempo para que Verín Futsal lograse empatar. O En Xogo non se amedrentaba e pouco despois volvía adiantarse no marcador, e a facer o terceiro na súa conta. O adestrador do Verín pedía entón tempo

morto, tentando concentrar aos seus xogadores, o que tería efecto: os da comarca de Monterrei recortaban distancia. 3-2 ao descanso. Trala continuación, o partido mostrábase bastante trabado, alternando as faltas ambas as escadras. Novamente, marcaba En Xogo/ Karlaska, que foi durante todo o encontro por diante no marcador. Tras un dobre penalti transformado por

En Xogo/Karlasca soubo vingarse na final do Trofeo BD do que foi o seu verdugo na Copa Deputación./RAMSÉS

Rubén Tizón e un novo gol, o equipo da capital abría unha brecha difícil de remontar para o Verín Futsal, enlazando dous novos tantos moi seguidos. En Xogo aínda tería tempo de facer un noveno e un décimo gol na súa conta particular. Verín Futsal sumaba o seu terceiro tanto a pouco máis dun minuto para o asubío final, quedando o marcador nun significativo 10 a 3, gañando así o En Xogo o seu terceiro “torneo dos campións”. O En Xogo demostrou que sabe competir en torneos deste tipo. Nos xogadores do Verín, o desgaste nos partidos previos fixo mella. Desgaste ata a final Os camiños de En Xogo e Verín para chegar ata a final do IV Trofeo Barrios Deportivo foro ben distintos. O En Xogo tivo unhas eliminatorias máis cómodas do normal. Contra o Concello de Coles golou grazas a unha mellor segunda metade e a súa superioridade técnica. Na semifinal contra o Hermanos Carral máis do mesmo; unha primeira me-

Os axustados partidos do Verín en cuartos e semifinais fixeron mella nos xogadores de Monterrei./R.T. tade máis igualada deu paso a un segundo tempo no que a veteranía dos xogadores do En Xogo impúxose aodesparpaxo dos xogadores do equipo do Carballiño. Pola súa banda, o Verín tivo que sufrir máis para chegar á final. No primeiro partido esperaba o Cidade de Ourense, o que ben podía ser unha final anticipada. O Verín tívose que espremer ao máximo para sacar o partido pola mínima, 5-4. Pero deseguido o camiño continuou igual de costa arriba. Os da comarca de Monterrei tiveron que suar para acceder á gran final. 2-3 foi o resultado contra os Escornaboys, o que lle permitía acceder ao Verín, por méritos propios, á final. Ese esforzo ímprobo nas dúas eliminatorias previas

pasou factura a un Verín que mereceu estar na final, pero que tivo un castigo demasiado severo. Premios Na bancada da central do pavillón dos Remedios, preto dun centenar de afeccionados animaron durante todo o partido aos seus equipos. Ao finalizar o encontro, entregáronse os trofeos do torneo, así como os premios “One AGS 11” ao mellor xogador da final (Rubén Tizón, do En Xogo), mellor xogador do torneo (Diego Matías, do Verín Futsal), máximo goleador (Rubén Tizón, de En Xogo) e mellor árbitro (Juan Rodríguez). Tamén se entregaron as copas aos vencedores das distintas ligas da provincia desta tempada.

En Xogo deixou no camiño a Coles e Hnos Carral; e Verín venceu a Cidade de Ourense e Escornaboys


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

IV TROFEO BD

cuartos de final - 1ª XORNADA

Escornaboys e Verín vencen na primeira xornada do IV Trofeo BD 4 Deixaron na cuneta do torneo de fútbol sala a Lasider e Cidade de Ourense, respectivamente. P. Lodeiro / R. Torres

mente.

4-2 e 5-4 foron os resultados da primeira xornada do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, “O torneo dos campións”. Escornaboys e Verín Futsal clasificáronse desta maneira para as semifinais do xoves, ao apear da competición a Lasider e Cidade de Ourense, respectiva-

Escornaboys - Lasider A xornada do martes 25 comezou co partido entre Escornaboys e Lasider, un encontro igualado, pero que foi sentenciado pola maior pegada do Escornaboys. O encontro foi tranquilo até os últimos minutos, nos que unha falta provocou unha pequena liorta que se saldou con dous xogadores expulsados, un de cada equipo. Ao final, os Escornaboys lograron ser o primeiro equipo clasificado para as semifinais ao vencer por catro goles a dous.

Escornaboys venceu a Lasider por 4 a 2, nun encontro moi igualado

Rubén Tizón (do En Xogo), o que sería proclamado máximo goleador do torneo, anotou no primeiro partido do seu equipo 3 dos seus 5 tantos.

CUARTOS DE FINAL - 2ª XORNADA

Un xogador do Escornaboys regateando a un rival do Lasider, durante o igualado choque destes dous conxuntos./R.T.

A pesar de que Cidade de Ourense comezou abrindo o casilleiro, Verín Futsal foi quen de revertir a situación e pasar a fase./R.T.

Verín - Cidade de Ourense No segundo partido da xornada, o Cidade de Ourense empezou forte e tardou moi poucos minutos en anotar o seu primeiro tanto. Deseguido foron chave as grandes intervencións do porteiro do Verín, que impediron que o Cidade se puxese 2 a 0 no marcador. Con todo, os de Monterrei foron capaces de remontar e deixar un 3-2 ao seu favor ao descanso. A igualdade foi a tónica da segunda parte, con alternancia no marcador. Finalmente, os da comarca de Monterrei fixéronse co partido, cun marcador de 5-4. E iso que o Cidade de Ourense enviou dúas

veces o balón ao pau nos últimos 30 segundos de partido podendo cambiar o devir do mesmo. Ambos os dous encontros foron seguidos por numeroso público nas bancadas da cancha central dos Remedios. O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, e o xerente do Consello Municipal dous Deportes, Cándido Gómez, asistiron á presentación do trofeo previa á competición.

Verín Futsal deulle a volta ao encontro e rematou vencendo 5-4

En Xogo vence a Coles en cuartos 4 Superouno por 5 a 1. P. Lodeiro / R. Torres En Xogo/Karlaska e Hermanos Carral/Pub Deluxe foron os vencedores nesta segunda xornada do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, -O torneo dous campións-. En Xogo/Karlaska Concello de Coles O partido entre En Xogo/ Karlaska e Concello de Coles caracterizouse pola alternancia de ocasións para ambos os equipos nos primeiros 25 minutos, chegando ao descanso cunha exigua renda de 2-1 para o En Xogo. Na segunda metade o defensor do título (En Xogo) distanciouse no marcador a

pesar das claras ocasións dos xogadores do Coles. Porque unhas veces o porteiro rival e outras os paus, evitaron que os de Coles puidesen incomodar ao equipo gañador do trofeo os dous últimos anos, con tres do seus cinco goles marcados por un dos seus xogadores máis destacados, Rubén Tizón. Ao final, 5 a 1 no marcador para o En Xogo/Karlasca, quen buscaba (e o tempo demostrou que conseguiu) revalidar unha competición que lle queda como anel ao dedo.

Tizón (do En Xogo) xa comezou a destacar dende o primeiro encontro


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

IV TROFEO BD

En Xogo, o primeiro finalista do IV Trofeo Barrios Deportivo 4 Eliminou en semifinais a Hermanos Carral por 6 goles a 1. Os de Carballiño non se renderon en ningún momento. S.Nieto / R.Torres

cuartos de final - 2ª xornada

Hermanos Carral dá a sorpresa e elimina a La Bull 2.0 4 Venceu por 4 a 2 a un dos favoritos. P. Lodeiro/R.Torres No segundo encontro da segunda xornada, no que se mediron La Bull 2.0 e Hermanos Carral/Pub Deluxe, o bo traballo das defensas de ambas escuadras impediu ver goles até o minuto 21 da primeira parte. Abriu o marcador Hermanos Carral, quen un minuto despois marcaba o segundo e un pau evitou que marcase o terceiro de seguido, chegando ao descanso con 2-0 no marcador. Comezando a segunda metade La Bull 2.0 facía o seu primeiro gol e perdía a oportunidade de empatar no marcador ao fallar unha falta lanzada a un metro da área. A seis minutos do asubío final, Hermanos Carral distanciábase co terceiro gol da noite, e La Bull 2.0 recortaba distancias pouco despois.

Os dous últimos minutos, La Bull 2.0 disputounos con xogo de cinco, para tratar de chegar ao empate no marcador, pero un dobre penalti puña o cuarto gol na conta dos Hermanos Carral. 4-2 e o equipo do Carballiño clasificado para a semifinal do IV Trofeo Barrios Deportivo.

Semifinais e final Con estes resultados da segunda xornada do torneo o xoves 27 disputaríanse as semifinais desta competición. En Xogo fronte a Hermanos Carral, e Escornaboys contra Verín Futsal. Os vencedores disputarían a gran final.

Ambas defensas foron chave neste encontro, que non tivo goles ata pasado o minuto 21 do primeiro tempo./RAMSÉS

En Xogo/Karlasca e Verín Futsal foron os vencedores da terceira xornada da IV edición do Torneo Barrios Deportivo, na que se decidiron os dous finalistas desta cita. En Xogo - Hermanos Carral O primeiro partido de semifinais enfrontou a En Xogo/Karlaska e Hermanos Carral, e nel o ritmo marcouno o equipo da capital ourensá. Transcorridos pouco máis de cinco minutos desde o inicio do encontro En Xogo xa se puña por diante no marcador con dous tantos seguidos, que facían presaxiar quen estaría na final do torneo.

Hermanos Carral desplegou cara o final do encontro o seu exitoso xogo de cinco, pero esta vez non resultou./R.T. A partir de aí as forzas de ámbolos dous equipos niveláronse até o comezo da segunda metade, cando Hermanos Carral tomou aire e comezou a recortar distancias anotando o 2

Un xogador do En Xogo asediando a un rival./RAMSÉS

a 1. Pero En Xogo nada tardou en volver dominar o encontro. Aproveitando momentos de desconcerto do rival así como a súa desenvoltura no campo, o equipo ourensán pronto sentenciou a cita, situándose a 4-1 dos Hermanos Carral. Xogando a súa última carta, o equipo do Carballiño optou polo xogo de cinco, pero non lle serviu de nada. En Xogo aproveitou un contraataque e unha sanción desde dobrepenalti para demostrar por que se proclamou os dous últimos anos campión de campións e alcanzou o asubío final cun claro 6 a 1. Aínda que é certo que o equipo do Carballiño plantoulle cara ata que as forzas abandonáronlle.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

IV TROFEO BD

Verín Futsal chega á final do Trofeo BD 4 Logo dun final de encontro de infarto, os de Monterrei venceron por 2-3 a Escornaboys. S. Nieto/ R.Torres No segundo partido de semifinais, no que se mediron Escornaboys e Verín Futsal,

foi o equipo de Monterrei o que abriu o marcador, pero axiña que se sacudiu os nervios, o Escornaboys comezou a ter ocasións de

igualar o encontro. Finalmente, foi o Verín Futsal o que conseguiu coar o balón no fondo da rede contraria e sumou o 0-2.

Escornaboys realizou uns emocionantes últimos minutos de encontro, estando a piques de empartar en varias ocasións, o que obrigaría a decidir o pase á final con penaltis./R.T.

A escasos segundos do final da primeira metade, o Escornaboys puxo emoción ao encontro ao marcar o seu primeiro gol, aproveitando as súas grandes habilidades no xogo de cinco. Pero esta mesma estratexia non sempre lles sae cara aos até agora coñecidos como Concello de Taboadela; de feito, ante a ausencia de porteiro o Verín afastouse no marcador anotando o 1-3 cun lanzamento desde longa distancia. Con todo, nada estaba decidido e o Escornaboys, de novo, axustaba o encontro aos poucos minutos sumando o 2-3 e executando uns últimos minutos de infarto nos que ocasións non lle faltaron para empatar. Finalmente o marcador permaneceu intacto e o Verín pasou á gran final na súa primeira participación no Torneo dos Campións. Gran final En Xogo/Karlasca e Verín Futsal enfrontaríanse na gran final do IV Trofeo Barrios Deportivo. Unha final inédita da que sairía o

O porteiro do Verín realizou un gran encontro./R.T. campión de campións desta tempada 2012/2013. O En Xogo, experto neste tipo de torneos contra o Verín, unha das sensacións ourensás deste curso. Vellos coñecido e rivais, que se enfrontaron na Copa Deputación, nun choque do que saiu vitorioso o conxunto de Monterrei.

O Verín chegou á final do torneo na súa primeira participación, para completar unha gran tempada


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

CD OURENSE / COB

Plantilla perfilada

O COB seguirá sendo de Ouro

4 Dentro de catro días terá lugar no estadio do Couto -17.00h- a presentación do novo CD Ourense.

4 Armando Álvarez ofrece o aval para inscribir o COB en LEB Ouro coa condición de que sexa presidente.

R. Torres

P. Lodeiro / R. Torres

Faltan catro días para que o novo CD Ourense sexa presentado diante dos seus afeccionados (ás 17 horas do martes 16 de xullo), e a plantilla está moi perfilada. Xa quedaron atrás os oito descartes de Luisito do pasado curso e as renovacións deseguido chegaron. Só faltaban as novas caras do Ourense 2013-2014. Facéndose agardar, a primeira foi a de Adrián Cruz (xogador procedente do Marino de Luanco); tras Cruz chegarían Aarón Puente (Rápido de Bouzas), Iker Alegre (Oviedo), Moisés García (Sporting de Gijón), Dani Pinillos (Rácing de Santander) e Javi Hernández (Salamanca). Coa fichaxe destes seis xogadores, o club completará a plantilla con dúas incorporacións máis. O técnico do Ourense, Luisito, espera poder ter pechada a contratación dun dianteiro e dun xogador sub23 antes do comezo da pretempada. Aínda que o certo é que non se obsesiona co tema e está a agardar a oportunidade dalgún xogador de garan-

tías. Pode incluso que non cheguen para o 16 de xullo pero parece que tampouco se demorarán en exceso as dúas últimas incorporacións. Luisito O adestrador tivo que traballar moito tras o remate da competición, xa que encargáronlle o cometido de contratar aos novos xogadores do equipo “rojillo”. Logo de semanas nas que estudiou a innumerables xogadores, Luisito ten prácticamente pechada a plantilla ourensanista. No camiño, moitos xogadores botáronse para atrás á hora de fichar polo Ourense (moitos deles polas súas pretensións económicas). Aínda así, e a priori, o técnico de Teo confeccionou un equipo que presumiblemente será moi competitivo na vindeira Segunda División B. Grupo Nestas datas a Federación Española de Fútbol anda na confección dos grupos da Segunda División B. A expensas de que todo esté correcto e se saiba os equipos

Iker Alegre, novo xogador do CD Ourense.

Moisés García, procedente do Sporting de Gijón, unha das novas incorporacións. definitivos, o Ourense non sabe en que grupo competirá. As especulacións nestes días son moitas, pero haberá que esperar para saber definitivamente en que grupo quedarán encadrados os ourensáns. Sporting de Braga O CD Ourense e o Sporting de Braga chegaron a un acordo para que o cadro portugués sexa o equipo convidado no partido de presentación do equipo da cidade das Burgas. O partido terá lugar no estadio do Couto o martes 30 de xullo no Couto. Aproveitarán a data para que se firme, entre ambos clubs un acordo de colaboración, que estará encauzado sobre todo na formación e no intercambio de xogadores.

A presentación do Ourense será o martes 16 de xullo ás 17 horas

O Club Ourense Baloncesto parece que comeza ver a luz ao final do túnel e con moita probabilidade disputará a tempada próxima a LEB Ouro. Armando Álvarez, o que fora delegado provincial da Federación Galega de Baloncesto, anunciou que un grupo de empresas ourensás achegarían os 180.000 euros de aval máis o custo da inscrición do COB na LEB Ouro e os cartos para arrincar a vindeira temporada. Farano, iso si, se Álvarez é nomeado presidente, e empezando “de cero” unha nova directiva á que podería incorporarse “a xente que queira traballar por e para o club”. Álvarez explicou que, unha vez comprometidas ao club as axudas de 216.000 euros da Deputación e de 80.000 euros máis o patrocinio de “Ourense termal” do Concello de Ourense, “nós nos botamos a andar”. Tras dar a coñecer a súa proposta aos medios de comunicación, Armando Álvarez reuníuse con Antonio Gavilanes para ver se conta co respaldo do consello de administración da entidade deportiva. “O equipo podería inscribirse mañá mesmo”, precisou. Na reunión mantida onte pola tarde, Armando Álvarez saiu satisfeito xa que todos “imos na mesma dirección”, malia que é certo que faltan uns flocos para poñerse totalmente

Armando Álvarez./P.L. dacordo. Un dos flocos que está sen pechar é o do presidente; esperando unha reunión coa Deputación para comunicarlle a intención de que sexa o propio Álvarez o que ocupe ese cargo, algo que parece que non vai ser inconvinte. Co convencemento de que será o máximo mandatario, o ex responsable da delegación ourensá de baloncesto é consciente de que “agora queda un camiño longo e de arduo traballo”.

Álvarez agarda unha reunión coa Deputación para comunicarlle as súas intencións

4 Proposta de CxG para os clubs

Compromiso x Galicia vén de facer pública a súa proposta para que as dúas entidades deportivas máis representativas da cidade teñen “estabilidade a medio e longo prazo” e “un proxecto deportivo viable economicamente e menos dependente das institucións públicas”. Un plan a catro anos durante os cales se vaian reducindo as axudas públicas paulatinamente, a saída de Concello e Deputación do accionariado de ambas sociedades anónimas, e que a administración local abone a débeda de 80.000 euros que mantén co COB son algunhas das súas propostas.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

DEPORTES ACUÁTICOS

NATACIÓN

remo

O CN Pabellón, noveno

Anna Yuchenko revalida o título de campioa de España

4 Acadou 13 medallas no galego infantil. Redacción A piscina Rosario Dueñas de Ourense foi a sede do Campionato Galego infantil de natación, ao que acudiron máis de 200 nadadores de toda Galicia. O Club Natación Pabellón Ourense, cun total de 13 medallas, rematou na novena posición da xeral por equipos (cuarto en categoría masculina e décimo en feminina). Das 13 medallas, catro foron de ouro, acadadas por: Martín Rodríguez (200 costas); Andrea Bello (200 costas e 400 estilos) e Luis Bello (100 costas). A única presea de prata foi lograda por Luis Bello nos 100 bolboretas. E os oito bronces conquistáronos José Moure (en 200 bolboreta e en 400

estilos); Miguel Pimentel (en 400 e 200 libres); Martín Rodríguez (100 e 200 libres); Paula Blanco (200 libres) e o relevo masculino de 4x100 libres formado por Marcos García, Miguel Pimentel, Martín Rodríguez e Luis Bello. Estes resultados serven como preparación para o Nacional que se celebrará dentro de dúas semanas. Outros nadadores Destacadas tamén foron a cuarta posición de Uxía Gómez en 200 costas e de Pablo Caseiro en 100 braza; o quinto posto de Miguel Vázquez en 200 costas e as sextas posicións de Aleixo Fernández en 50 libres e de Iván Regueiro en 100 costas.

4 Campión galego Pontevedra acolleu o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Natación, no que se deron citas 317 nadadores de 23 clubes galegos. En categoría absoluta o Club Natación Pabellón de Ourense fíxose con 7 ouros, 5 pratas e 7 bronces, de xeito que rematou subcampión en categoría masculina e na conxunta, e terceiro na feminina. Pola súa banda, en júnior (na que se fixo con 3 ouros, 7 pratas e 8 bronces) proclamouse campión galego, subcampión en categoría masculina e subcampión na feminina.

Redacción O pasado 30 de xuño Anna Yuchenko revalidou en Sevilla o título de campioa de España en skiff absoluto feminino, conseguindo así a súa 3ª medalla de ouro en Campionatos de España representando ao Club Náutico Castrelo de Miño desde que conseguiu a nacionalidade española. O venres 28 deu comezo o Campionato de Es-

salvamento

Os infantís de Salvour pechan tempada cun Campionato Provincial Redacción

Proba do Campionato Galego Infantil de natación disputado en Ourense./R.T.

paña coa disputa das series eliminatorias baixo unhas condicións de vento favorable e nas que soamente se clasificaba a primeira de forma directa para a final do domingo. Anna impúxose na primeira serie cun tempo de 7:45 e Aina Cid fixo o mesmo na segunda cun tempo de 7:53. Virginia Díaz, que remaba na serie de Anna, tivo que ir á repesca do sábado para conseguir o pase á final. Xa o domingo ás 12:55

A segunda tempada da escola infantil de Salvamento Acuático Deportivo do club Salvour chegou ao seu fin coa celebración do II Campionato Provincial organizado na piscina municipal do pavillón dos Remedios. Nesta competición disputáronse 3 probas nas diferentes categorías (50 metros libres con obstáculos, 50 metros arrastre de maniquí con aletas, 50 metros arrastre de maniquí

sen aletas). Unha vez computada a clasificación das tres probas as medallas de ouro foron para Uxía Conde, Lucía Serrano, Samuel Iglesias e Álvaro Rodríguez. Destacando tamén a actuación dos demais medallistas como Xián Breogán Rodríguez, Iago Trigo, Jacobo Leira e Paula Díaz. Promoción Durante esta tempada, a escola de salvamento Salvour realizou diferentes actividades de promoción deste

deuse a saída da final, pero nesta ocasión con vento en contra, o cal endureceu a proba e aí Anna aínda sacou unha distancia maior ás suas rivais, 12 segundos a Aina Cid e 28 a Virginia Díaz tras cruzar Anna a linea de meta cun crono de 8:48.48. Este título supón un novo impulso ao traballo realizado por Yuchenko, que continuará a súa preparación en Castrelo co seu adestrador Jose Luís Méndez á espera de saber se será convocada polo equipo nacional para novas citas internacionais.

Anna xa suma tres ouros en Nacionais dende que é española deporte, tanto en Ourense como en Verín. Ao longo do curso case medio cento de nenos coñeceron de primeira man os aspectos máis básicos desta actividade deportivo-formativa. O salvamento deportivo está considerado como un dos deportes máis completos xa que a todos os beneficios da propia natación engádenselle os coñecementos adquiridos en aspectos tan importantes como a prevención de accidentes, realización de rescates acuáticos, autoprotección na auga, etc. O próximo mes de outubro reiniciarán as actividades en horario de 7 a 8 da tarde na piscina dos remedios. Os pais interesados poden informarse e inscribir aos seus cativos a través da web www.salvour.com


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

Xa está en marcha o Campamento de verán de Oira Futuro 4 Remata o 17 de xullo. Redacción A Fundación Oira Futuro xa puxo en marcha o seu primeiro campamento de verán, que se celebrará en Oira ata o 17 de xullo (o sábado 13 e domingo 14 quedan excluídos). O horario está sendo desde ás dez da mañá ata as sete da tarde e as idades dos participantes están comprendidas entre os 6 e os 15 anos, tanto nenos como nenas. Variedade Adestramentos, charlas de diversa índole ou cinema son algunhas das actividades coas que contará o campamento. O campamento rematará o mércores 17 coa entrega

de diplomas a todos os participantes. Obxectivos O obxectivo fundamental deste campemento é unha formación integral e humana, esta nova iniciativa está relacionada co deporte, a educación, a amizade, a ilusión e o futuro dos máis novos. Nenos e nenas aos que se lle ofrece a posibilidade de que tamén no verán poidan gozar do que máis lles gusta, pero desde un aspecto formativo, polo que se seguirá transmitindo unha educación en valores, unha vida saudable, boas prácticas e unha convivencia e un futuro para a nosa sociedade.

Novas tandas do campamento de fútbol de Arrabaldo Redacción O campamento de fútbol e tempo libre organizado pola S.D.C. Arrabaldo e o Pavillón de Ourense F.C. comeza este 14 de xullo a súa terceira quenda. Ata o día 20, máis de 60 rapaces de entre 6 e 16 anos participarán nesta actividade, que incluirá adestramentos de fútbol con monitores titulados, obradoiros, charlas, vídeos, xogos de tempo libre,

sendeirismo e saídas ás piscinas. Os participantes terán ademais visitas de adestradores e xogadores de nivel e árbitros. O cámping de Untes será o lugar de residencia durante estes días para os inscritos no campamento na modalidade de internos, mentres que a parte deportiva terá lugar no campo de fútbol do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo.

FÚTBOL SALA

Jorge Vaz, confirmado como novo adestrador do Ponte Ourense 4 Nunha clara liña de buscar solucións no propio club. R. Torres A directiva do Ponte Ourense confirma a incorporación de Jorge Vaz coma o seu novo adestrador para o equipo de Primeira División do fútbol sala feminino. A realidade actual fai que se planteaxaran, desde a xunta directiva, buscar na casa tanto ao cadro técnico como a xogadoras (con excepción de Vanessa Barberá que chegará procedente do Futsi Navalcarnero) para a tempada 2013-2014. Jorge Vaz era o nome que máis soaba para suplir a Óscar Vivián no banco pontino, o que se fixo realidade mediante un comunicado remitido polo club o mércores 10 de xullo. Deste xeito o club aposta por persoas da casa. Vaz é un técnico que leva no cadro pontino tres anos, sendo o adestrador do Cidade de

Jorge Vaz (á dereita) acompañado do resto do corpo técnico do Ponte Ourense: Héctor González (adestrador de porteiras) e Bea Seijas (segunda adestradora). Ourense a pasada campaña. No Cidade colleitou un gran éxito ao alzarse co título de campión da División de Honra Provincial Masculina deste ano, distanciando en 12 puntos ao segundo clasificado. Na Copa Deputación e no

Vanessa Barberá durante un partido do Futsi contra o Ponte disputado esta tempada nos Remedios./R.T.

Trofeo Barrios Deportivo non tivo tanta sorte e caeu en terceira e primeira rolda, respectivamente. Oportunidade Para Jorge Vaz está é a oportunidade de facerse cargo dun equipo de primeiro nivel nacional co que, en palabras do mesmo técnico “espero crecer e mellorar neste deporte”. De cara a esta tempada promete “traballo, ilusión, seriedade e compromiso” e espera “poder loitar por todo os títulos posibles e lograr que o Ponte esté entre os grandes da categoría”. Xunto ao novo técnico

estarán no cadro técnico Bea Seijas (segunda adestradora), e Enátali (coordinadora). Tamén regresa ao club Héctor, que fará as funcións de adestrador de porteiras. Vanessa Barberá A gardamallas do Atlético de Madrid Futsi Navalcarnero, Vanessa Barberá, defenderá a próxima tempada a portaría do Ponte Ourense. O resto (a excepción de Noelia Palacios e Vanessa Sotelo que marcharon ao Cidade) continuarán no cadro pontino. O resto de incorporacións (dúas ou tres) serán xogadoras do filial.

Vaz promete “traballo, ilusión, seriedade e compromiso” e lograr que o Ponte estea “entre os grandes”


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas descansa ata agosto 4 O club comezará cos adestramentos en función de cando comece a liga. R. Torres O Cidade As Burgas despois de renovar a toda a plantilla e corpo técnico e tralas incorporacións de Noelia Palacios e Vanessa Sotelo está gozando duns días de vacacións. A actividade no club está parada a expensas de coñecer cando comeza a liga e saber que equipos a conformarán. Probablemente sexa o 14 de setembro cando comece a rodar oficialmente o balón na Primeira División de fútbol sala. De ser esa a data, Codeso citará as súas xogadoras o 12 de agosto; en caso de que teña lugar a primeira xornada o 21 de setembro, a pretempada comezarana o 19 de agosto. Equipos A falta de saber que equi-

po completará a 1ª División que este ano ascenderá a 16 conxuntos, si é seguro que cinco serán da comunidade autónoma galega o que dá mostras que Galicia é unha potencia no fútbol sala feminino. Ao Burela, Ponte e Cidade que xa militaban en primeira a pasada campaña únense os recén ascendidos Poio e Ferrol. A estes cinco equipos pódese unir un sexto, o Amarelle. O cadro herculino, que descendeu, pode recuperar a categoría si varios equipos renuncian ao ascenso. Pendentes do que decida nas vindeiras datas o Cadiz, pode que Galicia conte con seis representantes para o curso 2013-2014. Un dos ilustres do fútbol sala feminino, o Valladolid, anunciou a súa desaparición e polo tanto, a renun-

cia a competir na Primeira División. Vanessa A reincorporación de Vanessa Sotelo nas filas do Cidade parece que lle vai dar un plus as súas xogadoras. O propio técnico do club, Manolo Codeso, manifestaba que notaba un bo ambiente trala noticia de que Vanessa regresaba ás filas franxiverdes.

Pode que Galicia conte con seis equipos na próxima tempada da Primeira División de fútbol sala feminino, dos 16 que a conforman

A plantilla do Cidade As Burgas apenas varirará na vindeira tempada do grupo que xogou nesta última./ARQUIVO.

Exitosa actuación dos ximnastas ourensáns no Nacional de trampolín 4 Os deportistas do Ximnasia Pavillón lograron dez medallas e os do Club Burgas sete. Redacción O equipo de trampolín do Club Ximnasia Pavillón regresa do Campionato de España celebrado do 27 ao 30 de xuño en Valladolid con todo un botín de medallas debaixo do brazo, logo de realizar unha sobresaínte actuación. Ximnasia Pavillón Nesta cita, que congregou a 24 clubs de 12 comunidades diferentes, os deportistas do Ximnasia Pavillón sumaron 10 preseas (sete de ouro, dúas de prata e unha de bronce). As medallas individuais correron a cargo de Alejandro Cid Prieto (categoría base 1), que se proclamou campión de dobre minitramp; Candela Ferreira (categoría base 1) que fixo o propio en minitramp simple; Guillermo García (categoría base 2), que dominou tanto a proba de doble minitramp como a de trampolín; Paula Blanco (categoría base 2), que foi terceira en trampolín; e Marta Rodríguez (categoría base 3) que se fixo co ouro en dobre minitramp e ca prata en trampolín. Pola súa banda, tamén lograron metais o equipo de base composto por Guillermo García, Paula Blanco, Laura Lecuona e Marta Rodríguez, que rematou primeiro en trampolín e segundo en dobre minitramp; e o conxunto de elite sub

Os ximnastas do Pavillón cos metais obtidos o primeiro día. 15 masculino composto por Nicolás Cid, Lucas Domuro e Diego Feijoo, que se fixo co ouro en dobre minitramp masculino. Ademáis disto, os nosos ximnastas foron clasificados nas categorías de elite en catro finais de trampolín individual, catro finais de dobre minitramp individual e dúas finais de sincronismo. Club Burgas Por outra banda, esta cita deparoulle ao Club Burgas sete prazas de podio para os seus catro representantes: tres títulos nacionais, dous subcampionatos e dous terceiros postos nas categorías xuvenil, júnior e absoluta. Daniel Pérez segue preparando a súa presenza na próxima cita internacional dos World Games de Cali

(Colombia) e fíxoo conseguindo dous postos de podio nas dúas categorías nas que participou. Proclamouse campión de España absoluto elite 8-9 en dobre minitramp, sendo ademais terceiro na modalidade olímpica de trampolín. Na categoría elite 7 júnior brillou con luz propia Yael Campelo, que alcanzou o título na modalidade de dobre mini-tramp e o subcampionato en trampolín. Tamén fixo dobrete Alejandro Cid Masid na categoría elite 7 xuvenil, co ouro en dobre mini-tramp e o subcampionato en trampolín.

Competiron 24 clubs de 12 comunidades


10

BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

EN BREVE

4 Triunfo en Portugal Santarém (Portugal) acolleu a Scalabis Cup de ximnasia de trampolín coa participación de deportistas portugueses, finlandeses, belgas, alemáns e españois. Do Club Burgas, na modalidade de dobre minitramp, Yael Campelo e Daniel Pérez lograron o ouro na categoría júnior feminina e absoluta masculina, respectivamente. No caso do Ximnasia Pavillón, destacaron os resultados de Carlos Trigo, que triunfou en DMT individual júnior; e do conxunto júnior, que obtivo o primeiro posto en trampolín e o segundo en DMT.

O conxunto júnior do Ximnasia Pavillón.

4 Nacional de rítmica Valladolid foi a sede do Campionato de España de rítmica individual, ao que acudiron 10 ximnastas ourensás. Aínda que as actuacións das nosas representantes foron dispares dende o Club Ximnasia Pavillón aseguran que a cita lles deparou “moitos bos momentos de equipo”. En categoría infantil o club rematou de 52, e Galicia foi 10ª por comunidades. Na júnior, o Pavillón B foi 55 e o A foi 56. E a nosa comunidade rematou no posto 12 da xeral.

XIMNASIA

ENTREVISTA A Isaura Hermida - FUNDADORA do Club de Ximnasia Burgas

“Todos os nenos poden facer ximnasia. É traballo dos adestradores sacar o mellor de cada un” 4 A que foi unha das fundadoras do Club Ximnasia Burgas achéganos ao deporte que lle marcou a vida. Óscar Blanco Isaura Hermida é titulada en case todas as modalidades ximnásticas e unha das fundadoras do Club de Ximnasia Burgas. Levan nove anos fusionados co club de Ximnasia de Pontevedra, sobre todo por conseguir instalacións alternativas e subvencións. Dende cando existe o Club de Ximnasia Burgas? Isaura Hermida (I.H): “Dende 1988 comeza como escola da Federación Ourensá de Ximnasia con Antonio Prada e convértese en Escola de Ximnasia Burgas en 1992”. Ti es a fundadora, mudou moito o carácter e as actividades que desenvolve o club? I.H.: “Si, son unha das fundadoras no primeiro momento con David Prada Martínez. Mudou un pouco en canto ás modalidades e normativas pero non na filosofía do club”. Cantas persoas compoñen o club? I.H.: “Neste momento o Club en Ourense conta con case 70 ximnastas en diferentes niveis, así como 3 técnicos, un deles son eu que son titulada en case todas as modalidades xim-

Isaura Herminda (á dereita) con algunhas das súas ximnastas do Club Burgas. násticas: trampolín, acrobática, artística feminina e masculina, e rítmica. Outro é Pablo Hinojar (exximnasta do club de nivel internacional en tumbling) actual seleccionador nacional de acrobática, tamén titulado en artísticas feminina e masculina e trampolín. Pola súa banda, en Pontevedra hai outros tantos ximnastas e 4 adestradores”. Que especialidades deportivas desenvolvedes? I.H.: “En Ourense traballamos ao máximo nivel o trampolín e acrobática, pero tamén a rítmica e artística como base, en Pontevedra tamén temos ximnastas de

“Gústame o meu traballo, ensinar a un neno que empeza en ximnasia dende a súa primeira voltereta”, confesa Isaura

nivel en artística”. Como seleccionades ás deportistas? I.H.: “Non facemos ningún tipo de selección, todos os nenos poden facer ximnasia, é traballo dos adestradores sacar o mellor de cada un para que cheguen ao máximo nivel das súas condicións individuais”. Como é a vosa rutina de adestramento? I.H.: “Eu adestro todos os días. As ximnastas normalmente dúas horas 2 días á semana. E algunhas de 3 a 5 días cando están a alto nivel”. Para que competición vos estades preparando? I.H.: “Daniel Pérez está a preparar os World Games 2013. Son as Olimpíadas dos deportes non olímpicos, onde se medirá cos mello-

res do mundo. Despois virá o mundial en dobre-minitramp. Yael Campelo estase preparando para o Mundial por idades en dobre-minitramp. Alejandro Cid tenta a clasificación para o mesmo mundial, está a 3 décimas de conseguilo. E Yolanda García e Sara Blanco están preparando o Campionato de Europa de acrobática”. Dende cando estades fusionados co club de Ximnasia de Pontevedra? I.H.: “Dende que se fundou fai 9 anos con Pablo Hinojar, ex-ximnasta do Burgas que é de Pontevedra. O motivo da fusión é sobre todo por conseguir instalacións alternativas e subvencións, que non chegan para

case nada a estes niveis. Ademais así ábrese a posibilidade de que moitos nenos de diferentes concellos teñan opción a participar. Temos ximnastas de Carballiño, Santiago, Ponteareas, Porriño, Cangas, Combarro, Marín, Xinzo da Limia, Coles, etc”. Competides nas mesmas disciplinas e campionatos que outros clubs de ximnasia de Ourense? I.H.: “Si, en trampolín o Ximnasia Pavillón tamén ten bo nivel e coincidimos en competicións. De feito, dende esta tempada por fin compartimos instalación no Campo da Feira, un par de días. Os restantes días adestramos no Pazo Paco Paz dende fai case 20 anos. Fai anos tamén adestrábamos na parroquia de San Pío X”. Cales son as vosas necesidades máis inmediatas? I.H.: “Ter mais días na instalación da Feira, que hoxe por sorte está bastante ben pero sería necesario ter un solo axeitado para acrobática e artística. En fin, dispor dunha instalación de verdade de ximnasia”. Que supón a ximnasia para ti? I.H.: “Case todo. Fun ximnasta do club 2000 de Ourense tiven a sorte de adestrar con Antonio Prada e aprender con Aurora Martínez máis adiante para ser adestradora. Gústame o meu traballo, non só a alta competición se non tamén cada ano nas escolas do Pazo, empezar cun grupo novo de nenos que queren facer ximnasia dende a súa primeira voltereta”. Deixa unha mensaxe aos nosos lectores. I.H.: “Oxalá todo o mundo puidera ser feliz facendo o traballo que lle gusta e para o que cre que vale, sen ter en conta a parte económica que non é sempre o máis importante”.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

ATLETISMO

11

Despois da do Corpus, chega a carreira da Ponte 4 O “Correndo x Ourense” alcanza a súa cuarta proba. Manuel Hurtado./ERIK FONSO.

AL-

Manuel Hurtado vence nos 20km Vila do Barco Redacción

O pasado domingo 30 de xuño disputouse no Barco de Valdeorras a II 20km Vila do Barco. O primeiro clasificado foi o atleta lucense Manuel Hurtado (New Balance Team) empregando un tempo de (1:07:21). En mulleres a máis rápida foi Rosario del Mar García (Ponferrada) parando o crono nunha hora 40 minutos e 50 segundos. Tamén se disputou unha proba na distancia de 10.000 metros na que o vencedor foi Miguel Ángel Groba (Ponteareas) tras 36 minutos e un segundo; a primeira muller foi Carmen Álvarez (50:38) do ULE-Bierzo. Na proba cadete e xuvenil Daniel Anta gañou ao completar os cinco quilómetros en 16:30 minutos; Ana García foi a máis rápida (20:35).

R. Torres O circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense” chegou ao ecuador das seis citas coa carreira do Corpus. Nesta ocasión a proba trasladouse ás inmediacións do Paco Paz (a zona do parque de Barbaña estaba ocupada polas barracas das festas de Ourense).

Álvaro de la Fuente e Sonia Teijeiro foron os vencedores na carreira do Corpus

O vencedor foi Álvaro de la Fuente, que tardou 22:09 minutos en completar o percorrido da proba. En segunda e terceira posición rematarían Pepe Márquez (22:16) e Javier Paredes (22:39), respectivamente. En mulleres, Sonia Teijeiro volveu ser a máis rápida (26:37), seguida de Ana María Ocampo (28:23) e de Iria Fernández (29:13). Carreira da Ponte O sábado 20 de xullo o barrio da Ponte acolle a cuarta proba deste circuíto que está na súa terceira edición.

Ao ser nocturna, as carreiras comezarán ás 21 horas coa proba dos pitufos e rematarán ás 21.30 coa carreira absoluta. De la Fuente e Teijeiro Tras tres carreiras disputadas os líderes da clasificación provisional son Álvaro de la Fuente e Sonia Teijeiro. De la Fuente disputou dúas das tres carreiras celebradas acadando a primeira posición. Teijeiro, pola súa banda, foi a primeira muller en cruzar a liña de meta nas tres primeira probas do circuíto.

Aitana Leguiçano, na súa recente participación no Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense./RAMSÉS.

Aitana Leguiçano

A atleta da escola de atletismo Ben-Cho-Shey-Onprojek, de Pereiro de Aguiar, Aitana Leguiçano, acadou a novena posición no Campionato de España júnior na proba de 400 metros valados. Leguiçano estivo a piques de disputar a final ao ser terceira na súa serie de semifinais e non entrar por pouco en tempos (entraban dúas atletas e ela foi a terceira mellor marca repescable).

Abel Antón entrenado pola ponte Romana./RAMSÉS.

Abel Antón adestrando cos ourensáns

Unha das carreiras das categorías inferiores da proba do Corpus./JESÚS REGAL.

O ex atleta internacional e dobre campión do mundo de maratón, o soriano Abel Antón, estivo en Ourense dous días. O primeiro deles compartiu un adestramento con atletas locais que non se quixeron perder a oportunidade de rodar con todo un campión do mundo; tralo adestramento Antón deu unha charla sobre atletismo. Ao día seguinte participou XXX Carreira Popular de Leiro.


12

BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

Pablo Rodríguez e Lucía Vázquez vencen en Maceda 4 Eva Álvarez e Xiana Conde gañan as xerais individuais en júnior e cadete. O Actyon-Academia Postal - Mérida gaña por equipos. Redacción

BTT / CICLISMO

A júnior Eva Álvarez vence no Open de España celebrado en Avilés 4 Con esta vitoria finalizou a tempada segunda na xeral. Redacción

O macedán, corredor do BH Suntour, Pablo Rodríguez, e actual campión de España Sub-23, xunto coa corredora do Vicma, Lucía Vázquez, actual subcampioa de España elite, resultaron vencedores da quinta edición do BTT de Maceda, última proba puntuable para o Open de Galicia Norbrok de BTT XC 2013. Con estas vitorias ambos corredores cumprían os prognósticos, e facíanse coa victoria nas categorías masculina e feminina.

A corredora júnior do Actyon- Academia Postal – Mérida Eva Álvarez Regueiro conseguiu o pasado 29 de xuño unha nova vitoria no Open de España, en concreto na cita celebrada en Avilés, última proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC. Con esta vitoria, Eva finalizou segunda na xeral do Open, xa que na primeira proba, en Navarra, unha caída obrigouna a retirarse, non puntuando nesa ocasión. Pero aínda así, Eva pechaba un gran open con dúas vitorias e un gran segundo posto. Agora espéranlle outras citas importantes como son o Campionato Galego, Campionato de España e a Copa do Mundo de Vallnord.

Vencedores e locais Na carreira de elite ademais de Pablo, subía ao podio, no terceiro caixón, o local Saúl López (Actyon - A. Postal), que realizaba unha gran carreira despois dun mes alonxado das competicións por unha caída. En júnior, dobrete para os locais Marcos Villar e Raúl González; mentres que en féminas vencía a tamen macedá Eva Álvarez. Na categoría cadete feminino, Xiana Conde remataba primeira, e en homes o vencedor era o ciclista de Redondela Brais. En máster 30 vencía Alex Trasbach (Cycling Racing Team), e en máster 40, Toño Rivas (CC Monforte), co local Xulio Conde na terceira posición. Open Galego Na xeral do Open Galego, as corredoras Eva Álvarez e Xiana Conde facíanse ca vitoria final nas categorías de júnior e cadetes, respectivamente. Por equipos o Actyon Academia Postal lograba o triunfo.

Campionato de España de ciclismo Redacción

Os deportistas do Actyon-Mérida que participaron no V BTT de Maceda.

O 21 de xullo a Asociación ADO-MOURE organiza por segundo ano consecutivo o Campionato de España de ciclismo non profesional. As categorías que se disputarán serán as de sénior e máster (de 30 a 70 anos). Como na edición ante-

rior a saída e chegada estarán situadas na praza do Concello de Taboadela, sendo o mesmo circuíto do pasado ano de 13,9 quilómetros ao que os sénior, máster 30 e 40 terán que dar 5 voltas e na última volta farán a variante para subir ao alto de Taboadela; e os máster 50 e 60 darán catro voltas.

Raúl González Tamén foi moi destacable a actuación do júnior Raúl González, que no seu primeiro ano nesta categoría finalizou décimo segundo, moi preto do Top Ten, e sobre todo con boas sensacións de cara ás seguintes citas. Pola súa banda, en féminas cadete, Xiana Conde foi oitava. O 5º dos equipos Así pois, pódese calificar de boa deste equipo no Open de España, no que, a falta da confirmación por parte da Federación Española de Ciclismo, moi posiblemente finalizará en quinto lugar da xeral a nivel de conxuntos, o que constituiría un gran éxito para un equipo centrado no traballo coa canteira.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

POLIDEPORTIVO

Copa Deputación de kickbóxing no Paco Paz

Partido de pádel durante o clínic de Pitu Losada.

Pádel de calidade 4 O xogador Pitu Losada -xogador internacional- deu un clínic no P21 Pádel Club. Redacción O xogador Pitu Losada xogador internacional- deu un clínic nas instalacións do P21 Pádel Club. Catro horas intensas de clases e partidos alternadas con correccións individuais de golpes, fixeron as delicias dos asistentes. Losada é un xogador da elita do pádel que participou en fases finais do World Padel Tour. Despois do partido exhibición e da clase maxistral impartida polo deportista chegou o turno da entrega de premios da Liga Deputación de Ourense cuxos trofeos entregounos o propio

xogador. Tamén se fixo fotos cos asistentes e mesmo agasallou coa súa gorra a un “pequeno xogador”. Liga Deputación O equipos dos Tritranquils, formado por Alex, Tono e Martín, foi o vencedor da Primeira División masculina; Las tres sombras de Grey (María Murias, Lorena Reverter e Puri Ortiz) fixeron o propio na 1ª División feminina; Musko (José Luis, Jose Antonio e Óscar) venceron na 2ª División A e Vida Salud (Ángel, Manuel e Nicolás) fixéronse coa vitoria na 2ª División B.

4 Déronse cita máis de 150 deportistas.

Gran actuación dos ourensáns no Campionato de España

Redacción

Redacción

O pasado sábado 6 de xullo celebrouse no Paco Paz a quinta edición da Copa Deputación de kickbóxing. Á mesma acudiron máis de 150 deportistas de 21 entidades deportivas. Disputaron as súas semifinais as categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil

e sénior, correspondentes ás probas de lightcontact, semicontact, low-kick control contact e mock combat, todas elas probas onde non está permitido o contacto pleno. As escolas Cipri Gomes foron as máis representativas cun total de 82 competidores, sendo ademais a máis laureada con 36 ouros, 13 pratas e 23 bronces.

Dous representantes das escolas de Cipri Gomes.

tiro

Resultados das ligas de aire comprimido e armas históricas 4 O domingo 14 haberá de novo Liga de pistola estándar. P.L. Dúas tiradas tiveron lugar a pasada fin de semana nas instalacións do Club de Tiro Eiroás, nunhas xornadas marcadas pola intensa calor. Na Copa Deputación de Aire Comprimido participaron 20 tiradores. En pistola sénior e donas, Juan Carlos Ferreño e Beatriz Pereira con 549 e 360 puntos cada un, obtiveron as mellores puntuacións (sobre un total de 600 e de 400, respectivamente). No que respecta á Liga de Avancarga (armas históricas), de novo Juan Carlos Ferreño foi o mellor na modalidade de ‘Kutchenreu-

Un momento da tirada de aire comprimido do pasado domingo./J. ENCINAS. ter’ (pistola) con 92 puntos, mentres que Juan Doval obtivo o mellor resultado en ‘Mariette’ (revólver). Máis actividade antes do peche en agosto As vindeiras semanas

kung-fu

continúa a actividade deportiva en Eiroás, con novas xornadas da Liga de pistola estándar o domingo 14, a Liga de pistola de 9mm o día 21, o Campionato autonómico clasificatorio de fogo central o día 25 e a

Liga de carabina tendido e pistola libre o domingo 28. Durante o mes de agosto, o club ourensán permanecerá pechado, regresando á actividade o día 31 coa xornada de sábado da Copa Deputación.

Vigo vén de acoller o Campionato de España de kung-fu, ao que acudiron un total de 40 deportistas da provincia de Ourense. Os representantes do Fitness Forma foron os que realizaron a mellora actuación, xa que en total subiron a tres podios por equipos (logrando dous ouros e un bronce), e a dous máis a nivel individual (facéndose cun ouro e unha prata).

Pola súa banda, o Ximnasio Allartao de Allariz conseguiu dous primeiros postos, o do seu equipo en cinto verde alevín e o de Enso Garrido en cinto negro xuvenil. Así mesmo, o equipo cinto marrón alevín do Colexio Guillelme Brown acadou a terceira posición.

Os deportistas de Ourense acadaron oito podios


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº80- Ano: V - 12 de xullo de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Chega o I Torneo fútbol 7 Serviocio Ourense

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XX) Capítulo 19. O equipo de traballo. O papel do psicólogo Despois de todo o exposto, pode parecer que o adestrador ideal sería aquel que sabe moito de psicoloxía, ademais de saber, por suposto de táctica, de técnica e de preparación física. O fútbol, como o deporte en xeral, é unha área de traballo interdisciplinar. Co nivel de competitividade actual e coa rapidez coa que hai que conseguir resultados, é difícil que unha soa persoa poida encargarse de ensinar todo aos xogadores e moito máis difícil aínda que acerte en todo o que ensina. É necesario que o adestrador estea acompañado de técnicos especialistas que lle asesoren e resolvan problemas específicos do adestramento. Até agora incorporouse a este equipo o preparador físico, que xa parece imprescindible, tamén o médico e o fisioterapeuta, aínda que estes dous últimos cunha función máis indirecta. Falta agora, por tanto, que se incorpore o psicólogo ao equipo de traballo do adestrador para que se aborden de maneira conxunta e interrelacionada todos os factores determinantes do rendemento deportivo. Para que funcionen determinados principios psicolóxicos é preciso que os aplique alguén que sexa percibido como psicólogo polo xogador. Ás veces, estes mesmos principios aplicados polo adestrador non funcionarían porque o xogador non percibe no adestrador a persoa idónea para confiar nel certos aspectos da personalidade. En canto ao perfil do psicólogo, é moi conveniente que se trate dunha persoa que, ademais de ser licenciado en psicoloxía, teña unha prolongada experiencia profesional no ámbito do fútbol. É dicir, que se trate dun psicólogo que

fose xogador de fútbol ou dun psicólogo que acredite, dalgunha maneira, que coñece ben o ‘vestiario’ dun equipo de fútbol. Isto é así porque, para acertar ben nas súas decisións, o psicólogo precisa coñecer como pensa e como sente un xogador de fútbol en distintas situacións deportivas; por exemplo, que pasa pola cabeza dun xogador cando comete un fallo de vulto ao comezo do partido, que sente exactamente un xogador cando se ve relegado ao banco dos suplentes, que pensa un xogador cando vai gañando comodamente un partido, en que estado mental atópase un xogador xustamente antes de saltar ao terreo de xogo, e así sucesivamente. Se se incorpora o psicólogo ao equipo de traballo do adestrador, entón podería abordar, ademais do sinalado anteriormente, os aspectos que se sinalan a continuación: 1º.- Axudar ao deportista a reducir a tensión competitiva, que moitos xogadores manifestan antes, durante, e mesmo, despois da competición e que ten unha incidencia moi negativa sobre o seu rendemento deportivo. 2º.- Axudar ao deportista a afrontar a competición de maneira positiva, xerando pensamentos e sentimentos positivos, imprescindibles para que se produza unha boa execución. 3º.- Adestrar ao deportista, a través da práctica imaxinada, para a mellora das accións técnicas a balón parado, por exemplo, o lanzamento de tiros libres, penalties.

4 Será do 19 ao 21 de xullo neste complexo deportivo de Eiroás. R. Torres

Alfonso Vilachá. 4º.- Asesorar ao adestrador no proceso de ensino-aprendizaxe que se de-senvolve no adestramento, utilizando axeitadamente os principios de aprendizaxe e recalcando a importancia de utilizar unha aproximación positiva. 5º.- Colaborar co médico e fisioterapeuta na rehabilitación das lesións deportivas, especialmente naquelas de longa duración. Demostrouse cientificamente que a rehabilitación psicolóxica reduce notablemente o tempo de recuperación do deportista. 6º.-Realizar unha avaliación do futbolista a través da cal se coñezan todas as súas calidades psicolóxicas tales como a intelixencia, personalidade, habilidades sociais, motivación, etc. O coñecemento das calidades psicolóxicas do xogador, ademais de ser clave para moitas decisións tácticas que debe tomar o adestrador, resulta imprescindible para a predición do éxito deportivo do deportista. Este traballo de avaliación faise especialmente nas escolas de fútbol. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“O psicólogo precisa coñecer como pensa e como sente un xogador de fútbol en distintas situacións deportivas” “A rehabilitación psicolóxica reduce notablemente o tempo de recuperación do deportista”

Os días 19, 20 e 21 de xullo celebrarase o primeiro Torneo de fútbol 7 que organiza Serviocio Ourense nas súas instalacións do C.D. Eiroás. A inscrición para este evento será de 100 euros por equipo, celebrándose cun mínimo de 24 equipos e cun máximo de 32. O máximo de xogadores por equipo será de 12 participantes. O sorteo dos equipos levaráse a cabo na cafetaría do C.D. Eiroás o 18 de xullo ás oito da tarde. Suculentos premios Os gañadores contarán con suculentos premios: 800 euros para o primeiro clasificado; 500 para o segundo; 200 para o terceiro e 100 euros para o cuarto.

Este trofeo repartirá 1.600 euros en premios. Os premios poderán incrementarse segundo o número de equipos participantes. [+ información e inscricións na recepción]

Cada equipo contará con até 12 xogadores. Competirán entre 24 e 32 conxuntos

Gala do deporte do Colexio La Purísima 120 deportistas de Club Deportivo A Purísima recibiron os trofeos e diplomas de tempada no transcurso dunha gala celebrada o 26 de xuño no Teatro Principal. Membros da Xunta Directiva presidida por David Valcárcel Valcárcel, decidiron así mesmo, nomear como Socio de Honra 2013 a Juan Carlos Pérez Rodríguez patrocinador das modalidades competitivas de fútbol 8 e fútbol sala, atletismo, baloncesto e voleibol. O club que, con tres anos de vida, está aberto a todos os ourensáns, conta tamén coas disciplinas de patinaxe, danza creativa e baile moderno. A todo iso haberá que sumar na próxima tempada a actividade de ioga, completando así unha oferta coordinada na entidade deportiva por Anxo Valcárcel Valcárcel.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de xullo de 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.