06 Xuño 2013 - BD78

Page 1

Boxeo amateur no Pazito [Páx. 5]

BALANCE TEMPADA 2012-2013

Páx. 2-3

ATLETISMO

Páx. 7

I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense, o sábado 22 de xuño. Organiza Club Deportivo Aurum

46 Rali de Ourense os días 14 e 15 de xuño [páx. 12]

Número: 78- Ano: V - 7 de xuño de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

BALANCE DO ANO

Vincente Del Bosque, en Cabreiroá

Club Ourense Baloncesto volta a Leb Plata tras disputar un igualado play out.

4 O seleccionador nacional de fútbol visitou as instalacións de Cabreiroá en Verín. R.T. Vicente Del Bosque visitou a sede de Cabreiroá en Verín o pasado 29 de maio, por ser un dos patrocinadores da selección española, xa que Cabreiroá é desde o ano pasado a auga oficial do equipo campión do Mundo e dobre campión de Europa. Del Bosque non esquivou ningunha das preguntas e contestou nun ton afable a todas elas. Mostrouse como se lle ve na tele: un home amable, próximo e humilde. Sobre o final de liga na loita pola permanencia non quixo dar un prognóstico e mediante unha anécdota explicou as súas poucas artes adivinatorias: “desde sempre eu fago a mesma quiniela, poño as mesmas “x” nos mesmos marcadores desde hai anos, xogue quen xogue”. Pero si dixo que “evidentemente o Dépor parte con vantaxe, aínda que que

o Celta estea con opcións é importante”. Ao final, o Celta de Vigo permanecerá un ano máis en Primeira División. Aspas Continuando co Celta de Vigo tratou sobre o tema de Iago Aspas; “é un mozo ao que estabamos a seguir, desde que o expulsaron con catro partidos deixamos de

facelo”. Non podía deixar de saír o tema do Real Madrid, no que foi categórico e comunicou que a súa intención é, despois da Selección, deixar profesionalmente o mundo do balompé. Un pracer gozar do Marqués Vicente del Bosque, aínda que soamente fora unhas horas, por terras ourensás.

balance do ano

Un notable para CD Oure

4 O resto de equipos representativos da cidade no ra ou lograron o obxectivo dunha forma apurada. R. Torres De todos os equipos representativos da nosa provincia, o CD Ourense e máis o P21 Pádel Club son os únicos que remataron con nota a campaña 20122013. O resto, moi por debaixo do agardado ou mesmo o esperado era estar debaixo na clasificación. Fútbol Xa queda lonxe aquel verán de 2012 cando o adestrador do Club Deportivo Ourense, José Luís Míguez “Luisito” non tiña

Cabreiroá obsequiu a Del Bosque cunha réplica dun depósito de almacenaxe de auga, similar aos desta marca./R.T.

Unha tempa

CDO continuará en Segunda B logo dunha máis que boa tempada

plantilla nin para formar un once titular. O club estaba á deriva e ninguén daba o paso de facerse coa entidade. Rumoreábase dun grupo, pero o conselleiro delegado do Celta de Vigo deu o primeiro paso, non sen antes mirar as contas. Antes de que remexera en todos os caixóns dos despachos do estadio do Couto sairía á palestra o grupo que finalmente se fixo co timón dunha nave que estaba á deriva. Os José Luis González e José Ramón Fernández (vicepresidentes) e Alejandro Estévez (presidente) collían o Ourense e poñíanse a traballar contra reloxo; a liga estaba a piques de comezar e a pretempada estaba sendo moi convulsa. O peor escenario para un equipo recén ascendido

que buscaba como obxectivo a permanencia. Pero as cousas comezaron ben, e o equipo respondeu. Impúxose ao Atlético de Madrid B no Couto na primeira xornada (3-1) e a ilusión instalouse nos afeccionados. Durante toda a tempada xogou de ti a ti con todos os adversarios incluídos os todopoderosos Tenerife (ascendido á 2ªA) e Oviedo e o xogo despregado polos de Luisito era moi vistoso. Unha dinámica negativa na segunda volta fixo que se coqueteara cos postos de descenso, e sobre todo, coa promoción de descenso. A falta dunha xornada, o Ourense certificaba a permanencia, polo que sería por segundo ano consecutivo equipo da Segunda División B. Todo un logro por como comezou


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

BALANCE DO ANO

ada inestable sentenciou a Pabellón Ourense á novena posición.

ense

on estiveron á altua tempada. A última xornada foi unha festa no Couto cun convidado especial, o Real Madrid C, a quen se lle venceu con remontada incluída. Fin de festa por todo o alto a unha tempada notable. O Barbadás estreábase na Terceira División e logrou a permanencia con varias xornadas de antelación. A pesar de non lograr puntuar cos equipos punteiros da liga foi quen de superar a equipos de igual ou superior nivel e ser un equipo incómodo para os seus rivais. Na Rexional Preferente as cousas non saíron moi ben. O Barco e o Arenteiro salvaron a categoría (os de Valdeorras foron de máis a menos e os do Carballiño lograron nas últimas xornadas saír dos catro últimos postos); pola súa banda o Verín desinchouse no tramo final de Liga e acompañou no descenso ao Ponte Ourense, equipo este

que estivo toda a tempada en descenso. O Ourense B será equipo do grupo Sur da Preferente logo de rematar segundos na Primeira Rexional. Baloncesto O Club Ourense Baloncesto non cumpriu o propósito de manterse na LEB Ouro. Desde a pretempada xa se sabía que o COB ía sufrir toda a campaña, feito que se certificou co 0-6 en contra nas seis primeiras xornadas. Durante dous meses o equipo era unha sombra e apenas podía competir cos seus rivais así saíra á cancha do Paco Paz ou a calquera outra. Pouco a pouco os xogadores fóronse facendo coa competición dando un salto cualitativo importante, logrando grandes vitorias contra adversarios de entidade e facéndose fortes en casa. O lunar era lonxe do Paco Paz onde se logrou unha soa vitoria (fronte ao Palencia 73-75); aínda así, o COB chegou ás últimas xornadas coa posibilidade de eludir o play out de descenso. Varias oportunidades, sobre todo contra Melilla e Lleida, cos que se perdeu no Pazo fixeron que os de Rafa

O COB regresa a LEB Prata. Unha tempada irregular abocouno a xogarse a permanencia no play out. Saiu cruz.

O vindeiro ano seguirán os intensos derbis de Ponte e Cidade na Primeira División. Sanz xogáranse a salvación ao mellor de cinco encontros contra o Knet. O primeiro partido en Logroño foi de claro dominio ourensán, adiantándose un a cero; no segundo, o Clavijo devolveulles a moeda e empataron a eliminatoria, que chegaba a Ourense con dous partidos. O primeiro golpe foi do COB (2-1), pero o s da Rioxa lograron empatar a dous e devolver a eliminatoria a Logroño (un triplo de Galarreta no cuarto partido daba a vitoria ao Knet). No encontro definitivo o COB aguantou ata o final do terceiro cuarto, momento en que unha discutida decisión arbitral sumado ao esgotamento físico dos xogadores fixo que se perdera o partido e con el a permanencia na LEB Ouro. Trala desaparación do equipo sénior do Codigalco Carmelitas, o único representante ourensán na Liga Feminina 2 (LF2) era o Pabellón Ourense. As ourensás con Gonzalo González no banco tiñan depositadas moitas esperanzas nesta tempada na que buscarían unha posición alta na táboa clasificatoria. Encomen-

dadas a unha das mellores xogadoras da LF2, María José Bolonio, o equipo tivo altibaixos ao longo do curso. Finalmente rematou en novena posición nunha liga que contaba con 11 equipos. Sete vitorias e 11 derrotas foi a bagaxe do

Pabellón. O ABO completou unha das peores campañas da súa historia. En 20 xornadas soamente dúas vitorias sentenciárono ao descenso. Problemas económicos fixeron que moitos dos xogadores non remataran a tempada e saíran do club. Futuro incerto para un equipo que, a priori, ten os días contados, e correrá a mesma sorte que o Codigalco Carmelitas. Fútbol sala Nos últimos anos falar de fútbol sala de elite en Ourense é falar de fútbol sala feminino, e niso teñen moito (ou mellor dito, todo) que dicir o Ponte Ourense e o Cidade As Burgas. O Ponte Ourense partía coma un dos equipos a loitar pola Liga e pola Copa. O seu comezo foi desesperanzador; derrota contra Giro-

nella e lesión de gravidade da capitana Marta. A partir de aí, tres derrotas máis fixeron que se descolgara moi pronto dos postos de cabeza,

aos que x a n o n chegaría. Unha palpable falta de forma no comezo ligueiro unido á mala sorte nalgún dos encontros fixo que deambulara polos postos baixos da clasificación durante toda a tempada. A segunda volta foi algo mellor, o que fixo que nas últimas xornadas, e xogando sen presión, o Ponte a piques estivera de lograr a clasificación para a Copa.

Ao final non o logrou e rematou en décima posición, moi lonxe do que se esperaba a comezos de campaña. O Cidade As Burgas estivo sempre nos postos baixos pero nunca metido nas dúas últimas posicións (as do descenso). Moitos dos partidos perdeunos por falta de competitividade no tramo final o que lle fixo xogarse parte das opcións de salvación na antepenúltima xornada contra o Viaxes Amarelle; un gran encontro das franxiverdes puxo o 4-1 no marcador e con el a salvación. O Cidade rematou en décimo terceira posición. Outros deportes No que á representación ourensá noutros deportes se refire, o máis destacado foi o equipo de pádel P21 Pádel Club. O P21 logrou ascenso á Primeira División da Liga das Rías Baixas ao callar unha tempada inmaculada en derrotas. O Galmédica Tenis de Mesa logrou que tanto o equipo de 2ª División Nacional coma o de 1ª División Galega mantiveran a categoría. O Balonmán Pabellón tivo que loitar ata o último momento para permanecer na Primeira Autonómica logo de ascender de forma brillante a tempada pasada. O Caldaria Barrocás, un ano máis, estará entre os mellores equipos nacionais de hoquei herba ao rematar na División de Honra A na novena posición.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

Perfílase o Club Deportivo Ourense 2013-2014

4 Cos descartados e a continuidade asegurada de 14 xogadores (falta por decidirse Jaime Noguerol) o Ourense da próxima tempada comeza a coller forma. R. Torres O CD Ourense comeza a coller forma de cara a tempada 2013-2014. Cos descartados e a continuidade asegurada de 14 xogadores (falta por decidirse Jaime Noguerol e serían 15) o Ourense da próxima tempada comeza a coller forma. Nestas anda José Luís Míguez “Luisito” na procura de facer un equipo que dea un salto de calidade e se asente entre os dez primeiros da Segunda Divisón B. Altas e baixas Unha semana despois de dar por finalizada a tempada, Luisito deu a lista de baixas da actual plantilla, e con que xogadores quería seguir contando para o vindeiro curso. Claudio, Luismi, Iker, Iván González, Quintairos, Sanginés, Padrón, amais de Pillado foron os nomes dos que Luisito vai prescindir para o 2013-2014. Pola contra, Manu Táboas, Capi, Campillo, Juan Martínez Portela, Adil, Borja Valle Álex Fernández, Óscar Martínez e Noguerol, Arce e Toni Álvarez tiveron unha proposta de permanecer; Josu, Yebra e Pato teñen contrato en vigor. Juan Martínez e Óscar Martínez non o dubidaron e firmaron deseguido. O resto firmaron cando expiraba a data tope para dar unha resposta, agás Borja Valle e Noguerol que pediron máis tempo. Valle

Borja Valle defenderá a camisola do CD Ourense a tempada que vén. /RAMSÉS recapacitou e ao día seguinte xa estampaba a súa firma no contrato, mentres que o verinés aínda anda desfollando a margarida para emigrar ao fútbol indio onde ten unha oferta do Sporting de Goa. Noguerol quere marchar, pero a súa familia é algo reacia a que emprenda esa aventura. Luisito falou co xogador de forma persoal para facerlle que ver que o mellor é que continue en Ourense. O técnico de Teo tamén é claro a este respecto, e se consegue un substituto de Noguerol non o pensará e o ficharía. As renovación deixaron de ser prioritarias unha vez expiara a semana de marxe que tiveron para pensalo. Novas caras Para saber que xogadores recalarán no Couto este verán haberá que esperar algo.

Luisito está moi pendente das promocións, ás que segue con moita atención para reforzar a plantilla. O técnico desvelará en breve a primeira cara nova do novo proxecto. As prioridades son dous xogadores en cada liña (defensa, medios e atacantes); cinco deles serán sénior de perfil veterán (tipo Borja Yebra), o resto serán sub 23. Desde a directiva fixeronlle saber o presuposto co que dispoñe, e a partir del fortalecer un plantel que ten como obxectivo estar entre os dez mellores do grupo primeiro da Segunda División B.

En breve chegará a primeira cara nova do Ourense

FÚTBOL

Un Barbadás solvente 4 Na Rexional Preferente sorte dispar: o Barco e Arenteiro manteñen a categoría; o Ponte e o Verín descenden a Rexional. Redacción O Barbadás rematou con boa nota a súa primeira participación na Terceira División, ao acadar unha meritoria décimo cuarta posición. En 38 partidos venceu en 12 ocasións, empatou en 11 e perdeu en 15; logrou 39 goles a favor, por 47 en contra. 47 foron os puntos finais do equipo que ten a súa sede no campo dos Carrís da Valenzá. A pesar de que nas cinco últimas xornadas non logrou un só punto o certo é que non lle fixo falta, xa que estaba virtualmente salvado desde facía tempo. Estas cinco derrotas fixeron que finalmente remataran dous puntos por enriba do descenso. Aínda que pareca moi xusto, certo é que antes dos cinco últimos partidos a renda co descenso era superior aos 10 puntos. Con Jorge Regal renovado agora toca traballar na confección dunha plantilla que ten que contar para a vindeira campaña con caras novas. O primeiro ano, o conxunto ourensán era un decoñecido na categoría, pero agora xa coñecen os seus rivais do que é capaz o Barbadás. Rexional Preferente Na Rexional Preferente grupo sur non foron as cousas ben de todo para os representantes ourensáns. O CD Barco rematou en décimo segunda posición con 49 puntos; lon-

Encontro do Barbadás nos Carris. /ARQUIVO xe dos postos de cabeza nos que andivo o equipo de Valdeorras no primeiro tercio de campionato. O segundo mellor clasificados dos equipos ourensáns foi o Arenteiro; o conxunto do Carballiño, logo de estar boa parte da Liga nos postos de descenso logrou salvar a categoría na última xornada ao vencer ao Portonovo por 4-2 aproveitándose en boa medida da caída libre que sufríu o Verín. Pola súa banda, o Verín comezou moi ben o curso, pero unha serie de episodios lamentables (sancións de longa duración) fixo que os “rojillos” de Monterrei caeran en barrena no último tramo de competición certificando o descenso á Primeira Rexional. O cuarto equipo ourensán foi o Ponte Ourense; os pontinos chegaron á Rexional Preferente tras varias renuncias doutros equipos. Esta non foi a súa tempada e desde ben pronto foi o pechacancelas da clasificación, posto do que non se afastou en ningún momento. Ao final, Verín e Ponte

Ourense descenden e salvan a categoría o Barco e o Arenteiro. CD Ourense B O equipo que acompañará a campaña que vén a Barco e Arenteiro será o filial do Ourense. Con esa meta comezou a competición o Ourense B logrando finalmente o ascenso a Rexional Preferente. Os de Manel (quen renovou tralo ascenso) remataron en segunda posición o que lles da dereito ao ascenso. O primeiro clasificado foi o Nogueira de Ramuín, quen renunciou ao ascenso. Polo de agora non se sabe que equipo acompañará ao Ourense B na Rexional Preferente; Barbadás B (terceiro clasificado) nin o plantea, Covadonga (cuarto) e Polígono (quinto) non queren subir e o Meliás podería ascender, pero tampouco o ten claro.

O Ourense B renova a Manel tralo ascenso a Preferente


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

JUDO / BOXEO

Os Tigres de Maristas vencen no Champagnat 4 Na novena edición deste torneo de judo. Redacción O mércores 5 de xuño celebrouse no colexio Maristas a novena edición do “Torneo Champagnat” de judo. O evento é un duelo entre os Tigres de Maristas e os Leóns do Ximnasio Marbel, que reuníu a medio cento de deportistas de ambos sexos e diferentes categorías (de infantil a senior). Combates entre rivais do mesmo peso, vencía o que máis vitorias conseguira, sendo os Tigres os que venceron nesta edición tomándose cumprida vinganza do ocorrido o ano pasado. Os judokas de Maristas lograron gañar en 25 combates por 19 do Marbel. Campionato de España O pasado 19 de maio desenvolveuse no Pazo dos Deportes de Riazor (Coruña) o

Campionato de España de Judo nas categorías infantil e cadete, no que Iria Ollero, do Ximnasio Marbel, foi a única ourensá, logo de gañarse o dereito como vixente campioa galega na categoría de -57 quilos. Ollero -a segunda ourensá en participar nun campionato de España nos dous últimos anos, recollendo a testemuña de Laura Valdés, presente en 2011- pagou a novatada e caeu na primeira rolda, contra a representan-

te das Illas Baleares, Sánchez-Rodrigo, quedándose sen opción de participar na repesca. En opinión do Mestre 6º Dan Manuel Montero, a ourensá saíu ao tatami “en bo estado e competiu ben contra unha rival máis experimentada neste tipo de torneos. A pesar da decepción do momento, debe valorar a excelente tempada, que supón un paso máis na súa traxectoria deportiva”.

Copa Deputación O 18 de maio desenvolveuse no Pazo Paco Paz a segunda xornada de Copa Deputación de Judo 2013, competición que reuniu a 60 participantes de toda a provincia entre as categorías benxamín e sénior, incluíndo a categoría OPEN (aberta a competidores de ambos os sexos) e a nova categoría Ne-Waza (onde a loita restrínxese en exclusiva ao chan, apta para veteranos). Nesta cita, Mauro Prada fíxose coa categoría absoluta, Herminio Rodríguez coa absoluta Ne-Waka -75 quilos, e Iago Rodríguez coa open especial NeWaka.

Tigres de Maristas e Leóns do Marbel enfrentáronse no “Torno Champagnat”.

O pazito réndese ao boxeo amateur Redacción Por segunda vez en poucos meses Ourense (concretamente o pazito) acolleu unha velada de boxeo amateur. Nesta ocasión eran cinco combates de boxeo de promoción e dous de kickboxing os que tiveron lugar o pasado venres 24 de maio. Cun retraso prolongado de case que unha hora comezaron os com-

bates sen que se enfriara o ambiente pola espera. Sergio de la Cuesta venceu a Alberto Fernández no primeiro combate; Marcos Ledo gañou a Wilson Tavares; Manuel Rodríguez derrotou a Jonathan Bolaño; Iago Saco fíxose co combate contra Nesto Sanjuán. No combate máis esperado, Adelmo Souto venceu a Sergio Otero. Iste é o segundo combate do ourensán e a súa segunda vitoria.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

ATLETISMO

De la Fuente e Teijeiro vencen na Torre do Castro 4 Na cuarta edición da Torre do Castro. R.T. O atleta do Club Alejandro Gómez, Álvaro de la Fuenta e a atleta do Veteranos Ourense, Sonia Teijeiro foron os vencedores da cuarta edición da Torre do Castro. A proba celebrada en Sandiás foi rematada por preto de 300 atletas de todas as categorías, sendo a proba absoluta a que contou con maior participación. O atleta cordobés afincado en Ourense demostrou o seu gran estado de forma e acadou a vitoria de xeito

contundente sobre o resto de participantes (atrás quedaron os seus problemas físicos de comezo de tempada). Por detrás del entraron en liña de meta Saturnino González (Veteranos Ourense) e Luís Iglesias ( Atletismo Carballiño). Sonia Teijeiro foi a primeira muller en percorrer os oito quilómetros da proba. En segunda posición entrou Iria Fernández (Ourense Atletismo) ePatricia González (Limiactiva) foi terceira. De 146 participantes, 137 remataron a proba. O máis característico desta carreira

Sol e neve no Desafío Solidario

4 Nevou no alto da capela de San Mamede. R.T. Se xa é duro este desafío, canto máis foi nesta edición que contou cun protagonista inesperado: a neve. O Desafío Solidario San Mamede 2013 tivo na neve a un adversario para todos os participantes. Na carreira que se disputou sobre unha distancia de 21 quilómetros participaron un total de 107 deportistas, chegando á liña de maeta 89 deles. O primeiro clasificado foi Fernando Arca, cun tempo de 2:05:06. Por detrás chegou Carlos Expósito (2:05:13) e en terceira posición finalizou Elpidio Gómez (2:05:41). Con esta vitoria, Arca é o firme can-

didato a proclamarse campión da Copa Galega de Carreiras de Montaña. Sonia Botana foi a primeira muller (2:50:05). En segunda posición rematou María del Rosario Figue-

o propio en prebenxamín. Na carreira de Pitufos foron Paula Pérez e Erik Blanco os primeiros en cruzar a liña de meta.

son os dous quilómetros de subida moi duros antes de encarar o tramo final cara a meta. Unha vez chegado ao cumio pódese contemplar unhas vistas fermosas do paisaxe da zona.

Solidariedade Este ano, a Torre do Castro tivo caracter solidario. Un euro de cada participantes foi a parar a campaña solidaria “Compra un quilómetro para Uxía”, coa finalidade de recaudar fondos para a xoven Uxía.

Outras categorías En cadetes os máis rápidos foron Aída Martínez e Kevin Macía; en infantil, Jimena Salgado e Ziad Nagihi; en alevín, Lucía Vázquez e Marco Rivero; Candela Morales e Alejandro Blanco venceron en benxamín; Carmen Castillo e Rodrigo Díaz fixeron

Nocturna de Xinzo O sábado 15 de xuño, Xinzo de Limia celebra a súa VIII Carreira Nocturna Xinzo de Limia. Cinco carreiras por idades que comezarán as 20.15h coa proba benxamín - alevín e rematarán ás 21.30h coa carreira absoluta. Ás 22.20h será a entrega de premios.

Dous participantes finalizando a proba./RAMSÉS

roa (2:52:17) e terceira foi Begoña Pérez (2:58:53). BTT Na proba de BTT o primeiro en percorrer os 44 quilómetros foi Miguel Ángel López; en segunda posición, César Álvarez e terceiro, Miguel Ángel Lorenzo. Tres euros de cada inscrición foron para a campaña da Cruz Vermella Comarcal “Agora máis que nunca”.

Participantes da proba de Orientación organizado polo Campus de Ourense.

Orientación polas rúas de Ourense

4 Tres modalidades de orientación segundo as idades tivo a xornada. Redacción

Rosario Figueroa no alto de San Mamede./VIA XVIII

O Servizo de Deportes do Campus de Ourense organizou unha proba de orientación na que participaron un centenar de persoas. O evento desenvolveuse polo casco histórico da cidade das Burgas

e contou con tres percorridos de tipo Sprint urbano: Correliña, para menores de 12 anos cunha distancia de aproximadamente un quilómetros; iniciación curta, para maiores de 12 anos e cun quilómetro e medio de percorrido; e a máis demandada, a modalidade A Es-

morga de 3,2 quilómetros e para maiores de 16 anos. Este percorrido estaba baseado no roteiro literario de Blanco Amor. En familia Predominou a participación en grupo de familias enteiras, ainda que tamén houbo persoas que realizaron os percorridos a nivel individual. En todo caso, foi unha festa da orientación con carácter lúdico (non competitivo), na que se recolleron bens non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Ourense coa colaboración de Cruz Vermella Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

ATLETISMO

Atletismo de nivel 4 O CD Aurum organiza o I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense. R. Torres O sábado 22 de xuño as pistas de atletismo do Campus de Ourense acollerán o I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense 2013 (para o cal remata o prazo de inscrición o 18 de xuño). O evento está organizado pola Delegación en Ourense da F.G.A. e Club Deportivo Aurum. En horario vespertino disputaranse as probas absolutas dando comezo ás sete da tarde e finalizando pasadas as 10 da noite co citado 5.000. En total serán 12 probas masculinas e 11 femininas (a máis destacada serán os 3.000 metros) nas que poderán participar calquer atleta galego federado. Prato forte Trátase dunha cita atlética para todas as idades, que terá como prato forte (ás 22:10 h) a proba de 5.000 metros,

na que entrarán en liza atletas cunha marca mínima na distancia inferior aos 15 minutos e medio. Así, nesta carreira está confirmada a asistencia de Alejandro Fernández que disputará esta fin de semana a Copa de Europa de 10.000 metros, polo que se intúe que chegará a un nivel excepcional á cita ourensá. Xunto a Fernández pode que pisen as Lagoas fondistas galegos de gran nivel, o que fará desta proba unha das de máis nivel de Galicia. XOGADE Pola maña (de 11 a 13.30 h) terán lugar as probas escolares, nas que cada atleta poderá participar en tres disciplinas: unha de salto, unha de peso e outra de carreira. Premios Na xornada de mañá en-

O CD Aurum organizou o Galego de 10.000 en pista no mes de marzo./R.T.

tregarase medalla aos tres mellores resultados de cada unha das probas. Na xornada de tarde entregarase trofeo ao vencedor de cada unha das probas que se programan no horario de competición. Asemade entregaranse trofeos e un cheque por valor de 200 euros á mellor marca masculina e feminina por tabla IAAF.

De la Fuente e Gutiérrez irrompen no “Correndo x Ourense” vencendo no Couto 4 Na segunda carreira do circuíto. R.T. Os atletas Álvaro De la Fuente e Yolando Gutiérrez irromperon no circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense” levándose a vitoria no Couto. O Couto é a segunda

Álex Fernández representará a España 10 anos despois.

4 Alejandro Fernández, na Copa de Europa de 10.000 O atleta ourensán Alejandro Fernández Rivera do NB Team, foi seleccionado pola RFEA para competir na XVII Copa de Europa de 10.000 metros que se disputará o próximo 8 de xuño na localidade búlgara de Pravets. Esta convocatoria co equipo absoluto español chega pola súa gran actuación no Campionato de España absoluto na distancia, logrando o subcampeonato. Dez anos despois volve coa Selección a unha proba internacional. Daquelas foi durante a disputa do Campionato de Europa de Júnior en Tampere (Finlandia), onde tamén participou na proba de 10.000 metro e onde obtivo un brillante cuarto posto.

proba das seis que consta o circuíto e na que aparecen en escena dous atletas de gran calidade. Álvaro De la Fuente rematou a carreira nun tempo de 17:46 minutos; por detrás chegaron o vencedor da primeira carreira, Javier Paredes, a sete segundos (17:53) e en terceira posición Pepe Márquez (18:08). Na proba feminina, Yolanda Gutiérrez foi a máis rápida en facer os máis de cinco quilómetros, ao empregar un tempo de 18:36. En segunda posición rematou a actual campioa do circuíto, Sonia Teijeiro (20:40) e terceira foi Iria Fernández con 21:17 minutos. Na carreira alevín e benxamín os primeiro foron Martín Rivera e Nayeli Iglesias; e na de infantís e

cadetes quedaron primeiros tanto en homes como en mulleres, Álvaro de Luis e Aída Martínez, respectivamente. Clasificación En canto á clasificación xeral, en categoría feminina a atleta de Teo, Yolanda Gutiérrez sitúase á cabeza con nove puntos ao rematar en novena posición no barrio do Couto. Segunda vai Sonia Teijeiro, con 48 puntos e cuarta Iria Fernández, terceira con 64. En canto á categoría masculina Javier Paredes e Álvaro de la Fuente lideran a clasificación cun punto cada un deles; terceiro marcha Pepe Márquez con dous puntos. A puntuación corresponde ao posto acadado en cada carreira.

Álvaro De la Fuente e Javier Paredes dominando a carreira do barrio do Couto./S. TORRES


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

FÚTBOL SALA

entrevista a Óscar Vivián, adestrador do Ponte Ourense

“Entendo que non teñen intención de que siga” 4 Rematada a tempada, Óscar Vivián fai balance dun ano no que as pontinas non lograron os obxectivos marcados. R. Torres

As xogadoras do Burela celebrando a vitoria na Copa.

Dobrete do Burela

4 Dúas semanas despois de gañar a Liga faise coa Copa. Redacción Dobrete do Burela esta tempada na que acada Liga e Copa. Dúas semanas despois de gañar a Liga conquistan a Copa, e ante o mesmo rival, Atlético de Madrid. Se quince días antes, na penúltima xornada de Liga, o Burela alcanzaba o título ao vencer ao Atlético de Madrid por 5 goles a 1, o equipo dirixido por Javier Pardeiro lograba o trono copeiro ao desfacerse do mesmo rival por un resultado tan contundente coma o anterior: 6-1. Con este dobrete o Burela convértese no dominador do fútbol sala feminino nacional. Un equipo confeccionado con grandes xogadoras e un proxecto de varios ano que desembocaron na dobre coroa desta tempada. Todo un logro para unha provincia, a de Lugo, que consegue por primeira vez un título nacional dalgún dos seus equipos. Copa No primeiro encontro da Copa, as lucenses xogaron

contra o Soto del Real a quen venceron por tres goles a un, non sen poucos apuros. En semifinais esperaba o Navarra do que se desfixeron por 4-1. Na final tocaba medirse ao Atlético de Madrid, subcampión da Liga. Chegaba a esta cita con gañas de revancha tras perder contra as laranxas a competición doméstica. A final comezou moi ben para as galegas, e Dany adiantaba ás de Pardeiro con dous goles, a pesar de que o dominio alternábase nas dúas escuadras. O primeiro acto finalizaba co dous a cero. Na continuación, as madrileñas aumentaban a presión sen fortuna de cara ao gol. A sete minutos do final cambiaron ao xogo de cinco. Infructuosa decisión que levou a que Peque e Jozi ampliaran a renda a porta baleira (4-0). Lidia facía o quinto tanto e Ju Delgado poría no luminoso o da honra para as atléticas. Pechaba a conta goleadora, Dany co seu terceiro gol na final.

Falamos co que ata o de agora foi adestrador do Ponte Ourense, Óscar Vivián, unha vez rematada a tempada. Vivián móstrase sincero, reflexivo e autocrítico despois dunha campaña para olvidar. Á espera dunha oferta formal por parte da directiva do Ponte para continuar de adestrador (a cal dubida que chegue), Vivián lonxe de gardar rencor ao club se a mesma non se producise, agradécelle que lle deran a oportunidade de levar as rendas dun conxunto como pontino. Que balance fas desta tempada? Óscar Vivián: “Partíamos con tres metas claras: loitar pola Liga, meternos en Copa e revalidade a Copa Galicia. Soamente conseguíuse este tercer obxectivo. Algo incomprensible por plantilla”. A que cres que se debe? Ó.V.: “Tivemos unha moi mala primeira volta na que non estivemos á altura. Perdimos catro partidos seguidos, e Marta lesionóusenos no primeiro encontro. Iso afectou moito á plantilla. Non tivemos confianza e a dinámica foi negativa”. Pero na segunda volta mellorouse. Ó.V.: “É certo, pero tivemos moitos empates, que hoxe en día case que

Óscar Vivián está a agardar (sen facerse ilusións) unha oferta formal da directiva do Ponte Ourense para continuar de adestrador do equipo, porque este ano non deu compaxinado o seu traballo particular con esta labor./RAMSÉS non valen para nada. Cando estabamos cun pé e medio fóra da Copa e con poucas xogadoras dispoñibles por mor das lesións foi cando mellor o fixemos e a piques estivemos de entrar na Copa. Quitámonos a presión moi tarde”. Ás xogadoras faltoulles algo Ó.V.: “Nalgunha ocasión as xogadoras viñéronse abaixo. Este ano era imposible remontar un resultado negativo cousa que non pasaba o ano pasado. Quizáis debín variar o sistema e ser máis conservador. O que teño claro é que coa mesmo plantilla é imposible ter outra tempada así”. Con que te quedas persoalmente? Ó.V.: “Aprendín moito este ano. Teño máis recur-

sos tácticos. Pero a realidade é que foi un curso moi negativo. Non estou contento nese sentido; en algo nos equivocamos e eu o primeiro”. Deixarás de adestrar ao Ponte a vindeira tempada? Ó.V.: “Pedín que me fixeran unha oferta formal pero non a recibín. Aínda non me chamaron e entendo que non teñen intención de que siga. Sufrín un desgaste moi grande e, de continuar, debemos cambiar moitas cousas. Son consciente de que co resultado deste ano non estou nunha condición ideal para pedir”.

Moléstache que non te chamen para dar unha resposta? Ó.V.: “Non. Estarán valorando outras opcións. O Ponte non terá problemas comigo; eles deronme a oportunidade de dirixir un equipo por primeira vez, así que estoulles moi agradecido a Plácido, Camilo e a Iago. Tampouco me quero esquecer de Fran Formoso (preparador físico que comezou comigo o ano pasado e a súa ausencia neste notouse moito), Héctor (adestrador de porteiras), amais de Bea, Enátali e Irene, que me axudaron moito”.

“Quizais debín ser máis conservador. O que está claro é que con esta plantilla é imposible ter outra tempada así”


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

FÚTBOL SALA

Descanso merecido 4 Logo dunha tempada complicada o Cidade As Burgas colle vacacións. R. Torres Aínda que polo momento son vacacións activas (seguen cos adestramento a un ritmo menor), o Cidade As Burgas terá un merecido descanso trala tempada máis complicada desde que está en Primeira División. Para o adestrador do Cidade, Manolo Codeso, a tempada foi “máis do mesmo”. “Cada ano acadamos menos puntos que a tempada anterior. Fai dúas superamos os 40, a pasada os 30 e nesta logramos superar por un punto os 20; a pesar disto este non foi o peor ano”, valoraba o técnico franxiverde quen aseguraba que, por xogo “este foi o mellor ano”. Codeso destacaba a ampla plantilla na que “no primeiro ano estábamos con 12, o ano

pasado con 14 e este con 16 xogadoras tendo que ter descartes en cada xornada”. Para o adestrador “o club faise cada vez máis grande e eu con el”, sen olvidarse das xogadoras que teñen unha gran calidade. Según Manolo Codeso o que lle faltou ao equipo foi “algo de fortuna no tramo final de moitos encontros, pero iso é algo que irá chegando”, prognosticaba. Xogadoras En canto ás xogadoras cre que creceron deportivamente e destaca o dato de que foi o terceiro equipos menos goleado da competición, tan só superado por Burela e Atlético de Madrid. Isto debeuse en gran medida ao salto de calidade de “Ana e Peque”. Tamén considera

que catro ou cinco das súas xogadoras podería xogar “en equipos da parte alta da táboa” aínda que quere contar con elas “por moito tempo”. Codeso recalcaba en que a súa plantilla é moi xoven. “Nerea, Alicia, Zaida e María Romero son xogadoras de apenas 15 anos e cun gran futuro”. Sabedor do problema de contar con

xogadoras tan xóvenes nunha competición tan complicada ao técnico é algo que non lle quita o sono, e espera poder contar cada ano con xogadoras xóvenes. “O que me gusta é sacar xogadoras novas para o primeiro equipo e que sexan importantes no mesmo”. De cara á vindeira tempada, o Cidade As Burgas subirá ao equipo de Primeira División a Candela, amais de andar detrás de dúas xogadoras galegas e xóvenes que militan noutros equipos.

Manolo Codeso, adestrador do Cidade As Burgas./R.T.

ENTREVISTA A MARÍA ROMERO, xogadora do CIDADE AS BURGAS

“O Cidade mereceu máis” 4 María “Verín” amosa a súa ledicia por estrearse na Primeira División, pero confesa que o seu equipo esforzouse moito para os resultados que logrou. S.N. T e n só 15 anos, pero xa pode presumir de saber

como é iso de medirse na cancha coas mellores xogadoras de fútbol sala feminino do noso país. María Romero (coñecida como María “Verín”, polo seu lugar de procedencia) debutou este ano na Primeira División deste deporte, defendendo as cores do equipo que a formou dende cativa, o Cidade As Burgas Foi unha oportuni-

dade que a número 25 do conxunto franxiverde agardou durante moito tempo, pero que soubo aproveitar, e de que maneira. O seu potente disparo coa zurda e a súa gran facilidade no un contra un fan desta rapaza toda unha promesa de futuro do fútbol sala. Como foi a túa primeira tempada en Primeira División? María Romero: “Moi ben, estou moi contenta porque estiven agardando tres

anos para cumplir a idade que se requería. Estaba moi ilusionada e gocei moitísimo”. Non xogaches desde comezo de tempada por unha lesión, como foi a espera? M.R.: “Foi unha rabia, porque cando podía comezar a xogar lesioneime e tiven que esperar dous meses máis. Paseino mal na espera, pero mereceu a pena”. Como viches ao Cidade esta tempada?

María “Verín” demostrou esta tempada unha gran axilidade na loita un contra un./R.T. M.R.: “Bastante ben. Pero merecía máis do que conseguiu porque o equipo está xogando moi ben e este foi dos seus mellores anos”. Quedou algo pendente? M.R.: “Si, puntuar nalgún dos partidos contra o Ponte. Deu rabia, porque este ano estivemos moi igualados e merecemos lograr máis. Tamén debemos salvarnos antes, sufrimos demasiado para todo o que traballamos. Esforzámonos moito”. Cal é a túa meta no fútbol sala feminino? M.R.: “De momento non mo plantexo. O único que quero é pasalo ben xogando e gozar de poder facelo na máxima categoría. Con 15 anos non podo pedir máis”. Tes algunha xogadora de referencia? M.R.: “Non teño ningun-

ha en especial, intento aprender tanto das do meu equipo como doutras xogadoras da liga. Sempre se pode sacar algo de cada unha para mellorar”. Como compaxinas o fútbol sala cos estudos? M.R.: “É cuestión de organizarse, hai tempo para todo”. Como ves ao Cidade de cara ao ano que vén? M.R.: “Creo que vai a estar moito máis forte e non só conseguirá salvar a categoría senón tamén facerse cunha boa posición final na táboa”.

María confesa que “estaba moi ilusionada e gocei moitísimo” de xogar na elite


10

BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

POLIDEPORTIVO

Fernández o 3º posto. O club Ximnasia Pavillón obtivo tamén uns magníficos resultados, destacando o ouro de Nerea Sastre en pelota e aro. Blanca Valencia obtivo o 3º posto en aro; en cinta Kelly Vanesa e Laura Gaela quedaron 2ª e 3ª. Por equipos a Escola Pavillón acadou o ouro na categoría prebenxamín e benxamín.

O futuro da ximnasia galega cítase nos Remedios 4 Acolleu o Torneo Primavera e a final da Copa Deputación. Redacción Esta primeira fin de semana de xuño o pavillón dos Remedios foi escenario de dous eventos importantes para a ximnasia ourensá e galega: o Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica e a Copa Deputación. Torneo Primavera O pasado 1 de xuño tivo lugar na cancha central do Pavillón dos Remedios o V Torneo Primavera de Xim-

nasia Rítmica con participación de 11 clubs de de toda Galicia (As Triscas, Escola Pavillón, Ximnasia Pavillón A e B, Maniotas, Rías Baixas, Treobada, Vagalume, Arousa, Apostol Santiago e Esquío), reunindo a 250 ximnastas. Dos principais clubs de rítmica de toda a comunidade tan só faltou á cita o club Acordes. O evento reunía exercicios de exhibición e exercicios de competición. Dentro

da modalidade de competición había conxuntos de promoción e competición individual federada. Na competición de conxuntos, o Club Ximnasia Escola Pavillón acadou sendos primeiros postos nas categorías prebenxamín e benxamín. Pola súa banda, nas pro-

bas individuais, a Escola Pavillón tamén tivo un papel destacado, xa que as infantís Lorena Braña e Ana Mangana acadaron o 2º e 3º posto en aro; Lorena repetiu podium en mans libres ; en mazas Paula Olmo e Eva Rebollo acadaron tamén o 2º e 3º; en pelota Antía Vázquez acadou ouro e Marta

I Campus de Voleibol Feminino, no Guillelme Brown 4 Destinado a nenas de entre 11 e 15 anos. Redacción

Exercicio de conxunto de combinación de aro e cinta realizado durante o Torneo Primavera./R.T.

Inscrición aberta para o IV Padel Camp Redacción O Padel Camp chega á súa cuarta edición do 25 ao 29 de xuño. Dirixido aos máis cativos e con horario de 10 a 15 horas, este torneo de pádel contará, como en citas anteriores, con monitores titulados e un profesor de inglés para que os rapaces combinen a aprendizaxe do deporte e os idiomas. Así mesmo, os rapaces recibirán un completo menú (composto por

dous pratos e postre) xentileza de Confitería Couto, así como dun pequeno petisco (con leite e zume) a media mañá. Unha das mellores propostas de ocio para os cativos ourensáns, pero que conta con só 35 prazas, para que os participantes conten con atención persoalizada. Polo que os pais interesados en inscribir aos seus fillos nesta actividade poden facelo nas instalacións de P21.

O Club Voleibol San Martiño organiza o primeiro Campus de Voleibol Feminino no colexio Guillelme Brown do 23 ao 28 de xuño. Esta actividade está destinada a nenas de entre 11 e 15 anos, que recibirán clases de iniciación e perfeccionamento neste deporte. O campus terá unha función formativa no deporte, compaxinando a diversión e a convivencia. Adestradores titulados de voleibol terán cadanseu grupo de rapazas (cun máximo de 12 integrantes) durante o campus e traballarán aspectos básicos e avanzados deste deporte. As actividades realizaranse en sesión de mañá e tarde, incluíndo probas técnicas, medicións antropométricas, un torneo final, actividades de tempo libre e xogos populares. Para poder participar no campus, as rapazas deberán contar con indumentaria deportiva para 5 días, roupa para as horas de ocio, útiles de aseo persoal, saco de

Cartel do campus. durmir e roupa de piscina. Inscrición Todos os pais interesados en apuntar ás súas fillas a esta actividade só teñen que cubrir o formulario de inscrición (que está á súa disposición no club organizador así como no colexio Guillelme Brown) antes do 15 de xuño. Para inscribir á cativa poden optar por réxime de pensión completa (que ten un custo de 240 euros) ou sen aloxamento (por 175 euros). [+ info en cvsm.ourense@gmail.com ou no 646 81 01 91]

Copa Deputación A final da Copa Deputación reuniu en Ourense aos clubs de ximnasia rítmica e de trampolín de toda a provincia, que participaron cos seus ximnastas nobeles. Nesta cita o Club Ximnasia Escola Pavillón acadou podium en case todas as categorías, sendo o club con mellores resultados. Deste xeito, na modalidade de

trampolín as representantes da capital lograron 23 medallas. Pola súa banda, en modalidade de rítmica, de xeito individual a única ximnasta do Club Ximnasia Escola Pavillón que lle participou logrou subir ao podium. Por conxuntos, este club acadou ata sete veces algunha das tres primeiras posicións nas distintas modalidades nas que competiu. Grandes resultados que demostran o potencial da ximnasia ourensá do futuro.

O Torneo Primavera congregou o 1 de xuño en Ourense a 250 ximnastas de toda a nosa comunidade


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

DEPORTES ACUÁTICOS

Os nadadores máster ourensáns suman 23 medallas no campionato galego

4 Participaron 11 nadadores do CN Pabellón, que pecharon con esta proba a tempada. Redacción Unha das participantes da 42 edición do Trofeo Pedro Escudero de natación./RAMSÉS

24 medallas para o Natación Pabellón Ourense 4 Na 42 edición do Trofeo Pedro Escudero. R.T. 24 foron as medallas acadadas polos nadadores co Club Natación Pabellón na edición número 42 do Trofeo Pedro Escudero cunhas bancadas abarrotadas de afeccionados. As preseas estiveron repartidas en 10 de ouro, seis de prata e oito de bronce. O sábado 25 de maio celebrouse na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense, este torneo, que se celebrou nunha xornada, contou coa participación de 259 nadadores pertencentes a 16 clubs galegos. Entre eles estaban a olímpica Beatriz Gómez Cortés, a campioa de Euro-

pa júnior María Vilas Vidal e o campión universitario de Estados Unidos, Óscar Pereiro Carril que xunto aos nosos internacionais de augas abertas, Laura Pimentel Pérez e Marc Ciurana Roca logrouse unha excelente xornada de competición a moi bo nivel. Na clasificación global, Marcos García Soto, do CN Ferrol, e Beatriz Gómez, do CN Galaico, foron os vencedores en categorías masculina e feminina respectivamente. Por parte dos nadadores locais, Marc Ciurana foi cuarto e Alberto Taboada, quinto. Mesma posición en categoría feminina lograron Laura Pimentel e Sandra Presas.

Os nadadores máster do Club Natación Pabellón puxeron fin á tempada coa súa participación no Campionato Galego celebrado en Pontevedra o pasado 2 de xuño. Unha cita á que se desprazaron un total de 11 nadadores ourensáns (7 homes e 4 mulleres), que competiron en 22 probas individuais (2 cada un) e 6 substitucións. Nesta proba os nosos representantes lograron un total de 23 medallas, 18 individuais e 5 nas probas de substitución, estas últimas foron todas de ouro, así como outras 12 individuais. Completan a lista

de metais tres pratas e tres bronces. Os participantes ourensáns foron Amalia Pumar (que sumou cinco ouros), Cristina G. Colomo (cinco ouros), Esther Fernández (catro ouros e unha prata), Ana Pereira (catro ouros e

O sábado 25 de maio disputouse na praia de Montalvo (Sanxenxo) a segunda xornada da liga galega de salvamento en praias, organizado polo club salvamento Ponteve-

Con esta proba rematan unha tempada de competición composta por cinco xornadas da liga e os campionatos de inverno, galegos e nacionais, onde un total de 16 nadadores do Club Natación Pabellón da sección máster, con idades de entre 23 a 71 anos. Agora, a tres destes nadadores máster xa só lles queda unha competición de nivel nacional. Trátase dos campionatos de España de Augas Abertas que terá lugar o 16 de xuño en Barcelona e ao que acudirán os irmáns García Colomo (Antonio, Maite e Cristina).

Equipo feminino máster do Club Natación Pabellón Ourense.

As féminas de Salvour continúan no alto da liga galega de salvamento en praias S.N.

unha prata), Carlos G. Colomo (catro ouros), Pedro Rivera (tres ouros), Jorge Vázquez (tres ouros e un bronce), Manuel G. Colomo (tres ouros), Carlos Boo (un ouro, unha prata e un bronce), Manuel Sousa (un bronce) e Andrés Figueira.

11

dra (SAPO) e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA). O equipo de salvamento de Ourense “Salvour”, dirixido por José Manuel Paredes, participou con 9 dos seus mellores socorristas en

categoría senior. Hai que resaltar a actuación da escuadra feminina que dominou as probas de area cun primeiro posto de Natalia Rivas na proba de sprint, onde a segunda foi Cecilia Martínez, a cuarta Antía Arias e a sétima Nerea Fernández. Na outra proba que se disputou sobre a area da praia de Montalvo tamén as nosas mozas tiveron unha actuación destacada co segundo posto de

Natalia e as posicións 4, 6 e 7 de Cecilia, Antía e Nerea, respectivamente. Á súa vez, Cecilia volveu a repetir a segunda posición da primeira xornada de liga na proba de Nadar-surf, na que Antía clasificouse en sexta posición. No equipo masculino destacou a actuación de Alberto Fernández Galego, que foi sétimo na final do sprint.


12

BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

MOTOR

Os coches clásicos toman Ourense 4 O 8 de xuño celebrarase unha nova edición dos ralis clásico e antigo. Redacción O día 8 de xuño terá lugar en Ourense a décimo novena edición do Rali de Ourense de Automóviles Clásicos e a décima do Rali de Ourense de Coches Antigos. A Escuadería Clásicos Ourense ten todo listo para que a cidade das Burgas celebre estas emblemáticas probas do automóbil. Antes, o viernes 7, desde o oito da tarde, comezarán as verificacións dos vehículos participantes no Centro Comercial Ponte Vella. O sábado, as 10.30 horas, e desde a Praza Maior, tomarán a saída os partici-

pantes para enfrontarse a un percorrido que os levará por coñecidas estradas da provincia como Castro de Beiro, O Viñao, Mandrás, Vilamarín, e desde A Peroxa acceder á provincia de Lugo, por Ferreira de Pantón, para chegar ao mediodía a Augas Santas. Xa de tarde o Encoro de San Pedro dará paso á zona de Luintra, onde Covas, San Miguel do Campo e Melias serán os escenarios protagonistas, finalizando pola zona de Esgos e Virxe do Monte para regresar a Ourense, de novo ao Centro Comercial Ponte Vella, onde terá lugar a entrega de premios.

Os antigos Os vehículos antigos realizarán un percorrido diferente á caravana clásica, que os levará pola mañá a Os Peares, para acceder tamén a Ferreira de Pantón e Augas Santas. Mentres que pola tarde acudirán a Castro Caldelas para regresar a Ourense coincidindo coa proba clásica.

Un dos participantes do Rali Clásico da edición do ano 2012.

Os vehículos clásicos e antigos percorrerán a provincia de Ourense e parte da de Lugo

Luis Aragonés puntúa no Rali Rías Baixas Redacción Placa do 46 Rali de Ourense.

Un rali de Ourense con novidades 4 A cita autmovilística ourensá por excelencia terá lugar o 14 e 15 de xuño. R.T. A cita automovilística ourensá por excelencia, o Rali de Ourense, chegará as nosas estradas o 14 e 15 de xuño cargada de novidades. Todas elas están nos tramos, nalgún que regresa e outros que desaparecen. O venres 14 haberá o tramo espectáculo, coma nos últimos anos. Xa o sábado, os tramos da mañá son novidosos; comezarase co dos Peares (29,78 quilómetros) para continuar co da Peroxa (14,86). De alí marcharán ao polígono para realizar outro tramo espectáculo. Deseguido, repetirán os pilotos os tramos anteriores. Os Peares e A Peroxa facíanse en anos anteriores, pero chegan este ano cun trazado totalmente novidoso. Pola tarde a gran ausencia é a do tramo do Canón do Sil, pero os que si continuarán son os de Toén, San

Pedro de Rocas e Luíntra, con dúas pasadas por cada un deles. Sobre as 21 horas saberase quen é o vencedor do 46 Rali de Ourense. O ano pasado, Miguel Fuster foi o máis rápido de todos os participantes. Actualmente o líder da clasificación provisional do Rali de España de Asfalto é Luis Monzón, quen buscará en Ourense distanciarse dos seus perseguidores. Segundo marcha Alberto Meira, e terceiro Miguel Fuster. Axuda da Deputación O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Escudería Ourense, Adolfo Rodríguez de la Rúa, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 30.000 euros para a organización do Rali de Ourense, unha das probas automobilísticas máis importantes do calendario nacional.

O 49 Rali Rías Baixas converteuse na primeira suma de puntos do ano, nunha proba na que o Renault Twingo R2 de Luís Aragonés e Cuko Bañobre, logo de ser revisado, tomou a saída listo para competir. Pero o Rías Baixas non comezou de todo ben para o conxunto Renault, xa que nunha carreira da etapa de venres rompeu un taco de motor, que foi reparado na asistencia pola noite. Así, o sábado Luís Aragonés viuse obrigado a progresar de menos a máis, acadando ao final a cuarta praza da clasificación e sumando os primeiros puntos da Challenge Renault Twingo R2 2013. De seguido, o equipo da Rede Renault Ourense ten agora as súas miras postas no 46 Rali de Ourense, no que espera pelexar polos postos de podio. Cantabria Antes da cita viguesa, Aragonés comezou a tempada no Rali de Cantabria, que se saldou co abandono do Renault por problemas mecánicos. “Foi unha magoa, pero era moi arriscado continuar cunha avaría no motor, que podería causar problemas maiores”, confesaba Aragonés.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

BALONMÁN

O Viña Costeira proclámase campión da Copa Deputación de balonmán 4 Disputáronse todas as finais da 31ª edición da Copa Deputación de balonmán. Redacción O Viña Costeira proclamouse campión da Copa Deputación de balonmán vencendo na final que disputou contra o Pabellón Balonmán. Así mesmo, tamén se celebraron as demais finais da XXXI Copa Deputación de balonmán. No polideportivo do Campus Universitario de Ourense celebrouse a final benxamín. Polo terceiro e cuarto posto, o Balonmán Pabellón Otero Pedrayo venceu á Asociación Balonmán Carballiño. Na final desta categoría empataron o Balonmán Ribadavia e o Balonmán Pabellón Vistahermosa, facéndose coa vitoria o primeiro grazas ao seu mellor “golaverage”. En benxamín mixto, o Escola Municipal de Barbadás foi o campión, por diante do Viña Costeira Arnoia (segundo) e do Campus Auria Mariñamansa (terceiro). Final sénior Á final sénior chegaron o Viña Costeira e o Balonmán Pabellón, ambos pertencentes á Primeira División Autonómica. Un choque que tivo lugar no polideportivo O Consello de Ribadavia. Despois dos primeiros compases o Pabellón Ourense colocouse por diante no marcador, superando o xogo colectivo ás individualidades do Viña Costeira. Así, chegouse ao descanso con vantaxe no marcador para os da vella Auria (13-15). Na reanudación mantívose a mesma tónica, cun Pabellón sempre por diante e un Viña Costeira que se mantiña no encontro.

A falta de 10 minutos para o final, o partido entrou nunha fase máis agresiva, onde os colexiados víronse obrigados a excluir con dous minutos a varios xogadores de ambos equipos e descalificar (tarxeta roxa) ao xogador do Viña Costeira, Celso Sotelo. Estes momentos de conflito supuxeron un certo desconcerto nos homes de Zarra o que aproveitaron os do Ribeiro para coller vantaxe no marcador e vencer na final por 27 a 25.

De acampada con Saudeter 4 Saudeter organiza do 3 e o 13 de xullo unha acampada en Verin para nenos/as de 9 a 13 anos con actividades diversas e orixinais.

M. Rejo A empresa de ocio e tempo libre ubicada en Verín e Ourense, Saudeter, abre o prazo de inscrición para a primeira acampada de verán que organiza na hípica do campo dos Remedios, en Vilamaior, nos arredores de Verín. Os nenos de entre 9 e 13 anos que se apunten poderán gozar de dez días, entre o 3 e o 13 de xullo, de multitude de actividades ao aire libre impartidas por seis monitores especializados que en todo momento farán que os nenos se divirtan o máximo posible. Non será moi difícil pasalo ben practicando hípica, jumping, golf, veladas nocturnas, tiro con arco, hinchables, talleres formativos, e un sinfín de actividades. Todo elo mentras aprendemos algunhas palabras en inglés. A data para abonar os 180 euros que custa esta acampada de verán remata o venres 28 de xuño. Haberá un máximo de 45 prazas, aceptarase por riguroso orde de inscrición. Se desexades máis información podedes consultar a web www.saudeter.com ou no teléfono 988 41 07 67.

Zarra O adestrador do Pabellón Balonmán, Alejandro Arias “Zarra”, deixará a vindeira campaña o banco do equipo sénior do Pabellón Balonmán. Nembargantes, o que non deixará son outras responsabilidades dentro do propio club.

Aínda que o Pabellón comezou gañando, o Viña Costeira remontou a cita

13

Encontro do Pabellón Balonmán disputado nos Remedios durante esta liga./R.T.


14

BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

POLIDEPORTIVO

Ximnasia, duatlón e tenis de mesa pechan o XOGADE por este curso 4 Xinzo, O Carballiño e Ourense foron as sedes destas competicións deportivas. Redacción

Parte dos premiados no sétimo Trofeo Cidade de Ourense de Armas Neumáticas. /J.E.

26 deportistas no 7º Trofeo Cidade de Ourense 4 A proba era valedeira para a Copa Deputación de Armas Neumáticas. P.L. Un total de 26 tiradores de diferentes categorías participaron a fin de semana do 1 e 2 de xuño no sétimo Trofeo Cidade de Ourense de Armas Neumáticas, proba valedeira ao mesmo tempo para a liga anual da Copa Deputación, disputado no club de tiro Eiroás. A competición non deparou sorpresas, e Miguel Colmenares e Nuria Mera, con 562 e 372 puntos res-

pectivamente, proclamáronse vencedores en pistola sénior e damas. Manuel Fernández foi o primeiro en pistola veteranos B (479 puntos) e Manuel Somoza en pistola veteranos M (506 puntos); os mellores cadetes foron Paula Fernández (326) e Luis Seoane (342) e en alevín, Martín Fernández (153 puntos); o primeiro en pistola discapacitados foi Víctor José Álvarez (500 puntos) e en damas Sonia María Álvarez (287

Eva Álvarez vence na Copa de España de BTT XC de Valladolid Redacción A ciclista do Actyon Academia Postal - Mérida, Eva Álvarez venceu con autoridade na Copa de España de BTT XC celebrada

en Valladolid. Esta proba era a terceira puntuable para o Open de Españ de BTT. Con este resultado Álvarez chega á última cita do Open, a de Avilés, con opción de gañar a clasifica-

puntos). Na modalidade de carabina, Francisco Vilas Yebra resultou gañador con 571 puntos. Máis competicións A actividade deportiva continúa o próximo 9 de xuño coa liga de pistola velocidade, o día 16 coa liga de pistola estándar, o día 23 coa liga de carabina tendido e pistola libre, e o 30 de xuño remata o mes coa liga de pistola de 9mm.

Ximnasia en Xinzo, duatlón no Carballiño e tenis de mesa en Ourense pechan o XOGADE por este curso. Ximnasia O pavillón polideportivo de Xinzo de Limia acolleu o Campionato Provincial de Ximnasia rítmica onde centos de afeccionados reuníronse para ver aos ximnastas máis cativos. O campionato estivo marcado pola gran competividade mostrada por todos os participantes. O nivel da competición foi moi alto e os que alí acudiron puideron gozar dunha moi boa xornada de ximnasia. O Club Escola Pavillón foi o máis laureado obtendo 13 podios, aínda que

tamén obtiveron bos resultados ximnastas de Barbadás, Xinzo e Ribadavia. Duatlón No Carballiño celebrouse o Campionato Galego de Duatlon do Programa XOGADE. Á localidade ourensá chegaron os deportistas de toda Galicia que mellor o fixeron durante todo o curso. A única medalla ourensá foi a do benxamín Martín González Blanco (C.C. Maceda) quen rematou na segunda posición. Tenis de mesa No Paco Paz tivo lugar o Campionato Provincial de Tenis de mesa que outorgaba o pase ao Campionato Galego en categoría infantil e cadete. Ademais das categorías citadas disputátonse partidos en categoría benxamín e alevín, tanto

masculino como femenino. Nestas duas categorías, infantil e cadete, destacada foi a actuación do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, xa que estivo intratable durante todo o campionato. Cuun xogo limpo e directo conseguiron a base de esforzo chegar ao seu obxetivo, ser os campión en ambas categorías.

O Club Escola Pavillón foi o máis laureado en ximnasia En duatlón, o benxamín Martín González quedou segundo En tenis de mesa destacou o IES Carlos Casares de Viana do Bolo

ción xeral. Pola súa banda, Xiana Conde rematou en sexta posición na categoría cadete. Open de Galicia Na última proba disputada do Open galego de BTT en Cambre, o júnior Raúl González vencía, logrando así o seu primeiro triunfo da tempada. En elite, Saúl López, sumaba un podio máis, sendo terceiro na categoría.

Ximnastas que participaron no Campionato Provincial en Xinzo.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xuño de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº78- Ano: V - 7 de xuño de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Unha empresa imparte clases de cociña “ao teu gusto”

Deporte e realidade (XVIII) Capítulo 18. Decálogo dos erros dos fillos 1º.- Ter demasiada présa por probalo todo. As présas son malas conselleiras. Hai que dar tempo ao tempo e non queimar etapas tan rapidamente. 2º.- Facer o que o corpo pida. Hai cousas que pide o corpo que non só son convenientes, senón que desencadean en problemas graves psicolóxicos e físicos. 3º.- Relacionar a felicidade e os momentos agradables co goce dos sentidos sen medida. Hai que saber quedar nun termo medio. Os extremos son moi perniciosos. 4º.- Pasar por alto os consellos e suxestións dos pais, educadores, ensinantes e profesores, non aproveitar a experiencia de quen antes se equivocaron e agora poden dar crédito canto aconsellan. 5º.- Seguir a máxima de que só se pode pasar ben e gozar nas discotecas, bebendo, fumando e bailando até ben entrada a madrugada. 6º.- Pensar que a conduta, o exemplo dos amigos, non lles arrastra, condiciona. Está sobradamente

probado que un bo mozo cambia completamente debido a un amigo que lle arrastrou. Seleccionar as compañías. 7º.- Non saber dicir non! ao alcol, á droga, ao desenfreo, ás incitacións etc., de quen se cren máis homes/mulleres. O ser humano é o único animal capaz de dicir non. 8º.- Non asumir responsabilidades de maneira seria, continuar sempre coa lei do mínimo esforzo e culpar os demais dos seus propios fracasos e erros. 9º.- Falta de prudencia, cautela e sentido común. Todo ten un límite que hai que respectar, e os excesos páganse caros. 10º.- Non darse conta de que o consumismo, a moda, a publicidade, etc., condiciónalles e teledirixe facilmente, converténdose nun ser utilizado. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“Hai que dar tempo ao tempo e non queimar etapas tan rapidamente”

Toño Moure, xerente da tenda TM Sport, na rúa San Rosendo.

TM Sport, nova tenda de deportes da Ponte TM Sport é o nome da nova tenda de deportes que fai dúas semanas abría as súas portas na rúa San Rosendo, no barrio da Ponte. Trátase dun establecemento no que o cliente poderá atopar roupa deportiva tanto de neno como de adulto de marcas tan coñecidas como Adidas, Nike, Puma, Joma ou Asics, así como zapatillas de deportes destas mesmas marcas, tanto de running como de

paseo. “Temos un pouco de todo, e máis ou menos de todos os prezos, así como bañadores e complementos de natación, bolsos, gorras, balóns e medias de fútbol, complementos de tenis, pádel, bádminton...”, enumera Toño Moure, xerente do establecemento. Ademais, traballan baixo pedidos

para calzado ou prendas de tallas grandes, “procuramos conseguir o que nos demanda o cliente”. Xunto ás coleccións primavera-verán, na tenda dispoñen tamén de produtos en oferta como botas de fútobl, zapatillas deportivas ou chanclas de praia. TM Sport está na rúa San Rosendo, 4 e abre de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 9:30 a 13:30 horas.

No interior da tenda poderedes atopar descontos en botas de fútbol, zapatillas deportivas ou chanclas de praia

A empresa ourensá Servicios Gastronómicos Tino Iglesias comezou a impartir clases de cociña “ao teu gusto”. Todos os martes, mércores e xoves cociñeiros profesionais ensinan a preparar menús de tempada, cada día un diferente. O horario, á ultima hora do día (de 19 a 21 horas) facilita a asistencia ao curso, e ademais os alumnos poden elixir os oito días do mes aos que queren acudir, pagando un prezo total de 48 euros. Outros servizos Servicios Gastronómicos Tino Iglesias ofrece tamén sesoramento para negocios de hostalería; organización de “show cooking” con cociñeiros de recoñecido prestixio; o asesoramento na organización de eventos como banquetes, vodas ou comidas de empresa; e cátering, incluíndo menús adaptados ao gusto e ás necesidades de cada cliente. [+ info no 633 849 010 e constantinoiglesias@gmail. com]

Xunta entregou en Ourense as distincións ao mérito deportivo 4 Nove foron a parar a persoas, entidades ou eventos ourensáns. Redacción A Xunta de Galicia entregou no Auditorio de Ourense as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2013 a 37 persoas e institucións que destacan polo seu labor a prol da promoción e o fomento do deporte e da educación física na nosa comunidade. Nove foron a

parar a persoas, entidades ou eventos ourensáns. Galardoados Os galardoados foron: Leite Río, Club Fluvial Lugo, Juan Somoza, Ángel Manuel Sánchez Vázquez, Luis Rodríguez Moya, Mariano García Verdugo, José Domingo Castaño, Francisco Javier González Pérez,

Foto de grupo dos premiados e das autoridades, no acto celebrado no Auditorio o 30 de maio. /XOAN CRESPO. Rally de Ferrol, Rally de Ourense, Rally Rías Baixas, Alejandro Blanco Bravo, José Manuel Fernández Sobrino, Miguel Ángel González Suárez, Recaredo Paz Prieto (a título póstumo),

Marta Míguez Telle, Aurora Martínez, Colexio Salesianos, San Martiño, Manuel Soto, Club Torres Vikingas de Catoria, Eduardo (Cholo) Dapena Lis, Modesto Sánchez Alva, Carlos

Menéndez Ogando, Celta Vigo Baloncesto Femenino, Alfonso Posada, Iván Pozo, José Manuel Brasa Sanjurjo, José Luis Méndez García, José Manuel Alvelo, Vilagarcía Basket Cup,

Arousa Fútbol 7, Germán Rodríguez Conchado, Julio Pedrosa Vicente, Carlos Borrás Sanjurjo, Roberto Pérez López (a título póstumo) e Ángel Luis Rebolledo.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de xu単o de 2013


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.