18 abril 2013 - BD Nº75

Page 1

A interzonal regresa a Monterrei o 20 de abril HOCKEI

O Caldaria Barrocás logra a permanencia en casa

Páx. 6

FÚTBOL SALA

[páx. 12]

Páx. 8- 9

Un gol de Souza decanta o derbi para o Ponte [páx. 4]

CD Ourense, cinco partidos para a salvación

[páx. 3]

[páx. 4]

O COB agarda rival

Número: 75- Ano: V - 19 de abril de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 3 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 21 de abril. O Couto. CD Ourense - Real Avilés. 2ªB. - Día 21 de abril. O Carballiño. Arenteiro - CD Barco. Rexional Preferente. - Día 28 de abril. Os Carrís. UD Barbadás - SD Compostela. 3ª División. - Día 28 de abril. Oira (Ourense). Ponte Ourense - CD Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 28 de abril. O Barco. CD Barco - Mondariz CF. Rexional Preferente. - Día 28 de abril. José Arjiz (Verín). CD Verín - Arosa SC. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 19 de abril. Paco Paz -21.00h.- COB - Navarra. Liga LEB Ouro. - Día 27 de abril. Os Remedios -19.00h.- ABO - Recinor Ferrol. Liga EBA.

Fútbol sala feminino

- Día 20 de abril. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Burela. 1ª División Fútbol Sala. - Día 27 de abril. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Roldán. 1ª División Fútbol Sala.

Atletismo

- Día 20 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.- Control de marcas cadete-xuvenil. - Día 20 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.- 2ª Xornada Interzonal Atletismo en pista Escolar. - Día 27 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.- Control de marcas cadete-xuvenil. - Día 27 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.- 2ª Xornada Interzonal Atletismo en pista Escolar. - Día 20 de abril. Entrimo -09.30h.- X Camiñada de Montaña de Entrimo. - Día 28 de abril. Barrio do 21 -a partir das 12.00h.- III Circuíto de Carreiras Populares “Correndo x Ourense”.

Tiro

- Día 21 de abril - Eiroás - Liga fogo central e pistola damas. - Día 28 de abril - Eiroás - Liga Carabina tendido e pistola libre. - Días 4 e 5 de maio - Eiroás - Copa Deputación - Pistola e carabina neumática.

Balonmán

- Día 20 de abril. Os Remedios -18.30h-. Balonmán Pabellón - Atlético Novás. 1ª Autonómica Masculina.

Tenis de mesa

- Día 20 de abril. Paco Paz -17.00h.- Galmédica B - Helios Asesoría Serinte. 1ª División Autonómica. - Día 27 de abril. Paco Paz -17.00h.- Galmédica B - Liceo de Noia. 2ª División Autonómica.

Kickboxing

- Día 20 de abril. Os Remedios -20.00 h.- X Trofeo Internacional de kickboxing “Cidade de Ourense”.

ACTUALIDADE

A X Andaina Cidade de Ourense será o 12 de maio 4 Terá 27 quilómetros de percorrido e poderán participar nela ata 500 persoas. Redacción O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora da actividade, Marta Míguez, veñen de presentar a X Andaina Cidade de Ourense, que se desenvolverá o 12 de maio. A andaina terá saída ás 9 horas do Pavillón dos Remedios, onde tamén rematará. O percorrido discorrerá polos montes da zona sur-surleste de Ourense, cunha distancia de 27 quilómetros, e unha elevación máxima de 404 metros. Os puntos de avituallamento estarán en Seixalvo (km.

6), Cumial (km. 13) e Ceboliño (km. 20) e no remate da andaina (Pavillón dos Remedios, km.27).

Inscricións O número máximo de participantes é de 500 persoas, que deben ser maiores

de 16 anos e poderán inscribirse (por un custo de 7 euros) dende o día 22 de abril ata o 9 de maio, a través da páxina www.deportesourense.com. Ademais, con carácter extraordinario poderase realizar a inscrición no Pavillón dos Remedios, en horario de oficina, achegando o comprobante de pagamento da máquina expendedora.

Marta Míguez, Alfonso Vilachá e Cándido Gómez presentaron a andaina./RAMSÉS.

A permanencia deberá esperar 4 Unha pésima segunda volta da permanencia condena aos de Zarra a salvar a categoría nunha segunda fase. Redacción O Pabellón Balonmán deberá esperar para salvar a categoría. Unha pésima segunda volta da permanencia condena aos de Zarra a salvar a categoría nunha segunda fase. No último partido, os ourensáns deron mostra do estado anímico que están a atravesar nas últimas xornadas. 25-19 foi o resultado que se deu contra o Moaña, equipo que ocupa unha praza máis abaixo na clasificación. A falta de intensidade cando

pensaban que tiñan no peto a permanencia e as complicacións de xuntar aos xogadores nos adestramentos lastraron aos ourensáns na segunda volta. Segunda volta O Pabellón Balonmán ocupou na primeira metade desta fase pola permanencia o primeiro posto, pero unha mala segunda volta condénao (case que con toda probabilidade) a disputar un último cruce para coñecer se finalmente salva a categoría. Na última xornada debería vencer en

Un dos últimos partidos do Pabellon Balonmán./ARQUIVO. casa (sábado 20, ás 18.30 no anexo) ao líder, Atlético Novás, e que perdan Porriño e Ártabro. Estes dous disputan os seus partidos contra os últimos da clasificación, polo que é complicado que o Pabellón

evite xogar o cruce. Este último paso para lograr a permanencia será a dobre partido contra un equipo da 2ª Autonómica. O primeiro partido disputarase o 27 de abril e o segundo o 4 de maio.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

BALONCESTO

non descender a Prata. Sete equipos están inmersos na loita por evitar o play out de descenso. Cáceres, Lleida, Huesca, Coruña, Barcelona, Navarra e La Rioja. A igualdade é tal, que estes mesmos sete equipos xogaranse algo máis que evitar o play out. Catro disputarán o play off de ascenso, dous xa rematarán as súas angustias por este ano (nin play off nin play out), e un acompañará ao COB na incruenta loita por permanecer un ano máis en Ouro. Lástima que o COB non estea na terna por estas loitas; de vencer a Coruña a semana pasada podería loitar por salvar a categoría sen pasar pola angustia do play out.

Entrada a canastra de Ogide no partido contra o Coruña./RAMSÉS.

O COB agarda rival

4 O Club Ourense Baloncesto non se xoga nada na última xornada da LEB Ouro. R. Torres O Club Ourense Baloncesto agarda rival na última xornada da LEB Ouro, unha xornada na que o conxunto

ourensán non se xoga nada. Sabedor de que ao remate da liga estará penúltimo, aos de Rafa Sanz só lle queda esperar cal será o rival co que terán que loitar para

Partidos Para esta derradeira xornada cinco equipos non se xogan nada. Alicante, Palencia e Lugo, que pase o que pase rematarán terceiro, cuarto e quinto respectivamente. Pola parte de abaixo, o COB, que rematará penúltimo e o Melilla, xa descendido. O resto xogase a tempada nunha soa xornada. O partido máis apaixoante será o que se dispute no Plantío entre o Burgos e o Andorra. De vencer os locais, ascenderían de forma directa a ACB; o Andorra deberá gañar por máis de 11 puntos se quere ser o equipo que suba sen pasar polo play off. Lleida - Coruña; Alicante - Cáceres; Breogán - Knet; Huesca - Barcelona e o propio COB - Navarra son os partidos nos que hai algo en

xogo. Melilla - Palencia é intrascendental para o devir na liga de norteafricanos e os casteláns leoneses. Coruña Contra Básquet Coruña, o Club Ourense Baloncesto mostrou unha faciana moi distante do que debe ser un equipo que se quere salvar nun play out. Durante a meirande parte do partido non foi quen de achegarse no marcador aos coruñeses e sempre estivo por detrás en aspectos como o rebote ou as perdas de balón. No segundo cuarto houbo unha tímida reacción por parte dos ourensáns, pero simplemente foi un espellismo. Ogide foi inferior a Sonseca e Barbour non tivo a súa noite (cinco puntos). Gibbs non está a demostrar o que todos esperábamos del e o resto estivo a un nivel moi baixo (soamente Julio González deu a talla todo o que puido). 71-57 foi o resultado final. Navarra O venres 19 de abril (Paco Paz, 21 horas) o Club Ourense Baloncesto pecha a liga diante da súa afección ante Navarra. Os navarros, co pívot Ondrej Starosta (ex do COB) á cabeza, buscarán unha vitoria que os libere de xogar o descenso co Ourense ao mellor de cinco partidos. Play out Resta unha semana para comezar a loita pola permanencia sen saber cal será o rival. Os homes de Rafa Sanz deberán traballar moi-

to durante esta semana para ser un equipo sólido e mentalmente forte para afrontar con garantías os, mínimo tres e máximo cinco, partidos que lles resta para saber se se salvan. A esixencia vai ser máxima nesta fase definitoria que comezará o 26 de abril (venres) no campo do rival, e seguirá o 28 no mesmo escenario. A eliminatoria chegará a Ourense o 3 de maio, e en caso de ser necesario un cuarto partido disputaríase novamente no

Paco Paz dous días máis tarde (o 5 de maio). En caso de chegar a estas alturas con empate, decidiríase nun quinto partido lonxe do Pazo.

O venres 19, ás 21 horas no Paco Paz, o COB pecha a liga fronte ao Navarra

4 A Deputación manterá o seu apoio ao COB O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuníuse co presidente do Club Ourense Baloncesto COB, Roberto Fernández Añel, e reafirmoulle “o compromiso que a institución provincial ten co COB, como accionista que é do club, compromiso que seguirá mantendo polo ben desta entidade deportiva e, en xeral, por seguir potenciando un deporte de grande interese para Ourense e os ourensáns”. Manuel Baltar dixo que, igual que a Deputación de Ourense referenda este apoio, “outras administracións deberían facer o mesmo, porque a camiseta que nos temos que poñer todos é a de Ourense e a do apoio ao deporte, e non enrocarnos en intereses políticos nin partidistas”. O presidente provincial dixo que temos que traba-

llar para chegar a acordos que permitan achegar as solucións económicas necesarias para a pervivencia do COB, unha histórica entidade deportiva, “e a Deputación de Ourense, fiel á súa responsabilidade e ao seu compromiso histórico de apoio ao deporte provincial e, neste caso, como accionista do COB, comparte o que defende o presidente do COB que non é outro argumento que a defensa e o mantemento do club”. Manuel Baltar afirma que dada a situación que está atravesando o Club Ourense Baloncesto, “o consello de administración do COB debe actuar co máximo consenso e colaboración no tocante á busca de solucións económicas para acadar tanto no eido deportivo como de xestións as maiores cotas de éxito”.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

FÚTBOL

Unha vitoria que serviría de bálsamo 4 Vencer ao Avilés suporía adiantar na clasificación aos asturianos. R. Torres O Club Deportivo Ourense buscará unha vitoria balsámica no seu partido contra o Avilés. De vencer aos asturianos, os ‘rojillos’ adiantaríanos na clasificación. 42 puntos son os que ten o Avilés, por 40 do Ourense tras 33 xornadas. O encontro disputarase no estadio do Couto o domingo 21 de abril a partir das seis da tarde. O Real Avilés é un equipo vido a menos. Logo dunha gran primeira volta

Ourense-Avilés, domingo 21 ás 18 horas no Couto

na que estivo en postos de play off de ascenso e incluso liderando a táboa clasificatoria, nesta segunda parte do campionato o equipo foi a menos. Seis puntos dos últimos 30 posibles é unha bagaxe pobre para un equipo que agora ten que pelexar nas últimas xornadas por non descender. Homenaxe ás peñas Para este partido, e seguindo coa celebración do 60º aniversario do club, o CD Ourense quere rendirlle unha homenaxe as peñas. Así, o domingo pola mañá disputarase en Salesianos un torneo entre todas elas. Máis tarde irán todos xuntos comer ao campo da feira, para posteriormente animar ao CD Ourense no

Un lance do último partido xogado en casa polo Ourense, contra o Rayo B./RAMSÉS. seu partido contra o Real Avilés. Un membro de cada

As peñas recibirán unha homenaxe no partido do domingo./RAMSÉS.

peña realizará o saque de honra. Rayo B O Ourense, co empate da pasada xornada contra o Rayo Vallecano B, cortou unha racha de dúas xornadas perdendo. Na primeira metade, o equipo dirixido por Luís Míguez “Luisito” non foi quen de plantarlle cara ao conxunto madrileño. Dubitativo no campo, deixou que os visitantes dominaran a zona ancha, froito dese dominio chegou o tanto rayista, obra de Verea. Na segunda metade, o Ourense mudou, sobre todo coa entrada de Rubén Arce e de Adil ao terreo de xogo substituíndo a Pillado

e Alex Fernández. A partir dese momento, todo o peso do partido estivo do lado do Ourense. O marroquí fíxose o dono da zona de tres cuartos e roubaba tantos balóns como se lle poñían no seu camiño. No minuto 54, Noguerol saca un centro á frontal da área, que lle chega a Óscar Martínez; este revólvese e o seu disparo entra na portaría rival. Era o un a un. Ata o final os esforzos dos ourensáns por darlle a volta ao marcador foron infructuosos. Arce, e sobre todo Quintairos, desaproveitaron sendas ocasións para elevar ao marcador o segundo gol, pero este xa non se movería; e grazas. No tempo engadido, o Rayo

dispuxo dunha dobre ocasión tras saque de esquina. Pato desbaratou dous remates na área pequena que puideron supoñer a derrota dos ourensáns. O CD Ourense leva sete xornadas sen coñecer a vitoria. A última remóntase á xornada 26; daquela vencera ao filial do Spórting en Mareo. O Ourense é 14º con 40 puntos; dous máis que o San Sebastián de los Reyes, que ocupa a promoción de descenso, e seis máis que Zamora, Rayo Vallecano B e Alcalá, que con 34 puntos están en zona de descenso. Pecha a clasificación con 27 puntos o virtualmente descendido Marino de Tenerife.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

POLIDEPORTIVO

Ourense acolle o mellor kickboxing

Xornada de d en Maside

4 Foi a antesala do vincial que se disp

4 O X Trofeo Internacional de Kickboxing Cidade de Ourense será o 20 de abril a partir das 22 horas no pavillón dos Remedios.

Redacción

Redacción O pavillón municipal dos Remedios acollerá esta sábado a décima edición do Trofeo Internacional de Kickboxing Cidade de Ourense, organizado pola Fundación Cipri Gomes e no que se darán cita destacados boxeadores tanto de Galicia como do norte de Portugal. Cun prezo de entrada de 5 euros, o espectáculo dará comezo ás 22 horas con cinco combates amateurs, compostos por tres asaltos de dous minutos cada un. O primeiro deles (de -80 kg) medirá a Santi Villar (EEAA Marciales Bushido) contra Raúl García (Club Kickboxing Miro). O segundo combate (tamén de -80 kg) enfrontará a Diego Salgado (do club ourensán EE de Kickboxing Cipri Gomes) e Ángel López (Club Kickboxing Miro de A Coruña). O terceiro porá fronte a fronte a Isaac Rego (EEAA Marciales Bushido) e Joao Freitas (do club portugués Kickboxing Mirandela), ambos da categoría -72 kg. En cuarto lugar será o turno dos boxeadores con menos de 70 quilos; neste caso veranse as caras Diego Martínez Seco (do Club Kickboxing Frank) e Jorge Cardoso (Club Kickboxing Mirandela). E o quinto combate será o do ourensán David Nieto (EE de Kickboxing Cipri Gomes) e Igor Meinedo (Club Kickboxing Mirandela).

Encontro do Barrocás en Mariñamansa./ARQUIVO

Festa do hoquei en Mariñamansa 4 O Caldaria Barrocás logra a permanencia na casa. R.T.

Cartel desta décima edición. Loita especial Antes dos dous combates de loita especial (os -60 e -95 quilos) terá lugar unha exhibición, a cargo de dous boxeadores infantís (con menos de 30 quilos), o ourensán Marco Ferreiro e a portuguesa Ana Moas. De seguido será o turno de Joel Araujo (EE de Kickboxing Cipri Gomes) e Mario Gonçalves (Club Kickboxing Mirandela), que medirán os seus menos de 60 kilos en tres asaltos de dous minutos. O sétimo enfrontamento da noite será o dos boxeadores con menos de 95 kilos de peso. Neste caso competirán o ourensán Javi Iglesias e o

portugués Nuno Pereira, durante catro asaltos de dous minutos cada un. Campionato Ibérico Por último, os dous derradeiros combates da noite computan para o Campionato Ibérico, compostos por cinco asaltos de dous minutos. No primeiro deles (con -70 kg) medirán as súas forzas Manuel Jiménez (EE de Kickboxing Cipri Gomes) e Nuno Pinto (Club Kickboxing Mirandela); e no segundo (con -75 kg) veranse as caras o ourensán Jorge Mouriño e o portugués Luis Rasquinho.

O Caldaria Barrocás puxo fin á tempada co obxectivo da permanencia logrado. O seu último encontro da tempada foi un fin de festa a unha gran campaña diante da súa afección. Centos de seareiros achegáronse ata o campo de herba artificial de Mariñamansa para unirse á celebración da permanencia. O partido (último da liga) non tivo historia. O Caldaria celebraba a permanencia lograda a semana anterior; pola súa banda, o seu rival, o Club de Campo loitaba por facerse co título na División de Honra A. O resultado de dous goles a nove reflexa a todas luces quen se xogaba algo neste encontro. A pesar do resultado, os ourensáns dispuxeron de claras ocasións, pero a lóxica falta de intensidade fixo que o resultado fóra máis abultado do normal. Durante o partido, Ro-

berto Oliveira, adestrador do Barrocás, deulles minutos a todos os xogadores dispoñibles como recompensa ao traballo realizado todo o ano. Selección de Portugal O 27 de abril o Caldaria Barrocás remata a tempada en Mariñamansa cun amigable. O equipo visitante será a selección portuguesa que está a preparar o Campionato do Mundo. Copa Finalmente o equipo ourensán renuncia a disputar a Copa por motivos económicos. Necesitaría 8.000 euros para poder participar nesta competición, polo que desde a directiva decidiron renunciar.

O 27 de abril o Caldaria Barrocás remata o curso cun amigable

O Club de Triatlón Beariz, organizador da xornada de duathlón que tivo lugar en Maside o pasado 13 de abril, temía que as condicións meteorolóxicas estragaran o seu día, pero por sorte a choiva cedeu e permitiu que saíse o sol para que a carreira fose sobre rodas. Así mesmo, a competición tivo unha gran afluencia de público, que puido gozar da práctica dun deporte que pouco a pouco cada vez vai tendo máis adeptos. Esta previa serviulles aos participantes como fase preparatoria de cara ao Campionato Provincial que terá lugar dentro de sete días. Afortunadamente non hai que destacar ningunha incidencia, polo que todos os participantes chegarán nas mellores condicións para disputar o Campionato Provincial. O Club Ciclista Maceda, dos mellores da competición Esta fin de semana, os rapazes da Escola de Ciclismo JA Hermida de Maceda comezaron a súa tempada de competicións gozando dunha disciplina distinta ao BTT, no que habitualmente compiten. A súa participacion foi exitosa, conquerindo a maioría dos podios do día, e sobre todo pasando unha boa xornada deportiva. Na categoría benxamín masculino, fíxose coa pri-


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

POLIDEPORTIVO

duathlón

o Campionato Proputará en Maceda.

O Campionato da Península Ibérica de Ciclismo, no aire 4 Celebrarase o 1 de maio en Ourense, se a Federación Española non o impide. Redacción

meira posición Alexandre Álvarez (do Escola Triatlón Concello de Maside); en alevín feminino foi Aída González (do Club Ciclista Maceda) a que levou a medalla de ouro; e entre os infantís masculinos destacou notablemente Iván Feijoo (do Club Ciclista Maceda). Por último, na categoría cadete fíxose coa primeira praza Román Saa (do Club Ciclista Maceda) no grupo masculino, e a súa compañeira de equipo Xiana Conde, no feminino.

Pelexa A pelexa coa Federación Española de Ciclismo vén de lonxe; de feito, pola disputa da última proba celebrada na provincia, a Delegación galega sancionou aos ciclistas cun mes sen licenza e ao seu organizador, o CC Ourensano, con seis meses.

Disputado o Campionato provincial de IPSC Última proba ciclista disputada en Ourense./I.O. Isto fai que perigen as seguintes probas (incluída a do 1 de maio) a celebrar na provincia ourensá. Como son as de “Puertas de Galicia”, en Viana do Bolo (26 de maio), Campionato de España (20 e 21 de xullo), Gran Premio da Rúa (4 de agosto) e Campionato do Mundo (17 e 18

Eva Álvarez, segunda no Open de España de BTT Redacción A corredora júnior do Actyon - Academia Postal - Merida, do CC Maceda, Eva Álvarez, remata en segundo lugar na proba puntuable para o Open de

Encinas, na competición de 3x40 da Copa do Rei./P.L.

tiro

O Club Ciclista Ourensano ten previsto para o 1 de maio a celebración do Campionato da Península Ibérica de Ciclismo. A saída terá lugar en Vistahermosa e a meta no alto de Mon de Deu -Mirador Miño-, ambos os dous puntos en Ourense.

Un dos participantes no duathlón.

España Cofidis de BTT, celebrado na localidade andaluza de Jerez. Eva, quen realizaba unha gran carreira, adaptábase ben a un circuito técnico, e con algo de barro. Soamente se viu superada pola co-

de agosto). Pode que estas probas non se realicen se a Federación o impide.

Unha sanción previa ao club organizador pon en perigo a cita rredora da selección rusa Olga Tarentyeva. Deste xeito, Eva sube a un podio nunha proba importante como é un Open de España. Os outros compañeiros que acudiron á cita tiveron uns resultados máis discretos. Así, Xiana Conde foi sexta en cadete; Raúl González, 33º en júniors. Saúl López, 46º en elite.

4 Dous representantes ourensáns participaron na Copa do Rei de armas olímpicas. P.L. O pasado 6 de abril disputábase nas instalacións de Eiroás o Campionato provincial de IPSC, ao que acudiron 36 tiradores. O campionato consistiu en catro stages ou exercicios que tiveron que completar todos os participantes, tanto da modalidade de produción como da estándar. Os resultados depararon unha vitoria para o tirador local David Davite en estándar, con 346,12 puntos , mentres que Fredy Landaeta foi o gañador en produción (332,22 puntos). Jesús Ferreiro e Juan Carlos Ferreño completaron o podio en estándar e Eduardo Becerra e Roy

Deprado fixeron o propio en produción. Copa do Rei Por outra banda, dous tiradores ourensáns acudiron á primeira fase da Copa do Rei, que tivo lugar entre o 11 e o 14 de abril en Madrid. A novena posición en carabina 3x40, con 1.123 puntos, foi o mellor resultado do tirador Jorge Encinas, que rematou de 17º en aire comprimido, mentres que Nuria Mera alcanzou a 10ª posición tanto en pistola de aire comprimido (361 puntos), como en pistola deportiva (538).

A cita provincial congregou 36 tiradores


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

FÚTBOL SALA

Na caza do Soto del Real 4 O equipo madrileño é o que separa ao Ponte Ourense da Copa da Raíña. R. Torres O Ponte Ourense apura as súas opcións nas últimas xornadas de meterse na Copa de España. O Soto del Real é o único conxunto que separa ao Ponte dos postos copeiros (seis puntos de desvantaxe). A sétima posición está a uns inancanzables 11 puntos, e a ocupa o Gironella. As madrileñas son oita-

vas con 33 puntos, mentres que as ourensás son novenas con 27 e co condicionante de levar un partido máis (23 por 24) logo de non descansar ata a penúltima xornada. Unha empresa difícil de alcanzar, pero que as xogadoras de Óscar Vivián non deixarán de buscar ata o final. Vindeira xornada Para esta xornada (a nú-

María Romero e Marta Figueiredo loitando por un balón no último derbi./RAMSÉS

mero 26 en Primeira División), o Ponte Ourense ten un desprazamento complicado. As pontinas visitan a cancha do terceiro clasificado, o Ciudad de Alcorcón. As alfareiras aínda que teñen imposibles ascender na clasificación, o que pretenden é non baixar desta terceira praza, para así ter un rival máis asequible na primeira ronda da Copa; de rematar así a liga tería como rival ao Lacturale Navarra. A vitoria para as albinegras é vital neste partido para manter as opcións de loitar pola oitava posición. O Soto del Real desprázase nesta xornada a terras catalanas para enfrontarse ao Femení Centelles, equipo que de non vencer nesta xornada estaría matemáticamente descendido. Logo desta xornada, Cidade As Burgas, Ciudad de Alcorcón, Roldán e Atlético de Madrid son os rivais do Soto. Roldán, Atlético de Madrid e Orvina serán os do Ponte Ourense.

O Ponte Ourense está a seis puntos da oitava posición que da dereito a participar na Copa de España

4 Sara Moreno

A xogadora andaluza Sara Moreno causou baixa ata final de tempada por motivos persoais. Desde o club non fixeron ningún comunicado ao respecto; difícil de entender logo de ser esta a súa terceira tempada no club e onde logrou o título de Liga na campaña 2010-2011, amais de facerse coa Copa Ibérica, a Supercopa de España e recentemente a Copa Xunta de Galicia.

Sara Moreno.

Un gol de Souza de 4 O Cidade non tivo recompensa ao seu descaro. R. Torres O Ponte Ourense vence de novo ao Cidade As Burgas. Nesta ocasión o marcador reflectiu un exiguo un a cero dando conta da igualdade vivida no derbi ourensán da Primeira División de fútbol sala. Un gol de Souza aos seus minutos de encontro foi o único tanto que se víu no derbi ourensán. Comezou o encontro con moita igualdade, respetándose as dúas escadras. O balón era un pouco máis das pontinas, pero surtía efecto a presión agobiante das do Cidade. E nestas chegaba o gol da brasileira. Souza remataba no segundo pao unha xogada trenzada entre Drica e Ana no medio campo

con pase desta última. Ata o final dos 20 primeiros minutos, as franxiverdes igualaron a posesión e tiveron unha ocasión para empatar. Pero o pao repelíu o balón rematado por Iria. Na segunda metade, o Cidade adiantaba a liña de presión o que lle permitía chegar con máis clari-

dade á área contraria. As ocasións sucedíanse, pero unha incompensurable Loli despexaba todas as accións do Cidade. A falta de tres minutos, Codeso optou polo xogo de cinco. Con posesións longas buscaban o erro defensivo dun Ponte que se mostrou infranqueable durante os 40 minutos. Ao final un a cero e o Ponte continúa na súa loita por entrar en Copa, e o Cidade na procura de salvar a cate-

Loli foi unha das máis destacadas do derbi./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas, ante o líder 4 Este sábado recibe nos Remedios ao Burela. R. Torres

ecide o derbi goría despois de tres anos na elite. Afeccións Unha vez máis, os afeccionados de ambas as dúas

escadras acudiron fieis ao derbi. Preto dun milleiro de persoas presenciaron o terceiro partido da tempada entre Ponte Ourense e Cidade As Burgas.

O Cidade As Burgas, inmerso na loita por salvar a categoría, recibe nesta xornada (a número 26) ao líder da competición, o Burela. As de Manolo Codeso veñen de realizar un gran encontro na pasada xornada diante do Ponte Ourense, aínda que o resultado foi negativo (1-0). A pesar do marcador, as boas sensacións de xogo no derbi ourensán fan que as franxiverdes afronten con optimismo a cita desta fin de semana diante das primeiras clasificadas, no que será o derbi galego da xornada. Seis puntos separan ao Cidade dos postos de descenso. O Viaxes Amarelle ten 11 puntos por 17 das ourensás. O Burela, pola súa banda, tentará lograr os tres puntos para manterse,

outra xornada, no máis alto da clasificación. Burela FSF As lucenses son un gran equipo en todas as súas liñas. Jozi é a porteira da selección de Brasil; Dany é a segunda máxima goleadora da Liga con 24 goles; Dolo e Nespereira dan un plus de garra e agresividade; e Peque é a técnica personificada. Difícil rival pero co que as ourensáns non se amedrentan como xa demostraron no partido da primeira volta. Un bloque compacto o do Burela que este ano ten a posibilidade de facerse coa liga. O Atlético de Madrid é o único equipo capaz de que isto non sexa así. Viaxes Amarelle O Viaxes Amarelle visita nesta xornada a cancha do Valladolid, equipo que ten practicamente pechado o seu pase á Copa de Espa-

Cidade - Burela: Sábado 20 17 horas Os Remedios Primeira División FSF - 25ª xornada Posto Equipo

U. de Alacante - Móstoles Valladolid - Viaxes Amarelle Femeni Centelles - Soto del Real Cidade As Burgas - Burela Ciudad de Alcorcón - Ponte Ourense Roldán - Gironella At. de Madrid - Lacturale Orvina Descansa - La Rioja

Ao finalizar o choque, Manolo Codeso o tiña moi claro: “Necesitamos moito e elas con moi pouco fannos dano. Elas teñen moita experiencia e nós moita ansia por gañar”. O adestrador do Cidade destacou “as intervencións de Loli” e no seu equipo “María -VerínRomero estivo enorme”. Para rematar destacou que en moitas fases do encontro “xogamos con todas as xogadoras sub 23” e ante un equipo como o Ponte “isto ten un mérito enorme”. A valoración de Óscar Vivián foi clara, “a primeira parte foi nosa e a segunda foi do Cidade”, e foi o gol “o que marcou a diferenza”. Ante a posibilidade de entrar na Copa, o técnico pontino é claro: “está moi complicado pero loitaremos ata o final”.

4 Xornada 27 - 27 de abril

Iria disputando un balón a unha xogadora do Gironella./

RAMSÉS

Puntos

1º Burela 58 2º At. Madrid 57 3º Alcorcón 56 4º U. de Alacante 44 5º Valladolid 43 6º Orvina 42 7º Gironella 38 8º Soto del Real 33 9º Ponte Ourense 27 10º Logroño 26 11º Móstoles 26 12º Roldán 24 13º Cidade As Burgas 17 14º Amarelle 11 15º Centelles 3

4 Xornada 26 - 20 de abril

4 Os adestradores

Óscar Vivián e Manolo Codeso. /RASMSÉS

ña. Nembargantes buscan subir posicións para ter nos cruces a un rival máis cómodo na primeira eliminatoria copeira. Dentro de tres xornada (antepenúltima) disputarase nos Remedios o encontro entre o Cidade e o Amarelle, onde ambos os dous conxuntos poderán estar xogándose o 50 por cento da salvación. Antes, as ourensás xogarán contra Burela e Soto del Real. As coruñesas, contra Valladolid e Centelles. Dado como vai a liga, o normal sería que o equipo herculino vencera contra o pechacancelas Centelles; polo que o Cidade debería sumar algún punto nos dous encontros previos ao derbi galego se non quere chegar cunha diferenza de tres á cita máis importante da tempada. Sumar algún punto suporía, en caso de derrota, non entrar nos postos de descenso. Agárdanos un final de tempada apaixante.

La Rioja - U. de Alacante Móstoles - Valladolid Viaxes Amarelle - Femeni Centelles Soto del Real - Cidade As Burgas Burela - Ciudad de Alcorcón Ponte Ourense - Roldán Gironella - At. de Madrid Lacturale Orvina - Descansa


10

BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

TENIS DE MESA / PÁDEL / ATLETISMO

Obxectivos cumpridos para o Galmédica 4 Os equipos de Nacional e Autonómica salvan a categoría. Redacción Obxectivos cumpridos para o Galmédica A e para o B. Ambos os dous conxuntos salvan as súas respectivas categorías. Galmédica A O Galmédica Ourense rematou a Liga de 2ª División Nacional de Tenis de Mesa cunha vitoria no

Pazo dos Deportes “Paco Paz” ante o Avilés T.M. co resultado de 4 a 3. Con esta victoria o equipo ourensán finaliza na quinta posición da clasificación con sete vitorias e sete derrotas (14 puntos), logrando deste xeito o obxectivo marcado desde principio da tempada; que non era outro que a permanencia na segunda catego-

O Galmédica A pechou esta tempada vencendo no Paco Paz ao Avilés T.M.; con esta sumou sete vitorias en total

O P21 loitará polo ascenso 4 Enfrontarase ao Náutico de Vigo. Redacción O P21 loitará polo ascenso contra o Náutico de Vigo. O vencedor deste play off ascenderá á Primeira División da Liga Galega Rías Baixas. O partido de ida será en Vigo o 20 de abril e a volta disputarase nas instalacións do P21, o 27 do mesmo mes. O partido na casa dará comezo ás 14.00 horas. O P21 foi primeiro no grupo 2 ao acadar nove puntos sobre dez; pola contra, o Real Club Náutico de Vigo foi segundo no grupo 1 con sete puntos obtidos dos dez en disputa. P21 - Pádel Pontevedra O P21 pechou a liga regular contra o Club de pá-

P21 Pádel Team.

del Pontevedra en terras pontevedresas. Os dous equipos xa estaban clasificados para o play off, pero a rivalidade fixo que ningún tirara o encontro e loitarán pola vitoria ata o final. A igualdade dos partidos reflectíuse no marcador final, sendo os locais os que se levaron o mesmo ao vencer no terceiro set do último encontro. Ao final gañou CP Pontevedra por 3-2. P21 B O P21 B vén de pechar a súa tempada na Terceira División da Liga das Rías Baixas. O conxunto ourensán logrou un meritorio cuarto posto, empatado a puntos co terceiro clasificado.

ría nacional. Galmédica B Pola súa banda, o segundo equipo do Galmédica que disputa a 1ª División Autonómica, vén de impoñerse ao Vincios Esypro en Gondomar. O axustado resultado foi de 4 a 3 para os ourensáns. Con esta vitoria, e a falta de dúas xornadas para rematar o campionato, o conxunto da cidade das Burgas certifica de forma matemática a permanencia na Primeira División Au-

O Galmédica A logra manterse de cara á vindeira tempada na segunda categoría nacional (o seu obxectivo) ao lograr neste curso sete vitorias e outras tantas derrotas, que o situaron finalmente na quinta posición da xeral. tonómica. Na clasificación é sétimo con 20 puntos (10 vitorias e outras tantas derrotas). Para o remate da Liga restan dúas xornadas. O día 20 de abril reciben no Paco Paz (ás 17 horas) ao Helios Asesoría Serinte e

Calendario provincial de atletismo Redacción Xa está accesible o calendario provincial de atletismo para este ano 2013. Un dos cambios (pendente de confirmación pola Federación Galega) é a decisión de retrasar o Campionato Galego Xuvenil, previsto nun inicio para o 11 de maio, ao 25 do mesmo mes. A cita terá lugar no Barco de Valdeorras. A Delegación ourensá ten prevista a celebración de oito xornadas de competición, incluída a XXX Copa Deputación (xa se disputaron as tres primeiras). Catro delas son para as categorías absoluta, cadete e xuvenil; as catro últimas serán dedicadas ás categorías menores. As datas destas xornadas son: o 11 de maio no Barco, o 17 de maio no Campus Universitario Ourense; o 8 de

xuño en Monterrei e o 15 de xuño tamén en Monterrei. O resto das xornadas serán para as categorías menores e terán lugar o 28 de setembro no Barco; o 5 de outubro en Monterrei; o 12 de outubro no Barco e de novo en Monterrei o 19 de outubro. Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense Amais destas xornadas, disputarase o 23 de xuño nas pistas do Campus Universitario de Ourense o Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense, organizado polo Club Deportivo Aurum. Outras das citas atléticas importantes na nosa provincia serán o Campionato Galego Cadete (en Monterrei o 12 de maio) e o citado Campionato Galego Xuvenil (25 de maio no Barco).

A pista do campus acollerá o 23 de xuño o Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense. /ARQUIVO.

para a seguinte semana (o 27 deste mes ás 17 horas) pechan a Liga tamén no Paco Paz contra o Liceo de Noia. Dous partidos intrascendentes para os ourensáns, que xa fixeron os deberes con anterioridade.

A dúas xornadas do remate, o Galmédica B xa certificou a súa continuidade na 1ª División Autonómica


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

ATLETISMO

Correndo polo Vinteún

Vinteún percorrerán todas ou algunhas das seguintes rúas: avenida de Santiago, Río Corzos, Río Mao, Río Bellao, Río Camba e a rúa Número 94.

4 A terceira edición do “Correndo x Ourense” arrinca o 28 de abril. Redacción O circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense” chega á súa terceira edición. Este mes de abril comezan as probas atléticas desta iniciativa, que busca fomentar a práctica da actividade física entre os ourensáns así como converterse nun reclamo para deportistas de toda a nosa comunidade. A primeira das citas deste circuito será o vindeiro 28 de abril, cando terá lugar a

carreira do Vinteún, para a cal se manterá o prazo de inscrición aberto ata o mércores 24. As probas comezarán ás 12 do mediodía, coa carreira dos pitufos, que terán que percorrer de 100 a 200 metros. De seguido será o turno dos benxamíns e alevíns, con 1.500 metros de carreira. Os infantís e cadetes percorrerán 2.400 metros. E, por último, celebrarase a carreira absoluta, na que participarán corredores que pertenzan a categoría júnior

Novidades Pero este ano todos os que queiran participar no “Correndo x Ourense” deben ter en conta unha serie de cambios. Nesta edición a inscrición no circuíto (válida para todas as carreiras posteriores á data da mesma) terá un custo de 5 euros, que deberán abonar os participantes

de categoría júnior en adiante (os máis novos poderán anotarse de balde). Así mesmo, as categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns deberán contar cun chip en propiedade (os cativos poderán alugalo para participar nestas probas). E, por último, deben saber que todas as inscricións teñen que realizarse obrigatoriamente en www.deportesourense.com. Premios Logo da carreira do Vin-

teún, outras cinco citas completan o circuito “Correndo x Ourense”, no que se agasallará aos vencedores unha vez realizadas todas as probas. Para entrar na clasificación xeral os participantes deben rematar, como mínimo, cinco carreiras. E, en caso de completalas todas, desestimarase o peor resultado.

As probas comezarán ás 12 do mediodía

e posteriores, e que cubrirán un trazado de 6 quilómetros. Ademais, esta carreira está incluída na iniciativa nacional “Run for Parkinson”, coa que se contabilizarán ao final de ano os quilómetros corridos en favor desta enfermidade, co fin de concienciar á poboación en xeral sobre esta patoloxía. Percorrido Con saída e meta na rúa Madre Soledad, as distintas probas que integran a cita do

11

Percorrido das distintas probas que compoñen a cita do Vinteún.


12

BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

ATLETISMO

A interzonal regresa a Monterrei 4 O 20 de abril celébrase a segunda xornada. R.T. O sábado 20 de abril celébrase nas pistas de Monterrei a segunda xornada interzonal escolar de atletismo, que comezará ás 16 horas coa proba de tres quilómetros marcha, e rematará ás 19.35 cos 3.000 metros lisos da categoría infantil feminina. Participarán atletas de categorías benxamín, alevín e infantil. Tamén haberá un control cadete e xuvenil e disputaranse 12 probas.

Primeira xornada O 6 de abril disputouse a primeira xornada interzonal cunha gran afluencia de público e deportistas. Por parte dos representantes da Escola do Atletismo Ourense, a infantil Sheila Gonçalves foi a vencedora nas probas de 80 metros e salto de altura; na mesma distancia e tamén en altura, Matías Vesprini venceu na proba masculina. Outros vencedores foron Laura Feijóo (lonxitude), Itzíar Manso

Na primeira xornada participaron numerosos rapaces, que competiron nas probas de 80 metros e salto de altura./R.T.

(3.000 metros) e Arantxa Pérez (500 metros). Nesta última proba logrouse o triplete con Isla Vázquez segunda (tamén terceira en lonxitude) e Jimena Salgado terceira. Irea Iglesias acadou a segunda praza dos 80 metros, y Arantxa lograba a terceira dos 80 valados. En alevín destacou Nayeli Iglesias nos 60 e 2.000 metros; Rebeca Vázquez, en altura e segunda en 500 metros, e Alexandre Álvarez terceiro en altura. En categoría benxamín para o Ourense Atletismo lograron a vitoria Aroa Muñoz en 1.000 metros (segunda en pelota) e de Kevin Torres en 500 metros. Os irmáns Álvaro e Mar Díaz foron segundos nas súas respectivas probas de 1.000 metros, e Hugo Pérez foi segundo en pelota. Outros vencedores desta primeira xornada foron: Marco Rivero (Limiactiva) Ainhoa Pérez (Limiactiva) nos 500 metros alevín; Hugo Conde (Divino Maestro) e Ana Gallego (Divino Maestro) en lanzamento benxamín; Alejandro Bertoa (Divino Maestro) en 80 metros; Gabriel Méndez (Sagrado Corazón) en salto de altura alevín; Jeanete Dios Pérez (Limiactiva) en peso infantil; Flor Gómez (Guillelme Brown) en 80 metros valados infantil; Martín Míguez (Guillelme

Brown) nos 60 metros infantil; en salto de lonxitude benxamín, Olalla Álvarez (Sagrado Corazón); Joao Morales (Limiactiva), lanzamento de peso; Ramón Rodríguez (Luis Vives) en 1.000 metros benxamín. O infantil Beltrán Sousa (Guillelme Brown) en 500 metros infantil; Ramón Rodríguez (Luis Vives) en salto de lonxitude benxamín; Nakar Sánchez (Sagrado Corazón) en 500 metros benxamín; Yisela González (Sagrado Corazón) en lanzamento benxamín; Martín Rivera (Divino Maestro) en 2.000 metros alevín; Manuel Prieto (Limiactiva) en 3.000 metros infantil. Control de marcas cadete-xuvenil Conxuntamente disputouse o control de marcas cadete-xuvenil. Os 600 metros cadetes feminino estiveron dominados polas atletas do Ourense Atletismo. Victoria parcial de Laura González e segundo posto de Yésica García. Esther Parada, Marta Fernández e Inés Valentín vencían respectivamente en xavelina, martelo e 3 km marcha. En homes Damián Picouto lideraba o cuarteto xuvenil dos 400 metros, con Jonathan Alvear, Lucas Pérez e Antón Soria secundándolle.

Benxamíns, alevíns e infantís participan nas xornadas interzonais

O 19 de maio, San Mamede Desafío Solidario 2013 4 Organizado pola Asociación Vía XVIII de Maceda. R.T. O domingo 19 de maio é a data fixada pola Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII de Maceda para a celebración dunha nova edición do San Mamede Desafio Solidario 2013. Unha andaina, unha carreira e unha BTT son as opcións que se poden elexir para participar. As tres probas darán comezo e terán o seu fin na localidade de Castro de Escuadro e percorrerán a Serra de San Mamede. A andaina consiste nun percorrido duns 17 quilómetros e pasa polo pobo da Teixeira para máis tarde acadar o alto do Camiño dos Carboeiros a 1250 metros. A carreira consiste nun percorrido de 21 quilómetros, pasa tamén polo pobo da Teixeira, para máis tarde acadar o cumio de San Mamede na Ermida do Santo a 1.620 metros. E a marcha BTT consta dun percorrido de 44 quilómetros, pasa pola Capela do San Mamede a 1.620 metros de altitude para máis tarde baixar ao pobo da Hermida, pasando a carón dos Petarós e finalmente regresa a Castro de

Escuadro pasando preto do depósito de auga de Arnuide. A andaina dará comezo ás 9 da mañá; ás 10.00 será o turno da carreira e dez minutos máis tarde (10.10) será a saída da BTT. Inscricións Por motivos organizativos haberá dous períodos de inscrición. Os que fagan a súa inscrición durante o mes de abril terán que abonar a cantidade de 18 euros para calquera das modalidades (os federados na Federación Galega de Montaña pagarán 16 euros na carreira). Os que se inscriban do 1 ao 15 de maio deberán pagar 22 euros para os que se anoten na andaina ou na BTT e 20 euros para os que o fagan na carreira. Para máis información sobre a inscrición e resolver calquera outra dúbida, pódese consultar a web www. via18.com. Carácter solidario Tres euros de cada inscrición serán doados para o programa da Cruz Vermella “Agora + que nunca”, que xestiona a asamblea comarcal da Cruz Vermella de Maceda.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

NOVAS

13

XIMNASIA RÍTMICA

O Club Ximnasia Pavillón prepárase para o Campionato Galego de Clubes e Individual

Voleyourense, bronce no Galego 4 Loitou pola terceira praza co AD Pinguela.

4 As ximnastas ourensás competirán na primeira fase o vindeiro 21 de abril en Narón.

Redacción

Redacción

O Emevé era o favorito para facerse, por segundo ano consecutivo, co título de campión galego xuvenil feminino de voleibol, e non defraudou na fase final celebrada en Lugo. Pola mañá, as lucenses superaban sen problemas ao Voleyourense en semifinais, e coa mesma resolución bateron ao CI Zalaeta na final da tarde (por 3 sets a 0).

As deportistas infantís e júniors do Club Ximnasia Pavillón xa teñen todo listo para participar no Campionato Galego de Clubes e Individual de ximnasia rítmica. A súa primeira cita será este vindeiro domingo 21 de abril, cando teña lugar a primeira fase da proba en Narón. De seguido, o 11 de maio celebrarase a segunda fase da mesma no pavillón municipal dos Remedios. Na cita deste domingo en Narón, as probas darán comezo ás 10.30 horas coa actuación das deportistas júnior (entre as que se atopa representación ourensá). Xa ás 12 será o turno das deportistas sénior. Tralo descanso de mediodía, a competición retornará ao pavillón coruñés ás 16.15 horas coas probas da categoría benxamín; ás 16.50 será o turno da alevín; e ás 18 a da infantil (entre as que tamén atoparemos ourensás).

O disputado bronce Pero, sen dúbida, o duelo máis igualado do campionato viviuse na pelexa polo bronce, entre Voleyourense e AD Pinguela (eliminado na semifinal matinal polo Zalaeta). Tratouse dun partido moi irregular, no que comezou mandando o equipo monfortino 21 a 25. No segundo set responderon as ourensás, que igualaron a situación, e no terceiro, volveu a dominar de novo o Pinguela. Xa no cuarto set sería o conxunto de Monforte o que atravesaría horas baixas de novo, permitindo ás ourensás chegar con opcións ao tie break. Unha oportunidade que aproveitaron para facerse co podio.

4 Marta Rodríguez, xuíza de trampolín

4 O Paco Paz acolleu o Campionato Provincial de Voleibol O Paco Paz foi escenario do Campionato Provincial de Voleibol, unha competición tan disputada que houbo momentos de tensión, pequenos desacordos cos árbitros e máis dunha lesión. Nembargantes, a tónica xeral foi moi positiva, xa que a cita desenvolveuse de xeito satisfactorio e contou

con numeroso público. Os gañadores En categoría benxamín mixta fíxose co primeiro posto o conxunto Manuel Respino B. En alevín mixto, proclamouse campión o Escola de ValdeorrasDOMPA. E en infantil feminino venceu o Carmelitas Vedruna Aceites Abril.

Oito podios para os nadadores ourensáns no Promesas do Lerez Redacción

da expedición ourensá.

O Club Natación Pabellón Ourense participou no Trofeo Promesas do Lerez para benxamíns e alevíns celebrado en Pontevedra. Oito podios foi o destacado resultado

Todos melloraron Todos os nadadores do Pabellón lograron mellorar as súas marcas. En categoría bexamín foron finalistas: Anxo Vigo, Santiago Gutiérrez e Carla Bringué

en 50 bolboreta; Xiana Babarro e Juan Ramón García en 50 braza e Eva Feijóo en 50 libres. Os oito metais acadáronse en categoría alevín. Noel Quiroga en 400 libre; David González e Eva Carril en 100 costas e Héctor Álvarez en 100 braza, foron medalla de prata. Jacobo Caride en 100 bolboreta; Jesús Díaz, Luz María Fernández e Carmen Taín, acadaron o bronce en 200 libre.

A ximnasta ourensá Marta Rodríguez Dopazo vén de cursar en Madrid o nivel de xuíz nacional de trampolín, o cal superou con éxito en todos os aparatos (trampolín, dobre minitramp e tumbling). Esta moza é todo un exemplo de esforzo e superación xa que esta tempada Marta traballa duro para combinar os seus adestramentos cos estudos de segundo de bacharelato (curso que ate o momento vai superando cuns resultados excepcionais).


14

BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

ACTUALIDADE

Recta final do programa XOGADE 4 Rematan as competicións por esta tempada. Redacción Despois dunha tempada chea de emocións chegan as fases finais de XOGADE, programa de deportes escolar organizado pola Secretaría Xeral de Deporte da Xunta. Nas finais que faltan, os participantes loitarán por conseguir algunha medalla que recompense o traballo realizado ao longo

do curso. O día 20 de abril en Maceda chegará a final do Campionato Provincial de Duatlón. Os mellores participarán no Campionato Galego de duatlón que se celebrará o día 17 de maio en Carballiño. En atletismo, o 4 de maio será a data na que se celebrará o o Campionato Provincial.

O Provincial de bádminton disputarase o 11 de maio. Del sairán os representantes ourensán para o Galego, a disputar o 15 de xuño.

Faltan as finais de duatlón, atletismo e bádminton

Redacción Con motivo da celebración do Día Internacional da Bicicleta, o venres 19 de abril, a cidade acollerá unha marcha ciclista, aberta á participación de todo aquel que o desexe. Con saída e chegada na Praza Maior, e percorrido duns 10 km, incluirá varias rúas do casco histórico, o centro da cidade e o barrio da Ponte, ademáis de zonas limítrofes co río Miño. O obxectivo da marcha é fomentar o emprego da bicicleta e reivindicala como

medio de transporte silencioso, limpo, asequible e sostible, así como unha ferramenta de mobilidade alternativa a coche e moto en desprazamentos curtos, diversas rúas de Ourense acollerán mañá unha marcha ciclista. A actividade está organizada polas asociacións Bilúrico, Xeitura e Mobiliza, en colaboración co Concello de Ourense.

A marcha terá un percorrido de 10 quilómetros

4 Con adestramentos de fútbol con xogadores do CD Ourense e xogos para os cativos. Redacción Na primeira semana de abril celebrouse no Centro Deportivo Eiroás e no Pádel Oira a “Semana do deporte” na cal propuxéronse aos socios destas instalacións varias actividades deportivas distintas ás tradicionais. De todas elas destacan os adestramentos de fútbol, que contaron cunha gran participación; remataron o 8 de abril cun adestramento cos xogadores do CD Ourense. O “Xoga ao pádel con nós” contou on gran aceptación. Durante cinco días,

15 persoas gozaron deste deporte nas instalacións de Oira. O partido entre monitores e abonados disputouse no campo de fútbol. Bike Control, Village Route coa bici como protagonista; campionato de dominadas, flexiones e resistencia foron outras das actividades realizadas. Nas quedadas de running participaron un total de 11 persoas. Oito foron os inscritos na ruta de mountain bike que fixo un percorrido polas localidades de Ourense, Barbadás e Sobrado. O maratón ciclo indoor contou cunha gran acollida;

30 persoas atrevéronse a realizar unha clase de ciclo - indoor dunha duración de hora e media. Para os máis cativos Para os máis cativos organizaron unhas olimpiadas que incluíron diversas probas olímpicas adaptadas para eles. 11 familias participaron nos xogos tradicionais organizados nas instalacións de Pádel Oira. A pelota quente, o brilé, o pañuelo, o xogo da soga, a carretilla e o gato e o ratón. Outros xogos máis modernos tamén estiveron presentes, como a Wii, coa que xogaron 12 rapaces.

Xogos infantís nas instalacións de Pádel Oira.

Participantes na última proba de duathlón de XOGADE.

Unha marcha ciclista reivindicará o emprego da bicicleta

Semana do deporte en CD Eiroás e no Pádel Oira

Primeiro torneo do Club A Purísima Redacción

O Primeiro Torneo Club Deportivo A Purísima xuntou esforzos deportivos entre monitores, colaboradores do club e alumnos de 3º e 4º da ESO do centro escolar ourensán. Encontros amistosos O sábado 13 de abril, os dous equipos de veteranos e alumnos enfrontáronse amistosamente no Pazo dos Deportes Paco Paz. Durante tres horas, disputaron encontros de voleibol, fútbol sala e ba-

Partido de baloncesto do torneo da Purísima, no Paco Paz. loncesto. O evento deportivo tivo como fin recadar fondos para a excursión destes estudantes, que o próximo 28 de abril viaxarán á localida-

de catalá de Salou. Un torneo que comezou con gloria e continuará en próximos anos baixo o desexo de seguir gozando da “auténtica deportividade”.

Disputáronse partidos de voleibol, fútbol sala e baloncesto


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº75- Ano: V - 19 de abril de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Ponte Vella estrea comunidade nas redes sociais

Deporte e realidade (XV) Capítulo 15. Mandamentos dunha boa directiva Facemos alusión aos mandamentos humanos a cumprir na contorna deportiva desde o primeiro compoñente até o último. Non nos cabe a menor dúbida de que o rol dunha directiva é totalmente diferente ao que unha gran maioría imaxínase e cre. É unha tarefa ardua, difícil, escabrosa e de pouco ou ningún agradecemento. A misiva da directiva é aberta e clara: traballo, dedicación, compromiso, implicación, etc. O seu labor é de suma responsabilidade. A directiva, que se etiqueta con esta titulación, será un auténtico baluarte da súa empresa deportiva. Tristemente, non todos os seus compoñentes saben aceptar o seu papel, e nalgúns casos, a ousadía é a súa vitola. O que si está claro é que son mellor poucos e bos que moitos e mal avenidos. Hai que pór a un lado a aqueles directivos que se tachan de adestradores, celebran as súas reunións en lugares públicos, critican aos seus compañeiros, xogadores, adestradores, buscan o protagonismo e tratan de salvarse pola súa propia conta. Ás veces, nos palcos repousan directivos altaneiros, orondos, que, cando falan, demostran que o tamaño do seu cerebro adoita ser inversalmente propor-

Redacción

cional ao da súa billeteira. Decálogo dunha boa directiva: 1º.- O presidente ha de ser a cabeza visible. 2º.- Traballo, dedicación, respecto e boa dispoñibilidade. 3º.- Cada compoñente ha de aceptar e desempeñar o seu papel. 4º.- Implicación, compromiso e formar unha auténtica piña. 5º.- Traballa no anonimato e valorar o deportebase. 6º.- Bo autocontrol e non xogar a adestrador. 7º.- Ha de estar armada de paciencia e compresión. 8º.- Coidar con limpeza a imaxe do club. 9º.- Ha de ser coñecedora dos valores sociais, económicos e deportivos do club. 10º.- Ha de estar aberta a suxestións e innovacións. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

Ramsés Torres recibindo o galardón da FGPD./M.REJO.

Premio da prensa deportiva para Barrios Deportivo A Federación Galega de Prensa Deportiva (FGPD) entregou este 15 de abril nunha gala en Cambados os seus premios anuais. O noso compañeiro e director de Barrios Deportivo, Ramsés Torres, resultou gañador no apartado de fotografía, cunha imaxe titulada “Igualdade máxima” publicada neste periódico. A asociación que agrupa aos xornalistas deportivos tamén premiou ao ourensán Pepe González, de Cadena Ser, pola súa traxectoria profesional.

O centro comercial Ponte Vella está presente desde o pasado mes de marzo nas redes sociais. Neste caso inicia a súa presenza nas redes cun perfil de Facebook no que regularmente o centro comercial ourensán irá colgando as súas promocións, ofertas, descontos especiais, concursos, eventos e a súa carteleira de cinema. Este novo espazo conta xa co apoio de máis de 1.800 fans que seguen a diario todas as noticias de Ponte Vella, unha comunidade que crece día a día e que en pouco tempo xa se converteu nun referente de información para os visitantes ao centro comercial da capital ourensá.

Integrantes do histórico equipo Viños Barco, o día do seu reencontro.

Reencontro de Viños Barco Confúndenos a lenda dos tempos se o equipo de fútbol Viños Barco creouse a finais dos setenta ou a comezos dos oitenta da centuria pasada. O certo é que lonxe dos terreos de xogo todos os xogadores que pasaron por ese equipo ourensán reuníronse non diante dun balón senon nun restaurante da cidade para compartir mesa e mantel e contar batallas de antano. Logo desta primeira gratificante xuntanza decidiron repetir anualmente esta iniciativa, para que a lenda do Viños Barco perviva.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de abril de 2013 PUBLICIDADE

Oferta de empleo público para la Administración de Justicia Manuel Pardo Cid, coordinador de formación de Justicia, en Academia Proxecto, valora la convocatoria de 222 plazas para los cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa ¿Que opinas de la Oferta de Empleo Público de 2013 para la Administración de Justicia? “Es lamentable que una semana antes de hacerse pública la OEP se nos anuncie la convocatoria de más de 1.000 plazas para los cuerpos de la Administración de Justicia y en el momento de aprobar la oferta, sin previo aviso, el gobierno suprima la oferta para los cuerpos de auxilio y tramitación y sólo mantenga la de Gestión Procesal y Administrativa”. ¿Supondría aumento de gasto el hecho de ofertar las plazas anunciadas? “No, porque son plazas presupuestarias vacantes que están cubiertas por interinos, pero suponemos que, debido al criterio de austeridad que inspira al gobierno en este momento, no se habrán atrevido a expandir más la oferta de este año.

No obstante, queda abierta la posibilidad de su inclusión para el próximo año”. ¿Qué le dirías a las personas que están pensando en preparar justicia, o que están preparando tramitación y auxilio en este momento? “Animo a todos aquellos que tengan la titulación exigida a que se preparen para gestión procesal y administrativa. Dentro del clima restrictivo en el que nos movemos la oferta, sin ser amplia, es aceptable; son en total 222 plazas que constituyen las mismas que se indicaban en el proyecto inicial de 1.000 plazas (o sea, han retirado sobre 800 vacantes de tramitación y auxilio). Hay que trabajar mucho, con ilusión y constancia; hay que pelear para, como se dice coloquialmente “sacar un 10”.

A aquellos que no tengan la titulación los animo a no desfallecer; este año hemos recibido un revés, pero puede que el próximo tengamos una buena noticia para tramitación y auxilio y hay que estar preparados para cuando llegue.” ¿Qué oferta tenéis en la academia? “Hemos estado trabajando con el temario de gestión para preparar a nuestros opositores; el temario está actualizándose constantemente. Academia Proxecto cuenta con un grupo de preparadores con amplia experiencia en las oposiciones para el ingreso en la administración de justicia, con más de 100 aprobados en las tres últimas convocatorias, entre los cuales se encuentran más de 20 del cuerpo de gestión. Academia Proxecto abre sus grupos actualmente en

Manuel Pardo, coordinador de Formación de Justicia en Academia Proxecto. funcionamiento, a aquellos aspirantes que tengan una base previa y que con un re-

fuerzo formativo personal, puedan coger el ritmo de trabajo e incorporarse al grupo

de trabajo actual, así como abrir la preinscripción para formar un nuevo grupo”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.