4 abril 2013 - BD Nº74

Page 1

Diz e Castro, campións galegos de 10.000m. en pista CLUB OURENSE BALONCESTO E CD OURENSE

[páx. 12]

Páx. 3 e 4

O Ponte gaña a Copa Xunta ao Cidade [páx. 8-9]

Recta final de infarto para CDO e COB

Jorge Encinas, campión galego de 3x40 [páx. 14]

Número: 74- Ano: V - 5 de abril de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

BALONCESTO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 7 de abril. O Carballiño. Arenteiro - CD Choco. Rexional Preferente. - Día 14 de abril. O Couto. CD Ourense - Rayo Vallecano B. 2ªB. - Día 14 de abril. Os Carrís. UD Barbadás - Ordes. 3ª División. - Día 14 de abril. O Barco. CD Barco - Portonovo SD. Rexional Preferente. - Día 14 de abril. Oira (Ourense). Ponte Ourense - CD Estradense. Rexional Preferente. - Día 14 de abril. José Arjiz (Verín). CD Verín - CD Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 14 de abril. Estadio Miguel Anxo. Pabellón - Pontevedra CF. División de honra xuvenil.

Baloncesto

- Día 5 de abril. Paco Paz -21.00h.- COB - Lleida. Liga LEB Ouro. - Día 14 de abril. Os Remedios -12.00h.- ABO - Estudiantes Lugo. Liga EBA.

Fútbol sala feminino

- Día 6 de abril. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Gironella. 1ª División Fútbol Sala. - Día 13 de abril. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Cidade As Burgas. 1ª División Fútbol Sala.

Atletismo

- Día 6 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.- Control de marcas cadete-xuvenil. - Día 6 de abril. Pistas de Monterrey -a partir das 16.00h.Xornada Interzonal Atletismo en pista Escolar. - Día 7 de abril. O Carballiño -10.30h.- Media Maratón O Carballiño “Festa do Pulpo”. - Día 14 de abril. Vilamartín de Valdeorras -a partir das 12.00h.- II Carreira popular concello de Vilamartín.

Tiro

- Días 6 e 7 de abril - Eiroás - XXV Copa Deputación de Ourense de Pistola e Carabina Neumática. - Día 7 de abril - Eiroás - Liga Avancarga. - Día 14 de abril - Eiroás - Interprovincial e Liga Pistola estándar.

Balonmán

- Día 7 de abril. Os Remedios -18.30h-. Balonmán Pabellón - Atlético Guardés. 1ª Autonómica Masculina.

Tenis de mesa

- Día 6 de abril. Paco Paz -17.00h.- Galmédica A - Dez Portas Lugauto. 2ª División Nacional. - Día 13 de abril. Paco Paz -17.00h.- Galmédica A - Avilés. 2ª División Nacional.

O Pabellón despide a tempada vencendo ao ADBA 4 A pavillonista María José Bolonio foi a máxima anotadora do grupo A da LF2 na última xornada de liga, con 32 puntos. S.N. O Pabellón Ourense despediuse o sábado Santo da tempada 2012/2013 de Liga Feminina 2 de baloncesto, e fíxoo da mellor maneira: cunha vitoria ante o s seus seareiros. O seu rival foi o ADBA de Avilés.

Eran dous conxuntos moi igualados, tanto na clasificación como nos resultados obtidos ao longo do ano. Nembargantes, o Pabellón aproveitou as súas boas sensacións como local e comezou o choque dominando o casilleiro durante toda a primeira parte, chegando incluso ao descanso case 20 puntos por enriba (4930). Xa co comezo da segunda metade, o ADBA tomou impulso e recortou distancias logrando achegarse a 6 puntos (59-53) ao final do terceiro período, para deixar un último cuarto totalmente aberto e no que calquera desenlace era posible. Pero esta vez o Pabellón soubo aguartar a presión e sentenciar a cita ao seu favor. 7672 foi o resultado d o

Hoquei

- Día 7 de abril. Mariñamansa -10.30 h.- Apóstol Ourense - Hockey Zaragoza. División de Honra B. - Día 7 de abril. Mariñamansa -12.30 h.- Ourense - Xaloc. 1ª División. - Día 14 de abril. Mariñamansa -12.30 h.- Caldaria Barrocás - Club de Campo. División de Honra A.

María José Bolonio foi a segunda máxima anotadora desta tempada do grupo A da LF2 e a que recibiu máis faltas.

encontro que puxo punto e final ao curso do conxunto ourensán, un curso que contou con demasiadas costas no camiño, que fixeron que as pupilas de Gonzalo González só sumaran 7 vitorias en 20 encontros e quedasen en novena posición (unha das da zona de play out se chegar a haber descensos). Para González este primeiro ano como técnico pavillonista ten dous sabores, o doce do seu primeiro contacto cunha liga profesional -do que fai un “balance moi postivo no ámbito persoal, xa que serviume para aprender moito”- e o amargo de non conseguir o 100% de compenetración entre as xogadoras novas do Pabellón e as máis veterás. “Con só 6 meses de liga é moi complicado lograr unha completa sincronización entre as xogadoras, ese foi o noso talón de Aquiles. Agora toca analizar os erros e os acertos de cara ao futuro”, explicou a Barrios Deportivo. Un futuro que, como é lóxico, aínda se decidirá os vindeiros meses. A peza chave Durante esta tempada non se puido falar do Pabellón Ourense sen que sonara con forza o nome dunha das súas

xogadoras: María José Bolonio, quen nesta última cita de liga foi a máxima anotadora do grupo A. Nada menos que 32 foron os tantos que anotou contra o ADBA, os cales suman un total de 355 ao longo dos 19 encontros nos que María José defendeu as cores do Pabellón. Puntos que a converten na segunda máxima anotadora da tempada (do grupo A), só superada por Anna Boleda, do Avilés (que logrou 380, xogando un partido máis). Así mesmo, María José foi tamén a segunda xogadora que máis minutos disputou este curso, con 724:52. Non permaneceu nin 36 minutos sentada no banco nos 19 encontros aos que asistiu -faltando a un por lesión-. E tanto bo resultado, evidentemente, fai de Bolonio unha das xogadoras máis temidas, o que se traduciu en faltas. María José liderou neste curso o ránking acumulado de paos recibidos (un total de 127). Para ela, o seu técnico, só ten boas palabras, “Bolonio foi sempre unha xogadora da parte alta das táboas de estadísticas e está achegando moito ao Pabellón. Ten moito talento e lévao demostrando 11 anos no mundo do baloncesto”.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

BALONCESTO

Tres finais de alta tensión

4 Ao COB réstanlle tres auténticas finais para rematar a LEB Ouro. A primeira delas, este venres contra o Lleida. R. Torres Ao COB réstanlle tres auténticas finais para rematar a LEB Ouro. A primeira delas este venres 6 de abril contra o Lleida no Paco Paz. Tres finais de alta tensión. Lleida e Navarra en casa e Coruña fóra decidirán o futuro do COB na competición. O COB é antepenúltimo con oito vitorias, as mesmas que Coruña, penúltimo, e dous máis que Melilla, que é último. Por enriba, Cáceres e Navarra teñen unha vitoria máis que os ourensáns. A dúas vitorias do COB encóntranse Barça B, Knet, Huesca e o rival desta xornada, Lleida; estes catro equipos dentro dos postos de play off á ACB. Unha Liga tan igualada que o COB pode pasar do ceo ao inferno en 40 minutos que dura un partido; de entrar en play off a descender á LEB Prata. Todo depende destas tres últimas xornadas. Unha vitoria contra Lleida aplanaría o cami-

ño da permanencia; pola contra unha derrota faríalle chegar ás dúas últimas xornadas xogándose o todo polo todo. Tal é a igualdade, que os de Rafa Sanz poden chegar á xornada número 26 coa posibilidade de loitar por non descender ou eludir o play out, ou por entrar no play off de ascenso ou no de descenso. Todo un galimatías que se resolverá nestas tres semanas. Este final era o esperado ao principio de tempada, pero os bos resultados fixeron que a afección soñara con que o equipo evitara a última posición varias xornadas antes de rematar a competición, e pensar noutras metas. Tres finais para os de Rafa Sanz que buscarán, primeiro, non quedar últimos, e, segundo, eludir o play out de decenso. Nesta xornada, o Coruña recibe ao Melilla. A vitoria dos galegos acompañada da do COB faría eludir a última praza. Nembargantes a vitoria norteafricana e a derrota dos ourensáns comprimiría aínda máis a clasificación e o Ourense tería unha marxe dunha soa vitoria co descenso. Outros partidos Pero non só haberá que estar pendentes do que aconteza na Coruña. O Navarra visita a cancha do Alicante, mentres que o Cáceres xoga en Huesca. Tanto navarros coma alicantinos están con nove vitorias, unha máis que o COB.

Oguide encestando ./RAMSÉS

Oportunidade perdida O Club Ourense Balon-

cesto perdeu a primeira oportunidade de eludir a última praza ao caer derrotado no Pazo contra o Melilla. No momento máis inoportuno o COB curta a racha de vitorias en Ourense. Podía ocorrer en calquera momento, e ese momento chegou contra o peor dos advesarios, o Melilla. Grazas a esta vitoria os norteafricanos aínda soñan, a pesar do complicado da súa situación clasificatoria, coa salvación. Na maioría do partido o COB estivo por diante no marcador, pero nos instantes finais foi cando o Melilla tivo máis acerto anotador e logrou levar unha vitoria que o mantén vivo

Lleida e Navarra no Pazo, e Coruña fóra, son os partidos que lle restan ao COB para rematar a LEB Ouro Liga Adecco Ouro 23º xornada

Posto Equipo Vitorias 1. Andorra 20 2. Burgos 19 3. Alicante 16 4. Palencia 14 5. Breogán Lugo 12 6. Lleida 10 7. Huesca 10 8. Knet 10 9. Barcelona 10 10. Navarra 9 11. Caceres 9 12. COB 8 13. Coruña 8 14. Melilla 6

unha semana máis. O encontro convertíuse nun “toma e daca” de puntos nos dous aros, facendo que se chegara ao descanso co resultado de 48-45. Na segunda metade o COB tentaba coller distancia, pero o Melilla por máis que facía a goma non daba a sensación de que estaba fóra do encontro en ningún momento. Trala reanudación, máis do mesmo. Por momentos os locais parecía que poñían terra de por medio, pero o Melilla aferrábase ao partido con unllas e dentes. Ata que chegou o tramo final e os visitantes deron a volta ao marcador para poñer o definitivo, 8184.

Javi Mújica anotando contra o Melilla ./RAMSÉS

Os cadetes, terceiros en Vigo 4 No Torneo Internacional cadete de Vigo. R.T. O equipo Cadete COBSalesianos A conquistou a medalla de bronce no Torneo Internacional Cadete Masculino serie ‘B’ disputado na cidade olívica e ao que acudiu por segundo ano consecutivo, formando parte do grupo A cos equipos: Seis Do Nadal de Vigo e Maristas Club Baloncesto de Valladolid. O primeiro encontro disputouse contra o equipo organizador, impóndose o COB-Salesianos por quince puntos de dife-

renza despois dun partido igualado. A continuación os de Pablo Quintas enfrontáronse a Maristas de Valladolid, un equipo que demostrou un bo nivel de

xogo levando o choque con 22 puntos de vantaxe. Obtido o segundo posto do grupo, ao cadro cobista tocoulle xogar o terceiro e cuarto posto contra Ferrol. Tras un partido con moita intensidade por parte de ambos os equipos o COB-Salesianos acabou impóndose por 16 puntos, co que concluíron o torneo logrando o terceiro posto e disputando tres partidos, competindo ao máximo.

Equipo cadete do COB - Salesianos.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

FÚTBOL

O CDO busca superar os 40 puntos O Barbadás, máis

preto da salvación

4 Fronte ao Club Deportivo Marino canario. R. Torres O CD Ourense viaxa ás illas afortunadas para medirse ao Club Deportivo Marino canario, buscando unha vitoria que o faga superar os 40 puntos e dar un paso máis cara á ansiada salvación. O rival é o pechacancelas da clasificación con 23 puntos, 16 menos que o Ourense. Cunha racha positiva de catro partidos sen perder, que se cortou a pasada xornada contra o Rayo Vallecano B (2-0 foi o resultado contra os madrileños). A pesar de ser o faroliño vermello, os tinerfeños lograron vencer ao Salamanca (2-0) ou mesmo ao Real Oviedo (2-1), polo que non será doado a vitoria no estadio Antonio Domínguez Alfonso. Cun pé e medio na Terceira División (a 13 puntos da promoción de descenso e a 15 da salvación), o Marino quererá agasallar á súa afec-

4 Empata co Somozas e está a nove puntos do descenso.

ción coa maioría dos puntos posibles de acá a que remate a tempada, e así deixar un sabor de boca o máis doce posible. 43 puntos Fai unhas datas, o adestrador de CDO, Luisito, vaticinou que a salvación rondaría os 43 puntos. Os rojillos están, a falta de sete xornadas, con 39. Catro partidos en casa e tres fóra son, a priori, un bo final para que o Ourense logre a ansiada permanencia. A vitoria en Arona (Tenerife) faría dar un paso de xigante aos ourensáns de cara a ese obxectivo, xa que se porían con 42 puntos a seis xornadas por disputar (catro delas no Couto). Neste intre, os de Luisito arrastran cinco partidos sen vencer (tres empates e dúas derrotas), que vén precedida dunha de seis xornadas sen coñecer a derrota (catro em-

Óscar Martínez lanzando a porta./RAMSÉS

Redacción

Noguerol regateando a un rival do Salamanca./RAMSÉS pates e dúas vitorias). Aínda que a situación clasificatoria é privilexiada, o certo é que o equipo da vella Auria viu recortada a súa vantaxe cos postos de abaixo. Con respecto aos postos de promoción de descenso agora está cunha diferenza positiva de tres puntos, mentres que amplíase ata os seis se falamos do descenso directo. Un colchón non definitivo, pero si amplo en relación aos catro últimos, aínda que algo preocupante con respecto á promoción. Na pugna por evitar a 16ª posición (promoción de descenso) contará co San Sebastián de los Reyes -co que ten perdido o “goalaverage”- e co Guijuelo que vén de colleitar vitorias contra o Marino de Luanco, Coruxo e mesmo Tenerife-. Getafe B, Avilés, Sporting B e Marino de Luanco son os outros equipos que buscarán evitar non descender. pola súa banda, Zamora, Rayo B, Alcalá e Marino de Canarias ocupan praza de descenso. Dous na casa Logo de xogar contra o

Marino, ao Ourense agárdanlle dúas xornadas consecutivas como local: o 14 de abril contra o Rayo Vallecano B -18º con 32 puntos- e o 21 do mesmo mes contra o Real Avilés -12º con 40-. Baixas Para o partido contra o Marino o CDO non contará coa participación de Capi, por sanción, e son dúbida Portela e Sanginés. O defensa central, Portela, xa se perdeu os dous últimos partidos e tentará chegar para este encontro. Pola súa banda, Sanginés sufríu unhas molestias nos isquios, polo que non será seguro que viaxe a Canarias ata última hora. Noguerol, Campillo e o porteiro suplente, Táboas, tamén arrastran problemas físicos. A boa nova para Luisito é que recupera a Borja Yebra, quen se perdeu o partido contra o Salamanca por acumulación de tarxetas.

Se gaña en Canarias, o CDO suma 42 puntos

Excelente a campaña que está a realizar o recén ascendido Barbadás na súa primeira incursión na Terceira División. No último partido disputado arañou un punto no campo do Somozas que o sitúan na zona media da táboa (décimo) con 41 puntos. Nove puntos máis que a zona de descenso. A sete xornadas para que remate a competición, os homes de Jorge Regal están virtualmente salvados. Ademais dos nove puntos de vantaxe, seis equipos están situados entre o Barbadás e o descenso. Para a xornada número 32, o equipo ourensán xogará como visitante no campo do Bergantiños, penúltimo clasificado. Rexional Preferente No grupo Sur da Rexional Preferente as cousas deron un xiro de 180º para os equipos ourensáns. O Barco, logo de estar nas primeiras xornadas loitando polo liderato, ac-

tualmente ocupa a décima posición con 41 puntos, 20 puntos por debaixo dos dous postos que dan dereito ao ascenso. Nembargantes, certo é que non lle incodoman os de abaixo (a 14 puntos ten o descenso). O seguinte equipo ourensán na clasificación é o Verín. Despois de diversas polémicas e a destitución do adestrador, o conxunto da comarca de Monterrei vai en caída libre cara á Primeira Rexional. Con 30 puntos marca o límite da salvación, tendo o descenso a tres puntos. E precisamente na primeira das prazas de descenso atópase o Arenteiro, quen logo de estar nos postos baixos toda a tempada ve a luz ao final do túnel e vislumbra unha posible salvación, a costas posiblemente do Verín. O Ponte Ourense é o cuarto dos ourensáns na Rexional Preferente ao que lle quedan sete xornadas como equipo desta categoría, xa que está, con 12 puntos, virtualmente descendido. A 18 ten a salvación.

O Barbadás está a realizar unha gran campaña./R.T.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

VOLEIBOL / XIMNASIA

As cadetes da EM Ourense logran o ascenso á Liga Galega 4 A fase final celebrouse na cidade das Burgas. Redacción O equipo cadete feminino da Escola Municipal de Ourense – Dompa Gestión logrou o ascenso á Liga Galega logo do proclamarse vencedor na fase final celebrada na cidade das Burgas. O Club voleibol San Martiño organizou o pasado 23 de marzo a “Fase Final de Ascenso á Liga Galega Cadete Femenina”. Previamente, os dous mellores equipos de cada provincia xogaron os cuartos de final a ida e volta, nos que o club ourensán clasificouse eliminando ao Xuvenil Teis B. O pavillón do campus universitario foi a sede desta fase de ascenso na que participaron os mellores equipos das ligas provinciais galegas: CV Santiago, CV Vigo A, IES de AMES A e a Escola Municipal de Ourense – Dompa Gestión. A primeira semifinal medía ao CV Santiago contra a EM Ourense. Os nervios das dúas escuadras fixo que os erros se alternaran nun e noutro lado da rede; nembargantes, foron as ourensás as que colleron unha vantaxe que xa non soltarían durante todo o encontro. O resultado final foi de tres sets a cero para o EN Ourense (25-14, 25-21, 25-21). A segunda semifinal enfrontaba ao CV Vigo co IES de Ames.

Nun disputado partido que se tivo que prolongar ata o quinto set, dos que o Ames se fixo con tres, proclamándose vencedor. No partido para o terceiro e cuarto posto, o Vigo superou ao Santiago logo de cinco sets (15-25, 25-16, 25-23, 26-28, 15-10). Final E chegaba o momento máis agardado da fase de ascenso: a final; cunhas bancadas repletas de xente para ver ao Ourense contra o Ames. No comezo os nervios fixeron acto de presenza, sobre todo no bando local, levando o marcador a un inquedante 5-12. Pero logo de quitarse a presión, as rapazas adestradas por Mateo Fernández foron quen de darlle a volta ao marcador e levar

o primeiro set por 25-21. No segundo set as ourensás volveron marcar diferenza e levárono cun tanteo de 25-17. E xa no terceiro non deron opción as súas rivais e venceron cun claro 25-13, empuxadas polos afeccionados que se deron cita nas bancadas. Final do encontro e euforia desatada no cadro local que logra deste xeito o ascenso á Liga Galega. Mateo Fernández Para o adestrador ourensán “as rapazas xogaron moi ben, souberon levar os nervios de competir en casa e puxeron a roupa de traballo para sacar adiante os partidos, que aínda que os parciais parecen contundentes, non foi máis que o resultado

dun bo traballo colectivo”. Fernández destacou que “non tiñamos ningunha referencia dos equipos que chegaban a esta fase, máis que os resultados e clasificacións da tempada, pero o equipo ten un estilo de xogo moi traballado, e as nenas traen unha experiencia de xogo moi importante pois participan na súa categoria (cadete) e tamén en xuvenil e sénior”. A ledicia para o técnico era por partida dobre, xa que as xogadoras Emma Lorenzo, Sara Ezquerro e Nieves González “están convocadas para as primeiras xornadas da Selección galega cadete”, así como “María Ezquerro para a Selección galega infantil”.

Na fase final participaron os mellores conxuntos das ligas provincias galegas

O equipo cadete feminino da Escola Municipal de Ourense – Dompa Gestión posando co trofeo que lle deu o ascenso á Liga Galega.

ximnasia

A medallista olímpica Charkashyna, en Ribadavia 4 Impartiu un clínic para ximnastas e profesoras. Redacción Ribadavia foi escenario a pasada fin de semana (29 e 30 de marzo) do Clínic Charkashyna Training Day de ximnasia e do segundo Torneo Internacional Vila de Ribadavia, que se celebraron no pabellón de Maquiáns e no Municipal do Consello, respectivamente. O Clínic Charkashyna (que tivo lugar o venres 29 e que xa contaba con todas as prazas cubertas varias semanas antes) ía dirixido a ximnastas e profesoras que gozaron de clases impartidas pola bielorrusa Liubov Charkashyna, medallista de bronce nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012, quen lles transmitiu os seus coñecementos sobre corda, aro, pelota, mazas e cinta. A xornada culminou cunha exhibición ás 20 horas que fixo as delicias do numeroso público asistente. II Torneo Internacional Vila de Ribadavia Xa o sábado tivo lugar a segunda edición do Torneo

A ximnasta bielorrusa durante un dos exercicios dos Xogos de Londres 2012. Internacional Vila de Ribadavia, no que participaron 200 ximnastas de 20 clubes distintos. Pola mañá celebrouse a competición para as categorías escolar e de promoción; e pola tarde foi o turno do torneo federado en modalidade individual e nas categorías alevín, infantil, cadete e sénior. Nesta cita federada competiron 50 deportistas que realizaron nada menos que 126 espectaculares exercicios.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

CICLISMO

Xiana Conde vencedora no Vigobikecontest 4 Saúl López e Raúl González foron segundos nas súas respectivas categorías. Redacción Vigo acolleu unha nova edición do Vigobikecontest, nos montes de Coruxo. O evento incluía a segunda proba puntuable do Open Galego de BTT. Os ciclistas do Actyon Academia Postal - Merida concluíron a súa participación con grandes resultados ao ocupar podios en distintas categorías. En cadetes, a biker Xiana Conde resultou campioa logrando enfundarse o maillot de líder do Open; Román Saa era sexto na categoria masculina. O júnior Raúl González remataba en segunda posición, mentres que Sergio Movilla facíao na cuarta praza. O outro júnior, Marcos Villar, tiña que retirarse

por un inoportuno pinchazo, cando rodaba en primeira posicion de xeito destacada. Na categoría raíña, elite, Saúl López acadaba un meritorio segundo posto, na súa volta á competicion. En categoría máster, J.Manuel acadou a terceira posición en M 50. Escolares Tamén se celebrou dentro

do Vigobikecontest unha proba de descenso para as categorias de escolar. Os máis pequenos da escola JA Hermida acudían á cita e acadaban algún posto destacado. Así, Breogán Diz era terceiro en Benxamíns, con Manuel Firvida en cuarta posición. E en alevíns, Breixo Atrio finalizaba en quinto lugar.

Paricipantes da últia carreira celebrada en Ourense na Semana Santa. /I. OSORIO

Ciclismo en Ourense 4 Catro días organizados polo Club Ciclista Ourensano. Redacción

Saúl López (primeiro da esquerda), foi segunda na categoría raíña, a elite. /RAMSÉS

Ourense viviu durante a Semana Santa catro días de ciclismo. Catro probas disputadas polas estradas da provincia organizado polo CC Ourensano. O xoves 28, venres 29

e sábado 30 disputouse no circuíto de Sobradelo, entre os concellos de Xunqueira de Ambía, Sandiás, Xinzo e Vilar de Barrio. O día 31 a carreira trasladouse a capital ourensá. O Xoves Santo o vencedor foi Ramón García, seguido

de David Burgo e Samuel García. O Venres Santo o podio copouno Francisco J. Iglesias, Moisés Ardao e Fernando Núñez. O sábado 30 a vitoria foi para Javier Laredo; Juan A. Rodríguez foi segundo e Francisco J. Iglesias, terceiro. Na carreira celebrada en Ourense o máis rápido foi novamente Francisco J. Iglesias; segundo rematou Javier Laredo e terceiro, José A. Cavero.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

FÚTBOL SALA

As pontinas visitan ao colista 4 O Ponte Ourense medirase co Centelles logo de perder contra o Valladolid e proclamarse campión da Copa Xunta. R. Torres O Ponte Ourense visita esta xornada a cancha do colista da competición, o Femení Centelles, logo de perder en Liga contra o Valladolid e proclamarse campión da Copa Xunta. O equipo ourensán regresa á competición doméstica na cancha do peor equipo, en canto á clasificación, desta liga. O equipo catalán, nos 21 partidos disputados non coñece a vitoria, e leva tres empates e 18 derrotas; tres puntos. 39 goles a favor por 122 en contra son unha bagaxe pobre para un equipo que está practicamente sentenciado a descender de categoría; a falta de nove xornadas está a 13 puntos da salvación

polo que parece improbable que poida salvarse no seu primeiro ano na elite nacional. O Ponte buscará resarcirse do pao que levou a xornada anterior ao perder na casa contra o Valladolid por cinco goles a sete. As opcións de acceder á Copa son cada vez máis pequenas, pero, desde logo, pasan por vencer ao conxunto catalán. Outra cousa que non sexa a vitoria sería unha decepción, amais de dicir de forma virtual adeus ás poucas opcións de entrar na Copa. Ponte - Valladolid No partido contra o Valladolid, as castelás comezaron por detrás no marcador cun gol -obra de Inma- aos nove minutos.

Anita supera á porteira do Valladolid e marca o segundo gol para o Ponte./RAMSÉS

O Ponte revalid a Copa Xunta

4 Ao vencer ao Cidade por 3-1, nu R. Torres

Souza e Marte asediando a unha rival do Pucela./R.T. Sen tempo para saborear o acerto, Vanessa facía, logo de sacar de centro, o empate a un. De seguido, as dúas escadras tiveron uns minutos de tregua que remataron cando se aproximaba o descanso. A tres para o final da primeira metade, Anita batía por baixo a porteira rival. Nestas erixíuse como protagonista a visitante Fátima, superando por dúas veces a Loli dándolle a volta ao electrónico. Antes de que remataran os primeiro 20 minutos, Rosana, tras roubo de balón a Rosángela na posición de peche, plantábase diante da meta local e poñía terra de por medio ao facer o 2 a 4. Na reanudación, un novo golpe para as albinegras; Amelia facía o 2 a 5 tras un disparo cruzado. O Ponte non daba o encontro por perdido e Laura Fernández roubaba o balón e de potente disparo recurtaba distancias (3-5). No

ecuador da segunda metade Leti devolvía os tres goles de diferenza para as pucelanas (3-6). Vivián, a desesperada, optaba polo xogo de cinco en busca dunha remontada que non chegaría. Tras un continuo goteo de ocasións en ambas as dúas portarías, Lorena desde propia cancha facía o 3 a 7. A remontada era imposible, pero o carácter e a garra de Sara Moreno fixeron que as locais maquillaran o marcador. Dous dobres penaltis transformados pola andaluza fixeron que o marcador final reflectira un 5-7 e que os tres puntos marcharan para Valladolid.

O Ponte Ourense perdeu por 5 goles a 7 fronte ao Valladolid, a pesar de comezar gañando

O xoves Santo (28 de marzo) celebrouse no novo pavillón municipal de Sarria a final da Copa Xunta de fútbol sala. En categoría masculina enfrontáronse o Azkar Lugo contra o Santiago (con vitoria dos lucenses na tanda de penaltis), pero o verdadeiramente interesante para Ourense foi a final feminina, na que Ponte e Cidade mediron forzas. Pero esta final discorreu coma os últimos derbis, igualdade na primeira metade, e unha segunda parte na que o maior banco do Ponte fixo que obtiveran a vitoria ante o cansanzo do Cidade. A final Nos primieros minutos de encontro a intensidade correu a cargo das pontinas, cercando a portaría defendida por Ana. Pero o dominio do esférico non se materializaba en ocasións, grazas á férrea defensa plantexada polas xogadoras do Cidade. Unha vez sacudida a presión, as franxiverdes nivelaron a posesión do balón, pero nin unhas nin outras creaban ocasións claras para desequilibrar o marcador. As únicas aproxi-

macións aos marcos eran ben solventadas de xeito sinxelo por ambas porteiras. Con empate a cero goles, e todo por decidir no segundo tempo, remataría a primeira metade. Os segundos 20 minutos comezaron como remataron os primeiros: sen un claro dominador, pero con algo máis de posesión do Ponte. Co paso dos minutos, as xogadoras do Cidade notaron o cansanzo, froito do cal as imprecisións sucedíanse máis a cotío. Nesas, Nati Pacios busca un centro paralelo, que intercepta Sara Moreno, quen marcha pola banda e centra a Laura Fernández, que soa ante Ana non perdoa e anota o primeiro tanto da tarde. Pero a vantaxe duroulle pouco, xa que uns minutos máis tarde María Romero lanza un potente disparo que despexa Loli e impacta no brazo de Rosángela. Penalti que transforma en empate Iria Saeta. O tempo pasaba e os erros eran cada vez máis frecuentes no lado das de Manolo Codeso (a amplitud de banco das de Óscar Vivián comezaba a marcar a diferenza do partido). Figo busca un pase longo que corta Sara Moreno en medio campo coa cabeza, o coiro chega a Rosángela que llo devolve a Sara, para que


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

FÚTBOL SALA

Un punto de ouro 4 O Cidade regresa de Navarra cun punto que lle pode dar a salvación. R. Torres

da

un partido igualado ata o final. esta, sen deixar que baixe ao chan, remate logrando o 2-1. A falta de tres minutos, Codeso optou polo xogo de cinco, sen moita fortuna. O Cidade tan só tivo un par de ocasións que non chegaron á rede. Nembargantes, uns segundos para rematar o encontro, Sara Moreno anotaba o segundo gol da súa conta particular e o terceiro das albinegras, deixando o resultado final en 3 goles a 1. Deste xeito, o Ponte Ourense revalida o título da Copa Xunta logrado o ano anterior. Nesta ocasión era o favorito por plantel, e non defraudou. As bancadas do novo pavillón municipal de Sarria estiveron cheas de seareiros de

ambas as dúas escuadras, con predominio da afección franxiverde, que non parou de animar. De feito, o pavillón quedou pequeno para a festa do fútbol sala galego, e incluso algúns afeccionados non puideron acceder ao encontro. Novo derbi O 13 de abril, esta vez nos Remedios, haberá un novo derbi. Nesta ocasión será na xornada 25 da Primeira División de fútbol sala. O Ponte buscará a supremacía nestes partidos; pola contra, o Cidade tentará dar a sorpresa. A falta dunha xornada para que teña lugar ese derbi, o Ponte avantaxa en cinco puntos ao Cidade.

Sonia Pacios (do Cidade) e Sara Moreno (do Ponte) disputando un balón./RAMSÉS

O Cidade regresou de terras navarras cun valioso punto que lle pode dar a permanencia, xa que amplía en seis puntos a súa renda co descenso que marca o Viaxes Amarelle. As de Manolo Codeso enfrontábanse ao cuarto clasificado, o Lacturale Orvina, que conta nas súas filas con xogadoras da talla da catalana Berta Velasco ou a ourensá Andrea Feijoó. O partido presumíase complicado, nembargantes as ourensás saíron á cancha moito máis enchufadas que as navarras. O Cidade estaba ben asentado en defensa esperando a súa oportunidade á contra ante unhas xogadoras locais que non se encontraban cómodas. As franxiverdes conforme pasaban os minutos estaban máis estables en labores defensivas e cada vez achegábanse á meta rival con máis perigo. Así, no minuto 14, María Romero lograba o primeiro gol do encontro nunha contra en superioridade numérica logo dun pase de Iria Saeta. Ata o final da primeira parte o marcador non se movería. Na segunda metade o Orvina aumentou a presión para tentar darlle a volta ao partido freando as saídas do Cidade. Deste xeito dominaron o encontro creando ocasións claras coma un balón ao pao por parte de Ana Burgi. As locais apostaron polo xogo de cinco, e nunha longa xogada chegaría o

Sábado 6 (17.00 -Os Remedios-). Cidade Gironella As franxiverdes está seis puntos por enriba do descenso Primeira División FSF - 23ª xornada Posto Equipo

Foto da tempada pasada entre o Cidade As Burgas e o Gironella./ARQUIVO gol do empate marcado por Sandra Soto. Faltaban seis minutos e o Lacturale volcouse na procura do segundo gol, que non chegaría. Gironella Este sábado 6 de abril, o Cidade recibe ao Gironella (17 horas, Os Remedios). As catalanas son sétimas con 34 puntos e teñen moi preto a súa participación na Copa. O Gironella conta nas súas filas coas goleadoras Miriam e Anna Costa e a internacional coa selección española, Claudia Pons. Un partido difícil para un Cidade que quere alonxarse, aínda máis, da zona de descenso.

Puntos

1º At. Madrid 54 2º Burela 52 3º Alcorcón 43 4º Orvina 41 5º Valladolid 40 6º U. de Alacante 38 7º Gironella 34 8º Soto del Real 33 9º Móstoles 25 10º Roldán 23 11º Logroño 23 12º Ponte Ourense 21 13º Cidade As Burgas 16 14º Amarelle 10 15º Centelles 3

4 Xornada 24 - 6 de abril Móstoles - Viaxes Amarelle U. de Alacante - Soto del Real Valladolid - Burela Femeni Centelles - Ponte Ourense Cidade As Burgas - Gironella Ciudad de Alcorcón - Lacturale Orvina Roldán - Descansa At. de Madrid - La Rioja

4 Xornada 25 - 13 de abril La Rioja - Móstoles Viaxes Amarelle - U. de Alacante Soto del Real - Valladolid Burela - Femeni Centelles Ponte Ourense - Cidade As Burgas Gironella - Ciudad de Alcorcón Lacturale Orvina - Roldán Descansa - At. de Madrid


10

BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

POLIDEPORTIVO

REMO

Anna Yuchenko impúxose na regata “Trial de Primavera” 4 Este resultado outorgoulle a súa inclusión no equipo absoluto, pero a falta de apoio económico impediu que participe no Campionato de Europa deste mes. Redacción A Federación Española de Remo organizou durante a fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo unha competición denominada “Trial de Primavera” na que participaron 140 deportistas de 32 clubs coa finalidade de valorar aos mellores remeiros nacionais de cara á súa inclusión na selección. Durante o venres pola tarde e o sábado pola mañá disputouse a competición por clubs en embarcacións de 1x e 2 sen timonel. Yuchenko pasou as eliminatorias e semifinal vencendo sen problemas e na final fixo o mesmo impoñéndo-

se a Nuria Domínguez (do C.R. Tui) e a Virginia Díaz (do C.R. Raspas), esta última foi segunda durante toda a regata, pero viuse superada por Nuria nos últimos metros. Así Anna deixou o crono en 8:03.24, Nuria en 8:04.55 e Virginia en 8:05.47, co que as tres foron elixidas para someterse ás probas da Dirección Técnica da FER durante o sábado pola tarde e o domingo pola mañá. Ditas probas realizáronse en 2x con diferentes combinacións nas que a embarcación de Anna impúxose sempre independentemente da compañeira que lle asignaran. Pero malia que Anna

Anna Yuchenko, Nuria Domínguez e Virginia Díaz, no podio da regata “Trial de Primavera”. demostrou ser a mellor fémina absoluta polo momento non se prevé que poida acudir á concentración que realiza o equipo absoluto en Sevilla do 1 ao 14 de abril con motivo do Campio-

nato de Europa, “xa que Anna continúa sen ningún tipo de beca ou axuda, e a Federación Española de Remo tampouco lle ofrece ningunha solución”, explican dende o seu club.

O Zen Pabellón complícase a permanencia na 1ª Galega 4 Perdeu nas tres últimas xornadas e ve perigar manter a categoría. O probable é que teña que participar na promoción. Redacción O Zen Pabellón complícase a permanencia logo de perder nas tres últimas xornadas. Despois dos malos resultados acadados polo Zen Pabellón na Primeira Autonómica nas últimas semanas, os ourensáns complícanse a permanencia na categoría. A pesar de ter practicamente eludido o descenso directo (descenden dous e poden ser tres cos arrastres de Nacional), a fase de promoción non vai ser doado evitala, xa que terá que sumar nos tres encontros que restan posiblemente os seis puntos en disputa. Agora son quintos, en postos de promoción, con 11 puntos. Por enriba está o Porriño cun puntos máis (cuarto con 12 puntos) e enriba deste o Conxo con 14 puntos. A promoción por non descender xogarana o

quinto e o sexto. Pero se un equipo galego descende de Nacional, o sexto descende directamente e a promoción xogaríana o quinto e o cuarto, polo que o Pabellón Balonmán deberá pensar en alcanzar a terceira praza para librarse dunha posible fase de promoción. Por abaixo, leva cinco puntos máis que

o terceiro posible descenso directo, polo que apenas periga esa posición. Vindeiras citas Os pupilos de Zarra disputarán este sábado, a partir das 18.30, no Anexo dos Remedios o seu partido ante o Atlético Guardés, equipo co descenso case matemáti-

co. O calendario que lles espera, ca visita a próxima semana a Moaña, e recibindo na derradeira xornada ao que ata agora marcha líder, o Atlético Novás, non parece un camiño doado para os pavillonistas que se ven na obriga dun último esforzo por seguir un ano máis na categoría.

Partido desta fase pola permanencia disputado na central dos Remedios. /RAMSÉS

4 Valeria, campioa galega

De éxito en éxito é como esta ourensá está forxando a súa carreira no tenisValeria López vén de proclamarse campioa galega en categoría cadete no campionato celebrado en Santiago de Compostela. Valeria venceu na final á xogadora becada pola Xunta de Galicia e que adestra no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra, Celia Cerviño. O resultado da final foi de 6/4 e 6/3. Pero non quedaron aí as boas novas para a xogadora ourensá. Tamén se proclamou campioa en dobres xunto coa lucense Paula Arias. López e Arias venceron na final a Iria Seoane e Celia Cerviño (ambas as dúas becadas pola Xunta) por 6/1 e 7/6.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

ATLETISMO

200 participantes no Campionato Provincial Escolar de Orientación 4 Celebrado en Ribadavia o 21 de marzo. Redacción O xoves 21 de marzo tivo lugar no mapa novo do Xestal-Veronza en Ribadavia o Campionato Provincial Escolar de Orientación Pedestre, como parte do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, con 200 inscritos. As categorías participantes foron as de infantil e cadete. Os escolares participantes proviñan de toda a provincia ourensá. A proba foi de tipo Sprint en parque nas categorías infantil e cadete e os gañadores tiñan que entrar entre os 12 e os 14 minutos aproximadamente. En infantil feminino o podio estivo copado por Sheila Gonçalves Piñeiro, de Franciscanas-Ourense; Carlota Estévez Pedras, de IES Lagoa de Antela-Xin-

zo e Marta Diz Nóvoa, de IES Lagoa de Antela-Xinzo; primeira, segunda e terceira, respectivamente. Na mesma categoría, pero na proba masculina, os primeiros foron Borja Rubén Domínguez Alvárez, IES Lagoa de Antela-Xinzo (primeiro); Fernando Blanco González, Franciscanas-Ourense (segundo) e Carlos Rodríguez Barrio, IES Lagoa de Antela-Xinzo (terceiro). En cadetes, Elena Blanco González, Franciscanas-Ourense foi primeira, seguida de Ana García Barandela, FranciscanasOurense (segunda) e de Xeila Crespo Rodríguez, Franciscanas-Ourense, terceira. En cadete masculino, o primeiro clasificado foi Raúl Iglesias Núñez, do CPI A. Faílde-Coles; o segundo, Alexandre Cal-

Regresan as andainas á provincia 4 Coa primavera comezan a proliferar as andainas. R.T. Como é habitual coa chegada da primavera comezan a proliferar pola xeografía ourensán as andainas; estas son algunas das que se organizarán pola nosa provincia.

Tres rapaces comezando o seu exercicio de orientación realizado no mapa novo do Xestal-Veronza de Ribadavia. vo Prada, do Divina Pastora-Barco e en terceira posición rematou Carlos Eduardo Novelle, do CPI A. Faílde-Coles. Limiactiva O 7 de abril, a asocia-

ción Limiactiva organiza a 5ª proba de orientación Limiactiva. A proba comezará coa entrega de tarxetas ás 10 da mañá. Tres son as probas que se disputarán segundo as categorías.

11

Datas O domingo 14 de abril celebrarase a IV Andaina solidaria Concello de Cenlle con tres opcións de percorrido que oscilan entre os 4,7 e os 20,5 quilómetros. A inscrición está aberta ata o 8 de abril e o prezo é de cinco euros. Máis información na web do Concello de Cenlle. Para o 5 de maio queda a VI Andaina - Carreira Concello de Paderne. Organizado pola Asociación de Mulleres Rurais

de Solbeira e Concello de Paderne de Allariz a andaina ten unha distancia de 24 quilómetros e a carreira de 17. A inscrición ten un prezo de cinco euros e toda a información está dispoñible na web do Concello de Paderne. O 12 de maio celébrase a andaina Ruta da Auga - Andaina Pontedeva. Pódese elexir entre dúas rutas, unha curta de sete quilómetros e unha longa de 17,7. Información na casa do concello de Pontedeva ou no teléfono 988 495 005. O prezo será de oito euros. O 9 de xuño a Asociación de Senderismo Sendalimia e Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo de Limia organizan a II Ruta Franciscana, cun percorrido de 22 quilómetros.


12

BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

ATLETISMO

O limián Rubén Diz proclámase campión galego de 10.000 4 En categoría feminina Soledad Castro foi a máis rápida. R. Torres Nunha mañá con altibaixos en canto á climatoloxía se refire (chuvia e sol alternáronse na pista de atletismo do Campus de Ourense) celebrouse o Campionato galego de 10.000 metros en pista. A organización correu a cargo da Federación Galega de Atletismo e do club Deportivo Aurum coa colaboración de Concello de Ourense, Consello Municipal de Deportes e Campus de Ourense. A primeira das carreiras foi a do campionato provincial (Final B) na que o atleta Lalo Gómez -do club organizador (CD Aurum)- alzouse coa vitoria, ao parar o crono en 35:39.81; detrás del quedou o seu compañeiro, Eloy Campos (37:06.51) e o atleta do Beade Fausto Hernández (37:44.84). Nesta carreira participaron un total 24 atletas. Final mulleres Na final galega de mu-

Elpidio Gómez, vencedor na III Pozo do Demo 4 Ademais da carreira de montaña celebrouse unha andaina e probas escolares. Redacción

Soledad Castro e Iria Fernández (primeira e segunda na final galega feminina) marcaron o ritmo da súa proba./R.T. lleres remataron a proba un total de 10. A atleta do Veteranos, Sonia Teijeiro, tirou da proba desde o principio seguido moi de preto por Soledad Castro, do Comesaña. Na distancia, Iria Fernández (Ourense Atletismo) controlábaas sen gastar enerxías de máis. O cambio de ritmo de Castro fixo que Teijeiro

Momento da carreira do II Campionato Provincial que organizou o Club Deportivo Aurum./RAMSÉS

quedara cada vez máis rezagada. Polo ecuador da proba, Fernández incrementou o ritmo e deu caza a Sonia o que lle deu folgos para ir en busca de Soledad, chegando a estar á par da atleta veterán. Pero Castro ía ao seu, marcando un ritmo ao que finalmente Iria sucumbiría. Tralos 10.000 metros, Soledad Castro foi primeira cun tempo de (38:53.55). En segunda posición entraría a ourensá Iria Fernández, quen non puido completar a remontada; o seu crono foi de 39:00.55. Terceira chegaría, case sen forzas, Sonia Teijeiro (40:30.84), quen pagou o esforzo do primeiro tramo de carreira. Final masculina A última das carreiras foi a final masculina dos 10 quilómetros. Coas ausencias de última hora de Carlos Vilamor e Iván Docampo, o terreo quedou aplanado para que

o ourensán do Gimnástica de Pontevedra, Rubén Diz, acadara o título rexional. Desde o principio, Diz marcou un ritmo ao que ningún dos seus adversarios puido facer fronte rematando finalmente como campión galego da distancia, facéndoo en 31 minutos e 34 segundos. O subcampión da proba foi Javier Paredes (ourensán do Gimástica de Pontevedra) con 33:00.20, e no terceiro caixón do podio acabaría Víctor Xosé González (Comesaña) con 33:06.02. O atleta Álvaro De La Fuente foi a meirande parte da carreira na segunda posición, pero uns problemas musculares fixerono parar un par de veces, polo que tívose que conformar coa quinta posición.

Lalo Gómez foi o máis rápido da proba provincial (Final B)

O Domingo de Ramos (24 de marzo), a pesar do desapacible ambiente meteorolóxico que brindou a xornada, preto de 700 persoas déronse cita no pavillón municipal de Verín para participar nas diferentes probas deportivas da terceira edición do Pozo do Demo. A carreira de montaña para adultos contou con 250 participantes. O duro e fermoso percorrido de 11,37 Km. viu como Elpidio Gómez era o máis rápido, parando o crono en 44 minutos e 26 segundos. Seguido por José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) a 20 segundos escasos, e por José Manuel Corral (C. A. Carballiño) a pouco máis dun minuto de diferenza. Elpidio, deste xeito, establecía novo récord masculino da proba ao rebaixar a marca en sete segundos e convertíase no primeiro que repetía título no Pozo do Demo, xa que vencera tamén na edición de 2011. Silvia Rodríguez Ferro, do Esprintes Ourense, foi a vencedora femenina cun tempo bruto de 58 minutos e 54 segundos, rebaixando tamén a mellor marca femenina da carreira en 42 segundos. Andaina Os andaríns realizaron

Elpidio Gómez. unha andaina de 18,5 quilómetros que atravesaría toda a zona do Pozo do Demo, chegaría ao pobo de Veiga das Meás e retornaría ao punto de saída polo descenso da fraga agarimando partes do trazado do regato Quintas. Escolares As carreiras escolares celebráronse ao carón da instalación municipal. Nos 700 metros benxamíns, venceron Carlos González (AD Limiactiva) e Sofía Rodríguez (Mª Inmaculada). Na de categoría alevín, 1.000 metros, venceron Breixo Salgado (AD Limiactiva) e Miriam Cerdeiriña (Verín). Na distancia de dous quilómetros resultaron gañadores: Daniel Castillo (AD Limiactiva) e Jimena Salgado (C.Ourense Atletismo) en categoía infantil e José Miguel Tomé (Verín) e Aida Martínez (Tui Thermalia) en cadetes. Esta última atleta integrada no equipo de Tui pero natural de Xinzo conseguíu batir o récord da proba na súa categoría parando o cronómetro en 7,21 minutos ao final dos 2.000 metros.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

ATLETISMO

Regresa Correndo x Ourense 4 A terceira edicón deste circuito de carreiras populares comezará o 28 de abril no Vinteún. Redacción O circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense” chega á súa terceira edición. Este mes de abril comezan as probas atléticas desta iniciativa, que busca fomentar a práctica da actividade física entre os ourensáns así como converterse nun reclamo para deportistas de toda a nosa comunidade. Así, dende o Consello Municipal de Deportes buscan bater todos os ré-

cords e superar os máis de 1.300 inscritos totais do ano pasado, edición na que unha media de 600 a 700 atletas participaron en cada unha das carreiras. Novidades Pero este ano todos os que desexen participar no “Correndo x Ourense” deben ter en conta unha serie de cambios. Nesta edición a inscrición no circuíto (válida para todas as carreiras posteriores á data da mesma) terá un custo

de 5 euros, que deberán abonar os participantes de categoría júnior en adiante (os máis novos poderán anotarse de balde). Así mesmo, as categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns deberán contar cun chip en propiedade (os cativos poderán alugalo para participar nestas probas). E, por último, deben saber que todas as inscricións teñen que realizarse obrigatoriamente en www. deportesourense.com.

se coa carreira do Vinteún, que terá lugar o 28 de abril ás 12 do mediodía. De seguido, o 25 de maio terá lugar a carreira do Couto, ás 9 da noite. A mesma hora á que se celebrarán a carreira nocturna do Corpus (o 29 de xuño) e a carreira da Ponte (o 20 de xullo). Xa en setembro, o día 29 ás 12, terá lugar a carreira da zona universitaria. E, por último, como vén sendo habitual, será a cita da Carballeira a que poña o punto e final a unha nova

13

edición do circuíto ourensán. Será o 27 de outubro ás 12 horas. Así mesmo, os participantes deben rematar cinco carreiras para entrar na clasificación xeral. E, en caso de rematalas todas, desestimarase o peor resultado.

Este ano a inscrición no circuíto de carreiras terá un custo de 5 euros

Prazo de inscrición O prazo de inscrición neste circuito abrirase o vindeiro 8 de abril e rematará o mércores antes de cada carreira, voltando a abrirse o luns seguinte á mesma. Datas de carreiras Todos os interesados en participar nalgunha ou en todas as probas do “Correndo x Ourense” deben tomar nota das seguintes datas. O circuito inaugurara-

Numerosos rapaces déronse cita na edición 2012 deste circuíto de carreiras./ARQUIVO.


14

BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

EN BREVE

4 Atletismo veterán San Sebastián acolleu do 19 ao 24 de marzo o Campionato de Europa de Atletismo Veterán. As boas novas para Ourense viñeron da man de dúas mulleres: Emilia Mesa e Luz Mª Domínguez. Emilia Mesa (Ourense Atletismo) proclamouse campioa europea de xavelina, ao facer un mellor intento de 33,08 metros e obter o récord do campionato. En lonxitude foi subcampioa de Europa e récord nacional ao saltar 4,12 metros. Amais foi medalla de bronce en peso (3 quilos) ao lanzalo a 10,23 metros. Mesa participou na categoría W60. Luz Mª Domínguez foi subcampioa europea no relevo 4x200 metros en categoría w-50 xunto coas súas compañeiras de selección. Domínguez logrou batir o récord de España. Na outra proba que disputou, os 800 metros, logrou obter un meritorio quinto posto na final.

ATLETISMO / TIRO

Jorge Encinas, de novo campión galego de 3x40 4 O tirador ourensán prepara agora o Campionato galego de tendido e a Copa do Rei. Redacción O tirador ourensán Jorge Encinas revalidou o pasado domingo 24 de marzo o Campionato galego de tiro na modalidade de carabina 3x40, nunha proba disputada en Pontevedra. Cun total de 1.125 puntos (379 en xeonllo, 382 en tendido e 364 en pé), Encinas foi o mellor dos seis tiradores galegos que participaron na competición. Completaron o podio o pontevedrés Jesús Martín e o coruñés Antonio Casal. A competición de tres posicións consiste en 120

disparos (40 de xeonllos, 40 en posición tendido e 40 de pé) a un branco situado a 50 metros, cuxo círculo central (o 10) mide 1 cm, cunha carabina de ata oito quilos de peso, nun tempo máximo de tres horas e media. Copa do Rei Encinas prepara xa a Copa do Rei, cuxa primeira fase dispútase en Madrid do 11 ao 14 de abril, onde competirá en 3x40, tendido e carabina de aire comprimido. Antes participará no Campionato galego de carabina tendido, o domingo 7 en Pontevedra.

4 Medio Maratón O Carballiño O domingo 7 de abril celébrase o “Medio Maratón Festa do Pulpo, O Carballiño”. A proba comezará ás 10.30 horas e dará tres voltas a un circuíto polas rúas da vila.

4 Carreira popular Vilamartín O domingo 14 de abril Vilamartín de Valdeorras celebra a 2ª edición da súa carreira popular.Ás 12 comezará a proba absoluta (6km.) e ás 13 horas darán comezo as carreiras de categorías inferiores.

Jorge Encinas, nunha competición de carabina/ARQUIVO.

Un tirador da Garda Civil, completando un dos 12 exercicios da Copa Presidente, en Eiroás. /P.LODEIRO.

David Davite, segundo na Copa Presidente de IPSC 4 Por primeira vez o Club de Tiro Eiroás acolleou unha fase desta competición internacional de tiro práctico. P.Lodeiro Balance positivo na estrea do Club de Tiro Eiroás na organización dunha competición internacional de tiro práctico. Por primeira vez o club ourensán acollía unha fase da Copa Presidente de IPSC, os pasados 22 e 23 de marzo, na que participaron 175 deportistas de España, Portugal e Francia. Ademais, un dos dez tiradores locais, David Davite, acadou o segundo posto na categoría estándar. A Davite acompañárono no caixón máis alto do podio Juan Carlos Jaime (dúas veces subcampión do Mundo) e no terceio posto, Manuel Cervera. Na categoría open o primeiro foi Javier González

seguido de Jorge Ballesteros (subcampión de Europa) e de Jesús González. Na categoría produción a vitoria foi para Eduardo de Cobos (campión europeo), seguido de José Vicente Pérez e Gorka Ibáñez. Cada un dos 175 tiradores completaron os 12 exercicios propostos, puntuando o maior número de acertos aos blancos realizados no menor tempo posible. Campionato Provincial Os practicantes de percorridos de tiro teñen unha nova cita nas instalacións de Eiroás o vindeiro sábado 6 de abril coa disputa do Campionato provincial de IPSC. A competición constará de catro exercicios, reformados a partir dos realizados na Copa Presidente,

David Davite. /ARQUIVO. con 80 disparos aproximadamente. O campionato dará comezo ás 9:30 horas e rematará esa mesma mañá, agás que o número de inscricións obrigue a ampliar a proba en horario de tarde. As inscricións poden realizarse ata o venres 5 no correo ipsc.eiroas@gmail. com e teñen un custo de 15 euros.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº74- Ano: V - 5 de abril de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Curso sobre eventos deportivos no campus

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XIV) Capítulo 14. Dedicación, traballo e humildade, claves do progreso A nosa mente é unha máquina complexa, e así, como o computador máis perfecto, procesa toda a información que lle introduzas. Todo o que pensemos, o que sintamos, o que aprendamos ao longo do día grávase no noso habitáculo mental. Seremos todo o que gravemos no noso cerebro. Podemos conscientemente dirixir e ordenar a nosa mente. Debemos adestrar e cultivar o noso recinto mental. Debemos aproveitar a forza da nosa mente. Aos mozos deportistas que temos baixo nosas ordes sempre lles debemos lembrar tres cosas fundamentais: dedicación, traballo e humildade. É a fórmula ideal para progresar, avanzar e poder lograr os obxectivos. Despois cada un debe elixir que misión lle gusta desempeñar e comprobar se é a adecuada. Ás veces, o deportista non sabe onde pode render mellor e debe facer caso dos técnicos. Por dedicación entendemos que ao deportista lle guste o deporte elixido, en primeiro lugar. Se non sente esa inclinación, resulta infrutuoso todo o demais. Traballar no que a un lle gusta é o máis bonito da vida. Agora existe moita presión ambiental, pero, a pesar de todo, o deporte é un xogo. O talento do deportista é xenético; leva dentro algo que logo o manifesta na súa actividade, pero tamén é verdade que aos poucos, vai perfeccionando as súas calidades naturais, asimilando cousas que máis tarde lle son útiles. As etapas de formación deben ser como a horma do seu zapato, á súa xusta medida. Os mozos deportistas deben ter constancia no traballo. Outro dos aspectos fundamentais e imprescindibles é a humildade. Nunca pensar que se sabe todo. É

Redacción

mentira e ademais carrexa moitos contratempos. Débese ser un máis do grupo, aínda que sexas o mellor. A humildade obriga a non relaxarte, e cando chegan os momentos malos, váleche para superar as dificultades. Hai moitos deportistas que se malogran pola súa soberbia e prepotencia. Este tres alicerces do deportista serven e son necesarios para todo. Pero, para que o proceso de formación sexa o axeitado habemos de contar con técnicos-educadores cualificados capaces de erixir este edificio humano- deportivo. O proceso de formación ha de asentarse sobre unhas bases sólidas e firmes. Un bo técnico-educador debe preparar cada sesión de traballo, desterrando a improvisación e o empirismo, para desta maneira, lograr unha aprendizaxe rebosante de alegría, de diversión, de eficacia e progreso. Moi importante que o mozo deportista goce do deporte como un neno e que nunca sexa tratado como un adulto. Esta actitude levaría a asumir unha serie de responsabilidades e comportamentos que, por idade, non lle corresponde baixo ningún concepto. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

“Traballar no que a un lle gusta é o máis bonito da vida”

O equipo denominado Full gañou o torneo lóstrego de fútbol sala.

Amencer, fiel ao fútbol e ao baloncesto

A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organizou esta pasada Semana Santa dous campionatos lóstrego (dun só día) de futbol sala e de baloncesto. Amencer organizou o luns 25 de marzo un campionato lóstrego (dun só día) de fútbol sala no campo cuberto do colexio salesiano. Participaron 11 equipos de entre 8 e 15 xogadores. Organizouse unha eliminatoria directa entre os dous vencedores. A final foi disputada entre Gunners e Full, resultando gañador Full por 6 goles a 3. En canto ao Baloncesto 3x3 a participación foi de dous equipos de tres xogadores cada un.

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo continúa esta fin de semana co seu “Curso de organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as chaves do éxito”. Nesta terceira sesión, que ten lugar na tarde do venres 5 de abril no Edificio Xuridico-Empresarial, responsables de destacadas citas deportivas explicarán aos asistentes o seu traballo antes, durante e despois das competicións. O programa comeza ás 16 horas coa intervención de Miguel Galeiras, de Ferrol Gestión Deportiva, organizador da Pantin Classic Pro. Continuará ás 17.30 h cunha charla sobre “O FC Barcelona e os seus eventos deportivos”, por Carles Murillo, da Universidade Pompeu Fabra. A intervención de Marta Míguez, do Consello Municipal de Deportes, que analizará a Carreira do San Martiño, pechará o curso.

Máis de 25 marcas no 3º Salón do Automóbil 4 Do venres 5 ao domingo 7 en Expourense. Redacción A terceira edición do Salón do Automóbil “Ourensemotor 2013” celebrarase esta fin de semana en Expourense contando coa participación da práctica totalidade dos concesionarios da provincia de Ourense que presentarán os últimos modelos de 25 marcas de vehículos que ocuparán máis de 10.000 metros cadrados de exposición. Trátase dunha iniciativa da empresa Organización Feiral Galega, OFEGA, que elixiu as instalacións

de Expourense para organizar este salón específico sobre o automóbil que abrirá as súas portas o venres ás 17.00 horas. Os concesionarios participantes estarán presentes con vehículos de todas as gamas que comercializan, dende utilitarios a berlinas ou monovolumes e moitos deles presentarán os últimos modelos recén saídos ao mercado case en exclusiva neste salón. O xerente de OFEGA, Sindo Alonso, insistiu na fidelidade das casas comerciais que logo de tres edicións seguen apostando por este salón

O xerente de OFEGA, Sindo Alonso, xunto á director adxunta de Expourense, Emma González. como escaparate polo que pasan milleiros de persoas en tres días. Os concesionarios ofrecerán prezos e descontos especiais de feira. O horario de apertura do salón será o venres 5 de 17 a 21 horas, sábado 6 e domingo 7 de abril, de 11 a 21 horas de xeito ininterrompido. A entrada terá un custo de 2,5 euros.

Ourensemotor Ocasión A cita desta fin de semana complementarase co salón Ourensemotor Ocasión que terá lugar, tamén en Expourense, a fin de semana do 12 ao 14 de abril e na que as mesmas empresas expositoras, e algunha máis especializada neste sector, ofrecerán vehículos seminovos, km. 0 ou de xerencia.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de abril de 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.