08 marzo 2013 - BD Nº72

Page 1

Ourense acolleu a VI Copa Galicia de Ximnasia acrobática CLUB OURENSE BALONCESTO

[páx. 13]

Páx.2-3

O CD Ourense logra un valioso empate na casa contra o Real Oviedo

Fortes no Paco Paz

[páx. 4]

Dous empates do Ponte Ourense nas dúas últimas xornadas alónxano da Copa [páx. 8]

Número: 72- Ano: V - 8 de marzo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

BALONCESTO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 10 de marzo. Os Carrís. UD Barbadás - Narón. 3ª División. - Día 10 de marzo. O Barco. CD Barco - Verín. R.P. - Día 10 de marzo. O Carballiño. Arenteiro - O Grove. Rexional Preferente. - Día 10 de febreiro. Oira (Ourense). Ponte Ourense Choco. Rexional Preferente. - Día 17 de marzo. O Couto -17.00h.- CD Ourense - San Sebastián de los Reyes. 2ªB. - Día 17 de febreiro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Ponte Ourense. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 9 de marzo. Paco Paz -18.00h.- COB - Breogán Lugo. Liga LEB Ouro. - Día 9 de marzo. Os Remedios -20.00h.- Ourense Capital Termal - Chantada. Liga EBA. - Día 16 de marzo. Os Remedios -20.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Feel Cortegada. Liga Feminina 2. - Día 17 de marzo. Os Remedios -12.00h.- Ourense Capital Termal - Fidalgo Vecino. Liga EBA.

Fútbol sala feminino

- Día 23 de marzo. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Valladolid. 1ª División Fútbol Sala.

Atletismo

- Día 10 de marzo. Xinzo de Limia -a partir das 10.30 h.- VI 10km. Vila Xinzo de Limia. - Día 21 de marzo. Ribadavia -10.30h.- V Campionato Provincial de Orientación Pedestre. - Día 24 de marzo. Verín -11.300h.- Carreira de montaña III Pozo do Demo.

Tiro

- Día 17 de marzo - Eiroás - Liga de pistola estándar.

Balonmán

- Día 10 de marzo. Anexo os Remedios -11.00h.-. Indomogal Balonmán Pabellón - Clínica Deza Lalín. 1ª Autonómica Feminina. - Día 17 de Marzo. Os Remedios -18:30 h-. Balonmán Pabellón - Balonmán Porriño. Primeira Autonómica Masculina.

Tenis de mesa

- Día 9 de marzo. Paco Paz -17.00h.- Galmédica A Ceibe de Monforte. 2ª División Nacional. - Día 16 de marzo. Paco Paz -17.00h.- Galmédica B Helios Rest. Tapería Cormorán. 1ª División Galega.

Hoquei

- Día 10 de marzo. Mariñamansa -12.00 h.- Caldaria Barrocás - Junior.

Voleibol

- Día 10 de marzo. IES A Carballeira -12.00 h.- Caldaria Voleyourense - Dompa Gestión. - Día 16 de marzo. Dompa Gestión - Ellael Vogovoley.

Varios - Ata o 31 de maio. Oiciourense.

Movilla entra a canastra no partido contra o Burgos./RAMSÉS.

O COB faise forte no Pazo 4 Das sete vitorias de Liga, seis foron como locais. R. Torres O COB buscará este sábado 9 de marzo a súa oitava vitoria da tempada, sétima no Paco Paz. A partir das 18 horas na cancha ourensá, terá enfronte a un Breogán de Lugo que busca ser un dos dous equipos que logren o ascenso á ACB. Dous obxectivos antagónicos os destes dous equipos, que durante a pretempada deron mostra desa diferenza nos dous amigables que disputaron (con vitoria nas dúas ocasións para o

O club ourensán recibe ao Breogán o sábado, ás 18 h

conxunto da cidade da muralla de forma holgada). Pero en competición as cousas poden ser distintas. Xa no partido da primeira volta disputado en Lugo, o Club Ourense Baloncesto perdeu por un só punto. Coa racha de vitorias no Pazo, de seguro non lle porán os de Rafa Sanz as cousas sinxelas aos homes de Lisardo Gómez. Gómez leva unhas xornadas no banco do Lugo para enderezar un rumbo que parecía desviarse e que pouco a pouco vai collendo novamente o norte. Rival Para Rafa Sanz as opcións de vitoria pasan por ser “capaces de aguantar o nivel de acerto”, xa que o Lugo “pode conseguir puntos de tres en poucos minu-

tos”, polo que deberán estar preparados “animicamente para ese momento”. Fortes no Pazo A ninguén se lle escapa que o equipo nas primeiras xornadas de competición non se sentía cómodo na casa, e nembargantes mostraba unha mellor faciana como visitante. Isto revertíuse nas últimas xornadas, e o conxunto ourensán amósase intratable no Paco Paz, mentres que non dá a medida das súas posibilidades lonxe de Ourense. O técnico cordobés, e a pesar de que das seis xornadas que restan para rematar a liga catro xoganse en casa, non quere aferrarse soamente ao factor cancha. Sabedor de que gañar fóra é complicado, buscarán ter opcións

de vitoria nalgún dos dous encontros que restan como visitante (Alicante e Coruña), amais e sen deixar de lado a boa racha de vitorias como locais. Obxectivo, evitar a última posición A pesar do compacto da clasificación (cinco equipos cunha vitoria de diferenza), Sanz ten claro que o obxectivo máximo do equipo é evitar a toda costa o último posto. Para iso, contan cunha vantaxe de tres vitorias con respecto ao pechacancelas, Melilla. Os norteafricanos teñen catro vitorias por sete dos galegos. Os dous enfrontaranse no Paco Paz na xornada número 23; será o sábado 23 de marzo ás 13.00 horas coas cámaras de Teledeporte coma


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

BALONCESTO

testemuñas. Gibbs O norteamericano segue a bo ritmo o seu acoplamento e a recuperación da forma física. Dous meses sen competir fan que Ashton Gibbs continúe coa súa particular pretempada. Contra Huesca mostrou o seu nivel ata que o físico llo permitíu. Cinco minutos bos son os que aportou no pasado partido. Terá que ter unha pretempada máis curta do habitual se quere axudar aos seus compañeiros nas últimas xornadas, xa que restan seis partidos, ou o que é o mesmo un mes e medio. Se temos en conta que fai tres meses disputaba competición europea pouco lle costará alcanzar un nivel aceptable. Calidade ten, en canto lle chegue o físico para competir moitos minutos, de seguro que será un gran reforzo.

O Arxil descobre o sabor da vitoria a costa do Pabellón 4 As pupilas de Gonzalo González caeron por 52-47 ante o conxunto pontevedrés. S.N.

Baixas Julio González contínua cos seus problemas de costas. Movilla segue renqueante e Kedzo é seria dúbida para o encontro. Por parte do Breogán non está asegurada a participación no encontro nin do pívot Michel Diouf, nin do aleiro Leonavicius.

Liga Adecco Ouro 20º xornada

Posto Equipo Puntos 1. Andorra 38 pt 2. Burgos 36 pt 3. Alicante 33 pt 4. Palencia 33 pt 5. Breogán Lugo 31 pt 6. Huesca 29 pt 7. Knet 29 pt 8. Barcelona Regal 29 pt 9. Navarra 28 pt 10. Lleida 28 pt 11. Caceres 28 pt 12. COB 27 pt 13. Basquet Coruña 27 pt 14. Melilla 24 pt

Un xogador do Burgos intenta frear a Kedzo./RAMSÉS.

Semellaba ser unha das citas sinxelas da liga para o Pabellón Ourense. Enfronte atopábase un equipo que perdera 15 dos 15 encontros que disputara na tempada. Pero está claro que nisto do deporte poucas veces se pode deixar á sorte decidir o final da historia, porque pode ternos reservada algunha sorpresa. E iso foi o que lle aconteceu ao conxunto ourensán. Todo facía presaxiar unha vitoria cómoda e, pola contra, o que viviu o Pabellón foi unha derrota agónica. As ourensás comezaron dominando e o dúo composto por Bolonio e Pallardó levou a voz cantante no equipo tanto no primeiro período como no conxunto da cita. Pero a pesar de que anotaron 13 puntos cada unha e da soberbia actuación de María José á hora de re-

cuperar balóns, o Arxil, encabezado pola ex-pavillonista Olga Fedorava (que sumou 20 puntos, 9 rebotes e logrou 31 de valoración) conseguiu revertir a situación. E xa comezou a facelo no segundo período, logrando chegar ao descanso por enriba no luminoso (33-27). No terceiro cuarto, o Pabellón buscou solventar a situación pero non foi capaz máis que recortar algo de distancia (41-39). E xa no último período o Arxil sentenciou un encontro que, a pesar das predicións, levaba o seu nome dende pouco despois de comezar o xogo. 52-47 foi o resultado final que lle permitiu ás pontevedresas celebrar, por fin, unha vitoria, e que sepultou (aínda que cun partido menos que outros) ao Pabellón Ourense na novena praza da xeral e, por conseguinte, nos postos de descenso.

Vindeira cita O Pabellón Ourense vén de descansar esta pasada xornada, un parón que, casualmente, aconteceu no momento preciso, para analizar os erros cometidos ante o pechacancelas, así como para que as deportistas ourensás collan forzas de cara ás vindeiras citas, xa que lles tocan emparellamentos de altura. Por unha banda, este sábado 9 de marzo as ourensás visitarán a cancha do terceiro clasificado do seu grupo, o Al-Qázeres. E, de seguido, o 16 deste mes, o Pabellón recibirá ao Cortegada, que ocupa a segunda posición.

O Arxil sumou no partido contra o Pabellón a primeira vitoria da tempada


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

CD OURENSE

O Ourense suma cinco xornadas sen perder 4 Nos sete últimos partidos tan só encaixou tres goles. R. Torres O Ourense sumou no seu enfrontamento co Real Oviedo o seu quinto partido consecutivo sen perder; amais de levar nas sete últimas xornadas tres goles en contra, as tres últimas coa portaría a cero. Contra o Real Oviedo o resultado foi de empate a cero goles o que fai que os asturianos non foran quen de vencer nos dous partidos que se enfrontaron aos galegos (un a un finalizou o partido da primeira volta). Dato que explica o bo rendemento do equipo ourensán cando xoga contra equipos chamados a loitar polo

ascenso; os carbayóns marchan terceiros tralo empate desta xornada. No partido contra Oviedo estaban todos os ingredentes para ver un gran espectáculo, pero o terreo de xogo fixo caso omiso a todo o que se montou arredor deste encontro. Uns 1.000 afeccionados ovetenses acudiron a Ourense para presenciar o partido do seu equipo na cidade das Burgas; a entidade “rojilla” chegaba ao obxectivo dos 3.000 socios ao longo da semana e as bancadas do Couto presentaban a mellor entrada da tempada. Pero non quedou aí a cousa; a Real Banda de Gaitas da Deputación de

Portela saltando de forma acrobática por un balón xunto co dianteiro do Oviedo, Javi Casares. /RAMSÉS

Ourense tocou nos prolegómenos do encontro. En definitiva, unha festa á que non se quixo unir o céspede. O adestrador do Ourense Luís Míguez “Luisito”, pedira que se regara o campo o domingo pola mañá para que o balón circulara mellor, e así dar unha boa exhibición. Incomprensiblemente os aspersores non funcionaron polo que non puideron regar o terreo e tívose que xogar nun estadio do Couto impracticable para a actividade do fútbol. O partido foi moi trabado, sen apenas xogo por parte das dúas escuadras. Cun campo nese estado todo se limitou a xogadas a balón parado, pero ningunha das poucas ocasións que se viron ao longo dos 90 minutos inquedaron a ambas as dúas portarías, sendo os dous cancerbeiros meros espectadores. Soamente Pato, nos intres finais tivo que sacar a relucir os seus reflexos para despexar un balón que se colaba no seu marco. 0-0 foi o resultado final dun partido que empobreceu o ambiente reinante das bancadas. Clasificación Tras 27 xornadas, o CD Ourense é décimo con 37 puntos a oito da promoción de descenso e do descenso directo; por enriba encóntrase a sete da promoción de ascenso. Para o técnico, a salvación pasa por acadar 44 ou 45 puntos, polo que con este empate está máis preto o obxectivo a alcan-

zar. 11 xornadas restan para conseguir os sete puntos que faltan ata chegar aos 44, polo que parece factible a misión. De cumplila, estaríamos a falar dunha gran tempada para o equipo ourensán. Non se debería esquecer que o pasado verán a entidade estivo a piques de desaparecer. Incidentes A nota desagradable desta xornada foi o enfrontamento que as dúas afeccións tiveron na praza do Ferro sobre as tres da tarde. Men-

tres estaban a gozar os asturianos duns pinchos pola zona dos viños apareceron os radicais do Ourense para armar gresca. En nada montouse un lío no que voaron cadeiras e pedras durante tres minutos para logo esparcirse as dúas afeccións. A Policía comunicou que os radicais ourensáns estiveron arroupados por un grupo de celtarras. Fuenlabrada Este domingo o Ourense visita o campo do Fuenlabrada. En horario mati-

nal os de Luisito xogarán contra un Fuenlabrada que marca a última posición da promoción de ascenso, cuarto. No partido da primeira volta os madrileños sorprenderon aos ourensáns vencendo no Couto por un gol a dous.

O CD Ourense visita esta semana o campo do cuarto clasificado, o Fuenlabrada

Conchi Fernández Fernández, a socia número 3.000 de CD Ourense acompañada por directivos da entidade “rojilla”./RAMSÉS

Obxectivo cumprido, 3.000 socios Redacción Desde que chegara esta nova directiva quixeron implicar á cidadanía no proxecto de Club Deportivo Ourense. Para iso, marcáronse o reto de lograr ao longo da tempada os 3.000 socios. Empresa difícil se temos en conta que non pasaba do millar a tempada pasada. Pero por fin, o 28 de febreiro esa cifra fíxose realidade. Conchi Fernández Fernández foi a persoa que cursou o carnet de socio número 3.000

e con iso o club acadaba un dos obxectivos marcados para esta tempada. Agora toca desbloquear os certificados para poder optar ás subvención das administracións. O problema é que non consiguen os certificados por culpa dunha subvención, de fai anos, que teñen que devolver á Xunta de Galicia. O importe da mesma ronda os 90.000 euros. Parece que a boa predisposición da administración autonómica por resolver o caso fai que en breve o club poida comunicar a

nova de que se aprazou o pago de dita subvención. O motivo de que se teña que devolver esta subvención, concedida na época en que Quino Muñoz era o presidente do club, é que o Ourense non se acollía aos parámetros polo que estaba convocada. Renovación Luisito En canto se desbloquee este tema, case seguro que o Consello de Administración se reunirá con Luisito para tratar a súa renovación.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

Participación no Galego de pista cuberta Redacción

Tres medallas lograron os cadetes do Atletismo Ourense no Campionato Galego de pista cuberta celebrado na Coruña. Josu Landa, en 600 metros foi subcampión; Elena Freiría, en salto de lonxitude, colgouse o bronce tras saltar nun único intento válido de 4,85 metros (e foi quinta nos 50 metros). Xoán Eusebio Iglesias foi terceiro na proba dos 1000 metros. Por outra banda, Uxía Calleja Varela do Ben Cho Sei rematou en quinta posición en salto de lonxitude e sétima en 50 metros valados.

POLIDEPORTIVO

Seis podios ourensáns no Autonómico de Cross XOGADE 4 A Asociación Deportiva Limia proclamouse campión galego por equipos en infantil masculino. R.T. O Campionato Galego de campo a través escolar XOGADE celebrado en Guitiriz deixou para a expedición ourensá seis podios. 115 escolares de toda a provincia acudiron ao campionato disputado o pasado 23 de febreiro nas categorias alevín, infantil e cadete. Os seis podios acadados polos atletas ourensáns foron o campionato

galego para o equipo infantil da AD Limia; o subcampionato por equipos do Ourense Atletismo en cadete masculino e as terceiras posicións do Ourense Atletismo en infantil feminino e da AD Limia en alevín masculino. Tamén se logrou de xeito individual a segunda posición do infantil de Ziag Nagihi (Ad Limia) e o subcampionato de Saib Abdoun (Ad Limia) en alevín masculino.

Podio da AD Limia en categoría infantil na final Autonómica do XOGADE.

O Pozo do Demo, o 24 de marzo 4 Na localidade de Verín dispútase esta proba, nas modalidades de andaina e carreira de montaña. R.T. O domingo 24 de marzo é o día elexido para que teña lugar a terceira edición do Pozo do Demo. Andaina ou ben carreira polo monte son as dúas posibilidades para os que queiran participar neste evento deportivo en terras verinesas. A inscrición está aberta ata o 20 de marzo. Cada participante deberá abonar dous euros a pagar cando se recolla o dorsal, que se poderán recoller o venres 22 ou o sábado 23 en Multisport (pola mañá) ou o do-

A andaina percorre 18 quilómetros e a carreira 11,4

4 podios por equipos e 2 individuais foi a bagaxe dos ourensáns en Guitiriz (Lugo)

5º Campionato Provincial de Orientación Pedestre

mingo 24 (día da carreira) no pavillón de deportes de Verín.

4 En Ribadavia, o 21 de marzo.

Andaina A andaina terá lugar a partir das 9.30 horas e terá unha distancia de 18 quilómetros. A saída e chegada terán lugar no pavillón dos deportes.

Redacción

Carreira de Monte A carreira de montaña dará comezo ás 11:30 horas no Balneario Cabreiroá. A chegada, despois de percorrer 11,4 quilómetros, será no pavillón de deportes de Verín. Os trofeos repartiranse a partir das 13:15 horas no propio pavillón. Máis actividades Amais da andaina e da

Participantes na edición de 2012. /ARQUIVO. carreira de montaña tamén haberá unha carreira de escolares (no pavillón). Ás 10 correrán os benxamíns; ás 10:10 os alevíns; ás 10:20 comezará a carreira infantil e ás 10:30 horas será o turno para a carreira cadete. As promocións das que

poderán gozar os inscritos neste evento deportivo serán os menús Pozo do Demo e unha visita gratuíta a bodegas da comarca. [+ info nos teléfonos 988 411 140, 988 414 423 e 600 410 018]

O vindeiro 21 de marzo Ribadavia acolle o quinto Campionato Provincial de Orientación Pedestre organizado pola Xunta de Galicia. O parque do Xestal-A Veronza é a zona onde transcurrirá o campionato; a zona de saída e meta estará ubicada dentro do Campo de Fútbol vello. Ás 11 da mañá sairá o primeiro dos participantes, e ás 14 horas realizarase a entrega de premios. A modalidade desta competición é a de carreira sprint en parque: orientación en liña -o

participante terá que pasar por todos os controis seguindo obrigatoriamente a orde numérica- con saída individual contrarreloxo. O terreo é semiurbano cunha boa rede de camiños; bosques con boa penetración e abundancia de terreo aberto, alternando con zonas de repoboación e axardinadas. Campionato Galego Quedarán automaticamente clasificados para o Campionato Galego Escolar -que se disputa o 26 de abril no Barco de Valdeorras- os participantes que ocupen os 12-13 primeiros postos de cada categoría.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

POLIDEPORTIVO

Preto de 200 atletas na popular da Merca

EN BREVE

4 Xadrez

4 Celebrada o 3 de marzo. Redacción A 22 edición da carreira popular da Merca celebrada o pasado 3 de marzo congregou a preto de 200 atletas de todas as idades. En categoría escolar Manuel Prieto (Limiactiva) foi o máis rápido, seguido de Daniel Castillo (Limiactiva) e Pablo Parrilla, segundo e terceiro respectivamente. En categoría feminina, Jimena Salgado (Ourense Atletismo) entrou de primeira na meta; segunda foi Nuria Pazos e terceira Lucía Álvarez. Os menores percorreron unha distancia de 3.000 metros. Na proba absoluta, Pepe

Márquez (Veteranos Ourense) foi o máis rápido ao empregar un tempo de 34:14 en completar os 10 quilómetros; seguírono no podio, José Paz (Veteranos Ourense) con 35:53 e o compañeiro de equipo Saturnino González (36:13). En mulleres, a corredora do Esprintes Ourense, Silvia Rodríguez realizou os 10.000 metros en 44:00 minutos, sendo a primeira en sobrepasar a liña de meta. Montserrat Álvarez (47:07) foi segunda, e a atleta do Burgas Atletismo, Ana Belén Losada, terceira cun tempo de 49:01 minutos.

O Atletismo Ourense compite por toda Galicia Redacción A lucense María Hurtado do club Atletismo Ourense acadou a sétima posición no Medio Maratón Coruña21 ao rematar nunha hora 30 minutos e 13 segundos. A súa compañeira de equipo, Silvia Teijeiro, entrou no posto número 10 (cuarta da súa categoría) cun tempo de 1h 33:45. Ambas as dúas conseguiron mínima para os campionatos de España de medio maratón e de maratón. A terceira atleta do club ourensán foi Esther Bouso, que chegou á meta no posto 62. En Porriño disputouse sobre unha distancia de 10 quilómetros o VII Interrunning 2013. Filomena Cid foi 24ª da xeral (14ª sénior),

e Alberto Rodríguez rematou no posto 153. A alevín Nayeli Iglesias lograba a segunda posición da súa categoría, e a benxamín Iria Rodríguez era oitava na súa. En Lugo, o cadete Alejandro Díaz participou na proba dos 1.000 metros da 2ª xornada do Trofeo Diputación de Lugo en pista, onde foi terceiro con 3:05.70. Gerardo Martínez acadou a novena praza nos 1.500 metros. Rocío Carbia foi oitava no Campionato de España de Marcha en Ruta. No Nacional de veteranos de pista cuberta, Emilia Mesa quedou campioa nos 60 metros e en salto de lonxitude.

Saída da proba absoluta na edición de 2012./ARQUIVO.

Chegan os 10 Qms Vila de Xinzo de Limia 4 O domingo 10 de marzo é a data elexida para esta carreira popular, que chega a súa sexta edición. Redacción O domingo 10 de marzo será o turno para a disputa da VI 10 Qms Vila de Xinzo de Limia, proba oficial e homologada da Federación Galega de Atletismo. A carreira está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo de Limia. A saída e meta para todas as carreiras estará situada xunto ao pavillón municipal de deportes. A primeira das probas será a infanil-cadete (2.300 m) comezando ás 10:30 horas; ás 10:50 horas tocaralle a benxamín-alevín (1.500 m); ás 11:10 horas turno da carreira absoluta (10.000 m homologados,

Máis de 300 atletas confirmaron a súa presenza na proba

dúas voltas ao circuíto); ás 12:30 horas disputarase a carreira prebenxamín (350 m) e rematará a carreira de pitufos sobre as 12:40 horas. Inscricións A falta dunhas horas para o peche das inscricións máis de 300 atletase confirmaron a súa presenza neste evento deportivo. A inscrición é gratuita para os atletas empadroados en Xinzo de Limia que realicen a inscrición presencial no Pavillón de Deportes. Tamén é de balde para todos os participantes das categorías infantil, cadete, benxamín, alevín, prebenxamín e pitufos. Vencedores das pasadas edicións Esta Vila de Xinzo coñeceu, en categoría masculina, a seis vencedores distintos. Elías Domínguez, Iván Docampo, David Ro-

dríguez, Hassan Lekhili, Daniel Bargiela e, o pasado ano, Jorge Crespo, foron os vencedores. David Rodríguez fíxose coas dúas edicións anteriores cando aínda non se lle denominara Vila de Xinzo e non estaba homologada a distancia. Para esta sexta edición non está inscrito, ao peche desta edición, ningún dos anteriores gañadores, polo que o favoritismo pasa a mans de Pepe Márquez, sen esquecerse de Óscar Ramos ou Saturnino González, entre outros. En categoría feminina as vencedoras foron Manuela Machado, María Soledad Castro (en tres ocasións consecutivas), Ingrid Rodríguez e Sonia Teijeiro. Anteriormente Ingrid Rodríguez e Iria Fernández gañaron a proba. Esta edición están inscritas Iria Fernández e a favorita, Sonia Teijeiro.

O domingo 17 de marzo celebrarase o II encontro de xadre Chaves - Verín. O lugar do evento será na praza da Merced e as inscricións, que estarán limitadas, serán gratuítas. O período de inscrición de rematará o 15 de marzo ou ata o mesmo día da competición se houbera prazas dispoñibles. Xogarase mediante o sistema suízo a sete rondas e cun tempo máximo por xogador de 10 minutos por partida. O encontro comezará ás 15.30 horás e prolongarase ata ás 19 horas, cando se realice a entrega de diplomas.

4 Desafío de artes marciais A Fundación Cipri Gomes organiza o primeiro campus “Desafío Puertas de Galicia de Artes Marciales” para rapaces do 23 ao 27 de marzo, unha actividade que se realizará no Centro de Tecnificación Deportiva, Formación e Ocio da localidade de Viana do Bolo. Ademais das clases de kickboxing, hapkido, wushu e karate, o campus inclúe obradoiros de manualidades, de ocio e informática, visitas culturais, sendeirismo, competicións deportivas, xogos de campamento e veladas, así como unha demosración especial do verinés José Manuel Ferreira, 2º dan de wushu e subcampión europeo, na xornada de despedida. O campus oferta 25 prazas para menores de entre 6 e 13 anos. [+ info no 988 329 283 e centroviana@fundacionciprigomes.com]


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

PONTE OURENSE

O Ponte Ourense alónxase da Copa de España 4 Empataron a catro tantos co Móstoles en Ourense. R. Torres Este no é o ano. O Ponte Ourense perde cada ocasión que se presenta para achegarse á oitava posición e participar ao final de tempada na Copa de España. Logo de empatar incomprensiblemente fai dúas xornadas contra o penúltimo clasificado, o Viaxes Amarelle (empate a tres tantos), nesta ocasión volveu a firmar táboas. Des-

ta vez, en casa, contra o Móstoles, outro equipo que ocupa un posto (o décimo) que non lle corresponde segundo a calidade das súas xogadoras. Un empate que non satiface nin a unhas nin a outras para aferrarse ás posibilidades de participar na cita copeira. Ourensán e madrileñas repartíronse os puntos dun partido vibrante que puido caer do lado de calquera dos dous contendentes.

Marta atacando no partido contra o Soto./ARQUIVO

A cita nesta ocasión era no anexo dos Remedios do pavillón municipal dos Remedios. As locais quixeron levar as rendas do encontro nos primeiros minutos. Froito deste dominio chegaría, no minuto seis, o primeiro gol do encontro obra de Marta desde seis metros, e tras collelo rechace dunha falta botada por Laura. Un minuto máis tarde, Patri Chamorro lograba un tanto que devolvía o em-

pate; logo dunha xogada de estratexia tras sacar unha falta. No ecuador deste primeiro tempo, as visitantes adiantábanse no marcador cun gol de Inma, quen se aproveitaba dunha imprecisión no despexe da bola de Sara e Loli. Para seguir coa igualdade, Souza lograba en menos dun minuto un novo empate. Pero non ía quedar a primeira metade así, e por segunda vez na tarde, Patri Chamorro batía a Loli cun forte disparo no que sería o 2-3, resultado co que se chegaría ao descanso. Trala reanudación Vanessa acudía á cita co gol, e dela foi o empate a tres no minuto 23 do partido, grazas a que Ana roubaba o balón á zaga mostoleña e cedía a Vanessa que non perdoaba. Nos minutos 32 e 33 chegaría os últimos arreóns goleadores da tarde. Rocío Toledano poñía en franquicia ás visitantes cun lanzamento desde sete metros que se coaba na portaría local adiantando por

terceira vez ao Móstoles. Pero as de Óscar Vivián volvían a equilibrar o envite tras unha falta lanzada por Souza. Nos últimos cinco minutos os dous conxuntos alternaron o xogo de cinco en busca dun triunfo que non chegou para ningunha das dúas escuadras.

en Copa. Mentres estén con opcións matemáticas as albinegras loitarán por un posto na Copa, pero cada vez as opcións son máis escasas se seguen sen vencer. A última vitoria fai xa cinco xornadas, daquela venceron ao Rioja por tres goles a catro.

Clasificación Con este empate é o colleitado a semana anterior (3-3 contra o Viaxes Amarelle), o Ponte Ourense é undécimo con 21 puntos. Aínda que faltan nove xornadas por disputar (oito partidos ás pontinas), ou o que é o mesmo 27 puntos en liza (24 o Ponte), o obxectivo da Copa está moi complicado. A oitava praza ten como dono momentáneo ao Soto del Real con 30 puntos; nove máis e cun partido menos. Entre o Soto e o Ponte están o Roldán (23 puntos) e o Móstoles (21), que tamén buscarán a súa oportunidade de entrar

Tralo descanso, Alicante Esta semana non hai Liga xa que se disputa a fase final de seleccións autonómicas. Para a vindeira semana o Ponte visita a cancha do Universidad de Alicante; o cadro murciano marcha quinto con 35 puntos, lonxe dos postos de cabeza e coa clasificación copeira ao alcance da súa mán. De perder as galegas diría prácticamente adeus á copa, e a calqueira outro obxectivo nesta tempada.

O Ponte está a nove puntos da oitava praza

Anita tentando desfacerse dunha rival. /ARQUIVO


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013


10

BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

POLIDEPORTIVO

A permanencia, máis preto 4 Venceu ao Ártabro 26-25. Redacción Un pasiño máis o que vén de dar o Balonmán Zen Pabellón na súa andadura por manter a categoría de cara á tempada que vén. Os pavillonistas venceron nos Remedios, na tarde do sábado, ao Ártabro da Coruña, que ata esta semana marchaba líder na fase de permanencia. Os ourensáns foron sempre por diante no marcador, pero nunca conseguiron abrir distancia cos coruñeses. A defensa non facilitou o camiño no primeiro tempo, e as constantes imprecisións nos contrataques mantiveron o encontro aberto. Ao descanso, o resultado era de 14-12 para os pavillonistas. A conxura no descanso espoleou ao equipo ourensán, que comezou a segunda parte con máis brío, logrando distanciarse ata os catro goles cando o marcador reflectía un 19-15. Pero as exclusións na parte final do encontro puxeron o marcador máis apretado se cabe. O encontro chegaba aos últimos 30 segundos con 26-25 para o Zen Pabellón. O equipo visitante dispuxo da posesión para empatar o encontro, pero a defensa dos de Zarra conseguíu impedir o lanzamento coruñés e así rematar co partido, quedando a vitoria en terras ourensás. Líderes Tras esta xornada, a número oito, o ourensáns son líderes en solitario, grazas ao traspés do At. Novás na súa casa contra o Conxo de Santiago, equipo que vai a máis nesta fase pola

O Barrocás pon contra as cordas ao líder 4 A piques estivo de dar a sorpresa e puntuar contra o Polo. Redacción O Caldaria Barrocás recibía ao líder da División de Honra de hoquei herba, o Polo. Os ourensáns estiveron a piques de dar a sorpresa na décimo sexta xornada e lograr puntuar ante un dos mellores equipos da competición. O Polo comezou o encontro buscando a vitoria pola vía rápida, asfixiando en toda a cancha aos barrocos. Esperando esta situación, o adestrador local, Roberto Oliveira, colocou unha maraña defensiva difícil de penetrar para os cataláns, e obrigándoos a xogar por fóra. Nestas chegou o gol local. O Caldaria Barrocás non desaproveitaría a súa ocasión, cando no minuto oito Antón logra contactar con Borja Prol, quen bate ao cancerbeiro visitante no un contra un. A partir dese momento e ata o fi-

nal do primeiro tempo o Polo volcouse aínda máis contra a portaría ourensán, dispoñendo de tres penaltis córner que desbarataría a zaga. Reanudado o xogo, o Polo volve á carga, nesta ocasión retrasando a liña de ataque para contar con máis espazos, pero o Barrocás non cae na trampa e limítase a esperalos en medio campo. No minuto 10 deste período chegaría o empate. Javier Turull remataría unha bola na área cruzándoa ante a saída de Cuco. A partir dese momente, os líderes da competición adícanse a mandar as bolas á área en busca de bolas divididas e segundas xogadas. Con este plantexamento logran varios penaltis córner, que Cuco ou a defensa logran atallar. A falta de catro minutos chegaría o gol do internacional Álex Fábregas nun tiro ao primeiro pao que

Cuco logra tocar pero de forma insuficiente para que non se coe pola liña de gol. Nos intres finais, o Barrocás tira de casta para buscar o empate que case logra na última xogada do encontro. Pero non alcanza materializar o penalti córner do que dispuxo. Para Roberto Olivieira, adestrador do Caldaria Barrocás, foi un partido moi serio no que “puxémoslles as cousas moi difíciles ao todopoderoso Polo”. Oliveira remarcaba que “este é o camiño a seguir”. Clasificación Con esta derrota, o Caldaria Barrocás mantense noveno con nove puntos a falta de seis partidos para rematar a competición. Na próxima xornada os ourensáns reciben ao Júnior. O encontro terá lugar o domingo 10 de marzo no campo de Mariñamansa, a partir das 12 horas.

Partido da fase da permanencia disputado no anexo dos Remedios. /ARQUIVO permanencia e que será o próximo rival da Balonmán Pabellón. Equipo xuvenil Nesta xornada tamén hai que salientar o ascenso á División de Honra do equipo xuvenil do Balonmán Pabellón, equipo dirixido por Richi, que se xogaba a unha carta o ascenso de categoría na pista do primeiro clasificado, o SAR de Redondela. Non só venceron,

O Balonmán Pabellón Ourense é o líder da fase da permanencia na 1ª Autonómica senón que ademáis fixérono con goleada e autoridade (27-39), arrebatándolle o título ao equipo vigués.

Unha acción nun partido do Caldaria Barrocás en Mariñamansa. /ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

POLIDEPORTIVO

A BTT Palmés-Ourense 2013 celebrarase o 24 de marzo 4 Esta é a segunda edición desta proba cicloturista. Redacción

O P21 Pádel Club é líder da Liga das Rías Baixas./P21

O P21, intratable 4 Desfíxose na quinta xornada do Pádel Pontevedra. Redacción O sábado 2 de marzo chegaba o día no que o P21 A e o Club de Pádel Pontevedra enfrontábanse na quinta xornada da Liga das Rías Baixas. Ata a data eran os dous equipos máis en forma da competición logo de resolver as xornadas anteriores con vitoria (catro de catro), o que facía que chegaran á cita cheos de confianza. Quen levara a vitoria, colocaríase nunha boa posición pensando xa nos cruces da promoción de ascenso. O duelo comezou de cara para os ourensáns apun-

tándose os tres primeiros partidos dun xeito cómodo. Resolta xa a eliminatoria quedaba por saber que renda obterían os da cidade das Burgas para o encontro da segunda volta. Tralos dous últimos encontros o marcador reflictiría un claro 4-1 para o P21 A. Con este resultado os ourensáns colócanse como líderes en solitario da competición e invictos no seu grupo. A vindeira xornada os ourensáns viaxarán ata Caldas de Reis para enfrontarse ao Condesa Sport B (pechacancelas do grupo).

Un xogador do P21 Pádel Club nun encontro da quinta xornada./P21

A BTT Palmés-Ourense 2013 celebrará a súa segunda edición o 24 de marzo. O Club Ciclista Dúas Rodas organiza por segundo ano consecutivo esta marcha na localidade Palmés, pertencente ao concello de Ourense. Para esta ocasión o número de participantes será ilimitado; non así o de comensais para o xantar posterior que estará limitado a 200 persoas entre ciclistas e acompañantes (cada ciclista poderá levar un máximo de dous acompañantes). Inscricións Todas as inscricións deberán ser anticipadas e por internet (www.ccduasrodas.es) e antes do día 21

de marzo. Tamén será obrigatorio pór tanto en internet como no recibo do banco o nome, apelidos e DNI para evitar confusións. As inscricións están abertas xa na web, onde se atopa todas as indicacións de como inscribirse, así como a lista de inscritos. Tamén se pode realizar o pago en Ciclosportgil Ourense, amais de en Novagaliciabanco. O prezo da inscrición é de cinco euros para os federados; 17 para o non federados e 10 para a comida. Os acompañantes pagarán a comida: 10 euros. Datos A saída será ás 9.30 horas desde o campo de fútbol de Palmés e a proba terá unha dificultade media alta ao longo dos 35 quilómetros cos que conta o percorrido.

O Galmédica B visita ao AD Vincios 4 Mentres que o primeiro equipo recibe ao Ceibe de Monforte. Redacción Tralo parón ligueiro das últimas xornadas por causa da celebración do Campionato de España, a competición de tenis de mesa retómase con duelos directos para os representantes ourensáns. Galmédica A O Galmédica A recibe o sábado, a partir das 17 horas no Pazo, ao Ceibe de Monforte, na xornada número 15 da Segunda División Nacional. Os ourensáns son quintos con 10 puntos (oito máis que a zona de descenso), mentres que os lucenses son cuartos con 14 puntos. Coa salvación asegurada, aos ourensáns só lles resta rematar a competición o máis arriba posible. O Galmédica Ourense ten unha posibilidade remota de en-

trar no play off de ascenso; a última praza deste play off ocúpaa o Gijón con 14 puntos, catro máis que os ourensáns. Restan catro xornadas para o remate da competición. Galmédica B Con sete xornadas por disputar na 1ª División Galega, grupo Sur, o Galmédica B atópase en novena posición (un posto por enriba do descenso) con 12 puntos. Cada partido será unha final ata que remate o campionato, xa que o Joyería Enrique Cambados, que ocupa a última praza de descenso, ten os mesmos puntos que os ourensáns. Nesta xornada o Galmédica visita a cancha do A.D. Ferretería Vincios, equipo que ocupa a oitava praza con 14 puntos.

Cartel do 2ª BTT Palmés - Ourense.

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

CIDADE AS BURGAS

Descanso no mellor momento 4 A competición chega ao parón polo compromiso das seleccións autonómicas. R. Torres O Cidade As Burgas está a xogar grandes partidos pero non logra distanciarse da zona de descenso. Este descanso de dúas semanas vira moi ben para evadirse un pouco da presión que supón a táboa clasificatoria. Para o Cidade serán dúas semanas de descanso, xa que para a seguinte tócalle descansar na Liga. As de Manolo Codeso voltarán á competición o vindeiro día 23 de marzo, cando xoguen como visitantes contra o Orvina (cuarto clasificado con 37 puntos). Atlético de Madrid Contra o Atlético de Madrid pódese dicir o vello dito de “xogaron coma nun-

ca, perderon coma sempre”. E é que a pesar de cuallar un notable encontro non foron quen de sacar algo positivo da súa visita a terras madrileñas; o mesmo que na primeira volta, cando un gol no último minuto das colchoneiras deu ao traste coas opcións de puntuar contra as líderes da competición. O Atlético de Madrid buscaba o seu xogo imprimindo unha gran velocidade ás transicións tratando de sorprender a un ben asentado Cidade. A primeira metade rematou sen goles. No segundo período, tras cinco minutos transcorridos, Nati metía en propia porta o balón cando o intentaba despexar tras un centro de Anita Luján. Un minutos

máis tarde, Priscilla facía o dous a cero definitivo. Ata o final do encontro, as franxiverdes buscarían o empate con pases longos de área a área, pero sen apenas inquedar a portaría rival. Dous a cero foi o resultado final contra un Atlético de Madrid que continúa ao fronte da clasificación. Clasificación O Cidade As Burgas marcha no posto número 13 con 15 puntos. Un posto por debaixo está situado o Viaxes Amarelle, con 10 puntos, que ocupa praza de descenso. Estas últimas xornadas van ser de infarto para as ourensás que tentarán por todos os medios buscar a salvación para continuar na elite do fútbol sala fe-

minino. Está é a terceira tempada que o Cidade participa na Primeira División, e pode que sexa o ano que máis lle está a custar certificar a permanencia. Rivais Os rivais para a salvación son o Amarelle e o Rioja. Co Centelles prácticamente descendido soamente falta saber que o acompañará no descenso. Quen ten máis papeletas é o equipo coruñés (Viaxes Amarelle). As herculinas son penúltimas con 10 puntos, a cinco da salvación que marca o Cidade; ainda que cun partido menos. La Rioja é o outro equipo que está nesta loita pola permanencia. Con 17 puntos é décimo segundo con dous puntos de marxe sobre as de Codeso e sete sobre o descenso. Nove xornadas de infarto son as que restan para rematar a competición. Vindeira cita Despois das dúas semanas de descanso, o Cidade xogará o 23 de marzo con-

Iria loitando por un balón contra dúas rivais. /RAMSÉS tra o Orvina. Nesa mesma xornada, o Rioja recibe en Logroño ao Viaxes Amarelle. Haberá que esperar ata o 6 de abril para velas xogar en casa. O encontro será contra o Gironella.

4 Xornada 22 - 16 de marzo Viaxes Amarelle - Soto del Real Móstoles - Burela U. de Alacante - Ponte Ourense Valladolid - Gironella Femeni Centelles - Lacturale Orvina Cidade As Burgas - Descansa Ciudad de Alcorcón - At. de Madrid Roldán - La Rioja

4 Xornada 23 - 23 de marzo

Figo busca un pase cómodo ante a oposición dunha xogadora do Roldán. /RAMSÉS

La Rioja - Viaxes Amarelle Soto del Real - Móstoles Burela -U. de Alacante Ponte Ourense - Valladolid Gironella - Femeni Centelles Lacturale Orvina - Cidade As Burgas Descansa - Ciudad de Alcorcón At. de Madrid - Roldán

O Cidade As Burgas perdeu contra o líder, Atl. de Madrid por dous goles a cero Primeira División FSF - 21ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º At. Madrid 48 2º Burela 48 3º Alcorcón 43 4º Orvina 37 5º U. de Alacante 35 6º Valladolid 34 7º Gironella 28 8º Soto del Real 31 9º Roldán 23 10º Móstoles 21 11º Ponte Ourense 21 12º Logroño 17 13º Cidade As Burgas 15 14º Amarelle 10 15º Centelles 3


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

XIMNASIA

Ourense ríndese á ximnasia acrobática 4 O Pavillón dos Remedios acolleu a VI Copa Galicia Internacional. Redacción

A cancha central dos Remedios poucas veces se queda pequena, pero sempre se fai insuficiente cando a cita que acolle é ximnás-

tica. Nesta ocasión o pavillón ourensán acolleu (os días 2 e 3 de marzo) a VI Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática, que congregou a deportistas de

Galicia, Granada e Portugal, así como a centos de seareiros (entre familiares e seguidores deste deporte) que admiraron os imposibles exercicios destas xóvenes promesas.

Ximnastas de Galicia, Granada e Portugal déronse cita nesta competición./P.LODEIRO

13

Preto dun cento ximnastas de 10 clubes distintos deronse cita en Ourense durante os dous días de competición para demostrar quenes son os mellores en categoría cadete, xuvenil, júnior e sénior; por parellas ou tríos; e en categoría feminina, masculina e mixta. Os gañadores Sen dúbida, nesta sexta edición os vencedores foron os ximnastas portugueses, que estiveron presentes en todos os podios, pero os anfitrións tamén realizaron unha gran actuación. En concreto, no caso dos representantes ourensáns, do Club Burgas, destacou especialmente a actuación da parella xuvenil feminina composta por Yolanda García e Sara Blanco, que lograron a medalla de bronce na súa categoría; así como das parellas femininas júnior compostas por Lara Colmenero-Raquel Ordiales e Johana PereiraSara Mei, que se fixeron co segundo e terceiro posto do seu grupo.

As incribles figuras destes deportistas deixaron sen alento ao numeroso público asistente./P.LODEIRO


14

BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

ARTES MARCIAIS

Catro ouros e tres pratas dos judokas ourensáns no “Xoga Judo 2013” 4 Celebrado o 2 de marzo en Mos. Redacción O pasado sábado 2 de marzo, tivo lugar no pavillón Óscar Pereiro de Mos o torneo “Xoga Judo 2013”. Competición de carácter autonómico que reuníu a 250 judokas de ambos os dous sexos, de

entre as categorías alevín e infantil. O máximo metal, e por tanto a primeira posición foi, por parte ourensá, para Canolich Fernández en alevín femenino -34 quilos ao lograr dúas vitorias e un empate. O alevín Jorge Gascón (-31 quilos) obtivo o mesmo resultado. En

categoría infantil chegaron os outros dous ouros. Yago Rodríguez, en menos de 56 quilos e Iago Fernández, en menos de 44 quilos, quedaron imbatidos nos seus tres combates. Tamén foi destacada a actuación de Pablo Marcos (-28 quilos) en alevín mas-

culino, Marco Mugüerza (-37 quilos) e Pablo Dopazo (-46 quilos) en infantil masculino, quen remataron colgándose as medallas de prata nas súas categorías. Completaron a participación ourensá, Iria Ollero (-53 quilos) en categoría infantil feminino e Álvaro Prieto (-58 quilos), alcanzando a cuarta posición cada un deles. O “Xoga Judo” é un evento que pretende iniciar aos nenos na competición, educalos a través da mesma e fomentar os valores do deporte. Nove judokas do club Marbel representaron á

Integrantes do Marbel no Xoga Judo. provincia de Ourense nunha competición que contou

con 250 participantes de toda a xeografía galega.

Iglesias, subcampión nacional de jiu jitsu 4 O ourensán Christian Álvarez, que participou por Madrid, foi campión en +94 quilos. Redacción Felipe Iglesias acadou o Campionato de España de Jiu Jitsu. O 23 de febreiro (marzo) celebrouse en Villaviciosa de Odón, a fase final do Campionato de España de Jiu Jitsu cun novo exito para o ourensán Felipe Iglesias. Iglesias (club Marbel) competíu na categoría de menos de 62 quilos. Durante as primeiras roldas venceu ao madrileño Miguel Moreno (14-0) e ao vasco

A esquerda, Francisco Javier Iglesias xunto co seu adestrador, Emilio. Christian Álvarez, primeiro, no podio de +94 quilos. Eneko Aburruza (12-6) sen maiores atrancos. Unha

Felipe Iglesias (de costas) na final de -62 quilos.

vez máis acadaba a final, e, unha vez máis enfrontábase na mesma ao varias veces campión de España e de Europa, Francisco García. Nos primeiros segundos, o ourensán bateu as costas contra o chan lesionándose, acción que aproveitou o madrileño para facerse co título. Finalmente, un novo subcampionato de España de jiu jitsu. Christian Álvarez Quen si acadou un éxito

rotundo foi o ourensán Christian Alvarez (quen participou por Madrid por residir alí), ao lograr o título na categoría de máis de 94 quilos. O camiño da medalla de ouro pasou por vencer en semifinais ao valenciano Pedro Gomis (14-0) e na final ao coruñés Manuel Sanmartín (11-4). Esta vitoria clasifícao directamente para o próximo europeo que se disputará en Alemaña.

Javier Iglesias, campión galego de light contact Se fai unhas semanas proclamábase campión galego de semi contact, desta, Francisco Javier Iglesias vén de conseguir o título autonómico de light contact en kick boxing. O pavillón municipal de Marín (Pontevedra) foi a sede deste campionato galego de kickboxing na modalidade de light-contact, en distintos pesos e categorías. Ao evento acudiron máis de 200 deportistas de toda a comunidade galega. O Ximnasio Estudio A Valenzá presentouse con catro participantes, sendo Javier Iglesias o máis destacado de todos eles, quen tras varias eliminatorias coouse na final, logrando o título galego na categoría sénior de menos de 85 quilos.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá, Jorge Encinas. Nº72- Ano: V - 8 de marzo de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XII) Capítulo 12. O rol do

árbritro A tarefa do árbitro nunca é fácil, e na actualidade é moito máis complexa. A arbitraxe require persoas con forte carácter, unha vigorosa humanidade e animicamente fortes. Ademais deben estar fisicamente en forma e ben aleccionados e informados. Na actualidade, o fútbol está mergullado nun profundo labirinto de intereses creados, de loitas internas, etc. Todas estas situacións, o incremento de xogadores fulleros, tramposos, o descaro e a lingua viperina dalgúns presidentes, etc., converteron a festa deportiva nunha contorna de violencia, pequenas guerrillas internas entre as afeccións. De todo esta contorna, o árbitro é o máis prexudicado. O seu labor ha de ser considerado como imprescindible, necesario e fundamental no desenvolvemento dun partido de competición. Características intrínsecas e extrínsecas 1º.- A preparación xeral do árbitro debe responder os niveis técnico, psicolóxico, pedagóxico e físico. 2º.-A experiencia é o mellor texto da vida. Se a esta experiencia engadímoslle unha boa pedagoxía, teremos o árbitro ideal para o

deporte de base. 3º.- Esta preparación proxéctase no campo da seguinte maneira: máxima concentración ao longo do partido, observación de múltiples incidencias, retención de todo o observado, toma de decisións, control emocional, etc. 4º.- Ha de ter un bo nivel estético; iso axudará a dar aos seus diferentes movementos un carácter harmónico. Ha de vestir unha indumentaria correcta. 5º.- Ha de posuír unha boa forma física. 6º.- Ha de ser un bo comunicador. O diálogo ha de ser aberto. 7º.- Ha de estar aberto a toda clase de suxestións. 8º.- Ha de sentirse forte psicoloxicamente (confianza, seguridade, imparcialidade, etc.). 9º.- Ha de ser xusto e imparcial nas súas decisións. 10º.- Ha de actuar de maneira sinxela e prudente. 11º.- Non recriminar en público, máis ben utilizar unha linguaxe afable, amigable, etc. 12º.- Ha de controlar e evitar a presión psicolóxica das bancadas, xogadores, etc. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

“A arbitraxe require persoas con forte carácter, unha vigorosa humanidade e animicamente fortes, fisicamente en forma e ben aleccionados”

Alfonso Vilachá.

4TRIBUNA ABERTA

De Atenas a Londres Nas probas de atletismo dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna celebrados en Atenas en abril de 1896, Estados Unidos ocupou o primeiro posto do medalleiro. España non tivo oportunidade para gañar ningunha medalla porque non participou nos Xogos. Nos últimos Xogos Olímpicos, celebrados en Londres o ano pasado, España participou nas probas de atletismo nin máis nin menos que con corenta e seis deportistas (e a correspondente e nutrida representación de directivos uniformados) que conseguiron que o noso país ocupase o mesmo posto no medalleiro que en Grecia en 1896, é dicir, nin sequera aparecer en devandito ránking. Pola súa banda Estados Unidos repetiu éxito, volveu ser o primeiro. Cal é a razón destes éxitos e daqueles fracasos?, ao meu entender ten que ver co lugar que ocupa o deporte na escala de valores ou de prioridades de cada país, e co concepto de deporte que teñan os seus dirixentes e os seus dirixidos. O deporte enténdese en moitos países como instrumento básico para a formación física e espiritual das persoas. Nas miñas viaxes coa selección nacional de Tiro Olímpico tiven oportunidade de

intercambiar impresións con deportistas e adestradores de países do leste que me explicaban que nos seus países, desde a infancia promóvese que os estudantes participen en deportes variados, de maneira que poidan mostrar as súas destrezas e habilidades en cada un deles e finalmente póidaselles encamiñar a práctica do que lles ofrece maiores oportunidades de desenvolvemento e éxitos segundo os seus resultados e aptitudes. Noutros países como Estados Unidos ou Inglaterra o sistema non é moi diferente. En España, a cousa cambia. Invístese por parte do Consello Superior de Deportes moito diñeiro, máis antes que agora, a crise económica tamén chegou ao deporte, en instalacións e axudas a deportistas olímpicos, esquecendo quizais o deporte de base, cos resultados que detallaba ao principio destas liñas. É coma se se quixese comprar ao deportista xa feito no canto de formalo, e hai cousas que non se poden comprar con diñeiro; se falamos de deporte, o ouro non esta en venda. Jorge Encinas, campión e recordman galego de Tiro Olímpico, mellor deportista de Ourense en 1987, estivo preseleccionado para Barcelona 92

“O deporte enténdese en moitos países como instrumento básico para a formación física e espiritual das persoas”

Actividade do Club de Tiro Eiroás 4 Acolle a 1ª fase da Copa Presidente de Percorridos de Tiro os días 22 e 23 de marzo. P.L. O Club de Tiro Eiroás entrega este sábado 9 de marzo os premios da súa Tirada de San Sebastián, no transcurso dunha cea que se celebrará nos locais de Aixiña. Á espera de que comecen as competicións de carácter autonómico e nacional, no club continúan as ligas locais. O vindeiro domingo 10 haberá competición de pistola velocidade (que é clasificatoria para a competición autonómica), mentres que o 17 é o turno para pistola estándar. En canto ao tiro ao pra-

to, a vindeira cita é o campionato provincial na modalidade de minifoso, que se disputa o 10 de marzo nas instalacións de Eiroás. Copa Presidente Fóra do calendario habitual, o club ourensán acollerá este mes de marzo por primeira vez unha fase da Copa Presidente de Percorridos de Tiro. Serán os días 22 e 23 de marzo e o prazo de inscrición para esta primeira fase remata o día 13. Os deportistas deberán completar 12 exercicios ou stages que xa se poden consultar na páxina web da Real Federación Española de Tiro.

EN BREVE

4 Programa de Saúde nos Remedios

4 Récord de participación en Ociourense

O Consello Municipal de Deportes lanza o seu Programa de Saúde para o Pavillón dos Remedios. Son oito actividades para todos os públicos que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño. Aquaxim, pilates, zumba fitness e batuca, gap, tonificación muscular, multideporte para a terceira idade, ximnasias suaves e acondicionamento físico, e finalmente stretching conforman esta oferta, dispoñible en diferentes horarios entre semana. As prazas para cada actividade están limitadas a 30 por sesión, e as inscriciós comezan o 11 de marzo. O prezo de cada actividade é de 18 euros ao mes.

Récord de participación para as actividades do mes de marzo do programa municipal Ociourense, que proporciona alternativas saudables de ocio para a mocidade. BTT, sendeirismo urbano, escalada, baile, ou piragüismo son algunhas das propostas ata o mes de maio para o ocio dos mozos ourensáns de 15 a 30 anos. As inscricións realízanse de xeito gratuíto na web www.ociourense.es.

Unha imaxe das clases de piragüismo na edición do ano pasado./OCIOURENSE.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de marzo de 2013


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.