17 Xaneiro 2013 - BD Nº69

Page 1

Adrián Gómez faise co Aninovo Barrocás [páx. 14] CDO - COB

Páx.2-3

O Ponte busca o primeiro triunfo de 2013

[páx. 9]

Volta a Ourense o espectáculo

Xiana Conde remata o seu mellor ano [páx. 12]

Número: 69- Ano: V - 18 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 1 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

FÚTBOL

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 20 de xaneiro. O Couto -17.00h.- CD Ourense Guijuelo. 2ªB - Día 27 de xaneiro. Os Carrís. UD Barbadás - Rápido de Bouzas. 3ª División. - Día 27 de xaneiro. José Arjiz (Verín). CD Verín - O Grove. Rexional Preferente. - Día 27 de xaneiro. O Barco. CD Barco - Atios. Rexional Preferente. - Día 27 de xaneiro. Oira (Ourense). Ponte Ourense Marín. Rexional Preferente. - Día 27 de xaneiro. O Carballiño. Arenteiro - Arousa. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 18 de xaneiro. Paco Paz -21.00h.- COB - Cáceres. Liga LEB Ouro. - Día 26 de xaneiro. Os Remedios -20.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Universidad de Valladolid. Liga Feminina 2. - Día 19 de xaneiro. Os Remedios -20.00h.- Ourense Capital Termal - Naròn. Liga EBA.

Fútbol sala feminino

- Día 19 de xaneiro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Orvina. - Día 26 de xaneiro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Gironella. 1ª División Fútbol Sala. - Día 2 de febreiro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Centelles. 1ª División Fútbol Sala.

Atletismo

- Día 20 de xaneiro. XIII Cross Popular e Canicross de Boborás. A partir das 10.30 horas.

BTT

- Día 20 de xaneiro. Trasmiras. 2ª Ruta do Cocido de BTT. - Día 20 de xaneiro. Beariz. V Duatlon Cross Concello De Beariz.

Tiro

- Día 20 de xaneiro - Eiroás - Liga fogo central e pistola damas. - Día 27 de xaneiro - Eiroás - Tirada San Sebastián (Estandar e Aire comprimido).

Balonmán - Día 19 de xaneiro - Os Remedios. Balonmán Pabellón - Conxo. Primeira Autonómica Masculina. - Día 27 de xaneiro - Os Remedios. Indomogal Balonmán Pabellón - Rasoeiro. Primeira Autonómica Feminina.

Tenis de mesa

- Día 19 de xaneiro - Paco Paz - Galmédica B - Diario de Pontevedra. 1ª División Galega. - Día 26 de xaneiro - Paco Paz - Galmédica A - Club Asturias. 2ª División Nacional. Voleibol - 2ª División Galega-. - Día 29 de xaneiro - Caldaria Voleyourense - Calasancias Coruña. - Día 29 de xaneiro - Dompa Gestión - Bruxas.

Noguerol defende o balón ante varios rivais no partido fronte ao Zamora. /RAMSÉS.

Ourense - Guijuelo, duelo directo 4 O Ourense recibe ao Guijuelo na loita pola permanencia. R. Torres O Club Deportivo Ourense recibe este domingo 20 de xaneiro ao Guijuelo. O encontro da xornada número 21 da Segunda División B, terá lugar no estadio do Couto a partir das cinco da tarde. Ourensáns e “chacineros” marchan na liga décimo terceiro e décimo cuarto respectivamente, con 25 puntos no casilleiro dos dous conxuntos. A diferenza está nos goles. Se os ourensáns marcaron máis (26 por 18 do Guijuelo), os casteláns recibiron menos (25 por 18 encaixados polo Ourense). Isto fai que o encontro, amais de atractivo, sexa un dos marcados en vermello no calendario do equipo dirixido por Luisi-

to. Unha gran oportunidade de sacarlle tres puntos a un rival directo pola loita por manterse a final de tempada na Segunda División B. Jona ficha polo Granada Sen dúbida algunha a noticia estes días foi a despedida de Jona. O que se barruntaba desde fai xornadas fíxose realidade o pasado 10 de xaneiro. O dianteiro de CD Ourense, Jona, marchou ao Granada tras pagar a súa cláusula (de 20.000 euros) o equipo andaluz. A finais de ano especulábase con que varios equipos estaban interesados no goleador malagueño. Jona é, cos seus 11 goles, o segundo máximo realizador do grupo primeiro da Segunda División B de fútbol. O ariete, até agora

“rojillo”, estaba a un tanto do seu mellor rexistro goleador nunha tempada; e iso que acaba de rematar a primeira volta da competición. O ano pasado logrou 12 goles nas filas do Zamora. A estes 11 goles hai que sumar os dous goles logrador por Jona en Copa, co que suma un total de 13 dianas. A directiva de CD Ourense logrou algo máis que a cláusula do equipo granadino. Un partido amistoso este ano, un cantidade de diñeiro (non se sabe a cantidade) se Jona xoga máis de sete partidos co Granada en Primeira División, ou unha porcentaxe se os andaluces traspasan o ariete a outro equipo. As cifras da porcentaxe que levaría o CD Ourense neste caso tampouco trascenderon.

Óscar Martínez, o favorito Con esta baixa o cadro “rojillo” anda na procura dun substituto de garantías. Ao peche desta edición, o mellor posicionado era o dianteiro ourensán que milita no Oviedo, Óscar Martínez. O equipo “carbayón” non conta cos seus servizos e xa llo fixo saber. Pero tralo interese do Ourense están a tensar a corda desde Oviedo e non dan arranxado uns flecos, que fan que non teña a carta de liberdade. De todos os xeitos a fichaxe do que fora xogador do Ourense é cuestión de tempo.

O partido dispútase o domingo 20 ás 17 h no Couto


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

BALONCESTO

O COB busca a segunda vitoria consecutiva da tempada 4 Será no Paco Paz contra o Cáceres. R. Torres O Club Ourense Baloncesto recibe este venres 18 de xaneiro -21 horas, Paco Paz- ao Cáceres, no partido correspondente á xornada número 15 da Adecco Oro. Co obxectivo de lograr a segunda vitoria da tempada, os de Rafa Sanz adestraron esta semana con total normalidade na procura dun triunfo que os encha de moral tras gañar a pasada fin de semana contra o Palencia. Para o adestrador cobista a vitoria pasa por “minimizar as perdas, ter dureza mental e asegurar o taboleiro”, perseverando “nos 40 minutos de xogo”. Segundo o técnico cordo-

bés, o Cáceres xoga “por ondanadas” polo que son un equipo “incómodo”, amais de ter unha gran “capacidade atlética” aseguraba Sanz, que vislumbra un partido moi complicado de sacar adiante. Chamamento aos seareiros Rafa Sanz non dubidou na previa ao encontro contra o Cáceres de facer un chamamento a afección. “Quero que os afeccionados apoien ao equipo nestes momentos”, dixo, alegando que os xogadores “están moi comprometidos”; e avisa que haberá momentos débiles, nos cales lle gustaría que o público os anime.

Palencia - COB Contra o Palencia (partido da pasada xornada) o Club Ourense Baloncesto logrou a súa primeira vitoria da tempada como visitante. Un gran partido dos de Rafa Sanz fixo posible un triunfo como foráneos que se lle estaba a resistir en exceso. Durante todo o encontro os ourensáns dominaron no electrónico con rendas que chegaron aos 16 puntos. Máis cando todo parecía que sería unha cómoda vitoria dos visitantes, as imprecións e os nervios nos dous últimos minutos atenazaron aos xogadores ourensáns. Dez puntos por enriba estaban os de Rafa Sanz a falta de pouco máis

Os atletas do club ourensán Esprintes Ourense antes da carreira. /TITO PICOUTO

O COB recibe ao Cáceres o venres 18 de xaneiro ás 21 horas no Pazo Paco Paz de 120 segundos, que se fixeron un mundo. Perdas de balón, anquilosamento e erros na liña de tiros libres deron ás a un equipo local que estivo sempre a remolque e que vía como os agasallos dos ourensáns o facía chegar ao último instante con opcións de levar a vitoria. Pero nesta ocasión o balon non entrou e o COB conseguía a cuarta vitoria da tempada, o que o leva a saír do posto de descenso directo. O COB é décimo terceiro con catro vitorias, unha máis que o pechacancelas, Melilla (tres vitorias) e a dúas da salvación. Sorteo dun Opel Club Ourense Baloncesto e Bétula Cars fixeron a presentación do sorteo dun Opel Corsa que terá lugar o 5 de abril durante o descanso do partido entre o COB e o Lleida. Ata o 4 de febreiro venderanse as rifas nas oficinas do club, na tenda oficial do Pazo durante os días de partido e en distintos establecementos da cidade. As rifas para o sorteo estarán ao prezo dun euro e poderán participar nel os maiores de 18 anos. O automóbil que se sortea por xentileza de Bétula Cars é un Opel Corsa 3P Expression 65CV.

María José Bolonio, durante un encontro nos Remedios.

O Pabellón cae ante o ADBA de Avilés Redacción O Pabellón Ourense segue sen levantar voo nesta tempada. Na súa última cita da liga, o pasado 12 de xaneiro, tiña como rival a un dos que máis perigo corren este ano para salvar a categoría, o ADBA, pero non foi quen de facerlle fronte. O encontro comezou a favor das de Avilés, que cun primeiro parcial de 26-17, xa apuntaban maneiras. E así continuou durante os restantes 30 minutos de partido. Con Pamela Moral Benavent como protagonista, e axudada por Anna Boleda e Amina Njonkou, o ADBA foi perfilando unha vitoria que ao descanso xa parecía facerse real (44-34). Nembargantes, as de Gonzalo González voltaron á cancha na segunda metade con forza e dominaron o terceiro cuarto para acurtar distancias e

situarse a só dous puntos, pero o ADBA non dubidou no último período e rematou a faena. 73-67 foi o resultado final dun dos encontros máis desafortunados das ourensás, que as mantén en oitava posición. Bolonio Unha vez máis, María José Bolonio destacou con luz propia no conxunto pavillonista. Quizais polos 40 minutos que xogou, quizais polos 20 puntos anotados ou quizais polos seus rebotes e tapóns, pero o certo é que a madrileña segue a levar as rendas, e o peso, do conxunto ourensán. Vindeiras citas O próximo sábado 19 de xaneiro o Pabellón Ourense visitará ao Aros León, o quinto clasificado do grupo que suma xa seis vitorias. De seguido, o día 26 recibirá nos Remedios ao Valladolid, sito no noveno posto e igualado a puntos co conxunto ourensán.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

ARTES MARCIAIS

Campionato de Nadal de Tai-jitsu

os únicos representantes ourensáns. Destacada foi a actuación da moza Sofía Fernández

Menéndez, na categoría de 12 a 15 anos, quen logrou a terceira posición nesta cita deportiva en Burela.

Redacción

Os integrantes do Club Artai que acudiron ao Campionato Galego de Inverno.

Artai, mellor club de wushu 4 No Campionato galego de inverno. Redacción O sábado 22 de decembro celebrouse na localidade pontevedresa de Arcade o Campionato galego de inverno de wushu, nas modalidades de combate, sanda & qingda. A gran actuación dos competidos do conxunto ourensán Artai levouno a ser o mellor club do torneo. Entre os 15 deportistas que acudiron en representación do club ourensán acadaron catro ouros, tres pratas e tres bronces. Diego Gonzalez Pena, conseguiu a medalla de ouro nunha final con clara superioridade sobre o competidor de Pontevedra. Jaime Álvarez Lorenzo revalidou o seu título de campión galego de qingda en

menos de 65 kg. Juan González Montes gañou, nunha final durísima, o título na categoría de -70 kg. Adán Nieto de Román, obtivo o ouro en menos de 75 kg., debutando en competición

oficial. Ao finalizar o torneo fixéronse entrega das medallas aos competidores, e o club Artai recibiu o trofeo ao mellor club do torneo.

Durante a ponte de Nadal tivo lugar no pavillón polideportivo do instituto de Burela (Lugo) o Campionato de Nadal de katas de Tai-jitsu. O Tai-jitsu é unha arte marcial encadrada dentro da Federación de karate como disciplina asociada, especializada na defensa persona. A este campionato acudiron 40 deportistas galegos, sendos os do Ximnasio Estudio A Valenzá

Sofía Fernández, terceira na categoría de 12 a 15 anos.

Offside, nova tenda de deportes en Ourense 4 Situada no número 30 da rúa Vicente Risco do barrio da Ponte. Redacción

Aarón Blanco, esquerda, recollendo o premio ao mellor club do Campionato de wushu.

Adán Nieto facéndose coa vitoria na categoría de menos de 75 quilos.

Celso González “Chechu” e Cándido Vázquez “Becky”, dous coñecidos mozos da cidade, emprenden a súa aventura empresarial coa creación da tenda de deportes, Offside, situada no número 30 -baixo- da rúa Vicente Risco (barrio da Ponte). Despois de anos metidos no mundo da venda de produtos deportivos decidiron dar un paso máis e crear a súa propia tenda deportiva, aberta desde o pasado 14 de xaneiro con grandes descontos para este período de rebaixas. Deportes en xeral e moda é o que ofrece este novo establecemento, que pón o acento tanto en fútbol como en fútbol sala. A

Cándido Vázque “Becky” e Celso González “Chechu”, prepietarios de Offside. oferta é moi variada cunha ampla opción de modelos de zapatillas de fútbol. Aos equipos ofrécenlles packs para equipar con todo o que necesitan os seus xogadores. Moda Pero Offside non se queda só no estrictamente deportivo, senón que ofrece

un gran abano en canto a moda se refire. Bolsos, bolsas, mochilas e zapatillas son algunhas dos complementos de moda que podes mercar nesta tenda. Horario Offside está aberta de luns a venres de 10 a 13.30 e de 16:30 a 20.30 horas; os sábados abre de 10 a 13.30.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

BALONMÁN / FÚTBOL SALA

O Pabellón Balonmán comeza con vitoria a loita pola permanencia en Primeira 4 O Zen Pabellón impúxose na primeira xornada ao Ártabro. Redacción Bo comezo do Zen Pabellón Ourense na segunda fase da 1ª Autonómica. Desta volta loitarase pola permanencia na máxima categoría rexional. Os xogadores de Zarra impuxéronse ao Balonmán Ártabro por un axustado 26 a 28. O cadro pavillonista non entrou ben ao encontro, con moitas lagoas en defensa que lle permitiron ao equipo local facer dano nos lanzamentos exteriores. As primeiras vantaxes foron para os coruñeses, chegando a ter unha renda de catro goles (10-6 no minuto 20). Unha vez asentados no encontro e controlando os lanzamentos a distancia, os

ourensáns deron un impulso ao seu xogo, logrando igualar e superar nun gol ao seu rival antes do descanso (12-13). No segundo acto, melloraron as cousas para os visitantes, marcando diferenzas nos primeiros minutos da continuación (13-17). Pero as imprecisións e algúns erros devolveron a emoción no electrónico chegando a un empate a 24 que deixaba o desenlace aberto. Nestes últimos minutos, os ourensáns sacaron a relucir as diferenzas entre ambas escadras logrando estar máis sereos nos momentos nos que se resolvería o encontro. O resultado final foi de 26 a 28 para o Zen Pabellón o que lle outorga

Os homes de Zarra lograron unha importante vitoria contra o Artabro./ARQUIVO.

Xogadores do Balonmán Pabellón.

4 Torneo de Nadal infantil Redacción O Torneo de Nadal infantil de balonmán celebrouse no pavillón dos Remedios e contou coa participación do Balonmán Pabellón, o Cucadas de Carballiño e o Viña Farnadas de Ribadavia. Xogouse un triangular no que o Balonmán Pabellón venceu por 19-10 ao

Cucadas Carballiño e 22-5 ao -Viña Farnadas Ribadavia. O encontro entre o Cucadas Carballiño e o Viña Farnadas Ribadavia saldouse coa vitoria dos primeiros por 21-6. Deste xeito, o Balonmán Pabellón foi o campión, seguido do Cucadas Carballiño; en terceira posición rematou o Viña Farnadas Ribadavia.

O Pabellón Indomogal evita polo momento os posto de descenso./ARQUIVO. os dous primeiros puntos na loita pola permanencia en 1ª División Autonómica. Os ourensáns buscarán nesta segunda fase eludir o descenso na súa primeira tempada na categoría. O vindeiro sábado 19 de xaneiro, o Zen Pabellón Ourense recibe no anexo dos Remedios (18.30 horas) ao Conxo de Santiago, o rival máis forte desta fase. Indomogal Pabellón En categoría feminina, o Indomogal Pabellón colleitou unha nova derrota. Nesta ocasión contra o Tiu por 23-12. A pesar do traspés están fóra dos postos de descenso. Esta semana volven xogar como visitantes,

esta vez en Vigo contra o Carballal. Os mozos do equipo xuvenil lograron unha importante vitoria contra o Camariñas (14-29), o que os mete de cheo na loita polo ascenso á División de Honra. Selección autonómica Os xogadores do Pabellón Balonmán, Juan Carlos Quintas (xuvenil masculino) e Aida Sow (xuvenil feminina) foron seleccionados polo combinado autonómico para os pasados Campionatos de España, onde ambos os dous conseguiron a medalla de bronce nas súas respectivas categorías.

Compoñentes do Verín FS infantil.

4 Torneo de Lugo O equipo de fútbol sala de infantís do Verín fútbol sala proclamouse campión do Torneo de Lugo. Estes xogadores de segundo ano de infantil traen unha nova ledicia a afeccionados e familiares. Na foto aparecen o delegado J. Antonio, Alex, Miguel, J. Carlos, Iago, Javi Baños, Toño (auxiliar), Aarón, Javi Domínguez, Avelino, Brais e J. Luís. Ausentes na foto pero tamén forman parte do equipo: Juan, Iván e o adestrador Fran.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas é décimo segundo con 11 puntos, cinco máis que os postos de descenso

O Cidade cede un empate ante o Móstoles 4 A falta de segundos para o remate do encontro as mostoleñas empataron a dous. R. Torres O Cidade As Burgas cedeu un empate no último encontro da Primeira División de fútbol sala. Corría a xornada número 14, era o primeiro encontro do ano e as franxiverdes recibían ao Móstoles. O equipo madrileño, noveno na clasificación, é un dos mellores conxuntos da liga, aínda que un mal inicio de tempada fixo que tiveran que remar desde o principio. O partido entre ourensás e madrileñas estivo moi nivelado con ocasións nas dúas portarías durante todo o encontro. No primeiro tempo as pupilas de Manolo Codeso tiñan máis posesión e lograban chegar con máis claridade a meta rival; froito deste posesión chegaría o único tanto dos primeiros 20 minutos, obra de Peke tras rexeitar a cancerbeira Bea un remate de María Arias. Peke, no segundo pao facía o un a cero. Sen máis chegaba o descanso á

cancha central dos Remedios. No segundo período mudou a tendencia, e eran as visitantes as que se facían co tempo do partido e as xogadoras dirixidas polo técnico Luis Fernando Ostolaza pasaban a dominar o encontro. Unha maior presión cara ao balón e unha maior velocidade nas transicións facíanas as donas do encontro. Pero pasaban os minutos e o marcador non se movía, polo que Ostolaza optaba polo xogo de cinco. As ourensás, lonxe de descompoñerse estaban sólidas en defensa, logrando incluso abrir brecha no electrónico. Ana, desde propia porta facía o dous a cero para as locais. Era o minuto 37 e faltaban tres para o pitido final. As mostoleñas non se viñeron abaixo e segundos despois recurtaban distancias cun gol de Celia, que batía a Ana desde o segundo pao despois de que esta non lograra atallar un ba-

lón solto na área; faltaban dous minutos para o final do encontro. A falta de escasos segundos, e cando parecía que a vitoria quedaba en casa, chegaba o xarro de auga fría. Unha mala elección de Iria en defensa condeaba ao empate ao Cidade As Burgas. A xogadora ourensá saíu a cortar o centro do seu par, o que fixo deixar unha vía que aproveitou María Otero para deixarlle en parede o esférico a Eva Menguán, quen facía o 2-2 deifinitivo. Desilusión nas facianas locais porque remataba o encontro, pero satisfacción polo punto acadado ante un dos mellores conxuntos da Liga. Viaxe a Alacante O Cidade visita na xornada número 15 da competición (última da primeira volta) ao Universidad de Alicante nun partido, a priori, complicado. As alacantinas son quintas con 26 puntos, a seis da cabeza. A

porteira Sonia e as xogadoras de campo, Palmi e Sofía Vieira, son a columna

As franxiverdes visitan na xornada número 15 ao Universidad de Alicante, quintas con 26 puntos vertebral dun conxunto que está chamado a loitar polos postos de enriba. As opcións das ourensáns de sacar algo positivo neste enfrontamento pasan por saber desfacerse da presión que fan as universitarias a

todo campo. Lograr recuperar pronto o balón e saír en contragolpe son as premisas dun Cidade que buscará sorprender fóra de casa. As de Manolo Codeso ocupan a décimo segunda posición con 11 puntos, cinco máis que a zona de descenso. Regreso de Laura Depois da súa estancia por terras finesas, a xogadora Laura Pérez Tesouro volve a estar a disposición de Codeso para a segunda parte do campionato. A intención é que volva coller a forma pouco a pouco. Para iso, xa adestra co equipo pero disputará os seus primeiros encontros co equipo filial para coller ritmo de competición e poder, en breve, retornar ao primeiro equipo. Laura será unha boa “fichaxe” para a defensa das ourensás neste mercado de inverno, e unha boa peza para lograr o obxectivo da permanencia.

Xogadoras, directivos e corpo técnico da Selección Galega sub 23.

4 A selección galega, á fase final A selección galega de fútbol sala sub 23 vén de clasificarse para a fase final. Galicia proclamouse vencedora da fase de grupos disputada en Murcia. Murcia e Castela e León foron os seus rivais aos que venceu, por 0-2 ás leonesas, e 3-4 ás anfitrioas. As galegas xunto con Madrid, Castela A Mancha e Valencia disputarán a fase final no mes de marzo nunha sede aínda por determinar. Por parte ourensá, Ana, Peke e Iria (do Cidade As Burgas) e Anita, Chiqui e Vanessa (do Ponte Ourense) formaron parte da expedición que disputou este torneo representando a Galicia.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

FUTBOL SALA

O Ponte recibe ao Orvina para rematar a primeira volta da liga 4 Buscarán o primeiro triunfo do ano. R. Torres O domingo 20 a partir das 12 do mediodía no pavillón dos Remedios, o Ponte Ourense recibe ao Lacturale Orvina no primeiro encontro do ano para as pontinas. As de Óscar Vivián buscarán a primeira vitoria do ano que lle dea pulos para afrontar con boas sensacións a segunda volta da Primeira División de fútbol sala. As navarras son sétimas con 21 puntos, 11 máis que as ourensás e a os mesmos puntos (a 11 da cabeza da clasificación). Para o Orvina este é o segundo encontro do ano. O primeiro disputouno no seu feudo contra o Gironella a

quen venceu por un axustado 4-3, sendo un firme candidato a participar na vindeira edición da Copa de España. Pola súa banda, o Ponte tentará lograr a vitoria e comezar o ano con bo pé para lograr saír da posición clasificatoria na que se encontra. Con 11 puntos, o equipo limita coa zona de descenso; por detrás das pontinas, soamente están o Amarelles e o Centelles (os dous conxuntos en postos de descenso). Frear ao Orvina Sara Iturriaga, Berta Velasco e a ourensá Andrea Feijoó son o referente do Lacturale Orvina, polo que un resultado positivo das

de Vivián pasa por frear o dinamismo destas tres xogadoras, sobre todo de Berta Valesco na parcela atacante. Sen esquecernos de Andre, a máxima goleadora das vermellas con 10 tantos no que vai de campaña. Situación complexa As albinegras tentarán reverterr unha situación que as levou a ocupar un posto demasiado baixo segundo a calidade da súa plantilla e os obxectivos marcados a principio de tempada. Un mal comezo ligueiro e unha falta de forma, a todas luces visible, foron os motivos que levaron á situación actual; a partir de aí, o desanimo fixo o resto para levar a un dos

O encontro será na central dos Remedios o domingo 20 a partir das 12 horas

O Ponte Ourense ocupa a décimo terceira posición con 11 puntos, a cinco do descenso

O regreso ás canchas de Marta Figueiredo dará un pulo á maltrecha moral das pontinas

mellores equipo da Liga a ocupar a antepenúltima posición. Agora tócalles facer borrón e conta nova, para paso a paso ir escalando posicións que as leven a loitar por entrar na Copa de España. Regresa Marta Aló pola primeira xornada do campionato, Marta Figueiredo lesionárase na última xogada do encontro que enfrontaba ao Ponte contra o Gironella en terras catalanas. Fractura de peroné fora o alcance da lesión. 14 xornadas despois, ou o que é o mesmo, catro meses máis tarde, a capitana pontina regresa ao terreo de xogo con gañas de facerse notar no terreo de xogo e pór o seu gran de area para reverter unha situación coa que

Drica tenta controlar o balón diante da xogadora do Atlético de Madrid, Anita Luján. /RAMSÉS non se contaba a principio de campaña. Para o equipo, o regreso de Marta, vai supoñer unha inxección de moral na mal-

4 Xornada 15 - 19 e 20 de xaneiro Valladolid - Centelles U. de Alacante- Cidade As Burgas Móstoles - Ciudad de Alcorcón Viaxes Amarelle - Roldán Soto del Real - Futsi Navalcarnero Burela- Descansa Ponte Ourense - Lacturale Orvina Gironella - La Rioja

4 Xornada 16 - 26 de xaneiro

Anita busca desfacerse de dúas xogadoras rivais. /RAMSÉS

Ponte Ourense - Gironella Burela - Lacturale Orvina Soto del Real - Descansa Viaxes Amarelle - Futsi Navalcarnero Móstoles - Roldán U. de Alacante - Ciudad de Alcorcón Valladolid - Cidade As Burgas Femeni Centelles - La Rioja

trecha mente das xogadoras pontinas, e un aliciente máis para saír da complicada situación na que están inmersas.

Primeira División FSF - 11ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º At. Madrid 32 2º Burela 32 3º Alcorcón 27 4º Valladolid 27 5º U. de Alacante 26 6º Gironella 22 7º Orvina 21 8º Soto del Real 20 9º Móstoles 17 10º Roldán 12 11º Logroño 12 12º Cidade As Burgas 11 13º Ponte Ourense 11 14º Amarelle 6 15º Centelles 1


10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

POLIDEPORTIVO

tenis de mesa

Mal comezo de ano para os conxuntos do Galmédica Ourense 4 Perderon os dous equipos na primeira xornada do 2013. Redacción Os dous equipos ourensáns do Galmédica Ourense Tenis de Mesa caeron derrotados na primeira xornada de 2013. O primeiro equipo que milita na 2ª División Nacional cedeu no seu encontro en terras asturianas contra o Recta Final de Luarca. O resultado foi de 4 a 2 para os locais, pero os ourensáns tiveron as súas posibilidades no duelo entre os xogadores de base

disputado entre Salvador Alfonso e Ramón Becerra, que finalmente levou o xogador asturiano por un axustado 3-2. Por parte ourensá, os puntos acadáronnos Ramón Becerra Melo (1) e Emilio Diéguez Arbor (1); tamén xogou Lalo Pérez. O Galmédica A, tras 10 xornadas disputadas na Segunda Nacional, ocupa a quinta posición con oito puntos. O sábado 19 volve a terras asturianas para enfrontarse ao líder da clasi-

ficación, o Gijón Tenis de Mesa. Galmédica B O segundo equipo do Galmédica, de 1ª División Autonómica, tamén caeu derrotado nesta primeira xornada do ano. No seu desprazamento a Noia víuse superado polo conxunto local do Liceo de Noia. O resultado de 5-2 deixa ás claras a superioridade do equipo anfitrión durante o enfrontamento. Os puntos ourensáns foron acadados

O equipo do Galmédica B que se desprazou a Noia.

Valeria López conquista o Máster absoluto galego 4 Tamén se fixo co Talesport. Redacción A xogadora de tenis ourensá de tan só 15 anos Valeria López rematou o ano logrando o Máster absoluto de tenis de Galicia e o Torneo Talesport. No Máster galego reuníronse as 16 mellores raquetas do ránking galego absoluto, incluída a campioa galega absoluta, Marta Miño. Nesta cita, Valeria despregou o seu mellor xogo e non perdeu un só set ante xogadoras con beca da Federación Galega de Tenis no Centro de Alto Rendemento da Xunta de Galicia en Pontevedra. En primeira rolda desfíxose de Iria Seoane por 6-1 6-0; en segunda bateu a Ana Camarero por 7-5 e 63 e en semifinais venceu a Celia Cerviño por 7-6 e 6-3. Na gran final, a actual campioa galega absoluta, Marta Miño cedeu ante o empuxe da ourensá por 7-5 e 6-0. Con estes resultados podemos estar a falar da substituta da mítica Marta Alastrue (ex número 14 de España). Trofeo Talesport Así mesmo, Valeria López impúxose no Trofeo Tale-

Grupo de rapaces que participaron no torneo solidario.

P21 organiza un torneo solidario 4 O beneficiario foi a asociación xuvenil Amencer. Valeria López.

Redacción

sport celebrado no Náutico de Vigo. Neste torneo volveron coincidir na final Valeria e Marta Miño. Pero a ourensá superou a Miño polo resultado de 6/4 e 6/2, confirmando que estamos ante o futuro do tenis e galego, a pesar de que era o seu primeiro ano como cadete.

Durante as vacacións de Nadal disputouse nas instalacións de P21 Padel Club o I Torneo Solidario Infantil, no que 30 nenos pasaron unha xornada do máis divertida, xogando un mini torneo de pádel. O campionato non tiña outro obxectivo que o de acordarse daquelas persoas con menos recursos, e recadar alimentos para eles nas datas máis solidarias do ano. Reuníronse varias cestas cheas de alimentos, que a Asociación Amencer encargouse de repartilas no marco da súa “Operación Quilo”. Cada ano a asociación xuvenil con sede no colexio Salesianos de

Obxectivos 2013 Neste recén estreado 2013, Valeria agarda poder participar nos Campionatos Europeos Sub 16 e Campionato de España Cadete. Aínda que, como lembran dende o seu club, para iso precisa do apoio das administracións pertinentes.

por Rodrigo Álvarez (1), Antonio Gómez (1); tamén xogou Antonio López. Trala disputa da undécima xornada, o Galmédica B é oitavo con 10 puntos, a dous da zona de descenso. A vindeira xornada (sábado 19) reciben ao Diario de

Ourense organiza eventos deste tipo por toda a cidade ourensá. Coca Cola colaborou no evento subministrando bebidas a todos os participantes, quen tamén foron premiados cunha medalla conmemorativa. Ademais o club P21 cedeu as súas instalacións de forma desinteresada para este torneo solidario, que recadou alimentos co fin de facer máis levadeiros estes días ás familias máis necesitadas.

Durante o torneo reuníronse alimentos para as familias máis necesitadas

Pontevedra, no Paco Paz a partir das 17 horas. O Diario de Pontevedra é cuarto con 12 puntos, dous máis que os ourensáns.

O Galmédica A é quinto, mentres o B é oitavo


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

NATACIÓN / ATLETISMO

Novo récord de Ciurana para rematar o ano 4 Acadouno nos 400 estilos. Redacción Do 28 ao 30 de decembro celebrouse na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela o Campionato Galego Absoluto de Natación. O nadador do CN Pabellón Ourense, Marc Ciurana, cuallou unha notable actuación ao acadar cinco metais (catro ouros e unha prata) amais de batir o récord galego dos 400 estilos. A pesar de que o club ourensán acudía con catro baixas importantes, logrou facer un gran campionato ao sumar 18 medallas, incluído o récord de Ciurana. Os metais foron sete de ouro, sete de prata e catro de bronce; tamén se acadaron dúas mellores marcas provinciais. Colgaron o ouro, Lau-

ra Pimentel, en 400 libres; Marc Ciurana, en 400 libres, 200 braza e 400 estilos (récord galego); Alberto Taboada, en 50 e 100 metros braza; e o relevo masculino de 4x200 libres (con Ezequiel Quiroga, Alberto Taboada, Iago Rodríguez e Marc Ciurana).

As pratas foron para Laura Pimentel, en 200 e 800 libres; Sandra Presas, en 50 costas; Marc Ciurana, en 200 estilos; Alberto Taboada, en 200 braza; o relevo masculino de 4x100 libres (Marc Ciurana, Alberto Taboada, Iago Rodríguez e Ezequiel Quiroga); e o re-

Laura Pimentel, no centro, no podio dos 400 metros libres.

levo masculino de 4x100 estilos (integrado por Alberto Taboada, Martín Sabuz, Ezequiel Quiroga e Iago Quiroga). Os catro bronces acadáronnos Ana María Santiso, en 400 estilos; Laura Pimentel, en 100 libres; Sandra Presas, en 100 costas e Alberto Taboada, en 200 estilos. Laura Blanco Seara (17 anos), en 50 bolboreta e Andrea Bello Armada (13 anos), en 200 bolboreta, lograron marca provincial por idade.

11

Zancadas para despedir o 2012 e saudar o 2013 4 En Castrelo de Miño, Allariz e a Costiña de Canedo. R.T. O do atletismo é pura adicción. E se non que llo pregunten aos centos de atletas que participaron nas últimas probas do ano (Castrelo de Miño e Allariz) e a primeira de 2013 (Costiña de Canedo). Na de Castrelo os vencedores absolutos foron Iván Docampo e Sonia Teijeiro. En categoría masculina completaron o podio, Javier Paredes e Ismael Lago,

segundo e terceiro respectivamente. No podio feminino acompañaron a Teijeiro, Iria Fernández (segunda) e Consi Gómez (terceira). Ao día seguinte, con 12 horas e media consumidas do novo ano celebrouse o 20ª edición da Costiña de Canedo, proba non oficial organizada polo atleta Saturnino González. Á cita acudiron máis dun centode atletas que quixeron celebrar, deste xeito tan singular, o comezo do ano.

Integrantes do club Aurum participaron na proba de Castrelo do Miño./R.T.


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

POLIDEPORTIVO

Fútbol sala e baloncesto foron as apostas de Amencer 4 Durante as vacacións de Nadal, a asociación xuvenil realizou sendos torneos. Redacción Como cada ano durante as vacacións de Nadal, a asociación xuvenil Amencer organizou os clásicos torneos de baloncesto e fútbol sala. Do 27 ao 28 de decembro celebrouse a 12ª edición

das “24 horas de fútbol sala Nadal”. Neste torneo participaron 25 equipos divididos en sete grupos de tres equipos e un grupo de catro. Os dous primeiros de cada grupo clasificáronse para oitavos de final en eliminatoria a partido único. Ata as semifinais chega-

Xiana Conde sube ao podio en Moaña 4 Nos Campionatos Galegos de Ciclocross. Redacción O último domingo de 2012 celebráronse en Moaña os Campionatos Galegos de Ciclocross. O circuíto, marcado pola súa dureza debido ao abundante barro, deparou interesantes carreiras. Por parte do club macedán do Academia Postal - Actyon Mérida acudiron algunhas das súas novas figuras logrando moi boas actuacións. Xiana Conde conseguiu encaramarse ao terceiro peldaño do podio logo dunha dura carreira. En cadetes, Roman Saa,

benxamin, era décimo. En categoría júnior, Raúl González, finalizaba sexto, a poucos metros do podio. Superprestigioso MMR O día anterior ao evento celebrado en Moaña, sabado 29 de decembro, Xiana Conde acudía á última proba do ano do Superprestixio MMR, na localidade cántabra de Puente Viesgo, finalizando nesta carreira en sétima posicion e deixando de novo boas sensacións antes de rematar o ano.

Xiana no Campionato de Ciclocross de Moaña./L.IGLESIAS

ron Os Vengadores – Barrocans e Adanes - Pavillón Mix, logrando acceder á final Os Vengadores e Pavillón Mix. Na final Os Vengadores acadaron o título ao vencer por 6-5 ao Pavillón Mix. Para o 4 de xaneiro deixouse o torneo de balon-

cesto. Oito foron os equipos participantes nesta ocasión, cun total de 41 xogadores sobre a cancha. Á semifinal chegaron os equipos Toninos - Julian e Manchados - Senxuales. A final disputárona os Manchados contra os Toninos, resultando gañadores os Manchados. Entroido Despois destes torneos de Nadal os seguintes eventos de fútbol sala e 3x3 de baloncesto serán na ponte de Entroido e terán a súa sede en Salesianos.

O Pavillón Mix foi subcampión do torneo de fútbol sala.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

POLIDEPORTIVO

13

Os Remedios presenta a oferta para abonados 4 Con opción semestral e anual, e con prezos distintos en función da idade. Redacción O Pavillón dos Remedios abre un ano máis a súa oferta deportiva para abonados. Piscinas (de 25 e 50 metros), sala de musculación, escolas deportivas, sauna, módulo de atletismo, sala multiusos ou rocódromo son as opcións que ofrece a instalación municipal para 2013; con variación de prezo segundo sexa un abono individual, familiar, infantil, xuvenil, xubilado, familiar xubilado ou discapacitado. Abonos básicos O Consello Municipal de Deportes dá varias opcións para abonarse ás actividades dos Remedios: só, acompañado, durante seis meses ou mesmo para todo o ano. E tamén varía o prezo en función da idade de quen se inscribe e de se o fai só para acudir ás instalacións polas mañás. Por exemplo, un abono infantil custa 29 euros para o semestre e 52 euros para todo o ano; un xuvenil ten un prezo de 43 euros para seis meses e 59 para doce; un adulto paga 58 euros por medio ano e 105 polo ano enteiro; e unha familia deberá abonar 115 euros por un semestre e 209 por o ano completo. Así mesmo, ofrecen prezos especiais para xubilados, familiares de xubilados e persoas con discapacidade. Abonos especiais Para participar nos cursiños de natación ou acceder á sala de musculación, sauna e pista de pádel o pavillón municipal ourensán conta con prezos especiais. Ao igual que para os colexios, e a realización de tratamentos de hidroterapia. Así, o pavillón ofrece

Máis información na web ourense.es ou no teléfono 988 370 539

cursos de natación de iniciación e perfeccionamento tanto para nenos como para adultos. No tocante á sala de musculación, a idade mínima para acceder á mesma é de 15 anos. E ao rocódromo pode accederse de xeito libre -se se conta con experiencia e sendo aboado- ou baixo supervisión dun profesional.

complétase coas tradicionais Escolas Deportivas que o Consello Municipal de Deportes en colaboración cos diversos clubs deportivos da capital organizan durante o curso escolar, e que lle permiten aos cativos formarse en atletismo, fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán, natación e numerosos deportes máis.

Escolas deportivas Ademais, a súa oferta

[+ info en www.ourense. es, no 988 370 539 ou no Pavillón dos Remedios]

Escolas deportivas municipais de fútbol, na cancha central dos Remedios./ARQUIVO.

Galicia faise co bronce no Campionato de Seleccións Autonómicas de rugbi 4 As ourensás convocadas realizaron unha gran actuación. Redacción No estadio Nelson Mandela de Torrevieja disputouse os días 12 e 13

de xaneiro o Campionato de Seleccións Autonómicas de rugbi feminino, ao que Galicia presentou a un conxunto moi compensado

e de gran nivel, a pesar das baixas de última hora das internacionais Rocío García e Paula Mendin. As galegas solventaron o seu primeiro encontro, celebrado o sábado, sen ningún problema, como deixa entrever o amplo 39-0 de resultado final. A súa seunda cita, pola contra, xa as enfrentou a un dos favoritos, Cataluña. E o choque estivo moi igualado, con problemas nas fases estáticas para as nosas representantes, que realizaron unha defensa impecable. Finalmente, no último minuto a balanza decantouse do lado das catalás nun axustado 5-15. Como consecuencia, o equipo galego viuse obrigado a esquecer da loita polo ouro e a centrarse en obter o bronce, para o que tería que vencer a un conxunto contra o que nunca conseguira unha vitoria, o País Vasco. Pero consolidando o bo xogo que demostraron durante toda a competición, as galegas impuxeron o seu saber facer na dianteira, tanto nas fases estáticas como no xogo aberto, así como na liña de tres cuartos, superando de xeito evidente ás vascas e doblegándoas cun resultado final de 10-38. Pola súa banda, as madrileñas impuxéronse ás catalanas na gran final, nun dos encontros máis axustados da historia do torneo.

As madrileñas impuxéronse ás catalanas na final


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

ACTUALIDADE / ARTIGOS

Tirada de San Sebastián en Eiroás 4 O club ourensán acolle a tradicional competición na honra do seu patrón, nas modalidades de pistola estándar e aire comprimido. P. L. A tirada de San Sebastián volverá reunir no club de tiro Eiroás a un bo número de tiradores que gustan de participar nesta competición na honra do seu patrón. Será o domingo 27 de xaneiro e poderase competir en dúas modalidades: a de pistola estándar e a de aire comprimido. A entrega de trofeos terá lugar unha semana despois na tradicional cea que se celebra en Aixiña e para a que é preciso anotarse no club. Previamente, este domingo 20 de xaneiro, iníciase a liga de fogo central e pistola damas, que forma parte do calendario anual de competicións do club de

tiro Eiroás. A actividade no club ourensán neste 2013 xa comezara os días 5 e 6 de xaneiro, coa primeira proba da Copa Deputación de armas neumáticas, á que acudiron 24 deportistas, e coa primeira cita da Liga de Avancarga, con cinco participantes. Na Copa Deputación as tiradas serán este ano as primeiras fins de semana de cada mes, os sábados a partir das 16:15 e os domingos ás 10 horas. Polo momento o club de tiro non dispón dun calendario definitivo de competicións, á espera de que as federacións galega e española pechen as datas dos seus campionatos.

Participantes na tirada de Nadal, o pasado 23 de decembro, que foron premiados cunha cesta navideña./J.E.

4TRIBUNA ABERTA

Sobre deportistas e deportivos

Partidas do torneo de xadrez Aninovo Barrocás Memorial Manuel Villar./RAMSÉS.

O mozo Adrián Gómez faise co Aninovo 4 Converteuse no gañador de menor idade. R.T O axedrecista Adrián Gómez (Xadrez Ourense) converteuse no vencedor máis novo do torneo “Aninovo Barrocás 2013 – III Memorial Manuel Villar” que este ano chegou á súa 28ª edición. Adrián Gómez venceu o torneo ao conseguir seis puntos dos sete disputados, os mesmos que Marcos Lorenzo (Liceo Academia Postal), pero un mellor coeficiente fíxolle acredor do torneo. En terceira posición, e completando o podio, terminou Alejandro de León (Xadrez Ourense), vencedor o ano pasado. Gañadores no resto de categorías O mellor xuvenil foi David Gómez (Xadrez Ourense); Gabriel Roma venceu en cadetes. O premio especial “Manuel Villar” recaeu nesta ocasión en Joaquín Belo, que leva participado en todas as edicións de Aninovo. Os

premios de beleza e galeón pirata foron para Oscar Salgado e Martín Fernández respectivamente. Lino Hermida (Universitario de Ourense), foi o vencedor sub-2000, Joaquín Losada liderou a clasificación dos veteranos (+ de 60). En total participaron 230 axedrecistas de todas as categorías, incluída as de base, que se disputaron o domingo 23 de decembro (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o sábado 29 de decemebro (categoría sub-14).

Adrián Gómez, Marcos Lorenzo e Alejandro de León coparon o podio do torneo O premio especial “Manuel Villar” recaeu en Joaquín Bello, quen disputou todas as edicións do Aninovo

Para explicar o auténtico concepto de deporte conforme este era entendido polos grandes homes que a finais do século dezanove fundaron os Xogos Olímpicos modernos, resulta de utilidade describir dúas escenas, unha reflicte rotundamente a súa esencia, a dos principios ideados por Coubertin e os que lle seguiron, así como o espírito olímpico, a outra escena que describirei afástase moito deste concepto. Para aqueles a diferenza entre deportistas amateurs e profesionais era fundamental, a actividade deportiva tiña entre os seus fins o perfeccionamento das calidades dos seus practicantes, o esforzo máis que o triunfo, a paz sobre a violencia e, como dicía o xuramento prestado por Victor Boin en 1920 “a gloria do deporte”. A primeira escena desenvólvese nos arredores dunha pequena cidade, nun campo de fútbol de terra, cunhas sinxelas bancadas que os domingos son ocupadas por uns poucos espectadores, os pais dos mozos que se adestran tres días por semana, con choiva e frio no inverno, con calor no verán. O campo compárteno varios equipos, e os adestradores son persoas que traballan por exemplo nun banco, ou nun supermercado, ou como albaneis e cando saen do traballo eses tres días por semana dedican o seu tempo libre a organizar os adestramentos. A ilusión

de todos eles, xogadores e adestradores, é acudir a adestrar ese tres tardes e facelo ben os domingos. Cando nun lance do xogo un xogador fai caer a outro, aquel pide perdón e o caído levántase enseguida. A seguinte escena ten lugar en varios escenarios, nunha cidade do norte de Italia uns enxeñeiros escollidos aplican os seus coñecementos e a máis moderna tecnoloxía do sector que o diñeiro pode pagar na construción dun coche de fórmula uno que pronto se utilizará nunha carreira en Abu Dhabi, os gañadores regaranse cun sucedáneo de champaña no podium e serán felicitados polos xeques. Na mesma fábrica prodúcense deportivos de luxo que pronto serán adquiridos por algúns xogadores de fútbol de primeira división da liga española para desprazarse aos adestramentos, o seu preparador tamén ten un, e ademais protagoniza o anuncio dunha coñecido tarxeta de crédito. Naturalmente tanto a carreira como os partidos de primeira son espectáculos apaixonantes e serán seguidos ese domingo por millóns de persoas. O mesmo domingo os poucos espectadores que ocupan as bancadas do noso campo de fútbol das aforas estarán a contemplar deporte. Jorge Encinas, campión e recordman galego de Tiro Olímpico, mellor deportista de Ourense en 1987, estivo preseleccionado para Barcelona 92


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013

ARTIGOS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº69- Ano: V - 18 de xaneiro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (IX) Capítulo 9 O fútbol (2ª parte)

O fútbol é un xogo no que compiten dous equipos con once xogadores cada equipo, dentro dunha organización ofensiva e defensiva. Durante o transcurso dun partido, cada equipo realiza xogadas ofensivas e defensivas a base de accións técnicas e tácticas con balón e sen balón. A variedade, a sinxeleza e a precisión con que se executen as accións en ataque e defensa, unidas a unha boa organización, compromiso e actitude mental positiva por parte dos xogadores, teñen repercusión no xogo do equipo. O estilo adecuado e propio de xogo de cada equipo tradúcese cando os xogadores funcionan individual e colectivamente. Para xogar e competir, ao mesmo tempo, son necesarios xogadores con talento, ben dotados física, técnica, táctica e psicoloxicamente fortes, todo iso unido á calidade humana (prudencia, sinxeleza, humildade, etc.). O fútbol é tamén un de-

porte que necesita adestradores cualificados e realistas, que estean o día e con personalidade propia. Un dos obxectivos prioritarios de calquera adestrador é lograr que os xogadores xoguen en equipo, con pensamento colectivo, respectando o talento individual. O fútbol é un deporte colectivo no que os xogadores se necesitan uns a outros durante o desenvolvemento do xogo. É, pois, necesario e preciso, coñecer e dominar a táctica para poder xogar en equipo, e desta maneira poder resolver as situacións de xogo tanto no aspecto ofensivo como defensivo. É imprescindible adestrar para formar xogadores talentosos, planificar, adecuándose aos recursos humanos e materiais cos que contas, buscando en todo momento o rendemento do equipo. Os resultados son o desenlace do traballo anterior.

Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

4O BLOG DE SAUDETER Do fitness ao wellness Do culto ao corpo á integración da saúde física, psíquica e emocional. Inicialmente nos ximnasios falábase de Fitness, aquela ximnasia dedicada á musculación e hipertrofia máxima dos músculos. Comezouse practicando en EEUU e pronto chegou ao noso continente. Este tipo de actividade física antepuña a musculación á saúde e unha imaxe esvelta. Co tempo, a xente e os profesionais déronse conta de que non era unha práctica do todo saudable e a palabra fitness empezou a englobar termos como o coidado da saúde, a alimentación e en xeral a vida sa. Aos poucos foise abrindo camiño a un termo máis amplo, englobando dentro do fitness toda aquela actividade física na que se traballa desde a forza até a resistencia, flexibilidade, coordinación ou equilibrio; é dicir, a mellora da condición física do individuo. Actualmente, cando se fala de fitness englóbanse cantidade de actividades físicas: desde o aeróbic, o aquastep, o spinning; deportes varios; rutinas no ximnasio ou uso de máquinas. Con todo, nos tempos que corren, este termo queda un pouco obsoleto. O concepto de saúde cambiou moito nos últi-

mos anos. Pasamos dunha concepción puramente física a unha máis completa, que ten en conta non só o benestar físico, senón tamén o psíquico, emocional e social. Sabemos que para que unha persoa estea e se sinta sa debe de coidar todos os planos da súa vida, desenvolverse en harmonía. Desta perspectiva xurdiu o termo Wellness, que fai referencia á integración da saúde física, psíquica e emocional. Co Wellness búscase o equilibrio corpo-mente; coordínase o traballo físico co psicolóxico e social. Desta forma educamos os nosos hábitos para que sexan sans non só no ximnasio, senón tamén na vida diaria. Debe de ser un cambio de mentalidade, un estilo de vida que inclúa actividades físicas no día a día, pracenteiras, acordes co noso estado de ánimo, intereses e capacidades. Actividades que nos enriquezan non só no plano físico, senón que inflúan na nosa enerxía, libérennos da tensión, dos problemas diarios, fágannos coñecer máis o noso corpo e a nosa mente, relacionarnos e botar unhas risas e por que non desenvolver habilidades realizándonos como persoas. Só así conseguiremos manter no tempo rutinas saudables que tanto nos custa manter. Só desta maneira seremos constantes

porque nos apetecerá movernos, simplemente noso corpo ou a nosa mente pediránnolo. Non hai unha definición exacta da palabra, posto que cada un debe de buscar o seu Wellness. É máis, canto máis abarquemos, cantas máis actividades e métodos para estar ben empreguemos mellor. Existen programas de Wellness dirixidos por profesionais, métodos prácticos para mellorar a calidade de vida das persoas a través de disciplinas físicas. Actividades que engloban desde o ioga, o pilates ou o stretching, pasando pola tonificación muscular, o aeróbic, o baile, os deportes colectivos ou o pracer de xogar. Actividades que se complementan con masaxes, spa, control da alimentación, etc.

O Wellness está ao alcance de todos, ao virar a esquina atoparalo. Nós axudarémosche a alcanzalo.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xaneiro de 2013


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.