30 Novembro 2012 - BD Nº67

Page 1

O Paco Paz acolleu unha velada de boxeo [páx. 5] CDO

O CD Ourense logra a primeira vitoria lonxe do Couto e é sétimo

Páx.11

FÚTBOL SALA

Páx.8-9

O Ponte Ourense lévase o derbi contra o Cidade As Burgas na 1ª división

COB - Alicante. Venres 30 de novembro ás 21 horas no Paco Paz

Novo récord na San Martiño

[páx. 10]

Número: 67- Ano: IV - 30 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

XXXVI SAN MARTIÑO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 9 de decembro. O Couto -17.00h.- CD Ourense - Caudal Deportivo. 2ªB - Día 2 de decembro. Os Carrís. UD Barbadás - CD As Pontes. 3ª División. - Día 16 de decembro. Os Carrís. UD Barbadás - CD Dorneda. 3ª División. - Día 2 de decembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Portonovo SD. Rexional Preferente. - Día 2 de decembro. O Barco. CD Barco - CD Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 2 de decembro. José Arjiz (Verín). CD Verín Mondariz CF. Rexional Preferente. - Día 9 de decembro. O Carballiño. Arenteiro - Ponte Ourense CF. Rexional Preferente. - Día 16 de decembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Mondariz CF. Rexional Preferente. - Día 16 de decembro. O Barco. CD Barco - Arousa. Rexional Preferente. - Día 16 de decembro. José Arjiz (Verín). CD Verín Ribadumia. Rexional Preferente. - Día 6 de decembro. Estadio Miguel Anxo (Os Remedios) Pabellón Ourense - Santiago de Compostela. División de Honra Xuvenil. - Día 9 de decembro. Estadio Miguel Anxo (Os Remedios) Pabellón Ourense - Montañeros. División de Honra Xuvenil.

Baloncesto

- Día 30 de novembro. Paco Paz -21.00h.- COB - Lucentum Alicante. Liga LEB Ouro. - Día 8 de decembro. Os Remedios -20.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Al-Qazeres. Liga Feminina 2. - Día 16 de decembro. Os Remedios -12.00h.- Ourense Capital Termal - Establecimientos Otero. Liga EBA.

Fútbol sala feminino

- Día 15 de decembro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Soto del Real. 1ª División Fútbol Sala. - Día 22 de decembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Atlético de Madrid.

Atletismo

- Día 16 de decembro. XI Carreira Pedestre do Nadal, San Cibrao das Viñas. A partir das 12.00 horas.

Andaina - Día 15 de decembro. Andaina Vía da prata (Vendas da Barreira - Verín).- Día 29 de decembro, Andaina Vía da prata (Verín - Vila de Rei).

Hoquei Herba

- Día 2 de decembro. Mariñamansa -11.00 horas-. Caldaria Barrocás - Terrassa. División de Honra A.

Tiro

- Días 1 e 2 de decembro - Eiroás - Cto. de pistola.

Balonmán - Día 2 de decembro - Os Remedios. Balonmán Pabellón - Rasoeiro. Primeira Autonómica.

A edición número 36 da carreira da San Martiño batíu todos os récords de participación./M. REJO.

Alejandro Fernández logra a vitoria na San Martiño

4 Facía máis de 20 anos que un atleta ourensán non lograba a vitoria absoluta. R. Torres Alejandro Fernández xa o advertira na entrevista que concedeu no número anterior do Barrios Deportivo “teño que facer unha carreira rápida para deixar atrás a Lolo Penas, se non a vitoria estará imposible”. E iso fixo desde o primeiro metro. Saíu con gañas de ir rezagando aos seus máis importantes rivais, imprimindo un forte ritmo desde os primeiros metros da ponte do Milenio. No ecuador da proba, xa tiña unha importante renda con respecto aos seus adversarios, e nas Lagoas (quilómetro oito) a vitoria estaba case que no peto. Ao final, un tempo

incrible: 29:49 minutos, e o primeiro ourensán que logra a vitoria na Carreira Popular do San Martiño neste século XXI. Alejandro Fernández está de volta nisto do atletismo. A Fernández acompañárono no podio Manuel Hurtado e Lolo Penas, segundo e terceiro respectivamente, ambos do mesmo club que o primeiro, o New Balance. A atleta portuguesa Sara Pinho foi a máis rápida na categoría feminina. A lusa parou o crono en 34:19. Tras Pinho chegaron a meta a tamén portuguesa Rafaela Almeida (35:08) en segunda posición, e a salmantina Gema Martín (35:31) de terceira.

Récord de participación Se éxito foi a vitoria de Alejandro Fernández, a participación non foi menos. 6.759 participantes nesta edición dan mostras do apabullante éxito que ano a ano ten esta proba ourensá. A mellor das populares de Galicia. Dos case 7.000 participantes, 2.993 participaron na proba escolar e 3.768 o

Alejandro Fernández empregou 29:49 minutos en vencer na 36ª San Martiño

fixeron na absoluta. Incrementando en case mil persoas a participación do ano pasado. A estas cifras hai que engadir a gran cantidade de mamás e papás que acompañaron aos seus fillos na escolar e non se inscribiron, e ao numeroso público que agolpouse en masa no percorrido da proba, sobre todo na liña de meta, no parque de San Lázaro e no Progreso.

6.759 foi o número total de participantes que remataron esta edición da proba


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

XXXVI SAN MARTIÑO

Os máis cativos invadiron as rúas

4A SAN MARTIÑO EN IMAXES

4 Casi 3.000 atletas participaron na proba escolar. R.T. Os máis cativos non foron menos e, acompañados por un día estupendo, invadiron as rúas da capital ourensá para participar nesta edición da proba popular máis antiga de Galicia. 2.993 foi o número exacto de atletas novos que completaron os 4.500 metros desta proba escolar. Máis de 400 participantes máis que a edición do pasado ano e un pouco menos de 400 que o récord anterior de participación, acadado no 2008 (cando acudiron un total de 2.596 participantes). Esta cifra queda curta se temos en conta que moitos dos cativos van acompañados por algún membro maior de idade da súa familia (nai, pai, irmán maior, tío,...) que co-

O coche - cronómetro (Opel) ao seu paso pola ponte Romana. /M.REJO

Dous participantes ao remate da carreira. /M. REJO

rren con eles durante todo o traxecto -con máis dun rapaz deixando decolgado ao seu familiar-. Os vencedores Os vencedores absolutos desta 36ª edición foron Agustín González (ADAS Proinor) en categoría masculina, cun tempo de 15:17, e Uxía Pérez Bugarín (Atletismo Tui - Thermalia), que empregou un tempo de 16:56 minutos. No podio masculino acompañaron ao atleta do Barco de Valdeorras, na segunda posición, Adrián Lago Tizón (15:25) e Brais Gómez Vilar (15:28), na terceira. En canto á categoría feminina, a segunda clasificada foi a atleta do atletismo Porriño, Iria Rodríguez Huertas (17:35) e en terceiro lugar, Lucía Súarez Crespo (18:06).

Atletas ao remate da proba. /M. REJO

Os atletas do club ourensán Esprintes Ourense antes da carreira. /TITO PICOUTO

Alejandro Fernández, vencedor da carreira. /M. REJO

O paso dos primeiros clasificados da carreira escolar no paso pola ponte Romana. /M.REJO


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

ATLETISMO

Andainas polo Camiño Mozárabe - Vía da Prata 4 Para promocionar esta ruta do Camiño de Santiago. Redacción Os integrantes do CD Aurum antes do comezo da carreira ourensá. /M.REJO

Furor do atletismo popular

4 Cada vez son máis as persoas que participan en citas deste tipo ao longo da xeografía ourensá. Redacción E galega, e doutros puntos da Península... Pódese dicir, incluso, que é un fenómeno a nivel mundial (maratóns como o de New York, Frankfurt, Rotterdam, reúnen a miles de afeccionados a este deporte). Cada vez son máis os que inclúen na súa rutina os adestramentos de atletismo e as carreiras populares, acudindo ás máis proximas a súa localidade; algúns organizan unha viaxe entre varios para competir fóra da comunidade galega ou mesmo fóra de España (sobre todo para participar en maratóns).

Neste fenómeno, Ourense non queda atrás, un claro exemplo é a carreira do San Martiño, que reúne cada ano a miles de afeccionados a este deporte (só uns poucos compiten de forma profesional); acuden polo pracer de competir, por gozar en primeira persoa dun evento deportivo ou mesmo para mellorar o rendemento persoal. Coa mágoa da desaparición dos equipos de elite masculino e feminino do Ourense Atletismo Academia Postal (agora Club Atletismo Ourense), florecen outros clubs amateurs como o Esprintes Ourense,

Veteranos Pabellón, Atletas Veteranos Ourense, Ourenrunning, Club Deportivo Aurum, entre outros. Equipos, algúns de recente creación, e outros que xa levan algúns anos nas estradas e montes galegos “dando zapatilla”. Todos eles dan mostra do auxe deste deporte no que compite un só contra un mesmo e/ou contra o crono. O atletismo é un novo estilo de vida que, desde fai uns anos, está instalado na sociedade. Chegou para quedarse. Se o deporte é vida, o atletismo é o seu máximo expoñente. Citas como “Correndo x Ourense” viron incrementar expo-

nencialmente o número de participantes da primeira á segunda edición. CD Aurum Un dos representantes desta nova ola do atletismo é o Club Deportivo Aurum. Recén estreada a súa segunda tempada de vida, os seus integrantes levan participado en innumerables carreiras. Mesmo algún deles participou no pasado maratón de Porto.

O atletismo é un novo estilo de vida

Os amigos da Vía da Prata - Camiño Mozárabe organizan un calendario de andainas para promocionar esta variante do camiño de Santiago, amáis de vixiar o seu estado de conservación. Até febreiro, organizaranse percorridos por distintos concellos da variante do camiño, que irán desde A Gudiña ata Ourense, separados en etapas de entre 15 e 20 quilómetros. A inscrición nestas andainas é gratuíta. Quen queira participar, non ten máis que enviar un correo ao mail viaprataourense@ceo.es ou chamar por teléfono ao 988 391 110. Amigos Vía da Prata A asociación Amigos da Vía da Prata creuse a principios dos 90 do século pasado, grazas ao tesón dun grupo de amigos vol-

cados a dar a coñecer un camiño esquecido. Ademais, a Asociación promociona e defende a peregrinación Xacobea tradicional, en todas as súas dimensións, así como axuda e protexe ao peregrino e defende o patrimonio cultural. Calendario de andainas O 15 de decembro unha andaina de 17 quilómetros unirá as localidades de Vendas da Barreira e Verín; para o 29 de decembro, os andaríns percorrerán 20 quilómetros entre Verín e Vila de Rei; xa no 2013, o 12 de xaneiro, Vila de Rei – Sandiás, de 20 quilómetros será a primeira andaina do ano; o 26 dese mesmo mes, Sandiás - Allariz, de 15 quilómetros, e finalaizarán as andainas da Vía da Prata o 9 de febreiro, cunha última camiñata de 15 quilómetros que unirá as localidades de Allariz e Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

ATLETISMO / BOXEO

Boxeo en Ourense 4 O Paco Paz acolleu cinco combates puxilísticos. Redacción

Participantes da carreira xuvenil no Cross do Guillelme Brown. /S. Torres

Gran participación no Guillelme Brown

4 271 atletas participaron na 17ª edición. Redacción Celebrouse a 17ª edición do Cross Guillelme Brown, que contou coa participación duns 300 atletas. Na categoría benxamín os vencedores foron os atletas do Ourense Atletismo, Aroa González e Álvaro Díaz. En alevín feminino, vitoria para a atleta do mesmo club, Nayeli Iglesias, vencendo en homes

Marco Rivero, da Asociación Deportiva Limiactiva. Nos infantís, Arantxa Pérez (Ourense Atletismo), mostraba o seu dominio, mentres que Ziad Nagili da Asociación Deportiva Limiactiva facía o mesmo nos homes. Nos cadetes, dobre vitoria do Ourense Ateltismo con Antía Rodríguez e Abraham Rodríguez. Andrea Fernández, do Club Deportivo a Purísima e

Antón Soria, do Ourense Atletismo foron os gañadores na categoría xuvenil. Xa na absoluta, nova vitoria para Rubén Diz, da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e Silvia Teijeiro, do Ourense Atletismo. Na carreira na que participaron os pais, nais e profesores dos alumnos do centro, a vitoria foi para Fernando Troncoso e María Bustillo.

O Paco Paz de Ourense acolleu unha velada de boxeo amateur. Catro pelexas de boxeo para o campionato galego de boxeo e unha máis (combate estrela) entre o púxil ourensán Adelmo Souto e Oleg Lisnenko. O primeiro dos combates, semifinal -60 quilos, enfrentou a Kiril Povkoroski contra Emrel Morales, vencendo o primeiro aos puntos. Na segunda semifinal do mesmo peso, Cristián González venceu ao quedar descalificado Eduard Esmerlin no segundo asalto. O terceiro combate enfrontaba na final júnior de -69 quilos a Adrián Miraz contra Daniel Brea, sendo vencedor o primeiro por KO no primeiro asalto. O cuarto combate reunía no cua-

drilátero aos finalistas da categoría -81 elite; Agustín

Álvarez derrotou por KO no primeiro asalto a Damián Paz. E no combate estrela da velada (non entraba en competición), o ourensán Adelmo Souto impoñíase a Oleg Lisnenko aos puntos.

Combate entre o ourensán Adelmo Souto e o ucraniano Oleg Lisnenko. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

Wushu

Once metais para o Artai en Oleiros 4 No Primeiro Open solidario de wushu. Redacción Rapaces participando na primeira fase do campo a través da zona do Arenteiro.

XOGADE chega ao Arenteiro 4 Na 1ª fase do campo a través. Redacción O pasado 22 de novembro celebrouse a primeira fase do campo a través da zona do Arenteiro dos Xogos Galegos Deportivos (XOGADE). O programa XOGADE consiste en eventos deportivos organizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas. No Pozo do Lago en Maside, déronse cita preto

de 500 rapaces (a pesar do frío e da néboa) para celebrar a esta primeira fase do campo a traves da comarca do Arenteiro. Os rapaces, das categorias benxamín, alevín, infantil e cadete celebraron unha xornada deportiva que deixou moi boas sensacions, na que os vencedores tiveron a súa medalla. Os vencedores na categoría benxamín foron Clara Pérez e Diego Gómez; en alevín as vitorias foron de

Os ximnasio Artai de Ourense converteuse no mellor equipo que participou no I Open Solidario de Wushu celebrado

na localidade coruñesa de Oleiros. A cita tivo lugar o pasado 24 de novembro, e o club ourensán desprazouse con 16 competidores, oito en categoría de combate e oito de formas. O botín to-

Máis deportes Xa están en marcha distintas modalidades do XOGADE como o baloncesto, o fútbol sala, o balonmán e o voleibol, que percorrerán toda a xegografía ourensá.

Integrantes do club ximnasio Artai que participaron no i Open Solidario de Oleiros.

Taekwondo

Copa Xunta de Galicia de técnica

4A décimo terceira edición celebrarase do 6 ao 9 de decembro en Expourense. Na fin de semana da ponte da Constitución, o ocio, o deporte e a cultura terán unha nova cita en Megaxove, o décimo terceiro Salón da Xuventude, convertindo a Expourense no maior centro de ocio de Galicia. O seu obxectivo é reunir a nenos e mozos, así como

ás súas familias, nunha inmensa aula de ocio con todo tipo de actividades, conxugando formación e diversión e potenciando valores como o compañeirismo, a igualdade, o traballo en equipo ou a convivencia interxeracional. Deporte minoritario Pero sobre todo o deporte

O scaléxtric xigante chamou a atención dos máis cativos na pasada edición.

Os destacados Os ouros foron acadados por Mario Gayoso, en combate de menos de 75 quilos; Juan Manuel González, en combate de menos de 70 quilos e Jaime Álvarez, en combate de menos de 65 quilos. Outra das destacadas foi a deportista Sara Álvarez, que obtivo dous medallas de prata en lanza e man vacía.

Nayeli Igleias e Carlos Freijedo; Lucía Bravo e Gabriel Jar gañaron en categoría infantil; e finalmente Estela Pascual e Lucas Álvarez fixeron o propio en cadete.

Ocio, deporte e cultura cítanse en Megaxove Redacción

tal para a expedición foi de 11 medallas (3 ouros, 5 pratas e 3 bronces).

é un dos grandes protagonistas de Megaxove, que continuará promocionando as disciplinas minoritarias para contribuir á difusión de alternativas menos coñecidas. Ademais das deportivas, outras propostas fomentarán a participación activa do público a través de xogos, exhibicións, torneos... A implicación de clubs deportivos, asociacións xuvenís, o apoio de empresas e de institucións, fan posible un completo programa para todos os gustos, aomesmo tempo que distintas entidades dan a coñecer a súa actividade dirixida á xuventude. Así, entre a ampla oferta que inclúe o XIII Megaxove atópase un circuito de motos eléctricas; clases colectivas de kárate infantil, defensa persoal, krav-maga, wushu ou danza do ventre; un curso de baile rexional:

Redacción

Cartel da 13ª edición de Megaxove. conferencias e desfile de “Star Wars”; exhibicións de esgrima antiga, judo, halterofilia ou mini-basket; inchables; karaoke; xogos de mesa; unha regata de remo indoor... e así ata máis de medio cento de opcións para que rapaces e pais teñan a mellor alternativa lúdica para eses días de descanso. Exitosa edición de 2011 A pasada edición de Megaxove bateu todos os récords, ao conseguir atraer a

preto de 11.000 visitas nos seus catro días de feira. Así mesmo, o 12º Cross Megaxove tamén foi todo un éxito, con 750 atletas inscritos. Cifras históricas que dende a organización agardan superar nesta edición de 2012.

A edición 2012 busca superar as 11.000 visitas do ano anterior

Ata Moaña desprazáronse os taekwondistas do ximnasio Couto de Ourense, para participar na Copa Xunta de Galicia de técnica disputada o 24 de novembro. Previamente tiveron que participar na Copa Deputación de Ourense (fase provincial) para lograr o billete a esta fase final. Os ourensáns acadaron un total de 17 medallas, das cales catro foron de ouro, cinco de prata e oito de bronce. Na competición participaron máis de 500 deportistas o que demostra a dificultade de facer un bo papel no evento. En xornada vespertina celebrouse, no mesmo escenario, o Vila de Moaña de exhibición. Os cadetes do club Couto acadaron a terceira posición, mentres que os infantís foron quintos.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

FÚTBOL SALA

Un Ponte Ourense con m a un correoso Cidade As

4 As rotacións do Ponte Ourense fai que as de Vi meira División do fútbol sala. R. Torres

Drica zafándose de dúas xogadoras do Ciudad de Alcorcón./RAMSÉS

Oportunidade perdida 4 O Ponte cae contra o Ciudad de Alcorcón e non logra a súa terceira vitoria consecutiva. R. Torres O Ponte Ourense perde a oportunidade de encadear tres vitorias consecutivas e endereitar o rumbo na Primeira División do fútbol sala. As vitorias contra Centelles (9-5) e Cidade As Burgas (2-5) facían presaxiar que o equipo dirixido por Óscar Vivián ía reverter a tendencia negativa e íase ver ao verdadeiro Ponte a partir de agora. Pero de momento haberá que esperar. Xogaban en casa contra o Ciudad de Alcorcón, un dos animadores da liga (o conxunto madrileño é quinto con 20 puntos). Unha vitoria daría máis moral aínda ás ourensás logo de vencer nas dúas xornadas anteriores. O encontro poríase de cara no ecuador do primeiro tempo, cando Drica rouba un balón e o cede a Souza quen bate a Eva Tamayo (ex do Ponte Ourense). A ledicia duraría o resto do primeiro acto, chegando ao descanso coa mínima renda para o Ponte. Nada máis comezar o segundo período, as ‘alfarei-

ras’ empatarían a contenda, e dous minutos máis tarde daríanlle a volta ao marcador. Sara poría de novo as táboas tras pase de Souza. Pero sen poder saborear o empate, no mesmo minuto, as visitantes lograban o 2-3. Logo duns minutos de tranquilidade o Alcorcón distanciábase cun novo tanto, era o 2-4. Nos minutos finais, Vivián arriscaría co xogo de cinco logrando un penalti a favor que transformaría Souza. Co 2-3 e un par de minutos por disputar, as locais volcábanse na portaría de Eva Tamayo. Os riscos das albinegras non tiveron, nin moito menos, recompensa, e nos últimos segundos un novo tanto a porta baleira subía ao marcador das visitantes. 5-3 e nova derrota do Ponte que as deixa con 10 puntos na undécima posición. Roldán Despois do parón polo torneo que disputan as seleccións, o Ponte Ourense visitará a cancha do recén ascendido Roldán. O conxunto murciano está por

O Ponte Ourense regresa á competición o 15 de decembro na cancha do Roldán diante do Ponte, na décima posición cun punto máis, 11. Á espera de Marta Marta Figueiredo está queimando etapas na evolución da lesión sufrida no primeiro encontro de liga. Sen muletas e adestrando a un ritmo menos que as súas compañeiras desde fai varias semanas, a recuperación de Marta cada día está máis preto. A capitana será a fichaxe de inverno do Ponte Ourense.

Marta Figueiredo./RAMSÉS

O Ponte Ourense comezou mellor asentado na cancha, que nesta ocasión trasladouse ao anexo dos Remedios. O cambio de escenario non estivo á altura do que se merece un derbi desta magnitude; as chuvias destes días causaron que a humidade fixera acto de presencia e o parqué estivera moi resbaladizo, facendo moi difícil controlar o equilibrio nalgunha acción. Nos primeiros minutos o Ponte estivo moi atrevido, acorralando ao Cidade na súa cancha. O Cidade, pola súa banda, comezou moi impreciso e con moitos nervios. Mentres Vivián cambiaba as xogadoras cada pouco tempo, e dúas ou tres á vez; Codeso tiña que aguantar case que co quinteto inicial durante

a maior parte dos minutos. A pesar do dominio inicial das

pontinas foron as do Cidade as que golpearon primeiro. Peke batía a Loli tras unha boa xogada das nesta ocasión locais. Iria e Peke chegaban por medio de paredes á área visitante tras un roubo

de balón en media cancha.

Sara e Nerea, na pugna por un balon./RAMSÉS

Con este resultado chegouse ao final dos primeiros 20 minutos. Trala reanudación, Souza converteuse no estandarte das pontinas dándolle a volta ao marcador en tres minutos, os que van do 24 ao 27. Pero no seguinte minuto as franxiverdes lograban empatar a contenda. Drica introducía na súa portaría o balón ao intentar despexalo. Desgaste co paso dos minutos O paso dos minutos supuxo un gran desgaste do Cidade. As locais uti-


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

FUTBOL SALA

máis banco vence s Burgas

ivián leven o derbi ourensán da Prilizaron a seis xogadoras de campo (Ana; Peke, Sonia, Iria e María Arias -quinteto inicial- e María Romero e Nerea), mentres que o Ponte utilizou a nove Loli; Ana,

Souza, Laura e Drica -quinteto inicial- e Vanesa, Sarita, Rosángela e Chiqui. Isto fixo que os minutos pesaran nas pernas das do Cidade, e no minutos 34, Vanesa des-

Cidade 2-5 Ponte foi o resutado final bordaba en velocidade a Peke para batir a Ana, 23. Outra mostra dese desgaste físico foi que trala la expulsión de Vanesa, e con inferioridade numérica, o Ponte lograba o 2-4 obra de Rosángela. Xa, sen tempo para máis, Drica poñía o 2-5 final.

Souza lanza a portaría ante a oposición de Arias e Ana./RAMSÉS

4 As notas do partido Sobresaínte. A afección.

Arredor de mil persoas nas bancadas do anexo dos Remedios puxeron a nota de cor neste derbi. As dúas afeccións animaron durante os 40 minutos ao seu equipo sen as incidencias negativas doutros derbis. Un 10 para todos eles.

Notable. A calidade das xogadoras do Ponte.

Sen unha xogadora que sobresaíra sobre as demáis -quizáis Souza, que estivo a un gran nivel-, a calidade das xogadoras pontinas valeulles para facerse co encontro.

Ben. O crecemento de María Arias.

O ano pasado pasoulle factura a presión do derbi, pero este ano foi unha das destacadas das franxiverdes. Un salto de calidade que ben necesitan as de Codeso.

Suficiente. O banco do Ponte e a defensa do Cidade.

O banco do Ponte fixo que as de Óscar Vivián mantiveran o alto ritmo durante a maioría dos minutos, sen importar que xogadoras estaban na cancha. Cada poucos minutos ían rotándose as xogadoras tendo moito descanso e puidendo deste xeito manter o alto ritmo durante os 40 minutos. A defensa do Cidade estivo moi acertada ata os intres finais. Mantiveron a raia ás albinegras a pesar do vendaval pontino e de que Peke tivo que disputar case que todos os minutos. O cansanzo fixo acto de presenza nos últimos minutos, e foi cando o Ponte logrou por terra de por medio.

Suspenso. A cancha.

Para este partido o escenario trasladouse da habitual central dos Remedios ao anexo. Unha mala opción para un partido destas características. A chuvia deses días fixo que a condensación acumulada na cancha provocara que todas as xogadoras resbalaran máis da conta durante todo o encontro. O dito, un suspenso para a elección de xogar nunha sede nada acorde á altura do gran partido visto.

O Cidade tropeza contra o líder 4 Perde contra o Burela 5-2. R. Torres O Cidade visitaba a cancha do líder, o Burela Pescados Rubén. O derbi galego tiña ás luguesas como as favoritas para levar os tres puntos en disputa. Xa nos primeiros minutos, as locais imprimiron un forte ritmo ao encontro tendo a súa recompensa aos cinco minutos; Peque facía o un a cero tras saque de esquiña. Cinco minutos máis tarde, a mesma xogadora lograba o dous a cero. Un minutos máis tarde, sobresairía a figura da goleadora brasileira, Dany, logrando o 3-0 co que se chegaría ao descanso. Na reanudación, as ourensás tentaban por todos os medios recurtar distancias no marcador, pero de novo Dany poría o catro a cero no electrónico. Lidia faría o quinto

gol das locais no minuto 31 de encontro. Sen marxe de remontada, as ourensás lograban recurtar distancias. Nerea no 32 facía o 5-1 tras xogada de Iria, e María Romero, ao segundo pao, tras pase de Peke facía o definitivo 5-2. O Cidade As Burgas ocupa a décimo terceira posición con 7 puntos, a catro dos postos de descenso. Parón Agora toca un parón debido a que se disputa o torneo internacional de fútbol sala feminino. A competición doméstica reanúdase o 15 de decembro co partido entre o Cidade e o Soto del Real. O encontro terá lugar na cancha central dos Remedios. O Soto del Real é o oitavo clasificado con 13 puntos (seis máis que o Cidade). O encontro será unha dura reválida para que as de

4 Xornada 12 - 15 de decembro U. de Alacante - La Rioja Valladolid- Móstoles Femeni Centelles - Viaxes Amarelle Cidade As Burgas - Soto del Real Ciudad de Alcorcón - Burela Roldán - Ponte Ourense Futsi Navalcarnero - Gironella Descansa - Lacturale Orvina

4 Xornada 13 - 22 de novembro U. de Alacante - Valladolid Móstoles- Femeni Centelles Viaxes Amarelle - Cidade As Burgas Soto del Real - Ciudad de Alcorcón Burela - Roldán Ponte Ourense- Futsi Navalcarnero Gironella - Descansa La Rioja - Lacturale Orvina

Codeso poñan terra de por medio cos postos de descenso e se acheguen a outras rivais que están por enriba delas na clasificación. As madrileñas veñen de vencer na casa ao Centelles, pechacancelas da Liga. O Soto del Real ten en Pitu ao seu referente e á máxima goleadora do conxunto (oito tantos no que vai de liga).

O Cidade reanuda a competición o 15 de decembro contra o Soto del Real nos Remedios

Souza./RAMSÉS

Primeira División FSF - 11ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º Burela 29 2º At. Madrid 26 3º Gironella 22 4º Valladolid 21 5º Alcorcón 20 6º Orvina 18 7º U. de Alacante 17 8º Soto del Real 13 9º Móstoles 13 10º Roldán 11 11º Ponte Ourense 10 12º Logroño 9 13º Cidade As Burgas 7 14º Amarelle 3 15º Centelles 1


10

BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

BALONCESTO

O COB buscará contra Alicante a segunda vitoria da tempada 4 O cadro ourensán vén de perder en Lugo. R. Torres Este venres 30 de novembro, o Club Ourense Baloncesto recibe no Paco Paz (21.00 horas) ao Alicante, un dos favoritos ao ascenso. O encontro corresponde á xornada número nove. Logo da vitoria en casa cotra Huesca (82-78) e da derrota pola mínima en Lugo contra o Breogán (7877), a moral dos xogadores subíu enteiros. A pesar desa inxección de moral tras encadear dous partidos máis que aceptables, chega ao Pazo un Alicante que está chamado a loitar polo ascenso a ACB sendo un dos mellores equipos da LEB Ouro, se non o mellor. Xogarán un que quere salvar a categoría contra outro que quere ser o vindeiro ano equipo de ACB; un equipo

que se está facendo lentamente, ante outro que cada xogador é determinante; un David contra un Goliat. Para o adestrador do COB, Rafa Sanz, unha hipotética vitoria pasaría por “apretar moito e estar ao 100%”, e sobre todo “equilibrio entre as pérdidas e as

recuperacións de balón”. Amáis e en defensa “raiar a perfección”. O técnico cobista o ten claro “o que impoña o ritmo de xogo terá moito gañado”. Lugo - COB O partido contra o Breogán de Lugo foi un pequeno sal-

Andy Ogide machacando o aro contrario. /RAMSÉS

Venres 30, 21.00 horas, Paco Paz. COB - Alicante to máis cara adiante. Tras un primeiro cuarto un tanto irregular, o equipo soubo reaccionar e lograr achegarse no marcador. No terceiro cuarto, a mesma letanía que na maioría de encontros: varios minutos sen aportación anotadora presaxiaban que o Ourense íase diluir antes de que rematara o partido. Pero non foi así. Grazas a un inspirado Barbour, que coas súas canastras mantiña vivo ao COB, chegouse aos últimos 27 segundos. Cun punto arriba para os locais e posesión deles, optouse por non facer falta e esgotar a posesión do Lugo, cousa que lograron. Con apenas tres segundos Mena lanzou desde medio campo e non logrou anotar. Derrota, pero coa sensación de que o equipo comeza a competir na liga. Outro COB vislúmbrase no horizonte a curto prazo.

O Pabellón suma a súa segunda vitoria da liga 4 Venceu ao Arxil, o pechacancelas da liga. Redacción Era un rival asequible e a mellor das oportunidades para lograr a vitoria, e o Pabellón Ourense soubo aproveitala. Tratábase da sexta xornada da liga e apenas conseguira sumar ata o momento un partido gañado, polo que o conxunto que dirixe Gonzalo González debía superar ao Arxil sen contemplacións. O obxectivo cumpliuse, pero a tarefa non foi sinxela. O primeiro cuarto deste partido -ao que lle faltaron, sen dúbida, puntos- estivo moi axustado (9-8), polo que o Pabellón tivo que tomarse as cousas máis en serio. Así, colleu aire no

segundo período e con contundencia puxo distancia no luminoso, acadando o descanso cun tranquilizador 2812 ao seu favor. Os deberes estaban case feitos. Pero o Arxil, a pesar de ser o pechacancelas, tiña gardada na manga as dotes anotadoras da ex-pavillonista Olga Federova. De todos os xeitos, aínda que a segunda metade estivo dominada polas pontevedresas a distancia a superar era demasiado grande e non foron quen de recortar máis que 11 puntos. Un resultado final de 5045 outorgoulle a vitoria ao Pabellón Feminino, que se sitúa oitavo na clasificación xeral con dúas vitorias e catro derrotas.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

FÚTBOL

O CDO consegue a primeira vitoria lonxe do Couto 4 Foi contra o Rayo Vallecano B. R. Torres O Ourense vén de gañar o seu primeiro encontro lonxe do Couto, concretamente contra o filial do Rayo Vallecano a quen venceu por cero a dous. Nesta ocasión o goleador do equipo e da categoría, Jona, non puido marcar, pero Pillado e Iván González colleron a testemuña do malagueño para firmar os dous tantos do cadro “rojillo”. Para Iván González é o segundo gol da tempada e o segundo consecutivo (fixera o primeiro da súa conta contra o Marino na pasada xornada). No que ao partido se refire, os de Luisito apenas pasaron apuros, e foron moi superiores a un equipo, o rayista, que nada, ou moi pouco, puido facer para lograr a vitoria. Con esta vitoria, o

Ourense sobe ata a sétima posición con 21 puntos. A dous queda a promoción de ascenso, e a seis a de descenso. O descenso directo está a sete puntos. Das 14 xornadas disputadas, os ourensáns fóronse de baleiro en tres delas (contra o Tenerife e Fuenlabrada na casa, e contra o Marino de Luanco como visitante). Dos sete partidos disputados na casa, catro vitorias, un empate e dúas derrotas é a bagaxe do equipo da vella auria; 13 puntos dos 21 disputados. Lonxe do Couto, o Ourense móstrase como un equipo sólido. Unha soa derrota, por unha vitoria e cinco empates, oito puntos en total coa dificultade que supón puntuar como foráneo. Con todo isto, o CD Ourense está a cuallar unha gran tempada e o máis importante, asentándose na

zona tranquila da clasificación. Luisito sabe ao que xoga, e os seus xogadores o que quere o adestrador de cada un deles. E iso que a pretempada foi moi atípica (a piques estivo o club de desaparecer). Moitos dos xogadores non chegaron ao Couto ata ben entrada na pretempada, o que da máis valor ao gran inicio ligueiro do conxunto ourensán. Espera Avilés O partido correspondente á xornada número 15 da Segunda División B grupo 1º levará ao Ourense ata terras asturianas para enfrontarse ao Avilés. O cadro asturiano marcha segundo na clasificación con 28 puntos, e acaba de perder contra o Coruxo na última xornada. Atractivo partido entre o segundo e o sétimo clasifi-

cado, xa que os dous irán a pola vitoria. Para esta xornada son baixa Claudio, por acumulación de amonestacións e Portela, que sofre molestias no xeonllo operado a pasada tempada. Pato é dúbida por unhas molestias nun glúteo e Iván González ten unha sobrecarga, polo que será dúbida ata última hora. Luisito está seguro de que os asturianos chegarán á cita con moitas gañas de ofrecerlle a vitoria aos seus seguidores, logo de perder fronte ao Coruxo. Do Avilés destaca a Juan Díaz, a quen considera un gran nivel; e Boris e Jorge son xogadores moi experimentados. Para o técnico santiagués, o Aviles rematará entre os catro primeiros da liga, loitando polo ascenso. O céspede do estadio Suárez Puerta está nas mesmas condicións que as do Couto, lamentables. Tanto Avilés coma Ourense teñen serios problemas á hora de poder adestrar durante a semana, e alternar herba artificial con herba natural,

11

Jona tentando controlar o balón diante dun rival. /M.REJO situación nada óptima para un rendemento completo dos xogadores e causa de posibles lesións. Neste aspecto chegan en igualdade de condicións.

CD Ourense marcha sétimo a dous puntos da promoción de ascenso


12

BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

EN BREVE

4 Curso de monitor Comezou nas localidades de Viana do Bolo e Verín o curso de monitor de actividades de tempo de lecer que organiza a Fundación Cipri Gomes. O curso conta con 50 alumnos e contén 350 horas entre prácticas e teóricas. O obxectivo deste curso vai encamiñado á preparación de profesionais no ámbito do desenvolvemento de campamentos de verán e actividades turísticas na zona. O curso, que é de carácter gratuíto, está subvencionado polo Plan “Puertas de Galicia”, e vai dirixido aos mozos interesados na área de ocio e entretemento.

4 Club Alpino O Club Alpino Ourensán celebra a súa 14ª semana audiovisual, enmarcada dentro do Outono Fotográfico. A sede das proxeccións foi a sala vermella do Auditorio. O primeiro dos documentais proxectado “Islandia: entre lusco e fusco”, de Miriam Martínez e Mar Pallás; o segundo día foi unha mostra de fotografías tituladas “La bicicleta: otra forma de viajar”, de Roberto Mateos. Péchase a semana audivisual este venres 30 coa proxección do documental de Sechu López “Ascensión al Annapurna, a montaña máis temida do Himalaya”.

4 Rugbi Derrotas do equipo masculino e feminino esta xornada. Os homes caeron contra o Zalaeta (24-25) e as mulleres contra o CRAT (12-60).

4 Liga de pádel Redacción A I liga de pádel que ten a súa sede nas instalacións do P21 pádel club está a ser moi competitiva. Na 1ª División, Camino del Olimpoé primeiro con 16 puntos e Padeleite, segundo con 15; na 2ª División, Tocapelotas, primeiro con 20 puntos, e Saudeter

POLIDEPORTIVO

O Barrocás cae ante o Atl. Terrassa 4 2-4 foi o resultado final. Redacción Bo partido do Caldaria Barrocás ante o campión da pasada liga, o Atlétic Terrassa. A pesar da saída ao campo moi ofensi-

va dos visitantes, foron os ourensáns os que se adiantarían no marcador co gol de David. Pero en dous minutos o Terrassa deulle a volta ao resultado marchando á caseta cun gol enriba; o

Pabellón Balonmán

Empate en Lalín 4 O exceso de relaxación fai que non logren a vitoria. Redacción O Zen Pabellón non puido pasar do empate na visita ao Deza no Lalín Arena. Na primeira parte o equipo dirixido por Zarra conseguíu unha renda de oito puntos, grazas á boa defensa e ao contragolpe. Os xogadores

ourensáns pensaron que xa estaba feito e relaxáronse no segundo tempo. Ese exceso de relaxación fixo que os locais achegáranse perigosamente no marcador ata lograr o empate. Os pavillonistas dispuxeron dunha última xogada para enmendar o desaguisado, pero non foi posible, polo que se chegou

Barrocás a piques estivo de empatar pero o lanzamento dun penalti córner estrelouse contra a madeira. Na continuidade, e despois de dúas claras ocasións, os cataláns ampliaban a diferenza co terceiro tanto. Os barrocos lograron, dous minutos máis tarde, recurtar distancias (2-3). Cando máis volcado estaba o conxunto ourensán na portaría contraria chegaría

ao remate do encontro co resultado de empate a 26 goles. O resultado era o de menos, e o Zen Pabellón terá que disputar a fase de descenso. Indomogal Pabellón O Indomogal desprazouse ata Porriño para visitar ao líder da liga. 37-14 foi o resultado deixando palpable a diferenza entre unhas e outras, pero demostrando que ás ourensás van crecendo. Por outra banda, o xuvenil masculino da 2ª Autonómica marcha líder invicto

Os xogadores do Helios e do Galmédica.

Derrota do Galmédica B O Galmédica B de Primeira División Autonómica caía derrotado no Pazo dous Deportes Paco Paz ante o Helios Asesoría Serinte de Bembrive por un tanteo de 3 a 4. O xogo mantívose sempre nivelado entre os dous equipos con varios sets que se liquidaron nas vantaxes, pero ao final a sorte decantouse para o equipo vigués. Con este resultado o Galmédica B mantense na metade da táboa clasificatoria con 8 encontros disputados dos cales leva 4 gandos e 4 perdidos. Pola súa banda o Galmédica A de 2ª División Nacional descansou esta xornada. B, segundo con 19; na 3ª A, Moma del Pádel Carballiño (23 puntos), e Pekebolas (21), primeiro e segundo respectivamente; e na 3ªB, Padelmanía Team, primeiro (15 puntos), e Musko, con 14, segundo. I Torneo feminino Para a ponte da Constitución as ligas toman un pequeno descanso, pero continúan os eventos nas instalacións do Padel club co I Torneo Femenino P21.

Xogadores do Saudeter B e o Lel One. /P21

un penalti córner en contra que non desaproveitaría o rival. De aquí ao final, o Caldaria Barrocás buscaría a igualada (con dous penaltis córners incluídos), pero o marcador xa non se movería. Vindeira cita O Barrocás volve xogar na casa o 2 de decembro (11.00 horas) contra o pechacancelas CD Terrassa.

Partido do Caldaria Barrocás. /ARQUIVO

tras unha nova vitoria. Esta vez foi no Grove por 33 a 39 contra o Rasoeiro. Os ourensáns comparten liderato co SAR de Redondela, equipo co que xogarán esta fin de semana no anexo dos Remedios en busca da primeira posición, amáis de medio billete para o ascenso á División de Honra.

Zen Pabellón.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

POLIDEPORTIVO

13

NATACIÓN

Gran actuación das benxamíns en Zaragoza 4 Era a súa primeira participación como conxunto destas ximnastas pavillonistas.

O CN Pabellón continúa líder da Copa Galega 4 Logo de rematar segundo na segunda xornada desta competición. Redacción O Club Natación Pabe-

llón Ourense acadou a segunda posición na segunda xornada na División

Redacción Do 23 ao 25 de novembro, Zaragoza acolleu o campionato nacional de base de conxuntos no que Ourense estivo representado polas ximnastas do Pavillón Sabela, Rebeca, María, Paula M. Pérez, Paula M. Rodríguez, Lucía e Noa. Cunha excelente execución na súa primeira participación nacional como equipo, as benxamíns pavillonistas pechan así unha moi boa tempada deportiva. Este conxunto -logo de rematar terceiro no Campionato Galego de Promoción celebrado en xuño e líder no Campionato Galego de Base no pasado outubro- conseguiu revalidar o seu título como mellor conxunto galego de base, obtendo unha puntuación de 13,100, por enriba dos demais equipos galegos (11,400 obtivo o Acordes e 11,00 o María Barbeito). Con esta puntuación, as ourensás lograron colocarse no posto número 20 dos 38 participantes neste nacional na súa categoría. Seguinte nacional As ximnastas pavillonistas terán en breve, entre os días 13 e 16 de decembro, a seguinte cita nacional. Terá lugar en Castellón e a ela acudirán os conxuntos alevín, infantil, júnior e sénior, este último clasificado como campión galego no autonómico celebrado en Narón (onde os restantes conxuntos se proclamaron 3º, 2º e 2º, respectivamente).

de Honra celebrada en na capital ourensá. A piscina olímpica Rosario Dueñas dos Remedios foi a sede desta segunda cita. Os pavillonistas lograron 326 puntos por detráss do CN Galaico con 345 puntos, e diante do CN Ribeira, terceiro con 223. CN Coruña, con 222; CN Ferrol, con 215 e C Fluvial de Lugo, con 140 puntos foron os seguintes na clasificación. A pesar deste segundo posto, o Pabellón Ourense continúa líder da clasificación con 12 puntos. A segunda posición está ocupada agora polo CN Galaico, con 11; CN Ferrol, con 7 é terceiro. CN Coruña e CN Riveira, con 6 e por ultimo, C Fluvial de Lugo, con 2 puntos. As vitorias dos pavillonistas nesta segunda xornada foron nas probas de 4x50 libres masculino (a cargo de Alberto Taboada, Daniel Caamaño, Iago Rodríguez e José Manuel González Regueiro); 100 braza (disputada por Daniel Caamaño); 200 costa (Alberto Taboada); 400 estilos (Marc Ciurana) e 4x100 estilos (Alberto Taboada, Daniel Caamaño, Marc Ciurana e Iago Rodríguez).

BREVES

4 ABO

O Ourense Capital Termal de Liga EBA non comezou con bo pé esta tempada. A última xornada saldouse con derrota do ABO por 59-75 contra o Marín Peixegalego. O equipo ourensán leva nas cinco primeiras xornadas catro derrotas noutros tantos partidos.

4 Barbadás

A UD Barbadás da Terceira División de fútbol marcha con paso firme na competición. Na xornada 14 firmou táboas contra o Ordes, o que o mantén na décimo segunda posición con 19 puntos. O equipo dos Carrís a catro puntos da promoción de ascenso e a cinco do descenso.

4 Copa Galicia FSF

O xoves 6 de decembro, ás 12 horas, na central dos Remedios, o Cidade As Burgas disputa a semifinal da Copa Galicia de fútbol sala feminino. O rival será o líder da Primeira División, o Burela. O Ponte Ourense xoga contra o Leis.

4 Mundial jiu 4 Feira do jitsu corredor Felipe Iglesias xa está en Viena para disputar o Campionato do Mundo de Jiu jitsu. O ourensán parte como 17º cabeza de serie. Iglesias competirá na categoría de -62 quilos e terá en franceses, rusos e alemáns aos seus máximos rivais.

O pasado sábado, 17 de novembro celebrouse a I Feira do corredor. O pavillón dos Remedios foi a sede deste evento que tivo como actividades charlas, stands de venda ao público de productos e adestramentos dos máis cativos.


14

BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

Iago Silva e Diego Grande nunha proba deste ano co Peugeot 206 XS. /L.MARTÍNEZ

Iago Silva, o futuro do motor en Ourense 4 Quedou segundo este ano no Volante RACC do Autonómico. R. Torres Impresionado polo volco dun Seat Marbella diante del (cando era moi cativo) nun rali de Ourense, ese foi un momento chave para que se adentrara de cheo no mundo dos ralis. Antes desa data marcada a fogo

para Silva, xa tivera os seus pinitos co mundo do motor. Con tan só sete anos acudía todas as fins de semana a andar en kart nun circuíto da provincia; sen ter cumplido os nove anos facía prácticas co coche do seu pai no pobo. Toda unha declaración de intencións para

este mozo apaixoado do deporte das catro rodas. Este 2012 foi subcampión do Volante RACC do campionato galego de ralis. Entre os karts e o subcampionato do RACC moitos momentos quedaron na memoria de Iago Silva.

Os seus inicios Este ourensán comezou a competir foi o 15 de maio de 2010 na Subida a Xunqueira de Ambia cun VW Golf Gti 2 8v. Despois desta proba competíu en Castro de Beiro, no Rali do Sur do Condado e Rali Baixa Limia. Nestes dous últimos no trofeo Curuxarraly e logrando, na Baixa Limia, a vitoria do trofeo co Golf 2 Gti. En 2011 tan so participou no Baixa Limia con gran resultado: 17º na xeral. Para entón xa tiña o coche co que competiu no 2012, o Peugeot 206 xs. Este ano comezou co obxectivo de coñecer todos os ralis da comunidade. Carente de experiencia decidiron saír (él e o seu copiloto, Diego Grande) en todas as probas da forma que fora. Decidiron inscribirse na copa Volante RACC para ter un incentivo e saber a que altura podían competir con respecto aos outros rivais. Pouco a pouco déronse conta tanto el como o seu copiloto que a cousa pinta-

ba ben, a pesar de competir cun coche inferior a dos seus adversarios. Os resultados así o indicaban. Este 2012 tivo de todo para este piloto ourensán. O mellor momento veu cando acadaron a vitoria do volante RACC no Ribeira Sacra (rali preto da súa casa) co apoio de todos os seus amigos e familia nas cunetas dos tramos. Pero tamén houbo momentos malos; o máis amargo foi cando unha saída de pista no segundo tramo do rali de Ulloa -cando ían primeiros da copa- fixo que tiveran que abandonar por unha avaría mecánica. Obxectivos no 2013 O plan para o ano que vén, segundo a economía o permita, é dar o salto ao nacional para participar na Copa Suzuki Swift. Se finalmente non dan chegado ao presuposto, buscarán lograr a vitoria final na Copa Volante RACC. Boa opción para coller experiencia para un piloto que tan só leva

Iago Silva quere participar no 2013 na copa Suzuki Swift do Nacional 10 carreiras no seu curriculum. Agradecementos Iago Silva está agradecido aos patrocinadores, familia e amigos (que o animan nas cunetas), amáis de ao seu copiloto e ao seu pai que acude a todos os eventos que disputa o seu fillo.

Iago Silva. /J.PABLO

Aragonés, terceiro na Challenge Renault Twingo R2

Visita institucional Experiencias en materia ao complexo deportiva do Eixo Atlántico deportivo de Eiroás 4 Ourense acolleu o II Seminario de inter-

Logo de ser terceiro no Rali CAM Comunidade de Madrid, Aragonés tamén rematou na terceira posición na Challenge Renault Twingo R2. Luis Aragonés e Cuko Bañobre, mantiveron en todo momento do rali a terceira posición subidos ao seu Renault Twingo R2 do equipo Red Renault de Galicia. Esta terceira posición foi moi complicada de defender, xa que no penúltimo paso polo circuíto do Jarama un trompo danou a dirección. Desde ese momento os pilotos preocupáronse en chegar como fora á liña de meta.

Redacción

Redacción

Aragonés.

4 Dos novos alcalde e con- cambio de experiencias en materia deportiva do Eixo Atlántico. celleiro de Deportes. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá visitaron as instalacións do complexo deportivo As Eiroás, promovido polo Concello e construído e xestionado pola empresa ServiOcio, no que traballan 40 persoas. Fitness, zona acuática, fútbol e ocio O centro, de 13.000 metros cadrados, está repartido en catro áreas diferenciadas (fitness, zona acuática, fútbol e ocio) e agardan 500.000 usos anuais de veciños da cidade e do resto da provincia. Nos primeiros dous meses os usos rexistrados superan os 130.000. Os usos repártense entre os propios abonados ao centro, os 600 nenos que

participan semanalmente nas actividades e cursos de auga e actividades fitness adaptadas para eles e os máis de 1.100 adultos que xa practican actividades dirixidas como aerobic, ciclo indoor, body combat, body pump e outras 60 sesións á semana. Últimos adiantos As instalacións de Eiroás permiten dende poder visionar o teu canal favorito no monitor da cinta sobre a que corres ou conectar o dispositivo móvil a calquera elemento de adestramento cardiovascular para escoitar música, ter monitorizada a frecuencia cardíaca dos participantes nas clases de ciclo indoor ou dispor dun seguemento personalizado en cada fase do adestramento. Todo por un prezo base de 32 euros mensuais.

Redacción

O Auditorio de Ourense acolleu o pasado venres 23 de novembro o II seminario de intercambio de experiencias en materia deportiva do Eixo Atlántico. Ao seminario acudiron responsables municipais, concelleiros e técnicos dos 34 concellos que forman parte do Eixo Atlántico para expor, compartir e analizar diferentes experiencias en materia de deportes. Xunto a eles, estiveron representantes das Universidades de Vigo e da portuguesa de Trás-ósMontes e Alto Douro. O acto inaugural contou coa presenza do concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Alfonso Vilachá, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Programa O programa abordou as experiencias da cidade portuguesa de Guimarães como “Cidade Europeia do Desporto 2013”, coa súa coordinadora xeral, Paula Nogueira, e a da cidade de Oporto co “Circuíto da Boavista 2013”. Ourense co fútbol de base e Chaves coa promoción da actividade física no seu municipio,

completaron o marco de experiencias municipais en materia deportiva deste segundo seminario. No encontro tamén se analizou a contribución das universidades á práctica deportiva cos programas desenvolvidos pola Universidade de Vigo e a portuguesa de Trás-ósMontes e Alto Douro, UTAD.

Xoán Vázquez Mao, José Ramón Lete Lasa e Alfonso Vilachá nas charlas. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012

ARTIGOS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº67- Ano: IV - 30 de novembro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (VIII) Capítulo 8. Trinta partidos, trinta vitorias Reza un famoso aforismo: “Tempos pasados vindos á memoria, dan máis pena que gloria”. Con todo, un evento deportivo desta índole non xamais igualado no fútbol, necesita ser lembrado e homenaxeado en todo momento. En primeiro lugar, este recordo tráenos á memoria o espírito deportivo daquela afección, a festa popular nas bancadas, o ambiente nos prolegómenos e despois de cada partido. Era un ambiente soñador, ilusionante e de sentimento cara a C.D. Ourense. A chama do entusiasmo estaba prendida con forza no equipo e na afección. O estadio do Couto era unha auténtica explosión de xúbilo cada quince días. Toda a cidade, as bancadas, sentimos na nosa pel a emoción e o orgullo de ver a noso equipo campión e formar parte do libro ‘Guinness dos Records’. Todo este encanto deportivo sucedía na tempada 196768, con Florencio Álvarez (q.e.p.d.), presidente da sociedade e Fernando Bouso, como adestrador. Militaba o Club na Terceira División. Nos 30 partidos disputados, o conxunto ourensanista conseguía a friorenta cifra de 60 puntos. Materializou 98 goles e encaixou 7 tantos. Foi o máis sobresaliente suceso na súa historia. Máximo goleador da liga española, Carballeda, con 38 goles e porteiro menos goleado, Roca (q.e.p.d.), con 7 goles encaixado. Alguén superou ese record? Até a data, ninguén. Por tal motivo, o noso recordo e gratitude a aquela marabillosa orquestra deportiva que sempre tocaba de maneira na-

tural e con alteracións. Aquel último partido en Santa Isabel foi memorable. Un gol de Tunes deu o triunfo a C.D. Ourense. Termina o partido, os afeccionados, en absoluta e lóxica desorde, saltaron ao terreo de xogo, arrincaron as camisetas a algúns futbolistas, mentres que as forzas de orde pública tentaban que os seguidores de C.D. Ourense abandonasen o campo. Tamén queremos lembrar a Concha (q.e.p.d.), asidua seguidora de C.D. Ourense. Todos a aplaudían porque todos a coñecían. Ninguén sabe que sería de Concha sen o fútbol do Ourense. No desenvolvemento daquela apoteose deportiva, case enloquecedora, tomaron parte entre outros: portaría a cero e Roca de porteiro, o co-capitán e boa persoa Varela (q.e.p.d.), o vasco e experto Astigarraga, o longilíneo Lozano, o pillo e organizador Pito, o pintor vocacional Ángel, o rápido e veloz Cortés (q.e.p.d.), o técnico Seara, o certeiro rematador de cabeza Carballeda, o benxamín ‘estrela’ Pataco, o habilidoso Tunes, etc. Foi tan magnánimo o éxito, que a Delegación Nacional de Educación Física e Deportes, concedeu a Placa de Prata ao Mérito Deportivo, a C. D. Ourense. A partir de agora, esperamos e desexamos que o espírito deportivo daquel equipo e afección impregne no noso C.D. Ourense actual, e desta maneira poida saír desa baía na que leva tempo mergullado. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

4O BLOG DE SAUDETER Para os maiores - Comezar as actividades físicas saudables: Calistenia, preparación inicial, o corpo en condicións óptimas, múltiples e variados exercicios. - Parte Xeral: Intención das actividades fisicas de tonificación para as persoas maiores. O exercicio significativo e centrado naquela parte principal da musculatura da flexión de cadeira estabilidade do coe e facilitación propioceptiva da fascia toracolumbar. A base de sustentación como punto óptimo de apoio. Exceder límites de confianza co compañeiro con exercicios de control e estabilización do peso. Un elemento de traballo como unha cadeira que presenta un ángulo de 90º moi propio dunha correcta biomecánica para unha flexión de cadeira con descarga da columna vertebral. - Volta á calma Enfocado sobre todo a unapartede relaxación e distensión da musculatura. Outra Parte dividindo membro superior e inferior realizando en direccións determinadas nosas manobras, pouco invasivas sen risco e reproducen un efecto beneficioso similar a unha masaxe superficial. E por que non ao aire libre; está instaurada na nosa cultura, os parques, áreas verdes, presentan entre outras cosas instalacións cunha infraestrutura destinada ao exercicio físico. - Consello: Ir sempre con xente, familia, compañeiros. Evitases riscos e mellorases a túa relación social. Propón unha serie de exercicio tanto aqueles recomendados polo médico como outros suxeridos por un profesional das actividades físicas e o deporte. Suxire un determinado tempo de actividade física, propón levar a cabo un circuíto.

Para os adultos, as gomas elásticas - Contracción isotónica. Cando un músculo é excitado non só se contraerá, senón que ademais modificará a lonxitude das súas fibras musculares. Durante a produción da contracción hai produción de traballo mecánico externo. Dependendo de como sexa a variación da lonxitude do músculo podemos atoparnos con dúas posibilidades de contracción (excéntrica e concéntrica). - Contracción isométrica. Hai un cambio na tensión sen que o haxa na lonxitude do músculo. Trátase dun tipo de contracción muscular que trata de vencer unha resistencia moi superior á forza exercida, polo que non se produce ningún tipo de desprazamento. Adoita ter lugar cando o músculo realiza forza contra un obxecto inamovible ou unha resistencia moi superior. Posto que non hai desprazamento do extremo libre do músculo, non hai produción de traballo mecánico externo. Adoita ser un erro habitual pensar unicamente neste tipo de contracción como forza máxima de contracción. Finalmente, sinalamos algún dos beneficios que nos pode achegar o traballo isométrico: desenvolvemento da forza muscular, fortalecemento de puntos débiles e axuda a memorizar xestos técnicos. Empuxar unha parede sería un exemplo claro de contracción isométrica. - Contracción auxotónica. Con todo, na práctica a musculatura non vai contraerse nin isotónica nin isometricamente dunha maneira pura. É por iso que na maioría dos movementos deportivos e nas actividades físicas requírese dunha mestura ou combinación de ambas as contraccións (isotónica e isométrica). De feito, estes tipos de contracción considéranse formas experimentais xa que practicamente non se realizan en condicións reais do traballo, sendo a auxotónica a única contracción que pode ser catalogada como fisiolóxica.

Para os nenos Ludotecas, animación e festas organizadas, como aniversarios, bautizos, para desenvolver actividades e relacións sociais en idades novas. Festa das burbullas, dinamizar eventos escolares ou outros nun polideprotivo con inchables que se poden levar acabo nun día determinado e nun lugar especial.

- Sabías que: A parte isotónica acentúase ao iniciarse o proceso de contracción, mentres que ao final da mesma prima a parte isométrica. Cremos que, cando traballamos con gomas elásticas, na parte final tamén hai un traballo importante de freado (contracción isotónica excéntrica) para evitar o regreso brusco e descontrolado da goma á súa posición de partida.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de novembro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.