15 Novembro 2012 - BD Nº66

Page 1

Felipe Iglesias participará no Mundial de jiu jitsu CDO

O CD Ourense recibe ao Marino o domingo 18 a partir das 11.45 horas no Couto

Páx.3

FÚTBOL SALA

[páx. 19] Páx.8-9

Cidade - Ponte. Sábado 17 de novembro ás 17 horas no Remedios Alfonso Vilachá, o novo concelleiro de Deportes [páx. 11]

Todo listo para a 36ª Carreira do San Martiño

[páx. 12]

Alejandro Fernández, favorito na San Martiño

Número: 66- Ano: IV - 16 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

4 Axenda deportiva Atletismo

- Día 18 de novembro. 36 Carreira Pedestre Popular do San Martiño. 11.00h. carreira adultos. 12.30h. carreira escolar.

Fútbol

- Día 18 de novembro. O Couto -17.00h.- CD Ourense - CD Marino. 2ªB - Día 18 de novembro. Os Carrís. UD Barbadás - Bergantiños. 3ª División. - Día 18 de novembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 18 de novembro. O Barco. CD Barco - Estradense. Rexional Preferente. - Día 18 de novembro. José Arjiz (Verín). CD Verín portonovo. Rexional Preferente. - Día 25 de novembro. Estadio Miguel Anxo (Os Remedios) Pabellón Ourense - Celta. División de Honra Xuvenil. - Día 25 de novembro. O Carballiño. Arenteiro - Verín. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 16 de novembro. Paco Paz -21.00h.- COB - LOBE Huesca. Liga LEB Ouro. - Día 24 de novembro. Os Remedios -20.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Arxil. Liga Feminina 2. - Día 30 de novembro. Os Remedios -21.00h.- COB Lucentum Alicante. Liga LEB Ouro. - Día 25 de novembro. Os Remedios -12.00h.- Ourense Capital Termal - Marín Peixegalego. Liga EBA.

DÍA DA BICI

Nin a choiva os para

4 Máis de 4.000 participantes no 28º Día da Bici de Ourense. R.T. Máis de 4.000 ciclistas participaron na 28ª edición do Día da Bici celebrado o pasado domingo, 4 de novembro. Este ano tivo que retrasarse ata o mes de outubro polas consabidas desavenencias co Concello de Ourense. A pesar de non ser a data idónea, os ciclistas non fallaron á cita, e familias enteiras participaron nesta 28ª edición. Foi dar o pistoletazo de saída e comezar a chover.

Pero como soamente unha vez ao ano pódese circular en bicicleta polas rúas de Ourense sen que ningún coche moleste moitos foron os que non quixeron pasar a oportunidade. Con saída e chegada na Alameda, este ano en pouco menos dunha hora completouse o percorrido duns 10 quilómetros de distancia. Este ano, a diferenza do anterior, non houbo problemas ao finalizar a proba. Na pasada edición tívose que finalizar a proba bruscamente. Non houbo os típicos

sorteos debido a que non deixaron pasar aos participantes ao xardín do Posío, lugar onde finalizaba a proba; outra actividade organizada polo Concello facía inviable a entrada de tantos ciclistas. Un incidente que unha proba coma esta, na que participan familias enteiras, non se merece. Satisfeitos Desde a organización están satisfeitos por como se desenvolveu este día da bici, considerándoa unha das mellores edicións das

28 realizadas. De todos os xeitos, esperan regresar o ano que vén a súa data habitual (segunda ou terceira semana de setembro), por ser a máis idónea ao coincidir coa semana da mobilidade en toda a zona Euro.

Sobre unha hora tardaron en completar os 10 quilómetros os preto de 4.000 participantes

Fútbol sala feminino

- Día 17 de novembro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Ponte Ourense. 1ª División Fútbol Sala. - Día 24 de novembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Ciudad de Alcorcón.

Andaina - Día 24 de novembro. Nogueira de Ramuín -09.45 horas-. Andaina Caneando Maquinos. - Día 25 de novembro. Baños de Molgas -10.00 horas-. II Andaina Solidaria Concello Baños de Molgas -Quero recordar-.

Hoquei Herba

Miles de ciclistas de todas as idades saíron ás rúas ourensás para participar na 28ª edición Día da Bici.

- Día 18 de outubro. Mariñamansa -13.00 horas-. Apóstol Ourense - Benalmádena. División de Honra B. - Día 25 de novembro. Mariñamansa -11.00 horas-. Caldaria Barrocás - Atletic Terrasa. División de Honra A.

Tiro

O Concello de Maceda organiza unha andaina solidaria

- Día 25 de novembro - Club Eiroás - 5ª Copa Cidade das Burgas. - Días 1 e 2 de decembro - Eiroás - Cto. de pistola.

4 Será o 24 de novembro. Redacción

Balonmán - Día 18 de novembro - Os Remedios. Balonmán Pabellón - Camariñas. Primeira Autonómica. - Día 18 de novembro - Os Remedios. Pabellón Indomogal Ourense - Camariñás.

O Concello de Maceda, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza a 5ª andaina contra a violencia de xénero,

que terá lugar o sábado 24 de novembro. Antes da andaina, ás 16 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello un acto para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia

de Xénero, para deseguido comezar a andadura polo paseo fluvial, rematando na praza das Toldas. Inscricións A inscrición é gratuíta e

pode facerse no Centro de Información ás Mulleres ou na oficina de Servizos Sociais (tlfs. 988 463 554 e 988 463 761) de luns a venres entre as 8:30 e as 15:00 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de novembro.

O prazo de inscrición remata o 16 de novembro


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

CD OURENSE Helmántico. O Ourense é, así, o primeiro equipo que consegue puntuar nese campo no que levamos de liga.

O Ourense ofrece a súa mellor versión

4 Os “rojillos” puntuaron onde ninguén antes o fixo nesta tempada, no Helmántico. R. Torres O CD Ourense está a realizar un gran primeiro tercio de competición ofrecendo a mellor versión en anos do cadro “rojillo”. Con 15 puntos sitúase na metade da táboa (10ª posición), a seis da promoción de ascenso (Real Oviedo cuarto con 21 puntos) e a dous da de ascenso (Guijuelo con 13 puntos). O certo é que o Ourense está a mostrar unha boa imaxe alá por onde vai. Sobre todo cando se enfronta aos, a priori, favoritos deste grupo primeiro da 2ªB. Contra o Oviedo xa demostraron os de Luisito que non se amilanan ante ningún rival, e empataran a un gol. E o mesmo ocorreu nesta

CDO empatou a 2 contra o Salamanca, xogando como visitante

xornada, a número 12, no campo do Salamanca. Os casteláns marchaban nos primeiros postos da liga e, ademais, contaban todos os seus partidos no Helmántico por vitorias. Ata que chegou o Ourense. Salamanca - Ourense Os ourensáns chegaban a esta cita coas baixas de Capi, Yebra e Noguerol, polo que o once titular sufriu unha variación ostensible con respecto ás xornadas previas. A pesar deste contratempo, Luisito advertía antes do encontro que ían ir a Salamanca a polo partido, seguindo fieis ao seu estilo. Pillado, Adil e Padrón suplían as tres baixas con nota realizando un gran encontro, como bo complemento aos seus compañeiros. O primeiro en golpear en terras salmantinas foi Jona, de cabeza bateu ao meta rival, era o 0-1. Pero a ledicia duraríalle ben pouco ao Ourense, e sete minutos

máis tarde, os locais devolvían as táboas ao marcador. Así chegaríase ao descanso. Na reanudación, os de Luisito buscaron con insistencia a portaría rival. Foi a dez para o final cando os locais adiantaríanse no luminoso co 2 a 1. Noutra época, este mazazo suporía a baixada de brazos dos “rojillos”, pero co adestrador santiagués no banco isto non sucede en ningún dos encontros que disputa o CDO. Así, con dez minutos máis o desconto por disputar, os ourensáns foron a por un gol que lle dera o empate. E tanto empuxe tivo a súa recompensa no tempo engadido, sendo Jona o que introduciría de novo o coiro na meta rival. 2-2 e reparto xusto de puntos no

Jona bigoleador O dianteiro ourensanista Jonathan Mejía Ruíz “Jona” está nun momento doce de cara ao gol. Con nove tantos é, xunto a Aridane (dianteiro do Tenerife), o máximo realizador do grupo primeiro da Segunda División B, e o que mellor promedio goleador ten de todos os grupos desta categoría. Nas dúas últimas xornadas (contra o Alcalá e o Salamanca) marcou por partida dobre. En xogada, indistintamente cos dous pés, de penalti, e sobre todo de cabeza son os rexistros que ten o dianteiro para marcar. Cos seus 183 centímetros, Jona é un perigo constante para as defensas rivais, vendo no andaluz a un experto rematador de cabeza. Cada balón centrado á área rival polos seus compañeiros convértese en ocasión, con máis perigo se chega por alto. Jona leva nove goles, tan só tres por debaixo da súa marca na tempada pasada c o

O vindeiro domingo 18 de novembro, CD Ourense recibe no Couto, ás 11:45 horas, ao Marino de Tenerife Zamora. A estas alturas de campaña, levaba catro goles. Se os seus rexistros continúan nesta liña, a 2012-2013 será a tempada de Jona. Dos novos da plantilla foi o último en chegar e o primeiro en acoplarse; sen ser titular nos primeiros encontros, pouco a pouco, fíxose coa confianza do adestrador e agora é o referente na dianteira “rojilla”. Ourense - Marino O Ourense recibe ao Marino este d o mingo 18 de

oito, polo que os tinerfeños consideran vital puntuar contra os equipos co mesmo obxectivo que eles (manterse na categoría), e consideran ao CDO como un equipo da “súa liga”. Así, o máis probable é que o Marino chegue ao Couto coa intención de esperar na procura dunha contra cara a meta defendida por Pato, para lograr sacar algo positivo en terras ourensás. Magosto Tralo partido haberá un magosto para os afeccionados. O menú será chourizos e criollos á grella, castañas, sobremesa, pan, viño, cervexa, refrescos, café. O prezo deste será de 3 euros e terá que sacarse dita entrada antes das 13 horas do sábado día 17 de novembro. Os prezos das entradas para o encontro serán de 5 euros no fondo, 9 en preferencia e 12 en tribuna. San Martiño Así mesmo, os participan-

novembro a partir das 11.45 horas. O conxunto ourensán ten unha boa ocasión de alonxar un pouco máis os seus rivais directos na loita polo permanencia. Mentres que o Ourense é décimo con 15 puntos, o Marino marcha 19º con

tes na carreira de San Martiño que desexen asistir ao partido do estadio do Couto terán un desconto do 50% sempre e cando presenten no despacho de entradas o seu número da carreira, é dicir o precio será de 2,50, 4,50 e 6 euros para fondo, preferencia e tribuna, res-


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

A cinco puntos 4 O Barbadás está a cinco puntos do descenso e a cinco da promoción de ascenso. R.T. O Barbadás está, tras 12 xornadas disputadas, no posto 14º da clasificación con 15 puntos. En cuarta posición encóntrase o Compostela con 20 puntos, cinco por enriba dos ourensáns; nos postos 17º, 18º e 19º están o Bergantiños, Dorneda e Céltiga, os tres con 10 puntos, cinco por debaixo do Barbadás. En zona tranquila, a pesar de que na clasificación ocupa un posto baixo, pero sen apuros a estas alturas de campionato. Na última xornada, o conxunto que xoga como local nos Carrís colleitou un empate co Somozas, un dos equipos revelación desta Terceira División. No primeiro cuarto de hora de partido o

marcador xa reflectía o un a un que sería definitivo. Primeiro os visitantes batirían a portaría defendida por Berto, e cinco minutos máis tarde, Luis González facía o empate tras un penalti cometido sobre Martín Pérez. A partir de aí o Somozas contaría coas ocasións máis claras, pero o marcador permanecería inamovible. Vindeira xornada A UD Barbadás xoga por segunda xornada consecutiva nos Carrís. Nesta ocasión enfróntase ao Bergantiños que marcha na clasificación décimo sétimo con 10 puntos. Unha vitoria dos de Jorge Regal alonxaría o equipo ourensán un pouco máis dos postos de abaixo.

FÚTBOL

O Barco cede o liderato da Preferente Sur 4 Tras perder contra o Pontellas. R.T. O CD Barco vén de encaixar unha sonora derrota na casa do Pontellas. 3-0 foi o resultado que fai que o equipo barquense ceda o liderato do grupo ante o conxunto de Ponteareas, o Cultural de Areas. Agora a clasificación marcha cos ourensáns a tres puntos dos pontevedreses (24 por 27 respectivamente). O seguinte equipo ourensán na clasificación

Partido entre o Verín CF e o Pontellas. Vindeira xornada Para o domingo 18 de novembro, data na que se disputa a xornada número 13, o Ponte Ourense recibe en Oira ao Pontellas (verdugo do Barco a pasada xornada);

o Barco recibe ao Estradense, en busca do regreso á senda das vitorias; o Verín recibe ao Portonovo na loita pola sétima posición, e o Arenteiro visita o campo de Santa Mariña en Redondela para xogar contra o Choco.

O Pabellón marcha terceiro 4 Empata contra prognóstico en casa ante o Veriña. Redacción

A UD Barbadás esta na zona tranquila da clasificación de Terceira División. /RAMSÉS

é o Verín. Noveno con 17 puntos colleitou un empate na Estrada contra o Estradense (0-0). Os outros dous conxuntos da provincia están en zona de descenso. O Arenteiro é decimo sétimo con oito puntos despois da derrota sufrida en casa contra o líder, Cultural Areas (0-4); mentres que para o Ponte o empate a dous en Oira fronte o Sanxenxo non lle permite saír da última posición do grupo con tres puntos.

O Pabellón Xuvenil de División de Honra marcha na terceira posición da clasificación. O equipo dirixido por Cándido Gómez marcha con 23 puntos, a cinco do segundo clasificado (Deportivo da Coruña) e a oito do primeiro (Celta de Vigo). Se miramos cara atrás na clasificación, os pavillonistas están con cinco puntos máis que os seus inmediatos perseguidores (Gimnástica, Rácing e Laredo). O empate contra o Veriña trastocou a boa marcha dos de Gómez na liga. Un empate a un, e grazas, contra un conxun-

to, o asturiano, que marcha penúltimo na clasificación e que chegou ao estadio Miguel Anxo na procura de sacar algo positivo. O empate, xusto, non colma aos ourensáns e satisfai aos asturianos. Roces Para a próxima xornada, o Pabellón xoga contra outro equipo de Asturias; nesta ocasión visita ao Roces. O Roces vai undécimo con 10 puntos. Os tres puntos son necesarios para que os ourensáns sigan loitando por entrar nos postos que dan acceso á disputa da Copa do Rei, que agora ocupan Celta e Depor.

O Pabellón non puido pasar do empate fronte o Veriña no estadio Miguel Anxo. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

COB

Reválida para Club Ourense Baloncesto 4 Aínda que queda liga, perder contra o Huesca suporíalle unha importante ferida ao COB, que busca a súa primeira vitoria da tempada. R. Torres Non é unha final pero case. O Club Ourense Baloncesto recibe ao Lobe Huesca este venres 16 de novembro (21 horas, Paco Paz) coa necesidade de sumar a súa primeira vitoria da tempada. Seis derrotas noutros tantos encontros

é unha bagaxe que nin os máis pesimistas esperaban neste arranque ligueiro. Os de Rafa Sanz deixaron momentos de bo baloncesto, poucos pero algún houbo (sobre todo nos inicios de cada encontro), con instantes para olvidar (recórdese o seu último encontro en casa, no que

O COB recibe o venres 16 no Paco Paz ás 21 horas ao Lobe Huesca

un último cuarto do COB deu ao lastre as opcións de triunfo contra Andorra). Pero iso xa é historia, agora toca centrarse no Huesca, un equipo que levaba vidas paralelas cos ourensáns ata a pasada xornada. En cinco xornadas, cinco derrotas ata que chegou a vitoria contra o Melilla no sexto partido da temporada. Os oscenses deixaban sós no último posto da clasificación aos ourensáns, tocados animicamente. Este estado de ánimo é o que máis preocupa a Rafa Sanz de cara ao encontro contra o Huesca: “A mente do equipo preocúpame moito, é a chave” e advirte dun “exceso de presión que non nos beneficia”. Necesidade de gañar O Club Ourene Baloncesto, como ben indica o seu técnico, “necesita a vitoria” tanto “os xogadores coma a afección”. Sanz móstrase preocupado pola posible ansiedade dos seus xogadores de lograr o primeiro triunfo, algo que reduce as posibilidades de vitoria, “cando estamos presionados o aro faisenos moi pequeno” advirte. A vitoria da pasada xornada

O cobista Julio Álvarez entrando a canasta ante un rival do Andorra. /RAMSÉS

No encontro contra o Huesca celebrarase un magosto, con merenda gratis para os cativos

Ogide busca defender o aro ante o ataque rival. /RAMSÉS de Huesca, para o técnico cordobés fai que cheguen a Ourense “con máis confianza ao ter logrado a primeira victoria”. A defensa, o xogo con criterio en ataque e non perder demasiados balóns son pezas fundamentais para sumar a primeira vitoria na LEB Ouro 2012-2013. Festa do magosto Durante o partido contra Huesca, celebrarase a Festa do Magosto con merenda de balde para os máis cativos. Tamén, no descanso do encontro realizarase o sorteo dunha bicicleta; e 30 alumnas da Escola de Danza “Estilo

Libre” de Ourense protagonizarán un baile. Dúas entradas para os socios Dada a transcendencia deste partido, o Consello de Administración do COB, fai un chamamento a toda a afección para apoiar ao equipo, e en agradecemento aos socios pola súa implicación co club, decidiu obsequiar a todos eles con dúas entradas gratis que poderán recoller nas oficinas do club. Ademais, todos os participantes na 36ª edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño terán un 50% de desconto no prezo

da entrada previa presentación do correspondente xustificante de inscrición nas oficinas do COB. Campaña Solidaria Un ano máis, o COB porá en marcha a Campaña Solidaria “Encesta un Xoguete. Por 1 euro un sorriso”. A iniciativa (comezada hai 18 anos) volve ser a compra dun lapis cuxo importe irá destinado a fins solidarios. Os lapis solidarios poderanse adquirir nas oficinas do COB, na tenda oficial do club os días de partido no Pazo, nas tendas Juguettos, así como noutros establecementos colaboradores.

Un pequeno paso 4 O Club Ourense Baloncesto e CD Ourense firman un convenio para aunar esforzos. R.T. É o primeiro paso, pero CD Ourense e Club Ourense Baloncesto firmaron un convenio de colaboración para aunar esforzos e sumar sinerxias. Este primeiro paso (que terá continuidade máis adiante con outras iniciativas) ten tres puntos de colaboración. Os socios de

cada club terán un desconto dun 20% nas entradas dos partidos do outro equipo (os socios do COB terán un 20% de desconto nas entradas para o CDO, e viceversa). Os pntos do convenio anunciarase por megafonía tanto no Pazo Paco Paz como no estadio do Couto. Nas webs dos dous clubs haberá un enlace da outra, mencionando ao outro club

nas redes sociais. Organizaranse eventos promocionais de actividades conxuntas nas que participen xogadores de ambos clubs. E para rematar, haberá un intercambio de invitacións de cortesía para cada partido entre CDO e COB. Esta pode ser a primeira pedra dun camiño que xa se tería que ter percorrido fai moitos anos.

O presidente do COB, Roberto Añel (á esquerda), e o seu homólogo de CD Ourense, Alejandro Estévez (á dereita), durante a sinatura deste convenio de colaboración. /R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

BALONCESTO

O Pabellón Ourense dobrega ao Celta, pero cae ante o Ferrol 4 As ourensás só sumaron unha vitoria no que vai de liga. Redacción A historia repetiuse. Se durante toda a pretempada o Pabellón Ourense só logrou facerse cunha vitoria nos encontros amistosos que disputou, o mesmo lle aconteceu no que vai de liga regular. E en ambos casos o Celta Selmark foi a súa vítima. Quizais a confianza de telo superado cando nada se xogaban foi o elixir que as pavillonistas precisaron para facerse coa súa primeira vitoria do ano. Foi o pasado 3 de novembro e nin o feito de ser visitantes mermou a súa capacidade. Comezou perdendo, deulle a volta ao casilleiro no segundo cuarto, perdeu forzas no terceiro, pero sentenciou no último e decisivo. O Celta comezou con forza, aínda que sen lograr despegarse das ourensás -o primeiro período rematou 14 a 13-, pero o Pabellón tomou as rendas do encontro e cun contudente parcial de 5-16 no segundo cuarto puxo terra de por medio e acadou o descanso coa tranquilidade que dan 10 puntos de vantaxe (19-29). Nembargantes, as viguesas non deron o encontro por perdido, nin moito menos, e voltaron á cancha dispostas a demostrar por que sempre foron todo

un referente no baloncesto feminino, e así o fixeron. Un parcial de 15-7 deixaba de novo as cousas igualadas e aínda que as visitantes seguían por diante tiñan só 10 minutos para apretar os dentes e traer a Ourense a súa primeira vitoria da tempada. Con Bolonio e Pallardó como pezas chave do conxunto pavillonista, a primeira pola súa labor de dirección e a segunda pola súa capacidade anot a -

dora, o resultado final de 47-54 fixo que o Pabellón se estea a converter nun dos peores rivais para o conxunto vigués. E chegou o Ferrol Parecía entón que o Pabellón Ourense podía

comezar a despregar o seu xogo, pero chegou o Universitario de Ferrol aos Remedios nesta cuarta xornada de liga e impúxolle ás ourensás a súa terceira derrota do curso. O Pabellón non logrou máis que ir a remolque do conxunto coruñés e a pesar de que en varias ocasións logrou acurtar

distancias sentenciouno a súa falta de acerto. Con María José Bolonio, de novo, como protagonista (xogou 30 minutos, anotou 17 puntos e logrou 13 de valoración), o Pabellón intentou medirse co líder do grupo, pero o resul-

tad o d e 60-78 non deixou lugar a dúbidas e mantén ás ourensás de oitavas. Próximos encontros Oviedo -cuarto na xeral- será o seguinte rival do Pabellón Ourense, que visitará Asturias o vindeiro 17 de novembro. De seguido, o día 24 será o Arxil pontevedrés - o pechacancelas- o que visite Os Remedios.

gonzalo gonzález - adestrador do pabell

“Se é sólido en defens Pabellón non debería p apuros esta tempada”

4 O seu novo técnico busca constr ble no que todas as xogadoras sum R.T. / S.N. Gonzálo González é o novo adestrador do Pabellón Ourense, un equipo que tivo unha pretempada cargada de lesións e un comezo de liga un tanto inestable (só gañou 1 dos 4 encontros disputados) na procura de atoparse a si mesmo. Nembargantes, cargado de optimismo e coas ideas claras é como o seu novo técnico se enfronta a este reto. Como se preparou o Pabellón para esta tempada? Gonzalo González: “A pretempada caracterizouse polas lesións, por iso os primeiros partidos empregámolos para que o equipo collese m á i s

poso, que estea máis unido en defensa e que en ataque teñamos situacións máis claras”. Que agardas do Pabellón para este ano? G.G.: “Espero que en todos os partidos da liga sexamos sólidos en defensa, que deamos imaxe de seriedade e que en ataque nos divirtamos xogando. Se é así creo que o Pabellón non debería pasar apuros”. Cales son os outros conxuntos da LF2 á medida do Pabellón? G.G.: “Quitando a Cortegada, Ensino, Ferrol e Cáceres, conxuntos que van a estar nos postos de arriba, os demais deberiamos estar similares”. Como ves a dependencia que o equipo está a crear ao redor de Bolonio? G.G: “Estamos en fase de crear un grupo no que teñamos máis opcións de xogo. É certo que durante a pretempada, debido ás lesións, o noso xogo dependeu moito dela, pero o que agardo é que todas sexan importantes e que cada día haxa alguén que sume”. Que opinión che merece que o Carmelitas decidise abandonar a categoría por motivos económicos? G.G.: “Dende o punto de vista da cidade era moi bo que houbese dous conxuntos na mesma categoría, sobre todo pola gran espectación que despertaba o derbi, e lle daba atractivo á liga. Pero as


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

BALONCESTO

pabellón ourense

sa, o pasar ”

Tres partidos, tres derrotas 4 Ao ABO atragántaselle o inicio de liga.

ruir un bloque estamen.

Gonzalo González /R.T. cousas son como son e nós tamén saimos moi axustados, polo que entendo e respeto a súa decisión”. Cando poderemos comezar a ver ao verdadeiro Pabellón Ourense? G.G.: “Creo que de cara á quinta ou sexta xornada daremos o mellor de nós”.

R. T. O Ourense Capital Termal non logra collerlle o pulo á Liga EBA nestas primeiras xornadas. En tres partidos disputados, o cadro ourensán non logrou a vitoria en ningún deles, a pesar de xogar dous en casa. Na primeira xornada contra o León o resultado foi de 61-70; na segunda visitaban Arteixo perdendo contra o equipo local, 77-50; e na última

xornada celebrada, o resultado foi de 66-89 para o Zamorano. Esta fin de semana o ABO descansa e volve á competición na seguinte para recibir en casa (domingo 25 de novembro, 12 horas) ao Marín Peixegalego. Os da provincia de Pontevedra son cuartos na clasificación con dúas vitorias en outros tantos empates, polo que seupón un partido complicado para o conxunto ourensán.

O ABO nun partido en casa. /I. OSORIO

Momento do encontro entre Codigalco Carmelitas e Arxil. /RAMSÉS

O Carmelitas, terceiro na Copa Galicia

O polideportivo Vedruna acolleu os días 10 e 11 de novembro a Copa Galicia na categoría cadete feminina, unha cita á que acudiron o Celta Maristas, Peleteiro, Arxil e, como non, os propios anfitrións, Codigalco Carmelitas. Ante un cento de afeccionados, os catro conxuntos enfrontáronse dous a dous, de maneira que o Celta venceu po 63-38 ao Peleteiro, e o Arxil por 67-49 ao Codigalco. De seguido, Carmelitas e Peleteiro víronse as caras no loita polo terceiro posto, que finalmente foi para as locais, ao superar por 49-44 ás santiaguesas. Por último, foi o turno de Celta e Arxil, que se mediron na procura do título de Copa. Pero as viguesas non deron opcións e un resultado final de 69-45 proclamounas flamantes vencedoras.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

O Cidade perde no último suspiro 4 A dous minutos do final o Gironella anota o gol da vitoria. R.T. O Cidade chegou a terras catalás con boas sensacións tralo triunfo no último minuto contra o Orvina nos Remedios. O partido estivo moi igualado durante toda a primeira metade con poucas ocasións por parte de ambos conxuntos. E así tamén comezou o segundo período, ata que no minuto 30, Corín facía o un a cero para as locais. Pero ledicia duraríalle pouco, dous minutos máis tarde a franxiverde Iria devolvía as táboas ao electrónico. Nos tres últimos minutos o técnico local arriscaba co

xogo de cinco dando os seus froitos a un minuto do remate, cando o Gironellas voltaba a porse por enriba no marcador. Ata o final, o Cidade buscou de xeito insistente o empate, pero sen fortuna, perdendo unha boa ocasión de puntuar na cancha do terceiro clasificado. Con este resultado o Cidade é décimo segundo, con sete puntos e a catro dos postos de descenso.

O Cidade As Burgas ocupa a 12ª praza da clasificación

Sonia regateando a unha xogadora do Orvina./R.T.

FÚTBOL SALA

Chega o derbi máis igua

4 O Cidade As Burgas e o Ponte Ourense enfróntanse por primei igualados a puntos (sete) e ocupando, ambos, postos baixos na cla R. Torres Este sábado 17 de novembro dispútase o primeiro derbi ourensán na Primeira División do fútbol sala feminino. O anexo do pavillón dos Remedios acollerá a partir das 17 horas o encontro entre o Cidade As Burgas e o Ponte Ourense. Ninguén o pensaría ao principio de tempada, pero a realidade é que tras nove xornadas disputadas tanto Cidade coma Ponte están empatados a sete puntos. O Cidade (cun partido menos) é décimo segundo e o Ponte décimo terceiro. Algo inusual nas últimas campañas para as pontinas que estaban loitando polo título ata o final (con consecución da liga fai dous anos e da Copa Ibérica e Supercopa ao principio da tempada pasada); mentres que as do Cidade -máis acostumadas aos postos de abaixo- están despregando un bo xogo nestas xornadas, que non é acorde coa súa actual posición. Se en puntos están igualados, no que se refire a outros aspectos a cousa cambia. En goles a favor o Ponte case dobra ao Cidade (26 goles das primeiras por 14 das segundas). Por outra banda, nos goles encaixados ten mellor marca o Cidade (18 goles en

A xuventude do Cidade As Burgas e a experiencia do Ponte Ourense veranse as caras o sábado 17 contra para as franxiverdes por 34 polas albinegras). Con todo isto, preséntase o derbi máis igualado das últimas campañas con dúas propostas de xogos distintas. O Cidade buscará as súas bazas aferrándose na defensa e buscando as súas ocasións á contra. Nembargantes, o Ponte irá a polo partido mediante o seu ataque, cunha forte presión á saída do balón do Cidade. Cidade As Burgas O equipo dirixido por

A súa praza na xeral non fai xustiza ao bo xogo que está a despregar o Cidade As Burgas. Este sábado busca resarcirse ante o Ponte

Manolo Codeso está a colleitar grandes partidos, pero non se está a reflexar nos resultados. A xuventude da maioría das xogadoras fai que non resolvan ao seu favor en case todos os encontros nos que chegan igualados aos minutos finais. Pero a xuventude que corre en contra nese aspecto, revira a volta no que a desparpaxo se refire, e fai que un partido con tendencia negativa mude complemente e logren nivelalo tendo opcións de sacar algo positivo cando a lóxica di o contrario. Un sube e baixa de emocións é o que se pode ver en cada partido do Cidade As Burgas, con xogadoras que teñen un fu-

turo prometedor no fútbol sala. Por iso, manter a raia as dianteiras visitantes e o bo momento que andan a atravesar serán pezas fundamentais para acadar os tres puntos en disputa. Ponte Ourense Pola súa banda, as rapazas de Óscar Vivián andan a atravesar un bache neste inicio ligueiro, que prácticamente as ten afastadas da loita polo título sen apenas ter disputado o primeiro tercio de competición. Debilidade defensiva e ansiedade por sumar vitorias, ademais dunha baixa forma física, poden pasar factura a un equipo que está chamado aos postos máis altos da


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

FÚTBOL SALA

alado

Segunda vitoria 4 O Ponte vence ao pechacancelas, Centelles.

ira vez na tempada asificación.

R.T.

Cidade e Ponte non perden ocasión nos derbis para despregar o seu mellor xogo.

7 nos Remedios.

O Ponte tentará cambiar a súa dinámica facéndose co derbi ourensán clasificación. Pero o Ponte ten crédito para darlle un cambio radical á situación coa calidade da súa plantilla. Laura, Rosángela, Drica, Souza son xogadoras con experiencia internacional que teñen que mostrar -nalgún momento- a súa calidade. E precisamente esta calidade e a súa gran capacidade goleadoras serán as bazas das pontinas para facerse co derbi.

Marexada de goles no encontro que enfrontaba na novena xornada ao Ponte Ourense contra o Centelles na cancha central dos Remedios. Tras unha primeira metade na que as dúas escuadras marchaban a caseta co resultado de 21 chegou o festín goleador no segundo tempo. Na primeira metade, un gol en propia porta e Vanessa facían o dous a cero para as locais; Vieites recurtaba distancias. Nos segundos 20 minutos, a bancada gozou con 11 goles máis. Cinco minutos tardouse en abrir a lata desta segunda metade. Souza e Drica elevaban a catro os goles do Ponte; Vieites facía o

segundo das visitantes o seu na súa conta particular; Anita en tres minutos puña o 7-2 cun “hat-trick”; Carol uníase a festa goleadora co oitavo gol do Ponte; Cristina por partida dobre e Manzi (de dobre penalti) achegaban as catalanas no marcador (8-5); finalmente Cárol que seu segundo gol no partido deixaba o definitivo 9-5. Esta vitoria fai que o Ponte logre o seu segundo triunfo e pon terra de por medio co descenso deixandoo a catro puntos.

O Ponte chega ao derbi na 13ª praza da clasificación

A tensión na cancha caracterizou os derbis da tempada pasada.

4 Xornada 10 - 17 de novembro Móstoles Viaxes - La Rioja U. de Alacante- Amarelle Valladolid - Soto del Real Femeni Centelles - Burela Cidade As Burgas - Ponte Ourense Ciudad de Alcorcón- Gironella Roldán - Lacturale Orvina Futsi Navalcarnero - Descansa

4 Xornada 11 - 24 de novembro Móstoles - U. de Alacante Viaxes Amarelle- Valladolid Soto del Real - Femeni Centelles Burela - Cidade As Burgas Ponte Ourense - Ciudad de Alcorcón Gironella Lacturale- Roldán Orvina - Futsi Navalcarnero La Rioja - Descansa

Primeira División FSF - 9ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º At. Madrid 25 2º Burela 23 3º Gironella 19 4º Orvina 17 5º Valladolid 17 6º Alcorcón 14 7º U. de Alacante 11 8º Móstoles 10 9º Soto del Real 9 10º Logroño 9 11º Roldán 8 12º Cidade As Burgas 7 13º Ponte Ourense 7 14º Amarelle 3 15º Centelles 1

A pontina Raquel de Souza loitando por un balón cunha xogadora do Centelles./R.T.


10

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

POLIDEPORTIVO

Rugbi

Derrotas dos equipos sénior do Campus Ourense 4 Tanto o masculino como o feminino perderon os seus partidos. Redacción Os dous equipos sénior do Campus Ourense RugbI perderon nas súas citas desta xornada. O cadro feminino recibía ao Vigo no campo da universidade. O partido decorreu moi igualado na maioría do tempo. Nos primeiros compases a dianteira ourensá achegouse en varias ocasións á liña de ensaio, pero o conxunto vigués cunha gran defensa mantíñaas a raia evitando que pousaran o oval. O Vigo foi quen de adiantarse no marcador cun 0-12, que recortarían antes do descanso as ourensás con dous ensaios. 10-12 e ao vestiario á espera do desenlace na segunda metade. Se o primeiro periodo estivo moi igualado o segundo máis. Durante os corenta minutos nin unhas nin outras foron quen de mover o marcador. Tivo que chegarse ao tempo engadido para que o Vigo lograra cinco puntos máis para pór no marcador o definitivo 17-10. A pesar

da derrota, tanto xogadoras como corpo técnico mostraban a súa satisfacción por como competiron durante todo o encontro. Este equipo feminino vai crecendo en cada adestramento o que se reflicte nos encontros que disputa. A vindeira xornada o equipo viaxa ata A Coruña para xogar contra o Zalaeta no primeiro partido de volta da Liga. Equipo masculino O equipo masculino colleitou a segunda derrota nesta liga ao caer en Vilagarcía por 38-25 contra os Ingleses. O encontro tivo moita igualdade contravindo o resultado final. Na primeira xogada, os locais facían ensaio. Nos primeiros 40 minutos dous ensaios para cada equipo deixaban o empate a 17 ao chegar ao descanso. Neste primeiro acto, os ourensáns facían dano co seu xogo directo. Unha crise no xogo ourensán aproveitárona os Ingleses para pór terra de por medio. Os xogadores

Equipo feminino sénior do Campus Ourense /C.O.R.

do Campus non baixaron os brazos e loitaron ata o final para levar o partido. Un cuarto ensaio dos locais e un golpe de castigo transformado nas derradeiras xogadas do encontro facían imposible a remontada. Vitoria do cadete O equipo cadete do Campus Ourense RugbI disputou un amigable contra os Ingleses de Vilagarcía de Arousa no campo da universidade. Na primeira metade, dous ensaios dos locais por parte de Ibarra e Bochas, e un dos ingleses daban a vantaxe aos locais. Nunha segunda metade máis igualada, os visitantes ofreceron unha tímida remontada que rapidamente anulou o ensaio de Miguel. No último acto, dous ensaios de Joel deixaban moi preto a vitoria para os ourensáns, aínda que os de Vilagarcía tentáronno ata o último suspiro, logrando recortar distancias cun ensaio.

Momento do partido entre o Viña Costeira e o Zen Pabellón.

Balonmán

Emoción no derbi ourensán 4 O Viña Costeira vence ao Balonmán Pabellón pola mínima (25-24). Redacción O pasado sábado enfrontábanse no pavillón municipal do Consello (Ribadavia) o Viña Costeira fronte ao Balonmán Pabellón. O derbi ourensán da Primeira Autonómica non defraudou e estivo cargado de emoción ante a mirada dunha bancada abarrotada de afeccionados. O partido estivo igualado de principio a fin, onde puido caer a vitoria para calquera lado. Os pavillonistas entraron mellor ao partido, conseguindo nos primeiros minutos unha renda de 1-4. Pero a igualdade destes dous conxuntos quedou patente coas curtas diferenzas e alternancias no electrónico durante os 60 minu-

tos. Despois do primeiro estirón do Zen Pabellón chegou a reacción dos do Ribeiro, que lograron ir ao descanso un arriba (10-9). Moita emoción na segunda metade, cunha primeira parte de dominio local, chegando a escaparse por tres goles de diferenza a falta de doce minutos para o final. A saída de Rubén na portaría pavillonista, reactivou as ilusións dos de Zarra, cambiando a inercia positiva para o Zen. A falta de tres minutos, o partido estaba igualado a 24 goles. Un penalti a falta de trinta segundos, engadido a unha exclusión rigorosa de Borja Pérez, rematou por decantar a balanza para os de locais (25-24). Co tempo cumprido e a balón parado, os pavillonistas tiveron chan-

ce de empatar o encontro, pero o lanzamento de Juan Quintas foise por enriba da portaría. O Pabellón Balonmán é sexto con seis puntos. Este sábado 17 de novembro, os mozos que dirixe Zarra recibirán a un Balonmán Camariñas favorito (20:30 horas, anexo do pavillón), que vén de gañar ao líder na súa pista. Indomogal Pavillón Pola súa banda, o Indomogal Pavillón aprazou o partido no que se tiña que enfrontar ao Balonmán Lalín na localidade de Deza. As mozas do Indomogal Pavillón no Anexo dos Remedios reciben ao Camariñas este sábado (19:00h.). O Pabellón Indomogal marcha penúltimo (13º) con dous puntos.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ENTREVISTA

11

Entrevista a Alfonso Vilachá - CONCELLEIRO DE DEPORTES

“Con respecto ás subvencións, imos mirar o que é mellor para o deporte ourensán” 4 O novo concelleiro de Deportes de Ourense non ten aínda decidido se o seu departamento continuará repartindo subvencións nominativas aos clubs ou só competitivas. R.T. / P.L. O socialista Alfonso Vilachá, profesor xubilado de Educación Física e Inglés e entrenador, é desde fai apenas un mes o concelleiro de Deportes de Ourense, cargo no que substitúe ao dimitido Fernando Varela. Pódese dicir que un home de deporte acaba como concelleiro de Deportes? Alfonso Vilachá: “Evidentemente, eu non o agardaba, o que pasa é que se fixeron cousas que non lle apetecen á ninguén, eu o seguinte na lista tiven que cumplir co cometido. E fíxeno porque realmente son home de deporte, que ao mellor se fose unha concellería da cal eu non teño idea eu non a aceptaría, evidentemente.

“Ourense aínda non se deu conta de que a base é a chave do deporte de elite”

Gústame o deporte como me gusta a educación. Creo que nisto hai que ser sinceros, eu non me podo meter en fincas que non sei traballar, xa nesta me vai costar bastante pero realmente é unha cousa que coñeces, coñeces a todos os deportistas, a toda a xente do pavillón, e iso é un factor positivo”. Entre todos vante axudar? A.V.: “Imos ver, hai unha cousa que está claro, aquí hai que traballar con pensamento colectivo e aquí todos, hai que montar na mesma embarcación, remar na mesma dirección, implicarse e comprometerse porque se traballamos de forma illada o único que imos ver é antiprodutividade. Por iso hai que traballar en grupo e en conxunto, e sobre todo con moita dinámica interna”. Como vai ser a política de Vilachá no Consello Municipal de Deportes? A.V.: “Eu creo que non se poden facer cousas raras, creo que o que teñen aí establecido está ben, sen pro-

Alfonso Vilachá prometendo a súa acta de concelleiro o pasado 10 de outubro./P.L.

En Ourense “non se poden facer cousas raras, creo que o que teñen establecido no Concello está ben. Só hai que analizar as actividades que hai que mellorar ou se hai que introducir algunhas novas”, asegura Alfonso Vilachá blemas, hai que analizar un pouco cales son as actividades que están funcionando moi ben e aquelas que hai que mellorar ou se hai que introducir algunhas novas. O deporte é deporte. E hai

Antes de xubilarse, Vilachá foi mestre de educación física e adestrador do CDO./R.T.

unha cousa que está moi clara que o que se pretende con isto é que a xente sexa feliz e o pase ben”. Como ves o futuro do deporte en Ourense? A.V.: “Aquí si, aquí creo que temos que cambiar un pouco a clavixa, porque en todos os niveis Ourense aínda non se deu conta de que o deporte base é a clave dos deportes de elite. A min agradoume moito hoxe o do Celta que quere facer en Bembrive unha cidade deportiva porque se dan conta que traballando con nenos da canteira o Celta está en Primeira División. Isto é o que ten que facer o Club Deportivo Ourense, e á larga, o COB e todos os equipos. Hai que traballar coa base e logo levala ao primeiro equipo e explotala”. O anterior concelleiro ía quitar as subvencións nominativas, a dedo, aos equipos, e só conceder as competitivas, en función da base que se ten máis que da importancia do equipo.

A.V.: “Hai unha cousa que está moi clara, evidentemente están as nominativas e as competitivas, de momento aínda non tomamos decisión algunha. Creo que o anterior compañeiro de Deportes quería cambialas, agora imos falalo, consénsualo e facer aquilo que sexa máis beneficioso, porque ás veces hai que romper e ceder, e ás veces hai xente que non queda contenta pero hai que buscar o bo para a cidade e para os equipos”. Por que vía vas tirar? A.V.: “Non sei, aínda non, o outro día houbo un comentario de se subvencións nominativas ou competitivas, iso terémolo que mirar, porque ademais as nominativas é máis ben unha decisión política. Imos pensar en clave de deporte, que é o mellor para o deporte ourensán”. Vas pensar máis en clave de deporte de base? A.V.: “Exactamente, eu non penso en clave política, penso en clave de deporte e en clave humana, que é o

que temos que facer”. Estréaste no cargo con récord de inscricións na San Martiño. A.V.: “Eu xa o dixen en varios medios, que o éxito desta carreira xa vén de edicións anteriores e da boa organización, que é clave, evidentemente cada ano hai que intentar mellorar, a organización e o bo funcionamento débese ao staff do pavillón, a todos os cooperantes, Policía local e toda a xente que contribúe. Ese é o éxito da carreira. O que dicía, hai que traballar para que as cousas saian ben”. Parece que non hai bo feeling entre o Consello Municipal de Deportes e as actividades nas que colabora a Deputación, como o Día da Bici. E viceversa, en actividades que organiza o Concello, como a San Martiño, a Deputación mantense ao marxe. Vai haber algún cambio nisto? A.V.: “O que si está claro é que con respecto ao Día da Bici eu falei con Moure (o organizador) e lle dixen as cousas claras. Este ano non recibiron a subvención porque houbo un problemiña alí e aínda faltan algunhas cousas que hai que executar, falei con el e lle dixen, mira, aquí non hai ningún tinte político, simplemente é isto. Se todos abrimos a man, para o ano colaboraremos contigo sen problema algún”. Pedirás colaboración da Deputación para a San Martiño, por exemplo? A.V.: “Hoxe irmandáronse o Club Deportivo Ourense e o baloncesto, creo que todas as institucións nos temos que irmandar para que isto funcione, ir todos xuntos da man”.

“As institucións témonos que irmandar para que isto funcione”


12

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ENTREVISTA

Alejandro Fernández, favorito na San Martiño

“Teño que facer que sexa unha carreira rápida, tentar desgastar a Lolo Penas e non chegar ao final con el” 4 Alejandro Fernández é un dos favoritos a lograr a vitoria na 36ª carreira do San Martiño, pero é consciente que no atletismo todo pode pasar. R. Torres Alejandro Fernádez acode á cita despois da súa xornada de traballo. É o que lles toca aos atletas, agora teñen que combinar os adestramentos co seu traballo. Consciente da nova realidade, o mellor atleta ourensán do momento fala da exitosa tempada que acaba de rematar e do futuro no seu novo club, o New Balance. Que valoración fas datempada que acaba de rematar? Alejandro Fernández (A.F.): “Foi unha tempada excelente. Despois de tanto tempo sen competir e con só un ano e medio practica-

mente de adestramento fun subcampión nacional nos 5.000 metros absoluto ademais de campionatos galegos. Facer unha boa marca no 5.000 a verdade é que é estupendo. Cando volvín esta tempada nin nos meus mellores soños esperaba facer todo iso. Póñolle un 10 á tempada, non podo pedirlle máis”. A que aspiras na que agora comeza e no futuro? A.F.: “Polo menos igual de boa que esta anterior. Gustaríame seguir mellorando as marcas en 5.000 e en 10.000. Tamén teño a espiña clavada do medio maratón do Campionato de

Alejandro Fernández vén de fichar polo equipo New Balance co fin de que participe en carreiras populares./R.T.

España que o preparara moi ben e estaba moi en forma, pero cando ía terceiro e estaba practicamente clasificado para o mundial tiven que determe por unha deshidratación. Querería volver a ese campionato para resarcirme. En definitiva, mellorar as marcas e ser competitivo nos diferentes campionatos de España”. E na San Martiño? A.F.: “Vou coa intención de gañala. O que pasa é que teño un rival moi duro como e Lolo Penas que é o actual campión de España de 10.000 e de 5.000 (onde eu fixen segundo) e para min hoxe en día é o mellor fondista de España. A verdade é que vai estar complicado pero haberá que intentalo”. Se tes un bo día, que carreira se ten que dar para que poidas loitar pola vitoria? A.F.: “Lolo Penas é un atleta que ten unha vantaxe; é rapidísimo ao final, entón telo que descolgar. Con Lolo se a falta dun quilómetro e medios, dous quilómetros non o soltaches, tes moi complicado ganarlle. Así que a carreira que teño que propor é unha carreira rapidísima desde o primeiro metro, se é con axudas mellor. O que teño que facer é que sexa unha carreira rápida, tentar desgastalo e non chegar ao final con el, por que co esprint que ten gáñame seguro”. Hai algún outro rival que poida estar na loita?

Fernández na carreira popular de Leiro, na que se fixo co primeiro posto./ARQUIVO A.F.: “Si. Está Hurtado -que é de Lugo- que é un compañeiro de equipo e é moi competitivo e pon as cousas moi difíciles. Carlos Vilamor é outro dos favoritos. Hai un abano de cinco ou seis atletas que se teñen un día bo tamén poden poñerche as cousas difíciles”. Gustaríache dedicarte enteiramente ao atletismo? A.F.: “Está claro que si. Tería que garantirme un futuro, mesmo para montar un negocio para cando esta etapa remate; así sería máis doado adestrar, descansar, adestrar, descansar, pero como están hoxe as cousas é inviable. Hoxe co atletismo, sendo moi bo, podes sobrevivir, pero eu non

quero ter que estar botando cálculos. Podes lesionarte, e que pasaría?”. Que opinas de que o Academia Postal teña que baixar de categoría ata case que desaparacer? A.F.: “Hoxe en día como está o deporte en xeral e o atletismo en particular non poden pretender vivir das institucións públicas. Debemos xerar, se queremos ter un nivel económico mellor, os nosos propios ingresos. Tentar involucrar a empresas privadas para que aposten polo atletismo. Temos que ser capaces de vender un produto, que neste caso é o atletismo. Esta claro que non podemos vivir das institucións públicas”. Acabas de fichar polo

equipo New Balance, que obxectivos che marcaron? A.F.: “Eles ficháronme para carreiras tipo San Martiño. Correr carreiras populares, porque para eles o mercado das citas populares é un mercado que lles interesa. Son eles os que mercan as zapatillas e a roupa de atletismo. Probas como a de Santiago que corrín fai unhas semanas, A Coruña. Populares que teñen lugar en Galicia e algunha fóra da nosa comunidade. Interésalles carreiras coma esta, medios maratóns, etc. carreiras que hai moitas en Galicia deste tipo. Estar nos primeiros postos para que se vexa o meu nome relacionado coa marca New Balance”. E sen renunciar a algún campionato nacional? A.F.: “Eles dixéronme que tiña que correr unha serie de probas que a eles lles interesan para a súa publicidade de cara a que se vexa nalgún tipo de carreiras, pero á vez respectan os obxectivos que eu persoalmente teña marcados tanto en pista como en cross, ou mesmo algunha proba en ruta que a mín me interesa e a eles non. Ese é o acordo ao que chegamos”.

Foi por 2 veces 9º na San Martiño e o seu tempo récord é de 30´40”


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

36ª CARREIRA DO SAN MARTIÑO

13

Récord histórico de inscritos na San Martiño

4 A 36ª Carreira Popular do San Martiño acada un máximo de participación con case 9.000 inscritos entre as dúas categorías -absoluta e escolar-. R.T. Récord histórico. A 36 edición da Carreira Popular do San Martiño acada o récord de participación con 8.948 atletas inscritos. A proba, de 10 quilómetros homologados de percorrido na absoluta e 4.500 metros na escolar, celebrarase o próximo domingo, 18 de novembro. A carreira está organizada polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co Concello de Ourense. Co prazo de inscrición pechado, un total de 5.458 adultos formalizaron a súa inscrición, cifra á que se engaden os 3.490 nenos que se inscribiron a través dos seus centros escolares, para facer un total de 8.948 participantes. Esta cifra supón un aumento dun 13% con respecto á pasada edición do 2011, que sumara 7.800 corredores. Como cada ano a carreira partirá desde a ponte do Milenio e rematará no Pavillón de Deportes, e ten un percorrido de 10.000 metros para adultos (con saída ás 11 horas) e 4.500 metros para escolares (con saída ás 12:30 horas).

Imaxe dos corredores da edición do 2011 da San Martiño ao seu paso pola ponte do Milenio.

Recollida de dorsais Os dorsais poderanse recoller na cancha central dos Remedios durante todo o día do sábado. Desde o ano pasado tamén se poden facer con eles (quen así o

indicou na inscrición) en puntos próximos da súa cidade e espallados por toda a xeografía galega. “Premios Correndo por Ourense” Outras das actividades que transcorrerán na central dos Remedios será a entrega de premios do segundo circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Os primeiros de cada categoría recibirán o seu trofeo, mentres que o resto de corredores que completaron alomenos cin-

co das seis probas recibirán un agasallo pola súa participación.

8.948 é a cifra exacta dos inscritos na 36ª carreira do San Martiño 5.458 participarán na proba absoluta e 3.490 na escolar

4 Feira do corredor

Hassan Lekhili vencedor da San Martiño do 2011.

Unha das novidades principais desta edición da San Martiño é a celebración da Primeira Feira do Corredor, que se celebrará o sábado día 17 -o día anterior á proba-, entre as 10 h. e as 20 h. na cancha central do Pavillón dos Remedios, e que contará con stands comerciais e charlas formativas e informativas específicas dirixidas ao corredor popular. Charlas da Feira do corredor 12,00h: José Manuel Curieses, delegado comercial de Polar para á zona noroeste: “Smart coaching (adestramento intelixente)” “Proba de 10 pulsómetros de última xeración entre os asistentes con asistencia técnica” 12,30h: Jorge Silva Crespo, atleta internacional na Selección Española de Atletismo e secretario do Club Ourense Atletismo., graduado en Xestión de Dirección de entidades deportivas: “O adestramento das probas de fondo” “Aspectos físicos, motivacionais e nutricionais da carreira a pé” “Como afrontar unha competición” 16,00h: Roberto Abad González, licenciado en Educación Física: “A flexibilidade: concepto e beneficios” “Orientación para o corredor de fondo” 16,30h: Martín Hidalgo Bargiela, licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e Diplomado en Educación Física, instrutor oficial da Federación Galega de Ximnasia: “O ximnasio para atletas de resistencia: por que, como e cando” 17,00h: José Manuel Curieses, delegado comercial de Polar para a zona noroeste: “Smart coaching (adestramento intelixente)” “Proba de 10 pulsómetros de última xeración entre os asistentes con asistencia técnica”


14

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

XADREZ / TENIS DE MESA

Expourense remata o circuíto galego de xadrez 4 252 xadrecistas participaron no V Festival de Xadrez Expourense 2012. R.T. O pasado 4 de novembro celebrouse o V Festival de Xadrez Expourense, proba que clasuraba o circuíto galego, e na que participaron 252 xadrecistas procedentes de Galicia e Portugal. Os representantes ourensáns lograron subirse en 10 ocasións ao podio, sendo os do Benchoshey os que subirían en dúas, os da Casa da Xuventude, en tres, e os de Xadrez Ourense, en cinco.

O vencedor de sub-8 foi César Pérez da Poza, facéndose co título de campión do circuíto, ao vencer en 11 das 15 probas. En sub-10, Martín Pena Varela da USC, rematou líder do Circuíto e desta proba. Mireya Represa do Club Xadrez Laroca levou o triunfo en sub-12 cedendo só unhas táboas co segundo clasificado, Miguel Puga Sánchez do Club Casa da Xuventude e líder da categoría circuíto. A vitoria en sub-14 foi para Ángel

Domínguez Fernández do Club Casa da Xuventude. O tamén ourensán Adrián Gómez Diéguez, líder do circuíto, acadou o segundo posto. O ourensán Miguel Ferreiro, de Xadrez Ourense foi o gañador en sub-16. Segundo foi o tamén ourensán Ignacio Cabanelas, do mesmo club.

Nesta cita, os ourensáns lograron 10 podios

Mala xornada para o Galmédica Tenis de Mesa 4 Perderon os dous conxuntos do club. Redacción Tanto o Galmédica A como o B perderon cadanseu encontro desta xornada. O Galmédica A que milita na 2ª División Nacional perdeu no Pazo contra o Recta Final de Luarca. Os asturianos endosáronlle un 2-4 aos ourensáns no encontro desta xornada número cinco. O encontro puido acabar en empate na partida decisiva de dobres, pero Lalo Pérez (que está xogando a un gran nivel) non tivo fortuna e rematou perdendo a última partida de forma moi axustada. Ramón Becerra continúa cunha racha de vitorias moi positiva (os dous puntos do

Galmédica foron obra del) pero insuficiente para acadar os ourensáns a vitoria na última xornada. Para a vindeira xornada o Galmédica Tenis de Mesa enfróntase ao Dez Portas Corredoira. Será o sábado 17 de novembro no Paco Paz a partir das 17 horas. Lucenses e ourensáns marchan cuartos e quintos repectivamente na clasificación; ambos os dous conxuntos teñen catro puntos no seu casilleiro. O Dez Portas vai diante pola diferenza de puntos en contra (12 por 13 do Galmédica), xa que teñen os mesmo puntos a favor, 12 cada un. Galmédica B O segundo equipo do

Galmédica, o que milita na Primeira División Galega, vén de perder nun partido moi igualado en Ourense contra o Helios Restaurante Cormorán. O equipo de Bembrive é un rival directo dos ourensáns na loita pola permanencia, polo que a derrota é máis dolorosa se cabe. O enfrontamento estivo moi igualado, sendo as partidas finais de infarto. Decidíronse por 3-2 e nas vantaxes a favor dos locais. A pesar da derrota, a parella de dobres formada por Diego Gómez Gómez e Rodrigo Álvarez González está xogando a un gran nivel aínda que se mide a rivais máis experimentados. Esta derrota é un traspés para o Galmédica que ve como o

Á dereita os xogadores do Galmédca A e á esquerda os rivais do Recta Final.

Foto de familia dos xadrecistas vencedores nesta quinta edición do Festival de Xadrez Expourense./CLUB XADREZ LAROCA Helios recórtalle puntos na clasificación. O Galmédica B marcha sexto con seis puntos, mentres que os de Bembrive son décimos (antepenúltimos) con catro puntos. A competición nesta Primeira División Galega está formada por 12 equipos dos cales tres descenden á Segunda Galega. A vindeira xornada, o cadro ourensán visita a cancha do Autosisán - Cafetería Lareka en Ribadumia. Os pontevedreses son pechacancelas da liga sen saber aínda o que é puntuar. Unha vitoria do Galmédica poría unha diferenza, casi insalvable, de oito puntos coa última posición.

O Galmédica A é quinto con catro puntos na 2ª Nacional


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

MOTOR

O Trial infantil galego, en Verín 4 O domingo 18 de novembro celebrarase o III Trial infantil e clásicas ‘Vila de Verín’. Redacción

José Luis Abadín en Montmeló.

José Luis Abadín abandona na última proba do ano

O domingo 18 de novembro, a zona da capela de San Antón (ÁbedesVerín) acollerá a celebración do terceiro Trial infantil e clásicas ‘Vila de Verín’, organizado polo Moto Club Entrimo e o Concello de Verín. Esta proba deportiva é puntuable para o Campionato Galego, e celebrara-

se nas categorías infantil, alevín e clásicas. Na clásica participaran 18 competidores, mentres que nas outras dúas restantes serán un total de 15 menores, con idades comprendidas entre os 6 e 13 anos. A proba está dividida en cinco zonas que cada un dos participantes (de todas as categorías) deberán percorrer tres veces.

4 Nas dúas carreiras disputadas no circuíto catalán. Redacción O 2012 non será un ano de agradable recordo para José Luis Abadín. Non puido correr a maioría de carreiras da tempada, e nas dúas últimas disputadas en Montmeló víuse na obriga de abandonar. Primeira xornada Na primeira xornada en Cataluña, Abadín foi sancionado nos adestramentos clasificatorios, séndolle anulados todos os tempos. Este contratempo fixo que tivera que saír desde a última fila da grella. Durante a carreira, cando se dispoñía a adiantar a un rival tivo que

sortear a outro monopraza que trompeara. Esta acción fixo que tivera que saír pola grava dándolle unha das pedras no conducto de freado. Cando estaba volvendo a contactar co pelotón tivo que abandonar ao verse afectada a súa condución ao perder totalmente os freos. O abandono da carreira foi inminente. Segunda xornada A segunda xornada non foi mellor para os intereses do piloto ourensán. Partindo desde a oitava posición da copa, xa nas primeiras voltas avanzou ata o segundo lugar da mesma. Na pista comezou a caer unha

lixeira chuvia, polo que todos os pilotos a excepción de Abadín entraban en boxes para cambiar os neumáticos. Ata que tivo que cambiar os neumáticos ao non parar de chover. Ao saír de boxes ocupaba a quinta posición da copa. Logo de tres voltas logrou avanzar ata a terceira posición, sendo máis rápido que os dous pilotos que o precedían. Pero xa estaba torcida a fin de semana, e a falta de cinco voltas non puido evitar o choque con Barrabeig, con quen estaba a manter unha bonita loita. Pero este incidente -ao bloquear nunha curva non puido esquivar a Barrabeig- fíxolle obri-

gatoria a retirada sen poder rematar a carreira. Vindeiro ano A pesar da mala tempada 2012 na que apenas puido competir (dúas citas das oito do calendario), José Luis Abadín mostrábase con gañas de poder disputar o título FIA e loitar pola superlicencia a tempada que vén. Para iso leva posto en marcha o Racing for Galicia na que calquera pode axudar a este piloto.

Abadín espera loitar polo título FIA do vindeiro ano

Os mellores infantís do trial galego reúnense en Verín.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

Os ximnastas do Pavillón logran pleno de podios no Campionato Galego de conxuntos 4 Fixéronse cun ouro, unha prata e dous bronces. Redacción No Pavillón da Malata de Ferrol tivo lugar a segunda fase do Campionato Galego de conxuntos, na que o Club Ximnasia Pavillón, tras unha moi boa progresión cos seus catro equipos, conseguiu pódium en todas

as categorías nas que se presentaba. Na categoría alevín, o conxunto ourensán, formado por Marta, Uxía, Paula, Eva, Lorena e Candela, obtivo o terceiro posto, tras os conxuntos María Barbeito (1º) e Acordes (2º). En categoría infantil,

o conxunto pavillonista, formado por Nerea, Ana, Marta, Antía, Blanca, Sara e María, foi segundo clasificado, tras Esquío (1º) e seguido do Acordes (3º). A categoría júnior (á que se presentaron as ourensás Paula, Lucía, María, Raquel, Claudia e Kelly) otor-

Os catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón cunto coas súas adestradoras.

gou outro segundo posto ás nosas representantes, tras o primeiro posto do Club María Barbeito e seguidas do Club Maniotas, que foi terceiro. Nembargantes, foi na categoría sénior, co conxunto formado por Yaiza, Andrea, Miriam, Sofía e Elena, onde o Club Ximnasia Pavillón, cunha excepcional actuación, conseguiu o título de campión galego, seguido no segundo posto polo Club Maniotas e terceiro, Club Arousa. Os catro equipos, aos que poderemos ver no Torneo Nadal a celebrar en Ourense o día 8 de decembro, acudirán así mesmo á cita nacional os días 14, 15 e 16 de decembro, en Castellón.

Copa de España de seleccións autonómicas Os días 10 e 11 de novembro tivo lugar en Albacete a Copa e Campionato de España de seleccións autonómicas, nos cales o Club Ximnasia Pavillón Ourense estivo representado por deportistas que formaban parte da selección galega e que conseguiron tamén a súa participación na Copa de España. Tratouse de Lucas Domuro e Eduardo Novelle en Trampolín, e Iago Sousa e Eduardo Novelle en DMT. Pola súa banda, a selección sub-15 acadou o primeiro posto en DMT e de xeito individual Eduardo Novelle proclamouse campión nacional en DMT, Lucas Domuro pasou a finais en 2º posto en TR -aínda que non conseguiu revalidar ese posto e rematou finalmente na quinta posición-.

17

EN BREVE

4Sendalimia A asociación Sendalimia organiza para os meses de novembro e decembro unha serie de andainas. O sábado 17 de novembro desenvolverán unha andaina en San Miguel de Congonstro, percorrendo a súa ruta de muiños, que finalizará cun magosto na casa rural de Santo André. O sábado 24, a andaina terá lugar no monte da Cunca (Os Blancos). O sábado 1 de decembro desprazarase ata o mirador do Castelo (Congostro). O 15 de decembro, como despedida do ano andarín coa que realizarán en Vilar de Santos. Ao remate terá lugar a cea de Nadal e despedida da tempada. Para máis información ou para inscribirse, a organización remite ao Concello de Xinzo de Limia (Concellería de Deportes) ou pódese mandar un correo electrónico a sendalimia@gmail.com.


18

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ARTES MARCIAIS

O Famu Frutos e o Lourdes Tuvasa, vencedores da Liga Internacional de Judo 4 En categoría feminina e masculina respectivamente. R.T. A décima edición da Liga Internacional de Judo -Trofeo Cidade de Ourense- xa é historia. Na edición deste

ano os vencedores foron o Famu Frutos de Vigo en categoría feminina e o Lourdes Tuvasa de Valladolid na masculina. O pavillón municipal de

Oira acolleu (como xa fixera na xornadas previas) a fase final da Liga de clubes. En categoría masculina os finalistas eran o Arteixo, Tuvasa, Coruña e Famu Frutos;

Momento da final masculina entre un judoka do Famu Frutos e o Judo Club Arteixo.

mentres que na feminina chegaron á final o Avilés, Arteixo, Lugo e Famu Frutos. A esta final chegaron os catro mellores clubs da fase regular que se disputou en tres xornadas. Famu Frutos En categoría feminina repetíuse a final do pasado ano, pero con distinto resultado. O Judo Club Arteixo perdeu nesta ocasión contra o Famu Frutos de Vigo. Dúas vitorias, unha derrota e un empate déronlle o título ao equipo vigués. Este é o primeiro título do Famu neste torneo. A terceira posición obtóvoa o Judo Club Avilés ao vencer na loita polo tercei-

ro e cuarto posto ao Judo Club Lugo. O Famu de Frutos venceu nas semifinais ao Judo Club Lugo, mentres que o Arteixo desfíxose do Judo Club Avilés. Lourdes Tuvasa Na categoría masculina o club castelán leonés do Lourdes Tuvasa foi a vencedor absoluto ao vencer na final ao Club Famu Frutos de Vigo, impedíndolle deste xeito facerse co doblete (vencendo nas dúas categorías). A final estivo moi apretada; tralo empate a dúas vitorias tocou xogarse o desempate polo título na categoría de +81 quilos (despois de decidilo mediante un sorteo). O vencedor deste combate foi o representante do club de Valladolid levando o triunfo o Lourdes Tuvasa. A terceira posición foi para o Judo Club Coruña ao vencer ao Judo Club Arteixo que foi cuarto. En semifinais o Famu Frutos venceu ao Judo Club Coruña, e o Lourdes Tuvasa fixo o propio co Judo Club Arteixo.

EN BREVE

4 Taekwondo

Ao Campionato Galego Júnior de Taekwondo celebrado nas Pontes acudiron catro deportistas do ximnasio Couto. Os catro deportistas lograron acceder ás súas respectivas finais. Andrés Freijeiro foi ouro, mentres que Lucía Dafonte, Andrés Álvarez e Nicolás Pérez conqueriron a prata nos seus pesos. Tamén por equipos acadaron a terceira posición en categoría masculina ao lograr un ouro e dúas pratas.

4 Jiu jitsu

O jiujitsuka ourensán Felipe Iglesias participou no adestramento de preparación do Mundial de Jiu Jitsu que se desenvolveu no polideportivo de Elvira (A Coruña) e que contou coa dirección do seleccionador nacional e sétimo dan de jiu jitsu, Eusebio Sánchez. Participaron moitos da expedición española no Mundial de Viena, a finais deste mes.

O Artai báñase en ouro 4 No “Open Nacional de Wushu Ciudad de Oviedo” celebrado o 11 de novembro. Redacción O pasado domingo 11 de novembro, disputouse o “Open Nacional de Wushu Ciudad de Oviedo”. A expedición do Club Artai de Ourense contou con 24 competidores, tanto en combate (Sanda) como en formas (Taolu). O club ourensán conseguiu 50 medallas das 62 posibles na competición destacando na categoría de Sanda (combate ao KO) na

que logrou a totalidade dos ouros. Mellor club de España Aarón Blanco, mestre do club, vaticina que o torneo é a primeira pedra para alcanzar o posto de mellor club de España. “Nin os clubs de Madrid nin os do norte de España demostraron mellor nivel que nós”, di o mestre ourensán. Agora prepararán os tor-

neos de Coruña (24 de novembro) e o clasificatorio para o Campionato de España 2013 en Arcade (22 de decembro). Deportistas destacados Das 50 medallas logradas as máis destacadas foron as de Abraham Rodríguez González, que conseguiu catro ouros en categorías de combate (Sanda) e tai chí; Sara Álvarez, tres ouros en categoría sénior de formas

Sara Álvarez executando un exercicio no Open “Ciudad de Oviedo”. (Taolu); Andrés Piñeiro, tres ouros en categorías xuvenís de formas (Taolu); Andrea

Álvarez, tres ouros en categoría infantil de formas (Taolu); Gabriel Vázquez,

dous ouros e un bronce en categoría infantil de formas (Taolu).


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ENTREVISTA

Felipe Iglesias, cara ao Mundial de jiu jitsu

“O obxectivo principal é subir o máis alto posible no ránking mundial para poder ir aos Xogos Mundiais” 4 Felipe Iglesias participará no Mundial de jiu jitsu que se disputa en Viena do 29 de novembro ao 2 de decembro. R. Torres Con gañas de facer un bo papel, este jiujitsuka que nunca crira que ía ser o primeiro ourensán en acudir a un Mundial de jiu jitsu afronta o reto co obxectivo de acadar unha praza para os Xogos Mundiais, que se celebrarán o ano que vén en Cali (Colombia). Como chegaches ata aquí para participar no Mundial de jiu jitsu? Felipe Iglesias (F.I.): “Pois para participar no Mundial é preciso puntuar a nivel internacional, e para iso quedei terceiro na copa do Mundo e campión do Open de Madrid o ano

pasado e este ano subcampión do Open de Madrid. Ademáis de ser segundo no ránking nacional”. Con que aspiracións vas a Viena? F.I.: “O obxectivo principal é subir o máis alto posible no ránking mundial para poder ir aos Xogos Mundiais, se logo podemos conseguir unha medalla, mellor. O nivel é tan parexo que cada combate é unha final e é moi complicado gañar; pero a aspiración é ir a gañar”. Cando se celebrarán os Xogos Mundiais? F.I.: “Son no 2013 en Cali -Colombia-. Tería que quedar entre os catro pri-

meiro do ránking mundial. Actualmente son o 17º do mundo, pero aínda quedan competicións para subir como son o Vila de París ao que acudirei”. Que é o jiu jitsu? F.I.: “É unha arte marcial onde se permiten todo tipo de contactos -patadas e puñetazos amáis de todas as do judo- pero regrado. O judo é unha variación do jiu jitsu”. Cal é túa máxima aspiración? F.I.: “Pois quedar campión do mundo”. Cando podería ocurrir? F.I.: “Podería ser neste, por que non? Vou con moitas gañas de facer un bo

papel”. Como foi a preparación para este torneo? F.I.: “Estamos a tope. Fixen o internacional de Madrid, na Liga Internacional de judo. Tamén estivemos concentrados na Coruña durante dous días e agora só queda o Mundial”. Cales poden ser os rivais máis fortes? F.I.: “Os rusos, os de Azerbaiyán... os europeos en xeral que é onde está o berce. No meu peso acudiremos máis de 30 competidores”. Como te ven os rivais? F.I.: “Penso que como un rival moi correoso”.

19

Palmarés de Felipe Iglesias 11 títulos nacionais 16 títulos autonómicos Títulos en Portugal, Madrid, París 7º no Campionato de Europa 3º no Open do Mediterráneo

Iglesias comezará a competición o sábado 1 de decembro

Felipe Iglesias.

O ourensán acode a Viena como número 17 no ránking mundial


20

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

Un centenar de judokas no Randori infantil 4 Celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz. R.T. 100 nenos participaron no XIV Randori Infantil de Judo o sábado 27 de outubro no Pazo Paco Paz de Ourense. Nesta ocasión celebrouse a décimo cuarta edición do Randori Infantil de Clubes, actividade coa que remata de forma oficial a Copa Deputación 201112 de Judo. Nesta cita participaron oito equipos galegos repartidos nos seguintes clubs: Senra Lugo, Villalba, La Salle Santiago, Judo Club Marbel Ourense 1, Judo Club Marbel Ourense 2, Judo Club Marbel Ourense 3, Vilas Alborada Santiago e Terras de Santiago. O Randori consiste na rotación continua de emparellamentos entre equipos nos dous tatamis nos que se celebrou. Cada equipo par-

ticipou cun judoka por peso (26 quilos, -30, -34, -38, 42, -46, -50, -55, -60 e +60 quilos), 10 en total en cada encontro sen distinción de

sexo. A representación ourensá repartíuse en tres equipos, con judokas do Gimnasio Marbel e de Judo Club Ma-

4 O evento organizado por Amencer foi gañado polo Coca. Como cada ano, na ponte de Todos os Santos, a Asociación Xuvenil Amencer organizou o torneo de fútbol-8 que congregou a nove equipos xuntando a máis de 100 deportistas. Os equipos participantes foron: Dream Team, Escachapeitos, Chu-

Valores Esta reunión non ten carácter competitivo, e preténdese estimular unha boa técnica e o aprendizaxe desta arte marcial entre os nenos; así como afianzar os seus valores de compa-

Ourensáns que participaron no Randori celebrado no Paco Paz.

O torneo de fútbol-8 “Tódolos Santos ´12” congrega máis dun centenar de participantes Redacción

ristas, ao cargo dos monitores Ana Fernández, Miguel Baldemar e Guillermo Otero.

machos, Reza, Rápido, Los Pitufos, Coca, Sen nome e Couto. A fórmula do torneo foi a de separar en tres grupos aos nove equipos, xogando entre eles. De cada grupo saían dous equipos para a seguinte fase (sendo seis os equipos aínda na loita polo título). Estes seis equipos

dividíanse novamente en dous grupos de tres, e novamente os dous mellores de cada grupo clasificábanse para as semifinais. Os catro equipos que pasaron ás semifinais son Chumachos, Coca, Reza e Dream Team. E a final disputárona os equipos Coca e Reza. O resultado da fi-

ñerismo, xenerosidade, diversión, disciplina, etc. En definitiva, aprender o regulamento e mellorar dunha forma divertida e sen a tensión da competición. Esta idea foi concebida polo delegado da Federación Galega, Manuel Montero, para ser unha especie de bautizo dos judokas máis cativos. O éxito é tal que xa están a imitar noutros países.

EN BREVE

4Natación O Club Natación Pabellón Ourense comezou a tempada 2012/13 defendendo o título da Copa Galega de Clubs na División de Honra. Nesta primeira xornada (fase preliminar) disputada na piscina de Riazor na Coruña, o club ourensán foi quen de rematar en primeira posición cunha vantaxe clara sobre os seus adversarios. O CNPO logrou 330 puntos alzándose co primeiro posto, por diante do Club Ferrol-Elynco con 323 puntos e en terceira posición quedou o CN Galaico con 307. Disputáronse un total de 16 probas que foron disputadas polos seis equipos integrantes da Division de honra: Club Natación Ferrol, CN Galaico, CN Coruña, Club Natación Riveira, Club Fluvial de Lugo e Pabellón Ourense. Este sábado 17 reanúdanse as competicións na piscina Rosario Dueñas copa galega de clubs.

nal foi 3-2 para o Coca. Datos No torneo de fútbol-8 participaron 9 equipos con 126 xogadores, preto de cen persoas de público asistente e 12 mozos da organización da comisión de deportes de Amencer. En total estiveron presentes nesta competición 200 persoas. Este torneo é o segundo deste curso 12/13, dentro dunha ampla oferta de actividades deportivos que se celebran en fin de semana de pontes en Amencer. Os próximos serán o 6 de decembro, e tratarase dun de fútbol sala e outro de 3x3 de baloncesto e de bádminton.

O Torneo contou con nove equipos participantes.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

Magosto deportivo en Viana 4 A Fundación Cipri Gomes organizou este evento que congregou 170 persoas. Redacción A Fundación Cipri Gomes organizou un magosto deportivo nas instalacións do Centro Deportivo de Formación e Ocio, que a entidade ten na localidade ourensá de Viana do Bolo. Ao evento asistiron 170 persoas que participaron nas actividades programadas durante todo o día.Os asistentes eran principalmente alumnos das Escolas Deportivas de Kárate

da Fundación Cipri Gomes e os seus acompañantes, máis nenos da propia comarca de Viana do Bolo. Todos eles gozaron dunha xornada de convivencia na que, baixo a escusa da celebración do magosto, puideron participar en xogos, adestramentos, paseos, colleita de castañas, as cales se degustaron xunto a outros produtos da terra, como carne e touciño entrefebrado, e refrescos.

Adestramento e exámes Aproveitando a presenza de alumnos das Escolas Deportivas de Kárate, realizouse un adestramento conxunto impartido polo mestre Cipri Gomes, presidente fundador da Fundación Cipri Gomes, quen tamén realizou os exames de cinto de cor, entregándolles os diplomas e cintos de kárate correspondentes ao final do día.

Xogada do partido entre o Barrocás e o Egara disputado en Mariñamansa.

O Caldaria Barrocás logra a primeira vitoria da tempada 4 Foi en Mariñamansa contra o Atlético San Sebastián. R.T.

Participantes do magosto deportivo celebrado en Viana.

A Deputación convoca as axudas aos clubs deportivos 4 Repartirá 150.000 euros. Redacción A Deputaciòn Provincial de Ourense vén de convocar na xunta de goberno a concesión das axudas 2012 para clubs deportivos. A contía é de 150.000 euros, sensiblemente inferior á

do ano pasado que ascendía a algo máis de 450.000 euros. O importe total repartirase entre 76 clubs, asociacións, escolas e sociedades deportivas da provincia de Ourense. O obxectivo destas axudas é contribuír

dende a institución provincial ao fomento de actividades deportivas na provincia de Ourense, principalmente para o desenvolvemento de eventos e competicións onde o deporte de base e a práctica do deporte en nenos e mozos é finalidade máis destacada.

A contía das axudas ao deporte é un tercio das do ano 2011

Tiveron que pasar sete xornadas para ver o primeiro triunfo do Caldaria Barrocás no seu regreso á División de Honra A do hoquei herba. Foi contra o Atlético San Sebastián, a quen venceu na xornada número sete por tres goles a dous no campo de Mariñamansa. E iso que comezaron perdendo os locais (0-1), pero antes do descanso, dous goles de Xurxo déronlle a volta ao marcador. Na segunda metade o dominio era dos visitantes, aínda que foi Borja Prol o que poría o 3-1 para os barrocos. Antes de que rematara o partido, os guipuscoanos farían o segundo gol deixando o definitivo 3-2. Na vindeira xornada o

Caldaria Barrocás visita a cancha do Pozuelo. Os madrileños son novenos con catro puntos, un máis que os ourensáns que marchan undécimos con tres. Na División de Honra descenden os dous últimos á Honra B; o Caldaria agora mesmo ocupa a penúltima posición. Apóstol Ourense O Apóstol Ourense vén de perder o seu primeiro encontro na División de Honra B contra o San Fernando de Sevilla. Os ourensáns son terceiros con catro puntos, a un do primeiro e do segundo clasificado. Na vindeira xornada o Apóstol xoga na casa contra o

Benalmádena. O encontro terá lugar en Mariñamansa o domingo 18 de novembro ás 13 horas. Ourense H.C. Pola súa banda, o Ourense H.C. non comezou con bo pé a súa andadura na Primeira División feminina e marcha na última posición con catro derrotas en catro partidos. A última derrota foi contra o Pozuelo en casa, onde caeu goleado por 0-7. A vindeira xornada as ourensás reciben ao Club de Campo en casa (domingo 18 ás 11 horas). De vencer, pasarían na clasificación ás madrileñas e sairían do derradeiro posto.

Na próxima xornada o Barrocás visitará ao Pozuelo e o Ourense H.C. recibirá ao Club de Campo


BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº66- Ano: IV - 16 de novembro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (VII) Capítulo 7. Deporte e política nacional Á parte dos aspectos crematísticos sinalados nos comentarios anteriores, merece a pena analizar a profunda intromisión da política no ámbito do deporte. A pesar da tese propugnada en Occidente segundo a cal o deporte debería estar á marxe da política, trátase dunha liña moi difícil de seguir, por canto os máximos dirixentes do deporte e os deportistas teñen todos nacionalidade, intereses creados nos seus países e, como persoas, unha ideoloxía política. Por outra banda, esa reivindicación de independizar deporte e política espertou múltiples e severas críticas. De feito, ante os grandes eventos deportivos, as masas ven ante os seus equipos unha representatividade que se escapa do meramente deportivo. É unha realidade incuestionable e palpable que os gobernos se arrogan o dereito a participar no deporte. En principio, fano con obxectivos claros e aceptables, pero a súa intromisión vincula a quen ostenta o poder nun momento concreto coa traxectoria de algo, neste caso o deporte, que tería o seu máis pleno sentido sen ningunha inxerencia. Os gobernos adoitan tomar parte co fin de regular o deporte: nuns casos para controlar a

tiro olímpico

A Copa Deputación de aire enfila a súa recta final 4 Só queda unha tirada desta liga anual para coñecer os vencedores da 24ª edición. P. Lodeiro

Alfonso Vilachá. orde pública nos eventos deportivos, noutros para perseguir a dopaxe e a súa comercialización. Hai nacións nas que existe un “ministerio do deporte”. O problema radica no uso que se faga do mesmo. Desde o mesmo instante en que se teña que aceptar pola forza a realidade da participación estatal, é moi difícil evitar que o deporte sexa utilizado de maneira obxectiva, altruísta e xusta. Por mor da existencia desta inxerencia, sinalar que non se debe politizar o deporte equivale para moitos a dicir que as actividades deportivas débense deixar de maneira resignada en man dos gobernos, o cal significa deixar o deporte ao servizo de quen na sociedade ocupa unha posición dominante. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

Na primeira fin de semana de novembro disputouse no Club de Tiro Eiroás a penúltima tirada da Copa Deputación de armas neumáticas. Acudiron 19 tiradores entre todas as categorías, sendo as mellores puntuacións para Juan Doval (pistola sénior, 562 puntos), Nuria Mera (pistola damas, 372 puntos) e Jorge Encinas (carabina sénior, 579 puntos). A última tirada desta competición, que normalmente se celebra a primeira fin de semana de cada mes, retrásase en decembro ao domingo 16, e nela coñeceranse os gañadores desta 24ª edición da Copa Deputación. Ao longo deste 2012, medio cento de tiradores de toda Galicia participaron neste torneo, no que se valora a regularidade, e no que se compite con armas de aire comprimido a unha distancia de 10 metros (60 tiros para os homes e 40 para as mulleres). Os vencedores serán os que obteñan máis puntos na suma das catro mellores tiradas

Jorge Encinas, Nuria Mera e Miguel Colmenares son os tiradores con máis posibilidades de facerse coa 24ª edición da Copa Deputación de aire comprimido nas categorías de carabina e pistola./ARQUIVO. do ano. A falta dunha xornada, non se prevén sorpresas nas categorías principais de pistola e carabina, pois os líderes da competición (Miguel Colmenares en pistola sénior, Nuria Mera en pistola damas e Jorge Encinas en carabina) sacan unha boa vantaxe aos segundos clasificados. Tampouco parece que vaia haber cambios nas tres categorías de veteranos, con Arturo Rodríguez, José Prada e Manuel Somoza á cabeza, nin en discapacitados, onde Víctor José e Sonia Álvarez son primeiros, e tampouco en pistola cadete feminino, con Paula Fernández na primeira po-

sición. Onde si pode haber modificacións é entre os máis novos deste deporte, con dous alevíns, Juan Gago e Martín Fernández, disputándose o primeiro posto. A única tiradora alevín, Ana López, ten asegurado o seu éxito ao participar xa no mínimo de catro tiradas. Os premios entregaranse trala última xornada, o domingo 16 de decembro, no Club de Eiroás.

Trala tirada na galería de 50 metros, entregaranse os trofeos aos gañadores, que se coñecerán trala suma das tres mellores puntuacións da copa de cada un dos participantes. Miguel Jácome con 1.765 puntos en carabina lixeira tendido sénior, e Carlos Iglesias con 1.603 puntos en pistola libre teñen xa asegurado os primeiros postos nas súas respectivas modalidades.

Copa Cidade das Burgas A de aire comprimido non é a única competición anual que se disputa no club de tiro ourensán. O vindeiro 25 de novembro remata a Copa Cidade das Burgas, na súa quinta edición.

A falta dunha xornada, a de decembro, non se prevén sorpresas nas categorías principais de pistola e carabina


24

BARRIOS DEPORTIVO 16 de novembro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.