30 Outubro 2012 - BD Nº65

Page 1

Zaida Varela debuta en División de Honra co Cidade As Burgas ENTREVISTA

[páx. 6]

Páx.8-9

David Cal,

lenda viva do olimpismo CD Ourense recibe ao Alcalá o domingo 4 no Couto Páx.4

O COB xoga contra o Andorra o venres 2 no Paco Paz Páx.5

Número: 65- Ano: IV - 31 de outubro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

O Pabellón Balonmán toma aire na Autonómica 4 Os ourensáns collen a medida á nova categoría e logran a terceira vitoria da tempada. Redacción O Pabellón Balonmán acada a terceira vitoria da tempada e cóllelle o pulo á Primeira Autonómica. Costoulles facerse á nova categoría aos pupilos de Zarra, pero agora -con dúas vitorias consecutivas- logran desfacerse da presión propia dun recén ascendido. O Pabellón, que estreba patrocinador -Zen Ourense-, logrou unha cómoda vitoria (27-21) fronte ao Atlético Guardés ante un cento de afeccionados que acudiron ao anexo dos Remedios. Os ourensáns eran os favoritos dun encontro que non se rompeu ata a segunda metade. Unha mala defensa local solventada en parte polo acerto do cancerbeiro Diego Marí fixo que ao descanso se chegase co resultado de 10-9 para os ourensáns. Unha maior intensidade nas accións do segundo acto fixo que os de Zarra fóranse distancio no electrónico pouco a pouco. Oito goles de diferenza (2517) a falta de dez minutos fixo que houbera máis rotacións nos ourensáns. Tralo pitido final, o marcador

Un defensa do Pabellón Balonmán en Ourense freando o ataque dun rival./RAMSÉS mostrou un 27-21 e a terceira vitoria da tempada para o Pabellón. Segunda volta A vindeira fin de semana comeza a segunda volta. O Zen Pabellón recibe ao Seis do Nadal, equipo que o vencera na primeira volta por dous goles de diferenza. O obxectivo do Zen é lograr rematar entre os catro primeiros para evitar a fase de descenso. O seu rival ocupa a cuarta posición con oito puntos, dous máis que os ourensáns, polo que o encontro é de vital importancia de cara á salvación.

BALONMÁN / ATLETISMO

Volve un clásico deportivo: a San Martiño 4 O alcalde animou a participar ás mulleres, que só supoñen un 12% dos atletas da proba. Paula Lodeiro 18 de novembro. É a data fixada no calendario deportivo para moitos atletas tanto da nosa cidade como de fóra. Ese día córrese a San Martiño, unha das citas máis participativas e emblemáticas da cidade. O ano pasado foron preto de 6.000 persoas as que completaron o seu percorrido, 10 quilómetros no caso dos adultos e 4,5 na carreira dos escolares. Nesta 36ª edición, a intención dos seus promotores é que participen máis mulleres. Así o indicou o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, que recordou que na pasada edición só un 12% dos atletas eran

Participantes da pasada edición./ARQUIVO féminas (416 dos 3.242 corredores). A inscrición, xa aberta, manterase ata o luns 12 de novembro e pode realizarse en www.ourense.es e www. championchipnorte.com, ou

no pavillón dos Remedios. Novidades Destaca desata 36ª edición a celebración dunha Feira do Corredor na véspera da carreira. Durante a xornada

Á presentación da edición 2012 acudiron, entre outras autoridades, o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández./P.LODEIRO

do sábado, de 10 a 20 horas, o pavillón dos Remedios acollerá stands de casas comerciais que farán presentación de produtos, ademais de charlas “orientadas ao corredor popular”, explicou Marta Míguez, técnica que coordina a carreira. Premios A XXXVI Carreira Pedestre Popular do San Martiño mantén o seu percorrido habitual polas rúas de Ourense, con saída na ponte do Milenio e chegada no pavillón dos Remedios. A saída será ás 11 horas para os adultos e ás 12:30 horas para os escolares. Este ano varían os premios, ao suprimirse a categoría de galegos; agora só recibirán trofeos os tres primeiros clasificados nas categorías absoluta, ourensáns e escolares, ademais dos primeiros das restantes categorías (alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior, veteráns A, B, C, D, E, F e G). Os cinco primeiros en categoría absoluta recibirán tamén un premio económico, de 1.000, 700, 500, 300 e 200 euros segundo o atleta ocupe o 1º, 2º, 3º, 4º ou 5º posto; e os tres primeiros entre os ourensáns gañarán 200, 150 e 100 euros. Tamén haberá camiseta para todos os participantes, premios para os colexios en material deportivo e un premio especial de 500 euros se se supera o récord da proba, fixado en 28’49” para os homes e 32’45” para as mulleres. A entrega será ás 13 horas na central dos Remedios.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

ATLETISMO

Sonia Teijeiro e Oscar Ramos./S. TORRES

Ramos e Teijeiro, campións do Correndo por Ourense 4 Os dous foron os vencedores da última cita do circuíto: a da Carballeira. R. Torres Óscar Ramos e Sonia Teijeiro foron os vencedores absolutos da segunda edición de carreiras populares “Correndo por Ourense”. O pasado domingo 28 de novembro, o barrio da

Carballeira puxo o punto e final a esta segunda edición que contou este ano con seis probas por distintos barrios ourensáns. Ramos colle a testemuña de Pepe Márquez, vencedor do ano pasado; mentres que Sonia Teijeiro substitúe como

campioa a Iria Fernández. Teijeiro non tivo rival ao longo do circuíto, e xa na penúltima proba (zona universitaria) era a gañadora, por diante de Sonia Vázquez e Silvia Rodríguez, segunda e terceira respectivamente. Máis complicado

tívoo Ramos, quen houbo de sumar a súa segunda vitoria (a primeira foi a da nocturna do Corpus) para lograr o triunfo final por diante de José Manuel Casado. Dous puntos (11 Ramos e 13 Casado) son a estreira marxe que dá mostra do emocionante que estivo a proba masculina ata o final. O gran final de Ramos fixo que Casado tivera que sucumbir e rematar en segunda posición tanto na Carballeira como no cómputo do circuíto. O terceiro caixón do podio foi para o atleta veterano Saturnino González. Máis de 500 persoas participaron en cada unha das probas do circuíto dando un salto cuantitativo con respecto á primeira edición na que concorrían uns 300 corredores por proba. O Correndo por Ourense é o punto e seguido para a carreira popular do San Martiño, que este ano chega á súa 36ª edición. A proba popular máis importante do panorama galego terá lugar este ano o 18 de novembro. O día anterior,

sábado 17 de novembro, na central do pavillón dos Remedios, farase entrega dos premios aos vencedores do “Correndo por Ourense”. Terceira edición Malia o cambio de concelleiro de Deportes no Concello de Ourense, todo fai indicar que o ano que vén haberá unha terceira edi-

ción do circuíto “Correndo por Ourense”. Actividade deportiva que cada ano conta con máis adeptos.

Cada unha das seis probas do circuíto congregou máis de 500 atletas

A cita da Carballeira pechou esta 2ª edición./S. TORRES


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

FÚTBOL

O Barbadás axeonlla ao Pontevedra 4 Vence por 2-0. R.T.

Pablo Pillado a piques de marcar gol no partido contra o Sporting B . /RAMSÉS

O Ourense suma o seu cuarto punto lonxe do Couto 4 Once puntos en total nas 10 primeiras xornadas. R. Torres O Ourense sumou ante o San Sebastián o seu cuarto empate da tempada lonxe do Couto. Os de Luisito leván como foráneos catro empates e unha derrota. Os empates foron ante Guijuelo (1-1), Getafe (0-0), Oviedo (1-1) e San Sebastián de los Reyes (1-1), e a derrota (3-1) contra o Marino de Luanco. A pesar de ter logrado máis puntos en casa (sete en casa por catro a domicilio), os ‘rojillos’ levan dúas derrotas en casa (contra o Tenerife e Fuenlabrada) por unha fóra do Couto. O conxunto ourensán neste inicio ligueiro dá a sensación dun equipo que sabe ao que quere xogar e gusta do xogo combinativo,

o que lle outorga un xogo vistoso para o afeccionado. Como nota negativa está a gran cantidade de ocasións de gol que erra, o que fai que estea nunha posición nada acorde co seu xogo. Sanse - CD Ourense Contra o San Sebastián de los Reyes ao Ourense tocoulle xogar en xornada matinal do domingo. O encontro comezou con dominio visitante reflexado no electrónico cando aínda non se chegara ao primeiro cuarto de hora. Jona adiantaba aos ourensáns co seu quinto gol da liga (leva sete esta tempada, se sumamos os dous marcados na Copa). Cando mellor estaba o Ourense, cando dispuña de ocasións para pór terra de por medio, os locais antes do descanso

lograrían devolver as táboas ao marcador. Na segunda metade o encontro estivo máis trabado e ningún dos dous equipos lograría marcar. Con este empate o Ourense consegue o seu undécimo punto, o que lle fai respirar un pouco ao sair da zona de descenso e da promoción. Ocupa a décimo cuarta posición. Alcalá Este domingo 4 de novembro, a partir das 17 horas, o estadio do Couto acolle o partido da undécima xornada da Segunda División B grupo primeiro entre o CD Ourense e o Alcalá. O conxunto madrileño é o colista con cinco puntos no seu casilleiro. O único partido no que logrou a vitoria foi o da primeira xor-

nada diante do Coruxo no Municipal del Val (campo do Alcalá); logo dous empates máis no seu propio campo contra o Sporting B e o Salamanca fan que sexa o colista. Fóra de casa non leva logrado nin un só punto. Esta xornada é unha boa ocasión para que o equipo recobre sensacións diante da súa afección tralo pau da última xornada no Couto diante do Fuenlabrada. De acadar a vitoria, os de Luisito porían terra de por medio coa zona baixa da clasificación.

O domingo 4 ás 17 horas, CD Ourense-Alcalá no Couto

O estadio dos Carrís engalanouse para recibir a un dos favoritos da Terceira División, o Pontevedra. Os granates partían como favoritos antes do envite, pero na Valenzá tiveron unha cura de humildade. Un dous a cero inapelable foi o resultado final coa algarabía da bancada que enchía Os Carrís ante a visita de tan ilustre invitado. Martín e Jaime puxeron o dous a cero antes do descanso, o que faría imposible a remontada dos da capital do Lérez. Durante máis de media hora os locais xogaron cun xogador menos pola expulsión de Oli, pero nin así foron quen os visitantes de sacar algo positivo. Este é o terceiro triunfo consecutivo do Barbadás na súa casa, o que lle permite colocarse de décimo

Un momento do partido do Barbadás contra o Pontevedra, no campo dos Carrís. /RAMSÉS

terceiro con 14 puntos. A catro puntos queda a zona de descenso e por enriba ten a promoción de ascenso a tres puntos, o que dá mostras da igualdade que este ano hai no grupo galego da Terceira División. Na vindeira xornada (a número 11), os de Jorge Regal visitan o segundo clasificado, o Celta B.

4 O Barco sigue colíder En canto á representación ourensá do grupo sur da Rexional Preferente, o Barco continúa colíder da clasificación empatado a puntos co Cultural Areas (21 puntos). O Verín xa é décimo terceiro con 13 puntos tras arrollar ao Ponte Ourense en Oira por tres goles a seis. Mentres, o Ponte Ourense, a pesar de terse reforzado, continúa de pechacancelas logo da sonada derrota contro o Verín. O Arenteiro ocupa postos de descenso (18º) trala derrota no seu campo contra o Valladares. Para a vindeira xornada o Barco recibe ao Ponte Ourense nun partido con claro favoritismo local; o Verín recibe ao Pontellas e o Arenteiro visita ao Lalín coa opción, en caso de lograr a vitoria, de saír da zona de descenso.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

BALONCESTO

Un pouco máis de paciencia

4 O Club Ourense Baloncesto está dando pasos cara adiante para ser un equipo competitivo na LEB Ouro. R. Torres O Club Ourense Baloncesto busca chegar a ser un equipo competitivo na Liga LEB Ouro. Agora non o é. Cada xornada que pasa o conxunto dirixido por Rafa Sanz dá pasos cara adiante, a todas luces insuficientes despois de catro xornadas de liga disputadas. A pesar dos resultados (catro derrotas por cero vitorias), algúns xogadores empezar a dar mostras de que o marxe de mellora é moi grande. A Ogide bastáronlle catro xornadas para ser o xogador máis valioso da xornada (MVP) con 20 puntos, 11 rebotes e 30 de valoración. O outro extracomunitario, Nick Barbour, é o máximo anotador cobista con 16,5 puntos de media por en-

contro. A estes dous hai que engadir destellos de Mena e Rai na dirección do equipo nalgunas fases dos partidos. Kedzo e Alberto González son os outros dous que conforman un quinteto -sexte-

to cos dous bases- claro do conxunto ourensán. O resto, moi lonxe dos compañeiros; proba diso foi no enfrontamento no Palau balugrana contra o filial do FC Barcelona. En canto comezaron

Alberto González encarando o aro contrario. /RAMSÉS

as rotacións e o cansazo fixo mella no quinteto inicial, o COB comezou a perder opcións de facerse co triunfo ante un dos mellores equipos da liga, encabezados polo novo Hezonja. Toca esperar a que os ourensáns mostren a súa mellor versión. O inconvinte é que estamos ante unha liga moi curta e difícil será encauzar unha situación negativa. COB - Andorra Este venres, a partir das 21 horas, no Paco Paz, o COB recibe ao Andorra, equipo que conta os seus partidos por vitorias. Unha boa oportunidade de demostrar que o conxunto ourensán ten cabida nesta LEB Ouro.

Andi Ogide foi o MVP da cuarta xornada da LEB Ouro con 30 de valoración: 20 puntos e 11 rebotes

Pabellón e ABO suman derrotas 4 Elas caeron ante o Valladolid e eles fronte o León. Redacción Ata tres prórrogas lle fixeron falta a Valladolid e Pabellón para sentenciar o encontro que os enfrentou na segunda xornada da LF2, o cal se decantou cara ao lado das castelás. O encontro comezou axustado para o Pabellón, que rematou o primeiro cuarto perdendo de un (109). Pero soubo aproveitar o segundo para remontar (21-27). Nembargantes, a segunda metade foi de mal en peor e nin os innumerables esforzos de Bolonio, que como vén sendo habitual levou as rendas do conxunto pavillonista, serviron para frear a un Valladolid que nos dous últimos períodos foi moi superior. Pero os números

non deixan lugar a dúbidas e o empate a 45 obrigou a disputar a primeira prórroga (que rematou igualada a 9), unha segunda (empate a 6) e ata unha terceira, na que o Valladolid impúxose, por 11 a 5, a un Pabellón totalmente desinflado. Agora as ourensás prepáranse para visitar ao Celta o vindeiro sábado 3 de novembro. León, verdugo do ABO O Ourense Capital Termal tampouco tivo moita sorte no seu arranque ligueiro, xa que caeu derrotado na casa fronte ao León, que cun resultado final de 61-70 setenciouun encontro que sempre dominou. O vindeiro sábado o ABO visitará ao Leyma Natura Concello de Artei.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

FÚTBOL SALA

Sobran os últimos minutos 4 O Cidade mantén a raia ao Atlético de Madrid durante máis de 38 minutos. R. Torres Mala sorte a do Cidade As Burgas contra as colíderes do Atlético de Madrid. O ano pasado augáronlle a festa da celebración do título ligueiro nos Remedios ao vencerlles contra todo prognóstico. Nesta tempada, como se lle tiveran tomada a medida, o Cidade foi un equipo moi atrevido con gañas de agradar e sacar algo positivo contra un dos mellores equipos do campionato. Durante a primeira parte, as de Manolo Codeso foron quen de frear as acometidas das madrileñas e mesmo lograron porse por diante no marcador co gol de María Arias aos 14 minutos. Pouco durou a ledicia, xa que nada máis sacar de medio, o Futsi lograba empatar a contenda. Na medianía da segunda metade, as actuais campioas adintábanse con gol de Beíta. Catro minutos máis tarde un lanzamento de Iria deixábao pasar entre as pernas Sonia para colarse na portaría visitante. 1-1 e parecía que as franxiverdes podería sacar algo positivo na visita das roxibrancas. Pero a falta de pouco máis dun minuto para que rematara o encontro, Fabi rouba un balón na defensa contraria, e ela mesma marca o que suporía o 2-3 definitivo. Derrota das ourensás que merecían algo máis de sorte neste partido, e como contra o Ciudad de Alcorcón sobráronlle os últimos minutos; se ben é certo que contra o Alcorcón non estiveron preto de lograr un resultado positivo. Na sétima xornada, ao

Cidade tocoulle descansar ao ser unha liga cun número impar de equipos.

máximas goleadoras do campionato con oito goles cada unha delas.

Vindeira xornada Para a xornada oito, as de Codeso reciben ao Orvina. O encontro será o sábado a partir das 17 horas na central dos Remedios. O Orvina marcha na cuarta posición con 14 puntos. As navarras están a colleitar un gran inicio de liga na que só perderon dous dos sete primeiros encontros. A ourensá Andrea e Ana están a ser o referente ofensivo do equipo pamplonica; ambas as dúas son as segundas

Clasificación O Cidade As Burgas é undécimo con catro puntos (os mesmos que os todopoderosos Móstoles e Ponte Ourense). Teñen a catro o descenso e a cinco a última posición que dá dereito a participa na próxima edición da Copa. Co obxectivo de manterse, o Cidade sempre quere buscar cotas máis altas, e como está este ano a liga é posible aspirar a loitar por un posto na Copa.

María Arias tenta rematar de costas á portaria./RAMSÉS

“Vou dar o mellor de min” 4 Zaida Varela debuta este ano no equipo sénior do Cidade As Burgas. S.N.

Leva dende os 4 anos pegada a un balón de fútbol, é de Vigo e despois de tres anos formándose na canteira do Cidade As Burgas debuta agora na División de Honra. É Zaida Varela e ten tan só 15 anos. Si, señores, 15 anos máis que ben aproveitados dentro do fútbol sala feminino. Ao vela na Selección Infantil Galega Manolo Codeso non dubidou en darlle unha oportunidade para que defendera a camiseta franxiverde. Porque todos os nervios que confesou sentir ante a que foi a súa primeira entrevista (do milleiro que lle farán no futuro), Zaida pérdeos ao pisar o parqué. Polo que queden co seu nome, xa que esta rapaza, que a día de hoxe é un exemplo a seguir polos mozos da súa idade, será en pouco tempo un referente do fútbol sala. Que se sente ao xogar en División de Honra de FSF con só 15 anos? Zaida Varela: “A verdade é que estou moi contenta pola oportunidade que me deu Manolo Codeso”. Cal foi a túa traxectoria deportiva ata chegar

ao Cidade? Z.V.: “Estaba no Chapela xogando a fútbol-11 e os do Olivo fixáronse en min, polo que pasei a xogar a fútbol sala feminino. A continuación fun á Selección Infantil Galega, onde coincidín con Codeso e Pascual, quen nos propuxeron a María Arias, Antía Piñeiro e a min vir xogar ao Cidade, e aínda que ao principio as tres o tomamos un pouco a broma, ao final acá estamos”. Como combinas estudos e deporte? Z.V.: “Eu combínoos ben, pensei que ía ter menos horas para estudar, pero teño bastante tempo libre. É cuestión de organizarse”. Cal é a túa xogadora de referencia? Z.V.: “Como xogador favorito tiña a Andrés Iniesta, pero fai dúas semanas xogamos contra o Atlético de Madrid e Anita Luján impresionoume”. Como ves ao Cidade esta tempada? Z.V.: “Véxoo mellor preparado que o ano pasado. Non só estamos capacitadas para manternos na categoría, senón que deberíamos lograr entrar na Copa da Raíña. Aínda que deixamos escapar puntos que non de-

beríamos ter perdido, estou segura de que estamos a tempo de lograr rematar entre os seis primeiros”. Cal é o teu obxectivo para este primeiro ano? Z.V.: “Achegarlle todo o que poida ao equipo e poder xogar máis minutos. Pero non me podo queixar do tempo que xoguei ata agora tendo en conta a miña idade, de feito no último encontro xoguei 12 ou 15 minutos. Estou moi orgullosa da oportunidade que me deu Manolo e por iso vou dar o mellor de min”. Cal é a túa meta, en termos xerais, dentro do fútbol sala feminino? Z.V.: “Seguir combinando os meus estudos co fútbol porque é unha cousa que me apaixoa e quero aspirar a máis dentro deste deporte. De momento busco seguir en División de Honra con este equipo”. E cal é a túa meta no ámbito académico? Z.V.: “Quero estudar a carreira de INEF”. Que lle dirías a aquelas rapazas da túa idade que teñen algún soño deportivo? Z.V.: “Que sigan loitando por ese soño porque se se quere pódese conseguir”.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

FÚTBOL SALA

Rómpese a liga

4 Tras sete xornadas, a Primeira División de fútbol sala comeza a facer as primeiras cribas na clasificación. R. Torres Lévanse disputadas sete xornadas da Liga e xa comeza a vislumbrarse o que pode ocorrer ao longo da mesma. Nos dous primeiros postos, compartindo liderato están o Burela FSF e o Atlético de Madrid. Luguesas e madrileñas son colíderes con 19 puntos, sendo o Burela primeiro debido á diferenza de goles (o Burela ten +23 por +22 do Atlético de Madrid), o que dá mostras da igualdade destas dúas escadras. A renglón seguido na clasificación encóntrase un grupo de catro equipos, separados por dous puntos; lidera este grupo perseguidor das de cabeza o Gironella (15 puntos), Orvina e Ciudad de Alcorcón (14 puntos) e Valladolid (13

puntos), todos a máis dunha vitoria das de enriba. O terceiro grupo está encabezado por Soto del Real e Logroño con nove puntos, e o Universidad de Alicante e Roldán con oito puntos; este grupo abrangue os postos do sétimo ao décimo. No cuarto grupo están os representantes ourensáns (Ponte Ourense e Cidade As Burgas) xunto co Móstoles. Os tres equipos comparten os mesmo puntos, catro. E pechan a clasificación, descolgadas sen un só punto no seu casilleiro, o Viaxes Amarelle e o Centelles. Estes dous equipos ocupan os dous postos de descenso. Mala tempada Quen está a sufrir unha tempada nefasta é, sen dúbida algunha, o Ponte Ourense. Chamado a estar

4 Xornada 8 - 3 de novembro Viaxes Amarelles - La Rioja Móstoles - Soto del Real U. de Alacante - Burela Valladolid - Ponte Ourense Femeni Centelles - Gironella Cidade As Burgas - Lacturale Orvina Ciudad de Alcorcón - Descansa Roldán - Futsi Navalcarnero

4 Xornada 9 - 10 de novembro Viaxes Amarelles - Móstoles Soto del Real- U. de Alacante Burela - Valladolid Ponte Ourense - Femeni Centelles Gironella - Cidade As Burgas Lacturale Orvina- Ciudad de Alcorcón Descansa - Roldán La Rioja - Futsi Navalcarnero

pelexando nos postos de enriba, o certo é que nas sete primeiras xornadas ocupan a décimo segunda posición con tan só catro puntos. A catro do descenso e o que é máis preocupante, a 15 da primeira posición. Moitas son as razóns desta mala situación na táboa clasificatoria. Por unha banda está que este ano a liga é moito máis competitiva, tamén as baixas de Ampi, Eva Tamayo e Bea Seijas notáronse en exceso; amáis a isto hai que engadir que Marta Figueiredo ten para dous meses da súa lesión de peroné. A pesar de todo isto, o equipo adestrado por Óscar Vivián tería que rendir máis do que indica a súa posición. Nas súas filas conta con xogadoras de experiencia como son os casos de Sara Moreno, Laura Fernández e Rosángela

(as tres internacionais coa selección española). A este trío hai que engadir ás brasileiras Drica e Raquel Souza (esta, repescada fai dúas xornadas), e a novas xogadoras como Anita, Chiqui ou Loli. Con todo isto é máis que probable que o problema resida (ademais do xa citado anteriormente) nunha forma física que dista moito da que terían que ter, e nun problema de mentalidade. O problema da forma física fíxose notorio sobre todo no encontro contra o Burela ou mesmo co Alicante; alacantinas e mariñás foron moi superiores ás ourensás (na segunda parte contra o Burela foron totalmente desarboladas en cada unha das accións). En canto ao segundo problema, o mental, chegados a esta situación, as ansias por acadar unha vitoria convértense nun factor negativo que está a afectar en exceso ás xogadoras, que en canto non saen as cousas baixan os brazos de forma alarmante. Con todo e con iso, o Ponte ten pulo para remontar o voo; lonxe e difícil queda loitar polo título (15

Vanessa centrando un balón./RAMSÉS puntos é unha distancia case insalvable a pesar de que restan 62 por disputar), vendo como están o Burela e o Atlético de Madrid, pero de seguro que loitarán por estar o máis alto posible e serán un dos equipos que se meta na Copa, competición na que darán guerra.

van do dous ao tres do segundo período). Pero foi un espellísmo; dous minutos máis tarde as visitantes colocaban o 2-3 no marcador, para pór terra de por medio no 27 de encontro. Redondearían a goleada a falta de oito minutos para o final do partido.

Alicante Contra o Universidad de Alicante o Ponte Ourense tivo que remontar un 2-0 adverso. Rosángela e Vanessa devolvían as táboas en dous minutos (os que

Vindeira cita O Ponte visita a cancha do Valladolid a vindeira xornada. As pucelanas ocupan a sexta posición con 13 puntos. Unha oportunidade de comezar a sumar e achegarse a postos máis altos na táboa. A vindeira xornada que se disputa nos Remedios será a número nove (10 de novembro) e enfrontaraas ao Centelles, último clasificado.

Primeira División FSF 7ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º Burela 19 2º At. Madrid 19 3º Gironella 15 4º Orvina 14 5º Alcorcón 14 6º Valladolid 13 7º Soto del Real 9 8º Logroño 9 9º U. de Alacante 8 10º Roldán 8 11º Cidade As Burgas 4 12º Ponte Ourense 4 13º Móstoles 4 14º Centelles 0 15º Amarelle 0

O Ponte Ourense con catro puntos ocupa o posto décimo segundo, a 15 da primeira posición

Rosángela ante unha xogada do Alicante./I.OSORIO

As ourensás visitan Valladolid na xornada número oito


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

ENTREVISTA

“Teño que pensar se estou disp peaxe que implica ir a Bra

4 Logo de facer historia en Londres 2012, o medallista olímpico galego David Cal aínda non decid Ramsés Torres David Cal, campión olímpico en Atenas 2004 en C1 1.000 metros e catro veces medalla de prata: Atenas ´04 -C1 500m.-, Pequín ´08 -C1 500m. e C1 1.000m-, Londres ´12 -C1 1.000m.-. Familiar e próximo. Así se mostrou o palista David Cal -o deportista español que máis medallas olímpicas ten da historia dos Xogos Olímpicos- na entrevista concedida a este periódico. No xantar previo, Cal chegou acompañado da súa parella e de familiares e amigos desta. Durante as máis de catro horas que compartimos con el en ningún momento se lle viu co móbil, Ipad, Iphone

ou outro aparello que se lle asemelle. Sempre atento falaba das súas vivencias nos máis de 15 anos que leva ligado á piragua. Esta é a entrevista que a lenda viva do deporte -e do olimpismo- español lle concedeu a Barrios Deportivo. Que se sente ao ser o español máis laureado dos xogos olímpicos? David Cal: “É unha sensación moi bonita porque levo catro anos preparándome para iso. Ao saber que empatara con outros dous españois a 4 medallas olímpicas, marcámonos como obxectivo conseguir unha quinta, polo que cando traballas e ao final se cumplen os obxectivos a verdade é que é moi gratificante”.

E notaches o recoñecemento que merece tanto esforzo? D.C.: “A verdade é que si. Cando máis me sorprendín foi ao chegar a Cangas, de onde eu son, porque estaba a reventar de xente, veciños, amigos e coñecidos da zona. É un pracer chegar dunha olimpiada, despois de conseguir uns resultados e que te reciban desa forma”. Que recordos tes da carreira de Londres 2012? D.C.: “Lembro que foi unha carreira moi rápida, que ía moi atrás e que ao final logrei tirar para adiante. Pero foi moi angustiosa. Ía, ía, ía…pero non daba enganchado ao grupo. Finalmente logrei avanzar, sobre todo foron decisivos os últi-

Xunto ao seu adestrador (peza chave da súa carreira), a súa parella (na imaxe), familia e amigos son para David Cal “vitais” para garantir o seu éxito deportivo./RAMSÉS

O 8 de agosto, na proba C1 1000 metros, David Cal fixo historia converténdose no primeiro español que lograba cinco medallas olímpicas.

“Da carreira de Londres lembro que foi moi rápida, pero angustiosa. Ía, ía, ía... pero non alcanzaba ao grupo” mos 200 metros” Cal foi a medalla que máis ilusión che fixo conseguir? D.C.: “A primeira é a que máis ilusión che fai. Cando non tes unha medalla olímpica e levas tanto tempo buscándoa, porque é o soño de calquera deportista, logralo é o que mellor recordo che deixa, e máis no meu caso que foi un ouro”. E a máis amarga? D.C.: “Amargas hai moitas. Por exemplo, en 2007 cando quedei terceiro en 1.000 metros eu pensaba que estaba en condicións de gañar, pero ese día houbo vento en contra que me dificultou a carreira. Na xornada seguinte, aínda que estaba mellor preparado para a proba de 1.000 que para a de 500 metros, nesta última

como o vento cambiou logrei proclamarme campión do mundo. Non sempre os cálculos saen ben”. Comparando Atenas con Londres, tratouse dun cambio de estratexia o de ir de menos a máis? D.C.: “En Atenas tiña 21 anos, non tiña tanta experiencia, non tiña medallas olímpicas e buscaba asegurar unha. Por iso o que fixen foi sair rápido, irme adiante para ir estirando o grupo de carreira e ir seleccionando á xente, e ao final funme só e asegurei a medalla. Pola contra, nestes xogos olímpicos saín ao ritmo que considerei que debía levar. Todo o mundo saiu moi rápido, pero eu reserveime, e ao final remontei e quedei segundo”. Fáltache un ouro euro-

peo, débese aos rivais ou á estratexia? D.C.: “O certo é que os europeos sempre teñen lugar como un mes e medio antes dos grandes obxectivos –os mundiais e as olimpiadas- e o que facemos é optar por prepar mellor esas citas importantes, descartando acadar un pico de forma para o europeo. Por ese detalle sempre son campión olímpico ou do mundo, pero nunca de Europa”. Como é a preparación para unha cita olímpica? D.C.: “Nós preparamos unha cita olímpica durante un ciclo de catro anos. O primeiro deles é o máis suave, despois de vir dos xogos anteriores procuramos descansar e recuperarnos todo o que poidamos. O segundo ano consta de moito volu-


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

ENTREVISTA

posto a pagar a asil 2016”

diu sobre a súa participación nos vindeiro xogos. men de adestramento, para recuperar o perdido o ano anterior. No terceiro, adestramos menos en volume pero moito máis en intensidade, co fin de clasificarse para os xogos. E o cuarto ano do ciclo é no que hai que exprimir todo porque é no que toca competir”. Que opinión che merece que de moitos deportes só se fale cando se celebran xogos olímpicos? D.C.: “A verdade é que molesta, pero xa o tes asumido. Deportes como o fútbol acaparan toda a atención mediática e outros minoritarios, como o meu, só se dan a coñecer cada catro anos. Ademais, hai moita xente que me ten comentado que durante os xogos se tiran no sofá e ven cantos deportes hai, polo que é unha pena que o resto do tempo non se retransmitan estas disciplinas porque habería moita xente que as seguiría”. Tiveches posibilidades de competir no C1 200? D.C.: “No campionato do mundo de 2009 déronnos a noticia de que quitaban a proba de 500 metros do programa olímpico e que metían a de 200, polo que comezamos a preparala. Pero saiu

un rapaz de Mallorca, Sete Benavides, contra o cal disputei varios controis selectivos, el gañounos e démonos conta de que a praza era para el na proba de 200 metros e para min na de 1.000”. Cal ten sido para ti o rival máis duro? D.C.: “O alemán Andreas Dittmer, quen no 2004 cando eu gañei o ouro e a prata, el gañou a prata e o ouro. E de feito, ata Atenas este alemán levaba sete anos sen perder unha proba de 1.000 metros e nesa ocasión ganeille eu, pero ata o momento xa se fixera con todos os títulos posibles nesta modalidade”. No teu palmarés figuran dous anos (2009 e 2010) sen medallas, a que se debe? D.C.: “En 2009 foi ano post-olímpico no que fixemos un ano sábatico, como este, e empezamos a adestrar máis tarde, por iso fun ao mundial sen telo preparado ao 100% e quedei sétimo e noveno; o que nos pareceu un bo resultado para o que adestrara. En 2010, xa me preparara moito máis e rematei cuarto, a só unhas décimas da medalla, a cal a conseguiu precisamente o alemán Dittmer. Pero son cousas que pasan, non se

Coller a canoa dun xeito determinado, limpala cun paño rosa ou que o seu adestrador use os mesmos calzóns e zapatillas son algúns dos rituais de David Cal ante unha competición

pode gañar sempre”. Motívate a cita de Brasil 2016? D.C.: “Aínda teño que valorar se me motiva ou non. Cando non tes unha medalla olímpica a motivación para acudir a unha cita olímpica é moi sinxela de conseguir, porque todo deportista quere unha, por iso non custa pagar a peaxe correspondente durante os catro anos anteriores para lograla. No meu caso, cando me fixen con esta quinta medalla estaba motivado por ser o único español con cinco preseas olímpicas, pero xa coa sexta parece puro coleccionismo, polo que teño que valorar se desexo pagar esa peaxe ou non”. Que rituais tes nas competicións? D.C.: “Nas competicións temos certos rituais entre o meu adestrador e máis eu para quitarle presión ás probas. Collemos a canoa entre os dous, eu levo a miña pa, el vai diante e eu detrás, e xusto antes de comezar a competición tócame a cabeza e dime “ven pronto”. O que si que non me gusta é que me toquen o material porque calquera tontería pode ser decisiva, por exemplo, se alguén que botou unha crema de mans toca a miña pa cando eu a use pode esvararme. Polo tanto é mellor que o teu material só o trates ti.

“Suso é o outro lado de min que non se coñece. Non imaxino a miña vida deportiva sen el” Ademais, temos amuletos, como unhas pulseiras que nos compramos en Atenas, gardámolas e sacámolas para os xogos, e de momento vainos ben. Así mesmo, o meu adestrador usou os días de competición de Atenas, Pekin e Londres os mesmos calzóns e os mesmos tenis, sácaos cada catro anos. Tamén temos unha toalla rosa cun coello que é a que lle dá a última pasada á canoa. Son rituais estúpidos, pero axudan a quitar presión”. Cantas padexadas podes dar nunha proba de 1.000 metros? D.C.: “Na proba de Londres dei como unhas 6465 padexadas por minuto durante a maior parte do tempo, pero nos últimos metros subín ata as 75 por minuto”. E canto avanzas en cada padexada? D.C.: “Máis ou menos, dou cinco pa-

dexadas cada 25 metros”. A madurez do piragüista en que idade está? D.C.: “Depende moito do piragüista, de cómo adestre. Eu en teoría podería aguantar bastante porque nos tomamos o ciclo olímpico de xeito repartido, polo tanto se vas gastando menos consegues que a túa carreira deportiva se alongue. Pero o habitual é que un piragüista de 1.000 metros acade a madurez deportiva ao redor dos 30 ou 32 anos”. Que supón Suso (o seu adestrador) para David Cal? D.C.: “É o outro lado de min que non se coñece. É a persoa coa que levo 15 anos adestrando, levamos tanto tempo xuntos que non me imaxino a miña vida deportiva sen el. É o 49% e eu son o outro 49% deste equipo, o outro 2% son o médico, o fisioterapeuta, a familia e os amig o s ,

que son vitais”.


10

BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

Encinas, Mera e Colmenares, vencedores do Campionato Galego de Aire Comprimido

Prada, campión de aeromodelismo

4O tirador ourensán Jorge Encinas bate con 676 puntos a marca galega de carabina con final.

Redacción

4 No Nacional de F3C – Helicópteros de Radiocontrol.

Paula Lodeiro Preto de 80 tiradores participaron o domingo 28 de outubro no Campionato Galego de Aire Comprimido disputado no Club de Tiro Eiroás. Unha proba que se saldou con vitorias para os ourensáns Jorge Encinas e Nuria Mera nas modalidades de carabina sénior e pistola damas, e para o lugués Miguel Colmenares en pistola sénior. Os tres finalizaron como vencedores nas súas respectivas quendas e categorías, revalidando na tirada final a 10 tiros esta posición. Novo récord galego Para Encinas, ademais, supuxo unha nova marca galega na modalidade de carabina con final, fixado agora en 676 puntos (a suma dos 576 puntos realizados na competición e os 100 da final). A anterior marca, de 671,9 puntos, e que databa de 1995, tamén estaba en posesión deste tirador ourensán. Pola súa banda, Nuria

Os ourensáns David Prada Martínez, piloto na categoría B, co seu helper, Ángel Mon Iglesias, participaron os días 12, 13 e 14 de outubro no Campionato de España Absoluto de F3C e o Open Nacional F3N, de acrobacia con helicópteros de radiocontrol, celebrado no aeródromo

de Requena, Valencia. Os dous participantes do Club Aeromodelismo Ourense proclamáronse campións de España F3C “B” 2012. Esta vitoria permítelles, o ano que vén, participar na categoría A deste campionato, podendo optar a lograr unha participación tanto en campionatos europeos como mundiais.

Momento da final conxunta entre as modalidades de carabina e pistola. /P.LODEIRO. Mera sumou 367 puntos na competición e 87,6 na final (facendo un total de 454,6 puntos), mentres que Miguel Colmenares fixo 562 puntos en competición e 94 durante a final (656 en total). A galería de 10 metros de Eiroás acolleu o Campionato, que se desenvolveu en tres quendas durante a xornada do domingo, ás 10, 12 e 14 horas. Competiron un total de 78 deportistas dos

84 que estaban inscritos; 2 en pistola damas júnior e un en pistola júnior, 7 en carabina aire sénior e 2 en carabina aire damas, 41 en pistola sénior e 8 en pistola damas, 13 en pistola veteranos e 2 en pistola damas veteranas. Destacar a participación do tirador paralímpico pontevedrés Juan Saavedra, prata nos pasados Xogos de Londres en carabina tendido, aínda que nesta ocasión disputou a proba

de pistola. Á entrega de medallas asistiron o presidente e vicepresidente da Federación Galega de Tiro Olímpico, así como a directiva do club Eiroás.

No campionato participou o medallista paralímpico galego Juan Saavedra

4 Clasificacións

Os tiradores Juan Saavedra e Miguel Colmenares recibiron unhas pracas conmemorativas da Federación Galega de Tiro polos seus éxitos: Saavedra pola súa medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 e Colmenares por gañar o Campionato Mundial por equipos de armas históricas. /P.LODEIRO.

Tirador Puntos Pistola damas NURIA MERA CARRIÓN 367 BEATRIZ PEREIRA LAMA 349 MARGARITA GARCIA 341 CORAL PEREZ FERNANDEZ 331 JESSICA RAPOSO 333 NATALIA TORRES INSUA 325 Pistola sénior MIGUEL COLMENARES 562 JULIO RIVAS IGLESIAS 559 GERVASIO MURADO 553 JOSE LUIS FERNÁNDEZ 553 ANDRES GONZALEZ LOPEZ 550 JORGE SANCHEZ ALVAREZ 550 JUAN CARLOS FERREÑO 557 CARLOS IGLESIAS PÉREZ 550 Carabina sénior JORGE ENCINAS ARNAU 576 JESUS MARTIN CALVO 567 ANTONIO JOSE CASAL REY 564 TEODORO ALVAREZ 551 FRANCISCO JAVIER VILAS 550 JESUS A. GARCIA PARADA 549 LUIS IGLESIAS PASCUAL 543

Final

Total

87,6 95,0 88,7 84,4 76,7 71,9

454,6 444,0 429,7 415,4 409,7 396,9

94,0 96,2 97,4 93,2 94,1 93,5 82,6 89,3

656,0 655,2 650,4 646,2 644,1 643,5 639,6 639,3

100,0 98,5 96,7 96,4 95,7 90,8 96,2

676,0 665,5 660,7 647,4 645,7 639,8 639,2

Prada con dous helicópteros de radiocontrol.

John Walsh vence no Open Internacional de Galicia de Pitch & Putt 4 O irlandés é o mellor xogador do mundo. Redacción O irlandés John Walsh o mellor xogador do mundo- proclamouse vencedor do Open Internacional de Galicia de Pitch & Putt, disputado no Pazo da Touza (San Amaro). O galego Jorge Rodríguez Sarmiento rematou nunha meritoria terceira posición. O número 1 do mundo, John Walsh, comezou impresionando aos seus rivais rematando a primeira volta cun impresionanto -9, seguido de Jorge Sarmiento con -8 e Juan Carlos Surribas e do irlandés Liam o`Donovan con -6. A segunda tarxeta confirmou a Walsh como favorito e en segunda posición ao seu compatriota Liam O`Donovan; Kearon Earls marchaba terceiro. Na última xornada co primeiro e segundo posto decidido a expectación centrábase en saber quen era o terceiro clasificado.

John Walsh co título de campión do Open. Sarmiento, Earls, Lloret, Farrelly e Espiritú Santo loitaron ata o último foxo, facéndose co terceiro posto o ourensán Sarmiento. Rematou Birdie ao 17 e “foxo en un” ao 18. Entre as mulleres, Herma Kleinlugtembeld foi a vencedora por diante de Mati Lopez.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

Tocamitas vence no torneo lóstrego de fútbol-8 de Amencer Redacción

As benxamíns pavillonistas, campioas de base 4 Ademais, os conxuntos júnior proclamáronse líderes da súa categoría na primeira fase do autonómico de conxuntos federado. Redacción O domingo 14 de outubro no Pavillón dos Remedios e en xornada de mañá, tiveron lugar tres citas autonómicas de ximnasia rítmica: o campionato de conxuntos de base, o campionato individual masculino e a primeira fase do autonómico de conxuntos federado. Todos eles son clasificatorios para os respectivos nacionais que terán lugar entre os vindeiros meses de novembro e decembro en Zaragoza (nacional de conxuntos base e individual masculino) e Castellón (conxuntos federado). No campionato de conxuntos de base, o Ximnasia Pavillón presentaba tan só ao seu conxunto benxamín, pero o resultado non puido

ser mellor, xa que se fixo coa medalla de ouro nesta categoría. Pola súa banda, o Club Acordes foi o número un dos prebenxamíns, o Treboada dos alevíns, a Escola Ximnasia Acordes logrou a primeira praza entre os infantís e o Club Arousa entre os cadetes. Individual masculino e autonómico de conxuntos No campionato individual masculino, Rodrigo Vázquez (do Club Arousa) subiu ao alto do podio, acompañado na segunda posición por Bruno Saavedra (do Club Acordes). En canto á primeira fase do galego federado de conxuntos, no que o Club Ximnasia Pavillón volveu ser, por segundo ano consecutivo, o club que máis

conxuntos presentou, os resultados foron máis que satisfactorios para o club ourensán, ao conseguir colocar aos seus equipos en primero lugar da categoría júnior, no segundo posto da alevín e sénior, e de terceiro entre os infantís. Deste xeito, dada a escasa diferenza nas puntuacións, a clasificación queda moi aberta cara á segunda fase, que terá lugar en Ferrol o vindeiro 4 de novembro e terá un valor do 70% da nota total.

A 2ª fase do autonómico de conxuntos federado será en Ferrol o 4 de novembro

A Asociación Xuvenil Amencer organizou a pasada ponte do Pilar un campionato lóstrego (dun só día) de futbol-8 no campo de herba do colexio salesiano, incluído dentro do programa “Portas abertas”, que está destinado a rapaces e mozos de toda a cidade. Este programa abrangue varios proxectos de tempo libre, entre eles o chamado “Deporte para todos”, que se desenvolve nas festas, pontes e períodos de vacacións escolares de todo o curso 2012/2013, co obxectivo de pasar un rato agradable por medio do deporte e sen ánimo competitivo. Torneo de fútbol-8 Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organizou o 12 de outubro (de 11.30 a 18.30 horas) o primeiro campionato lóstrego

de fútbol-8, composto por unha única categoría, con equipos de entre 8 e 15 xogadores. En total participaron 16 equipos (que sumaron un total de 163 rapaces), divididos en catro subgrupos de catro conxuntos cada un. De cada subgrupo pasaron á seguinte fase dous. Fixeron eliminatorias os primeiros dos subgrupos impares cos segundos dos subgrupos pares. De aí clasificáronse catro equipos, que volveron xogar primeiro con segundo e segundo con primeiro. Os vencedores disputaron a final ás 18 horas. Gañadores Tocamitas, Monte Pinar, Rumpel e Full foron os catro conxuntos semifinalistas. Logo de verse as caras dous a dous, a gran final foi disputada polos dous primeiros, dos cales Tocamitas logrou proclamarse como flamente vencedor.

Tocamitas e Monte Pinar foron os finalistas.

EN BREVE

4 Cita nacional de taekwondo O 27 de outubro celebrouse en Gandía o Campionato de España de técnica e o de combate nas categorías base, no que Diana Siota logrou a segunda posición no apartado de técnica en categoría benxamín feminino. Alzándose ademais como campioa de España por equipos como membro da selección galega. Pola súa banda, Lucía Dafonte rematou en terceira posición no campionato de categoría cadete; Dafonte repetía así o éxito acadado o pasado ano. Dafonte arrastra unha lesión nun pé, pero conta con estar recuperada para o Campionato galego júnior que se celebrará o 10 de novembro.

4 14º Randori Infantil de Clubs O 27 de outubro o Paco Paz acolleu o XIV Randori Infantil de Clubs, que congregou a oito conxuntos galegos que sumaban preto de 100 judokas (entre eles os ourensáns do Ximnasio Marbel e Judo Club Maristas). O Randori (que se basea na práctica libre do judo sen carácter competitivo) consistiu na rotación continua de emparellamentos entre equipos, de maneira que cada un presentou un judoka por categoría de peso, 10 en total por encontro, sen distinción de sexo.

Gran acollida da 1ª Copa Deputación de kung fu

Felipe Iglesias, subcampión do Open de Jiu Jitsu de Madrid

4 No ximnasio Artai da Ponte.

Redacción

Redacción

O jiujitsuka ourensán do Ximnasio Marbel, Felipe Iglesias, participou o 27 de outubro, no Torneo Internacional de Jiu Jitsu que se disputou na localidade madrileña de Villaviciosa de Odón. Iglesias accedeu á final da categoría de -62 quilos, tras derrotar no seu camiño aos madrileños Daniel Tejero e Alberto Martínez por ‘full-ippon’,

O club Artai coorganizou a primeira Copa Deputación de kung fu, disputada o pasado 20 de outubro no seu ximnasio da Ponte, con preto de cen competidores. Na sesión da mañá disputáronse as finais da modalidade de combate en categorías cadete, junior, sub21 e sénior. Pola tarde disputouse a modalidade de

‘shuaijiao’ (loita de agarres) para nenos de 4 e 16 anos, a cal non foi competitiva, soamente de exhibición. O organizador do evento, Aarón Blanco, amosouse satisfeito “pola afluencia masiva de competidores e pola gran calidade técnica dos combates”. O torneo serviu de preparación dos competidores de cara ás probas do resto da tempada.

Joaquin Pazos, gañador na categoría de -70 Kg sénior.

é dicir, logrando a máxima puntuación no tres partes da loita: de pé, proxectando e no chan. Na final atopouse coa súa particular besta negra, o madrileño e campión do Mundo Francisco Javier García, quen lle gañou nun combate moi disputado, co resultado de 9-11. O torneo serviulle ao jiujitsuka ourensán para a preparación do próximo campionato do Mundo da especialidade, a disputar en Austria a finais de novembro.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

ARTES MARCIAIS

As ausencias lastran ao Marbel na Liga Internacional de Judo

EN BREVE

4Copa Deputación

4 Logrou unha vitoria por 16 derrotas. Redacción Unha edición para olvidar para o equipo ourensán que non puido contar con parte da súa plantilla durante todas as xornadas, o que mermou considerablemente as súas posibilidades. O pasado sábado 20 de outubro, no pavillón municipal de Oira disputouse a terceira xornada dea décima edición da Liga Internacional de Clubes de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”. Os ourensáns chegaba á última xornada na penúltima posición e co equipo novamente mermado polas ausencias. Nesta xornada, o Marbel

disputou catro encontros contra o San Francisco Teo, Judo Club Coruña, Sanfer Asturias e Universidade de Oviedo. Os catro encontros remataron en derrota a pesar de que Iván Barreiros reforzou a última hora ao equipo nos pesos máis altos. O representante provincial rematou a competición como a comezou: para esquecer. Penúltimos -tres postos por debaixo do ano pasado- cun balance de 1 vitoria e 16 derrotas. As ausencias, as lesións e a escasez de rotacións foi unha tara imposible de superar para os integrantes do Marbel. O máis positivo

desta edición foi que tanto Felipe Iglesias coma Guillermo Otero rodáronse para futuras competicións. Semifinais A décima liga disputará a súa fase final o vindeiro 3 de novembro. As semifinais polo título son Famu Vigo Judo Club Coruña e Tuvasa Valladolid - Arteixo. A Liga Internacional de Judo é unha competición patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, que reúne aos mellores equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal convertíndoa nun referente na Península Ibérica.

13

Otero, á dereita, nun combate.

4 Mauro Prada, na Copa de España O judoka ourensán Mauro Prada participou na Copa de España de judo cadete, torneo internacional sub 16 que se disputou no polideportivo de Navia (Vigo). Prada, exento na primeira rolda, tocoulle en sorte en cuartos de final de -73 quilos ao sueco Christoffer Ahl, quen lle derrotou. O campión da súa categoría foi o alemán Jannik Wenzel.

Neste torneo participaron as promesas judokas de España, Portugal, Italia, Suecia e Alemania. O ourensán tamén foi invitado ao Campus Internacional ‘Cidade de Vigo’, no mesmo polideportivo. O adestramento foi organizado pola Federación galega que reuniu 180 judokas de varios países e 25 adestradores de alto nivel.

A “Copa Deputación de Taekwondo” celebrouse o 20 de outubre no pavillón da Carballeira. O ximnasio Couto rematou a competición con 17 ouros e 26 clasificados para a Copa Xunta, o Olimpia obtivo 13 ouros e 21 clasificados e o Taebek, cinco ouros e sete clasificados.

4Campionato galego de kárate O 27 de outubro Ferrol acolleu o Campionato Galego de Kárate nas categorías cadete, júnior e sub-21. Destacou a actuación dun ourensán, Roberto Pérez Villamudria, do Club Kárate Mizukami Ribadavia, que se fixo co terceiro posto da categoría júnior na modalidade kumite +75 kg.


14

BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

Xiana Conde, quinta Tenis de mesa Vitorias do en Asturias 4 Na primeira proba do Su- Galmédica Ourense perprestixio en Ibias. Redacción Unha nova tempada de Ciclocross comezou para o CC Maceda - Academia Postal-Actyon. A primeira proba do Superprestixio (antiga Copa de España) na localidade asturiana de Ibias saldouse coa quinta posición de Xiana Conde na categoría cadete. Raul Gonzalez, Ruben García e Sergio Movilla, que competían por primeira vez como júniors, remataban o 20º, 22º e 23º respectivamente. En cadetes, Román Saa,

que tamén se estreaba na categoría, era 19º. A pesar dos bos resultados, o equipo macedán chegou á cita coas ausencias de Marcos Villar e Saúl López. Tanto Villar como López non representarán ao equipo ourensán esta tempada, pero este serguirá nutríndose de novas promesas saídas da canteira da Escola JA Hermida. A vindeira cita será o 21 de outubro na localidade burgalesa de Medina de Pomar e Villarcayo.

4 O A ante o Avilés e o B contra o AD Ferretería Vincios. Redacción

Os dous conxuntos do Galmédica Ourense veñen de vencer na pasada xornada das súas respectivas ligas. O Galmédica A fíxose cunha traballada vitoria no seu desprazamento contra o Avilés TM por 3-4, na Segunda División Nacional. O encontro decidíuse no enfontamento de dobres. Antes, Lalo Pérez estivo a piques de darlle o triunfo aos ouren-

sáns, pero finalmente caeu por 3-2. Ramón Becerra

Partido do Galmédica B no Paco Paz.

Milleiros de persoas agardan o Día da Bici 4 Será o 4 de novembro. Redacción

Xiana Conde en plena competición.

Fíxose agardar, pero finalmente xa está aquí a 28ª edición do Día da Bici. Será este domingo, 4 de novembro, cando a partir das 12 horas os amantes das bicicletas terán a súa cita anual co deporte das dúas rodas. Unha vez ao ano, os coches deixan o protagonismo nas rúas ourensás á serpe multicor que se forma cos milleiros de

O P21 Padel Club, sede da 1ª Liga de Pádel de Ourense 4 Comezou o pasado 20 de outubro.

Redacción

O P21 Padel Club creou a primeira Liga de Pádel de Ourense, que se disputa desde o pasado 20 de outubro nas instalacións do propio club, no polígono dos Coiñás do Vinteún. A liga dispútase en categoría masculina, cun total de 44 equipos (132 participantes). Establecéronse tres categorías distribuidas en 1ª, 2ª, 3ª A e 3ª B. Cada equipo

contará con tres integrantes, os cales deberán xogar un mínimo de partidos durante a tempada (o 20% dos encontros) facendo a liga o máis competitiva posible. Fase regular Cada xornada celebrarase desde o sábado ás 10 da mañá até o venres seguinte ás 11 da noite, cun partido cada equipo en cada xornada. Os equipos que se enfronten entre sí deberán

porse dacordo para fixar a hora e o día da disputa do encontro. Haberá premios para os campións e subcampións, así como agasallos para todos os participantes. Ao remate da fase regular o último clasificado da Primeira División descenderá á Segunda e o primeiro desta ascenderá a Primeira. Os equipos clasificados en penúltima e antepenúltima posición de Primeira xogarán

acadou dous triunfos en sendos partidos. Na Primeira División Galega, o Galmédica B colleitou unha nova vitoria, importante de cara ao seu obxectivo de lograr a permanencia. O rival foi o equipo do Ferretería Vincios, equipo moi novo pero con gran futuro. Os ourensáns lograron a vitoria por 6-1.

afeccionados que acuden a esta cita. Unhas dúas horas onde familias enteiras gozan dunha xornada matutina de lecer sobre as súas bicicletas. Esta xornada non competitiva terá a súa saída e a chegada no mesmo punto: a Alameda do Concello. As inscricións están abertas ata o 3 de novembro e pódense realizar no C. C. Paseo La Región, en Ciclos Moure o no teléfono 988 248 964. contra os clasificados en segunda e terceira posición da Segunda División. Os gañadores dos devanditos partidos xogarán na Primeira División en futuras edicións e os perdedores xogarán a Segunda División. O mesmo pasará de Segunda a Terceira A e de Terceira A a Terceira B cos descensos e os ascensos.

Hai tres divisións en categoría masculina, 44 equipos, sendo un total de 132 participantes

EN BREVE

4 Rugbi

O equipo feminino do Campus Ourense enfrontouse ao CRAT. As coruñesas fixeron gala da súa condición de favoritas e aspirantes ao título vencendo por un contundente 126-0. As ourensáns acudiron con só 13 xogadoras o que facía máis complicado o encontro. Malia todo, saíron ao terreo de xogo con gañas de facer un bo papel. Nalgunha fase do xogo lograron achegarse á zona de ensaio sen éxito. Malia o abultado do resultado, as xogadoras remataron satisfeitas polo traballo realizado, e xa pensan no vindeiro encontro; en casa contra o Vigo.


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012

ARTIGOS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº65- Ano: IV - 31 de outubro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O BLOG DE SAUDETER Este é o mes co que se dá o pistoletazo de saída á tempada de inverno. Período onde a maior parte dos grandes depredadores se organizan descansando e dosificando todo o seu almacén de graxa facéndose mesmo inmóbiles por ter o suficiente exceso de graxa

ou ausencia de “caza”. Outros, con todo, aproveitan todo o inverno para prepararse só para unha “exitosa caza” de verán (vigorexia) ou os que máis, a gran maioría de hoxe en día, organízanse para non exhibir ningún exceso. Planifica e organiza a

súa dose de medicación (como no seu día nolo describía un gran amigo neste espazo Miguel Aragón), o exercicio. Segundo as posibilidades físicas, económicas e horarias. “Estar san é ter saúde. SAUDETER”. Así reza un dos nosos eslogans.

Cantidade de variedade de alternativas existen na nosa contorna como suxerimos na nosa web www. saudeter.com, que podemos escoller para organizar o inverno e pasar de ser ese gran depredador a ser “unha persoa”.

Maiores: parques biosaludables

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (VI) Capítulo 6. O diñeiro no deporte-espectáculo

Ademais das razóns de tipo psicolóxico (a apetencia de vencer ao prezo que sexa) e das ocasións en que a vitoria se busca por razóns de tipo político (o prestixio do país), a causa máis clara de irregularidades, excesos e fraudes que se cometen no deporte-espectáculo está relacionada co desexo de gañar o diñeiro que poida haber en xogo. O volume ou cantidade das divisas que move este deporte é inmenso. Á marxe do exposto até aquí (o diñeiro dos salarios dos profesionais e o que pagan os espectadores por entrar nun recinto deportivo), hai outras formas de explotación comercial do deporte. Unha delas son as apostas sobre os resultados das competicións. Adquiren diferentes nomes e variadas características segundo os países, pero o fondo sempre é o mesmo: co diñeiro de todos prémiase a uns poucos, quedando substanciosos beneficios para o organizador, que en moitos casos é o Estado. As apostas do fútbol denomínanse “quinielas” en España, “totocalcio” en Italia, “sportoto” en Suíza, e mobilizan grandiosas cantidades de diñeiro. Ademais podemos sumarlle as apostas hípicas. Apóstase tamén en boxeo, béisbol, rugbi, etc. Outra forma de comercializar o deporte consiste en utilizalo para a publi-

cidade. Tendo en conta da resonancia das manifestacións deportivas e da popularidade excepcional de determinadas probas e figuras, o deporte converteuse nun soporte ideal para a publicidade. Os anuncios enchen os recintos deportivos, figuran na indumentaria dalgúns deportistas e equipos, dispútanse os intervalos das retransmisións radiadas e televisadas, e as marcas poxan para conseguir que os ídolos acepten ser modelos para campañas. Unha terceira maneira de comercializar o deporte é a través do que se denominou deporte-empresa. O custo dos dereitos pagos pola televisión comercial para retransmitir encontros e así lucrarse coa publicidade suxeriu a idea de ordenar algunhas especialidades deportivas de atractivo popular como negocios de gran envergadura. Desta maneira, á marxe dos aspectos deportivos, o Tour de Francia non é outra cousa que é unha empresa que implica gastos millonarios por edición, pero que os cobre e supón mesmo beneficios estimables para os seus organizadores grazas á súa publicidade, aos dereitos de retransmisión, aos despachos de billetes colocados nas inmediacións dos finais de etapas e ao aumento que experimentan, pola súa causa, as tiradas de xornais deportivos de Francia. En Estados Unidos hai

Alameda de Verín.

Un espazo habitual nas infraestuturas municipais é un parque biosaludable, no cal se atopan unha serie de máquinas que facilitan a realización de exercicios específicos para determinados grupos musculares. É recomendable durante polo menos dous días á semana realizar exercicios de musculación, onde se

implique un traballo co corpo e unha carga. Pode ser un movemento normal e natural como a flexión dun brazo ou tamén o uso dunhas máquinas como as que se atopan nestas áreas. Consellos para a práctica nos parques biosaludables (nos que é moi importante a presenza dun profeisonal):

1- Preinscrición dos exercicios nas túas patoloxías. 2- Axudar na toma de decisión. 3- Controlar o esforzo e o traballo. 4- Controlar a unha persoa ou a un grupo de persoas. 5- Finalizar axeitadamente as actividades.

Adultos

Clase de aeróbic na mancomunidade de Monterrei.

É recomendable para todos os usuarios que practican unha actividade física comezar habituando ao noso corazón a esforzos, cun traballo físico xeral. Por iso, unha maneira axeitada de comezar podería ser un esforzo cardiovascular cunha modalidade de traballo aeróbico, para levar a cabo un estilo de vida activo.

Debes organizar o teu horario e realizar polo menos tres días de actividade aeróbica durante 60 minutos. O aerobic é unha modalidade que che axudará a descubrir novos movementos, levando a cabo de principio a final unha mobilidade corporal xeral e utilizar un acompañamento de música.

Nenos: acrossport

Exhibición de acrossport en Chaves (Portugal). equipos de béisbol que naceron co único fin de concentrar publicidade e transmisións, e, como tales, son un puro negocio. O mercantilismo encerra innumerables riscos para o deporte, pois, ademais do descrédito que pode deducirse das trampas e da degradación

do espírito deportivo nas especialidades explotadas como espectáculos, é moi susceptible de provocar falsas orientacións e perigosas ilusións, sobre todo cando se manifesta a nivel da prensa deportiva. A ninguén debe sorprenderlle, que nun mundo onde

As modalidades ximnásticas de forza, coordinación e flexibilidade son atractivas, axeitadas e cooperativas. Axilizan o traballo en equipo, o desenvolvemento motriz, a expresión corporal e o dominio de destrezas. Nun trio, o grupo compleméntase xunto coa variedade de figuras que se desenvolven en función do portor, un segundo portor

ou medio é de menor peso, polo que tamén pode que realice elementos acrobáticos de forma individual, e un ximnasta máis áxil de menor peso corporal e altura. O acompañamento musical e a serie de figuras acrobática e elementos en grupo e individuais fan a este deporte moi atractivo para as diferentes idades.

finalmente todo se mide en diñeiro, no que o desexo de lucro continúa sendo o motor das iniciativas económicas, o deporte non consiga escapar da tendencia dominante. Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

Unha forma de explotación comercial do deporte son as apostas sobre os resultados, onde se beneficia o organizador


BARRIOS DEPORTIVO 31 de outubro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.