20 Setembro 2012 - BD Nº63

Page 1

Campionato Militar de Percorridos de Tiro en Eiroás FÚTBOL

[páx. 10]

Páx.2

O Obradoiro faise coa Copa Galicia

Páx.3

Un CD Ourense con boa cara

Felipe Iglesias irá ao Mundial de jiu jitsu

Páx.9

Número: 63- Ano: IV - 21 de setembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 5 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

CD OURENSE

O Ourense xa ten presidente

4 Alejandro Estévez xunto coa súa xunta directiva foron ratificados na asamblea ordinaria. R. Torres Dous meses máis tarde o CD Ourense ten presidente. Despois de que o 19 de xullo Manuel Seoane dimitira como presidente da entidade ourensá, Alejandro Estévez e o seu grupo de traballo foron ratificados o 20 de setembro na asamblea do club. O presidente saínte mostrouse unha vez máis agradecido a todo o mundo no tempo que dirixiu a entidade; no turno de palabra, o novo rexedor mostraba a súa ilusión de “coller as riendas do Ourense”, pero á vez advertía das “dificultades que ten”. Claros co obxectivo dos 3.000 abonados, Estévez mostrouse disposto a “devolver a ilusión aos afecciónados”. Campaña de socios Con preto de 2.000 socios

Apeados da Copa 4 O CD Ourense remata a súa participación no campionato copeiro en Inca. R. Torres

O presidente do CD Ourense, Alejandro Estévez, xunto aos vicepresidentes, José Ramón Morgade e José Luis González, na asamblea do club. /RAMSÉS. a campaña de captación de abonados marcha segundo as previsións. Os socios que pagasen o seu aboamento pero que aínda non teñan o carné deberán pasar recollelo polas oficinas do

Pato non dá evitado o primeiro gol do Tenerife./R.T.

club ata o venres pola tarde ou se non nas taquillas do estadio o sábado de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 ou propio domingo en horario de 11:00 a 13:30 é de 15:30 a 17:00. As entradas para o partido contra o Coruxo poderán adquirirse nas taquillas do club o sábado de 11,00 a 13,30 é de 17,00 a 19,30 e o domingo en horario de 11:00 a 13:30 é de 15:30 a 17:00. Derrota e empate No partido contra o Tenerife os de Luisito tiveron moitos momentos no que o dominio era deles, pero os insulares estaban cómodos ante esta situación. Os tinerfeños golpearon primeiro e foronse ao descanso, cun 0-2 a favor. Na continuación, Luisito fixo variacións que lle levaron a recortar distancias co gol de Jona. Pero o Te-

nerife faría o un a tres. Xa no desconto, Claudio de penalti poría o 2-3 definitivo. Contra o Getafe B os ‘rojillos’ tivéronse que conformar cun empate sen goles a pesar de que foron claramente superiores ao conxunto madrileño. Con este empate, o equipo de Luisito non coñece a derrota lonxe do Couto no que vai de tempada. Coruxo Este domingo, ás 17 horas no estadio do Couto, o Ourense recibe ao Coruxo no único derbi galego da Segunda División B. Os visitantes chegan sextos con sete puntos, mentres que o Ourense marcha décimo con cinco.

O Ourense recibe ao Coruxo o domingo ás 17 h

Illa maldita. Así pode definirse a Mallorca -en concreto a localidade de Inca- para o CD Ourense despois de quedar apeado ante o Constancia en dous momentos da súa historia e con dous obxectivos do club. Fai dous anos o Ourense xogábase na illa o ascenso á Segunda B. Daquela o cadro ‘rojillo’ levaba unha renda favorable dun gol a cero, pero no partido de volta os baleares déronlle a volta ao marcador e un dous a cero apeou aos ourensáns do ansiado ascenso a división de bronce do fútbol español. Este ano o obxectivo era ben distinto. Co ascenso á 2ªB xa logrado, o importante deste encontro era superar a segunda rolda da Copa do Rei coa intención de ter a rivais de entidade no Couto para poder facer caixa, tan necesaria para o presuposto deste ano. Constancia - Ourense O partido comezou de cara para os ourensáns. Dominio de balón e sen perigo cara ao marco defendido por Pato. Con empate a cero chegouse ao descanso. Na segundo metade máis do mesmo, ata que aos dez minutos do segundo tempo, un centro de Adil encontra rematador na cabeza de Jona que coloca o 0-1 no

marcador. A ledicia duraríalle pouco ao Ourense, xa que uns minutos máis tarde penalizaría o colexiado unha man de Padrón con penalti; ademais Yebra sería expulsado polas reiteradas protestas. 1-1 e minutos por disputar cun xogador menos. As ocasións nas dúas portarías non fixeron que o electrónico se movera. Co empate ían á prórroga. No tempo extra o Ourense aínda tivo as súas ocasións e nuns minutos de ida e volta o Constancia tamén tivo as súas. Antes do pitido final, Padrón sería expulsado con vermella directa. O marcador xa non se movería e decidiríase a eliminatoría desde os 11 metros. Os lanzamentos de pena máxima tranformáronse en mágoa para o Ourense ao errar tres de catro. Pillado, Campillo e Iván González non lograron batir ao gardamallas local. Pola súa banda, Pato detivo un tiro, a todas luces insuficiente para os intereses ‘rojillos’” de cara a pasar á terceira ronda da Copa do Rei. O Constancia anotou tres penaltis por un do Ourense. Apeados en Inca, dous anos despois repítese a historia, Mallorca queda como illa maldita para o ourensanismo.

Constancia e CDO xogáronse todo a penaltis, que gañaron os locais


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

COB / BTT

A Copa Galicia de básquet marcha cara a Santiago 4 O Obradoiro venceu ao COB na final. R. Torres Ourense viviu dúas xornadas de baloncesto de calidade. Os días 14 e 15 deste mes o Paco Paz foi a sede da Copa Galicia de baloncesto, que enfrontaba a Obradoiro, Breogán, Coruña e COB. Na primeira das semifinais, Obradoiro e Breogán medían as súas forzas para coñecer ao primeiro finalista. 81-77 para os de Santiago foi o resultado final dun duelo que estivo moi emocionante ata os últimos

segundos, pero que a mellor calidade e maior número de sesións preparatorias desta pretempada decantou para o equipo de ACB. Na outra semifinal, o COB tentaba acceder á final da Copa ante o seu público dobregando ao Básquet Coruña. A vitoria, aínda que apurada, caeu do lado ourensán. 74-68 para os de Rafa Sanz e en menos de 24 horas esperaba o Obra. A vitoria estivo cimentada na boa defensa local e no acerto anotador de Nick Barbour (16), Rai

Un xogador do Breogán encara a canastra do Obradoiro na semifinal da Copa Galicia./RAMSÉS.

Feijoo e González vencen no Mini BTT de Vigo

4 Os corredores da Escola JA Hermida está a facer unha gran tempada. Redacción

Movilla é tapoado por un xogador do Coruña./RAMSÉS López (13) e Javier Múgica (11). A final comezou cun parcial de 0-8 para os santiagueses que souberon contrarrestar os ourensáns. Pero o bo xogo do COB durou ata que duraron as forzas, é dicir, ata o descanso. No terceiro cuarto o conxunto da capital galega distanciouse no marcador e os locais non puideron lograr unha remontada, que a estas alturas de pretempada resultaría extraordinaria. Ao final 67-86 foi o resultado e a Copa marchaba por terceiro ano consecutivo a terras do Apóstolo. Malia a derrota comezouse a ver unha lixeira melloría, sobre todo na primeira metade, no xogo do equipo. COB - Melilla Tres días máis tarde da final, o Club Ourense Ba-

loncesto xogaba un novo amigable. O rival era un Melilla que está chamado a ser un dos favoritos de cara o ascenso a ACB ao final de tempada. Pronto veríase a un equipo, o norteafricano, lento e canso (xogara o día anterior contra o Breogán), polo que pouco a pouco, os homes de Rafa Sanz distanciábanse no marcador. 88 a 64 foi o resultado e o COB mostrou síntomas de melloría, sendo os minutos de agotamento físico menores que nos encontros anteriores. No último cuarto o Melilla apelou á casta pero os xogadores ourensáns mantivéronos a raia. Agora o COB xoga contra o Breogán o vindeiro sábado 22 de setembro no polideportivo de Verín, a partir das 20.30 horas.

Este domingo celebrouse no Parque de Castrelos, Vigo, con máis de 150 participantes, o II Mini BTT Concello de Vigo. Cabe destacar a actuación do corredor infantil da Escola JA Hermida, Iván Feijoo, que vencía con autoridade na categoria raíña, sumando unha vitoria máis nesta exitosa tempada. Tamén Aida

González lograba unha nova vitoria na categoria de principiantes féminas. Breogán Diz, subía o podio tamén en pPrincipiantes. Dos restantes corredores macedáns que acudían a cita, destacou Aarón López e Manuel Souto, oitavo e décimo respectivamente en infantis. A vindeira cita terá lugar a próxima fin de semana en Mos, penúltima cita dunha tempada de Mini BTT que esta a piques de rematar.

Iván Feijoo na proba de Mini BTT de Vigo.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

Terceira División

Ao Barbadás atragántaselle o campo dos Carrís Redacción A UD Barbadás, equipo recén ascendido á Terceira División de fútbol atragántaselle o campo dos Carrís. Nas catro primeiras xornadas de liga, o conxunto dirixido por Jorge Regal non foi quen de acadar nin un só punto diante da súa afección. Na ultima xornada, o verdugo do equipo con sede na Valenzá foi o Alondras. Nos primeiros minutos de encontro os locais quedaban cun xogador menos ao ser expulsado o seu gardamallas, Berto. Uns minutos antes, os visitantes xa marcaran o 0-1. No ecuador da primeira metade, Martín facía o empate co que se chegaría ao descanso. No primeiro minuto da renudación, o Alondras voltaría a porse en franquicia. A partir de aí, o dominio era do cadro cangués pero con algunhas ocasións por parte dos azuis. Xa nas postrimerías do encontro o Alondras faría o definitivo 1-3. O domingo 23 Barbadás

FÚTBOL SALA

Comezo con derrota do Cidade As Burgas

4 O cadro franxiverde perdeu contra o Valladolid na primeira xornada de liga. R. Torres

Choque intenso. /RAMSÉS visita o difícil campo do Cerceda. O equipo coruñés non comezou ben a tempada; en postos de descenso, son décimo oitavos con catro puntos, os mesmos que o Barbadás que é décimo cuarto. Autonómica Sur No grupo Sur da Preferente Autonómica, o Barco é o líder en solitario con 12 puntos en catro encontros disputados. O Verín ocupa a decimoterceira posición con cinco puntos. Pola súa banda, o Ponte Ourense é o pechacancelas da competición cun só punto no seu casilleiro.

O Cidade As Burgas comezou a súa andadura na Primeira División 20122013 do fútbol sala ante o Valladolid. As pucelanas, cun equipo moi distinto ao da pasada campaña, foron quen de dobregar ás ourensás por cero goles a dous. Rosana na medianía da primeira metade bateu a Ana logo de aproveitar unha boa condución de Leti pola ala dereita quen en parede, cedíalle a Rosana para superar ao segundo pau a cancerbeira local. Lonxe de virse abaixo, as xogadoras de Manolo Codeso seguiron coa súa presión en toda a cancha, afogando os ataques das castelán-leonesas. Antes do descanso varias ocasións das locais non lograron materializarse, co que se marchou ao descanso co resultado de 0-1. Na segunda metade, o

O Cidade sumou a súa primeira derrota en liga. /RAMSÉS Valladolid comezou a ter máis posesión do balón ante o baixón físico das xogadoras do Cidade. Así, aos 12 minutos do segundo acto, Fátima Cervera en semi erro facía o 0-2 á saída dun córner; a xogadora deulle mal ao balón e este colouse de volea na portaría defendida por Ana. A partir dese momento, Codeso optaba polo xogo de cinco deixan-

do para os minutos finais un encontro moi aberto con ocasións nas dúas áreas, pero sen incidencias no electrónico. O Cidade perde os seus primeiros puntos nesta liga pola falta de acerto no marco rival. A pesar da derrota, as sensacións neste primeiro encontro de liga foron moi boas, con xogadoras asentadas na categoría, como

é caso de Iria, Sonia e Peque, e doutras que comezan a despuntar. A nova máis salientable deste primeiro encontro ligeiro foi o debut de Zaida. A xogadora mostrouse algo nerviosa cando saíu ao campo, pero pouco a pouco despoxouse desa presión e deixou momentos de moi boa calidade, que de seguro terán continuidade en próximos encontros.

Cómodas vitorias de Cidade 4 Na segunda xornada da Copa Galicia. R.T.

Nati e Raquel tentando roubarlle o balón a unha xogadora do Fervenza./RAMSÉS

O Cidade As Burgas e o Ponte Ourense vencen na segunda xornada da Copa Galicia de fútbol sala feminino. O Cidade recibía ao Fervenza no segundo

partido para as de Manolo Codeso na fase de grupos da Copa. As ourensás mostraron desde o principio a superioridade ante un equipo que non foi quen de pór en perigo a vitoria das franxiverdes. 11-0 foi o resul-

tado final e as ourensás están clasificadas para a fase final, a falta dun partido para rematar a fase de grupos. Os goles correron a cargo de: María Arias (1-0), Peke (2-0), María Arias (3-0), Figo (4-0), Zaida


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

FÚTBOL SALA

Vindeiras xornadas Para as dúas vindeiras xornadas o Cidade ten que xogar lonxe dos Remedios. Na segunda xornada visita ao Centelles de Cataluña e na terceira ao Rioja. Voltará a xogar como local na cuarta xornada (6 de outubro ás 17 horas) contra o Alcorcón.

O Cidade xoga na casa do Centelles na segunda xornada

Inicio para esquecer 4 Á derrota contra o Gironella súmaselle a grave lesión de Marta. R. Torres A visita do Ponte Ourense a terras catalanas non puido saír de peor maneira. Ademais da derrota contra o Gironella, o cadro pontino perde a súa capitana, Marta Figueiredo, para os próximos tres ou catro meses por mor

4 Xornada 2 - 22 de setembro Ponte Ourense - La Rioja Burela- Gironella Soto del Real - Lacturale Orvina Viaxes Amarelles - Descansa Móstoles - Futsi Navalcarnero U. de Alacante - Roldán Valladolid - Ciudad de Alcorcón Femeni Centelles - Cidade As Burgas

4 Xornada 3 - 29 de setembro Ponte Ourense - Burela Gironella- Soto del Real Lacturale Orvina - Viaxes Amarelles Descansa - Móstoles Futsi Navalcarnero - U. de Alacante Roldán - Valladolid Ciudad de Alcorcón - Femeni Centelles La Rioja - Cidade As Burgas

e e Ponte (5-0), Raquel (6-0), Raquel (7-0), Figo (8-0), Iria (9-0), Zaida (10-0), Raquel (11-0). Ponte Ourense O equipo de Óscar Vivián venceu ao Poio por un claro 6-2. O Ponte ape-

nas tivo problemas en desfacerse dun equipo de inferioridade categoría pero que na primeira metade aguantou o tipo. Xa na segunda metade non aguantou a mellor calidade das xogadoras locais, que

dunha lesión. Nefasta para os intereses pontinos foi esta primeira xornada de liga na Primeira División do fútbol sala. O choque vivíu momentos moi vibrantes, sendo as locais as que se adiantaban no marcador aos dous minutos obra de Corín; esta aproveitou un balón rexeitado por Dolo e batíuna no man a man. Antes do descanso sucedéronse as ocaPrimeira División FSF 1ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 3 2º Logroño 3 3º Gironella 3 4º Valladolid 3 5º Móstoles 3 6º Burela 1 7º Orvina 1 8º U. de Alacante 0 9º Soto del Real 0 10º Alcorcón 0 11º Roldán 0 12º Ponte Ourense 0 13º Cidade As Burgas 0 14º Centelles 0 15º Amarelle 0

sións e as pontinas enviaron ao pao un lanzamento. No segundo tempo, novamente Corín, aos tres minutos facía o 2-0, logo de que Dolo fora expulsada por dobre amarela e xogaran as albinegras en inferioridade númerica. Pouco despois, logo de recuperar a igualdade numérica, o Ponte optaba por alternar o xogo de cinco en busca dun tanto que as metese no partido. Pero nesas, Ana Costa de falta directa abría brecha a catro minutos do final. Seguindo co xogo de cinco, Rosángela recortaba distancia no 38, pero xa sen capacidade de reacción ante un Gironella que se defendeu ben no último suspiro de partido. A falta de puntería das visitantes condenounas a perder este primeiro encontro de liga, pero deixando a sensación de que de novo estarán nos postos de arriba loitando por todo nesta tempada. Segunda xornada Na segunda xornada, o Ponte Ourense recibe nos Remedios (sábado 22 ás 17.00 horas) ao Rioja.

Marta, no partido da Copa Galicia disputado nos Remedios. /RAMSÉS

4 Marta Figueiredo fractúrase o peroné No pitido final ante a frustración da derrota, o capitana pontina, Marta Figueiredo golpeu o balón coa esquerda trabándoselle no chan a perna de apoio na que sentíu un ruido, con tan mala fortuna que rompeu o peroné á altura do nocelo. Na mesma pista foi explorada polo presidente do Gironella (traumatólogo de profesión), quen lle confirmou a rotura. Operada nada máis chegar da viaxe, agora ten que estar máis dun mes coa escaiola; unha vez retirada comezara a súa recuperación. Marta conta con estar de regreso nas canchas dentro de tres ou catro meses. Duro varapao para Óscar Vivián que este ano ten unha plantilla máis curta.

pouco a pouco distanciábanse no marcador. Con esta vitoria, o Ponte pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia, cuxa data de celebración está aínda por determinar.

O Ponte venceu por un claro 6-2 ao Poio. Mentras, o Cidade anotoulle 11 tantos ao Fervenza, sen que este nin sequera estrease o casilleiro

Laura, do Ponte Ourense, iniciando a xogada do seu equipo./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

ATLETISMO

Arca revalida o título en Penedos do Lobo

4 Foi primeiro por segundo ano consecutivo. R. Torres O maratoniano de Cuntis, Fernando Arca, foi o vencedor por segundo ano consecutivo do maratón de montaña Penedos do Lobo. Arca empregou en completar a esixente proba

de máis de 42 quilómetros, 4:03.52, aventaxando en 14 segundos a Raúl Mantilla, segundo clasificado. Pechou o podio, Javier Copete (4:08:18). En féminas o podio estivo copado por María del Rosario Figueroa (5:05:09), Tere-

Percorrido da quinta proba do circuíto “Correndo por Ourense”.

Reanúdase o circuíto Correndo por Ourense 4 O domingo 30 de setembro toca no campus. R.T. O domingo 30 de setembro reanúdase, despois do parón veraniego, o circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta quinta proba do circuíto o escenario será a zona universitaria. Con saída e chegada na psita de atletismo do Campus de Ourense, xa están máis de 1.400 persoas inscritas. As probas serán en domingo en xornada matinal. Ás 12 horas os pitufos percorrerán varios metros dentro da pista; ás 12.10 horas,

os benxamíns e alevíns darán dúas voltas e media no tartán para completar un quilómetro; os infantís e cadetes ás 12.15 horas, darán unha volta ao circuíto da proba absoluta percorrendo un total de 3.200 metros. Finalmente ás 12.30 horas, será o turno de da proba absoluta, cuxos participantes darán dúas voltas ao circuíto para cubrir unha distancia de 6.400 metros. Clasificación Sonia Teijeiro en categoría feminina e Óscar Ramos na masculina son os primeiros clasificados deste segun-

do circuíto “Correndo por Ourense”. A falta de dúas probas (zona universtitaria e A Carballeira) Ramos leva cinco puntos por nove do segundo clasificado (o que menos puntuación tén e o que leva o título), José M. Casado; pola súa banda, Teijeiro ten 212 puntos por 329 da segunda, Sonia Vázquez. Puntúase segundo a posición da carreira, un punto o que queda primeiro, dous para o segundo e así sucesivamente. En categoría feminina dáselle a puntuación segundo o posto no que entrou en meta.

O Ourense Academia Postal renuncia á Liga de clubs 4 Por falta de apoios económicos. Redacción O Club Ourense Atletismo Academia Postal non tomará parte no Campionato de España de Clubs a tempada 2012-2013. O Club decidiu renunciar ás súas prazas en División de Honra masculina e Primeira División feminina ao non poder asegurar un mínimo de orzamento co que poder acudir cos seus atletas ás competicións por equipos.

Desde a directiva consideran unha mágoa tomar esta decisión nun momento no que o club estaba a atravesar “un dos mellores momentos da súa historia, tanto a nivel deportivo (logrando ser referencia a nivel galego e nacional), como a nivel organizativo ou de control orzamentario”, manifestaban mediante un comunicado. A falta de patrocinios e a baixada nas subvencións institucionais deron lugar a

esta lamentable decisión. Escola Agora o club centrarase máis na escola, sen deixar a licenza nacional. Ao longo destes días, desde a directiva poranse en contacto cos atletas para explicarlles a situación e informar do funcionamento do club de cara á próxima tempada, para que eles decidan cal é a mellor das opcións para o seu futuro deportivo.

Participantes da proba de maratón. /PdL

Seis medallas para o Academia Postal 4 No Campionato Galego de 10 quilómetros en Ruta. Redacción A localidade coruñesa de Ribeira conngregou aos mellores atletas galegos no Campionato de 10 quilómetros en ruta. Alejandro Fernández volveu dar mostras do seu estado de forma e firmou un primeiro posto por diante do seu compañeiro de equipo, Manuel Hurtado, a que aventaxou en máis dun minuto. A atleta veterán Isabel Sáez fíxose co terceiro posto da clasificación absoluta e foi a primeira muller na súa categoría. Do resto da expedición académica, hai que destacar a actuación de José Manuel Fernández, primeiro en veteráns (quinto na clasificación xeral); Rubén Diz, sexto; Manuel Vieites, noveno en meta e

segundo na súa categoría. En total foron seis medallas para o cadro ourensán: tres ouros, dúas pratas e un bronce, sendo medallas absolutas cada unha dunha cor. Milla en ruta O Barco de Valdeorras foi a sede onde se celebrou este ano o Campionato de España de Milla en Ruta. Silvia Teijeiro e Óscar Seoane, ambos veteráns da categoría de máis de 40 anos, ocuparon o segundo e terceiro posto, respectivamente. Na proba absoluta Iria Castro, foi sexta. Campionato de España de Medio Maratón O Academia Postal concurrirá no Nacional de Medio Maratón con cinco atletas de calidade. O grupo inscrito fórmano Alejandro

za Ctvrtnickova (5:25:44) e Belén Rodríguez (6:32:03). Na carreira de cross sobre máis de 21 quilómetros de percorrido o máis rápido foi Roberto Riobó ao cruzar a liña de meta en 1:53:00; maís de oito minutos máis tarde chegaría Adolfo Garrido (2:01:23) e en terceira posición acabaría Roberto Lago (2:01:29). Nos 44 quilómetros de BTT, Constantino Arias foi o máis rápido (3:09:58), sacándolle máis de nove minutos a Juan Vázquez (3:19:34) e a Javier Freire (3:19:35). Proba esixente Esta sétima edición de Penedos do Lobo foi unha vez máis unha das probas máis esixentes do panorama galego. Preto de 400 deportistas lograron chegar á meta instalada na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. Fernández, nun gran estado de forma nas últimas datas; Manuel Hurtado, quen tamén demostrou estar en boa forma; o marroquí Hassan Lekhili; o veterán vigués Elías Domínguez e José Manuel Fernández Márquez. O campionato terá lugar en Tordesillas (Valladolid).

Alejandro Fernández (OAAP) foi o vencedor da proba

Fernández atópase nun gran estado de forma.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

HOCKEI

Festival de sticks en Mariñamansa

4 Por sétimo ano consecutivo o barrio ourensán acolleu o OHF “Octopus Hockey Festival”. 4O TORNEO EN IMAXES

Redacción

5Os ourensáns tiveron que verse as caras co Sport do Porto, que non lles puxo as cousas nada sinxelas. 3 Xogadas e posturas imposibles invadiron o campo de Mariñamansa, como demostra este pase dun dos ourensáns. 6 As féminas realizaron un brillante papel nesta 7ª edición, logrando superar nada menos que ao Team Galicia. (FOTOS: R.T.)

O campo de herba artificial do barrio ourensán de Mariñamansa acolleu p o r sétimo ano consecutivo o OHF “Octopus Hockey Festival”. A este Open de hoquei veterán acuden equipos de toda Europa. Os sticks unha vez máis foron os protagonistas. CD Open, vencedor A 7ª edición de OHF “Octopus Hockey Festival” Ourense 2012 concluíu con gran éxito para o club organizador, Club Deportivo Open, ao facerse co título da categoría feminina, ao imporse ao Team Galicia formado por xogadoras de Vigo e A Coruña, e lograr o primeiro e segundo posto na masculina. Durante toda a competición o equipo CD Open Vigo foi dominando a clasificación seguido de preto por CD Open, o equipo local ourensán e

os portugueses do Sport. A igualdade foi tanta que tivo que dirimirse o campión no último partido cando os locais non puideron pasar de empate ante os cataláns do

ATHC dando o título definitivamente a CD Open Vigo. Finalmente a clasificación rexistrou en terceira posición ao Sport do Porto, cuarto o ATHC DE Terrassa, quinto o Zupthen holandés, sexto o Vilanovense

de Gaia (Portugal) e pechando o cadro o MHC, tamén de Holanda. Tras unha fin de semana cheo de actividade e extremadamente esixente polas altas temperaturas, péchase esta sétima edición que citou a 7 equipos masculinos e 2 femininos.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

POLIDEPORTIVO

4 Liga Internacional de Judo O sábado 22 de setembro comeza no polideportivo de Oira a Liga Internacional de Judo “Trofeo Cidade de Ourense”. O único representante ourensán -Gimnasio Marbel- terá un difícil comezo nesta primeira xornada. O Marbel disputará seis encontros: Famu Vigo A, Ferrolterra Narón, Parque Sport Valladolid, Arteixo, Vicus e Famu Vigo B. O equipo está seriamente minguado polas baixas de Christian Álvarez, o único peso pesado de entidade, Tono Fernández ou Guillermo Pérez, ambos fóra da cidade por motivo de estudos. Permanecen os incombustibles Felipe Iglesias e Miguel Pardavila. Para Iglesias será unha excelente preparación para o Mundial de Jiu Jitsu que disputará o próximo mes de novembro en Austria. A novidade no persoal é a fichaxe de Roi Rodríguez, procedente do Shiai Coruña. Os días 6 e 20 de outubro terán lugar a segunda e terceira xornada da Liga, respectivamente.

O mundial de jiu jitsu espera a Felipe Iglesias

Pontevedra leva o Trofeo As Burgas

4 Celebrarase en Viena a finais de novembro.

Redacción

Redacción Felipe Iglesias está a piques de cumplir o seu soño: participar nun mundial. Farao na especialidade de jiu jitsu, do 29 de novembro ao 2 de decembro en Viena. O jiujitsuka ourensán vén de ser convocado pola Federación española para participar no vindeiro mundial da especialidade. Iglesias competirá na categoría de menos 62 quilos xunto con cinco deportistas máis da expedición española; entre os que estará o coruñés (amigo e compañeiro de Felipe) Álex Álvarez. Para Iglesias esta con-

vocatoria é un soño ao ter “a posibilidade de medirse aos mellores do mundo”. Con esta convocatoria supera a do pasado europeo disputado en Alemaña; no que rematou na sétima posición. Esta será a primeira vez que un ourensán participe nun mundial de jiu jitsu, polo que o fará cargado de ilusión.

Iglesias é o primeiro ourensán que participa nun mundial

Felipe Iglesias nun combate do Campionato de España.

4 Xogou contra o Pabellón. O Balonmán Pabellón chega á liga con boas sensacións despois da pretempada.Os tres primeiros amigables saldáronse con vitoria ante o Balonmán A Cañiza, Balonmán Deza e Balonmán Chapela. Despois tocaría medirse ao Pontevedra no I Torneo As Burgas. O Pontevedra, que participa na mesma liga que o Pabellón (1ª Autonómica), está chamado a loitar entre os favoritos e a ser un dos aspirantes ao ascenso. Os ourensáns non puideron lograr a vitoria a pesar de ter as súas opcións e non decidirse o gañador ata os últimos minutos. Bastantes imprecisións nos momentos decisivos declinaron a balanza para o equipo pontevedrés, que venceu nesta primeira edición do torneo. O partido iniciouse cunha frouxa saída do equipo pavillonista, con erros de pase que lle custaron ir a remolque nos primeiros minutos. A pesar diso, a defensa ourensá entrou no partido até voltear o marcador (10-9). A falta de concentración nos compases finais do primeiro tempo custáronlle dous goles, que lle deron vantaxe ao descanso aos visitantes (10-11). Na segunda metade,

os ourensáns saíron máis enchufados cun parcial de 3-0, pero do mesmo xeito que ocorrera ao principio, o equipo pontevedrés recuperou o ton e logrou levantarse no electrónico unha vez máis. Os últimos minutos foron do Balonman.com Pontevedra, que conseguiu unha vitoria un pouco máis apretada do agardado (21-25). O equipo ourensán non puido contar con Fran Varela nin con Jacobo López, unha das caras novas do equipo. Os outros dous novos, Victor José e Jesús Alfonsín, si estiveron, completando un equipo sénior con todas as fichas cubertas por xogadores saídos da canteira pavillonista. Estrea con derrota A piques estivo de iniciar con vitoria a súa estrea na Primeira Autonómica o Balonmán Pabellón. Nesta primeira xornada visitaba ao Seis do Nadal. O partido estivo moi igualado desde o principio, cunha gran defensa dos pavillonistas. Ao descanso chegouse con empare a 12 tantos. Na segunda metade os ourensáns apretaron nos primeiros minutos distanciándose de dous goles (13-15). Cando parecía que os ourensáns aguantarían as arremetidas locais, grandes intervencións do seu garda-

Encontro da tempada pasada. /ARQUIVO mallas fixeron que se mantiveran no encontro. Nos últimos instantes o Pabellón errou un penalti e os rexeites favoreceron ao Sedona. A falta de 20 segundos, con 22-21, os ourensáns tiveron un lanzamento algo precipitado, recollendo o despexe os vigueses que á contra facían o definitivo 23-21. A pesar da derrota, os ourensáns regresaban a Ourense con boas sensacións neste estreo ligueiro. O vindeiro sábado, o Balonmán Pabellón recibe nos Remedios ao Viña Costeira no derbi ourensán. Indomogal Pabellón O Indomogal Pabellón estreouse con derrota na súa visita á SAR de Redondela (24-10). O equipo que dirixe Manuel Quintana só puido aguantar até o descanso. Na segunda metade, as redondelanas impuxeron a súa calidade e experiencia para sumar as seus dous primeiros puntos esta tempada. O Bm. Tui será o rival do Indomogal Pabellón o vindeiro sábado nos Remedios.


10

BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

ACTUALIDADE

4Catro ourensáns, no Campionato de España

O tiro práctico, percorridos de tiro ou IPSC xurdiu a partir dos entrenamentos que se facían en academias militares ou policiais./P.LODEIRO.

Eiroás é sede do 5º Campionato Militar de Percorridos de Tiro 4 40 tiradores dos diferentes exércitos, da Garda Civil e das Policías Nacional e Autonómica compiten nas instalacións do club ourensán. Paula Lodeiro Tras acoller en abril o Campionato da Garda Civil, as instalacións do club de tiro Eiroás volven ser sede dunha competición de carácter nacional, o Campionato Militar de Percorridos de Tiro. Nesta ocasión, son corenta os tiradores que compiten, con participación dos exércitos de terra, aire e mar, a Garda Civil, as Policías Nacional e Autonómica e tiradores do club Eiroás e da Federación de IPSC. O tiro práctico, percorridos de tiro ou IPSC é unha modalidade deportiva creada en 1994 por un coronel

dos Marines dos EEUU a partir do entrenamento que se realizaba en academias militares ou policiais. Un deporte que ao mesmo tempo lles serve aos militares e axentes como entrenamento, “facilita o labor do que logo se ten que resolver na rúa”, indicaba o coronel Francisco Javier DíezTicio, director técnico da competición. A dinámica deste deporte consiste en que “a través da potencia, da intuición, teñen que resolver unhas determinadas probas que se lle fan aquí, dependendo de cada exercicio, cada un pode facer o (percorrido) que queira, normalmente acos-

Un dos tiradores afronta un dos exercicios./P.LODEIRO.

túmase facer igual, o que teñen que facer é resolver o que se lle dá, sacando o maior número de puntos e no menos tempo posible, e sen penalizacións”, explicaba o coronel. Este venres no Auditorio entregaranse os trofeos e medallas aos tres primerios clasificados tanto na competición individual como na por equipos. O tirador do club Eiroás David Davite, quedou primeiro na categoría standard, e xunto ao tamén local Bernardo Deprado conseguiron o primeiro posto por equipos, formando parte do da Federación Galega de IPSC.

Catro deportistas ourensáns participaron entre o 12 e o 16 de setembro no Campionato de España de Armas Olímpicas disputado en Granada. Jorge Encinas quedou noveno na modalidade de carabina 3x40, con 1.113 puntos, a mesma puntuación que o último tirador en entrar na final. En carabina tendido non lle foi tan ben, e tras pasar a eliminatoria, tan só puido ser 35º na tirada clasificatoria (571 puntos). Moi bo resultado para Enrique Do Río, que en pistola libre veteráns sénior quedou segundo, con 481 puntos. En pistola libre sénior, Ginés Trenza non logrou pasar a eliminatoria, quedando no posto 28º (461 puntos), e en pistola deportiva damas, Nuria Mera acadou a 12ª posición, facendo 532 puntos.

O público congregado no hotel AC de Allariz puido comprobar as prestacións do novo Clase A. /M.REJO.

Mercedes presenta a nova Clase A A marca automovilística Merecdes Benz, a través do seu concesionario oficial na provincia de Ourense Garza Automoción, escolleu o espectacular Hotel AC de Allariz para facer a presentación en sociedade da súa nova Clase A, un novo concepto de vehículo compacto que aúna innovación e deportividade para adaptarse ás necesidades dos conductores actuais. Con motores gasolina e diesel, medidas Blue-Efficiency (que inclúen parada e arranque ECO, e as emisións de CO2 máis baixas do mercado), e adaptándose á situación económica actual a través dun financiamento flexible (que permite adquirir este coche en cómodas mensualidades de pouco máis de 200 euros) Mercedes dá un paso máis na súa oferta automobilística para achegarse a todo tipo de públicos.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

POLIDEPORTIVO

REMO

Cuarto posto para Yuchenko e Domínguez no europeo 4 Pau Vela e Alex Sigurbjonsson conseguiron a medalla de prata no 2 sen temoneiro. Redacción De novo a parella formada por Nuria Domínguez e Anna Yuchenko quedou ás portas de acadar o seu obxectivo. Se no mes de maio eran terceiras cando só se clasificaban dúas parellas para os Xogos Olímpicos, na regata de clasificación final de Lucerna, agora quedaron en cuarto posto no europeo no que buscaban a medalla. Realizaron un boa regata manténdose sempre en 4º lugar, moi preto das italianas e romanesas e ata chegaron a inquietalas nos últimos metros, pero finalmente non foron quen de lograr subir ao podio. A vitoria foi para as bielorrusas que dende o inicio marcaron un alto ritmo, con-

seguindo unha vantaxe sobre o resto que manterían ata o final, sendo o único bote que baixou dos 7 minutos. Pola súa banda, Italia fixo 7:02.20, Romanía 7:03.67 e España 7:04.38. 2 sen temoneiro Inmediatamente despois do dobre skull de Nuria e Anna competiu o 4 sen temoneiro masculino, co galego Jesús González a bordo, e obtivo o mesmo resultado. Habería que esperar unha regata máis para ver ao último bote español en acción que ademais era o que parecía contar con máis opcións. Pau Vela e Alex Sigurbjonsson non fallaron conseguindo a medalla de prata con seguridade e ata pondo en apretos na recta

final aos holandeses, que levaron o ouro tras manterse por diante toda a regata. Deste xeito remata a tempada de remo olímpico na que Anna demostrou o gran acerto da súa nacionalización, que de producirse antes permitiría preparar a tempo as citas internacio-

nais xunto a Nuria Domínguez. Con tan só uns meses de adestramento xuntas alcanzaron este destacado 4º posto no europeo e quedaron ás portas de Londres. Ademais Anna proclamouse campioa de España na modalidade individual do skiff tan só dous meses despois da súa nacionalización. A deportista do Club Náutico Castrelo de Miño, tras os resultados conseguidos, espera agora recibir as axudas necesarias para poder afrontar a próxima tempada, ás que ata o momento non puido optar.

Vela e Sigurbjonsson durante a súa proba.

Academia Postal

Coincidindo con inicio do curso, nos centros de formación de Grupo Academia Postal (GAP) planifícase unha oferta formativa variada, en tres áreas fundamentais: o emprego público, a formación profesional para o emprego e o apoio ao ensino regulado. Emprego público Convén aclarar que hai publicadas varias ofertas de emprego público en distintas administracións, ás que non afectan as medidas orzamentarias, e cuxa convocatoria está por tanto garantida. Doutra banda, hai necesidades de persoal en servizos públicos básicos que deberán ser convocadas como son os de Policía e Garda Civil, Xustiza, ensino, servizos sociais e saúde. Convocatorias recentes corrobórano: 1.600 prazas de ATS/DUE e 1.300 prazas de Auxiliar de Enfermaría no Servizo Madrile-

11

ño de Saúde. Dedúcese pois que hai oposicións, unhas en curso e outras con previsións reais de convocatoria. Con este obxectivo en Academia Postal apostamos por unha programación didáctica axustada a cada proceso, e animamos aos alumnosopositores a prepararse con tempo suficiente. Formación profesional Academia Postal imparte Formación Profesional oficial a través do seu centro autorizado CPR GAP, destacando o ciclo superior de Administración e Finanzas, polas posibilidades de emprego que facilita. Apoio ao estudo A Postal Instituto-Idiomas os estudantes acoden para reforzar coñecementos en todas as materias desde Primaria até a Universidade, preparación da Selectividade, probas de acceso a Ciclos e á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, probas libres para obter o título de Graduado en ESO ou de Bacharelato, e idiomas.


12

BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

MOTOR

A facer historia no histórico 4 Os irmáns González tentarán repetir vitoria como o ano pasado no campionato de Galicia de históricos. R.T. Os ourensáns Ricardo e José Luis González intentarán conseguir co seu Ford Escort RS2000 a súa primeira vitoria absoluta do ano. As Copas de España de Velocidade e Regularidade Sport para vehículos históricos chegan a Galicia concretamente a Melide- os días 21 e 22 de setembro, onde se celebrará a quinta edición do Rali de Galicia Histórico. A proba contará con dúas etapas. A do venres 21 fará dúas pasadas por Maroxo, mentres que a do sábado 22 pasará (tamén dúas veces) por Toques, Ramil, Sobrado dos Monxes e Santiso. Unha cita ineludible para os afeccionados, que poderán gozar das evolucións dos mellores equipos de España e dos seus espectaculares coches his-

Luis Aragonés durante a proba no seu Twingo R2.

Aragonés logra o podio en Asturias 4 Foi terceiro no Challenge Renault Twingo R2. Redacción

Os irmáns González buscan en Melide a súa primeira vitoria absoluta do ano./R.T. tóricos. A de Melide será a 5ª proba do calendario e o equipo Ourense -formado polos irmáns Ricardo e José Luis González- chega á proba galega na segunda posición da xeral da Copa de España de Regularidade Sport. Para esta cita, contan co

seu xa habitual Ford Escort RS2000 coas cores de Ourense Capital Termal, co que se proclamaron subcampións de España en 2010. Un modelo de 1974 con máis de 180 cv que está a demostrar unha fiabilidade inmellorable durante todo o ano.

Grupo de pilotos ourensáns que participarán na proba de Melide./RAMSÉS

Participación ourensá Pero en canto canto á participación ourensá non so correrá a cargo dos irmáns gonzñalez, tamén participarán Ignacio García / Fran González - Porsche 911 Carrera; Javier Perez Lima / Marcos Fernández Mini 1300; Celso Freire / José Ramón Alonso - BMW 323; José Rodríguez “Peitos” / Javier Salgueiros - Ford Escort RS2000 MK2 e Javier Lopez / Adriana - Escort RS2000 MK2. Os pilotos ourensáns estiveron nunha festa presentación dos participantes da proba galega o pasado 14 de setembro no Café Asgalla, de Vistahermosa ante os afeccionados do deporte das catro rodas.

Obxectivo logrado: o Renault Twingo R2 de Luis Aragonés Francisco e “Cuko” Bañobre acadaron o terceiro caixón do podio da Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes de España, no Rallye Principe de Asturias. Rali fatídico logo de que un espectador falecera ao ser arroiado por un vehículo ao saírse da estrada. Por este desgraciado acontecemento tivéronse que anular e neutralizar diferentes tramos. O descoñecemento do terreo complicou en demasía as aspiracións de Aragonés, sobre todo na primeira xornada (nocturna). Na segunda as cousas melloraban ata que se chegou ás neutralizacións e posterior desenlace fatídico, momento no que ocupaban a terceira posición. Con este terceiro posto mantén a terceira posición

provisional no trofeo monomarca. Satisfacción “O primeiro día foi moi complicado, xa que ao descoñecemento do terreo pola nosa banda que se sumaba que os tramos eran de noite, algo que nos prexudicou moito á hora de facer bos cronos” apuntaba o piloto galego. “Na mañá do sábado melloramos, cun bo ritmo, pero comezaron as neutralizacións e o rali viuse parado xa ao mediodía, polo que ao final situámonos nesa terceira praza da Challenge, algo que nos fai seguir na loita polos postos de cabeza no certame” relataba Aragonés. Para o terceiro clasificado da Challenge Renault Twingo R2 o máis importante é “regresar con puntos no marcador”.

Este resultado manteno en 3ª posición no monomarca


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

XIMNASIA

Novelle, terceiro en Portugal 4 Na Loulé Cup Internacional. Redacción O ximnasta Eduardo Novelle vén de colgarse a medalla de bronce na final de DMT na Loulé Coup Internacional, unha proba que se celebrou no Algarve do 6 ao 8 de setembro e na que o Club Ximnasia Pavillón de Ourense participou con oito representantes (os únicos españois), os cales foron María Salas, Noa Puente Dodd Álvarez, Nicolás Cid, Lucas Domuro, Iago Sousa, Eduardo Novelle, Laura Lecuona e Marta Rodríguez. Esta foi a sexta edición deste campionato organizado pola Federación portuguesa na que participan deportistas de todo o mundo. Resultados De entre os resultados obtidos polos ourensáns destacaron o terceiro posto de Eduardo Novelle (categoría de 13 a 14 anos) en dobre minitramp, sendo só supera-

13

Catro pavillonistas están entre os mellores ximnastas de España 4 Na modalidade de trampolín. S.N.

Eduardo Novelle xunto aos seus compañeiros de podio. do na final por un portugués e un americano; e undécimo en trampolín, a tan só tres postos da final. Iago Sousa (categoría de 13 a 14 anos) foi duodécimo en trampolín, logo de manter unha gran regularidade durante toda a tempada. E Lucas Domuro (categoría menos 13 anos) foi

undécimo en dobre minitramp e décimo terceiro en trampolín executando a mellor das súas actuacións.

Os pavillonistas foron os únicos españois que participaron

A Real Federación Española de ximnasia deu a coñecer o 17 de setembro o ránking nacional da modalidade de ximnasia en trampolín; publicación chea de boas novas para o Club Ximnasia Pavillón, que este ano obtivo os mellores resultados da súa historia en canto á colocación dos seus inte-

grantes nesta lista. De feito, catro deles destacaron na clasificación. Foron Eduardo Novelle (2º en trampolín e 4º en dobre minitramp), Iago Sousa (13º en trampolín e 10º en dobre minitramp), Lucas Domuro (10º en trampolín) e Laura Lecuona (16ª en trampolín). Dende o club lamen-

tan nesta ocasión a exclusión de Carlos Trigo do ránking, dado que, pese a ser un dos mellores saltadores de España, sufriu unha lesión en xuño e tivo que interrumpir a súa tempada de competición. Copa de España Como todos os anos, os 10 primeiros integrantes do ránking de cada modalidade competirán para disputarse o título de campión da Copa de España. Este ano, na modalidade de trampolín, os representantes pavillonistas serán Eduardo Novelle e Lucas Domuro, e en dobre minitramp, novamente Novelle xunto a Iago Sousa.


14

BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

NOVAS

gundos entraría o pelotón. Por categorías, Carlos Carnicero foi o vencedor absoluto ademais do vencedor de máster 40; Adrián García foi o vencedor sénior; José Ferreira venceu en máster 50 e Alberto Penin en máster 30.

Na volta 27 (de 40 de proba) catro ciclistas lograron escaparse do pelotón

Carlos Carnicero faise coa segunda proba da Copa Deputación 4 Celebrada na Cidade do Transporte de San Cibrao. Redacción O corredor de Porriño Carlos Carnicero adxudicouse a segunda proba da Copa Deputación de ciclismo. Celebrada na Cidade do Transporte da localidade

Carnicero percorreu os 50 km da proba a uns 44 km/hora

ourensá de de San Cibrao de Viñas, a organización correu a cargo da Asociación-ADO-Moure. A proba discorreu sobre un circuíto dunha distancia de 1.260 metros ao que tiveron que dar 40 voltas para completar unha distancia de 50,4 quilómetros. A calor fixo acto de presenza, pero a pesar dos máis de 35 grados de temperatura os ciclistas ofrece-

EN BREVE

4Derrota do Campus Rugbi O Campus Ourense Rugbi viuse superado no primeiro partido da tempada polo Pontevedra RC. O encontro de preparación para a Liga Galega, que comeza o vindeiro mes, tivo dúas caras, unha na que os ourensáns tomaron o mando do partido despois de remontar dous ensaios visitantes e outra na que os pontevedreses reaccionaron e déronlle a volta ao marcador ata lograr o definitivo 20-33. O encontro serviu ao adestrador local, Américo Gomes, para probar diferentes combinacións cos xogadores de cara a confeccionar o equipo que participará na primeira división da Liga Galega. O vindeiro día 6 de outubro o Campus Ourense viaxará á localidade portuguesa de Braga para disputar o segundo encontro preparatorio.

4Norat, adestrador do ABO Trala marcha de Chema Royo como adestrador

do ABO Ourense de liga EBA, o club anuncia a fichaxe de Juan Norat para substituílo. Norat pasará a ser o técnico da primeira plantilla, cargo que compaxinará co de responsable técnico do club, ampliando o seu traballo ás categorías inferiores.

4Toca andar O 22 de setembro, “Día Europeo Sen Coches”, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a quinta edición da súa andaina popular pola ‘Ruta do Camiño Portugués Interior de Santiago – Vidago/Chaves’, cunha distancia de 13,5 quilómetros e dificultade media. Pola súa banda, o 23 de setembro, chega a VI Andaina Popular de San Cibrao das Viñas, na que se pode elixir entre dous percorridos, de 18 ou 15 quilómetros. As inscricións en San Cibrao teñen o custo de seis euros, e dan dereito a unha camiseta conmemorativa, avituallamento, bocadillo e bebida. Por outros sete euros máis, poderase conseguir unha ración de polbo, pan e viño.

ron un derroche de enerxía circulando a máis de 44 quilómetros por hora do vencedor. Xa desde o comezo, os ataques sucedéronse para romper a unidade do grupo, pero o forte control dos equipos fixo que ningunha escapada fructificara. A falta de 13 voltas para o remate produciríase unha escapada que foi a definitiva. Os catro corredores

escapados foron Carlos Carnicero (Porriño), Alberto Penín (Ourensano) Carlos Caamaño (Chantadino) Adrián García (Mapfre). O cuarteto lograba unha diferenza que non superaba os 30 segundos con respecto ao grupo perseguidor, pero á postre suficiente para disputarse o triunfo entre eles. No sprint final, Carnicero foi o máis rápido dos catro logrando a vitoria. A 35 se-

Ampla oferta nas escolas deportivas do Campus 4 Aberto o prazo de inscrición ata o 25 de setembro. Redacción Os universitarios non teñen excusa, un curso máis, para non manterse en forma ao mesmo tempo que continúan cos seus estudos, xa que o campus ourensán ofrécelles unha ampla oferta deportiva, entre a que se atopa aerojump/gap, boot camp, balomán, power dundell, circuit-fit, ciclo indoor, defensa persoal, box training, rugbi, tenis, tenis infantil, voleibol, xadrez e squash. Ademais, na pisicina universitaria CDUAQUA haberá iniciación e perfeccionamento de natación e aquagym. Alén destes cursos, tamén se poderá disfrutar do deporte nestes centros universitarios mercando algún dos seus abonos, que abranguen desde unha entrada diaria a unha anual.

Ofertas Para completar esta programación unha serie de centros deportivos da cidade ofrecen á comunidade universitaria unha serie de actividades, que van desde o pilates ata o golf. Trátase do Pavillón dos Remedios, a escola de baile Sabrosura, Camino Pilates, Golf Pazo da Touza, La Casa del Elefante, Saraiba e os ximnasios 2000, Dinamic Center e Marbel. Inscrición O prazo para inscribirse nas actividades deste cuadrimestre (que se levarán a cabo do 1 de outubro ata o 22 de decembro, e do 7 de xaneiro ata o 9 de febreiro) está aberto ata o 25 de setembro. Os estudantes e o persoal docente, investigador, de administración ou de servizos que o desexen poden inscribirse no Edificio Administrativo do campus.

Os vencedores posaron cos seus singulares trofeos.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012

ARTIGOS / AXENDA

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº63- Ano: IV - 21 de setembro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4O BLOG DE SAUDETER

A motricidade humana

Actividade física e exercicio para maiores

O envellecemento O segredo para sentirse mellor e vivir máis tempo chámase actividade física. Atopar un programa que funcione para vostede obséquianos cos mellores beneficios. O exercicio habitual pode previr ou demorar a aparición de diabetes e problemas cardíacos. Tamén pode reducir a dor da artrite, a ansiedade e a depresión e pode axudar a que as persoas maiores sexan independentes. Existen catro tipos principais de exercicios e as persoas maiores necesitan un pouco de cada un: - Actividades de resistencia, como camiñar, nadar ou andar en bicicleta, que desenvolven resistencia e melloran a saúde do corazón e o sistema circulatorio. - Exercicios de fortalecemento, que desenvolven tecido muscular e reducen a perda muscular relacionada coa idade. - Exercicios para estirar os músculos, para manter o corpo áxil e flexible. - Exercicios de equilibrio para reducir as posibilidades de sufrir unha caída.

Organizarse: Durante polo menos un ano, unha estrutura e boa formulación mensual e para cada semana garanten participar en alomenos tres modalidades de exercicio para o corpo e a mente, o esforzo cardiovascular e finalmente unha modalidade para o ton muscular. O consumo e custo económico. Fíxese que as actividades que son impartidas nun centro onde as instalacións sexan axeitadas. Se quere consultar unha información detallada e unha guía axeitada para as súas necesidades pode consultar esta ligazón,

unha guía que é moi intuitiva e fácil de realizar: http:// www.nia.nih.gov/sites/default/files/Ejercicio_y_actividad_fisicasmaller.pdf. En calquera momento da vida, para obter o maior proveito da actividade física, trate de facer o seguintes catro tipos de exercicios: 1) resistencia, 2) fortalecemento, 3) equilibrio e 4) estiramento ou elasticidade. 1. Durante toda a semana ou polo menos durante va-

rios días desta, asegúrese de realizar polo menos 30 minutos dunha actividade que lle axude a acelerar a respiración. Isto coñécese como actividade de resistencia porque fortalece a súa enerxía ou “control”. Non é necesario manterse activo por 30 minutos seguidos; 10 minutos de cada actividade está ben. Soamente asegúrese de que sexa un total de 30 minutos diarios. Que tanto se ten que esforzar? Se durante o exercicio pode falar sen ningún problema, iso quere dicir que non se está esforzando o suficiente. Pero se pola contra, non pode dicir nada, iso é sinal de que xa

se está esforzando demasiado. 2. Continúe utilizando os músculos. Os exercicios de fortalecemento desenvolven músculos. Cando se teñen músculos fortes, poderá levantarse só da cadeira, alzar aos seus netos e camiñar polo parque. O manter os músculos en forma axuda a previr caídas que ocasionan problemas como unha rotura ou quebradura de cadeira. Cando os músculos das pernas e das cadeiras están fortes, hai menos probabilidades de que ocorra unha caída. 3. Realice exercicios que lle axuden co equilibrio. Tente pararse nun pé e logo no outro. Se é posible, non se agarre de nada. Levántese da cadeira sen apoiarse nas mans nin os brazos. De cando en vez camiñe en liña recta cun pé adiante do outro, cos dedos do pé que vai atrás tocando o talón do pé que vai adiante. 4. Estiramento ou elasticidade. Os exercicios de estiramento pódenlle axudar a ser máis flexible. O moverse con máis fácilidade facilitaralle facer cousas como o agacharse para amarrarse os zapatos ou mirar por enriba do ombreiro cando está a retroceder o seu auto. Faga os exercicios de estiramento cando teña quentado os músculos, non se estire até o punto de sentir dor. Adrián Prada Licenciado en Ciencias da actividade fisica e o deporte. SAUDETER.

O exercicio habitual pode previr ou demorar a aparición de diabetes e problemas cardíacos, reducir a dor da artrite, a ansiedade e a depresión e axudar a que os maiores sexan independentes

Deporte e realidade (IV) Capítulo 4. O divo no deporte-espectáculo As grandes figuras do deporte adquiren aos ollos do público a categoría de semideuses. O caso de Messi, Xavi, Ronaldo, etc. mostra un aspecto moi concreto da identificación dos espectadores coas estrelas deportivas antes, durante ou despois do evento. Unha vez percibida e experimentada esa sensación, en xeral, queda gravada no subconsciente dos espectadores e só se separa deles cando outra figura ou mito substitúea. Os deportistas son, sobre todo, ricos, guapos e ídolos, ante os seus seguidores. Só desta maneira pódese explicar a exaltación mítica de figuras do deporte, cuxa lista é inesgotable: fútbol, baloncesto, ciclismo, motociclismo, entre outros. A orixe social de moitos deportistas mitificados avala esa consideración. En xeral, son de procedencia modesta, e ascenderon na pirámide social a través do seu propio esforzo. Pierre de Coubertín pensaba que, no deporte moderno, os grandes campións aproveitarían a súa popularidade e a admiración xeral que espertarían para ser modelos de comportamento que dunha ou outra forma contribuísen á educación das masas. Esta hipótese non se probou. Así, é moi frecuente que os campións se enriquezan demasiado rápido e que non sexan capaces de asimilar o seu cambio de vida, o cal determina que nunha elevada proporción sexan persoas descentradas, dos que sabe que senten gran amor polo diñeiro, pola diversión, pola vida sentimental, cobrando ademais un carácter altaneiro, orondo e caprichoso. Pero ao divo perdóaselle todo, pásanselle por alto cousas a cambio de que á hora da verdade, no exercicio do deporte, cumpra como un campión. A ido-

latría chega ao nivel de que moitas persoas, aínda coñecendo a escasa preparación humana da maioría dos deportistas, están dispostas a votar por eles se, por exemplo, se dedican á política, o cal constitúe unha auténtica adoración e pleitesía. A mitificación produce fenómenos asombrosos e complexos. O público afánase tanto cos famosos, que chega a consideralos como parte do seu círculo íntimo. O ídolo é perseguido fisicamente, recibe correspondencia sentimental de descoñecidos, é asaltado pola rúa para obter del autógrafos, é imitado na maneira de andar, de vestir, de cortarse o pelo, e calquera peza súa parece ter un valor especial. Unha gran parte de responsabilidade deste proceso de mitificación debe cargarse na conta da prensa especializada, a cal non só serve as incidencias das competicións e os comentarios dos seus protagonistas, senón que enche as súas páxinas con reportaxes que mostran a forma de ser e de vivir dos deportistas dunha maneira moi semellante a como o fai a chamada “prensa do corazón”. De todos os xeitos, non debe extralimitarse o tema dos divos. Quen chega á fama internacional son moi poucos. O deporte-espectáculo é moi pouco xeneroso cos deportistas, que adoitan acabar as súas carreiras con escasos aforros e enfróntanse ao seu 30 ou 35 anos, a unha nova vida sen ningunha experiencia práctica que lles serve de axuda. Alfonso Vilachá

Pierre de Coubertín pensaba que os campións aproveitarían a súa popularidade para ser modelos de comportamento

4Axenda deportiva - Fútbol Día 23. O Couto -17.00 horas- CD Ourense - Coruxo. Día 23. Estadio Miguel Anxo (Ourense) -12.00 horas-. Pabellón Ourense - CD Lugo. Día 30. Os Carrís -A Valenzá-. UD Barbadás - Vilalbés. Día 30. José Arjiz -Verín-. Verín - Cultural Areas. Día 30. Calabagueiros -O Barco-. CD Barco - Lalín. Día 30. Oira -Ourense-. Ponte Ourense - CD Valladares.

- Fútbol Sala

Día 22. Os Remedios 17.00 horas- Ponte Ourense - La Rioja. Día 29. Os Remedios. Ponte Ourense - Burela.

- Balonmán

Día 22. Os Remedios 19.30 horas- Balonmán Pabellón - Viña Costeira. Día 22. Os Remedios 17.45 horas- Balonmán Indomogal Pabellón - Tui.

- Baloncesto

Día 22. Verín -20.30 horas- COB - Breogán.

- Andainas

Día 23. San Cibrao das Viñas -09.30 horas- VI Andaina Popular San Cibrao das Viñas.

- Atletismo

Día 23. Zona universitaria Ourense -12.00 horasII Circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”.

- Tiro

Día 23. C.T. Eiroás. 5ª Copa Cidade As Burgas. Carabina ligera 3*20., Mach 3*20 e pistola libre. Día 30. C.T. Eiroás. Campionato Autonómico de Pistola velocidade.

- Judo

Día 22. Oira. Liga Internacional de Clubes de Judo.

- Exposición

Do 18 ao 28 de setembro na Casa da Xuventude. exposición fotográfica “Escalada e alpinismo no macizo do Mont Blanc.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.