24 Agosto 2012 - BD61

Page 1

Londres 2012, uns dos mellores Xogos Olímpicos da historia BALONCESTO

Páx.6

Aterrizan as fichaxes do COB

ATLETISMO

[páx. 2] Páx. 9

Carreira en Cartelle

Un Ourense de 2ªB

Número: 61- Ano: IV - 24 de agosto de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

XX.OO. / FÚTBOL

Comeza o curs

4 O Atlético de Madrid B será o se R. Torres

O mundo mirou cara Londres 4 Barrios Deportivo non foi menos e acudiu á cita olímpica. Ramsés Torres Os de Londres 2012 erixíronse como un dos mellores (se non os mellores) Xogos Olímpicos da historia. Durante 17 días (dous días antes comezara a competición futbolística) o mundo parouse para ver este espectáculo seguido por miles de millóns de espectadores. A cita deportiva máis importante de todas cantas hai tiña que ter unha organización superlativa, e niso os británicos son os idóneos. Todo perfecto. Miles de voluntarios ansiosos por axudarte no que precisaras facían que non te encontraras nin estrano nin só nun país que non é o teu, pero que acolleu aos millóns de visitantes cos brazos abertos. Para vívilo. Delegación española 16 medallas (3 de ouro, 10 de prata e 4 de bronce) e 30 diplomas olímpicos é o botín que traen para España os nosos deportistas. Unha ci-

fra peor que a de Pekín 2008 e a de Atenas 2004. Na cita de Londres un total de 46 dos nosos deportistas (contando os deportes de equipo) situáronse entre os oito mellores da súa disciplina (o que non está nada mal), pero lonxe dos 54 de Pekín (18 medallas e 36 diplomas) e dos 70 de Atenas (19 medallas e 51 diplomas). A cruz: o atletismo Todas as miradas están postas no deporte “Rei”, o atletismo (si, o deporte Rei nos Xogos) que non logrou unha soa medalla e tan só catro diplomas (en feudos onde tiñamos algo que decir -como os 1.500 metros- nin tan sequera accedemos ás semifinais). Un cambio necesita a Federación e pode suceder nas vindeiras eleccións que terán lugar dentro dun par de meses e no que parece comezar a postularse o gran marchador Jesús Ángel García Bragado, que

disputou en Londres os seus sextos e últimos Xogos Olímpicos. A cara: Cal e as féminas Na outra cara da moeda temos ao galego David Cal e ao deporte feminino. Cal converteuse coa súa prata no encoro de Eton Dorney no deportista español máis laureado de todos os tempos; ao sumar con esta cinco preseas (un ouro e catro pratas) nos tres xogos que leva disputados. Agora toca confiar en que atope a motivación suficiente para loitar en Río 2016 polo seu sexto metal. O deporte feminino tamén saiu moi ben parado de Londres. As guerreiras do balonmán e do waterpolo conseguiron bronce e prata respectivamente; Belmonte (con dúas pratas) salvou a honra da natación nacional; Marina Alabau (RS:X) e o equipo de vela Match Race fixéronse co ouro; a sincro logrou prata en dúo e bronce

por equipos; Brigitte Yagüe foi prata en taekwondo; Maialen Chourraut, bronce en K1 slalom; e Maider Unda, bronce en loita libre. Todas elas fixeron que por uns días deixaramos o fútbol a un lado e emocionarámonos con cada combate, regata, partido ou carreira delas, mostrando da mellor forma que saben (competindo) que o deporte feminino goza de moi boa saúde. Desde Barrios Deportivo seguiremos apoiando a eses deportes que non teñen un altavoz tan grande como outros, pero nos que detrás está, como mínimo, o mesmo esforzo e espíritu de superación. Citius, Altius, Fortius.

Cal e o deporte feminino, o máis destacado da actuación española

Este domingo 26 de agosto a partir das 18.30 horas, O Couto volve acoller un partido de 2ª División B. O Ourense recibe ao filial do Atlético de Madrid. Catro anos despois da última tempada na que o equipo ourensán militou na división de bronce do fútbol nacional regresan os ‘rojillos’ para demostrar que esa é a súa categoría. E iso que o club estivo este verán en causa de disolución. Verán convulso O 19 de xullo, os anteriores conselleiros dimitían en asamblea extraordinaria sen que ninguén se fixera cargo do club. O relevo a Seoane non chegaba e o fin de CD Ourense semellaba preto. A partir dese intre chegaron días convulsos nos que ninguén daba o paso ao fronte para facerse cargo da sociedade anónima que é o equipo. Desde facía varias semanas falábase dun grupo de persoas, no que soaba o nome de José Ramón Fernández Morgade, que estarían interesadas en coller as rendas. Pero antes de que se decidiran a dar o paso adiantaríaselles Primitivo Ferro. Ferro é un avogado ourensán que ademais forma parte do Consello de Administración do Real

Club Celta de Vigo. Despois desta manobra (algúns pensan que Ferro saíu á palestra para presionar a chegada do grupo interesado anteriormente), Morgade e compañía decidiron dar o paso definitivo e facerse cargo dun club que estaba agonizando. Mentres, os xogadores, con Luisito á cabeza, comezaban a pretempada coa angustia de saber que ía pasar con CD Ourense e sen poder contar coa plantilla ao completo -faltaba por fichar a oito xogadores-. Foi o 30 de xullo cando nunha doble rolda de prensa no estadio do Couto despexaríanse todas as dúbidas. A primeira delas era de Primitivo Ferro acompañado de Manuel Seoane, e nela Ferro declinou coller o Ourense tras ver que Morgade e compañía, agora si, querían entrar no consello de administración do club. Minutos máis tarde, con Seoane como espectador, Morgade e empresario José Luis González anunciaban a súa intención de facerse cargo do equipo. Eles dous serían os vicepresidentes, e a presidencia recaería nas mans do empresario Alejandro Estévez, ausente na presentación por atoparse fóra da provincia. Fichaxes Os dous vicepresidentes tiveron que moverse rápido para confeccionar unha


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

FÚTBOL

so para CD Ourense

eu primeiro rival.

plantilla á que lle faltaban moitos efectivos. Con premura falaron con Luisito, quen lles expuxo as súas necesidades e a partir de aí comezaron a mover ficha. A única fichaxe (ao marxe das renovacións) realizada por Manuel Seoane foi a de Juan Martínez. Capi sería o primeiro en chegar da man dos novos inquilinos do Couto. Logo serían os ex do Celta B, Luismi e Pablo Pillado, os que recalaría no Ourense. Luisito decidía que o marroquí Abdil Souassi -Sub 21 con Marrocos- quedaría esta tempada, mentres que Toni e Iker finalmente terían ficha co primeiro equipo. Entre medias, Quintairos renovaría despois de estar enquistada a negociación. E finalmente Iván González, Borja Valle e Jona (Lugo, Ponferradina e Zamora respectivamente) pechaban a plantilla a falta dunha semana para comezar a liga. Amistosos Sete foron os amistosos que xogou o Ourense durante a pretempada. Contra o Pontevedra lograron un empate cando Luisito contaba con poucos efectivos. Contra o Dépor perderon pola mínima, pero deixando boas sensacións. Celanova, Arenteiro e A Peroxa serían os seguintes rivais con vitorias para o equipo da capital (0-8, 1-3 e 1-11, respectivamente). Logo chegaría a derrota contra o Verín (1-0) e o empate co Barbadás (1-1). Tres vitorias, dous empates e dúas derrotas nunha pretempada atípica, polo que haberá que agardar ata que os “ro-

Celta, Madrid, Deportivo e Pabellón no Torneo xuvenil “Memorial Manolo Arnoia” 4 Terá lugar en Santa Cruz o 25 de agosto. Redacción

Momento do encontro CD Ourense-Deportivo./RAMSÉS. jillos” dean a medida das súas posibilidades. Socios O club leva varias semanas cunha campaña de socios co lema “Eu son CD Ourense” coa que se pretende chegar aos 3.000 aboados. Os prezos oscilarán entre os 20 euros en fondo para os menores ata os 125 para os sénior (de 23 a 65 anos) en tribuna. Tamén haberá descontos para os desempregados (20%), o abono familiar (10% cun mínimo de dúas persoas) e para as peñas (10% cun mínimo de 15 membros). Para empresas créase o abono socio protector, que pagará 30 euros máis sobre o prezo do abono retirado, e o socio amigo, que pagará 20, 30 ou 50 euros segundo escolla fondo, preferencia ou tribuna e terá dereito a ver catro partidos da tempada. As entradas para a liga regular terán un prezo de 8 euros en fondo, 12 en preferente e 15 euros en tribuna.

Liga e Copa O Ourense comeza a súa nova andadura na 2ªB o domingo 25 de agosto contra o filial do equipo colchoneiro. Será ás 18.30 horas no Couto. Logo terá o seu segundo partido oficial da tempada dentro do marco da Copa do Rei. O 29 de agosto (a partir das 20.30 horas) recibirá, en partido único, ao Real Ávila. Na segunda xornada ao Ourense tocáballe desprazarse ata Salamanca para xogar contra o Guijuelo, club que fai uns días decidíu non participar na liga por motivos económicos, polo que (ao peche desta edición) os xogadores e corpo técnico non sabían se terían que descansar nesa segunda xornada, ou se esta vacante sería ocupada por outro equipo.

O 26 de agosto, ás 18:30 h. o Ourense recibe ao Atlético de Madrid

Celta de Vigo, Real Madrid, Deportivo da Coruña e Pabellón Ourense participarán no Torneo xuvenil “Memorial Manolo Arnoia”. O evento terá lugar no campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo o sábado, 25 de agosto. Os catro equipos participarán cos seus equipos que militan na División de Honra de categoría cadete. Ás dez da maña comezará o torneo co partido entre o Celta de Vigo e o Real Madrid. Ás 12 disputarase o Deportivo da Coruña contra o Pabellón Ourense. O formato é de semifinais, así os vencedores dos dous encontros disputarán a final ese mesmo día a partir das 19.15 horas, para posteriormente (en torno ás 21 horas) facerse o acto de entrega de trofeos. A final de consolación disputarase con anterioridade á final, ás 17.15 horas. No descanse entre a xornada matutina e a vespertina celebrarase una xantar campestre (campo da festa de Santa Cruz de Arrabaldo) ao que asistirán representantes da Federación de Fútbol, autoridades, representantes dos equipos participantes, colexio de árbitros, organización e peñas dos equipos participantes. Placas conmemorativas Tamén se farán entrega dunhas placas conmemorativas ao Celta e Depor,

Cartel do Memorial Manolo Arnoia. polo seu ascenso á Primeira División, ao C.D. Ourense polo seu ascenso á Segunda B, ao Real Madrid en agradecemento pola participación no torneo, ao Pabellón por ser o club que representa á provincia na División de Honra e á Delegación de árbitros en Ourense polo seu gran traballo polo fútbol provincial. HORARIOS - 10.00 h. - Real Club Celta de Vigo - Real Madrid - 12.00 h. - Real Club Deportivo da Coruña - Pabellón de Ourense - 17.15 h. - Partido para o 3º e 4º posto - 19.15 h. - Final Torneo - 21.00 h. - Entrega de Trofeos

4 Trofeo Concello de Barbadás Este 25 de agosto celébrase no campo Municipal dos Carrís (A Valenzá), o VI Trofeo Concello de Barbadás de fútbol xuvenil. Os equipos participantes serán Pabellón C.F., C.D. Lugo, S.D. Compostela, e o anfitrión, U.D. Barbadás. Os emparellamentos son: ás 10.15 horas, Barbadás / Compostela, e ás 12.00 horas, Pabellón / Lugo. Pola tarde, ás 17:30 horas terá lugar o partido de consolación e ás 19.15 horas chegará a gran final. O vencedor desta edición tomará o relevo do anterior gañador, o Pabellón.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

FÚTBOL SALA

Preparándose para a liga

4 Ponte Ourense e Cidade As Burgas están en plena pretempada. R. Torres O 13 de agosto, tanto Cidade As Burgas como Ponte Ourense comezaron a pretempada coa intención de chegar ao inicio ligueiro en plenitude de condicións. Os dous conxuntos ourensáns afrontan esta tempada con cambios sustanciais nas súas plantillas. A liga en Primeira División comezará o 15 de setembro, xornada na que o Ponte visitará ao Gironella e o Cidade recibirá ao Valladolid. Cidade As Burgas O Cidade é o que menos cambios sufriu. No que respecta ás baixas, Manolo Codeso non poderá contar con Laura ata o mes de xaneiro por motivos de estudos. Carmen está na mesma situación aínda que ela non participará durante toda a tempada.

Seguindo a liña continuista de non fichar e subir a rapazas do equipo filial, este ano darán o salto ao primeiro equipo Antía, María Romero e Zaida. Antía competirá con Ana por un posto baixo os paos, Romero demostrará na elite do fútbol sala feminino a súa gran zurda e Zaida é unha xogadora pequena pero con grandes cualidades técnicas. As franxiverdes tentarán, un ano máis, manter a categoría. O equipo adestrado por Manolo Codeso comezará a competición o sábado 15 de setembro (ás 17 horas se seguen co mesmo horario que anos anteriores) no pavillón dos Remedios. O rival será o Valladolid, equipo que xa non conta nas súas filas coa internacional por España, a hispano-brasileira, Rosángela, pero que fixo grandes fichaxes para esta tempada.

As integrantes do Cidade As Burgas para esta tempada.

Do Córdoba fichou a Fátima (internacional con España), Amalia e Inma; do Burela a Claudia e Ro; e do Samura (2ª División) a Jessi. Con estas fichaxes a baixa de Rosángela non se vai notar en exceso, e o equipo pucelano convírtese nun dos que conta coa mellor plantilla da competición. Pero antes de estrearse na liga as de Codeso seguirán coa súa pretempada medíndose co Burela no I Torneo Cidade das Burgas. Será o venres 24 de agosto ás 8 do serán na central do Remedios. Ponte Ourense Este ano o Ponte Ourense contratou á xogadora internacional Rosángela, procedente do Valladolid. Tamén se fixo cos servizos de Carol, que a pasada campaña estaba no Val. A estas dúas fichaxes hai que

Foto de familia do novo Ponte Ourense. engadir as que subiron ao primeiro equipo: Noé, Maite, Paloma e a cadete María. En canto ás baixas, non continuarán no club albinegro Eva Tamayo, Raquel de Souza, Bea Seijas (non sabemos por canto tempo) e Ampi, a baixa máis sensible de todas. O Ponte tentará unha tempada máis ser un equipo punteiro na Primeira División e optar ao título ligueiro así como á Copa. O equipo do renovado Vivián debuta na competición o 15 de setembro na casa do Gironella. O equipo catalán terá a baixa de Berta Velasco, que fichou polo Orvina. Velasco foi unha das mellores do conxunto catalán que tan bo papel fixo a tempada pasada, desputando ata a Copa. Tampouco contará con Marga Mas, que se retira da alta competición. O primeiro partido en casa será na segunda xornada -22 de setembro- contra La Rioja. Fermesala Elche e Córdoba Primeiro foi o Femesala Elche e fai moi pouco o Córdoba. Os dous conxuntos non participarán este ano na Primeira División do fútbol sala feminino, e polo mesmo motivo, o económico. O equipo ilicitano

é o máis laureado do todos, entre Copas de España e ligas; mentres que o Córdoba estaba a ser un dos animadores de Primeira e da Copa nas últimas tempadas, con grandes xogadoras como a brasileira Dany (agora nas filas do Burela).

O Cidade xogará un amistoso contra o Burela o 24 de agosto ás 20 h nos Remedios

Rosángela (na imaxe vestindo a camiseta do Valladolid) é a fichaxe estrela do Ponte Ourense para este curso.

4 Xornada 1 - 15 de setembro Gironella - Ponte Ourense Lacturale Orvina- Burela Descansa - Soto del Real Futsi Navalcarnero - Viaxes Amarelles Roldán - Móstoles Ciudad de Alcorcón - U. de Alacante Cidade As Burgas - Valladolid La Rioja - Femeni Centelles


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

BALONCESTO

O Paco Paz será a sede da Copa Galicia de baolncesto 4 Disputarase os días 14 e 15 de setembro. R. Torres Por primeira vez en 27 anos a organización da Copa Galicia de baloncesto masculino correrá a cargo do Club Ourense Baloncesto. Durante os días 14 e 15 de setembro o Paco Paz acollerá este evento que reúne aos catro mellores equipos de baloncesto de Galicia. O venres 14 os emparellamentos nas semifinais (con horario aínda por determinar) serán o Club Ourense Baloncesto contra o Basquet Coruña, e o Obradoiro, de Santiago, contra o Breogán, de Lugo. A final será ao día seguinte, 15 de setembro. Cobfan Desde o 5 de setembro, o Club Ourense Baloncesto habilitará unha zona para o afeccionado chamada COBFAN que estará situada no xardín xaponés (á beira do Hotel San Martín). No devandito espazo programaranse actividades de lecer para os afeccionados, informarase sobre o evento e venderanse as entradas para a fase final do torneo. Pretempada Os xogadores xa están en Ourense e antes de comezar os adestramentos fixeron o pertinente recoñecemento médico. A falta dun base e dun pívot, o equipo que dirixirá un ano máis o cordobés Rafa Sanz xa está perfilado. Á renovación de Pablo Movilla (único xogador que continúa da pasada campaña) únenselle os xogadores Javier Múgica (ala-pívot), o

alero Julio González, o base Raúl Mena, o pívot Víctor Serrano, o alero Alfonso Sánchez, o alero Nick Barbour e o ala-pívot Mateo Kedzo. Christian Iglesias e Arturo Fernández serán o reforzo para os adestramentos do equipo. O único que tiña contrato para esta tempada era Rubén Guillandeaux, pero despois dunhas longas negociación chegouse a un acordo para rescindilo. O alero dominicano cobrou unha mensualidade para rescindir o contrato que o vinculaba co club ourensán durante unha tempada máis. O Club Ourense Baloncesto, que comezará a pretempada a partir do luns 27 de agosto, terá antes do inicio da liga varios partidos amistosos. O 11 de setembro enfróntase en terras lucense ao Breogán; o día 14 mídese nas semifinais

da Copa Galicia ao Basket Coruña en Ourense (de gañar xogarían ao día seguinte contra o vencedor do encontro entre o Obradoiro e o Breogán). O 18 xogará contra o Melilla nunha cancha da provincia ourensá aínda por determinar; e rematará a súa preparación o 22 de setembro en Verín contra o Breogán de Lugo. No que á Liga Ouro refírese, o conxunto ourensán comeza o seu concurso o 5 de outubro (a partir das 21 horas no Paco Paz) contra o Plasencia. Os de Rafa Sanz rematarán a liga regular tamén na casa contra o Navarra.

O COB comeza a liga o 5 de outubro contra o Plasencia no Paco Paz

Alfonso Sánchez facendo o recoñecemento médico.

Bolonio e Pallardó son dúas das xogadoras que continúan esta tempada nas filas do Pabellón Ourense. /ARQUIVO.

Liga de 11 equipos 4 O Pabellón debutará na LF2 2012-2013 o 20 de outubro. R. Torres A situación pola que está a atravesar o país móstrase de forma clara no deporte e con contundencia no deporte feminino (cando a maioría das medallas da delegación española en Londres 2012 foron acadadas por deportistas femininas). O Pabellón Ourense está inmerso un ano máis (leva 11 anos na categoría) no grupo A da Liga Feminina 2. Este ano a categoría conta con tan só 11 equipos dos 14 que a disputaron a tempada pasada (entre eles, o Codigalco Carmelitas, que desapareceu). A liga dará comezo o 20 de outubro e rematará o 30 de marzo. O Pabellón enfróntase ao León na primeira xornada e ao ADBA na derradeira, ambos os dous encontros en casa. En canto ao primeiro der-

bi galego, este chegará na xornada número tres contra o Celta, en casa do equipo olívico, un dos grandes favoritos da competición que vén de descender da LF1 por problemas económicos. O Pabellón Ourense descansará nas xornadas 7 e 17. Pretempada O equipo que este ano dirixe Gonzalo González en substitución de Lisardo Rodríguez- comezará a pretempada o 12 de setembro. Disputará a Copa de Galicia a partir do 30 de setembro contra o Universitario de Ferrol e o Ensino de Lugo. O ades-trador quere ademáis de disputar este trofeo, poder xogar dous amistosos máis para poñer a punto ás súas xogadoras. González contará con Miriam Bolívar, María Álvarez, Nuria Ramiro, Begoña Pallardó e María José Bolonio, xogadoras que xa

estaban no equipo a pasada campaña. A estas hai que engadir as fichaxes de Arantxa Mallou e de Alba Vargas. Mallou chega do Las Rozas (LF2), e conta con ter un papel protagonista no Pabellón. Vargas tamén é unha xogadora con proxección. A xogadora sevillana xoga de ala-pívot e espera ter un papel determinante no cadro ourensán. Provén do Sóller, de Liga Feminina. O club pretende esta tempada contar cun gran número de xogadoras da canteira. Por ese motivo, catro ou cinco xogadoras do equipo xuvenil farán a pretempada co equipo sénior para buscarse un oco entre as que conformen a primeira plantilla.

O Pabellón disputará a Copa de Galicia o 30 de setembro


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

PUBLICIDADE

La Estación de Servicio de Reza se moderniza Con la sustitución de los tanques y surtidores, la gasolinera del grupo Anpian busca ofrecer la mejor calidad en el producto suministrado y cuidar el medio ambiente al mismo tiempo La Estación de Servicio de Reza se moderniza, sustituyendo tanques y surtidores por otros más modernos para ofrecer la mejor calidad en el producto suministrado a sus clientes y al mismo tiempo aumentar el respeto al medio ambiente. Entre las novedades de que dispone ahora la estación de servicio destacan: - Nuevos tanques de doble pared. La gasolinera de Reza cumple ya una normativa que entrará en vigor en el 2019 para todas las estaciones de servicio con ventas superiores a 3.000.000 de litros. Estos tanques están dotados de sistemas de detección de fugas a través de la consola Weder Rood. Esta consola vale para que en el caso de irse el vacío de la doble pared, salte una alarma que avisaría de la avería. La doble pared, a aparte de garantizar la estanqueidad del tanque para que nunca se produzcan fugas al medio ambiente, garantiza la no condensación interior del producto, así, se evitan los cambios de temperatura del producto aumentando su calidad, al no suministrar nunca producto con humedad. Este control de agua y humedades en tiempo real, hace que en el caso de que se detecten, el surtidor deje de suministrar ese producto, impidiendo que

llegue a los depósitos de los vehículos producto en mal estado. - Tuberías. Son de polietileno, de marca de reconocido prestigio, para garantizar que todo el proceso de comunicación entre depósitos y surtidores sea correcto. - Arquetas prefabricadas en tanques y surtidores. Para eliminar cualquier tipo de fuga al medio ambiente se han colocado tanto en los depósitos de combustible como en los surtidores, arquetas prefabricadas que recogerían cualquier tipo de fuga que se pudiese producir. También se han colocado arquetas antiderrame en la zona de descarga del camión suministrador. - Separador de hidrocarburos. El nuevo separador de hidrocarburos lleva un sistema de detección para que en el caso de que se llene, no deje salir ni agua ni hidrocarburos al entorno. - Surtidores. La gasolinera ha pasado de 12 a 27 mangueras por lo que la atención será mucho más rápida en todos los casos. Los surtidores son de la marca Cetil, de reconocido prestigio en el sector. Las mangueras están dotadas de Sistema de Recuperación de Gases en fase II, que sirve para que a la vez

que el producto sale desde el surtidor al vehículo, se recojan todos los gases que salen y vuelvan al depósito de combustible. Aunque ya disponía de este servicio, la estación de Reza ha ampliado la oferta en surtidores de caudal doble, para agilizar la descarga de combustible para vehículos pesados y desde ahora disponemos de surtidos de aditivo Ad Blue. En cuanto a este depósito y surtidor de Ad Blue, hay que señalar que se ha realizado toda la instalación con tuberías de doble pared, especiales para que este producto no sufra cambios térmicos, no se congele y tampoco cristalice.

La estación de servicio ha ampliado su oferta de surtidores.

Agradecimientos Desde Anpian quieren agradecer su trabajo a los profesionales que han acometido todas las obras: Soto Arnadelo, S.L. (instalación de tanques y surtidores), Joyfer (venta de surtidores Cetil), Vipeca, Obras y Servicios, S.L (obra civil) y Tomás Barreiro Alonso (electricista). Certificado ISO En su línea de mejorar el servicio que presta, Estación de Servicio de Reza ha sido certificada con la ISO 175001, de Calidad de Servicio para el Pequeño Comercio.

Si eres cliente de Estación de Servicio Reza, puedes ganar un viaje al Caribe La estación de servicio Reza continúa con sus promociones a clientes. El próximo sorteo que realizará es un viaje al Caribe para dos personas en régimen de todo incluido. Para participar sólo hace falta repostar un mínimo de 30 euros de combustible, por el que te entregarán una papeleta para participar en el sorteo.

Interior de la tienda de la gasolinera Reza.

El premio ha sido donado por Viaxes Piña para celebrar su 25º aniversario y se sorteará el 17 de septiembre.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

Seis atletas ourensáns, no Nacional 4 Celebrarase en Pamplona os días 25 e 26 de agosto. Redacción Pamplona acollerá os días 25 e 26 de agosto o Campionato de España Absoluto de Atletismo, onde haberá representación ourensá. Alejandro Fernández, Lorena Luaces e José Alfonso Palomanes, do Atletismo Academia Postal, Leticia Gil do ADAS, e as atletas do Celta de Vigo, Laura García e Emma Valencia, serán as representantes ourensáns deste campionato. Fernández participará na proba de 5.000 metros, Luaces en 10 quilómetros marcha, Palomanes en triple salto, Gil en salto, García en 400 metros lisos e Valencia en 100 metros valados. Para as atletas do Celta de Vigo (que adestran en Ourense) supón un éxito participar no Nacional absoluto, despois dunha excelente campaña mellorando as súas marcas persoais, ademais de ser medallistas nos campionatos auto-

nómicos de pista cuberta e aire libre. Alejandro Fernández tentará batir as súa mellor marca persoal na distancia lograda fai varias semanas. Máis académicos Do Ourense Atletismo Academia Postal acudirán 12 representantes (nove homes e tres mulleres). Ademais dos citados anteriormente, tamén participarán por parte do Academia Postal, Leticia Fernández, en 1.500 metros; Antía Queimaño, que tomará parte nos 100 metros valados; o actual subcampión de España de 400 valados, Ignacio Sarmiento; os velocistas David Alejandro e Albert Naugle en 100 metros (Naugle tamén en 200 metros); Javier Fidalgo en 110 metros valados; José Antonio Panera en salto con pértiga; José Fernández nos 10 quilómetros marcha e Jesús Cardó en 1.500 metros.

Laura García -esquerda- e Emma Valencia participarán no Campionato Nacional de Atletismo.

ATLETISMO

Leticia Fernández, a mellor promesa 4 Fíxose co Campionato Nacional desta categoría. R.T. A atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Leticia Fernández vén de proclamarse subcampioa de España no Campionato Nacional Promesa ao aire libre. Leticia subiu ao podio nos 1.500 metros cun crono de 4:32.90, a pouco máis dun segundo da vencedora. A súa compañeira de equipo, Iria Castro tívose que conformar coa novena posición. En 100 metros lisos, o representante do conxunto ourensán, David Alejan-

Leticia percorreu os 1.500 metros en 4:32:90

dro, foi cuarto, escapándoselle o bronce por tan só catro centésimas. Outros resultados A propia Leticia Fernández participou no I Trofeo Vila de Cuntis onde acadou o primeiro posto na proba dos 1.500 metros, cun rexistro de 4:25.82, o que supón a súa mellor marca persoal mellorada en algo máis dun segundo con respecto á anterior; segunda foi Iria Castro con mellor marca persoal (4:44.58). Primeiro tamén foi Sergio Paredes, no martelo xuvenil; Miguel Otero foi segundo nos 1.500 metros, e terceiro o seu compañeiro Hugo Loureiro. Cristina Magariños e Irene Gesto dominaron o 100 femenino.

Alejandro Fernández foi o vencedor da IX Carreira Popular Nocturna de Vilagarcía, sobre unha distancia duns oito quilómetros. Fernández foi o gran dominador da proba dobregando ao seu compañeiro de club, Manuel Hurtado, quen rematou na segunda posición. Emilia Mesa roza as medallas no Europeo A semana pasada disputouse o 18º Campionato de Europa de Veteranos, organizado en varias sedes de Alemania, a República Checa e Polonia. A única representante do Academia Postal foi a multimedallista nacional Emilia Mesa (W55), que competíu na localidade alemana de Zittau, logrando unha brillante actuación,

Óscar Ramos, suma e segue 4 O atleta do ADAS O Barco é a sensación do verán no que a carreiras populares se refire. R. Torres O atleta ourensán do club ADAS O Barco, Óscar Ramos, está sendo un asiduo ao podio nas carreiras populares que se están a disputar pola xeografía ourensá ao longo deste verán. Na carreira de San Salvador de Baños de Molgas non foi menos e alzouse coa vitoria final. Nesta quinta edición Ramos fixo un tempo de 23.13 minutos para completar os 7.000 metros da proba. Os atletas do Academia Postal, Víctor Fernández e o atleta local, Alejandro Cid, foron segundo e terceiro respecti-

vamente. En categoría feminina, Sonia Teijeiro -Veteranos Pabellón- foi a máis rápida (28.35), seguida de Ana Soutullo e Tania Prieta. Nesta carreira absoluta participaron un total de 91 corredores. Probas escolares Nas carreiras de categorías inferiores, Jonathan Alvear foi o máis rápido en percorrer os 1.200 metros. O atleta académico empregou un tempo de catro minutos e 21 segundos. Ramón Cid e Marcos Ruido foron segundos e terceiros respectivamente. Aida Martines, Lucía Gómez e

Inés Saa coparon o podio feminino. Na carreira dos pitufos chegouse ao medio cento de participantes levándose cada un deles unha medalla

Leticia Fernández. malia non obter metal algún. Emilia conquistou por dúas veces a cuarta praza, no salto de lonxitude e en lanzamento de peso de 3 quilos, con sendos mellores intentos de 4,12 metros e de 10,41 metros. Así mesmo, no lanzamento de xavalina de 500 gramos, finalmente logrou o 7º posto, cun mellor intento de 29,07 metros. como premio ao seu esforzo. Entre todas as probas, máis de 150 atletas participaron nesta quinta edición da San Salvador.

Na última cita tardou 23:13 minutos en completar 7 km

No centro da imaxe (co dorsal 0133) Óscar Ramos nun momento da carreira de Baños de Molgas./S.TORRES


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

ATLETISMO

Días de triatlón en Allariz 4 A localidade acolleu o popular por relevos e o “Vila de Allariz”. R.T.

De Cartelle a Outomuro 4 Máis dun cento de atletas déronse cita na 16ª edición desta carreira popular. R.T. A pesar da calor destes días, o sol deulle unha tregua aos participantes que percorreron os 10 quilómetros que separan Cartelle de Outomuro. Máis de 100 corredores de todas as categorías participaron na edición número 16 da carreira popular de Cartelle. As primeiras probas foron ás dos menores, cun gran número de participantes e moito público animando na chegada, que nesta ocasión estaría sita xunto ao polideportivo. A última carreira

foi a absoluta, na que participaron 92 atletas, que completaron un percorrido de 10 quilómetros. Desde o inicio, o atleta do Pabellón Veteranos, Saturnino González, adoitou unha táctica de ataque; así desde os primeiros metros colleu a primeira posición que xa non deixaría ata o final da carreira. A diferenza con respecto aos seus adversarios incrementábase quilómetro a quilómetro ata sacarlle un minuto e 18 segundos ao segundo clasificado. Saturnino empregaría un tempo de 35.35 minutos,

mentres que Juan José Vilachá remataría a proba en 36.53; terceiro sería Castor Salgado cun tempo de 36.58 minutos. Con esta vitoria, o veterán corredor ourensán revalida o título logrado o ano anterior na mesma proba. Sonia Teijeiro volveu a demostrar que é actualmente a mellor popular da nosa provincia rematando en primeira posición e percorrer a distancia en 42.32 minutos; segunda foi Sonia Vázquez (44.25) e terceira Ana Isabel Soutollo (46.15).

Allariz vivíu dúas intensas xornadas de triatlón. Por unha banda celebrouse a proba popular por relevos, e pola outra, o “Vila de Allariz”, puntuable para o campionato galego. Triatlón por relevos O triatlón por relevos é de carácter popular e consta de equipos formados por tres persoas que realizan cada unha delas unhas das probas do triatlón. Participaron 39 equipos en categoría absoluta, 2 en infantil-cadete e 10 en benxamín-alevín. O vencedor foi o equipo “Amunique Lehendakari” formado por Alejandro Caamaño, David Carrillo e Jorge Crespo, que completaron os 400 metros de natación, os 25 quilómetros en bici e os 10 quilómetros

correndo nunha hora 25 minutos 8 segundos. “Vila de Allariz” O sábado 18 de agosto celebrouse a 23ª edición do Triatlón “Vila de Allariz”, proba que actualmente é puntuable para o campionato galego e na que competiron preto de 150 participantes. Os máximos favoritos, Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial) e Pedro Antonio Esmorís (Muralla de Lugo), foron os gañadores desta edición. Saleta mostrou unha grande superioridade sobre o resto e chegou á meta cun tempo de 1:13:36, deixando a case 15 minutos de distancia á segunda clasificada Lorena García. Na proba masculina, Pedro Esmorís e José Manuel Pardo (ambos do Muralla de Lugo) eran os favoritos para o triunfo. Xa desde o prin-

cipio foron ocupando as primeiras posicións e non foi ata o final cando se resolveu quen era o gañador. Esmorís impúxose cun tempo de 1:11:24, trece segundo menos que o seu rival, Pardo. A proba disputouse sobre as distancias de 750 metros de natación, 24 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pé.

Participante da proba de bicicleta.


10

BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

NATACIÓN

Maite García Colomo, récord de Europa en 200 libres 4 No Campionato de España Máster celebrado en Valencia. Redacción Do 12 ao 15 de xullo disputouse en Valencia o XXIII Campionato de España Máster de verán OPEN, no que a nadadora do CN Pabellón Ourense Maite García Colomo acadou o récord de Europa en 200 libres. Ademais do récord europeo que lle permitíu levarse a medalla de ouro na modalidade, Colomo conquistou o título de 400 libre e 200 estilos (con récord de España incluído); tamén foi primeira en 100 costas e 100 bolboreta. Pero o éxito dos irmáns García Colomo non quedaría aí. Cristina García Colomo foi ouro en 1.500 e 400 libre, prata en 200 estilos e 50 libre e bronce en 400 estilos. Manuel García Colomo acadou o ouro en 1.500 libre e 200 bolboreta, prata en 100 bolboreta, 400 libre e 400 estilos. E Carlos García Colomo rematou

Maite García Colomo bateu o récord de Europa Máster nos 200 libres. primeiro en 200 libre e segundo en 400 libre. En relevos, os catro irmáns lograron o título de campións en 4x100 (con récord de España), 4x50 libre mixto, e 4x50 estilos mixto. En total foron 20 as me-

dallas que trouxeron esta saga de nadadores que tantos éxitos está dando ao Club Natación Pabellón de Ourense. Tres foron nos relevos, mentres que Maite, Cristina e Manuel acadaron cinco individuais e Carlos dúas.

Os irmáns García Colomo coas medallas obtidas no campionato de España de natación máster celebrado en Valencia.

Á esquerda, Laura Pimentel no podio do 55º Descenso Internacional da Ría de Navia, xunto coa campioa Anna Greta -centro- e a subcampioa Laia Tena -dereita-.

Terceira en Navia 4 Laura Pimentel sube ao podio no descenso internacional. Redacción No LV Descenso Internacional á Ría de Navia, Laura Pimentel quedou terceira despois de percorrer unha distancia de 3.000 metros. Do mesmo xeito, na XIV edición da Copa Asturias, nunha distancia de 5.000 metros ocupou a quinta posición. Campionato Nacional Máis éxitos foron os que tivo a nadadora ourensá durante este verán. Na edición número 100 do Campionato de España de Natación, Pimentel foi terceira nos 800 metros li-

bres acadando a súa mellor marca persoal no club Natació Tarrassa onde se celebrou o evento. O seu tempo foi 8:55:55, a 13 segundos da vencedora. XXXIV Campionato de España Infantil As instalacións olímpicas de Bernat Picornell (Barcelona) foron a sede do XXXIV Campionato de España Infantil. Dos sete nadadores que alí se desprazaron por parte do CN Pabellón, xunto con Daniel Toro como adestrador, Ana Karina Obaya obtivo en dúas probas posto de finalista, en 100 braza conseguindo na final o

posto 20º e en 200 braza o posto 12º. Andrea Bello foi décima en 100 bolboreta; Martín Rodríguez Paradela foi undécimo en 200 costas e bateu unha mellor marca provincial de 14 anos cun tempo de 02:24:55. O relevo 4x100 estilos feminino conseguíu un 17º posto.

Pimentel logra a terceira posición no Descenso Internacional á Ría de Navia e nos 800 libres do Campionato de España


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

PIRAGÜISMO

11

Profeta na súa terra 4 O club Fluvial de Allariz fíxose coa IX Regata de piragüismo benxamín-alevín-infantil. Redacción Os pasados 18 e 19 de agosto celebrouse a novena edición da Regata de Allariz de piragüismo para as categoría benxamín, alevín e infantil (puntuable para a Copa Deputación). Esta cita, enmarcada dentro do programa de festexos do concello alaricano con motivo da “Festa da Empanada 2012”, contou coa participación de 70 piragüistas procedentes dos clubes de toda a provincia de Ourense. De entre eles, o anfitrión, o Fluvial de Allariz, foi o flamante vencedor; seguido en segundo lugar polo de Avión e en terceiro polo do Barco. Vencedores individuais Por categorías os gañadores foron os seguintes: en alevín A masculino

Participación ourensá na Regata Príncipe de Asturias 4 Celebrouse o 15 de agosto en Allariz con deportistas de España e Portugal. Algunhas das piragüistas máis cativas do Fluvial de Allariz presumindo de medalla. dominou Diego Prado (F. goría, Paula Segura (F. Avión) e en alevín B mas- Allariz). No tocante á categoría culino, Oliver Rodríguez (F. O Barco); entre as fé- infantil, Adrián Prada (F. minas alevíns destacaron O Barco) foi o mellor do Sara Antelo (F. Allariz) grupo A e Santiago Álno grupo A e Sara Vide (F. varez (F. Allariz) o do B; mentres que Marta ParaAllariz) no grupo B. Pola súa banda, o mellor delo (F. O Barco) fíxose piragüista benxamín mas- co primeiro posto do gruculino foi Agustín Segura po A feminino e Mariele(F. Allariz) e a mellor en- na Márquez (F. Avión) co tre as mulleres desta cate- do grupo B.

Redacción O mércores 15 de agosto celebrouse a 35ª edición da regata internacional Príncipe de Asturias na que participaron clubs de España e Portugal. Á proba acudiron os clubs ourensáns do Fluvial Allariz que obtivo o oitavo posto na categoría xuvenil cos padeeiros Pablo Feijoo, Marcos Borrajo, Juan Mata e Juan Feijoo, e o

Fluvial O Barco que obtivo o posto 10 na categoría sénior cos deportistas Fernando García, David Armesto, Francisco Vázquez e Bernardo Sánchez. A regata disputouse sobre unha distancia de 6 quilómetros e nela os participantes tiñan que facer unha parte do percorrido en barcos individuais, outra en barcos dobres, e finalmente acabar en barcos de 4 tripulantes. A proba foi gañada

polo club Kaiak Tudense de Tui (Pontevedra). Dos representantes ourensáns, os de Allariz alcanzaron a posición 18 na xeral por clubs, e os do Barco a 20ª.

O Fluvial de Allariz rematou de 18 na xeral por clubs e o equipo do Barco de 20


12

BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

TENIS

De éxito en éxito 4 A tenista ourensá Valeria López fíxose cos últimos torneos celebrados en Galicia. R.T. A tenista ourensá Valeria López Pérez continúa coa súa marcha triunfal desde que é xogadora cadete. No Concello de Nigrán fíxose co triunfo absoluto (ademais do cadete) diante das mellores xogadoras galegas. No torneo estaban a número un galega, Marta Miño; a número dous, Natalia Galan e Gisela Amor, cuarta, xunto coa venezolana Andrea Panetti e a propia Valeria Lopez (número sete), polo que o triunfo ten máis valor se cabe. Na final, foi superior

a Gisela Amor por 6/7 6/3 e 6/2 para a ourensá, que se está consolidando como a sucesora da mítica Marta Alastrue (11 veces campioa galega), tamén ourensá. Torneo Teresa Herrera Valería López impúxose no Torneo Teresa Herrera de tenis xogado no Club Tenis Coruña. Nas roldas previas á final, López venceu con solvencia a todas cantas contrincantes enfrontouse. Xa na final, Valeria tivo que exprimirse ante a xogadora local, Santiago Celia Cerviño (C.A.R) á que venceu en tres disputa-

dos sets. Con este triunfo, a tenista ourensá afianzase no liderato do tenis cadete galego. Outra vitoria na súa curta etapa como tenista foi no Torneo Hermo (Lugo) de categoría absoluta ante a ferrolana María Sicre por 6/2 6/1 reafirmando a súa progresión.

Un dos últimos logros de Valeria foi facerse co Torneo Teresa Herrera

Valeria López (a segunda pola dereita) posando cun dos seus últimos trofeos.

Os mellore tenistas, no V Torneo Futures Cidade de Ourense 4 López Jaén e David Pérez mediranse na final individual. Redacción O V Torneo Futures Cidade de Ourense (que se dipusta do 18 ao 26 de agosto no Club Santo Domingo) quedouse orfo do seu principal favorito, José Checa. O italiano Erik Crepaldi, de 22 anos, referendouse como sensación do campionato e impúxose ao español por 75 6-2 en pouco máis de dúas horas, despregando un xogo dominador que superou a resistencia de Checa, que chegaba á cita cun refacho triunfal de 12 vitorias. No duodécimo xogo, unha

polémica decisión do árbitro deu a Crepaldi dúas pelotas de set que non desaproveitou. No segundo set Checa non se rendeu, pero o italiano mantivo a compostura e non perdeu o servizo. Crepaldi foi o gran vencedor da xornada, pois un intre máis tarde accedeu á final de dobres xunto ao seu compañeiro británico James Marsalek. Xuntos dobregaron ao tándem RumyantsevYevseyev en sets corridos. Fornell vs Yevseyev Quen tamén tivo un día plácido foi Marc Fornell. O

O tenista vallisoletán David Pérez durante un encontro.

O británico Joshua Milton, segundo favorito do torneo. catalán, de 30 anos, xogou contra o kazako Denis Yevseyev, vencéndoo por 6-3 6-2. Como consecuencia, o enfrontamento de semifinais entre Fornell e Crepaldi do venres 24 de agosto ás 10.30 horas promete e moito. Pola súa banda, o vixente campión, Miguel Anxo López Xaén( coñecido como “a raqueta de Elche”) superou pola mañá ao ruso Alexander Rumyantsev por 6-2 76, complicándose excesivamente nun segundo set que debeu sentenciar moito antes. Ás 17.30 saltou de novo a pista co seu compañeiro Iván Areas para enfrontarse en dobres ao catalán Oriol Roca e ao andaluz Ricardo Ojeda, que terminaron impóndose por 4-6 6-2 10-8.

O cuarto semifinalista no cadro individual é David Pérez. O tenista vallisoletán, de 18 anos e 731 do mundo, pasou por enriba (6-1 6-3) ao británico Joshua Milton, segundo favorito. Pérez apenas cometeu erros e Milton reaccionou demasiado tarde. Finais Polo tanto, os venres 24 ás 11 horas preséntase un duelo entre un mito de torneos Futures, López Jaén, e un puxante júnior que busca a primeira final da súa carreira, David Pérez. Pola súa banda, a final de dobres comezará ás 13 horas, unha vez Crepaldi descanse o que o regulamento establece entre partidos.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

NOVAS

Movilla, terceiro en Snooker 4 Caeu en semifinais ante o campión, David Márquez. R.T.

O xogador ourensán Francisco Movilla rematou terceiro no Campionato de España de Snooker celebrado en Madrid. Á cita chegaron os 32 mellores xogadores do país coa intención de alzarse co título de campión nacional da modalidade. En canto a Francisco Movilla, o ourensán comezou coma un furacán acreditando a súa condición de número un no ránking. Na primeira rolda, o ourensán enfrontábase a Adolfo Ruiz ao que derrotaba por un claro 2-0 nun enfrontamento fácil para o galego. Na seguinte rolda enfrontaríase ao veterán xogador madrileño José Luís Prado, cun resultado de 3-0 a favor de Movilla que volvía demostrar o seu gran nivel de xogo. Xa en cuartos de final o rival sería Sergio Tejero, gran revelación do torneo ao que Movilla non deu ningunha opción derrotándoo por un claro 3-0. En semifinais chegaría o enfrontamento con outro dos grandes favoritos, e actual campión de España, o madrileño David Márquez. O enfrontamento foi moi duro e cheo de defensas por parte de Márquez que viña de disputar a semana anterior o Campionato de Europa da especialidade e iso notábase no seu xogo, logrando gañarlle a Movilla na última bóla os dous primeiros frames. Isto provocou un pouco o desánimo do ourensán, o que se reflectiu no marcador xa que Márquez (ao final vencedor do torneo) empezou a xogar moi ben e terminou gañado o enfrontamento por un claro 4-0 e así logrando o pase

á final. Movilla conseguiu volver alzarse cunha medalla nestes campionatos, como o ano anterior, que tamén conquisto o mesmo metal.

Á cita chegaron os 32 mellores xogadores de España

13

As copas gañadas pola Selección chegan a Ourense 4 O 27 de agosto o Edificio Simeón acollerá os trofeos correspondentes á Eurocopa 2008, á Copa do Mundo 2010 e á Eurocopa 2012. R.T. Ourense recibe o luns 27 de agosto as tres copas gañadas pola Selección absoluta de fútbol: Eurocopa 2008, Copa do Mundo 2010 e Eurocopa 2012. Ás 9.45 horas, o presidente da Deputación de Ourense -José Manuel Baltar- recibiraas, e estarán expostas ao público desde as 10 ata as 21.30 horas no Centro Cultural da Deputación. Todos os que queiran poderán fotografiarse e ollear os trofeos máis importantes obtidos pola ‘roja’ nos últimos anos. Tamén, quen o desexe, poderá plasmar as súas felicitacións nun libro de sinaturas que se lle fará entrega á Real Federación Española de fútbol. Anteriormente xa estivera exposta no propio edificio Marcos Valcárcel a Copa do Mundo lograda no 2010 en Sudáfrica.

A exposición estará aberta ao público de 10 a 21.30 horas

Francisco Movilla.

A Copa do Mundo (esquerda) e a Eurocopa (dereita) estarán expostas en Ourense o luns 27 de agosto.


14

BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

CICLISMO

Caamaño, vencedor do Campionato de España de ciclismo independente 4 Celebrado na localidade ourensá de Taboadela. Redacción

Podio do Campionato do Mundo de ciclismo celebrado en Taboadela.

Cavero proclámase campión do mundo en Ourense 4 Proba oficiosa de categoría ciclomaster. Redacción José Antonio Cavero proclamouse campión do mundo de ciclismo en categoría ciclomaster, nunha proba organizada pola asociación Ado-Moure, patrocinada pola Deputación de Ourense, e que contou coa colaboración do Concello de Taboadela, localidade onde tivo lugar. Os 113 ciclistas das categorías sénior, máster 30 e 40 tiveron que dar seis voltas a un esixente circuíto, e, ao paso destes pola liña de meta e despois de completar a segunda volta uníronselles os 24 participantes das categorías máster 50 e 60. Así os primeiros totalizaron 89 quilómetros e os segundos, 60.

Desde o comezo sucedéronse os ataques ata que o corredor leonés, Antonio García, estivo durante case tres voltas escapado en solitario, rodando cunha vantaxe de casi un minuto. Unha vez alcanzado polo pelotón continuaron as demarraxes formándose fugas que non lograron escaparse máis de 20 segundos co groso dos participantes. A lóxica facía presaxiar que todo se decidiría no alto de Taboadela; e así foi. José Cavero (Leon) Yago Alonso (Vigo), Jose Ferreira (Portugal) e Mikel Núñez (País Vasco) lograron pór terra de por medio co resto cunha diferenza próxima ao medio minuto sobre 13 compañeiros, que chegou a ser de 45 segundos na baixada

Feijoo vence no VIII Mini BTT Castelo de Maceda 4 No que participaron 140 nenos e nenas de toda Galicia. Redacción A pasada fin de semana, Maceda acolleu o VIII Mini BTT Castelo de Maceda no que participaron 140 nenos e nenas de toda Galicia. A organización correu a cargo da Escola de ciclismo JA Hermida e tivo como lugar

de celebración as inmediacións do castelo de Maceda, nun circuito xa clásico, despois das oito edicións celebradas. Os rapaces fixeron gozar a todos os presentes que presenciaron a proba. A xornada comezou coa carreira da categoria de prebenxamins, e pechouse

cara a Allariz, onde estes foron alcanzados por un segundo grupo, avanzadilla do gran grupo. Diferenza insalvable Esta diferenza de 45 segundo foi suficiente, e os catro escapados disputaríanse o título. Nos dous últimos quilómetros atacaría Ferreira, pero foi ben respondido o seu ataque por Cavero quen se escaparía finalmente ata a liña de meta. Cavero sacaríalle en meta unha vantaxe de 20 segundos a Ferreira, 30 a Mikel Núñez e 38 a Yago Alonso. O pelotón encabezado por Manuel Ángel Parada Folgar chegaba 1 minuto e 25 segundos despois.

O Concello de Taboadela foi a sede do primeiro Campionato de España de ciclismo independente, á marxe das Federacións, organizado pola Asociación Actividades Deportivas de Ourense C.Moure. Os deportistas das categorías Máster 40, 50 e 60, foron os primeiros en tomar a saída. Tveron que dar cinco voltas a un esixente circuíto totalizando 71 quilómetros. Pese á calor reinante, os participantes brindaron un excelente espectáculo ciclista xa que desde o bandeirazo de saída non se deron tregua, sendo constantes as demarraxes para romper a unidade do grupo, cousa que soamente foi posible na última volta ao paso pola subida de Touran. Foi entón cando logrou distanciarse un grupo de seis corredores que ao cabo se disputaron a proba nun axustado sprint. Finalmente proclamouse vencedor o chantadino José Ramon Caamaño. O ourensán Teófilo Iglesias logrou a segunda posición da xeral. Máster 30 En categoría Máster 30, David Burgo López pro-

David Burgo, campión en categoría Máster 30. clamouse campión de España Máster 30, por diante de Javier Laredo Pesqueira e Basilio Fernández. Os Máster 30 daban 6 voltas para completar así unha distancia de 90,4 quilómetros no xa habitual circuíto que utiliza a Asociación Actividades Deportiva de Ourense C.Moure en probas deste tipo. Nas catro primeiras voltas sucedíanse os ataques, pero o forte ritmo do pelotón non deixaba abrir oco ás numerosas escaramuzas. Foi antes de finalizar a cuarta volta cando se formou a escapada do día, na que estaban os corredores do CC Ourensán Alberto Penín e Javier González; David Burgo, do chantadino; Javier Laredo, de Vigo; Luís E. Larran,

coa carreira de infantís. En canto aos corredores locais, hai que destacar a victoria de Iván Feijo , na categoría “raíña” de infantis, na que venceu nas dúas mangas; tamén a local Aida venceu na categoria de principiantes féminas, sendo acompañada no podio polas corredoras locais Noela Saa e Aixa González. Festa BTT Xa pola tarde tivo lugar nas instalacións das piscinas municipais a III Festa do Mini BTT galego, para rematar unha xornada deportiva na que a bicicleta foi a protagonista.

Parrilla de saída do Mini BTT Castelo de Maceda.

de Vigo; e Juan Belo, Castrosua e Diego Álvarez, do triatlón Muralla, chegando a ter unha vantaxe duns 40 segundos sobre o pelotón. Ata que ao comezo da última volta, onde se debía ascender a dura subida de 2,5 quilómetros ao alto de Taboadela, uníronse varios corredores que saltaran do pelotón. Coroaron un grupo formado por sete corredores cunha vantaxe de 35 segundos sobre o grupo principal, no que se atopaba o corredor ourensán Juan José de Padua. Na baixada final do porto uníronselles un grupo de 20 corredores, que ao cabo se disputarían o sprint final, no que resultaría vencedor o ciclista David Burgo do equipo CC Chantadino.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012

A PREGUNTA DO MES

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº61- Ano: IV - 24 de agosto de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

As instalacións de Eiroás, a punto para a súa apertura

4 A concesionaria fixa nos primeiros días de setembro a inauguración deste complexo deportivo de 13.000 metros cadrados. P. Lodeiro A pouca semanas de abrir as súas portas, o centro deportivo de Eiroás está practicamente rematado, como puideron comprobar tanto o alcalde como a tenente de alcalde nunha visita ao recinto. Acompañados do director do complexo, Saúl González, e do delegado para Galicia de Serviocio (empresa que o xestiona), Genaro Lorenzo, percorreron todas as instalacións, comezando polo campo de fútbol de herba artificial, xa finalizado, ou o ximnasio e as salas de actividades, que xa disponen de máquinas e outros equipamentos. As previsións de Serviocio son que estea aberto na primeira semana de setembro, previsiblemente o día 4. De feito, desde o 22 de agosto xa se poden realizar as inscricións no propio complexo. En 13.000 metros cadrados, o complexo deportivo de Eiroás inclúe, no exterior, un campo de fútbol; en planta baixa, unha piscina de 25 x 12,5; outra máis pequeña para natación infantil, terapéutica, e actividades como aquagym; e unha zona spa con todo tipo de chorros, duchas térmi-

O delegado de Serviocio en Galicia -Genaro Lorenzo- xunto co alcalde e a tenente de alcalde de Ourense na piscina do complexo de Eiroás. /P.LODEIRO cas, sauna e baño de vapor, ademais de catro vestiarios. Na planta primeira está a zona de seco, composta por un ximnasio de 600 metros cadrados, con zona cardiovascular, zona streching, zona de musculación e zona de circuitos; e tres salas de actividades: unha principal destinada ao spinning e outras dúas salas de 170 metros cadrados cada unha, unha de ximnasias blandas como ioga, taichí ou pilates, e algunha actividade infantil tipo kárate o aerokid, e outra dedicada a actividades de impacto, como aeróbic ou fitness, enumeraba Genaro Lorenzo. O centro

complementa a súa oferta con servizos de cafetería, estética e ludoteca, “fundamental nestes tempos nos que moitas veces os pais se ven limitados e non saben con quen deixar os nenos, para que ninguén teña excusa de non facer deporte”, argumentaba o responsable da empresa Serviocio. Ao remate da visita, a tenente de alcalde, Isabel Pérez, destacou que este novo centro de Eiroás completa as instalacións deportivas da cidade, faciltando o acceso á práctica deportiva a toda a poboación “con independencia no lugar no que viva” e ofrecendo ac-

O ximnasio é un dos atractivos deste complexo deportivo. /P.LODEIRO

tividades “para todas as idades”. Pola súa banda, o alcalde, Francisco Rodríguez, recoñeceu “ a aposta que fixo a empresa para traer a esta cidade unhas instalacións desta calidade”. Prezos e horarios O prezo do abono individual será de 32 euros mensuais e o familiar 42 euros. O complexo abrirá de 7 a 23 horas de luns a venres, de 9 a 21 horas os sábados e de 10 a 14 horas os domingos. A empresa adxudicataria deste recinto municipal realizou un investimento de máis de 7 millóns de euros na súa construción. O complexo deportivo dará traballo a 40 persoas.

O complexo deportivo conta con piscina cuberta, ximnasio e salas de fitness e campo de fútbol de herba artificial

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (II) Capítulo 2. O deporte na sociedade moderna Os acontecementos deportivos recentes (Final Champions, Formula I, Motociclismo, etc.), móstrannos claramente a importancia que adquiriu o deporte na sociedade de hoxe. O deporte, máis aló dunha práctica física, dunha forma útil de canalizar o tempo libre e os momentos de lecer, dun elemento educativo, constitúe un importante fenómeno social. A través da historia o seu papel evolucionou até converterse en algo que deixa pegadas nos individuos, nas masas, nas nacións e na mesma convivencia internacional, aínda que a manipulación que padece hoxe non pode dicirse que sexa exclusiva deste século. Abundan tópicos que exaltan e engrandecen a súa importancia; por exemplo, naquela que sinala que o deporte é un idioma universal, algo que pode ser comprendido e asimilado de maneira directa e instantánea por todos os individuos. Se a once xogadores de once países, de distintas linguas, de distintas razas e que profesen ou practiquen distintas relixións dáselles un balón e un árbitro, existen moitas probabilidades de entenderse, xogar, divertirse, e

Alfonso Vilachá.

posiblemente acaben sendo amigos. O deporte, actividade específica humana, converteuse co paso dos anos nun feito tan notorio que o seu auxe é, sen dúbida, un dos trazos que caracteriza a este século. A asistencia ou afluencia masiva dos espectadores aos estadios, o tempo e o espazo que consagran diariamente os medios de comunicación para informar as súas incidencias, enchendo páxinas e páxinas, son os máis claros expoñentes do fenómeno deportivo. O seu nobre e primitivo espírito foi condicionado e mediatizado pola propaganda política, pola propaganda industrial e polo afán de lucro, diminuíndo e mitigando a súa importancia como actividade libre e gratuíta. A manipulación propagouse noutras direccións. A gran influencia do deporte fixo que en moitas ocasións o poder o teña convertido nun medio integrador de gran eficacia: a nivel deporte-espectáculo, fomentando que se extralimite a súa transcendencia para que o publico viva máis pendente del e dos seus máis insignificantes detalles que doutros temas, e nivel de deporte-práctica, facendo que absorba enerxías que se proxectarían noutras inquietudes. Alfonso Vilachá


BARRIOS DEPORTIVO 24 de agosto de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.