24 Xuño 2012 - BD59

Page 1

Entrevista a Alfonso Vilachá, mestre e adestrador III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA

[páx. 30]

Páx. 2-6

Fuster voou no 45º Rali de Ourense

[páx. 16-17]

Volta o torneo dos campións

Grandes figuras, dentro e fóra da auga [páx. 22-23]

Número: 59- Ano: IV - 25 de xuño de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

III Trofeo Barrios Deportivo Grupo A Arranxar / Cafetería Galipán Ambulancias Ribadavia En Xogo / Karlaska Grupo B Dacón FS Concello de Taboadela Mc Donald´s Martes 26 de xuño 20.30h. Arranxar - Ambulancias Ribadavia (A) 21.30h. Dacón - Concello de Taboadela (B) Xoves 28 de xuño 20.30h. Perdedor B - Mc Donald´s 21.30h. Perdedor A - En Xogo Venres 29 de xuño 20.30h. En Xogo - Gañador A 21.30h. Mc Donald´s - Gañador B Sábado 30 de xuño 18.00h. Combinado Provincial - Combinado Primeira Ourense. 19.00h. Gran final II Trofeo BD

A final do segundo torneo de fútbol sala BD estivo moi igualada. /RAMSÉS

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Volta o torneo d 4 Do 26 ao 30 de xuño os mellores equipos disputarán a terceira R. Torres O martes 26 de xuño terá lugar ás 12:15 horas no pavillón dos Remedios a presentación do III Trofeo Barrios Deportivo, que contará coa presenza do concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela. Xa está todo listo para que comece a rodar o balón da terceira edición do Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala -o torneo dos campións-, que este ano vén con novidades. Nesta edición, debido a que desapareceron algunhas ligas, pasouse de oito a seis equipos. Así, competirán polo trifundo esta edición o Concello de Taboadela, como campión de Provincial (e da Copa Deputación); o Arranxar / Cafetería Galipán, como campión de Primeira de Ourense; o Dacón FS, como campión de Carballiño; o En Xogo / Karlaska como defensores do título logrado o ano pasado (cando lograron o triplete); o Ambulancias Ribadavia, como subcampión de Celanova (o campión decidíu non participar no torneo como xa fixera na Copa Deputación) e o sexto equipo será o Mc Donald´s, como subcampión da Copa (o campión, Taboadela faino como campión da Liga Provincial). Liguiña Outra das novidades é o formato de encontros; en vez de xogarse cuartos, semifinais e final, xogarase unha primeira fase de grupos (dous grupos de tres

O Bar En Xogo / Karlaska é o último vencedor do Trofeo Barrios Deportivo e este ano loitará por equipos) e o campión de cada grupo pasará á final que será o sábado 30 de xuño a partir das 19 horas. Os grupos están configurados da seguinte maneira: no grupo A quedaron encadrados o Arranxar, Ambulancias Ribadavia e o En Xogo; mentres que o grupo B está configurado por Dacón, Concello de Taboadela e Mc Donald´s. Estes dous últimos rememorarán a final da Copa Deputación

deste ano. Con todos estes alicientes preséntase unha terceira edición sen un claro favorito. Catro dos seis participantes disputaron fai unha semana as semifinais da Copa Deputación, e a igualdade foi a nota predominante durante todos os partidos polo que se prevé un torneo dos campións moi igualado. Horarios O Torneo BD, que se dis-

putará na cancha central do pavillón dos Remedios, comezará o martes 26 de xuño coa celebración da primeira xornada de cada grupo. Ás 20.30 horas darán o pistoletazo de saída o Arranxar e o Ambulancias Ribadavia, para despois deixarlle o turno ao Dacón - Taboadela (21.30 horas). Para o xoves 28 queda a segunda xornada na que debutarán no torneo o En Xogo (grupo A) e Mc


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

dos campións edición do Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala.

no que contra o final o Lasider apretou no marcador. Na segunda edición, en 2011, o Sobrado defendía título. E foi un digno defensor do mesmo, xa que tan só caeu na final ante o En Xogo por 3-1. O partido comezouno gañando o Sobrado, pero conforme pasaban os minutos os seus xogadores foron perdendo fol, aproveitándose da situación o En Xogo, quen lle deu a volta ao marcador e finalmente venceu por 3-1. O En Xogo ese ano obtería un triplete que non conseguíu ninguén ata o momento, gañando a Liga Provincial, a Copa Deputación e o Trofeo Barrios Deportivo.

Este ano estréase o sistema de grupos para elixir os dous equipos que se enfrontarán na final

Imaxe correspondente á final da segunda edición do Trofeo BD entre o Sobrado e o Bar En Xogo. /RAMSÉS

Os encontros serán na cancha central dos Remedios, martes, xoves e venres, a partir das 20:30 h.

A final dispútase ás 19 horas do sábado; antes, un partido entre os combinados local e provincial

r defendelo título./RAMSÉS Donald´s (grupo B); os primeiros xogarán ás 21.30 horas contra o perdedor do Arranxar - Ambulancias Ribadavia. O segundo xogará unha hora antes (20.30h.) contra o perdedor do Dacón FS - Taboadela. Para a última xornada desta fase quedarán os encontros En Xogo - gañador do Arranxar - Ambulancias Ribadavia, e Mc Donald´s - vencedor do Dacón FS - Taboadela. O sábado 30 será o día da

gran final. Antes da mesma, ás 18 horas xogarase un partido entre un combinado de xogadores da Liga Provincial contra outro de xogadores da Primeira Local de Ourense. Ás 19.00 horas disputarase a final do III Trofeo Barrios Deportivo, que enfrontará os primeiros clasificados dos dous grupos. O trofeo está organizado polo periódico Barrios Deportivo e a web mun-

dourense.com, e conta co patrocinio da Concellería de Deportes, o Consello Municipal de Deportes, a Delegación de Fútbol Sala, Academia Proxecto, Anpian, Viaxes Piña e AGS. Edicións anteriores Na primeira edición deste Trofeo, en 2010, o Sobrado foi o campión ao vencer na final por 8-5 ao Lasider, nun partido no que dominaba claramente o Sobrado, pero

O Sobrado foi o vencedor da primeira edición do trofeo Barrios Deportivo. /ARQUIVO.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

en xogo/KARLASKA

A revalidar o título 4 Despois das decepcións de Liga e Copa, o equipo de Provincial ten a oportunidade de lograr un título este ano co Trofeo BD. Redacción O En Xogo-Karlaska do 2012 segue mantendo a mesma base de xogadores ca tempada anterior, que lles deron os tres títulos en xogo. Este ano incorporaron a Peke e Almeida. Eso si, todos un ano máis vellos e algúns con máis fillos. Seguen sendo un grupo de

amigos aos que ademais de gustarlles o fútbol sala desde fai mais de vinte anos, tamén lles gusta divertirse fóra das canchas de xogo. Este ano foron terceiros na liga, e quedaron apeados da Copa en semifinais diante do Mc Donald´s, polo que o Trofeo Barrios Deportivo é a última esperanza para lograr algún título. Por iso

acuden a este torneo con moita ilusión e non quedar as súas vitrinas baleiras de títulos no 2012, despois de ter logrado todo a tempada pasada. No grupo A O En Xogo esta encadrado xunto co Arranxar e o Ambulancias Ribadavia no grupo A. Comezará a

Formación do En Xogo / Karlaska./M.REJO. competición o xoves 28, ás 20.30 horas contra o perdedor do enfrontamen-

to entre os outros dous equipos. O venres 29 remata a fase

de grupos ás 21.30 horas contra o vencedor do primeiro encontro.

mc dondals

O Mc Donald´s ante a súa terceira participación 4Segundo na Copa Deputación, o equipo xa disputou as dúas anteriores edicións do Trofeo Barrios Deportivo. Redacción Se hai un equipo que non falla nas edicións do Trofeo Barrios Deportivo, ese é sen dúbida algunha o Mc Donald´s Ourense. Con tres anos de historia, o equipo da capital xa venceu en Segunda Local (xa non existe) e en Primeira; este ano en Provincial quedaron en cuarta posición por detrás do Taboadela, Cerber e En Xogo. Na Copa Deputación, chegaron á final perdéndoa contra o Taboadela pola mínima (2-1).

Para este grupo de amigos que leva o lema de “unión de amigos, traballo en equipo”, o importante é divertirse, pero sen deixar de ser competitivos como o veñen demostrando nos seus tres anos de historia. No grupo B Este ano intentarán pasar do terceiro posto, lugar onde quedaron nas dúas primeiras edicións. Encadrados no grupo B, comezarán a competir o xoves 28, a partir das 20.30 horas nos Remedios, contra o perdedor do partido

Dacón - Mc Donald´s. O venres 29, xogarán contra o gañador do mesmo encontro. En caso de chegar á final, será o sábado ás 19 horas. Agradecemento Desde o club queren agradecer o apoio incondicional e o esforzo realizado polos patrocinadores, con Mc Donald´s á cabeza, ademais do grupo consultor Vila Castro, o Buda Bar, La Bull 2.0, Pub Mogambo e Construccións José Fernández.

David, Quique, Tano, Bruno, Nicolás, Öscar, Roberto, Iñaki, Juan, Jose e Diego Sotelo, integrantes do Ambulancias Ribadavia.

ambulancias ribadavia

Segundos no primeiro ano na Liga de Celanova 4 O equipo preséntase ao III Torneo Barrios Deportivo co obxectivo de “non levar ningún golpe e pasar un bo rato”. P.L.

Integrantes do Mc Donald’s.

O Ambulancias Ribadavia pechou este ano a súa primeira participación na Liga local de Celanova acadando o segundo posto. O equipo formouse a principios desta tempada a partir de tres xogadores do Cortegada. Cando este subiu de categoría e o equipo desfíxose, decidiron continuar xogando, colleron varios rapaces do seu pobo, Cortegada, buscaron un patrocinador familiar,

Ambulancias Ribadavia, e así voltaron á pista. “Na liga foinos ben, aínda que pecamos de rapaces”, indica un destes tres xogadores, Jose. É é que aínda que Jose leva sete anos competindo ao fútbol sala, tanto en ligas locais, como en provincial e autonómica, o Ambulancias Ribadavia confórmano xogadores moi novos, o máis vello de 28 anos e outros dous con apenas 17. Ao III Torneo Barrios Deportivos, do que xa oíran falar, preséntanse co

ánimo de “non levar ningún golpe e disfrutar, pasar un bo rato”, explica Jose. A amistade é o que une aos integrantes deste club, “son moitos anos xogando xuntos e somos todos do pobo”, engade Jose. Forman o equipo David e Quique (porteiros), Tano, Bruno, Nicolás, Óscar, Roberto, Iñaki, Juan, Jose e Diego Sotelo, sendo o delegado Sotelo e os patrocinadores Jesús Martínez e Rafael Tejero de Ambulancias Ribadavia.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

CONCELLO DE Taboadela

Liga, Copa, e agora... a polo triplete 4 O Taboadela buscará o seu terceiro título da tempada despois de acadar a Liga Provincial e a Copa Deputación. Redacción O Concello de Taboadel naceu na tempada 2001/2002 na 3ª categoría do fútbol sala provincial. Nun primeiro momento chamáronse Os Escornabois (os xogadores eran membros da peña que anima cada domingo na bancada do Couto a CD Ourense). Nesta primeira tempada, tras unha boa primeira volta o club desínchase e remata nos postos medio-baixos da táboa. As tempadas 2002/2003 e 2003/2004 o equipo caracterízase por estar sempre nos postos baixos da categoría, sendo as goleadas en

contra unha constante. Sen dúbida, as ganas de practicar deporte son o que motiva a este grupo para seguir competindo. Todo comeza a cambiar na tempada 2004/2005 coa chegada de novos xogadores, algúns alleos á peña, e a progresiva retirada dos veteráns do equipo; este ano confórmase a base dos primeiros ascensos, e esa mesma tempada ascéndese á 2ª local. Na tempada 2005/2006 o equipo continúa reforzándose con novos xogadores e a pesar de perder sete puntos nos despachos, o equipo logra ser campión de liga na última xornada logrando así

o ascenso á Primeira local. Durante as tempadas 2006/2007 e a 2007/2008 manteñen o bloque, e o equipo obtén “boas” tempadas na Primeira Local quedando encadrado sempre na metade alta da táboa. A tempada 2008/2009 prodúcese a chegada doutro grande grupo de xogadores que orixinan o esqueleto do actual Taboadela F.S.. Esa tempada o equipo logra gañar o título con suficiencia e accede por primeira vez aos cuartos de final de Copa, sendo eliminado nos penaltis polo Pijú; tamén cambia por primeira vez o nome comercial do equipo sendo este Rochela Escor-

O equipo de fútbol sala Concello de Taboadela./M.REJO. nabois. A tempada 2009/2010 prodúcese o debut en Provincial cun meritorio quinto posto, comezando unha pequena colaboración co Concello de Taboadela. A pasada campaña 2010/2011 é onde o equipo da S.D. Os Escornabois atopa unha total colaboración co Concello de Taboadela, pasando o equipo a denominarse Concello de Taboadela. Esta tempada 2011-2012, o equipo conságrase aca-

dando a liga e a Copa, polo que queren pechar o ano cun triplete que só conseguíu o En Xogo / Karlaska a pasada tempada. En liga quedaron por diante de equipos como o Cerber, En Xogo e Mc Donald´s (McD); na Copa venceron na final ao Mc Donald’s. Grupo B O Concello de Taboadela está no grupo B xunto ao Dacón FS e ao Mc Donald´s. Comezan a competición o

martes 26 ás 21.30 horas contra o Dacón. Se gañan volverán xogar o venres 29 (21.30 horas) contra o Mc Donald´s -reedición da final da Copa Deputación-; pola contra se perden xogarán contra o Mc Donald’s o xoves a partir das 20.30 horas.

O Taboadela está encadrado no grupo B, xunto a Dacón e Mc Donald’s


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Plantilla do Arranxar / Cafetería Galipán. /M. REJO

Arranxar - Cafetería Galipán

Campións no primeiro ano 4 Foron os líderes indiscutibles da Primeira Local de Ourense. Redacción Arranxar/Cafetería Galipán é un grupo de amigos, que un bo día decidiron formar un equipo de fútbol sala. Xa coincidiran algún deles en fútbol 11, polo que a compenetración non se faría esperar. Coa idea de crear un equipo competitivo loitando por todo saíron a competir nesta tempada 2011-2012 na Primeira Local de Ourense. As cousas non lle puideron ir mellor. En 32 partidos tan só cederon unha derrota e un empate, con 192 goles a favor por 89 en contra. O seu dominio foi incuestionable sacándolle ao segundo (fontaneria25anos.com) 12 puntos de diferenza. Deste xeito devolveron a confianza dos patrocinadores (Arranxar/Cafetería Galipán) cun gran campionato. Para o ano próximo pretenden facer dúas ou tres fichaxes para tentar o ascenso

a Autonómica, pero sen ser un obxectivo primordial. Pero antes queren facer un bo papel no III Trofeo Barrios Deportivo e conseguir o dobrete no seu primeiro ano de existencia. O Arranxar/Cafetería Galipán está conformado por Hugo, Yony (capitán), David Tractor, Borja Mazorra, Yago, Aaron, Marcos Barjacoba, Gabri, Víctor Oliveira, Dany Vázquez e Gele (delegado). Na Copa Deputación chegaron ata as semifinais onde perderon contra o Concello de Taboadela (campión de Copa e Liga Provincial) na tanda de penaltis e despois de empatar a dous no tempo regulamentario e dispor das mellores ocasións para levarse o partido. III Trofeo Barrios Deportivo Este é o primeiro ano que participan nesta competición, pero dadas as

súas credenciais no ano da súa formación, certo é que o Arranxar / Cafetería Galipán é un dos serios aspirantes a facerse coa terceira edición do Trofeo Barrios Deportivo. Para iso terán que desfacerse na fase de grupos do Ambulancias Ribadavia (subcampión de Celanova) e do En Xogo / Karlaska. O primeiro partido do Arranxar será o martes 26, ás 20.30 horas, contra o Ambulancias Ribadavia. O segundo partido será en función de se gaña este primeiro encontro ou non; se vence volverá xogar o venres 29 (20.30 horas) contra o En Xogo, e se perde farao contra este mesmo equipo o xoves 28. O Arranxar quere proclamarse campión para obter un dobrete no ano da súa creación. Xogadores como Tractor xa saben o que é xogar a final deste torneo.

Integrantes do Dacón FS.

Dacón FS

O campión de Carballiño quere dar a sorpresa 4 É a súa primeira participación no torneo dos campións. Redacción Quizáis non sexa o favorito nas quinielas, pero o campión de Carballiño quere facerse cun título que só coñece gañadores de categoría provincial. O Dacón FS é un equipo con catro anos de vida. Na tempada da súa estrea proclamouse campión da 2ª División do Carballiño, ascendendo a Primeira. No debut en Primeira lograron o subcampionato e con el ascender a Provin-

cial. En Provincial pasaron o seu peor ano certificando o descenso a final de tempada. Este ano, no seu regreso á liga local do Arenteiro, o Dacón volveu á senda do éxito logrando o campionato ligueiro, por diante do seu máximo rival, o Beariz, a quen aventaxou en tan só tres puntos: 70 para o Dacón e 67 para o Beariz. Os integrantes do campión de Carballiño son: Víctor Bello, Diego Fernández, Óscar Dacosta, Luís Bello, José M. González, Rubén

Otero, Adrián Caíña, Jorge Vázquez, Ricardo Pérez, Miguel Vallejo e Diego Sampaio; como delegados actúan Gabriel Otero e Yoana Álvares, e como auxiliar Diego de la Calle. Trofeo Barrios Deportivo O Dacón está encadrado no grupo B onde terá que enfrontarse ao Concello de Taboadela e ao Mc Donald´s co obxectivo de conseguir un posto para a final.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

PUBLICIDADE

4 FESTAS OURENSÁS, PLURAIS E PARTICIPATIVAS

4 MÁIS DE 20 DISCIPLINAS NA OFERTA DEPORTIVA

Luns 25 de xuño: Pregón das festas de Ourense - Praza Maior: 18 h. - Exposición de rodas de afiar do museo Florencio de Arboiro 19 h. - Volta e Dálle Teatro: “O Afiador Rodesindo de Barrosa” 19:45 h. - Espectáculo do Mago Teto: “O Afiador” 20:30 h. - Contos e Monólogos de Cándido Pazó e Avelino González 21:30 h. - Pregón a cargo do afiador Armando Álvarez e concerto de O Sonoro Maxín. Martes 26 de xuño: Concerto Terra da fraternidade homenaxe a Zeca Afonso - 22:30 h. - Praza Maior

Ata o xoves 28 de xuño: Torneo de fútbol 3x3 júnior - C.C. Pontevella Luns 25 de xuño: I Campus de verán Hockei Albor - De 9:30 a 13:30 h. - Mariñamansa Final Fútbol sala de empresas - 21 h. - Pavillón dos Remedios Martes 26, mércores 27, xoves 28 e sábado 30 de xuño: III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala - 19 a 22 h. - Pavillón dos Remedios Do xoves 28 de xuño ao domingo 1 de xullo: VI Xira de kárting galega - De 10 a 14 e de 17 a 22 h. - Parque Barbaña Venres 29 de xuño: Día Internacional de Loita contra a droga - De 12 a 20 h. - Pavillón dos Remedios II Campionato de Scalextric Cidade de Ourense - 18 h. Sábado 30 de xuño: Final fútbol veteráns Ourense e Galiza - 16:30 e 18 h. - Campo de fútbol Miguel Ángel 3ª Carreira Nocturna - 21 h. - Paseo río Barbaña Sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo: Open de Helicópteros e Campionato F3C - De 10 a 22 h. - Parque Barbaña

Mércores 27 de xuño: Concerto Grupo de Expertos Sol y Nieve e Os Amigos dos Músicos 22:30 h. - Praza Maior Xoves 28 de xuño: Fusión Oriental Ximnasio 2000 - 23 h. Praza Maior Venres 29 de xuño: Concerto de Treixadura, Coral de Ruada e Miñotos - 22:30 h. - Praza Maior Velada Hip hop- 23 h. - Sala Berlín Baile coa orquestra Nevada - 00:00 h. Rúa do Progreso Sábado 30 de xuño: Batalla de Flores - 20 h. -As Lagoas, Curros Enríquez, Paseo, baixada Padre Feijoo, rúa do Progreso e rotonda estatua de San Rosendo Concerto Coanhadeira

e o espectáculo “Jai Galai” de Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño - 22:30 h. - Praza Maior Baile coa orquestra Grupo D’Moda - 00:00 h. - Rúa do Progreso Espectáculo pirotécnico - 00:30 h. - Á beira do río Miño Domingo 1 de xullo: Día Internacional de Loita contra a droga: Presentación da Festa da Istoria de Ribadavia - Praza Maior: 18 h. - Desfile 18:30 h. - Voda xudía 19:15 h. - Espectáculo de música e danza

Xoves 28 de xuño:

4 ACTIVIDADES SEMANAIS PARA TODOS OS GUSTOS Ata o 30 de xuño: Carrileiros & Foula: Parque ferroviario r/ da Canle Do luns 25 de xuño ao domingo 1 de xullo: Atraccións - Todo o día - X. Bispo Cesáreo e Alameda do Concello Do martes 26 ao venres 29 de xuño: XVI Mostra de Teatro de Rúa - Rúa do Paseo e Praza San Martiño Do martes 26 ao sábado 30 de xuño: Animación de rúa: charangas, batuke, ruadas e bloco afro Do 26 de xuño ao domingo 1 de xullo: VIII Casetas Gastronómicas - Praza das Mercedes

VIII Mercado Medieval - Desde as 11:30 h. Casco histórico Xoves 28: 18:30, 19 e 21:15h. Ruada de músicos 19:30 h - Cetraría 20:15 h. - Trapecio 20:30 h. - Campamento militar árabe: loitas e combates Venres 29: 12:30 h - Cetraría 13:30 h, 20:15 h. - Trapecio 14 h. - Campamento militar cristián: loitas 12:15, 14:30, 17, 18,

4 XVII DERRAME ROCK: MÁIS DE 50 HORAS DE ROCK EN DIRECTO

19, 20:45, 21:15, 22, 22:30 h. - Ruada de músicos 21 h. - Campamento militar árabe: loitas e combates Sábado 30: 12:30 h - Cetraría 13:30 h, 20:15 h. - Trapecio 14 h. - Campamento militar cristián: loitas e combate 12, 14:30, 17, 18, 20:45, 21:15, 22, 22:30 h. - Ruada de músicos 19, 21 h. - Campamento militar árabe: loitas Domingo 1: 12:30 h - Cetraría 13:30 h, 20:15 h. - Trapecio 14 h. - Campamento militar cristián: loitas 14:15, 18, 20:30, 21:15, 22 h. - Ruada de Músicos 19, 21 h. - Campamento militar árabe: loitas

19.00 CONCURSO RADIO GALEGA 19.30 GAÑADOR WOLFEST 20.00 CONCURSO RADIO GALEGA 20.30 BAD BUSTED CREAM 21.00 KAMBOTES 21.30 CUCHUFELLOS 22.20 ULTRÄQÄNS 23.10 FESTICULTORES 00.00 SONORO MAXÍN

00.50 LOS SUAVES

02.20 GATILLAZO 03.30 MIGUEL COSTAS

Venres 29 de xuño:

15.00 CLOCKWORK 15.30 IHxCAS 16.00 SWITCHTENSE 16.30 MACHINA 17.05 DENIRO 17.40 DR. EXPLOSIÓN 18.30 THE TOASTERS 19.30 LOS CHIKOS DEL MAIZ 20.25 VITA IMANA 21.20 HAMLET 22.20 SEPULTURA 23.40 BURNING

00.50 LOQUILLO

02.15 EUKZ 03.15 BANDA BASSOTTI 04.25 NOVEDADES CARMINHA 05.10 MOTÖRHITS 05.50 RAMONS

Sábado 30 de xuño:

13.00 REINCIDENTES EN ACÚSTICO + FESTA SESIÓN VERMÚ NA PRAZA MAIOR 15.00 MITOCONDRIAS 15.35 ZENZAR 16.10 FORRAJE 16.50 MANOLO KABEZABOLO 17.40 HABEAS CORPUS 18.30 NON SERVIUM 19.20 ANGELUS APATRIDA 20.10 REINCIDENTES 21.10 AVALANCH 22.10 GUSTAVO CORDERA

23.10 ROSENDO 00.35 LOS ENEMIGOS

02.00 HERDEIROS DA CRUS 03.25 BAD MANNERS 04.25 DAKIDARRIA 05.10 ORKESTA PARAISO 05.50 METALLICA TRIBUTO

Recinto deportivo de Oira. Abonos tres días: 65 euros con acampada / 55 euros sen acampada; entradas soltas: 27 euros, xoves; 37 euros, venres ou sábado. Máis información: www.festivalderramerock.com


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

FÚTBOL / FÚTBOL SALA

O Concello de Taboadela logra a Copa Deputación 4 Este ano consiguen o doblete de Liga Provincial e Copa Deputación. R. Torres O pavillón municipal de Outumuro acolleu a fase final da Copa Deputación tanto en categoría masculina como en feminina. Na xornado do sábado 23 de xuño, en horario

vespertino, celebráronse as semifinais nas dúas categorías. En canto ás mulleres, o Carballiño accedía á final ao vencer por 5-3 ao Caldelao, mentres que o equipo local do Outumuro facía o propio ao gañar ao Castrelo por dous goles a un.

Nas semifinais masculinas, os penaltis foron o común denominador. Na primeira semifinal, que enfrontaba a Arranxar / Cafetería Galipán e ao Concello de Taboadela, a igualdade estivo presente no electrónico, non así no xogo,

Os xogadores do Concello de Taboadela celebran o pase á final. /M. REJO

Copa Deputación

O Valenzá lévase a Copa Deputación 4 Despois de vencer ao CD Barco na tanda de penaltis. R.T. Non partían como favoritos, pero chegar á final despois de eliminar ao Barbadás en semifinais dáballe certas opcións de alzarse coa Copa Deputación de futbol. En fronte o CD Barco, equipo de categoría superior (Rexional Preferente fronte á Primei-

ra Rexional do Valenzá), o que lle outorgaba unha lixeira vantaxe. O partido discorreu sen grandes ocasións en ambas as dúas portarías e sen un dominador claro do xogo. Polo que se chegou a final dos 90 minutos con empate a cero goles. A tónica da prórroga foi similar, polo que o marcador non

se movería nos 30 minutos de tempo extra. Despois de 120 minutos sen goles chegaba a lotaría dos penaltis, e aí foi onde o Valenzá levouse o gato ao auga. Dous penas máximas paradas polo cancerbeiro do equipo de Barbadás fixeron que a Copa fora a parar ás vitrinas do equipo de Primeira Rexional. A ledicia da marea verde (afeccionados do Valenzá) que acudiu en masa ao Couto tivo a súa explosión de xúbilo ao remate dos lanzamentos desde a liña de nove metros. A marea vermella do Barco tívose que quedar coas gañas de celebrar o triunfo.

sendo o Arranxar o que dispoñía de ocasións máis claras, pero que non lograba materializar. Con empate a dous chegouse ao final do encontro tendo que decidirse o finalista desde os seis metros. Aquí foi onde o Taboadela foi máis efectivo e colouse na final. Se a primeira final decidíuse aos penaltis o mesmo ocorreu na segunda. Mc Donald´s e En Xogo / Karlaska enfrontábanse para saber quen acompañaba ao Taboadela na final. Durante o encontro o En Xogo era o dominador chegando a gañar por 1-4, pero o Mc Donald´s resarcíuse da situación e logrou poñer as táboas no electrónico, polo que se tivo que ir a tanda de penaltis, onde o Mc Donald´s apeou ao En Xogo da que sería a súa sexta final consecutiva. Finais O domingo 24 celebráronse no mesmo escenario (pavillón de Outomuro) as finais. En féminas, o Outomuro foi moi superior a un Carballiño ao que venceu por

tres goles a cero. Aos cinco minutos xa dominaban por un a cero e aí acabouse a historia do partido. En canto á final masculina, o Concello de Taboadela impúxose por dous goles a un ao Mc Donald´s nun

encontro moi igualado onde os subcampións adiantáronse no marcador, e non sería ata a seis minutos para o final cando o Taboadela lle deu a volta ao marcador. Con esta vitoria, conseguen o dobrete de liga e Copa.

Equipo cadete do Cidade de As Burgas, campión autonómico de fútbol sala.

4 Copa Autonómica de fútbol sala feminino O pasado domingo 24 de xuño celebráronse, no pavillón municipal de Cea, as finais da Copa autonómica de fútbol sala feminino en categoría infantil e cadete. Na final cadete, o Cidade de As Burgas venceu ao Cidade de Ourense por un gol a catro. Na final infantil, o Casás, de Lugo proclamouse campión ao vencer na final ao Fervenza, de Ferrol, por 2-1.

Unha xogada da final da Copa Deputación de fútbol celebrada no Couto. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012


10

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

AEROMODELISMO

As mellores acrobacias, no Campionato Galego e Open Nacional F3C 4Organizado polo Club Aeromodelismo Ourense a vindeira fin de semana en Santa Mariña. P.L. Coincidindo coas festas da cidade, o Club de Aeromodelismo Ourense organiza dous eventos deportivos cos que celebrar os seus 25 anos de vida. Logo de que o pasado domingo 24 as súas instalacións de Santa Mariña acolleran un festival de maquetas, os días 30 de xuño e 1 de xullo será o turno para o Campionato Galego e Open Nacional F3C de voo de precisión con helicópteros radio controlados. Por primeira vez na historia do club as súas instalacións contarán cunha competición de ambito nacional de acrobacia con helicópteros radio controlados. Pola súa dificultade, precisión e espectacularidade esta é unha das máis difíciles modalidades do aeromodelismo, con aparatos de case dous metros e que voan a máis de 170 km/h. Ao campo de voo de Santa Mariña (situado tralo Punto Limpo e o cemitorio) acudirá parte da Selección Nacional desta modalidade que representou ao noso país no pasado Mundial de 2011 celebrado en Italia, así como os campións de España de 2011. O aeromodelismo é un hobby cun elevado com-

poñente científico e técnico cuxo obxectivo é deseñar, construír e facer voar avións, a escala, ben como réplica o máis exacta posible doutros existentes, ben deseñados exclusivamente para aeromodelismo ou mesmo deseños de proba para futuros avións reais. Por outra banda, é, tamén, un deporte federado que se rexe por unhas normas e é regulado na nosa comunidade pola Federación Aeronáutica Galega (FAG). Modalidades Existen diferentes modalidades de aeromodelismo: voo libre, voo circular, radiocontrol (R/C), que é a categoría raíña; interiores, e FPV, unha nova modalidad na que o piloto guía o aeromodelo por medio de vídeo inalámbrico. O Club RC Aeromodelismo Ourense foi fundado no ano 1987 e na actualidade conta con arredor de 30 socios. As prácticas desta disciplina realízanas nas súas instalacións en Santa Mariña, onde dispoñen de tres pistas e un box cuberto.

Haberá aparatos de case dous metros e que voan a máis de 170km/hora

O aeromodelismo é un hobby cun elevado compoñente científico e técnico cuxo obxectivo é deseñar, construír e facer voar avións, a escala. /C. A. OURENSE.

Acudirán aeromodelistas dos que representaron a España no último mundial

O 24 de xuño as instalacións do Club de Aeromodelismo de Ourense acolleron unha festival de maquetas./CLUB AEROMODELISMO OURENSE.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

FÚTBOL SALA

Malditas semifinais 4 O Ponte Ourense cae por terceira vez consecutiva nas semifinais da Copa de España. R. Torres

Plantilla, corpo técnico e o presidente do Cidade As Burgas. /ARQUIVO

Merecido descanso

4 O Cidade As Burgas seguirá na elite. R. Torres Merecido é o descanso que se tomarán as rapazas do Cidade As Burgas logo dunha moi complicada tempada. O equipo adestrado por Manolo Codeso tivo que agardar ata a penúltima xornada da Primeira División para certificar a súa presenza o ano próximo entre os mellores equipo do fútbol sala español feminino. Fíxoo ao vencer ao Atlético de Madrid por 4-3, que nesa xornada, en caso de ter gañado ao conxunto ourensán teríase proclamado campión de liga. Canteira O Cidade é un equipo formado por xogadoras da canteira, polo que era de esperar que ían sufrir máis da conta nesta tempada na que moitos dos seus contrincantes reforzáranse para uns, non descender, e outros, loitar polo título. Como as contas non dan para fichaxes de xogadoras

de renome, o Cidade tirou, coma sempre, de xogadoras galegas e o resultado non podía ser mellor. Coa salvación, as franxiverdes sairán a competir a vindeira tempada na máxima categoría do fútbol sala feminino. Agardaranlle equipos como o Atlético de Madrid (campión de liga), Móstoles (campión de Copa), e os sempre temibles Elche, Burela, Gironella, Córdoba ou mesmo Ponte Ourense, entre moitos outros. Polo que tocará sufrir, aínda que xa demostraron desde que xogaron o play off de ascenso a Primeira División (entón División de Honra) fai dous anos, que o seu é levantarse nos momentos complicados. Tempada 2012-2013 Para a vindeira tempada é máis que posible que causen baixa nas ourensás as xogadoras Carmen e Laura, por motivos de estudos. Carmen tivo pouca presenza no equipo desde que se

lesionara do seu xeonllo na pretempada que xogaban por primeira vez en Primeira. Anteriormente fora un baluarte no ano de ascenso. Laura comezara a tempada un pouco titubeante, con poucos minutos de xogo. Pero pouco a pouco foise facendo cun posto entre as máis destacadas do equipo, sendo un piar fundamental no esquema de Codeso. Pero se elas causan baixa, desde abaixo veñen chamando á porta varias xogadoras da canteira, que de seguro contarán con minutos a vindeira campaña. Ana, Sonia, Iria e Peke xa están asentadas no equipo, e María Arias e Nati contan con moitos minutos. Para esta tempada que comezará despois do verán espérase que dean un paso ao fronte Figo, Alicia, Elena e Raquel, ademais de que irrumpa con forza no primeiro equipo María Romero.

O Ponte Ourense caeu en semifinais da Copa de España contra o Móstoles, á postre vencedor do torneo (por teceiro ano consecutivo). Na primeira das eliminatorias enfrontábase ao Gironella. Durante os primeiros minutos as pontinas non se encontraban cómodas, pero pouco a pouco íanse facendo co control do xogo. Sobre todo despois de que Ampi anotara o un a cero. Antes do descanso, Bea Seijas poría terra de por medio co dous a cero en xogada persoal. Aos tres minutos da reanudación, Berta Velasco recortaba distancia, o que espoleaba os ánimos das catalás crendo que a remontada era posible. Pero chegou o gol de Marta, que daba tranquilidade ás ourensás. A tres minutos do final, Marga Mas poría o dous tres e con iso a incertidume no marcador, pero este xa non se movería. Fatídica semifinal Nas semifinais esperaba o Móstoles; o conxunto madrileño viña de vencer en cuartos ao Femesala Elche por 3-1.

Quizáis un dos mellores partidos de toda a tempada foi o que se viviu no Pilar Fernández Valderrama de Valladolid entre Ponte Ourense e Móstoles. Un partido, moi vibrante durante os 40 minutos de encontro, finalizou co resultado de 0-0, polo que tiveron que ir á prórroga. No primeiro minuto da mesma, Sarita poría en franquicia ás ourensás, pero no minuto oito, Ju Delgado devolvería ás táboas ao electrónico, polo que se tivo que chegar á sorte dos penaltis. Bea Martín anotaba o primeiro para o Móstoles, mentres que Bea marraba o seu lanzamento; na segunda ronda, Patri Chamorro e Sarita anotaban cadanseu; nos terceiros, tanto Ju Delgado como Souza non eran quen de anotar (seguía o dous a un para as madrileñas); na cuarta ronda, Rocío e Drica anotaban e quedaban os últimos lanzamentos. Eva Manguán anotaba para o Móstoles polo que xa non facía falta que o Ponte lanzara o seu quinto lanzamenteo. Deste xeito, o cadro galego quedaba apeado da final da Copa. Tempada irregular O balance da tempada para o Ponte Ourense é de

Partido de semifinais contra o Móstoles.

irregular. Despois de gañar en pretempada a Supercopa de España e a Copa Ibérica, todo facía presaxiar que era un dos claros aspirantes ao título ligueiro e á Copa, sobre todo despois de conservar a todas as xogadoras que fixeron do Ponte campión da Liga 2010-2011, e de fichar a Drica, unha das mellores xogadoras do campionato. Pero as cousas non saíron como se esperaba; na liga quedou fóra da loita polo título antes de tempo e en Copa topouse coa barreira inexpugnable (alomenos nos tres últimos anos) das semifinais, onde caeron contra o Móstoles, finalmente campión do torneo. Futuro incerto A pesar que desde o club anden con cautela nestes días, o certo é que o futuro do Ponte Ourense é indeciso. Difícil van ter o manter a xogadoras como Ampi (posiblemente causará baixa para a próxima tempada no cadro pontino), e moitas das que non son ourensáns teñan complicado continuar no club. Ademais o segundo de Vivián, Fran, deixa o equipo, polo que o adestrador xa pedíu suplir a súa baixa como condición para seguir no club.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

O Real Madrid, campión do torneo cadete Cidade de Ourense 4 Leva 12 vitorias en 21 edicións. R.T. Se hai un dominador do torneo cadete Cidade de Ourense Cadete-VIII Memorial Emilio Parente, ese é sen dúbida algunha o Real Madrid. Con máis da metade dos torneos gañados (12

en 21 edicións), o Real Madrid eríxese como o gran dominador dun torneo de enorme prestixio, onde se xuntan os mellores equipos cadetes da Península. Nesta edición os equipos participantes eran, ademais do Real Madrid, o Atlético de

Madrid, o Spórting de Braga, o Spórting de Portugal, o Pabellón Ourense e unha selección de xogadores ourensáns. O torneo dispútouse, como todos os anos, no estadio Miguel Anxo do complexo deportivo dos Remedios. Á final chegaron os dous equipos madrileños, álzandose coa vitoria o Real Madrid, por tres goles a un nun partido moi reñido que non se dilucidaría ata a segunda metade. Os goles dos merengues foron obra de Fran, Luismi e Cristian. O tanto dos colchoneiros foi de Roberto.

Partido entre At. de Madrid e Sportin de Lisboa./RAMSÉS

Terceiro posto Para a final de consolación enfrontábanse os dous

Todo listo para o Campus Fran

polo que haberá moita pelota. Prentenden desde a organización que guste tanto que queiran repetir o ano que vén neste campus de fútbol.

4 Oira acollerá durante o mes de xullo este campus dirixido polo exdeportivista. Redacción Presentouse no Hotel Francisco II a segunda edición (a primeira foi na Coruña o ano pasado) do Campus Fran. Na presentación estiveron presentes os exdeportivistas, Fran (home que pon o seu nome ao campus, e Javier Manjarín, xunto con Óscar Vivián (ex xogador de fútbol sala e adestrador do Ponte Ourense de fútbol sala feminino). O campus estará dividido en dúas quendas ao longo do mes de xullo, tanto para porteiros como para xogadores de ambos sexos, con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos. O irmán de Fran será un dos monitores do Campus, que estará coordinado por Óscar Vivián. Algún dos días contarase coa presenza tanto de Francisco González “Fran” como de Man-

jarín, que estarán tamén no campus que se celebrar á vez na Coruña. A idea deste campus é que os rapaces se divirtan,

Grupos de traballo O primeiro grupo comezará a traballar o día 2 de xullo e rematará o día 13 do citado mes. A segunda quenda será do 16 ao 27 de xullo. Os días 30 e 31 celebrarase unha festa para que se despidan do campus todos os que participaron nel.

O Real Madrid e o Pabellón enfrontáronse na fase de grupos./RAMSÉS conxuntos portugueses: Spórting de Portugal e Spórting de Braga. Finalmente impúxose este último por un gol a cero obra de Tiago. O Braga quedou apeado da final pola diferenza de goles co Real Madrid demostrando a súa calidade durante todo o torneo. O Pabellón, quinto O Pabellón venceu no

Prazas limitadas A data tope para inscribirse neste evento único é o 27 de xuño, e ten un custo de 160 euros, dos que se destinarán 10 euros para colaborar coa Cruz Vermella. Para máis información consultar a web: campusfranourense.com ou no correo electrónico info@ campusfranourense.com. Para a segunda quenda (do 16 ao 27 de xullo) o prazo continuará aberto.

partido polo quinto posto á Selección de Ourense por un claro 3-0. Os goles marcáronos Jorge, Adrián e Germán. O Pabellón foi un digno rival de Real Madrid e Spórting de Braga no fase de grupos, mentres que a Selección de Ourense apenas tivo nada que facer contra o Spórting de Portugal e Atlético de Madrid.

Remo

Labradores de Sevilla vence no Campionato de España, en Castrelo 4 Completaron o podio o Astillero de Cantabria e o Tortosa de Cataluña. Redacción O encoro de Castrelo de Miño acolleu esta fin de semana o Campionato de España de Remo Olímpico onde se deron cita os mellores remeiros nacionais. Por comunidades, a gran dominadora foi Andalucía, con 11 ouros, seguida de Cataluña, con 8 e de Euskadi, Valencia e

Fran, Vivián e Manjarín na presentación do Campus Fran de fúbol.

Mellor xogador Neste torneo reúnense grande promesas do balonpé tanto nacional como internacional que pronto estarán entre os grandes deste deporte. O mellor xogador do torneo segundo a organización do evento foi o xogador do Atlético de Madrid, Roberto Núñez, autor do tanto do seu equipo na final.

Galicia con dous. En canto á participación galega, destacar que olveu á elite nacional do remo olímpico, ao obter o ouro (Remo de Miño) e a prata (Remo de Tui). En categoría feminina a hispanorusa Anna Yuchenko do Club Náutico Castrelo de Miño logrou o ouro en skiff absoluto feminino.

Anna Yuchenko logrou o ouro en skiff.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO / ACTUALIDADE

15

É tempo de piscina 4 Coa chegada da época estival abren as súas portas as piscinas ourensás. Redacción Os compoñentes da base do Caldaria Barrocás.

Gran tempada do Caldaria Barrocás 4 O primeiro equipo ascendeu á elite do hoquei herba. R.T. De brillante é cualificada a tempada pola xunta directiva do club de hoquei Caldaria Barrocás. O primeiro equipo barroco acaba de certificar o ascenso a máxima categoría do hoquei herba nacional (División de Honra) con xogadores ourensáns, na que xa militara durante dúas tempadas consecutivas. O club Barrocás é o máis representativo de Galicia do hoquei herba masculino, tanto polo número de fichas como polo de equipos. As categorías inferio-

res tamén realizaron un bo papel esta campaña destacando ao cadro xuvenil que conseguíu meterse no Campionato de España celebrado en Santander. O Club Hockey Barrocás conta con seis equipos na modalidade de herba: División de Honra, 1ª División Nacional, xuvenil masculino, cadete masculino, alevín mixto e benxamín mixto. Ademais tamén forman parte do club seis equipos de sala: 1ª División Nacional, 2 equipos xuvenil masculino, infantil masculino, alevín mixto e benxamín mixto.

Carencias A pesar das carencias do club (o Barrocás é o único equipo da División de Honra que non conta con sede propia) seguen colleitando éxitos para o deporte ourensán, grazas ao traballo dos adestradores, que fan un gran labor nos colexios públicos Mestre Vide, Amadeo Barroso, Irmáns Vilar e as Escolas de Oira e Mariñamansa. Desde o club esperan ser recibidos polo presidente da Deputación de Ourense para que lles explique o motivo de por que eles, a partir de agora, non recibirán axudas institucionais, e pola contra outros clubs si que as recibirán. Todos os clubs de hoquei veñen reclamando desde hai anos unhas novas instalacións para a práctica do hoquei na cidade.

Tenis de mesa

O Galmédica Tenis de Mesa A renuncia ao ascenso 4 Por motivos económicos. Redacción O Galmédica Ourense Tenis de Mesa de Segunda División Nacional quedou en segundo lugar na liga regular, o que lle daba dereito a ir á fase de ascenso que se celebrou en Almería. Debido a cuestións de índole económico-orzamentarias, o club acordou renunciar

a participar na devandita fase, e por tanto ao ascenso, xa que consideran que en Primeira División Nacional os gastos multiplicaríanse o que faría que o equipo pasase estreiteces e dificultades económicas. Desde o club consideran que está decisión é coherente e responsable dada a situación actual.

Coa chegada oficial do verán completouse a apertura das piscinas da nosa cidade e contorna. As primeiras en abrir as súas portas para a tempada estival foron as de pago de Oira, a principios de xuño, e as últimas, as do Parque Tecnolóxico, a pasada fin de semana. O pistoletazo da tempada de baños dábao o complexo deportivo que xestiona Serviocio en Oira. Logo dun amplo proxecto de transformación e reforma, as antigas piscinas de pago reconvertíronse nun recinto deportivo con dous vasos para o baño, vestiarios, zona de descanso e solarium e servizos de hostelería. O prezo por acceder a esta instalación é de cinco euros diarios (2,5 euro a entrada infanil), pero hai abonos mensuais desde 28 euros que dan dereito a facer uso da sala de fitness e das pistas de pádel. Están abertas de luns a venres de 16 a 20:30 horas e as fins de semana de 13 a 21 horas. Piscinas gratuítas As segundas instalacións máis madrugadoras foron as piscinas públicas de Oira, que funcionan de 11 a 21 horas e das que se pode disfrutar de balde ata

mediados de setembro, en función da climatoloxía. Así mesmo, xa están a disposición dos abonados do Consello Municipal de Deportes a piscina exterior do Pavillón dos Remedios, aberta ao público en xullo e agosto de 11 a 21 horas, de luns a sábados. Complexo de Monterrei Dúas semanas levan xa abertas tamén as piscinas de Monterrei, que xestiona a Xunta. O complexo conta con seis piscinas: unha piscina con efecto de ondas, outra cun tobogán acuático, unha infantil e tres de adultos. A elas pode accederse pagando unha entrada de 2,20 euros os adultos, mentres que para os menores de 18 o prezo é de 1,20 euros. Así mesmo, existen a disposición dos usuarios bonos de 10 entradas que para os maiores teñen un prezo de 19 euros e para os cativos de 9,50. As piscinas de Monterrei manteranse abertas ata o 9 de setembro, cun horario de 12.00 a 21.00 horas, mentres que o resto das instalacións do complexo deportivo ofrece un horario máis amplo de 08.00 a 22.00 horas. Neste apartado entran espazos como as dúas pistas polideportivas, o estadio de atletismo, as catro canchas de tenis, as dúas pistas de padel e a ampla zona verde

e de ocio. Parque Tecnolóxico Por último, outra opción para os bañistas ourensáns é desprazarse ata o Parque Tecnolóxico, piscina xestionada pola Deputación de Ourense. O complexo deportivo abre todos os días da semana, con horario de 11.30 a 21.00 horas. Os prezos que rexen para esta tempada son de 1,50 euros para adultos e nenos maiores de 8 anos, e gratis para os nenos menores de 8 anos. Ademais da piscina o complexo conta coun campo de fútbol de herba e dous de terra, pistas de básquet e fútbol-sala, dúas pistas de tenis, e espazos non convencionais habilitados para paseos en bici, jogging, circuíto de automodelismo e volei-praia. Os usuarios tamén poderán alugar raquetas, toallas e tumbonas, con servizo de prensa gratuíta e zona wifi tamén de balde. As instalacións compleméntanse cunha cafetería-restaurante e amplo aparcamento cuberto.

Os bañistas dispoñen este verán dunha instalación máis: as de pago de Oira

O Galmédica B si que ascende Quen si ascende e o segundo equipo, Galmédica B. Na liga rematou na segunda posición do Grupo Sur da 2ª División Autonómica, o que lle outorgaba o ascenso directo á 1ª División Galega onde militará a próxima tempada.

Compoñentes do Galmédica B, equipo recén ascendido á Primeira Autonómica.

O complexo de Monterrei dispón de seis piscinas de distintos tamaños e profundidades.


16

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

45 RALI DE OURENSE

Fuster voou en Ourense 4 Completaron o podio Xevi Pons, segundo, e Víctor Senra, terceiro. R. Torres Miguel Fuster logra no 45 Rali de Ourense a súa quinta vitoria na cita ourensá. O alacantino, xunto co seu copiloto Nacho Aviñó, lograron un triunfo que cimentaron desde o principio da proba. O Porsche 997 GT3 era o máis rápido, e soamente os irmáns Vallejo, cun coche de similares características, eran quen de facerlles sombra; ata que na primeira pasada do Canón do Sil, Sergio Vallejo sufría un pinchazo, perdendo toda opción de arrebatarlle o triunfo final a Fuster. O podio completouno Xevi Pons e Oriol Juliá -Ford Fiesta N1- (segundos), co seu Ford Fiesta Proto co que comezaban a súa andadura no Nacional de asfalto, e Víctor Senra e

David Vázquez (terceiros) ao volante do Mitsubishi Lancer Evo X. Senra - Hevia A loita polo terceiro caixón do podio foi a máis disputada. Logo de completarse todo o rali, con máis de 200 quilómetros cronometrados, Senra sacoulle a Alberto Hevia -Skoda Fabia S2000- unha diferenza de dúas décimas o que dá boa conta do disputado da proba. A pesar de quedar ás portas do podio, Hevia rompe a mala sorte que lle acompañaba nos últimos anos en Ourense, nos que non remataba o rali. Top Ten Na quinta posición finalizaron os irmáns Vallejo Porsche 997 GT3- que tralo pinchazo sufrido no Canón

do Sil non puideron máis que adiantar na clasificación a Joan Vinyes -Suzuki Swift s1600-, sexto, que perde deste xeito o primeiro posto no campionato, en detrimento de Miguel Fuster, pero que aínda mantén a segunda posición, no ecuador do campionato. Enrique Ojeda -Citroën DS3- (sétimo), Alejandro Pais -Mitsubishi Lancer

Evo X - (oitavo), Surhay Pernía -Ford Fiesta R2(noveno) e Alberto Monarri -Reanault Twingo R2- (décimo), completaron o top ten do 45 Rali de Ourense. Climatoloxía Os máis vellos do lugar non recorbadan un Rali de Ourense pasado por auga como o desta edición.

Salto espectacular en Toén dun dos participantes nada máis comezar o Rali de Ourense./RAMSÉS

5 O cinco veces gañador do Rali de Ourense, Miguel Fuster, nos primeiros metros do tramo de Toén o pasado 16 de xuño./RAMSÉS Desde o primeiro tramo a choiva fixo actor de presenza, sen lograr empañar un espectáculo que se repite cada mes de xuño desde fai 45 anos nas estradas ourensás e que conta cun gran número de seareiros que se desprazan ata a vella Auria. A pesar do adverso da climatoloxía os afeccionados vidos de toda a xeografía galega, ademais de Asturias, Castela e León e Portugal, non quixeron perderse esta cita ourensá, que continúa a ser unha das mellores do campionato nacional de ralis de asfalto. Luís Aragonés O piloto ourensán rematou en cuarta posición da

Challenge Renault Twingo R2, o que o mantén segundo na xeral xunto co seu copiloto Bañobre. A choiva das primeiras horas do sábado non impedía que o Twingo de Luís Aragonés e Cuko Bañobre finalizase as primeiras seccións na terceira praza da Challenge Renault Twingo R2 de Ralis, moi preto do segundo equipo clasificado. Por iso, os galegos partían pola tarde coa esperanza de defender o posto de podio, pero diferentes problemas coa caixa de cambios e os freos provocaron que ao cabo Aragonés finalizase na cuarta posición da Challenge, un resultado que lle permite continuar na segunda praza da clasificación provisional.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

45 RALI DE OURENSE

Clasificación Rali de Ourense

Posto - Piloto - Coche - Tempo 1 Miguel Fuster -Porsche 997 GT3- 2:15:23.2 2 Xevi Pons -Ford Fiesta N1- a 1:24.6 3 Víctor Senra -Mitsubishi Lancer Evo X- a 1:55.0 4 Alberto Hevia -Skoda Fabia S2000- a 1:55.2 5 Sergio Vallejo -Porsche 997 GT3- a 4:30.9 6 Joan Vinyes -Suzuki Swift S1600- a 4:53.4 7 Enrique Ojeda -Citroën DS3- a 6:28.7 8 Alejandro Pais -Mitsubishi Lancer Evo X- a 9:51.6 9 Surhay Pernía -Ford Fiesta R2- a 14:17.1 10 Alberto Monarri -Renault Twingo R2- a 14:44.8

4 Fundación Estanislao Reverter Redacción A Fundación Estanislao Reverter comeza a dar os seus primeiros pasos. A Xunta de Galicia vén de declarala de interese cultural. Os fillos do fundador de Escudería Ourense e creador do Rali de Ourense queren con isto preservar

a súa figura, fomentando o deporte en xeral e o automobilismo en particular. Con esta fundación búscase crear un centro-museo que reúna o seu legado, ademais da reconstrución do mítico Alpinche. Tamén se pretende colaborar coas institucións e organizacións deportivas para o fomento do deporte.

Clasificación Campionato Nacional Posto - Piloto / copiloto - Coche - Puntos

Con esta vitoria, Miguel Fuster é líder do Campionato de España Un pinchazo de Sergio Vallejo no tramo do Canón do Sil relegouno á quinta posición, cando loitaba polo liderato

1. M. Fuster / N. Aviño (Porsche) 112,5 2. J. Vinyes / J. Mercader (Suzuki) 101,5 3. S. Vallejo / D. Vallejo (Porsche) 95,5 4. A. Hevia / A. Iglesias (Skoda) 90 5. L. Monzón / J. C. Déniz (Peugeot) 68 6. J. Pérez / E. Velasco (Peugeot) 67,5 7. G. Antxustegui / G. Suarez (Suzuki) 59,5 8. D. Marbán / V. Ferrari (Mitsubishi) 46 9. A. Pais / S. Pais (Mitsubishi) 40 10. A. Meira / A. Beñobre (Mitsubishi) 35

Todos os tramos mostraron unha grande vistosidade. /RAMSÉS

17

Estanislao Reverter xunto ao mítico Alpinche.

Hevia na Superespecial. /RAMSÉS


18

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

Gran participación no 5º Torneo Ourense de aire comprimido 4 Preto de 50 tiradores de toda Galicia participaron na proba, nas modalidades de pistola e carabina. P.L. Cunha boa afluencia de tiradores saldouse o 5º Torneo Ourense de aire comprimido do Club de Tiro Eiroás. 46 deportistas de diferentes puntos de Galicia participaron neste trofeo, que gañaron os lugueses Miguel Colmenero e Nuria García en pistola (con 566 e 357 puntos, respectivamente) e o ourensán Jorge Encinas en carabina (573 puntos). A competición desenvolveuse na fin de semana do 2 e 3 de xuño, na galería de tiro de 10 metros de Eiroás. En categorías masculinas houberon de realizar 60 tiros, mentres que as mulleres realizaron 40 disparos. A modalidade de pistola sénior foi a máis concorrida, con 15 deportistas, habendo participación en categorías alevín, cadete, júnior, damas, discapacitados e veteráns. Ao finalizar a segunda xornada houbo entrega de trofeos aos gañadores. Esta competición é valedeira para a Copa Deputación de aire comprimido, que se celebra durante o ano todos os primeiros fins de semana de mes. Pistola 9 mm Por outra banda, o domingo 10 de xuño a galería de 50 metros de Eiroás acolleu a tirada do Campionato Autonómico Oficial de pistola 9 mm, proba valedeira para a liga anual á que acudiron unha vintena de deportistas. A máxima puntuación foi para o tirador local Juan José Conde Manso, con 517 puntos, mentres que en veteráns o tamén local José Prada fixo 449 puntos. Copa Cidade das Burgas No que respecta á xornada da 5ª Copa Cidade das Burgas, disputada o domingo 17 de xuño, os vencedores na categoría sénior foron Miguel Jácome (585 puntos) en carabina lixeira, Francisco Paredes

Torneo de pádel Redacción Este sábado 23 de xuño disputáronse as finais do I Torneo de Pádel Radio Ourense Cadena Ser nas instalacións de pádel de Oira. Impuxéronse no cadro feminino Belén Iglesias e Maria Victoria Fernández, mentres que no masculino coparon a final catro xogadores do P21 Ourenpadel. Nunha disputada final, a parella

Finalistas do torneo de pádel. Foto dos gañadores do 5º Trofeo Ourense de aire comprimido./P.LODEIRO.

O 5º Trofeo Ourense de aire comprimido saldouse cunha alta participación./P.LODEIRO. (479 puntos) en pistola libre, e Luis Iglesias en carabina match (590 puntos). Na categoría de veteráns as mellores puntuacións alcanzáronas Pedro Bermejo e Manuel Somoza, con 584 e 568 puntos en veteráns A e B de carabina lixeira respectivamente, e Carlos Iglesias en pistola libre (536 puntos). É de subliñar a participación nesta xornada da Copa, que superou os vinte deportistas. Próximas tiradas A próxima tirada preivsta nas instalacións de Eiroás será os días 30 de xuño e 1 de xullo e corresponde coa Copa Deputación de armas neumáticas, que tamén puntúa para o Campionato Autonómico clasificatorio

de aire comprimido. O 8 de xullo terá lugar o Campionato Autonómico oficial fogo central e pistola damas na galería de 50 metros, e o día 15 o Campionato Autonómico oficial de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre, na mesma galería.

No calendario do Club Eiroás, a próxima tirada corresponde á Copa Deputación de armas neumáticas, o 30 de xuño e 1 de xullo

4 Jorge Encinas, oitavo na Copa do Rei

O oitavo posto para Jorge Encinas en carabina 3x40 foi o mellor resultado dos participantes ourensáns na Copa do Rei de Armas Olímpicas, cuxa fase final disputouse en Madrid do 6 ao 10 de xuño. A media das puntuacións na fases primeira e segunda fixo que o tirador ourensán entrase na final desta modalidade. En pistola de aire comprimido a tamén ourensá Nuria Mera alcanzou nesta terceira fase o oitavo posto, con 366 puntos, aínda que a puntuación non foi suficiente para acceder á final.

formada por Jose Ángel Blanco e Luis Muñiz acabou impoñéndose a Carlos Guede e Diego Formoso, que non deron o partido por perdido ata o final. Esta final demostra o que xa é una realidade, a chegada e consolidación do pádel en Ourense, con cada vez máis xogadores afeccionándose a este deporte, e coa aparición de novas instalacións como as de Oira ou mesmo a do P21 Padel Club.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

ATLETISMO

Madriñán, campión nas 24 horas Running Race da Fresneda 4 Revalida o título acadado o pasado ano. Redacción O atleta ourensán Antonio Madriñán fíxose esta fin de semana co triunfo nas 24 horas Running Race da Fresneda. Por terceiro ano consecutivo o atleta Antonio Madriñán imponse nesta concorrida e esixente proba na que participaron máis de mil douscentos corredores de diferentes niveis, e batendo un novo récord tan-

to persoal como na propia proba. O pistoletazo de saída dábase nun horario pouco habitual, as cinco da tarde do sábado 16, co obxectivo de chegar correndo o domingo 17 á mesma hora, nun circuíto dunha milla (1.609 metros), contando coa presenza de grandes atletas como Edward Gallem (subcampión de Irlanda de 24 horas), José Luís Bordos, Luís Santiago, e un longo

etcétera. Desde a primeira milla Madriñán foi marcando un ritmo moi alto, proclamándose campión ao paso polo maratón cun tempo de 3 horas 27 minutos (proba que formaba parte tamén das 24 horas). Despois a un ritmo máis cómodo proseguiu facendo millas sen descanso o que lle levaría nas últimas horas da proba a unha dura e emocionante loita

19

co segundo clasificado o cal lle foi recortando millas até quedar só a unha de alcanzar ao galego. O total contabilizado foron 100 millas, o que incrementa en 10 millas o récord que posuía xa o atleta galego, quen se mostrou moi contento polo resultado, pola evolución da proba e a actuación do seu equipo Esportate, que participaba na modalidade de equipos. Novo reto solidario Despois desta proba a Madriñán espéralle outro difícil reto solidario, Corvera48, reto no que correrá nun circuíto de 800 metros durante 48 horas, para recadar fondos para a Fundación Meniños coa que xa realizou noutras ocasións retos deste tipo.

Madriñán co trofeo gañado na Fresneda.

Docampo e Bermúdez, campións galegos de montaña 4 Docampo quedou a 59 segundos do récord da proba. R. Torres Disputouse na localidade ourensá de Esgos o Campionato Galego de Montaña -VI Subida a Rocas o Eirado-, o pasado 10 de xuño. Ivan Docampo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e Purificación Bermúdez do Noteibra proclamáronse campións galegos de montaña. O tempo de Docampo foi de 58.09 minutos, quedando a 59 segundos do récord da proba, obtido por Manuel Hurtado o ano pasado (57.10); de facer un rexistro inferior ao récord da proba teríase levado un premio en metálico de 500 euros. En categoría feminina, Purificación Bermúdez foi a muller, federa-

da, máis rápida, ao empregar un tempo de unha hora 26 minutos e 44 segundos; antes que ela chegou Almudena Suárez (1.25.48), pero ao non estar federada non participou no campionato galego. Esta proba asentada no calendario da Federación

Galega de Atletismo no mes de xuño, conta cun factor que se dá cada ano, o mal tempo que fai o día que se disputa a proba. O parque eólico, lugar onde está instalada a meta, conta cunhas inclemencias impropias da data de celebración do evento. Isto, unido ás duras

Participantes da andaina. /RAMSÉS

rampas do percorrido fan desta proba unha das máis duras da xeografía ourensá. Andaina Unha hora antes da carreira, saíron desde o mesmo sitio, os andaríns que se anotaron a esta dura proba de 20 quilómetros.

Iván Docampo a uns tres quilómetros para alcanzar a meta. /RAMSÉS


20

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

ATLETISMO

O “Correndo x Ourense”, no parque Barbaña 4 Será a terceira proba desta edición. R. Torres O sábado 30 de xuño, a partir das 21 horas, terá lugar no parque Barbaña a terceira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. As carreiras comezarán ás nove da noite coa proba dos pitufos -unhas ducias de metros-; dez minutos máis tarde tocaralles o turno aos benxamíns e alevíns, que percorrerán preto de 900 metros; ás 21.15 horas, correrán os infantís e cadetes sobre unha distancia de 2.330 metros; e para as 21.30 horas deixarase a proba absoluta sobre unha distancia de 6.990 metros. A estas alturas xa están inscritas máis de 1.000 persoas, máis do dobre das que participaron a edición pasada. A saída e meta estará ubicada no Camiño do Barbaña, seguirase dirección aos Remedios para cruzar a ponte do río Barbaña e voltar cara ao parque polo paseo da Ponte Pedriña ata o final; alí cruzarase unha

nova ponte sobre o río Barbaña para voltar cara á meta polo Camiño Barbaña. Con esta proba chegarase ao ecuador do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”; trala disputa das dúas primeiras probas a clasificación absoluta está comandado por Sonia Teijeiro, en categoría feminina e Alejandro Cid na masculina.

“Correndo x Ourense” xa conta con máis de 1.000 atletas inscritos para todo o circuíto, máis do dobre que o ano pasado

A carreira nocturna terá lugar o sábado 30 de xuño a partir das 21 horas; pechará ás 21.30 horas a proba absoluta

Francisco Nóvoa abandona o atletismo 4 Deixa a presidencia e o patrocinio do Ourense Atletismo Academia Postal. Redacción O presidente do Ourense Atletismo Academia Postal, Francisco Nóvoa, ten a firme intención de deixar o club ourensán de atletismo a final de campaña. Esta renuncia vén acompañada ademais con abandonar o patrocinio do club por parte de Academia Postal. Antes de que remate a tempada pretende ter todo ben pechado no que a este curso se refire para non poñer trabas a calquera que queira ocupar o baleiro que deixa coa súa marcha. Máis dunha década Doce anos ao fronte do Academia Postal -os tres primeiros como Academia Postal e o resto coa fusión cos outros dous equipos da cidade (Pabellón Subita e Ben Cho Shey)- son para Nóvoa, tempo máis que suficiente para deixar paso a outros. Para o que de momento é o dirixen-

Perfil da carreira nocturna do Correndo x Ourense.

Óscar Ramos doutórase nas nocturnas 4 Gañou en Xinzo e Celanova. R.T. Óscar Ramos vence nas carreiras nocturnas de Xinzo de Limia e Celanova. Dúas das carreiras máis emblemáticas do panorama ourensán de carreiras populares tiveron este ano un denominado común. A vitoria incuestionable do atleta do ADAS Proinor, Óscar Ramos.

(Academia Postal), e en terceira posición rematou José A. Paz (OAAP). En mulleres, logo do primeiro Posto de Sonia (Veteranos Pabellón), a segunda clasificada foi Ana Mª López (independente) e terceira, Ana I. Soutullo. Máis de 400 atletas participaron nesta edición, a oitava, que cada ano conta con máis adeptos.

Nocturna de Xinzo Na oitava edición da nocturna de Xinzo de Limia disputada o sábado 16 de xuño, os vencedores absolutos foron Óscar Ramos e Sonia Teijeiro. Ramos chegou nove segundos por diante de Javier Paredes

Celanova O 23 de xuño chegaba a de Celanova, unha das probas máis consolidadas que cumpría nove anos nesta edición. Logo das carreiras dos máis pequenos chegaba a proba absoluta. Nela tomaba vantaxe José A.

Veloso por diante de Óscar Ramos e Javier Parede, pero de novo serían estes dous últimos os que se disputarían o triunfo final. Un gran sprint dos dous atletas deu coa vitoria final para Ramos, que facía dobrete xunto coa de Xinzo. Os dous empregaron o mesmo tempo -19:29- para percorrer os 7.800 metros da proba. Terceiro sería finalmente José A. Veloso (OAAP). En canto ás mulleres, Ana I. Soutullo foi a vencedora (terceira en Xinzo); en segunda posición remataría Silvia Rodríguez (Esprintes Ourense) e Beatriz Lago, terceira (Atletismo Porriño). A proba contou con preto de 400 participantes

Ramos e Paredes en Xinzo de Limia. /S. TORRES en todas as categorías. Sandiás O domingo 3 de xuño celebrouse a terceira edición da Carreira Popular Torre do Castro, en Sandiás, superándose nesta edición os 300 atletas inscritos.

O gañador da proba absoluta foi Álvaro de la Fuente cun tempo de 0:28:53, mentres que o segundo e o terceiro clasificado foron Jose Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) e Ignacio Feijoo. Na categoría feminina a gañadora foi Sonia Teije-

F. Nóvoa. /ARQUIVO te do club, esta decisión, a parte de dolorosa, é meditada (fai tres anos estivo a piques de deixalo) e considera que o seu tempo xa se esgotou. Obxectivos Francisco Nóvoa deixa ao club entre os mellores en categoría masculina (División de Honra), logo de certificar a permanencia fai unhas semanas na última xornada da liga de clubs. Pola súa banda, o conxunto feminino estivo ás portas de ascender á elite; na derradeira xornada quedaron cuartas, a dous postos do ascenso, polo que terán que participar na Primeira División o ano que vén. iro (Veteranos Pabellón Ourense), e as 2ª e 3ª clasificadas foron Silvia Rodríguez (Esprintes Ourense) e Ana Belén Losada (Burgas Atletismo Ourense). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron o seu peso en patacas da Limia. O mellor atleta local foi Ignacio Feijoo (Sandiás). Desde a organización consideran que esta é unha proba xa consolidada dentro das populares de Galicia, e que, a pesar da enorme dureza das súas rampas (sobre todo do quilómetro catro ao seis), cada vez conta con máis participación en todas as categorías. Os comentarios máis xeneralizados dos participantes falaban sobre a moi boa organización ademais da dureza do percorrido, que non impide que cada vez máis xente se atrreva a subir as rampas da Uceira; todo un reto para aquel que decide disputar esta proba.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

XIMNASIA

Grandes figuras, de

4 Os ximnastas e nadadores ourensáns seguen a realizar brillantes actuacións. Mentres os primeir aproveitaron o VI Torneo Cidade de Ourense de sincronizada para demostrar a valía das xeracións m Redacción Os compoñentes do Club Ximnasia Pavillón veñen de facerse cos mellores resultados nunca obtidos ata agora nun nacional. Os 12 ximnastas que participaron neste campionato polo club pavillonista estiveron presentes en 12 finais nas cales gañaron 6 medallas (tres bronces, dúas pratas e un ouro). Os ximnastas máis destacados foron Nicolás Cid, da categoría alevín, que acadou a oitava posición nas dúas finais para as que se clasificou (dobre minitramp e trampolín) e 4° en minitramp. Lucas Domuro tamén finalizou en oitava posición na final de dobre minitramp na categoría infantil. Laura Lecuona, xuvenil, quedou sétima na final de trampolín. Noa Puente, alevín, acadou a quinta posición en minitramp e a sexta en trampolín. Iago Sousa acadou o bronce na competición de trampolín xuvenil masculino. Eduardo Novelle, tamén xuvenil, rematou a final de trampolín en sexta posición acu-

ciado por un erro durante a execución do seu exercicio, sen o cal tiña unha medalla asegurada, pero resarciuse na competición de dobre minitramp subindo ao máis alto do podio. A pequena María Salas, de categoría alevín, tivo unha actuación impecable durante toda a competición que se viu reflexada nos seus resultados, dado que entrou en todas as finais ás que tiña opción, obtendo a cuarta posición en trampolín, a terceira en minitramp e a segunda en dobre minitramp. Tamén destacou a presenza do experimentado Carlos Trigo que, pese a ser o ximnasta de maior trascendencia do Club Pavillón, non puido rematar a competición tras sufrir unha lesión durante o trancurso da mesma. Na competición por equi-

Os ximnastas trouxeron de Albacete tres bronces, dúas pratas e un ouro

Un dos podios logrados no nacional de Albacete foi obra das ximnastas máis pequenas do club.

pos o clube ourensán tamén sobresaiu na categoría sub 15 masculina, ao facerse cun bronce en trampolín o equipo composto por Eduardo Novelle, Iago Sousa, Lucas Domuro e Nicolás Cid, e unha prata en dobre minitramp o equipo composto por Eduardo, Iago, Lucas e Diego Feijoo. Campionato galego escolar O pasado 2 de xuño, na cancha central do Pavillón dos Remedios, tivo lugar a fase final do Campionato galego de nivel escolar; a esta fase chégase por clasificación provincial, tendo pase os tres primeiros conxuntos por categoría de cada unha das catro provincias galegas. Neste campionato compítese na modalidade de conxuntos e reúne en competición a clubes e escolas de todo Galicia, como son a Escola Ximnasia Pavillón, Escola Municipal Barbadás, Club Quicela Ximnasia Rítmica, Asociación Deportiva Aixa, Club Xirandela, Club Ximnasia Porriño, Escola Municipal de Outeiro, Club Maniotas, Colexio Apóstol Santiago, Club Ximnasia Rías Baixas, Escola Ximnasia Vagalume, Club Treboada, Club Saraiba E.D. Poio, Escola Municipal de Rábade, Club Violeta, Club Filigrana, Escola Municipal de Vilalba, Club Ximnasia Arousa, Escola Municipal de Carral, C. Compañía de Maria, Club María Barbeito, Colexio Internacional de Eirís, Club Ximnasia Coruña, Escola Ximnasia Acordes, C. Acordes de Narón, Escola Municipal de Fene, Club Brio, Club Esquio, Escola Municipal de Xove, e Escola

Ximnasia Porta Norte. O Club Ximnasia Escola Pavillón foi un dos dous únicos clubes e escolas da nosa provincia (xunto coa Escola Municipal de Barbadás) que presentou ximnastas nesta competición. Estivo representado por cinco conxuntos de categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Deles, o conxunto benxamín foi campión deste Galego Escolar, seguido por Club Maniotas e Club Treboada; o conxunto alevín A foi subcampión, detrás de Club Treboada e diante de Colexio Apostol Santiago; o equipo alevín B foi clasificado en 13º lugar; o conxunto infantil estivo a punto de acadar podio, quedando a 20 segundos do terceiro posto; e, por últimos, as cadetes tiveron un mal día e diversos erros fixéronas baixar ata o posto once da clasificación. Pola súa banda, a Escola Municipal de Barbadás colocou o prebenxamín no posto once, o alevín e o cadete foron novenos, e o infantil duodécimo. Esta clasificación supón para o club pavillonista un ascenso de nivel dos s e u s

conxuntos benxamín e alevín, que na tempada que vén deberán participar no galego de promoción. Este club ourensán, que ata o de agora era claro protagonista na competición provincial, tanto en número de ximnastas como

en clasificacións na Copa Deputación, está dando pasos de xigante cara a súa presenza no panorama autonómico, tal e como confirman as seis medallas acadadas polo trampolín no recente Campionato Galego desta modalidade, dous podios neste Galego Escolar de rítmica e a participación dun conxunto no Galego de Promoción de rítmica que se vén de celebrar.

(prebenxamín) e Adriana Artos (infantil) conseguiron sendas medallas de bronce. Xa pola tarde, os conxuntos prebenxamín (formado por Daniela, Candela Díaz, Candela Pérez, Claudia, Sara, Julia e Adriana) e benxamín (composto por Paula Martínez Pérez, Paula Martínez Ramos, Lucía González, Lucía Rodríguez, Noa e María) foron terceiros clasificados.

Galego de promo-

Preparándose para as seguintes Extraordinarios resultados que xorden como consecuencia do “duro traballo de ximnastas, pais e adestradores e da inestimable axuda do Consello Municipal de Deportes”, aseguran dende o club. Agora os saltadores ourensáns xa teñen as miras postas en traballar de cara ao mundial por idades da próxima tempada e ao europeo de dentro de dous anos, pero “lastimosamente seguen traballando nunhas condicións moi inferiores ás dos seus compañeiros doutras comunidades coma Cataluña ou Castilla La Mancha, que siguen copando a elite do trampolín nacional”, lamentan dende o Ximnasia Escola Pavillón.

ción O pasado 16 de xuño, o Pavillón dos Remedios acolleu o Campionato Galego de Promoción de ximnasia rítmica, que convocou na cidade das Burgas a preto de 400 ximnastas de diversos clubs galegos, e no cal os deportistas ourensáns acadaron catro podios. Durante a mañá, na que se desenvolveu a competición individual, as pavillonistas Candela Díaz


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

NATACIÓN

23

entro e fóra da auga

ros lograron un resultado histórico no nacional de Albacete, ao facerse con seis metais; os segundos máis novas. Redacción A piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios foi o escenario o pasado 9 de xuño da sexta edición do Torneo Cidade de Ourense de natación sincronizada, no que se deron cita 350 dos mellores deportistas procedentes das catro provincias galegas. No caso dos participantes ourensás unhas das actuacións máis agardada foi a das rapazas das escolas do Club Sincro Ourense, xa que para elas esta é a única oportunidade que

teñen durante o ano para mostrar todas as habilidades que foron adquirindo ao longo de todo este curso. Logo da actuación das novas promesas ourensás, que realizaron a súa exhibición pola mañá, foi o turno dos grupos de base I, II e III; e nestas probas os nosos representantes estiveron presentes en seis podios. Xa pola tarde, as nadadoras que se fixeron recentemente coa Copa galega de clubes (un dos maiores logros desta tempada 2011/2012) deleita-

ron á gran cantidade de presentes cun impecable exercicio. Vindeira cita De seguido, as ourensás participarán no Campionato de España alevín, infantil e xuvenil.

As ourensás acadaron seis podios na edición 2012 do Torneo Cidade de Ourense de sincronizada

O Cidade de Ourense de sincronizada congregou 350 deportistas./R.T.

O conxunto de Base IV do Sincro Ourense durante o seu espectacular exercicio./R.T.


24

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

NATACIÓN

A natación colga os bañadores... por este ano 4 Para rematar o curso, os ourensáns lograron 26 medallas no galego de natación máster e seis no galego alevín. Redacción O domingo 10 de xuño, en dobre sesión de mañá e tarde, celebráronse en Cervo (Lugo) os campionatos galegos de verán de natación máster. O Pavillón Ourense participou con 11 nadadores (6 masculinos e 5 femininos), os cales sumaron, nada menos que 26 medallas (16 ouros, 7 pratas e 3 bronces), 20 delas en probas individuais e 6 en substitucións. Os máis laureados foron Luís Gómez, que logrou 5 ouros (2 individuais e 3 substitucións) e o trofeo ao nadador máis veterano con 81 anos; Manuel García, que tamén se fixo con 5 primeiros postos (2 individuais e 3 substitucións); Mª Cristina García Colomo e Ester Fernández González, que acadaron

4 ouros e unha prata cada unha; Ana Pereira, que se fixo con 3 ouros e 2 pratas; Mario Marcilla, que se colgou 3 ouros, unha prata e un bronce; Carlos Boo, con 3 ouros e 2 bronces; Ana Méndez e Amalia Pumar, que lograron 2 ouros e 2 pratas cada unha, Antonio Vidal, que conseguiu 2 ouros; e José Neto, cunha medalla de prata. A pesar do escaso número de participantes cos que contou o club ourensán, por algunha baixa de última hora por lesións ou compromisos inesperados, o club acadou o 6º posto, de entre os 14 clubs participantes. “De contar con eses 3 participantes máis, poderíase quedar en 3ª posición”, aseguran dende a entidade, e esperan “que para a próxima tempada poidamos ter máis licenzas de nadadores

Os catro irmáns García Colomo participantes nos campionatos de España. máster”, adiantaron. Vindeiras citas Para o mes de xullo do 12 ao 15, en Valencia, serán

Ester, Cris, Amalia e Ana, compoñentes do relevo feminino +200, campioas galegas.

Salvour remata a súa primeira tempada con gran éxito 4 A Escola Infantil de Salvamento Acuático formou a preto de 20 nenos. Redacción Os nenos e nenas da escola deportiva salvamento acuático “Salvour” realizaron, na xornada de clausura do curso, unha exhibición na que puxeron en práctica algunhas das técnicas básicas de primeiros auxilios aprendidas durante o curso

2011-12, como a reanimación cardiopulmonar, a posición lateral de seguridade, as manobras para a desobstrucción das vías aéreas por atragantamiento (manobra de Heimlich), etc. Tamén se levou a cabo unha proba de competición de 25 metros arrastre de maniquí con aletas onde

destacaron por parte feminina Lucía Serrano Pérez e por parte masculina Álvaro Rodríguez, ambos os dous nacidos no ano 2001. Para finalizar a xornada todos os alumnos da escola participaron nunha substitución mixta de arrastre de maniquí (sen aletas) de 15 metros no que empregaron un tempo de 3’ e 40”. Desde a directiva do club destácase a satisfacción dos resultados obtidos durante este primeiro ano de andaina da escola deportiva, alcanzado os obxectivos de participación previstos ao comezo da tempada, xa que case unha vintena de nenos e nenas de entre 6 e 13 anos participaron das activida-

os campionatos en piscina, onde os catro irmáns García Colomo: Manuel, Carlos, Maite e Mª Cristina, competirán en 19 pruebas individuales y 3 relevos. Campionato de augas abertas No campionato de augas abertas, celebrado o sábado 16 de xuño, as dúas irmáns García Colomo acadaron o éxito nas súas respectivas categorías (+45 y +50 femeninos), sobre unha distancia de 3.000 metros. Mención especial para Maite que con 38 minutos 1 segundo sacoulle máis de tres minutos á segunda clasificada. des, clases e adestramentos da escola. Vindeiro curso Para o próximo curso, que se iniciará o 1 de outu-

A nadadora sénior ourensá Laura Pimentel concluíu en 6º posición da categoría absoluta. Así mesmo, obtivo o 4º posto na distancia de 5 quilómetros contrareloxo da categoría absoluta, ao mesmo tempo quedou 5ª no computo total das probas de 5 e 10 quilómetros. Pola súa banda, Ecequiel Quiroga e Borja González foron 10º e 11º, respectivamente, na categoría júnior. Mentres que Ana Mª Santiso quedou en 7ª posición do grupo das infantís. Galego alevín Na primeira xornada do campionato galego alevín

o CN Pavillón Ourense xa consegiu as súas primeiras medallas, con dúas pratas por parte de Marcos García Otero (de 13 anos) na proba de 100 costas, e Nerea Losada (12 anos) en 100 braza. E dous bronces por parte de Marcos García (13 anos) na proba de 200 costas, e David González (12 anos) na proba de 100 costas. Ao día seguinte, os ourensáns seguiron a sumar metais, esta vez dous bronces máis logrados por Héctor Álvarez en 400 estilos e José Moure en 100 bolboreta. Ademais do sexto posto na clasificación conxunta o propio club.

bro, está prevista a creación de dous grupos cuxas clases se darán de 7 a 8 da tarde; un grupo o luns e mércores e o outro o martes e xoves. A inscrición xa está aberta

e as prazas son limitadas (máximo 10 alumnos por monitor); para máis información pódese consultar a web salvour.com ou chamar ao teléfono 685 152 980.

Rapaces e monitor do curso de Salvour.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012

25


26

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

ARTES MARCIAIS

As artes marciais, un valor en alza en Ourense

4 XI Campionato Internacional Cidade de Ourense 350 deportistas de distintas autonomías, ademais de Portugal e Italia, participaron no XI Campionato Internacional Cidade de Ourense de wushu celebrado nos Remedios. Combate, Nanquan, taicho e outras modalidades foron as que se puideron ver nas pistas habilitadas para a práctica do wushu. A representación ourensá tivo un papel destacado, con varias medallas, entre as que destacan os ouros de Ezequiel Gago (taichi); Adrián González, Mario Gayoso e Jaime Álvarez (quingda); Natalia Nolasco, Arcadio Álvarez e José M. Ferreira en nanquan.

4 VIII Torneo Champagnat de judo O pasado mércores 6 de xuño disputouse en Maristas a oitava edición do Torneo Champagnat de judo. O Torneo Champagnat é o duelo entre dous equipos, os ‘Tigres’ de Judo Club Maristas e os ‘Leóns’ de Gimnasio Marbel, reunindo a uns 40 judokas de ambos. Na categoría de formación, os leóns do Marbel venceron, mentres que os Tigres gañaron en sénior.

4 Open Cidade do Lérez O 2 de xuño tivo lugar en Pontevedra o Open Cidade do Lérez. Participaron 600 deportistas, sendo os primeiros clasificados na proba de exhibición en categoría absoluta os deportistas do Centro Deportivo Couto. En categoría alevín na modalidade de combate, María González foi primeira en menos de 31 quilos; Marcos Vila, segundo en menos 43 quilos e Diego Siota, terceiro en -34 quilos.

4 Felipe Iglesias, mellor deportista galego de jiu jitsu O Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo (Pontevedra) acolleu a gala número 16 da Federación Galega de Judo, onde se premiou aos máis destacados de 2011. O deportista ourensán Felipe Iglesias foi premiado como mellor deportista de Jiu Jitsu de 2011, entre outros méritos polo seu subcampionato no Nacional e o seu sétimo posto no Campionato de Europa disputado en Alemania, amén de encontrarse entre os 20 primeiros no ránking mundial.

4 Copa Deputación de judo A Copa Deputación de judo chegou ao seu fin coa cuarta xornada celebrada no Paco Paz. Devandita competición reuníu a rapazas e rapaces de toda a provincia con idades comprendidas entre os 6 e 18 anos. Nesta xornada participaron tamén todos os cinturóns negros da provincia.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

27

Ourense acolle o torneo de xadrez con máis participación 4 300 mozos acudiron á cita de Maristas. Redacción O colexio Maristas acolleu o 2 de xuño o torneo de xadrez con máis participación de todos os que se disputan en España, xa que estiveron presentes no mesmo máis de 300 mozos de Galicia e Portugal. Nesta cita os xadrecistas ourensáns lograron grandes resultados. César Pérez e Gabriel Romba, ambos do Club Xadrez Ourense, proclamáronse respectivamente campións das categorías sub-8 e sub-10. En sub-8 o éxito foi total, xa que a prata e o bronce tamén quedaron en Ourense, Iago Godoy foi segundo e Marcos Osorio, terceiro. Tamén coparon o podio os ourensáns na categoría sub-12, rematando nesta

orde: Gabriel Roma, Miguel Puga e Alberto Iglesias. En sub-14, o bronce foi para Adrián Gómez (Xadrez Ourense), así como na categoría sub-16, na que Miguel Ferreiro (Xadrez Ourense), tamén obtivo o terceiro posto. Campionato Galego Infantil A Asociación de veciños de Barrocás foi testemuña do dominio do clube de xadrez de Vilagarcía de Arousa no Campionato Galego de Xadrez (pertencente ao programa XOGADE), que se celebrou o 9 de xuño organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e o Club Xadrez Ourense. O sistema de xogo foi mediante unha liga por equipos. En categoría feminina, en

Indurain e Rubiera cos seus premios.

CC Maceda sopra as velas con Indurain e Rubiera Participantes no torneo. segunda posición rematou o Club Xadrez Rianxo e terceiro foi a Escola Lucense de Xadrez. En canto á categoría masculina, segundo foi o Club Xadrez Ourense e terceiro a Escola Lucense de Xadrez.

Semana cultural da Chavasqueira Do 18 ao 24 de xuño a Asociación de Veciños a Chavasqueira celebrou a súa semana cultural cunha ampla oferta de actividades para todos os gustos. Torneos de fútbol sala e hoquei, actividades vencelladas co medio ambiente e á saúde, conferencias sobre seguridade cidadá, celebración do San Xoán e a VI Andaina Termal, foron algún dos principais atractivos destes sete días.

4 Os recoñecidos ciclistas recibiron, ademais, o premio “Chocas 2012”. Redacción

O sábado 16 de xuño o Club Ciclista Maceda contou cunha visita moi especial, a de Miguel Indurain e Chechu Rubiera, con motivo da celebración do seu 25 aniversario, que fixeron as delicias dos máis pequenos que puideron coñecer e falar cos seus ídolos en persoa. Ademais, o club aproveitou a cita, que contou con gran afluencia de público, para facerlle entrega a estes dous recoñecidos ciclistas dos premios “Chocas 2012”. Un galardón que o CC Maceda outorga anualmente a xente vencellada a este deporte, como son Óscar Pereiro, Marcos Serrano, o equipo Xacobeo-Galicia, Javier Gómez Noya, Ezequiel Mosquera ou

Gustavo César Veloso, que o recibiron en anteriores edicións. Así mesmo, nestes acto recoñeceuse o labor de xente e corredores que estiveron nos orixes do ciclismo en Maceda, como foron Claudio Blas e Gregorio Pérez, e presentouse o club para o próximo curso. Unha celebración única que se completou coa presenza do equipo Academia Postal-Actyon-Mérida ao día seguinte en Avilés na última proba da Copa de España, onde Saúl López foi sétimo entre os Sub-23, Iván Conde foi 12º e Raúl González 16º na categoría cadete, e Xiana Conde rematou sexta entre as féminas cadetes. Saúl López, éxito en Castela e León O 9 de xuño a cita para o

Academia Postal-ActyonMérida foi nos campionatos de Castela e Leon, celebrados en Bembibre. Proba na que os corredores macedáns demostraron un gran nivel. De feito o Sub23 Saúl López venceu con autoridade na categoría, sendo ademais segundo na xeral absoluta. Saúl realizou unha gran carreira, rodando case en todo momento en posicións de cabeza, e adaptándose perfectamente a un duro circuíto. En júniors, Marcos Villar, quedou ás portas do podio, rematando cuarto. En cadetes, Iván Conde non tivo moita sorte, xa que cando ía en cabeza sufriu un pinchazo, finalizando sexto. Na mesma categoría, Raúl González foi 5º. En M50 José Manuel González foi 2º e en M40 Xulio rematou 4º.


28

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

FESTAS DE OURENSE

Actividades deportivas das Festas de Ourense

4 Baloncesto, taekwondo ou piragüismo foron algunhas das disciplinas das que houbo competicións especiais na cidade nos días previos ás súas festas.

4 I Torneo Intercity Streetbasket 3x3 Os días 16 e 17 de xuño nas pistas exteriores do pavillón municipal dos Remedios celebrouse o I Torneo Intercity Streetbasket 3×3 de Ourense. Unha proposta que combinaba deporte coa difusión da cultura de rúa, propia deste deporte, e por iso motivo ademais de partidos houbo música, entretenemento, exhibicións de baile e actividades para os máis cativos, que aprenderon nocións básicas de básquet á vez que falaban en inglés. En canto ao propio torneo 3x3; a primeira xornada xogáronse os encontros clasificatorios e na segunda a fase final. Concursos, sorteos, agasallos e música do grupo 96ers amenizaron esta primeira edición do Intercity.

4 I Street Cup Torneo de Fútbol 3X3

Durante dúas xornadas (venres 22 e sábado 23 de xuño) celebrouse na zona exterior do Centro Comercial Ponte Vella o I Street Cup Torneo de Fútbol 3x3. Os equipos inscritos loitaban por saber quen era o gañador, para así representar a Ourense na gran final que se celebrará na Coruña (CC Marineda) o venres 20 e sábado 21 de xullo. Para os gañadores haberá un trofeo e 500 euros de premio, mentres que os subcampións levaranse un trofeo e 250 euros. Durante a xornada do domingo 22 de xuño celebrouse un torneo para os máis cativos. Queda do 24 ao 28 de xullo un torneo para menores de 16 anos. Neste deporte a característica máis salientable é a rapidez no xogo, onde teñen que estar en garda os cinco sentidos, xa que en cada partido de 12 minutos de duración hai unha media de 30 goles. As dimensións son mínimas e non hai porteiro.

4 Torneo Cidade de Ourense de taekwondo A décima edición do Torneo Cidade de Ourense converteuse na festa galega do taekwondo. Celebrado durante todo o día do sábado 24 de xuño, converteu á cancha central do pavillón dos Remedios no epicentro do taekwondo. Participaron máis de 1.000 deportistas que demostraron as súas dotes nesta arte marcial. A xornada comezou moi cedo (nove da mañá) coa disciplina de técnica, para logo seguir coa modalidade de exhibición; neste apartado 42 equipo encheron de kimonos o gran tatami no que se converteu a cancha central do pavillón municipal de Ourense. Para o final quedaron os combates nos que participaron 36 taekwondistas agrupados en nove equipos, seis de categoría masculina e tres de femenina. As gradas estiveron cheas de afeccionados a esta arte marcial que conta con moitos adeptos na nosa provincia; moitos deles facían gala dunha camiseta vermella na que se podia ler: Taekwondo Ourense. A xornada rematou contra ás oito da tarde coa entrega de medallas e a clausura.

4 Descenso do Miño en piragua Unha das probas deportivas máis veteranas de cantas se celebran coincidindo coas festas ourensás é o Descenso do Miño en piragua, que nesta ocasión alcanzaba a 44ª edición. Este ano 400 piragüistas non se quixeron perder este evento que conta cunha boa aceptación entre os practicantes deste deporte de Galicia, Portugal e o resto de España. Os vencedores deste ano foron a parella de Tudela, Joan Ardit e Óscar Carrera. Os tudelanos empregaron un tempo de 59 minutos e nove segundos. Este ano cambiouse o percorrido que estivo entre Velle e Coles para facer un total de 6.500 metros, en vez de Os Peares e Ourense como viña sendo habitual.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012

29


30

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

ACTUALIDADE

ENTREVISTA A ALFONSO VILACHÁ, MESTRE E ADESTRADOR DEPORTIVO:

“O deporte de base, salvo algunhas excepcións, está atravesando un delicado aletargamento” 4 Alfonso Vilachá defende a ultranza as canteiras deportivas, que considera o futuro para os clubs que as coiden. Redacción Profesor, adestrador, músico, escritor deportivo e tamén político. Alfonso Vilachá é un todoterreo en educación e deporte. Adestrador de equipos de Rexional, Terceira e Segunda B, sempre tivo claro que educación e deporte sempre teñen que ir da mán. Como profesor, que importancia lle outorga á educación? Alfonso Vilachá: “Xunto con sanidade e seguridade son o tres alicerces básicos, imprescindibles, necesarios e fundamentais dun país. En canto á Educación podemos aseverar que unha nación sen unha educación de calidade é como un corpo humano sen cabeza. É o auténtico baluarte para o desenvolvemento dos pobos. Investir en Educación é garantía de avance, progreso, desenvolvemento, innovación, etc. todo o cal vai repercutir de forma positiva e beneficiosa nos habitantes. Recortar en educación é pór en perigo o futuro do país, evidentemente é un retroceso ao pasado, aniquilando a ilusión e a igualdade de oportunidades dunha gran maioría de novos estudantes. A educación é un dereito establecido na Constitución e debe ser de calidade e de igualdade de oportunidades para todos os cidadáns”. En canto ao deporte, como debería ser o proceso de formación na base? A.V.: “Non podemos concibir o proceso de formación do mozo deportista sen un fondo educativo. Por tanto, educación e deporte son dous pasaxeiros co mesmo destino. Na actualidade, o proceso de formación que leva a cabo nos diferentes deportes de base, é unilateral, incompleto e sen perspectivas de futuro. Debemos de apostar fir-

memente por unha proceso integral ou global, onde o aspecto deportivo, o aspecto psicolóxico, a educación en valores, a hixiene, etc. vaian na mesma dirección. Por tal razón, é conveniente e necesario desde as etapas de iniciación, educar e formar en base a un proceso global, onde o deportivo e humán vaian na mesma embarcación. Non todos van chegar á elite deportiva, pero se logramos que consigan a elite humana, se conseguimos facer persoas, o obxectivo está cumprido”. Por que o deporte base está aletargado? A.V.: “O deporte de base, salvo algunhas excepcións, está a vivir e atravesando un delicado aletargamento. Todo iso, é debido a que a maioría dos clubs o utilizan como válvula de escape para recibir os emolumentos das diferentes institucións. Existe moito talento, pero queda en metade do camiño, posto que os clubs até a data foron agnósticos en relación coa canteira. Para resucitalo é condición previa e necesaria desintoxicalo e desterrar a demagoxia deportiva en que vive mergullado. Deixémonos de sentimentalismo e partamos dunhas formulacións reais, serios e coherentes. O futuro do deporte de base non consiste en cargarse e aniquilar a canteira e logo ter que pagar auténticas barbaridades pola figura da selección de non sei onde, que logo resulta ser un sedentario, senón envorcarse no deporte de base, administralo con coherencia e rendibilizalo con deportistas que entren no primeiro equipo. A canteira será o futuro para todos aqueles clubs que a coidan con sumo esmero. Os nosos mozos deportistas son tan bos como os de alá, pero tamén é verdade que non son figuras de

O concurso de Mosa, Paradores e Barrios xa ten gañador 4 Como premio, gozará dunha fin de semana en Santo Estevo probando o novo Peugeot 208. Redacción

Alfonso Vilachá./RAMSÉS.

“Os nosos mozos deportistas son tan bos como os de fóra. Pero é certo que son froito dun traballo meticuloso” “Recortar en educación é pór en perigo o futuro do país” xeración espontánea, senón máis ben, son o resultado dun traballo meticuloso e esmerado, e que se prestou atención a todos os seus detalles”. En canto á música, que relación ten co deporte? A.V.: “Escoitar certas cancións poden ser unha fonte enerxizante polos seus contidos. Desde o noso punto de vista, a música é unha fonte inesgotable de motivación e superación do ser humano. É unha terapia útil e aplicable ao mozo deportista. Según en que situación débese escoitar un ou outro tipo de música, xa que a música aplicada correctamente produce efec-

tos terapéuticos inexplicables”. En canto a súa participación en política, que significa para vostede? A.V.: “É unha maneira de exercer poder, e gobernar ao pobo de maneira honrada, honesta, xusta, altruísta, etc. O exercicio do poder debe levar o ben común ás persoas. Non é o mellor momento despois de todo o que aparece nos medios de comunicación. A corrupción non beneficia en nada á clase política, pero non todos son iguais; iso sería como decir que, por exemplo, todos os médicos son iguais”.

O concurso “A miña mellor experiencia” organizado polo Parador de Santo Estevo, o concesionario Mosa Peugeot e o periódico Ourense por Barrios xa ten gañador. Chámase Ángel Sotelo, ten 23 anos e é de Seixalbo, aínda que actualmente estuda en Vigo Enxeñería Industrial. Animado por unha amiga, Ángel, quen recoñece a súa paixón pola escritura, mandounos o seu relato, unha historia na que o protagonista é un coche. O xurado, composto por un representante de Mosa, outro do Parador e un terceiro da publicación destacou que “foi unha elección difícil, había moitas e boas historias, pero só podía gañar un”. Orixinais, de medo e intriga, tenras, poéticas e imaxinativas, así foron as propostas enviadas polos participantes. O gañador gozará nas próximas semanas do seu premio: unha fin de semana no Parador de Santo Estevo durante a cal poderá probar o novo Peugeot 208.

O relato presentado por Ángel Sotelo foi o premiado

Ver as vidas, conducir a súa A Ela gústalle pararse nos semáforos en vermello, mirar aos peóns cruzar e imaxinarse as súas vidas. Ponlles nome, un lugar de nacemento afastado e un pobo ao que van todas as fins de semana. Logo, inventa a razón de estar nesta pequena cidade. E a súa situación, míralles á cara e decide se están ilusionados, se son felices e en que van pensando. Moitas veces, inventa unha historia sobre os motivos que lle levan a cruzar por ese paso de peóns, a esa hora, porque corren ou que van escoitando na súa mp3. Adoita porlles canción ao ritmo dos seus pasos. Adoita pór destino á cara que teñen. Ela, sempre para nos pasos de peóns, nunca ten présa. Ela, desde o seu asento ve as vidas pasar. Mentres, volve á súa casa, á súa vida, mañá volverá coller o coche e volverá velos, a todos e a todas as súas posibles vidas. Desde o seu asento, ve outras vidas andar. Desde o seu asento de copiloto, goza de todos eses momentos alleos. Desde aí, dirixe as súas vidas, conduce a súa. Ángel Sotelo Álvarez


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2012

ACTUALIDADE

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº59- Ano: IV - 25 de xuño de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

EN BREVE

4 Axenda deportiva Hoquei

- Do 25 de xuño ao 6 de xullo -Mariñamansa- I Campus de verán Hockei Albor.

Fútbol sala - Do 26 ao 30 de xuño -de 19.00h. a 22.00h.- Os Remedios- III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. - Día 29 de xuño -de 12.00h. a 20.00h.- Os RemediosDía Internacional de Loita contra a droga.

Momento dun combate.

4 Loitas Olímpicas

Kárting

- Do 28 de xuño ao 1 de xullo -de 10 a 22 h.- Parque Barbaña- Xira Galega Kárting.

Fútbol - Días 25, 26, 27 e 28 de xuño - Terrazas C.C. Pontevella - Torneo de fútbol 3x3 júnior - Día 30 de xuño -16.30h.- estadio Miguel Anxo- Final fútbol veteráns de Ourense. - Día 30 de xuño -18.00h.- estadio Miguel Anxo- Final fútbol veteráns de Galicia. - Do 2 ao 21 de xullo -de 10 a 14 horas- Santa Cruz de Arrabaldo-. I Campus de fútbol e tempo libre Arrabaldo. - Do 2 ao 31 de xullo -de 9.30 a 13.30 horas- Oira- I Campus Fran de fútbol. - Do 24 ao 28 de xuño -CC Ponte Vella-. Torneo de fútbol 3 x 3 Junior. - Do 24 ao 30 de xuño -Allariz-. Campus específico de porteiros “Una semana de locos”.

Outros - Dias 30 de xuño e 1 de xullo -de 10.00 a 20 horas- Santa Mariña - Open nacional de helicópteros e campionato F3C.

Taichi - Do 2 ao 13 de xullo -de 8 a 9 horas -Xardín do PosíoTaichi. - Do 16 ao 27 de xullo -de 20 a 21 horas- Oira- Taichi en Oira.

Atletismo - Durante o mes de xuño, andainas saudables do Concello de Ourense. No Lonia os luns, Barbañica, os mércores, e no Paseo das Ninfas, os venres, de 9 a 11 horas. - Día 30 de xuño -21.00h.- Parque Barbaña- Terceira carreira do circuíto “Correndo x Ourense”. - Día 1 de xullo -9.00h.- II Carreira e andaina Chandrexa Trail. IV Andaina “Ruta dos canastros” de Avión. II Andainas solidarias da Cruz Vermella na Gudiña e Ribadavia. - Día 8 de xullo -10.15h.- 29ª Carreira Popular Vila de Leiro.

Tiro

- Días 30 de xuño e 1 de xullo - Club de Tiro Eiroás - 24ª Copa Deputación de Ourense de pistola e carabina neumáticas - Día 1 de xullo - Club de Tiro Eiroás - Campionato Autonómico clasificatorio de aire comprimido de pistola e carabina neumáticas. - Día 8 de xullo - Club de Tiro Eiroás - Campionato autonómico de fogo central e pistola damas. - Día 15 de xullo - Club de Tiro Eiroás - Campionato autonómico- carabina lixeira tendida, carabina match e pistola libre.

Pilar García, Cristina Bouzas, Eva Penín e César Lorenzo son os profesionais que traballan en Antela.

Antela: saúde, beleza e benestar no mesmo espazo Acabada de abrir, a clínica Antela leva ao barrio do Couto unha nova maneira de entender o coidado do corpo e da mente. “É unha proposta multidisciplinar na que profesionais de varias ramas encontran solucións para as necesidades de cada persoa”, explica o director de Comunicación de Antela, César Lorenzo. “Por exemplo, unha persoa que sufrira un ictus vai encontrar un tratamento de fisioterapia personalizado e complementario a un plan de recuperación da fala coa logopeda”. Antela ofrece servizos de fisioterapia, fisioestética, logopedia, podoloxía, pilates, ximnasia para a 3ª idade, ximnasia abdominal hipopresiva, obradoiros de memoria, actividades de lecer e reforzo escolar. “Queremos que todo o mundo encontre unha razón para entrar no centro”, explica a directora xeral de Antela, Eva Penín, titulada en Fisioterapia e encargada de dirixir as clases de pilates, ximnasia abdominal hipopresiva e ximnasia para a 3ª idade. Canda Eva Penín traballan a logopeda Cristina Bouzas e a podóloga

Mª Pilar García. Fisioestética Mais en Antela non hai espazo unicamente para aliviar sufrimentos; tamén hai un lugar moi especial destinado á relaxación e ao pracer. “A fisioestética é a parte do noso traballo que máis lles presta aos nosos clientes”, conta cun sorriso Eva Penín. “A quen non se lle pon cara de felicidade pensando nunha sesión de chocolaterapia ou nunhamasaxe facial con cremas de ouro?”. Amais destes tratamentos, en Antela hai unha ampla gama de opcións para facer desfrutar o corpo: cereixaterapia, viñoterapia, envoltura de algas, fango... E para darlle luz e xuventude ao rostro: caviarterapia, vacumterapia... “Tamén facemos tratamentos de cavitación, plataforma vibratoria e presoterapia”, subliña Eva Penín. Que é a ximnasia abdominal hipopresiva? O director de Comunicación de Antela, César Lorenzo, é franco. “No primeiro momento informamos máis sobre os nosos produtos do que os vendemos. Decatámonos de que algunhas das cousas que ofrecemos

non son moi coñecidas a nivel popular”. Por exemplo, a ximnasia abdominal hipopresiva, unha das técnicas terapéuticas grupais nas que Antela é pioneira na cidade de Ourense. “Baséase nunha técnica de exercicios e posturas que fortalecen a musculatura abdominal e o solo pélvico”, relata Eva Penín, instrutora titulada de Ximnasia Abdominal Hipopresiva pola Escola de Marcel Caufriez. “Ten efectos moi rápidos sobre unha ampla gama de problemas físicos.” Antela está aberta de luns a sábado de 8h30 a 21h30. Ten tarifas especiais por nova apertura e ofertas para clubs deportivos e ximnasios. [Máis información no 988 609 157 e antelasaude. com]

“Antela é unha proposta multidisciplinar na que profesionais de varias ramas encontran solucións para as necesidades de cada persoa”

O Club Atila de Ourense rematou na décimosegunda posición da Liga de Loitas Olímpicas de de deporte de base do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. 14 equipos lograron a clasificación para esta fase final que se celebrou no pavillón Santa Isabel de Santiago. Un bo resultado para unha disciplina que tenta facerse un oco no deporte ourensán.

4 Axudas ao deporte As comisións informativas da Deputación de Ourense dictaminaron levar a pleno para a súa aprobación axudas por importe de 150.000 euros para entidades deportivas, co obxectivo de fomentar o deporte en Ourense.

4 Exames de grao de karate e kickboxing O 9 de xuño celebrouse en Viana do Bolo os exames de grao (cinto de cor) de kárate e kickboxing. As probas leváronse a cabo no Centro de Formación e Tecnificación Deportiva desta localidade e reuniron máis de 60 alumnos de toda a provincia Pola mañá foi o turno dos máis novos, e pola tarde tocoulles aos de categoría sénior. Aínda quedan prazas libre para os campamentos de verán que terán lugar no propio centro durante o mes de agosto.

[Máis info en fundacionciprigomes.com ou no teléfono 988 22 53 02]


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.