1 Xuño 2012 - BD Nº 58

Page 1

O Cidade salva a categoría [páx. 6] ESPECIAL CDO - COB

Páx. 2-5/12-13

Un pouco máis grandes

Número: 58- Ano: IV - 1 de xuño de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

CD OURENSE

Catro anos despois, o Ou

4 Foi campión da Terceira Galega e derrotou ao campión vasco na R. Torres O 1-3 en Llodio ante o Laudio era casi definitivo, pero había que certificalo nos 90 minutos que quedaban por disputar no Couto. O ambiente previo ao partido xa facía presaxiar algo grande. As bancadas estaban totalmente cheas de seareiros, que non se querían perder o ascenso de CD Ourense a Segunda División B tras catro anos de “desterro” en Terceira. O partido apenas tivo historia, un Ourense superior -incluso cun home menos durante máis dunha hora pola expulsión de Sanginés- doblegou novamente aos vascos, cun gol de Eder de vaselina. O ascenso estaba cada vez máis preto e os afeccionados

xa o celebraban con ola incluída. Antes de que o partido cocluíra algúns xa non contiñan as gañas de saltar ao campo ante un Pato que lles pedía que agardaran. Agora si, pitido final e invasión de campo. O Ourense catro anos despois ascendía á “maldita Segunda B”, como os representantes da peña Polbo á feira berraban cada xornada no Couto nunha esquina de tribuna. A festa, que durou máis de hora e media no céspede, prolongouse na praza de Concepción Arenal, cos xogadores subidos na fonte e con Luisito tocando o tambor ante a algarabía dos afeccionados alí congregados. Amilton fixo o seu baile exportado do Brasil, mentres que a Eder xa non lle quedaba roupa con

que taparse e tivo que recurrir a unha bandeira para utilizala a modo de pareo. O máis comedido na celebración foi o galés Matt Crowe (facendo gala da rectitude británica). Unha festa que se extendeu ata altas horas da madrugada polas rúas do casco vello. Agora toca tempo de gozar, pero en breve deberán pensar na vindeira tempada. A

todos os xogadores e ao adestrador Luisito acábaselles o contrato, polo que deberase planificar a vindeira campaña nestas semanas, e saber se o presidente Seoane continúa ao fronte do club. Duro ano A tempada estivo

Partido da promoción de ascenso entre CD Ourense e Carava en xuño de 2009. /ARQUIVO

4 Á cuarta foi a vencida O CD Ourense baixaba á Terceira División na tempada 2007-2008, unha mala campaña fixo que rematara na 17ª posición e con ela veu o descenso de categoría. No primeiro ano en Terceira, o Ourense rematou na terceira posición, polo que xogou o ascenso. Despois de eliminar ao Tudelano e Universidade de Oviedo xogóuse o ascenso contra o Caravaca, pero un 1-0 en casa e un 3-1 fóra daba ao traste coas ilusións de voltar a 2ª B. Na 2009-2010, rematou a liga regular de terceiro, pero esta ver sería o Constancia o que se interporía no camiño dos “rojillos” ás primeiras de cambio. O ano pasado, conseguiron novamente ser terceiros, e tocaba en sorte o Villaviciosa de Odón. 2-0 foi o resultado de ida, pero un nefasto partido de volta fixo que o equipo madrileño lle dera a volta á eliminatoria deixando fóra ao equipo da vella Auria. O doloroso foi que os goles chegaron no minuto 45 (1-0), no 90 (2-0) e na prórroga. No 120 produciuse o 3-0 que apeaba ao Ourense do ascenso. Este ano a cousa foi ben distinta.

Club Deportivo Ourense volta a 2ª División B catro anos despois de deixar esta categoría, para felicidade de todos os seus xoga


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

CD OURENSE

urense volta a 2ª B

a promoción de ascenso. marcada pola difícil situación económica que atravesa o club e polos problemas dentro da directiva. A principios de tempada, Aníbal Pereira e o seu equipo irrumpían no Couto cun proxecto ilusionante, pero carente dos fondos monetarios. Trouxeron a Patxi Salinas, quen confeccionou a plantilla. Isto durou ata setembro, cando Aníbal era invitado a saír do club e Salinas “por lealdade” fixo o propio. Así que queda na presidencia Manuel Seoane, un presidente que declara por activa e por pasiva que quere marchar do club. Co equipo líder

adores e seareiros./RAMSÉS

do campionato ficharon a Luisito, home experimentado en promocións, que é o obxectivo do Ourense. Os xogadores pola súa banda pechan filas para sacar a tempada adiante. Por medio os problemas económicas fan que corten a luz no Couto durante unhas horas, e durante toda a campaña os xogadores teñan tres meses de retraso nas súas

nóminas. Con todo, o equipo rematou líder da Terceira División e xogou a promoción contra o Laudio (campión vasco). O resto xa o sabemos. Tempo de incertidume Agora chega un tempo de incertidume. Co éxito do Ourense esta tempada, a moitos xogadores e ao propio Luisito sairanlle “noivas” por todas as esquinas, polo que estaría ben coñecer máis cedo que tarde o futuro do club empezando por saber quen o presidirá. Logo tocará renovar a Luisito e planificar xuntos a vindeira campaña, renovando a uns e descartando a outros. Augúrase un verán longo.

Eder logrou tres goles na eliminatoria./RAMSÉS

Luisito foi o director de orquesta na consecución deste ansiado ascenso./RAMSÉS

Os fieis seareiros “rojillos” celebraron emocionados o paso do seu equipo a 2ª B. /R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

COB

Equipo de Ouro

4 O Club Ourense Baloncesto logra o ascenso logo de baixar o ano pasado á LEB Prata. R. Torres Tan só unha tempada foi a que tivo que estar o Club Ourense Baloncesto en LEB Prata antes de regresar á Ouro. A principio de tempada, o COB era xunto co Andorra o máximo favorito ao ascenso. Un inicio irregular do equipo ourensán fixo que se alonxara dos primeiros postos da clasificación. Fóra de casa os de Domínguez non eran quen

de gañar ningún partido, o que lles levou a ocupar a sexta posición. Polo que a directiva víuse na obriga de cambiar de adestrador para non quedarse apeados ás primeiras de cambio do obxectivo marcado en pretempada. Domínguez deixaba o seu sitio a Rafa Sanz (o cordobés xa collera ao COB coa pasada tempada en marcha para tentar salvalo pero sen conseguilo

Pantín entrando a canastra nun partido contra o Prat.

a pesar de por todos os seus es-

forz o s ; a mazá estaba demasiado podrida). A partir dese momento todo mudou.

En once partidos de liga regular con Sanz ao fronte, 10 vitorias e unha derrota (ésta contra O Prat por un punto de diferenza), o que o metería no segundo posto da clasificación final (primeiro foi Andorra con ascenso directo incluído). Nos play offs de ascenso tocaría primeiro Lan Mobel ao que gañou por 2-1; o cadro ourensán viulle as orellas ao lobo cando no primeiro partido en casa perderon. No segundo (en Álava) e terceiro (Pazo) partido o COB deulle a volta a eliminatoria e logrando o pase ás semifinais. Nesta segunda ronda, o Aurteneche era o rival. Un gran COB no Pazo puxo

en franquicia a eliminatoria, 2-0 era o resultado cando a semifinal desprazábase ata Araberri. O terceiro partido só se presentou o Aurteneche, mentres que o paso do COB pola cancha Joan Busquets foi testimonial, sen opcións de selar o pase á gran final.

No cuarto partido, os xogadores ourensáns estiveron máis metidos no encontro, pero non lograron a terceira vitoria, polo que con 2-2 a semifinal regresaba ao Paco Paz. No último partido o COB volveu a ser

él mesmo e logrou unha vitoria que o levaba, por mér i t o s propios, a unha final na que xa esperaba o Prat

Joventut. A derradeira pedra no camiño chamábase Prat, o conxunto catalán -filial do Joventut- plagado de futuras estrelas do baloncesto, ía ser un rival duro de batir. Os dous primeiros encontros disputados en Ourense caeron de cara do COB; entón a eliminatoria desprazábase ata O Prat. No terceiro encontro, un mal partido dos ourensáns fixo que puxérase a eliminatoria 2-1. O cuarto partido comezou co dominio dos cataláns nos primeiros dez minutos. A partir de aí o Club Ourense Baloncesto mostrou o seu poderío, e grazas a uns espléndidos segundo e ter-


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

COB

ceiro cuarto, os ourensáns cimentaron unha vitoria que non se escaparía; víase a luz ao final do túnel. Ao final 69-88 e o COB regresa pola porta grande á LEB Ouro, o ascenso era xa unha realidade. Celebracións Directiva, corpo técnico e xogadores tiveron un baño de masas os días seguintes ao ascenso: encontro cos fans en Ponte Vella, onde firmaron autógrafos e sacáronse fotos cos afeccionados. Ademais, antes do partido do CD Ourense, os membros do equipo de baloncesto recibiron unha homenaxe no estadio do Couto diante dunhas bancadas abarrotadas de xente. Por parte das institucións, o presidente da

Deputación e o alcalde Ourense (José Manuel Baltar e Francisco Rodríguez) recibiron aos responsables do ascenso, tamén o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoo. Vindeira campaña Tralo éxito chega o momento de asentar as bases do COB 2012-2013. O presidente Bermello xa anunciou que se marcha, polo que o primeiro que hai que facer é buscar un novo presidente, ou se finalmente decide quedarse que o anuncie o antes posible. Con Bermello marcharían moitos dos seus colaboradores que tan bo traballo fixeron nestes tres anos (caso do seu irmán na labor de márketing e do xefe de prensa). O futuro empeza xa, e o camiño ten

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu ao equipo no Pazo Raxoi.

que andarse desde hoxe, perder tempo sería perder oportunidades dunha boa planificación. Rafa Sanz continuará un ano máis como director de orquestra, aínda que pode renunciar nestas primeiras semanas de vacacións (todo dependerá de se se aclara o futuro do club). Unha vez resoltos estes asuntos tocará comezar a planificar a plantilla do COB no seu regreso á LEB Ouro.

Lan Mobel, Aurteneche e Prat foron os últimos escollos do Club Ourense Baloncesto no seu camiño a LEB Ouro

4 Sanz Rafa Se hai un gran protagonista deste ascenso do COB non é outro que Rafael Sanz. Dende a súa chegada ao equipo a dinámica do mesmo cambiou radicalmente e logrou na liga regular contar todos os partidos que o conxunto disputou baixo a súa batuta por vitorias, salvo un, contra o Prat Joventut, precisamente o conxunto co que se tivo que medir na fase final do play off e ante o cal o Ourense certificou o seu billete de volta a Adecco Ouro. Inculcar nun equipo unido os valores do esforzo e o sacrificio foron parte do seu segredo para lograr este inmellorable resultado.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo provincial a xogadores, corpo técnico e directivos do Club Ourense Baloncesto para felicitalos en primeira persoa polo ascenso do equipo a LEB Ouro./P.L.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

FÚTBOL SALA

Ao grande 4 O Cidade As Burgas certifica a permanencia grazas a súa vitoria contra o Atlético de Madrid na penúltima xornada. R. Torres O Cidade As Burgas logra unha máis que sufrida permanencia e o ano que vén continuará na elite do fútbol sala feminino. A vitoria contra o Atlético de Madrid deu os puntos necesarios para a salvación. O partido contra o Atlético de Madrid Futsi Navalcarnero enfrontaba a dous conxuntos con obxectivos totalmente opostos. O Futsi aterrizaba en Ourense coa intención de proclamarse campión de liga a falta dunha xornada; mentres que o Cidade buscaba, sen ter que mirar cara outros re-

sultados, unha vitoria que o mantivera na categoría. O partido non puido comezar de peor xeito para os intereses das locais; un 0-2 no primeiro minuto de encontro presaxiaba que o partido non ía resultar nada sinxelo. Pronto o Cidade levantouse do xarro de auga fría, e primeiro Laura, de volea, e máis tarde Peke, tras saque de esquina, devolvían as táboas ao electrónico. O empate non lle valía ás madrileñas, polo que conforme pasaban os minutos da segunda metade alternaban o xogo de cinco, asediando a portaría defendida por Ana, que paraba

A xogadora do Cidade intenta roubar o balón á xogadora do Futsi no último encontro en casa./RAMSÉS todo o que lanzaban as xogadoras do Futsi. Inmensa a porteira que mantivo ao seu equipo no encontro durante os minutos máis difíciles con paradas de gran calidade e cando as

As xogadores e afeccionados do Cidade celebran a permanencia./RAMSÉS

visitantes xa cantaban o gol. Co paso do tempo, o Atlético asediaba máis o marco rival, pero logo dun erro, Iria recuperaba o balón e desde a metade de cancha a porta baleira facía o 3-2. Un minuto máis tarde, María Arias poría terra de por medio co Futsi e co descenso. A permanencia palpábase no ambiente das bancadas dos Remedios que animaban ás xogadoras locais con todo o alento posible. A falta de nove segundos, Priscilla recortaba distancias, pero sen tempo para máis. 4-3 e o Cidade competirá novamente cos mellores a vindeira tempada. Tempada complicada Tempada moi complicada para o Cidade que vía como a máxima goleadora do equipo o pasado ano mudaba de beira para recalar no Ponte Ourense. Sen Vanessa, o equipo tíñase que reinventar e buscar que os goles estiveran repartidos entre varias xogadoras. As pupilas de Manolo

Codeso pronto comezaron a sumar puntos e situarse nunha zona cómoda da táboa. Pero co paso das xornadas o equipo non lograba dar a puntilla e lograr unha renda de puntos suficiente para conseguir a permanencia. Nas últimas xornadas as derrotas sumábanse e a inquedanza instalábase no equipo e a afección, sobre todo con resultados dos seus rivais que non favorecían en nada aos intereses das franxiverdes. Un final de tempada contra equipos dos postos de arriba non auguraba nada bo, pero estas rapazas non ían dar o seu brazo a torcer, loitarían ata o final. Así chegou a vitoria contra o Atlético de Madrid, e o ano que vén o Cidade militará por terceiro ano consecutivo na Primeira División do fútbol sala feminino. Notable campaña para un conxunto

Na última xornada o Cidade visita ao Majadahonda

integrado por xogadoras da canteira. Majadahonda Para a última xornada de liga, o Cidade As Burgas visita a cancha do Majadahonda, equipo descendido. O Cidade chegará sen presión e cos deberes, dunha liga moi dura, feitos. Primeira División Fútbol Sala Feminino 29ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 67 2º Móstoles 66 3º Burela 62 4ºGironella 60 5º Ponte Ourense 60 6º Córdoba 60 7º Femesala Elche 46 8º U. de Alacante 42 9º Orvina 33 10º Soto del Real 33 11º Logroño 31 12ºCidade As Burgas 30 13º Valladolid 29 14º Zaragoza 24 15º Rubí 14 16º Majadahonda 14


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

FÚTBOL SALA

Preparando a Copa 4 Sen aliciente na liga o Ponte Ourense vólcase na Copa de España. R. Torres Unha vez dito adeus a revalidar o título ligueiro, o Ponte Ourense busca porse a tono para loitar pola Copa de España en Valladolid durante os días 8, 9 e 10 de xuño. Na penúltima xornada tocáballe xogar contra o Móstoles, un cadro madrileño inmerso na loita pola Liga. O partido foi moi vibrante cunha loita de poder a poder ante dous equipos que se xogaron o título de liga da pasada campaña ata as últimas xornadas. O encontro estivo cargado de calidade e de ocasións de ambas as dúas escadras. A primeira metade rematou con empate a dous tantos; Eva Menguán e Bea Martín adiantaban por dúas ocasións e Ampi e Marta devolvían as táboas ao electrónico. No segun-

do tempo máis do mesmo: intercambio de golpes e de goles. Inma facía o tres a dous para o Móstoles e Vanessa de dobre penalti facía o empate a tres. Bea Martín poñía en franquicia ás segundas clasificadas e Ampi subía o catro a catro no luminoso. A dous minutos para a conclusión do encontro Inma establecía o 54 definitivo, xa que o Ponte Ourense non foi quen de contrarrestar ese gol polo que caía derrotado. Derradeira xornada A falta dunha xornada, as ourensás son quintas con 60 puntos, os mesmos que o Gironella e Córdoba. O Ponte só pode aspirar á terceira posición que neste momento ocupa o Burela. Na derradeira xornada recibe en casa (sábado 2 de xuño ás 18 horas nos Re-

medios) ao Soto del Real. A Copa Unha vez finalizada a liga será o turno da Copa, onde o Ponte Ourense ten todas as esperanzas de rematar a tempada cun título (ademais da Supercopa de España e Copa Ibérica de principios de tempada). Dependendo da posición que remate na liga pode tocarlle un ou outro equipo en cuartos. De rematar así a liga tocaríalle o Gironella (cuarto contra quinto). O que é seguro é que nesta ronda de cuartos non lle tocaría nin o anfitrión Valladolid, nin Femesala Elche, nin o primeiro e segundo clasificado que estará entre At. de Madrid e Móstoles. Burela, Córdoba ou o citado Gironella, un deles será o rival do Ponte na primeira eliminatoria.

Ampi encara a porteira do Unversidade de Alacante, Sonia. /RAMSÉS

O Ponte despide a liga en casa enfrontándose ao Soto del Real o día 2, ás 18 h. Disputará a Copa de España do 8 ao 10 de xuño

4 Xornada 30 - 2 de xuño Ponte Ourense - Soto del Real Deportivo Córdoba - Móstoles Burela - U. de Alacante Zaragoza - Rubi Gironella - Valladolid Femesala Elche - Diamante Logroño Futsi Navalcarnero - Lacturale Orvina Majadahonda - Cidade As Burgas


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

Xa falta menos para o Campus Fran 4 Oira acollerá este campus dirixido polo eterno capitán deportivista. Redacción O exdeportivista, Francisco González “Fran”, ofrecerá un campus para as novas promesas, este verán, no complexo deportivo de Oira. O evento terá lugar nas instalacións de Oira, dispoñendo dun campo de fútbol 11 e outro de fútbol 7. Durante o mes de xullo desenvolverase este campus en dúas quendas, tanto para porteiros como para xogadores de ambos sexos, con

idades comprendidas entre os 6 e 14 anos. Ademais do propio Fran, acudirán ao campus ex xogadores de elite como José Ramón, irmán de Fran (que militou en CD Ourense), o tamén ex deportivista Manjarín, e o actual adestrador Ponte Ourense de fútbol sala, Óscar Vivián. Desde fai poucas datas está confirmada a presenza dos xogadores Diego Seoane (Deportivo da Coruña) e de Daniel Portela (xogador de CD Ourense), tamén acudirá á cita o

Modulo de técnificación:

- Habilidade estática / dinámica mediante tarefas de dominio de balón en espazo limitado, con limitación corporal, con secuencias nos contactos, con dous móbiles (disociación segmentaria), mediante circuítos predeterminados... - Condución con diferentes partes do pé, ante diferentes situacións dependendo do rival (situación de control, de velocidade), todo mediante circuítos, situacións reais. - Control e amortiguamiento: estático / dinámico, en diferentes situacións en canto ao espazo e o tempo, diferentes superficies corporais, encadenamento con outra acción técnica como caneo, tiro, pase. - Cobertura técnica: control / dominio de balón fronte oposición defensiva, estática ou dinámica, traballo do equilibrio estático, do control corporal, utilización de segmentos libres. - Tiro / remate: estático e dinámico, diferentes tipos de golpeo, encadenamento con acción técnica como centro, pase, tiros en precisión, orientación espacial, colocación corporal en función da traxectoria do balón, etc. - Golpeos de cabeza: en habilidade, en movemento, tras centro.

Módulo de aplicación táctica:

- Xogos de 2x2, 3x3 con / sen porteiros. - Xogos de superioridade ofensiva (traballo de paredes, apoios, desmarques). - Xogos de superioridade defensiva (traballo de coberturas, permutas. Temporizacion - entrada. - Xogo real de 7x7 con posicionamentos variables de 2 ou 3 liñas. - Utilización do espazo e tempo, mellora no mecanismo perceptivo, mellora na toma de decisión, de maneira integrada en función dos niveis de cada grupo, adaptándose ás características individuais dos grupos.

Módulo de habilidades atléticas, coordinativas e psicomotrices:

- Técnica de carreira. - Saltos. - Carreiras de obstáculos. - Desenvolvemento da lateralidad, esquema corporal, equilibrio, actitude postural. - Lanzamentos. - Traballo das capacidades coordinativas con / sen balón, secuenciación de ritmos, apreciación de traxectorias, cap.

CAMPUS FRAN

exporteiro do Deportivo, Jacques Songo´o. Todos eles serán os encargados de supervisar este campus e poñer os seus coñecementos e experiencias ao servizo da formación dos máis pequenos. O persoal técnico do campus estará composto por un Director-Coordinador do Campus, un Coordinador de adestramentos de fútbol, un adestrador de fútbol titulado para cada 10 nenos para ter un perfecto seguemiento de cada un deles, un ATS titulado, un adestrador de atletismo para poder traballar

nocións de coordinación de carreira, economización de esforzos.... e un adestrador específico de porteiros. Grupos de traballo O primeiro grupo comezará a traballar o día 2 de xullo e rematará o día 13 do citado mes. A segunda quenda será do 16 ao 27 de xullo. Os días 30 e 31 celebrarase unha festa para que se despidan do campus todos os que participaron nel. Prazas limitadas A data tope para inscribirse neste evento único é o 27

de xuño, e ten un custo de 160 euros, dos que se destinarán 10 euros para colaborar coa Cruz Vermella. Para máis información consultar a web: campusfranourense.com ou no correo electrónico info@campusfranourense.com.

Dúas quendas terá o campus; unha do 2 ao 13 de xullo e a segunda do 16 ao 27 do mesmo mes

O exporteiro deportivista, Jacques Songo´o ten confirmada a súa presenza no campus.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012


10

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

Campus de verán da Fundación Celta de Vigo Redacción

A Fundación Celta de Vigo impartirá este verán dous campus nas localidades de Verín e de Allariz, entre os días 2 e o 7 de xullo, e 16 e o 21 de xullo, respectivamente. Ambos campus, que contarán coa presenza de olladores do R.C. Celta de Vigo están destinado a nenos de 4 a 16 anos, que queiran perfeccionar os seus coñecementos en actividades deportivas cuxo eixe central será o fútbol e que se complementarán con outras de carácter didáctico e lúdico. As actividades serán impartidas de 10 a 14 horas, e o prezo para participar no mesmo será de 160 euros (público en xeral) ou de 120 (abonados do Celta, membros da Fundación e alumnos das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-Sala do Concello de Verín).

FÚTBOL

Chega o XXI Trofeo Cidade de Ourense de fútbol cadete 4 No estadio Miguel Ángel o 2 e 3 de xuño. Redacción Real Madrid, Atlético de Madrid, Sporting de Lisboa, Sporting de Braga, Pavillón e unha selección de xogadores de Ourense serán os que se disputen esta edición do Trofeo Cidade de Ourense e VIII Memorial Emilio Parente. Dividos en dous grupos xogarán entre eles para saber cal é o primeiro clasifi-

cado de cada un dos grupos, os cales accederàn á final; os segundos xogarán polo terceiro e cuarto posto, e os terceiros de cada grupo xogarán entre si para ditaminar ao quinto e sexto clasificado do torneo. No grupo A están Atlético de Madrid, Sporting de Portugal e a Selección de Ourense e no grupo B o Real Madrid, Sporting de Braga e Pavillón Ourense.

Memorial Manolo Carrera, en Velle 4Torneo de fútbol base nas categorías infantil e prebenxamín. Redacción O Club Deportivo Velle organiza o I Torneo de fútbol base nas categorías infantil e prebenxamín– Memorial Manolo Carre-

ra os días 2 e 3 de xuño no campo de fútbol de herba artificial Monte da Aira. O sábado xogarán seis equipos, dous portugueses, un de Vigo, e tres ourensáns. O domingo teremos

Os partidos da fase de grupo xogaranse ao longo do sábado 2. Para o domingo 3 quedan os enfrontamentos directos, sendo a final ás 12.15 horas. A entrada a todos os partidos será gratuíta. Está confirmada a presenza de observadores de equipos como o Arsenal e Chelsea, que chegan a Ourense en busca de novas promesas do fútbol. a presenza do Montañeros de Coruña, xunto con nove combinados da provincia. Para este Torneo-Memorial, Club Deportivo Velle presenta dous equipos na categoría infantil e outros dous na prebenxamín, que representan á súa Escola Deportiva, actuando dous deles baixo a denominación de Club Carrera como homenaxe ao desaparecido conxunto ourensán.

O Barbadás ascende a 3ª

Dous torneos, na Semana Cultural da Chavasqueira 4 Fútbol sala e hoquei, o 18 de xuño. Redacción O Consello Municipal de Deportes de Ourense colabora coa Asociación de Veciños da Chavasqueira na organización do primeiro Día do Deporte, o luns 18 de xuño. Dous campionatos, futbol sala e hoquei, enfrontarán a distintos equipos de base dos barrios da cidade inaugurando a Semana Cultural da Chavasqueira. As actividades previstas

III Torneo de Fútbol 7 da Cruz Vermella

Redacción

O Barbadás será a vindeira campaña equipo de Terceira División logo de quedar campión da Rexional Preferente Sur. Unha exitosa tempada fixo que os de Regal certificaran o ascenso dúas xornadas antes do remate da liga. Co ascenso de CD Ourense, o Barbadás será o único representante ourensán da 3ª División na tempada 2012-2013.

O concelleiro de Deportes entre dous representantes veciñais da Chavasqueira./M.REJO.

Redacción

O Bar Xavou, campión da Liga Municipal Intercultural O Bar Xavou revalidou o título ligueiro da Primeira División da Liga Municipal Intercultural, e en segunda posición rematou o Club Momentos F.S. O 5 Postes foi o campión en Segunda, por diant do Cabeza de Vaca F.S.; estes dous, xunto co Estrella Rosa F.S., ascenden á Primeira categoría. Unha vez rematada a competición é o turno da Copa que se xogará a súa final nas festas de Corpus, onde se entregaran, ademais, todos os trofeos desta temporada. Xa está aberta a inscrición para a vindeira campaña.

A Cruz Vermella organiza o 16 de xuño o seu terceiro Torneo de Fútbol 7, co que busca promocionar o seu Sorteo de Ouro. Trátase dun torneo con dúas categorías, benxamín e alevín, con 12 equipos por cada unha delas. Os partidos disputaranse nas

para ese día celebraránse nas propias instalacións deportivas do barrio en horario de tarde, a partir das 16 horas. Trátase de dous campionatos de fútbol sala e hoquei, verdadeiros referentes na cidade e cun importante rol de dinamización veciñal. Os torneos contan coa participación prevista de CD Velle, CD Arranxar, A.VV Chavasqueira, AVV. Velle, CH Barrocás, CH Cidade de Barrocás, CH Cudeiro e CH Albor. instalacións do campo de Oira, cedidas polo Consello Municipal de Deportes. O torneo realizarase o sábado 16 desde as 9 até as 20 horas. A duración de cada partido será de 10-12 minutos cada parte cun descanso de 5 minutos. Pararase de xogar nas horas centrais do día (de14 a 16 horas) e terán lugar actividades lúdicas para os nenos que non estean a xogar. Ademais, sortearanse agasallos para os rapaces e para o público durante a xornada.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012

COB E CD OURENSE


COB E CD OURENSE

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

Torneo Ourense de aire comprimido

Remata a liga de pádel Redacción

Redacción

Esta fin de semana celébrase en Eiroás o Torneo Ourense de Aire Comprimido de pistola e carabina, valedeiro como tirada da Copa Ourense. Os deportistas poderán elixir entre tirar o sábado 2 ás 17 horas ou facelo o domingo 3 ás 10:15, sendo a entrega de trofeos este último día ás 12:15 horas. O día 10 o club acolle o Campionato Autonómico de pistola 9 mm. Tiro ao prato En canto ao deporte do tiro ao prato, a pasada fin de semana disputouse o Campionato provincial de foso universal de Lugo, a 100 pratos, no que dous ourensáns quedaron clasificados en terceira posición (Sánchez Moura, con 94 pratos), e sexto na xeral (Rafael Fernández, con 90 pratos). Esta fin de semana dispútase o Campionato Galego en Pontevedra a 200 pratos, o día 10 de xuño, tirada da Delegación de Ourense en Eiroás, a 50 pratos, con trofeos e premios aos mellores clasificados, e o 16 de xuño en Maceda tirada social “escopeta de ouro” a 25 pratos.

III Torneo Escolar de Rugbi Cinta Redacción

O 2 de xuño disputarase no estadio universitario de Ourense o terceiro torneo Rugbi Cinta para escolares. Dará comezo ás 10 horas, contará coa participación de rapaces e rapazas de entre 10 e 11 anos pertencentes a varios colexios da cidade, entre os que se atopan o Mestre Vide, Salesianos, Franciscanas, Mende e Curros Enríquez. O torneo está organizado por Campus Ourense Rugbi e conta coa colaboración da Federación Galega e o Campus.

Xogadores do Galmédica Ourense Tenis de Mesa.

O Galmédica B consegue o ascenso á Primeira Autonómica

Un ano exitoso é o que está a vivir o club Galmédica Ourense de Tenis de Mesa. O primeiro equipo que milita na Segunda Nacional, despois de solventar favorablemente o seu último partido da liga regular ante o Vincios-C.Dantas por 4 a 2 no Paco Paz, certificou o segundo posto do grupo 1, e con el a participación na fase de ascenso á Primeira División Nacional que se disputará en Almería os días 2 e 3 de xuño. O Galmédica B, pola súa banda, derrotaba ao Vincios-Quintas de Gondomar por 6 a 1 no que era a última xornada da Liga Autonómica de Tenis de Mesa, conseguindo o ascenso directo á Primeira División Galega.

Máis de 300 rapaces participarán na Copa Galicia de Xadrez Escolar 4 Celebrarase no colexio Maristas. R.T. O vindeiro sábado 2 de xuño terá lugar, desde as 11 horas, no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a VI edición da Copa Galicia de Xadrez Escolar. Este evento deportivo reunirá en Ourense aproximadamente a 350 rapaces de España e Portugal de entre 6 e 16 anos de idade. Esta copa é a sétima proba do circuíto galego escolar dun total de 15 xornadas. Máis de 40 xadrecistas dos que participan teñen ránking internacional, o que da unha mostra da calidade do torneo. Para todos os participantes haberá un obsequio ao rematar o día. Superando ao Mirabal Como dato significativo, o torneo máis importante de España de xadrez escolar disputouse a primeiros de maio no Colexio Mirabal de Madrid (“Torneo Colexio Mirabal”), reunindo a 310 xadrecistas, polo que con toda probabilidade a de Ourense será a cita con máis participación de todo o país este ano. Lonxe queda a primeira edición que

xa contara daquelas con 150 xadrecistas. Provincial alevín e infantil de xadrez A asociación Olimpo acolleu o Provincial alevín e infantil de xadrez o pasado 16 de maio. En devandita asociación do barrio de barrocás tivo lugar o campionato e posterior entrega de premios nas categorías alevín e infantil. En categoría infantil mix-

to o vencedor foi o Club Xadrez Ourense, seguido da Casa da Xuventude e de Carmelitas Ourense; en cuarta posición rematou o Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras). En infantil feminino, o Xadrez Ourense foi primeiro seguido do Lauro Olmo. E en categoría alevín, a Casa da Xuventude foi primeiro, Carmelitas Ourense, segundo e Salesianos Ourense, terceiro.

Elías González, Alfredo Veiga e Emilio Rodríguez na presentación do torneo. /RAMSÉS

Rematou a liga Rías Baixas na que participaban os dous equipos do P21 Ourenpádel. O P21 Ourenpadel que milita na 2ª División Rías Baixas Grupo 1 rematou en quinta posición con seis puntos. O campión desta liga foi o School Padel Center iPontevedra. Pola súa banda o P21 Ourenpadel B foi sexto no grupo 2 da segunda categoría Rías Baixas. O El Tablero Padel Club alzouse coa vitoria final. Bos resultados para o primeiro ano de participación na Liga das Rías Baixas.

Valeria López vence en Vilagarcía Redacción

A xogadora ourensá, Valeria López, vén de proclamarse campioa da Copa Babolar de tenis dsiputada na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa. Valeria impúxose na final cadete a Celia Cerviño do Club tenis Santiago. Este inicio triunfal no seu primeiro ano de cadete a leva a ocupar o posto número 10 da clasificación galega absoluta, o que fai que participe o vindeiro mes no Campionato de España de cadete que se celebrarán en Córdoba.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

ATLETISMO

Cid e Teijeiro gañan no Couto 4 Na segunda proba do “Correndo x Ourense”. R. Torres O pasado sábado 26 de maio disputouse polas rúas do barrio do Couto a segunda proba do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. Máis de 500 corredores deronse cita nesta segunda carreira dun circuíto que cada día conta con máis participantes en todas as categorías e comeza a ser unha proba na que familias enteiras acuden para, uns participar, e outros animar. A primeira das carreiras, como vén sendo habitual, foi a dos pitufos cunha gran participación. Dez minutos máis tarde o turno foi para os benxamíns e alevíns, sendo 70 as rapazas e rapaces que remataron os 1.400 metros de percorrido; Manuel Prieto e Nayeli Iglesias resultaron os gañadores. Na carreira infantil e cadete, sobre 1.900 metros, 17 dos inscritos remataron a proba; Francisco José Miranda e Laura Nerea foron os vencedores. A proba absoluta foi a que congregou o maior número

Sandiás, Esgos, Xinzo e Celanova, as próximas citas para os populares 4 Terán lugar durante o mes de xuño. R. Torres

Atletas nun momento da carreira polas rúas do Couto./S.TORRES. de participantes (430), que tiveron que dar tres voltas a un circuíto urbán de 1900 metros para completar os 5.700 metros dos que constaba a carreira. Alejandro Cid foi o vencedor masculino cun tempo de 18:15 minutos; en segunda posición rematou Óscar Ramos (18:25), e de terceiro, José M. Casado (18:39). En categoría feminina, a máis rápida foi Sonia Teijeira (21:45), seguida da campioa da primeira edición do “Correndo x Ourense”, Iria

Saída da carreira das categorías infantil e cadete./S.TORRES.

Fernández (22:27) e en terceiro lugar rematou Sonia Vázquez (22:46). A saída na rúa Remedios levaba aos corredores por Dalí arriba ata chegar á rúa Ervedelo, alí torcían á dereita e zigzageaban desde Ervedelo ata Os Remedios polas rúas Greco, Murillo, Velázquez, Prego de Oliver e Juan de Anges, desde onde regresaban de novo a Remedios, rúa que percorrían enteira ata a liña de meta. Así, ata en tres ocasións.

Líderes Rematadas as dúas primeiras carreiras xa temos aos primeiros líderes do circuíto na categoría absoluta. En categoría masculina, Iván Docampo e Alejandro Cid comparten o primeiro posto cun punto cada un deles. En categoría feminina, Sonia Teijeiro é primeira con 66 puntos; a segunda posición ocúpaa Iria Fernández con 82. A puntuación é a suma das probas descartando o peor resultado, e para puntuar é necesario participar en cinco das seis carreiras do “Correndo x Ourense”. Terceira proba O 30 de xuño ten lugar no parque Barbaña ás 21 horas) a terceira proba do cicuíto de carreiras ourensán. Na categoría infantil e benxamín percorrerán 900 metros; na alevín e cadete 2.330 e os participantes da absoluta farán 6.990 metros polas ribeiras do río Barbaña. Os pitufos como sempre cubrirán unhas ducias de metros.

No mes de xuño, as carreiras de Sandiás, Xinzo e Celanova serán as citas que os atletas populares terán na provincia, mentres que en Esgos apostan polas andainas e carreiras de montaña. A primeira delas, a III Carreira Popular Torre do Castro, este domingo 3 de xuño. Ás 10.30 horas comezará a carreira absoluta, cun percorrido de 8000 metros nos que haberá que subir un par de costas das que deixan sen alento, sobre todo a segunda delas antes de baixar cara a meta. Ás 10.40 horas o turno será para a carreira infantil e cadete, que percorrerán 1500 metros. 750 metros é a distancia a percorrer os benxamíns e alevíns (10.45h.). E ás 12 horas pechará esta terceira edición a carreira dos pitufos, que correrán 250 metros. O 10 de xuño Esgos acolle a súa xa tradicional andaina e carreira de montaña dando comezo ás 10.30 horas á carreira, que cubre unha distancia de 13.000 metros de subida. A andaina comezará ás 9.30 horas e os participantes farán 20 quilómetros. Nocturnas en Xinzo e Celanova Para o sábado 16 de xuño está prevista que

Carreira de pitufos de Celanova./ARQUIVO teña lugar a VIII Carreira Nocturna de Xinzo de Limia, con varias probas na que a absoluta terá unha distancia de pouco máis de seis quilómetros. A característica desta proba é a súa rapidez, xa que os pouco máis de seis mil metros e un perfil totalmente plano fan que todos os participantes vaian co “coitelo entre os dentes” e saquen a súa velocidade a relucir. O sábado 23 de xuño, chega a IX Carreira Nocturna de Celanova. A partir das nove da noite comezarán as probas infantís, para que a partir das dez sexa o turno da proba absoluta. 7.000 metros de percorrido urbán con subidas e baixadas fan dela unha carreira rachapernas, pero con moitísima animación por todo o percorrido que amenizan o esforzo dos atletas. Con estas carreiras e a nocturna ourensá do día 30, a provincia convértese neste mes de xuño nun referente das probas populares.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

ATLETISMO

Loitas distintas 4 Os homes do Academia Postal loitarán pola permanencia, mentres que as mulleres buscarán o ascenso. R. Torres O Ourense Atletismo Academia Postal chega á derradeira xornada da Liga de Clubs con obxectivos opostos. Os homes loitarán pola permanencia e as mulleres polo ascenso á División de Honra. O Ourense Atletismo Academia Postal terá que loitar na última xornada por non descender de categoría. Na segunda xornada da Liga, os ourensáns remataron en cuarta posición o que lles leva a loitar pola permanencia na derradeira xornada que terá a Burgos como sede. O Academia Postal xogarase continuar na División de Honra cos equipos de Unicaja Atletismo, Real Sociedad, Sociedad Gimnástica, Agrupación Atlética Catalunya, Cuerva de Nerja, Simply Scorpio e UBU Caja de Burgos. Pelexa polo ascenso Pola súa banda, as mulleres académicas lograron a segunda posición en Burgos, polo que terán que pelexar polo ascenso a División de Honra co Unicaja Atletismo, ISS L’Hospitalet, CA Silla-Kelme, Avinent Manresa, Sprint Atletismo León, TF Cajacanarias

e Súper Amara BAT. As ourensás ocupan actualmente a terceira posición. Despois de varios cambios de sede, finalmente será Eibar e Durango onde terá lugar a última xornada da Liga de Clubs esta mesma fin de semana. Galego Cadete e infantil No Campionato Galego Cadete celebrado na Coruña, o académico Damián Picouto foi ouro nos 300 valados logrando, ademais, a mínima nacional cadete. En infantil acadáronse sete medallas, dúas de ouro, tres de prata e dúas de bronce. Outras novas A localidade coruñesa de Coristanco celebrou a VI Carreira Pedestre Costa da Morte, na que os académicos Alejandro Fernández e Hassan Lekhili remataron primeiro e segundo respectivamente. O mesmo resultado acadaron un día máis tarde en Gondomar, no XII Memorial Manuel Barros. Manuel Hurtado proclamábase vencedor no IV Medio Maratón A Coruña 21; María Hurtado era terceira en mulleres.

Unha andaina de dez mil pasos clausura Ociourense 4 A Concellería de Saúde pon en marcha andainas saudables durante xuño. P.Lodeiro A Concellería de Saúde pechará cunha “Andaina sen fume polas pontes” o programa de ocio saudable Ociourense, no que participaron nos últimos tres meses máis de 650 mozos e mozas. Con esta actividade quérese, por unha banda, conmemorar o Día Mundial sen Tabaco, e pola outra, fomentar hábitos de vida sausables, a través dun pequeno paseo de 10.000 pasos (ao redor de 6 quilómetros), accesible a todas as idades. A andaina rematará cun almorzo saudable e cun sorteo de agasallos entre os participantes. As inscricións para a

andaina -aberta a toda a poboación- poden na Concellería de Saúde ou o propio día na Alameda, antes das 10 da mañá. Andainas saudables Ademais, a Concellería propón para xuño tres saídas semanais a tres circuítos saudables da cidade: no Lonia os luns, Barbañica, os mércores, e no Paseo das Ninfas, os venres, de 9 a 11 horas. Os tres circuítos contan con equipamento de máquinas e estructuras fixas onde levar a cabo sesións de acondicionamento físico, e requiren dun desprazamento polos paseos saudables da cidade, para chegar ata eles.

A concelleira de Saúde xunto a dous técnicos municipais na rolda de prensa de balance de Ociourense./P.L.

17

A Chavasqueira celebrará o seu VI Día Termal camiñando Redaccción A Chavasqueira celebrará o día 24 de xuño a sexta edición do Día Termal, cun programa de actividades lúdicas, deportivas, culturais e de confraternización que se desenvolverán ao longo de toda a xornada. As propostas comezarán pola mañá, cando terá lugar a sexta edición da Andaina Termal, que partirá ás 10:30 horas dende o Campo da Feira para

percorrer O Tinteiro, as Termas do Muíño, Termas de Outariz, Fonte de Reza, Ponte Romana e Paseo do Río Miño ata rematar nas Termas da Chavasqueira. Os interesados poden inscribirse antes do día 16 de xuño, no local da asociación veciñal. Logo dun xantar popular, o Día Termal continúa ás 15:30 horas coa celebración do II Minicampionato de Scalextric, e unha hora máis tarde, cun partido de baloncesto.

VII Andaina Solidaria da Cruz Vermella, o 3 de xuño Redacción Cruz Vermella Ourense organiza unha nova edición, a sétima xa, da Andaina Solidaria que terá lugar o domingo 3 de xuño ás 09 horas con saída desde a sede de Cruz Vermella na cidade. A principal novidade este ano é que os andaríns poderán optar entre realizar dous percorridos: un longo de 27 km, para os máis avezados e outro curto de 8 km para os que non se sintan tan preparados. Durante o percorrido haberá tres avituallamientos e outro ao finalizar para repor forzas. E ademais todos os andaríns participarán no sorteo de agasallos cedidos por em-

presas colaboradoras con esta iniciativa. O importe da inscrición é de 10 euros por persoa, recibindo a cambio dous boletos da lotaría para o sorteo do 19 xullo. Os participantes interesados poderán inscribirse até o mesmo día da Andaina na Sede de Cruz Vermella (até as 09:30 horas) e nos establecementos deportivos Redonet, Turini e Intersport Bouso. Con esta iniciativa, Cruz Vermella enlaza varios obxectivos: por unha banda fomentar o exercicio físico como hábito saudable, preventivo e socializador, por outra banda posibilitar á comunidade ourensá a participación nun acto solidario, converténdose en colaboradores puntuais da oenegué.


18

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

Final da Copa Deputación de balonmán benxamín

natación

Campionato de España universitario 4 Alberto Taboada e Laura Pimentel conseguiron o trofeo Pedro Escuredo. Redacción As ourensás Sandra Presas e Laura Pimentel, do Universidade de Vigo, acudiron ao Campionato de España universitario de natación, celebrado nas instalacións deportivas da universidade madrileña Camilo José Cela. Entre as dúas lograron cinco medallas e un récord do campionato. Sandra Presas conquistou o ouro en 50 costas cun tempo de 31,99 segundos. Laura Pimentel foi primeira nos 800 libres cun tempo de 09:01,10 logrando batir o récord do campionato en algo máis de 20 segundos.

E estes dous ouros hai que engadir a prata de Presas nos 100 costas, e a prata e o bronce de Pimentel nos 400 e en 100 libres. XLI Trofeo Pedro Escudero Na piscina olímpica Rosario Dueñas de Ourense disputouse o XLI Trofeo Pedro Escudero con 280 nadadores en busca dos mellores resultados e cunha grande afluencia de público nas bancadas. Participaron nadadores das categorías benxamín, alevín, infantil, júnior e absoluto, e aos gañadores fixéronlles entrega das me-

Unha nadadora do Club Natación Pabellón./RAMSÉS. dallas e trofeos familiares de D. Pedro Escudero. Os trofeos foron para os nadadores do CN Pabellón, Alberto Tabaoada Vila e Laura Pimentel Pérez. Gañaron as súas probas Alberto Taboada Vila en 100, 200

braza e 100 costas; Laura Pimente Pérez en 200, 800 e 1500 libres; Sandra Presas Pérez en 100 e 200 costas; Ecequiel Quiroga Ramos en 1500 libres e Iago Rodríguez Peña en 800 libres.

Ourense logra 12 medallas no XOGADE 4 No Campionato Galego Infantil de atletismo en pista. Redacción Os deportistas ourensáns conseguiron un total de 12 medallas no campionato galego infantil de atletismo en pista de XOGADE celebrado en Pontevedra o 26 de maio. Dos 12 metais, catro foron de ouro, seis de prata e dous de bronce. En categoría feminina, Elena Freiría Bravo, do clube Academia Postal foi ouro en salto de lonxitude e prata en 80 metros lisos; Alba Dapía Rodríguez do colexio Sagrado Corazón, ouro en disco de 800 gr.; Laura González Baldinguer do clube Academia Postal, ouro en 220 metros valados; Aída García Barja do clube Asociación Deportiva Limiactiva, prata en 3000

metros; Andrea Gil Vázquez do CPR Pablo VI-Fátima prata en peso de 3kg.; Yésica García Hermida do clube Academia Postal, prata en 1000 metros e Paula Freiría Bravo do clube Academia Postal bronce en triple salto. En categoría masculina, Pablo José Pereiros Blanco do Seminario Menor “A Inmaculada”, ouro en triple salto; Juan Bembibre Domínguez do I.E.S. Carlos Casares, prata en salto de altura; Abraham Rodríguez González do clube Academia Postal, prata en 220 metros valados e bronce en salto de lonxitude. Ximnasia rítmica O próximo sábado día 2 xuño Os Remedios acollerá

o Campionato Galego de ximnasia rítmica do programa XOGADE. A competición terá lugar na pista central do polideportivo desde as 9 da mañá e alongarase ata as dúas da tarde, hora na que se celebrará o desfile e entregaránse os trofeos e medallas os gañadores. A Escola Ximnasia Pavillón e a Escola Municipal Barbadás serán os representantes da provincia de Ourense tras ser galardoadas no Provincial celebrado o 1 de maio en Ribadavia.

O Campionato Galego de ximnasia rítmica será este sábado nos Remedios

Redacción A final de Copa Deputación de balonmán benxamín disputouse no polideportivo da universidade o pasado día 19. A ela chegaron os catro mellores equipos das fases previas: o CEIP O Couto, CEIP Arnoia, Bm. Coles e o CEIP Manuel Sueiro. Na primeira semifinal, os do Couto impuxéronse claramente ao Arnoia, por 7-1, conseguindo praza para a final ante un Bm. Coles que venceu por 6-2 ao Manuel Sueiro na segunda semifinal. Despois de disputar a final provincial a semana pasada, cun partido que necesitou de dúas prórrogas, o Bm. Coles e O Couto volvé-

ronse ver as caras. Unha vez máis, a vitoria foi para os do Couto, pero esta vez de forma máis clara, xa que conseguiron gañar todos os cuartos (8-0). Na loita polo terceiro posto, o Arnoia impúxose ao Manuel Sueiro, por un marcador de 6-2. Pola súa banda, a fase final alevín tivo lugar no Carballiño. Nas semifinais Bm. Carballiño e CEIP Manuel Sueiro desfixéronse de Pabellón O Couto e CEIP Vistahermosa, respectivamente; ambos os dous por 6 a 2. Na loita polo terceiro e cuarto posto, o Pabellón O Couto venceu por 5-2 ao CEIP Vistahermosa. Xa na final o resultado foi de 2-6 para o Manuel Sueiro fronte ao Bm. Carballiño.

REMO

Ouro para os alevíns Fernández e Hermida na Copa Primavera Redacción A xornada do domingo 20 de maio non puido ser mellor para o Club Náutico de Castrelo de Miño xa que os máis pequenos do club conseguían por primeira vez unha medalla de ouro na regata nacional máis importante, tras o Campionato de España, a Copa Primavera. Á vixésima edición desta cita nacional disputada en Asturias acudiu o dobre Skull alevín formado por Lucas Hermida e Joel Fernández, os cales o sábado pola mañá non puideron clasificarse directamente para a final, o que os obri-

gou a ir á repesca da tarde na que se finalmente se impuxeron sen problemas. Xa o domingo as cousas cambiaron, e co seu barco a punto e lucindo o sol realizaron unha gran final conseguindo a vitoria claramente cun tempo de 2:04.00. Fóra dos Xogos Anna Yuchenko e a súa compañeira Nuria Dominguez estiveron a piques de colarse nos Xogos Olímpicos de Londres. A parella logrou o paso á final da Regata Clasificatoria Olímpica, pero quedou terceira, o que non foi suficiente para conseguir unha das dúas prazas dispoñibles para os Xogos.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

MOTOR / BTT

Volve o Rali de Ourense Redacción

Todo está listo para que o 15 e 16 de xuño Ourense acolla a cuarta proba do campionato de España de ralis de asfalto. A 45ª edición do Rali de Ourense “Ourense Termal” recibirá os mellores pilotos do certame e os miles de afeccionados que se desprazarán até os tramos para gozar do evento automobilístico por excelencia da provincia. A maior novidade este ano radica na modificación do percorrido do tramo espectáculo, previsto para as 20:35 horas do venres nas inmediacións da cidade do transporte de San Cibrao.

Aragonés, 2º en Cantabria 4 Con condicións climatolóxicas adversas. Redacción Luis Aragonés e Cuko Bañobre a bordo do Renault Twingo R2 remataron en segunda posición do Rali de Cantabria da Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes de España; ademais de ocupar o posto 22 na xeral. O equipo da Red Renault Galicia mostrouse máis que satisfeito do rali realizado nunha fin de semana na que as condicións meteorolóxicas foron totalmente adversas para a práctica do automobilismo. Na primeira etapa, o Red Renault de Galicia remataba en segunda posición da Challenge, cuns tramos moi esbaradizos e con varias

Saúl López, líder do Galego de BTT-XC 4 Tras vencer en Arteixo. R. Torres O Día das Letras Galegas (17 de maio) celebrouse en Arteixo, a cuarta proba puntuable para o Open Galego de BTT-XC, na que Saúl López acadou a vitoria, situándose ademais como líder abosluto do Open. Logo de dous segundos postos, chegaba deste xeito a primeira vitoria da tempada para Saúl. A xornada completouse cos cadetes do equipo, xa

19

que Iván Conde sumou unha nova vitoria na categoría (e xa van tres), consolidándose como líder do Open. Pola súa banda, Raúl González foi terceiro en cadetes. Outro podio chegaba en máster 40 con Xulio en terceira posición. Pero gran ledicia da xornada protagonizábaa o júnior Marcos Villar, que despois de cinco meses de baixa por rotura de fémur, voltaba de novo as carreiras e

neutralizacións por saídas de estrada. Na segunda etapa Aragonés buscaba manter esa segunda posición; a pesar de que os rivais apretáronno, o Renault Twingo R2 mantivo a segunda posición ao final do rali, a pesar de ter unha

pequena saída de pista. Con este resultado, Aragonés e Bañobre sitúanse en segunda posición da xeral, antes da cita de casa, o Rali de Ourense que terá lugar a mediados do mes de xuño.

Cartel da proba BTT Cidade de Ourense 2012.

Ourense recupera a súa proba BTT o 3 de xuño R.T.

Aragonés e Bañobre xunto ao seu Twingo R2. remataba quinto. En Mini BTT, Iván Feijoo era terceiro en infantís, e Aida González primeira en benxamíns. Mini BTT de Coruxo Da Escola JA Hermida acudiron á cita de Coruxo 21 rapaces que non voltaron de baleiro para Maceda. Xa que Iván Feijoo lograba a vitoria con absoluta autoridade na categoría infantil, o mesmo que Aida González en benxamín. Copa de España En Yepes (Toledo) celebrouse a terceira proba da Copa de España de BTT XC, na que Iván Conde logrou o mellor resultado de

todos os ciclistas do club macedán ao remtar sétimo na categoría cadete. Pola súa banda, en máster 40 Xulio foi noveno e José Manuel González quinto en máster 50.

Iván Feijoo nunha proba.

Dous anos despois, Ourense recupera a proba de BTT Cidade de Ourense, organizada polo club Dúas Rodas e na que colabora a Concellaría de Deportes. O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación desta marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro día 3 de xuño. A proba é de dificultade media – alta, tal como explicou o presidente do Clube Ciclista 2 rodas, Toni Gago, e estímase unha duración de 4 horas aproximadamente. A marcha ten un caracter non competitivo. A ruta terá a súa saída de Oira e pasará por diversos puntos do termo municipal, como Vilar das Tres, Santa Mariña, Seixalbo ou Ceboliño. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, aproveitou para darlle os

parabéns aos organizadores, por ter recuperado esta ruta BTT, e destacou a oportunidade de gozar das paisaxes e as vistas dos lugares por onde pasa. Con esta actividade dá comezo un mes de xuño ateigado de eventos deportivos que teñen a súa coincidencia coas Festas de Ourense, que serán a finais de mes. Na última edición, houbo un total de 155 inscritos, dos cales moitos proveñen de fóra de Ourense, sobre todo da provincia de Pontevedra. As preinscricións serán ata o día 1 de xuño e hai dúas modalidades: para federados e para non federados. Quen queira poderá apuntarse ao xantar posterior (por 15 euros) que se celebrará nun restaurante da zona de Oira. A inscrición sen xantar ten un custo de oito euros. Os non federados deberán abonar 12 euros máis en concepto de seguro dun día.


20

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

XIMNASIA

Piruetas a prezo de metal 4 Os ximnastas ourensáns contan as súas participacións en competicións por medallas. Redacción O Club Ximnasia Pavillón segue a deleitar con brillantes actuacións, tanto a amantes deste deporte como aos que non o son tanto, en cada cita á que se presenta. Sexan os máis cativos ou os máis experimentados, os seus ximnastas están a realizar un papel destacado a nivel autonómico e nacional como veñen de demostrar nos campionatos galegos de Trampolín, e no de Base e Federado Individual e de Clubs, así como na Copa Deputación.

O Escola Pavillón apunta maneiras O Club Ximnasia Escola Pavillón vén de participar con 12 ximnastas de base (os cales só compiten a nivel autonómico) no Campionato Galego de Base e Federado Individual e de Clubs, que se celebrou no anexo do pavillón dos Remedios, obtendo uns magníficos resultados. De entre os máis pequenos destacaron Jorge Conde -que quedou 2º en MN e 1º en DMT na categoría alevín masculina, onde había un total de 10 participantes- e Rebeca Vázquez,

Varias ximnastas executando un exercicio. /A. PAZ

que obtivo o 1º posto en MN e TR. En categoría xuvenil, Uxía Cida e Javier Salas quedaron 2ª e 3º en TR, respectivamente, loitando con ximnastas que compiten a nivel nacional. Así mesmo, cabe destacar a participación de Álvaro Rodríguez, que pasou ás finais en DMT. Campionato Galego de Trampolín Os Remedios tamén acolleron recentemente o Campionato Galego de Trampolín, ao cal o Club Ximnasia Pavillón presentou a 13 saltadores, quenes lograron resultados máis que satisfactorios, xa que o clube pabellonista finalizou a competición sumando ao seu medalleiro nada menos que 29 metais (14 ouros, 10 pratas e 5 bronces). Nesta cita destacou a actuación dunha das futuras promesas da ximnasia ourensá, Alejandro Cid Prieto, que con tan só 7 anos obtivo 2 ouros e unha prata nos tres aparatos nos que competía, e tamén a do equipo absoluto de dobre minitramp -composto por Néstor González Pérez, Carlos Trigo Seguín e Jorge Babarro Vázquez -que, logo de facer unha competición impecable, finalizaron o campionato en segunda posición.

Os deportistas do Club Ximnasia Pavillón posando coas súas últimas medallas. A Copa dos oitos Oito ouros, oito pratas e oito bronces, este foi o balance final da actuación do Club Ximnasia Escola Pavillón na Copa Deputación, que se vén de disputar en Ourense o 26 de maio. Unha destacada cita que congregou nos Remedios a preto de 300 ximnastas de diferentes modalidades deportivas, entre os que se atoparon os 80 do club ourensán, así como os tres grupos en exhibición que presentou tamén a esta competición. Na competición individual de rítmica, obtiveron metal as ximnastas do Club Escola Pavillón Sara Pérez -2ª en prebenxamín-; Vera Jiménez, Sara Blanco e Marta Reino -1ª, 2ª e 3ª clasificadas respectivamente na categoría benxamín-; e Lucía Gómez e Lidia Babarro -2ª e 3ª clasificadas na categoría alevín-.

Na competición de conxuntos os prebenxamíns da Escola Pavillón foron os terceiros clasificados. En categoría benxamín, o conxunto pavillonista foi primeiro; en alevín e cadete, o equipo A foi campión de Copa e o B terceiro clasificado; e de entre os infantís, o conxunto do ourensán foi segundo. Pola súa banda, na modalidade de TR o Club Ximnasia Escola Pavillón presentou a 21 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que remataron a competición logrando 11 medallas nas dúas modalidades. Na categoría prebenxamín feminino, en MN Rocío Salas fíxose co 2º posto, as alevíns Nerea Bugueiro e Andrea López acadaron a 2ª e 3ª posición, Marcos Atrio e Óscar Iglesias acadaron tamén o 2º e 3º posto dos prebenxamíns masculinos; Miguel Roales

e Rafael Ferreira conseguiron sendos ouros nas dúas modalidades MN e Tumbling. Por último, en tumbling, Samuel Rodríguez acadou o 3º posto dos prebenxamíns e Andrea López a prata das alevíns. Vindeira cita A partir de agora aos saltadores do Club Ximnasia Pavillón espéralles unha costa arriba de traballo ata o campionato de España, que terá lugar en Albacete do 8 ao 10 de xuño e unha semana despois agárdaos unha proba internacional na mesma localidade.

Só no Galego de Trampolín os ximnastas ourensáns lograron 19 metais


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

POLIDEPORTIVO

21

Abriron as piscinas de pago de Oira 4 As gratuítas e a exterior dos Remedios faran o propio o luns 4 de xuño. Paula Lodeiro Veñen de abrir ao público, neste mes de xuño de momento só en horario de tarde, as piscinas do complexo polideportivo de Oira. Despois de que en outono abriran as pistas de padel e o ximnasio, é o turno para a zona de baño, reconvertida agora nun recinto de ocio, con dous vasos para o baño, vestiarios, zona de descanso e solarium e servizos de hostelería. “Temos un vaso de 15x12 de recreo cunha profundidade de 1,30 e un máis infantil, tamén de recreo, cun acceso tipo Praia sen escaleiras, e para que os nenos teñan unha zona de pouca profundidade para poder xogar e que os país non teñan que estar tan sumamente pendente deles”, indicou Benigno Lorenzo, delegado de Serviocio, a empresa que xestiona as instalación. É novidoso o sistema de quecemento das piscinas “a través de placas solares, que nos permite ampliar a tempada de verán; a nosa intención, en función da climatoloxía, é que as piscinas abran desde o mes de maio ata outubro incluído”, explicaba o responsable da empresa. Con este sistema consiguen que a auga estea climatizada ata 25 graos. Durante unha visita ás instalacións, o edil de Deportes, Fernando Varela, considerou a apertura deste recinto como “un motivo de alegría”, recordando que “foron moitos anos de traballo, de diversas xestións urbanísticas e administrativas”, para pór de novo a punto estas instalacións, que estiveron pechadas os últimos cinco veráns. Outras piscinas Desde o vindeiro luns día 4 de xuño, reábrense as piscinas públicas de Oira, que funcionarán de 11 a 21

horas. Estas piscinas póderanse disfrutar de balde desde ese día ata mediados de setembro, en función da climatoloxía. A piscina exterior do Pavillón dos Remedios abrirá tamén na mesma data, con horario de 11 a 21 horas,

de luns a sábados. Durante o mes de xullo e agosto, os domingos e festivos estará pechada, e no mes de xuño e setembro abrirá de 10 ás 12.45. Esta instalación está reservada a abonados do Consello Municipal de Deportes.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a tenente de alcalde Isabel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, visitaron as piscinas de Oira./P.LODEIRO.

Open Agigorriaga de Taekwondo Redacción

O sábado día 19 celebrouse o Open Agigorriaga de Taekwondo, onde participaron equipos de toda España (incluíndo Canarias e Andorra). Foron 20 equipos e un total de preto de 200 competidores. A selección galega participou no torneo con 24 participantes dos cales 20 subiron ao caixón das medallas; e entre estes 20 atópanse catro do ximnasio Couto. Sergio Álvarez foi prata en peso galo. Lucía Dafonte (galo), Andrés Álvarez (mosca) e Andrés Freijeiro (pluma) foron medalla de bronce.

Sete metais para o club Artai 4 No II Open de Castela e León. Redacción O Club Artai tivo unha destacada actuación no II Open de Castela e León disputado o pasado 20 de maio en Valladolid. A expedición do club ourensán contou con 10

competidores que participaron tanto en combate (Sanda) como en formas (Taolu). O resultado foi tildado de excepcional, segundo palabras do director do club, Aarón Blanco. Tres ouros, tres pratas e un bronce foi o

trouxeron nas súas mochilas os deportistas ourensáns. Os ouros lográronnos Mario Gayoso Pérez, en combate menos de 75 quilos; Sara Álvarez Vázquez, tradicional estilos do Sur feminino e Andrés Piñeiro Fernández, tradicional esti-

los do Sur masculino. As pratas acadáronas Gabriel Cabezas Montero, combate menos de 70 quilos; Francisco Gonçalves Alonso, combate menos de 85 quilos; Jaime Álvarez Lorenzo, combate menos de 60 quilos. O bronce foi para Emanuel Álvarez Escobino, en tradicional estilos de sur masculino.

Sara Álvarez obtivo un ouro.


22

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

ACTUALIDADE

I torneo Intercity de baloncesto de rúa 3x3 4 Celebrarase os vindeiros 16 e 17 de xuño no Pavillón dos Remedios. Paula Lodeiro Deporte, música e intercambio de culturas é o que ofrece o I Intercity de baloncesto de rúa 3x3, que terá lugar nas canchas exteriores do pavillón dos Remedios os vindeiros día 16 e 17 de xuño. Tal e como explicou Willie Ladson, organizador deste campionato, non só se trata dun evento deportivo, senón que se busca tamén o fomento da cultura de rúa, propia deste deporte. Por este motivo o torneo inclúe partidos pero tamén música hip hop e rap, exhibicións de baile. O outro organizador, Toni López, subliñou que o evento sirve tamén para recordar que non só existe o fútbol e que o basket é un deporte en auxe, e agradeceu o apoio da Concellaría de Deportes para levar adiante este torneo. O edil de Deportes, Fernando Varela, felicitou aos organizadores e anunciou que esta é unha das moitas actividades deportivas que

O concelleiro Fernando Varela xunto aos organizadores, Toni López e Willie Ladson./P.LODEIRO. haberá ao longo do mes de xuño, e que se presentarán nos primeiros días. Dinámica do torneo O torneo 3x3 organízase en tres categorías: de 8 a 10 anos, de 11 a 15 anos e de 16 a 99 anos. Cada equipo estará formado por 3 ou 4 xogadores e os partidos disputaranse en media cancha. Haberá un primeiro premio de mil euros e un segundo de 300 euros na categoría

absoluta, así como vales para unha tenda de deportes no resto de categorías. Os participantes recibirán unha camiseta de agasallo, terán comida e bebida gratis durante o torneo e o acceso a un fisioterapeuta. A información sobre as inscricións, que poden realizarse ata o 11 de xuño e outros aspectos do evento pódese ver na páxina web www.coast2coastevents.org.

4A PREGUNTA

4Que equipo ourensán ten a mellor afección?

O Club Ourense Baloncesto ten os mellores afeccionados, segundo o resultado da enquisa que mantivemos na nosa web nas últimas semanas. Recibiu o 38,5% dos votos, fronte ao 15,4% de apoios que obtivo o CD Ourense, Cidade As Burgas e Carmelitas. Ponte Ourense e Pabellón Ourense sumaron un 7,7% de apoios cada un.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense.com

4O BLOG DE SAUDETER

Móvase a xente na estación quente Os cambios de tempo que nos irrompen ultimamente fan madeixa no noso organismo. Os nosos ósos, músculos e articulacións sofren os cambios de temperatura e humidade... e que dicir dos achaques no noso estado de ánimo e os baixóns de enerxía corporal! Todos sufrimos as perturbacións do clima e os cambios de estacións. Que se agora sol de verán, que se agora frío de inverno, choiva, etc. É un dos temas máis comúns do día a día e inflúe máis do que pensamos na nosa vida diaria. Pero se nos deixásemos levar sempre polas nosas apetencias, seguramente moitas persoas quedarían en casa tiradas no sofá pola preguiza, o mal tempo ou a calor esgotadora. Se a vostede lle pasa... é o peor que pode facer. A inactividade física é o peor dos males e non hai escusa, nin condición externa que poida frear a necesidade de movemento. Debemos de manternos activos diariamente porque só así o corpo manterase áxil, enérxico e forte e vostede preferirá saír a camiñar antes que ver a televisión. O importante é adaptarse ás condicións do medio

e ter en conta o clima e a temperatura, especialmente agora que chega o verán. Sempre haberá un lugar e unha hora na que poida practicar actividade física , nun lugar aclimatado ou na natureza que tantas oportunidades nos dá. Consellos importantes - Evite facer actividade física ao aire libre cun clima extremo: frío, calor ou choiva. O frío mitiga a dor e favorece unha sobrecarga física xeral: o corpo súa menos, un non ten sensación de calor e cansazo e non se dá conta do esforzo realizado. A calor diminúe o rendemento pois nos sentimos máis débiles e cansos. - Evite realizar actividade física en horas inadecuadas: despois das comidas ou cando quenta moito o sol (de 13 horas a 18 no verán). - Busque actividades que se adapten ao ambiente. Unha opción moi adecuada é participar en clases colectivas dirixidas por un monitor que saberá adaptar a actividade ao ambiente. - Esquézase vestir con moitas capas de roupa ou plásticos. O corpo necesita transpirar para evaporar o exceso de calor producida polo esforzo, canta menos

roupa e máis transpirable mellor. - Importantísimo hidratarse sen chegar a ter sensación de sede. A auga é a bebida por excelencia, pero se vai realizar esforzos prolongados pode inxerir bebidas isotónicas. - Dúchese con auga tépeda ao finalizar a actividade. Os músculos reláxanse coa auga moi quente e tonifícanse coa auga fría, pero coidado cos cambios bruscos de temperatura, poden influír na súa tensión. Se non tomamos as precaucións adecuadas podemos sufrir un síncope de calor (hipotensión arterial): fatiga extrema, vertixe, disnea, nauseas, pulso débil, pel húmida e fría... Se se persiste nun esforzo desencadéase un golpe de calor: pulso acelerado, cesamento da sudoración, temperatura elevada (superior a 40º), inconsciencia ou coma.

A inactividade física é o peor dos males e non hai excusa que poida frear a necesidade de movemento

SABÍAS QUE... A práctica deportiva faiche render máis no traballo? Practicar actividade física leva unha serie de beneficios que ademais de ser beneficiosos para a nosa saúde en xeral melloran a nosa actitude no traballo: a nosa forma física mellora e con iso a nosa imaxe corporal, a nosa autoestima e as relacións cos demais; favorece un estado de ánimo positivo, elimina tensións e a tensión; axúdanos a manternos máis activos ao longo de todo o día e facilita o descanso e a conciliación do soño.


BARRIOS DEPORTIVO 1 de xuño de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº58- Ano: IV - 1 de xuño de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 2 de xuño -19.30h.- estadio O Couto- Final Copa Deputación B: Antela - Santa Teresita. - Días 2 e 3 de xuño -Estadio Miguel Anxo (Os Remedios)-. XXI Torneo Cidade de Ourense de fútbol cadete. - Días 2 e 3 de xuño -Campo de fútbol de Velle- I Torneo de fútbol base – Memorial Manolo Carrera. - Día 16 de xuño -Oira- III Torneo de Fútbol 7 da Cruz Vermella. - Día 16 de xuño -19.30h.- estadio O Couto- Final Copa Deputación: Barco - Valenzá.

Fútbol sala feminino - Día 2 de xuño -18.00h.- Os Remedios- Ponte Ourense - Soto del Real. - Día 18 de xuño -instalacións deportivas A Chavasqueira- Torneo de fútbol sala.

Atletismo - Día 3 de xuño -10.30h.- Sandiás- Carreira popular de Sandiás. - Día 3 de xuño -09.00h.- Cruz Vermella- VII Andaina Solidaria da Cruz Vermella. - Día 10 de xuño -Esgos- Andaina e carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado. - Día 16 de xuño -21.00h.- Xinzo de Limia- VIII carreira popular Xinzo de Limia. - Día 23 de xuño -21.00h.- Celanova- IX Carreira Nocturna de Celanova. - Día 24 de xuño -10.30h.- A Chavasqueira- Andaina Termal. - Durante o mes de xuño, Andainas saudables do Concello de Ourense. No Lonia os luns, Barbañica, os mércores, e no Paseo das Ninfas, os venres, de 9 a 11 horas. - Día 30 de xuño -21.00h.- Parque Barbaña- Terceira carreira do circuíto “Correndo x Ourense”.

Xadrez - Día 2 de xuño -Colexio Maristas- VI edición da Copa Galicia de Xadrez Escolar.

Baloncesto - Días 16 e 17 de xuño. Canchas exteriores pavillón dos Remedios. I Intercity de baloncesto 3x3.

Ximnasia - Dia 2 de xuño -9.00 horas- Os Remedios- Campionato Galego de Ximnasia Rítmica do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).

4DESDE O MEU RECUNCHO

A importancia da psicoloxía na formación de futbolistas novos: estilo de vida Para progresar no fútbol non basta con adestrar e competir, tamén hai que coidarse. Sería conveniente no futuro que desde os clubs fixésense todos os esforzos por axudar aos novos futbolistas a crear un estilo de vida, unha maneira de pensar e de comportarse propia dun deportista. No proceso de formación non todo debe ser practicar, tamén debemos dar ideas e a idea principal que debemos transmitir é que non basta con adestrar e competir senón que ademais hai que trasladar o espírito de deportista a toda a vida: - O xogador debe aprender que para chegar arriba ten que sacrificarse tanto dentro como fora do campo. - Debe respectar as horas de sono. - Coidar a alimentación. - Seguir unhas pautas moi estritas de hixiene. - Xestionar o tempo de maneira metódica e racional e, sobre todo, ser fiel a uns ideais, a uns principios e valores que se vaian desenvolvendo nos clubs desde os inicios da práctica deportiva. O cadro de valores débeos establecer cada club libremente segundo a súa

Motor - Día 16 de xuño -Ourense- 45 Rali de Ourense.

BTT - Día 3 de xuño -Oira- Marcha cicloturista “Cidade de Ourense”. Comezo e chega en Oira.

Hoquei - Día 18 de xuño -instalacións deportivas A Chavasqueira- Torneo de hoquei.

Tiro

- Días 2 e 3 de xuño - Copa Ourense de Aire Comprimido - Club de Tiro Eiroás - Día 10 - Campionato Autonómico de Pistola 9 mm. Club de Tiro Eiroás

Alfonso Vilachá Rodríguez.

ideoloxía porque representan o seu carácter, a forma en que queren ser vistos polos demais pero entre eles sempre deberían estar polo menos: - A honradez. O neno que desenvolve o valor da honradez terá que decidir en por si moitas veces pero nunca fallará ao compromiso que ten adquirido co equipo porque o valor da honradez oriéntalle en todo momento sobre cal debe ser o seu comportamento. - A humildade tamén resulta imprescindible para progresar no fútbol. Non crerse nunca superior aos demais e atribuír os éxitos á axuda dos compañeiros do equipo engrandece ao xogador. - O fútbol tamén é unha contorna marabillosa para facer amigos, amigos que logo se manteñen para toda a vida, e a amizade pódese establecer non só con xogadores do propio equipo senón mesmo cos xogadores rivais. Xogar sempre sen a intención de danar ao rival, respectarlle cando o derrotamos ou non finxir caídas das que podemos sacar proveito son algunhas das vías de acción que deben seguir os nenos e adolescentes para facer amigos no fútbol. Alfonso Vilachá

Marta Arribas con Paulo Vázquez, organizador da actividade “O Xurés desde outra mirada”./P.LODEIRO.

Xuventude oferta máis de cen prazas en actividades naúticas no verán 4 A edil Marta Arribas presenta o programa Embárcate 2012. P.L Xa esta aberta a inscrición nas actividades de lecer e natureza para o meses de verán que a Concellaría de Xuventude propón nunha nova edición do seu programa Embárcate. “O Xurés dende outra mirada”, “Aventura en Cíes”, “Descubre o mar de Ouresne”, “Navegando rumbo ás illas” e “Polo río abaixo...” son as cinco propostas que aspiran a ser, segundo a concelleira responsable, Marta Arribas, “unha alternativa de ocio estival asequíbel á nosa mocidade”, promovendo valores como o coñecemento e respecto ao noso medio natural, a convivencia e a práctica do deporte. As actividades do Embárcate desenvolveránse ao longo dos meses de xullo e agosto con diferentes propostas de fin de semana para rapaces e rapazas

de entre 18 e 35 anos, sendo unha delas, como novidade, dedicada a menores entre 15 e 18 anos, a denominada “Polo río abaixo...” , que inclúe actividades de kaiak, windsurf, vela e esquí naútico en Castrelo do Miño. O resto de propostas son dúas escapadas ás illas Cíes, viaxando na goleta histórica Nieves, con bautismo naúticos e observación de especies mariñas; unha excursión multiaventura á serra do Xurés e deportes naúticos en Castrelo de Miño. Prezos e inscricións En total, as cinco actividades suman 125 prazas e os seus prezos oscilan entre os 40 e os 50 euros, comprendendo aloxamento, transporte e pensión completa. As inscricións poden realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na praza de San Martiño, ou a través do correo xuventude@ourense.es.


24

BARRIOS DEPORTIVO 1 de xu単o de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.