17 Maio 2012 - BD Nº57

Page 1

A segunda cita con “Correndo x Ourense”, no Couto o 26 de maio [páx. 10] CDO

Páx. 2

COB

Páx. 3

Nunha semana Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto poden facer realidade o soño do ascenso.

Número: 57- Ano: IV - 18 de maio de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 1 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 19 de maio - 18.00h. -Llodio (País Vasco)- CD Laudio - CD Ourense. - Día 19 de maio - 18.00h. - Ourense- CD Ourense B - Arousa. - Día 19 de maio - 18.00h. - O Barco- CD Barco - Sporting Celanova. - Día 26 ou 27 de maio - O Couto - CD Ourense - Llodio. (Partido de volta da fase de ascenso á Segunda División B). - Día 27 de maio - Os Carrís (A Valenzá) - UD Barbadás -CD Ourense B. - Día 27 de maio - San Rosendo (Celanova) - Sporting Celanova - Alerta Traviesas.

Baloncesto

- Día 18 de maio - Paco Paz -21.00h.- Club Ourense Baloncesto - Prat Joventut. Final play off. - Día 20 de maio - Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Prat Joventut. Final play off. - Día 27 de maio - Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Prat Joventut. Final play off (se fora preciso un quinto partido).

Fútbol sala feminino - Día 19 de maio - Os Remedios. -17.00h.- Ponte Ourense - Universidad de Alicante. - Día 26 de maio - Os Remedios -17.00h.- Cidade - Atlético de Madrid.

Atletismo - Día 19 de maio - 10.30h. - O Barco de Valdeorras- 4ª proba da Liga Galega de Orientación. - Día 20 de maio - Maceda - San Mamede Desafío Solidario 2012, Maceda (Proba na que se pode participar en carreira a pé, andaina ou Mountain Bike). - Día 20 de maio - 9.00h. - Castrelo de Miño- Andaina solidaria. - Día 26 de maio - Allariz. -15ª edición da andaina 50Qm Vila de Allariz. - Día 26 de maio - 21.00h. - Barrio do Couto - 2ª carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”.

CD OURENSE

Laudio, a pedra no camiño do Club Deportivo Ourense 4 No ascenso á 2ª B, CDO enfrontarase ao campión vasco. R. Torres Xa se coñece o rival de Club Deportivo Ourense para loitar polo ascenso á 2ª División B de fútbol. O equipo que lle tocou no sorteo nesta eliminatoria dos primeiros clasificados é o campión da Terceira vasca, o CD Laudio. Desde o club, tanto xogadores como directivos mostran o seu optimismo de cara a esta eliminatoria para lograr o ansiado ascenso. Desde que recalou, xa fai catro anos, na Terceira División, o cadro “rojillo” nunca lograra o campionato e, polo tanto, tampouco ter dúas oportunidades para subir de categoría. O rival non será nada sinxelo, pero os de Luisito confían en poder dar unha alegría á parroquia ourensanista. O

primeiro partido disputarase no campo do Laudio, este sábado 20. A volta xogarase a vindeira fin de semana no Couto. A pesar de que vai a pola eliminatoria, o Ourense en caso de perder disporía dunha segunda oportunidade para ascender, repescaríaselle na segunda eliminatoria dos segundos, terceiros e cuartos clasificados. Velaì a importancia de quedar ou non quedar primeiro. Laudio O equipo da localidade alavesa de Llodio é de recente fundación. Naceu en 2002, e desde a tempada seguinte (2003-2004) milita en Terceira. O ano pasado xa entrara na promoción de ascenso ao rematar a liga en segunda posición, pero non acadou a 2ª B. Este ano foi primeiro con

Tenis de mesa - Día 19 de maio - 17.00h. -Paco Paz- Galmédica A AD Vincios - Construcciones Dantas. - Día 26 de maio- 11.00h. -Paco Paz- Galmédica A - AD Vincios - Mat. de const. J. Quintas.

Natación

- Día 19 de maio - Piscina Rosario Dueñas - Trofeo Pedro Escudero de natación.

Pádel

- Día 20 de maio - 16.00h. -Clube Deportivo Ourenpadel-. P21 Ourenpadel A - SD Lalín A. - Día 13 de maio. Club P21 -16.00h.- P21 A - Sanxenxo.

Quintairos disputando o balón co porteiro do Vilalbés no último partido que disputaron no Couto./RAMSÉS

77 puntos (76 logrou o Ourense), facéndose co título na última xornada, por diante de equipos como o Barakaldo, Portugalete e Beasain (segundo, terceiro e cuarto respectivamente). Partía como máximo favorito e así o demostrou, sobre todo, nunha segunda volta espectacular na que as seis últimas xornadas contounas por vitorias. Unha boa racha que tentarán os de Luisito cortar este sábado 19 a partir das 18 horas no estadio Ellakuri. O seu técnico, Ramón Castelo, ten ás súas ordes a xogadores que combinan experiencia e xuventude. De feuti, algúns deles militaron en categorías superiores. O seu máximo goleador é Sergio Francisco, que dos 70 goles do equipo, 12 levaron a súa firma. Desprazamento a Llodio O Ourense pon a disposición dos afeccionados dous autobuses (grazas a colaboración do Concello e á Deputación de Ourense), para que todo aquel que queira acompañar ao equipo a terras vascas o poida facer. O prezo da entrada e do autobús é de 20 euros, E, ademais, o club agasaralles cun-

ha camiseta, unha almohadilla e unha bufanda.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

COB

Próxima parada: LEB Ouro 4 Na derradeira eliminatoria do play off de ascenso, o Club Ourense Baloncesto medirase co Prat Joventut. R.T. O Club Ourense Baloncesto chegou aos exames finais. Logo dunha boa tempada colouse, por méritos propios, no play off de a s censo

a

5

Mouriño e Hill serán pezas importantes para que Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto ascendan a Segunda Divisón B e LEB Ouro, respectivamente.

LEB Ouro e agora, tras superar as dúas primeiras fases (contra Land Mobel e Aurteneche), xógase o todo polo todo contra o Prat Joventut, ao mellor de cinco encontros, para demostrar quen estará o vindeiro ano na categoría superior. As dúas primeiras citas desta última eliminatoria serán no Paco Paz. Aurroupado polos miles de incondicionais seguidores que ao igual que o seu equipo deron a talla a pesar de haber descendido a LEB Prata, o COB debería comezar o sprint final vencendo, primeiro o venres 18 e logo o domingo 20. Se así fose

podería sentenciar a eliminatoria ao mércores seguinte (23 de maio) en Cataluña e celebrar que volve a ser equipo de Adecco Ouro. Pero estes exames non son tan estritos, así que se finalmente a cousa se complica os ourensáns terán dúas oportunidades máis para lograr esas 3 vitorias que precisan (serán o venres 25 de novo na casa do Prat e o domingo 27 de volta no Paco Paz). Sexan seguidas ou non, todas as vitorias do COB contarán para estar máis preto da categoría da que non se debeu mover. O adestrador do Club Ourense Baloncesto, Rafa Sanz o ten claro, “á final sabemos que só chegan os mellores” polo que están “contentos e orgullosos de estar nela”. Sanz ten claro que “dos segundos fálase pouco” polo que “tentarán conseguir o título e o ascenso” por todo o que supón “para toda a familia do COB”. O técnico cordobés, xunto cos xogadores, quere facer un bo traballo para non defraudar a ilusión que se despertou en torno ao equipo. O rival O Prat Joventut é un equipo vinculado do Joventut de Badalona, polo que ao longo da tempada moitos dos seus xogadores tiveron que alternar o equipo de LEB Prata co de ACB; o que fixo que ata o tramo final da liga non estiveran todos a disposición do seu técnico, Carlos Durán. Pero chegado ese momento os resultados non se fixeron agardar; remata-

ron terceiros na fase regular e foi o único conxunto que venceu aos de Rafa Sanz. Un bo presente dos Barrera, Todorovic ou Ventura, entre outros, que se vislumbra en excelente futuro. Estas xóvenes promesas son moi físicos e xogan ben por enriba do aro, o que fará que os ourensáns teñan que ter plena concentración en cada minutos de cada encontro da final. A xuventude pode ser un handicap para os cataláns á hora de levarse a eliminatoria; pola contra, a falta de rigor defensivo nalgunhas

fases do encontro é o talón de Aquiles dos nosos. Unha eliminatoria ao 50% que se decidirá por pequenos detalles. Valoración Rafa Sanz considera que as dúas eliminatorias anteriores serviron aos seus xogadores para aprender a sufrir xa que tiveron “moitos momentos en que o pasamos realmente mal”, o que lles “pode servir para afrontar esta final con máis experiencia e sacar adiante os momentos complicados”, explicaba o técnico cobista.

4 Prezos para todos O COB quere premiar o apoio recibido polos seus seareiros nas dúas anteriores eliminatorias do play off de ascenso á Adecco Ouro. Por iso, a directiva estableceu uns prezos moi populares para a transcendental final que disputará fronte ao Prat Joventut, ao mellor de cinco partidos, durante este mes de maio (18 e 20 en Ourense, 23 e 25 en Prat, e o domingo 29 de novo en Ourense, se fose necesario). Así, todos aqueles adultos que queiran vivir estes decisivos encontros poden acudir a cada un deles por só 4 euros, mentres que os nenos menores de 14 anos farano totalmente gratis. Entradas á venda Todas as entradas poderanse adquirir nas oficinas do COB (horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas) e no Centro Co-

mercial La Región da rúa do Paseo. Premio para os incondicionais Así mesmo, o Club Ourense Baloncesto desexa agradecer a confianza de todos aqueles socios e afeccionados que adquiriron o seu abono para os partidos do play off obsequiándolle con dúas entradas totalmente gratis para todos os encontros que se disputen no Paco Paz e a posibilidade de conseguir até outras cinco máis ao prezo de dous euros cada unha. Tamén desexa agradecer o apoio de todos os seus socios durante a tempada regular ofrecéndolles a súa entrada ao prezo de tan só dous euros coa mesma posibilidade de adquirir até outras cinco entradas por ese mesmo importe cada unha.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

FÚTBOL

O campus Fran, en Ourense 4 O exdeportivista ofrecerá un 4 José Ramón 4 Manjarín 4 Fran 4 Vivián campus para as novas promeJosé Ramón González Francisco Javier GonzáJavier Manjarín Pereda e Óscar Vivián foi xogador sas, este verán, no complexo lez Pérez, coñecido como Pérez, irmán de “Fran”, é natural de Asturias. Come- de fútbol sala. Militou na “Fran”, é un dos mellores un ex xogador que militou zou no fútbol na escola de máxima categoría naciodeportivo de Oira. xogadores galegos de todos ademais de no Deportivo, Mareo (Sporting de Xixón), nal (División de Honra) no Redacción Xullo é o mes elexido para que se desenvolva no complexo deportivo de Oira o “Campus Fran” de fútbol, tanto para porteiros como para xogadores de ambos sexos, con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos. Dúas serán as quendas para as rapazas e os rapaces que queiran aprender da man de profesionais, e supervisados por ex xogadores de elite. Co nome “Campus Fran Ourense de fútbol” os nenos e nenas de Ourense terán a oportunidade de aprender sobre o seu deporte favorito cun dos mellores futbolistas galegos: Fran González. O ex xogador do Deportivo, xunto ao seu irmán José Ramón, ao tamén ex deportivista Manjarín, e ao entrenador do Ponte Ourense de fútbol sala, Óscar Vivián, serán os encargados de supervisar este campus e poñer os seus coñecementos e experiencias ao servizo da formación dos máis pequenos. O primeiro grupo comezará a traballar o día 2 de xullo e rematará o día 13 do citado mes. A segunda quenda será do 16 ao 27 de xullo. Os días 30 e 31 celebrarase unha festa para que se despidan do campus todos os que participaron nel. O evento terá lugar nas instalacións de Oira, dispoñendo dun campo de fútbol 11 e outro de fútbol 7. Os nenos e nenas que participen deberán cumprir unha serie de normas establecidas polos organizadores. O segundo martes realizarase unha xornada de portas abertas na que os pais poderán observar unha das xornadas do campus. O persoal do campus estará conformado por un director-coordinador do campus, un coordinador de adestramentos de fútbol, un adestrador de fútbol titulado para cada 10 nenos (para un perfecto seguimento),

un ATS titulado, adestrador específico de porteiros e un adestrador de atletismo para poder traballar nocións de coordinación de carreira, ou economización de esforzos, entre outros aspectos. Este campus está enfocado tanto a porteiros/as, como xogadores/as de campo con idades comprendidas entre o seis e o catorce anos, apaixonados polo fútbol, con gañas de traballar e esforzarse cada día co obxectivo de mellorar o seu rendemento. Non se pretende un campamento deportivo, senón un campus de fútbol, no que desde o primeiro momento os participantes van desenvolver e perfeccionar os aspectos técnico-tácticos do fútbol, sendo o resto de actividades un acompañamento lúdicodeportivo que complemente a aprendizaxe do fútbol. Prazas limitadas A data tope para inscribirse é o 27 de xuño, e ten un custo de 160 euros, dos que se destinarán 10 euros para colaborar coa Cruz Vermella. Para máis información consultar a web: campusfranourense.com ou no correo electrónico info@campusfranourense.com. Módulos de traballo Durante unha semana, os novos futbolistas aprenderán todo o referente a este deporte mediante módulos de aprendizaxe. Os módulos sobre os que se traballará serán os seguintes: módulo de técnificación (habilidade, condución, tiro, golpeo de cabeza,...); módulo de aplicación táctica (xogos de 2x2, 3x3, xogos de superioridade ofensiva, xogos de superioridade defensiva, xogo real, etc.) e módulo de habilidades atléticas, coordinativas e psicomotrices (técnica de carreira, saltos, carreiras de obstáculos, lanzamentos,...).

os tempos. Pasou toda a súa carreira no Deportivo da Coruña sendo o estandarte do cadro herculino na súa época gloriosa cando todo o mundo o coñecía como “SuperDepor”.

na SD Compostela e en CD Ourense entre outros. Acadou co “SuperDepor” a Copa do Rei de 1995. Actualmente é adestrador de fútbol. Dirixiu ata xaneiro o Montañeros.

xogando no primeiro equipo, logo xogou no Dépor e Rácing de Santander. Formou parte da selección española sub-21 que conseguíu o ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Ourense e no equipo leonés do Obras e Estructuras RAM. Desde este ano é adetrador do Ponte Ourense de FSF, un dos mellores equipos nacionais ao que clasificou para a Copa.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

FÚTBOL

Segundo campus de porteiros en Allariz 4 Impartirase do 24 ao 30 de xuño no complexo deportivo de “O Seixo”. Redacción A vila alaricana acollerá por segundo ano consecutivo o campus de porteiros de fútbol e fútbol sala “Una semana de locos”, organizado pola asociación Xeneración de Novas Ideas e Proxectos Deportivos (GENIOPS). Trátase dunha iniciativa posta en marcha por e para gardametas que ofrece aos xoves porteiros -de entre 6 e 17 anos- a atención específica que merecen, como peza chave do seu equipo. Do 24 ao 30 de xuño, no complexo deportivo “O Seixo”, os rapaces traballarán habilidades específicas desta posición, así como os valores do respeto, humildade, colaboración e traballo en equipo. E todo combinado con outras actividades complementarias como kick boxing, defensa persoal, vendaxes, piscina, skate, etc. Visitas de luxo A inscrición neste campus de porteiros dá dereito a pensión completa, aos adestramentos específicos, servizo de masaxista, material deportivo, convertirse en socio da asociación GENIOPS e participación nas conferencias e clases

de importantes figuras do mundo do fúbol (como, por exemplo, Bernardino González -ex árbitro de Primeira División-, José Sambade - adestrador de porteiros do Deportivo, Manu Taranilla - actual porteiro do C.D.Barco- ou Manuel Mosquera -podólogo-), que se darán cita nesta segunda edición do campus. Inscricións Todos os interesados en participar nesta “semana de tolos” deben abonar a súa cuota de inscrición

(que oscila entre os 165 e os 250 euros, segundo se sexa socio ou non de Geniops, e en función de se se opta por réxime interno ou externo) e enviar cuberto o formulario correspondente ao enderezo electrónico geniops@geniops.es, á web desta asociación, a través do o fax 988 21 41 43, por correo postal á Rúa Reza nº 9 - baixo, ou entregalo en persoa en calquera das tendas de Inter Sport Bouso (Concordia, Curros Enríquez e Ponte Vella). [Máis info en www.geniops.es]

O adestrador David Vidal (á esquerda) será o director do clínic de fútbol “Riberia Sacra Talents”, que contará coa presenza de xogadores e técnicos profesionais./RAMSÉS

O adestrador David Vidal dirixirá o clínic de fútbol “Ribeira Sacra Talents” 4 Terá lugar do 7 ao 10 de xuño en Luíntra. R.T.

Cartel do segundo campus de porteiros.

Do 7 ao 10 de xuño, Luíntra acollerá o “Ribera Sacra Football Talents”, un clínic internacional de fútbol que ten como obxectivo a formación de xóvenes futbolistas. O evento, no que colabora a Deputación de Ourense, estará dirixido polo adestrador David Vidal e desenvolverase nas instalación da Tella, en Nogueira de Ramuín, contando coa presenza de xogadores de equipos de

Costa de Marfil, Burkina Faso, Mauritania, Senegal, Brasil, Canadá, Francia, Italia e España, ademais de directores das principais ligas europeas: España, Italia, Francia, Portugal, Alemaña, Rusia e Suecia. O clínic terá contidos teóricos e prácticos, e xunto a David Vidal estarán seis adestradores de equipos da Liga de Fútbol Profesional, así como árbitros. Unha parte significativa do programa está adicada ás lesións ocasionadas pola práctica do

fútbol e o como acometer a prevención e tratamento das mesmas. Programa Vidal explicou en que consistirá o clinic, “polas mañás imos facer ensaios do xogo, que poremos en práctica nos partidos das tardes”.

Xunto a Vidal, outros 6 adestradores impartirán as clases


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

FÚTBOL SALA

Iria realizando un regate ante unha xogadora do Burela nun encontro disputado nos Remedios./RAMSÉS

Ao Cidade As Burgas complícaselle a permanencia 4 Está a só tres puntos do descenso. R. Torres Complicada a situación do Cidade As Burgas na Primeira División a falta de tres xornadas para o remate da liga. Cinco derrotas consecutivas deixan ás de Codeso a tres puntos do descenso. No último partido, as franxiverdes non puideron

sacar nada positivo da visita do Gironella aos Remedios. As catalanas chegaban como un dos mellores equipos da competición e así o demostraron durante os 40 minutos de encontro. O Construcciones Queralt Gironella impúxose por 1-3 nun partido que controlaron de principio a fin. Pola contra, Codeso tentaba dar

Sonia controlando o balón ante unha rival./RAMSÉS

coa tecla para desarticular a férrea defensa visitante, cousa que non logrou. Aos catro minutos, Anna Costa facía o cero a un tras un erro defensivo das locais. Segundos antes do descanso, Marga Mas facía o 0-2, logo de sacar en longo Esther cara a Claudia, quen deixaba a bola franca, para que Mas rematara a pracer. Na reanudación, o Cidade imprimíu máis ritmo na procura dun gol que o metera no encontro, pero as poucas rotacións fixeron que o cansanzo fixera mella nas pupilas de Codeso. No 35, novamente Anna Costa batía a Ana, en parede con Marga Mas. Nos últimos minutos, o técnico local optaba polo xogo de cinco, e grazas a superioridade na zona do Gironella, Raquel lograba o único tanto do Cidade. As locais o seguiron tentando co xogo de cinco, e dispuxeron dun par de ocasións pero o mar-

cador xa non se movería. Como nota positiva, o xogo de cinco das xogadoras do Cidade tivo máis perigo que noutras ocasións que decidiron xogar dese xeito. Aínda que as veces a precipitación facía errar na transición do balón, noutras o perigo achegábase a portaría rival. Final de infarto Estas tres últimas xornadas serán de auténtico infarto. Metido na loita pola permanencia encóntrase o Cidade xunto con outros catro equipos. Con Rubí e Majadahonda xa descendidos, falta por saber que equipo os acompañará a tempada que vén na Segunda División. Agora sería o Zaragoza o que descendería, ten 24 puntos. Con 25 está o Diamante Logroño, con 26, e un partido menos, o Valladolid, con 27 o Cidade e con 30 o Soto del Real.

Para esta xornada o Soto reciba ao Móstoles, as mostoleñas loitan polo título; o Burela recibe ao Valladolid nun partido no que as de Pardeiro non se xogan nada; o Cidade visita Elche para enfrontarse ao Femesala, as ilicitanas buscan a única praza libre para participar na copa deste ano. O Zaragoza - Logroño será un choque de alto voltaxe, de gañar as mañas sairían do descenso en detrimento das rioxanas; pola contra, de vencer o Logroño daría un paso máis de cara á salvación e afundiría ao Zaragoza un pouco máis cara o pozo da segunda. Para a penúltima xornada o Cidade recibe ao Atlético de Madrid coa esperanza de que cheguen a Ourense co título de liga no peto. O Soto recibe ao xa descendido Majadahonda, o Logroño ao Gironella e o partido máis atractivo enfrontará ao Valladolid contra o Zaragoza. Un final de infarto no que o Cidade deberá sumar alo menos unha vitoria para manter a categoría.

Na vindeira xornada o Cidade visitará ao Femesala Elche. Logo recibirá ao Atlético de Madrid Primeira División Fútbol Sala Feminino 27ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 64 2º Móstoles 60 3º Gironella 57 4ºPonte Ourense 57 5º Burela 56 6º Córdoba 54 7º U. de Alacante 42 8º Femesala Elche 40 9º Orvina 33 10º Soto del Real 30 11ºCidade As Burgas 27 12º Valladolid 26 13º Logroño 25 14º Zaragoza 24 15º Rubí 14 16º Majadahonda 11

4 Xornada 28 - 19 de maio Soto del Real - Móstoles Ponte Ourense - U. de Alacante Deportivo Córdoba - Rubi Burela - Valladolid Zaragoza - Diamante Logroño Gironella - Lacturale Orvina Femesala Elche - Cidade As Burgas Futsi Navalcarnero - Majadahonda

4 Xornada 29 - 26 de maio Soto del Real - Majadahonda Móstoles - Ponte Ourense U. de Alacante - Deportivo Córdoba Rubi - Burela Valladolid - Zaragoza Diamante Logroño - Gironella Lacturale Orvina - Femesala Elche Cidade As Burgas - Futsi Navalcarnero


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

FÚTBOL SALA

Pensando na Copa 4 O Ponte Ourense, sen opcións de revalidar o título ligueiro, xa pensa na Copa de España. R. Torres A oito puntos do Atlético de Madrir Futsi Navalcarnero, a liga xa está imposible para o Ponte Ourense. As opcións de revalidar o título complicáronse cando perderon en casa contra o líder, pero esfumáronse de todo cando perderon contra o Rioja (5-1) e empataron co Valladolid (2-2). No último encontro golearon ao Rubí co que certifaron o descenso de categoría do cadro catalán. O partido contra o Rubí foi moi cómodo para as pupilas de Óscar Vivián. Tres

O 19 de maio o Ponte recibirá nos Remedios ás 17 horas ao Alicante

goles de Vanessa, dous de Ampi e Souza e un de Drica deixaron o expectacular 1-8 para as ourensás. Por parte do Rubí, Laura encargouse do gol da honra. Trala disputa da xornada 27, o Ponte Ourense é cuarto con 57 puntos, os mesmos que Gironella. Con 60 vai o Móstoles, e 64 ten o líder, Navalcarnero. Polo tanto, oitos puntos a falta de nove por disputar é unha diferenza imposible de recortar. Con Ponte, Gironella e Burela descartados para a liga, toca saber cal dos dous equipos madrileños (Atlético de Madrid ou Móstoles) se fará co título. O Futsi leva catro puntos de vantaxe sobre o Móstoles, polo que en caso de gañar na vindeira xornada e que non o fagan as mostoleñas,

o campionato iría para as vitrinas de Atlético de Madrid. As líderes teñen que xogar contra o Majadahonda (xa descendido), mentres que as segundas visitarán ao Soto del Real, que buscan salvar a categoría. Vindeiras citas Este sábado 19 de maio, o Ponte recibe nos Remedios (ás 17 horas) ao Universidade de Alicante, que está na procura do último posto que queda libre para participar na Copa de España deste ano en dura pugna co Elche. Na penúltima xornada, o 26 de maio, as de Vivián enfrontaranse ao Móstoles, que se está a xogar o campionato, polo que poden ser verdugas das madrileñas. Por útlimo, pecharán liga o sábado 2 de xuño, nos

A sevillana Ampi é unha das xogadoras do Ponte que máis ansía facerse coa Copa de España, xa que aínda non a logrou con ningún equipo./RAMSÉS Remedios, contra o Soto del Real. Pensando na Copa Despois de non ter case ningunha opción de conquistar o campionato ligueiro, o Ponte Ourense xa está a pensar na Copa de España que se celebra en Valladolid. Para iso, Óscar

Vivián empeza a recuparar a todas as súas xogadoras; a última Laura Fernández, que xa xoga con asiduidade, recuperando pouco a pouco a forma co fin de que estea en plenitude de condicións nas datas que se dispute a Copa. Este trofeo é un título ao que lle teñen gañas. O ano

pasado quedaron apeadas en semifinais polo Rioja, á postre, subcampión. Ademais, grandes xogadoras como Sara Moreno ou Ampi teñen na Copa a súa particular espiña cravada, xa que non lograron conquistala en ningún dos equipos que militaron ao longo da súa carreira.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

DEPORTES ACUÁTICOS

remo

Piragüismo

O CN Castrelo de Miño, undécimo no ránking de clubs

Paula Segura vence na Regata Galega de Piragüismo

4 A mellor posición da súa historia. Redacción O pasado 27 de abril a Federación Galega de Vela celebrou en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral na que se deron a coñecer os datos da tempada 2011 e o ranking de clubs tras valorar a actividade desenvolvida polos mesmos. O Club Náutico Castrelo de Miño ocupou o 11º lugar, a mellor posición na historia do club, o que pon de manifesto o gran traballo realizado durante o pasado ano, que permitiu que se sitúe por diante de clubs tan importantes como o C.N. de Cangas, o C.N. Punta Lagoa de Vigo ou o L.M. de Bouzas, ademais de ser o único club de augas interiores de Galicia. Para a elaboración deste ranking téñense en conta o número de licenzas fede-

rativas, a organización de regatas oficiais, os desprazamentos realizados para participar en adestramentos ou regatas oficiais e a homologación da escola de vela. Este posto vén a demostrar o volume de actividade desenvolvida en vela polo club a nivel formativo e competitivo, ademais de contar con outra sección de remo que aínda que con menor volume de participantes está conseguindo grandes éxitos coa remeira internacional Anna Yuchenko á cabeza. Fernández, entre os mellores windsurfistas A sección de windsurf do club Ribeirao contribuíu en gran parte a que o CN Castrelo de Miño alcanzara esta posición no ranking da FGV, grazas ao traballo de Simón Fernández, que

ademais de competir exerce tamén como adestrador do club. Simón segue cultivando éxitos nesta tempada e a pasada ponte do 1 de maio desprazouse xunto cos mellores windsurfistas

galegos ao encoro luso de Monsaraz para participar na Copa Ibérica de Fórmula Windsurf na que obtivo tras 4 días de competición o 24º posto, sendo o 14º español.

Simón Fernández en Monsaraz.

4 Na categoría benxamín. Redacción O río Arnoia ao seu paso por Allariz acolleu a primeira Regata Galega de Piragüismo do ano nas categorías alevín e benxamín, en piraguas individuais e sobre un percorrido de 1300 metros. 262 piragüistas procedentes de 26 clubes de toda a xeografía galega que competiron neste evento que tivo por gañador ao Torres Romería Vikinga, de Pontevedra. No tocante á participación dos ourensáns, el club piragüismo Fluvial de Allariz obtivo o puesto 11, el club fluvial Avión foi 24º e o club piragüismo fluvial do Barco rematou no posto 26 en la clasificación final por

NATACIÓN

O Pabellón, campión da Copa Galega de Clubs 4 Sacoulle 80 puntos ao segundo. Redacción Vitoria aplastante do Club Natación Pabellón na Copa Galega de Clubs na División de Honra, que foi celebrada na Piscina Rosario Dueñas de Ourense. Os nadadores ourensáns acadaron un total de 397 puntos, 80 máis que o segundo clasificado, o Club Natación Ferrol-Elynco; en

terceira posición rematou o Club Natación Galaico, 100 puntos por debaixo do Pabellón. Nesta cita da fase final da copa confirmouse o descenso de categoría de clubs como o Real Club Náutico de Vigo e do Club Natación Ponteareas, mentres que salvou a permanencia o campión das tres últimas

tempadas, o Club Natación Coruña. Grande éxito de todos os nadadores e todas as nadadoras pavillonistas que loitaron do primeiro ao último, do máis cativo ao máis veterán, por acadar un éxito tal. Un bo camiño que ten que quedar refrendado nos vindeiros campionatos de Galicia e de España.

O CN Pabellón festexando a súa vitoria.

clubes. De xeito individual, Paula Segura foi primeira; Andrea Castells, 21ª e María Domínguez, 27ª. En categoría masculina, o máis destacado foi o primeiro posto do club do Barco, Oliver Rodríguez; o sexto de Javier Pereira (Allariz) e o vixésimo de Javier Rodríguez (Allariz). Infantís Na categoría infantil celebrouse no río Verdugo ao seu paso entre as localidades de Arcade e Pontesampaio (Pontevedra) a terceira Regata XVII Copa Gallega Promoción. Adrián Pérez, do Barco foi terceiro; Santiago Álvarez (Allariz), decimo quinto; Sergio Gavilanes (Allariz), 46º e Ángel Pereira, rematou de 57.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012


10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

ATLETISMO

Segunda cita, no Couto 4 O circuíto de carreiras “Correndo por Ourense” chega á súa segunda proba, que discorrerá polo barrio do Couto. R. Torres O sábado 26 de maio é o día que o barrio do Couto da a benvida, polas súas rúas, ao circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Segunda proba do circuíto que dará comezo ás 21 horas. Como en cada proba, realizaranse catro carreiras. Comezarase coa de pitufos (21.00h.) sobre unhas ducias de metros, que farán o deleite dos presentes. Ás 21.10 horas será o turno dos benxamíns e alevíns, que percorrerán uns 1400 metros. 1900 metros é a distancia que farán os infantís e cadetes a partir das 21.15 horas. Remata-

rase (21.30 horas) esta segunda proba do circuíto coa carreira absoluta (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns); os atletas terán que dar tres voltas ao circuíto de 1900 metros para completar unha distancia de 5700. A saída e meta estarán na unión de Dalí coa rúa Remedios. Depois da primeira carreira, Iván Docampo e Sonia Teijeiro son os dominadores do “Correndo x Ourense” 2012. Inscrición A inscrición xa está aberta ata o vindeiro mércores 23 de maio. Contando cos que están anotados desde a

primeira carreira do circuíto (a do barrio do Vinteún), xa hai máis de 900, todo un éxito se temos en conta que o ano pasado a media era duns 200 corredores por proba. Os pitufos poderanse inscribir ata media hora antes da saída da carreira. O resto deberase inscribir na web championchipnorte. com.

A carreira do barrio do Couto será o sábado 26 de maio a partir das 21 horas

Mapa por onde discorrerá a carreira do barrio do Couto.

Lekhili vence en Ferreirúa 4 Impúxose a atletas da talla de Pedro Nimo. Redacción

dous campións galegos.

O Ourense Atletismo Academia Postal vén de colleitar bos resultados en todas as competicións que tiña representantes. O último éxito, o primeiro posto de Hassan Lekhili no medio maratón de Ferreirúa.

Outros resultados Na Reunión Internacional Ciudad de Valladolid, Trofeo Ana Pérez, tanto Albert Naugle (100 metros lisos), como Manuel Uriz (xavelina) foron prata nas súas probas. Nos IV Juegos del Cantábrico celebrados en Getxo (Viscaia), Leticia Fernández foi segunda nos 800 metros, cun crono de 2:10.9- (Mínima Nacional Promesa), mentras Yuliana Velásquez era 7ª con 2:19.1. En 400 valados, Alba Fer-

Ferreirúa Hassan Lekhili regresou á competición pola porta grande. Despois de semanas sen competir (pola perda dun familiar), foi o campión no Medio Maratón de Ferreirúa, cunha marca de 1:16:34, por diante de atletas como Pedro Nimo. José Antonio Veloso facíase coa cuarta posición. Galego xuvenil 18 medallas colleitaron os atletas do Academia Postal no Campionato Galego Xuvenil disputado en Cangas. 5 ouros, 4 pratas e 9 bronces foron os colores dos metais. Tamén acadáronse sendos ouros nas probas de cinco quilómetros marcha (Rocío Carbia) e nos 10 quilómetros marcha (Francisco José Durán), ámbolos

nández foi tamén segunda cun tiempo de 1:03.6. Tres foron os ouros conquistados por atletas do Academia Postal no Campionato de España Universitario. Manuel Hurtado (en 10000 metros), Manuel Uriz en lanzamento e Ignacio Sarmiento en 400 valados proclamáronse campións universitarios. Lorena Luaces Lorena Luaces acadou o subcampionato por equipos da Copa do Mundo de Marcha, celebrado na localidad rusa de Saransk.

Hassan Lekhili está na súa mellor tempada desde que milita no Ourense Atletismo. /O. DEL CAMPO

Presentación da 15 andaina Vila de Allariz.

15 anos da andaina Vila de Allariz 4 O sábado 26 de maio terá lugar a edición deste ano. Redacción O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase a 15ª edición da andaina Vila de Allariz. A saída será ás nova da mañá e conta con novidades no seu percorrido de 50 quilómetros, a máis longa de Galicia e a que conta con máis participantes. Este ano a terceira etapa percorrerá o Casco histórico de Allariz xunto cos pobos de Vilariño, Roimelo, Nanín e a Portela de Airavella. A andaina de Allariz, pioneira en Galicia, alcanza en cada edición os preto de 800 participan-

tes levándoos por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.

ría para nenos e nenas de 3 a 10 anos, sempre que haxa un mínimo de 8 nenos, e masaxistas a partir da 13h. O prazo para inscribirse estará aberto dende o 7 ó 24 de maio na Piscina Municipal de Allariz, onde ofrecen toda a información precisa (teléfono 988 442083).

Facilidades Para que todo saia o mellor posible, a organización pon a disposición dos participantes un servizo de transporte, que sairá desde o parque de San Lázaro de Ourense ás 7.45 horas con regreso ao remate da proba; tamén contará cunha garde-

Andaina solidaria O concello de Castrelo de Miño organiza o 20 de maio a andaina solidaria a prol de UNICEF: Gotas para Níxer. A saída terá lugar as 09:00 horas no Parque Náutico de Castrelo de Miño ao longo dun percorrido de 14 quilómetros.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

ATLETISMO

Valiño e Rodríguez, vencedores do Aviaman

Madriñán, noveno no Eivissa Ultra Team

4 Repiten o título conquistado na edición do pasado ano.

4 Na categoría por equipos.

R.T.

O pasado sábado 28 de abril tivo lugar en Eivissa o triatlón extremo e de longa distancia Eivissa Ultra Team, con máis de 400 participantes, entre os que se atopaban o copiloto de ralis Luís Moya; o tetra campión do tour de Francia, Miguel Indurain; o campión do mundo de maratón, Martín Fíz e mesmo algún dos integrantes da próxima expedición aos Xogos Olímpicos de Londres co combinado nacional, os cales se tiñan que enfrontar individualmente ou por equipos (cada un nunha única sección deportiva) aos 11,6 quilómetros nadando, 100 quilómetros de bicicleta de montaña e 74 quilómtros de trail running (carreira a pé). O ultrafondista ourensán Antonio Madriñán, integrante de maneira eventual do equipo My Best Challenge, xunto co nadador Jordi Cañellas e o ciclista J.M. Barrios, comezaba a correr ás 9 da mañá con moi boas sensacións, as cales lle levaron a liderar por momentos a clasificación da carreira a pé. Segundo se ían sumando quilómetros e a humidade se ía incrementando, Madriñan ía cedendo

Por segundo ano consecutivo celebrouse o triatlón de longa distancia “Aviaman”, que este ano foi valedeiro para o Campionato Galego de triatlón de longa distancia. 80 participantes (sete deles mulleres) foron os valentes que o domingo 13 de maio se meteron ás sete e media da mañá no embalse de Castrelo de Miño, para dar comezo á primeira das tres probas. Dous quilómetro nadando foi o primeiro co que se toparon os atletas nunha mañá dominada pola néboa a as baixas tempreraturas na auga do encoro.

Lucía Pérez na proba en bici./BEA VITERI.

Gustavo Rodríguez, o campión masculino, chegando a meta./BEA VITERI. Neste primeiro segmento, a atleta do fluvial de Lugo, Aida Valiño, foi a primeira en saír da auga cun tempo de 24:30 minutos. Nos 80 quilómetros da proba ciclista, Gustavo Rodríguez foi quen de remontar e rematar este sector en primeira posición logo de dúas horas e 27 minutos. O percorrido en bici foi dun gran esforzo, logo de ter que subir dous portos de primeira categoría para rematar en Leiro. No segmento a pé de 20 quilómetros, Rodríguez incrementou a súa vantaxe facéndose finalmente co título tras unha hora e 14 minutos da carreira a pé.

O tempo final foi de catro horas e 12 minutos para o atleta do Fluvial de Lugo, tres menos que o seu perseguidor, Iván Cáceres (4:15.38) e cinco menos que o terceiro clasificado, Diego Álvarez (4:17.50). En mulleres, Aida Valiño foi a primeira cun tempo de 4:53.18, seguida de Lucía Pérez (5:17.47), segunda e de Silvia Vieira (5:30.47), que quedou terceira.

Os participantes percorreron 2 quilómetros a nado, 80 en bici e 20 correndo

Redacción

posicións na táboa, xa que este factor climatolóxico influíulle de maneira moi negativa. Pero con sobriedade e decisión continuou en carreira sen arroxar a toalla o cal levaríao a rematar no posto 28º individual, tras 9 horas 58 minutos de máximo esforzo, co que contribuíu a que o seu equipo My Best Challenge conseguise a novena posición na xeral por equipos. “Foi unha carreira impresionante onde puiden gozar dunha paisaxe única, viña con forzas e con ganas de facer algo grande, e a pesar de que a miña posición

podía ser moito mellor, voume satisfeito pola loita que houbo, por como transcorreu a xornada e polo resultado global do equipo nunha proba de moito nivel internacional”, explicaba Madriñán. Vindeira cita “Agora toca porse a adestrar canto antes para preparar as 24 Horas Running Race de La Fresneda, que terán lugar o próximo mes de xuño e na que por terceiro ano consecutivo soño con subir ao máis alto do podio”, concluía o ultrafondista ourensán.

Antonio Madriñán na Eivissa Ultra Team.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

MARATÓN DAS AREAS

13

Sangue, suor e bágoas

4 Estas tres premisas militares cumpríronse nesta edición dunha das probas deportivas máis duras do mundo. R.T. / S.N. Cruzar, por vontade propia e sen ningún tipo de necesidade, 250 quilómetros de deserto durante sete días, cunha mochila ás costas que contén a roupa e os alimentos precisos para sobrevivir e que ronda un peso de 10 a 15 quilos, é unha aventura só aptar para valentes, para deportistas natos, para mentes e corpos inquedos, para auténticos exemplos a seguir. E iso é precisamente o que son o ex militar José María García Calvo “Willy”, a médica Ana Guede e o profesor da Universidade de Vigo Antonio Molina, que participaron entre o 6 e o 16 de abril no 27 Maratón das Areas. Xunto a outros oitocen-

tos participantes, estes tres ourensáns ataron forte as zapatillas, puxeron as polaínas enriba delas e comezaron á que é, sen dúbida, unha experiencia vital única, que Willy repetía por terceira vez, Guede por segunda e na que Molina se estrenaba. Pero aínda que as gañas e a ilusión gañen o pulso ao sufrimento, o certo é que nunha aventura coma esta inevitablemente o corpo humán resíntese e as bochas fixeron acto de presenza nos pés de dous deles (Willy é doutra pasta), a suor invadiu as súas roupas e caía pinga a pinga nas dunas do deserto do Sáhara, que parecían volverse un pouco máis costa arriba. Nembargantes, para tres persoas

como García Calvo, Guede e Molina a emoción por rematar esta aventura, por vivila segundo a segundo e por non defraudar a todos aqueles que os ían seguindo durante eses sete duros días (seis xornadas) de proba (e dos que recibían cada tarde os seus e-mails de alento) era o único que contaba. Sangue, suor e bágoas combináronse nos corpos destes aventureiros aos que os quilos lles deixaban de pesar e as feridas de doer ao pensar en cada verba e sorriso de orgullo que as súas xentes estaban desexando regalarlles tan pronto voltasen aos seus fogares. As etapas Tras un día de adaptación polo medio comezou a pri-

Os participantes no Maratón das Areas tamén tiveron que protexerse do frío.

meira etapa cunha distancia de 33,8 quilómetros, algo inusual en anteriores edicións que comezaban con menos distancia (en torno aos 20 quilómetros). Na segunda etapa, 38 quilómetros e medio de puro deserto os agardaban para comezar a facer mella nos seus pés e nas súas mentes; desde esta xornada Guede xa sufríu as doenzas provocadas polas bochas, pero unha boa administradora de esforzos permitiulle xestionar cada etapa. 35 mil metros era a distancia da terceira etapa sobre un terreo apto para as lesións, con zonas de dunas e moreas de pedras que facían imposible mirar cara outro lado que non fora ao chan. A sopresa da cuarta xornada foi a súa distancia; 85 quilómetros de peregrinaxe polo deserto con dous días de tempo para poder percorrelos. Noutros anos a etapa raíña rondaba os 70 quilómetros, este ano entre a primeira etapa e esta (máis longas de habitual), os organizadores querían facer un Maratón das Areas extremadamente esixente. Nesta etapa como nas anteriores, Willy e Molina ían sempre xuntos, mentres que Guede facía a guerra polo seu lado. Os dous primeiros sufriron en exceso a dureza

Molina, Willy e Guede durante a xornada de preparación previa ao comezo desta aventura. desta parte da proba, chegando de madrugada e sen parar a durmir polo camiño como moitos participantes facían. A sorpresa da xornada foi ver aparecer a Guede na meta aos cinco minutos de que o fixeran os outros dous compañeiros de equipo (Universidade de Vigo), dando mostras unha vez máis de que a cabeza é un factor importantísimo neste tipo de actividades. Despois de todos os quilómetros que levaban no seu corpo a quinta etapa depararíalles a realización dun maratón; agardábanos 42,195 quilómetros máis. Foi nesta etapa cando Molina non puido seguir os pasos de Willy e tivo que levar o seu ritmo para poder rematar as dúas últimas xornadas que restaban para a conclusión desta aven-

tura. En máis dunha ocasión pasou pola súa mente a retirada, pero unha forza de vontade inusitada fixo transformar este pensamento en valentía. A sexta etapa foi a mellor e máis sinxela. 15 quilómetros e medio para que todos os participantes puideran gozar desta última etapa coa ledicia de rematar unha das carreiras máis esixentes do planeta. Willy foi o noveno clasificado da súa categoría, empregando un tempo de 45 horas, 49 minutos e 49 segundos; Molina foi o 170 da categoría na que participaba, con 47 horas, 5 minutos e 24 segundos. E, pola súa banda, Guede foi a décimo terceira muller, realizando os máis de 250 quilómetros en 51 horas, 35 minutos e 35 segundos.


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

POLIDEPORTIVO

Os P21 Ourenpadel rematan a liga Redacción

Os xogadores do Barbadás celebran o seu éxito no partido en casa contra o Ribadumia./RAMSÉS.

O Barbadás xa é equipo de Terceira 4 A falta de dúas xornadas para o remate da liga confirmou o ascenso. R.T. Era cuestión de tempo. A tempada do Barbadás estaba sendo fantásticas cuns números ao alcance de moi poucos. Nos últimos 28 encontros tan só unha derrota e catro empates, o resto vitorias. De vértixe. Xa tivo a oportunidade de ascender na xornada 35, no campo do Alerta Traviesas. Era lonxe de casa e mellor subir xunto a súa afección, fiel durante a tempada. Coa derrota

por 2-1 había que esperar á seguinte xornada para certificar que o ano que ven será equipo de segunda. As bancadas do estadio dos Carrís enchéronse de seareiros para celebrar o ascenso, e os xogadores non defraudaron. 4-0 ao Ribadumia e o equipo adestrado por Jorge Regal xa tiña o pasaporte para militar na vindeira tempada na Terceira División. Unha exitosa tempada cuns rexistros de récord (14 partidos consecutivos gañando).

Ser campións O Barbadás ten esta xornada a ocasión de proclamarse campión do Grupo Sur da Rexional Preferente. Para elo terá que empatar ou gañar ao Choco (segundo clasificado) a domicilio. O equipo ourensán suma 81 puntos, por 76 os pontevedreses, que aínda non teñen asegurado o ascenso. Co Barbadás xa en Terceira, só falta saber que equipo o acompañará a vindeira tempada. O Choco é segundo

con dous puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado, o Céltiga, que visita a cancha do Ribadumia; conxunto que non se xoga nada. Na derradeira xornada o equipo dos Carrís reciben a un Ourense B xa descendido.

O Barbadás tentará ser campión da Preferente Sur

O Galmédica xogará a fase de ascenso 4 É segundo na 2ª División Nacional. R.T.

O Galmédica Tenis de Mesa marcha segundo a falta dunha xornada para que remate a liga de Segunda División Nacional. No seu último partido desfíxose a domicilio do Grupo Barros - Combarro polo resultado de 2-4. 26 son os puntos que marcan no casilleiro dos ourensán a dous dos líderes, Club de Mar Promesas, e dous máis que o terceiro clasificado o

Monteporreiro. Na vindeira xornada, última da competición, o Galmédica recibe ao A.D. Vincios - Construccións Dantas. Gamédica B Na Segunda División Galega Grupo Sur, o Galmédica B marcha como primeiro clasificado con 36 puntos, os mesmos que o segundo clasificado, o Mercantil de Vigo B. Dúas xornadas son as que

O Galmédica vai a dous puntos do líder e a outros dous do terceiro clasificado. restan para o remate da liga. na derradeira xornada, O Galmédica para manter contra o A.D. Vincios esa posición de privilexio Mat. Const. J. Quintas. deberá vencer en casa do O conxunto ourensán é o A.D. Vincios Const. D. Ta- claro favorito para o ascenpia e facer o propio en casa, so á Primeira División.

Os dous equipos do club de pádel ourensán P21 que militan na segunda división masculina da Liga Rías Baixas de pádel encaran a recta final da competición, sen nada que xogarse. Na penúltima xornada, disputada a pasado fin de semana, o P21 Ourenpadel perdía por 3 a 0 fronte ao School Padel Center de Pontevedra, líder da liga. Pola súa banda, o P21 Ourenpadel B tampouco lograba vencer no encontro contra o CCD Sanxenxo (2-1), equipo que o precede na táboa.

Con estes resultados, o P21 Ourenpádel é quinto no Grupo I, con 6 puntos, mentres que o P21 Ourenpadel B é sexto no Grupo II, con 5 puntos. Ningún dos dous ten posibilidades de ascenso nesta a súa primeira participación na Liga Rías Baixas de pádel. Na próxima xornada, última da liga, o P21 Ourenpadel enfróntase en casa ao SD Lalín A. O partido dispútase nas instalacións do club no Vinteún, o domingo 20 de maio ás 16 horas. Mentres, o mesmo domingo o P21 Ourenpadel B viaxa a Soutomaior para disputar o seu partido co equipo local; será ás 11 horas.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

15

Partido de fútbol dos máis pequenos das Escolas Deportivas. /M.REJO

Os alevíns disputaron o Memorial David Herrera de baloncesto. /M.REJO

As Escolas Deportivas, de festa Como vén sendo habitual no Día das Letras Galegas,e xa van dez edicións, as Escolas Deportivas celebráronas xogando ao baloncesto e a fútbol toda a mañá no pavillón dos Remedios. Na cancha central os rapaces, só da categoría alevin, participaban no Memorial David Herrera de baloncesto, e nos campos exteriores de fútbol todas as categorías divertíanse xogando ao deporte rei. En total, 210 rapaces e rapazas de todas as idades dirixidos por 27 monitores e todos eles coordinados por Miguel Ángel “Fosi” e Javier Caldas “Butra”, co patrocinio de Mcdonalds e Augas de Cabreiroá. O 8 de xuño celebrarase unha gala final de tempada das Escolas Deportivas na que se entregaran os distintos trofeos e medallas.

Final da liga do Espazo Xove entre o Getafe e o Momentos. /M.REJO

Remata a Liga de Espazo Xove Tras unha longa tempada de fútbol sala disputada na cancha de Espazo Xove, o Día das Letras Galegas disputábase a semifinal. O Getafe rematou primeiro na liga e plantouse na final, onde tivo como rival ao Momentos que pese a rematar terceiro a liga logrou colarse tamén na final. Tras un primeiro tempo axustado, no comezo do segundo tempo da final o Getafe aumentou a súa diferenza para acabar gañando e proclamarse campión da Liga Espazo Xove 2012.


16

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

ARTES MARCIAIS

Dominio dos deportistas do ximnasio Artai 4 Dominaron o Campionato Galego de Wushu e a Copa Deputación de Qingda. Redacción Estas datas están a ser prolíficas para os deportistas do ximnasio Artai, ao lograr grandes éxitos nas competicións nas que participan. Copa Deputación de Qingda O 28 de abril celebrouse a terceira edición da Copa Deputación de Qingda (combate controlado) nas instalacións do Artai Gimnasio “A Ponte”. 32 foron os participantes do evento disputando un total de 22 combates “cun nivel técnico magnífico”, segundo palabras dos irmáns Blanco, Aarón e Hugo, organizadores do evento. Cabe destacar a participación de Gabriel Cabezas (Artai), actual campión de España de Sanda (combate ao KO), que conseguíu alzarse coa primeira posición na categoría de menos de 70 quilogramos. Outra pre-

senza notable foi a de Zulima Crehuet (Artai), competidora feminina, que tivo que disputar os combates en categoría mixta debido á falla de competidoras fémias; aínda así, acadou a medalla de prata en -65 quilos. Esta proba foi o bautizo en competición de oito competidores debutantes. Os ouros logrados polos deportistas do ximnasio Artai foron os de Jaime Álvarez (menos de 60 quilos); Pedro Vázquez (menos de 65 quilos; Gabriel Cabezas (menos de 70 quilos); Diego González (menos de 75 quilos); Brahim Tamesna (menos de 80 quilos). Adrián Vázquez (menos de 85 quilos) e Francisco Gonçalves (máis de 85 quilos). Campionato Galego de Wushu O pasado domingo 13 de maio, disputouse o Campionato Galego de Wushu 2012 na cidade de Lugo.

No devandito torneo reflectiuse a superioridade dos clubs de Ourense con

respecto ao resto de provincias galegas, tanto en Taolu (formas) como en combate (Sanda & Qingda). O total de medallas conseguidas polos competidores da provincia de Ourense foron 16 ouros, 21 pratas e 11 bronces, sendo máis da metade do torneo. No que respecta ao club Artai de Ourense presentouse con 18 competidores, conseguindo un récord de medallas na historia do club, 22 medallas repartidas en 6 ouros, 10 pratas e 7 bronces. Destacando o ouro de Andrea Álvarez, debutante con 9 anos de idade e Gabriel Cabezas que conseguiu o ouro en combate despois de gañar o campionato de España en xaneiro.

Sergio Parga, no Campionato Galego de Wushu. O club Dinamic acadou 6 ouros, 9 pratas e 3 bronces. E o Club Arco de Verín logrou 4 ouros, 2 pratas e 1 bronce. A gran labor dos clubs e adestradores da provincia víuse reflectida neste campionato, que levou a Ourense ao máis alto do Wushu galego.

Prata para o Jiu jitsu Galicia 4 No Torneo Víctor Pradera. Redacción O Jiu jitsu Galicia -con tres representantes ourensáns- logra a prata no VI Torneo ‘Victor Pradera’ celebrado en Leganés (Madrid) o pasado 12 de maio. Por Galicia acudiron varios combinados, sendo o Jiu Jitsu Galicia o que tería representación ourensá. Os jiujitsukas do Ximnasio Marbel Ourense que participaron foron Felipe Iglesias na categoría -69 quilos, Tono Fernández en -85 e Christian Álvarez en +85; completando o grupo estiveron os deportistas do Judo Club Coruña Alex Álvarez (-77 quilos) e Diana Branco (-62). Esta combinación resultou excelente para a consecución do subcampionato, mellorando un posto con respecto ao ano pasado. Na previa, Galicia desfíxose de Leganés 2, Par-

Terceira xornada de Copa Deputación de Judo O 5 de maio, desenvolveuse no Pazo Paco Paz a terceira xornada da Copa Deputación. Devandita competición reúne a nenos e mozos de toda a provincia de entre 6 e 18 anos, incluíndo este ano a categoría open, ou aberta a competidores de ambos sexos. Este ano incorporouse a categoría sénior, para competidores en activo ou veteráns.

Centro de Tecnificación Deportiva de Viana Redacción

O equipo Artai que disputou a Copa Deputación.

la 1 e Coruña 2; a todos por un contundente 5-0 en cada encontro. Na final, contra o Leganés 1, o combinado galego perdeu por un total de 4-1, aínda que todos os encontros foron moi rifados (8-11 no feminino; 1112, 11-13, 14-0 e 10-12). Os equipos compúñanse de cinco integrantes, catro de sexo masculino nas categorías de -69 quilos, -77 quilos, -85 e +85; e unha muller en -62 quilos.

A Fundación Cipri Gomes comeza a darlle uso ao Centro de Tecnificación Deportiva de Viana aínda que as obras maiores comezarán a mediados de xuño. O pasado 5 de maio o equipo galego clasificado para o Campionato de España de Kickboxing 2012 adestrouse nas instalación.

Máis actividades Neste centro ubicado en Viana vanse celebrar, mensualmente, cursos específicos de intervención policial, cunha media de 60 axentes por curso. Tamén se pretende realizar durante os meses de agosto e setembro, tres campamentos de verán de 15 días de duración cada un deles, aos que acudirán un total de 90 xóvenes deportistas.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

XIMNASIA

16 podios en 3 días 4 Os ximnastas do Pavillón colleitaron grandes éxitos en Zaragoza, Burgos e A Coruña. Redacción

A primeira fin de semana de maio foi das mellores para a ximnasia ourensá, que viu como os seus representantes subían en repetidas ocasións ao podio nas tres competicións ás que acudiron. As probas comezaron para os ourensáns o venres 4 de maio, cando botaba a andar, ata o seguinte domingo, o Campionato de España de Ximnasia Acrobática e Aeróbica que se celebrou en Zaragoza, no que a parella xuvenil feminina composta por Raquel Ordiales e Lara Colmenero fíxose co terceiro posto nos exercicios de dinámico e all around. Galego Federado Individual Xa o sábado 5, o pavillón de Riazor da cidade da Co-

ruña acolleu a fase final do Campionato Galego Federado Individual, e clasificatoria para o campionato nacional,

que se compón do campionato individual absoluto e campionato individual de clubes. No individual absoluto os ourensáns lograron subir ao podio dúas ximnastas en categoría alevín, Antía Abal do Club Marusia (que foi 2ª en mans libres e pelota e 1ª en aro) e Sandra Freire do Club María Barbeito (1ª en mans libres e pelota e 2ª en aro). En categoría infantil a única participante foi Loreto Blanco, do Marusia, clasificada, polo

tanto, 1ª nos tres aparatos (mazas, cinta e aro). Pola súa banda, no campionato individual de clubes participaron un

total de catro equipos alevíns un do Club Ximnasia Pavillón, un do Club Acordes e dous do María Barbeito-. De entre eles, o conxunto ourensán foi subcampión galego, detrás do Club Acordes. As dúas ximnastas pavillonistas conseguiron pódium en todos os aparatos, xa que Candela Sierra foi campiona galega en aro e Eva Rebollo foi 2ª en pelota e corda. En infantil, o Pavillón presentouse con dous equipos que foron cuarto

e quinto na clasificación por conxuntos. Pola súa banda, en aparatos, as ximnastas pavillonistas que obtiveron pódium foron Nerea Sastre (2ª en pelota e 3ª en aro) e Antía Vázquez (3ª en pelota). En categoría júnior o equipo pavillonista foi campión galego, e por aparatos Laura G. Méndez foi 2ª en cinta e 3ª en aro e Kelly V. Ruales foi 2ª en pelota.

Autonómico de Castela e León Tamén os días 5 e 6 de maio os ximnastas ourensáns tiveron outra cita. Esta vez en Burgos, onde acudiro ao Campionato Autonómico de Trampolín de Castela e León, ao que foron convidados para participar fóra de concurso catro dos saltadores do Club Ximnasia Pavillón (María Salas Cid, Noa Dod - Puente Álvarez, Eduardo Novelle Man e Iago Sousa Rodríguez). Dos

pavillonistas, foi unha vez máis María Salas a máis destacada ao proclamarse 1ª en minitramp, 2ª en trampolín e 2ª en dobre minitramp. Eduardo Novelle tamén superou a moitos dos seus compañeiros casteláns colocándose na segunda posición en dobre minitramp xuvenil.

17

Vindeira cita A próxima cita deportiva dos ximnastas ourensáns será o próximo 19 de maio no Pavillón dos Remedios de Ourense, onde se celebrará o Campionato Galego Individual e de equipos de trampolín e ao que o Club Ximnasia Pavillón presentará a 14 ximnastas.

4 Ximnasia dende os 3 anos O grupo de iniciación do Club Ximnasia Escola Pavillón, composto por nenos de entre tres e cinco anos, ultima o seu exercicio de peche de tempada, que terá lugar nos Remedios o 27 de maio, coincidindo co Torneo de Primavera. Este grupo está constituído por un total de 20 nenos e nenas que realizan a súa actividade nas instalación cedidas, desinteresadamente, pola Asociación Cultural “A Troya”; e están dirixidos por dous adestradores (Alba Estévez e Iago Covela) que contan con ampla preparación no mundo do deporte e na educación de nenos de tan

curta idade. Así, o obxectivo desta iniciativa é que os cativos adquiran destrezas psicomotoras que, ademais de beneficiar ao seu desenvolvemento xeral, propicien a práctica futura de calquera deporte. E trátase dunha exitosa fórmula, xa que moitos dos nenos que pasaron polo grupo de iniciación son hoxe ximnastas do Club Ximnasia Escola Pavillón. Os interesados en recibir máis información ou inscribir aos seus cativos nesta activididade só teñen que dirixirse ás oficinas do Consello Municipal de Deportes.


18

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

MOTOR

Ourense recupera a súa proba BTT o 3 de xuño

4ÚLTIMAS NOVAS

4 Tras dous anos sen levarse a cabo. R.T.

Feijoo, cuarto en Carballo O piloto do Club Motomeda de Motocross, José Feijoo, tívose que conformar coa cuarta posición na proba disputada en Carballo. A mala sorte cebouse co verinés, que xa nos adestramentos libres viu como o subchasis da súa moto comezaba a dar problemas, non podendo participar nos cronometrados. Pola tarde, logo de reparalo, realizou unha saída fulminante e venceu na primera manga, pero detectou fallos no embrague, que foron a máis na segunda manga, tendo finalmente que abandonar, o que o deixaba cuarto na xeral.

Alonso abandona en Ulloa Carlos Iván Alonso víuse na obriga de abandonar no Rali da Ulloa. Unha rotura no diferencial do seu Mitsubishi Lancer Evo X no oitavo tramo da competición cando marchaba quinto -do grupo N- , foi a causa pola que non puido rematar a proba.

Dous anos despois, Ourense recupera a proba de BTT Cidade de Ourense, organizada polo club Dúas Rodas e na que colabora a Concellaría de Deportes. O Salón de Plenos do concello de Ourense acolleu a presentación desta marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro día 3 de xuño. A proba é de dificultade media – alta, tal como explicou o presidente do Clube Ciclista 2 rodas, Toni Gago, e estímase unha duración de 4 horas aproximadamente. A marcha ten un caracter non competitivo. A ruta terá a súa saída de Oira e pasará por diversos puntos do termo municipal, como Vilar das Tres, Santa Mariña, Seixalbo ou Ceboliño. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, aproveitou para darlle os parabéns aos organizadores, por ter recuperado esta ruta BTT, e destacou a oportuni-

dade de gozar das paisaxes e as vistas dos lugares por onde pasa. Con esta actividade dá comezo un mes de xuño ateigado de eventos deportivos que teñen a súa coincidencia coas Festas de Ourense, que serán a finais de mes. Na última edición, houbo un total de 155 inscritos, dos cales moitos proveñen de fóra de Ourense, sobre todo da provincia de Pon-

Cartel da proba BTT Cidade de Ourense 2012.

Podios para o BTT de Maceda 4 Na terceira proba do Galego. Redacción

O Rali de Cantabria agarda a Luis Aragonés Os vindeiros 18 e 19 de maio volve o Campionato de España de Ralis de Asfalto co Rali de Cantabria, ata onde se desprazará Luis Aragonés e o seu copiloto, a bordo do Renault Twingo R2 do equipo Red Renault Galicia, co obxectivo de manter, e incluso mellorar, a 3ª posición que ocupan na “Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes”. Á cita cántabra chegan coa incertidume de competir nun terreo completamente novo para eles e coa preocupación de que a choiva faga acto de presenza, os dous factores que deberán ter en conta para acadar os máximos puntos e chegar ao Rali de Ourense (en xuño) na mellor posición posible.

Gran actuación dos integrantes do Academia Postal Actyon - Mérida que se desprazaron ata Gondomar para participar na terceira proba puntuable do Open Galego de BTT. En cadetes, Iván Conde e Raúl González lograron

tevedra. As preinscricións serán ata o día 1 de xuño e hai dúas modalidades: para federados e para non federados. Quen queira poderá apuntarse ao xantar posterior (por 15 euros) que se celebrará nun restaurante da zona de Oira. A inscrición sen xantar ten un custo de oito euros. Os non federados deberán abonar 12 euros máis en concepto de seguro dun día.

o dobrete para o equipo macedán, ao rematar primeiro e segundo, respectivamente. Con este resultado, Conde afiánzase como líder da clasificación. En M40, Xulio Conde foi terceiro, e Saúl López, en Elite, segundo, polo que conserva as opcións de ser primeiro. Pola contra, o seu com-

pañeiro Jose Ramón Villanueva tivo que abandonar por problemas mecánicos. A vitoria máis intensa da xornada foi na proba por relevos; o club macedán, nunha emocionante carreira, lograba a vitoria por diante do Bici Verde de Vigo e do Monforte. Escola JA Hermida Na final Galega de Duatlon Escolar, celebrada en Boiro, Aida foi 5ª e Noelia 11ª en benxamíns; Breogán, 9º e Martín 14º nos benxamíns masculinos, e Iván Conde 11º en infantís.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

19


20

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

POLIDEPORTIVO

Tiro práctico en Eiroás 4 Os tiradores locais coparon gran parte dos podios na 2ª fase do Open Galaico-Astur. P. L.

XADREZ

O Benchoshey apunta maneiras no provincial benxamín 4 A primeira proba foi o 13 de maio. Redacción A Asociación Olimpo, con sede no barrio de Barrocás, acolleu a primeria das probas do circuito provincial de xadrez de Ourense do programa XOGADE. Ás 4 da tarde deste pasado domingo 13 de maio daba comezo o campionato Provincial de xadrez na asociación Olimpo en barrocás. O Servicio de deportes xunto co Clube Xa-

drez Ourense organizaron o evento no que participaron os benxamíns de toda a provincia ao longo de seis rondas. Ás 19:30 horas finalizaba a competición con entrega dun obsequio a tódolos participantes e premios para os campións. As dúas primeiras prazas ocupáronas os xadrecistas do Benchoshey, a terceira os do Guillelme Brown, seguidos da Casa da Xuventude (cuarto) e Maristas (quinto).

Ascenso do Campus Ourense de baloncesto 4 Na fase final disputada en Santander. Redacción

Logro de rematar segundo na Primeira División Galega, o equipo do

Campus Ourense viaxou a Santander para disputar a fase final de ascenso á Primeira División Nacional. Por diante tiña unha fin de

Campus Ourense de baloncesto feminino.

Final comarcal alevín e infantil Tamén se celebrou esa mañá a final comarcal alevín e infantil na mesma ubicación e noaque se clasificaron para o provincial do próximo mércores 16 de maio os tres primeiros clasificados, que no caso dos alevíns foron os clubs Casa da Xuventude, Carmelitas e Salesianos, e dos infantís, o Xadrez Ouresne, Casa da Xuventude e Xadez Carmelitas. semana na que chegando á final lograría o ascenso, xa que o acadarían os dous primeiros da fase. No primeiro dos encontros, as ourensás enfrontábanse ao Tierra de Burgos, campión de Castela León. 76-57 foi o resultado final dun encontro que estivo marcado polo dominio do Campus, grazas a unha gran defensa, que coas súas recuperacións e rebotes defensivos provocaban rápidos contraataques.

A competición de IPSC voltou ao campo de Eiroás coa disputa da segunda fase do Open-GalaicoAstur o pasado 5 de maio, proba valedeira tamén para o Campionato Provincial. Os máis de 70 participantes inscritos, chegados de diversos puntos de Galicia, Asturias, Palencia e Madrid, tiveron que realizar un total de 8 exercicios de tiro práctico. Os resultados da competición depararon as seguintes clasificacións, no Open Galaico-Astur: na categoría Standard sénior quedou primeiro o tirador de Eiroás, David Davite, clasificándose en terceiro e quinto lugar, respectivamente, os tiradores locais José Antonio Palomanes e Celso Parga. Ademais, Davite, Palomanes e Parga coparon o podio do Campionato Provincial. David Davite está a reaNa segunda xornada, o rival era o equipo local do Ventanas Arsan. O feito de que o equipo gañador disputaría a final e con iso estaría ascendido matemáticamente fixo que as imprecisións sucedéranse nos dous conxuntos. As galegas dominaban o eoncontro con diferenzas entre os dous e os oito puntos, pero os ánimos da afección local fixeron que o Arsan lograra igualar a contienda. Logo dun tempo morto visitante, Sira encestou dúas triplas consecutivas levando a tranquilidade ao conxunto ourensán. 54-64 sería o resultado final do encontro. Derrota na final Na final esperaba o Innobasket Avilés nun partido descafeinado, xa que os dous equipos estaban ascendidos. O Campus comezou dominado o partido (16-17 ao remate do primeiro cuarto). A partir dese momento, o Avilés colleu o mando do partido logrando porse diante do marcador coa colaboración das ourensás,

lizar unhas boas actuacións nas súas últimas citas deportivas, pois recentemente quedou segundo na clasificación xeral Standard na segunda fase da Copa Internacional Presidente, disputada en Tenerife, o que supón o mellor resultado para un tirador galego en toda a historia da modalidade. En Producción sénior, o local Roy Deprado foi quinto no Open e primeiro no Campionato Provincial, seguido de Borja Álvarez. E en Standard veteráns, na clasificación provincial, Ernesto Araujo, Miguel Pérez e José Antonio Carballo quedaron primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Copa Deputación O tiro práctico non foi a única competición disputada no club de Eiroás na primeira fin de semana de maio, xa que coincidía en datas coa Copa Deputación de Armas Neumáticas. Nesta tirada participaron 14 deportistas, sendo os melloque fallaban trece tiros libres e tan só anotaban cinco de 24 intentos en tiros de tres. A pesar dos erros, a pouco máis dun minuto para o final estaban un punto abaixo. Pero unha bandexa que non entrou fixo que non lograran a remontada, para ao final caer por 56-47. Pouco importaba, porque as ourensás estaban ascendidas. Agora chega un período de reflexión no que terán que decidir se ascenden ou non; o maior dos problemas é o económico. Polo que a pesar de que mereceron na cancha subir de categoría, é posible que o ano que vén recalen novamente na Primeira División Galega.

O equipo terá que decidir agora se ascende ou non; o maior problema é o económico

David Davite foi primeiro no Open Galaico-Astur e segundo na Copa Internacional Presidente./ARQUIVO. res resultados para Manuel Martínez (570 puntos en pistola sénior, na súa primeira tirada do ano nesta Copa) e Enrique Do Río (544 puntos en pistola veteráns sénior). Campión galego O ourensán Jorge Encinas vén de gañar o Campionato Galego de carabina 3x40, disputado o 17 de maio en Pontevedra. Con 1.131 puntos igual o seu propio récord (e récord galego) nesta competición.

O Caldaria Barrocás ascende á División de Honra A R. T.

O Caldaria Barrocás volve ser equipo de División de Honra A logo de rematar en quinta posición esta tempada na Honra B. O Barrocás logrou a quinta praza logo de acadar seis vitorias, sete empates e cinco derrotas, sumando un total de 19 puntos. Apóstol e Ourense HC O Apóstol Ourense, malia vencer na derradeira xornada por 5 goles a dous non foi quen de evitar xogar a promoción. Agora tocaralle manter a categoría nunha promoción que o enfrontará a equipos de Primeira División. Pola súa banda, o Ourense HC remata con 18 puntos a tempada na Primeira División feminina. Seis vitorias, seis derrotas e seis empates é a bagaxe do cadro ourensán.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

ACTUALIDADE

Rematan as primeiras actividades de XOGADE por este tempada 4 Balonmán, badmitón e atletismo puxeron fin á competición. R.T. Parte das actividades deportivas promovidas pola Xunta de Galicia co seu programa XOGADE chegaron ao fin de tempada, como foi o caso do atletismo, o bádminton e o balonmán. Atletismo O Provincial de atletismo en pista en Ourense pechou o calendario XOGADE desta actividade. No Complexo Polideportivo de Monterrei tivo lugar a fase final do Campionato de Atletismo en pista da provincia de Ourense. Ao longo de todo o día do sábado 12 de maio atletas de toda a provincia participaron neste evento. Ademais da propia competición, os infantís pelexaron por acceder ao campionato galego infantil que se celebrará o próximo 26 de maio en Pontevedra. En Monterrei estiveron representadas todas as zonas de provincia ourensá. Así, participaron rapaces do Club Asociación Deportiva Limiactiva e AD Limia, de Xinzo de Limia; Club Adas, do Barco de Valdeorras; Colexio Pablo VI- Fátima, da Rúa; CEIP Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives; Club Ben-Cho-Shey e Colexio Guillelme Brown, do Pereiro de Aguiar; CEIP Bibei e

IES Carlos Casares, de Viana do Bolo; Colexio Madre de Dios, de Bárbadas; Colexio Sagrado Corazón, de Celanova; CPR Divino Maestro, Colexio La Purísima, Club Ourense Atletismo Academia Postal, Club Deportivo La Purísma, Carmelitas Vedruna e Seminario Menor “Inmaculada”, de Ourense. Bádminton O 5 de maio, o polideportivo da Universidade Laboral acolleu o Campionato Provincial de Bádminton en todas as categorías do programa XOGADE. Sete pistas de bádminton dero cabida para que todos os rapaces xogaran os seus encontros. Representantes do club Athlos, club Adas, Cambeo, AD Bosco, lagoas Athlos, IES Lagoa de Antela e Otero Pedrayo estiveron nos postos altos da clasificación. Balonmán alevín En Ribadavia disputáronse os últimos encontros da competición de balonmán na categoría alevín. A primeira semifinal enfrontaba o equipo anfitrión, E.BM Ribadavia contra o ASC. BM. Carballiño; os locais fixeron gala do seu xogo e non deixaron escapar máis que un cuarto, empatando outro e gañando os dous restantes para así ter un

posto asegurado na final cunha victoria de 5-3. Na outra semifinal atopábanse o Pabellón O Couto fronte CEIP Manuel Sueiro, na que este segundo equipo gañou claramente por un contundente 2-6 sen deixar aos do Couto a máis mínima posibilidade de estar na gran final, quedando relegados estes ao terceiro posto tras gañar 3-5 o ASC. BM Carballiño na loita pola última medalla. A gran final entre E.BM Ribadavia e CEIP Manuel Sueiro foi moi desputada, quedando dous cuartos para cada un dos contendentes, e deixando o partido igualado 4-4. A diferenza de goles decantou a vitoria do lado do combinado da capital por un axustado 10-13. Balonmán benxamín Coles foi a sede da fase final da categoría benxamín. Na primeira semifinal o Coles A impúxose ao Otero Pedrayo por un contundente 8-0. Na segunda semifinal, o Pabellón O Couto venceu por 6-2 ao Manuel Sueiro. Nunha final disputadísima chegaríase ao final do encontro con empate a catro; na prórrogo o Pabellón O Couto foi superior ao Coles, ao que derrotou por 5-2.

O Pabellón O Couto venceu ao Coles na final benxamín de balonmán.

O alcalde, a tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, xunto a responsables da empresa adxudicataria, Serviocio, visitan as obras da piscina do futuro complexo deportivo de Eiroás./PAULA LODEIRO.

Visita ás obras do complexo deportivo das Eiroás 4 A nova instalación deportiva dará servizo aos máis de 25.000 veciños dos barrios da Ponte e o Vinteún. P. Lodeiro Avanzan a bo ritmo as obras do futuro complexo deportivos das Eiroás, un dos proxectos estrela da Concellaría de Deportes e que virá ampliar substancialmente a oferta de instalacións deportivas na cidade, dando servizo aos barrios da Ponte e do Vinteún. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañou á tenente alcalde, Isabel Pérez, e ao edil de Deportes, Fernando Varela, na visita realizada ás futuras instalacións. Os tres coincidiron en destacar “a importante descentralización de servizos” que suporá para Ourense o novo centro, ofertando un espazo de calidade “con servizos diferente e complementarios dos que xa dispomos” nunha zona de importante densidade poboacional como é o contorno da avenida de Santiago. O futuro centro deportivo das Eiroás sitúase nunha parcela de 13.000 metros cadrados de titularidade municipal e que o Concello se encargara de urbanizar no seu momento. Contará con campo de fútbol 11 e 7 de herba artificial, “moi necesario para

dous clubs históricos da nosa cidade como o Covadonga e o Santa Teresita”, apuntaba o edil de Deportes, Fernando Varela. Ademais, o complexo disporá de dúas piscinas climatizadas, de aprendizaxe e deportiva, “tamén moi necesarias”, recalcaba o concelleiro nacionalista, zona spa con sauna e baño de vapor, ximnasio e sala de fitness, así como instalacións de cafetería e ludoteca. O proxecto de xestión deportiva deseñado para estas instalacións contempla ofertar cursos de natación infantil e de adultos, aquaerobic, pilates, ioga, taichi, ou tonificación, entre outras actividaes. En resumo, plantéxase unha instalación completa e polivalente que poida equipararse ao Pavillón dos Remedios, que hoxe concentra a maior parte da demanda en infraestruturas deportivas da cidade, e que, pola súa ubicación, permita xerar un novo eixo de dinamización deportiva extensivo aos barrios da cidade. Ademais, a súa posta en marcha suporá a creación dunhs 40 postos de traballo. Apertura a finais do verán

As obras teñen un investimento duns 5 millóns

Outro momento da visita./P.L. de euros, financiados por adxudicación municipal á empresa Serviocio. Agárdase que o Centro Deportivo das Eiroás abra as súas portas a finais de verán, cunha serie de abonos (32 euros mensuais para o abono individual e 39,90 para o familiar) e descontos especiais. Tanto alcalde, como tenente de alcalde e concelleiro de Deportes destacaron que xunto ao pavillón dos Remedios, esta nova infraestrutura de Eiroás na zona norte da cidade, e o complexo deportivo previsto na zona sur (en Mariñamansa ) “están chamados a ser os tres polos que pechan o círculo dos espazos deportivos da nosa cidade”, apuntaba Isabel Pérez.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº57- Ano: IV - 18 de maio de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4A PREGUNTA

4DESDE O MEU RECUNCHO

A importancia da psicoloxía na formación de futbolistas novos: adestramento

4Que equipo ourensán ten a mellor afección? CD OURENSE Os seareiros do Ourense son todo un exemplo de paixón polo seu equipo, xa que a pesar das condicións climatolóxicas e de que o conxunto milita en 3ª División non se perden nin un partido. COB Incondicionais, así son os afeccionados cobistas, que aínda que o seu equipo estea en ACB, LEB Ouro ou LEB Prata non faltan a ningunha cita. Ademais, enchen autobuses para acompañar ao Club Ourense Baloncesto aos encontros que se disputan nas zonas máis próximas a Ourense.

CIDADE AS BURGAS O Cidade As Burgas conta cunhas das afeccións máis fieis, que partido a partido, sexa contra un rival sinxelo ou o máis duro de batir, estea ao borde do descenso ou a piques de clasificarse para a Copa da Raíña, enchen os Remedios para corear o nome do seu equipo e achegarlle todo o seu ánimo. PONTE OURENSE As bancadas dos Remedios quédanse pequenas cando o Ponte Ourense disputa algún encontro importante, xa que os seus seareiros non dubidan en acudir á cita co equipo cando este máis o precisa.

CODIGALCO CARMELITAS Ao igual que acontece dentro do propio equipo, os seguidores do Codigalco Carmelitas son como unha gran familia, que cada dous sábados toman o Polideportivo Vedruna como se o salón da súa casa se tratase e únense para animar con todas as súas forzas ao conxunto colexial. PABELLÓN OURENSE O Pabellón Ourense conta cunha afección entregada. Non se caracterizan por ser numerosos, pero os seareiros pavillonistas son dos que están máis implicados co seu equipo.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense.com

O máis importante con nenos é crear o hábito de adestrar. Da mesma maneira que se estuda todos os días, deberiamos chegar a adestrar todos os días e, en realidade, hai tempo para todo se un se organiza ben. O adestramento é para o adestrador o mellor laboratorio de aprendizaxe deportiva que coñecemos. A competición é moi ríxida dado que se xoga baixo unhas normas moi estritas pero o adestramento é flexible permitindo ao adestrador establecer todas as condicións experimentais que se lle ocorran. Durante o adestramento hai moitos factores psicolóxicos que interveñen pero quizá o máis importante de todos eles sexa a motivación. Os nenos e os adolescentes (aos adultos aínda que sexan profesionais ocórrelles igual) non están tan motivados para adestrar como o están para competir. Hai quen cre que a motivación debe conseguila o propio neno, pero a realidade é que é responsabilidade do ades-

Alfonso Vilachá Rodríguez. trador. O adestrador ten dúas canles de acción que poden axudar a motivar ao neno substancialmente: - Unha das vías ao seu alcance ten que ver co deseño de tarefas. Os adestramentos ben adaptados ás necesidades dos nenos motivan. Os nenos como mellor o pasan é correndo, xogando e competindo. Hai que conseguir que o neno aprenda a través de tarefas que lle resulten divertidas. - A outra vía de acción para motivar ao neno ten que ver coa vertente social

do adestrador, coa súa capacidade de liderado. Entre as súas metas debe estar a de crear un bo ambiente, un bo clima de grupo e de equipo. Conseguir que os nenos ou rapaces se sintan satisfeitos e realizados pertencendo ao equipo e que o que máis desexen sexa estar xuntos para adestrar e competir. Se adaptamos as tarefas ás necesidades dos nenos e creamos un bo clima de equipo, o mozo xogador estará motivado para adestrar, seguro. Alfonso Vilachá

Últimos días do Talonario de Primavera Ponte Vella Directivos de MOSA na presentación do 208 no Parador de Santo Estevo./RAMSÉS.

MOSA, o Parador de Santo Estevo e Barrios invítanche a probar o novo Peugeot 208 O concesionario de Peugeot en Ourense, MOSA, xunto ao Parador de Santo Estevo e ao periódico Barrios invítanche a unha fin de semana neste parador para probar o novo modelo Peugeot 208. Como participar nesta promoción? É moi fácil! O único que tedes que facer é contarnos a vosa mellor experiencia no voso coche. Queremos coñecer as historias nas que os coches foran os protagonistas, e para iso podedes enviar os vosos textos, de non máis de 1.400 caracteres sen espazos, á dirección de correo electrónico mimejorexperiencia@ ourenseporbarrios.com. Os relatos irán acompañado de nome completo e teléfono de contacto. É necesario ser maior de idade e posuir carnet de conducir en vigor durante a fin de semana obxecto da promoción. A participación supón a aceptación destas bases. O prazo de recepción dos relatos remata este 31 de maio.

4 Ofrece descontos para a Concentración de Motos-Showbike, do 25 ao 27 de maio. Redacción A campaña promocional “Talonario Primavera 2012”, estará en vigor desde o 9 de abril ao 31 de maio, coa intención de continuar tendo a gran acollida recibida nas edicións anteriores por parte dos usuarios do centro comercial ourensán, posto que facilita as súas compras. O éxito débese á completa oferta do mesmo e

aos importantes descontos que ofertan os comerciantes adheridos á mesma, destacando o 10% en Haley (oferta difícil de igualar en alimentación), e ata un 30% noutros sectores. Os clientes teñen até o 31 de maio para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todos os cheques poden aforrar un importe superior aos 1.500 euros. Tamén participan neste talonario Termas de Outa-

riz e Chavasqueira, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e unha fin de semana en Hotel Rural Casa de Mein. Nesta ocasión, a través do cupón correspondente, os amantes das motos poden obter un desconto especial nas súas entradas para asistir á X Concentración Internacional de Motos-Showbike, que se celebrará do 25 ao 27 de maio en Ourense.


24

BARRIOS DEPORTIVO 18 de maio de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.