3 Maio 2012 - BD Nº56

Page 1

Atletismo: 1ª xornada da liga de clubs FÚTBOL

O CD Ourense empata contra o Rácing e é segundo

Páx. 5

REMO

[páx. 8] Páx. 10

A remeira do Castrelo de Miño Anna Yuchenko xa é española

O soño continúa O seguinte rival do COB no play off de ascenso é o Aurteneche. Pasará á final o mellor de cinco encontros../RAMSÉS

Número: 56- Ano: IV - 4 de maio de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 6 de maio. O Couto 18.00h. Ourense - Vilalbés. - Día 6 de maio. José Arjiz (Verín) 18.00h. Verín - Portonovo. - Día 6 de maio. Ourense 17.45h. CD Ourense B - Pontevedra B. - Día 6 de maio. O Barco 17.00h. CD Barco - Céltiga. - Día 13. Os Carrís. Barbadás - Ribadumia. - Dñia 13. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Gran Peña.

Baloncesto

- Día 4. Paco Paz -21.00h.- Club Ourense Baloncesto - Aurteneche Álava. 1er partido del 2º play off. - Día 6. Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Aurteneche Álava. 2º partido del 2º play off. - Día 13. Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Aurteneche Álava. 5º partido del 2º play off (si fuera necesario).

Fútbol sala feminino

- Día 12 de maio. Os Remedios -17.00h.- Cidade - Gironella. - Día 19 de maio. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Universidade de Alacante.

Atletismo - Día 5. Monterrei 16.00h. 3ª xornada internzonal de atletismo escolar. - Día 6. Monterrei 11.30h. 8ª xornada Copa Deputación de atletismo en pista. - Día 6 de maio. Parada de Sil -9 horas-. VI Carreira Canón do Sil e III Media Carreira Canon do Sil. - Día 9 de maio. A Merca -a partir das 10.15 horas-. Carreira Popular de A Merca 2012. - Día 13 de maio. Paderne de Allariz -a partir das 9.30 horas-. V Andaina Concello de Paderne.

PLAY OFF

2º combate

4 O COB chega ás semifinais do play off despois dunha primeira ronda de infarto. R. Torres Como se dun combate de boxeo se tratara, o Club Ourense Baloncesto chega ás semifinais do play off de ascenso á liga LEB ouro despois de vencer aos puntos ao Lan Mobel. O de vencer aos puntos é literal, xa que os dous triunfos cos que o equipo ourensán deulle a volta á eliminatoria conseguíunos grazas ao acerto nos intres finais desde a liña de tiros libres.

O COB comezou a eliminatoria perdendo contra o Lan Mobel, pero soubo aproveitar as outras dúas oportunidades

Primeiro encontro O primeiro dos tres puntos foi para o equipo guipuscoano do Lan Mobel, e a presión sobre os xogadores do COB fíxose notar ao longo deste primeiro encontro. Un exceso de responsabilidade polo feito de estar en todas as quinielas como favoritos foi unha lousa demasiado pesada para afrontar este primeiro asalto. O Lan Mobel pola contra chegaba ao Pazo sen presión, con gañas de complicarlle a vida ao cadro ourensán. Ao final dos primeiros dez minutos o marcador reflectía un 19-23 que presaxiaba que as cousas non ían ser nada doadas; ademais as bancadas estaban máis baleiras que de costume aínda que os que estiveron no Paco Paz arrouparon en todo momento aos seus

xogadores. Ao descanso, o 35-41 facía presaxiar un tráxico final. Despois de saír do vestiario, os de Rafa Sanz entraron na cancha moito máis enganchados ao encontro, e apuntalando a defensa o parcial do terceiro cuarto foi de 30 a 20 para deixar ao COB cunha diferenza de catro puntos (65-61). Do mesmo xeito comezou o definitivo cuarto; cun Club Ourense Baloncesto cimentando a renda favorable desde a defensa. A falta de pouco máis dun minuto para o final un 8476 no electrónico facía pensar que a primeira vitoria quedaría en casa. Pero entón, o medo a perder voltaría á mente dos xogadores, e un parcial de 9-0 (cunha canastra de 3 a taboleiro incluída)

Tenis de mesa - Día 5 de maio. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Sisán Café Bar Rioxebe.

Hoquei Herba

- Día 13. Mariñamansa. Apóstol - Real Sociedad. - Día 13. Mariñamansa. Caldaria Barrocás - Sardinero. - Día 5. Mariñamansa -16.00h.- Albor - Atléntico. - Día 5. Mariñamansa -18.00h.- Cidade - Pabellón.

Pádel

- Día 5 de maio. Club P21 -16.00h.- P21 Ourenpadel Indoorpadel B. - Día 13 de maio. Club P21 -16.00h.- P21 A - Sanxenxo.

Tiro - Días 4 e 5 - Club Eiroás - Campionato clasificatorio autonómico de percorridos de tiro e 2ª fase Open Galaico Astur. - Días 5 e 6 - Club Eiroás - Copa Deputación de Armas Neumáticas. - Día 13 - Club Eiroás - Campionato Autonómico Oficial de Pistola Velocidade.

Jorge Fernández defendendo un balón ante un rival do Lan Mobel durante o primeiro encontro do play off disputado no Paco Paz./RAMSÉS

dos de Iurgi Caminos daría a volta ao marcador para rematar co 86-87 final. O primeiro varapao para un COB que se encontraba contra as cordas nada máis comezar a promoción de ascenso. Segundo encontro O COB forza o terceiro partido ao vencer no segundo encontro por 59-66 en Azpeitia. Bo comezo de Club Ourense Baloncesto que se puxo ao final do primeiro cuarto cunha vantaxe de seis puntos (1117). No segundo cuarto, as imprecisións dos homes de Rafa Sanz fixeron que movese o banco para buscar frear a enorme perda de balóns dos seus. Pero durante todo o cuarto non deron coa tecla e concederon moitas facilidades ao Lan Mobel. Ao descanso chegaríase cun 24-26 para os visitantes. Na primeira metade as 16 perdas do COB por cinco do Lan Mobel fixeron que os galegos non se distanciasen máis no electrónico. Na continuación, un Ourense impreciso seguía sen rematar as xogadas, pero grazas á defensa mantíñase no encontro. 40-46 para os visitantes reflectíase ao final do terceiro cuarto. Chegaba a hora da verdade, 10 minutos para decidir se o


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

PLAY OFF

de canastras impedía que ningún abrise brecha no marcador. Con 54-58 chegábase ao último minuto. Nese momento os ourensáns querían posesións longas mentres que o guipuscoanos querían facer faltas e tiros rápidos. Rafa Sanz optou por converter a Jorge Fernández e Fran Cárdenas en xogadores de balonmán; o primeiro organizaba os ataques e o segundo defendía contra vento e marea o territorio. Os locais cargábanse de faltas contra Fernández, e este convertíaas en puntos unha tras outra. O Mobel seguía no partido con canastras de Casuso e Ott. Entón tocoulle os tiros libres a Guillandeaux, que anotou os dous. O partido xa non se lle podía escapar ao COB. Finalmente dous puntos máis de tiros libres de Alberto Miguel puñan o definitivo 59-66.

COB forzaba o terceiro partido, ou se pola contra quedaba apeadodo play off ás primeiras de cambio. Durante os primeiros minutos do úlimo cuarto o intercambio

Terceiro encontro E así chegábase ao derradeiro encontro da eliminatoria. O partido comezaría moi igualado con parciais nos dous primeiros cuartos de 19-17 e 18-15 que deixaban ao descanso un 37-32 para o equipo da cidade das Burgas. No terceiro cuarto, novamente a defensa foi chave para que o conxunto local deixara ao Lan Mobel en 13 puntos e rematar este cuarto 15 arriba (60-45). Cando todo parecía decantado para o conxunto da ve-

lla Auria (con diferenzas de 19 puntos), os vascos colócabanse nove abaixo. Neses intres collerían protagonismo os tiros libres. Webster facía a súa quinta falta persoal sobre Atoyebi cando este dispúñase a lanzar de tres. Incomprensiblemente fallou os tres lanzamentos. De metelos estarían a seis puntos e metería o medo no corpo aos xogadores locais. No seguinte ataque, Hill co seu triple faría imposible a remontada visitante. Primeiro combate superado e Aurteneche esperaba logo de desfacerse do Básquet Coruña. Aurteneche O rival do COB será o Aurteneche. Cando todos esperaban unha semifinal con denominación de orixe galega: COB - Coruña, o Aurteneche venceu aos herculinos e ademais pola vía rápida, dous a cero na eliminatoria. Na rolda de prensa previa ao primeiro asalto desta semifinal, o adestrador cobista continuaba fiel ao seu discurso: “para pasar

unha eliminatoria ou das o 100% ou perdes”. O técnico cordobés o ten claro, e considera que “os catro mellores equipos están na semifinal”. Sanz basea o éxito do seu equipo para esta fase de ascenso en dúas premisas importantes, “desde a defensa logramos os nosos éxitos” e “temos que xogar sen presión, xa que a veces parece como se a vida se nos fora nesto. É perxudicial o pensar que temos que gañar por obligación”. Sobre o rival, explicaba que o Aurteneche “xogará en Ourense sen medo. É un equipo que xoga con moito desparpaxo”. E recordou que “foi o que venceu ao Andorra (campión da competición) na copa e que lle puxo as cousas moi complicadas na liga. Ademais, venceu ao Coruña cando éste partía como favorito”, avisaba. Fuxindo dos típicos tópicos do baloncesto, Sanz considera que o feito de que os dean como favoritos é “unha trampa que nos están a cavar”, finalizaba.

Co factor cancha a favor, o Club Ourense Baloncesto disputará tres dos cinco encontros que compoñen a semifinal na casa. Serán os dous primeiros e o último

Rubén Guillandeaux driblando a un rival./RAMSÉS

Os xogadores do COB celebraron entre eles e coa súa afección o seu paso a semifinais./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

BALONCESTO

As féminas do Campus optan ao ascenso

O basket-average, chave na última xornada

4 A fase celebrarase do 10 ao 13 de maio en Cantabria.

4 Carmelitas e Pabellón débenlle a súa posición final na xeral. Redacción En baloncesto un punto nunca ten tanto valor como cando del depende a posición dun equipo na clasificación xeral. A posibilidade dun ascenso, dun descenso ou simplemente estar o máis arriba posible cando a liga acada o seu remate pode chegar a quitarlle o sono a calquera conxunto. Pero para que iso ocurra ten que ter a un rival pisándolle os talóns, e iso foi precisamente o que lle aconteceu aos nosos dous representantes en LF2 neste curso. fe

Codigalco 56-60 Teneri-

O choque entre Carmelitas e Tenerife o 28 de abril estivo cargado de emoción, porque entre eles estaba a rifarse a sexta posición. As colexialas chegaban ao seu último encontro como donas da ansiada praza, pero con só unha vitoria máis (14 fronte a 13). Gañar no Vedruna garantizáballes manterse sextas, pero a derrota tampouco tiña por qué significar a pérdida desta posición, xa que o Tenerife pisaba Ourense coa obriga de gañar e, ade-

mais, debía facelo por máis de 6 puntos, a diferencia coa que as de Juan Rodríguez venceran na súa visita ás Canarias (61-67). E coa vitoria como único obxectivo as visitantes saltaron á cancha. Só tiñan dúas xogadoras no banco para realizar cambios, pero iso non impediu que dominasen o primeiro cuarto, rematando 6 puntos por adiante (1521) e chegando ao descanso con 8 de ventaxa (24-32). O Codigalco tiña que reaccionar de inmediato, e así o fixo. Cun parcial de 2511 (no que tiveron un gran protagonismo Simmnos -anotando- e Atíes -de reboteadora-) puxéronse por diante no luminoso. Pero o Tenerife, con Verónica Motoso encargándose dos rebotes (sumou 14 nos 40 minutos) e Vivas, Goodall e Fernández da dirección do xogo e a anotación, demostrou no último cuarto que as súas debilidades foran só un espellismo. Pola súa banda, o Codigalco vendo imposible lograr a vitoria púxose como meta impedir que a renda das visitantes chegase aos 6 puntos que precisaban.

Finalmente, o 56-60 que marcaba o casilleiro permitiu ao Tenerife voltar a casa coa vitoria baixo o brazo, pero outorgoulle por dereito a sexta posición ao Carmelitas. Aguere 63-66 Pabellón O Pabellón xogábase na última xornada a oitava posición contra o ADBA. As ourensás dependían de vencer ao Aguere e que as de Avilés caesen ante o Cáceres. Así sumarían ambos 12 vitorias e os 32 puntos de ventaxa logrados polas de Lisardo Rodríguez no partido de volta que os enfrontou, no que venceron por 57-89 (fronte á vitoria lograda polo ADBA na ida de 51-64), permitiríanlle colocarse de oitavo. Así, o luns 23 de abril, o Pabellón debía comezar facendo os deberes e logo deixar que as cacereñas fixeran o sábado seguinte o resto. Como a vitoria era imprescindible as ourensás comezaron o choque dominando e aproveitaron o segundo período para demostrar a súa supremacía mediante un parcial de 4-19, que sumaba un resultado total de 21-40.

Pero logo do descanso os dous pilares do conxunto canario, Berta Chumillas e Blanca C.Tineo, puxeron os puntos sobre os íes e lograron que o seu conxunto recortase distancias ata acadar o minuto 30 a 40-51. De seguido, o Aguere fixo o seu último esforzo, endosándolle nada menos que 23 puntos ás ourensás, que tan só anotaron 15. Finalmente, o luminoso marcou un axustado 63-66, que, de todos os xeitos, deixou claro que os deberes ben feitos polas de Lisardo Rodríguez na primeira metade, cando as tan só cinco pavillonistas (Pallardó, Bolonio, Tornberg, Bolívar e Geehan) que viaxaron a Canarias aínda estaban frescas, permitíronlle ao conxunto ourensán rematar a liga da mellor maneira. Pola súa banda, o Cáceres demostrou por qué é líder do grupo A e superou por 80-94 ao ADBA, en beneficio das ourensás. Así, o Pabellón sumou a súa 12ª vitoria (empatando co ADBA) e fíxose coa oitava posición grazas ao basket average.

Redacción

Nesta recta final de liga o conxunto feminino de baloncesto do Campus Ourense continúa segundo na dura loita co Arxil Mafari Café polo liderato da 1ª División Autonómica. As ourensás enfrontáronse o 28 de abril ao ED Lourenzá Ensino, ao que gañaron por 77-67. A súa terceira vitoria consecutiva, que lles permite acurtar distancias co líder (que conta cunha unha vitoria máis), así como clasificarse para a fase de ascenso a Primeira Nacional -a falta dunha xornada por disputar-. O partido comezou con maior acerto das visitantes, pero unha maior presión defensiva do campus permitiulle darlle a volta oa casilleiro e chegar ao descanso por diante (51-27). Durante o comezo da segunda metade o equipo de Lugo seguía co súa defensa zonal, utilizando como únicos argumentos ofensivos o tiro exterior e balóns interiores para Elena Sanchez. A pesar dun maior número de imprecisións en ataque o Campus sempre mantivo unha distancia superior a dez puntos, e dúas

boas defensas nos últimos 2 minutos fixeron posible que as xogadoras de Lugo non estragasen a vitoria do equipo ourensán. Fase de ascenso A fase de ascenso a Primeira Nacional desenvolverase os próximos días 10,11,12 e 13 de maio na localidade de Estaleiro (Cantabria). E nela estarán presentes o Campus Ourense, o o Arxil de Pontevedra, outro equipo de Cantabria e dous de Castela e León.

As xogadora do Campus van segundas./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

FÚTBOL

O Ourense busca recuperar o liderato 4 O empate contra Rácing de Ferrol fai que baixe a segunda posición. R. Torres O CD Ourense vén de empatar contra o Rácing de Ferrol, o que lle fai perder o liderato do grupo galego da Terceira División. O partido contra o equipo departamental tivo na súa primeira parte ocasións en ambas as dúas portarías. Eder e Noguerol fallaron as máis claras para os ‘rojillos’; nembargantes o marcador non se movería nos primeiros 45 minutos. Ao principio do segundo tempo, os ferroláns controlaban o tempo do partido, ata que no minuto 60 adiantábanse no marcador. A partir dese momento, os de Luisito tiraron de garra e foron a pola vitoria. Das innumerables ocasións, foi a de Eder tras centro de Amilton no 81 a que se transformou en gol. Dúas máis tiveron os ourensáns para levarse os tres puntos -unha de Amilton no 90 e no tempo extra Campillo estrelou o balón no poste-, pero a fortuna deulles esta vez as costas. O Ourense co empate é segundo, empatado a puntos co Alondras (72); o golaverage fai que os de Cangas ocupen a primeira posición.

contra o Alondras a primeira posición nestas dúas xornadas que faltan para rematar a liga. O Ourense recibe no Couto este domingo 6 de maio, a partir das seis da tarde, ao Vilalbés, e pecha a competición doméstica a seguinte semana contra o Deportivo B. Os dous rivais dos ourensáns están inmersos na loita por rematar entre os catro primeiros e xogar a promoción de ascenso, polo que os partidos serán como auténticas finais. Pola súa banda, o Alondras recibe nesta xornada ao Estradense, inmerso na loita por non descender, e na derradeira xornada visita a cancha do Ferrol, sen nada en xogo. O Ourense, para ser primeiro, necesitará as dúas vitorias e esperar a que os cangueses fallen nalgún dos dous partidos que restan para rematar a liga. Co primeiro e segundo posto para Ourense e Alondras, falta por saber que outros dous equipo xogarán a promoción de ascenso. Vilalbés, con 66 puntos, Cerceda, Depor B e Pontevedra, con 64 son os catro equipos que buscarán a terceira e cuarta posición do torneo para entrar na promoción de ascenso.

Final de infarto Coa promoción asegurada, o Ourense disputarase

Apoio da afección O presidente do club, Manuel Seoane, acompa-

Fútbol sala feminino

O Toca-pelotas vence no Torneo de fútbol sala feminino 1 de maio 4Organizado pola Asociación Xuvenil Amencer. Redacción

Mourinho no último partido no Couto. /ARQUIVO. ñado polo capitán do equipo, Josu, compareceron en rolda de prensa para buscar o apoio da afección. “Queremos que o equipo se sinta arroupado pola afección neste partido e na promoción”, confesaba o presidente. Para iso, o club, con motivo do día da Nai, vai deixar que cada socio do club vaia acompañado -de balde- pola súa parella. Tamén a cada membro das peñas permitiráselle a entrada ao estadio o domingo cun acompañante. E é que todo o que se faga é pouco para tentar que as bancadas do Couto se enchan neste derradeiro partido de liga e na promoción de ascenso. O capitán, Josu, ve pri-

mordial o apoio do público, e recordou que en partidos “que estábamos sen enerxía nos minutos finais” o alento dos seareiros fixo “que sacáramos o partido adiante, como ocorreu contra o Rápido de Bouzas”. Sobre a polémica co coordinador da base, Diego Sarabia, o presidente foi claro: “está en mans dos avogados” e explicou a súa versión dos feitos, “tiñamos un acordo, despois chamounos e díxonos que quería outra cantidade”.

O Ourense recibe ao Vilalbés o domingo ás 18 h.

A Asociación Xuvenil Amencer organizou por sétimo ano consecutivo o “Torneo de fútbol sala feminino 1 de maio” que se celebra no pavillón cuberto de Salesianos. Un total de 10 equipos participaron neste torneo que cada ano que pasa conta con máis participación; este ano xogaron un total de 65 rapazas. Cada equipo xogou dous partidos, cos emparellamentos a sorteo. Pasaron as catro mellores

formacións, enfrontándose o primeiro (Moldes Osita) contra o cuarto (Cartelle FSF) e o segundo (Tocapelotas) contra o terceiro (Frigodedos). Na final, o Toca-pelotas impúxose por 2 goles a 0 ao Moldes Osita. Este torneo pretende favorecer que as rapazas ás que lle guste o fútbol sala e non teñan a oportunidade de participar en ningunha liga ou competición poidan practicar este deporte e medirse con outros equipos polo menos unha vez ao ano.

O torneo contou con 10 equipos. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas, en busca da salvación 4 Necesita de alomenos tres puntos máis para acadar a permanencia. R. Torres O Cidade As Burgas complicouse en exceso a súa permanencia na Primeira División do fútbol sala feminino. Cunha vitoria nas catro últimas xornadas pode que sexa suficiente para a súa salvación. Catro son as xornadas que levan as de Manolo Codeso perdendo, e con iso ven moi de preto o precipicio do descenso. Agora son undécimas con 27 puntos, pero o Valladolid, que é o que as precede, conta con 25 puntos e un partido menos (o que ten que disputar contra Majadahonda xa descendido). En caso de gañar as pucelanas (cousa moi probable) colocaríanse por diante das ourensás. Teñen o descenso a cinco puntos. Descenso Con Majadahonda e Rubí xa descendidos, falta saber que equipo os acompañará o ano que vén en Segunda División. Para ese posto están catro equipo na corda flouxa: Cidade As Burgas, Valladolid, Zaragoza e Diamante Logroño. Todos eles teñen un final de calendario moi complicado, polo que é posible que ata a última xornada non se saiba que equipo descende. Cidade As Burgas: O Cidade, que conta con 27 puntos, recibe ao Gironella na vindeira xornada; as catalanas son cuartas e loitarán por estar o máis arriba posible na clasificación.

Despois visita a un Elche que está a loitar por un posto, xunto ao Universidade de Alacante, na Copa de España. Na penúltima xornada, as de Codeso reciben ao Futsi; cun pouco de sorte poden chegar a Ourense como campioas e xogarían sen presión, pero se chegan xogándose o campionato... E finalmente visitan ao descendido Majadahonda nunha xornada que se presume vital para os intereses das ourensás; é posible que de sumar os tres puntos en disputa logren a salvación. Valladolid: As castelá leonesas teñen 25 puntos e un partido menos e reciben a un Córdoba, na xornada 27, que non se xoga nada. Sete días máis tarde visitan Burela; as galegas son terceiras e teñen posiblidades de alcanzar o primeiro posto, ademais loitarán por ser o primeiro equipo galego na liga. O duelo Valladolid - Zaragoza marcará a penúltima xornada, quen perda podería decir adeus á categoría, e pecharía a liga en casa do Gironella. Zaragoza: As mañas son décimo terceiras con 24 puntos. Na xornada 27 visitan ao Orvina; as navarras aínda non teñen asegurada a permanencia polo que quererán sumar os tres puntos para salvarse definitivamente. Nas xornadas 28 e 29, Zaragoza - Diamante e Valladolid - Zaragoza marcarán o destino destes tres equipos inmersos na zona baixa da táboa. Finalizará a competición contra o Rubí,

xa descendido. Diamanta Logroño: A última posición do descenso está ocupada polo Diamante, que con 22 puntos son décimo cuartas. Son as que máis complicado o teñen. Ademais de estar dous puntos por debaixo da permanencia teñen o calendario menos doado. Reciben a Burela e Gironella en casa e visitan ao Elche. O partido máis importante será contra o Zaragoza (están separados por dous puntos) na xornada 28 en terras mañas. O Cidade ten factible a súa salvación pero buscarán logralo definitivamente o antes posible. Zaragoza - Cidade A pasada xornada, o Cidade visitaba ao Zaragoza nun partido vital para as dúas escuadras. As ourensás, por mediación de Laura, adiantábanse no marcador aos oito minuto. Catro máis tarde empatarían as locais. Antes do descanso o Cidade primeiro e o Zaragoza despois deixaban o marcador 2 a 2 e todo por decidir na segunda metade. Na reanudación, as franxiverdes comezaron con mal pé, e viron como en nove minutos tiñan un 4-2 en contra. Lonxe de baixar os brazos, o Cidade buscou a igualada e esta estivo a piques de chegar. Peke de dobre penalti facía o 4 a 3, e de novo Peke tería a oportunidade, a falta de 50 segundos, de empatar o encontro; nesta ocasión a porteira adiviñaría o lanza-

Iria Saeta xogando o balón no encontro contra o Burela./ARQUIVO. mento desviándoo a córner. Catro a dous para o Zaragoza que comprime aínda máis a clasificación pola zona baixa da táboa. Gironella Para esta semana non hai liga pola concentración da selección española. A competición reanúdase o vindeiro 12 de maio. O Cidade Primeira División FSF 14ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 61 2º Móstoles 57 3º Burela 56 4º Gironella 54 5º Ponte Ourense 54 6º Córdoba 53 7º Femesala Elche 40 8º U. de Alacante 39 9º Orvina 30 10º Soto del Real 30 11ºCidade As Burgas 27 12º Valladolid 25 13º Zaragoza 24 14º Logroño 22 15º Rubí 14 16º Majadahonda 11

recibe a un Gironella que é cuarto con 54 puntos. As catalanas teñen, certo é que poucas, opción de conquistar o título ligueiro, polo que será un partido complicadísimo para o conxunto da Vella Auria. Especial coidado haberá que ter con Marga Mas, Claudia Pons e Anete (máxima goleadora do cadro catalán). O Giro-

nella vén de vencer ao líder da competición, o Atlético de Madrid.

O 12 de maio o Cidade recibe ao Gironella, no que se prevé un encontro moi complicado

4 Xornada 27 - 12 de maio Majadahonda - Móstoles U. de Alacante - Soto del Real Rubi - Ponte Ourense Valladolid - Deportivo Córdoba Diamante Logroño - Burela Lacturale Orvina - Zaragoza Cidade As Burgas - Gironella Futsi Navalcarnero - Femesala Elche

4 Xornada 28 - 19 de maio Soto del Real - Móstoles Ponte Ourense - U. de Alacante Deportivo Córdoba - Rubi Burela - Valladolid Zaragoza - Diamante Logroño Gironella - Lacturale Orvina Femesala Elche - Cidade As Burgas Futsi Navalcarnero - Majadahonda


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense baixa os brazos

4 O cadro pontino empata co Valladolid e deixa escapar revalidar o título. R. Torres Oito puntos separaban ao Ponte Ourense do líder Atlético de Madrid Futsi Navalcarnero antes da xornada 26. Aínda que con poucas

opcións había esperanzas de alcanzar ás madrileñas nos cinco últimos partidos; todo pasaba por vencer as pucelanas en casa. O encontro pronto estaría de cara para as ourensás; aos seis

Óscar Vivián viu o partido desde a bancada./RAMSÉS

minutos Ampi superaba por alto a cancerbeira visitante, Lorena. 1-0 e todo de cara. A pesar da vantaxe, o Ponte Ourense cometía moitos erros e estaban a realizar un dos peores partidos da tempada. Laura regresaba á cancha despois de varias xornadas de baixa, pero a súa participación non foi determinante; lóxico, despois de tanto tempo afastada do equipo pola súa lesión nun xeonllo. Cinco minutos despois do gol local, Rosángela de penalti devolvía as táboas ao marcador. A falta de intensidade das galegas xogaría a favor das casteláleonesas, as cales, ao bor-

O Ponte baixa ata a quinta posición

de do descanso roubaban o balón á defensa creando un contragolpe en superioridade, que Leti culminaba co 1-2 co que se chegaría ao descanso. Con Anita na grada, soamente Ampi era a única que tentaba manterse vivas na competición. Foi a andaluza a que no primeiro minuto da reanudación empataba o encontro a dous. No tramo final, as xogadoras de Óscar Vivián melloraron no xogo pero o marcador non se movería, malia que tanto pontinas como pucelanas puideron desnivelar a contienda. As dúas escadras alternaron o xogo de cinco, pero o Valladolid non arriscaba, sabedor da importancia de sumar un punto en Ourense. Con este empate e a derrota do Navalcarnero, o Ponte encóntrase a sete puntos das madrileñas. Unha distancia non insalvable pero si moi difícil de recortar, xa que tan só faltan 12 puntos por disputar e o calendario é favorable para que as madrileñas sumen os seis puntos necesarios para que as ourensás non as

Sara Moreno loitando polo balón contra a xogadora do Valladolid Paula./RAMSÉS adianten. Quinta posición Se difícil é alcanzar ao Futsi, máis difícil é adiantar na clasificación a catro equipos. As de Vivián con este empate vense superadas na táboa por Burela -venceu ao Orvina por 5 a 2- e Gironella -desfíxose do líder por 5 a 4-. Futsi e Móstoles xa estaban diante do Ponte polo que agora

ocupan a quinta praza con 54 puntos, os mesmos que o Gironella, dous menos que Burela, tres que Móstoles e sete que o Atlético de Madrid. Por detrás, o Córdoba está a un punto das pontinas. Rubí - Ponte Na próxima xornada o Ponte Ourense visita a cancha do Rubí, equipo practicamente descendido.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

ATLETISMO

Sorte dispar para o Ourense Academia Postal 4 Os homes terán que loitar pola permanencia e as mulleres por ascender. R.T. A pasada fin de semana disputouse na pista de atletismo de Monterrei a primeira xornada da liga de clubs. O sábado celebrouse a categoría masculina de División de Honra. O Ourense Atletismo Academia Postal (OAAP) enfrontábase ao Marathon de Madrid, á Sociedad Ximnástica de Pontevedra e ao Universidade de Oviedo. Os académicos non puideron evitar a cuarta posición polo que terán que loitar na segunda xornada por non descender. As baixas no cadro ourensán foron un lastre á hora de competir para lograr un resultado mellor. Á baixa do velocista David Alejandro, lesionado no Barco fai 15 días, uníronse as baixas de última hora de Alberto Chaves (cunha rotura de fibras) e a inesperada de Hassan Lekhili, polo que houbo que recompoñer o medio fondo. Ademais, outro velocista, Albert Naugle, sufriu tamén problemas musculares que

mermaron a súa participación en 100 e 200 metros. Malia os contratempos, os ourensás pelexaron por unha mellor posición, e a falta dunha proba marchaban terceiros, mostra de que o intentaron ata o final, pero o terceiro, cuarto e sétimo clasificados do ano pasado eran demasiado rival para un mermado Ourense Atletismo. Os mellores Ignacio Sarmiento en 400 valados, Alfonso Palomanes en triple, ou o relevo 4×100 con Francisco Pulido, Guillermo Arrese, Raúl Romero e Javier Fidalgo foron os mellores nas súas probas. En segunda posición quedaron José Fernández en marcha, José Antonio Panera en pértega e Manuel Uriz en xavalina. A terceira posición lográrona Guillermo Arrese en 100 metros, Francisco Durán en marcha, Iván Valle na altura, Francisco Pulido na lonxitude, David Fernández Lemos en disco, André Fernandes en martelo e o cuarteto de 4×400 metros (Ignacio Sarmiento, Diego Martín, David Gonzá-

Atletas do Academia Postal nos 5 quilómetros marcha./RAMSÉS. lez e Pablo Ezquerro). Rivais Por como concluiu esta primeira xornada, no resto de encontros o Ourense enfrontaríase ao CAB Puerto de Alicante, Unicaja Jaén e Real Sociedad na segunda xornada da liga de clubs. Primeira División Na matinal do pasado domingo, tamén en Monterrei, o turno era para as mulleres do Academia Postal que celebraban a primeira xornada da liga de Primeira División. Os rivais eran o Lucus e o Femenino Celta; o Valladolid era baixa por aceptar a oferta da federación de subir á División de Honra. A actuación das ourensás foi de gran nivel logrando unha diferenza de 40 puntos con respecto ao segundo clasificado, e acadando a primeira posición provisional da categoría, o que lle da unha certa vantaxe para a segunda xornada. Once foros as vitorias individuais logradas ao longo da xor-

nada, dez segundos postos (catro foron dobretes) e tres terceiros. Os dobretes foron en marcha (Lorena Luaces e Rocío Carbia), 100 valados (Antía Martínez e Lorena Vázquez), 400 valados (Alba Fernández e Aitana Leguiçano), e xavalina (Elvira Rodríguez e Emilia Mesa). Tamén lograron a vitoria Shannon García en 100 metros, Iria Castro en 800 metros, Leticia Fernández en 1500 metros, Beatriz Viteri en pértega, Elvira Rodríguez en peso, Lidia Fernández en martelo, e o cuarteto de 4×100 metros (Antía Martínez, Lorena Guitián, Lorena Vázquez e Shannon García). Os segundos postos -ademais dos dobretes- foron para Yuliana Velásquez en 400 metros, María Hurtado en 3000 metros, Jennifer Burés en obstáculos, Sara Bello en lonxitude, Carolina Palomanes en triple e o cuarteto de 4×400 metros (María García, Iria Castro, Leticia Fernández e Yuliana Velásquez). Os terceiros postos os lograron Alba

Fernández en 200 metros, Esperanza Platero en peso e Lidia Bayón en martelo. Cruces Para a segunda xornada as atletas do Ourense Atletismo Academia Postal terán que competir contra o Juventud Elche Arosa, Avinent Manresa e Anta Bodegas FDR de Burgos.

As baixas no cadro ourensán masculino foron un lastre á hora de competir para lograr un resultado mellor A actuación das ourensás foi de gran nivel logrando unha diferenza de 40 puntos respecto ao segundo clasificado


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

POLIDEPORTIVO

A todo correr pola provincia 4 Andainas e carreiras populares teñen lugar nestas datas por toda a xeografía ourensá. R. Torres Chega o bo tempo e, como as margaridas, florecen as carreiras e andainas populares ao longo e ancho da xeografía ourensá. Maio é un mes especialmente prolífico nestes eventos. Para o domingo 6 de maio, as citas estarán en Parado do Sil e A Merca. Parada do Sil celebra o VI Carreira por montaña “Canón do Sil” de 33 quilómetros de percorrido, e que é valedeira para o Campionato Galego de Carreiras de Montaña; tamén terá lugar a terceira media carreira, sobre unha distancia de 17 quilómetros. A Merca celebra xunto ao seu pavillón municipal a 21ª edición desta proba, que contará con tres probas segundo a categoría. 10 quilómetros farán os atletas da proba absoluta, tres para os pitufos. O domingo 13 de maio

terá lugar a V Andaina e Carreira Concello de Paderne de Allariz. O percorrido total será de 22 quilómetros para a andaina e 16 para a carreira; as incricións rematarán o luns 7 de maio ás 14 horas e teñen un custo de cinco euros. Andainas solidarias En Maside terá lugar en Garabás a segunda andaina solidaria “Plataforma pola saúde”, con 20 quilómetros de percorrido. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de maio e ten un custo de cinco euros. O recadado irá a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. O 20 de maio en Maceda organízase o San Mamede Desafío Solidario 2012, que se disputará nas modalidades de andaina (17 quilómetros), carreira (21) e BTT (44). O custe da inscrición é de 16 euros, dos cales seis irán destinados ao fin solidario do evento.

Cartel da carreira solidaria de Maceda Para a última fin de semana de maio, concretamente o sábado 26, está prevista en Allariz a andaina de 50 quilómetros; unha das probas con máis participación, xa que cubren cada ano o tope de 800 participantes. Ese mesmo sábado, o barrio do Couto de Ourense acollerá a segunda carreira do circuíto de carreiras “Correndo x Ourense”, a partir das nove da noite. Toda a información destas carreiras pódese consultar nas webs correrengalicia.org e championchipnorte.com.

Precisión, IPSC e prato, na axenda do Club de Tiro Eiroás P.L. O pasado domingo 29 de abril tivo lugar en Eirás a tirada correspondente á liga de 3x20 carabina lixeira, 3x20 carabina match e pistola libre, na que participaron unha ducia de deportistas. En carabina match 3x20 Jorge Encinas sumou 570 puntos; en pistola libre, Carlos Iglesias foi o primeiro sénior, con 532 puntos e Enrique Dorrío o primeiro veterán, con 493 puntos. Finalmente, en carabina lixeira 3x20: José Manuel Álvarez fixo 503 puntos e Pedro Bermejo, en categoría veterán, 549 puntos. Copa do Rei Por outra banda, desde o 3 ao 6 de maio estase a disputar en Madrid a segunda fase da Copa do Rei de Armas Olímpicas, coa participación de dous deportistas da cidade: Jorge Encinas, que compite

Un dos tiradores máis veteráns, Manuel Somoza, o pasado domingo na tirada de carabina lixeira./P.LODEIRO. en carabina (match, 3x40 e aire comprimido) e Nuria Mera, que fai o propio en pistola.

Neumáticas, e o próximo 13 de maio o Campionato Autonómico Oficial de Pistola Velocidade.

Calendario en Eiroás A actividade deportiva continúa en Eiroás os días 4 e 5 de maio, coa celebración do Campionato clasificatorio autonómico de percorridos de tiro, que tamén é 2ª fase do Open Galaico Astur. Nesta proba 76 participantes, chegados de Galicia, Asturias, Palencia e Madrid, deberán completar os 8 exercicios previstos. Os días 5 e 6 dispútase a tirada correspondente á Copa Deputación de Armas

Tiro ao prato En canto ás competicións de tiro ao prato, esta fin de semana, 5 e 6 de maio, cinco tiradores ourensáns viaxan a As Pontes (A Coruña) para disputar a segunda tirada puntuable para o Campionato Galego de Foso Universal. Na seguinte fin de semana, o tirador Rafael Fernández Paradela viaxa a Navarra para participar, xunto á selección galega, no Campionato de España.


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

POLIDEPORTIVO

Fernández e Hermida, ouro en dobre skull alevín na regata Ponte da amizade 4 Ademais, Adrián Hermida foi cuarto en skiff cadete. Redacción O 22 de abril tivo lugar en Vila Nova de Cerveira a 7ª Regata Internacional Ponte da Amizade na que participaron case 500 remeiros alevíns, infantís e cadetes de 12 clubs portugueses e 8 españois. Pola mañá disputáronse as mangas eliminatorias e pola tarde as finais nun campo de regatas de 750 metros entre a “Ponte da Amizade” e o peirao do porto deportivo. O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu por cuarto ano consecutivo a esta cita

e levou un ouro no dobre skull alevín a cargo de Lucas Hermida e Joel Fernández, que dominaron a final desde o seu comezo e aos que non puideron facerlle sombra nin Viana nin Corvera que foron 2º e 3º a uns 10 segundos de distancia. Lucas e Joel céntranse agora na preparación de Copa Primavera que se disputará os días 19 e 20 de maio en Asturias, regata na que tratarán de subir ao podio e valorar as súas posibilidades de cara ao Campionato de España na que é a súa última tempada na categoría

alevín. Adrián Hermida era o outro candidato a medalla en skiff cadete, pero tívose que conformar co 4º posto nunha final moi dura con corrente en contra ao coincidir coa suba da marea e con rivais moi fortes como o vencedor Sergio Martims de Sport Club do Porto. Pola súa banda o dobre scull cadete de Lucas Tabares e Borja Desaá quedaba en 3º lugar na súa eliminatoria, non podendo clasificarse para a final da tarde xa que soamente pasaban os dous primeiros.

Anna Yuchenko entrenando.

4 Yuchenko xa é española Na tarde do venres 27 de abril por fin chegaba a noticia que tanto esperaban Anna Yuchenko e o Club Náutico Castrelo de Miño. Logo dunha longa loita, o Goberno aprobou no Consello de Ministros a concesión da nacionalidade española á remeira, grazas á cal Anna poderá participar na Regata Clasificatoria Final para os Xogos de Londres. O preolímpico terá lugar

Campionato Ibérico de ciclismo Redacción A subda ao Mon de Deu (no acceso ao Seminario de Ourense) decidiu a posición dos ciclistas na cuarta edición do Campionato da Península Ibérica de ciclismo máster. Preto de 200 ciclistas de Galicia, o resto de España e de Portugal participaron nesta competida carreira de 73,5 quilómetros con saída en Vistahermosa e chegada

no citado Mon de Deu, con rampas do 23%, que puxeron de relevo a dureza do trazado. O vencedor foi Enrique Salgueiro, do equipo vigués Seguros La Estrella, que aventaxou en sete segundos a Alejandro Paleo, segundo; terceiro foi o portugués André Felipe, a 11 segundos do campión. Juan Jose de Padua, decimosexto, foi o primeiro ourensán.

en Suiza os próximos días 20, 21, 22 e 23 de maio e alí o 2x formado por Nuria Domínguez e Anna Yuchenko deberá pelexar por unha das dúas prazas que quedan dispoñibles nesta modalidade. Xunto a elas acudirán o resto de tripulacións do equipo español que tamén deben buscar a clasificación para Londres xa que aínda non hai ningún bote clasificado. A concesión da nacionalidade a Anna supón un im-

pulso para o remo español que contará así cunha tripulación máis con opcións de poder clasificarse para os Xogos Olímpicos de Londres, ademais de gañar unha deportista de alto nivel para o futuro. Dende o club agradecen o apoio recibido da Federación Española de Remo, que apostou pola formación do 2x xunto con Nuria Domínguez, o que resultou fundamental para o éxito da nacionalización.

btt

Catro podios no Open Galego Redacción

Iván Conde, vencedor en categoría cadete.

O Academia Postal Actyon-Mérida logra catro podios na segunda proba puntuable para o Open Galego de BTT XCO celebrado en Poio. Na categoría Elite, Saúl López remataba en segunda posición; José R. Villanueva era quinto, o que lle valía para situarse líder

na categoría no Open Galego de BTT. En cadetes, Iván Conde vencía con autoridade o que o fixo vestir co maillot branco que o acredita como líder da categoría. Tamén en cadetes, Raúl González facía o cuarto posto. Xiana Conde finalizaba segunda. En M-40, Xulio Conde lograba o terceiro posto.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

POLIDEPORTIVO

CV Ourense, campión galego cadete feminino 4 Os rapaces ocuparon a cuarta praza autonómica. Redacción

O equipo cadete feminino do CV Ourense.

Cumpriron coa súa condición de favoritas. As xogadoras do CV Ourense cadete facíanse co título de campioas autonómicas despois de superar en tres sets na final, celebrada na Coruña, ao AD Pinguela. A primeira semifinal serviu para soltar nervios. Logo de vencer no primeiro set, deixáronse empatar no segundo. Pero a superioridade ourensá na rede fixo que lograran acceder á final tralo resultado de tres sets a un. Xa na final, e superados os nervios propios da competición, pouco puideron facer as súas rivais monfortinas. A superioridade das ourensás reflectíuse no marcador final de tres a cero (25-19, 25-15 e 25-18 foron os parciais dos sets).

Copa Deputación Balonmán Redacción

A Copa Deputación de balonmán disputouse este ano a modo de triangular en tres xornadas. Os equipos participantes foron o Viña Costeira Ribeiro, o Balonmán Pabellón e o Carballiño. As vitorias claras ante o Carballiño deixaron para o último encontro ao gañador da copa. Ao descanso o marcador marcaba un empate a nove tantos, pero no segundo tempo os ribadavienses amosáronse superiores logrando a vitoria final e a consecución da copa. O Balonmán Pabellón e o Viña Costeira serán rivais a vindeira tempada na Primeira División Galega.

Campionato de España Do 23 ao 27 de maio, as ourensás, xunto ao segundo equipo clasificado (AD Pinguela), representarán a Galicia no Campionato de España de Clubs que se celebrará en Barcelona. O equipo masculino remata cuarto Pola súa banda, os rapaces do CV Ourense tamén se clasificaron para a fase final autonómica celebrada en Lugo. A falta de fortuna na semifinal fixo que caeran por 3 a 1 ante o Emevé, nun longo e pelexado encontro. A nivel colectivo raiaron un gran nivel, pero baixaron o rendemento en xogadas individuais. Esta derrota desmoralizounos, o que lles fixo sucumbir ante o Dumbría na loita polo bron-

Alzouse co título o Viña Costeira Ribeiro, de Ribadavia ce, cos que caeron por tres sets a cero. Os erros en recepción e saque levaron a esta dolorosa derrota.

As ourensás venceron na final por 3 a 0 ao AD Pinguela de Monforte

Ralis de clásicos e de coches antigos 4 Os días 8, 9 e 10 de xuño. Redacción A Deputación de Ourense colabora coa organización do Rali de Clásicos e do Rali de Coches Antigos, dous eventos que terán lugar entre os días 8 ao

10 de xuño e que reunirán en Ourense a pilotos e automóbiles doutras épocas, para ledicia dos amantes do mundo do motor. A 18ª edición do Rali de Clásicos consiste nun rali de regularidade pola

provincia de Ourense para vehículos históricos (entre 1946 e 1978), que percorrerán en total 300 quilómetros. Pola súa banda, o Rali de Antigos, na súa novena edición, cubrirá un total de 150 quilómetros, e nel po-

derán participar coches dos anos 1904 a 1965. Os automóbiles chegarán no seu percorrido adiferentes vilas e pobos da provincia. Partindo da capital ourensá pasarán pola zona termal da Chavasqueira e Outariz, para achegarse nas diferentes etapas e nos días seguintes ao Canón do Sil, Celanova, A Merca, Allariz, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Maceda.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

ACTUALIDADE

13

Aberta a inscrición para a II Semana de Tolos 4 A segunda edición deste campus de porteiros terá lugar en Allariz do 24 ao 30 de xuño. Redacción Está aberto o prazo de inscrición para o campus de porteiros “Una semana de locos”, que organiza a asociación Geniops en Allariz, entre o 24 e o 30 de xuño. O complexo deportivo do Seixo, en Allariz, volta ser o enclave escollido para o desenvolvemento dun amplo programa de actividades pensadas especificamente para os participantes, de ambos sexos e con idades entre os 6 e 17 anos. Os novos porteiros poderán gozar dun amplísimo programa de actividades e adestramentos que contarán coa supervisión de expertos monitores e a presenza de profesionais relacionados coa figura do gardameta e do fútbol en xeral, como

Participantes no campionato de fútbol sala, no Carballiño.

Aaron, porteiro e director do campus. son, por exemplo, o ex árbitro de 1ª división e FIFA, Bernardino González, ou o adestrador de porteiros do R.C Deportivo da Coruña, José Sambade, entre moitos outros. Inscricións As inscricións, cuxo custo oscila entre os 165 e os 250 euros, poden realizarse enviando por correo elec-

trónico os datos persoais do partipante a geniops@ geniops.es; cubrindo o formulario na web www. geniops.es; por medio do envío dos datos ao fax 988 214 143; ou por correo postal dirixíndose ao enderezo “Rúa Reza, nº 9 baixo - 32003 - Ourense”. Poderán efectuarse até a segunda semana do mes de xuño.

Campionato Provincial XOGADE de fútbol sala Redacción O Carballiño acolleu o Campionato Provincial XOGADE de fútbol sala nas categorías benxamín, alevín e infantil, que se disputou no pavillón Paco Chao. Deportistas do Barco de Valdeorras, Verin, Xinzo de Limia, Ourense, Ce-

lanova, A Poboa de Trives e Carballiño conviviron e competiron nunha bonita xornada de fútbol sala. Resultados O cadro de honra das diferentes categorías foi o seguinte: na categoría benxamín mixta, primeiro posto para EMD Celanova, seguido de EMD Arenteiro,

AD Barval e EMD Xinzo. En alevín feminino venceu o Pabellón As Burgas, e quedou segundo o Cidade de Ourense. No masculino, o primeiro posto foi para o AD Barval, seguido de Mestre Vide, EMD Verín e Divino Maestro. En infantil feminino venceu novamente Pabellón As Burgas, seguido do Sagrado Corazón da Carballeira. No masculino, gañou EMD Verín, seguido de Mestre Vide, AD Barval e pechando Concello de Trives.


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

ACTUALIDADE

4O BLOG DE SAUDETER

“Respira, colle aire e reláxate” Ás veces fáltanos o aire, afogámonos nun vaso de auga e todo se nos envorca enriba. Unha presión no peito impídenos continuar, mesmo nos mareamos e cremos desvanecer. Problemas, tensións, o traballo, as emocións ou simplemente o ritmo frenético que levamos. Agora párense a pensar o tempo que dedican diariamente en relaxar tanto o seu corpo como a súa mente, en respirar tranquilamente, en aliviar tensións, recuperar enerxía e dedicarse un tempo a un mesmo. A maioría das persoas esquecen este momento diario de desconexión. Unhas veces bástannos 5 minutos para recuperar a calma, aclarar ideas e sentirse ben. Respirar, coller aire e volver empezar. Unha mala técnica respiratoria carrexa cansazo e dores musculares, provocando que os nosos músculos cedan e a nosa columna vertebral se encorve; debilidade, ocasio-

nada pola falta de osixenación cerebral; ansiedade; problemas cutáneos, viscerais e enfermidades máis graves pola redución da capacidade pulmonar. Isto débese a que non se produce unha respiración completa, é dicir, non entra o suficiente osíxeno na inspiración e non se libera todo o dióxido de carbono na espiración. Por tanto provócase a acumulación de toxinas no noso corpo. Falta de osíxeno que afecta o funcionamento do cerebro e resto de músculos, decrecemento dos pulmóns, enfraquecemento do diafragma e as vísceras que o rodean, acumulación de tensións ou estancamento da enerxía corporal. Cun ritmo de vida acelerado ou estados emocionais estresantes a nosa respiración é rápida, superficial e entrecortada, acelerándonos aínda máis polo nerviosismo que ocasiona a falta de aire. Con todo, cando estamos relaxados a nosa respiración é máis lenta e profunda, favorecendo a

calma e paz interior. É innegable que existe unha estreita relación entre a respiración e a relaxación. Ambas están reguladas polo sistema nervioso, pero nós podemos influír voluntariamente nelas. A través de técnicas corporais e mentais, disciplinas como o Ioga, o Tai Chi, ou o Pilates, podemos aprender a respirar e controlar o noso corpo en movemento ou en repouso. Aos poucos e de forma cada vez máis inconsciente, a nosa respiración irase facendo máis completa e profunda, o noso corpo estará máis relaxado, osixenado e san, seremos capaces de controlar estados emocionais como a ansiedade, os nervios, situacións estresantes ou simplemente liberar enerxías e tensións diarias. Por tanto, prestarlle atención á respiración axudaranos a manter en equilibrio o noso estado físico e mental e gozar de maior saúde en xeral.

Probas sanitarias gratuítas ou tai chi, protagonistas da IX Feira da Saúde 4 Organizada polo Concello de Ourense na Alameda os días 9 e 10 de maio. P.L. Rexistros sanitarios gratuítos e obradoiros de tai chi e danza saudable son algúns dos atractivos da IX Feira da Saúde, que organiza o Concello de Ourense os días 9 e 10 de maio para conmemorar o Día Mundial da Saúde. Os xardíns de Bispo Cesáreo acollerán durante dous días (enn horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas) os stands do Paseo pola Saúde, no que participan este ano 27 entidades relacionadas coa saúde e o Concello con stand propio. Ademais de dar a coñecer o traballo que realizan

estas asociacións sociosanitarias, o programa de actos destes dous días de feira inclúe variadas actividades, como tai chi (de 11 a 13 h.), danza saudable (de 18 a 20 h.), ou un obradoiro de memoria. Nos diferentes stands poderemos realizarnos valoracións antropométricas de peso, talla e índice de masa corporal, audiometrías, rexistros da tensión ocular, probas de colesterolemia. medirnos a tensión arterial, ou comprobar o noso índice de glucosa. Servicio de interpretación da lingua de signos, charlas informativas, exposición de traballos, degustacións, actividades para nenos, adop-

A edil de Saúde, Marga Martín, presentou a feira. ción de animais e música en vivo completan o programa. De maneira paralela, durante as dúas xornadas, as 54 farmacias da cidade realizarán probas sanitarias gratuítas.

4SABÍAS QUE... técnica respiratoria é a correcta? Tipos de respiración: clavicular (alta), pulmonar (media) e diafragmática ou abdominal (baixa). A respiración completa combina os tres e constitúe a respiración ideal. O proceso de respiración consta de dúas fases alternativas, inspiración e espiración, que se repiten a un determinado ritmo (frecuencia respiratoria). A respiración implica a todo o corpo e a todos os músculos, pero é o diafragma o músculo máis importante. Durante a inspiración, o diafragma contráese, creando unha presión negativa no interior da caixa torácica o que xera un fluxo de aire cara ao interior dos pulmóns. Este aire, ao penetrar polas vías respiratorias é filtrado, humedecido e quentado antes de alcanzar os alvéolos onde se atopa a zona de intercambio de gases (O2 e CO2). Case inmediatamente prodúcese a espiración, o diafragma reláxase e créase unha presión positiva que provoca a saída de aire dos pulmóns cara ao exterior, percorrendo o camiño inverso a través das vías respiratorias. Durante este proceso e ao traballar a respiración completa, estamos a exercitar non só o diafragma, senón tamén as vísceras que o rodean e os abdominais, en especial os transversos. Estes músculos profundos son os encargados de manter unha postura corporal correcta, contribúen á micción, defecación, parto, etc. Por outra banda contribuímos á liberación do aire que se atopa entre nosas vertebras e costelas, recolocándonos, aliviando tensións e liberando a enerxía negativa que nos bloquea.

A directora do Parador de Santo Estevo e a nova xerente de MOSA Ourense, xunto ao novo modelo de Peugeot 208./RAMSÉS.

Presentación do Peugeot 208 O concesionario de Peugeot en Ourense, MOSA, presentou o novo modelo da marca francesa de automóbiles, o Peugeot 208. O marco incomparable do Parador de Santo Estevo foi o lugar elexido pola xerencia de MOSA para a súa presentación. Un novo modelo, o 208, que fará as delicias dos clientes máis esixentes.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº56- Ano: IV - 4 de maio de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4A PREGUNTA

4DESDE O MEU RECUNCHO

4Que equipo ourensán ten a mellor afección? CD OURENSE Os seareiros do Ourense son todo un exemplo de paixón polo seu equipo.

CIDADE AS BURGAS O Cidade As Burgas conta cunhas das afeccións máis fieis.

COB Incondicionais, así son os afeccionados cobistas, que aínda que o seu equipo estea en ACB, LEB Ouro ou LEB Prata non faltan a ningunha cita.

PONTE OURENSE As bancadas dos Remedios quedan pequenas cando o Ponte Ourense disputa algún encontro importante.

CODIGALCO CARMELITAS Os seguidores do Carmelitas cada dous sábados toman o Vedruna para animar con todas as súas forzas ao conxunto colexial. PABELLÓN OURENSE O Pabellón Ourense conta cunha afección entregada.

De momento, a afección do equipo máis votada é a do COB (42,9% dos votos), seguida da do Carmelitas (o 28,6%), e as do CD Ourense e Cidade As Burgas (14,3% cada un).

Segue a darnos a túa opinión en www.mundourense.com ou no noso Facebook (mundourense.com)

“OULimpadas”, campaña para manter a cidade limpa neste ano olímpico Redacción “Lanzamento ao colector”, “Tiro á papeleira” ou triatlón, que combina reciclaxe de papel, botellas e plástico, son algunhas das simbólicas modalidades das “OULimpadas” unha campaña informativa e de sensibilización posta en marcha polo Concello. O seu obxectivo é implicar a todos os cidadáns no obxectivo de facer de Ourense unha cidade máis limpa e coidadora do medio ambiente. Coincidindo coa celebración, este verán, dos Xogos Olímpicos, a campaña convida aos ourensáns a prestar a súa colaboración

para que a cidade poida acadar as súas mellores marcas en materia de separación de residuos domésticos para facer posible a súa reciclaxe, cos conseguintes beneficios medioambientais e económicos que comporta. O ano pasado, os veciños de Ourense achegaron 1.200 toneladas de envases lixeiros, 1.400 de papel e cartón e 1.300 de vidro para a súa reciclaxe. Os datos reflexan que os ourensáns reciclan cada vez mellor, reducindo á metade os restos inaxeitados ou “impropios” que botan no colector amarelo. Accións de rúa, charlas en asociacións de veciños

e colexios, difusión de materiais divulgativos e unha páxina propia en Facebook son algunhas das propostas que se desenvolverán no marco desta campaña, organizada pola Concellería de Limpeza coa colaboración do Club Ourense Atletismo Academia Postal. Ademais, o día 10 de maio a Alameda acollerá a Aula de Reciclaxe de SOGAMA que achegará aos veciños información para acadar a axeitada clasificación de lixo en orixe, con diferentes materiais divulgativos e unha zona de xogos para os máis cativos.

A importancia da psicoloxía na formación de futbolistas novos (II) Competición Para conseguir o máximo desenvolvemento do talento deportivo no fútbol é conveniente empezar a competir desde moi pequenos, canto antes se empece mellor. O que si temos que cambiar cos nenos é o concepto de competición. Os nenos e adolescentes en realidade non compiten para gañar, senón para aprender. A competición é un medio imprescindible para poder progresar a través das distintas etapas de aprendizaxe deportiva. A competición ten ademais outro valor engadido, motiva ao neno, é o que máis lle gusta facer. Sen competición os nenos abandonarían o deporte. Desde unha perspectiva psicolóxica, para a súa análise, debemos dividir a competición en tres momentos secuenciais: - Antes da competición. - Durante a competición. - Despois da competición, sendo quizais o momento previo o máis importante de todos. O adestrador debe preparar non só tacticamente ao seu equipo para o partido senón tamén psicoloxicamente. Os catro grandes alicerces sobre os que debe fundamentar a súa charla previa son: - A concentración. - A activación.

- A confianza. - A cohesión. A concentración é un proceso de desconexión da vida cotiá e inmersión total na tarefa do partido. Consiste en dar unha tregua aos problemas diarios, esquecerse do pasado e do futuro máis inmediato e focalizar toda a atención no que toca agora que é xogar. Non vale a pena concentrarse moito antes do partido, pero cando chega o momento hai que saber concentrarse. A concentración é tan importante como calquera acción técnica ou táctica. Sen concentración non se consegue resolver con eficacia. - A activación ten moito que ver coa percepción da dificultade da tarefa ou do partido. Se os xogadores perciben o partido como fácil non adoitan activarse ben, estando máis relaxados do que corresponde. E no outro extremo ocorre o mesmo, se o partido percíbese como demasiado difícil o xogador tampouco se activa ben porque se desanima e abandona. O ideal é facer ver ao xogador que o partido é difícil,

pero que existen posibilidades de éxito se as cousas se fan ben. Os partidos difíciles motivan ao xogador a condición de que os vexan como un reto e unha oportunidade de conseguir un logro importante. - O terceiro alicerce sobre o que o adestrador debe incidir é a confianza. O xogador necesita sentirse seguro de si mesmo e dos demais compoñentes do equipo e é o adestrador novamente o responsable de darlles confianza a todos mostrándolles que cre neles, que todos son importantes e que necesita a todos e cada un deles, tanto os que xoguen de inicio como os que non. - Finalmente o adestrador debe facer fincapé na importancia da cohesión de equipo. A cohesión conséguese a través da claridade de rol, cada xogador debe saber o que ten que facer en cada momento e en cada situación do partido. Lembrar os roles principais e pedir ao xogadores compromiso co seu rol e buscar sempre a excelencia aumenta o rendemento do equipo. Alfonso Vilachá


16

BARRIOS DEPORTIVO 4 de maio de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.