23 Abril 2012 - BDNº55

Page 1

LF2: O derbi foi para o Carmelitas BALONCESTO

Páx. 4

FÚTBOL

[páx. 2-3] Páx. 6

O CD Ourense loitará por rematar a tempada de líder

Campionato de Tiro da Garda Civil [páx. 12]

Chegou a hora da verdade

O play off arranca para o COB o martes 24 de abril no Paco Paz./RAMSÉS

[páx. 18]

Máis de 600 corredores no Vinteún

Número: 55- Ano: IV - 24 de abril de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 29. Os Carrís. UD Barbadás - CD Barco. - Día 29. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Nigrán. - Día 6 de maio. O Couto. CD Ourense - Vilalbés. - Día 6 de maio. José Arjiz (Verín). Verín - Portonovo. - Día 6 de maio. Ourense. CD Ourense B - Pontevedra B. - Día 6 de maio. O Barco. CD Barco - Céltiga.

Baloncesto

- Día 28. Polideportivo Vedruna -19.00h.- Codigalco Carmelitas - Tenerife. - Día 24. Paco Paz -21.00h.- Club Ourense Baloncesto - Lan Mobel. 1er play off. - Día 29. Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Lan Mobel. 1er play off (si fuera necesario un tercer partido).

Fútbol sala feminino

- Día 28. Os Remedios. -17.00h.- Ponte Ourense - Valladolid. - Día 12 de maio. Os Remedios -17.00h.- Cidade - Gironella.

Atletismo - Día 6 de maio. Parada de Sil -a partir das 9 horas-. VI Carreira Canon do Sil e III Media Carreira Canon do Sil. - Día 9 de maio. A Merca -a partir das 10.15 horas-. Carreira Popular de A Merca 2012. - Día 13 de maio. Paderne de Allariz -a partir das 9.30 horas-. V Andaina Concello de Paderne.

DERBI LF2

Pouco rival para unha gran cita 4 As baixas do Pabellón e a súa falta de acerto permitiron unha contundente vitoria do Carmelitas no derbi. S.N. O Pabellón pisou o Vedruna con só dúas xogadoras para realizar cambios e iso pasoulle factura. Sabía que a cita contra o Codigalco ía a ser complicada incluso co banco ao completo, aínda máis con tantas ausencias. E así foi. O Carmelitas dominou o derbi con contundencia ante un Pabellón que pagou cunha apabullante derrota tanto as baixas como a súa falta de acerto, que

O Pabellón apostou pola defensa en zona, pero non foi suficiente

apenas rondou o 30% dos tiros de 2. Presumíase un partido sen historia, os dous conxuntos están salvados e pouco máis podían facer nas tres xornadas que quedaban salvo manterse na clasificación. Só a honra da vitoria ante os seus seareiros era a motivación coa que partían Codigalco e Pabellón. Nembargantes, a situación coa que chegaron ao choque era radicalmente oposta, mentres o Carmelitas figuraba como o gran favorito, coa enfermería valeira e buscando sacarse a espiña que lle ocasionou a derrota contra o Pabellón na ida, o seu rival contaba con tres importantes baixas (Scott, Álvarez e Ramiro) que reducían a dous os

Tenis de mesa - Día 5 de maio. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Sisán Café Bar Rioxebe.

Hoquei Herba

- Día 28. Mariñamansa -11.45h.- Apóstol Ourense - Pedralbes. - Día 28. Mariñamansa -13.45h.- Caldaria Barrocás Vallés. - Día 28. Mariñamansa -16.00h.- Cudeiro - Coruña. - Día 28. Mariñamansa -18.00h.- Pabellón - Albor. - Día 29. Mariñamansa -11.00h.- Apóstol Ourense - Vallés. - Día 29. Mariñamansa -13.00h.- Caldaria Barrocás Pedralbes. - Día 29. Mariñamansa -15.30h.- Ourense H.C. - FC Barcelona.

Pádel

- Día 5 de maio. Club P21 -16.00h.- P21 Ourenpadel Indoorpadel B. - Día 13 de maio. Club P21 -16.00h.- P21 A - Sanxenxo.

Tiro - Día 29 de abril - Club Eiroás - Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira 3x20, match 3x20 e pistola libre.

Lucía Méndez esquivando a Begoña Pallardó./RAMSÉS

seus posibles cambios do cinco inicial. Como consecuencia, un contundente 77-43 final reflectiu o acontecido durante os 40 minutos de encontro, totalmente dominados polas de Juan Rodríguez, que xa comezaron logrando un 11-0 que obrigaba ao Pabellón a espabilar e cambiar de técnica se non quería ter que esquecerse do encontro xa no primeiro cuarto. Así, Lisardo Rodríguez apostou por unha defensa zonal, xusto o talón de Aquiles do Codigalco, e logrou un 8-0 para o conxunto visitante, que nada máis puido facer nesta desigual pelexa. A partir de entón o Carmelitas comezou a alon-xarse no casilleiro, chegando ao descanso 4024, e demostrando cun espléndido xogo a gran tempada que agora remata. Xa no terceiro período dous triples de Laura Alonso e Verónica Blanco abriron unha brecha totalmente insalvable para un Pabellón que comezaba xa a desesperarse. E a pesar de que nin Bolonio nin Geehan tiveron un só segundo de descanso no encontro, e que Pallardó e

Cacheiro fixeron o imposible por frear o avance local, o equipo pavillonista viu como o seus peores presaxios se ían cumplindo e chegaba ao remate do ter-


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

DERBI LF2 ceiro cuarto 26 puntos por debaixo (63-37). Pouco quedaba por facer. Pero como un derbi sempre é un derbi, o Carmelitas seguiu pelexando e aumentando o vistoso resultado, mentres o Pabellón empregou o seu último alento para demostrar que en infe-

rioridade de condicións ou non as súas ansias de vitoria estaban totalmente intactas. Aínda así, o Codigalco saira á cancha a por todas e o Pabellón só puido ser un mero espectador. Oportunidade para as novas Aínda que as

xogadoras máis coñecidas, e recoñecidas, de ambos equipos levaron a voz cantante, este derbi deixou tamén minutos para as menos habituais, así como para as integrantes máis novas dos dous conxuntos. O Codigalco co fin de premiar os seus esforzos ao longo do ano e o Pabellón ante a necesidade de efectivos polas súas numerosas baixas, ambos sacaron ao parqué as súas xogadoras júnior. Así, Laura Alonso e Ana Isabel Carballo por parte do Codigalco e Belén Sabucedo polo Pabellón demostraron que o baloncesto

feminino ourensán ten un máis que prometedor futuro. Aínda así, mención aparte merecen as sempre resolutivas Noelia Oliva, Necolia Simmons e Zuleira Atíes, que xunto a Lucía Méndez e Maaile Klein proclamar o n a o Codigalco como o flamente vencedor do derbi. Mentres María José Bolonio e Stephanie Geehan non escatimaron esforzos para, como mínimo, lograr

a mellor imaxe para o Pabellón. Rodríguez vs Rodríguez Ao remate do encontro os dous técnicos analizaron a actuación dos seus respectivos equipos. “Prefería haberlle gañado a un Pabellón sen baixas”, asegurou o adestrador colexial, “aínda que houbera desexado perder os dous partidos contra elas e lograr a cuarta plaza”, engadiu Juan Rodríguez. Pola súa banda, o técnico pavillonista asegurou que “claramente non demos competido co Carmelitas pola gran cantidade de baixas coas que contamos. Foi un K.O. p o r inferioridade numérica”. De todos os xeitos, “estamos contentos pola tempada que realizamos. Nós xa cumplimos”, concluiu Lisardo Rodríguez, quen adiantou que probablemente non continúe no Pabellón o vindeiro curso por resultarlle incompatible coas súas actuáis obrigas laborais.

á que tiveron que facer fronte os nosos dous representantes en Liga Feminina 2 tivo lugar o sábado 21, cando o Pabellón Ourense se despediu por este curso da súa afección recibindo nos Remedios ás 19 horas ao Arxil pontevedrés. Pola súa banda, unha hora e media despois, o Codigalco pisaba a complicada cancha do Thetrend Social Cortegada.

4O ENCONTRO EN IMAXES

Á dereita, Bolonio e Geehan tentan evitar, sen éxito, que Simmons entre a canastra. 4

A penúltima cita A seguinte cita (e penúltima da tempada)

5 Arriba, Mar Ahijado (do Codigalco) busca interromper o paso de Noelia Cacheiro, unha das pezas chave do Pabellón.

Neste derbi cobraron protagonismo as máis xóvenes: Alonso e Carballo do Codigalco e Sabucedo do Pabellón

3 A colexiala Zuleira Atíes (á esquerda recibindo un pase) é un dos pilares do Carmelitas. Como mostra dos seus sempre sobresaíntes resultados nesta cita foi a máxima anotadora, con 19 puntos. Xunto a ela, a súa compañeira Necolia Simmnos, que logrou 17 rebotes e 25 de valoración, completa as mellores cifras do derbi.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

BALONCESTO

Tres pasos para un ascenso

4 O Club Ourense Baloncesto ten diante de si o reto de superar as tres eliminatorias do play off e ascender á LEB Ouro. R. Torres Chega o importante, a hora da verdade, xogarse o feito na tempada a todo ou nada. O Club Ourense Balocensto comeza a súa loita polo ascenso á liga LEB Ouro. Diante, tres pasos, tres eliminatorias para demostrar que é un equipo de Ouro e que é o máximo favorito ao ascenso. Pero para iso terá que ir paso a paso e sen perderlle o respeto a cantos rivais se enfronte. O adestrador do COB, o cordobés Rafa Sanz teno claro: “o anterior, de nada vale se non se consegue o obxectivo marcado, o subir de categoría”. Espera Lan Mobel, un equipo temido máis por que nun play off pode ocorrer calqueira cousa, que por ser superior a un Club Ourense Baloncesto que está a mostrar o

camiño a seguir. Un camiño que non se pode torcer no momento máis importante da tempada, os play offs. Agora toca demostrar a boa racha do equipo, que leva nove vitorias en 10 encontros desde que Sanz está no banco. Toda unha declaración de intencións que vale, a estas alturas, para mostrar o traballo realizado, pero, advirte, que nada está feito. Esta primeira eliminatoria é ao mellor de tres partidos, polo que un erro pode ser letal de cara a continuar na pugna polo ascenso. O COB recibe ao Lan Móbel este martes 24, e viaxa ao seu campo o venres 27. De pasar ronda, enfrontaríase ao vencedor da eliminatoria entre o Coruña e Aurteneche, na que os herculinos parten como favoritos. Nesta ocasión sería ao mellor de cinco encontros,

No descanso fronte ao Ávila sorteouse entre o público un coche Hyundai i20 cedido polo concesionario Hyupersa.

Juanma Ruíz prepárase para lanzar a un compañeiro no partido contra o Ávila./RAMSÉS. e comezarían o venres 4 de maio no Paco Paz. A ronda final, tamén ao mellor de cinco, daría comezo o 18 de maio, e de estar presente o equipo ourensán xogaríase o primeiro dos encontros en casa. Oito vitorias separan ao COB do soño, tres rondas e sempre co factor cancha a favor. Rafa Sanz A premisa de Rafa Sanz de cara o play off é clara: “nos play offs non hai

moitas ledicias. Temos que seguir o abc do baloncesto, sumas e restas. Coas cousas sinxelas están mellor as cousas”. A cautela é a máxima do técnico, por iso non considera ao seu equipo superior a calquera outro, pero tampouco inferior. A pesar das reservas, Sanz móstrase con confianza “peron non confiado”. Outra cousa clara que ten é a fe nos seus pupilos, “creo nos meus xogadores. Este equipo ten corazón e voluntade”.

Para o adestrador o equipo máis valente nos play offs “será o que ascenda”. COB - Ávila No último partido da liga regular, o COB non tivo rival na cancha. Ávila chegaba a Ourense co play off no bolsillo, polo que o partido carecía de sentido. Saber en que posto quedaban na táboa os abulenses era a única incógnita por resolver. Durante todo o encontro os xogadores ourensáns marcaron as diferenzas. E

cando o Fontedoso quería achegarse ao marcador, un novo golpe dos homes de Rafa Sanz alonxábaos no electrónico. Ao final 69-51 para un equipo, o ourensán, o do ascenso. O Ávila rematou oitavo e o seu rival na primeira eliminatoria será o Prat Joventut.

O COB recibe ao Lan Móbel o martes 24 ás 21 horas


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

BALONCESTO

O Pabellón suma outra vitoria fronte ao Arxil 4 O Codigalco non foi quen de facer fronte ao Cortegada. Redacción Era a penúltima xornada de liga regular para Pabellón e Carmelitas, e a opostos rivais tiñan que facer fronte. Mentres o primeiro recibiu nos Remedios ao Arxil de Pontevedra (décimo), o segundo visitou a sempre complicada cancha do Cortegada (terceiro). E tan dis pares eran os rivais como foron os resultados. O Pabellón sumou unha vitoria máis, pero o Codigalco tivo que afrontar a súa undécima derrota do ano. Pabellón-Arxil As xogadoras de Lisardo Rodríguez chegaban á penúltima xornada de liga cun sabor agridoce, derivado da mestura entre a alegría de saberse salvadas dende semanas atrás e a pena de non haber podido facer fronte ao Codigalco no derbi ourensán debido as numerosas baixas nas súas filas. Pero o Arxil era, a priori, un rival sinxelo. A pesar de que só tiña un cambio posible, o Pabellón mantívose sempre por diante, aínda que con rendas non superiores aos cinco puntos. Loitou pola vitoria e repartiu o traballo entre as súas escasas, pero efectivas, compoñentes. Mentres Pallardó, Bolonio e Tornberg se encargaban de anotar, Geehan combinaba as entradas a canastra coa recollida de rebotes, algo no que sobresae e con diferencia, xa que sumou nada menos que 18 recuperacións de balón baixo o aro nos 40 minutos de encontro. Unha milimetrada actuación que as estrelas do conxunto pontevedrés, como Zane Jakosone e Daniela Peteva, non foron capaces de frear. Finalmente, o resultado de 65-58 permitiu que a vitoria quedase na cidade das

O Carmelitas recibe ao Tenerife e o Pabellón visita ao Aguere

Noelia Cacheiro, nun partido no pavillón./ARQUIVO. Burgas e as pavillonistas se despedisen dos seus seareiros do mellor xeito que podían facelo. Cortegada-Codigalco Diferente panorama e diferente resultado tivo que dixerir o Carmelitas nesta xornada 25. Tocáballe o difícil reto de ser visitante e, por enriba, ante un dos grandes da categoría, o Cortegada (terceiro clasificado). Así, prevendo as dificultades ás que terían que facer fronte, as colexialas saltaron ao parqué con ansias de vitoria e remataron o primeiro cuarto coa balanza ao seu favor (11-13). Pero o Cortegada non se asustou, senón todo o contrario, sacou peito e pasou a dominar o encontro a partir de entón, chegando ao descanso xa por diante (28-26). A partir de entón o Cortegada buscou manter ao Codigalco ben controlado e aínda que no terceiro período (que rematou 43-39) non conseguiu levantar o voo xa apuntaba maneiras de facelo. Como consecuencia, a pesar de que os últimos 10 minutos foron nos que as de Juan Rodríguez máis loitaron por medirse de ti a ti con Goliat, finalmente un parcial de 24-14 setenciou o encontro cara o lado local, que con Manzanares (12), Rios Pardavila (9) e Cuevas (8) ocupándose principalmente dos tantos e Syll Nedeye dos rebotes

(que logrou ata 14) demostrou unha vez máis por qué durante este curso non se baixou nunca do podio. Pola súa banda, de entre as Carmelitas destacou a actuación sobresaínte de Zuleira Atíes e Necolia Simmnos, que con 14 puntos e 7 rebotes cada unha levaron a voz cantante no equipo colexial. Última xornada O 28 de abril a LF2 despídese por este curso (salvo para os conxuntos que disputarán o play off de ascenso). Nesta derradeira cita o Codigalco recibirá no Vedruna ás 19 horas ao Tenerife, o seu rival directo pola sexta praza, que neste intre ocupan as colexialas, pero que de perder o sábado pasaría a mans das canarias. Pola súa banda, o Pabellón visitará a esa mesma hora ao Aguere, o décimo segundo clasificado, na procura dunha vitoria que lle permita ascender da novena á oitava posición, algo bastante complicado xa que depende de que o ADBA perda nesta última cita, na que se enfrontará ao Guadalajara, pechacancelas do grupo, que non sumou ningunha vitoria nas 25 xornadas anteriores e que, polo tanto, supón ser un rival máis que asequible.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

FÚTBOL

Na procura do primeiro posto 4 A falta de tres xornadas o CD Ourense continúa líder da Terceira División. R. Torres Tres xornadas son as que restan para que remate o campionato ligueiro no grupo primeiro da Terceira División de fútbol. O Ourense mantén, unha semana máis, o primeiro posto, grazas ao 3 a 0 que lle endosou ao Estradense. Os de Luisito gozaron dun partido moi cómodo na xornada 35, ante un conxunto pontevedrés que chegou ao Couto mermado polas baixas. Alex, no minuto 33 facía o 1-0 tras unha saída en falso fóra da súa área do porteiro visitante; o centrocampista abría o marcador de vaselina. A frouxa defensa rival motivaba as numerosas ocasións do cadro “rojillo”, sen moito atino

por parte dos dianteiros. O galés Matt creaba ocasións desde a banda dereita colgando balóns á área, pero os dianteiros (sobre todo Eder) fallaban unha e outra vez. A segunda parte comezaba con menos dominio local pero sen perigar a vitoria. A pesar de que o encontro estaba dominado polo Ourense, non sería ata o minuto 82 cando puxo terra de por medio co 2-0, obra de Mouriño a pase de Amilton, quen entrara por Quintairos facía uns minutos. Tres minutos máis tarde, Alex facía o 3-0 (o segundo da súa conta particular). Rivais O Ourense mantén a vantaxe de dous puntos sobre

o Alondras logo de vencer os dous nesta xornada. O Alondras desfíxose do Rápido de Bouzas por dous goles a cero. O Deportivo B sitúase terceiro, a sete dos ourensáns, tras vencer a domicilio ao Pontevedra que cae ata sexta posición. O Vilalbés é cuarto despois de gañar ao Lalín 0-1. En quinto lugar está o Cerceda, empatado a puntos co Vilalbés. A vindeira xornada, o Ourense visita ao Rácing de Ferrol, para xogar contra un equipo, o departamental, que xa non ten opcións de xogar a promoción de ascenso. O Alondras visita ao Begantiños; o Depor B xoga en casa contra o Lalín e o Vilalbés contra o Cultural Areas. O Cerceda visita

Somozas e o Pontevedra, Betanzos. Cousa de dous A primeira posición é cousa de dous: Ourense e Alondras. Os ourensáns teñen un calendario máis complicado cos desprazamentos a Ferrol e A Coruña (na derradeira xornada contra o filial do Depor), e reciben ao Vilalbés. Salvo o Ferrol, os outros dous teñen posibilidades de estar na promoción de ascenso. Pola súa banda, o Alondras teno máis doado. Bergantiños fóra e Estradense en casa son os que o agardan, para rematar a liga en Ferrol contra o Rácing. Salvo o Estradense, que loita por non descender, os outros dous conxunto no se xogan nada. A por todas Unha vez rematado o encontro contra o Estradense, Luisito confesou que ían ir a

O celanovés Quintairos en pugna polo esférico./RAMSÉS por todas “para lograla primeira posición. Loitaremos a morte para acadala”. Para o técnico, aínda que a situación é privilexiada, non ve polo momento ao equipo campión, pero aseguraba que a loita polo campionato “vai ser titánica entre o Alondras e nós”.

No que queda de curso,o Ourense verase as caras co Ferrol e o Depor fóra, e co Vilalbés na casa

O Barbadás, con pé e medio en Terceira División 4 Venceu ao Gran Peña 2-3. Redacción

Eder interceptando o balón./RAMSÉS

O da UD Barbadás esta campaña no grupo sur da Rexional Prefente está sendo de traca. A falta de cinco xornadas (15 puntos por disputar), os de Jorge Regal manteñen unha distancia de 10 puntos co terceiro clasificado. Os dous primeiros soben a Terceira División, polo que o conxun-

to ourensán está con pé e medio na categoría superior. A vindeira xornada xogan contra o Barco en casa; se gañan e o Céltiga perde contra o Gran Peña, o Barbadás xa estará ascendido. Os outros ourensáns O CD Barco é oitavo con 52 puntos e sen perigo de descender. O Verín que sumou contra o Nigrán a ter-

ceira vitoria consecutiva e 12º con 40 puntos. O Celanova ocupa a 14ª posición con 35 puntos. E pecha a clasificación o Ourense B con 19 puntos prácticamente descendido.

O Barbadás recibe esta fin de semana ao Barco


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade complícase no tramo final de tempada

4 Necesita sumar puntos para non sufrir nas últimas xornadas e evitar o descenso. R. Torres O Cidade As Burgas necesita sumar puntos para non ter que sufrir nas últimas xornadas. Fai unhas datas a diferenza de puntos ca zona de descenso era de dez; agora a distancia viuse reducida a tan só seis. Ás pupilas de Manolo Codeso tócalles sufrir nun treito final de tempada moi complicado para o cadro ourensán. Dos cinco partidos que restan para que remate o campionato, Zaragoza e Majadahonda fóra son os encontros que as franxiverdes deben de gañar se non queren ver perigar a súa presenza o ano que vén na elite do fútbol sala feminino. O Zaragoza ocupa a última praza de descenso. Décimo terceiras con 21 puntos a seis das ourensás. Polo que o encontro en terras aragonesas preséntase como unha auténtica final para o Cidade, no que unha derrota achicaría aínda máis as diferenzas na parte baixa da táboa. Contra o Majadahonda na derradeira pode que xa esté todo decidido, ou pola contra, todo por decidir. O cadro madrileño xa está descendido, polo que ao non ter nada en xogo é posible que as ourensás poidan sumar os tres puntos en disputa sen moitos atrancos. Gironella, Elche e Futsi (este na penúltima xornada) son os outros encontros que

restan ao Cidade. Rubí e Majadahonda están practicamente descendidos. A outra praza de descenso estará entre Zaragoza, Logroño, Valladolid, Soto del Real e o propio Cidade. O mellor posicionado é o conxunto ourensán con 27 puntos, os mesmos que o Soto del Real; o Valladolid cun partido menos ten 24, e Logroño e Zaragoza teñen 21 aínda que o equipo rioxano vai por díante polo gol average. Vindeira xornada O Soto recibe ao Rubí nun partido, a priori, doado para as madrileñas; o Valladolid visita ao Ponte sen opción para revalidar o título ligueiro; o Rioja visita o difícil campo do Córdoba, e veremos o enfrontamento directo entre o Zaragoza e o Cidade As Burgas. Unha vitoria do Cidade sería dar un paso de xigante na loita pola permanencia. As xogadoras ourensás están capacitadas para lograr

a permanencia, soamente os nervos da situación poden traizoar o xogo das de Codeso, pero a experiencia adquirida o ano pasado na súa primeira participación na Primeira División será importantísima para este apaixoante tramo final. Sonia, Iria, Peke, Laura e compañía non defraudarán. Cidade 3-5 Burela O Cidade non puido sacar nada positivo do seu enfrontamento contra o Burela no derbi galego da xornada 25. O equipo lucense mostrou o seu poderío físico, e aos tres minutos xa mandaba no electrónico con gol de Peke. A renda ampliaríase ata o 0-3 con tantos de Claudia e Dolo. Cando parecía que o Burela tiña controlado o partido, dous goles das locais (Iria e María Arias) devolvían a emoción ao partido. Tralo descanso, Milena facía o 2-4 no primeiro minuto da reanudación e Lidia poría o 2-5 cinco máis

Iria entre dúas rivais do Burela./RAMSÉS

tarde. Iria, de novo, facía o terceiro das ourensás. A partir dese momento, o partido converteuse nun correrúas, pero a vitoria lucense non parecía perigar en ningún momento. Cos tres puntos do encontro, o Burela empata a puntos co Ponte, a 53. A segunda volta das amarelas está sendo incrible, e xa contan con sete vitorias consecutivas. Pola contra o Cidade encadea tres derrotas.

O Cidade é décimo con 27 puntos, seis por enriba do descenso Primeira División FSF 14ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid - 61 2º Móstoles - 54 3º Ponte Ourense - 53 4º Burela - 53 5º Córdoba -52 6º Gironella - 51 7º U. de Alacante - 39 8º Femesala Elche - 39 9º Orvina - 30 10ºCidade As Burgas-27 11º Soto del Real -27 12º Valladolid -24 13º Logroño - 21 14º Zaragoza - 21 15º Rubí - 14 16º Majadahonda - 10

Peke golpea o balón diante da xogadora do Burela, Claudia./RAMSÉS

4 Xornada 26 - 28 de abril Móstoles - U. de Alacante Soto del Real - Rubi Ponte Ourense - Valladolid Deportivo Córdoba - Diamante Logroño Burela - Lacturale Orvina Zaragoza - Cidade As Burgas Gironella - Futsi Navalcarnero Femesala Elche - Majadahonda

4 Xornada 27 - 12 de maio Majadahonda - Móstoles U. de Alacante - Soto del Real Rubi - Ponte Ourense Valladolid - Deportivo Córdoba Diamante Logroño - Burela Lacturale Orvina - Zaragoza Cidade As Burgas - Gironella Futsi Navalcarnero - Femesala Elche


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

FÚTBOL SALA

Derrota do Ponte con sabor a despedida 4 O Ponte Ourense despídese da liga logo de perder 5-1 en Logroño contra o Diamante. R. Torres O Ponte Ourense sufriu unha derrota en Logroño que o alonxa definitivamente da consecución do título ligueiro. O que sería o seu segundo campionato consecutivo. A derrota contra o Diamante fai que o Ponte diga adeus á liga e as rioxanas saian do descenso. Para a segunda volta, o Diamante reforzárase con varias incorporacións coa intención de non descender. Coa vitoria ante o cadro pontino, as rioxanas lograron saír da zona de descenso nesta xornada grazas ao gol average particular contra o Zaragoza. No que atinxe ao partido, as locais desde o primeiro momento esperaron na zona de 12 metros ás visitantes coa intención de frear o poderoso ataque das ourensás. Durante os primeiros 20 minutos o marcador non se movería. Xa no segundo tempo, aos cinco minutos, Souza adiantaría ás actuais campioas ligueiras tras roubo de balón. A ledicia duraríalle catro minutos ás xogadoras de Óscar Vivián; na medianía do segundo tempo, Carmen devolvía as táboas ao electrónico. Este gol faría crer na remontada ás locais, e cinco minutos máis tarde, Eva Ortega (unha das incorporacións no mercado invernal) facía o segundo

gol de disparo raso á saída dunha falta. O Ponte estaba cargado de faltas e no tramo final pagouno con dous goles (minutos 38 e 39) de dobre penalti, obra de Carmen. Con xogo de cinco por parte das galegas, Lala facía no derradeiro minuto de encontro o 5-1. Traspés do Ponte Ourense que o alonxa do Atlético de Madrid, que venceu por nove goles a un ao Zaragoza. Ademais o Ponte perde a segunda posición nesta xornada en detrimento do Móstoles. Así, a clasificación está encabeza polo Atlético de Madrid Futsi (61 puntos), o Móstoles (54) e Ponte Ourense con 53 puntos, empatado co Burela. Cinco xornadas Restan cinco xornadas para rematar a liga, pero os oito puntos que separan a madrileñas de ourensás parece unha distancia insalvabel se temos en conta o calendario que queda. O Futsi ten contra Gironella e Elche os seus encontros máis complicados, mentres que o Ponte ten na penúltima xornada que visitar a cancha do Móstoles, polo que alcanzar na clasificación ao Futsi é unha empresa complicada. Ao Ponte réstalle pensar na Copa de España, título que tentará conquistar despois da decepción da liga.

Drica cortando o balón diante da xogadora ourensá do Orvina Andrea./RAMSÉS

O Ponte Ourense queda a oito puntos do Futsi e perde a segunda posición

Eva facendo unha parada contra o Orvina nos Remedios./RAMSÉS


10

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

ARTES MARCIAIS

Kung-Fú

taekwondo

Campionato Provincial Interclubes

O Club Couto, campión galego de taekwondo de técnica

4 Foi o 14 de abril no Guillelme Brown. Redacción O pasado sábado 14 de abril celebrouse o Campionato Provincial Interclubes de Kung-Fú Di Som de Ourense nas instalacións do Colexio Guillelme Brown. Os equipos dos colexios e ximnasios da provincia de Ourense realizaron dúas probas en quendas diferentes dende os cinturóns amarelos ata os máis avanzados xunto co cinturón negro. Neste campionato, clasificatorio para o Inter provincial e para o Galego, os equipos do Guillelme Brown lograron moi boas puntuacións.

Próxima cita, o 12 de maio en Arteixo O próximo campionato interprovincial entre os equipos de Lugo, A Coruña e Ourense celebrarase o 12 de maio en Arteixo coa realización de 3 probas: Tao, Loita e Combinación Libre. Nesa cita, o Colexio Guillelme Brown conta cun equipo de cinturóns verdes campións de España na última edición celebrada do campionato a nivel nacional.

A cita de Arteixo componse de tres probas: Tao, Loita e Libre

4 É a primeira vez que un club ourensán o logra. Redacción Grande actuación a realizada polo Ximnasio Couto no Campionato Galego Infantil de técnica de Taekwondo “Deporte escolar”. O evento que era clasificatorio para o Campionato de España celebrouse no pavillón Principe Felipe de Pontevedra. O club do Couto acadou o primeiro posto na clasificación femenina por clubs e tamén na xeral. As medallas Ainhoa García e María Ferreiro foron ouro e prata respectivamente en prebenxamín feminino; Diana Siota foi ouro en benxamín feminino; en

infantil feminino, Lucía Dafonte alzouse co bronce e Alejandro Feijóo conquistou a prata en infantil masculino. Por equipos, o Club Couto foi primeiro en categoría feminina e na

xeral por equipos. Facendo historia Por primeira vez un equipo ourensán acada o primeiro posto do Campionato Galego de técnica

na clasificación xeral por equipos. Ademáis dos cinco medallistas, outros catro deportistas do mesmo clube acadaron o posto de finalistas.

Ainhoa García e María Ferreio, ouro e prata en prebenxamín feminino.

Dous bronces para Ourense no Campionato Galego Escolar de Judo 4 Karla Marra e Mauro Prada foron os medallistas. Redacción

Proba dos cinturóns verdes durante o Provincial Interclubes disputado en Ourense.

O Pazo dos Deportes de Arteixo acollía a fase sur do Campionato Escolar de Judo nas categorías infantil e cadete de ambos sexos. Tres representantes do ximnasio Marbel acudían ao evento organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Karla Marra (-52 kilos) tuvo unha sensacional ac-

tuación na súa categoría. Foi derrotando a todos os seus rivais ata a semifinal, onde só lle faltou sorte para rematar coa súa contrincante en dúas ocasións. A pesar de quedarse fóra da final, soupo reaccionar e vencer con contundencia no combate pola medalla de bronce. Brando López (-50 kilos) comezou o campionato contra Víctor Hugo Enríquez, á postre campión do

Mauro Prada nun dos seus combates. torneo, polo que quedou sen opción de loita polo podio. Mauro Prada (-81 kilos) logrou o segundo metal

para Ourense despois dunha boa actuación, tendo en conta que eran a súa primeira participación na categoría cadete.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

POLIDEPORTIVO

Yuchenko e Domínguez conseguen a súa primeira medalla coa selección

Iván Salgado, campión panamericano de xadrez

4 As remeiras fixéronse coa prata en 2x no Memorial Paolo D´Aloja.

4 O ourensán é o primeiro español que logra este título.

Redacción

Redacción

remo

Anna Yuchenko e Nuria Domínguez demostraron o seu gran nivel no Memorial Paolo D´Aloja de Remo celebrado a mediados do mes de abril e confirmaron así o acerto na aposta realizada pola Dirección Técnica da Federación Española de Remo para que formen un 2x que acuda á clasificatoria olímpica con opcións. Unha importante cita na que Yuchenko puido estar presente a pesar de que aínda non se lle concedeu a nacionalidade porque se tratou dunha proba englobada na modalidade de “open”. Así, na final do sábado 14 Yuchenko e Domínguez conseguiron a medalla de prata cun tempo de 7:04.95 a pouco máis de 2 segundos da tripulación italiana formada por Laura Schiavone e Giada Colombo. O tempo realizado confirma, ademai,s o seu bo nivel, que fai pensar nalgunha opción na Regata de Lucerna do próximo mes, no caso de que Anna poida participar. Quintas a pesar do cansanzo O domingo participaron

noutra regata que se disputou paralelamente co Memorial Paolo D´Aloja para completar o programa do fin de semana na que finalizaron en 5º posto nunhas condicións de vento en contra que xunto ao cansazo acumulado do sábado relegounas a ese posto. O equipo español conseguiu en total 9 medallas (2 ouros, 6 pratas e 1 bronce) o que lle permitiu alcanzar o 3º posto no medalleiro por países por detrás de Italia e Francia. A nacionalidade Dende o Club Castrelo de Miño teñen claro que “Anna

e Nuria fixeron o que está nas súas mans que é remar e demostraron o seu potencial”, o problema é que o equipo podería non ter futuro debido a que Anna Yuchenko aínda non recibiu a nacionalidade española e iso impídelle participar en determinadas citas, “agora é a quenda dos responsables deportivos e políticos, que terán que decidir se se tramita dunha vez a nacionalidade de Anna ou deciden desperdiciar esta oportunidade, tirando pola borda o traballo e sacrificio destas deportistas”, insisten dende este club.

Anna Yuchenko e Nuria Domínguez coa súa medalla.

O gran mestre ourensán, número dous do ránking español, Iván Salgado, vén de proclamarse campión panamericano de xadrez en Ecuador, sendo a primeira vez que un xadrecista español consegue este importante título internacional. Remata a liga regular Por outra banda, dende xaneiro viuse disputando a liga galega de clubs de xadrez, con sorte dispar para os conxuntos ourensáns. Na División de Honra, hai que salientar unha das mellores noticias, xa que o Club Xadrez Ourense “A” logrou manter a categoría tras un importante empate na xornada final ante o poderoso Universidade de Vigo, conxunto que rematou líder da fase regular. Os ourensáns Fernando Sánchez, Oscar Salgado, José Luis Saavedra, Iago Prol, Elías González, Alejandro de León, Jesús Conde e David Gómez conquistaron en Vigo un valioso empate a tres

11

José Ramón, en meta.

btt

López e Villanueva, entre os mellores de España Iván Salgado. puntos, o que unido aos favorables resultados dos outros equipos implicados na loita pola permanencia fixo que os ourensáns finalmente non tiveran problemas e poidan continuar na máxima categoría. Na Primeira División autonómica cabe salientar a boa campaña realizada polo Liceo de Ourense, que rematou subcampión de liga. Outros conxuntos ourensáns non tiveron problema para manter a categoría como a Peña Recreativa e o Universitario de Ourense “A”. Todo o contrario que lle aconteceu ao Club Xadrez Celanova e ao Xadrez Ourense “B”, que xogarán en 2ª división na próxima tempada, mentres que o Xadrez Ourense “C” terá que disputar o play-off pola permanencia os días 5 e 12 de maio.

Redacción

Saúl López e José Ramón remataron o 10º e o 12º entre os Sub 23 no Open de España de BTT en Coruxo. Nunha carreira intensa, foi o corredor catalán Cristofer Bosque o que acadaba a vitoria. O ex corredor do Academia Postal, Pablo Rodríguez, comandou a carreira na súa maior parte, pero unha avaría o afastou da vitoria. A esixencia do circuíto provocou numerosas avarías en moitos dos ciclistas, como foi o caso de López e de Villanueva. Os percances mecánicos relegáronos algún posto na clasificación. Saúl López conseguiu o décimo, manténdose no top ten nacional no seu primeiro ano na categoría sub23. A vindeira cita: a próxima fin de semana na proba do calendario galego en Poio.


12

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

TIRO

72 axentes participaron en Ourense no C

4 O Club de Tiro Eiroás acolleu por primeira vez esta competición, que chegaba á súa undécima ed Paula Lodeiro 72 tiradores participaron en Ourense no 11º Campionato Nacional de Tiro Policial da Garda Civil, que por primeira vez na súa historia se celebrou na cidade. O campo de tiro de Eiroás acolleu a competición nas xornadas do 17 ao 19 de abril, durante a cal os deportistas deberon cubrir 12 exercicios diferentes. Ademais de axentes da Benemérita chegados de toda España, no campionato competiron como invitados equipos da Policía Nacional, Autonómica e Local de Ourense. O gañador en categoría individual foi Buenaventura Darias, seguido de José Vicente Pérez, ambos os dous membros do equipo nacional de tiro da Garda Civil e da selección nacional da Federación Española de Tiro Olímpico (IPSC ). Por equipos, quedou primeira

a Xunta Madrid-Canarias, segunda Galicia-Asturias e terceira Cataluña-Baleares. Entre os participantes invitados, resultou gañador David Davite, policía local de Ourense e membro do Club de Tiro Eiroás, quedando en segundo lugar Eduardo Becerra (da Policía Autonómica), e en terceiro posto Roi Deprado da Policía Nacional de Ourense, tamén membro do club de Eiroás. Por equipos, gañou o da Policía Autonómica, seguido das formacións presentadas pola Policía Nacional e a Local. A entrega de premios tivo lugar nun acto na explanada do Auditorio, que contou coa presenza do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o subdelegado de Defensa, Ramón Rey Vich, a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, o co-

misario da Policía Nacional Ourense, Ángel Barrera, o xefe da Policía Autonómica en Ourense, Indalecio Freire Couto, o tenente coronel da Garda Civil de Ourense, Manuel Novo Colldefors, e os presidente e vicepresidente do Club de Tiro Eiroás, Celso Parga e Julián Encinas. Práctica de situacións reais O tiro policial toma como base o IPSC ou tiro práctico, compartindo normas e puntuación, pero a diferenza deste, emprega tamén armas longas como escopeta ou subfusil. É un deporte que combina precisión, velocidade e concentración, e que serve ao mesmo tempo como adestramento de situacións reais para os axentes. “Vimos de todas partes de España para entrenarnos, para estar mellor preparados”, explicaba

Ernesto Araujo, Carlos Fernández, e Bernardo e Roi Deprado, todos eles socios do club Eiroás, formaron o equipo da Policía Nacional, que quedou segundo dos invitados./P.L

José Vicente Pérez, axente canario do equipo nacional da Garda Civil e membro da selección españ campionato. Na imaxe, escenifica un dos percorridos de tiro. /P.LODEIRO. Javier Díez-Ticio, coronel da Garda Civil, director

técnico dos exercicios. Así, nalgúns destes exercicios

O comisario Ángel Barrera entrega a súa medalla a David Davite, policía local que quedou primeiro na clasificación dos axentes invitados./P.LODEIRO.

os tiradores deberon “tirar desde unha moto sen quitar a man do manillar, estar nun bar e á voz de xa empezar a actuar, ou situacións con reféns, onde estás identificando a unha persoa, tírase ao chan e se actúa para defender a vida”, relataba o coronel. Todo iso sen coñecer previamente o percorrido, tendo que preparar mentalmente a súa resolución apenas minutos antes. Valoración positiva A competición desenvolveuse durante tres xornadas nos campos de tiro práctico creados o ano pasado en terreos do antigo vertedoiro cedidos polo Concello ao club de Eiroás. Malia as inclemencias meteorolóxicas, “todo saiu ben, os campos aguantaron ben a choiva”,


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

TIRO

Campionato de Tiro da Garda Civil

dición.

Axentes da Garda Civil na entrega de premios do Campionato de Tiro Policial./P.LODEIRO.

ñola de IPSC, foi o subcampión deste indicaba David Davite, tirador e delegado de IPSC do Club de Tiro Eiroás. A mesma opinión comparten outros dous tiradores locais, Bernardo e Roi Deprado, que participaron dentro do equipo da Policía Nacional: “os campos son impresionantes, dos mellores que hai en España, e os exercicios estaban moi ben montados”. Davite agarda que, dado o éxito deste campionato, as instalacións poidan acoller nun futuro “competicións máis grandes”

Este deporte combina precisión, velocidade e concentración

Un axente executa un dos exercicios do campionato./P.LODEIRO.

13

4 Participación ourensá na 1ª fase da Copa do Rei Os tiradores Jorge Encinas e Nuria Mera foron os dous únicos representantes ourensáns na primeira fase da Copa do Rei de Armas Olímpicas, disputada en Mollet del Vallés (Barcelona). Para Encinas, os resultados foron dispares nas tres competicións que disputou: bos no caso da carabina de aire comprimido, un 5º posto con 578 puntos, e sétimo en carabina 3x40, proba na que sumou 1.114 puntos. Non tivo tanta sorte en carabina match, onde quedou no posto 26º (574 puntos). Pola súa banda, Nuria Mera tampouco tivo sorte nas súas competicións: quedou de 20ª en pistola deportiva (499 puntos) e de 18ª en pistola de aire comprimido (358 puntos). Os dous tiradores terán aínda dúas oportunidades para mellorar os seus resultados na Copa do Rei, na segunda fase, que se disputará en Madrid do 3 ao 6 de maio, e na terceira, en xuño, de novo en Barcelona. Tiro ao prato A pasada fin de semana disputouse a primeira tirada puntuable para o Campionato Galego de Regularidade Foso Universal. En categoría absoluta quedou 3º o ourensán J.A. Calvo Jorge con 92 pratos. En segunda categoría os ourensáns ocuparon o segundo posto (J.M. Barrio Quintas, con 91 pratos) e o quinto (Rafa Fernández con 87 pratos). E en terceira categoría, J.M. Barreiro foi primeiro con 89 pratos, segundo José Sánchez Moura con 89 pratos e J.A. Palomanes sexto con 87 pratos.


14

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

POLIDEPORTIVO

Tenis de mesa

Con paso firme no tramo final da liga

4 Tanto o Galmédica A como o B van directos ao ascenso. Redacción Na Segunda División nacional, o Galmédica Ourense T.M. recibía no Paco Paz ao Liceo Casino de Vilagarcía. Os puntos de Ramón Becerra (1), Emilio Diéguez (2) e Juan Ángel Ferreiro (1) outorgaron a vitoria aos ourensán por 4-2. Esta vitoria mantén ao Galmédica A na segunda posición da táboa clasificatoria a falta de dúas xornadas para o remate da liga. O grupo primeiro da Segunda División está comandado polo Club del Mar Promesas con 26 puntos, con dous menos está o Galmédica e de terceiro o Monte Porreiro con 22 puntos. O primeiro clasificado

ascenderá directamente e o segundo e terceiro xogarán unha promoción. A competición reanúdase o 5 de maio co enfrontamento entre o Cambados e o Ourense. O Cambados é sexto con 20 puntos. Esta xornada, a penúltima, deparará o encontro entre o terceiro e o primeiro (Monte Porreiro - Club del Mar Promesas). A vitoria ourensá faría empatar co primeiro ou distanciarse do segundo. 2ª División Galega Na Segunda División Galega o equipo do Galmédica Ourense B venceu por 0-7 ao Charol Complementos en Cambados. Unha fácil vitoria cimentada polos puntos

acadados por Antonio López (2), Diego Gómez (2,5) e Rodrigo Álvarez (2,5). Con esta vitoria, os ourensáns recuperan a primeira praza, empatado a puntos co Mercantil de Vigo, os dous con 34 puntos, a tres xornadas do remate ligueiro. O 5 de maio retómase a competición na xornada número 20. O Ourense B recibe no Paco Paz ao Sisán Café Bar Rioxebe, quinto clasificado con 20 puntos.

Un xogador do Galmédica A nun encontro no Paco Paz.

Os dous equipos do Galmédica Ourense Tenis de Mesa son firmes candidatos ao ascenso nas súas ligas As competición reanúdanse o 5 de maio

O P21 Ourenpadel na zona tranquila 4 Tanto o P21 A como o P21 B marchan quintos nas súas ligas. R.T. Despois de pagar a novatada de ser novos na liga, os dous equipos do P21 Ourenpadel están realizando boas actuacións nas últimas xornadas. No grupo primeiro da Segunda División da Liga das Rías Baixas o P21 Ourenpadel vén de vencer por 2-1 ao Pontevedra - Pradolongo. O conxunto pontevedrés é o segundo clasificado con nove puntos, polo que o mérito da vitoria do P21 é enorme. Esta vitoria os coloca na quinta posición con cinco puntos. Aínda que sen opcións de loitar polo ascenso a falta de tres xornadas, a actuación do equipo ourensán é máis que satisfactoria. Para o P21 Ourenpadel reanúdase a competición o vindeiro domingo 6 de maio. O rival será o Indoorpadel B e o encontro terá lugar no Clube

Deportivo Ourenpadel, a partir das 16 horas. P21 Ourenpadel B O equipo B do P21 Ourenpadel non lle vai á zaga ao A. Quinto no grupo segundo da Segunda División da Liga das Rías Baixas, o P21 conta con cinco puntos a tres xornadas de que remate o campionato. Na pasada xornada, o P21 non puido dobregar ao Ureca B, co que perdeu por 2-1. Un traspés serio se temos en conta que o equipo de Nigrán marcha na derradeira posición da liga. Para a vindeira xornada, a 12, o P21 Ourenpadel desprázase ata a pista do líder da clasificación, o Tablero Padel Club. O equipo de Ponte Caldelas é primeiro con nove puntos e practicamente ten asegurada a súa presenza no play off de ascenso á 1ª División.

Algúns dos participantes do torneo de tenis de Verín.

4 I Torneo de Tenis Semana Santa de Verín Do 2 ao 7 de abril, o complexo deportivo da Granxa acolleu a celebración da primeira edición do Torneo de Tenis de Semana Santa de Verín, organizada pola área de Deportes do Concello de Verín, Eurocidade ChavesVerín e os proxenitores dos 21 menores participantes. Este torneo dividiuse nas categorías cadete, infantil e alevín, cada unha a súa vez dividida en dos grupos, e nas que se clasificaron os dous primeiros de cada grupo para a final. Na última xornada tiveron lugar as semifinais e as finais nas tres categorías. En alevín, Pablo Vega Dosantos venceu 9 – 1 a Brais García Vaz; en infantil, Alejandro González Sánchez perdeu 4 a 9 con Álvaro Ferreira Domínguez e en cadete, Álvaro Ferreira Domínguez gañou a Pablo José Calvo por 3-6, 6-1 e 7-5.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

PITCH & PUTT

Efrén Rodríguez e José Antonio Carvajales, campións galegos xuvenil e segunda, respectivamente Os días 14 e 15 de abril disputouse nas instalacións de Pozo do Lago (Maside) o Campionato Galego por Categorías 2012, coa presenza dos mellores xogadores de toda a Comunidade Autónoma Galega. En categoría sénior os xogadores locais Jose Luís Arceiz, Jose E. Villarino, Ramón García e Manolo Blanco partían entre os fa-

voritos para a vitoria final, pero foi o coruñés Ramón Baladrón quen por segundo ano consecutivo impúñase por diante da escadra ourensá. Entre os menores de 18 anos (xuvenís) Efrén Rodríguez gañou con autoridade, por diante de Pedro Botana e o outro favorito, José de Francisco. A xogadora de Sarria Matilde López non foi capaz de

repetir triunfo en categoría feminina, levando o título Maria Eugenia Martinez, cun gran resultado acumulado de +8. A Segunda Categoría foi gañada con suma facilidade por un gran Jose A Carvajales, que fraguou a súa vitoria nun tarxetón de -1. A Terceira foi para o monfortino José Eustaquio Freire por diante de Maria L Escudeiro.

Pedro Botana, un dos xogadores ourensáns con máis futuro.

Ránking provincial 2012

ABSOLUTO 1º-J.C Surribas 299 2º- Peter Mervin 281 3º- Jorge Sarmiento 276 4º- Antonio Salgado 262 5º- Jose L Arceiz 256 6º- J.E. Villarino 252 7º- Siso de Anta 249 8º- Jaime Janeiro 27 9º- Victor Rodríguez 245 10º- Efrén Rodríguez 243

Surribas e Bardelás gañan a Liga Aquabella-Cadavid Juan Carlos Iglesias Surribas non deu opción ao seu perseguidor na última xornada da liga, e levou o título final por diante de Peter Mervin, Jorge Sarmiento e Antonio Salgado. En categoría hándicap había catro xogadores practicamente igualados, Santiago Silva non puido xogar esta última proba e foi o primeiro en picar, Sergio Fernández que xogou o sábado pola mañá non estivo á altura doutras xornadas, e deixou todo en man de

Axenda Pitch&Putt

Manuel Bardelás e Rubén Domínguez. Tal foi a igualdade que empataron a 231 puntos, levando Manuel a vitoria final por mellor resultado na última xornada.

Manuel Bardelás empatou a 231 puntos con Rubén Domínguez, e levouse a vitoria por mellor resultado na última xornada

- 27 e 28 de abril Copa San Amaro Parellas - Pazo da Touza

SÉNIOR 1º- Antonio Salgado 262 2º- Jose L Arceiz 256 3º- J.E. Villarino 252

- 1 de maio - Match Play dos martes - Pazo da Touza - 4 a 6 de maio - Previo Campionato Galego Match Play - Golpe

Xogadores quentando antes de saír á competición.

- 8 de maio - Match Play dos martes - Pozo do Lago

XUVENIL 1º-Efrén Rodríguez 243 2º-Pedro Botana 203 3º-Manuel Bardelás 182

Breves A Selección Galega de Pitch&Putt disputará desde o 23 ao 26 de agosto en Dublín a IV Copa do Mundo de seleccións.

FEMININO 1º- Carmen Casar 151 2º- Maria Escudero 150 3º- Fátima Gomez 130

Maria Isabel Tato Deza impúxose no Torneo Ráting System en Pazo da Touza o 22 de abril de 2012. Jorge Rodríguez Sarmiento, “xogador da quincena” tras bater o récord do campo de Pozo do Lago con 46 golpes (-8).

HÁNDICAP 1º- Manuel Bardelás 299 2º- Manuel Silva 294 3º- Ruben Dguez 293 4º- Sergio Fdez 292 5º- J.C Surribas 290


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

XIMNASIA

30 metais máis para a ximnasia ourensá

4 Lográronos no IV Torneo Primavera de Trampolín celebrado nos Remedios. Redacción O pasado domingo 22 de abril tivo lugar no Pavillón dos Remedios de Ourense o IV Torneo Primavera de Trampolín, que destacou polo éxito en participación, xa que estiveron presentes nesta cita todos os clubes de ximnasia en trampolín galegos e o Club Gimnasia Burgos, de Castilla León, como invitado. En total, foron ao redor de 111 ximnastas os que se achegaron ata a nosa cidade con motivo deste evento. Os clubes ourensáns que presentaron a rapaces en competición foron o Club Ximnasia Pavillón, o Club Burgas e o Club Ximnasia Escola Pavillón, dos cales se obviteron uns resultados máis que satisfacto-

rios, sumando un total de 30 metais. Os mellores do Ximnasia Pavillón De entre a representación ourensá o Club Ximnasia Pavillón e o Escola Pavillón foron os que máis podios acadaron. Por unha banda, do Ximnasia Pavillón conseguiron medalla o benxamín Alejandro Cid (1º en Dobre Minitramp e en Trampolín); os alevíns Noa Puente (3ª Dobre Minitramp), María Salas (1ª en Trampolín e en Dobre Minitramp) e Nicolás Cid (1º en Dobre Minitramp e 3º Trampolín); os infantís Paula Blanco (3ª en Trampolín ), Antón Rey (3º en Trampolín ) e Lucas Domuro (1º en Trampolín); os xuvenís Iago Sousa (3º

en Trampolín e 2º en Dobre Minitramp), Eduardo Novelle (1º en Dobre Minitramp) e Laura Lecuona (1ª en Dobre Minitramp); os júniors Carlos Trigo (1º en Dobre Minitramp) e Néstor González (3º en Dobre Minitramp). Nembargantes, de entre todos eles merecen especial mención a actuación de Alejandro Cid Prieto que, pese a non poder participar na competición federada pola súa curta idade (7 anos), obtivo uhas puntuacións coas que podería asistir ao campionato de España federado. Ademais, María Salas Cid tamén fixo unha competición impecable acadando a mellor nota da súa categoría en tódolos aparatos nos que participou,

17

e Carlos Trigo destacou unha vez máis en Dobre Minitramp obtendo a calificación máis alta de toda a competición neste aparato. As madallas do Escola Pavillón Pola súa banda, os deportistas máis destacado do Ximnasia Escola Pavillón foron os alevíns Jorge Conde (1º en Minitramp e Dobre Minitramp) e Pablo Feijoo (3º en Trampolín e 2º en Minitramp); os infantís Guillermo García (2º en e 3º en Dobre Minitramp) e Sara Vide (2ª en Dobre Minitramp); os xuvenís Melisa Castro (1ª en Dobre Minitramp e 3ª Trampolín), Eva Castro (2ª en Dobre Minitramp e en Trampolín) e Javier Salas ( 1º en Trampolín e 3º en Dobre Minitramp); e o alevín Óscar Andrade (3º Dobre Minitramp).

111 ximnastas de Galicia e Burgos participaron no IV Torneo Primavera

Un dos participantes do IV Torneo Primavera de Trampolín./RAMSÉS


18

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

ATLETISMO

Os atletas invadiron o Vinteún 4 Máis de 600 participantes disputaron a primeira proba do circuíto de carreiras populares “II Correndo por Ourense”. R. Torres Cifra récord. Maís de 600 participantes tomaron a saída nas distintas categorías da carreira do Vinteún, a primeira que se celebra este ano dentro do circuíto de carreiras populares “II Correndo por Ourense”. O ano pasado, a media de participación era de 200 participantes por proba; este ano o incremento é notable, consolidándose o circuíto ourensán no seu segundo ano. A do Vinteún era a primeira dun total de seis carreiras que engloban este evento, e que terán continuidade ata o vindeiro mes de outubro, coa celebración da carreira da Carballeira como colofón final ao circuíto. O tempo acompañou (salvo algun momento de chuvia) aos atletas que participaron na primeira edición desta carreira. Pitufos A primeira das categorías en tomar a saída foi a dos pitufos; categoría da que non se leva conta do número de participantes, pero que superou o medio centenar de pequerrechos que quixeron dar os seus primeiros pasos como atletas, ante a atenta mirada de nais e pais, e facendo as delicias do público alí congregado.

Silvia Rodríguez.

4 Silvia Rodríguez, campioa galega de maratón

Saída da proba absoluta da carreira do Vinteún./J.M. REGUEIRO Categorías de base Na categoría benxamín e alevín, a corredora da Guarda, Elsa Pena foi a máis rápida nos 1500 metros da proba. Pena está demostrando que nun futuro pode ser unha grande atleta polo que está a demostrar en tan temperá idade; gañando con solvencia moitas das probas nas que participa. David Vázquez, de Ourense, foi o segundo en entrar na liña de meta. 93 foron os benxamíns e alevíns que acudiron a carreira do Vinteún. Francisco José Miranda e Aida Martínez foron os máis rápidos entre os 28 atletas que tomaron parte na proba que englobaba as

categorías infantil e cadete, e que percorreron unha distancia de 2400 metros. Proba absoluta A máis numerosa foi a proba absoluta (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns) cun total de 467 homes e mulleres que remataron a carreira. O circuíto sen ser excesivamente duro, facíase complicado sobre todo na última volta ao seu paso pola avenida de Santiago; a longa recta facíase interminable para os participantes, que vían compensado o seu esforzo ao cruzar a liña de meta logo de percorrer algo máis de 6.000 metros. Iván Docampo, da Sociedad Gimnástica de Ponte-

A carreira dos pitufos foi a primeira das catro que se celebrou./RAMSÉS

vedra foi o máis rápido. O atleta de Ribadavia parou o crono en 19.02 minutos. Sonia Teijeiro foi a primeira muller en chegar a meta; o seu tempo 24.09 minutos. Aínda que a maioría de participantes son atletas populares que van a practicar o seu deporte favorito polas rúas ourensás, o certo é que a competitividade non está ausente nestas citas. Grandes atletas galegos, sobre todo ourensáns, loitan polos primeiros postos para ver quen é o máis regular nas seis carreiras que se disputan. Pepe Márquez e Iria Fernández terán que súar moito se queren revalidar o título conquistado o ano pasado na categoría absoluta. Os dous atletas non puideron tomar parte nesta primeira proba, pero a bo seguro que estarán en vindeiras carreiras. Docampo, Diz, Casado, e, as irmáns Teijeiro, Cid, Vázquez, entre outros competidores, non lle poñerán as cousas nada doadas a Márquez e Iria na procura do II Correndo por Ourense. Que gañen os mellores! Que gozemos todos!

A segunda carreira do circuíto será o sábado 26 de maio no barrio do Couto

A esprinter Silvia Rodríguez Ferro proclamouse campioa galega de maratón. Foi na Coruña no “I Maratón Coruña 42”, e empregou un tempo de 3 horas 26 minutos e 1 segundo (3:25:01 netos) en percorrer os 42,195 quilómetros da proba máis emblemática do atletismo. Silvia foi a primeira atleta galega federada en cruzar a liña de meta na cidade herculina. Un grande éxito para a propia Silvia e para o seu club de orixe, o Esprintes Ourense. Destacar, igualmente, o subcampionato masculino acadado polo ourensán Manuel Casado Méndez, do Vía XVIII de Maceda, que entrou en terceira posición da xeneral cun rexistro de 2 horas 38 minutos e 1 segundo.

Á esquerda da foto, Madriñán no reto solidario.

Primeiro reto solidario do ano de Madriñán

4 O ultrafondista realizouno na provincia de Ciudad Real. Redacción O primeiro reto solidario do ano xa o ten cumprido o ultrafondista ourensán Antonio Madriñán. O atleta galego desprazouse, xunto ao seu infatigable compañeiro, o asturiano Demetrio Álvarez, ata a localidade de Carrión de Calatrava de Ciudad Real. A ilusión no reto fixo que superaran os 135 quilómetros realizados o ano pasado e deixarán unha nova marca nos 142, a pesar das inclemenencias meteorolóxicas que acompañaron aos participantes do reto durante as 24 horas do mesmo. Os dous deportistas estiveron acompaña-

dos por outros participantes durante algún momento do reto. O atleta discapacitado Pablo Rago, foi outro dos protagonistas da xornada ao estar durante as 24 horas do reto andando, logrando percorrer unha distancia de 72 quilómetros. O benefactor do recadado foi a asociación ACREAR (“Asociación de Enfermos de Artritis Reumatoide Psoriasica y Juvenil”). Outros retos solidarios Madriñan xa está pensando noutros retos solidarios a realizar este ano. Un deles será o das 24 horas Oumoving, que por segundo ano consecutivo o traerá ata Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

ATLETISMO

Inscricións abertas para o San Mamede Desafío Solidario 4 Terá lugar o 20 de maio. Redacción Xa está aberta a inscrición para participar no San Mamede Desafio Solidario 2012. A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII e Cruz Vermella Maceda e é de caracter solidario. A saída e meta estarán ubicadas en Castro de Escuadro. Na proba pódese participar dunha das tres formas que a organización ten previsto: andaina (con saída ás 9 da mañá), trail ou btt (sairán ás 10 horas). A andaina terá un percorrido duns 17 quilómetros, o carreira trail sobre os 21 quilómetros e a btt, 44 quilómetros. Inscricións A inscrición está aberta

ata o 16 de maio e ten un custe de 16 euros. Do recadado, 10 euros irán para gastos ocasionados pola organización da proba, e 6 euros destinados ao fin solidario do evento. Este ano o fin solidario é a repoboación forestal da Serra de San Mamede, a raíz da catastrofe sufrida polos incendios, acontecidos durante o mes de outubro de 2011. As inscricións realizaranse online a través da web: www. turinisport.com. A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización. Poderán participar as per-

soas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba. Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo aos gañadores absolutos da carreira e do BTT, non na modalidade andaina por non ter carácter competitivo. Aviso da organización A organización deste evento advirte da dureza da proba. Todas as persoas interesadas en participar deberán ser coñecedores das súas limitacións para poder afrontar as diferentes probas sen poñer en risco a súa saúde e integridade física.

Haberá unha andaina de 17 quilómetros, carreira de trail de 21 e unha BTT de 44 quilómetros

19

Duatlón en Maside Redacción Na tarde do sábado celebrouse en Maside o campionato provincial de duatlón nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete do programa XOGADE, onde se coroaron os mellores da provincia.

Participantes do duatlón celebrado en Maside.

Canón do Sil e A Merca, as vindeiras citas atléticas da provincia 4O domingo 6 de maio. Redacción Para o domingo 6 de maio, a provincia de Ourense acolle dúas probas atléticas: a do Concello da Merca e a VI Carreira por montaña “Canón do

Sil”. A do Concello da Merca é a 21ª edición e terá tres categorías. A de pitufos que perocorrerán uns 150 metros; a de menores que terán que superar unha distancia de 3.000 metros e a carreira

absoluta que conta cun percorrido de 10.000 metros. As inscricións pódense facer ata o 2 de maio en www.amerca.es ou www. championchipnorte.com. O prezo é de catro euros para o posuídor do chip amarelo, e de cinco para o que o teña que alugar. A carreira de montaña Canón do Sil é valedeira para o Campionato Galego de Montaña 2012. Terá un percorrido de 32,2 quilómetros. Tamén se disputará a III Media Carreira, sobre unha distancia de 17 quilómetros.


20

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

POLIDEPORTIVO

O Apostól Ourense vence e deixa a última praza 4 O Barrocás cae contra a Real Sociedad. R.T.

A Primeira! 4 O Pabellón Balonmán logrou o seu ascenso a Primeira División Galega. R.T. Xa estaba certificado desde fai varias xornadas que o Pabellón Balonmán ía xogar a vindeira tempada na Primeira División Galega. O equipo adestrado por Zarra rematou primeiro despois dunha campaña incrible. Na fase regular contou todos os seus encontros por vitorias, e na loita polo ascenso logrou vencer en todos eles menos nun, con-

tra o Moaña -equipo que ascende xunto cos ourensáns-, e cando xa estaban ascendidos. Só unha derrota Facendo números, o Pabellón logrou 23 vitorias en 24 encontros, con tan só unha derrota (a citada contra Moaña). En canto aos goles, 751 foron a favor por 521 en contra. O récord de partidos gañados preséntase como difícil de superar

nos vindeiros anos. Despois de máis de 20 anos tentándoo, o Pabellón Balonmán será o ano que vén, por méritos propios, equipo da Primeira Galega.

O equipo ourensán logrou o seu ascenso logo de 20 anos loitando por el

Rugbi

Remata de quinto 4 A pesar de vencer na derradeira xornada, o Campus Ourense non logra ser terceiro. Redacción Afrontaba a derradeira xornada de liga coa mente posta no terceiro posto, e a pesar da contundente vitoria nas Pontes (0-107), o Campus Ourense tense

O Campus Ourense sumou un total de 13 vitorias e 9 derrotas

que conformar coa quinta praza no campionato ligueiro. Doce sabor dun partido que deixa unha tempada amarga, logo de non acadar o obxectivo marcado a principio de campaña no que conxurábanse para loitar pola terceira, e incluso a segunda posición. As lesións e os rivais fixeron que o Campus Ourense Rugbi rematara nunha quinta praza que sabe a pouco. A bagaxe

final do equipo adestrado por Ernesto Barboza foi de 13 victorias e 9 derrotas. Copa Federación Agora toca rematar os compromisos deportivos da Copa para dar por concluída a tempada, e comezar o descanso de cara á vindeira. O Campus Ourense está encadrado no grupo terceiro da Copa da Federación Galega, xunto co Bierzo e o Pontevedra.

O Apóstol Ourense dá un paso de xigante ao vencer ao Jolaseta por 4-2 na súa loita pola permanencia na División de Honra B do hoquei sala. Con esta vitoria deixa a última posición ao San Vicente co que está empatado a puntos -sete-. A vindeira xornada, o Apóstol terá dous enfrontamentos co Pedralbes e o Vallés. Os que corresponden á xornada 16 e o aprazado no seu día da décima xornada. O primeiro dos enfrontamentos será o sábado 28 ás 11:45 contra Pedralbes e o segundo o domingo ás 11 horas contra Vallés. O Caldaria Barrocás, pola contra, caeu derrotado contra a Real Socie-

dad, o que lle impide darlle alcance na clasificación. Os barrocos quedan agora quintos con 15 puntos. Ao igual que o Apostol, o Barrocás ten dobre enfrontamento esta fin de semana en Mariñamansa. O seu rival será o líder, Vallés, o sábado 28 ás 13:45, e o domingo ás 13.00 horas o Pedralbes. O Ourense H.C. venceu nesta xornada ao último cla-

sificado, o Catalonia, polo resultado de 3-1. Esta vitoria asenta ás ourensás na zona media da táboa con 15 puntos. O vindeiro encontro do Ourense será o domingo 29 de abril, ás 15:30 horas en Mariñamansa. Na Primeira División masculina o Albor continúa líder con 20 puntos, catro máis que o Pabellón, segundo clasificado. Restan dúas xornadas de liga.

Partido do Ourense H.C. en Mariñamansa./RAMSÉS

O 22 de abril o Ourense medirase co Pontevedra O 22 de abril xogará no estadio universitario contra o Pontevedra. O primeiro de cada grupo, dun total de catro, pasará ás semifinais, que se disputarán a ida de volta, sendo o primeiro partido o 6 de maio, e a volta o 13 do mesmo mes. A final terá lugar o 3 de xuño. En caso de chegar a semifinais, o Campus Ourense enfrontaríase ao vencedor do grupo cuarto, composto por Vigo B, Crat B e Fendetestas.

Momento do encontro Campus Ourense - Lalín./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

MOTOR

21

O Motomeda irrompe no supercross galego 4 Comezou a tempada no circuíto de Tui, Randulfe. Redacción

O piloto ourensán dentro do seu monoplaza.

Abadín queda sen puntuar en Silverstone

O Motoclub da localidade ourensá de Maceda, Motomeda, comezou a súa participación no campionato galego de Supercross con unha bo actuación. A primeira das citas do campionato tiña lugar na localidade pontevedresa de Tui, no circuíto Randulfe. A climatoloxía deu du-

rante as probas unha tregua aos pilotos, cun sol que sumado ao aire deixaron un trazado en perfectas condicións. A participación do club macedán foi moi numerosa, sendo xunto co club Dagan os que máis participantes levaron. En sénior, Ricardo Costa foi o vencedor, seguido do piloto ourensán José Feijóo e Adrián Cruz. Na catego-

Fontán Doumont participou en Tui. ría júnior, Álex Vázquez, do Motomeda chegou a marcar a volta rápida nas dúas mangas; na primeiro empregando un tempo de 53.091 segundos e na segunda manga, 53.855 segundos. No Campionato Galego Supercross, aínda que se

fan dous podios distintos, puntúan xuntos os sénior e os júnior. Así, o campionato encóntrase liderado por Ricardo Costas con 50 puntos, seguido dos pilotos do Motomeda, Alejandro Vazquez (júnior) con 40 e José Feijóo (sénior) con 16.

4 Na primeira cita do ano. R.Torres Por segundo ano consecutivo, José Luis Abadín, participa na Fórmula 2, a antesala da F1. A primeira das citas do piloto ourensán tivo lugar esta pasada fin de semana, no circuíto británico de Silverstone. Na primeira das carreiras, o celanovés comezaba desde atrás tendo que remontar. Nas primeiras curvas, Abadín demostrou que se manexa ben e adiantou a rivais. Con terreo por diante apretou para alcanzar aos de diante, pero un quentamento excesivo dos neumáticos fíxolle frear as súas ansias de dar alcance aos de diante. Nesa volta viuse adiantado por outro piloto. De aquí ao final, o ourensán forzou para alcanzar aos de diante e non verse superado polos de atrás. Finalmente remata na décimo terceira posición na primeira proba da tempada.

Ao seguinte día as cousas non lle foron mellor. Xa na calificación cando podía usar o Boost (que dá 75 cv extra por un tempo), víuse freado por catro pilotos que estaban diante del en pista polo que a calificación non foi a desexada. Na carreira, Abadín volveu adiantar a uns cantos rivais para colocarse 12º. Pouco máis tarde alcanzaba ao grupo que corría diante, pero cando se dispoñía a adiantar a un deles, un toque entre ambos fixo que perdera posicións e tivera que entrar en boxes para confirmar que todo estaba correcto. José Luis Abadín remataría 16º nesta carreira. Algarve A próxima cita da Fórmula 2 terá lugar no Algarve portugués do 27 ao 29 de abril. Abadín tentará sacarse a espiña que lle supoxo o seu debut este ano en Silverstone.

O Mitsubishi Lacer Evo X de Carlos Iván Alonso no Rali de Noia.

Podio para Carlos Iván Alonso 4 O piloto ourensán logra a terceira posición no grupo N no rali de Noia, valedeiro para o Campionato Galego. Redacción O piloto ourensán, Carlos Iván Alonso xunto co seu copiloto, Diego Fernández, aos mandos do Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport fixéronse coa terceira posición do grupo N no rali de Noia. O equipo ourensán

de Ser Carballiñesa, chegaba á localidade coruñesa coa intención de rematar a proba e seguir mellorando as prestacións do Lancer; o resultado final non puido ser mellor con esa terceira posición do N e segundo na súa clase do trofeo Driver. Agora toca ir pasando novas metas en videiras citas

do galego.

grande avance no RMC.

Adversidades En Noia, Alonso e Fernández tiveron que sobreporse ás adversidades. Unha saída de estrada, un pinchazo e a rotura dunha lamia, non foron contratempos suficientes para lograr un mal resultado e demostrar un

Rali duro Para o piloto, o de Noia foi un rali moi duro con demasiados contratempos, pero que viuse recompensado polo excelente posto na clase e no grupo, ademais de sumar puntos importantes na Copa.


22

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

ACTUALIDADE

“Ociourense” chega ao seu ecuador con éxito de participación 4 Máis de 600 mozos sumáronse ata o momento ás actividades saudables deste programa. Redacción O programa de actividades saudables para o tempo de lecer dos mozos “Ociourense”, que organiza a Concellería de Saúde, chega ao seu ecuador sumando un total de 600 participantes nas súas 6 primeiras semanas. Piragüismo, escalada, parkour, cociña ou teatro son algunhas das actividades, dirixidas a

“Ociourense” ofrece aos mozos piragüismo, escalada, cociña, teatro e ata unha andaina sen tabaco

mozos de 15 a 30 anos de idade, durante as fins de semana, coas que o Concello de Ourense pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas, e proporcionar alternativas saudables para o seu tempo de lecer. O programa comezou en marzo e continuará ata a primeira fin de semana de xuño. Catro actividades están completas (escalada, piragüismo, cociña e baile), pero aínda hai prazas libres en 8 propostas: cinco obradoiros que se desenvolverán no vindeiro mes de maio: cócteis sen alcohol (11 de maio), BTT, parkour, teatro e sendeirismo urbano, e outras tres actividades que

non teñen límite de participantes: ruta nocturna en bicicleta, xogos de sempre e patinaxe nocturna (ambas en abril e maio). Un sinfín de actividades deportivas e culturais No ámbito deportivo, a oferta inclúe os deportes náuticos, coma o piragüismo, as rutas en bicicleta todoterreno (BTT), escalada en entorno controlado (rocódromo) ou iniciación aoparkour, que é un movemento urbano que consiste en harmonizar o movemento co entorno. Os mozos adquiren as habilidades básicas e recibirán ensinanzas técnicas, materiais e as medidas de seguridade ne-

cesarias. No eido cultural, o obradoiro teatral busca crear un espazo onde os mozos expresen e exterioricen os seus problemas, emocións, creatividade e espontaneidade. O senderismo urbano e a xa tradicional andaina sen tabaco, compleméntase con patinaxe ou rutas en bicicleta pola noite en lugares emblemáticos da cidade, como a Ponte do Milenio ou o Xardín do Posío. Campionatos de PS3, baile, busca do tesouro, cociña, xogos tradicionais, fotografía ou a elaboración de cócteles sen alcol, completan o amplo abano de actividades organizadas pola Concellería de Saúde, dende o día 9 de marzo e ata o 3 de xuño. Inscricións Os interesados poden realizar a inscrición nas actividades con prazas limitadas na Concellería de Saúde (na rúa da Concordia, número 20, entrechán) no teléfono 988 510 622 ou enviando un email a sanidade.pvillar@ ourense.es

Momento dunha clase de piragüismo.

4Caza foto

Paralelamente, estase a desenvolver a actividade Caza foto, na que todos os usuarios do programa Ociourense teñen a oportunidade de enviar fotografías das actividades realizadas (a través do correo ociourense@ourense. es con asunto: CAZAFOTO). Todas as fotografías colgaranse nun album con ese mismo nome en Facebook. A foto que máis “me gusta” consiga recibirá un premio.

Guimarães será a sede dos vindeiros Xogos do Eixo Atlántico 4 Decidíuse en Ourense. Redacción

Rodríguez, Pérez e Varela xunto aos representantes das 34 cidades que integran o Eixo.

Guimarães será a próxima sede dos vindeiros Xogos do Eixo Atlántico. Os representantes das cidades do Eixo Atlántico decidiron a sede na reunión mantida en Ourense. As instalacións do Centro Cívico da Ponte acolleron a xuntanza da Comisión Delegada de

Deportes do Eixo Atlántico encargada de escoller a cidade na que se celebrará a décima edición dos Xogos do Eixo Atlántico de 2013. O alcalde de Ourense Francisco Rodríguez, a tenente alcalde Isabel Pérez e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, recibiron aos representantes das 34 cidades que integran este

ente transfronteirizo. A comisión reunida en Ourense acordou nomear á vila portuguesa de Guimarães como anfitrioa do encontro deportivo que busca tender lazos entre Galiza e Portugal. A Comisión Delegada de Deportes do Eixo Atlántico está formada por concelleiros e técnicos das 34 cidades membros desta organización. Durante a reunión a comisión mantivo unha xornada de traballo para debatir e propor diferentes iniciativas en materia de deportes, salientando as candidaturas a acoller á décima edición dos xogos, na que o pasado ano participaron preto de 1.500 rapaces e rapazas.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº55- Ano: IV - 24 de abril de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4A PREGUNTA

4DESDE O MEU RECUNCHO

A importancia da psicoloxía na formación de futbolistas novos

4Que equipo ourensán ten a mellor afección? CD OURENSE Os seareiros do Ourense son todo un exemplo de paixón polo seu equipo, xa que a pesar das condicións climatolóxicas e de que o conxunto milita en 3ª División non se perden nin un partido. COB Incondicionais, así son os afeccionados cobistas, que aínda que o seu equipo estea en ACB, LEB Ouro ou LEB Prata non faltan a ningunha cita. Ademais, enchen autobuses para acompañar ao Club Ourense Baloncesto aos encontros que se disputan nas zonas máis próximas a Ourense.

CIDADE AS BURGAS O Cidade As Burgas conta cunhas das afeccións máis fieis, que partido a partido, sexa contra un rival sinxelo ou o máis duro de batir, estea ao borde do descenso ou a piques de clasificarse para a Copa da Raíña, enchen os Remedios para corear o nome do seu equipo e achegarlle todo o seu ánimo. PONTE OURENSE As bancadas dos Remedios quédanse pequenas cando o Ponte Ourense disputa algún encontro importante, xa que os seus seareiros non dubidan en acudir á cita co equipo cando este máis o precisa.

CODIGALCO CARMELITAS Ao igual que acontece dentro do propio equipo, os seguidores do Codigalco Carmelitas son como unha gran familia, que cada dous sábados toman o Polideportivo Vedruna como se o salón da súa casa se tratase e únense para animar con todas as súas forzas ao conxunto colexial. PABELLÓN OURENSE O Pabellón Ourense conta cunha afección entregada. Non se caracterizan por ser numerosos, pero os seareiros pavillonistas son dos que están máis implicados co seu equipo.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense.com

Resposta á última pregunta: 4Cres que foi un acerto a volta de Rafa Sanz como adestrador do Club Ourense Baloncesto? Si. O 57,1% dos votantes cren que si foi un acerto a volta de Rafa Sanz, fronte ao 42,9% que pensa que non.

Rafa Sanz foi tamén adestrador do COB nos últimos meses da tempada anterior./RAMSÉS

Introdución Hoxe en día para ter éxito o fútbol non basta con dispor dun grupo de bos futbolistas, é tan importante ou mesmo máis dispor de boas persoas, dun bo grupo humano. O grupo humano e caracteriza por: - Aceptación dos obxectivos: Os obxectivos establecidos deben ser aceptados polo grupo. - Comunicación: Enriquécese a interacción entre adestrador, xogadores, servizo médico, etc. - Conformidade coas normas:Acéptanse de bo grado aquelas pautas de conduta que organizan o traballo e a convivencia interna do equipo. - Constancia ante as dificultades: Cando se traballa en equipo, os xogadores son máis perseverantes ante as dificultades ou conflitos. - Satisfacción persoal: A satisfacción persoal está directamente relacionada coa cohesión interna. - Motivación: A cohesión interna reforza e incrementa a motivación. - O rendemento aumenta: Cohesión e rendemento retroaliméntanse entre si. A cohesión interna aumenta o

rendemento, o que á súa vez potencia a cohesión interna do equipo. Todos os compoñentes do equipo, futbolistas, adestrador, e demais técnicos están chamados a traballar día a día a favor da cohesión interna. Actitudes opostas ao grupo - O individualismo: Íllase dos demais. Encérrase en si mesmo. Exclúese do grupo. Négase aos demais. Non participa. - O conformismo: Pérdese no grupo. Perde a súa propia identidade. Dimite do grupo. Nega a súa participación, a súa creatividade. - Non estar de acordo no concernente aos obxectivos: Desacordo ou escasa aceptación por parte dos seus compoñentes. - Problemas na comunicación: Entre os compoñentes do equipo ou destes co adestrador. - O enfrontamento entre diferentes líderes dentro do grupo: Disputas entre algún membro do equipo polo liderado. - A incompatibilidade de competencias: Entre os compoñentes do grupo. No proceso de formación do futbolista deberiamos

preocuparnos, por tanto, de conseguir o dobre obxectivo de grandes xogadores dentro de grandes persoas. Se non o facemos así estaremos a construír un edificio con pouca base e cando chegue o temporal virásenos abaixo. Afortunadamente o proceso de formación dun futbolista é moi longo (dura entre 10 e 15e anos) e hai tempo para todo, para a formación deportiva e tamén para a formación persoal. Nós propomos un modelo de formación integral do futbolista que afecte á totalidade da súa vida onde non só nos ocupamos da aprendizaxe deportiva senón tamén da persoa que cada xogador leva dentro guiándoa e orientándoa para que desenvolva modos de pensar e de comportarse que lle permitan vivir en harmonía e equilibrio coa súa contorna máis inmediata. A continuación expresamos brevemente a nosa opinión sobre algúns dos puntos esenciais da formación. Dous deles (competición e adestramento) están relacionados coa aprendizaxe deportiva e o terceiro (estilo de vida) co desenvolvemento persoal do xogador. Alfonso Vilachá


24

BARRIOS DEPORTIVO 24 de abril de 2012


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.