12 Abril 2012 - BD Nº54

Page 1

Ourense acollerá o Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil FÚTBOL SALA

Páx. 2-3

O Ponte vence ao Cidade no derbi ourensán de FSF

ATLETISMO

[páx. 18] Páx. 12-13

Comeza o “II Correndo x Ourense”

O derbi de Liga Feminina 2 disputarase o 14 de abril no Vedruna./Ó.BLANCO.

Número: 54- Ano: IV - 13 de abril de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 15. Os Carrís. 17.30h.-. UD Barbadás - Tomiño. - Día 15. José Arjiz (Verín). 18.00h. Verín - Atios. - Día 15. Estadio M. Ángel. 12.00h. Pabellón - Celta. - Día 22. O Couto. CD Ourense - Estradense. - Día 22. Ourense. CD Ourense B - Portonovo. - Día 22. O Barco. CD Barco - Arousa. - Día 22. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Pontellas.

Baloncesto

- Día 14. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Pabellón Feminino. - Día 15. Os Remedios -12.00h.- ABO - Arruabarrena. - Día 20. Paco Paz -21.00h.- Club Ourense Baloncesto - Fontedoso El Bulevar. - Día 21. Os Remedios -19.00h.- Pabellón Feminino Arxil.

Fútbol sala feminino - Día 14. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Orvina. - Día 21. Os Remedios. -17.00h.- Cidade As Burgas Burela.

Tiro - Do 16 ao 20 de abril. Club de tiro Eiroás. Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil.

Atletismo - Día 14. O Barco de Valdeorras. Campionato Galego de clubs aire libre. - Día 14. Maside (pola tarde). Duatlón escolar -XOGADE-.

Voleibol - Día 14. Paco Paz (pola mañá). Fases finais das categorías de base de voleibol.

Tenis de mesa

- Día 14. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Liceo Casino Vilagarcía.

Hoquei (Primeira División Grupo III) - Día 14. Mariñamansa -16.00h.- Pabellón - Atlántico. - Día 14. Mariñamansa -18.00h.- Cudeiro - Albor. - Día 15. Mariñamansa -12.00h.- Ourense - Covadonga. - Día 21. Mariñamansa -16.00h.- Cidade - Cudeiro. - Día 21. Mariñamansa -18.00h.- Albor - Barrocás. - Día 22. Mariñamansa -13.00h.- Apóstol Ourense - Jolaseta.

Pádel - Día 15. Club P21 -16.00h.- Ourenpadel P21 B - SD Lalín B. - Día 22. Club P21 -16.00h.- P21 A - Pontevedra - Campolongo.

FÚTBOL SALA

O Ponte impón a 4 O Cidade As Burgas mantivo baixo control ás R. Torres O Ponte Ourense segue en pleno de vitorias nos seus enfrontamentos contra o Cidade As Burgas. Nesta ocasión o partido presentábase máis insulso que en citas anteriores, pero aínda así as xogadoras de ambos os equipos deixaron un gran espectáculo na cancha central do pavillón dos Remedios. Durante a primeira metade, as xogadoras locais do Cidade mantiveron baixo control ás do Ponte cunha férrea defensa. O asedio era constante cara á portaría defendida por Ana, pero tanto ela como as defensoras mostrábanse sólidas ante o empuxe das visitantes e repelían cada balón que se dirixía ao marco local. Tanto era a insistencia, que a falta de nove segundos para o bocinazo do descanso, Souza (que reaparacía despois de varias xornadas lesionadas) abría a

A pesar do resultado, o Cidade mostrou a súa valía ante un Ponte que é na actualidade dos mellores conxuntos da Primeira División de FSF

lata de potente disparo desde fóra da área. 01, resultado co que se chegaría ao descanso do encontro e xarro de auga fría para as de Manolo Codeso. Na continuación, aínda que as franxiverdes tentáronse quitar a presión, seguía dominando o tempo do partido o Ponte. Froito deste dominio chegarían tres goles máis, obra de Ampi, en xogadas moi calcadas: pase á esquina e en parede devolvía a bola ao medio para que a andaluza batese a Ana; 04 e todo resolto. Antes, o Cidade viu como un balón que ía a portaría era sacado coa man por Eva fóra da área e esta viu a amarela, ante as protestas das locais. Os colexiados consideraron que o esférico non ía cara á portaría. Ampi, con estes tres goles, é a máxima realizadora da competición con 31 tantos, seguida da xogadora do Córdoba Danny, con 18. A máxima goleadora do Cidade, é Iria con 14 goles. Gol da honra Neses intres as ocasións eran para o Cidade, pero unha gran

Eva detiña todo o que lle chegaba, salvo un lanzamento no minuto 37 de Peke, que se coaría na portaría visitante. O gol viña demasiado tarde para os intereses das de Codeso, e o marcador non se movería até o final do encontro. Con esta vitoria, o Ponte segue a oito puntos do líder, Futsi Navalcarnero; mentres que o Cidade continúa na undécima posición,


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

FÚTBOL SALA

a súa lei no derbi actuais campioas até nove segundos antes do descanso. nove puntos por enriba do descenso. Vindeiras citas O Cidade das Burgas, malia estar virtualmente salvado, buscará a salvación matem á tica

nas vindeiras xornadas. A próxima cita das ourensás é en Córdoba contra o Cajasur. Un encontro difícil no que tentarán dar a sorpresa ante un rival que está perdendo fol nas últimas datas e practicamente dixo adeus á loita polo título. Unha semana máis tarde, na xornada 25, o Cidade enfróntase ao Burela no derbi galego. As de Pardeiro están dando unha moi boa sensación na segunda volta do campionato marchando cuartas a 11 puntos do Navalcarnero. Pero será na seguinte xornada cando as da vella Auria disputen un partido da súa liga; será como visitantes contra o Zaragoza que está flirteando cos postos de descenso. Unha vitoria das ourensás deixaríaas definitivamente a vindeira tempada na elite do fútbol sala feminino. Partido en casa Pola súa banda, o Ponte Ourense ten un partido fácil contra o Orvina, nos Remedios o sábado 14 de abril, a partir das cinco da tarde. Esta xornada é chave para que as de Óscar Vivián aínda poidan soñar coa liga. E é que o líder, Futsi Navalcarnero, visita a cancha de Vistalegre para enfrontarse ao Burela. A derrota das madrileñas reduciría a vantaxe aos cinco puntos, sempre e cando as pontinas saquen o seu partido adiante.

María Arias tirando a portería do Ponte sen que Chiqui o dea evitado./RAMSÉS

O 14 de abril o Ponte recibirá ao Orvina ás 17 horas nos Remedios, mentres o Cidade visitará a cancha do Córdoba Primeira División FSF 14ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid - 58 2º Ponte Ourense - 50 3º Móstoles - 48 4º Burela - 47 5º Córdoba -46 6º Gironella - 45 7º Femesala Elche - 39 8º U. de Alacante - 33 9º Orvina - 30 10ºCidade As Burgas-27 11º Soto del Real -24 12º Valladolid -21 13º Zaragoza - 18 14º Logroño - 18 15º Rubí - 14 16º Majadahonda - 10

4 Xornada 24 - 14 de abril U. de Alacante - Rubi Móstoles - Valladolid Soto del Real - Diamante Logroño Ponte Ourense - Lacturale Orvina Deportivo Córdoba - Cidade As Burgas Burela - Futsi Navalcarnero Zaragoza - Femesala Elche Gironella - Majadahonda

4 Xornada 25 - 21 de abril

Drica e Sonia disputando o balón./RAMSÉS

Majadahonda - U. de Alacante Rubi - Móstoles Valladolid - Soto del Real Diamante Logroño - Ponte Ourense Lacturale Orvina - Deportivo Córdoba Cidade As Burgas - Burela Futsi Navalcarnero - Zaragoza Femesala Elche - Gironella


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

FÚTBOL

O Ourense recupera o liderato a falta de cinco xornadas 4 Sácalle dous puntos ao segundo, Alondras. R. Torres O CD Ourense recupera o liderato ao vencer por 21 ao Rápido de Bouzas nun partido con moita emoción ata o final. O equipo dirixido por Luisito xa sabía do resultado do Alondras contra As Pontes (empate a un), polo que con vencer en casa diante do club vigués voltaría recuperar a primeira posición da Terceira División. Incomprensiblemente os xogadores ourensáns saíron durmidos ao terreo de xogo, sen apenas trenzar xogada algunha e moito menos crear ocasións de gol. Desta apatía aproveitouse o Rápido de Bouzas, que se adiantou no marcador antes de chegar ao descanso. Os afeccionados mostraron o seu malestar antes do descanso con asubíos nalgunha das xogadas do equipo local. Durante o descanso o técnico tivo que lerlles a cartilla no vestiario para que mudaran a actitude. Sanginés e Quintairos quedaban na ducha, e no seu lugar saían Noguerol e Amilton. Os cambios non lle puideron saír mellor aos ‘rojillos’. Os recén entrados no terreo de xogo fixéronse acredores das xogadas máis claras de gol para o Ourense. A com-

binación entre eles dous fixo que Jaime Noguerol encarara por dúas ocasións ao porteiro visitante sen que subira ningunha das accións ao marcador. A diferenza coa primeira parte era palpable e o público comezou a animar con máis insistencia ao seu equipo, que tiña a oportunidade de regresar á primeira posición. Aos dous dianteiros uníronselles na festa atacante Yebra e Mouriño con sendas ocasións que non farían mover o resultado, pero si barruntaba que pronto chegaría o gol do Ourense. Para que o gol fixera acto de presenza Isma tívose que lesionar; no seu lugar entrou o galés Matt Crowe que levaba cinco xornadas sen estar convocado. Remontada Foi o galés, no minuto 82, o que desde a frontal da área facía o primeiro gol despois de zafarse do seu par. Un tiro axustado ao poste que fixo inútil a estirada do cancerbeiro visitante. 1-0 e empezábase a crer na remontada, malia os oito minutos máis o desconto que faltaban para rematar o encontro. Despois do gol, os locais recuperaron novos folgos para buscar o segundo. Noguerol, que estaba xogando lesionado

Noguerol controlando o balón fronte a un xogador do Bouzas. /RAMSÉS. desde facía algúns minutos, voltaría ter nas súas botas unha nova oportunidade. Pero tivo que ser no desconto (cando máis prestan a remontadas) cando, unha internada de Amilton pola banda dereita con posterior centro, é desviado por un defensa coa mala fortuna que se cola na rede da súa portería. 2-1 e loucura desatada no campo e nas bancadas. O Ourense regresaba ao liderato con tan só cinco xornadas por disputar. Despois do encontro, Luisito amosábase feliz co resultado e resaltaba que a segunda parte “era como unha promoción”, pero tamén advertiu que os primeiro 45 minutos “foron de descenso”. Un toque de atención que levaron os

xogadores para este tramo final de liga regular e para a promoción, na que para Luisito “unha falta de concentración pode facer que perdas a eliminatoria”. Vindeira xornada O Ourense visita na xornada 34 ao Bergantiños coa baixa segura de Noguerol, quen foi sancionado por acumulación de tarxetas. O equipo de Carballo é 13º con 37 puntos, tan só catro por enriba do descenso e busca certificar o antes posible a súa salvación. Con estes datos o partido preséntase difícil para os de Luisito. Os ourensáns teñen que pensar en sumar os tres puntos para ter máis preto a primeira posición ao finalizar a liga. Ordes reci-

be ao Alondras cos deberes feitos, polo que non se xogan nada nesta xornada, xa que están salvados. O Pontevedra visita Vilalba para xogar contra o Vilalbés; o cadro lucense está a tres puntos da promoción e a catro dos do Lérez. O cuarto clasificado, Cerceda, desplázase ata Sanxenxo para enfrontarse ao equipo local, pechacancelas e virtualmente descendido a Rexional Preferente.

O Ourense visita ao Bergantiños sen Noguerol, sancionado por acumulación de tarxetas

Imparable Barbadás Redacción

A UD Barbadás leva unha racha imparable na Rexional Preferente, con máis dunha volta de competición sen coñecer a derrota. A última vítima, o cadro da terra dos poetas, o Spórting Celanova, quen se viu desbordado no estadio de San Rosendo polos pupilos de Jorge Regal. 0-3 foi o resultado final e o Barbadás xa suma 69 puntos, dez máis que o terceiro clasificado. O segundo clasificado e que tamén ascendería nestes intres xunto co equipo ourensán, é o Choco, que ten seis puntos menos, 63. En canto aos equipos ourensáns, o Celanova e 13º con 35 puntos; o Barco, oitavo con 51; o Verín 15º, con 34, e pecha a táboa o Ourense B con 16 puntos. O Ourense B é equipo de Primeira Rexional, e o Barco está salvado. O Celanova e o Verín teñen que sumar puntos e escalar posicións para non descender nin dunha maneira directa nin por posibles arrastres da Terceira División.

O Barbadás suma 69 puntos, dez máis que o segundo clasificado


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

BALONCESTO

non vencen os dous encontros que teñen por disputar. Así, unha derrota do COB na Coruña podería ser unha boa nova para os intereses cobistas de cara á ansiada segunda praza.

Dous partidos para que chegue o importante

4 Club Ourense Baloncesto ten dous partidos para rematar a liga regular. R. Torres Leyma Natura Coruña fóra e Fontedoso Carrefour no Paco Paz son os encontros que lle restan ao COB para rematar a liga LEB Prata. Este sábado 14 de abril os de Rafa Sanz viaxan ata A Coruña para xogar contra o Leyma Natura. Os herculinos son sétimos con 12 vitorias e 10 derrotas, polo que o partido fronte aos da vella Auria é vital para os seus intereres de rematar o máis arriba posible na clasificación e poder optar na primeira eliminatoria de play off a ter o factor cancha a favor. Para iso tería que gañar ao COB e ao Lan Mobel. Para Rafa Sanz, o equipo coruñés é un dos favoritos para o ascenso a LEB Ouro,

e coa chegada do base Sergio Alonso as súas filas aínda o é máis por que “é o que precisaba o Coruña”. O técnico cordobés considera que “eles xóganse moito neste encontro” e por elo “irán ao 100% desde o comezo”. Sanz cre que para poder dobregalos teñen que xogar un partido moi serio, duro e ter ambición para sacalo adiante. O Coruña pode ser un dos rivais do COB no play off, por ese motivo poderían chegar a este partido gardando algunha estratexia na manga de cara á promoción de ascenso, aínda que o adestrador asegura que irán ata A Coruña “a peito descuberto” e “con ambición para gañar”, sentenciaba Sanz. O equipo estará arroupa-

do alomenos por medio millar de seareiros que se desprazarán nun autobús posto polo club. O prezo da viaxe e a entrada é de 20 euros. Sairase desde o parque de San Lázaro ás 16 horas e voltarase ao concluir o encontro. As combinacións do COB Distintas son as contas que bota o Ourense. Co factor cancha garantizado na primeira ronda, terá que agardar para saber se finalmente é segundo ou queda nun posto máis retrasado, polo que perdería a vantaxe da cancha na segunda ou terceira ronda. Unha vitoria e que Aurteneche non quede nas cinco primeiras posicións é o que precisa o COB para asegurar a se-

gunda praza e ter en todas as eliminatorias a cancha ao seu favor. Incluso perdendo os dous partidos podería rematar en segunda posición, pero neste caso as posibilidades disminuirían e dependerían de máis dun equipo. Contando que alomenos un dos partidos que falta por concluir a liga o gañase, estaría a merced do Aurteneche, que por vencer na Copa ten dereito a segunda praza sempre e cando remate entre os cinco primeiros clasificados, o que faría que subira á segunda posición e o resto baixara un posto. Ao Aurteneche réstalle un partido, contra o Fontedoso Carrefour, que terá que gañar para aspirar a esa segunda posición se o Leyma Coruña ou o Lan Mobel

Abonos para o play off O presidente do Club Ourense Baloncesto, Jorge Bermello, presentou a campaña dos prezos para os abonos do play off. Para os socios do club,o custe do abono é de 20 euros e dá dereito a ver todos os partidos que xogue o equipo na casa. Pola súa banda, os socios júniors pagarán 10 euros polo abono. O público en xeral que queira adquirir un abono terá que pagar 40 euros, mentres que os júnior pagarán 20 euros. Os que opten por mercar as entradas en cada partido terán os seguintes prezos: para a primeira ronda o prezo para os socios é de 3 euros, para os non socios 10 e para os júnior 5. Para as segunda e terceira ronda os prezos serán de 5 euros para os socios, 12 para o público e 6 euros para os júnior. O primeiro partido de play off será o martes 24 de abril a partir das 21 horas, no Paco Paz ante un rival aínda por determinar.

O sábado 14 o COB visitará ao Leyma Natura, na penúltima xornada

O ABO despide a tempada Redacción Dous encontros son os que ten que afrontar o Ourense Capital Termal para dar por finalizada esta tempada. O equipo co que se enfrontará nesta eliminatoria, a ida e volta, é o cadro biscaíño do Arruabarrena co que se medirá para saber en que posición final remata ao xuntar os dous grupos de Liga EBA. O partido de ida xogarase nos Remedios, este domingo 15 de abril, ás 12 horas. O conxunto dirixido por Chema Royo foi de menos a máis na competición deixando un bo sabor de boca nos últimos encontros. O adestrador non poderá contar con Juan Blanco, pero si estará Rodrigues, despois de dous meses lesionado.

Xogador do ABO.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

BALONCESTO

O prezo do orgullo

4 Codigalco e Pabellón enfróntanse o 14 de abril sen xogarse nada na liga, salvo a súa honra. S.N. Cando dous equipos da mesma cidade militan na mesma categoría dun deporte xa están máis que acostumados a verse as caras dúas veces ao ano, pero se, ademais, ningún deles se xoga xa nin a permanencia nin o ascenso, a cita, lonxe de perder aliciente, tórnase, se é posible, máis emocionante, xa que non caben as axudas ao veciño, nin as excusas pola falta de motivación. Un derbi é un derbi, e a honra ante os seareiros ten un único prezo, o de proclamarse vencedor. Con este panorama é co que o vindeiro sábado 14 de abril Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense se enfrontarán no partido de volta da Liga Feminina 2 de baloncesto, que congregará a partir das 19:15 horas no polideportivo Vedruna ás afeccións de ambos equipos na procu-

ra dunha vitoria, buscada como sempre, pero saborosa como nunca. O local O Codigalco Carmelitas será o anfitrión desta cita, á que chega coa enerxía que outorga ter estado loitando pola cuarta praza (a derradeira que permite a participación no play off de ascenso) ata a pasada xornada, a súa mellor posición clasificatoria (ocupa a sexta praza, fronte á oitava do visitante), as súas tres vitorias máis e a súa compenetrada plantilla. Todo son vantaxes para o conxunto colexial que, ademais, está na obriga de compensar o lamentable partido disputado nos Remedios durante a ida. Así mesmo, esta vitoria, aínda que non as achegaría ao quinto clasificado (o Ferrol, que suma 16 vitorias, tres máis que as de Juan Rodríguez), si lle permitiría afincarse na

sexta posición que hoxe ocupa e que tanto ansía o Tenerife (igualado en partidos gañados). E ante a imposibilidade matemática de gozar da experiencia dunha loita polo ascenso rematar unha gran tempada na mellor posición posible debe ser hoxe a meta do conxunto colexial. O visitante O Pabellón Ourense pisará o Vedruna por detrás do Codigalco na clasificación, pero co empurre que lle ocasionou a vitoria desta última xornada contra o Aros León, a cal lle deparou o ascenso ata a oitava posición da xeral e a salvación matemática (a falta de confirmación da existencia de descensos esta tempada). Ademais, o bo papel realizado no partido de ida fronte ás colexialas (ás que venceron por 57 a 45) demostra que nos derbis entre estes dous equipos

pero de moral estamos bastante ben”, adelantou o técnico pavillonista. Así, as previsións fan agardar que o “triángulo máxico” colexial (composto por Simmnos, Atíes e Oliva) será o máis temido polas pavillonistas, ao tempo que as de Juan Rodríguez deberán frear as grandes actuacións ás que nos teñen acostumados Bolonio, Pallardó e Geehan por parte do Pabellón.

Pallardó desfacéndose de Oliva no último derbi./RAMSÉS non hai nada escrito e que as de Lisardo Rodríguez sempre chegan a estas citas coas mesmas gañas de vitoria. Novidades nas filas pavillonistas Salvo hecatombe, o Codigalco chegará ao derbi co seu banco ao completo, mentres que o Pabellón,

De esquerda a dereita: Bolonio, Atíes, Pallardó, Simmons e Bolívar. Cinco das xogadoras chave do derbi de LF2./R.T.

pola contra, contará con tres baixas nas súa filas. “Chegamos ao derbi coa ausencia de Brittney Scott, que abandonou o equipo por motivos persoais, e as de María Álvarez e Nuria Ramiro, por lesión. En efectivos andamos curtos,

Codigalco e Pabellón veranse as caras o sábado 14 de abril a partir das 19:15 horas no Vedruna

4 Así o ven os técnicos pero eu considéroo un partido máis”.

Juan Rodríguez, adestrador do Codigalco “Queremos gañar na casa o derbi para quitarnos a sensación que nos deixou o partido da primeira volta. Intentaremos vencer, pero sen esquecernos de que é un partido máis. O importante para nós é o conxunto global da tempada, que foi moi boa. O derbi é chamativo para a afección, que de seguro encherá o Vedruna,

Lisardo Rodríguez, adestrador do Pabellón “Non nos xogamos nada, pero un derbi sempre é un derbi. No partido da primeira volta, cando elas querían loitar pola cuarta praza, a derrota contra nós foi un paso atrás, polo que quererán resarcirse neste encontro diante da súa afección”.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

BALONCESTO

O Pabellón sálvase e o Codigalco esquécese do play off 4 O Pabellón vén de vencer ao Aros León, mentres o Codigalco foi derrotado con contundencia polo Coelbi Bembibre. S.N. Distinta sorte correron as nosas dúas representantes en Liga Feminina 2 a pasada xornada. O Pabellón gañou e o Codigalco perdeu. Un celebrou a salvación e o outro tivo que lamentar o seu alonxamento definitivo do play off. Para un continúa o soño da LF2 e para o outro remata o do ascenso. Pabellón 83-78 Aros Os conxuntos que militan en LF2 aínda non saben con seguridade se a final de

tempada haberá descensos a Primeira División, pero sexa como sexa, o Pabellón Ourense decidiu facer os deberes contra o Aros León e conseguir matematicamente a súa permanencia na categoría de cara ao vindeiro ano. Así, por fin as de Lisardo Rodríguez se despiden do sufrimento e poderán permitirse disputar as tres últimas xornadas coa tranquilidade que a salvación outorga. Para iso o pasado 4 de abril o conxunto pavillonista recibiu nos Remedios ao Aros León, nun encontro

A colexiala Verónica Blanco sorteando a unha rival./R.T.

que durante a primeira metade (que rematou 29-40) foi dominado polas visitantes -dirixidas maxistralmente por Ginés-. Nembargantes, o Pabellón soubo darlle a volta ao casilleiro no terceiro período, cun parcial 30-15, que lle proporcionou a vantaxe suficiente para decantar a balanza ao seu favor. 83-78 foi o resultado que o luminoso marcaba no minuto corenta e que lle permitiu ao Pabellón non só manterse na categoría senón tamén ascender ata a oitava posición da xeral, unha praza que agarda, incluso, mellorar ao longo das tres citas que aínda quedan. “Partiamos nesta tempada cun proxecto novo e que a falta de tres xornadas esteamos salvados significa que cumplimos con creces as expectativas. Nós somos un club modesto, coas nosas limitacións, e aínda así competimos con case todos os equipos, gañando o noso sitio pouco a pouco. Contra o Aros, despois dunha nefasta primeira metade, fixemos unha gran segunda metade e vencemos con solvencia”, explicou o adestrador pavillonista despois do choque nos Remedios. Bembibre 71-37 Carmelitas Se a algo xa non nos tiña

acostumados o Codigalco era a perder un encontro por máis de 30 puntos de diferencia, pero a súa falta de acerto e que o rival sexa o líder da categoría fixeron que as de Juan Rodríguez parecesen dar un salto ao pasado na última xornada e viviran unha das súas peores derrotas da tempada. 71-37 foi o resultado final dun encontro no que, en absoluto, houbo tanta diferenza entre os equipos. Aínda que é certo que o Bembibre sempre dominou a cita e se mantivo por diante, as colexialas plantáronlle cara en todo momento na procura de, como mínimo, dar a mellor das imaxes, pero a sorte, esta vez, non quixo moverse da cidade das Burgas. Así, as leonesas remataron xa o primeiro cuarto marcando distancias (199), o segundo demostrando o que saben facer (39-21), o terceiro evidenciando por que son líderes (47-30) e o cuarto deixando claro que baloncesto se escribe con “b” de Bembibre. O Codigalco non tivo nada de sorte, mentres o Coelbi despregou o seu mellor xogo. “Pelexamos ben durante o partido e tivemos boa actitude, pero estivemos moi desacertados de cara ao aro contrario. Ademais, o Bembibre é un gran equipo

Noelia Cacheiro buscando un complicado pase./R.T. e fixo un moi bo partido”, recoñeceu o adestrador colexial tralo encontro. Con esta derrota, o Carmelitas mantense sexto, polo que cos tres encontros que restan xa non optaría á cuarta praza (que a ocupa o Ensino, con catro partidos gañados máis que as ourensás). As últimas xornadas En xeral, aínda que non o pareza, todo son boas novas, os dous equipos ourensáns seguirán na categoría a próxima tempada e, como consecuencia, deberán volver verse as caras na loita pola mellor posición, como acontecerá a vindeira xornada, xa que o 14 de abril Carmelitas e Pabellón enfrontaranse no Vedruna na procura dunha das tres últimas vitorias ás que poden

aspirar este curso. Logo do derbi, dispares emparellamentos lles agardan a ambos conxuntos. Por unha banda, o Codigalco visitará o 21 de abril ao Cortegada (3º clasificado) e o 28 recibirá ao Tenerife (7º). Por outra, o Pabellón recibirá nos Remedios o 21 ao Arxil (10º) e o pechará o curso visitando ao Aguere (12º) a finais de mes. En definitiva, semella máis probable que rematen o que queda de tempada sumando máis vitorias as pavillonistas, pero como xa se sabe no deporte non hai nada escrito, e o sino é capaz de voltar co n só un xiro o sinxelo imposible e o imposible sinxelo, así que tocará agardar a que o balón comece a botar e el mesmo decida o remate de curso de Carmelitas e Pabellón.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

PITCH&PUTT

Ráting System, a nova forma de xogar en Match-Play O domingo 8 de abril estreouse no Campo de Pazo da Touza un novo sistema de competición denominado Ráting System Match-Play P&P. Este sistema ideado por un ex xogador profesional de xadrez holandés, de nome Bas Van Roosmalen, determina un coeficiente de nivel do xogador (ráting) o cal determina unha puntuación en cada un dos enfrontamentos que se realicen. Os torneos dispútanse a 4 roldas de 6 foxos EPPA, e o dinamismo da modalidade fai que sexa todo un éxito

Axenda Pitch&Putt

nos países onde se está xogando. O torneo disputado esta semana foi gañado con autoridade en primeira categoría por Marcos López, seguido de Jose Luís Arceiz. En segunda a igualdade foi maior, e Moisés Iriarte impúxose a Jose A Escudeiro e Chus Penedo.

O torneo foi gañado por Marcos López e Moisés Iriarte, en 1ª e 2ª categoría

Ránking provincial 2012

Marcos López e Moisés Iriarte, vencedores do primeiro torneo Ráting System.

- 14 e15 de marzo- Campionato Galego Categorías Strokeplay - Pozo do Lago - 17 de abril - MatchPlay dos Martes- Pozo do Lago - 20 e 21 de abril - 10ª xornada Liga AquabellaCadavid - Pazo da Touza - 24 de abril - MatchPlay dos Martes - Pazo da Touza

ABSOLUTO 1º-J.C Surribas 261 2º- Peter Mervin 246 3º- Jorge Sarmiento 240 4º- Antonio Salgado 232 5º- J.E. Villarino 222 6º- Jose L Arceiz 221 7º- Jaime Janeiro 215 8º- Efrén Rodríguez 215 9º- Siso de Anta 214 10º- JA Carvajales 211 Manuel Silva 211 Victor Rodríguez 211

Campionato Galego de categorías en Pozo do Lago Pozo do Lago acolle o II Campionato Galego por Categorías os días 14 e 15 de abril. Esta competición xógase baixo normativa internacional (2 paus+putt e 90 metros de máximo por foxo) e definirá os campións galegos nas seguintes categorías: sénior, feminina, xuvenil, segunda e terceira. En categoría sénior o gran favorito é Antonio Salgado, que terá un duro escollo co

actual líder do ránking galego Benigno Suárez. Parten con serias opcións Jose Luís Arceiz, Ramón García, Manuel Branco e Jose E Villarino. Entre as damas Fátima Gómez, Carmen Casar e Maria Escudero serán tres das candidatas a tentar arrebatarlle o campionato á gran favorita, a sarriá Matilde López. Efrén Rodríguez parte con vantaxe ante o seu rival

5Máxima igualdade a falta dunha xornada da liga Aquabella, Surribas e Peter Mervin en absoluto e Silva, Rubén, Sergio e Manuel Bardelás en hándicap optan polos títulos.

máis directo para facerse co título este ano, o xogador de Tambre pero de orixe en Cortegada Pepe de Francisco. En segunda Pedro Botana e Manuel Bardelás teñen serias opcións nunha categoría moi aberta, mentres que en terceira Jose A Escudero tentará estar ao nivel de xogadores como Antonio Román ou Jose Manuel Naviera.

SÉNIOR 1º- Antonio Salgado 232 2º- J.E. Villarino 222 3º- Jose L Arceiz 221

Jaime Janeiro estudando o green para efectuar o seu golpe de “putt”.

5O campo galego de Tambre Pitch&Putt opta a organizar o Campionato do Mundo Individual de Pitch&Putt 2013.

4Juan Carlos Iglesias Surribas “xogador da quincena”. Igualou o resultado de Amador López de -5 na 8ª xornada da liga de inverno Aquabella-Cadavid en Pazo da Touza.

XUVENIL 1º-Efrén Rodríguez 215 2º-Pedro Botana 177 3º-Manuel Bardelás 154

FEMININO 1º- Maria Escudero 2º- Fátima Gomez 3º- Carmen Casar

134 130 130

HÁNDICAP 1º- Manuel Silva 2º- Manuel Bardelás 3º- Sergio Fdez 4º- Ruben Dguez 5º- J.C Surribas

261 259 257 255 254


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

ATLETISMO

Willy, Guede e Molina, a piques de rematar o Maratón das Areas 4 Xa superaron o máis esixente da proba. R.T. Os representantes galegos da 27 edición do Maratón das Areas xa superaron as etapas maís esixentes desta proba de autosuficiencia. José García Calvo “Willy”, Ana Guede e Antonio Molina, que conforman o equipo Universidade de Vigo, están facendo unha boa carreira no deserto do Sáhara. Con

188,8 quilómetros nas súas pernas e costas (teñen que levar todo o necesario para estes días nunha mochila), os tres atletas xa levas gastadas as catro primeiras etapas dun total de seis. As tres primeiras etapas tiveron un percorrido que oscilou entre os 33 e os 39 quilómetros. A cuarta xornada era a etapa raíña, e os tres decidiron ir xuntos durante os 81,5 quiló-

metros que tiña preparada a organización da carreira para esta xornada de dous días de duración. Máis de 18 horas e media foi o que tardaron en percorrer a distancia. Antonio molina e Willy todo os días foron xuntos, tirando un do outro. Molina ocupa o posto 439 con 36 horas 41 minutos e 27 segundos. Willy vai de 440 con 36 horas 41 minutos e 29 segun-

O Ourense Academia Postal buscará o seu cuarto título no Galego de clubs 4 O campionato disputarase o sábado 14 no Barco de Valdeorras. Redacción Este 14 de abril os clubs de atletismo máis representativos de Galicia participarán no Campionato Galego de Clubs, que se celebrará no Barco de Valdeorras. Presúmese un gran campionato, xa que a el acuden nove equipos de categoría nacional, que en dúas semanas iniciarán ás súas respectivas Ligas de Clubs 2012. Dos nove clubs, tres están na máxima categoría (Di-

visión de Honra): os equipos masculinos do Ourense Academia Postal e a Sociedad Ximnástica de Pontevedra, e o Ría de Ferrol en mulleres; o resto participan este ano en Primeira División: en categoría feminina o Ourense Academia Postal, o Atletismo Feminino Celta e o Atletismo Lucus; e en masculina os clubs Real Club Celta, Atletismo Narón e o anfitrión desta proba, o ADAS do Barco. En total son sete equipos

masculinos e oito femininos os que daranse cita no Autonómico. En homes participarán o Ourense, Gimnástica, ADAS, Celta, Narón, Lucus e Vila de Cangas; e en mulleres participarán o Ourense, Ría, ADAS, Celta, Gimnástica, Narón, Lucus e Vila de Cangas. Academia Postal O Ourense Atletismo Academia Postal chega á cita como un dos favoritos, e tentará lograr os éxitos de

dos. Guede na clasificación xeral está de 532 con 39 horas 54 minutos e 42 segundos. Faltan dúas xornadas Agora só lles restan dúas xornadas para rematar esta 27ª edición da proba de autosuficiencia máis dura do planeta. A próxima etapa rondará a distancia de maratón -42 kms- e a derradeira desta edición de 2012 será unha etapa curta, rondará os 15, para goce de todos os valentes que rematen a proba. 1032 participantes comezaron esta carreira, que xa ten 43 abandonos por diversos motivos, sobre todo por problemas nos pes coas temidas vinchocas. edicións anteriores. Nos oito anos que se leva celebrando, o equipo ourensán nunca se baixou do podio, polo que tentarán repetir resultado, sobre todo o dos tres últimos anos, no que o equipo masculino acadou o título, mentres que o feminino foi subcampión. Pero para logralo os homes do académico terán na Sociedad Gimnástica ao seu máximo rival. Así mesmo, o ADAS ao xogar na casa, tamén terá algo que decir. Pola súa banda, o equipo feminino loitará pola segunda praza xunto co Celta e Lucus. O primeiro posto está case asegurado para o Ría de Ferrol. A competición durará todo o sábado en xornada matinal e vespertina, e iniciarase co lanzamento de martillo feminino.

Comezan os retos solidarios para Antonio Madriñán R.T. O ano pasado o ultrafondista ourensán Antonio Madriñán comezou cunha serie de retos solidarios por toda a xeografía española. Este ano pretende repetir iniciativa, e os días 14 e 15 de abril fará o seu primeiro reto solidario do 2012. Madriñán deprazarase ata Carrión de Calatrava, Ciudad Real, para realizar o II Reto Solidario 24 horas pola discapacidade, que correrá baixo o lema

“no tiendas muros, tiende manos”. Os recadado será destinado á asociación ACREAR (Asociación de Ciudad Real de Artritis Reumatoide). Ao corredor do equipo “where is the limit?” o acampoñará na aventura o seu incombustible compañeiro Demetrio Álvarez, ademais de Pablo Rago (atleta discapacitado), así como centos de persoas que xa se interesaron en participar na iniciativa. O ourensán xa está organizando o segundo reto solidario de Ourense.

Madriñán disputando un dos anteriores retos solidarios.


10

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

PUBLICIDADE


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

ATLETISMO

11

Inscricións abertas O II Pozo do Demo de Verín achegouse ao millar de participantes para o San Mamede 4 Entre as probas de carreira, andainas e as escolares.

4 A proba terá lugar o 20 de maio.

Redacción O 1 de abril celebrouse a segunda edición da andaina e a carreira de monte do “Pozo do Demo” que organizan o Concello de Verín e a Asociación de Senderismo “Ruta das Augas”. O primaveral día do que gozaron os numerosos participantes, víu como as 09,30 horas partía a andaina dende o pavillón de deportes con 610 inscritos para percorrer a novedosa ruta de 18 quilómetros que dispuxo a organización para coñecer máis a fondo o Pozo do Demo pola baixada da fraga. Antes, a proba adentrárase polo monte Montemaior arriba para rodealo e chegar ao punto de avituallamento de froita, barritas enerxéticas, refrescos e auga no pobo da Veiga das Meás. Os sendeiristas contaron coa especial compañía do equipo da Universidade de Vigo, capitaneado por “Willy”, que fixo toda a ruta correndo coas súas mochilas de supervivencia para adestrarse para o Maratón das Areas no que xa están participando. Mentres os camiñantes discorrían por retorcidas veredas e contemplaban as impresionantes paisaxes do val de Monterrei dende a cima do Pozo do Demo, na zona do pavillón celebrá-

Desafío Solidario Redacción

Un dos participantes na proba de carreira do II Pozo do Demo. banse varias carreiras escolares. A carreira benxamín, de 700 metros, tivo como gañadores a Pablo Pazos, na categoría masculina, e a Antía Castro, na feminina. Na mesma distancia, os alevíns máis rápidos foron Manuel Prieto e Miriam Cerdeiriña. Xa na distancia de 2.000 metros, os vencedores infantís foron José Carlos Castro e MartaEspiritosanto e remataron impóndose nos cadetes os corredores Iván Gómez e Ana Justo. Nas animadas carreiras escolares participaron un total de 128 nenos procedentes dos centros educativos da vila do

Támega, cunha ampla maioría do Mª Inmaculada, xunto con algúns representantes da A.D. Limiactiva de Xinzo e outros poucos de Ourense capital e arredores. Carreira de montaña Finalmente, ás 11:30 horas, partíu dende o incomparable marco do Balneario de Cabreiroá, a carreira de monte para atletas xuvenís en adiante, cun traxecto de 11,37 quilómetros. O número de participantes incrementouse nun 25% respecto ao ano pasado, ata chegar aos 225 atletas. A organización retocou

os últimos 3 quilómetros respecto do ano pasado para adentrar aos corredores polos bosques de Cabreiroá, o que lle deu unha espectacularidade e dinamismo a proba, que foi moi aplaudida polos participantes. Marcial Rodríguez Rey, do Deportes Marcial do Porriño entrou na meta como vencedor, cun tempo de 45.32, por diante de Elpidio Gómez, vencedor da edición anterior. A vencedora en mulleres foi Sonia Teijeiro, do Veteranos Pabellón Ourense, cun tempo de 58.55.

Xa está aberta a inscrición para participar no San Mamede Desafio Solidario 2012. A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII e Cruz Vermella Maceda e é de caracter solidario. A saída e meta estarán ubicadas en Castro de Escuadro. Na proba pódese participar dunha das tres formas que a organización ten previsto: andaina (con saída ás nove da mañá), trail ou btt (sairán ás 10 horas). A andaina terá un percorrido duns 17 quilómetros, a carreira trail sobre os 21 quilómetros e a btt 44. Inscricións A inscrición está aberta ata o 16 de abril e ten un custe de 16 euros. Do recadado, 10 euros irán para gastos ocasionados pola organización da proba, e 6 euros destinados ao fin solidario do evento. Este ano o fin solidario é a repoboación forestal da Serra de San Mamede, a raíz da catastrofe sufrida polos incendios, acontecidos durante o mes de outubro de 2011. As inscricións realizaranse online a través da

web: www.turinisport.com. A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización. Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizar a inscrición na proba. Dado o carácter solidario do evento, soamente se outorgará un trofeo conmemorativo aos gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (carreira e btt), salvo na modalidade andaina por non ter carácter competitivo. A organización deste evento advirte da dureza da proba. Todas as persoas interesadas en participar deberán ser coñecedores das súas limitacións para poder afrontar as diferentes probas sin poñer en risco a súa saúde.

Haberá andaina de 17 km, carreira de trail de 21 km e de btt de 44 km


12

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

ATLETISMO

Volta o circuíto Correndo por Ourense

4 Este ano contará cunha proba máis, a do barrio do Vinteún, que será a primeira que se dispute. R. Torres Todo listo para que por segundo ano consecutivo Ourense acolla o seu circuíto de carreiras populares

“Correndo x Ourense”. Na primeira edición, unha media de 200 atletas participaban en cada unha das carreiras entre todas as categorías que van desde os máis cativos (pitufos) ata os de máis idade (veteráns). Carreiras As carreiras

terán lugar desde abril ata outubro, agás no mes de agosto que non haberá carreira. Todas serán a última fin de semana do mes, menos a primeira (barrio do Vinteún), que será na penúltima de abril. En total, seis carreiras percorrendo os barrios da cidade das Burgas. A carreira do Vinteún será o domingo 22 de

abril; a do Couto, o sábado 26 de maio; a nocturna (parque Barbaña), o sábado 30 de xuño; a da Ponte, o venres 27 de xuño; a da zona universitaria, o domingo 30 de setembro e finalizará o circuíto na Carballeira, o domingo 28 de outubro. As probas que teñan lugar en sábado comezarán a partir das 21 horas coa proba dos pitufos. Ás 21.10h. serán os benxamíns e alevíns os que corran. Ás 21.15 horas, turno para os infantís e cadetes. E rematarán os xuvenís, júniors, promesas, sénior e veteráns que correrán ás 21.30 horas.

As do domingo, darán comezo ás 12 horas. Benxamíns, e alevíns, ás 12.10 horas. Ás 12.15 horas, infantís e cadetes. E a última proba, a dos xuvenís, júniors, promesas, sénior e veteráns, ás 12.30 horas. Distancia Os pitufos percorrerán unha distancia de uns poucos centos de metros. Os benxamíns

O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, presentou no Concello a segunda edición do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”./RAMSÉS e alevíns variarán entre os 900 e os 1500 metros. Os infantís e cadetes percorrerán distancias comprendidas entre o 1750 e os 3200 metros. Para a categoría absoluta, a distancia a percorrer estará entre os 5250 da máis curta (A Ponte) e os 6990 da máis longa (a nocturna polo parque do Barbaña). Inscrición As inscricións, informacións e resultados poderanse consultar nas webs championchipnorte.com ou en ourense.es. A inscrición para a primeira proba está aberta ata o 19 de abril. Unha vez feito este trámite, automaticamente estarase inscrito para todo o circuíto, e así evitarse facer a mesma operación en cada proba.

Para os que só queiran participar nunha carreira, estará aberto o período de inscrición uns días antes de cada unha. Os pitufos poderanse inscribir en cada proba ata media hora antes ou nas webs citadas. O dorsal será o mesmo para todas as carreiras, polo que haberá que conservalo. Quen o perda, antes da carreira deberá pedir un novo no stand que a organización porá na saída de cada proba. O custo para participar no circuíto é de balde, salvo os que non teñan chip amarelo que terán que abonar 10 euros en concepto alugueiro. Ao finalizar o circuíto, a quen devolva o chip devolveráselle seis euros. Tamén hai a opción de quedar co chip para a terceira edición de “Correndo x Ourense”,

e mesmo para outras citas cronometradas por championchipnorte ao longo da xeografía galega. Premios Para optar aos premios do circuíto é preciso participar en cinco carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados/as. A participación

A primeira edición contou cunha media de 200 corredores por proba


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

ATLETISMO

está aberta tanto a atletas federados como a non federados. Todos os que participen en alomenos cinco probas terán agasallos, e os tres primeiros de cada categoría obterán un trofeo. A entrega de trofeos e agasallos terá lugar o sábado 17 de novembro (o día antes da San Mar-

tiño) na cancha central dos Remedios, os trofeos repartiranse ás 16 horas e os agasallos poderanse recoller entre as 10 e as 22 horas. O recadado, para unha ONG No circuíto do ano pasado recadáronse un total

de 552 euros pola venta de chips. Como mostra da solidariedade da organización eses cartos foron entregados ao Comité Cidadán Antisida. Este ano, o diñeiro que se recade tamén será donado a outra Orgnaización Non Gubernamental, aínda por determinar.

Os colaboradores Para que tanto a primeira como a segunda edición fosen posibles o circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”, organizado polo Consello Municipal de Deportes, está a contar cunha serie de fieis colaboradores, entre os que se atopan o Centro Promotor de Actividade Física, o club Esprintes Ourense, a Federación Galega de Atletismo, o Ourense Atletismo Academia Postal, o Colexio Divino Maestro, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

13

4 O Vinteún estréase no Correndo por Ourense Por primeira vez o barrio do Vinteún contará coa súa propia proba dentro do circuíto de carreiras ourensán, a cal inaugurará esta segunda edición o domingo 22 de abril ás 21 horas. Abrirase o lume coa carreira de pitufos, para seguir coa benxamíns e alevíns (12.10h.) sobre 1.500 metros, e a infantil e cadete (12.15h.) será de 2.400 metros. Coa proba absoluta, que dará comezo ás 12.30 horas, darase por finalizada esta primeira cita atlética. Esta proba constará duns 7.000 metros, e os participantes darán tres voltas a un circuíto que pasará polas rúas Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. As duchas estarán dispoñibles nos vestiarios do Colexio Divino Maestro.

Un circuíto que apoia o medio ambente A concelleira de Limpeza, Susana Bayo, presentou para a ocasión uns paneis para recubrir os contenedores de lixo. Os paneis cubriranos para que sexan máis visibles e que sirva para concienciar á xente de manter limpa a cidade. Servirán para depositar envases e materia orgánica. Os paneis, ademais de indicar que se deposite o lixo, teñen dúas mensaxes de ánimo para todos os deportistas que están realizando a proba. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, será utilizada en todas as probas atléticas que se celebren na nosa cidade. Percorrido da carreira do barrio do 21, que terá lugar o próximo 22 de abril.

Susana Bayo xunto a un dos novos paneis./RAMSÉS


14

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

PÁDEL

Retómanse as ligas de pádel

4O RECUNCHO DO PÁDEL

Golpeo de dereita 4 Comezamos o percorrido polos golpeos de pádel explicando o golpeo de dereita. Cómpre lembrar en primeiro lugar que nos deportes de raqueta, se nos referimos a un golpeo de dereita, significa que golpeamos a pelota no lado “bo” do noso corpo; por exemplo, para un zurdo, golpear de dereita é golpear polo lado esquerdo do seu corpo. Xa vimos que a posición de espera antes dun golpe era de fronte á rede, posto que non sabemos cara onde nos van mandar a pelota. Preparación do golpeo Primeiramente soltamos a pala da man que nos fai de apoio, para suxeitala só coa man dereita (ou esquerda para zurdos), o mesmo tempo que a levamos lixeiramente atrás e nos xiramos cara o lado polo que golpeamos. A pala debe mirar lixeiramente cara arriba, e apuntar cara á parede de fondo. Golpeo Co corpo e a pala colocados, é momento de desprazarnos cara o lugar onde golpearemos a pelota, tratando de axustar os pés con pasos curtos. Antes do golpe debemos deternos, pois senón é posible que golpeemos demasiado forte debido á inercia que levamos co corpo. A man esquerda debe sinalar cara á pelota, para axudarnos a conseguir a correcta orientación do corpo. Movemos entón o brazo dereito (ou esquerdo) cara adiante, para impactar a pelota diante do corpo, á altura do pe adiantado, ao tempo botamos o noso peso cara adiante. Terminación Rematamos detendo a pala adiante e arriba, coa axuda da man que sinalaba a bola, e co peso do corpo adiante, de xeito que o noso pé traseiro está apoiado na punta, e co talón elevado. Tralo golpeo, voltamos á posición de espera. Diego Formoso Pato, licenciado en Educación Física e entrenador de pádel nivel I

4 O P21 B recibe en casa ao Lalín. Diego Formoso

Redacción Tralo parón de Semana Santa, retómase a Liga Rías Baixas de pádel na que participan os dous clubs ourensáns do Pádel Club P21. No partido correspondente á décima xornada da segunda masculina grupo II, o P21 B recibe este domingo 15 de abril en casa ao Lalín B, nun partido que se disputará ás 16 horas. Pola súa banda, no grupo I da segunda masculina, o P21 A visita Caldas

Preparación do golpeo.

Golpeo.

Terminación.

Un golpeo de dereita, significa que golpeamos a pelota no lado “bo” do noso corpo

para enfrontarse ao Condesa Sport B. O encontro disputarse o mesmo domingo en horario de mañá. Clasificacións Nestes momentos, o P21 A sitúase no 5º posto da clasificación da súa liga con tres puntos, logo de vencer ao Club de Campo de Vigo B na pasada xornada por 21. O mesmo posto (5º) ocúpao o P21 B, que suma catro puntos. Na última xornada, antes de Semana Santa, perdeu contra o Condesa Sport 3-0.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

POLIDEPORTIVO

BALONMÁN

de igualar, no que todos os partidos cóntanse por vitorias, agás unha derrota.

Puro trámite

4 Réstalle un partido ao Pabellón Balonmán para finiquitar unha excelente tempada. R.T. Ao Pabellón Balonmán réstalle un partido para rematar a excelente tempada feita polos pupilos de Alejandro Arias “Zarra”, no ano no que lograron o ascenso á Primeira División Autonómica despois de

dúas décadas tentándoo. O partido, sen trascendencia, será este sábado 14 de abril na casa do equipo vigués de Las Cinco Jotas Lavadores. Os olívicos, con 12 puntos, xa non poden optar ao ascenso, polo que o encontro non ten un aliciente claro para os locais.

RUGBI

Derrota axustada

4 O Campus Ourense perde 13-15 fronte ao Lalín. Redacción O Campus Ourense caeu derrotado no estadio universitario fronte ao Lalín nun partido moi espeso e onde a igualdade foi a nota dominante, co cal, ademais, concluíu a liga galega de rugbi. Foron os locais os que dominaron o encontro nos primeiro intres cun ensaio de Anxo, tras recuperación de balón de Licenciado, o que lle permitía coller vantaxe no marcador. Pero os numerosos golpes de castigo dos ourensáns fixeron que os visitantes lograran darlle a volta ao tanteo, grazas ao pateador lalinés deixando un 8-9 ao descanso. Na segunda metade o panorama non variou con respecto á primeira. Xogo desorganizado e lento polo dous conxuntos. Os ourensáns aproveitaron a maior posesión e conseguiron pousar o balón noutra ocasión por medio de Didi con axuda de Fito, pero a falta de acerto das transformacións non permitía aos ourensáns escaparse no marcador. Nembargantes, outros dous golpes de castigo transformados polo Lalín déronlle ao final a vitoria por un axustado 13-15. Clasificación Con este partido remataba a liga regular e o Campus Ourense facíao na quinta

posición. O campión foi o Vigo B, seguido de Zalaeta (segundo), Lalín (terceiro) e Mareantes (cuarto). Copa Federación O Campus Ourense está encadrado no grupo terceiro da Copa da Federación Galega xunto co Bierzo e o Pontevedra. O 22 de abril xogará no estadio universitario contra o Pontevedra. O primeiro de cada grupo, dun total de catro, pasará ás semifinais que disputaranse a ida de volta, sendo o primeiro partido o seis de maio, e a volta o 13 do mesmo mes. A final terá lugar o tres de xuño. En caso de chegar a semifinais, o Campus Ourense enfrontaríase ao vencedor do grupo cuarto, composto por Vigo B, Crat B e Fendetestas.

Mostra da intensidade do partido Ourense-Lalín.

O Pabellón, ascendido desde fai semanas, o único que tentará será continuar coa marcha triunfal que o acompañou ao longo da tempada, na que só perderon un partido, xa que cederon o encontro en casa do Moaña (34-30), polo que tentarán deixar un rexistro difícil

Moaña - Culleredo O equipo que derrotou ao Pabellón, o Moaña, aínda está na loita polo ascenso xunto co Culleredo e Porriño. Nesta última xornada xogarán Moaña - Culleredo un partido vital en casa dos pontevedreses. Os locais son terceiros con 15 puntos, mentres que os coruñeses teñen un punto máis, 16. O equipo vencedor logrará a segunda posición

que dá dereito ao ascenso, o terceiro terá que xogar un play off cun equipo da Primeira División para ascender. En caso de empate, o Culleredo lograría 17 puntos, o que lle permitiría acadar a segunda posición -e ascenso directo- sempre e cando o Porriño non gañe no seu enfrontamente contra o Acaluba de Lugo. Se empatan Moaña e Culleredo e vence o Porriño, estes últimos acompañarían ao Pabellón Balonmán á Primeira División Galega a tempada que vén.

15

Un xogador do Pabellón.


16

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

MOTOR

Defendendo as nosas cores

4A nosa seguinte “mundourensá” é a impresionante pívot norteamericana do Carmelitas Ne-

colia Simmons, quen veu ao equipo colexial cun claro obxectivo: lograr que disputase o play off de ascenso. R.T./S.N. Sensible, doce, cercana e simpática, aínda que moitos se sorprendan, así é a un metro de distancia unha das pívots máis temidas da LF2, Necolia Simmons, á que coñecemos máis de preto grazas á inestimable labor de tradución de Zuleira Atíes. Compañeiras no Carmelitas, pero amigas fóra del, Simmnos confesa que foi precisamente poder xogar man a man coa cubana o que a motivou a vir a Ourense. Caracterizada pola súa forza e agresividade na cancha, Necolia é unha das máximas reboteadoras da liga, título que conseguiu por méritos propios grazas á súa inigualable disciplina, pero a pesar diso ten un, confesable e emotivo, talón

de Aquiles, o amor que sente pola súa nai. Que te motivou a aceptar a oferta do Carmelitas? Necolia Simmons: “O principal motivo foi que Zuleira xogaba neste equipo. Vina o ano pasado cando eu estaba no Cáceres e plantexeime como meta conseguir xogar xuntas para situarnos entre os catro mellores equipos da liga”. Que opinión tiñas do equipo antes de vir? N.S.: “Non tiña ningunha referenza sobre o Carmelitas, soupen que Juan estaba interesado en min porque mo comentou o meu adestrador do Cáceres. E como eu quería seguir xogando en España para darme a coñecer aceptei a proposta”. Que cambios observaches nel ao longo desta

Simmnos nun partido no Vedruna./RAMSÉS

tempada? N.S.: “Creo que houbo moitas melloras neste ano, pero aínda así algo que segue a resultarnos moi complicado é a defensa en zona, non somos capaces de chegar con contundencia ao aro contrario se o rival opta por esta técnica, e o que debemos facer cando xorde unha complicación así é traballar para correxila”. Cal é o obxectivo que se marca o Carmelitas nestas tres xornadas que quedan? N.S.: “Temos que esquecer o que pasou ata agora e centrarnos nestes tres encontros como se fosen os tres primeiros da tempada. Hai que xogar unidas e defender forte”. E o teu particular? N.S.: “Quero conseguir moitos rebotes (rise), defender moi moi forte e buscar espazo para tirar a canastra”. Está claro que estás a ser unha peza chave no Carmelitas, como te sintes? N.S.: “Sempre tiven claro que xogase onde xogase quería que o meu equipo chegase ata o play off de ascenso. Nembargantes, o meu primordial obxectivo é ir progresando día a día como xogadora e sinto que acá o estou facendo, o que tamén axuda ao club. Eu cando volvo a casa sempre penso os erros que cometín para tratar sempre de corrixilos”. En numerosas ocasións lograches proclamarte MVP e a día de hoxe es a

Necolia Simmons destaca pola súa envexable condición física./RAMSÉS segunda máxima reboteadora do voso grupo, que significan para ti este tipo de estadísticas? N.S.: “As estatísticas danme igual, o meu obxectivo era que o Carmelitas estivese entre os catro primeiros e as miñas estatísticas non me valeron para iso”. Cal é a túa meta dentro do baloncesto? N.S.: “Xogar na WNBA é o meu soño, pero é un pouco difícil porque en Estados Unidos para logralo hai que cubrir unha serie de etapas”. Pero aínda é posible que o logres? N.S.: “Si, é posible.” Cando? N.S.: “Para min sería perfecto logralo en dous anos. Eu creo que estarei dúas tempadas máis acá e de seguido gustaríame entrar na WNBA”. Como ves o baloncesto en Ourense? N.S.: “Está moi ben, acá

adéstrase forte e faise o que hai que facer”. E a afección? N.S.: “É impresionante, páranme pola rúa. Agora creo que xa teño máis fans que Zule (rise)”. Que é o mellor e o peor de ter vido a España? N.S.: “O mellor é que fixen moitas amistades novas e iso encántame. Ademais, vounos a extrañar moito cando teña que mar-

char. E o peor é que boto moito de menos a miña familia, principalmente a miña nai, que é o máis importante para min na vida”. Que foi o que máis te sorprendeu de Ourense á túa chegada? N.S.: “A verdade é que Ourense recordoume moito a San Francisco polas costas e os edificios están moi pegados”.

4 Máis persoal

- Necolia Christine Simmons naceu o 1 de abril de 1987 en Michigan (EE.UU.), onde dende moi pequena comezou a xogar ao baloncesto. - Antes de ser a número 8 do Codigalco militou no Cáceres e, previamente, destacou na liga portuguesa. - Simmnos confesa que a súa comida favorita é a pizza, a súa bebida a fanta de laranxa e a súa cor o gris; e que agora mesmo escaparía sen pensalo a China ou a Italia.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

HOQUEI HERBA

Momento do emcocionante partido entre Apostol Ourense e Caldaria Barrocás./RAMSÉS

O Caldaria Barrocás faise co derbi 4 Vencendo por 1-2 ao Apóstol Ourense. R.T. O pasado domingo 1 de abril, disputábase no campo de Mariñamansa o derbi ourensán da División de Honra de hoquei herba, entre o Apóstol Ourense e o Caldaria Barrocás. O encontro como en case

todos os derbis estivo moi igualado con alternancias de perigo nas dúas portas. As urxencias estaban do lado local, xa que a situación na táboa clasificatoria esíxelle fallar o menos posible de aquí ata final de tempada, se quere manter a categoría. Por iso as imprecisións eran

máis notables no cadro local. Pola contra, o Caldaria Barrocás xogaba sen presión, grazas a súa situación na clasificación, coa permanencia asegurada. O Apóstol o intentaba, pero a defensa visitante era un muro infranqueable. A primeira metade remataría

con empate a cero goles. Na reanudación, os barrocos lograban marcar dunha xogada ben trenzada polo medio do seu capitán Oliveira. Ante o gol, o Apóstol tentou por todos os medios buscar o empate, pero un penalti corner en contra faría a que a vantaxe ampliarase ata o 0-2. Ante este xarro de auga fría, os locais so podían buscar un imposible, que non chegou. Nos intres finais maquillaron o resultado para deixalo no 12 final, insuficiente para os intereses do Apóstol. Tralo partido de Mariñamansa, o Apóstol Ourensé é o pechacancelas con cinco puntos, dous menos que o seguinte clasificado, o San Vicente. Noutro lado da moeda está o Barrocás, asentado na zona tranquila, ocupa a quinta posición con 15 puntos, alonxado da zona de perigo e coa permanencia, un ano máis, asegurada na División de Honra B do hoquei herba. Ourense H.C. O equipo feminino do Ourense H.C. que milita na Primeira División, con 14

xornadas disputadas marcha quinto (metade da táboa) con 13 puntos. Este domingo 15 de abril, o Ourense recibe en Mariñamansa ao Covadonga, a partir das 12 horas. As asturianas son sétimas a catro puntos das ourensás. Primeira División O grupo terceiro (grupo galego) da Primeira División está encabezada de forma destacada polo Albor con 16 puntos. A catro dos líderes encóntrase o Pabe-

17

llón con 12 puntos, e de terceiros, o filial do Barrocás con 10 puntos. O Atlántico de Vigo é cuarto con nove puntos, un máis que Coruña. Pechan a táboa o Cidade con catro puntos e o Cudeiro con un. A vindeira xornada enfrontará ao Pabellón contra o Atlántico (sábado 14 ás 16 horas en Mariñamansa), e ao Cudeiro fronte o Albor a partir das seis da tarde deste sábado 14. O Cidade visita A Coruña para medirse ao equipo herculino.

Xogadores do Caldaria celebrando o segundo gol./R.T.


18

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

TIRO

O Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil, en Ourense

4 Entre o 16 e o 20 de abril, as instalación do Club de Tiro Eiroás serán a sede desta competición de tiro policial que atraerá á cidade máis de 100 axentes de toda España. P.Lodeiro As instalación do Club de Tiro Eiroás serán o escenario a semana próxima, entre o 16 e o 20 de abril, do Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil. Por primeira vez o club ourensán acollerá esta competición itinerante que organiza a Benemérita, e que reunirá na cidade a uns 80 gardas civís, así como unha vintena de tiradores invitados das Policías Nacional e Autonómica, da Armada e do propio club. O acto de inauguración terá lugar o luns 16, ás 19 horas, no Auditorio. A competiciónl desenvolverase en tres xornadas, os días 17, 18 e 19, con preto de cen tiradores en cada unha delas.

Constará de 13 exercicios de tiro policial, realizados con pistola, fusil e escopeta, para os que se empregará a totalidade do novo campo ubicado no antigo vertedoiro de Eiroás. A clausura do campionato volverá ser no Auditorio na mañá do venres 20. Competicións de IPSC No que respecta ás competicións de IPSC (tiro práctico), deportistas ourensáns participaron no último mes en tres competicións, resultando David Davite gañador da primeira fase do Open Galaico Astur, terceiro clasificado no Trofeo Norte Portugal e en 11ª posición na Copa Presidente Segovia, estas dúas últimas probas de carácter interna-

cional. A próxima cita co tiro práctico para Davite será o Gran Premio Internacional Comunidad de Madrid e a segunda fase da Copa Presidente en Canarias. A competición de IPSC non regresará a Eiroás ata o 4 e 5 de maio, datas previstas para a segunda fase do Open Galaico Astur. Campionatos galegos Nas últimas semanas téñense celebrado varios campionatos galegos de distintas modalidades de tiro, con participación ourensá. No de minifoso (tiro ao prato), o ourensán José Antonio Palomanes foi o primeiro clasificado na 3ª categoría. No de pistola velocidade, Miguel Á. de la Cruz que-

Jorge Encinas no Campionato Galego de Carabina tendido en Pontevedra./P.L.

Os gardas civís deberán realizar 13 exercicios de tiro policial nas instalacións do antigo vertedoiro de Eiroás. /ARQUIVO. dou terceiro clasificado en categoría sénior, con 476 puntos, mentres que Arturo Rodríguez e José M. iglesias foron segundo e terceiro, respectivamente, en categoría veteráns A (con 490 e 438 puntos). Pola súa banda, o tirador ourensán Jorge Encinas rematou en segunda posición no Campionato Galego de Carabina Match disputado o pasado 8 de abril en Pontevedra, nunha competición na que participaron 13 tiradores, entre séniors e veteráns. Encinas sumou 586 puntos, quedando a cinco do primeiro clasificado, o pontevedrés Luis Iglesias, polo que non tivo opción de arrebatarlle o posto na final a 10 disparos. Participación ourensá na Copa do Rei O tirador ourensán terá

unha nova competición esta fin de semana en Mollet del Vallés (Barcelona) coa primeira fase da Copa do Rei de armas olímpicas. Participará nas tres modalidades nas que compite: carabina de aire comprimido, carabina match e 3x40. Non será o único tirador da nosa cidade que acudirá a Barcelona, xa que tamén está inscrita Nuria Mera, nas modalidades de pistola aire e pistola damas.

Dous tiradores ourensáns, Nuria Mera e Jorge Encinas, participan na 1ª fase da Copa de Rei de armas olímpicas

David Davite, gañador da 1ª fase do Open Galaico Astur de IPSC. /ARQUIVO.

Nuria Mera, que competirá en pistola damas na 1ª fase da Copa do Rei./ARQUIVO.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

DEPORTES ACUÁTICOS

19

natación

Piragüismo

O CN Pabellón Ourense finaliza terceiro na Copa de España

Adrián Prado, segundo na Copa Galega de Promoción

4 E logra seis podios no VII Trofeo Promesas do Lérez. Ramsés Torres O CN Pabellón Ourense de categoría feminina rematou a XVII Copa de España de Clubes de Segunda Divisón, disputado durante a Semana Santa nas instalacións Río Esgueva de Valladolid, nun meritorio terceiro posto, o que lle permite continuar na categoría por un ano máis. Diante das nadadoras ourensás colocáronse as do CN Churriana e as do CDU Granada. As primeiras lograron 864,0 puntos, as segundas 747,5 e as ourensás 660,5. Equipo masculino Pola súa banda, os nadadores masculinos do Pabellón rematon con 536,5 na oitava posición, polo que terán que esperar para ver

se os puntos acadados son suficientes para manter a categoría. VII Promesas do Lérez No CD Rías do Sur celebrouse o VII Trofeo Promesas do Lérez, organizado polo C.N. Galaico. Dos 300 nadadores, 17 foron os

representantes do CN Pabellón Ourense, que acreditaron unha boa actuación, logrando os benxamíns ourensáns a quinta posición por clubs, dun total de nove. As probas celebrados foron as de 50 metros en categoría benxamín, e as de 100, 200 e 400 para los alevíns.

Equipo masculino 4x100 estilos do CN Pabellón.

Os nadadores do Pabellón lograron seis podios, ademais de lograr mínimas para o galego os nadadores alevíns. Un ouro, unha prata, catro bronces e 11 finalistas foi a bagaxe do CN Pabellón Ourense en terras pontevedresas neste trofeo promesas.

4 O piragüista do Barco foi segundo en infantís. Redacción O río Lérez, ao seu paso pola cidade de Pontevedra, acolleu a segunda regata da XVII Copa Galega Promoción en categoría infatil, puntuable para o campionato galego da especialidade. O piragüista do Barco, Adrián Prado, rematou na segunda posición en categoría infantil. A regata tivo un percorrido de 3.000 metros en embarcacións individuais. Á cita acudiron 264 piragüistas (181 homes e 83 mulleres) procedentes de toda a xeografía gale-

ga que competiron ante a atenta mirada de máis de 700 persoas que abarrotaban as beiras do río Lérez. o conxunto gañador ao final do día foi a escola de piragüismo cidade de Pontevedra. No que se refire aos equipos ourensáns, o club piragüismo Fluvial de Allariz rematou na 22ª posición, mentres que o club piragüismo fluvial de O Barco foi 26º na clasificación final por clubs. A nivel individual, Adrián Prada (O Barco) foi segundo; Santiago Álvarez (Allariz), 16º; Ángel Pereira (Allariz), 17º e Sergio Gavilanes (Allariz), 34º.


20

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

DEPORTE BASE

Ourense segue a mellorar o seu xaque mate

4 Os xadrecistas ourensáns lograron catro medallas nos Campionatos Galegos individuais. Redacción Entre o 31 de marzo e 6 de abril disputáronse en Padrón os campionatos galegos individuais das diferentes categorías, cunha nutridísima participación ourensá, que se fixo con numerosos éxitos deportivos. Na categoría absoluta destacou o sexto lugar acadado por David Gómez Diéguez (Xadrez Ourense) nunha cita na que participaron 71 xadrecistas galegos, máis de 50 deles con ránking internacional. En categoría sub-16 houbo que lamentar a importante baixa de Martín Arellano (Xadrez Ourense). Nembargantes, os seus compañeiros David Vázquez e Miguel Ferreiro lograron grandes resultados, rematando empatados no oitavo lugar. Pero a maior alegría para o xadrez ourensán veu da man dos deportistas da categoría sub-12, xa que dous xóvenes ourensáns convertíronse en campión e subcampión galego dos alevíns, e ambos conquistaron 7 dos 8 puntos en litixio. Tratouse de Miguel Puga Sánchez (Casa da Xuventude), que finalizou en primeiro lugar, e de Gabriel Roma Barge (Club Xadrez Ourense), que se pro-

clamou subcampión galego. Tamén hai que salientar o cuarto lugar colleitado por Alberto Iglesias Feijoo, que rematou con 6,5 puntos, e a actuación de Xiana García Arcos (Casa da Xuventude), que obtivo o segundo posto dentro da categoría feminina, con 4,5 puntos. Entre os sub-10 o xovencísimo xadrecista do Club Casa da Xuventude Martín Fernández Carballal acadou o bronce galego, conseguindo 6,5 puntos dos 8 posibles. Xa en categoría sub-8 destacou o papel realizado por César Pérez Dapoza (Club Xadrez Ourense) que malia liderar a clasificación durante parte da competición caeu derrotado na última xornada e somentes pudo acadar a medalla de prata, conseguindo 6 puntos. Pola súa banda, a xogadora Cecilia González López do Club Xadrez Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar, rematou primeira clasificada feminina con 4 puntos. O segundo mellor club Con todos estes grandes resultados o Club Xadrez Ourense foi o segundo (por detrás do poderoso Fontecarmoa de Vilagarcía) que máis deportistas e éxitos acadou nesta cita autonómi-

ca, na que participaron 50 xadrecistas ourensáns procedentes de seis clubs distintos (Xadrez Ourense, Casa da Xuventude, Ben cho Shey, Xadrez Loureiro, Liceo Academia Postal, Carmelitas Ourense), os cales, en total, lograron subir ao podio, nada menos, que catro veces para recoller unha medalla de ouro e tres de prata. Gran potencial do xadrez ourensán Se a estos campionatos galegos individuais disputados en Semana Santa lle

unimos os que tiveron lugar durante o pasado mes de febreiro (Categorías sub-18 e sub-14, nos que os irmáns David e Adrián Gómez Diéguez acadaron ouro e prata, respectivamente), o xadrez ourensán demostra, un ano máis, o seu potencial dentro do panorama autonómico, cunha participación total que superou a cincuentena de xadrecistas e con 6 medallas dentro das clasificacións xerais, ademais de dous postos de honra nas categorías femininas.

O ourensán Miguel Puga Sánchez durante unha partida.

Partido de voleibol disputado no Pacito./RAMSÉS

XOGADE trae a Ourense voleibol e duatlón 4 Será o 14 de abril. Ramsés Torres O sábado 14 de abril celebraranse os provinciais de voleibol pola mañá no Pazo Paco Paz e de duathlon pola tarde en Maside. Unha xornada máis de actividades para os escolares trae o programa XOGADE da Xunta de Galicia para esta fin de semana. Durante a xornada matinal, o Paco Paz acollerá desde as 9.30 horas as finais provinciais de voleibol nas categorías benxamín mixto, alevín mixto e infantil femenino. A elas chegan tras competir ó longo do ano en diferentes eventos. A devanditas finais

chegarán deportistas de diferentes entidades como o CD A Purísima, EDM O Barco de Valdeorras, EMOU Dompa Gestión, EDM San Martiño, CPI de Mende, Guillelme Brown, e Manuel Respino da Rúa. Por outra banda o duatlón, que combina a carreira a pé e a bicicleta, celebrarase nun entorno espectacular, nas proximidades das piscinas municipais da Rañoa, en Maside. As probas darán comezo ás 16:30 horas e a partires das tres da tarde entregarase a documentación aos equipos (dorsais, plano, etc). O Clube Ciclista Maceda e o Clube Triatlon Beariz son as entidades mais representativas nesta modalidade.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

NOVAS

21

Baloncesto en Amencer 4 A Asociación Xuvenil organizou un torneo 3x3 e un concurso de triples. Redacción A Asociación Xuvenil Amencer organizou para a Semana Santa un torneo de baloncesto 3x3, que tivo lugar, como é habitual, no colexio Salesianos. Ademais do torneo 3x3 tamén realizouse un concurso de triples, todo elo organizado pola comisión de deportes - sección de baloncesto - de Amencer en colaboración coa Agrupación Deportiva Salesianos. En total foron 10 os equipos participantes no 3x3, sendo algún deles equipos mixtos de mozos e mozas. Os 10 equipos dividíronse en dous grupos de cinco equipos cada un, que fixeron unha liguiña entre eles. Os dous primeiros de cada grupo accedía ás semifinais, e de eles saían os finalistas. Á final chegaron os equipos Bombarderos e Sekia, rematando como vencedor este último.

Concurso de triples O concurso de triples consistía en facer 15 lanzamentos na primeira ronda. Un total de nove concursantes tivo este concurso, de entre os cales saíron os dous mellores, que pasaron á final.

Deles Álex Mazaira resultou ser o vencedor.

O equipo Sekia proclamouse vencedor do Torneo 3x3

Integrantes do equipo Sekia: Cándido, Óscar, Félix e Pablo.

Rematou a Liga Intercultural de fútbol sala R.T. Na Primeira División da Liga Intercultural de fútbol sala o vencedor foi o Bar Xavou con 41 puntos, seguido do Club Momento con 36 e en terceira posición o Afiadores con 35. Pola parte baixa, Karlaska foi o derradeiro con cinco puntos e A Chapa foi penúltimo con 10. Segunda División En Segunda División, o 5 Pontes foi o campión con 30 puntos, os mesmos que logrou sumar o segundo clasificado, o Cabeza de Vaca. Pola súa banda, o Estrella Rosa foi terceiro, con 23 puntos. Na parte baixa, Os Derradeiros fixeron honra ao seu nome e remataron de pechacancelas nesta categoría.

Chega a previa de balonmán benxamín Redacción O vindeiro sábado 21 de abril, Ourense, Barbadás e Arnoia serán as sedes da fase previa de balonmán benxamín, na que os grupos xogarán todos contra todos. En Aronia participarán os equipos de Ribadavia, O Carballiño e Arnoia. En Barbadás xogará o Coles A, Coles B, O Couto e Barbadás. E en Ourense enfrontaranse o Manuel Sueiro, o Otero Pedraio, o Vistahermosa e Mariñamansa. Á fase final pasarán os primeiros de cada grupo e o mellor dos segundos dos grupos conformados por catro equipos.

Abadín competirá na Fórmula 2 Redacción José Luis Abadín comeza esta fin de semana a súa segunda tempada na Fórmula 2. O circuíto de Silverstone acolle as dúas primeiras probas dun calendario que está

composto por un total de 16 en oito circuítos europeos, celebrándose dúas probas en cada un deles. No 2011 o piloto de Celanova non puido participar en todas as probas do campionato por motivos económicos. Este ano ten-

tará lograr mellores marcas para poder demostrar o seu potencial. O ano pasado en Brands Hatch tivo o seu mellor resultado ao rematar na 10ª posición.

O piloto ourensán estrenarase na súa segunda tempada en F2 en Silverstone, o 14 e 15 de abril

Abadín o ano pasado na Fórmula 2.


22

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

NOVAS

“Kilómetros de ilusión”

4 A participación de Ricardo e J.Luis González na Copa de España de Regularidade Sport recadará fondos para Aixiña. Redacción A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, os pilotos ourensáns de Rali Clásico, Ricardo González e José Luís González, e a presidenta da Asociación Aixiña, Olga Cuña, veñen de presentar a campaña solidaria “Kilómetros de ilusión”, unha iniciativa que busca financiar a compra dun vehículo adaptado para o transporte de persoas dependentes. Ricardo González e José Luís González son os únicos pilotos galegos que compiten na Copa de España de Regularidade Sport (composta por oitos probas distintas repartidas por toda a xeografía española) aos mandos dun Ford Escort RS 2000 dos anos setenta. A campaña consistirá na doazón de 1 euro por cada quilómetro percorrido polos pilotos á

Asociación Aixiña para a merca do citado vehículo. Promoción de Ourense A presentación de “Kilómetros de Ilusión” na explanada das Burgas onde, ademais, se deu a coñecer o vehículo que representará a Galicia nesta proba e que promocionará o nome de “Ourense, capital termal” por toda España. Isabel Pérez, amosou a súa satisfación por colaborar nun proxecto que “servirá para promocionar turisticamente a nosa cidade e tamén para levar a cabo un importante proxecto social cunha asociación como Aixiña, que traballa a prol de persoas con discapacidade física, parálise cerebral e da terceira idade e que son un dos sectores máis prexudicados pola crise económica”. A presidenta de Aixiña, Olga Cuña, así mesmo,

Os irmáns González. agradeceulle a Ricardo González e a José Luís González, da escudería GG Clasic Club, a súa colaboración para adquirir un vehículo que “é unha necesidade nun momento no que os recortes nos

Momento da presentación da campaña “Kilómetros de ilusión”.

investimentos públicos e no gasto social están decrecendo”. Pilotos solidarios Os pilotos, pola súa banda, resaltaron o seu compromiso social e a necesidade de que o deporte se implique con este tipo de proxectos “nun momento no que cómpre que fagamos todo o posible por quen máis ten risco de sufrir coa crise. Trátase pois dun xesto solidario e de xustiza social”.

O diñeiro recadado polos pilotos galegos adicarase á merca dun vehículo adaptado a persoas dependentes

4A PREGUNTA 4Cres que foi un acerto a volta de Rafa Sanz como adestrador do Club Ourense Baloncesto? SI O Club Ourense Baloncesto antes da chegada de Rafa Sanz era un equipo pouco fiable. Coa dirección do cordobés virou a tendencia, e agora é un dos equipos máis compactos da competición. Sen opción de alcanzar o primeiro posto, Sanz está levando ao equipo ata a segunda praza (factor cancha no play off a favor), e o que é máis importante, o COB comeza a ser un equipo que comeza a dar síntomas que participará no play off con garantías de disputar con calqueira a praza de LEB Ouro en xogo. NON O COB non necesitaba cambiar de adestrador nunha liga de 13 equipos, na que ascende un directamente, e os equipos que quedan da segunda á novena posición xogan o play

off polo ascenso. Calquera que adestrara a este equipo, coa calidade destes xogadores para a LEB Prata podería rematar na liga regular entre os nove primeiros. Xa no play off, o factor sorte non depende de quen esté no banco.

Ata o momento o resultado da enquisa é o seguinte: - O 50% dos votantes cren que sí foi un acerto a volta de Rafa Sanz. - Mentres a outra metade pensa que non. Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense. com

Rafa Sanz foi tamén adestrador do COB nos últimos meses da tempada anterior./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº54- Ano: IV - 13 de abril de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4DESDE O MEU RECUNCHO

4O BLOG DE SAUDETER

29 de abril, Día Internacional da Danza: “Danza a vida” Todos temos a necesidade de expresarnos, a través das palabras ou da linguaxe corporal. Poder converter o movemento nunha linguaxe é unha arte ao que todos temos acceso. A arte do movemento é a danza, unha linguaxe corporal único e persoal. Todos somos diferentes, por tanto cada un de nós exprésase e móvese de forma diferente, temos unha linguaxe corporal único e irrepetible. Todos necesitamos movernos e expresar as nosas ideas, sentimentos, emocións e pensamentos a través da linguaxe verbal ou corporal. Desde pequenos ensínannos a falar e escribir ben e cada vez é máis importante coñecer e dominar distintas linguas co fin de podernos comunicar co resto da humanidade. Durante a etapa escolar, no instituto, na universidade, etc. temos diversas materias relacionadas coa linguaxe verbal e a expresión oral e escrita. Pero... que pasa coa linguaxe corporal? Non é tan importante como o verbal? Para moitos, incluídos os que nos gobernan e establecen as leis, como a de educación, parece que non é igual de importante. Se o fose, incorporarían materias obrigatorias relacionadas coa expresión corporal e a danza; facilitarían e promoverían estas actividades en colexios, escolas e concellos; regularían os ensinos superiores, os espectáculos e a cultura. Pero o certo é

que non é así. Se vostede quere aprender a bailar ou quere que o seu fillo ou filla aprenda a dominar a arte do movemento ou simplemente divírtase xunto ás súas amigas bailando ou facendo algo de exercicio, ten que buscarse a vida e na maioría dos casos acudir a unha escola privada á que non todos teñen o privilexio de acudir. Afortunadamente, aos poucos a danza, o baile e a expresión corporal están a tomar terreo na nosa sociedade. Sexa por moda, sexa por cultura ou concienciación, sabemos que estas actividades son moi beneficiosas a nivel físico, psíquico e social á vez que divertidas e formativas. Desde o psíquico e o social a danza favorece a autoconfianza, a interacción grupal, a comunicación, o coñecemento propio e dos demais, a cohesión do grupo e o desenvolvemento de valores como a cooperación, a amizade, o respecto, a tolerancia e a solidariedade, contribuíndo á formación persoal, o que lle dá un importante valor educativo e convértea nun excelente medio para complementar o seu desenvolvemento integral, tanto para a súa vida diaria, como para o seu desempeño atlético individual e colectivo. A danza potencia o control e dominio dos movementos corporais do neno, quen pode evolucionar desde a libre expresión do corpo, até a aprendizaxe dalgunhas danzas nun ambiente divertido e variado;

coa súa execución estimúlase o desenvolvemento das habilidades motrices, das capacidades perceptivo motrices, e dentro destas o ritmo, a fluidez, a dinámica, a transmisión e a precisión do movemento entre outros, en beneficio da coordinación motriz. A práctica da danza xera grandes beneficios a calquera idade converténdose nunha ferramenta para expresar o que sentimos, coidar e gozar do noso corpo e descubrir novas habilidades e destrezas. O movemento non só é fonte de saúde, senón que é unha linguaxe universal, ao que todos temos acceso e no que non existen barreiras. Se diso podemos facer unha arte, algo belo, adiante. Danza a vida sexa cal for a túa idade. Se queres porte en mans de profesionais da actividade física e a saúde, onde a variedade e a diversión son un dos alicerces fundamentais para facerche mover, Saudeter ofrece un amplo abano de actividades relacionadas coa danza, o baile e a expresión: bailes de salón, bailes latinos, baile moderno, urban dance, zumba, aerodance, expresión corporal, teatro, danza... Nós movémonos onde esteas para que ti te movas.

Estas actividades son moi beneficiosas a nivel físico, psíquico e social

4SABÍAS QUE... é e como tratar unha contusión muscular? As contusións ou golpes poden producir dor, debilidade e perda de función. Cando se producen, é aconsellable estirar inmediatamente os músculos da zona para previr o espasmo e aplicar daquela un vendaje de comprensión e bolsas de xeo durante 1 hora para controlar a hemorraxia interna. É importante acudir a un profesional, pois se o frío non funciona, aplicaranse outros tratamentos como a masaxe ou o baño de burbullas.

O deporte e a saúde (IV): O valor educativo do xogo O xogo, como actividade lúdica, posúe uns valores físicos, cognoscitivos, sociais, terapéuticos e culturais. Todos eles gardan unha estreita relación entre si e o seu nivel de interrelación é máximo, incluso levando sempre un proceso paralelo. Os xogos poden proporcionar os medios para levar a cabo moitas das tarefas importantes para o neno (Edgren e Gruber, 1971). O valor educativo do xogo pódese apreciar en perspectivas diferentes: Desenvolvemento motriz: · Coñecer e dominar o corpo e as súas posibilidades. · Saber moverse no espazo e o tempo. · Desenvolver e mellorar as capacidades físicas e calidades motrices básicas e específicas. · Mellorar o funcionamento xeral do organismo (sistemas, aparellos, órganos), o que leva unha mellora e calidade da saúde. · Iniciarse e mellorar o aspecto deportivo. · Aprender a respirar e relaxarse. Desenvolvemento intelectual: · Coñecerse a si mesmo. · Desenvolver e mellorar a capacidade de observación, a imaxinación, a creatividade, a espontaneidade, a iniciativa persoal. · Evolucionar e mellorar o pensamento nas súas diferentes etapas. · Fortalecer a confianza e seguridade. · Aprender a sentirse independente do adulto. · Aprender a valerse en por si e expresarse libremente. · Axudar a agudizar a atención. · Fortalecer a vontade e aumentar a responsabilidade. · Enriquecer a linguaxe

mediante o diálogo no xogo. · Aprender, coñecer e adaptarse á contorna. Desenvolvemento social: · Maior equilibrio emocional (control de impulsos). · Aprender os valores importantes da vida: o esforzo, o sacrificio, a colaboración, a participación, a solidariedade, o respecto. · Integrarse no grupo e aprender a comunicarse, convivir e relacionarse cos demais. · Mellorar o espírito de superación. · Interpretar e respectar as normas. · Aprender a respectar os dereitos dos demais. · Aumentar a capacidade de apoio e axuda ao compañeiro. · Adquirir un concepto de si mesmo tanto físico como social e moral. · Afacerse a gañar e perder sen rancor. Desenvolvemento terapéutico: · Evadirse e desconectar dos problemas e situacións tristes e desagradables da vida. Desenvolvemento cultural: · Manifestar a través deles os costumes e formas dos pobos. Situacións a evitar No desenvolvemento dos xogos debemos ter en contas certas decisións que van

Alfonso Vilachá Rodríguez.

en detrimento do neno: - Eliminación: Apartar do xogo ao neno con menos capacidade, limítalle o seu desenvolvemento. - Monotonía: As excesivas repeticións provocan no neno aburrimento. - Discriminación xenética: Fomentar o xogo sen ningún tipo de discriminación (sexo, raza...). - Dirección autoritaria: O xogo ha de ser democrático. Dar ao alumno a posibilidade para dirixir o xogo, que senta protagonista. - Diferenciación por idade: Os xogos pódense utilizar en calquera idade, adaptando as normas, as regras, o terreo e o material ao desenvolvemento das calidades motrices básicas e específicas dos alumnos. Conclusión Se desde as temperás idades o xogo está presente na vida dos nenos, desenvolveremos e xeraremos neles os valores mencionados anteriormente, que serán fundamentais e imprescindibles para a vida en xeral e para a vida do deportista, especialmente naqueles que co paso do tempo converten un determinado deporte en profesión. Polo contrario, os nenos que de pequenos non xogan ou se lles impide xogar libremente, poden ser adultos neuróticos, con problemas de represión. Alfonso Vilachá


24

BARRIOS DEPORTIVO 13 de abril de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.