30 Marzo 2012 - BD53

Page 1

José García Calvo “Willy” participará por terceira vez no Maratón das Areas FÚTBOL SALA

Páx. 12-13

XIMNASIA

[páx. 4] Páx. 2-3

Máis de 200 ximnastas, na V Copa Galicia de acrobático

Cidade - Ponte: corpo a corpo

O derbi de 1ª División de FSF celebrarase o 31 de marzo nos Remedios./RAMSÉS

Número: 53- Ano: IV - 30 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 31. Estadio Miguel Ángel (Os Remedios). 19.00h.- Pabellón-Lugo. - Día 1. José Arjiz (Verín). Verín - Choco. - Día 1. Os Carrís. UD Barbadás - Pontellas. - Día 8. O Couto. CD Ourense - Rápido de Bouzas. - Día 8. Ourense. CD Ourense B - Verín. - Día 8. O Barco. CD Barco - Pontevedra B. - Día 8. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Barbadás.

Baloncesto

- Día 31. Os Remedios -19.00h.- ABO - Establecimientos Otero. - Día 31. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Universidad de Valladolid. - Día 1. Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Plasencia. - Día 4. Os Remedios -19.45h.- Pabellón Feminino Aros León.

Tenis de mesa

- Día 31. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa B - Mercantil de Vigo “B”. - Día 14. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Liceo Casino Vilagarcía.

Fútbol sala feminino - Día 31. Os Remedios. -17.00h.- Cidade As Burgas Ponte Ourense. - Día 14. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Orvina.

Hoquei (Primeira División Grupo III) - Día 15. Mariñamansa -12.00h.- Ourense - Cultural Covadonga. - Día 1. Mariñamansa -12.00h.- Apóstol Ourense - Caldaria Barrocás. - Día 31. Mariñamansa -16.00h.- Barrocás - Pabellón. - Día 31. Mariñamansa -18.00h.- Albor - Cidade.

AXENDA - XIMNASIA

Os Remedios ríndese á ximnasia acrobática

4 Máis de 200 deportistas da Península Ibérica déronse cita na V Copa Galicia. S.N. O pavillón municipal dos Remedios acolleu este 17 de marzo, por cuarto ano consecutivo, unha cita ineludible para os amantes da ximnasia, tratouse da Copa Galicia Internacional na modalidade de acrobacia, que congregou a 246 ximnastas da Península, procedentes de dez clubs portugueses, tres galegos, tres andaluces e un valencián. O mellor do mellor desta modalidade que fixo as delicias, de oito e media da mañá a nove e media da noite, dos numerosos espectadores que se ache-

As ourensás Ordiales e González lograron o ouro nas tres probas que disputaron

garon á cancha central do pavillón ourensán para gozar dunha das disciplinas menos coñecidas, pero máis espectaculares. “Trátase dun campionato superior, pola calidade dos ximnastas participantes’, asegurou o presidente da federación galega de ximnasia, Xosé Manuel Estévez. Tres ouros para Ordiales e González Entre a representación ourensá, o Club Ximanasia Burgas, destacaron notablemente a parella feminina júnior composta por Ana Ordiales e Alba González, que lograron o ouro en cada proba que disputaron (equilibrio, dinámico e all round). Pola súa banda, as xuvenís Raquel Ordiales e Lara Colmenero, aínda que non lograron acadar o podio, realizaron unha gran actuación; así como as cadetes Yolanda García e Sara

Blanco e o trío de séniors integrado por Sara Soria, Vanessa Soria e Paula Cao. Uns resultados que fixeron sentir á adestradora ourensá “moi contenta pola actuación das nosas rapazas”, segundo confesou ao final da cita. Os demais ouros Ademais das dúas júniors ourensás que se fixeron co primeiro posto como parella feminina nas probas de equilibrio, dinámico e all round, os outros ximnastas que lograron medaias de ouro nesta V Copa Galicia Internacional de ximnasia acrobática foron: en categoría cadete, Catarina Martín e Joana Moreira (Maia) como parella feminina; Alba Guerra, María Fernández e Naiara Díaz(Flic Flac) como trío feminino; Alejandro Pastoriza e Álvaro Jiménez (Gimnástico Acróbatos de Granada) como parella masculina;

e Luis Amaral e Candela Monterde (Flic Flac) como parella mixta. En xuvenil, ao igual que fixeron as ourensás, lograron tamén o triplete Nerea Otero, Aitana Rodríguez e Iria Paz (Flic Flac) como trío feminino nas probas de equilibrio, dinámico e all round. Pola súa banda, Inés Leite e Rita Ribeiro (Acrogym) foron a mellor parella feminina en equilibrio; e Belén Martín e Alicia Salas (Gimnástico Acróbatos de Granada), en dinámico e all round. Entre os homes, Iván Polo e Diego Rey foron os mellores en all round. E das parellas mixtas, Mónica Miserocchi e Adrián Muñoz (Gimnástico Acróbatos de Granada) lograron o primeiro posto en equilibrio e all

Pádel - Día 31. Club P21 -16.00h.- P21 A - Club de Campo de Vigo B. - Día 15. Club P21 -16.00h.- Ourenpadel P21 B - SD Lalín B.

Taekwondo - Día 31. Os Remedios -9 - 13h.-. Campionato Provincial escolar de Taekwondo.

Balonmán - Día 1. Os Remedios -12.00h.- Balonmán SergaveLugo (Veteráns).

Atletismo - Día 1. Verín -09.30h.- II Andaina do Monte Pozo do Demo. - Día 1. Verín -11.30h.- II Carreira do Monte Pozo do Demo. - Día 31. O Barco de Valdeorras. VI Xornada XXIX Copa Deputacion en pista. - Día 14. O Barco de Valdeorras. Campionato Galego de clubs aire libre.

Máis dunha impresionante pirueta deixou sen fala ao público congregado nos Remedios./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

XIMNASIA round; e José Cachulo e Margarida Salvador (Academia Gimnosdeportiva de Samora Correia), en dinámico. Dos júniors, tamén sumaron ouro por proba Laura Costas, Isabel Fuertes e Belén Ferreiro (Ximnasia Pontevedra), como o mellor

trío feminino en equilibrio, dinámico e all round. Ao igual que fixeron en categoría sénior Mariana Ribero, Rita Martins e Caterina Magalhaes (Vilacondense). Así mesmo, Ismael Aguilera e Fá-

tima Adib (Baruca) foron a mellor parella mixta en equilibrio; e Alfredo Pereira e Caterina Castro (O Porto) en dinámico e all round. Por último, Miguel Moura e Jorge Teixeira (O Porto) proclamáronse vencedores como parella masculina en all round.

Vindeiras probas As seguintes citas para as que xa están a prepararse os deportistas do Ximnasia Burgas trátase do Nacional de acrobática, que terá lugar en Zaragoza o próximo mes de maio e, de seguido, en xuño, tamén participarán no Nacional de trampolín (aínda sen ubicación).

Unha parella de ximnastas durante o seu exercicio./RAMSÉS

O Ximnasia Burgas realizou unha brillante actuación./RAMSÉS

Os máis novos demostraron a súa gran técnica./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

ATLETISMO

Ultramaratón en Marrocos

Willy, Molina e Guede participarán no 27 Maratón das Areas

Antonio Molina, José García Calvo “Willy” e Ana Guede están a prepararse para unha das probas atléticas máis dura, pero inesquecible, que existen.

4 Para Willy será a terceira participación, para Guede a segunda vez e para Molina é a súa primeira incursión nesta proba de autosuficiencia. R. Torres O militar na reserva José García Calvo “Willy”, a médica Ana Guede e o profesor da Universidade de Vigo Antonio Molina participarán na 27 edición do Maratón das Areas, que terá lugar do 6 ao 16 de abril en Marrocos. Os tres representarán ao campus de Ourense da Universidade de Vigo (e polo tanto a Ourense), que xunto coas Termas de Outariz serán os patrocinadores dos tres deportistas,

O Maratón das Areas consta dun total de 250 quilómetros

que compartirán aventura con outros 1.032 participantes de todo o mundo. A proba é unha carreira de autosuficiencia que se celebra en seis xornadas, unha delas con dous días para completar o percorrido da etapa. Cada corredor deberá levar unha mochila con non menos de 6,5 kg e non máis de 15 kg con todo o necesario (a excepción da auga) para sobrevivir no deserto durante os sete días que dura o maratón. A auga será entregada pola organización cada 10 quilómetros do percorrido e ao final da proba. Na mochila terán que levar o saco de durmir, a roupa deportiva para a carreira,

un kit de supervivencia e os alimentos para todos os días. Para a comida, os organizadores son moi esixentes e obrigan levar para cada xornada 2.000 kilocalorías, para sumar un total de 14.000 kilocalorías, polo que o máis recomendable para levar son os xeles e os alimentos liocilizados (deshidratados) polo pouco que ocupan e o peso que teñen. Seis duros días A proba está dividida en seis xornadas, sendo unha delas de dous días. As tres primeiras xornadas roldan os 20-30 quilómetros. A cuarta é a máis dura de todas; a distancia será de 70-90 quilómetros; os par-

Na xornada máis dura os mil participantes percorrerán máis de 70 kms ticipantes terán dous días para poder completala. A quinta etapa é unha distancia semellante ao maratón (42 quilómetros). E o último día terán unha xornada de goce sobre uns 12 quilómetros para chegar á meta despois de sete días e 250 quilómetros nas súas pernas. As distancias son orientativas, xa que ata que estean no deserto non se saberá o percorrido exacto de cada xornada.

Os participantes do Maratón das Areas deberán subsistir durante 7 días en pleno deserto.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

ATLETISMO

500 atletas correron por Xinzo de Limia 4 Un millar de atletas déronse cita o pasado domingo en Xinzo de Limia, para celebrar a 5ª edición dos 10 Qm Vila de Xinzo de Limia. Redacción A quinta edición dos 10 Qm Vila Xinzo de Limia congregou entre todas as categorías a uns 500 atletas, a pesar de que a climatoloxía non foi a máis propicia, ademais de que se disputaban outras probas na xeografía galega. Aínda así, a participación foi máis que aceptable e puideronse celebrar as catro carreiras programadas antes de que a choiva fixera acto de presencia. Un ano máis, a vila de Xinzo foi fiel á súa cita cos atletas para celebrar a quinta edición dos 10 Qm Vila Xinzo de Limia sobre

un percorrido de 10 quilómetros homologados pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo). En todas as categorías houbo unha grande participación, pero foi a absoluta, a que máis atletas congregou. Nesta proba absoluta o podio masculino estivo copado por Jorge Crespo (0:33:11), primeiro; José A. Requejo (0:33:47), segundo e Rubén Diz (0:34:20), terceiro. En canto ás mulleres, as irmáns Teijeiro foron primeira e segunda, Sonia (0:41:37) e Silvia (0:42:19) por este orde. O terceiro caixón estivo ocupado por Noelia Fernández

(0:44:00). No apartado de atletas locais masculinos, Rubén Diz, Miguel A. Díaz e Roy Gonzalez subiron o podium, mentres que Fátima González, Aurora López e Mariela Carrera completaron o femenino. A organización tamén repartiu trofeos para o atleta mais veterán (Manuel Fernández Ledo) e a atleta mais nova (Daniela Hugueros). Carreiras escolares Na primeria das carreiras, Iván Gómez e Miriam Opazo foron os campeóns cadetes e Ziat Nagihi Lucía Suárez os campeons infantís.

Atletas da proba absoluta dos 10 Qm Vila de Xinzo./S. TORRES

Na carreira benxamín e alevín, que tiveron que percorrer unha distancia de 1.500 metros, Iris Castro e Manuel Prieto gañaron na categoría alevín, mentres que Andrea Opazo e Hugo Nóvoa o fixeron na benxamín. En canto á carreira de Pitufos (nados no ano 2005 e posteriores), 57 foron os participantes nesta proba na que todas e todos levaron cadansúa medalla.

Participantes da proba escolar./S. TORRES

Chega a II “Pozo do Demo” 4 Será o 1 de abril en Verín. Redacción O Concello de Ourense xunto coa Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” organizan por segundo ano consecutivo a 2ª Andaina-Carreira do Monte “Pozo do Demo”. O 1 de abril é o día elexido para esta cita que contará cunha andaina, unha carreira de montaña e catro carreiras para escolares. A andaina dará comezo ás 9.30 horas con saída e chegada no pavillón municipal de Verín. 18 quilómetros dun percorrido distinto ao do ano pasado, polo que a baixada do monte Montemaior está fixada pola zona de A Fraga, sempre á par do Pozo do Demo. Antes, en Veiga das Meas, estará instalado un avituallamento. A carreira de montaña dará o pistoletazo de saída a partir das 11.30 horas e terá un percorrido de 11,37 quilómetros, tamén modificado (como a andaina) lixeiramente os tres últimos quilómetros con respecto á primeira edición, para adentrala polos bosques de Cabreiroá para darlle un maior atractivo. A saída será no Balneario de Cabreiroá e rematará a proba no pavillón municipal de Verín. Na propia zona do pavi-

llón daranse lugar as carreiras escolares. Ás 10 horas comezará a carreira alevín sobre unha distancia de 700 metros. Ás 10.15 horas, turno para os alevíns coa mesma distancia (700 metros). Os infantís percorrerán 2.000 metros a partir das 10.30 horas, e finalizarán as carreiras escolares a carreira cadete ás 10.45 horas sobre 2.000 metros. Inscrición A inscripción será gratuita e poderase realizar do 7 ao 29 de marzo) en: Pabellón de Deportes de Verín (teléfono 988 411 140), no correo pozododemo@verin.net, en Multisport (calle Hermanos Moreno) ou na Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” (teléfono 600 410 018). Desde a organización contan con superar os 700 participantes da primeira edición. Ao final das carreiras haberá entrega dos premios e sorteo de agasallos para os participantes.

A andaina dará comezo ás 9.30 horas, a carreira de montaña, ás 11.30 horas, e as probas escolares a partir das 10h.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

BALONCESTO

O Cáceres pégase unha homenaxe ante o Pabellón 4 O Carmelitas perdeu na prórroga contra un Ensino que se aferra ao play off. Redacción Mala, pero que moi mala foi a última xornada para os dous representantes ourensáns en Liga Feminina 2. Mentres o Codigalco Carmelitas remataba perdendo na prórroga contra o Ensino un encontro que chegou a dominar no segundo cuarto, o Pabellón Ourense desapereceu da súa cancha no momento en que o Cáceres saltou a ela. A cita presentábase axustada e as rapazas de Juan Rodríguez sabíano, pero ao final a tensión mantívose máis aló dos 40 minutos habituais e o cansazo puido cas súas gañas por manterse na loita pola cuarta plaza. Nesta ocasión a brillante actuación das colexialas Simmnos (22), Atíes (10) e Méndez (15) non foi quen

de superar ás Navarrete (26), Gómez (19) e Drye (17) do Ensino. Xa que a pesar de que ao descanso as Carmelitas ían seis por enriba (26-32), o terceiro período igualou unha balanza que continuou así ata o final, obrigando a estirar o encontro cinco minutos máis. Pero o tempo extra non xogou ao favor das ourensás, que se desinflaron nas mans dun Ensino que se aferra á cuarta posición (e con ela ao play off de ascenso) con unllas e dentes, e cun claro parcial 14-6 as lucenses sentenciaron o encontro (72-64). A pesar do amargo sabor da derrota, o encontro que enfrontou nesta xornada a Ferrol e Tenerife (dous dos seus rivais directos pola cuarta praza), e que dominaron as galegas, permitiulle ás colexialas escalar un pos-

to e siturarse de sextas da xeral. O Pabellón cae ante o líder (46-92) Ao mesmo tempo que as colexialas sufrían en Lugo as súa veciñas do Pabellón Ourense rozaban a desesperación nos Remedios, onde recibiron ao líder do seu grupo, o Feminino Cáceres, que non tivo nin que suar a camiseta para levarse a vitoria de volta a Extremadura. E é que as de Lisardo Rodríguez foron sempre a remolque do seu rival, nun encontro no que comezaron mal e remataron peor, xa que dende o primeiro parcial (924) pronosticábase un partido perdido para as locais. O segundo (14-18) e o terceiro (15-29) períodos só serviron para maquillar algo o resultado, pero quedaban aín-

da 10 minutos e o Cáceres tiña tempo suficiente para demostrar os méritos polos que este ano escalou ata o máis alto da clasificación, e un derradeiro parcial de 821 puxo punto e final a unha historia que estivo dirixida e protagonizada en exclusiva por actrices cacereñas, máis concretamente por Brown, que con 26 puntos anotados sobresaiu, e con diferencia, nesta cita, na que a máxima anotadara do Pabellón, María José Bolonio, acadou 17 puntos. Esta derrota mantén ás pabellonistas ancladas na novena posición. Rivais máis sinxelos Ao contrario que na 21, na xornada número 20 Codigalco e Pabellón correron mellor sorte. O primeiro recibiu no Vedruna a un

Aguere, que con só dúas xogadoras no banco para realizar cambios, apenas opuxo resistencia, permitindo ao conxunto colexial sacar ás fichaxes menos habituais e aínda así gañar con solvencia. 71-34 foi o resultado final dun encontro que sempre dominaron as locais, que chegaron a colocarse a máis de 30 puntos en varios momentos da cita. Pola súa banda, o Pabellón Ourense acudía ese mesmo día a Guadalajara para medirse co rival máis débil, o pechacancelas. Un reto aparentemente sinxelo que, ou por excesiva confianza ou por non atoparse no seu mellor momento, as pabellonistas non aproveitaron para lucirse. De feito, tanto o primeiro (21-18) como o terceiro (60-51) período remataron coas locais por diante. Nem-

bargantes, un último cuarto decisivo que as ourensás exprimiron ao máximo (13-28) fixo que a vitoria rematase nas mans das de Lisardo Rodríguez e o Guadalajara se quedase, de novo, coas gañas de saber a que sabe. Próximos encontros A seguinte cita de Liga Feminina 2 será o vindeiro sábado 31 de marzo, cando o Codigalco recibirá ao Universidade de Valladolid (décimo segundo clasificado) e o Pabellón visitará ao ADBA (oitavo). Xa o 7 de abril, as tornas invírtense, e o reto afróntano as colexialas, que se medirán como visitantes co gran Bembibre (segundo), ao tempo que as pabellonistas serán as anfitrioas da cita que as medirá co Aros León (décimo primeiro).

Zuleira Atíes entrando a canasta ante unha xogadora do Aguere./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

BALONCESTO

O COB acada a segunda posición 4 Venceu ao Oviedo por 74-80. R. Torres O Club Ourense Baloncesto segue coa súa liña ascendente para chegar ao play off en óptimas condicións. Na pasada xornada desfíxose, non sen problemas, do Oviedo. O partido non era o máis atractivo para os de Rafa Sanz, polo que a maior preocupación do técnico pasaba por que os seus homes estiveran concentrados nos 40 minutos de encontro. Durante a primeira metade, o encontro estivo nivelado, chegando ao descanso co resultado de 29-31 para os ourensáns. No terceiro cuarto foi cando o COB rompeu o partido, e un parcial de 12-26 fixo que se distanciaran 16 puntos dos locais (41-57). Finalmente, o último cuarto tan só

serviu para que os asturianos puideran maquillar un pouco o resultado. Factor cancha Vitoria importante que encarama ao COB ata a segunda posición. Se o Aurteneche, que vai cuarto, cae á quinta posición, o Club Ourense Baloncesto tería o factor cancha a favor nos play offs, sempre e cando remate no segundo posto que ocupa actualmente. Rivais O próximo rival do COB será o Plasencia, equipo da zona baixa da táboa que quererá dar a sorpresa no Paco Paz. O encontro terá lugar o domingo 1 de abril a partir das 19 horas. Dúas semanas máis tarde (en Semana Santa non hai competición) os da vella Auria

visitan ao Coruña no derbi galego. Pecharán a liga regular en casa contra o Ávila, nun partido que lle pode dar o factor cancha na fase de ascenso. Contra Plasencia A iniciativa que caracterizará o partido contra Plasencia pasa pola colaboración do COB con Cruz Vermella, mendiante a cal a ONG pretende incrementar os recursos propios da Institución grazas á solidariedade e colaboración dos afeccionados ao baloncesto que acudan ao partido do próximo domingo 1 de abril. Todas aquelas persoas que queiran colaborar con esta causa poderán mercar rifas nas tendas de deportes Turini, Intersport e Jugones, así como á entrada e durante o primeiro

cuarto do partido. A compra destas rifas, que custarán 1 euro, permitirá participar no sorteo, que se realizará no descanso do partido, de camisetas asinadas polos xogadores dos equipos de baloncesto Obradoiro, Real Madrid e Barcelona. Ademais, o Club Ourense Baloncesto regalará ao tres premiados tres bonos para asistir aos play offs. Acollemento Familiar Durante o partido, e nas instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz haberá unha mesa informativa do programa de “Acollemento Familiar”, xa que o diñeiro recadado irá destinado a diversos proxectos de protección á infancia, cunha abordaxe integral das súas necesidades, amparando os seus dereitos e reforzando as súas capacidades.

O COB recibirá ao Plsencia o 1 de abril no Paco Paz a partir das 19 horas

Toni Vicens lanza un acertado tiro a canastra sen que os xogadores do Andorra poidan evitalo./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

FÚTBOL

Líder a falta de sete xornadas 4 O CD Ourense continúa na primeira posición cando se chega ao treiro final de tempada. R. Torres Sete xornadas restan para finiquitar a Terceira División 2011-2012 e CD Ourense mantén a primeira posición con tres puntos de vantaxe sobre o Alondras, segundo clasificado. O terceiro -Cerceda- está a cinco, e o cuarto -Pontevedra- a sete. A quinta posición, que deixa fóra da promoción de ascenso, os “rojillos” a teñen a dez puntos; restan 21 por disputar, polo que, salvo catástrofe, o CD Ourense volverá a ter a posiblidade de subir, un ano máis, á Segunda División B. Nestas sete finais, coa promoción case que asegurada, o obxectivo ten que pasar por ser primeiro

ao final de campaña, aínda que Luisito, cauto como o que máis, quere ir partido a partido. A situación é inmellorable como para desaproveitala, xa que ser primeiro levaría a disputar unha soa ronda para ascender; e en caso de perder, tería unha segunda oportunidade entrando no bombo da segunda fase cos equipos segundos, terceiros e cuartos clasificados de cada grupo que venceron na primeira ronda. Os rivais Dos tres rivais -Alondras, Cerceda e Pontevedra-, o que mellores resultados está acadando nas últimas xornadas é o Pontevedra. Os da capital do Lérez levan

catro partidos sen perder, con 10 puntos conseguidos de 12 posibles; na vindeira xornada visitan ao Estradense, que está loitando por non entrar en postos de descensos. O Alondras leva unha racha de tres partidos gañados, polo que se presume que será o máximo rival dos ourensáns para rematar na primeira posición; haberá que ver se os tres puntos de vantaxe dos de Luisito son suficientes. Pola súa banda, o Alondras visita ao Vilalonga, equipo que non se xoga nada. Quen non está a atravesar o seu mellor momento é o Cerceda. Os coruñeses tan só acadaron 6 puntos dos últimos 21 en disputa, e agora toca preguntarse se

Eder foi un dos goleadores do encontro contra As Pontes, con dous tantos./RAMSÉS

é unha mala racha ou un dos máximos favoritos a principio de tempada vai en caída libre. O Cerceda xoga contra o Betanzos, un loitará por continuar entre os catro primeiros e o outro por saír dos catro últimos. O Ourense, pola súa banda, visita ao Ordes, outro dos conxuntos que xa ten feito os deberes e non terá problemas por continuar un ano máis na categoría. Ourense - As Pontes A primeira metade do encontro entre CD Ourense e As Pontes foi do mellor que se puido ver esta tempada no Couto. Concretamente media hora, a que vai do minuto 15 ao 45. Neses minutos os ourensáns desbordaron totalmente aos xogadores das Pontes, logrando os catro goles do encontro e deixando cara o cadro local os tres puntos. A segunda metade, aínda que máis espesa, tivo a súa emoción, e As Ponte, debido ás ocasións falladas polos da cidade das Burgas así como a que o colexiado non viu dous penaltis claros, libráronse dunha goleada de escándalo.

O CDO visita este domingo 1 de abril ao Ordes

Un xogador do Barbadás protexéndose dun rival./RAMSÉS

O Barbadás, directo á Terceira División 4 O equipo ourensán leva unha racha de 21 partidos sen perder. R. Torres O Barbadás é o firme candidato a militar a tempada que vén na Terceira División. O equipo dirixido por Jorge Regal é primeiro con 63 puntos, seis máis que o seu máis inmediato perseguidor, Choco, e sete que o terceiro clasificado, o Pontellas. Os dous primeiros clasificados ascenden á 3ª División. Cos números do Barbadás (máis dunha volta sen perder) será difícil que se lle escapen algunha das dúas primeiras posicións. As nova xornadas que restan ata final de tempada será auténticas finais. Os outros orensáns O Ourense B é pechacancelas da categoría e xa

é virtualmente equipo de Primeira Rexional para o ano que ven. Pola súa banda, o CD Barco vai sexto, moi lonxe do descenso e dos posibles arrastres, polo que a recta final será plácida para o equipo valdeorrés. Nembargantes, o Sporting Celanova e o Verín aínda terán que loitar para non ser un dos posibles equipos que descendan polos arrastres da Terceira División. O cadro da terra dos poetas ocupa a décimo segunda posición con 35 puntos, mentres que os de Monterrei teñen máis complicado este final de campaña ao ser décimo quintos con 31 puntos.

O Barbadás vai primerio con 6 puntos de vantaxe


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

FÚTBOL

A sub 18 si, a sub 16 non 4 A selección galega sub 16 de fútbol accede á fase final polo campionato. R.T. A selección galega sub 18 de fútbol certificou en Ourense o seu pase á fase final. Pola contra, a sub 16 non puido acceder á loita polo título. En Ourense, Barbadás e Celanova disputouse do 16 ao 18 de marzo a segunda fase de seleccións autonómicas de fútbol sub 16 e sub 18. Nas dúas categorías estaban as seleccións de Aragón, Galicia e Cataluña, con todo por decidir para saber que equipos superaban a ronda e loitaba polo campionato. Sub 18 En sub 18, Galicia chegaba con seis puntos conseguidos na primeira fase disputada no País Basco. A competición abríaa o encontro entre Cataluña e Galicia. O resultado foi de

empate a cero goles, polo que se resolvería todo para os galegos na derradeira xornada, despois de que os cataláns venceran por

4-2 a Aragón no segundo día de competición. Galicia enfrontábase a Aragón coa obrigatoriedade de vencer se quería dar

un paso máis na consecución do título accedendo ás semifinais. O partido contra Aragón foi no estadio do Couto e os galegos tiveron que remotar un 01 en contra desde o minuto cinco. O empate chegaría ao borde do descanso. Despois da reanudación, os galegos mostráronse superiores aos aragoneses

e certificaron o seu pase á seguinte ronda con tres goles máis deixando o resultado en 4-1. De seguido, Galicia xogará as semifinais con Valencia, Andalucía e verase as caras novamente con Cataluña, xa que foron os equipos que máis puntos obtiveron ao rematar esta segunda fase.

Partido entre Cataluña e Aragón Sub 18 disputado no estadio San Rosendo de Celanova./RAMSÉS

Sub 16 A selección sub 16 correu peor sorte co seu irmán maior, e caeu eliminada da loita polo título nesta segunda fase disputada en Ourense. Xa comezou mal o torneo para Galicia, ao perder na primeira xornada contra Cataluña por 1-3. Este resultado deixaba aos galegos eliminados e sen opcións para a última xornada, na que o combinado galego quería, alo menos, deixar un bo sabor de boca ante a súa afección. Pero tampouco foron quen de doblegar ao conxunto aragonés, co que perderon. 2-3 foi o resultado que se deu nos Carrís e os sub 16 despedíronse da competición con dúas derrotas.

A sub 18 disputará as semifinais do torneo contra Andalucía, Valencia e Cataluña


10

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

PITCH&PUTT

Bo papel no Internacional de Cataluña P&P 2012 Cunha participación de 126 xogadores de Andorra, Holanda, Irlanda, Suíza, Noruega, Cataluña e Galicia disputouse o prestixioso Campionato internacional VIN OPEN DE CATALUÑA. A vitoria final foi para Marçal Morei, cun resultado acumulado de -13 en 3 voltas de 18 foxos, seguido por Marc Lloret con -10. A expedición galega estaba composta por 9 xogadores, dos cales 7 eran da nosa provincia. Jorge Sarmiento foi o mellor na posición 30. Juan Carlos Igrexas Surri-

bas terminou de 44,mentres que o resto finalizaron máis lonxe dos postos de cabeza: Teo Fernandez (70º), Víctor Rodríguez (82º), Antonio Salgado e Ramón Garcia empataron no posto 91. Pola súa banda, Maria L Escudeiro finalizou no posto 11 entre as damas. Neste evento presentouse o I OPEN INTERNACIONAL DE GALICIA, que se disputará do 12 ao 14 de outubro en PAZO DA TOUZA, cita á que moitos dos mellores xogadores do mundo confirmaron a súa asistencia.

ABSOLUTO 1º-J.C. Surribas 2º- Peter Mervin 3º- Antonio Salgado 4º- Jorge Sarmiento 5º- Jose L Arceiz 6º- Siso de Anta 7º- J.E. Villarino 8º- Jaime Janeiro 9º- J.A Carvajales 10º- Manolo Celta

go Silva, Sergio Fernández e Manuel Bardelás están nun pano e a partir de agora comezarán a tomar protagosnismo os descartes.

Mervin é o novo líder da modalidade de scratch. Surribas pasa a terceiro

183 173 168 168 158 158 157 154 151 150

Kike Rama, Juan C. Surribas, Víctor Rodríguez, Jorge Sarmiento, Sebastián Franco, Teo Fernández, Ramón García e Antonio Salgado en Lloret-Papalus.

A Liga de Inverno Aquavella-Cadavid, preto do desenlace Tras superar o ecuador da competición, a liga cambia de líderes, tanto en scratch como en hándicap. Peter Mervin recolle a testemuña de Juan Carlos Surribas, o cal pasa á terceira posición tras Jose Luís Arceiz. En hándicap a igualdade é, xornada tras xornada, cada vez maior, xa que Rubén Domínguez, Santia-

Ránking provincial 2012

Axenda Pitch&Putt - 30 e 31 de marzo - 8ª Xornada da Liga Aquavella-Cadavid - Pozo do Lago - 4-7 de abril - 9ª Xornada da Liga Aquavella-Cadavid - Pazo da Touza

Xogadores estudiando como afrontar este foxo.

- 14-15 de abril - Campionato Galego Categorías Strokeplay - Pozo do Lago

SÉNIOR 1º- Antonio Salgado 168 2º- Jose L Arceiz 158 3º- J.E. Villarino 157

XUVENIL 1º-Efrén Rodríguez 147 2º-Pedro Botana 116 3º-Manuel Bardelás 105

FEMININO 1º-Carmen Casar 90 2º-Maria Escudero 84 3º-Fátima Gomez 83

Santi Tarrio, campión absoluto 2012 en Boiro, Campionato Categorías Strokeplay. Pozo do Amador Lopez, “xogador da quincena”. xunto con Peter Mervin (5º) e Surribas (11º) fo- Lago albergará os días 14 e 15 de abril o Cam- Cun resultado de -5, con 5 birdies e 1 foxo iguaron os mellores clasificados dos ourensáns. pionato Categorías Strokeplay, a terceira proba lou o récord de Pazo da Touza na 6ª xornada da puntuable para o Ránking Galego 2012. Liga de Inverno.

HÁNDICAP 1º-Manuel Bardelás 2º- Manuel Silva 3º- Ruben Dguez 4º- Sergio Fdez 5º- J.A. Carvajales

186 186 185 182 178


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

PÁDEL / TENIS DE MESA / TENIS

Tenis de mesa

O Galmédica A nos postos de arriba da Segunda División 4 O segundo equipo do club tamén está nos postos de honra. R.T. O equipo ourensán de tenis de mesa que participa na Segunda División Nacional está a realizar unha gran tempada. En 18 xornadas disputadas son segundos con 22 puntos, os mesmos que o líder, o Club del Mar Promesas. Restan catro xornadas e os ourensáns loitarán ata o final polo ascenso á Primeira División. O primeiro ascende e o segundo e terceiro xogarán un play off.

O Galmédica leva catro puntos máis que o cuarto clasificado (Coruña), polo que é máis que probable que xogue por ascender. O próximo domingo, o Galmédica A visita a cancha do Mercantil de Vigo, que ocupa a quinta posición con 18 puntos. Unha vitoria ourensá poríaos preto da loita polo título. Galmédica B O Galmédica B continúa co seu man a man co Mecantil de Vigo B na ca-

rreira polo título da 2ª División Galega do grupo sur. Os dous conxuntos nas 17 xornadas disputadas levan 32 puntos e teñen unha vantaxe de catro sobre o seu máis inmediato perseguidor, o Monteporreiro; o cuarto clasificado xa está a oito puntos dos líderes. Nas cinco xornadas que restan, ourensáns e vigueses pelexarán polo campionato nun treito final de tempada que se presenta apaixoante. Este sábado, no Paco Paz a partir das cinco da tar-

O P21 tómalle a medida á liga 4 Os dous equipos empezar a obter resultados positivos nos seus partidos. Redacción Ao principio pagaron a novatada do principiante, pero agora tanto o P21 A como o P21 B estanlle collendo a medida ás súas respectivas ligas, e comezan a ter resultados positivos. O P21 A vén de vencer ao Mercantil 3, o que lle supón sumar a súa segunda vitoria da tempada, que o coloca de sexto con dous puntos. A vindeira xornada os ourensáns reciben ao Club de Campo de Vigo B, será o domingo 1 de abril, ás16 ho-

P21 B O P21 B vai en quinta posición con catro partidos gañados e outros tantos perdidos. Na última xornada disputada venceru ao Ureca por un contundente 6-0, o que lle permite mirar cara aos posto de arriba. A súa vindeira cita será en Caldas de Rei para xogar contra o segundo clasificado, o Condesa Sport, que leva dúas vitorias máis que os ourensáns.

4 Impúxose no Open Aqualogy. A tenista ourensá Valeria López segue colleitando éxitos. Se fai unhas datas foi finalista na Copa Babolat disputada no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra, e campioa no Open Concello de Gondomar en categoría absoluta, agora o éxito chégalle con

O Galmédica B xógase este sábado 31 de marzo o primeiro posto contra o Mercantil de Vigo B, no Paco Paz, a partir das 17 horas Domingo 1 de abril, 16h., P21 A - Club de Campo de Vigo B

ras nas instalacións do Club Deportivo Ourenpadel.

Contundente vitoria de Valeria López no Club Bamio Redacción

de, terá lugar o primeiro dos asaltos. Galmédica e Mercantil enfróntanse na xornada 18 co primeiro posto en xogo. Na primeira volta os ourensáns sucumbiran por 5-2 na cancha do Vigo, polo que esperan que a historia non se repita e sexan quen de vencelos e encaramarse á primeira posición a falta de catro xornadas.

triunfo no Open Aqualogy disputado no Club Bamio de Ourense. Valeria foi a vencedora tanto no torneo cadete coma na proba absoluta. En cadete venceu na final á xogadora do Círculo Mercantil de Vigo, Nerea Abalde, mentres que se desfacía na final absoluta da ourensá Susana Frade.

Equipo do P21B, que milita na Liga das Rías Baixas.

Tempada brillante No que leva de tempada, esta xoia do tenis ourensán está a brillar máis que nunca, xa que leva disputados seis torneo, dos cales conquistou catro e foi finalista nos outros dous.

Valeria López.

A próxima cita para a xogadora cadete é o Campionato Galego da súa categoría, que terá lugar no Centro de Alto Rendemento da Xunta de Galicia, sito na cidade do Lérez.

Encontro desta tempada do Galmédica.

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade quere quedarse na élite 4 Vence ao Soto del Real e distáncianse do descenso. R. Torres O Cidade As Burgas sumou unha importante vitoria ante un rival directo, o Soto do Real. As ourensás impuxéronse ás madrileñas por 3-6 e teñen case que asegurada a permanencia, xa que teñen a 10 puntos o descenso. Ao descanso, o Cidade xa vencía por 0-4, o que facía presaxiar unha vitoria visitante. Ao minuto da reanudación, as locais recortarían distancias (1-3) para meterse no partido, pero Peke e Iria deixarían sentenciado o encontro na medianía do segundo tempo. Ao final, 36 e tres puntos que viaxaron

para Ourense para deixar ao Cidade con 27 puntos, tan só a tres dos que nun principio marcou Codesao como obxectivo para o seu conxunto. Final complicado A pesar da grande renda que ten cos de abaixo, o Cidade ten un calendario ata final de tempada moi complicado. Ademais de enfrontarse ao Ponte nesta xornada, as franjiverdes terán que xogar contra o Córdoba, Burela, Futsi e Gironella, entre outros, polo que terán que seguir loitando en cada partido para non levarse unha sorpresa ao final de curso.

Un derbi é u 4 A pesar de que non hai prácticamete nada en xogo, os derbis Cidade - Ponte sempre están cargados de intensidade. R. Torres Certo é que o Ponte Ourense aínda pode gañar a liga; e non é menos certo que o Cidade As Burgas todavía non ten asegurada a súa presenza un ano máis na Primeira División do fútbol sala feminino. Pero aínda que as matemáticas din o contrario, as

A franjiverde Laura intenta cortar o avance de Ju Delgado, do Móstoles. /RAMSÉS

albinegras teñen moi complicado revalidar o título e as franjiverdes case que andan a saborear a permanencia. Con todo esto, un derbi é un derbi, e se son Cidade As Burgas e Ponte Ourense os que os que se enfrontan na cancha, o aliciente e a emoción son todavía maiores.

O Cidade chega ao derbi logo de vencer ao Soto del Real, mentres que o Ponte faino coa desilusión ás costas por haber perdido ante o Futsi Navalcarnero e alonxarse da cabeza

As favoritas O favoritismo recae nas pontinas. Seijas, Drica, Marta, Ampi, Sarita... son nomes contrastados que fan que as apostas vaian do carón das actuais campioas da Primeira División. Pero noutra banda, Peke, Laura, Iria, Sonia... fan do seu desparpaxo a seña de identidade do Cidade, un equipo capaz de calquera cousa. Na primeira volta non houbo cor, e Vivián venceu 6-1 a Codeso, ou o que é o mesmo, Ampi e compañía venceron a Sonia e as súas, pero noutros enfrontamentes a cousa

non estivo tan clara. O ano pasado (ano da consecución do título do Ponte Ourense), os resultados dos dous partidos de liga foron 3-1 e 0-1 para as pontinas nuns encontros vibrantes e cheos de emoción, como o que se agarda este sábado 31 de marzo nos Remedios a partir das 17 horas. Cidade As Burgas O Cidade vén de vencer ao Soto del Real a pasada xornada por 3-6. Un paso de xigante na súa loita pola permanencia, xa que se enfrontaba a un rival directo.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

FÚTBOL SALA

13

Adeus á liga? 4 O Ponte Ourense perde ante o Navalcarnero e di practicamente adeus a revalidar o título. Redacción

un derbi A falta de 24 puntos por disputar as ourensás teñen un colchón de 10 sobre o descenso, vantaxe non insalvable, pero si moi difícil de igualar para os equipos de abaixo. Chegar aos 30 puntos era a meta marcada por Manolo Codeso para lograr o obxectivo da permanencia. No partido contra o Ponte poden lograr esa cifra. Ponte Ourense Despois do xarro de auga fría que supuxo perPrimeira División FSF 14ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid - 55 2º Ponte Ourense - 47 3º Móstoles - 47 4º Córdoba - 46 5º Burela -44 6º Gironella - 42 7º Femesala Elche - 39 8º U. de Alacante - 33 9º Orvina - 27 10ºCidade As Burgas-27 11º Soto del Real -24 12º Valladolid -18 13º Zaragoza - 18 14º Logroño - 17 15º Rubí - 14 16º Majadahonda -7

der contra o Futsi Navalcarnero (1-5), as de Óscar Vivián tentarán recompoñerse, mirar cara adiante e loitar por un título que a pesar de telo difícil, non o teñen imposible. Os oito puntos que as separan das madrileñas é unha distancia importante, pero as de Óscar Vivián quererán vencer todos os partidos e esperar o traspés do Navalcarnero. O calendario é máis complicado para as madrileñas que para as ourensás.

Día: 31 de marzo Lugar: Pavillón dos Remedios Hora: 17.00 Partido de 1ª División de Fútbol Sala Feminino entre Cidade As Burgas e o Ponte Ourense

4 Xornada 23 - 31 de marzo Majadahonda - Rubi Valladolid - U. de Alacante Diamante Logroño - Móstoles Lacturale Orvina - Soto del Real Cidade As Burgas - Ponte Ourense Futsi Navalcarnero - Deportivo Córdoba Femesala Elche - Burela Gironella - Zaragoza

4 Xornada 24 - 14 de abril U. de Alacante - Rubi Móstoles - Valladolid Soto del Real - Diamante Logroño Ponte Ourense - Lacturale Orvina Deportivo Córdoba - Cidade As Burgas Burela - Futsi Navalcarnero Zaragoza - Femesala Elche Gironella - Majadahonda

O Ponte Ourense caeu derrotado, nun pavillón dos Remedios abarrotado, fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero por un contundente 1-5. O cadro ourensán levou a manixa do encontro, pero eran as madrileñas as que golpeaban de forma maxistral nos contragolpes que se lle presentaban. Ao final da cita, Óscar Vivián lamentábase das ocasións erradas polas súas xogadoras e daba case por perdida a loita polo título. As baixas de Souza e Laura Fernández notáronse en exceso nos dous últimos encontros, nos que o cadro pontino caeu ante o Elche e o Futsi, polo que prácticamente di adeus á liga. Sara Iturriaga firmou un “hat trick”, pero o pulmón das madrilenas foi Leti,

autora do quinto gol. A xogadora en todo momento dirixiu desde o campo ás súas compañeiras realizando un partido de sobresainte. Pola súa banda, os problemas físicos de Ampi fixeron que a xogadora andaluza non rendera ao nivel que nos ten acostumados e durante todo o partido foi un querer e non poder para a xogadora pontina. Restan oito xornadas (24

puntos), pero os oito puntos que o separan do Futsi son unha lousa moi grande para pensar nunha remontada do Ponte, e aínda máis se temos en conta o gran equipo que é o Navalcarnero, a pesar de que o seu adestrador se mostra cauto, “aínda queda moita liga e non nos podemos fiar do Ponte Ourense nin do Móstoles”, afirmaba ao finalizar o encontro contra as de Vivián.

Bea Seijas golpeando o balón./RAMSÉS


14

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

POLIDEPORTIVO

O Club Ciclista Ourensano organiza novas actividades 4 Como o Campionato do Mundo. Redacción O Club Ciclista Ourensano vén de presentar as súas novas actividades para este ano, como é o Campionato da Península Ibérica, que se celebrará o 29 de abril e o 17 de xuño. En abril será o ciclo máster e terá a súa saída no barrio de Vistahermosa de Ourense para rematar no alto de Mon de Deu (Mirador do Miño), pasando polas localidades de Barbantes e Leiro para regrasar a Ourense completando un circuíto duns 70 quilómetros. Nesta proba

contarase coa presenza do cinco veces vencedor do Tour de Francia, Miguel Induráin, quen virá a Ourense para apoiar a proba. Xa o 17 de xuño será o turno das categorías élite e sub23, que percorrerán máis de 120 quilómetros. A saída será en Barbadás e chegarase á rúa do Paseo, pasando antes pola Manchica, Celanova, Bande, Muíños, Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Maceda. Pratos fortes O CC Ourensano, ao percatarse do vacío legal exis-

BTT

Villanueva, segundo en Nigrán 4 O Academia Postal-Actyon - Mérida acada tres podios. Redacción Bos resultados para o Academia Postal-Actyon - Mérida no arranque do calendario galego de BTT con tres podios na primeira proba do campionato. En Nigrán disputábase o oitavo trofeo da localidade, que ademais de pertencer ao campionato galego, tamén era puntuable para o ránking estatal, facendo que tivera moita concurrencia de bikers de fóra da nosa comunidade. José Ramón Villanueva rematou na segunda posición na carreira Elite -Sub 23, por detrás do corredor de Plasencia, Pedro Romero, e diante do madrileño Víctor Manuel Fernández. Este segundo posto valeulle para acadar a primeira posición en sub23. Villanueva foi durante a proba de menos a máis, logrando adiantar a moitos rivais no tramo final de mesma. Saúl López, tras unha boa carreira, remataba en sétima posición, sendo o terceiro dos galegos. Así mesmo, Xulio Conde foi terceiro en máster 40; José Manuel Ramos, tercei-

ro en máster 30 e José Manuel, cuarto en M- 50. Categorías inferiores En categorías inferiores, Iván Conde (cadete) foi segundo, e Raúl González e Sergio Movilla remataron 7º e 17º, respectivamente. Xiana Conde era cuarta en cadete feminino, nunha carreira compartida coas corredoras de categoría júnior.

tente en torno ao rexistro do Campionato de España e o do Mundo, decidiu formalizar ambas probas, co fin de facerse cargo da súa organización a partir de agora, aínda que carecen de carácter oficial. Así, os días 21 e 22 de xullo vaise disputar o Campionato de España en ciclo máster. E para o 25 e 26 de agosto cóntase con que teña lugar o Campionato do Mundo. Debido á antelación da súa presentación, polo momento descoñecese o percorrido de ambas citas. Transgalicia 2012 Os corredores sub23 do Academia Postal-ActyonMérida, Saúl López e José Ramón Villanueva, acudiron á segunda proba puntuable do Transgalicia 2012. A proba, BTT na modalidade de maratón, disputouse en Sanxenxo sobre un percorrido de 57 quilómetros. Tanto Saúl como José Ramón iniciaron a carreira moi retrasados debido a que non participaron na primeira proba. Os dous ciclistas tiveron que facer un gran esforzo para contactar cos da cabeza, que máis tarde pagaron baixando o seu rendemento. Saúl López rematou finalmente na sétima posición e José Ramón Villanueva foi noveno.

José R. Villanueva, segundo en Nigrán.

4 Duatlón escolar O sábado 24 de marzo, a Escola JA Hermida organizou o VII Duatlón Escolar de Maceda. A proba, que era para as categorías inferiores, contou cunha gran participación do Club Beariz e do club organizador, o Escola JA Hermida de Maceda. O duatlón escolar combinou as probas de ciclismo e carreira a pé.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

MOTOR

Os irmáns González, segundos en Madrid 4 No IV Rali de España. Redacción Os irmáns González do Ourense Capital Termal veñen de rematar en segunda posición no IV Rali de España, cita puntuable para o Campionato de Europa de Velocidade, o Campionato de España de Velocidade e o Campionato de España de Regularidade. Os ourensáns, ao volante do Ford Escort RS2000, participaron na proba de regularidade xunto con outros 26 coches. Na primeira xornada xa marcaban o segundo mellor tempo, por detrás de Gorroño e Oleaga, que eran os líderes. O sábado tomaban a saída con 5,4 segundos de desvantaxe, que tramo a tramo íase recortando sen poder finalmente superalos. Ao remate da proba, o Ourense Capital Termal rematou na segunda posición a tan só 3,2 segundos dos vencedores. Completando o podio estiveron os actuais campións de España, Breda

Aragonés ao volante do seu Renault Twingo R2.

Os González repiten na segunda posición do Rali de España por terceiro ano consecutivo. e Alaña. Para os irmáns González esta é a súa terceira participación neste evento no que non baixan da segunda posición (foron segundos nas tres edicións nas que participaron). A saída protocolaria deste IV Rali de España tivo lugar unha vez máis na praza de Oriente, en Madrid. Lugar que sempre se enche de afeccionados para ver

coches difíciles de contemplar polas rúas, como o Porsche 911, o Lancia 037, o Lancia Stratos, o Renault Alpine ou o Ford Escort entre outros. Ademais, esta cita coa velocidade tivo o atractivo de contar con Carlos Sainz e Luis Moya no mesmo coche na proba de velocidade despois de moitos anos sen compartir experiencia nun rali. Sainz e Moya participaron cun Porsche 911 Gr.4 de 1981 e o dominio foi aplastante sobre os seus rivais. Próximo rali A vindeira cita para o Ford Escort RS2000 dos irmáns González será en abril no Rali Trasmiera Histórico, de Cantabria.

O Ford Escort dos irmáns González.

En abril, o Ford Escort dos González competirá en Cantabria

Luis Aragonés pisa podio no Rali Illas Canarias 4 Na primeira proba do Campionato de España de Ralis de Asfalto. Redacción Gran actuación do Renault Twingo R2 pilotado por Luis Aragonés, con “Cuko” Bañobre como copiloto, que acadaron a terceira posición na “Challenge Renault Twingo R2 de Rallis de España”, ademais da 14ª na clasificación xeral. Un bo comezo para o equipo da Rede Renault de Galicia no 36 Rali Illas Canarias. A proba estivo caracterizada pola súa dureza facendo mella en moitos dos participantes, rivais do piloto galego. O pequeno Twingo de Aragonés e Bañobre logrou chegar a meta tras dúas esgotadoras xornadas de pilotaxe, nunha proba que é valedeira para os certames europeos. A chave deste gran resultado foi a regularidade. Aragonés non quería en

ningún momento arriscar, pero si manter un bo ritmo en cada tramo. Así acadou esta terceira posición que supera as expectativas postas para o Illas Canarias, o que lle permite sumar importantes puntos de cara ao campionato. Aragonés estaba máis que satisfeito ao rematar o evento sobre un trazado de moitos quilómetros cronometrados como é este rali insular. Ao piloto da Rede Renault de Galicia tócalle agora preparar as vindeiras citas. Rali do Cocido O Rali do Cocido tivo un invitado co que non se contaba. Despois de varias semanas de sequía, a choiva fixo acto de presenza nas estadas de Lalín para convertilas en auténticas pistas de patinaxe. Con este panorama, o máis normal era que os pilotos confor-

máranse con rematar a cita. E iso foi o que logrou Carlos Iván Alonso, completar a proba polas impracticables estradas da comarca do Deza, sendo conservador para non dañar a mecánica do seu Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport, e poder chegar así ao Centro Comercial Pontiñas de Lalín sen ningún contratempo. Ao final, quedou de 16º na xeral e 11º na Copa Top-Ten de Galicia, despois de que moitos equipos non puideran nin chegar a meta. Agora, Carlos Iván Alonso xa pensa na seguinte proba do Campionato de Galicia de Ralis de Asfalto.

Carlos Alonso logrou rematar o Rali do Cocido de 16º na xeral e de 10º na Copa Top Ten


BALONCESTO / MOTOR

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

NOVAS

Yuchenko consegue a medalla de prata no Open de acceso ao conxunto nacional

4 Trátase do primeiro metal oficial para Anna en skiff competindo polo Castrelo de Miño. Redacción Logo de ano e medio adestrando en Castrelo de Miño, tanto Anna Yuchenko como o propio club veñen de comezar a saborear as meles da recompensa, xa que a deportista rusa vén de facerse coa súa primeira medalla oficial na modalidade de sniff no Open que da acceso ao equipo nacional. Tanto a vencedora, Nuria Domínguez, como Yuchenko demostraron que a día de hoxe son as mellores remeiras coas que conta España, polo que o máis probable é que continúen a súa preparación xuntas formando un 2x que poida competir nas próximas citas internacionais. O venres 23 de marzoYuchenko superou as eliminatorias sen problemas, gañando a súa serie cun tempo de 8:13 que lle permitiu pasar directamente a semifinais, nas que o sábado pola tarde tivo que medirse con Nuria

Marta Arribas e Francisco Rodríguez percorrendo o tramo rehabilitado./PAULA LODEIRO

Domínguez, que lle sacou 6 segundos a pesar de que Anna realizou a súa mellor marca da tempada con 8:03. O domingo, na final, repetiuse o guión cuns tempos moi similares, quedando ambas por diante de Mª Teresa Mais de Xaxars. Camiño da selección Neste Open, celebrado en Banyoles, participaron máis de 230 deportistas de 46 clubs de toda España desde categoría cadete ata a absoluta coa intención de ser seleccionados polo Director Técnico da Federación Española Julen Erauzkin. O propio Erauzkin xa convocara a Anna con antelación a esta regata para valorar a formación dun 2x con Nuria Domínguez e os resultados confirmaron esta opción, polo que as dúas desprazáronse desde Banyoles directamente ao CEAR de Sevilla para continuar a súa preparación xunto co resto de membros do equipo na-

Anna Yuchenko encabezando unha serie das eliminatorias.

Un quilómetro máis para pasear

4 O Concello vén de restaurar unha marxe do río Loña. Redacción

Anna Yuchenko, a primeira pola esquerda, coa medalla de prata conseguida no open. cional. Anna puido participar en skiff na Regata Open de acceso ao equipo Nacional grazas á autorización do Comité Técnico da Federación Española de Remo e non defraudou, así que agora só falta que lle concedan a nacionalidade española. Memorial Paolo D`aloja A primeira regata interna-

cional na que xa podería competir Anna xunto con Nuria é o Memorial Paolo D`aloja, que terá lugar na localidade italiana de Piediluco do 13 ao 15 de abril, e na que poderían valorar as súas posibilidades a nivel internacional e de cara á clasificatoria final olímpica que se disputará do 20 ao 24 de maio no lago Rotsee de Lucerna.

Veñen de rematar as actuacións de restauración paisaxística e medioambiental do río Loña, no treito comprendido entre Ponte Loña e Mende. Cun orzamento de 343.941 euros, financiado con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, o proxecto tivo como principal obxectivo acometer a posta en valor da marxe do río Loña, desenvolvendo actuacións de protección, restauración paisaxística e medioambiental e o seu acondicionamento para o uso cidadán. A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Ponte Loña ata Mende, percorrendo un total de 1.168 metros de canle fluvial ata enlazar co camiño xa existente na actualidade, nas inmediacións do colexio de Mende. A actuación principal foi o acondicionamento do contorno natural do treito,

mediante a recuperación dun camiño peonil situado xunto ao río. Os novos accesos están completamente integrados no contorno, recuperándose os camiños e dotándoos de pavimento ecolóxico, así como de tramos de madeira naqueles espazos nos que non era posible dende o punto de vista técnico a recuperación do camiño orixinal. A recuperación de bosques de ribeira e vexetación hidrófila, favorecer os corredores ecolóxicos e a instalación de mobiliario acorde co entorno fluvial completaron a actuación. Boa situación ecolóxica O río Loña atópase nunha boa situación ecolóxica e ambiental e a actuación levada a cabo non fai senón redundar neste senso e potenciar as rutas ambientais e paisaxísticas do Concello de Ourense. Coa recuperación desta zona do río Loña, o municipio de Ourense conta xa con case 26 quilómetros de paseos fluviais.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

POLIDEPORTIVO

A Copa Deputación de voleibol busca aos seus campións provinciais 4 Este evento disputarase ata finais de maio. Redacción O clásico torneo ourensán inicia a súa vixésimo sétima edición. O pasado luns 19 de marzo poñíase en marcha oficialmente a XXVII edición da Copa Deputación de Ourense. O torneo consta de dúas fases: unha primeira fase previa que acaba de arrincar, concebida como unha liga de todos contra todos a unha soa volta, e unha fase final na que se xogarán as semifinais e a final de cada categoría. Esta primeira fase, na que participarán 42 equipos en total de todas as categorías, dende benxamíns a sénior, alargarase ata o día 10 do vindeiro mes de maio. O evento consegue, desta forma, prolongar a competición unha vez finalizadas as ligas autonómicas, e deste xeito, dar máis promoción á canteira e as categorías de base, servindo de promoción desta disciplina deportiva tanto na cidade de Ourense como noutras vilas como O Barco de Valdeorras ou Amoeiro, que acollerán varias finais (sénior feminina en Amoeiro e benxamín, alevín e infantil masculina no Barco).

Xornada no Paco Paz O 12 de maio será o “día grande” da competición, cunha xornada adicada por enteiro ao voleibol no Paco Paz. Alí terán lugar as finais Senior Masculina, Xuvenil Feminina, Cadete Feminina e Infantil Feminina. Trátase da gran festa do voleibol ourensán, na que conviven xogadores e xogadoras de todas as idades unidos pola

paixón que lles esperta este deporte.

Participan 42 conxuntos de todas as categorías, cunha gran final o 12 de maio no Paco Paz

O voleibol ourensán dase cita na Copa Deputación.

19

TIRO

Seguen as ligas anuais

4 Jorge Encinas suma 1.123 puntos no Campionato Provincial de 3x40, que o clasifica para o campionato autonómico. Paula Lodeiro Durante a pasada fin de semana desenvolveuse no club de Eiroás a tirada correspondente ao mes de marzo da 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira e pistola libre, coa participación de 18 deportistas. Na modalidade de carabina lixeira disputaron a proba once tiradores, quedando primeiros Miguel Jácome en sénior (con 586 puntos), Pablo Álvarez en júnior (551 puntos), e Manuel Somoza en veteráns (572 puntos). Pola súa banda, na tirada de pistola libre Carlos Iglesias obtivo a máxima puntuación dos sete participantes con 535 puntos, en categoría sénior, mentres que José Ramón

Fernández Guede sumou 429 puntos en categoría veteráns. Clasificatorio de 3x40 Na mesma xornada do domingo 25 de marzo, disputouse o Campionato Provincial de Carabina 3x40, clasificatorio para o campionato autonómico. Nesta modalidade só participou o único tirador de carabina do 22 de Ourense, Jorge Encinas, que obtivo unha puntuación de 1.123 puntos. Próximas competicións Para o mes de abril, ademais das tiradas correspondentes ás ligas anuais (a primeira fin de semana a Copa Deputación de armas neumáticas, e a última a Copa Cidade das Burgas), destaca no calendario a celebración do Campionato

Nacional de Tiro da Garda Civil, que reunirá entre os días 16 e 20 a gardas civís de toda España para participar nesta competición de tiro policial. Xa fóra da cidade, será o turno para a primeira fase da Copa do Rei de armas olímpicas, que se disputa en Mollet del Vallés (Barcelona) do 12 ao 15 de abril, e para a que xa está confirmada a participación de alomenos dous representantes ourensáns: Jorge Encinas en carabina 22 e aire comprimido, e Nuria Mera en pistola.

En abril o club acollerá o Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil

Tiradores de carabina lixeira o pasado domingo en Eiroás. /P.LODEIRO.


20

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

ACTUALIDADE

Fútbol sala en Amencer para Semana Santa 4 Un torneo dun só día aberto a todo o mundo. Redacción A Asociación Xuvenil Amencer organiza o luns 2 de abril de Semana Santa un campionato lóstrego (dun só día) de fútbol sala no campo cuberto do colexio salesiano. Estas actividades inclúense dentro do programa de Amencer chamado “Portas abertas” que está destinado a rapaces e mozos de toda a nosa cidade, sen ter que ser socios da asociación. Este programa abrangue varios proxectos de tempo libre. O proxecto educativo chámase “A tope na ponte”, que se

desenvolve nas festas, pontes e períodos de vacacións escolares de todo o curso escolar 2011/2012. Haberá unha única categoría con equipos de entre 6 e 15 xogadores. O sorteo do campionato realizará-

Momento dun campionato anterior de Amencer.

Gran Bahía, gran lekhili

4 O atleta do Academia Postal, logra o seu terceiro título consecutivo na proba. Redacción O marroquí do Ourense Atletismo, Hassan Lekhili ven de vencer no XIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay. Para Lekhili iste é o seu terceiro título consecutivo da proba, considerada como o mellor medio maratón de Galicia. Hassan entrou en liña de meta cun

se o venres 30 de marzo nos locais de Amencer ás 18.00 horas, e é obrigatoria a presenza do capitán ou dun representante por equipo. O prazo de inscrición remata o mesmo venres ás 14:00 horas.

tempo de 1h05:29, nunha carreira na que participaron 4500 atletas. Akka foi segundo e Platas, terceiro. O Elías Domínguez (OAAP) logrou a quinta posición da xeral. Campionato Galego de 10.000 metros En Noia disputouse o Campionato Galego de

10.000 metros onde os representantes do Ourense Atletismo Academia Postal tiveron un papel protagonista. A vitoria recaeu en Alejandro Fernández (campión galego) cun tempo de 29:48.8. Álvaro de la Fuente foi subcampión. De non ser polo despite de Alejandro Cid houberan logrado un triplete; Cid non se percatou do achegamento do atleta pontevedrés Manuel Martínez, quen lle arrebatou o terceiro posto na mesma liña de meta con tan só cinco décimas.José Antonio Paz rematou na quinta posición, sendo o primeiro veterán en pasar pola liña de meta.

Ourense acolle o Campionato de España da raza canina pastor belga 4 Esta fin de semana no hipódromo de Antela, en Xinzo de Limia. Redacción O hipódromo de Antela acollerá a vindeira fin de semana o Campionato de España da raza canina pastor belga, un evento no que se darán cita os mellores exemplares para competir polo campionato de España, proba da que sairán os representantes para o campionato do mundo que se celebrará en Bélxica. A proba foi presentada no Pazo Provincial, e contou coa presenza do deputado de Agricultura da institución provincial, Emilio Pazos; o xefe do Servizo de Agricultura, Manuel

Ángel Rodríguez; o asesor de Deportes, Bernardino González, e os organizadores do evento, Francisco Rico e Antonio Díaz. A Deputación de Ourense colabora neste evento poñendo a disposición dos organizadores as instalación do hipódromo de Antela para acoller as probas que se desenvolverán ao longo do venres, sábado e domingo vindeiros. Como en anos anteriores, o “Club Español del Perro Pastor Belga” organiza este campionato, que terá tres probas: XIII Campionato de España, onde os mellores guías e cans desta modalidade mediranse nas disci-

plinas de rastro, obediencia e protección; XII Copa de Agility, válida para o Campionato de España desta espectacular disciplina, e a proba Monográfica de Beleza, onde se poderán observar os mellores exemplares desta raza. Participantes procedentes de todo o país Máis de 80 cans procedentes de toda España daranse cita neste evento, que comezará o venres ás 10 horas cos adestramentos oficiais, para seguir co desenvolvemento das probas, e rematará o domingo ás 14.30 horas coa entrega de premios.

A esta proba preséntanse os mellores exemplares de pastor belga de toda España.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

BREVES

O Balonmán Pabellón perde o seu primeiro encontro da tempada

Apóstol e Barrocás enfróntanse no derbi ourensán

4 Contra o Moaña.

Redacción Este domingo 1 de abril o Apóstol Ourense e o Caldaria Barrocás xogarán o derbi ourensán da División de Honra B do hoquei herba masculino. O encontro, enmarcado na xornada 13, será a partir das 12 horas no campo de herba artificial de Mariñamansa. Os dous conxuntos chegan a esta cita con intereses distintos. Se o Caldaria Barrocás apenas xógase nada, coa salvación asegurada, o Apóstol Ourense tentará buscala sumando os dous puntos en disputa.

Redacción

Partido do Ourense disputado en Mariñamansa. /RAMSÉS

Despois de certificar o ascenso á 1ª Autonómica de forma brillante, o Balonmán Pabellón perde o

Apóstol Ourense O Apóstol Ourense, que xoga de local, chega a este encontro con cinco puntos e despois de perder a pasada xornada contra o Sardinero por un abultado 6-1. Os ourensáns son penúltimos e están empatados a puntos -cinco- co último clasificado, o San Vicente, polo que sumar puntos comeza a ser vital se queren permanecer un ano máis na segunda categoría do hoquei herba. Caldaria Barrocás O Caldaria Barrocás, con 13 puntos ten a salvación máis preto, e os postos de arriba un pouco lonxe para pensar en lograr alcanzalos de aquí a final de tempada. Ourense O Ourense de Primeira División feminina está na zona tranquila da táboa. Con 13 puntos ocupan a quinta posición lonxe dos postos de arriba e sen perigo de ser alcanzadas polos equipos de abaixo. Esta fin de semana o Ourense visita a cancha do terceiro clasificado, o Universidade de Sevilla, na xornada número 13.

21

seu primeiro encontro nesta tempada. Foi contra o Moaña, equipo que aínda está na loita polo ascenso. Os de Zarra logo de firmar 21 encontros impolutos de derrotas e sellar o ascenso buscado desde fai máis de dúas décadas, o máis lóxico é que baixaran o pistón da competición. E así foi. 34-30 foi o resultado en contra ante os pontevedreses, pero xa pouco importa, e nada pode empañar a magnífica tempada realizada polos ourensáns.

Partido do Pabellón Balonmán nos Remedios./RAMSÉS

Vitoria do Campus contra o colista Redacción Partido sen historia o xogado polo Campus Ourense Rugby no Bierzo contra os Jabatos. Os leoneses son colistas

e o Campus sen facer nada doutro mundo deu conta delo. 10-13 foi o resultado dun partido espeso no que a calidade dos ourensáns impúxose ao ímpetú dos biercenses. Con esta vitoria, e a falta de dúas xornadas, o Campus Ourense aínda ten posiblidades de alcanzar a cuarta posición e rematar unha unha liga que foi de máis a menos.

Plantilla do Campus Ourense Rugby.


22

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

ARTES MARCIAIS - CMD

Éxito do Jiu Jitsu ourensán no Europeo de Alemaña 4 Felipe Iglesias rematou nun meritorio sétimo posto.

O Consello Municipal de Deportes quere pagar as súas facturas en 30 días

Redacción

Redacción

Os competidores do Ximnasio Marbel, Felipe Igrexas e Christian Alvarez completaron o seu histórico debut no Campionato de Europa de Jiu Jitsu do pasado 24 de marzo na localidade alemá de Hanau. Era a primeira vez na historia que un ourensán compite nun evento diste calibre nas modalidades irmás de Judo ou Jiu Jitsu e o resultado foi magnífico, terminando Felipe Iglesias no posto sétimo na categoría de -62 quilos e Christian Álvarez décimo terceiro en -94 quilos. Felipe Iglesias comezou o seu concurso como un ciclón e gañou o seu primeiro combate contra o alemán e local Andreas Dold. Iglesias avanzou até a eliminatoria de cuartos, caendo contra o belga e posterior medalla de prata Deniss Zaitsev. Na repesca, Igrexas derrotou ao ruso Robert Koibaev e estivo a un paso da medalla de bronce pero, curiosamente, perdeu contra Dold, a quen derrotara na primeira rolda. Un sétimo posto que sabe a ouro para o bravo competidor ourensán. Christian Álvarez caeu na primeira rolda contra o alemán e posterior medalla de bronce Christopher Müller tras opor dura resistencia, e na repesca tampouco puido co francés Mathieu Lefvre. O seu posto final foi décimo terceiro, o mesmo no que terminou o tamén galego Alex Álvarez na categoría de -77 quilos.

O Consello Municipal de Deportes (CMD), encabezado polo concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, comprométense a pagar as facturas da entidade nun prazo de 30 días. Con esta medida pretenden reducir o volume de crédito comercial, co fin de recuperar a confianza dos acredores comerciais, a quen consideran socios estratéxicos e imprescindibles para a prestación de servizos deportivos. A medida é tomada pola situación de estancamento e recesión económica, que sometía a dificultades de financiamento e tensións de liquidez aos provedores do CMD, maiormente locais. Esta medida tómase ademais para que sigan as boas relacións entre CMD e acredores e reafirmar a colaboración positiva entre todas as partes. Por iso, fíxase o pago das débedas en 30 días desde a recepción da factura ata que se cobra.

Álex Álvarez, Christian Álvarez e Felipe Iglesias en hanau (Alemaña). Contra os mellores Os ourensáns medíronse ao mellor do panorama mundial, onde franceses, rusos e alemáns dominaron practicamente todas as categorías no Main-Kinzing

Ache da cidade xermana de Hanau, situada ao leste de Francfort. Éxito de jiu jitsu ourensán que permitirá aos nosos loitadores ascender postos no ranking mundial.

Esperanza Fernández Iglesias.

Open de España de Taekwondo No Opende de España de Taekwondo, a taekwondista do ximnasio Couto, Esperanza Fernández Iglesias, conquistou a medalla de bronce en categoría Máster 1. A cita tivo lugar en Alacante o pasado 25 de marzo.

Kick boxing

Iglesias, campión galego de lightcontact 4 No Campionato Galego disputado en Marín. Redacción O pavillón municipal de Marín (Pontevedra) acolleu o Campionato Galego de kick boxing na modalidade de light contact. Ximnasio Estudio A Valenzá Tres foron os representantes do Ximnasio Estudio A Valenzá (Barbadás) realizando un gran papel cada un deles. Dos tres hai

que facer unha mención especial para Francisco Javier Iglesias, que acadou o campionato galego na categoría de menos de 84 quilogramos. Numerosa participación Máis de 130 deportistas de toda a xeografía galega déronse cita neste evento, polo que o mérito de Fracisco Javier Iglesias é todavía maior.

Francisco Javier nun dos combates.

Manuel R. Mosquera.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº52- Ano: IV - 16 de marzo de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4DESDE O MEU RECUNCHO

4A PREGUNTA 4Cres que foi un acerto a volta de Rafa Sanz como adestrador do Club Ourense Baloncesto? SI O Club Ourense Baloncesto antes da chegada de Rafa Sanz era un equipo pouco fiable. Coa dirección do cordobés virou a tendencia, e agora é un dos equipos máis compactos da competición. Sen opción de alcanzar o primeiro posto, Sanz está levando ao equipo ata a segunda praza (factor cancha no play off a favor), e o que é máis importante, o COB comeza a ser un equipo que comeza a dar síntomas que participará no play off con garantías de disputar con calqueira a praza de LEB Ouro en xogo. NON O COB non necesitaba cambiar de adestrador nunha liga de 13 equipos, na que ascende un directamente, e os equipos que quedan da segunda á novena posición xogan o play off polo ascenso. Calquera que adestrara a este equipo, coa calidade destes xogadores para a LEB Prata podería rematar na liga regular entre os nove primeiros. Xa no play off, o factor sorte non depende de quen esté no banco.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense. com

Rafa Sanz foi tamén adestrador do COB nos últimos meses da tempada anterior./RAMSÉS

4O resultado da pregunta anterior Xogará o CD Ourense a promoción de ascenso á 2ªB como campión do seu grupo de Terceira División?

Sexa polo tormentoso comezo de tempada, con cambios de directiva e adestrador, ou sexa pola calidade dos rivais máis directos, o certo é que os ourensáns non se mostran de todo convencidos de que o seu reprentante na Terceira División de fútbol logre rematar a liga como

líder, xa que só un 27,3% dos que participaron na nosa enquisa aposta por que o CDO acade a promoción de ascenso como número un do seu grupo, mentres que, pola contra, un 72,7% considera que se logra disputala o fará chegando, como mínimo , de segundo clasificado.

O deporte e a saúde (III): Actividades a practicar As ofertas deportivas para o deporte poden ser de diferente índole, elixindo o practicante aquela que mellor se adapte ás súas aptitudes e condicións físicas: - Carreira continua (jogging ou footing). Correr de forma continuada, cómoda, relaxada e en equilibrio de osíxeno. Tamén pode facerse de forma fraccionaria (5´10´-15´...), e nos descansos realizar exercicios de mobilidade articular, coordinación e estiramentos. - Circuítos naturais. Consiste en percorrer varios quilómetros en carreira, camiñando, á vez que se fan diferentes exercicios. Están instalados en parques, bosques e outros espazos. É un percorrido que permite adestrar só, cos amigos

Alfonso Vilachá Rodríguez.

ou coa familia. - Aeróbic. Método de adestramento para unha mellora xeral. Os exercicios ximnásticos adoitan ir acompañados sempre pola música. - Bicicleta. Ben por estrada ou por montaña. - Natación. Realizala de forma continuada. Baloncesto, fútbol, hockey, atletismo, balonmán... - Marcha, sendeirismo, montañismo, excursionismo. Recetario positivo e negativo do deporte

O Positivo: - O ideal á hora de entrenar é gozar e ser feliz. - Facer deporte é o camiño ideal para facer amigos. - Máximo respecto ao opoñente gáñese ou pérdase.

- Esfórzome ao máximo para mellorar cando entreno e xogo. - Hai que facer deporte todos os días. - É necesario facer deporte e alimentarse ben para estar san. - As normas no deporte son necesarias e imprescindibles no seu cumplimento para que aflore o respecto. O negativo - O máis importante á hora de entrenar e xogar é gañar como sexa. - Para facer deporte non preciso amigos. - Só saúdo ao contrario cando gaño. - Só me esforzo o xusto para entrenar e xogar. - Facer deporte todos os días non é necesario. - Só como o que máis me gusta. - Se gaño facendo trampas e protestando é bo. Alfonso Vilachá


24

BARRIOS DEPORTIVO 30 de marzo de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.