15 Marzo 2012 - BD52

Page 1

Defendendo as nosas cores: María José Bolonio, do Pabellón Feminino BALONMAN

Páx. 3

TENIS

[páx. 18] Páx. 10

Valeria López, un valor en alza José Paz e Iria Fernández, campións provinciais nos 10.000 metros en pista [páx. 12]

Ascenso de Primeira

O 1º BTT Palmes Ourense, o 25 de marzo [páx. 19]

Os xogadores do Pabellón Balonmán celebran o ascenso a 1ª Autonómica. /RAMSÉS

Número: 52- Ano: IV - 16 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol

- Do 16 ao 18. San Rosendo (Celanova), Os Carrís (Barbadás) e O Couto (Ourense). Campionato Nacional de seleccións Autonómicas Sub16 e Sub18. Participarán as seleccións de Aragón, Cataluña e Galicia. - Día 18. José Arjiz (Verín). Verín - Alerta Traviesas. - Día 18. Ourense. CD Ourense B - Choco. - Día 18. Os Carrís. UD Barbadás - Nigrán. - Día 25. O Couto. CD Ourense - As Pontes.

Baloncesto

- Día 17. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Aguere. - Día 18. Os Remedios -12.00h.- ABO - Chantada. - Día 18. Paco Paz -19.00h.- COB - Andorra. - Día 24. Os Remedios -20.00h.- Pabellón Feminino Cáceres.

BTT

- Día 25. Palmés -A partir das 9.30h..- 1º BTT Palmés - Ourense.

Atletismo

- Día 18. Xinzo de Limia -a partir das 10.30h.-. V 10 Qm Vila Xinzo de Limia.

Fútbol sala feminino - Día 17. Os Remedios (Anexo) -17.00h.- Cidade As Burgas - Móstoles. - Día 24. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Futsi Navalcarnero.

Ximnásia - Do 15 ao 17. Os Remedios. V Copa Galicia de Ximnasia Acrobática.

Balonmán - Día 17. Os Remedios -20.00h.-. Pabellón Balonmán - Caselas.

Voleibol - Día 17. Paco Paz -17.00h.- Auria Vella Voleyourense - Mexillón de Ouro Vb Rianxo. - Día 11. Paco Paz -12.00h.- CV Ourense B - Xuvenil Teis B.

Pádel - Días 18. Club P21 -16.00h.- P21 B - Pádel Soutomaior.

Hoquei (Primeira División Grupo III) - Día 24. Mariñamansa -16.00h.- Cidade - Atlántico. - Día 24. Mariñamansa -18.00h.- Cudeiro - Barrocás. - Día 25. Mariñamansa -12.00h.- Barrocás - Jolaseta.

AXENDA - BALONMÁN

A diferenza de goles fai que o torneo de balonmán marche para León

4 Na segunda edición do torneo de balonmán veteráns. Redacción O polideportivo de Oira e o pavillón dos Remedios foron a sede do segundo torneo de balonmán Cidade de Ourense de veteráns. No primeiro partido da primeira xornada disputada en Oira, o Laspra Castrillón de Asturias venceu ao equipo ourensán do Sergave Ourense por 13-8 nun partido moi vibrante ata os últimos minutos. O segundo partido enfrontaba ao Ademar León contra o Lalín, os leoneses impuxéronse aos pontevedreses por un tanteo de 24-16. O Lalín seguiría na cancha de Oira no terceiro encontro para xogar contra o Sergave Ourense; o 19-24 facía acadar os dous primeiros puntos aos ourensáns. No último partido da xornada chegaría o partido máis disputado, o que enfrontou a León contra Castrillón; 17-16 foi o resultado final a prol dos leoneses. Con estes resultados a xornada deixaba a Ademar León na primeira posición con catro puntos, seguido de Sergave Ourense e Laspra Castrillón con dous cada un, e pechando

Un xogador do Sergave elévase ante a defensa rival./RAMSÉS a clasificación o Lalín con cero puntos. Xornada final Quedaba todo por decidirse na segunda e última xornada do torneo que se trasladaba ata a cancha central

Os partidos tiveron unha grande intensidade./RAMSÉS

dos Remedios. No primeiro partido o Laspra Castrillón desfacíase do Lalín por un apretado 17-16, o que facía acumular catro puntos aos asturianos e empatar na clasificación co Ademar León, co golaverage favorable

para o Ademar. No último partido do torneo, o Ourense tiña que gañar por máis de tres goles para conquistar o título. Nun partido moi emocionante os ourensáns conseguiron dobregar ao Ademar 15-13, diferenza insuficiente para alzarse co segundo torneo Cidade de Ourense. Un triple empate a catro puntos entre Ademar León, Sergave Ourense e Lastra Castrillón fixo que o campionato tivera que decidirse pola difenza de goles, no que os leoneses foron os primeiros ao ter +7 goles, polos +6 dos ourensáns (segundos) e o +5 dos asturianos (terceiros); o Lalín foi o cuarto clasificado con cero puntos. Un gran torneo con grandes partidos que mostraron a calidade dos xogadores veteráns de balonmán e a igualdade dos conxuntos, e que se decidiron polos goles anotados e encaixados dos equipos participantes.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

BALONMÁN

Ascenso pola porta grande Os xogadores do Balonmán Pabellón celebrando o ascenso. /RAMSÉS

4 O Balonmán Pabellón ascende á Primeira División Autonómica despois de máis de 20 anos intentándoo. Redacción O pasado sábado, o Club Balonmán Pabellón proclamouse matematicamente campión da 2ª Autonómica tras vencer nun disputadísimo encontro ao Cinco Jotas

Lavadores de Vigo. Ante un anexo dos Remedios completamente abarrotado (preto de 500 persoas animaron desde as bancadas), os pupilos de Zarra non desaproveitaron a primeira ocasión que tiveron para ascender,

A afección estivo animando en todo momento. /RAMSÉS.

logo de buscar o devandito ascenso desde fai máis de dúas décadas. Chegaban á cuarta xornada da fase de ascenso coa primeira oportunidade para subir; e é que o cadro ourensán marcha con paso firme esta tempada

sen dobregarse ante ningún rival cos que se enfrontou. Todos os partidos os contaba por vitorias e unha máis suporía rematar co obxectivo marcado. Desde o principio palpábase a importancia da cita, e o ver as bancadas cheas de seareiros pasou factura nos xogadores locais. A intensidade defensiva foi a nota dominante nos primeiros minutos de encontro contra un dos mellos equipos que aterraron este tempada en Ourense. A velocidade no ataque vigués era perfectamente contrarrestada pola zaga ourensá e sobre todo polo porteiro, Diego Marí, que facía manter ao equipo no partido. Os extremos ourensáns que tan boa campaña fixeran non tiveron o seu día, sen embargo esa falta de acerto foi suplida polo gran partido de Fran Varela e Jorge Noguerol desde a primeira liña. A presión que tiñan os xogadores do Pabellón reflexouse en moita intensidade pero poucos contragolpes co fin de minimizar ao máximo as perdas de balón. Cando o xogo trabábase, os goles de Fran Varelo ou o corpo de Diego Marí impedían que os vigueses despegáranse no marcador. Esta foi a nota dominante ata os 15 últimos minutos onde se chegou con empate a 20 tantos. A partir dese momento os homes de Zarra lograron desprenderse da presión e fixéronse co control do partido, logrando o impulso definitivo que os levaría á vitoria, grazas a un parcial de 6-1 a favor que foi insalvable para o Lavadores. Nos últimos minutos, xa con todo decidido, os visitantes recortaron distancias sen perigar a vitoria e cando o banco e as bancadas estaban celebrando a consecución do título e o as-

O partido foi moi intenso de principìo a fin. /RAMSÉS censo. 29-27 foi o resultado final nun día histórico para o club que logra un ascenso que se lle escapara nas dúas tempadas anteriores. Esta vitoria xunto co empate entre o segundo e o terceiro clasificado certificaba un máis que merecido ascenso dunha plantilla moi nova e totalmente da casa. Tempada impoluta Esta tempada é para recordar durante moitos anos, durante toda a vida. O Club Balonmán Pabellón proclámase de forma merecida campión da Segunda Autonómica despois de lograr 20 vitorias en outros tantos encontros, e o máis asombroso, a falta de catro xornadas para o final. Agora o obxectivo do Pabellón é o

de rematar a liga cun cero no casilleiro de derrotas, empresa difícil se temos en conta que enfrontaranse como visitantes a equipos que aínda andan na loita polo ascenso. Este sábado, 17 de marzo, a partir das 20.00 horas, o Pabellón Balonmán ten unha nova cita ante a súa afección; será no anexo dos Remedios onde recibirán ao Caselas, equipo ao que xa derrotou nesta fase fóra de casa por un claro 19-30.

O Pabellón Balonmán leva 20 vitorias en 20 encontros disputados esta tempada

A vitoria contra o Lavadores dá o ascenso. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

KICK BÓXING

8º trofeo internacional “Cidade de Ourense” de kick bóxing 4 22 deportistas participaron no evento que tivo lugar nos Remedios. Redacción O anexo dos Remedios engalanouse para acoller a oitava edición do Trofeo Internacional de kick boxing “Cidade de Ourense”. Unha gala que encheu as bancadas do anexo con centos de afeccionados do kick bóxing que non querían perderse un evento que facía ben tempo que non se daba na nosa cidade.

Combates moi igualados 22 deportistas foron os participantes dos cales 14 eran galegos (6 pertencían ás Escolas de kick boxing Cipri Gomes). Os galegos enfrontáronse a rivais chegados de Portugal, Valencia e Ucrania, realizando combates moi igualados tecnicamente que fixeron vibrar ao público asistente. Todo isto amenizado polos 100.000

watios de luz e son. No primeiro dos combates, o debutante Diego Caride das Escolas de kick bóxing Cipri Gomes, perdeu aos puntos con Jorge Suárez de Castro de ReiLugo. Jesús Cortés do Odisea Sport de Pontevedra caeu aos puntos co valenciano Manuel Ildefonso no segundo dos combates. O púxil de Oleiros - A Coruña, Álvaro Muñoz do AA.MM.

Bushido, foi o vencedor aos puntos no seu combate contra Diego Martínez do Club Kick bóxing Frank da Coruña. Francisco Javier Martín, de Ferrol, nunha decisión arbitral moi dividida, non puido con Daniel Vázquez do AA. MM. Bushido de Oleiros. No quinto combate, o ourensán Joel Araújo das Escolas de kick bóxing Cipri Gomes venceu aos

Joel Araújo no combate contra Diego Vassalo. /RAMSÉS puntos ao valenciano Daniel García. Diego Vassalo, púxil das EE.de kick bóxing Cipri Gomes, cedeu o seu combate aos puntos contra o valenciano Borja García. O ferrolán Felipe Pita sucumbiu perdendo aos puntos co púxil da Federación Valenciana, Cristian Herrera. No oitavo combate Manuel Jiménez das EE. de kick bóxing Cipri Gomes, foi o gañador aos puntos contra o ucraniano Igor Melnychuk. Jonathan García, do Club Úrsula de Catoira-Pontevedra, venceu aos puntos ao portugués Daniel Almeida, do Ximnasio Clube Mirandela de kick bóxing. Marcos Rodríguez (EE.de kick bóxing Cipri Gomes), e natural de Ribadavia, perdeu por K.O. técnico, co portugués Bruno Vicente do Ximnasio Clube Mirandela de kick bóxing.

Dous púxiles combaten baixo a mirada do xuíz. /RAMSÉS

O mellor para o final O último dos combates da noite entre as 12 cordas traía ao ourensán Jorge Mouriño, quen non

defraudou as expectativas dos presentes, e venceu por unanimidade dos xuíces nun combate espectacular que fixo levantar a máis dun do seu asiento, ao desfacerse de Tito Resende, actual campión de Portugal da categoría e peso.

Na velada participaron púxiles de Galicia, Valencia, Portugal e Ucrania

Daniel Vázquez vencedor do seu combate. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

XIMNASIA / HOQUEI

Hoquei

O Ourense H.C. perde en casa co líder Sardinero 4 Derrotas tamén de Apóstol e Barrocás. R.T.

Presentación da V Copa Galicia de Ximnasia Acrobática./RAMSÉS

A V Copa Galicia de Ximnasia acrobática reunirá 200 ximnastas 4 Será o sábado 17 de marzo no pavillón dos Remedios. R. T.

Este sábado, 17 de marzo, na cancha central do pavillón dos Remedios terá lugar a quinta edición da Copa Galicia de Ximnasia Acrobática. Un evento de caracter internacional ao que acudirán 200 ximnastas de Andalucía, Galicia e Portugal (no país veciño hai unha grande tradición por este deporte). O sábado 17 pola mañá a competición chegará da man das categorías cadete e xuvenil, e onde veremos ao trío feminino xuvenil formado por Nerea Otero, Aitana Rodríguez e Iria Paz

que participarán o vindeiro mes no mundial de ximnasia a celebrar en Florida. En horario de tarde tocaralle o turno ás categorías júnior e sénior, ata chegar á entrega de trofeos e o desfile final, que será contra as 19.00 horas.

Campionato Galego de Base Individual O pasado domingo, día 11 de marzo, tivo lugar en Narón, o campionato galego de base individual, clasificatorio para o nacional a celebrar en Benidorm en abril. Nun campionato de altísima participación, Ourense competiu con dúas

ximnastas de categoría benxamín do Club Ximnasia Escola Pavillón, cinco alevíns e tres infantís do Club Ximnasia Pavillón. En categoría benxamín, Sabela Rodríguez e Rebeca Bello foron 7ª e 9ª clasificadas, sendo o seu debut en competición. Na categoría alevín, Lorena Braña foi 4ª, Uxía Fernández 5ª, Paula do Olmo 11ª, Marta Fernández 26ª e Maite Arauz 28ª, de 34 participantes nesta categoría. En infantil, Sara Faílde foi 6ª, Blanca Valencia foi 7ª e Marta Mangana 11ª, de 13 participantes.

O Ourense H.C. da Primeira División do hoquei feminino ven de perder no campo de Mariñamansa a pasada xornada contra o líder, Cajacantabria Sardinero, polo resultado de 0-1. A pesar de que as ourensás tentaron de todas as maneiras lograr a igualdade, con penaltis corner a favor incluídos, non foron quen de sacar algo positivo contra as líderes. Con esta derrota, o Ourense é sexto con 11 puntos, lonxe dos de arriba (o Sardinero ten 21, dez máis) e do pechacancelas (o Catalonia ten 3 puntos). A vindeira xornada de-

para o partido entre Xaloc e Ourense, coa intención de distanciarse das valencianas na clasificación. O Xaloc é noveno con seis puntos, a cinco das ourensás. División de Honra B Os dous equipos que militan na División de Honra B, Apóstol e Barrocás perderon os seus partidos da xornada decimoprimeira. O Apóstol contra o Valencia por 5-1 e o Caldaria Barrocás por 2-1 contra o Junior. O Barrocás ocupa a quinta posición con 12 puntos, mentres que o Apóstol é noveno (penúltimo) con cinco puntos. Na vindeira xornada, o Apóstol visita ao Sardinero na loita pola oitava po-

O Ourense H.C. caeu contra o líder, Sardinero./RAMSÉS

sición. Pola súa banda, o Caldaria Barrocás recibe ao Jolaseta, o domingo 25 de marzo en Mariñamansa, coa intención de sumar os puntos e seguir loitando polos postos de arriba. Primeira División O Grupo III da Primeira División está comandado polo Albor con 12 puntos de 12 posibles; segundo é o Pabellón con 10 e terceiro o filial do Barrocás con 9; o Atlético Coruña é cuarto con 8, o Atlántico de Vigo quinto con seis, e pechan a clasificación o Cidade con 3 e o Cudeiro con cero puntos. A próxima xornada enfrontan ao Cidade contra o Atlántico, ao Coruña - Albor e Cudeiro - Barrocás.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

FÚTBOL - NOVAS

Achícase a zona alta

4 Os traspés do Ourense nas últimas xornadas fan que os seus rivais recortaran distancias. R. Torres

Escalada en rocódromo./ OCIOURENSE.

Propostas deportivas en Ociourense Redacción

Deu comezo o calendario de actividades que a Concellería de Benestar Social e Saúde propón dentro do programa Ociourense, que oferta actividades saudables para o tempo libre dos máis novos. A través desta iniciativa, o Concello de Ourense pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas, promovendo actividades saudables e proporcionando á mocidade unha alternativa para pasar a fin de semana. Rutas en bicicleta todoterreo e nocturnas, escalada en entorno controlado (rocódromo), piragüismo, parkour, baile, patinaxe ou andainas son algunhas das alternativas propostas, nas que poden participar ata un total de 1.500 mozos de entre 15 e 30 anos. Inscricións A inscrición está aberta para as vindeiras fins de semana e pódese facer de xeito presencial na Concellería de Saúde (rúa Concordia, 20) no 988 510 622 ou no correo sanidade.pvillar@ourense.es.

Fai dúas xornadas o Ourense marchaba primeiro cun colchón de tres puntos sobre o segundo, Cerceda, seis sobre o terceiro, Alondras, e oito sobre o cuarto, Pontevedra. Dúas xornadas máis tarde e co empate en casa do Negreira e a derrota no Couto contra o Alondras, a clasificación a sufrido unha compresión na zona alta. O Ourense segue a liderar esta Terceira División, pero empatado a puntos co Cerceda (58), tres máis co Alondras e cinco por enriba do Pontevedra. A quinta posición, fóra de xogar a promoción de ascenso, agora está a sete puntos. Contra o Negreira, os de Luisito ían gañando, ata que a un minuto do fi-

nal, os locais lograban o gol do empate e deixaban sen dous puntos ao cadro ‘rojillo’. Sete días máis tarde, aterraba no Couto o terceiro clasificado, Alondrás. Seis puntos era a diferenza entre ourensáns e cangueses antes do partido. Durante o encontro o único equipo que pelexou polos tres puntos foi o Ourense, mentras que o Alondras esperaba atrás a súa oportunidade de sorprender ao líder. Tras claras ocasións locais sen materializarse, foi no minuto 82 cando os visitantes por mediación de Jacobo os que se adiantarían no marcador. O Ourense seguiuno tentando ata o pitido final, pero desta vez a sorte non se aliou co equipo da cidade das Burgas. Esta derrota e a vitoria do Cerceda fai que queden empatados a puntos na táboa, o Alondras

achéguese a tres e o Pontevedra estea a cinco. Próximo partido O Ourense visita na xornada número 29 ao Vilalonga, un equipo que está en metade da clasificación sen case nada que xogarse xa que ten lonxe a cuarta posición (a 12 puntos) e máis lonxe aínda o descenso (a 14 puntos), polo que xogarán para poder derrotar ao líder da liga, co mérito que iso leva consigo. Borja Yebra estará dispoñible xa para este partido, mentres que faltará Padrón por acumulación de tarxetas.

Eder controla o balón no partido contra o Alondras./RAMSÉS.

O Ourense segue a liderar a Terceira División, empatado a puntos co Cerceda

O próximo partido en casa do CD Ourense é o domingo 25; recibe no estadio do Couto ao equipo das Pontes

O Barbadás é líder sólido na Rexional Preferente, o Barco é 8º, o Celanova 11º, o Verín 15º e o Ourense B 20º

Traxectorias diferentes para os ourensáns de Rexional Preferente Barbadás, líder sólido O Barbadás leva unha volta enteira sen coñecer a derrota, o que o levou á primeira posicion con catro puntos de diferenza sobre o segundo, Choco, e cinco sobre o terceiro, Céltiga (os dous primeiros ascenden directos). A vindeira xornada os de Regal reciben ao Nigrán. O Verín CF métese nun lío Comezou mal a tempada, logo recuperouse e logrou saír dos postos baixos, e de novo volve a complicarse a vida. O Verín CF anda xogando con lume este ano e actualmente ocupa a 15ª posición, unha posición da que non se descende directamente, pero que polos arrastres da Terceira División é posible que se baixe de categoría se se remata nesa posición. Nos sete últimos partidos, o equipo verinés tan só puido sumar dous puntos de 21 posibles, cinco derrotas e dous empates e a pobre bagaxe que ofrecen os de Tonino en dous meses. Todo comezou a torcerse na visita aos Carrís para enfrontarse ao Bar-

badás. Os dous conxuntos chegaban nunha dinámica positiva, pero a vitoria por 4 a 0 para os locais foi unha dura losa para os da comarca de Monterrei. A partir dese momento caída libre cara a unha posición perigosa da que ten que saír se non quere xogar o ano que ven en Primeira Rexional. Para enmendar o desaguisado, o Verín ten unha nova oportunidade esta xornada, a número 28, contra o Alerta Traviesas. Os vigueses son 18º (postos de descenso) con 26 puntos. A vitoria para os de Tonino suporía unha bolsa de osíxeno nun tramo final de tempada que se presenta moi duro; pola contra a derrota metería de cheo aos ‘rojillos’ na zona baixa da táboa. O partido será no José Arjiz. Os outros ourensáns O Barco é sétimo con 45 puntos e sen agobios, a oito do ascenso. O Celanova ocupa a 11ª posición e terá que estar atento aos posibles arrastres da 3ª División, polo que non se pode descoidar. Ao final da táboa, o Ourense B é practicamente equipo de 1ª Rexional.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

FÚTBOL

Ourense, Barbadás e Celanova acollen o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-18 4 Terá lugar do 16 ao 18 de marzo. Redacción As localidades de Ourense, Barbadás e Celanova acollen o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-18 durante os días 16, 17 e 18 de marzo. Durante a presentación desta segunda fase do campionato estiveron presentes o presidente provincial, Manuel Baltar, acompañado polo presidente e vicepresidente 1º da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares e Plácido Díaz Fernández, ademais do delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense, José Luis Cachaldora, e do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Cataluña, Galicia e Aragón Nesta segunda fase que se celebra na provincia de Ourense participan as seleccións de Cataluña, Galicia e Aragón; esta fase celébrase simultaneamente noutras provincias con outras seleccións. As tres seleccións chegan a esta fase cos puntos arrastrados da primeira. Así, Cataluña é líder tanto en sub-18 como en sub-16 con 6 puntos; Galicia é a segunda clasificada con 3 puntos en sub-16 e 6 en sub-18 e pecha a táboa Aragón con 0 puntos en sub-16 e 3 en sub-18. O primeiro de cada categoría será o que pase á seguinte fase.

Horarios sub-16 Galicia e Cataluña abren esta fase o venres, 16 de marzo, a partir das 10 horas no campo dos Carrís (A Valenzá). Ao día seguinte,

17 de marzo, ás 10 horas Cataluña e Aragón será o enfrontamento, e áa mesma hora (10h.) pero o domingo 18 pecharán os partidos de sub-16 as seleccións de

Aragón e Galicia no mesmo escenario dos Carrís. Horario sub-18 As seleccións de Galicia e Aragón enfróntanse o venres 16 no estadio do Couto na categoría sub-18, a partir das 12 horas. O sábado á mesma hora (12) Cataluña e Aragón enfrontaranse no estadio san Rosendo de Celanova. E pechará a fase o partido entre Aragón e Galicia, o domingo ás 12 horas no Couto.

Foto da presentación do Campionato de seleccións autonómicas. /RAMSÉS

Os puntos da primeira fase arrástranse: Cataluña trae seis puntos en sub-16 e sub-18. Galicia arrastra 6 (sub-18) e 3 (sub-16), e Aragón trae 0 en sub-16 e 3 en sub-18


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas busca certificar a permanencia 4 Esta 10 puntos por enriba do descenso. R. Torres O Cidade As Burgas tentará, máis pronto que tarde, asegurar por un ano máis, a súa presenza na Primeira División. En caso de logralo sería a terceira participación consecutiva na elite do fútbol sala feminino (FSF) cun equipo integrado na súa totalidade por xogadoras galegas, no que é unha das mellores ligas do mundo. U. Alacante - Cidade A pasada xornada, ás de Manolo Codeso viaxaban ata Alacante para medirse ao Universidade. Unha saída complicada se temos en conta a plantilla do cadro valenciano, que conta nas súas filas con xogadoras internacionais. Malia as adversidades, as franxiverdes ían ao encontro con gañas de sacar algo positivo e seguir sumando puntos para a ansiada per-

manencia e incluso poder pensar en buscar a oitava praza para entrar na Copa (coa designación de Valladolid son as sete primeiras as que participarán no torneo). A pesar de que o dominio foi local, as de Codeso lograron manter a raia a un Universidade que non foi quen de dobregar a un gran Cidade. Ao final 0-0 e reparto de puntos que supón alonxarse máis dos postos de abaixo. Espera Móstoles Esta próxima xornada enfronta ao Cidade contra o todopoderoso Móstoles (o sábado no Anexo ás 17 horas), equipo que aínda ten posiblidades de lograr a liga. A vitoria das ourensás suporía ter case asegurada a permanencia. A pesar da diferencia de calidade, o Cidade púxolle as cousas difíciles na primeira volta.

O Cidade As Burgas xoga este sábado 17 de marzo, no anexo dos Remedios contra o Móstoles. A partir das 17 horas O Cidade está a 10 puntos do descenso a falta de 30 por disputar

4 Adeus ao soño da Copa Era complicado pero non imposible. O Cidade estaba a tres puntos da oitava praza, que dá acceso á participación na próxima edición da Copa de España. O xarro de auga fría chegou coa designación de Valladolid como sede da vindeira Copa. As pucelanas marchan decimosegundas, sen opcións de poder estar entre as oito primeiras. As anfitrionas resérvanse unha praza na Copa, polo que en vez de ser as oito primeiras as que accedan

Sonia Pacios desfaise dunha rival na cancha central dos Remedios./RAMSÉS.

a este torneo, son as sete primeiras. O Cidade está a tres puntos da oitava praza polo que o soño aínda era posible, pero ao ser Valladolid a sede son as sete primeiras as que acceden á Copa, e o sétimo posto está a 12 puntos, distancia insalvable se contamos que faltan 10 xornadas e 30 puntos en xogo. Unha lástima para un conxunto que xa ten case que asegurada a permanencia e que soñaba con disputar por primeira vez na súa historia esta competición. Primeira División FSF 14ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid - 49 2º Ponte Ourense - 47 3º Móstoles - 43 4º Córdoba - 42 5º Gironella -41 6º Burela - 38 7º Femesala Elche - 36 8º U. de Alacante - 27 9º Orvina - 26 10ºCidade As Burgas-24 11º Soto del Real -24 12º Valladolid -15 13º Zaragoza - 15 14º Logroño - 14 15º Rubí - 14 16º Majadahonda -7

Iria Saeta disponse a disparar ao marco contrario./RAMSÉS.

4 Xornada 21 - 17 de marzo Majadahonda - Valladolid Diamante Logroño - Rubi Lacturale Orvina - U. de Alacante Cidade As Burgas - Móstoles Futsi Navalcarnero - Soto del Real Femesala Elche - Ponte Ourense Gironella - Deportivo Córdoba Zaragoza - Burela

4 Xornada 22 - 24 de marzo Rubi - Valladolid U. de Alacante - Diamante Logroño Móstoles - Lacturale Orvina Soto del Real - Cidade As Burgas Ponte Ourense - Futsi Navalcarnero Deportivo Córdoba - Femesala Elche Burela - Gironella Zaragoza - Majadahonda


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

FÚTBOL SALA

O primeiro posto, a tiro

4 O Ponte Ourense recorta distancias co Futsi e xa está a dous puntos das madrileñas. R. Torres Propicia a xornada número 20 para os intereses do Ponte Ourense que grazas a súa vitoria fronte o Gironella e o empate de Futsi Navalcarnero contra o Móstoles, ten a dous puntos o primeiro posto. Dentro de dúas xornadas, ourensás e madrileñas xogaranse o liderato nos Remedios. Pero antes terán os dous conxuntos unha nova xornada, máis propicia para o Navalcarnero que se enfronta ao Soto del Real. Mentres, as de Óscar Vivián visitan a cancha do Femesala Elche.

Sara Moreno golpea o balón contra o Gironella./RAMSÉS

Ponte - Gironella O Ponte Ourense tivo que remontar por tres ocasións o encontro contra as catalanas, que encontraron en Marga Mas á súa xogadora de referencia. O inicio de

encontro foi moi vibrante, e nos dous primeiros minutos de xogo, xa vencían as visitantes por 1-2, o primeiro no minuto un, de Marga Mas, o empate de Sara, e Berta Velasco adiantaba ao Gironella. O empate a dous chegaría no minuto sete obra de Sara, e no nove, Sandra facía o 2-3 co que remataría a primeira metade. No segundo tempo, Ampi devolvería o empate ao electrónico. A presión asfixiante das locais facía que Anita déralle a volta ao marcador (4-3), e Sara conseguise o seu “hat-trick” para poñer terra de por medio (5-3). As catalanas meterían o medo no corpo ás galegas cun novo gol de Berta Velasco, a falta de dous minutos. A pesar duns últimos instantes de apuros, os tres puntos quedaron en Ourense, que co empate do Futsi fai que

a diferenza quede en dous puntos, polo que as pontinas dependen delas mesmas para revalidar o título. Esta fin de semana dispútase a xornada 21, e o Ponte visita ao Femesala Elche nun dos desprazamentos máis complicados que lles faltan ás de Vivián. O Elche marcha en sétima posición con 36 puntos, e aínda que sexa un partido difícil, as ourensás non deberían ter maior problema en desfacerse dun equipo que anda con problemas ao longo de toda a tempada (tendo incluso que prescindir da súa capitana). Algunhas xogadoras do Ponte, pola súa banda, teñen problemas físicos, como é o caso de Souza e Laura Fernández, que non puideron tomar parte no partido anterior e son seria dúbida para este encontro.

O sábado, 24 de marzo, nos Remedios: Ponte Ourense - Navalcarnero, polo primeiro posto da 1ª División Calendario asequible O Ponte Ourense ten un calendario máis asequible que o Futsi. As de Vivián teñen en Elche e Córdoba os seus desprazamentos máis complicados; mentres que o Futsi aínda ten que visitar as canchas de Ponte Ourense, Gironella e Burela. Gran parte da tempada, con permiso do Móstoles, pasa polos Remedios o 24 de marzo, no partido entre Ponte e Navalcarnero.


10

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ENTREVISTA

Valeria, un valor en alza

4 A tenista ourensá Valeria López é con 15 anos todo un referente neste deporte a nivel galego. R.T. Subcampioa galega de infantil a tempada pasada e segunda na categoría sénior este ano, estes son só unha pequena mostra dos numerosos éxitos que a tenista ourensá Valeria López logrou nas últimas datas. O mellor dos premios á gran capacidade e profesionalidade coas que conta esta nova promesa de tan só 15 anos, que seguro lle axudarán a lograr as metas que se plantexa para o futuro, a máis inmediata delas, facerse co Campionato Galego Cadete que terá lugar en maio. Como valoras os resultados da tempada pasada? Valeria López: “A verdade é que foi unha boa tempada, fun subcampioa galega de infantil e iso é unha gran recompensa para o traballo realizado todo o ano”. Pero ademais xa te estranaches na categoría absoluta. V.L.: “Si, este ano comecei na categoría absoluta e tamén logrei ser subcampioa”. De todos estes logros, cal foi o que máis ilusión che fixo? V.L.: “O que máis me alegrou foi ser subcampioa

galega na miña categoría” E como viviches a final contra Paula Arias? V.L.: “Foi un dos mellores partidos que xoguei porque fixen todos os golpes e ademais foi moi divertido, pero o resultado non reflexou o encontro real, xa que foi máis axustado”. Cal é o teu obxectivo para este ano? V.L.: “Gañar o Campionato galego cadete que se disputará en maio, pero está complicado porque hai rivais de moita calidade, como Carmen Blasco e Ana López Camarero porque están no Centro de Alto Rendemento e adestran moitas horas, polo que están moi preparadas”. Preferirías estar ti tamén no CAR? V.L.: “De momento non. Tiven a posibilidade de ir, pero de momento prefiro continuar co meu adestrador porque aprendo moitísimo con el, porque pasei de perder na primeira ronda cando cheguei a España a estar en case todas as finais grazas aos seus adestramentos ”. Se houbese a posibilidade de manter o teu adestrador ao entrar no CAR, accederías a ir? V.L.: “Así sí, porque sería unha gran oportunidade xa que me prepararía para

xogar ao tenis dun xeito máis profesional”. Ademais do Campionato galego cadete, que outros retos tes esta tempada? V.L.: “Se fose posible gustaríame moito acadar o Campionato de España Cadete, ao que acuden as tres mellores tenistas de cada comunidade”. En cantas probas participarás ao longo de todo o ano? V.L.: “Eu intentarei ir a todas, que son unhas oito”. Plantéxaste a posibilidade de convertirte en tenista profesional? V.L.: “A ver que pasa. De momento estou adestrando bastante, pero a miña prioridade seguen a ser os meus estudos. O que veña xa se verá”. Gustaríache que a túa xeración de tenistas logre relanzar un pouco a categoría feminina deste deporte? V.L.: “Ogallá”. Ademais de a ti mesma, evidentemente, a cales das túas compañeiras ves con máis posibilidades de lograr este obxectivo? V.L.: “Hai moitas, pero Carmen e Ana son das mellores, así como Paula, pero ela tivo unha lesión e non sei como se encontrará neste momento”.

Este ano Valeria quere participar no Campionato de España cadete. /RAMSÉS

4 Campioa en Gondomar Valeria López vén de proclamarse campioa do Open de Gondomar na categoría absoluta vencendo á número nove do ránking galego, María Jesús Redondo. Antes, en semifinais, desfíxose da ourensá Susana Frade. Esta fin de semana, Valería ten unha nova competición. Nesta ocasión disputará o torneo que se celebrará no Complexo Deportivo Bamio (Ourense). A ourensá participará en dúas categorías.

A tenista disputa esta fin de semana o torneo do Bamio, en dúas categorías

Valeria coa raqueta de adestramento. / RAMSÉS

A aspiración de Valeria é vencer no campionato galego cadete e participar no Campionato de España


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

PÁDEL / TENIS DE MESA

11

Tenis de mesa

Vitorias a pares

4 Vencen os dous equipos do Galmédica Tenis de Mesa. Redacción Reanudada a competición despois dos campionatos nacionais, os dous conxuntos ourensáns de tenis de mesa logran sendas vitorias. O primeiro equipo que milita na Segunda División Nacional enfrontábase no Paco Paz ao Corula T.M. O encontro estivo moi igualado decantándose a prol dos ourensáns por 4 a 3. Os puntos do Galmédica correron a cargo de Ramón Becerra (2,5), Emilio Diéguez

(1) e Juan Ángel Ferreiro (0,5). Con este resultado, o Galmédica T.M. segue na segunda posición da táboa clasificatoria con 22 puntos, os mesmos que os líderes do Club do Mar Promesas. O Galmédica A descansará a vindeira xornada que será a número 18, regresando á competición o 1 de abril contra o Mercantil de Vigo, terceiro clasificado. Galmédica B Máis doado o tivo o Galmédica B, que recibía en casa ao A.D. Vincios-A

Pasaxe. A vitoria foi incontestable, un 7 a 0 que fixo palpable a supremacía dos ourensáns sobre os pontevedreses na táboa. Os puntos foron obra de Antonio Gómez (1), Laureano Pérez (1,5), Diego Gómez (1), Rodrígo Álvarez (2,5) e Antonio López (1). Esta vitoria permite ao Galmédica seguir ao fronte da clasificación con 30 puntos, os mesmos que o Mercantil de Vigo B. Na vindeira xornada (a número 17) visitan ao Cinania - Merengues do Morrazo, último clasificado

desta Segunda División Galega. Voltarán xogar en casa o 31 de marzo contra o Mercantil de Vigo “B” no duelo pola primeira posición.

O Galmédica A é segundo na 2ª Nacional, mentres que o Galmédica B é primeiro na 2ª Galega

O Galmédica B xunto co seu adestrador, Ramón Becerra.

4O RECUNCHO DO PÁDEL

Agarre da pala e colocación do corpo Imos ver desta vez como imos manexar ese implemento chamado pala co que golpeamos a pelota. En primeiro lugar falaremos da empuñadura, de como coller a pala: suxeitamos a pala polo mango coa nosa man dereita (ou esquerda se somos zurdos), de tal maneira que o canto da pala mire cara ao chan,

como se quixeramos cravar unha punta cun martelo. Este tipo de empuñadura chámase Continental, e serviranos para facer a maioría dos golpeos, sobre todo en iniciación. Agora colocamos os dedos da man esquerda na parte baixa do canto da pala, como suxeitándoa para que non se caia.

Cómpre dicir que xa que a nosa man dominante vai ser a que teña que executar os golpeos con precisión, é preciso que a outra man faga o “traballo sucio”, axudando a equlibrar e colocar a pala antes e despois do golpeo. A posición de espera será de fronte á rede, flexionando un pouco os xeonllos,

Diego Formoso e agarrando a pala coas dúas mans como acabamos de nomear, á altura entre o peito e o embigo. Diego Formoso Pato Licenciado en E.F. Monitor Rexional de Pádel

Os dous equipos do P21 caeron nos seus enfrontamentos.

Mala xornada para os equipos do P21 Redacción Xornada negra para os equipos do P21, que caeron derrotados nos seus enfrontamentos en Sanxenxo e na casa, por idéntico resultado: 2-1. A semana que vén o P21 “A” viaxa ata Lalín,

mentres que o P21 “B” recibe na casa ao AD Tenis e Padel Soutomaior, co que se pechará a primeira volta desta Liga Rias Baixas. A igualdade está a ser a nota predominante da liga, con eliminatorias moi disputadas, e sen claros favoritos ata o momento.


12

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ATLETISMO

O provincial de 10.000 en pista para Iria e Paz 4 Dentro da celebración do I Trofeo Club Deportivo Aurum. Redacción O campionato provincial de 10.000 metros en pista celebrouse nas instalacións do complexo deportivo de Monterrei o pasado 4 de marzo. Os atletas do Academia Postal, Iria Fernández e José Paz, proclamáronse campións da distancia. A primeira das carreiras, a feminina, tivo a participación de atletas do Academia Postal, Club Deportivo Aurum, Veteranos Pabellón e Atletismo Narón. Nos primeiros quilómetros Iria e Sonia Teijeiro xa marcaron distancias coas súas rivais e entre elas ían disputarse o campionato, ata que a académica cambiou de ritmo ao que nada puido facer Sonia. Así, Iria completaría

Participantes da serie B masculina./RAMSÉS os 10 quilómetros en 40:51, seguida de Sonia Teijeiro (41:24). A terceira no podio foi Silvia Teijeiro (OAAP) cun tempo de 42.32. Dúas series tiveron lugar na categoría masculina. Na primeira delas Saturnino

González (Veteranos Pabellón) foi o primeiro en completar a distancia en 34:49 minutos. Na segunda das series, José A. Requejo foi o primeiro en atravesar a liña de meta, pero ao non ser ourensán non contabi-

Iria Fernandez xunto con Sonia Teijeiro na proba feminina. /RAMSÉS

lizou para o campionato, polo que o primeiro ourensán en completar as 25 voltas foi José A. Paz (34:10) quen lle sacou 3 segundos ao atleta do Vía XVIII Maceda, José Manuel Casado (34.13), despois de ir xuntos durante toda a proba. Con estes resultado o podio da categoría masculina estaría copado por José A. Paz, primeiro, José M. Casado, segundo e Saturnino González, terceiro. Por equipos, ningún conxunto feminino levou catro representantes para poder computar, polo que quedou baleiro. En masculino, o Academia Postal impúxose ao Vía XVIII Maceda (segundo) e ao CD Limiactiva (terceiro). Outras probas No resto de probas que se celebraron no día, a numerosa participación foi a nota dominante. Atletas do colexio A Purísima, Guillelme Brown, ADAS, Limiactiva, Academia Postal participaron nas probas de 1.000 metros, 800 metros e 500 metros nas categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete. Nos 1000 metros vitoria de Francisco José Miranda; na proba feminina, Natasha Penrose-Stevens foi a gañadora. Nos 800 metros masculino, Daniel González foi o mellor; en mulleres, Xea Real foi a máis rápida. En 500 metros benxamín

Paz foi o vencedor en categoría masculina. /RAMSÉS masculino Alvaro Díaz acadaba a vitoria. En AlevínInfantil o triunfo foi para o infantil Abraham Rodríguez. Andrea Opazo foi a mellor nos 500 benxamín, e Ainhoa Pérez foi a mellor alevín na mesma distancia. Pola súa banda, Silvia González foi a benxamín máis rápida nos 500 metros.

Uns 100 atletas, entre todas as probas, participaron neste primeiro trofeo Club Deportivo Aurum


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ATLETISMO

13

Ourense botou a andar 4 A IX andaina “Ourense capital termal” contou cos 500 participantes que buscaba. Redaccion A novena edición da andaina “Ourense capital termal” non puido trascorrer

mellor. Completáronse as 500 plazas que limitou a organización, o tempo acampañou e non houbo ningún tipo de incidente. Ás 9 da mañá do pasado 4 de mar-

zo os andaríns congregados nas termas de Outariz comezaron os 28 quilómetros de percorrido que tiñan por diante, pasando polas beiras do río Miño e Loña, o Cas-

Uns 500 andaríns animáronse a completar os 28 quilómetros de percorrido./I.OSORIO.

Desta vez incluíse no percorrido o paso pola pasarela de Oira./IÑAKI OSORIO.

tro de Santomé, o camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos, e as termas do Muíño. Esta andaina, xa tradicional dentro do calendario, foi mudando ao longo da súa historia de percorrido -engadindo, por exemplo, a pasarela de Oira nesta edición- pero mantivo sempre a súa finalidade, fomentar

a práctica do deporte e promocionar unha das zonas máis atractivas da nosa cidade, a termal. Con sete horas de marxe para os máis lentos, esta novena edición tivo como fin de festa unha entrega de trofeos e agasallos para premiar a ese medio milleiro de valentes que, dando exemplo, consideraron que calzar as zapatillas e botar-

se a andar era o mellor dos plans para unha mañá de domingo.

O tempo acompañou e non houbo ningún tipo de incidente nesta novena edición da andaina


14

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ATLETISMO

Chega a segunda edición do “Pozo do Demo” 4 Será o domingo 1 de abril en Verín. Redacción

Participantes da proba escolar do pasado ano. /ARQUIVO

Todo listo para os 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia 4 Este domingo 18 de marzo chega a súa quinta edición. Redacción O vindeiro domingo, Xinzo de Limia terá unha cita co atletismo, na que será a 5ª edición dos 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia, proba organizada pola Concellería de Deportes. Trátase dun dos eventos deportivos máis multitudinarios que se producen na comarca Limiá, pois participan máis de 600 atletas de todas as idades, que realizarán unha das 4 carreiras programadas pola organización.

Ás 10:30 h terá lugar a saída para as categorías infantil e cadete, cun percorrido de 2.300 metros. Ás 10:50 h será o turno para os benxamíns e alevíns (1.500 metros) e ás 11:15 h daráse a saída da carreira absoluta. Para rematar, ás 12:30 h, os pitufos percorrerán 350 metros nas inmediacións do Pavillón de Deportes. Inscrición para as carreiras escolares As inscricións para as carreiras escolares poderánse

facer ata o venres día 16 na oficina do Pavillón de Deportes ou na web www. limiactiva.com. A inscrición para a carreira absoluta xa está pechada dende o xoves día 15.

Máis de 600 atletas de todas as idades participarán na V 10Qm Vila de Xinzo de Limia

O Concello de Ourense xunto coa Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” organizan por segundo ano consecutivo a 2ª Andaina-Carrera de Monte “Pozo do Demo”. O domingo 1 de abril é o día elexido para esta cita que contará cunha andaina, unha carreira de montaña e catro carreiras para escolares. A andaina dará comezo ás 9.30 horas con saída e chegada no pavillón municipal de Verín. 18 quilómetros dun percorrido distinto ao do ano pasado, polo que a baixada do monte Montemaior está fixada pola zona da Fraga, sempre á par do Pozo do Demo. Antes, en Veiga das Meas, estará instalado un avituallamento. Horarios A carreira de montaña dará o pistoletazo de saída a partir das 11.30 horas e terá un percorrido de 11,37 quilómetros, tamén modificado (como a andaina) lixeiramente os tres últimos quilómetros con respecto á primeira edición, para adentrala polos bosques de Cabreiroá para darlle un maior atractivo. A saída será no Balneario de Cabreiroá e rematará

Cartel da carreira do Pozo do Demo. a proba no pavillón municipal de Verín. Na propia zona do pavillón verinés terán lugar as carreiras dos máis cativos. Ás 10 horas comezará a carreira benxamín sobre unha distancia de 700 metros. Ás 10.15 horas, turno para os alevíns coa mesma distancia (700 metros). Os infantís percorrerán 2.000 metros a partir das 10.30 horas, e finalizarán as carreiras escolares a carreira cadete ás 10.45 horas sobre 2.000 metros.

Inscrición A inscrición será gratuíta e poderase realizar ata o 29 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (988 411 140), no correo pozododemo@verin.net, en Multisport ou na Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” (600 410 018). Desde a organización contan con superar os 700 participantes da primeira edición. Ao final das carreiras haberá entrega dos premios e sorteo de agasallos para os participantes.

Luaces, mínima olímpica

nos 20 quilómetros cun tempo de 1:31:50, significando un novo récord galego e mínima olímpica A. Pola súa banda, Rocío Carbia era terceira nos 10 quilometros júnior, logrando Galicia a medalla de ouro por equipos.

Redacción

No Campionato de España de Marcha en Ruta celebrado en Pontevedra, a marchadora Lorena Luaces rematou en cuarta posición


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

PITCH&PUTT

Peter Mervin gaña a Copa Asociación Cunha impresionante participación de 108 xogadores na que figuraban todos os mellores xogadores de Galicia, o “ourensán de adopción” Meter Mervin, levou a Copa Asociación, cun resultado de -2. Esta é a primeira proba do Ránking Galego 2012, do que Peter é colíder xunto a Andrés Peral, seguidos de Gustavo Mosquera, Sebastián Franco, o carballiñés Siso Anta e Juan Carlos Surribas. Destacable actuación de Antonio Sánchez e Manuel Blanco con 56 impactos.

Ránking provincial 2012

Os outros xogadores ourensáns que partían con opcións xogaron por baixo do seu nivel, xa que Jorge Sarmiento terminou con +3, o favorito entre os séniors Antonio Salgado con +6. Os xuvenís non defraudaron, e Efrén Rodríguez xa é segundo, quedando Pedro Botana e Manuel Bardelás en 4ª e 5ª posición respectivamente.

ABSOLUTO 1º-J.C. Surribas 183 2º- Antonio Salgado 168 3º- Jorge Sarmiento 168 4º- Peter Mervin 166 5º- Siso de Anta 158 6º- Jose L Arceiz 156 7º- J.E. Villarino 155 8º- JA Carvajales 151 9º- Manolo Celta 150 10º- Efrén Rguez 147

Peter é colíder do Ránking Galego 2012 Xogadores disputando o torneo.

Campionato absoluto en Pitch&Putt Boiro O domingo 18 de marzo dispútase nos precioso campos de 18 foxos Pitch and Putt Boiro o Campionato Absoluto, que ditaminará o mellor xogador galego en 36 foxos medal play. Os bos xogadores locais parten con certa vantaxe, pero a potente escuadra ourensá tentará revalidar título, xa que o ano pasado en “territorio comanche”

15

(Rio Cabe-Monforte de Lemos), Juan Carlos Surribas gañou con autoridade. Espérase superar o cento de xogadores, co que a esixencia para poder vencer será máxima. Os horarios de xogo serán o sábado 17 ás 16:00 e o domingo 18 ás 11:00 para os primeiros 18 foxos, tras eles farase un corte cos primeiros 72 clasificados que xogarán ás 15:30.

Precioso campo Pitch&Putt Boiro, situado entre Noia e Boiro.

Axenda Pitch&Putt -18 de marzo - Campionato Absoluto de Galicia ASGAPP - P&P Boiro -23-24 de marzo - 6ª Xornada Liga Aquabella-Cadavid - Pazo da Touza -23-26 de marzo - Open Internacional de Cataluña - Lloret- Papalus -30-31 de marzo - 7ª Xornada Liga Aquabella-Cadavid - Pozo do Lago

SÉNIOR 1º- Antonio Salgado 168 2º- Jose L Arceiz 156 3º- J.E. Villarino 155

XUVENIL 1º-Efrén Rodríguez 147 2º-Pedro Botana 109 3º-Manuel Bardelás 105

FEMININO 1º-Carmen Casar 90 2º-Maria Escudero 84 3º-Fátima Gomez 60

Liga Aquabella. Surribas continúa líder en Open de Cataluña. Sete dos mellores xogadores Peter Mervin “xogador da quincena”. Cuns scratch mentres que Santiago Silva colócase líder da provincia representarán a Galicia no VI Open In- resultados de 52 golpes en Tambre e 53 en Pozo hándicap por diante de Rubén Domínguez. ternacional de Cataluña que se disputa desde o 23 do Lago, foi o mellor xogador ourensán destas ao 25 de marzo en Lloret de Mar (Girona). semanas.

HÁNDICAP 1º-Manuel Bardelás 186 2º- Manuel Silva 186 3º-Sergio Fdez 180 4º- J.C Surribas 178 5º-Ruben Dguez 178


16

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

BALONCESTO

Continúa a loita pola cuarta praza na LF2

4 O Codigalco venceu ao Arxil e o Pabellón caeu ante o Tenerife, rival directo das colexialas. Redacción Se algo mantén a emoción durante esta tempada na Liga Feminina 2 é a cuarta praza da clasificación, a última que dá dereito a disputar o play off de ascenso e á que optan, neste momento, catro conxuntos con resultados máis que axustados. Unha derrota a día de hoxe suporía a Carmelitas, Ferrol, Tenerife e Ensino abandonar a loita. Mentres, por arriba e por abaixo todo está en calma, con gran probabilidade Bembibre e Cáceres seguirán a pasarse o liderato; Cortegada (que xa suma catro derrotas consecutivas), se volta á senda, continuará aferrado á medalla de bronce; e Guadalajara dirá adeus á LF2. Pola súa banda, o noso segundo represante na categoría, o Pabellón Ourense, mantense nun tranquilo noveno posto, logo de que un dos rivais das súas veciñas o derrotase nos Remedios o pasado sábado. Arxil 62 - 69 Carmelitas Sete puntos déronlle a vitoria ao Carmelitas no seu encontro contra o Arxil pon-

tevedrés, logo dunha cita na que as de Juan Rodríguez tiveron que suar a camiseta, e moito, para manterse por adiante sempre, aínda que fose pola mínima. Logo de rematar o primeiro período cun empate a 12, o segundo cunha lixeira vantaxe de 2 puntos e o terceiro só 1 por arriba; finalmente, a superioridade das ourensás traduciuse nunha vitoria que tivo como significativas protagonistas ás sempre efectivas Zuleira Atíes (20), Necolia Simmons (17) e Noelia Oliva (11), xunto a Maaike Klein, que durante a segunda parte do encon-

tro se encargou de xeito moi efectivo da dirección do conxunto. Pabellón 55 - 65 Tenerife Resultado inverso logrou o Pabellón Ourense durante a súa cita da xornada 19, na que recibiu nos Remedios ao Universidade de Tenerife (un dos conxuntos que loita por colarse no play off de ascenso). O conxunto dirixido por Lisardo Rodríguez sucumbiu ante as canarias xa no primeiro período (8-20), o que dilapidou para o resto do encontro o xogo das pavillonistas, que

non conseguiron máis que manter o tipo. Con Bolonio e Geehan ao fronte (e sen descansar nin un segundo dos 40 minutos de encontro) o Pabellón tentou, sen conseguilo, manterse no encontro, pero a labor anotadora de Vandiver (18), Rodríguez (12) e Goodall (10) por parte das visitantes fíxoo imposible. Ata tal punto que un derradeiro parcial de 17-8 só puido maquillar o resultado dun encontro que, lamentablemente, as de Lisardo Rodríguez xa tiñan perdido dende os primeiros minutos.

Zuleira Atíes pasa o balón a Noelia Oliva./RAMSÉS Próximas citas O vindeiro sábado, ás 19:15 horas, a competición enfrontará a Codigalco Carmelitas e Aguere no Vedruna, nun encontro, a priori, cómodo para as locais ao ter como rival ao antepe-

núltimo clasificado. Pola súa banda, o Pabellón ten un emparellamento aínda máis sinxelo, se cabe, xa que visitará a cancha do pechacancelas, o Guadalajara, o cal non coñece neste curso o sabor da vitoria.

4 Vitoria de infarto

Cacheiro mira desde o chan o balón que vai cara Scott. /RAMSÉS

Ao borde do infarto, así se acadou o minuto corenta do encontro que o sábado 3 de marzo enfrontou no Vedruna ao Codigalco Carmelitas e ao Universitario de Ferrol. Logo dun partido moi igualado as de Juan Rodríguez só tiñan unha última oportunidade nos derradeiros cinco segundos para acadar o empate e poder loitar pola vitoria na prórroga, e así o fixo Zuleira Atíes, que a pase de Gullberg, colou o balón no último segundo, provocando o empate a 69. Así, os cinco minutos extras permitíronlle ás de Juan Rodríguez despregar as súas artes, chegando a lograr unha vantaxe de ata 9 puntos, rematando finalmente cun cómodo 83-77. Pola súa banda, durante esa xornada, o Pabellón foi derrotado polo Cortegada, un dos líderes da categoría, que se mantivo sempre por diante no luminoso ata facerse cun resultado final de 73-66.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

BALONCESTO / MOTOR

Gran partido, obxectivos distintos 4 O Andorra chega a Ourense con pé e medio en LEB Ouro. R. Torres Este domingo 18 de marzo, o COB recibe no Paco Paz (19.00 horas) ao Andorra cun obxectivo distinto ao esperado cando comezou a LEB Prata 2011-2012. A parroquia ourensá agardaba que este partido fora case que unha final con dous equipos loitando pola primeira praza que dá o ascenso directo, pero a realidade é que o Andorra ten a tiro de pedra ese ascenso e o COB busca meterse nos play offs na mellor posición posible e con garantías de competir. Dous obxectivos ben distintos para dous equipos que aspiraban a esa primeira posición. En caso de gañar, o Andorra sería virtualmente equipo de LEB Ouro a falta de catro xornadas para que remate a liga regular. Detrás só lles podería impedir o ascenso directo Las Rozas, pero o cadro madrileño está a tres vitorias dos andorráns e cun partido máis, polo que se presenta arduo complicado darlle caza, máxime co gran estado de forma que están a atravesar. Loita por estar arriba O caso do COB é ben distinto. Cuarto, loitará por estar a final de tempada o máis arriba posible para ter o factor cancha a favor, alomenos na primeira ronda. Ese factor cancha en todas as rondas, será salvo hecatombe, para o Aurteneche, como gañador da Copa (tería que quedar por debaixo da quinta praza para non ter ese beneficio). Polo que ao COB so lle resta loitar pola

teñen que aportar máis do que están dando ata o momento. Como é o caso de Guillandeaux, que chegou como un xogador cunha técnica incrible, pero que de momento soamente a demostrou en contadas ocasións. Kyle Hill éoutro que se espera máis del; aínda que chegaba a Ourense logo dunha longa ausencia das canchas de baloncesto. Hill está facendo a súa particular pretempada para chegar aos play offs en forma e demostrar que aínda posúe a excelencia que acreditou anos atrás. Alberto Miguel é un reforzo de luxo para un Club Ourense Baloncesto necesitado de aportación no tiro exterior.

COB - Andorra, domingo 18 ás 19 horas

4 O partido “do pai” O COB celebrará este domingo o Día do Pai, con sorteo de agasallos aos asistentes durante o partido. Ademais, nos establecementos McDonalds, esta fin de semana regalan aos socios do club un Sundae por cada McMenú ou Happy Meal.

Comeza a tempada de motor 4 Carlos Iván Alonso participará no rali do cocido e Luis Aragonés no de Canarias. Redacción A tempada de ralis de asfalto en Galicia comeza co rali do Cocido. A proba de Lalín contará coa participación do equipo ourensán formado por Carlos Iván Alonso e Diego Fernández aos mandos do Mitsubishi Lancer, dentro da Copa Top-Ten de Galicia. Á proba pontevedresa che-

gan os ourensáns coa intención de irse adaptando ao seu novo coche, polo que non se marcan obxectivos de cara a esta primeira proba do campionato. O rali do Cocido terá lugar en Lalín o venres 16, coas verificacións administrativas, e o sábado 17, coa realización dos tramos. Aragonés, a Canarias O Campionato de España

Rubén Guillandeaux./ARQUIVO. terceira posición. Para iso, e para chegar á fase de ascenso coas mellores garantías posibles, está a traballar Rafa Sanz, técnico cobista que leva cinco encontros dirixindo ao equipo cunha bagaxe de catro gañados e un perdido. Desde que collera as rendas o cordobés, a tendencia é ben distinta. De non competir en ningunha cancha fóra do Paco Paz, pasaron a vencer con solvencia en casa e competir polo triunfo lonxe de Ourense, con dúas vitorias (Tenerife e Gandía) e unha derrota pola mínima (Prat). Contra o equipo catalán estiveron dominando todo o encontro, pero un último cuarto desastroso fixo tirar ao lixo todo o traballado anteriormente. 71-70 foi o resultado final do partido deixando a sensación que aínda quedan cousas por mellorar, e xogadores que

O presidente do COB, Jorge Bermello, e o xerente de McDonalds, Esteban Cuesta, empresa colaboradora do club. /R.T.

17

O Mitsubishi Lancer de Carlos Iván Alonso.

de ralis de asfalto comeza co Rali Islas Canarias. Ata alí desprazarase Luis Aragonés co seu Renault Twingo R2 do equipo Red Renault de Galicia para participar na “Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes”. Aragonés confía en obter un bo resultado na cita canaria, e incluso loitar polo podio nunha proba “máis longa do habitual”.


18

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores

4A seguinte “mundourensá” á que coñecemos máis de preto é unha madrileña, de 26 anos e peza chave do Pabellón Ourense de baloncesto femenino. É a alero María José Bolonio. R. Torres Ten unha ampla experiencia en Liga Feminina 2, coñece as esixencias da categoría superior, suma nada menos que 614 minutos (dos 760 disputados) na cancha dende que chegou a Ourense, nos que anotou 289 puntos e recibiu 90 faltas. Envexables cifras que fan que María José Bolonio sexa a día de hoxe, por méritos propios, incondicional no cinco inicial do Pabellón Ourense e das máis destacadas aleros da LF2, a cal confesa que o seu único obxectivo neste deporte é medrar día a día como xogadora. Que te motivou a aceptar a oferta do Pabellón Ourense? María José Bolonio: “Principalmente a proposta

deportiva que tiña este ano o Pabellón, xa que o ano pasado non fora todo o bo que agardaban e para este ano prepararon un proxecto interesante. Chamoume Lisardo, presentoumo e convenceume”. Coñecías o equipo? M.J.B: “Coñecíao de xogar contra el e coñecía a María e a Nuria. Pero polo demais era todo novo”. Comezando a segunda volta da tempada, cal é o obxectivo do Pabellón? M.J.B: “A meta principal era salvarnos e xa está case conseguido matemáticamente, así que tentaremos quedar o máis arriba posible porque agora tócannos os equipos máis asequibles xa que xa nos enfrontamos aos dos primeiros postos da táboa”. E o teu persoal?

M.J.B: “Intentar gañar todos os partidos axudando ao equipo o máximo, para así lograr quedar na mellor posición posible”. Está claro que eres unha peza chave a día de hoxe no Pabellón Ourense, como demostra o elevado número de minutos que xogas en cada partido, como te sentes co rol que ocupas? M.J.B: “Síntome importante e moi valorada tanto polo adestrador como polas miñas compañeiras. Eu intento axudar ao equipo todo o que podo para conseguir a vitoria. Síntoma moi a gusto e moi cómoda”. Como viches ao Pabellón neste momento? M.J.B: “Véxonos capaces da gañar a calquera, como demostramos vencendo a Lugo e a Ferrol e

Bolonio nun partido nos Remedios co Pabellón Ourense./ RAMSÉS

póndolle as cousas difíciles a outros de arriba, como Bembibre e o Cortegada, o que pasa é que nos falta estar máis compenetradas porque cada unha vén dun lado e o equipo é completamente novo. De todos os xeitos as cousas están indo ben”. Cal é a túa meta profesional no baloncesto? M.J.B: “O meu obxectivo é seguir medrando cada día como xogadora, aprendendo moito tanto do meu adestrador como das miñas compañeiras”. Como ves este deporte en Ourense? M.J.B: “Pois quedei moi sorprendida porque vexo a unha cidade implicada con este deporte, de feito hai moitas categorías inferiores tanto masculinas como femininas e iso é moi bo”. Cales son as principais diferencias que atopas neste senso en relación a Madrid? M.J.B: “En Madrid hai moita máis variedade de equipos, pero para ser unha cidade pequena en Ourense móvese moito baloncesto, faise moita publicidade del e hai moita canteira”. E que opinas da afección ao baloncesto acá? M.J.B: “A verdade é que a xente de Ourense está moi implicada. Eu sorprendinme moitísimo cando nos enfrentamos ao Carmelitas que se encheron os Remedios e o público estaba moi animado e con moita ilusión de vernos”. Que foi para ti o mellor e o peor de vir a Ouren-

María José Bolonio é unha das pezas chave deste Pabellón Ourense./ RAMSÉS se? M.J.B: “O mellor foi coñecer ás miñas compañeiras, que son estupendas, e negativo non houbo nada”. Que foi o que máis te sorpendeu da cidade á túa chegada? M.J.B: “As termas e as pontes, pero en xeral é unha cidade moi bonita”.

4 Máis persoal

“Quedei moi sorprendida porque vexo a unha cidade implicada co baloncesto”

- María José Bolonio Abad naceu en Madrid o 27 de xuño de 1985. - Dentro da súa ampla traxectoria no baloncesto feminino, esta moza madrileña pode presumir de ter defendido as cores do Canoe, Zaragoza, Burgos e Cáceres, antes de vir a Ourense esta tempada. - Ademais, Bolonio xa coñece as meles da Liga Feminina, á que se enfrentou como integrante do Ibiza durante un curso, que describe como “unha experiencia única e moi positiva”, á cal chegou vendo a oferta como “un reto persoal pola categoría, porque é un club moi bo e ademais porque aquel ano disputamos a liga CAP por toda Europa”.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

BTT

19

De ruta en BTT por Palmés 4 O domingo 25 de marzo celébrase o 1º BTT PalmésOurense. R. Torres O Club Ciclista Dúas Rodas en colaboración co Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes organizan o 1º BTT Palmés-Ourense. A cita terá lugar o 25 de marzo a partir das 9.30 horas, con saída desde o campo de fútbol de Palmés. A distancia da ruta será de pouco máis de 26 quilómetros e contará cunha dificultade establecida pola organización de media-alta. Despois da ruta haberá un xantar popular para participantes e acompañantes. Aínda que o número de participantes é ilimitado, o de comensales (por motivos organizativos) estará limitado a 200 persoas. Cada participante poderá levar un máximo de dous acompañantes. Percorrido O percorrido desta marcha BTT cicloturista levará aos participantes por tramos forestais desaparecidos polo paso do tempo así como a recuperación de antigos tramos da chamada ‘Ruta dos fornos’. Tratase dun antigo percorrido polos pobos do concello de Ourense e Amoeiro no que en todos eles existía un antigo forno onde as xentes do pobo reuníanse para facer o pan e aproveitar a conversar e contar antigos contos e lendas. Pasarase tamén polo antigo mosteiro de Santa Comba de Naves, actualmente en ruinas e último vestixio da arquitectura

Membro do CC Dúas Rodas.

tradicional desta contorna. Trátase dun antigo cenobio benedictino probablemente fundado por Alfonso III no ano 888. Outra zona da marcha é o antigo sendeiro que discorre paralelo ao regato da Burata e que fai moitos anos alimentaba a una serie de muíños de agua empregados para moer o cereal, hoxe en día tamén se atopan en ruinas. En definitiva, unha ruta que busca ofrecer aos participantes o coñecemento dos restos arquitectónicos da contorna así como a sua historia. Inscricións O día tope para realizar a inscrición queda establecido ata o 23 de marzo, toda a información da mesma pódese consultar na web www.ccduasrodas.es. O prezo varía se se está federado e/ou se se queda a comer. Así, os federados que queiran quedarse a comer pagarán 13 euros, os que non se queden a comer, 10; os non federados que participen do xantar pagarán 25 euros e os que non 22. Os acompañantes que non participen na BTT terán que aboar 10 euros polo xantar. Os participantes deberán ter máis de 16 anos, os menores desa idade terán que ter o permiso dos pais.

Ás 9.30h. terá lugar desde o campo de fútbol de Palmés este 1º BTT Palmés - Ourense

Presentación do 1º BTT Palmés - Ourense co concelleiro de Deportes, Fernando Varela, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e membros do CC Dúas Rodas. /RAMSÉS.


20

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

POLIDEPORTIVO

O Pabellón remata no posto 27 no Nacional de Mozos de Natación

tiro

A actividade non para

4 As féminas finalizaron no posto 32.

4 O club de tiro Eiroás continúa coas ligas mensuais e as tiradas clasificatorias para os diferentes Campionatos Autonómicos.

Redacción

P.L.

Na piscina Rías do Sur de Pontevedra celebrouse o III Campionato Nacional Mozos de Natación onde participaron 752 nadadores de 176 clubs de toda España, sendo esta terceira edición a máis numerosa en canto a participación. O equipo masculino do Club Natación Pabellón rematou na 27ª posición sendo vencedor o CN Sant Andreu; as féminas remataron no posto 32, proclamándose cam-

pioas as madrileñas do CN Madrid Moscardó. Esther Álvarez Álvarez foi quinta en 100 costas, novena en 100 libres, 18ª posición en 200 estilos, 27ª en 200 costas, 28ª en 200 libres e 32ª en 100 bolboreta. Ana María Santiso Prado foi 8ª en 200 braza, 10ª en 400 estilos, 11ª en 200 estilos e 17ª en 800 libres. Borja González Rodríguez foi 8º en 400 estilos, 12º en 1.500 libres e 18º en 400 libres. Ecequiel Quiroga Ramos rematou 9º en 100 e

400 libres, 10º en 200 libres, 14º en 200 bolboreta e 15º en 200 costas. Cristina Cruz Moure foi 11ª en 200 braza e 12ª en 100 braza. Martín Sabuz Forneiro acadou a 11ª posición en 100 braza e a 12ª en 200 braza. Laura Blanco Seara foi 14ª en 100 bolboreta e 19ª en 200 estilos. Adrián Blanco Pérez foi 19º en 200 costas. Laura Nerea Balsa Pérez rematou 31º en 400 estilos. O relevo 4x100 estilos feminino quedou en 25ª posición.

Esta fin de semana o club de tiro Eiroás acolle o clasificatorio para o Campionato Autonómico de pistola estándar (día 18), mentres que a seguinte (día 25) será o turno para a tirada clasificatoria nas modalidades de 3x20 e 3x40. Ese mesmo día, coincide outra competición no club ourensán: a correspondente á 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre. Resultados da Copa Deputación Das tiradas anteriores, destaca a alta participación na xornada da Copa Deputación de Armas Neumáticas, 26 tiradores nas diferentes categorías. Nuria Mera volveu ser primeira con 368 puntos en pistola

Nuria Mera volveu ser primeira en pistola damas na tirada de marzo da Copa Deputación de Armas Neumáticas./P.L. damas; Juan Carlos Ferreño fixo 559 puntos en pistola sénior; Jorge Encinas repetiu primeiro posto en carabina (578 puntos), Guillermo Cosque sumou 560 puntos

en pistola veteráns, e Víctor José Álvarez foi o primeiro en pistola discapacitados (412 puntos). Ademais, competiron tiradores cadetes, juniors e alevíns.

O Campus Ourense regresa á senda das vitorias 4 Logo de varias xornadas sen gañar, por fin os ourensáns logran un triunfo a costa do CRAT. Redacción

Aitor Grande xunto co seu adestrador, Santi Escudero.

Aitor Grande, campión de España en natación adaptada Redacción Durante os días 10 e 11 marzo celebrouse en Castellón o Campionato de España Open de Natación Adaptada, ao que acudiu o nadador del CNPO Aitor Grande, quen fai un ano

comezaba a súa andadura na natación adaptada a nivel nacional. En Castellón participou nun total de cinco probas: 50 costas, 100 libre, 400 libre, 100 costas e 50 libre. Aitor Grande proclamouse campión de España categoría S7 en

todas as probas nas que participou e rexistrando un novo récord de España nos 50 costas cun tempo de 0:38,42. Tamén batiu o récord de 200 libres ao pase na proba de 400. No campionato participaron un total de 192 nadadores de países como España, Francia, Grecia ou mesmo Brasil.

Na categoría S7, con récord en 50 costas

Varias xornadas despois, o Campus Ourense lograr retomar as vitorias e consegue dobregar ao CRAT no campo universitario. Un triunfo traballado contra un equipo que nada tivo que ver co que se enfrontaron na primeira volta (en parte pola praga de ausentes no cadro ourensán). Nos primeiros minutos, o Campus arrinconaba aos coruñeses ata que lograban o primeiro ensaio sen acadar a transformación. O CRAT seguiu loitando sen amilanarse, pero serían os locais os que golpearían de novo, 8-0 en

20 minutos disputados. Os visitantes seguían intentándoo, mais unhas veces polo acerto defensivo do Campus e outras polos erros dos dianteiros coruñeses, o certo é que non foron quen de mover o marcador do cero na primeira metade. Quen si volveron anotar foron os ourensáns para deixar un 12-0 ao descanso. Na reanudación, o dominio do xogo foi visitante, sen reflectirse no marcador. O que si volvería marcar sería o Ourense cun ensaio e posterior transformación, os cambios notáronse para ben e os últimos minutos foron de claro dominio local. Ao final 20-0 e regreso á senda do triunfo para o

Campus Ourense. Derrota das mulleres Antes do partido masculino disputouse o feminino entre os mesmos equipos. O Campus caeu claramente derrotado contra o CRAT por 0-88, para seguir ocupando a derradeira posición. Os cadetes perderon contra o Lalín por 28 a 25.

Vitoria do equipo masculino do Campus, e derrotas do feminino e dos cadetes


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

NOVAS

A Deputación concede as Bolsas do Deporte 2011 4 60 deportistas ourensáns foron os beneficiarios destas axudas. Redacción A Deputación Provincial de Ourense concedeu as Bolsas do Deporte a 60 deportistas ourensáns, sumando unha axuda total de 30.000 euros. Nun ano no que se rumorea que a institución provincial vai deixar sen axudas a todos os clubs (menos a Ponte Ourense, CD Ourense e COB), a Deputación mantén unhas becas que leva entregando ininterrumpidamente desde 1988. O acto de entrega estivo presidido por Manuel Baltar, acompañado polo asesor de deportes da Deputación, Bernardino González, e o deputado resonsable de deportes, Luciano Rivero. Tres grupos Un primeiro grupo de axudas, cunha dotación de 1.425 euros, recoñeceu

a aqueles deportistas que tiveran ou puideran ter a consideración de olímpicos, que participen habitualmente, coa Selección Nacional Española en probas de campionatos do mundo ou europeos, ou que pola súa especial traxectoria e prestixio, sexan merecedores de ocupar este grupo. Foron o xadrecista Iván Salgado, e os atletas José Alfonso Palomanes e Luis Fernando Moro. Oito deportistas levaron a axuda de segundo nivel, de 850 euros, porque participaron, con razoable éxito, en campionatos de España absolutos acadando, na maioría dos casos, finais, ou estiveron seleccionados ou preseleccionados coa Selección Española, e mantiveron unha continuidade de varios anos no seu nivel competitivo. No terceiro grupo (con

contía de 630 euros) están encadrados os deportistas que figurando en postos de relevancia no ránking dos seus respectivos deportes ou que se incorporaran á convocatoria nesta temporada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os méritos suficientes para figurar nos grupos anteriores. Sete deportistas recibiron estas axudas. Axudas extraordinarias Por último, están as axudas extraordinarias, que son un primeiro paso para acceder á bolsa en vindeiros anos, ben sexa pola súa xuventude ou por que unha lesión cortara a súa progresión. 42 deportistas foron os beneficiarios destas axudas extraordinarias cuxa contía foi de 345 euros.

Foto de familia dos benficiarios das Becas 2011 da Deputación de Ourense. /P. LODEIRO

Lete Lasa convida aos concellos ourensáns a sumarse ao Plan Galicia Saudable

4A PREGUNTA 4O CD Ourense, xogará a promoción de ascenso á 2ªB como campión do seu grupo de Terceira División?

Redacción O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza con alcaldes e representantes municipais da área de Ourense e outra cos da área de Valdeorras, para presentarlles o Plan Galicia Saudable, unha acción encamiñada a gañar apoios á Declaración de Galicia Saudable que promove o Goberno galego e que se presentará publicamente o vindeiro mes de abril. No encontro, Lete Lasa fixo un chamamento aos responsables locais para adherirse a dito Plan e, deste xeito, contribuír ao obxectivo de lograr un país máis activo e san. Unhas xuntanzas que se enmarcan na serie de encontros que o secretario xeral para o Deporte está a manter con distintos dirixentes locais. Lete Lasa reuniu en Ourense e no Barco de Valdeorras a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais para darlles a coñecer o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable, aos que informou do contido e da transcendencia do mesmo e resaltou a “importancia da adhesión dos municipios aos seus obxectivos a través da Declaración de Galicia Saudable”. Segundo explicou Lete Lasa, “o fin último do proxecto é estender a práctica deportiva entre a poboación galega e concienciar á socie-

Lete Lasa en Ourense. RAMSÉS.

dade dos seus beneficios para a saúde”. A primeira das reunións celebradas na provincia de Ourense tivo lugar na capital. Nela, o secretario xeral para o Deporte e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, conversaron con representantes de 40 municipios ourensáns. Obxectivos O secretario xeral para o Deporte explicoulles aos representantes municipais o estado actual do Galicia Saudable e das fórmulas previstas para a participación dos concellos. O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable é a resposta unitaria do Goberno galego para loitar contra o sedentarismo e as enfermidades asociadas ao mesmo, a través dunha aposta por promover cambios no estilo de vida da sociedade galega e impulsar a práctica da actividade física.

/

SI O CD Ourense xogará a promoción de ascenso como campión de grupo, xa que a estas alturas marcha de novo líder. E mentras os demais equipos mostran debilidade, o Ourense comeza a carburar e os resultados chegan conxuntamente co bo xogo do equipo, despois dunhas primeiras xornadas titubeantes con Luisito no banco. Os xogadores están demostrando que, xornada a xornada, van a máis, e este novo proxecto ten toda a pinta de vai chegar a bo porto, que non é outro que o do ascenso. NON É certo que o equipo vai crecendo, pero a liga é moi longa e o banco do CD Ourense moi curto. A isto hai que engadirlle que o Cerceda é un rival moi sólido, sendo o máis regular no que levamos de liga, e cunha plantilla moi ampla e experimentada na Terceira División. Polo que o Ourense terase que conformar con xogar a promoción sendo segundo, terceiro ou cuarto, co que eso conleva (ter que pasar tres rondas). Será capaz deste xeito ascender?

Segue votando no noso Facebook (mundourense.com) e na web www.mundourense. com


BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº52- Ano: IV - 16 de marzo de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O BLOG DE SAUDETER Empezar as mañás con exercicio contribúe a subir o ánimo, incrementar a nosa forza, autoestima, relacións sociais e reactivar a enerxía interior. Hai días nos que un se sente apático, canso, triste e malhumorado; en definitiva, falto de enerxía e ganas de emprender o día. É normal que xurdan días así, somos seres humanos con estados de ánimo moi cambiantes e cunha atarefada vida. Con todo, non podemos deixar que unha mala sensación, o cansazo físico e mental ou simplemente a preguiza impídannos empezar un novo día, seguramente cheo de sorpresas e sensacións positivas. Para superar a barreira inicial e animarnos o día hai moitas cousas que podemos facer. Darnos unha ducha fría, un almorzo san e enerxético, escoitar música positiva, coidar a nosa imaxe, etc. Pero sen dúbida, a opción máis acertada para reactivar a nosa enerxía interior é movernos, facer exercicio

4O RINCÓN DO MESTRE

Enerxía todo o día

físico. Empezar as mañás con exercicio contribúe a subir o ánimo, incrementar a nosa forza, autoestima, relacións sociais e reactivar a enerxía interior. Está comprobado que o exercicio revitaliza o corpo e a mente. Hai moitas razóns para empezar o día con actividade física. Os niveis de enerxía dispáranse canto máis activos estamos. Todos tivemos esa sensación de cansazo cando nos pasamos o día tirados no sofá e con todo non estamos a gastar enerxía, estamos “descansando”. Parece contraditorio, pero non o é. A razón é que co exercicio físico libéranse unhas hormonas, as endorfinas, que che fan sentir ben, por iso sénteste máis activo e entras nun ritmo continuado de actividade, posto que che custa moito menos. Doutra banda, cando mobilizas os teus músculos, o corpo libera proteínas que facilitan a transformación da glicosa que hai no sangue. Por iso, tras o exercicio, o teu organismo é capaz de xerar

enerxía con máis facilidade, evitando “baixóns de enerxía”. Outra razón para empezar o día con movemento é que o exercicio acelera o fluxo sanguíneo que permite máis transporte de osíxeno ao cerebro, os pulmóns e o corazón, desta forma sénteste máis vital. Ademais, ao eliminarse gran cantidade de toxinas a través da suor, contribúe á desintoxicación e purificación do organismo, facéndonos sentir máis lixeiros. E é que o exercicio produce unha resposta relaxante que nos serve de distracción positiva, mellorando o noso humor e afastándonos da depresión. Finalmente esta sensación de felicidade favoreceranos para manter boas relacións coas persoas que nos rodean, transmitíndolles enerxía positiva, creando unha boa atmosfera ao noso ao redor. Razóns para moverte, habelas hailas. Todo o que ganas cho podemos contar, pero agora tócache a ti comprobalo.

4SABÍAS QUE... técnica respiratoria é a correcta? A respiración completa combina o tres tipos de respiración e constitúe a respiración ideal. Clavicular (alta), Pulmonar (media) e Diafragmática ou abdominal (baixa). Beneficios: - É un excelente antídoto para a fatiga, a depresión, as tensións, a tensión? - Mellora o estado do sistema nervioso. - Mellora as dixestións pesadas e favorece o seu bo funcionamento. - Favorece a eliminación de toxinas do organismo. - Contribúe a mellorar o rendemento dos deportistas e a súa capacidade pulmonar. - Incrementa a circulación sanguínea. - Tonifica os músculos abdominais. - Mellora o funcionamento de órganos internos. - Rexuvenece os nosos órganos, entre eles a pel. - Reduce a carga do traballo do corazón.

Exercicios para activarte - Respira e osixénate. Actividades como o Ioga, Pilates, Tai Chi... obrígannos a traballar cunha respiración completa e profunda, favorecendo o traballo dos músculos profundos, a conciencia corporal, a relaxación física e mental e a purificación do organismo. - Estírate e desentumécete. Co streching evitamos gran parte das lesións, favorecemos o afinamiento dos músculos e a relaxación muscular. - Fortalece os teus músculos. Tonificar os nosos músculos é igual de importante que movernos enerxeticamente. Se os nosos músculos están fortes poderemos soportar máis esforzos, evitaremos moitas lesións e sobrecargar nosa columna vertebral, activaremos o noso metabolismo basal e sentirémonos máis fortes. - Móvete, axilízache e mellora a túa resistencia cardiopulmonar. As actividades cardiovasculares son imprescindibles no noso día a día. Pór en marcha o noso corazón e pulmóns é garantía de saúde e resistencia. - Reláxate e vive sen tensión. A tensión e a ansiedade restan anos. Saber controlalos é fundamental para vivir en harmonía e serenidade. As técnicas de relaxación ensínannos a controlar os nosos pensamentos, estados de ánimo e situacións diarias complicadas.

O deporte e a saúde (II): Recomendacións a ter en conta Coñece as túas aptitudes: - Facer un recoñecemento médico antes de practicar deporte, sobre todo se padeces algunha enfermidade ou segues algún tratamento farmacolóxico. Consulta co médico todas as túas dúbidas. Elixe o teu deporte: - Practica o deporte que máis se adapte ás túas condicións físicas. Déixache aconsellar. Coñece o teu deporte: - Aprende a técnica, a táctica e o regulamento para un mellor desenvolvimiento do mesmo e evitar posibles lesións. Prepara a actividade: -Inicia a actividade co quecemento. Realiza estiramentos antes, durante e despois da actividade física. Non esquezas “adestrar” durante a semana se estás en competición. Coñece as túas limitacións: - Compite nun deporte adecuado ás túas condicións físicas. Ás veces a imprudencia pódenos traer malas consecuencias. Lembrar que Imprudencia= Accidente. Segue unhas normas hixiénicas: - Fai unha dieta equilibrada, Bebe auga mentres practicas deporte. - Levar roupa cómoda e transpirable.

- Utilizar calzado deportivo adecuado. Utilizar chancletas para evitar posibles infeccións - Ducharse sempre despois do exercicio físico. - Pór roupa limpa e seca despois do exercicio físico para evitar posibles arrefriados. - Non consumir sustancias tóxicas, alcol, tabaco, drogas... - Descansar e durmir as horas necesarias. Non á dopaxe - Non utilices produtos milagrosos para mellorar o teu rendemento. Coñece os efectos reais destas substancias, para iso consulta con expertos as informacións a preto de “produtos milagrosos”, dietas. Lesións: - Deterse ante a aparición de molestias ou dores. - Recupérate das lesións, non volvas á práctica deportiva antes de curarte dunha lesión. Utiliza proteccións. - Evitar a discusión e a violencia. Conclusión: - A práctica do deporte axudarache a manterte e mellorar a túa saúde e a sentirte mellor contigo mesmo. O mellor premio da actividade deportiva é a satisfacción. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol


24

BARRIOS DEPORTIVO 16 de marzo de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.