1 Decembro 2011 - BD 46

Page 1

Defendendo as nosas cores: Eder Díez, xogador do CD Ourense ATLETISMO

[páx. 22]

MOTOR

O Ourense Motor Sport, mellor escudería galega de terra

Preto de 300 atletas de todas as idades participaron no 16º cross do Guillelme Brown

[páx. 6]

[páx. 14]

Do 5 ao 8 de decembro, Expourense acolle o Salón da Xuventude MEGAXOVE [páx. 2-3]

Segundos, a pesar de todo

[páx. 16]

O Club Ourense Baloncesto recibe ao Oviedo despois da humillación de Andorra [páx. 9]

Número: 46- Ano: III - 2 de decembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

4 Megaxove - Expourense

LUNS 5 DE DECEMBRO 11.00 a 14.00 / 16.00 a 20.00 horas - Adestramento e exhibición de judo - Adestramento e exhibición de halterofilia - Regata de remo indoor - Exhibición e participación de tiro con arco 19.30 a 21 horas - Actuación da escola provincial de danza Castro Floxo MARTES 6 DE DECEMBRO 11.00 a 14.00 / 16.00 a 20.00 horas - Torneo de judo - Torneo de halterofilia - Exhibición e participación de tiro con arco - Torneo de minibasket 11.00 a 14.00 horas - Torneo de xadrez 16.00 a 20.00 horas - Torneo de kárate infantil - Torneo de Warhammer 19.00 - Visita e sinatura de autógrafos de xogadores do Club Ourense Baloncesto MÉRCORES 7 DE DECEMBRO 11.00 a 14.00 / 16.00 a 20.00 horas - Concentración, adestramento e exhibición de wushu - Adestramento e exhibición de halterofilia - Exhibición e participación de tiro con arco - Torneo de Warhammer - Torneo de fútbol sala feminino 12.00 a 13.00 / 17.00 a 18.00 horas - Participación e curso de iniciación e perfeccionamento de patinaxe en liña 19.30 a 21 horas - Actuación da escola provincial de danza Castro Floxo XOVES 8 DE DECEMBRO 11.00 a 14.00 / 16.00 a 20.00 horas - Torneo de wushu - Adestramento e exhibición de halterofilia - Campionato absoluto Megaxove de halterofilia - Exhibicións e participación de esgrima antiga - Torneo de tiro con arco - Curso de baile rexional Queixumes dos Pinos - Campionato absoluto Megaxove de halterofilia - Torneo de mini - fútbol sala 12.00 a 13.00 / 17.00 a 18.00 horas - Participación e curso de iniciación e perfeccionamento de patinaxe en liña 12.00 a 13.30 horas - Visita e sinatura de autógrafos de xogadores do Club Deportivo Ourense 11.00 a 14.00 horas - Cross Megaxove 16.00 a 20.00 horas - Torneo de kickboxing - Torneo de slot Do 5 ao 8 de decembro - Torneo de snooker (billar)

AXENDA - ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 4. Estadio do Couto -16.30 horas- CD Ourense - Rácing Ferrol. - Día 4. Oira. 12.00 horas. CD Ourense B - Marín. - Día 4. Estadio José Arjiz -Verín-. 16.00 horas. Verín - Mondariz. - Día 4. Os Carrís -A Valenzá-. 12.00 horas. Barbadás - Boiro. Preferente Autonómica feminina. - Día 4. O Barco. CD Barco - UD Barbadás. - Día 8. Estadio Miguel Ángel -Os Remedios-. Pabellón Ourense - Rayo Cantabria. División Honor juvenil. - Día 11. Os Carrís -Barbadás - Alerta Traviesas. - Día 11. San Rosendo -Celanova-. Sporting Celanova - Tomiño.

Baloncesto

- Día 3. Pavillón dos Remedios -20.00 horas-. Pabellón Ourense - Guadalajara. - Día 4. Pavillón dos Remedios. 12.00 horas. Ourense Capital Termal - Fidalgo Vecino. - Día 4. Paco Paz. 19.00 horas-. COB - Oviedo. - Día 10. Pavillón Vedruna. 19:15 horas. Codigalco Carmelitas - Durán Maquinaria Ensino. - Día 16. Paco Paz. 19.00 horas-. COB - Coruña.

Hoquei herba

- Día 11. Campo de Mariñamansa. 12.00 horas. Ourense Bule Bule - Club de Campo.

Atletismo - Día 8. Expourense. A partir das 11.15 horas. XII Carreira Popular Expourense-Megaxove.

Billar - Do 5 ao 8. Expourense. I Campionato galego de snooker.

Balonman - Día 6. Os Remedios. 12 horas. Pabellón BalonmanChapela.

Tenis de mesa - Día 3. Paco Paz. 17 horas. Galmédica Tenis de Mesa - Grupo Barros Cambados.

Voleibol - Día 10. Paco Paz. Voleyourense - Pontevedra. Segunda División Feminina A.

Tiro - Día 10. Club de Tiro As Eiroás. Tirada solidaria en beneficio da Asociación 1º de Mayo. Nas modalidades de pistola e carabina de aire comprimido

Lekhili, impresionante 4 O marroquí do Academia Postal está realizando un impresionante inicio de tempada. Redacción Coa mente posta na maratón de Sevilla, o atleta marroquí do Academia Postal, Hassan Lekhili está relizando un impresionante inicio de campaña. No 20º aniversario de Ben-Cho-Shey, Le-

khili foi campión na proba de 3.000 metros celebrada na pista de atletismo de Monterrei; un día máis tarde volvería saborear a mel do triunfo no 33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, por diante de Manuel Ángel Penas e do

portugués Carlos Costa. XX Aniversario BenCho-Shey Na pista de atletismo Josefina Salgado de Monterrei disputouse a primeira proba oficial da temporada autonómica en pista, o XX

Aniversario da Escola Atlética Ben-Cho-Shey. Esta entidade, presidida por Germán González, celebrou o seu 20º aniversario coa disputa dun trofeo en pista que serviu para comprobar o dominio dos atletas académicos. Por parte ourensá, venceron Alba Fernández (60 valados absoluto), Nerea Carneiro (60 valados xuvenil), Alvaro Díaz (500 metros benxamín), Natasha Penrose (1000 metros

Movilla, un dos favoritos a alzarse co título autonómico.

O Campionato galego de snooker en Ourense 4 Esta modalidade de billar disputarase en Expourense do 5 ao 8 de decembro. Redacción Dentro da programación do Salón da Xuventude MEGAXOVE celébrase o primeiro Campionato galego de snooker do 5 ao 8 de decembro. Este campionato está organizado polo Club Billar de Ourense e a Federación Galega de Billar. Nesta primeira edición contarase cunha mesa de snooker de tamaño profesional, así como bolas Aramith e tapete Strachan de máxima calidade. Haberá un total de 16 xogadores de toda a comunidade galega na procura do título autonómico. Dividiranse en catro grupos de catro xogadore cada, un accedendo ás semifinais o primeiro de cada un dos grupos. O sistema de xogo será ao K.O directo ao gañar dous frames, ata chegar ás semifinais e final, que serán a tres frames gañados. infantil), Iria Fernández (3.000 metros), Hassan Lekhili (3.000 metros), Abraham Rodríguez (lonxitude infantil), Raico Leguiçano (lonxitude absoluta), Aitana Leguiçano (lonxitude absoluta), e Alba Fernández (60 metros absolutos). Cross Vigo acolleu o 33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través no que Hassan Lekhili foi o domi-

O horario será de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas; os días 5, 6 e 7 disputarase a fase de grupos mentres que o xoves 8 chegará o turno das semifinais e da gran final. Exhibición Ademais do torneo, tamén terán lugar en Expourense exhibicións a cargo dos xogadores do club Billar Ourense, así como concursos onde os que queiran participar terán a oportunidade de acadar cursos gratuitos de billar, ademais de tacos e outros agasallos.

16 xogadores galegos enfrontaranse para coñecer ao primeiro ganador autonómico de snooker

nador da proba absoluta. Alejandro Fernández (11º) e Álvaro de la Fuente (13º), contribuíron a acadar o segundo posto por equipos por detrás do equipo portugués Juventude Unida de Fornos. Leticia Fernández tomou parte no XXXVIII Cross Internacional Valle de Llodio na proba xuvenil-júnior-veterás, logrando o segundo posto, sendo a súa vez a primeira atleta júnior en meta.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

MEGAXOVE

Máis de 60 actividades distintas en Megaxove 2011 4 O Salón da Xuventude celebrarase no recinto feiral de Expourense do 5 ao 8 de decembro. Redacción Expourense remata o calendario feiral do 2011 coa celebración da 12ª edición de Megaxove, o Salón da Xuventude, que do 5 ata o 8 de decembro ofrecerá máis de 60 actividades de lecer e deportivas que converterán o recinto feiral no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva e onde miles de rapaces participarán de forma activa. Nunha superficie de 8.000 metros cadrados daranse cita medio cento de expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia, que deron lugar a un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como

o compañeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao medio ambiente.

isto, programaranse actividades específicas para toda a familia como poden ser o aerobic, taichí ou a danza

do ventre, unha das novidades desta edición. O deporte volverá ser un dos grandes protagonistas

do salón que continuará promocionando as disciplinas minoritarias para contribuír á difusión de alternativas menos coñecidas como poden ser o remo indoor, a esgrima antiga, a halterofilia, o tiro con arco ou as artes marciais. Ademais, seguindo a liña de anos anteriores, celebrarase o xoves 8 de decembro unha nova edición do Cross Megaxove, organizado un ano máis polo clube Ourense Atletismo Academia Postal. Trátase da actividade máis consolidada deste salón, chegando a reunir a máis de 700 atletas de todas as idades e categorías, dende cativos ata veteráns. Máis que xogos O Salón da Xuventude

serve tamén de plataforma de promoción doutras actividades vencelladas ao lecer e á cultura e para que distintas asociacións xuvenís, como Amencer ou a Fundación Amigos de la Barrera, dean a coñecer o traballo que realizan aolongo de todo o ano. Estes xogos tradicionais convivirán coa aula informática da Academia Postal. Así mesmo, as demostracións dos servizos cinolóxico, o Seprona e de Tráfico da Garda Civil serán outras das alternativas para estes días de vacacións. Horarios Con entrada gratuíta, Megaxove permanecerá aberto os catro días de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Automodelismo, graffiti, breakdance e a actuación dun DJ profesional son algunhas das novidades desta edición de Megaxove, que prevé congregar a milleiros de nenos e mozos de toda a nosa comunidade

As novidades Diversas actividades do programa de 2011 estréanse nesta cita, así un obradoiro de automodelismo, o campionato galego de Snooker (billar), un obradoiro de cultura urbán (graffiti, breakdance, rap) e a actuaciòn dun DJ profesional son as principais novidades desta décimo segunda edición. En familia Este ano prestarase ademais especial atención á convivencia interxeracional, fomentando que os nenos e xoves acudan a Megaxove acompañados das súas familias e realicen actividades xuntos. Para

Un grupo de rapaces aprendendo artes marcais na edición de 2010./ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ENTREVISTA

José Antonio Carballo Pose, presidente da asociación deportiva Vía XVIII:

“ O que predomina dentro do club é a filosofía do atleta popular”

4 A asociación deportiva Vía XVIII, con pouco menos de tres anos de existencia, promove a actividade deportiva dirixida a todas as persoas en xeral dentro do ámbito da comarca de Maceda e arredores, co obxecto de eliminar o sedentarismo e promover unha filosofía de vida que contemple o deporte na actividade diaria das persoas. O. Blanco Outro dos seus obxectivos é promover a recuperación da ruta romana Vía XVIII e contribuír con diferentes causas benéficas a través da organización de eventos deportivos. Que actividades levan a cabo? Jose Antonio (J.A.): “Tras os case tres anos de funcionamento organizáronse as seguintes actividades: 2ª Carreira Popular Vila de Maceda 2009, Andaina / Carreira benéfica a favor de Haití 2010, San Mamede desafío solidario 2011 e o I Combi-Dous Maceda 2011. Para este vindeiro ano 2012 temos fixado un reto no que estarán implicados todos os socios que compoñen na actualidade o club Vía XIII Maceda, reto que presentaremos en público no mes de xaneiro”. Por que ten ese nome “Vía XVIII”? J.A: “Queríamos darlle un nome que estivera vinculado coa historia e que tivera algo que ver con Maceda, e a Vía XVIII cumpría con eses requisitos”. Vostede é presidente. Dende cando? Como se escolleu? J.A: “Son presidente dende o 7 de xaneiro de 2009.

José A. Carballo Pose. Fun escollido en asemblea. Tamén existe unha xunta directiva formada por seis persoas: un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e dous vogais”. Contan con axudas económicas ou doutro xeito doutras institucións? J.A: “As axudas económicas que se teñen obtido son máis ben escasas e proveñen dos seguintes organismos: Deputación Provincial de Ourense nos anos 2010 e 2011, a Secretaría Xeral de Política Lingüística no ano 2009, e o Concello de Maceda 2009 que ta-

men nos axuda con material e medios humanos”. Quen pode apuntarse á asociación? J.A: “Calquera persoa que queira ou que lle guste correr especialmente, dá igual o nivel físico que teña, pois o que predomina dentro do club é a filosofía do atleta popular, iso non quita que dentro do club cada un marque os seus obxectivos e as súas metas de ata onde quere chegar. Ademais de correr (montaña, cross, asfalto, etc…), tamén se organizan grupos dentro do club para participar en rutas MTB e rutas

cicloturistas como a Marcha Cicloturista Lagos de Covadonga, Marcha Cicloturista Quebrantahuesos, Irati Xtrem, etc. Tamén se teñen levado acabo algunhas andainas e cursos de iniciación á escalada”. Como contactar coa asociación ou ter máis información? J.A: “A través da nosa páxina web: www.via18. com e co noso correo electrónico: info@via18.com”. Quere deixar unha mensaxe aos nosos lectores? J.A: “Si, que se animen a practicar deporte, existen moitos e seguro que atoparán algún que lles guste, pouco a pouco co paso do tempo e coa súa práctica regular, o deporte formará parte da súa filosofía da vida”.

“Para este vindeiro ano 2012 temos fixado un reto no que estarán implicados todos os socios que compoñen na actualidade o club Vía XIII Maceda, reto que presentaremos en público no mes de xaneiro”

Foto de familia da Asociación Deportiva Vía XVIII. Quen é? José Antonio Carballo Pose é un apaixoado dos “trails” ou carreiras de montaña. O seu equipo favorito é o Deportivo da Coruña e o seu deportista favorito, Kilian Jornet. Gusta do entrecot á pementa e soe escoitar a Chuck Berry, Pink Floyd ou ACDC. A “Vía XVIII” A Vía XVIII ou Vía Nova foi construída para mellorar as comunicacións xa existentes entre as dúas capitais romanas (a actual Braga en Portugal e Astorga en León), tanto foi así que unha vez terminada converteuse na arteria principal para o transporte de mercadorías entre Brácara e Astúrica durante o imperio romano, por ser o camiño máis curto e cunha pendente media que non superaba o 6% ao longo de todo o seu percorrido. Dado que a Vía XVIII pasa por algúns dos núcleos do Concello de Maceda (Tioira, Cima de Vila, A Costa) decidimos finalmente que o nome da Asociación que creásemos levaría o seu nome, así foi como xurdiu a principios do ano 2009 a Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII que pretende basicamente promover o deporte no ámbito do Concello de Maceda e arredores e, ao mesmo tempo, promover a recuperación desta importante antiga vía romana.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ATLETISMO

20 colexios participaron con máis de 25 atletas na San Martiño 4 Santa Teresa-Carmelitas e Padre FeijóoZorelle foron os primeiros na clasificación de primaria e secundaria e bacharelato respectivamente. R. Torres 20 colexios participaron con máis de 25 atletas na 35 carreira do San Martiño dando mostras da implicación dos centros de ensi-

nanza nesta proba. O Santa Teresa-Carmelitas con 157 puntos foi o primeiro clasificado en primaria por diante do CEIP Mestre Vide (119 puntos) e María Auxiliadora-Salesia-

A proba escolar da San Martiño contou cunha grande participación. /M. REJO

nos (115 puntos). A clasificación de secundaria e bacharelato foi comandada polo Padre Feijóo-Zorelle con 139 puntos, tres máis (136) co IES As Lagoas e sete máis (132) co Divina Pastora-Carmelitas. O colexio que rematou na primeira posición lévase unha contía económica de 300 euros, 250 o segundo e 200 o terceiro; tamén hai premios para o cuarto, quinto e sexto que se embolsan 150, 120 e 100 euros respectivamente. Os centros educativos que conseguiron que máis de 25 alumnos chegasen a línea de meta, teñen un premio a participación de 120 euros, e foron Santa Teresa, María Auxiliadora, Padre Feijóo, Divina Pastora, As Lagoas, O Couto, Mestre Vide, Blanco Amor, Prácticas, Luis Vives, San José, Santo Angel, Maristas, Divino Maestro, Concepción Arenal, La Purísima, Guillelme Brown, Vistahermosa, Antonio Failde, A Ponte.

Os andaríns gozaron en Luintra dun día soleado. /O. DEL CAMPO

Os pasos da solidariedade 4 Nogueira de Ramuín celebrou a súa andaina solidaria “A senda da memoria”. Redacción Máis dun cento de andaríns déronse cita por unha boa causa o pasado domingo 26 de novembro en Nogueira de Ramuín. O obxectivo era recadar diñeiro para axudar a un dos colectivos máis desfavorecidos, os enfermos de alzhéimer, e esta iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Terras de Afiar en colaboración co propio concello da vila, logrouno. Con 10 ou 20 quilómetros de percorrido, a escoller en funcións das capacidades de cada participante, esta modélica andaina, e nada competitiva, celebrouse baixo a alegría de todos os andaríns que durante esta xornada combinaron a súa práctica deportiva favorita coa solidariedade, xa que 4 dos 6 euros que lles custou a súa inscrición foi doado á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR).

Outras andainas Dende o concello de Nogueira de Ramuín aseguran que nos vindeiros meses acollerán outras andainas similares, todas elas destinadas a axudar aos colectivos máis desfavorecidos

ou con necesidades específicas, porque consideran que “cada paso que demos polos nosos camiños e corredoiras será un paso solidario que nos axude a ir avanzando dun xeito máis levadeiro polos sendeiros da vida”.

Dúas participantes da andaina solidaria. /O. DEL CAMPO


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ATLETISMO

O Cross do Guillelme Brown segue crecendo

Os benxamíns na liña de saída da súa proba no Cross do Guillelme Brown./RAMSÉS

4 Preto de 300 atletas de toda a provincia participaron nesta 16ª edición. R. Torres Preto de 300 atletas de toda a provincia e de fóra dela (chegaron dende a localidade lucense de Vivieiro) e de todas as idades participaron na décimo sexta edición do Cross Guillelme Brown, unha proba asentada no calendario provincial que conta, cada ano, con máis participación de escolares e con atletas na proba absoluta de gran calidade. A proba organizada por este centro educativo é dos pri-

meiros cross do calendario de atletismo. Vencedores En categoría masculina absoluta, Rubén Diz (Academia Postal) revalidou o título acadado o ano pasado e foi o primeiro en chegar á meta cun tempo de 12 minutos e 19 segundos. Aitana Leguiçano (Academia Postal) con 17.08, foi a máis rápida de todas as mulleres. Os case 300 participantes correspondían aos 24 clubes inscritos, sendo o ADAS O

Barco o gañador da proba absoluta masculina. Máis participación Cada ano esta carreira, que inicia os cross na provincia de Ourense, conta con máis adeptos, sendo unha das probas con máis afluencia de participantes, sobre todo nas categorías escolares que participan por equipos.

Rubén Diz e Aitana Leguiçano foros os campións absolutos O mestres e pais e nais de alumnos do centro teñen a súa carreira

Unha participante do Cross./RAMSÉS

Rubén Diz, campión da proba absoluta./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

BALONMÁN

Imparable o Balonmán Pabellón 4 Continúa invicto na Segunda Autonómica. R.T. O Balonmán Pabellón está imparable no inicio ligueiro e continúa invicto na Segunda Autonómica. A última vítima foi o Porriño que marcha terceiro na clasificación ao que venceu na súa propia cancha. O partido foi o máis disputado de todos cantos leva xogado o Pabellón esta tempada; a dureza da defensa local foi a nota dominante do encontro xunto cos numerosos erros de cara á porta dos ourensáns. Ao descanso marchaban os visitantes cunha renda de seis goles de diferenza (1117) que se viu reducida ata os catro goles coa variación no sistema defensivo do conxunto pontevedrés. Durante varios minutos tiveron que acomodarse a este novo plantexamento defensivo pero unha vez collido co-

mezaron a materializar en goles as ocasións, ainda así os locais non lle perderon a cara en ningún momento ao encontro e estiveron con posibilidades de darlle a volta ao marcador ata os últimos intres de encontro; ao final 23-27 para o Pabellón Balonmán e nova vitoria dos de Alejandro Arias “Zarra”, que se manteñen ao fronte da clasificación con oito vitorias noutros tantos partidos. Dobre cita Esta semana haberá dobre cita ligueira. Este sábado visitan a cancha do Balonmán Cañiza e o martes, 6 de decembro, a partir das 12 horas na central dos Remedios reciben ao Balonmán Chapela. Indomogal Pabellón O Indomogal Pabellón sufriu unha nova derrota a

pesar de dar unha mellor imaxe. A xornada pasada recibían ao Narón no anexo dos Remedios. Na primeira volta as ourensás perderan por 13 goles de diferenza, pero nesta ocasión os cousas foron distintas. O Indomogal chegou a ter réditos de seis goles de diferenza pero a inexperiencia das locais fixo que caeran novamente derrotadas (1718). A melloría demostrada polas xogadoras ourensás fai ser optimistas de cara á segunda fase onde terán que enfrontarse a equipos da “súa liga”. Derrota “in extremis” O xuvenil masculino do Pabellón Balonmán cae derrotado “in extremis” contra o Ártabro de Coruña contra todo prognóstico. Un mal partido dos locais fixo que a vitoria fora a terras coruñesas. Durante todo o en-

contro foron por detrás no marcador e con amplas diferenzas ata que un arreón final fixo soñar coa vitoria que finalmente non chegaría. Con esta derrota, os de Richi quedan momentaneamente fóra dos postos de promoción.

O equipo masculino da Segunda Autonómica marcha líder con oito vitorias en outros tantos encontros O martes 6 de decembro recibe nos Remedios ao Balonmán Chapela a partir das 12.00 horas

Un xogador do Pabellón Balonmán tirando a portería contraria./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

BALONCESTO

Dinámicas opostas na LF2 4 O Codigalco Carmelitas segue a subir na clasificación, mentres o Pabellón Ourense baixa. Redacción O Arxil pontevedrés foi o último conxunto que comprobou de preto as melloras que experimentou o Codigalco nesta nova tempada; pola contra, o Tenerife foi o verdugo que sentenciou á súa cuarta derrota ao Pabellón. Como se pode ver, seis xornadas foron suficientes para que as nosas representantes na Liga Feminina 2 de baloncesto pasasen de camiñar ao unísono a tomar direccións opostas, os postos do play off as colexialas e os de play out as pavillonistas. E para mostra sérvenos de botón o último encontro dos dous equipos. Pola súa banda, as de Juan Rodríguez fixeron fronte no Vedruna a un Arxil pontevedrés, rival co que se viron as caras na pretempada e púxolle as cousas nada sinxelas. Nesta ocasión seguiría a tónica

do partido de preparación e comezou gañando durante toda a primeira metade o Arxil. 14-16 vencían as da cidade do Lérez ao remate do primeiro cuarto e por un axustado 27-28 ao final do segundo. Chegaron así os dez minutos de descanso que lle permitiron ás ourensás reflexionar sobre o nada sinxelo rival que tiñan enfronte e buscar o seu talón de Aquiles, e así foi. O Carmelitas voltou á cancha no terceiro período apretando os dentes e logrando dous parciais moi igualados, pero inclinados cara o lado colexial (17-11 lograron no terceiro período e 18-17, no derradeiro). Así, por fin, o Carmelitas situouse por diante no casilleiro e xa non deixo escapar a vitoria (62-56), de novo, debida ao triángulo máxico que a día de hoxe garante o éxito das colexialas. Simmons, Oliva e a inesgotable Atíes (a máxima anotado-

ra do partido) deron o seu particular concerto a ritmo de balón que situou ao seu equipo no quinto posto da xeral, igualado a puntos, nada menos que, coas terceiras. Derrota do Pabellón Simultaneamente, o Pabellón víase as caras nas idílicas Illas Canarias co Tenerife, pero o paradisíaco emprazamento non axudou ás de Lisardo Rodríguez, que logo dun choque igualado o punto da vitoria escapóuselles no último cuarto. As ourensás saíron ao parqué con enerxía e marcando o ritmo, facéndose cun primeiro parcial de 1417, pero pronto as tinerfeñas comezaron a pisarlles os talóns e ao descanso eran as que timidamente dominaban (37-36). Unha igualdade que continuou durante o terceiro cuarto, que rematou cun emocionantísimo empate a 51 que facía pre-

Zuleira Atíes pensa na xogada diante dunha xogadora do Arxil. /RAMSÉS.

ver un remate de encontro de infarto. Pero xusto nese intre, cando se decidía todo, a presión fixo acto de presencia e as ourensás fóronse desinflando como demostran os só 9 puntos anotados nos 10 último minutos, fronte aos 16 das canarias. O 67-60 final condenaba ás ourensás á décima praza da clasificación e á súa cuarta derrota. Próxima cita Unha nova fin de semana significa para Carmelitas e Pabellón unha nova oportunidade para continuar o bo ritmo, as primeiras, e mudar o malo, as segundas. Así, este sábado 3 de decembro, o Codigalco visita ao Aguere (oitavo clasificado) e o Pabellón recibe ao Guadalajara (o pechacancelas, que non coñece aínda o sabor da vitoria) ás oito da tarde no pavillón dos Remedios, polo que esta sétima xornada é unha boa ocasión para sumar vitorias os dous conxuntos ourensán de Liga Feminina 2. Liga Feminina 2 6ª xornada Posto Equipo PG - PP 1º Cáceres 6-0 2º Ensino 5-1 3º Bembibre 4-2 4º ADBA 4-2 5º Carmelitas 4-2 6º Tenerife 4-2 7º Cortegada 4-2 8º Aguere 3-3 9º Arxil 2-4 10º Pabellón 2-4 11º Ferrol 2-4 12º León 1-5 13º Valladolid 1-5 14º Guadalajara 0-6

Bolonio entra a canastra ante a oposición da xogadora do Cortegada, Williams. /RAMSÉS.

Atíes, Simmons e Oliva no Carmelitas están marcando a diferenza neste arranque ligueiro

O Pabellón Ourense, sendo un equipo totalmente renovado, está a deixar boas sensacións

Lucía Méndez está mellorando partido a partido co Carmelitas. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

BALONCESTO

Oviedo para esquecerse de Andorra 4 O Club Ourense Baloncesto tentará esquecerse da humillación sufrida en Andorra vencendo ao penúltimo clasificado. R. Torres O Club Ourense Baloncesto recibe ao Oviedo para olvidarse do duro golpe levado a pasada xornada en terras pirenáicas.

Como ir á neve sen saber esquiar, así parece que chegou o COB a Andorra para enfrontarse ao que, a priori, é o seu máximo rival para o ascenso direto a LEB Ouro. Os andorráns,

despois de deixar con vida a Club Ourense Baloncesto na primeira metade de encontro (nove puntos de diferenza para os locais), entraron en cancha na segunda metade en tromba e

Jorge Fernández penetrando á canastra fronte ao Prat./RAMSÉS.

deixaron en ridículo ao seu rival en todas as quinielas para a primeira posición da liga. 91-53 foi o resultado final dun encontro que se lle fixo moi grande aos de Rubén Domínguez e que deixa en entredito se serán capaces de competir por esa ansiada primeira posición. Dous datos deste encontro destacan sobre os demais, amén dos 38 puntos de diferenza: o primeiro deles é o rebote, o Andorra collía 34 rebotes por 17 dos ourensáns (a metade), e en valoración, mentras os locais facián 123 de valoración, os 10 xogadores utilizados por Rubén Domínguez quedábanse entre todos eles nun pírrico 32, dous datos que deixan ás claras a diferenza que se viu na cancha do polideportivo andorrán.

Koffi lanzando ao aro rival./RAMSÉS. COB - Oviedo O Club Ourense Baloncesto recibe este domingo 4 de decembro, a partir das 19.00 horas ao Oviedo. O Oviedo é penúltimo na clasificación con dúas vitorias e cinco derrotas, polo que será unha boa ocasión para

que os de Domínguez poidan facer olvidar o descalabro contra Andorra.

O partido deste domingo 4, ás 19 horas no Paco Paz


10

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Plantilla dos xuvenís do Barrocás.

Partido do ABO contra o Narón./RAMSÉS.

Fafián deixa o Ourense Capital Termal 4 Ocupará o seu lugar como adestrador Chema Royo. Redacción Tralo mal comezo de tempada do Ourense Capital Termal no que tan só conqueriu unha vitoria de seis, o seu xa ex-técnico, Alberto Fafián, deixou de forma irrevocable o seu cargo. O club non pretendía desprenderse del a pesar do malos resultados obtidos. Despois de barallar varios nomes, o club decidiu contar cos servizos de Chema Royo, adestrados que xa dirixiu en anteriores etapas a máis da metade da actual plantilla do Ourense Capital Termal. O ex-preparador

físico de Club Ourense Baloncesto ten un calendario complicado, nos próximos catro partidos enfróntase ao Fidalgo Vecino de Zamora en casa, para rematar a primeira volta con tres difíciles desprazamentos: Ferrol, Chantada e Xuventude Cambados. Vindeira cita O Ourense Capital Termal recibe este domingo 4 de decembro, no pavillón dos Remedios, a partir das 12.00 horas ao Fidalgo Vecino. Os zamoráns son sétimos con dúas vitorias. Esta xornada está dedica-

da á presentación de todas as categorías do club para esta tempada 2011-2012. Presentaranse os equipos sénior de 2ª División masculina, equipo cadete de 2ª División, equipo infantil de 2ª División e o equipo alevín, ademais do equipo de liga EBA. A presentación dará comezo ás 10.45 horas.

O ABO enfróntase o domingo 5 nos Remedios ao Fidalgo Vecino, ás 12 horas

Os xuvenís do Barrocás, campións galegos de hoquei herba 4 Clasifícanse para a final da Copa de España de Clubes. Redacción O conxunto xuvenil masculino do Club Hoquei Barrocás procla-

Iván Conde vence na Taça de Portugal

Avalados polo gran comezo de tempada dos cliclistas de Academia Postal - Actyon - Mérida chegaban a localidade de Sobrado, preto de Porto, para participar na Taça de Portugal de Ciclocross. Nunha xornada soleada, e nun circuito situado en pleno centro da vila, que constaba de moitos tramos a pé, os ourensáns destacaron nas categorias inferiores, co-

gran final da competición que se xogará do 3 ao 6 de decembro nas instalacións de “La Albericia” de Santander, a onde se desprazarán tan só os oito mellores equipos de España.

mouse o pasado 18 de novembro campión provincial e galego da Copa de España de Clubes, clasificándose deste xeito para desputar a

Os ourensáns compartirán grupo nesta cita co R.S. Tenis, o Complutense e o UD Taburiente; sendo dous deles os grandes favoritos, o Tenis por ser o anfitrión e o Complutense por tratarse do vixente campión.

lleitando a primeira victoria da tempada, por medio de Iván Conde, na categoria de Cadetes, situandose como lider da xeral. Tamén en cadetes, pero esta vez en féminas, chegaba o segundo podio con Xiana Conde rematando na segunda posición. De destacar foi a actuación de Raúl González, que sendo a primeira vez que participaba nunha proba cadete remataría en cuarta posición. En juniors, Marcos e David, con sendas carreiras, accidentadas, tiñan que conformarse co sexto e sétimo lugar.

Ciclista do Academia Postal-Actyon -Mérida.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

TENIS DE MESA / PÁDEL

11

O Galmédica Ourense B perde o liderato 4 Pola súa banda, o A non levanta cabeza. Redacción Afincado na primeira praza do Grupo Sur da Segunda división galega de tenis de mesa dende a súa chegada á categoría a pasada tempada, o Galmédica B perdeu o 20 de novembro o seu primeiro partido este ano que o fixo sacrificar a súa posición de líder. O potente Mercantil vigués foi o verdugo que sentenciou, cun tanteo de 5 a 2, ao gran favorito do grupo á segunda praza da taboa. Xa a fin de semana seguinte, os ourensáns recuperaron a confianza e fixeron voltar o temor a todos os seus contrincantes cando regresaron á senda da vitoria vencendo por 5 a 2 ao Charol Complementos de Cambados no Paco Paz.

O seguinte rival en comprobar a calidade dun segundo que merece ser primeiro será o Sisán de Ribadumia a próxima xornada. O Galmédica A suma derrotas Pola súa banda, o Galmédica A correu a mesma sorte ante os representantes do Mercantil de Vigo que militan na Segunda división nacional de tenis de mesa, que fai tamén dúas xornadas os visiteron para levarse a vitoria baixo o brazo de volta á cidade olívica. 2 a 4 foi o resultado final favorable aos vigueses. Aí mesmo, no último encontro desputado ata o momento, os ourensáns tampouco puideron saborear a mel da vitoria ao caer por 4 a 2 en Vilagarcía ante o Li-

Antonio López, xogador do Galmédica Ourense “B”.

ceo Casino. Unha derrota que lles pasou fatura na clasificación, obringándoos a descender varios postos e situalos contra a parte baixa da táboa. A seguinte oportunidade de pór fin a esta mala racha téñena a vindeira fin de semana, na que reciben ao Grupo Barros de Cambados nun encontro que se aveciña moi igualado.

O Galmédica A recibe esta xornada ao Grupo Barros de Cambados e o equipo B xoga co Sisán de Ribadumia

Instalacións do club de pádel P21.

Este venres inaugúrase P21 Pádel club no Vinteún 4 Contará con catro pistas de pádel, unha delas individual. P.L. Este venres 2 de decembro, a partir das 20 horas, inaugúranse na cidade unhas novas instalacións para a práctica do deprte do pádel. Trátase do P21 Pádel club, un complexo deportivo situado no polígono dos Coiñás, no Vinteún. As instalacións están formadas por catro pistas de pádel de cristal. Tres delas son dobres e unha individual (1x1), sendo desta maneira o único complexo da provincia que conta cunha pista deste tipo. O centro dispón así mesmo de vestiarios femininos e masculinos climatizados, tenda de material e roupa deportiva con produtos de alta calidade para a práctica do pádel, zona infantil, zona de cafetaría

con acceso wifi e sala multiusos para a organización de actividades complementarias. Pola súa ubicación é facilmente accesible desde calquera punto da cidade e sen problemas de aparcadoiro. Máis que clases Entre os servizos que oferta este novo club deportivo da cidade están clases individuais e colectivas de todos os niveis impartidas por monitores titulados, unha escola de pádel para nenos con aula de estudo, aluguer e venda de material deportivo, reserva de partidos en liña, preparación física exclusiva para pádel nos niveis iniciación-medio e avanzado, e a organización de torneos. Periodicamente serán impartidas clases maxistrais para aqueles xogadores avanzados, levadas a cabo

por xogadores profesionais de pádel. Completa web Na súa páxina web http:// www.p21padelclub.com/ web/ pódese realizar unha visita virtual ás instalacións, podendo observalas en tempo real, ou realizar reserva de pista con aviso vía mail ou sms. Tamén permite a organización de partidos, retos a outros xogadores, rankings, estatísticas e evolución personalizada, con gráficas e puntuacións, e a inscrición en torneos ou clases; e dispón dun chat do club, así como dunha aplicación para Android e Iphone.

Na web do club pódese reservar pista, inscribirse en torneos ou clases


12

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

RUGBI

mozas do Campus, demostrando en todo momento que serán un equipo a ter en conta moi pronto. A próxima cita O Campus Ourens feminino, que adicou este primeiro partido á súa compañeira Belén Rico, enfróntase a próxima fin de semana a un complicado compromiso en terras coruñesas fronte a CRAT, vixente subcampión de España. Para esta cita o Ourense recuperará presumiblemente a Ebora e a Andrea Cid, aínda que parte coa dúbida de Rebeca Otero (que resultou levemente lesionada neste recente partido).

O Campus Ourense feminino volta despois dun lustro

Os representantes masculinos, derrotados en Pontevedra Tampouco tivo moita sorte a representación ourensán masculina de rugbi na pa-

sada xornada. Tal vez fora polo xélido ambiente ou pola baixa moral dos ourensáns debido á acumulación de resultados negativos que levan acadado nos últimos partidos, pero de novo o Campus Ourense viuse superado polo seu rival, desta vez o Mareantes RC. O resultado final de 31 (b) - 16 reflicte a superioridade dos pontevedreses, que comezaron fríos e pouco a pouco foron a máis, cunha melé mais forte ca dos debilitados ourensáns, que a pesar do bo inicio no que lograron un 0-6 ao seu favor no casilleiro, non foron quen de manter a intensidade de xogo. Por iso, chegou a quenda da remontada do Mareantes, que logrou adiantarse aos visitantes con 7-6. A branda defensa ourensá, composta por xente non habitual, non soubo facerlle

fronte á dura melé pontevedresa que dominou, a partir de entón, o encontro, acadando así outro ensaio máis na primeira parte (14-6). Na segunda metade máis do mesmo, xogo de dianteira dos pontevedreses moi incisivo, por poucas posesións do ourensáns que pronto foron anuladas polos locais, o que deixou un resultado final de 31(b) - 16 para os pontevedreses, que se distancian na táboa de clasificación.

O segundo partido oficial das xogadoras do Campus Ourense Rugbi será contra as coruñesas do CRAT

4 As féminas do rugbi ourensá estreáronse cunha derrota, pero cargadas de ilusión. Redacción O Campus Ourense feminino de rugbi afrontaba o seu debut na competición con gran ilusión, tras cinco anos de ausencia voltou cun equipo renovado con ata 16 debutantes nas súas filas. Baixo a dirección de Adrián Gutiérrez, saltaron ao campo Deborah, Olalla, Ana Vidal, María, Alba, Neii, Diana, Lucía, Rebeca,

Fanny I, Laura, Yaiza, Lily, Bea, Fanny II, Marta e Gabriela. Nos primeiros compases as ourensás pararon os envites da experimentada dianteira do Lalin, e malia desenvolver unha defensa impecable, unha internada da dianteira do Deza puxo o 0-5 co que se chegou ao descanso. O Campus Ourense seguiu impecable na segunda parte, domi-

nando a touch de maneira esmagadora, pero nunha contra o Lalín conseguiu o seu segundo ensaio nunha boa combinación das súas backs. Logo deste tropezón, o tramo final do partido rematou con dous ensaios que non corresponden coa diferenza real que houbo ao longo de todo o encontro. Pero, sen dúbida, á marxe do resultado, destacou a forza coa que xogaron as

Momento do xogo entre o Campus Ourense feminino e o Lalín./R. TORRES


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Competición solidaria en Eiroás

4 Campionato de España de Aire Comprimido

4 O recadado destinarase á Asociación 1º de Mayo. Paula Lodeiro O club prepara para o 10 de decembro unha tirada solidaria en beneficio da Asociación 1º de Mayo. A competición disputarase nas modalidades de pistola e carabina de aire comprimido, en todas as categorías. A actividade dará comezo ás 10 da mañá, coa primeira tanda. A segunda tanda iniciarase ás 12 horas e a terceira e última ás 16 horas. No mesmo acto entrega-

ranse os trofeos da Copa Ourense (a partir das 18:15 horas) e se inaugurará a ampliación da galería de aire, que está adaptada para deportistas con discapacidade física. Aínda que os novos postos de tiro xa foron estreados en competición, para esta data tense invitado a Ourense á Selección Nacional de Tiro de Discapacitados Fisicos. O recadado polas inscricións, a 10 euros cada unha (agás categorías inferiores, para os que será gratuíta),

Arrancou a liga de fútbol sala da Casa da Xuventude 4 Os partidos disputaranse todos os sábados pola tarde ata abril. Redacción O pasado 19 de novembro deu comezo a tempada de fútbol sala 2011-2012 do Espazo Xove-Casa da Xuventude, na que participarán un total de nove equipos compostos por sete xogadores cada un. Esta competición dispu-

tarase todos os sábados pola tarde (excepto en períodos vacacionais) ata a finalización da liga, que está prevista para o vindeiro mes de abril. Cada sábado terán lugar catro encontros, o primeiro ao redor das 16 horas e a continuación os tres restantes.

Curso de xestores deportivos Redacción O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle esta fin de semana o segundo ciclo do III Curso para xestores deportivos de pequenos municipios. Ao curso asisten 50 técnicos de toda a provincia e do resto da comunidade autonóma. Este segundo ciclo do curso permitiralle aos alumnos coñecer de primeira man aspectos moi importantes relacionados co desempeño do seu traballo como “A prevención da se-

guridade nas instalacións e actividades deportivas”, “Os programa deportivos orientados a maiores”, “A organización e desenvolvemento de andainas nos ambientes rurais”, e “A consultoría na xestión deportiva municipal”. Tamén se deselvoverá un monográfico con obradoiros prácticos sobre “Os cadros de mando integral e por procesos”, cuxas presentacións serán realizadas por especialistas e expertos nas súas materias de toda España.

13

Novos postos de tiro da galería de aire comprimido, adaptados a deportistas con discapacidade física./ARQUIVO. irá destinado á Asociación 1º de Mayo, que preside o doutor Garrido. Tamén se creou un “dorsal 0” no número de conta 0081 5290 72 0001332844 para os que, aínda non competindo, queiran colaborar con esta iniciativa benéfica.

Con máis dunha década de vida, a oenegué ourensá 1º de Mayo, traballa principalmente en Bolivia, en concreto na Villa 1º de Mayo, un dos barrios máis pobres e marxinais da cidade de Santa Cruz de la Sierra. O seu eido de actuación

é principalmente o sanitario: prestan asistencia médica sen ánimo de lucro, contribuén ao sostemento do Hospital 1º de Mayo, realizan intervencións en nenos e familias carentes de recursos, e forman o persoal sanitario.

Antes desta tirada, varios representantes ourensáns teñen unha cita no Campionato de España de Aire Comprimido, que se celebra entre o 3 e o 6 de decembro en Logroño, e no que hai 455 deportistas inscritos. Por parte do club Eiroás acudirán Jorge Encinas, en carabina (que competirá ademais formando parte do equipo da Federación Galega), e Ginés Trenza, Nuria Mera e Enrique Do Río, en pistola.

A competición benéfica é o 10 de decembro


14

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

MOTOR

O ACSM Rallye Team vencedor na Serra da Groba

Ourense Motor Sport, campioa de Galicia de ralis en terra

4 Na Copa Top-Ten de devandito rali.

4 Ademais do de mellor escudería de terra.

Redacción

R.T.

O ACSM Rallye Team tiña o obxectivo claro de acadar o triunfo na copa Top-Ten Pirello de Galicia dentro da primeira edición do rali da Serra da Groba, a penúltima cita do campionato de Galicia de ralis de asfalto 2011, e os prognósticos cumpríronse ao lograr un magnífico terceiro posto na xeral e a primeira posición na cop Top Ten, obxectivo primordial dos irmáns Pais, Álex e Santi. E iso que as cousas non comezaron ben para os intereses do

equipo, xa que uns pequenos problemas de potencia no Mitsubishi Lancer Evo X facían penalizar o rendemento nalgún dos tramos que tiñan como novidade a dobre pasada por eles. Na xornada do sábado o equipo remataba en quinta posición da xeral e na segunda da copa Top-Ten. Así, na mañá do domingo, decidiron atacar pero sen correr riscos para rematar ocupando postos de podio, e así foi; a final da proba acadaron a terceira posición da xeral e a primeira da citada Copa. Ao finalizar o rali, os ir-

máns mostrábanse contentos polo resultado conquerido. Pensando no título A falta dunha proba (a do Botafumeiro) para que remate o campionato galego, os irmáns Pais o teñen claro, “temos a tiro de pedra o título da copa Top-Ten Pirelli de Galicia e ser campións do Grupo N, ademais de ser subcampións da xeral, polo que imos traballar duro para logralo”, comentaba Álex Pais ao remate do rali da Serra da Groba.

O Mitsubishi Lancer Evo X dos irmáns Pais no rali da Serra da Groba.

Excelente tempada a realizada polos pilotos de Ourense Motor Sport no automobilismo galego, xa que dous títulos absolutos viñeron a parar ao club ourensán máis frutífero automobilisticamente falando. O primeiro o de campión de Galicia de Ralis en Terra, para o piloto de Ourense Motor Sport Juan Pablo Castro cun Subaru Impreza, e o segundo o de campión de Galicia de Clubes e Escuderías na mesma modalidade para o club que dirixe Lito Saá, tendo ademais un protagonismo moi especial o novo piloto David Figueiredo que se alzou co título de Grupo X no Campionato de Galicia de Montaña, e o subcampionato da agrupación I dos Ralis en Terra galegos e da agrupación B de novo nas Subidas de Montaña. Ademais do apartado deportivo e os brillantes éxitos dos seus pilotos, Ourense Motor Sport está considerado o club máis frutífero do automobilismo galego tamén pola organización de probas como o Rali Ourense - Baixa Limia ou o Rali en Terra de A Gudiña, cita que se recuperou 16 anos despois,

Lito Saá, presidente de Ourense Motor Sport./ARQUIVO. ademais de ser o club que creou probas como a Suba a Xunqueira de Ambía, o Slalom de Luintra ou o Rali Milenium de clásicos de regularidade. Ademais diso os plans de futuro do club automobilístico ourensán pasan por ampliar a súa actividade a próxima tempada 2012, de novo cunha proba de terra no sur da provincia como será o Rali en Terra de Conso Fritises, o xa coñecido Rali Ourense - Baixa Limia e posiblemente a recuperación doutras probas, algo

que converterá a Ourense Motor Sport en protagonista na próxima Gala de entrega de Premios da Federación Galega de Automobilismo que se celebrará a principios de 2012 no Auditorio.

O Ourense Motor Sport será protagonista na Gala de entrega de Premios da Federación Galega de Automobilismo


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

FÚTBOL

4 Festa dos afeccionados

Malia todo, o Ourense vai segundo 4 Con todo o que está caendo no Couto o certo é que os de Salinas están nunha posición inmellorable. R. Torres A pesar de todo o acontecido desde a pretempada no Couto, o certo é que o equipo dirixido por Patxi Salinas marcha segundo na clasificación e a dous puntos do primeiro posto. Aínda que levan días cun pacto de non agresión por parte do presidente da entidade, Manuel Seoane, e o director xeral, Aníbal Pereira, unha nova polémica xurdiu nestes días; trala rescisión de contrato do maño Lucho, tanto o corpo técnico como a dirección deportivo queren contratar a un defensa central de xeito inminente, acto ao que se nega en rotundo o presidente ata que se chegue a asamblea do 12 de decembro, xustificándoo pola precaria situación económica pola que atravesa o club. Máis tarde ou máis cedo chega-

rá ese reforzo polo que xa están varios nomes sobre a mesa e mentres tanto un dos catro defensas cos que conta Salinas perderase o encontro contra Rácing de Ferrol deste domingo 4 de decembro. A xornada pasada trouxo unha nova vitoria, a quinta, de CD Ourense lonxe do Couto, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición cos 35 puntos que leva nestas 16 xornadas. Fai unhas datas o técnico ‘rojillo’ salientaba a importancia de rematar a primeira volta con 38 puntos e xa andan a tres de conseguilo cando faltan tres xornadas para o remate da primeira volta. Contra o Estradense, un gol de Alex sentenciou aos locais a menos de 10 minutos para o remate do partido logo de desfacerse de dous rivais e perforar a meta rival por toda a escadra. Sen

un xogo brillante durante os 90 minutos, os de Salinas controlaron o partido en todo momento (con algunha ocasión en ambas as dúas porterías de por medio), e lograron un valioso triunfo que os manteña na parte alta da clasificación. Agarda o Rácing de Ferrol Para este domingo 4 de decembro, os afeccionados de CD Ourense gozarán do que se pode dicir será o partido da xornada. O Ourense recibe ao Rácing de Ferrol nun encontro moi importante para as dúas escadras. Os ferroláns marchan peor do agardado na clasificación a estas alturas de competición, ocupando a oitava posición con 24 puntos, a 11 do Ourense e a oito de entrar na promoción de ascenso. Unha vitoria local daría unha marxe case que insal-

Domingo 4 de decembro, ás 16.30 horas, CD Ourense - R. de Ferrol

vable para o Rácing, pola contra a vitoria visitante faríalles dar un paso máis cara os postos de arriba e non afastar de todo a un rival direto pola loita polo primeiro posto.

Con motivo do vindeiro encontro contra o Ferrol o CDO conmemora a Festa da Afección, unha pioneira iniciativa coa que busca aumentar a masa social do club, implicar no seu proxecto aos máis novos e prestar axuda ás persoas que teñen menos recursos. Para iso a celebración do próximo domingo comezará coa presentación do equipos das categorías base do Ourense; a continuación, durante o descanso, haberá un concurso para tentar meter un gol dende o centro do campo - que ten como premio unha camiseta firmada por todos os xogadores e un abono de socio para

o que resta de tempada-; e ao remate do encontro celebrarase unha merenda na praza da Chave, na que as peñas tamén recibirán obsequios. Así mesmo, co fin de implicar a todos os ourensáns nesta festa, o club deseñou diversas formas de participación. Por unha banda, os menores de 18 anos que doen un kilo de comida á asociación Amencer terán entrada de balde, o socios pagarán un euro por acudir a este partido e os parados, dous. En canto ao resto de público, poderán presenciar o encontro por entre 5 e 10 euros, dependendo da grada na que desexen sentarse.

Ao remate do partido contra o Ferrol haberá unha merenda para todos na praza da Chave

4 Formación de porteiros Seguindo o seu obxectivo de apostar pola súa canteira, o Ourense organizará os vindeiros 7 e 8 de decembro no colexio Salesianos o primeiro clínic para porteiros de fútbol de base, que estará dirixido por Manu Sotelo - adestrador de porteiros de fútbol de base do R.C.Celta- e coordinado por Roberto González -adestrador de porteiros do primeiro equipo ‘rojillo’-. Trátase dunha iniciativa que se está a desenvolver de xeito similar noutros puntos da provincia e que vai dirixida a rapaces con idades comprendidas entre a categoría benxamín e a xuvenil.

Diego Sarabia e Aníbal Pereira presentando o clinic para porteiros. /R. TORRES


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

PREMIOS

17

Convocados os premios do deporte galego 2010-2011

4 O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 8 de decembro. Redacción A Secretaría Xeral para o Deporte vén de facer pública a convocatoria dunha nova edición dos premios do deporte galego, no que se recoñecen ás persoas máis detacadas a nivel autonómico de diversos ámbitos deportivos nesta última tempada. Un total de dezaseis premios, xunto con diversas mencións especiais son os galardóns para os que está aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o próximo 8 de decembro. As categorías Todas as asociacións deportivas, concellos, organismos ou persoas vincu-

ladas a esta ámbito que o desexen poderán presentar un candidato por categoría, a escoller entre: mellor deportista -feminina e masculino-, mellor deportista discapacitado -feminina e masculino-, mellor equipo -feminino, masculino e de deportistas discapacitados, mellor entidade e mellor centro educativo na promoción da actividade física, mellor adestrador/a, mellor árbitro/a, mellor labor informativo, mellor evento deportivo, mellor patrocinio deportivo, revelación e concello co mellor labor na promoción do deporte. A documentación que acredite os méritos do candidato debe dirixirse á Secretaría Xeral para o De-

porte. O xurado O xurado cualificador estará presidido polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e serán vogais o titular da Subdirección Xeral de Deporte, o presidente da Ufedega, os xefes de servizo provinciais de Deportes, o xefe de deportes da CRTVG e outros tres vogais designados polo presidente do xurado entre o persoal ao servizo da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Fundación Deporte Galego. Actuará como secretario un funcionario designado polo secretario xeral para o Deporte de entre os que se atopan ao servizo desta secretaría xeral, e que terá

entre outras funcións a de recibir, clasificar e ordenar a documentación que deba someterse á consideración do xurado. O secretario do xurado terá voz pero non voto nas reunións do mesmo. O acordo do xurado en que se outorguen os diferentes premios será publicado na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Un total de 16 premios, xunto con diversas mencións especiais son os galardóns dos premios do deporte galego

O verinés José M. Ferreiro pode ser o candidato polo Concello de Verín na categoría de mellor deportista.


18

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

FÚTBOL SALA

Descanso para a reflexión

4 O Cidade As Burgas chega na súa peor racha ao parón polo compromiso internacional da Selección española. R. Torres En bo momento chega este parón, polo compromiso internacional da selección, para o Cidade As Burgas. Seis derrotas nas últimas seis xornadas demostran o mal momento polo que atravesan as xogadoras ourensás. A última derrota foi contra o Burela no derbi galego da xornada. As de Manolo Codeso vironse sorprendidas cun gol de Claudia aos dous minutos de encontro; antes do descanso Ana tivo que recoller das mallas dous balóns máis que suporían o dous e tres a cero para as lucenses antes de marchar-

se aos vestiarios. Na segunda metade, o Cidade iría a polo partido sen fortuna, e Haydée faría o cuarto tanto tras unha xogada trenzada polas cinco xogadores que Pardeiro tiña nese momento en cancha. O quinto gol sería obra de Lucía Nespereira de xogada persoal. O cidade disporía de dous dobres penaltis para recortar distancias pero a porteira brasileira Jozi impediría que se movera o marcador das visitantes. Endeblez mental está demostrando o Cidade As Burgas nunhas semanas convulsas para o club, nas que problemas extradeportivos coparon a maioría das

novas do club. Man negra Desde o club empezan a pensar que hai unha man negra que pretende frear ao Cidade. Dita elucubración chega despois de que Sonia Pacios tivera que cumprir un partido de sanción contra o Ponte por unha tarxeta vermella directa ao darlle ca mán ao balón en media cancha; pola contra, Lidia, xogadora do Burela poido xogar contra o Cidade despois de que no partido anterior vira a cartulina vermella ao darlle ao balón ca man na área, a sanción chegaría despois de disputar o encontro contra o Cidade. Sexa o que o fora, ás de Codeso tócalles reflexionar neste parón e revertir, con máis psicoloxía que adestramentos, a situación que as está afondando na clasificación. Actualmente ocupan a decimoterceira posición (última da salvación con oito puntos) a un punto dos postos de descenso. Desde a xornada catro, fai case dous meses, non teñen un resultado positivo; nesa xornada acadaron un punto no seu enfrontamento contra Rubí.

As de Codeso están a un só punto da zona de descenso

Iria regatea a Danny do Córdoba. /RAMSÉS

Cidade As Burgas perdeu os últimos 18 puntos disputados

Carmen tenta controlar o balón diante de tres xogadoras do Deportivo Córdoba. /RAMSÉS Primeira División FSF 7ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Córdoba - 25 2º Gironella - 25 3º Móstoles - 24 4º At. Madrid - 24 5º U. de Alacante -28 6º Ponte Ourense - 17 7º Femesala Elche - 17 8º Orvina - 13 9º Burela - 13 10º Soto del Real -13 11º Rubí - 13 12º Logroño -9 13º Cidade As Burgas - 8 14º Valladolid -7 15º Majadahonda -6 16º Zaragoza -1

4 Xornada 11 - 17 de decembro U. de Alacante - Móstoles Rubi - Soto del Real Valladolid - Ponte Ourense Diamante Logroño- Deportivo Córdoba Lacturale Orvina - Burela Cidade As Burgas - Zaragoza Futsi Navalcarnero -Gironella Majadahonda - Femesala Elche

4 Xornada 12 - 7 de xaneiro Móstoles - Majadahonda Soto del Real - U. de Alacante Ponte Ourense - Rubi Deportivo Córdoba- Valladolid Burela - Diamante Logroño Zaragoza - Lacturale Orvina Gironella - Cidade As Burgas Femesala Elche - Futsi Navalcarnero


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

FÚTBOL SALA

Triunfo apurado

4 Ponte Ourense regresa á senda das vitorias cun sufrido triunfo ante o Diamante. R. Torres Quinto triunfo da tempada dun Ponte Ourense ante un correoso Diamante Logroño. As de Óscar Vivián tiveron que sufrir máis da conta fronte un Diamante que chegaba a Ourense coas cousas claras. Aos tres minutos as visitantes xa dominaban o marcador cun gol de Isa tras ganarlle as costas a Sara e batir por baixo a Eva; isto foi un duro golpe para as pontinas que tiñan que remar contracorrente durante o resto do encontro. Co paso dos minutos as xogadoras locais facíanse coa posesión do balón pero sen moito perigo para a portería defendida por Lala, grazas en boa medida á dobre defensa en 12 metros do Diamante. A pesar de ter ocasións as locais, o electrónico non se

movería máis nos primeiros 20 minutos. Na reanudación, o Ponte continuaba co seu xogo rápido e eléctrico ante un

Logroño que tan só se adicaba a defender a renda dun gol. O empate chegaba aos oito minutos da segunda metade, obra de Souza que

batía a Lala a media altura. Todo poñíase de cara para as actuais campioas de liga un minuto máis tarde, cunha contra entre Anita e

Ampi disponse a disparar a porta ante a presenza de tres rivais. /RAMSÉS

Bea que remataba Vanessa. Unha vez cumprido o obxectivo de porse por diante no marcador, o Ponte contemporizou o tempo do partido, agardando que as visitantes adiantaran liñas. Sen moito perigo de non levarse os tres puntos, Ampi nos últimos segundos deu a puntilla a un Diamante que a piques estivo de dar un

19

susto as ourensás. Sextas na liga Con esta vitoria o Ponte Ourense sitúase en sexta posición con 17 puntos, oito menos que os líderes Córdoba e un incrible Gironella que mantén o tipo na primeira posición cando xa se levan gastadas 10 xornadas de competición. Móstoles e Atlético de Madrid son terceiros e cuartos respectivamente cun punto menos; en quinta posición está o Universidade de Alacante con 18 puntos. Agora tocan semanas sen fútbol sala na Primeira División feminina debido ao compromiso internacional da Selección española que disputa do 5 ao 10 de decembro o II Torneo Mundial de fútbol sala.

O Ponte marcha sexto con 17 puntos, oito menos cas líderes Córdoba e Gironella


20

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ARTES MARCIAIS

12 medaias para os taekwondistas ourensáns 4 Conseguíronas no Torneo Pescanova da Copa Xunta de Galicia. Redacción

O Trofeo Cidade de Ourense congregou aos catro mellores clubs de judo da liga regular./RAMSÉS

O Trofeo Cidade de Ourense de judo foi para Valladolid e A Coruña 4 O Lourdes Tuvasa proclamouse campión masculino e o Arteixo, feminino. Redacción

O pavillón municipal dos Remedios de Ourense foi o escenario dos play off finais da 9ª edición da Liga internacional de clubs - Trofeo de judo “Cidade de Ourense”, que se disputou o pasado 12 de novembro entre os catro mellores clubs da fase regular, tanto da categoría masculina como da feminina, que se cruzaron enfrontándose o primeiro clasificado contra o cuarto e o segundo contra o terceiro. Finalmente, entre os varóns, o Judo Club Arteixo da Coruña non puido revalidar o título conseguido o ano pasado, xa que o Club Lourdes Tuvasa de Valladolid impúxose na final por

O Centro Deportivo Couto fíxose cun total de 12 metais no Torneo Pescanova, da Copa Xunta de Galicia de taekwondo, que se disputou o pasado 19 de novembro no pavillón municipal de Boiro. Seis ouros, catro pratas e dous bronces foi o ba-

lance da brillante actuación dos deportistas ourensáns na cita autonómica, á que acudiron un total de 663 taekwondistas de toda Galicia, pertencentes ao tres primeiros conxuntos clasificados por categorías, que tiveron primeiro que pasar a fase provincial que se celebrou o 22 de outubro no Carballiño.

un axustado casilleiro de 2 a 2 e vitoria final por puntos. Pola súa banda, o Judo Club Coruña, logo de perder en semifinais co campión, tivo que conformarse co terceiro posto ao imporse ao Judo Club Avilés de Asturias, que ocupou a 4ª posición. Categoría feminina Na categoría feminina saltou a sorpresa cunha final inédita na que o Judo Club Arteixo da Coruña impúxose aos puntos, tras empatar nos combates, sobre o Club Asociación Deportiva Famu de Vigo. Así mesmo, a terceira praza obtívoa o Judo Club Lugo ao vencer ao Club Judo Coruña, que tivo que conformarse coa 4ª praza.

Dous judocas durante un tenso combate./RAMSÉS

Integrantes da expedición ourensá que participou no Torneo Pescanova da Copa Xunta de Galicia en Boiro.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ACTUALIDADE

21

A sorte non acompañou

Arranca as competicións do programa Xogade

Redacción

4 Comezaron xa o voleibol, baloncesto e campo a través.

4 Os ximnastas ourensáns non lograron os resultados previstos no campionato do mundo. Carlos Trigo Seguín, ximnasta do Club Ximnasia Pavillón, que formaba parte da selección española de ximnasia na modalidade de DMT, non se viu acompañado pola sorte no Campionato do mundo de Birmingham. Despois duns adestramentos de gran calidade que auguraban posibilidades para unha boa competición, así como dun excelente primero pase no que acadou un 33.600 (nota que podía metelo en finais), lamentablemente, fallou no segundo pase, acadando finalmente o vixésimo sétimo posto da clasificación. Resto do equipo Pola súa banda, os demáis compoñentes do equipo ofi-

Ruta cultural polo río Loña Redacción

As rutas culturais organizadas polo Servizo de Deportes do campus de Ourense achegaranse na vindeira cita ata o río Loña. A actividade está prevista para o sábado 10 de decembro,con saída desde o campus, e un percorrido que pasa por Os Viros, Cachamuíña, A Chaira, e Loñoá. A dificultade é media para un circuíto que suma 21 quilómetros. Ao remate da ruta celebrarase un magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos na área recreativa de Loñoá. Pedestre de Nadal Os que prefiran correr, teñen unha cita o día 18 no Concello de San Cibrao, coa súa X Carreira Pedestre do Nadal. Os corredores terán que cubrir un percorrido de 300 metros para os pitufos, 3.000 metros para categorías de alevín a xuvenil, e 8.500 metros para a categoría absoluta. [inscricións en Red.1 e championchipnorte.com]

Redacción

Carlos Trigo. /ARQUIVO cial júnior -Daniel Rovira e Guillermo Palomino de Albacete- correron a mesma sorte, ou incluso peor, porque remataron por detrás do ximnasta ourensán. De feito, tan só un español da expedición, Àlvaro Canales, se situou por diante

de Carlos, na 19ª posición. A dedicación e o esforzo de todo un ano de traballo que realizan estes ximnastas moitas veces non se ve recompensado neses segundos de competición, pero estes mozos e mozas son todo un exemplo a se-

guir, xa que nos sorprenden todos os días coa súa constancia e afán de superación. “Lonxe de rendirse, empregan a pedra coa que tropezan como escalón para subir”, destacan dende o Club Ximnasia Pavillón.

Comezaron na provincia de Ourense as competicións de voleibol, baloncesto e campo a través do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte. A finais de novembro iniciouse a competición de voleibol, cun incremento no número de equipos participantes que nesta tempada ascenden a 11 equipos na categoría benxamin, 11 equipos tamén na categoría alevín e 6 equipos na categoría infantil. A competición nesta modalidade deportiva realizarase ao longo do curso escolar baixo un formato de xogo por concentracións nas categorías benxamín mixto, alevín mixto e infantil feminino. O baloncesto tamén tivo o seu comezo nesta semana rexistrando un aumento na participación, acadando números non logrados ata agora. O baloncesto contará nesta provincia con 20 equipos na categoría benxamín mixto, 29 equipos na categoría alevín mixto e 19 equi-

pos en infantil masculino e feminino. Nas categorías con participantes de menor idade tense previsto xogar cun formato de liga. Unha das modalidades estrela neste programa é o campo a través, que comezou igualmente a súa actividade cunha primeira proba previa organizada pola Agrupación Deportiva Valdeorras no Barco na que participaron mais de 150 escolares e estaba previsto que se celebrase a primeira proba previa no Pozo do Lago en Maside coa colaboración da Agrupación Deportiva Arenteiro. Agárdase tamén o inicio das ligas de fútbol sala para estas datas, modalidade moi ben acollida entre os escolares galegos e que conta sempre cun gran número de participantes. Expoisicións As exposicións itinerantes de “Xogos Populares” atópanse nestas semanas na zona de Arenteiro e As Burgas mentres que “Educación, Deporte e Valores”, exhíbese en centros escolares da zona de Valdeorras e estarán durante a ponte da Constitución en Megaxove.

Presentación de XOGADE nunha edición anterior./ARQUIVO.


22

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores 4O vasco Eder Díez, un dos dianteiros do Club Deportivo Ourense, é o noso seguinte mundourensán. Unha xove promesa do fútbol que soña con vestir algún día as cores do seu querido Atlétic de Bilbao en Primeira División. Mentras chega ese momento, esta tempada, defendendo as do Ourense, loitará polo ascenso do equipo a Segunda B. Redacción Co seu 1,87 m de altura e o seu arte co balón é inevitable acudir actualmente ao estadio do Couto e non reparar nun dos dianteiros do Club Deportivo Ourense, Eder Díez. Este vasco de 24 anos, fiel ao número 9, confesa ver a súa estancia no equipo ‘rojillo’ como todo un reto, que ten como meta o ascenso, e terse quedado prendado dun dos tres grandes atractivos da nosa cidade: as termas. Que te motivou a aceptar a oferta do Club Deportivo Ourense?

Eder Díez.

Eder Díez: “Sen dúbida, a traxectoria do equipo nestes últimos anos. Parecíame un reto colaborar con el para lograr o seu ascenso. Ademais, Patxi Salinas animoume moito a participar no seu proxecto cando me chamou”. Coñecías con anterioridade moito sobre o club ou o seu adestrador? E.D.: “A Patxi non o coñecía persoalmente, si que o vín varias veces por Bilbao pero nunca traballara con el ata o momento. En canto ao propio equipo, como o ano pasado xoguei no Celta B, estiven moi enterado dos

resultados que acadaron e de que estiveron en varias ocasións a piques de lograr subir de categoría”. Como se plantexa o equipo esta nova tempada? Cal é o seu obxectivo? E.D.: “Todo o equipo e o propio Patxi Salinas buscamos o ascenso do Ourense, e estamos adestrando para logralo ao final de curso”. E o teu dentro deste novo conxunto? E.D.: “Desexo rematar de asentarme canto antes e achegarlle ao equipo moitos goles que lle otorguen vitorias, poñendo así o meu gran de area para lograr ese fin común: o ascenso de categoría.” Cal é o soño profesional de Eder Díez? E.D.: “O meu desexo é, sen lugar a dúbidas, debutar en primeira división vestindo as cores do Atletic de Bilbao”. Como ves o fútbol en Galicia? E.D.: “Este ano está sendo duro. A categoría do Ourense ten un nivel moi competitivo cun fútbol moi forte, pero semellante ao do País Vasco”. Que opinión che merecen os seareiros “rojillos”? E.D.: “A afición en Ourense está moi comprometida e veñen a animarnos moito. Pero sempre desexamos que veñan algúns máis. Sabemos que se logramos colarnos no play off de ascenso a xente virá darnos

É típico ver a Eder festexar os seus goles cunha volta no aire. /RAMSÉS folgos neses partidos, pero nós tamén precisamos a súa enerxía agora, que é a parte máis dura da tempada. De todos modos, só podo dicir que os seareiros do Ourense son excepcionais”. Como foi a túa adaptación a Ourense? E.D.: “Moi boa. Dende o primeiro momento tanto os meus compañeiros como a xente da cidade acolléronme e fixérome moito máis sinxela a miña adaptación. Foi xenial.” Que consideras que é o mellor e o peor de vir a Ourense? E.D.: “O mellor é que neste equipo podo demostrar todo o que valgo e que consigo bos resultados, algo que o ano pasado non me valoraron moito. O peor, como sempre, é que se bota

de menos á familia e aos amigos, pero ao estar facendo algo que adoro a distancia lévoa bastante ben”. E que foi o que máis te sorprendeu da nosa cidade á túa chegada? E.D.: “As termas. O feito de ter auga quente de xeito natural é sorprendente para un vasco. Encántanme e vou a elas despois de cada partido porque achéganme moitos beneficios. Ademais,

chamoume moito a atención que os galegos sodes moi abertos, fóra pénsase que sodes introvertidos, pero é todo o contrario”.

4 Máis persoal

Para Eder o fútbol do grupo do Ourense é “forte”, pero semellante ao do País Vasco

- Eder Díez Sánchez naceu o 15 de xullo de 1987 en Barakaldo (Bilbao). - O actual dianteiro do CDO antes de pisar a cidade das Burgas, militou, entre outros, nas categorías inferiores do Atlétic de Bilbao, no Sestao e no Celta B. - Como todos os que están lonxe da casa, Eder sente “morriña”, concretamente da tortilla de patacas da súa avoa. E confesa que a súa bebida é o Aquarius, a súa cor o vermello (“do Atlétic”, aclara) e se poidese escaparíase neste intre a unha cala paradisíaca de area branca.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº46- Ano: III - 2 de decembro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4A PREGUNTA

4O BLOG DE SAUDETER

Ata o vindeiro número mantemos a mesma pregunta sobre baloncesto feminino:

Estirarse non é só cousa de gatos O estilo de vida actual impón uns hábitos motores idénticos desde a etapa escolar até a profesional. Demasiadas horas sentados, estudando ou traballando, que actualmente se reforzan con máis horas inactivos, tombados fronte ao televisor ou sentados ante o computador. Períodos de inacción prolongada e malos hábitos que van reducindo as necesidades de adaptación e a funcionalidade do noso organismo. Os nosos músculos se atrofian e acurtan; as nosas articulacións se oxidan; os nosos ósos debilítanse e a nosa columna vertebral se encorva propiciando diferentes doenzas. En definitiva, o noso corpo funciona baixo as mínimas necesidades de movemento, o que se traduce en problemas e máis problemas: contracturas; pinzamentos; tensións; dores de cabeza, musculares, óusevos; lesións; mareos; debilidade; apatía... A continuación ímoslles dar varias razóns de peso para que vostede se sinta mellor, sinxelamente mobilizando o seu corpo e estirándose un pouco diariamente. Porque o acto de estirarse é ademais de pracenteiro, relaxante e tonificante. Axúdanos a liberar a tensión diaria e mellora o noso estado de

ánimo e a nosa saúde. Senón fixar vostede nos gatos. Son áxiles, flexibles, fortes e dinámicos. Os seus ósos son moi resistentes e están protexidos por uns músculos fortes pero elásticos. Algo terá que ver que se estiren varias veces ao día. Pero estirarse non é só cousa de gatos! Beneficios dos estiramentos: - Producen sensación de benestar. - Achegan lixeireza e flexibilidade. - Incrementan a nosa enerxía interior. - Diminúen a posibilidade de sufrir lesións. - Preveñen as cambras musculares ou os alivian en caso de producirse. - Alivian a dor producida polas contracturas musculares e preveñen a súa reaparición. -Aumentan a mobilidade articular e melloran a propiocepción. - Melloran a elasticidade e resistencia dos músculos. Melloran a circulación e oxigenación do músculo, por tanto, a súa recuperación. A correcta realización dun estiramento. -Ante todo, un estiramento nunca debe de producir dor. Habemos de notar a tensión muscular quedándonos no límite da

4 Quen cres que vai quedar en mellor posición na Liga Feminina 2, o Pabellón Ourense ou o Codigalco Carmelitas? O Pabellón Ourense

Obradoiros organizados por Saudeter.

O Pabellón Ourense rematará a LF2 en mellor posición porque é un equipo totalmente novo ao do ano pasado (tan só queda Julia Tornberg da 2010-2011). As novas fichaxes combinan xuventude con veteranía e moitas delas teñen unha ampla experiencia na categoría, como son os casos de Bolonio, Pallardó ou Ramiro, que xunto coas Cacheiro, Geehan ou Kineshia, ademais de Bolívar e Álvarez, fan do Pabellón Ourense un equipo compensado. Ademais, sen apenas coñecerse xa lograron dúas vitorias e loitan cada partido por seguir gañando. Estar a final de campaña por enriba do Carmelitas é máis que probable.

O Codigalco Carmelitas

Actividades organizadas por Saudeter na Semana da Infancia da Eurocidade Chaves-Verín. dor, pero sen chegar a sentilo. - Non hai que facer rebotes. Unha vez conseguida a tensión óptima mantemos o estiramento polo menos 15 segundos para cada músculo. - O músculo debe estar o

As colexialas xa fixeron os deberes a pasada tempada, polo que nesta tan só tiñan que apuntalar unhas pezas para conseguir un equipo máis potente, e fixérono. A pedra angular da tempada 2010-2011 mantense con Atíes e Oliva sendo os piares do proxecto; xunto a elas continuan Ahijado e Gullberg e regresa Blanco. Este ano uníronse a elas xogadoras de gran calidade como Alonso, Gil, Klein e a atlética Simmons, que está adaptándose tan ben ao equipo colexial que pasou a ser outra peza chave. Se o ano pasado foron mellores cas pabellonistas, este ano voltarán selo, xa que a estas alturas ocupan a quinta praza da xeral.

máis relaxado posible. - Debemos acompañar o estiramento cunha respiración axeitada. Coller aire polo nariz e expulsalo lentamente pola boca cando esteamos a aumentar a tensión muscular.

4SABÍAS QUE?

Suar non adelgaza

Cando suamos liberamos principalmente auga, sales minerais e electrolitos, pero non graxa. O mecanismo de sudoración permite a termorregulación do organismo, contrarrestando a subida de temperatura que se produce ao realizar unha actividade física. A través da auga eliminarase calor e outras sustancias de refugallo, o que fai que momentaneamente baixemos de volume pola perda de líquidos, pero rapidamente recuperarase coa posterior rehidratación. Suar é saudable e pracenteiro porque eliminamos toxinas e limpamos o organismo. Pero para adelgazar, temos que perder graxa e iso só se consegue con constancia: unha dieta sa-hipocalórica e actividade física prolongada que permita consumir as reservas do organismo (graxas) como fonte enerxética. Taparse en exceso durante o exercicio físico de forma que se impida a transpiración con fibras sintéticas, impermeables, ou mesmo plástico pegado á pel é unha práctica realmente perigosa para a saúde, á parte de inútil para perder exceso de peso. O único que provoca é un aumento importante da temperatura corporal, favorecendo a deshidratación, a debilidade e os mareos.

Ata agora a votación vai do seguinte xeito: - O 84,6% cre que será o CODIGALCO CARMELITAS o que acadará mellor resultado. - O 15,4% pensa que, pola contra, será o PABELLÓN OURENSE. Podes seguir votando e deixar a túa opinión no facebook (mundourense) e en www. mundourense.com. Anímate!!


24

BARRIOS DEPORTIVO 2 de decembro de 2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.