7 Outubro 2011 - BD Nº42

Page 1

Defendendo as nosas cores: Zuleira Atíes, do Carmelitas

[páx. 22]

FÚTBOL

CD Ourense, abonado ás vitorias pola mínima e a sufrir ata o pitido final [páx. 8] FÚTBOL SALA

Becas do Consello Municipal de Deportes [páx. 2]

O Ponte Ourense sitúase colíder e o Cidade As Burgas ségueo a dous puntos [páx. 12-13]

Número: 42- Ano: III - 7 de outubro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

AXENDA - ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva

4 Relación de deportistas becados

Fútbol

- Día 12. O Couto. CD Ourense - Cerceda. - Día 12. Estadio Miguel Anxo. -12.00 horas-. División de honra xuvenil. Pabellón Ourense - Rácing de Santander. - Día 16. O Couto. CD Ourense - Negreira.

Fútbol sala feminino - Día 9. Pavillón Paco Chao do Carballiño -12.30 horas. España - Rusia. - Día 10. Pavillón municipal de Xinzo -20.30 horas-. España - Rusia. - Día 15. Pavillón dos Remedios. -17.00 horas-. Cidade As Burgas - Universidade de Alacante.

Atletismo - Día 8. O Carballiño. -a partir das 16.00 horas-. Carreira popular do Leiro. - Día 9. Ourense -12.00 horas-. Carreira popular do barrio do Couto -Circuíto “Correndo por Ourense”. - Día 9. Riós -11.00 horas-. II Media maratón de Riós.

Andaina

Foto de grupo dos deportistas becados xunto ao concelleiro de Deportes, a tenente de alcalde de Ourense e o xerente do Consello Municipal de Deportes./PAULA LODEIRO.

Baloncesto

O Consello Municipal de Deportes beca 52 deportistas ourensáns

- Día 9. Riós -11.00 horas-. Andaina en Riós. - Día 9. Leiro. -09.00 horas-. Andaina en Leiro - Día 9. Piñor -10.00 horas-. Andaina solidaria de Piñor. - Día 8. Pavillón IES O Pompeo. 16.00 horas-. ABO - Baiona. - Día 9. Paco Paz -19.00 horas-. COB - LAN Mobel.

Judo - Día 15 de outubro. Pavillón de Oira. IV Liga internacional de judo trofeo “Cidade de Ourense”. 2ª Xornada.

Hoquei herba

- Día 8. Mariñamansa -16.00h.- Cudeiro - Albor. - Día 8. Mariñamansa -18.00h.- Barrocás B - Pabellón. - Día 9. Mariñamansa -12.00 horas-. Ourense femininoJolaseta. - Día 16. Mariñamansa -12.00 horas-. Caldaria Barrocás - Júnior.

Voleibol

- Día 8. Paco Paz -11.30 horas-. CV Ourense - Zalaeta. - Día 8. Paco Paz -17.00 horas-. CV Ourense - EMEVE.

Balonmán

- Día 9. Os Remedios -12.00 horas-. Balonmán Ourense xuvenil - Tirso de Molina.

Tiro olímipico

- Día 23 - Campionato Galego de Aire Comprimido Club de Tiro Eiroás

Hípica

- Día 12 - Carreiras de cabalos en Antela (Sandiás)

4 Deportes apoia a traxectoria “daqueles atletas que teñen destacado polo seu potencial e méritos en competicións oficiais”. Redacción O Auditorio de Ourense acolleu este xoves o acto de entrega das bolsas a deportistas individuais que o Consello Municipal de Deportes vén de conceder por segundo ano consecutivo “como recoñecemento e apoio a traxectorias destacadas de deportistas individuais ourensáns”. Desta volta a tenente de alcalde, Isabel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, fixeron entrega de até 52 bolsas dirixidas a atletas de dife-

rentes modalidades deportivas como ximnasia, natación, wushu ou halterofilia. Esta modalidade de axudas ao deportes foi introducida pola Concellería de Deportes o pasado ano como “reforzo e respaldo a casos particulares de deportistas que non tiñamos posibilidade de abordar co habitual sistema de axudas”. A dotación orzamentaria para esta edición ascendeu aos 25.000 euros. A Concellaría de Deportes resolveu pór en marcha estas axudas “para a mellora a perfeccionamento

de deportistas que teñan destacado en competicións oficiais de carácter individual” e estableceu ao respecto tres liñas diferentes de axudas “que responderan ás realidades individuais dos beneficiarios”: de iniciación, destinadas a deportistas menores de 21 anos, cunha contía máxima de 1.200 euros; de cualificación, para deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cunha contía máxima de 1.300 euros; e de alto nivel, cunha contía máxima de 1.500 euros.

Reciben beca os ximnastas Yolanda García, Yael Campelo, Diego Feijoo, Kelly Vanessa Ruales, Laura Cristina Lecuona, Carlos Eduardo Novelle, Lucas Domouro, Néstor González, Daniel Fernández, Carmen Martínez, Daniel Pérez, Antía Vidal, Laura Gaela Méndez, e Carlos Trigo; e os atletas Alba Fernández, María Cielos Cadernos, José Alfonso Palomares. Tamén os deportistas de wushu Sergio Parga, Andrés Piñeiro, David Calviño, Brais Ansia, Marta Núñez e Natalia Nolasco. E os nadadores Aitor Rodríguez, Pablo Fernández, Miguel Pimentel, Laura Pimentel, Claudia Álvarez, Esther Álvarez, Uxía Gómez, Rubén Rodríguez, Lúa Rodríguez, Iago Rodríguez, Martín Sabuz, Pedro Díaz, Ecequiel Quiroga, Alberto Taboada, Paula Blanco, Adrián Blanco, Laura Blanco, Estefanía Alejandra Lippo e Iria Álvarez. Ademais, o Consello Municipal de Deportes becou os deportistas de raid, Felix Lorente; billar, José Francisco Movilla; o xadrecista Iván Salgado; a Eduardo López, Carmen González, Iván Darío Ramírez e Rubén López de halterofilia; Yago Blanco, de hípica; José Jorge Rodríguez, de golf; David Davite, de tiro; e Antonio González, de tenis.

A Concellería de Deportes repartiu 25.000 euros en becas a deportistas


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ATLETISMO

Récord de afluencia no V Maratón do Miño

4 Un total de 1.150 deportistas (entre atletas e sendeiristas) completaron a proba. Redacción

Con cino anos de vida o Maratón do Miño lonxe de atoparse no parvulario das probas deportivas, semella pelexar por licenciarse coa mellor das notas das competicións. E precisamente a iso están a contribuir as crecentes cifras de participación que ano tras ano se rexistran na proba ourensá. En 2011 un total de 1.150 deportistas (entre atletas e sendeiristas) cruzaron a liña de meta logo de realizar as súas correspondentes probas, fronte ás 1.001 persoas que o fixeron o ano anterior. E, quizais, o segredo estivo no bo tempo atmosférico que o pasado 2 de outubro acompañou a estes valentes, que lonxe da choiva que de xeito habitual adorna esta cita, nesta ocasión gozaron dun brillante sol e unhas temperaturas próximas aos 20 grados durante boa parte da mañá. Fose pola climatoloxía ou pola boa organización da competición (na que os participantes sempre dispoñen de diversos puntos de avituallamento e medidas de seguridade ao longo das probas, así como duchas e masaxes ao remate das mesmas),

a realidade é que o quinto Maratón do Miño é xa unha cita consolidada no calendario deportivo da nosa península, como demostran as inscricións de participantes procedentes de todos os rincóns de España e Portugal. Os gañadores Na proba individual foron Hassan Lekhilli (Atletismo Academia Postal) e Pilar Mahamud (Puerto de Alicante) os flamantes gañadores. Mentres o marroquí era o primeiro, con ampla diferenza, en cruzar a liña de meta, ao realizar os 42,195 quilómetros nun tempo histórico de 2 horas 27 minutos e 57 segundos; das féminas Pilar Muhamud foi a máis rápida ao cubrir este percorrido en 3:26:14. Deixando ambos relegados á segunda posición aos vencedores da edición 2010. Pola súa banda, na proba de relevos o conxunto masculino máis veloz foi o formado por Carlos Villamor, Gustavo Platas e Manuel Hurtado, que investiron un tempo total de 2 horas 20 minutos e 28 segundos; mentras que Iria Castro, María Hurtado e Leticia Fernández, cunha marca de 2:55:52, fixeron o propio na categoría feminina.

O 9 de outubro cita coa andaina máis solidaria. /ARQUIVO

Andaina solidaria en Piñor 4 O domingo 9 de outubro, Piñor acolle a andaina máis solidaria. Redacción

Arriba: Un dos participantes chegando á meta. Abaixo: O atleta Manuel Hurtado (Academia Postal) comezando o seu relevo. /RAMSÉS

O domingo 9 de outubro en Piñor celébrase a cuarta andaina “Un paso polo voluntariado”, que consta de dúas rutas, unha longa de 15 quilómetros e outra curta de 10. A saída (na antiga escola de Cotelas – Piñor) terá lugar ás 10 da mañá tendo que estar media hora antes para a recollida de dorsais. Esta andaina está enmarcada dentro do Ano Europeo do Voluntariado e no que se pretende que acudan voluntarios de todas as asociacións posibles (ademais de non voluntarios) para dar a coñecer os obxectivos e as alternativas que ofrecen as súas asociacións, así como

os seus deberes e dereitos. Tamén será unha boa ocasión para convencer aquelas persoas non voluntarias das satisfaccións que ten o voluntariado. A andaina transcorrerá por Cotelas, Mirela, Vilariño, A Folgosa, Freás, Guimarás e rematará no punto de saída, en Cotelas. O sendeiro contará con varios puntos de avituallamento e ao rematar, os participantes degustarán un xantar saudable. Despois da comida celebraránse sorteos onde se premiarán ós/as participantes con varios agasallos, entre eles, unha estancia de fin de semana nos apartamentos As Casiñas da Avóa Carlota en Freás.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ATLETISMO

Outro xeito de participar na San Martiño 4 Desde a Concellería de Voluntariado búscanse voluntarios para axudar na carreira popular do San Martiño. R.T.

Última carreira do circuíto “Correndo por Ourense” disputada nas Lagoas./P. LODEIRO

A correr ao Couto 4 O domingo 9 celébrase a cuarta proba de “Correndo por Ourense”. R.T.

Este domingo, 9 de outubro, celébrase a cuarta proba da primeira edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” polas rúas do Couto. Esta primeira edición está chegando ao seu fin (faltan as carreiras do Couto e da Carballeira) e empezan a perfilarse os gañadores. En categoría masculina, Pepe Márquez (ADAS O Barco) é o favorito para alzarse co título, se ben, un compañeiro de equipo, Óscar Ramos, está detrás del a tan só dous puntos de diferenza. Na categoría absoluta feminina, Iria Fernández (Academia Postal) vai na primeira posición cun colchón de 29 puntos sobre a súa máxima rival,

Isabel López Otero. Na carreira do Couto, de gañar Pepe Márquez non faría falla esperar á última proba para coñecer ao vencedor do “Correndo por Ourense”. Sen embargo, Iria Fernández teno máis complicado; aínda que conseguise facerse co título nesta carreira é case seguro que haberá que esperar á da Carballeira para coñecer á vencedora.

Sistema de puntos

O sistema de puntos neste circuíto ourensán de carreiras populares é sinxelo. O posto que se ocupa en cada carreira son os puntos que se suman nesa proba; é decir, se un corredor chega de 55º sumaría 55 puntos. A quen participara en todas as carreiras descartaríaselle o peor resultado e sumaríanselle os catro mellores tempos.

Desde a Concellería de Voluntariado, en colaboración co Consello Municipal de Deportes, fan un chamamento á cidadanía en xeral para participar dun xeito distinto na Carreira pedestre popular do San Martiño que este ano chega á súa 35ª edición. Para a proba popular máis importante de toda Galicia precísase un número elevado de voluntarios para varias tarefas nos actos organizativos da carreira como son a entrega de chips ás persoas parti-

cipantes, o avituallamento, os postos de meta... Unha vez captados os voluntarios manterase unha reunión con eles para concretar as tarefas que se van desenvolver. Todos os que se animen a participar “doutro xeito” na carreira do San Martiño pódense poñer en contacto coa Concellería de Voluntariado a través do correo de voluntariado@ ourense.es ou no teléfono 988-393191. Adiántase a carreira Este ano a carreira do San Martiño adiántase ao 6 de novembro.

A súa data real tiña que ser o domingo, 20 de novembro pero polas eleccións xerais que se celebran ese día a organización viuse obrigada a adiantala para o primeiro domingo dese mes. O domingo 13 tampouco terá lugar xa que coincide coa celebración dos magostos. Ausencia de corredores foráneos Esta edición da histórica carreira popular podería estar marcada pola ausencia dos atletas semiprofesionais que cada ano acuden a Ourense en busca do premio económico.

Os voluntarios axudan en varios momentos da proba, como na saída. /ARQUIVO. Irida Fdez, líder da categoría absoluta feminina./P. L.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ULTRAFONDO

Os 100 qm. de Bezana, a última cita de Madriñán 4 Xunto a el iniciaron a proba 157 participantes, pero só conseguiron rematala 52. Redacción

O pasado sábado 24 de setembro celebrouse en Santa Cruz de Bezana (Santander) a XXVII edición do 100 km internacionais de Bezana, así como os Campionato de España e Campionato de España militar da mesma distancia. Sobre un circuíto de 10 quilómetros e cun límite de tempo de tan só once horas os 158 participantes inscritos debían de cruzar a meta. A saída de tan dura proba tivo lugar ás sete da mañá e a xornada estivo marcada polas altas temperaturas, que provocaron un elevado número de retiradas, polo que tan só puideron chegar a meta 52 participantes, entre os cales se atopaba o ultrafondista Antonio Madriñán. Madriñán, a un ritmo regular e cómodo, acadou un bo resultado, rematando terceiro na clasificación xeral da proba militar. “Os últimos quince quilómetros foron duros, moito. Máis psicolóxica

que fisicamente. Sabía que o remate estaba moi preto, pero ansiaba chegar. Tan pronto se me escapaba un sorriso como unha bágoa e en cada un deses metros víñanme á mente o recordo dos meus pais, que me deron forza para percorrer os últimos quilómetros ata a liña de meta”, confesaba Madriñán ao remate. “Foi unha proba durísima onde o que máis xoga a favor dos corredores é a súa experiencia e non tanto a súa forza física”, sentenciaba.

Participante de luxo: José M. García Millariega Entre os participantes nesta recoñecida cita santanderina atopouse un dos máximo exponentes do ultrafondo mundial, José Manuel García Millariega. “Era un día moi agardado para min porque corría, por primeira vez, ao lado do noso pai do ultrafondo, o que sempre nos está dando consellos e alento, unha lenda en activo deste deporte”, aseguraba un eufórico Madriñán.

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Ángel Pumar, Rubén Calvo, Carlos Muradás e Óscar del Campo. /SPRINTES OURENSE

Correndo desde Santiago ata Ourense 4 Catro atletas do club de atletismo Sprintes Ourense tentarano facer nunha xornada. Redacción

Madriñán, o primeiro pola dereita, nos 100 quilómetros de Bezana.

Tres corredores do club de atletismo Sprintes Ourense (Ángel Pumar Bóveda, Carlos Muradás Núñez e o promotor da idea, Óscar del Campo Rodríguez), máis un do club Os Afiadores (Rubén Calvo Fernández), en

conmemoración do primeiro ano de existencia do club tentarán facer a ‘machada’ de completar nunha soa xornada (concretamente en 16 horas), os 109 quilómetros que separan a praza do Obradoiro da capital galega coa praza Maior de Ourense, unidas polo Camiño de Santiago.

O día elexido é o sábado 22 de outubro e comezarán este reto-desafío, que fan tanto a nivel persoal como deportivo, a partir das catro da mañá, para tentar chegar á praza Maior ourensá contra as oito da tarde, onde os agardarán un gran número de familiares e amigos.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

BALONCESTO

O Codigalco Carmelitas vence ao Pabellón Ourense na Copa Galicia 54-63 4 Unha Aties inconmensurable dá a vitoria ás colexialas. Ramsés Torres

Segunda cita para o Codigalco na Copa Galicia e primeira para o Pabellón que permitía aos seareiros ourensáns gozar do primeiro derbi de baloncesto feminino do curso antes do agardado. Foi o pasado 27 de setembro na cancha central do Pavillón dos Remedios. O encontro comezou con dominio do Pabellón sobre un equipo colexial que non encontraba o seu sitio na cancha. As Bolonio, Ramiro, Geehan... estaban sendo claramente superiores ás Simmons, Oliva, Gullber, e cunha Aties que soa non podía. Ao remate da primeira metade, cinco arriba para o Pabellón (32-27).

Na reanudación, as faltas e o cansanzo fixeron mella no equipo local, que vía como a cubana Zuleira Aties facíase dona dos taboleiros con Necolia Simmons de fiel escudeira (12 rebotes ao final do encontro). A pesar das gañas de Cacheiro de frear as arremetidas visitantes, a ex pavillonista Lucía Méndez uniuse á festa e un triplo fixo recortar distancias, mentres no cadro local íanse rotando as xogadoras sen conseguir a fluidez do primeiro tempo. Ao final do terceiro cuarto renda de dous puntos para as de Lisardo Rodríguez (46-42).

de dominio total das de Juan Rodríguez (parcial de 8-17) con festival anotador de Aties, conseguindo ao final do encontro 31 puntos dos 63 do seu equipo. Vitoria final por 54-63 para o Codigalco Carmelitas que mellorou a súa imaxe con respecto ao primeiro partido da Copa Galicia no que perdera co Ensino de Lugo por 5276. Pola súa banda, o Pabellón Ourense deixou moi boas sensación na primeira parte do encontro pero as fozas fóronse perdendo a medida que pasaban os minutos.

Lección maxistral a cargo de Zuleira O derradeiro cuarto foi

O Ensino, segundo verdugo do Pabellón Xa o 1 de outubro o

Bolívar, do Pabellón, nun bloqueo a Simmons, do Codigalco ./RAMSÉS

Pabellón Ourense facía fronte ao Ensino lugués nun encontro que determinaba a súa continuidade na Copa Galicia. Pero as lucenses demostraron unha vez máis, ao igual que o fixeron ante as colexialas, por que son un dos conxuntos máis temidos da Liga Feminina 2 e venceron ás de Lisardo Rodríguez por 71-57, eliminándoas da competición e permitíndolle ao Codigalco desputar a repesca. O Carmelitas, na fase final da Copa Galicia Logo de perder contra o Ensino lugués e vencer ao Pabellón Ourense, a Copa Galicia decidíase para as de Juan Rodríguez no seu enfrontamento ao The-

A colexiala Zuleira Aties foi a gran protagonista do encontro. /RAMSÉS

trend Social de Cortegada. Ou conseguían vencer ao actual campión desta competición autonómica ou ao Codigalco tocáballe voltar a Ourense e prepararse para o comezo da liga regular. Pero as colexialas fixeron os deberes e viaxaron a Vilagarcía con todas as gañas que require mirar de fronte a un dos máis grandes. E conseguírono, vencendo por 57-65 ao Thetrend Social e clasificándose así para a fase final da Copa, na que se medirán co Celta o venres 7 de outubro en Ferrol. E o pasaporte á fase final gózase aínda máis, se cabe, cando vén da man dun loitador nato como é o Cortegada, que se mostrou no choque contra as colexialas irregular e desconcentrado, principalmente en defensa, o que deixou a porta aberta a un

Carmelitas moito mellor coordinado tacticamente que nos partidos anteriores e protagonizado, unha vez máis, pola cubana Zuleira Aties, que anotou un total de 27 puntos. Con só algo de acerto durante o segundo cuarto, que permitiu ás de Pepe Vázquez chegar ao descanso a tan só 4 puntos (30-34) de distancia das colexialas, o Cortegada tivo a última oportunidade de remontar no derradeiro período, pero o cansanzo acumulado permitiu ao Codigalco pór- fin ao seu soño de revalidar o título galego e colarse elas na fase final da Copa.

O Carmelitas enfróntase o 7 de outubro ao Celta na semifinal da Copa Galicia


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

BALONCESTO

O COB busca o apoio dos seus seareiros para estrearse en Leb Prata 4 O conxunto ourensán comeza a liga regular o vindeiro domingo 9 de outubro recibindo no Paco Paz ao Lad Mobel Guipúzcoa. Redacción O Club Ourense Baloncesto xa conta os días para a súa estrea na Leb Prata, será o próximo 9 de outubro ás 19.30 horas no Paco Paz, onde recibirá ao Lad Mobel Guipúzcoa. A base dun banco renovado e co obxectivo de pelexar polo ascenso ao final de tempada, o novo COB quere comezar este curso contando co apoio dos seus sempre incondicionais seareiros. E por iso vén de realizar un tour por diversos centros educativos nos que entregou aos máis pequenos da casa invitacións para

que asistan de balde a este primeiro encontro ligueiro, contando ademais cun xeado de regalo. Así mesmo, o Ourense non se esquece tampouco dos máis maiores, polo que oferta a todos os seus socios prezos especiais na cafetería, así como cornetas para animar ao equipo. Peñas escolares Pero a vinculación do COB cos seus afeccionados máis novos non se concentra só na primeira xornada de campionato senón que o club xa ten en mente unha iniciativa máis coa que acompañalos o resto do

ano. Trátase da creación nos colexios de toda a provincia de peñas escolares, integradas por un mínimo de oito rapaces, que recibirán de agasallo un carné especial de peñista e unha camiseta do clube. Andaina solidaria Ademais, o COB non quere deixar de lado aos pequenos que menos teñen, por iso colaborará na andaina que o 12 de outubro organiza Unicef Ourense, de 10 quilómetros de percorrido con saída na Praza Maior e chegada no Campus Universitario.

O ABO caeu ante o Chantada na Copa Galicia 4 A seguinte cita desta competición será contra o Estudiantes Lugo o domingo 9. Redacción O Ourense Capital Termal comezou a Copa Galicia con mal pé ao perder nos Remedios por 48-79 ante o Chantada, nun encontro claramente dominado polo conxunto visitante. Os ex-cobistas Rubén Vila e Sony Vázquez (con 11 e 10 puntos respectivamente) foron os máximos anotadores dun ABO claramente inferior como demostrou a abultada diferencia do resultado. A segunda cita dos ourensáns nesta competición autonómica levaraos a terras lucenses para facer fronte ao Estudiantes Lugo Leyma Natura; será o vindeiro domingo 9 ás 17 horas.

Primeiro partido do ABO na Copa Galicia./RAMSÉS. Amistoso co Cambados A segunda cita da pretempada para os de Fafián foi o amistoso que celebraron o 5 de outubro na casa

contra o Cambados, que os ourensáns aproveitaron para ir pulindo erros de cara á súa segunda cita na Copa Galicia.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

FÚTBOL

4 Vitoria pola mínima de CD Ourense ante o Lalín con gol, novamente, de Eder. R. Torres

Gol...

pirueta... ...e a sufrir

Cuarta vitoria do Ourense en liga co mesmo resultado (1-0) o que demostra o difícil que se lle está facendo gañar os partidos ao equipo ‘rojillo’. Nesta ocasión non ía ser menos. Tras unha primeira parte insulsa, na que a mellor ocasión correu a cargo dos visitantes chegaría o descanso, e con el os cambios. Patxi Salinas decidiu dar saída ao terreo de xogo a Noguerol e Amilton e o equipo profundizaba máis cara a área rival pero sen un perigo claro de facer gol ata que, no minuto 69, Noguerol desde a medular dá un pase a Quintairos que este remata, o porteiro logra deter o lanzamento pero queda o balón morto na área pequena para que Eder só teña que empurralo á rede; gol, pirueta e a sufrir ata o final. Antes do gol, no 57, Soares pega no traveseiro ourensán o balón. A 19 minutos do final, expulsión de Padrón ao deter en falta ao dianteiro visitante cando quedaba só diante de Pato. Antes do final, Eder tivo nas súas botas o 2-0 nun man a man contra o cancerbeiro Macía pero o seu fallo fixo que o cadro ourensanista sufrira ata o final do partido pedindo incluso a hora ao colexiado do encontro. Quintos con 13 puntos Nas seis xornadas disputadas, o CD Ourense leva 13 puntos, catro vitorias, un empate e unha derrota son os números dun Ourense que ocupa a quinta posición na táboa clasificatoria. As catro vitorias dos de Salinas teñen un denomina-

dor común, o un a cero e a sufrir. O adestrador do Lalín, Peluso, ao finalizar o encontro, asegurou que o Ourense estará a final de tempada nos postos de arriba, “xunto cos catro equipos que todos sabemos”. Patxi Salinas, salientou o que leva dito desde o minuto un: “imos sufrir moito durante a tempada, non vai ser un paseo” e aseguraba que a diferenza entre os equipos “non vexo que sexa moi grande”. Tamén estrañouse de que a bancada estea fría co equipo, “estamos no inicio de liga e as diferenzas non poden ser moi grandes, se estiveramos na metade da tempada e a distancia cos de arriba fora moi grande entendería que houbera nerviosismo pero agora non”. “Se a afección non apoia teremos que sacar isto nós. Estamos sós ante o perigo”, afirmaba Salinas. Vindeiras citas O CD Ourense visita na xornada sete, domingo 9, ao Cultural Areas, os pontevedreses son decimosextos con cinco puntos, os mesmos que os catro últimos clasificados. O mércores 12, os ‘rojillos’ regresan ao Couto para recibir ao Cerceda, un dos rivais directos para lograr entrar nos catro primieros postos.

O mércores 12, volve o fútbol ao Couto co partido da xornada entre CD Ourense Cerceda


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

FÚTBOL

Carné por puntos para os rapaces do Ourense 4 Para fomentar o código interno. Redacción Para os xogadores da base do CD Ourense ponse en marcha o carné por puntos, iniciativa que pretende fomentar o código interno dunha maneira máis amena. Durante o mes de outubro (con intención de amplialo a toda a tempada), o CD Ourense porá en práctica unha idea sacada da canteira do Atlético Osasuna na que se premia aos que cumpran as normas internas e penaliza aos que non o fagan. Os rapaces comezarán con 10 puntos cada un e iránselle retirando cada vez que cometan unha infracción; segundo a infracción que se cometa poderáse retirar un, dous ou tres puntos. Para as infraccións tamén

contarán coa opinión dos rapaces chegando a un consenso entre xogadores e adestradores para decidir cales son as infraccións

coas que se penalizarán. As pérdidas de puntos poden ter lugar por non levar a prenda deportiva ao adestramento, non avisar da ausencia dun

adestramento, pelexarse cun compañeiro, etc. Puntos positivos Pero tamén terán puntos

Rapaces do Ourense e directivo posan con carné por puntos. /RAMSÉS

en positivo (puntos extra), que restarán aos negativos. Se durante un mes o xogador non ten ningún punto negativo, automáticamente sumaráselle un punto positivo. O club tamén se plantexa sumar puntos positivos aos que acudan a ver os partidos do primeiro equipo no Couto. Con esta idea preténdese ter un control nos hábitos dos rapaces e traba-

llar sobre os valores deportivos e sociais mínimos para unha mellor convivencia.

Esta iniciativa estará de proba durante o mes de outubro con intención de ampliala a toda a tempada


10

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

Arranque de liga con vitoria 4O Pabellón Balonmán Ourense vence e sitúase líder. Redacción

O club Balonmán Pabellón estreouse na Segunda Autonómica con vitoria aplastante ante A Cañiza (37-13). Os ourensáns dominaron o encontro durante todo o tempo cunha grande intensidade defensiva que lles permitía roubar moitos balón e saír á contra. A pesar das baixas (Fran Varela e Brais Pérez) o Pabellón sacou adiante o partido con solvencia tendo o encontro de cara xa ao descanso (19-5). Con este resultado, Zarra puido dar minutos a todos os xogadores para rematar cun resultado final de 37-13, mostrando a clara superioridade dos ourensáns. Con esta abultada vitoria colócanse líderes provisionais empatados co Culleredo e o Porriño (este último venceu ao Carballiño). O próximo partido o Pabellón vistará Chapela para xogar contra o Paraxe. Mentres o Carballiño, viaxará ata A Cañiza para tentar sumar os seus dous primeiros puntos. Equipo sénior feminino O equipo sénior feminino do Club Balonmán Pabellón recibía no anexo dos Remedios ao Caselas. Durante todo o encontro o

dominio era local pero, uns malos minutos finais tiraron pola borda todo o traballo realizado ata entón e remataron perdendo o partido 16-18 e perdendo os dous primeiros puntos en xogo. A porteira Blanca Vázquez foi a xogadora máis destacada das pabellonistas pero non foi suficiente para levarse a vitoria, en parte por unha defensa ourensá falta de peso. A pesar dos cinco goles da xogadora local, María Bouso, foi a visitante, Iria Estévez, en parte pola súa superioridade física ,a que faría moverse a balanza cara ao lado visitante. O Indomogal Pabellón de 1ª Autonómica feminina visita ao Narón en partido correspondente á segunda xornada. Outros equipos O Balonmán Pabellón de 2ª Autonómica xuvenil recibe o domingo pola mañana ás 12 horas nos Remedios ao líder Tirso de Molina. Os equipos cadetes viaxan ata Pontevedra para enfrontarse ao Teucro. O cadete masculino e o infantil masculino tamén rendirán visita nesta segunda xornada, e farano ante o Octavio Pilotes Posada e UB. Lavadores respectivamente.

POLIDEPORTIVO

Remate da pretempada con vitoria 4 Logo de dúas derrotas. R.T.

O Campus Ourense vence no seu terceiro encontro de preparación para o campionato ao Pontevedra por un contundente 44-0. Despois de dúas derrotas anteriores, os ourensáns deixan un bo sabor de boca no seu derradeiro partido da pretempada ante un Pontevedra que pagou a súa falta de experiencia a pesar de que estiveron moi combativos durante todo o encontro. O dominio do partido correu a cargo dos ourensáns logrando moitas posesións en ataque, o que os levou a acadar oito ensaios. Con

este partido rematan os encontros de pretempada e os ensaios de cara á liga. Agora soamente falta esperar o seu comezo, o 16 de outubro, para lograr reter o título obtido a pasada campaña. 12 equipos Da asamblea da Federación galega de rugbi saiu a decisión de ter 12 equipos na Liga galega tras admitir aos Jabatos do Bierzo. Deste xeito a liga está formada polo equipos: Campus Ourense Rugbi, Santiago Rugby Club, Muralla RC, Vigo B, CRAT B, Ferrol RC, Zalaeta RC, Lalín RC, Fendetestas As Pontes, Mareantes RC, Pontevedra RC e Jabatos do Bierzo.

Partido do Campus Ourense da pasada liga. /ARQUIVO

O Campus Ourense Rugbi finaliza o seu tour por Londres 4 Agora prepárase para o seu debut na Liga Galega o vindeiro 16 de outubro. Redacción

O primeiro equipo de Campus Ourense Rugbi vén de rematar a súa mini xira por Londres, na que os membros do equipo puideron gozar dun gran ambiente de rugbi co partido da Aviva Premiership Harlequins - Sale Sharks como prato forte da fin de semana. A visita á tenda oficial da RFU no estadio

de Twichenham -catedral do rugbi- e a visita a un sport pub céntrico para asistir á retransmisión do Escocia - Inglaterra do Mundial de rugbi foron outras das actividades que os ourensáns realizaron en Londres, deixando tempo para a visita aos lugares turísticos da capital inglesa. Ademais, este tour permitiu ao noso conxunto establecer relacións

deportivas con varios equipos de rugbi, que xa están dando os seus froitos coa invitación que os Murphy’s Mitfits de Sofía veñen de cursar ao Campus Ourense para formalizar un encontro amigable en terras búlgaras durante este próximo ano. Comezo da liga Por outra banda, esta fin de semana deuse a

coñecer o calendario definitivo da Liga Galega para a tempada 2011/12, a cal, ao enfrontar a 12 conxuntos, alongarase ata abril. O Campus Ourense Rugbi debutará o vindeiro sábado 16 de outubro en Ferrol contra o equipo local de Ferrol RC, e recibirá na segunda xornada a Santiago RC en Ourense.

Campus Ourense Rugbi e Ferrol RC enfróntanse na primeira xornada da liga regular. A segunda cita dos ourensáns será contra o Santiago


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

FÚTBOL SALA

Ponte Ourense, colíderes

4 O Ponte vence ao Zaragoza por un contundente 6-0 e sitúase na segunda posición. R. Torres Ponte Ourense vén de vencer por un claro 6-0 ante un Zaragoza que aínda non puntuou en liga e que dista moito do da tempada pasada. A máxima goleadora da liga, Ampi, aos seis minutos xa daba vantaxe ás pontinas no marcador, o que facía presaxiar un partido plácido para as de Óscar Vivián. E así foi. No minuto 12, Sara, a pase de Ampi, establecía o dous a cero e antes do descanso, Drica, en dúas ocasións, sentenciaba o encontro para as locais nos primeiros 20 minutos (4-0).

Na reanudación, as de Vivián limitáronse a contemporizar o partido ata o minuto 35 no que Ampi faría a súa segunda diana. A dous minutos do final, Souza deixaría o definitivo 6-0. Con esta vitoria, o Ponte Ourense colócase na segunda posición con 10 puntos, os mesmos que as líderes do Córdoba; os goles a favor inclinan a balanza cara as andaluzas (25 por 20). Gironella, o próximo rival Nesta fin de semana non hai liga polo compromiso que a selección española

ten no Carballiño. A competición reanúdase o vindeiro sábado 15 de outubro; nesa data dispútase a quinta xornada co enfrontamento entre o Gironella e o Ponte Ourense. O Gironella será un duro rival, visto que este ano tivo un gran arranque ligueiro: dos catro encontros disputados sumou tres puntos en tres deles e tan so cedeu unha derrota. As vitorias foron contra o Rubí (recén ascendido), o Universidade de Alacante (que está chamado a ser unha das sorpresas da tempada) e contra o campión da Copa de Es-

paña, Móstoles; a derrota foi, incomprensiblemente, contra o Soto del Real. As catalás ocupan a sexta praza con nove puntos pero a tan só un das primeiras clasificadas. Marta Pons (internacional con España) e Berta Velasco son a dupla máis perigosa do equipo catalán.

O sábado 15, reanúdase a liga coa visita do Ponte Ourense ao Gironella

Marta no último encontro do Ponte Ourense. /RAMSÉS

4 Marta coa selección Os días 9 e 10 de outubro no Carballiño e Xinzo respectivamente, a selección española xoga dous partidos amistosos coa novidade da pontina Marta Figueiredo na convocatoria. Marta vestirá a elástica da selección por primeira vez logo de tela preselecionado o técnico nacional na anterior cita. Xunto con Marta, estará por parte do Ponte Ourense, Amparo Jiménez. Pola súa banda, caen da convocatoria as xogadoras Laura Fernández por lesión e Sara Moreno, por decisión técnica. Os encontros serán o domingo 9, ás 12.30 horas no Carballiño, e o luns 10, ás 20.30 horas no pavillón municipal de Xinzo de Limia.

4 Partidos de España

- Domingo 9, ás 12.30 horas. España - Rusia. No Carballiño. - Luns 10, ás 20.30 horas. España - Rusia. No pavillón municipal de Xinzo de Limia.

4 Xornada 5 - 15 de outubro

Anita superando a unha rival do Zaragoza no partido nos Remedios./RAMSÉS

Diamante Logroño - Valladolid Lacturale Orvina - Rubí Cidade As Burgas - U. de Alacante Futsi Navalcarnero - Móstoles Femesala Elche - Soto del Real Gironella- Ponte Ourense Zaragoza - Deportivo Córdoba Burela - Majadahonda


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

FÚTBOL SALA

13

O Cidade As Burgas, nos postos de arriba

4 Dous empates e dúas vitorias son a bagaxe nas catro primeiras xornadas. R. Torres O Cidade As Burgas mantén a súa condición de invicto na Primeira División do fútbol sala feminino logo de catro xornadas. As de Manolo Codeso levan dúas vitorias (Rioja e Valladolid) e dous empates contra Orvina e Rubí, este na última xornada disputada. O Cidade As Burgas regresou da súa viaxe a terras catalás cun punto na mochila, moi importante para ir sumando na súa loita pola permanencia. O inicio de encontro estivo moi igualado pero un final de primeiro período fatídico para as de Codeso fixo que as locais marcharan aos vestiarios cunha vantaxe de 3-0. Na reanudación, e coa presión das ourensáns sacada das súas costas, o doPrimeira División FSF 4ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Córdoba - 10 2º Ponte Ourense - 10 3º Móstoles -9 4º Atl. de Madrid - 9 5º Femesala Elche - 9 6º Gironella -9 7º Cidade As Burgas - 8 8º Orvina -7 9º Soto del Real -6 10º Rubí -4 11º U. de Alacante - 3 12º Burela -3 13º Valladolid -3 14º Majadahonda -3 15º Logroño -0 16º Zaragoza -0

minio pasou para o bando visitante; deste xeito, Sonia recortaba distancia. Un minuto máis tarde, Alicia, tras rematar un rechace da porteira local situaba ás franxiverdes a un gol. Peke, a tres minutos do final, anotaba o terceiro das galegas o que sería o empate a tres definitivo. Universidade de Alacante, próximo rival Na quinta xornada da liga, o Cidade regresa aos Remedios (sábado 15 de outubro) para enfrontarse nesta ocasión ao Universidade de Alacante, un dos chamados a ser equipo revelación da tempada polas súas fichaxes, aínda que de momento non está á altura que se lle esperaba. Conta con tres puntos conseguidos na primeira xornada ao vencer a domicilio a Zara-

goza (3-7), pero logo tres derrotas consecutivas (Gironella, Elche e Futsi) fan que ocupen a undécima posición. Unha vitoria ourensá faría que a distancia entre galegas e valenciás fóra de oito puntos a favor das primeiras. O perigo do Alacante pasa pola súa porteira, a ex do Elche e internacional con España, Sonia Bernal, e as xogadoras, Susana Sánchez, tamén internacional e ex do Elche e e internacional con Portugal e ex do Futsi, Sofía Vieira. As novas xogadoras piden paso Que o Cidade As Burgas contaba nas súas filas con xogadoras moi novas era un feito; pero que agora son parte fundamental do esquema de Codeso é unha realidade. Ana é a

porteira que substitúe a Nati (este ano xogadora de campo) baixo os paos cun rendemento brillante. María Arias conta con moitos máis minutos que a pasada campaña. Alicia, que non xogara na primeira metade contra o Rubí, no segundo tempo foi a xogadora determinante para que o Cidade lograra empatar a contenda e conseguira un valioso punto en terras catalás; e xunta a elas, Carmen, que está empezando a sumar minutos na liga ao recuperarse da lesión de xeonllo que a mantivo afastada das canchas practicamente toda a pasada tempada. As mozas piden paso no equipo e, en parte grazas tamén a elas, o equipo ourensán ocupa a sétima posición con oito puntos, a dous das líderes, Cajasur Córdoba e Ponte Ourense.

Sofía Vieira (antes no Futsi) será un dos perigos do Cidade no seu partido contra a U. de Alacante. /RAMSÉS

Peke nun encontro nos Remedios. /RAMSÉS

4 Mellor xogadora galega

Iria tenta levarse o balón diantes de dúas xogadoras do Valladolid./RAMSÉS

O pasado venres, 30 de setembro, celebrouse en Ponteareas a gala do fútbol sala galego. En devandita gala entregáronse numerosos premios, entre eles, o de mellor xogadora galega de fútbol sala, que nesta ocasión recaeu na xogadora do Cidade As Burgas, Lucía Álvarez (Peke).


14

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

POLIDEPORTIVO

Copa Galicia fútbol sala feminino

Ponte Ourense e Cidade As Burgas tentarán acceder á final

4 Ponte - Burela e Leis - Cidade, os emparellamentos en semifinais. Redacción Xa se coñecen os emparellamentos das semifinais da XXI Copa Galicia que se disputará no Lalín Arena entre os días 11 e 12 de outubro (martes e mércores). O martes 11, ás 19.30 horas, terá lugar a primeira semifinal co prato forte desta eliminatoria, que enfrontará ao Ponte Ourense contra o

Burela, no que pode ser a final adiantada. O mesmo día, a partir das 21.30 horas, o Cidade tentará lograr o seu pase á final contra o Leis Pontevedra, equipo que milita na Segunda División. A final está prevista para o día seguinte, mércores 12 de outubro, desde as 12.00 horas, na cancha da localidade pontevedresa.

Laura Pimentel, campioa da travesía da Coruña 4 Alberto Taboada rematou cuarto na categoría masculina. Redacción O pasado sábado 24 de setembro celebrouse a IV edición da travesía a nado Coruña 10.000 que contou cun total de 72 participantes, entre os que destacaban os irmáns portugueses Hugo e Soraia Riveiro, a internacional do Pabellón Ourense, Laura Pimentel, e o seu compañeiro de club, Alberto Taboada, xunto con outros nadadores de Galicia e doutras comunidades.

O escenario foi a praia de Orzán As boas condición metereolóxicas fixeron que o proba se puidera desputar na praia de Orzán, bordeando a Torre de Hércules. O triunfo en categoría feminina foi para Laura Pimentel por diante da súa grande rival, Saraia Rivero. En canto á categoría masculina, o vitoria foi para Hugo Rivero, mentras que o ourensán Alberto Taboada rematou na cuarta posición.

II piraguandaina da amizade 4 Realizouse o 2 de outubro entre Allariz e Xunqueira de Ambía. Redacción

Ponte e Cidade queren verse as caras na copa Galicia. /R.T. Co triunfo de Laura en terras coruñesas, a xove nadadora proclámase campioa da primeira Copa galega de longa distancia de natación, evento organizado pola Federación galega de natación.

A travesía da Coruña contou con 72 nadadores participantes procedentes de diversas comunidades

Laura Pimentel adestrando en Ourense./ARQUIVO

O pasado domingo 2 de outubro tivo lugar a segunda piraguandaina da amizade, que se desenvolveu entre os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambia, organizada conxuntamente por ambos municipios, o club piragüismo fluvial Allariz e a asociación xuvenil alaricana “Amizade”. Con 150 participantes, a andaina deu comenzo as 9:15 horas da maña dende a alameda de Allariz ata a praia fluvial de Xunqueira, e ás 11 os andaríns fixeron o camiño de volta; percorrido que tamén realizaron a esa mesma hora os 19 piragüistas que participaron na baixada polo río

Arnoia unindo Xunqueira e Allariz. Algunha que outra incidencia A pesar de que a climatoloxía acompañou a esta proba, a nota negativa veu da man da escasa auga que levaba o río Arnoia e que obrigou aos piragüistas a facer diversos treitos do mesmo a pé, así como ir esquivando constantemente as pedras que afloraban polo baixo caudal. Así mesmo, había remansos de auga onde se acumulaban moitas algas e diversas presas de gran altura que tiveron que rodear ca piragua ás costas. Pequenas dificultades que, por suposto, non lograron empañar tan “amistosa” iniciativa.

Un dos participantes na piraguandaina.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

MOTOR

Os irmáns González vencen no Rali de Melide 4 No III Rali de Galicia histórico. Redacción Os ourensáns Ricardo González e Jose Luis González proclamáronse vencedores do III Rali de Galicia, celebrado en Melide (A Coruña) nunha proba animada pola grande afluencia público e que dominaron dende o inicio. A primeira das etapas supuxo dúas pasadas ao vistoso tramo urbán famoso de edicións anteriores; a primeira de recoñecemento e a segunda puntuable para a clasificación. Trala disputa desta primeira etapa, os irmáns González deitaríanse na segunda posición. No primeiro tramo da segunda xornada, o Ford Escort RS2000 de Ourense Capital Termal xa comezaba a dar mostrar das súas pretensións neste rali e encaramábase á primeira posición que xa non abandonaría en toda a proba, facendo un rali sobresaínte logrando seis scratch dos 11 tramos disputados. No podio acompañaron aos ourensáns, os actuais líderes, Breda-Alaña, e de terceiros os ourensáns Marcos Fernádez Adán e Víctor Carballo. En velocidade, os locais Jesús Ferreiro - Marín Segade con Porsche Carrera RS foron os campións. A

parella formada por Jorge Rantur e Alex Cid a bordo dun potente Escort RS2000 púxolles as cousas difíciles ata que tiveron que abandonar por unha desafortunada avaría. Clasificación xeral Con esta vitoria, os irmáns González afiánzanse na segunda posición da xe-

ral da Copa de España de Regularidade Sport para vehículos históricos, logrando ampliar a súa vantaxe sobre os terceiros -Gui-Gui-, actuais campións de España. Pola parte de arriba recortan distancias cos primeiros (Breda-Alaña) que lograron a segunda posición en Melide grazas ao abandono do equipo asturiano formado

por Fernández-Fernández a bordo dun Ford Fiesta 1.6. Próxima cita A seguinte proba do calendario será o III Rali Villa de Pravia Histórico, penúltima do calendario, que se disputará os días 13 e 14 de outubro. Ricardo González e Jose Luis González tentarán nes-

Os irmáns González co seu Ford Scort RS2000 no rali de Melide

ta proba “recortar puntos aos líderes para así xogarse o todo polo todo na última proba do campionato a celebrar no Costa Brava”, pero sen “descoidar aos terceiros, xa que un erro pode facer que saiamos da segunda posición”, comentaba José Luis González.

Os irmáns González tentarán recortar puntos na próxima cita para xogarse o todo polo todo no costa Brava

Rali Ourense Baixa Limia Redacción

Coa celebración do Baixa Limia tan só restarán dúas probas para rematar o Campionato galego de ralis de asfalto, polo que a proba ourensá é unha cita ineludible para os que optan ao triunfo final. Iván Ares intentará gañar e lograr o campionato galego a falta de dúas probas, pero a vitoria en Ourense será complicada, xa que participarán pilotos como Pedro Burgo ou Alberto Meira. Este último proclamárase campión na pasada edición. Álex e Santi Pais do ACSM Rallye Team tentarán facer un bo papel nesta proba, xa que teñen opcións de optar á segunda praza absoluta, aínda que o seu obxectivo é o de ser campións da Copa Top Ten Pirelli de Galicia. Carlos Iván Alonso co seu Mitsubishi Lancer Evo X de RMC será outro dos destacados participantes. En total serán 107 coches os que tomarán a saída no Rali Ourense Baixa Limia este sábado, 8 de outubro.

O coche do ACSM Rallye Team.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

MOTOR

orde pública no desenvolvementto da proba. O delegado de Deportes da Xunta, Mario Guede, lembrou os inicios desta cita deportiva, cando era concelleiro de Deportes de Ourense, véndoa crecer ata chegar ás oito edicións. O xerente do Consello de Deportes, pola súa banda, destacou a importancia de que pilotos novos participen neste evento sendo en certa maneira un apoio ao deporte base. O vicepresidente da Deputación Provincial quixo destacar o labor dos medios de comunicación e o excelente e incansable traballo que levan os organizadores do rali.

Os tramos Catro son os tramos (Lobios, Herdadiña, Muiños e Bande) dos que consta esta edición do Rali OurenseBaixa Limia, os cales serán percorridos polos participantes en dúas ocasións. Pola mañá será o turno dos dous primeiros e pola tarde dos restantes. Un total de 318 quilómetros (87 deles cronometrados) nos que os pilotos galegos se xogarán o campionato autonómico, xa que logo da proba ourensá (e tras suspenderse o Rali do Albariño e, con probabilidade, o do Botafumeiro) o de Serra da Groba clausurará a competición

por este ano. “Non hai aínda nada decidido, os pilotos xóganse todo nestas dúas probas, por iso a grande calidade dos mesmos, xunto ao propio percorrio, fan do Ourense-Baixa Limia un rali complicado e competitivo”, aseguraba Saa. Retransmisión on line Na web www.curuxarallye.info poderase seguir na xornada do sábado a retransmisión do VIII Rali Ourense - Baixa Limia que realizará a emisora oficial da proba. Toda a información da proba na web: www.ourensemotorsport.com e os tempos en www.temposfga.eu.

Un dos coches participantes do rali Ourense Baixa Limia 2010. /ARQUIVO

De esquerda a dereita Mario Guede, Rosendo Fernández, Lito Saa, Camilo Ocampo e Manuel Mosquera na presentación do VIII Rali Ourense - Baixa Limia. /RAMSÉS

Chega o Baixa Limia

4 Presentouse a oitava edición do Rali Ourense - Baixa Limia. Redacción Presentouse o VIII Rali Ourense-Baixa Limia, nun acto no que estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo, o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mosquera, e o

presidente do Comité Organizador da proba, Ángel Saa Hermida. O presidente de Ourense Motor Sport Ángel Saa “Lito” agradeceu o apoio co que conta das institucións e as empresas que fan que este rali sexa posible. No meramente deportivo destacou que as novidades deste ano son a recuperación do tramo de Lobios ou a creación do de Herdadiña. Salientable tamén

é o número de participantes que este ano chega aos 107, entre os cales están os primeiros da clasificación provisional do campionato galego, con Iván Ares que é líder, ademais de 29 pilotos ourensáns, algún deles correndo por primeira vez un rali. Tamén estará Alberto Meira, campión da pasada edición. O subdelegado do Goberno fixo fincapé na seguridade co apoio das forzas de

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

POLIDEPORTIVO

hoquei herba

Golf

4 Comeza a liga esta fin de semana.

4 Cruz Vermella Ourense organiza o IV Memorial Lalo, un torneo benéfico de golf no que haberá 150 participantes.

Cita benéfica no club O Caldaria Barrocás e o Apóstol Ourense, a escea Montealegre Redacción Esta fin de semana comeza a liga da División de Honra B de hoquei herba onde están os equipos ourensáns Caldaria Barrocás e Apóstol Ourense. O Apóstol Ourense vén dun periplo na Primeira División polo que a participación este ano nesta categoría é para afianzarse na competición para vindeiros anos, pensar en máis aló da permanencia é demasiado arriscado. Na primeira xornada da tempada 2011-2012 visita ao Pedralbes catalán.

Caldaria Barrocás Pola súa banda, o Caldaria Barrocás xa é un clásico nesta competición polo que o seu obxectivo está en superar a sexta praza na que rematou a pasada campaña. Os barrocos visitan ao Vallés, segundo equipo do Atlético Terrassa. O Caldaria aposta este ano polos xogadores da casa, xa que dos 16 que conforman a plantilla, tan só dous son foráneos. Miguel Castaño estará ao fronte do equipo por cuarta tempada consecutiva dirixindo aos equipos do CH Barrocás.

Partido do Caldaria Barrocás da pasada tempada. /ARQUIVO

Ourense Bule Bule O Ourense Bule Bule no seu regreso á Primeira División xoga este domingo 9, a partir das 9.00 horas en Mariñamansa contra o Jolaseta no que é a primeira xornada de liga. Primeira División Este sábado 8 de outubro dous encontros de Primeira División dispútanse en Mariñamansa, por unha banda o Calor y Fuego Cudeiro - Albor (ás 16.00 horas) e pola outra (ás 18.00 horas) o Barrocás B - Pabellón.

Redacción Aínda hoxe continúa aberto o prazo de inscrición para participar no IV Memorial Lalo/Torneo Cruz Vermella de golf que se desenvolverá este sábado 8 de outubro, nas instalacións do Montealegre Club de Golf. Co ritmo de inscrición, a organización estima que participarán ao redor de 150 deportistas. O torneo, que dará comezo ás nove da mañá, disputarase na modalidade de xogo stableford a 18 foxos. Segundo o hándicap de cada xogador, a competición divídese en tres categorías: Primeira (ata hándicap de xogo .11); Segunda (de 12 a 18); Terceira (de hándicap 19 a 30). Os participantes poderán degustar un aperitivo no foxo nove do percorrido, e participarán ademais no sorteo de agasallos ao finalizar a competición. Recibirán trofeo os dous primeiros clasificados de cada unha das tres categorías. Ademais os premios especiais serán para o mellor scratch, o mellor approach e o mellor drive. Na edición do 2010, na primeira categoría os 39 puntos conseguidos por Francisco Gómez servíronlle para acabar na primeira posición. Segundo foi José Luís Senra con

38 puntos. Na segunda categoría o gañador foi Marcos Fernández con 41 puntos seguido por Juan Mosquera con 40 puntos. Andrés Ylla, que ademais levou o premio ao mellor drive, foi segundo na terceira categoría con 42 puntos. Primeiro foi Ángel Jiménez con 51 puntos. Completaron a lis-

ta de premiados Jorge Cachaldora Seoane, co mellor approach, e Enrique Pazos García, co mellor scratch. A inscrición para este torneo benéfico ten un custo de 25 euros e poderá formalizarse nas oficinas do club ou solicitando información nos teléfonos 988 256 118 ou 988 256 119.

O club de campo de Montealegre será a sede do IV Memorial Lalo.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

TENIS DE MESA

19

A cara e a cruz do tenis de mesa ourensán

4 Mentres o Galmédica “A” é o pechacancelas do seu grupo, o “B” é o líder da súa categoría. Redacción O pasado 24 de setembro os representantes ouresáns na 2ª División Nacional de tenis de mesa estreáronse na liga regular fronte ao coruñés Club del Mar, ante o que perderon polo tanteo de 2 a 4. Co obxectivo co que se enfronta a este novo curso -o de manter a categoría- o Galmédica Ourense T.M. viaxaba a Ribadumia na segunda xornada de competición buscando compensar o mal trago da primeira, pero a sorte, de novo, non os acompañou e o conxunto ourensán volveu perder, esta vez

fronte ao Cafetería Lareca, polo tanteo de 4 a 2. Dúas derrotas que o sitúan, neste intre, como colista do Grupo 1 da clasificación xeral. Galmédica “B”, líder Pola contra, mellor lle está a ir ao grupo “B” do clube ourensán, que esta tempada desputa a 2ª División Galega, na que, logo de vecer por un contundente 7 a 0 ao Cinania de Cangas na primeira cita da liga, sitúase como flamante líder do Grupo Sur. Próxima cita A vindeira fin de sema-

na chega a quenda de que os conxuntos ourensáns de tenis de mesa retomen a competición e mentres o Galmédica “A” buscará resarcirse no Paco Paz fronte ao Helios de Bembibre, o sábado 8, a partir das 17 horas, o Galmédica “B” desprazarase ao Grove para enfrontarse ao Mecos e intentar conservar o liderato.

O Galmédica A xoga o sábado 8, contra o Helios Bembibre no Paco Paz

Arriba: Ramón Becerra, técnico e xogador do Galmédica A. Abaixo: O Galmédica A (dereita) e o Club do Mar, da Coruña (esquerda).


20

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

POLIDEPORTIVO

A Liga Internacional de Judo comeza mal para o Marbel 4 Perdeu todos os combates da primeira xornada. Redacción Mal comezo do Marbel na Liga Internacional de Judo “Trofeo Cidade de Ourense” que tivo a súa primeira xornada o pasado mes de setembro, e que conta cos mellores equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal. O representante ourensán sufriu en exceso a esixencia deste torneo, e a maior calidade dos adversarios, ademais de lesións e a inexperiencia dalgún dos integrantes, fixo que non acadara ningunha vitoria na primeira xornada. Os pupilos do mestre

Montero perderon contra o Tuvasa Valladolid (0-4), Judo club Lugo (0-4), Famu Vigo A (0-4) e Shiai Coruña (0-4), axustando máis os seus resultados contra o Jiu Jitsu Coruña (1-2) e Barcelos Portugal (1-3). Segunda xornada A segunda xornada terá lugar o 15 de outubro, no pavillón de Oira e, desta xeira tentarase recuperar aos lesionados e poder contar con algunha nova fichaxe para reforzar ao equipo. Tuvasa Valladolid e Arteixo lideran as clasificacións masculina e feminina, respectivamente.

Exhibición de Kick boxing no Bolo.

O kick boxing chega a Viana do Bolo Redacción

Dous judokas nun combate da primeira xornada.

Ximnasia

Sete ourensáns coa selección galega de trampolín

seus compeñeiros galegos partirán ata Albacete para medirse aos saltadores das distintas comunidades autónomas. Copa de España de dobre minitramp e trampolín Ao mesmo tempo disputarase a Copa de España de

O kick boxing, da man de Cipri Gomes chega ata Viana do Bolo, onde tivo unha grande acollida as exhibicións celebradas de kick boxing e wushu no pavillón polideportivo do Bolo asistindo un gran número de público atraído pola novidade da oferta.

A escola deportiva é unha realidade grazas ao convenio de colaboración entre a Fundación Cipri Gomes e o Concello de Viana do Bolo, para promocionar o deporte, a adquisición de hábitos saudables e de facer entender o exercicio físico coma unha ferramenta de saúde, xa desde curtas idades.

dobre minitramp e trampolín, campionato no que participan os dez primeiros ximnastas do ránking nacional de cada modalidade. Carlos Trigo ocupa a terceira e cuarta posición en de dobre minitramp e trampolín respectivamente polo que poderá competir

contra os mellores ximnastas nacionais destas modalidades. Eduardo Novelle, Laura Lecuona e Marta Rodríguez teñen opcións tamén de meterse nas finais das súas disciplinas desta competición, xa que están entre os postos décimo e décimo quinto.

4 Participarán no Campionato de España de seleccións. Redacción Sete ximnastas do Club Ximnasia Pavillón participarán coa selección galega de trampolín no campionato de España de seleccións, achegando case a metade dos compeñentes que representan a Galicia. Grazas ao traballo de

técnicos e ximnastas, o Club Ximnasia Pavillón de Ourense conta cunha ampla representación na selección galega, cando hai tan só dous anos, soamente Carlos Trigo formaba parte da selección de dobre minitramp. O ano pasado sumáronse Eduardo Novelle (trampolín e de dobre minitramp),

Iago Sousa (trampolín) e Laura Lecuona (trampolín e de dobre minitramp), e este anos ademáis dos catro citados únenselles os nomes de María Salas Cid (trampolín e dobre minitramp), Lucas Domuro Arias (trampolín) e Marta Rodríguez Dopazo (dobre minitramp). Estes deportistas xunto cos

Iago Sousa realizando un exercicio.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ACTUALIDADE

Novas instalacións deportivas en Oira

Noticias de empresa

Gran éxito do talonario de outono na súa primeira semana

4 Con piscinas, ximnasio e pistas de pádel. Redacción Nesta semana abríronse ao público as novas instalacións deportivas de Oira, despois de cinco anos pechadas. Oito pistas de pádel, das cales catro son baixo teito e un ximnasio únense ás dúas piscinas (de uso durante o verán) que oferta este complexo deportivo a toda a cidadanía que queira pór en marcha o seu corpo coa práctica deportiva.

Estas instalacións, xunto co próximo polideportivo das Eiroás supuxeron un investimento de máis de nove millóns de euros, segundo apuntaba Genaro Lorenzo, xerente de Serviocio, empresa que levará a xestión das dúas zonas deportivas. Este recinto multiusos acompaña na zona de Oira, ás piscinas gratuítas, o campo de fútbol, futbol 7 e a cancha de volei praia, e o remodelado polideportivo.

O concelleiro de Deportes, Varela, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, estrearon as instalacións deportivas./RAMSÉS

A pista deportiva da Cruz Alta, aberta trala súa remodelación 4 As obras baseáronse na instalación de pavimento filtrante. Redacción A pista deportiva aberta de baloncesto do barrio da Cruz Alta e Milagrosa recupera estes días a súa actividade logo de que a Concellería de Deportes veña de rematar os traballos de mellora integral con novo pavimento filtrante nesta instalación. A intervención, orzamentada en 28.327 euros, supuxo de novo o peche da parcela para a mellora das

súas condicións de seguridade así como o arranxo do pavimentado da cancha. As obras incríbense dentro do Plan de Instalacións Deportivas que a Concellería de Deportes vén desenvolvendo nos últimos anos para a actualización, posta ao día e mellora das infraestruturas deportivas, favorecendo a optimización dos seus usos. Esta actuación responde a unha vella demanda dos propios veciños e contribúe a facer realida-

21

de o compromiso central deste departamento muncipal coa cidadanía, que é o de favorecer e facilitar o acceso á práctica deportiva en todos os sectores. As instalacións deportivas dos barrios e a súa dinamización son parte fundamental no cumprimento deste obxectivo, ao tempo que desde a Concellería continúase a traballar na ampliación e dotación de novas infraestruturas para a cidade.

Saída da bicicletada desde a praza Maior./P.LODEIRO.

Semana da Mobilidade

O Concello de Ourense celebrou a Semana da Mobilidade cunha bicicletada, a presentación dun coche eléctrico de Mitsubishi e a realización de actividades educativas nos colexios. Coincidindo con esta data, o departamento que dirixe Susana Bayo estreou o proxecto “As dúas rodas primeiro” que dá preferencia a motos e bicis nos semáforos.

O comezo da campaña promocional do centro comercial Ponte Vella “Talonario Outono”, que durará ata o 5 de novembro, está a ser un gran éxito. Nestes primeiros días conseguiuse un incremento do 20% sobre a mesma data da edición anterior. O éxito débese á completa oferta do mesmo e aos importantes descontos que ofertan os comerciantes adheridos á mesma, destacando o 10% en Haley (oferta difícil de igualar en alimentación), e que chega ata o 30% de desconto noutros sectores. Os clientes teñen até o 5 de novembro para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todo o talonario de cheques, acudindo aos establecementos que participan, poden aforrar un importe superior aos 1.500 euros. Tamén participan neste talonario Termas de Outariz, Chavasqueira e Prexigueiro, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e un fin de semana en Hotel Rural Casa de Mein.


22

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores 4A nova mundourensá á que entrevistamos é Zuleira Atíes, o buque insignia das Carmelitas de Liga Feminina 2. A cubana segue esta tempada no equipo colexial motivada polo bo ambiente do banco e dos siareiros, “a afección é pouca pero vale por un estadio de fútbol”. R. Torres A seguinte mundourensá que coñecemos máis de preto é toda unha valente que cruzou o océano Atlántico para facer realidade o seu soño: xogar ao baloncesto. Zuleira Atíes, pívot do Carmelitas, aceptou a oferta do conxunto ourensán a comezos de 2011 buscando a gran oportunidade profesional que un país como España podía ofrecerlle. Que che motivou a aceptar a oferta do Codigalco? E a renovar este ano? Zuleira Atíes: “Primeiramente porque é un clube moi familiar, serio e esixente. Este ano, como o meu rendemento lle gustou á directiva e eu estaba moi contenta co ambiente de acá non dubidei en renovar”. Cres que o Carmelitas

evolucionou no tempo que levas acá? Z.A.: “Creo que sí. En parte véxome como un motor impulsor, sobre todo ao ser das máis veteranas. Teño claro que todo o que lle poida transmitir ao equipo fareino”. Como enfocades a nova tempada? Z.A.: “Renovamos moito o cadro con xogadoras novas e adicamos moitas horas de adestramento. Desexamos estar o máis arriba posible e aínda que será a cancha quen decida, nós temos moita disposición”. E a Copa Galicia que estades a desputar? Z.A.: “O noso seguinte encontro é contra o Celta, que aínda que non o coñezo moito sei que é un bo equipo. Cando vaiamos á cancha non dubidaremos

Zuleira promete dar guerra esta tempada. /ARQUIVO.

en saír a por todas. Nunca se pode dicir que non se pode”. Como foi a túa adaptación a Ourense? Z.A.: “Ao principio foi difícil, sobre todo porque ao cambio de horario cústame unha semana acostumarme”. Que foi o mellor e o peor de vir acá? Z.A.: “O mellor, abrirme ao mundo do baloncesto, porque en Cuba non podería competir como acá. Europa dache outras posibilidades. O peor, o clima, pero como o que me importa é xogar ao baloncesto o resto dame igual”. Cales son as principais diferenzas entre o baloncesto en España e en Cuba? Z.A.: “En Cuba hai poucas xogadoras, xógase máis ao contacto, mentras acá

prima a defensa. En España o nivel é moi alto, é un dos mellor países para xogar ao baloncesto”. Que opinión che merece a afección ao baloncesto que existe en Ourense? Z.A.: “A afección acá é moi familiar. A pouca que temos vale por un estadio enteiro de fútbol e contribuiremos co noso xogo para que cada vez haxa máis”.

A cubana nun partido da tempada pasada./ARQUIVO.

4 Máis persoal

- Zuleira Atíes Isaac naceu o 9 de outubro de 1980 en Santiago de Cuba. - Esta impresionante pívot de 1,90 metros de altura, antes de vestir o dorsal 19 do Carmelitas, militou en conxuntos de Hungría, Budapest, Italia ou Ecuador, e foi ademais internacional coa selección do seu país. - Amante da cociña criolla cubana (composta de arroz, polo, frijoles e plátano frito), a cervexa e a cor branca, Zuleira Atíes escaparíase sen dubidalo a Milán.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº42- Ano: III - 7 de outubro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4 A pregunta No número anterior abríamos unha nova sección para que todos participedes de forma activa a través da nosa web mundourense.com e da nosa páxina de Facebook (mundourense.com). Desde estas liñas lanzamos unha pregunta dando a opinión nun e noutro sentido para que vós contestedes o que pensades.

Cres que o equipo de Primeira División de fútbol sala feminino, Ponte Ourense, gañará a liga 2011-2012? SI.

Por que se o ano pasado era o mellor equipo, este ano coa incorporación de Drica o equipo ten máis nivel. Ademais, o Móstoles, adversario directo a pasada tempada, quedou sen tres das súas mellores xogadoras e xa se lle venceu na Supercopa de España (4-1). Se o equipo que lle facía sombra está por debaixo do ano pasado, as de Oscar Vivián teñen máis papeletas de ser campioas de liga.

NON.

É imposible facer unha tempada coma a do ano pasado na que tan só perderon un partido e empataron outro cendendo soamente cinco puntos. Este ano o Atlético de Madrid, Burela, Córdoba (co que xa empatou), Universidade de Alacante e o propio Móstoles farán que a liga estea máis complicada. A isto hai que engadir a baixa (aínda que xa xogou un partido) de Bea Seijas.

4 As respostas dos nosos lectores

Entre as respostas xa recibidas, hai diversidade de opinións: hai quen pensa que conseguir os triunfos da tempada pasada outra vez é bastante improbable e quen considera que, hoxe por hoxe é o mellor candidato ao triunfo ligueiro. Incluso hai quen opina que o outro equipo ourensán, o Cidade, ten posibilidades de facerse coa liga. Aínda estás a tempo de darnos a túa opinión: entra en www.mundourense.com ou na nosa páxina de Facebook e déixanos o teu comentario!

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (V)

Os cabalos regresan ao hipódromo de Antela. /ARQUIVO

Carreiras de cabalos no Hipódromo de Antela Redacción O mércores, 12 de outubro terá lugar no Hipódromo de antela unha nova xornada de carreiras de cabalos, nas que destaca a primeira das carreiras que

é para cabalos nacidos en Ourense. As carreiras comezarán ás 11.00 horas e repartiranse un total de 50.000 euros en premios. Están inscritos máis de cen cabalos, xinetes e amazonas.

O equipo de Eiroás, bronce no galego de pistola central Redacción Medalla de bronce para o equipo do Club de Tiro Eiroás no Campionato galego de pistola fogo central, celebrado en Pontevedra o 18 de setembro. Os tiradores ourensáns Francisco Álvarez, Arturo Rodríguez, Arturo Rodríguez e Juan José Conde, obtiveron o terceiro posto, dun total de sete equipos, sacándolle máis de 140 puntos ao cuarto clasificado. En canto á tirada de outubro correspondente á Copa Deputación de aire comprimido, celebrada a pasada fin de semana, Juan José Conde obtivo 553 puntos en pistola sénior, Nuria García e Beatriz Pereira empataron

a 354 puntos en damas, e Francisco Javier Vilas sumou 569 puntos en carabina aire. En veteráns, Guillermo Cosque fixo 553 puntos, seguido de José Antonio Cortés con 531 puntos, Pedro Bermejo con 498 e Arturo Rodríguez con 492, mentres que en veteráns sénior Miguel Valea acadou 514 puntos. A próxima cita deportiva destacada en Eiroás é o Campionato Galego de Aire Comprimido o 23 de outubro, no que participan preto dun cento de tiradores. Antes o club ourensán acolle o día 15 a 6ª fase do Campionato de regularidade de prato; e o día 16 o Campionato autonómico de fogo central e pistola damas, con entrega de trofeos.

9.- No proceso de formación hai unhas normas básicas no seu funcionamento. Unha primeira é que todos os nenos teñen que xogar o 40% dos minutos da tempada, unha segunda é que todo se fai con balón, salvo raras excepcións, e unha terceira, que en todas as categorías debe haber dous, tres ou catro rapaces por baixo da súa idade. Un futbolista de verdade ten que ser capaz de ser cadete e xogar no xuvenil. “Deus xulga á arbore polos seus froitos; non polas súas raíces” 10.- A integración do novo xogador no club ha de ser primordial e fundamental. Para iso, o club ha de facer da mestizaxe un exemplo a seguir, respectando a raza e a relixión de todos os nenos. “Xogar ao fútbol é facer amigos” 12.- Tamén hai momentos desagradables. O peor é dicirlles aos nenos que se teñen que ir. Durante e ao final de ano o coordinador do futbol base ten entrevistas cos pais, que son os encargados de facerllo entender. “A mellor preparación para o mañá é realizar optimamente o traballo de hoxe” 13 .- Mellores servizos médicos. A mutualidade do fútbol base é moi precaria tanto en calidade como en recursos, cando

Alfonso Vilachá. a saúde é o primeiro paso necesario para practicar deporte. “Saúde e deporte son inseparables” B.- NIVEL INFRAESTRUCTURAL 1.- Falta de instalacións en lugares onde a necesidade é apremiante. 2. Instalacións máis dignas, na maioría dos casos a anos luz doutras comunidades. C.- NIVEL DEPORTIVO 1.- Apostas decidido a todos os niveis desde os Clubs, Federación e Institucións públicas. Concellos, Deputacións, Xunta coa esixencia de proxectos serios, realistas, fiables e controlados. 2. Apostar sen paliativos por técnicos-educadores cualificados. “Un técnico de fútbol base que gaña case todo, non traballou polo futuro dos seus mozos xogadores senón polo seu porvir”. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol


24

BARRIOS DEPORTIVO 7 de outubro de 2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.