12 Sept 2011 - BD Nº40

Page 1

Defendendo as nosas cores:

CICLISMO

TIRO

Moncoutiè gaña en Manzaneda nun final inédito da Volta Ciclista a España páx.4

Entrevista ao vicepresidente do Club Eiroás: “No tiro o que queres é superarte a ti mesmo” páx. 5

Bo arranque para o CD Ourense

Sarita, do Ponte páx. 10

FÚTBOL SALA

Polémica no fútbol sala feminino polo futuro deportivo dunha xogadora do Cidade páx. 9

[páx. 7]

Número: 40 - Ano: III - 9 de setembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

López Jaén lévase o Futures “Cidade de Ourense” 4 Tras vencer na final a Iván Arenas por 6/3 6/2. Redacción O tenista español Miguel Ángel López Jaén foi o gañador do torneo Futures “Cidade de Ourense” despois de vencer na final ao tamén español Iván Arenas por un claro 6/3 6/2. Na final, López Jaén demostrou o seu nivel deixando ao seu contrincante sen opción algunha á vitoria desde os primeiros minutos da final. Nos inicios de cada set López Jaén sacaba unha renda imposible de contrarrestar a Arenas (3-0 e 4-0 de vantaxe respectivamente) o que fixo que non perigara o título. Na súa dilatada carreira, Miguel Ángel López Jaén

conseguía co Futures de Ourense o seu décimo título. López Jaén ten sonadas vitorias ante tenistas como David Ferrer, Nicolás Almagro ou Fernando Verdasco. No 2009, este tenista lograba ocupar o posto 171 del ranking mundial ATP. Pola súa banda, Iván Arenas lograba en Ourense a súa mellor posición nun campionato Futures sendo a revelación do torneo ao vencer a xogadores da talla de Taro Daniel, Andrés Artuñedo e Roberto Ortega, favoritos para alzarse co título; con estes puntos, Arenas logrou subir 200 postos na lista ATP.

TENIS - AXENDA

Valeria López, con tendencia ascendente Redacción A tenista Valería López ven de participar en varios torneos nas pasadas semanas con moito éxito. En Pontevedra, no Circulo Mercantil, Valeria proclamouse campioa no Open Virgen de La Peregrina ao vencer na final a Iría Costas por 6/0, 6/4 nun cadro que contaba con 32 xogadoras de Galicia e Madrid. En Vigo, nas pistas do Club Tenis Nigrán (praia

Fútbol

- Día 11 de setembro. Estadio dos Carrís. UD Barbadás - Mondariz. - Día 11 de setembro. Celanova. Sporting Celanova CD Ourense B. - Día 17. Pavillón dos Remedios. Pabellón CF - Torrelavega. - Día 18 de setembro. Estadio do Couto. CD Ourense - Dorneda. - Día 18 de setembro. CD Ourense B - Tomiño. - Día 18 de setembro. Estadio José Arjiz. Verín - Pontellas.

Fútbol sala

- Día 10 de setembro. Pavillón dos Remedios -17.00 horas. Ponte Ourense - Cajasur Córdoba. - Día 17 de setembro. Pavillón dos Remedios -17.00 horas-. Copa Ibérica entre o Ponte Ourense e o F.C. Vermoim.

Atletismo

A tenista ourensá Valeria López

Pádel solidario en Ramirás Redacción

O gañador do futures de Ourense, López Jaén.

América), Valeria volveu quedar campioa, vencendo á madrileña María Ejido na final polo resultado de 6/0, 6/1 nun cadro de 16 xogadoras. E na Coruña, no torneo máis importante de carácter nacional e patrocinado pola Fundación do Tenis Español, Valeria ,tras eliminar a cabeza de serie número un do torneo, Carmen Blasco, plantouse na final, onde non puido derrocar a Estefanía Mariño, cabeza de serie número dous.

4 Axenda deportiva

As instalacións do Club Tenis Ourense de Ramirás serán a sede, ata o 17 de setembro, do VII Torneo de pádel Unicef Ourense. Como cada ano, desde fai sete, a recadación das inscricións do torneo será íntegra para Unicef. O torneo consta de dúas pro-

bas: o dobres masculino e o dobres feminino. A final terá lugar o sábado 17, día no que haberá unha cea aberta a todo o mundo e na que no transcurso da mesma entregaranse os premios aos gañadores do campionato. A cea será no Pazo de Ramirás e ten un custo de 25 euros para os adultos e de 10 para os nenos. As entradas pódense adquirir no Club Tenis Ourense e na oficina de UNICEF Comité Ourense en Paseo, 24 1º.

- Día 11 de setembro. As Lagoas -12.00 horas-. III carreira do circuíto “Correndo por Ourense” - Carreira da Casa da Xuventude-. - Día 11 de setembro. Ribadavia -11.00 horas-. Carreira solidaria “Regala un bosque”. - Día 18 de setembro. Manzaneda -8.00 horas-. VI Maratón de montaña “Penedos do lobo”. - Día 18 de setembro. Manzaneda -9.30 horas-. Cross de montaña “Penedos do lobo”. - Día 2 de outubro - Ourense - 9.00 horas - V Maratón do Miño.

Andaina

- Día 11 de setembro. Ribadavia -11.00 horas-. Andaina solidaria “Regala un bosque”. - Día 18 de setembro. Manzaneda -8.15 horas-. Andaina “Penedos do lobo”.

BTT

- Día 18 de setembro. Manzaneda -9.00 horas-. BTT “Penedos do lobo”.

Hoquei

- Días 9, 10 e 11 de setembro. Campo de Mariñamansa “VI Octopus Hockey Festival” Open Internacional de veteráns.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

WUSHU - BTT

Pablo Rodríguez, de 32 en Champéry

4 Un mal día fíxoo caer a esa posición no mundial de BTT. Redacción O ciclista do Actyon Academia Postal, Pablo Rodríguez, rematou no posto 32 da proba júnior do Mundial de BTT celebrado na localidade suiza de Champéry, e sen dar sensacións en ningún momento de ter un bo día. Xa nos primeiros metros

notábase que o ourensán non ía fino e se amosaba por debaixo do seu potencial, polo visto nas últimas citas da copa do mundo e no europeo. A medida que pasaban os quilómetros, as sensacións non chegaban as pernas de Pablo e ao final cedía 8.14 minutos con respecto ao gañador da proba, o francés

Pablo Rodríguez en Champèry -Suiza-.

O Wushu galego adestrou en China 4 Durante tres semanas cos campións do mundo. Redacción O pasado mes de agosto o ourensán José Gago, director galego de wushu, desprazouse a Shanghai con varios deportistas da selección galega para realizar un curso intensivo de tecnificación cos adestradores do equipo de wushu desta cidade. A experiencia foi moi positiva e os deportistas, Ezequiel Gago de Ourense e José Manuel Ferreira de Verín, entre outros, puideron adestrar cos campións do mundo da súa especialidade. Esta oportunidade de adestrar cos mellores mestres de China e cos campións do mundo foi posible grazas á continua e boa relación do mestre José Gago coa Federación china de wushu e a súa amizade e colaboración con algúns dos máis grandes mestres

de wushu e tai chi en China. Os deportistas aproveitaron ao máximo as tres semanas de adestramento con sesións de mañá e tarde, regresando entusiasmados polo traballo realizado e pola oportunidade de po-

José Gago.

der ver e adestrar cos seus ídolos neste deporte. As expectativas da selección galega para a próxima tempada son, segundo o mestre José Gago, ser o mellor equipo de España. Exhibición de José Gago en Malaisia Dende China, José Gago, viaxou a Malaisia para representar a España nunha exhibición de tai chi e nun posterior curso internacional de mestres desta arte marcial. A conferencia de inauguración estivo presidida polo viceministro de Cultura daquel país, e durante a cea posterior, á que asistiron máis de 300 persoas relacionadas coa cultura e o deporte, realizaron unha demostración de wushu e tai chi a cargo de 27 mestres de Malaisia e representantes de distintos países, entre eles estaba invitado José Gago. A súa demostración de tai chi foi de gran calidade sorprendendo a todos os presentes e converténdose na estrela da noite. A xente achegouse ao escenario para velo mellor, sacar fotos e aplaudilo.

Victor Koretzy. A pesar do mal día do ciclista macedán, o seleccionador nacional, Cristobal Sánchez, destacaba que non había que xulgalo “por esta carreira” se non que había que mirar “a gran campaña que fixo que foi de sobrasaínte”, dando mostras da importante progresión do ciclista.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

VOLTA A ESPAÑA

Manzaneda escríbese con M de Moncoutiè

David Moncoutiè chegando á liña de meta de Manzaneda. /RAMSÉS

4 David Moncoutiè foi o máis rápido na undécima etapa da volta con final na estación de montaña ourensá. R. Torres O galo do Cofidis, David Moncoutiè, foi o vencedor da única etapa da Volta a España que pisaba terras ourensás. Tras 168 quilómetros, Moncoutiè foi o primeiro en sobrepasar a liña de meta instalada na esta-

ción de montaña de Manzaneda, 4 horas e 38 minutos despois de saír desde Verín. A 1.18 minutos chegarían Beñat Intxausti (Movistar) e Luis León Sánchez. No grupo de favoritos, Joaquim “Purito” Rodríguez foi o que máis se moveu e a menos dun par de

quilómetros atacou, colleitando unha vantaxe de 7 segundos ao primeiro grupo importante en chegar á meta e, máis de medio minuto ao ata entón líder da ronda, Christopher Froome. Sen moitas diferenzas entre os favoritos en meta, o que si fixo a etapa con final

O esforzo da etapa reflexábase nas facianas dos ciclistas na meta. /RAMSÉS

en Manzaneda foi que Bradley Wiggins vista o maillot vermello como líder provisional da clasificación xeral e sexa un dos claros favoritos a ser o campión final da proba española. O exciclista, Fernando Escartín, agora traballando en temas de organización de carreira, mostrábase satisfeito con esta etapa con final inédito da Volta a España e daba como favorito en Madrid ao italiano Nibali. Equivocouse de cheo.

De Manzaneda saiu o británico Bradley Wiggins como líder da volta ciclista a España

De arriba a abaixo: A saída da etapa con Verín ao fondo. Chegada á meta de “Purito” Rodríguez. Christopher Froome cedeu o maillot de Líder en Manzaneda. Moncoutiè celebra a vitoria no podio. /BORYS E RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

ENTREVISTA

Entrevista ao vicepresidente do Club de Tiro Eiroás:

“No tiro non compites con ninguén, o que queres é superarte a ti mesmo” 4 Coñecemos un pouco máis deste deporte da man de Julián Encinas. P.Lodeiro Con medio século de vida e ao redor de 350 socios, o Club de Tiro Eiroás afronta o futuro co reto de mellorar as súas instalacións (logo de ampliar a galería de aire comprimido, o obxectivo é colocar postos automáticos na galería de 25 e 50 metros) e sumar novos practicantes a este deporte, sobre todo na modalidade de carabina. Que modalidades se practican en Eiroás? Julián Encinas: “Todas as modalidades de tiro deportivo: carabina e pistola de aire comprimido e de fogo real con armas do calibre 22, groso calibre, etc., tiro

ao prato, e tiro práctico”. Cal ten máis practicantes? J.E.: “En Eiroás gusta máis tirar coas pistolas, tanto de aire como de groso calibre, porque son máis manexables. A parafernalia dos tiradores de carabina é moito maior que a do tirador de pistola, que colle o seu maletín, leva a súa pistola dentro, vai vestido normal, chega e dispara; o tirador de carabina leva traxe especial, botas especiais, levan uns maletóns... ” O voso deporte emprega armas, mais é moi seguro... J.E.: “Os tiradores e a xente que os prepara, árbitros e demais teñen un es-

pecial coidado no manexo das armas, os disparos só se producen no polígono de tiro. Levo case 40 anos no tiro, arbitrei moitísimas veces campionatos provinciais, autonómicos, nacionais e europeos e nunca vin un fallo. Está considerado un deporte tan perigoso como o xadrez (ri...). Ti preguntas a alguén se escoitou falar dun accidente nun campo de tiro e dirache que non sabe, pregúntalle se hai accidentes na caza, ou os nenos que xogan pola rúa coas carabinas estas de aire comprimido que lle compran os pais... hai moito máis perigo nesas escopetas de balíns e nos cazadores

Parte da directiva do club de tiro nunha visita do secretario xeral de Deporte./P.L. que no tiro olímpico”. Que valores transmite este deporte? J.E.: “Ten uns valores ata psico-somáticos, tes que preparar o corpo, porque un tirador pode ser calquera persoa, pero se queres conseguir metas tes que preparar o corpo como calquera outro deporte. Ademais é un deporte que afecta moito á mente, tes que estar moi concentrado, soltas adrenalina, prepáraste mentalmente, incluso a grandes niveis hai psicólogos”. O ambiente e a rivalidade nas competicións son moi sans, non? J.E.: “Ese é o gran valor do tiro, aquí non hai

ninguén contra ninguén, se acaso contra ti mesmo. Porque queres superarte a ti mesmo, por iso é o propio tirador o que quere batir o seu propio récord. É un deporte san, hai as súas diferenzas como en todas parte pero á hora da práctica ningunha. Eu vin competicións de tirar cento e pico persoas e nunca vin un roce”. Tedes un problema de falta de novos practicantes. J.E.:“Efectivamente, estamos niso pero non temos feito unha verdadeira campaña de captación de socios, para iso hai dous inconvintes, o diñeiro e a falta de xente”. Como é o nivel dos tira-

dores ourensáns? J.E.: “A verdade é que non é moi alto, hai catro ou cinco tiradores que poden destacar, e algúns están a nivel nacional, pero en xeral o nivel é medio. Pero é así por todo o que estou explicando, por falta de tempo, de medios, de diñeiro, de entrenadores... Aquí somos amateurs”. Non se gañan cartos... J.E.: “Non, non; non se perde (diñeiro) porque o utilizas para a túa satisfacción, pero incluso os tiradores de elite que representan a Ourense e a Galicia e que van a campionatos nacionais, o diñeiro que lles facilitan non lles cubre”.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

BALONCESTO

Guillandeaux completa o Carmelitas e Pabellón COB e Sony Vázquez, o ABO arrincan a tempada 4 O novo xogador cobista vén de aterrar en Ourense mentres que o ex do Augas de Sousas xa adestra co representante ourensán na Liga EBA. Redacción Uns veñen e outros marchan… iso pensarán os seareiros do Club Ourense Baloncesto que logo de ver durante anos como Sony Vázquez defendía as cores do seu equipo, incluso co brazalete de capitán, agora o xogador pasa a formar parte do conxunto 20112012 do ABO de Alberto Fafián na Liga EBA. Mentres, o renovado COB vén de completar a súa plantilla coa chegada a Ourense da única fichaxe que faltaba nos adestramentos, Ruben Guillandeaux. Guillandeaux chegou cunha semana de retraso en relación aos seus compañeiros, pero coa vantaxe de xogar durante o verán na Liga dominicana. “Todos os xogadores son importantes porque queremos ter un equipo compacto, pero é certo que polas súas condicións é un xogador que debería ser moi importante para nós. Temos que tentar sacar en Europa o que demostrou en Estados Unidos”, confesou Domínguez. O aleiro norteamericán pisou a cidade das Burgas o martes 6 e comezou a adestrar cos seus novos compañeiros ao día seguinte, na que foi a décimo sétima sesión de preparación do conxunto que dirixe Rubén Dominguez. O COB está ás portas do

O que fora capitán do COB, Sony Vázquez, xogará esta tempada no ABO./ARQUIVO. seu primeiro enfrentamento, unha cita amistosa (das sete que ten previstas durante a pretempada) que terá lugar o vindeiro 10 de setembro ás 7 da tarde no Pazo Universitario de Lugo ante os Estudiantes da Liga EBA, que se celebrará a portas pechadas. A continuación, o COB deberá xa afrontar a volta á competición oficial, farao o 17 de setembro ante o Breogán na Copa de Galicia e estréase na liga o 9 de outubro fronte ao Lan Mobel xogando como local. Sony pasa á Liga EBA Sony Vázquez, ex-capitán do Club Ourense Baloncesto, vén de convertirse na última incorporación do ABO, o conxunto dirixido por Alberto que milita na Liga EBA. E súmase así

ás entradas do ala-pívot Nacho (procedente do Allariz), Antón Regal (tamén vinculado ao COB) e Tizón (ex do Cruz Alta). Xunto a eles, sairán á cancha de novo Kike, Diego Peletero, Alex e Vila; e farano a partir do día 20 nos encontros de pretempada e do 22 de outubro na liga regular. Pola súa banda, continúan as negociacións con de la Casa e Michael Conde.

O COB xoga o 17 de setembro a Copa Galicia e o 9 de outubro, o primeiro partido de liga

4 As colexialas desde o 1 de setembro e as pabellonistas o 9. Redacción Mes e medio antes de que arrinque oficialmente a competición en Liga Feminina 2, os dous conxuntos ourensáns da categoría ultiman fichaxes e prepáranse para a pretempada. Mentres o Codigalco nos vén de sorprender cunha nova incorporación, a de Laura Alonso, nunha plantilla que pensabamos pechada, o Pabellón presentará aínda oficialmente ao seu conxunto para o curso 2011-2012, o venres 9 de setembro. O Codigalco Carmelitas arrancou o pasado día 1 os adestramentos de pretempada, aínda que con tan só 7 das súas xogadoras, entre as que se atopan a última das fichaxes colexiais, Laura Alonso, que debuta en categoría sénior logo de deixar o conxunto júnior do RC Celta. Cun 1,79 m de estatura e xogando en posición ¾, Alonso achegaralle ao equipo de Juan Rodríguez a súa ampla experiencia

en campionatos nacionais. Esta nova xogadora reunirase con todo o banco do Carmelitas o vindeiro 12 de setembro, data na que está previsto que comece a preparación do vindeiro curso coa plantilla ao completo, xa que se unirán ao grupo Aties e Simmons. As colexialas disputarán varios partidos antes do comezo da liga: o primeiro deles o encontro da Copa Galicia fronte ao Ensino en Nogueira de Ramuín, o 24 de setembro. O 1 de outubro viaxarán a Bembribe para enfrontarse co equipo local nun amistoso e o 15 de outubro farán a presentación en casa fronte ao Arxil, unha semana antes do inicio ligueiro. O novo Pabellón preséntase o venres O venres, 9 de setembro, ás 18.15 horas nos Remedios, serán presentadas oficialmente as xogadoras que integrarán o Pabellón Ourense da vindeira tempada, das que só se mantén unha con respecto ao ano

Entrenamento do Carmelitas./RAMSÉS.

anterior; caras novas para un cambio de imaxe: á continuidade de Julia Tornberg (que repite nas filas pavillonistas) únese nesta tempada Begoña Pallardó (procedente do Burgos), Noelia Cacheiro (ex xogadora da NCAA), María Álvarez e Míriam Bolívar (ata agora xogadoras do Carmelitas), Stephanie Geeham, Nuria Ramírez, María José Bolonio e Brittney Scott, a quen se lles unirá a xogadora júnior Belén Sabucedo. O Pabellón Ourense pretende realizar cinco ou seis partidos de pretempada. Dous fixos de Copa Xunta, e dependendo de se chegan á final ou non xogarán tres ou catro amigables; Lisardo Rodríguez quere xogar en total antes de que comece a liga uns cinco ou seis partidos. Derbi O primeiro dos derbis entre Carmelitas e Pabellón será o mércores, 28 de setembro, nos Remedios, correspondente á Copa Galicia.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

FÚTBOL

Bo comezo do Ourense 4 Dúas vitorias en dúas xornadas e a clasificación para a segunda ronda da Copa Federación son a bagaxe deste inicio de tempada para os de Salinas. R.T. Non puido comezar mellor. O novo CD Ourense comeza ben a tempada despois de clasificarse para a segunda ronda da Copa Federación e lograr os seis primeiros puntos disputados nesta liga, a súa cuarta participación consecutiva na Terceira División. No primeiro partido de liga disputado no estadio do Couto, o CD Ourense foi superior ao Sanxenxo en boa parte dos 90 minutos disputados. O 1-0 chegaría no minuto dous da segunda metade cunha internada á área de Lucho, que fai que Eder remate ás mallas do equipo visitante. A partir dese momento os de Salinas repregáronse e nos últimos

minutos de partido o equipo “rojillo” pedía a hora tralos numerosos centros á porta de Pato. Despois do partido, o adestrador visitante destacou a calidade dos ourensáns e profetizou que será un dos dous mellores conxuntos da liga. Pola súa banda, Patxi Salinas destacou o dominio local na maior parte do tempo do encontro pero deixou unha advertencia aos afeccionados: “partido coma este, de meter un gol e sufrir vanse ver moitos nesta tempada; nesta liga gañar por goleada é case imposible”. Para Salinas a plantilla é moi curta e necesita dous xogadores máis (un xa o ten) para afrontar con garantías a liga, “a Copa é

moi bonita pero polo que fagamos na liga é polo que se nos vai a xulgar”, afirmaba o técnico vasco. Reforzo galés O técnico vasco reforza o mediocentro con Matthew Thomas Crowell; este galés procedente do Port Talbot Town. Natural de Bridgend (Gales), Crowell, de 27 anos, chega a Ourense para suplir o baleiro que deixou Antonio no mediocentro trala súa marcha ao Pontevedra e que tanto preocupaba a Patxi Salinas. Cunha ampla traxectoria ás súas costas, este internacional vestiu as camisetas de, entre outros, o Southampton, Northwich, Central Coast Mariners ou Farnborough; ata que a pa-

CD Ourense suma seis puntos nas dúas primeiras xornadas de liga. /RAMSÉS sada tempada militou nas filas do Port Talbot Town do seu país natal, co que se fixo coa sexta praza da Premier League galesa e do que aínda se despediu a pasada fin de semana contribuindo na súa vitoria. A chegada deste xogador ao Ourense é froito da forte aposta que

fixo por el o seu novo técnico. “Eu coñezoo dende fai tempo e xa o intentara traer a España noutras ocasións. É traballador, agresivo e incansable, e, ademais, xa foi internacional con Gales, o que lle aporta gran experiencia”, asegurou Patxi Salinas.

CD Ourense visita este domingo ao Somoza e sete días máis tarde recibe no Couto ao Dorneda coruñés


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

FÚTBOL SALA

O cadro pontino celebra a consecución da supercopa de España ante o Móstoles. /GOLSALA.COM

Dous títulos para abrir boca

4 Copa Ibérica e Supercopa de España xa locen nas vitrinas do Ponte Ourense. R. Torres Con dous títulos no peto -Copa Ibérica e Supercopa de España- é como chega o Ponte Ourense ao inicio de liga, na que parte como

o gran favorito para revalidar o título. Na primeira xornada as de Óscar Vivián visitan a cancha do recén ascendido Majadahonda, onde tentarán continuar coa boa racha de resultados

que colleitaron durante a pretempada (Copa Ibérica, Supercopa de España e vitoria na primeira xornada da Copa Xunta). Para iso, o adestrador contará con todas as xogadoras para fir-

Sarita controla o balón ante unha xogadora do Móstoles na Supercopa de España celebrada en Torrejón de Ardoz. /GOLSALA.COM

mar unha vitoria e mostrar as súas credenciais para a liga. O seu máximo rival do ano pasado, o Móstoles, cun equipo inferior ao do ano anterior visita terras da mariña lucense para enfrontarse a un renovado Burela. Dous títulos para comezar O primeiro dos títulos que disputaba o cadro pontino este verán foi o da Copa Ibérica contra o campión da liga portuguesa o Vermoim. O encontro que tivo lugar no pavillón dos Remedios ourensán estivo marcado na primeira parte pola igualdade no terreo de xogo índose ao descanso as locais cunha renda de 3-1 a pesar de que as oportunidades máis claras foron para as portuguesas. Xa na reanudación, a calidade das pontinas fixo que o marcador despuntara a favor das locais para chegar ao final do tempo regulamentario

co resultado de 9-2. Este partido foi a presentación ante a súa afección do novo adestrador, Oscar Vivián e da nova xogadora chegada do Rioja Diamante, Drica que apunta maneiras. Sete días máis tarde en Torrejón de Ardoz, as pontinas disputaron a Supercopa de España contra o Móstoles; nos primeiro intres o dominio era alterno pero pouco a pouco as madrileñas dispoñían de mellores ocasións pero quedaban en nada ante unha gran Eva baixo os paus. Sacudidos os nervios dos primeiros minutos o Ponte Ourense logrou anotar dous tantos antes do descanso (obra de Souza e Ampi) o que facía que a balanza se decantara para o cadro ourensán. Na reanudación, de novo Souza sacaba o seu potente disparo e logra o 3-0. As madrileñas lonxe de amilanarse tentaban recortar

distancia pero topábanse en cada xogada cunha inconmensurable Eva que o paraba todo. O cuarto gol chegaría nun un contra un entre Ampi e Patri Chamorro, que facía á desesperada de porteira - xogadora, que nada puido facer co disparo da andaluza. O gol da honra foi firmado por Ju Delgado pero non foi suficiente para que a Supercopa viaxara ata Ourense. Na primeira xornada da copa Xunta golearon (10-2) ao Amarelle polo que teñen preto as semifinais da competición.

Drica no partido da copa Xunta.

Ponte Ourense visita ao Majadahonda na primeira xornada de liga da Primeira División de fútbol sala feminino

/RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

FÚTBOL SALA

Cidade As Burgas, dispostas a quentar a liga 4 O equipo ourensán afronta a segunda tempada na elite do fútbol sala feminino con gañas de repetir a gran campaña relizada o pasado ano. R. Torres Chega a liga de fútbol sa la feminino e as xogadoras do Cidade As Burgas non lles pasa o tempo para que o sábado, 10 de setembro, a partir das 17 horas salten á cancha central do pavillón dos Remedios onde disputarán a primeira xornada desta tempada 2011-2012 fronte ao Lacturale Orvina, que ven de reforzarse considerablemente con respecto ao ano pasado, fichando a dúas xogadoras chave do Valladolid sendo unha delas a ourensá Andrea. “Comezamos con moita ilusión xa que debutamos na casa e agardamos ter unha primeira volta similar á do ano pasado. Pero temos que ter coidado porque o Orvina reforzouse con dúas xogadoras do Valladolid e non vai a ser nada sinxelo vencer”, comentaba Codese, quen “só agardo puntuar en dous ou tres partidos dos cinco primeiros para coller moral para o resto do ano”. O inicio da 2011-2012 para as de Codeso comeza co enfrontamente contra o Orvina para seguir contra o Diamante Rioja e Rubi como visitante, e o Valladolid e o Universidade de Alacante nos Remedios, nas cinco primeira xornadas da Primeira División de fútbol sala feminino. Carmen, recuperada A xogadora do Cidade, Carmen, que o ano pasado

A plantilla do Cidade xunto ás Burgas que lle dan nome ao club./RAMSÉS. pasouno prácticamente en blanco por mor dunha lesión no xeonllo (apenas xogou uns minutos en toda a tempada), xa está totalmente recuperada e pode ser un reforzo de luxo para o equipo franxiverde.

O Cidade As Burgas comeza a liga o sábado, 10 de setembro contra un reforzado Lacturale Orvina. O encontro será a partir das 17.00 horas na cancha central do pavillón dos Remedios. As ourensás chegan con moita ilusión a este inicio ligueiro

Novo episidio do conflicto Sotelo 4 O Cidade manda un comuncado defendo a súa postura. Redacción O caso Vanessa Sotelo segue dando que falar. A última nova deste caso foi o comunicado oficial que desde o club Cidade As Burgas fixeron chegar a todos os medios de comunicación. Nel, a xunta directiva quere sair ao paso das descalificacións que está sufrindo o club por parte dalgúns medios de comunicación que insinuan que reteñen contra a súa vontade a xogadora Vanessa Sotelo. O Cidade deféndese das acusacións dicindo que a xogadora está vinculada ao club “por esta tempada” e que toda vinculación “ entre unha deportista e o seu su club ven determinada en cada caso polo que dispón os regulamentos federativos, que son refrendados polo Consello Superior de Deportes e regulan prolixamente estas cuestións para todos os que integran a organización federativa”. Outro dos puntos do comunicado é a negación de que pediran diñeiro polo traspaso da xogadora. Argumentan que “o corpo técnico non se plantexa opción alguna máis que seguir contando co concurso e participación da máxima goleadora do noso primeiro equipo, peza chave do noso proxecto deportivo inmediato”, e aseguran que de non ser así, o que pretenden é “intentar chegar a un acordo beneficioso para as partes interesa-

das”. Remata o comunicado lamentando “acusacións inxustas e infundados xuízos de valor sen nin sequera ter tratado de recabar antes a postura do club” e “agradecer a Fernando Varela, concelleiro de Deportes, o interese e preocupación de saber a versión do noso club, e pedir disculpas polos danos que se poidan estar causando a entidades como Pabellón C.F.” que “non teñen nada que ver connosco”. Case perdida Manolo Codeso, respecto a este caso, sincérase e comenta que “nós a temos case perdida, pero o que me fastidian son as formas e as numerosas falsedades que se están a dicir ao redor do noso club”. Codeso aproveita para dirixirse á xogadora e ao seu propio pai e confesa que “deberían frear isto. Nós portámonos moi ben con ela e non merecemos o que está a pasar nin eu, nin Camilo (presidente do Cidade As Burgas), nin a directiva do Pavillón, nin o Concelleiro de Deportes”. Por outra banda, o técnico ourensán diríxese ao Ponte, “paréceme que se está levando esta historia a un ámbito que non é o deportivo. Nós pelexamos polos nosos dereitos, por iso agardamos que o Ponte se poña en contacto connosco para que as directivas se poñan dacordo. Non é cuestión de cartos, o que buscamos é poder plantexar o futuro do noso equipo, nada máis”.


10

BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores 4 A nosa seguinte mundourensá en ser entrevistada é un dos referentes no fútbol sala feminino español. Trátase de Sara Moreno, “Sarita”, que unha tempada máis seguirá a defender as cores do Ponte Ourense, actual campión da División de Honra, Supercopa e Copa Ibérica. R. Torres Nesta ocasión a mundourensá que nos deixou coñecela un pouco máis de preto é, sen dúbida, das mellores xogadoras de fútbol sala feminino do noso país. Convocada coa selección nacional, Sara Moreno, máis coñecida como “Sarita”, é ala-pívot do Ponte Ourense dende a tempada pasada. Carácter, gracia e profesionalidade combínanse á perfección nesta cordobesa de 26 anos que cambiou o seu cálido sur polo frío norte en busca de mellorar como xogadora e como persoa e que deixa coa boca aberta a propios e estranos cando pisa a cancha. Que te motivou a aceptar a oferta do Ponte Ourense o ano pasado? Sara Moreno: “A verdade é que me atraeu moito o proxecto deportivo. Ademais, faláranme moi ben, non só do equipo senón tamén da súa calidade humá e coñecía a xente de aquí. En Córdoba sentín que rematara un ciclo e buscaba unha experiencia nova”.

Sarita anima aos ourensáns a que se acheguen a ver aos seus dous equipos de fútbol sala feminino. “Engancharanse”, asegura.

E que te levou a renovar? S.M.: “Basicamente o mesmo: o grupo, o nivel humán, o trato que me deron. Tanto a nivel persoal como deportivo cumplíronse as miñas expectativas e decidín continuar un ano máis”. Ao longo da túa estadía no Ponte, consideras que o conxunto evolucionou? S.M.: “Si, sen dúbida. E este ano o que buscamos xa non é só gañar títulos, senón que é mellorar a calidade do xogo”. Como afrontades a nova tempada logo de vir de gañar a Supercopa e a Copa Ibérica? S.M.: “Comezamos loitando contra un recén ascendido, pero iso non quere dicir nada porque calquera conxunto pode darche un susto, xa que se ascendeu foi por algo. O noso obxectivo é seguir gañando, con humildade e traballo como ata o de agora, aínda que vai ser máis complicado porque todo o mundo vai querer gañarlle ao campión, pero estaremos aí todas para evitalo”. Como foi a túa adaptación a Ourense? S.M.: “Ao principio paseino un pouco mal porque apenas saíra de Córdoba (tan só fun tres meses a Valladolid) e botei moito de menos á miña familia. Aos andaluces gústanos moito estar na casa, polo que os

primeiros meses foron duros, non por nada de Ourense, senón porque extrañaba á miña xente. Pero despois xa estiven ben”. Que é o mellor e o peor de trasladarse do sur ao norte? S.M.: “O peor para min foi o frío e a distancia ca miña familia, á que podo visitar poucas veces. O mellor é que madurei persoalmente moito ao vivir soa. Ademais traballo e vou comezar agora un ciclo de fútbol sala. Por iso tiven que aprender a solucionar os problemas eu soa”. Que foi o que máis te sorprendeu de Ourense? S.M.: “A tranquilidade da xente. Non sei se será porque en Andalucía somos máis hiperactivos, pero a verdade é que é algo que me segue agradando porque eu son moi impulsiva e, en xeral, acá a xente é moito máis calmada”. Que é o que agardas da vindeira tempada a nivel colectivo e individual? S.M.: “A nivel colectivo agardo que consigamos o maior número posible de títulos que disputemos ou, polo menos, poder ir ca cabeza ben alta de ter pelexado por eles. E a nivel individual, seguir aportando ao equipo o máximo e conseguir manterme un ano máis na selección nacional”. Cal é a túa meta profesional no fútbol sala? S.M.: “Sei que é moi di-

Sarita soña con gañar algún día a Copa. /RAMSÉS fícil vivir, de momento, do fútbol sala feminino, pero seguirei xogando con todas as gañas”. Como ves o fútbol sala feminino en termos xerais? S.M.: “Penso que nalgúns aspectos aínda non avanza. Creo que este deporte non recibe todo o apoio que merece, tanto por parte dos patrocinadores, dos medios de comunicación e das institucións”. E a nivel de Ourense? S.M.: “En canto ao feminino os dous equipos da cidade contamos con moitos seguidores. De todos modos, quero animar á xente a

que veña a vernos, porque se engancharán. E é unha magoa que habendo dous equipos ourensáns en División de Honra haxa xente que non os coñeza”. E ó público?

S.M.: “Os que veñen son moi acolledores e apoiannos moitísimo, pero espero que veñan máis persoas e de xeito máis seguido, porque a calor do público axúdanos moito”.

4 Máis persoal -Sara Moreno Molina naceu en Villarrubia (Córdoba) o 23 de marzo en 1985 e era tan só unha nena cando comezou a facer virguerías cun balón de fútbol. -Logo de celebrar, só en División de Honra, 3 ligas, 2 Supercopas e 2 Copas Ibéricas (co Caja Sur e o Ponte Ourense), á impulsiva “Sarita” quédalle aínda un soño por cumprir: gañar a Copa, a competición que máis lle gusta. -A número 14 do conxunto de Óscar Vivián confesa que a súa comida favorita é o polo, a súa bebida a Coca-cola, a súa cor o azul e tan pronto lle sexa posible gustaríalle escaparse de novo a Ámsterdam.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

NOVAS noticias de empresa

A gasolineira de Reza sortea unha bicicleta de montaña A estación incorpora novos servizos Co sorteo dunha bicicleta de montaña a gasolineira de Reza, do grupo Anpian, quere celebrara a incorporación de novos servizos. A estación de servizo de Reza vén de mellorar o seu ponte de lavado, que agora incorpora lavado de llantas, lavado de fondos e lavado de vehículos industriais, tanto camións como vehículos. Trátase de tres prestacións que se ofrecen en Reza como único sitio en toda a provincia de Ourense. Desde agora, a estación de servizo está preparada para que se poidan lavar todo tipo de vehículos, de calquera tamaño, xa sexan

Lavado de fondos dun vehículo na estación de servizo de Reza. turismos, furgonetas, camións ou autobuses. Sorteo da bicicleta Además, desde o 1 de setembro por cada 30 euros de repostaxe na gasolineira, os clientes reciben unha

papeleta para o sorteo dunha bicicleta de montaña Specialized modelo 2012. O sorteo terá lugar o 5 de xaneiro de 2012, e realizarase tantas veces como sexa necesario ata que apareza o gañador.

Xadrez no Ateneo

4 Os días 17 e 18 celebrarase o II Open de xadrez -Xosé Enrique Rodríguez Peña-. Redacción O sábado 17 e domingo 18 deste mes, o Ateneo de Ourense acolle o “II Open de xadrez activo Xosé Enrique Rodríguez Peña-”. O torneo disputarase polo sistema de xogo suízo a sete ou oito rondas dependendo do número de participantes e cun tempo de 25 minutos por partida. Haberá unha única categoría e obterán premio os catro primeiros clasificados, o mellor clasificado que sexa socio do Ateneo, e o mellor clasificado do club Ateneo. A inscrición é gratuíta e pódese realizar a través do correo electró-

nico ateneo.deourense@ gmail.com ata o día anterior ao torneo.

Cartel do torneo de xadrez que se celebra no Ateneo.

11

Balonmán en Ribadavia Redacción O venres, 9 de setembro no pavillón municipal de Ribadavia celébrase o Trofeo de balonmán Festas do Portal. O evento que se organiza polas festas patronais do concello ourensán contará coa presenza dos equipos As. BM Carballiño, Pabellón Ourense e o equipo local do Viña Costeira enfrontándose nun triangular. Ás 20.30 horas o Viña Costeira xogará contra o equipo do Carballiño, o segundo encontro, ás 21.30 horas medirá as forzas dos de Carballiño contra os da capital, Pabellón Ourense, e pechará o triangular (ás 22.30 horas) o encontro entre o Pabellón Ourense e o Viña Costeira.


12

BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

V Maratón do Miño 4 A Fundación CEO estima reunir 1.500 deportistas o próximo 2 de outubro. Paula Lodeiro Correndo ou andando, de maneira individual ou por relevos, catro son as formas coas que completar os 42.195 metros do circuito do Maratón do Miño o domingo 2 de outubro. A entidade organizadora, a Fundación Ceo, agarda reunir 1.500 participantes nesta quinta edición dun maratón que conxuga deporte e posta en valor dos recursos turísticos, gastronómicos e patrimoniais da nosa cidade. Tanto a carreira como a andaina darán saída ás 9 da mañá e os atletas e andaríns deberán completar o percorrido antes das 15 horas. Partindo da praza Maior, pasarán pola zona histórica, campus e as diferentes zonas termais do Miño. Premios Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados en categoría individual e feminina, ao equipo mellor clasificado en relevos e de modo especial ao equipo feminino mellor clasificado en relevos, coa finalidade de incentivar a participación feminina. Na modalidade de an-

daina serán distinguidos os catro primeiros homes e mulleres que alcancen a meta: o primeiro participante en individual masculino, a primeira participante en individual feminino e as dúas persoas participantes do primeiro equipo en chegar a meta por relevos. Ademais mantense a distición á persoa ou grupo que participen coa vestimenta ou disfraz máis creativo e orixinal e todos os participantes recibirán a bolsa do corredor, e os que finalicen a proba, un diploma acreditativo. En canto a infraestruturas e servizos cabe destacar a dispoñibilidade de vestiarios, traslado de bolsas desde a saída á meta, servizo de fisioterapeutas e médicos, e avituallamento cada cinco quilómetros e na chegada. Inscricións O prazo de inscrición mantense aberto ata o 28 de setembro, a un prezo de 15 euros para os que se inscriban ata o 19 de setembro e de 20 euros a partir desta data. Toda a información da carreira está en www. maraton.ceo.es.

Presentación do V Maratón do Miño./CEO.

ATLETISMO

A terceiro proba de “Correndo por Ourense”, nas Lagoas

4 A organiza este domingo, 11 de setembro o Club Casa da Xuventude de Ourense. R. Torres Despois de dúas probas do I Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chegáse ao ecuador da competición coa proba organizada polo club Casa da Xuventude en colaboración co Consello Municipal de Deportes, que se disputará polo contorno do Campus Universitario sobre unha distancia duns 6.500 metros. A novidade deste ano con respecto á da edición an-

terior reside en que a meta e a saída atópanse na pista de atletismo que hai no Campus de Ourense. Márquez e Fernández os dominadores Nas dúas primeiras probas deste circuíto, dous nomes resaltan sobre o resto: en categoría masculina, Pepe Márquez, atleta do ADAS O Barco é o que marcha na primeira posición do circuíto ao vencer nas dúas primeiras probas (Ponte e nocturna) do even-

Madriñán e Álvarez, campións das 24 horas da Fresneda 4 Entraron xuntos na meta. Redacción

Antonio Madriñán e Demetrio Álvarez proclamáronse campións das 24 horas da Fresneda (Asturias) ao chegar xuntos á meta despois de 24 horas e 150 quilómetros nas pernas. A carreira tivo lugar no club de campo da Fresneda sobre un percorrido dunha milla (1.609 metros). Entre os atletas que tomaban a saída atopábanse o subcampión de Irlanda de 24 horas, Edie Gallen, e o campión de España de 24 horas e tamén internacional Angel de la Mata, entre unha gran multitude de ultrafondistas de alto nivel e atletas de diversas distancias, sendo un total de 750 atletas os que tomaron a saída.

Desde os primeiros intres, Madriñán e Álvarez xa imprimían un forte ritmo que os levaba a ser os primeiros en facer a distancia de maratón. Ás 10 horas de carreira a distancia cos perseguidores xa era moi grande polo que os dous

to. Pola súa banda, Iria Fernández (Academia Postal)

fixo o propio en categoría feminina, sendo estes dous atletas os claros favoritos a ser os campións da primeira edición do “Correndo por Ourense”, á que lle queda por disputar as carreiras da Casa da Xuventude (11 de setembro), a do Couto (9 de outubro) e a da Carballeira (23 de outubro).

“Pipe” (Esprintes Ourense) cos seus fillos na nocturna. ultrafondistas aminoraron o ritmo; xa ao amencer a distancia era insalvable (30 quilómetros con respecto ao seu máximo perseguidor) polo que só tiveron que esperar a que pasaran as horas para chegar ás 24 horas de carreira cun total de 150 quilómetros o que supuxo un novo récord absoluto da proba. Na entrega de premios fíxéronlles entrega aos dous deportistas dun trofeo conmemorando o Camiño de Santiago que percorreron correndo recentemente.

Madriñán e Álvarez nas 24 horas da Fresneda.

VI “Penedos do lobo” Redacción O Centro Cultural da Deputación acolleu a presentación da VI edición da carreira de montaña “Penedos do lobo”, que terá lugar o día 18 de setembro na estación de montaña de Manzaneda e nos seus arredores. Disciplinas A proba inclúe as disciplinas de maratón, andaina, MBT (bicicletas de montaña) e cross, cun novo percorrido para todas as especialidades, que pasa polos pobos de Requeixo, Placín e Paradela de Arriba, incrementando o desnivel acumulado de anos anteriores. Penedos do Lobo está entre os cinco maratóns alpinos máis importantes a nivel nacional e un dos seis que conforman o Técnica - Circuito Alpino 2011.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

HOQUEI / ACTUALIDADE

Seis anos de hoquei veterán 4 0 “Octopus Hockey Festival” celebra a súa sexta edición con equipos de España, Portugal, Irlanda do Norte e Holanda. R.T. Esta fin de semana (do venres 9 ao domingo 11) o “Octopus Hockey Festival” celebra seis anos de hoquei veterán no campo de Mariñamansa, como colofón a dúas fins de semana de hoquei na nosa cidade, logo de celebrarse a décima edición do Open de hoquei a semana pasada.

Nesta sexta edición seis son os equipos masculinos participantes por tres no apartado feminino. De Cataluña, Irlanda do Norte, Portugal e Holanda, xunto cos anfitrións do Club Deportivo Open en ambas categorías son de onde proveñen os equipos participantes que disputarán o trofeo Ford Tomóvil e que pertence ao circuíto

europeo de veteráns; este circuíto está incluído nas competicións oficiosas da Federación Europea composta por torneos ao longo da xeografía europea. Defendendo título O Club Deportivo Open defende o título acadado o ano pasado e espera mellorar o seu rendemento despois da mala actuación

Un lance do xogo dun partido da última edición do Opén de Veteráns./ARQUIVO.

Partido do Open Ourense do pasado sábado 3 de setembro./RAMSÉS.

colleitada no torneo celebrado no mes de maio en Dublin (Irlanda), rematando na sétima posición. Pola súa banda, ás veterás tentarán seguir a estela dos homes neste torneo e consolidar o seu dominio en Ourense. Non só deporte Ademais de ser un evento deportivo, o Open de veteráns tamén se pode considerar un evento cultural e turístico polas actividades pararelas que se celebran. Un curso de fotografía será un dos atractivos desta edición. O curso impartirao Alfredo Ferrer, un dos mellores fotógrafos acreditados pola Federación internacional de hoquei, en colaboración coa Escola de Arte Antón Failde (onde se celebrará o curso) e a Delegación da Consellería de Educación. Unha recepción oficial nas termas de As Burgas e visitas á cidade, ademais da cea oficial no Liceo será as outras actividades ocio culturais que contarán coa colaboración da Concellería de Educación e respaldado polo Consello Municipal de Deportes e a Deputación.

O CD Open defende o título acadado o ano pasado

Ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do campus 4 38 opcións para gozar do deporte no tempo libre. Redacción Iníciase o curso académico e é tempo de organizar o que serán os vindeiros meses de traballo, pero tamén de ocio, dos membros da comunidade universitaria. O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo ofrécelles no campus de Ourense un amplo abano de Escolas Deportivas nas que gozar do tempo libre de xeito saudable. Estudantado, profesorado e persoal administrativo poderán inscribirse nalgún dos 38 cursos que se impartirán e que abranguen desde rugby e golf ata ioga e danza oriental. “O obxectivo das escolas é ofrecer á comunidade universitaria unha opción de ocio e deporte para os seu tempo libre e que se adapte aos seus gustos e horarios, polo que deseñamos unha programación moi diversa”, salienta Rodrigo Pivida, técnico do Servizo de Deportes do campus de Ourense. Segundo explica, cada curso entre 300 e 400 persoas participan nas Escolas Deportivas, que este ano abranguen 38 modalidades que se impartirán nas instalacións do Servizo de

Deportes, na piscina universitaria, no Pavillón dos Remedios e nos centros privados de Aqua-Sport Zone, Camino Pilates, Golf Pazo da Touza, La Casa del Elefante, Sabrosura, Saraiba, Ximnasio 2000, Ximnasio Dinamic Center e Ximnasio Marbel. Como exemplo das actividades que se levarán a cabo nos diferentes espazos, Pivida salienta que nas instalacións do Servizo de Deportes se ofertan cursos de abdominais, aero-jump, boot camp, defensa persoal-artes marciais mixtas, power dundell, rugbi, tenis, tenis para nenos, voleibol e xadrez. Prezos para todos os petos Cada unha das escolas ten as súas propias características de duración, horas, prezo e número de créditos que se poden conseguir. De xeito xeral, a maioría delas consisten nunha hora de actividade dous días á semana, con prezos que oscilan desde os 10 euros ata os 130 euros. O primeiro prazo para matricularse nas Escolas está aberto ata o 28 de setembro, comezando a actividade o 5 de outubro. + en http://deportes.uvigo.es


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº40 - Ano: III - 9 de setembro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

O CN Portosín, dominador da XIV Concentración de escolas de vela

4 O encoro de Castrelo de Miño acolleu ademais a Copa Deputación. Redacción O Club Náutico de Portosín foi a mellor escola das oito que participaron na concentración celebrada en Castrelo de Miño, grazas aos seus mellores regatistas que acadaron a primeira, cuarta, sexta e decimoterceira posición. A escola de Sada, campioa no 2010 foi a segunda clasificada mentras que o CN Castrelo de Miño ocupou a terceira praza. O C.N Portosín demostrou un gran nivel xa que os seus regatistas venceron

tanto na regata de escola como na de Copa Deputación desbancando ao anterior campión, Sada. O vencedor foi Pablo Oliver, de Portosín, por diante de Alfedro Fernández, de Ferrol e de Carlos Manso, de Sada. A regularidade dos regatistas locais fixo que acadaran a terceira posición por equipos. Portosín sumaba 24 puntos, Sada 32 e Castrelo 60, tras a suma dos postos dos seus catro regatistas mellor clasificados. Copa Deputación A regata Copa Deputa-

A competición en Castrelo estivo moi disputada. /CNCM ción foi para Pedro García Liñares do C.N. Portosín por diante do seu compa-

Dous participantes en Castrelo de Miño. /CN CASTRELO DE MIÑO

ñeiro Bernardo Campos. En 3º lugar quedou Alejandra Vicens Martínez do C.N.D. de Riveira. A mellor regatista local foi Iria Reyes, que rematou en décima posición. En total foron oito escolas de toda Galicia as que se desprazaron ao encoro ouresán xuntándose nas augas de Castrelo máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos cos seus optimist.

O Club Náutico de Castrelo de Miño ocupou a terceira posición no caixón do podio

4O RINCÓN DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (III) 5.- Para que o proceso de formación sexa eficaz, a improvisación ha de ser substituída por un ensino programado, comedido e á súa xusta medida. Non sexamos impacientes e presurosos. Cada neno fracasa non só no fútbol, senón noutras actividades, cando a súa tarefa non foi progresiva. Só cando as esixencias dos adestramentos e competición coinciden coas capacidades intelectuais, psicolóxicas e motrices dos mozos deportistas, estes mesmos aprenden de forma rápida, eficaz e duradeira. Os seus adestramentos e competición deben de ser como o seu zapato, á súa perfecta medida. Nas categorías inferiores non recollemos froitos, xerminamos sementes. “Se non sabes onde vas, darache o mesmo calquera camiño” 6.- Que facer co talento? Cando falamos de talento referímonos esa especial aptitude ou capacidade formada por compoñentes tales como, a imaxinación, a fantasía, a xenialidade, a creatividade para o exercicio dunha ocupación, neste caso preciso, o fútbol. O talento hai que adestralo, reconducilo semanalmente e aplicalo nos partidos. O mozo xogador, aos poucos, ha de se

Alfonso Vilachá. coñecedor do seu talento, ha de ser consciente do que é capaz de facer, do rol a levar a cabo e do que non debe de facer. Evitemos robotizar, hipotecar, aniquilar o talento do mozo xogador; de facelo estariamos a roubar o talento en detrimento do xogador e do equipo. O xogador robotizado perde a súa propia identidade, pérdese do grupo, non goza do que máis lle gusta, séntese frustrado e co tempo abandona a actividade deportiva. “A liberdade de acción dun xogadore só está limitada polas regras da súa propia capacidade” [continúa o próximo nº] Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

“Nas categorías inferiores non recollemos froitos, xerminanos sementes”


BARRIOS DEPORTIVO 9 de setembro de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.