29 Agosto 2011 - BD Nº39

Page 1

Iago Fariñas, novo presidente do Ponte Ourense páx. 22 HOQUEI

TENIS

CICLISMO

Dúas fins de semana de hoquei en Mariñamansa: Open Ourense e Open de veteráns

Ourense recibe a Volta Ciclista a España, o 31 de agosto: VerínManzaneda

Recta final para o IX Futures “Cidade de Ourense” , este sábado 27

páx. 2 e centrais

páx. 3

páx. 6

Carreiras, triatlóns e andainas por toda a provincia

[páx. 16-17]

Número: 39 - Ano: III - 26 de agosto de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

Benvida á tempada 2011-2012 4 O primeiro equipo ourensán en entrar en competición é o CD Ourense. R. Torres Despois dun longo verán, chega unha nova tempada deporiva para os equipos ourensáns. O primeiro en entrar en escea é o CD Ourense quen abre a competición este domingo, 28 de agosto en terras coruñesas fronte ao Betanzos. As seguintes en comenzar a competición son as xogadoras de fútbol sala do Ponte Ourense e o Cidade de As Burgas que comezarán a liga o 10 de setembro; as pontinas visitarán ao Majadahonda e as do Cida-

de reciben ao Orvina. En canto ao baloncesto haberá que agardar ata outubro para ver entrar en acción ao COB, Carmelitas e Pabellón; o día 9, o COB recibe ao Lan Mobel, a Liga Feminina 2 comezará o 22 de outubro e deparará esta primeira xornada os enfrontamentos, Carmelitas - Guadalajara e Ensino - Pabellón. As demais disciplinas deportivas nas que se encontran inmersos equipos ourensáns comezarán a competición tamén entre setembro e outubro.

Mundiais de BTT

Pablo Rodríguez, convocado por España para o mundial de Suiza Redacción Xa e oficial, Pablo foi convocado pola Seleccion Española de BTT, para os campionatos do mundo, que se celebran a vindeira semana na localidade suiza de Champery. Son un total de 13 os corredores de que acudirán á cita, nas diferentes categorias. Pablo partirá o domingo 28 cara Suiza. A primeira competicion na que poderá participar, sempre que o seleccionador o decida, será a carreira por equipos, que se disputa o mércores 31 de agosto a partir das 17 horas. A súa carreira, a de júniors, está prevista para o xoves, 1 de

setembro a partir das 15 horas. Esta convocatoria é o colofón a gran temporada que está a realizar Pablo, e máis despois dos seus grandes resultados nas últimas citas, sendo cuarto nos campionatos de Europa, e terceiro e cuarto nas últimas copas do Mundo. Pablo estará acompañado en Suiza por José Antonio Hermida, actual campión do mundo elite, e padriño da Escola de Ciclismo da que saiu Pablo.

A súa proba (a de júniors) será o xoves, 1 de setembro

NOVAS

A festa do hoquei

4 Axenda deportiva

4 Mariñamansa acollerá o 3 de setembro o X Open Ourense de Hoquei.

Fútbol

Redacción O campo de herba de Mariñamansa volta o vindeiro 3 de setembro a encherse de sticks coa celebración da décima edición do Open Ourense de Hoquei. Cunha participación aberta a todos os amantes deste deporte, o torneo desputarase entre equipos anónimos (é dicir, que non compitan baixo o nome de ningún clube oficial) compostos por sete xogadores, aínda que o conxunto pode estar integrado por ata 10 membros que se irán rotando. Esta competición, coa que arranca cada ano a tempada, irá acompañada dunha celebración nocturna nas mesmas instalacións para os participantes, cos que a propia organización, ademais, colaborará para lograr os prezos máis asequibles en transporte e aloxamento. Turno dos veteráns Como xa é habitual, unha semana despois da cita dos xogadores de hoquei amateurs chega o turno de que os máis maiores midan tamén as súas forzas. O “Octopus Hockey Festival” - Open Internacional de Veteráns, que en 2011 acada a súa sexta edición, celebrarase este ano os días 9, 10 e 11 de se-tembro no mesmo escenario que a competición anterior, e congregará, como xa vén sendo habitual, ao redor de 200 participantes de diversas rexións españolas,

así como de países como Portugal, Alemaña ou Inglaterra. Tanto o Open Ourense de hoquei como o torneo internacional co paso do tempo convertéronse en dous eventos consolidados a nivel galego o primeiro, e a nivel europeo o segundo antes do comezo de cada tempada.

- Día 27 de agosto. Campo de fútbol do Seixo. III Torneo de fútbol xuvenil “Memorial Manolo Arnoia” entre os equipos, Atl. de Madrid, Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Pabellón Ourense. - Día 4 de setembro. Estadio do Couto. CD Ourense Club Xuventude Sanxenxo. - Día 28. Estadio dos Carrís. UD Barbadás - UD Atios.

Fútbol sala - Día 27 de agosto. Pavillón dos Remedios -20.00 horas-. Copa Ibérica entre o Ponte Ourense e o F.C. Vermoim. - Día 10 de setembro. Pavillón dos Remedios. Cidade de As Burgas - Lacturale Orvina.

Atletismo - Día 27 de agosto. Parque Barbaña -21.00 horas-. II carreira do circuíto “Correndo por Ourense” -Nocturna do Corpus-. - Día 4 de setembro. Maside -a partir das 9.30 horas-. Andaina e carreira popular do concello de Maside. - Día 11. Parada de Sil -a partir das 09.00 horas-. V Carreira Canón do Sil e II Media Carreira. Campionato e Copa Galega de Montaña. Copa de España. - Día 11 de setembro. As Lagoas -12.00 horas-. III carreira do circuíto “Correndo por Ourense” - Carreira da Casa da Xuventude-.

Hoquei - Día 3 de setembro. Campo de Mariñamansa. X Open Ourense de hoquei 2011 - Días 9, 10 e 11 de setembro. Campo de Mariñamansa “VI Octopus Hockey Festival” Open Internacional de veteráns.

Ourense acolle o Rali ecolóxico 4 Será o 17 e 18 de setembro. R. Torres

Un porteiro dunha edición anterior. /ARQUIVO

Xa está todo listo para que os vindeiros 17 e 18 de setembro teña lugar o I Rali ecolóxico de Galicia. Un rali de regularidade no que as posicións finais as determinarán o consumo de combustible, a contaminación e a regularidade. O rali que discorrerá pola

ribeira Sacra pasará polos concellos de Ourense, Coles, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, A Teixeira, Castro Caldelas, de Trives, Manzaneda, San Xoán de Río, Parada do Sil, Montederramo, Esgos, Maceda, Xunqueira de Espadañedo, Pereiro de Aguiar, Punxín, Cenlle, Ribadavia e rematará en Amoeiro.


VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

Ourense recibe a Volta Cicista a España

4 A etapa comezará en Verín e rematará na estación de montaña de Manzaneda. R. Torres O mércores, 31 de agosto, Ourense vestirase de gala para recibir á serpe multicor que conforma o pelotón da Volta Ciclista a España 2011. A undécima etapa da 66ª edición da Volta a España dará comezo ás 12:40 horas en Verín, vila a onde chegará a caravana da proba desde Salamanca, trala contrarreloxo que se disputa dous días antes, o luns 29. O martes, será unha xornada de descanso para o pelotón que seguramente pasarán na comarca de Monterrei, polo que os afeccionados ao deporte das dúas rodas poderán ver aos ciclistas adestrando por terras ourensás para ao día seguinte disputar unha nova etapa -a primeira de tres a disputar en Galicia- da ronda española. Remate na estación de montaña de Manzaneda O remate da etapa terá lugar na estación de montaña de Manzaneda sendo a primeira vez (final inédito da volta) que os ciclistas rematan neste alto. A etapa conta con 171 quilóme-

Presentación da etapa Verín - Manzaneda da volta ciclista a España no Centro Cultural da Deputación. /RAMSÉS

tros nos que se subirán ademais de o de Manzaneda outros tres altos repartidos ao longo de toda a etapa. O primeiro deles é no quilómetro 10 de carreira, no alto de Fumaces (terceira categoría); o segundo é o alto de Mourisca no quilómetro 63 (terceira categoría), igual que o terceiro, o alto da Ermida, a 36 quilómetros da meta. O porto de Manzaneda é un alto de 1.760 metros e ten unha distancia de 30 quilómetros, propicio para que haxa cambios na clasificación xeral na disputa do maillot vermello que acredita ao ciclista líder da clasificación xeral.

Nesta etapa, a 11ª da proba, os ciclistas terán que percorrer 171 quilómetros e rematarán na estación de montaña de Manzaneda


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

BTT

Rodríguez acada o podio na Copa do Mundo de BTT 4 O ciclista júnior Pablo Rodríguez fíxose co terceiro posto da proba checa. Redacción O conxunto Academia Postal-Actyon-Maceda vén de facer historia da man do seu ciclista júnior Pablo Rodríguez, que acadou a medaia de bronce na proba da Copa do Mundo celebrada na República Checa o pasado 14 de agosto. Logo de acadar o cuarto posto no Campionato de Europa, Pablo era un dos grandes favoritos desta cita e cumpriu as expectativas, ao rodar durante toda a carreira entre a segunda e a terceira posición, e loitando man a man co belga Jens Shuermans (recente número 1 europeo da categoría), facéndose este último finalmente coa prata, ao acadar a meta pouco despois do neozelandés Antoon Coper. Un terceiro posto, logrado tan só 14 segundos despois de Shuermans, que significa para Pablo e todo o seu club un soño feito realidade e que lle deparou a máxima enerxía para afrontar a seguinte proba do mundial tan só unha semana despois. Turno de Italia Xa o 21 de agosto o Clube Ciclista Maceda participou en Val di Sole (Italia) na derradeira cita mundial de BTT, na que Pablo Rodríguez demostrou unha vez máis a súa grande regularidade, ao facerse co cuarto posto da clasificación, a

tan só 30 segundo do podio. Un resultado que o convirte, xunto aos logrados polo macedán nas anteriores competicións, nun dos referentes da categoría a nivel nacional, logo de situarse entre os mellores júniors do mundo. A seguinte proba de lume deste mozo xa ten data no calendario, trátase dos campionatos do mundo que se celebrarán en Suiza en menos de 15 días e aos que Pablo acode con moitas gañas e esperanzas. Mini BTT Castelo de Maceda Pero para o clube macedán é tan importante que os rapaces aprendan e compitan nun deporte, como que se divirtan practicándoo. Por iso, por sétimo ano consecutivo, organizaron a Mini BTT Castelo de Maceda, unha competición na que preto de 120 rapaces

Despois do terceiro posto na República Checa, Pablo Rodríguez foi cuarto, sete días máis tarde, na localidade italiana de Val di Sole, a 30 segundos do podio

gozaron dun día de bici, piscina, festa, cea e acampada. Un completo abano de actividades para conmemorar unha celebración na que o importante non son os resultados, senón que os máis pequenos se divirtan e practiquen deporte, á vez que aprenden os importantes valores da convivencia.

O mini BTT Castelo de Maceda chegou a súa sétima edición con máis de 100 rapaces

Pablo Rodríguez (primeiro pola dereita), no podio da República checa.

Pablo Rodríguez na proba disputada na República Checa da Copa do Mundo. /MT BIKER


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

FÚTBOL

O novo reto de CD Ourense Xogadores, corpo técnico e directiva no primeiro día de pretempada, no Couto./RAMSÉS.

4 O CD Ourense arranca esta fin de semana a súa cuarta tempada na Terceira División co obxectivo, como cada ano, ascender a 2ª B.

da División B: Pontevedra, Deportivo da Coruña B, Rácing de Ferrol e Cerceda, sen esquecerse doutro grupo de equipos que estarán pendentes dos deslices dos de arriba, como pode ser o Somozas, Betanzos e Vilalbés entre outros.

R.T.

Caras novas Xunto co novo adestrador, o mediático Patxi Salinas chegan nove caras novas para esta tempada na que o ascenso é o gran obxectivo para que sobreviva o proxecto do CD Ourense. Estas novas caras son as de Alberto Campillo, Adrián Mouriño, Jorge Veloso, Iago Sanginés, “Lucho” Sánchez, “Pato” Guillén, Alex Fernández, Claudio Giráldez e Eder Díez.

Cuarto ano consecutivo de CD Ourense na Terceira División de fútbol co mesmo obxectivo co dos outros anos que non é outro que o do ascenso á Segunda División B. Para esta nova tempada cambiaron varias cousas no club, como foi a do máximo mandatario do club, que pasou das máns de Juan Pérez ás do directivo Manuel Seoane, que de seguro

cederá o testigo na próxima asamblea ao novo director xeral, Aníbal Pereira. O primeiro encontro de liga levará aos de Patxi Salinas ata Betanzos e en casa xogarán na segunda xornada contra o Sanxenxo; rematará a liga en casa do Deportivo B un dos galos da competición. A tempada preséntase complicada con catro equipos ademais do ourensán que loitarán polos postos que dan acceso á liguilla de ascenso á Segun-

Pretempada indecisa A pretempada de CD Ourense ten claroscuros no que a resultado nos amistosos refírese. Os de Salinas perderon catro encontros,

contra o Pontevedra (copa Federación), o Barbadás, Celta e Celta B; empatou contra o Salamanca e venceu ao Arenteiro, Verín e Ponferradina. Pero o im-

portante comeza este domingo en Betanzos no novo proxecto encabezado por Aníbal Pereira nos despachos e secundado no banco por Salinas.

A esquerda, Salinas, novo técnico de CD Ourense xunto cos seus axudantes. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

PÁDEL / TENIS

IX Futures “Cidade de Ourense”

Recta final do Futures 4 As semifinais chegan sen un claro favorito. Redacción

O monitor de pádel, Diego Formoso, xunto cos seus alumnos.

Verán de pádel no pavillón 4 O recén creado P21 Pádel Club dá clases aos máis cativos durante este verán. Redacción Este verán, os nenos da cidade poden achegarse ao pavillón e aprender o deporte de moda... o pádel. Esta práctica, cada vez máis estendida entre os adultos, está ao alcance de todos mediante a nova escola deportiva organizada polo P21 Padel Club na pista que o pavillón dos Remedios ten nas canchas exteriores. As mañás dos luns, mércores e venres os máis pequenos gozan aprendendo este deporte mediante xogos e exercicios variados impartidos por Diego Formoso, profesor de Educación Física e monitor de pádel. Diego Fomoso explícanos que clases, organizadas segundo idades e niveis, “buscan que os nenos desenvolvan e adquiran capacidades tan importan-

tes nestas idades como o equilibrio ou a lateralidade, todo iso xunto con nocións básicas para poder xogar ao pádel, e fomentar a súa relación de amizade con outros nenos”. Entre os máis pequenos os protagonistas están sendo os xogos, mediante os cales poden familiarizarse coa raqueta e van aprendendo os golpes básicos, sempre nun ambiente divertido. O único necesario para poder acudir ás clases son as ganas de pasar un bo rato, xa que o material o proporciona o club, que conta con pas para nenos e adultos. “O padel é un deporte que está ao alcance de todos, xa que para iniciarse non se necesita unha grande condición física. Isto convérteo nunha actividade moi recomendada para calquera persoa e para calquera idade”, comenta o monitor.

E engade, “ese é un dos motivos polo que ano tras ano van aumentando os seus practicantes. Soamente se necesitan catro persoas e ganas de pasar un bo rato facendo exercicio”. A escola segue impartindo as clases na pista exterior do pavillón ata finais de setembro, data a partir da cal se trasladará ás novas instalacións do P21 Padel Club. Quen estea interesado en coñecer máis sobre este deporte pode contactar mediante correo electrónico a info@ p21padelclub.com.

As clases continuarán despois de setembro nas instalacións do club

Roberto Ortega contra Iván Arenas, e Ricardo Rodríguez ante Miguel Ángel López Jaén, protagonizarán as semifinais do IX Futures “Cidade de Ourense”, que se disputa estes días no Club Santo Domingo. Na parte superior do cadro de competición, haberá duelo fraticida entre dous compañeiros de adestramentos na Federación madrileña de Tenis como son Ortega e Arenas. Roberto Ortega alcanzou a penúltima rolda tras superar nun duelo de pegadores a Pablo Martín por 6/4 3/6 6/3. Á súa vez, Iván Arenas venceu o júnior Andrés Artuñedo por 7/6 6/2, nun partido que tivo dúas caras. Artuñedo comezou arrasando no primeiro

set, chegando a liderar por cinco xogos a un. Pero, tras levantar varias bólas de set, Arenas viuse arriba e despregou un tenis sublime para remontar o primeiro parcial e levalo ao segundo acto cedendo tan só dous xogos. Pola súa banda, a metade inferior do cadro deparou un interesante duelo entre López Jaén e Rodríguez. O primeiro, terceiro favorito, volveu necesitar as tres mangas para derrotar o valenciano Rafael Mazón, por un axustado 4/6 6/3 6/3. Pola súa banda, o venezolano Ricardo Rodríguez, único estranxeiro supervivente en competición, fixo boa a sexta pelota de partido e venceu ao catalán Carlos Poch, segundo cabeza de serie, por un durísimo 7/6 7/6 nun dos encontros máis emocionantes da com-

Momento dun partido do IX Futures “Cidade de Ourense”.

petición. Tras quedar apeados da competición o número un (David Rice) e o número dous (Carlos Poch) é difícil aventurar ao gañador deste IX Futures “Cidade de Ourense”, aínda que o máis alto no ranking é o tenista Miguel Ángel López Jaén, favorito número tres. A final individual está prevista para o sábado, 27 de agosto, ás 11 horas. Dobres Este venres tamén se dilucidará cal é a parella gañadora do torneo de dobres, a partir das 15 horas. Miguel Ángel López Jaén buscará alongar a súa sorte de imbatibilidade en Ourense xunto ao novísimo David Pérez, dobre campión de España. Os seus opoñentes serán o madrileño Jaime Pulgar e o boliviano Federico Zeballos.


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

VOLEI PRAIA

Os sub 15 masculinos e femininos do Club Ourense Volei Praia, campións galegos 4 A derradeira proba disputouse na praia pontevedresa de Barraña (Boiro). Redacción A mediados de mes, na praia de Barraña (Boiro) disputouse a derradeira proba do campionato galego de categorías inferiores nas categorías Sub-15 e Sub-19; as competicións Sub-17 e Sub-21 suspendéronse pola forte choiva e a Federación decidirá as vindeiras datas para a disputa dos partidos restantes. Patricia, Eva, Gladys e Ivette do Club Ourense Volei Praia (COVP) conseguiron o título autonómico sub-15 feminino, ao igual que os seus compañeiros Cristian, Nuno, Víctor, que en compañía de Isma (Cabo

da Cruz) son os novos campións galegos en categoría Sub-15 masculino. En categoría Sub-15 feminina, Patricia e Eva, que formaron equipo con Estefani e Sandra, alcanzaron o subcampionato nesta proba,

o que lles fixo proclamarse campioas galegas Sub-15 xunto con Gladys e Ivette. En sub-15 masculino, o equipo formado por Isma, Víctor, Nuno substituiu a Cristian, de baixa, por Duarte. Este equipo chegou

A última proba do campionato disputouse en Boiro.

á final e venceu aos segundos clasificados no campionato, o conxunto do CV Bruxas. O equipo formado por Fernando, Darío, Carlos e Óscar rematou nunha meritoria quinta praza. En categoría Sub-19, Félix Pardo e Álex Prada venceron nesta proba aos vigueses Óscar e Pablo, os campións galegos. Pola súa banda, Santi e Anxo, que debutaban xuntos nesta proba, lograron a oitava posición e Damián e Pablo a novena. En categoría Sub-19 femenina, o equipo formado por Uxía e Paula conseguiron as semifinais e remataron en cuarta posición.

Un xogador do COVP rematando.


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

MOTOR

Os quads voltaron a Xinzo de Limia 4 Na terceira proba do campionato galego da disciplina. R.T. O circuíto de A Tapada foi o escenario, o primeiro domingo de agosto, da terceira proba do campionato galego de quads nas categorías de Q-1, Q-2, Q-Aficionados e Iniciación, cun gran número de público nas bancadas. En Q1, a vitoria foi para Enrique Pardo, de Burgos, seguido de Ricardo Escudero e Alberto Fiestras que completaron o podio. Os

pilotos locais, Julio Marra e Miguel Ángel Domínguez, ambos da escudería Quad Club Os Queimados de Xinzo de Limia, remataron cuarto e quinto respectivamente. En Q-2, Daniel Ramuiñán, de A Coruña, foi o máis rápido, chegando na segunda posición José Pérez, por diante do ourensán Héctor Mosquera, que foi o terceiro integrante do podio. O piloto local, Roberto Coello foi quinto.

A categoría afeccionados estivo dominada por Daniel Parada, na segunda posición entrou José Antonio Pérez e Guillermo Rodríguez foi terceiro. Benito e Iago Devesa foron cuarto e quinto para conseguir que os cinco primeiros postos da categoría foran do equipo local Os Queimados. En iniciación, Iago Fernández foi o vencedor por diante de Pablo Nogueira e Francisco Álvarez.

Os irmáns González no Ford Scort RS2000.

Melide, próxima proba das Copas de España de coches históricos

4 Os ourensáns Ricardo e José Luis González intentarán conseguir a súa primeira vitoria absoluta do ano en terras galegas. R. Torres

Os quads voltaron a ser os protagonistas no circuíto de A Tapada de Xinzo de Limia.

As Copas de España de Velocidade e Regularidade Sport para vehículos históricos chegan a Galicia -concretamente a Melide- os días 16 e 17 de setembro, onde se celebrará a terceira edición do Rali de Galicia Histórico, proba organizada pola Escudería Melide Motorsport. Unha cita ineludible para os afeccionados, que poderán gozar das evolucións dos mellores equipos de España e dos seus espectaculares coches históricos. A de Melide será a quinta proba do calendario e o equipo de Escudería Ourense -formado polos irmáns Ricardo e José Luis González- chegan á proba galega na segunda posición da xeral da Copa de España de Regularidade Sport. “Está a ser un campionato moi forte, os

primeiros postos da clasificación non se deciden ata o último quilómetro de cada rali e isto obríganos a correr sempre ao 100%”, comentou Ricardo González fai unhas datas. Para esta cita, contan co seu xa habitual Ford Escort RS2000 coas cores de Ourense Capital Termal, co que se proclamaron subcampións de España en 2010. Un modelo de 1974 con máis de 180 cv que está a demostrar unha fiabilidade inmellorable durante todo o ano. “No descanso de verán estamos a aproveitar para revisar a fondo todo o coche, e traballando especialmente na elección de pneumáticos, que serán decisivos nas vindeiras citas porque é moi probable que se celebrarán con chuvia. Debemos de acertar co mellor pneumático posible para o noso coche. Ademais aproveitaremos para prepa-

rar a fondo o Rali de Galicia, faremos todo o posible por gañalo”. Máis galegos Aínda que Ricardo e José Luis forman o único equipo galego participante na Copa de España de Regularidade Sport, na proba de Melide serán máis os equipos galegos no parque pechado. Na modalidade de velocidade, todas as miradas estarán postas noutro equipo galego, os melidenses Jesús Ferreiro e Javier Anido co seu Porsche 911RS, primeiros clasificados da xeral tras a súa vitoria no pasado Rali de Avilés.

O equipo de Escudería Ourense chega a Melide na segunda posición da xeral da Copa España


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

RUGBI

Asemade están previstos partidos de preparación en Pontevedra e Londres, cidade onde os ourensáns realizarán unha pequena xira de concentración a principios de outubro.

Plantilla do Campus Ourense Rugby que se proclamou campioa da Liga Galega 2010-2011.

Comeza a tempada para o Campus Ourense Rugbi 4 O primeiro equipo comezou a adestrar. Redacción O pasado martes botou a andar oficialmente a tempada 2011/12 para o primeiro equipo de Campus Ourense

Rugbi, co primeiro adestramento do ano nas instalacións da universidade. O equipo ourensán xogará este ano novamente a Liga Galega de rugbi da

que foi campión o ano pasado, ao non conseguir un patrocinador sólido que permita asumir o custe da súa participación en Liga Nacional.

Os xogadores adestrados por Ernesto Barboza parten como favoritos para revalidar o título de liga obtido o pasado ano, sabedores, aínda así, de que a competición será dura e igualada ata o tramo final. Encontros amistosos Os ourensáns disputarán varios encontros de preparación durante este mes de

setembro coa intención de chegar nun estado óptimo ao comezo da liga. Así, o vindeiro sábado 10 de setembro viaxarán á Coruña para enfrontarse ao CRAT, actual campión do Grupo A da Liga Nacional e o domingo 18 recibirán en Ourense ao equipo dos Ingleses de Vilagarcía, tamén participante na Liga Nacional.

Plantilla A lista de xogadores non presenta grandes novidades con respecto ao ano pasado. O bloque mantense, destacando as incorporacións de Marcos Dacosta, Sindo Cid e Borja Doniz ao grupo, así como a baixa de Daniel Vázquez, xogador das escolas de Campus Ourense Rugbi, que formará parte este ano do equipo Iveco Universidade de Vigo na máxima categoría do rugbi español.

O Campus Ourense Rugbi, a pesar de ser o gañador a pasada tempada da Liga Galega, non subirá de categoría


10

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

BALONCESTO

Os seareiros do baloncesto feminino teñen que agardar

4 A liga regular arranca o 22 de outubro, cos enfrontamentos Carmelitas - Guadalajara e Ensino - Pabellón. Redacción Con aínda case dous meses por diante para dar forma e preparar aos seus novos conxuntos, a Liga Feminina 2 de baloncesto, na que se atopan un ano máis Pabellón Ourense e Codigalco Carmelitas, non se estreará ante o público ata finais de outubro, quedando aínda tempo su-

ficiente para que os dous conxuntos ourensáns rematen de perfilar a súa estratexia de cara á vindeira tempada, con intercambio de xogadoras incluído. O Codigalco, cos deberes feitos Mentres do Codigalco xa coñecemos que xogadoras repiten este ano e cales son as súas novas caras, o re-

Bolívar e Méndez intercambiaranse a elástica esta tempada, a primeira será pavillonista e a segunda colexiala. /RAMSÉS

novado banco ‘pabellonista’ faise aínda agardar. Unha vez máis, dez son as pezas que compoñen o Carmelitas de Juan Rodríguez, quen foi totalmente fiel á idea de equipo que nos auguraba cando o curso pasado apenas chegaba ao seu fin. Repiten como colexiais Mar Ahijado, Zuleira Atíes, Beata Gullberg e Noelia Oliva; mentras que se incorporan ao Carmelitas, Necolia Simmons, Maaike Klein, Fany Fernández, Verónica Blanco e as xa ex-pavillonistas Laura Gil e Lucía Méndez. Simmons, procedente do Feminino Cáceres, completa con Atíes a faciana americana do equipo; e a base holandesa Klein suple o gran baleiro que deixaron neste posto Blázquez, Marsh e Corbalán. Pola súa banda, Fany e Verónica xa son vellas coñecidas do clube, a primeira por proceder do equipo júnior do Carmelitas e a segunda porque xa militou con anterioridade nas filas colexiais. Estas dúas, xunto á ata agora pavillonista Lucía Méndez compoñen as tres prazas ourensás que o técnico do Codigalco tiña en mente. Por último, a

escolta Laura Gil, compañeira de Méndez, pasa de rival a aliada, completando así o Codigalco da tempada 2011-2012, que debutará contra o Guadalajara na primeira xornada de liga, o vindeiro 22 de outubro, da mellor forma posible, no Vedruna ante os seus seareiros. Esta ano tentarán repetir o éxito do anterior. O Pabellón, a medias Distinta é a situación actual do Pabellón Ourense, quen aínda non ten completada a súa nova alineación e intenta pasar páxina da mala campaña do ano pasado. Ata agora só sabemos con seguridade que Lisardo Rodríguez continuará levando as rendas técnicas do equipo e dirixirá, entre outras, ás ata este ano colexiais María Álvarez e Míriam Bolívar, así como a Begoña Pallardó (procedente do Burgos, conxunto co que logrou o ascenso a Liga Feminina) e Noelia Cacheiro. Esta última foi, sen dúbida, a aposta máis forte feita polo

Necolia Simmons e Zuleira Aties pasarán de ser rivais a compañeiras nas filas do Codigalco Carmelitas. /RAMSÉS

Necolia Simmons e Noelia Cacheiro son as fichaxes máis atrativas feitas por Codigalco e Pabellón, respectivamente, durante este verán clube pavillonista ata o momento, xa que a ourensá volta logo de xogar durante varias tempadas na NCAA americana e na liga británica; unha ampla experiencia en categorías superiores que poderá marcar grandes diferenzas.

Despois de seguir completando o seu quebracabezas durante estes dous próximos meses, o 22 de outubro o Pabellón Ourense 2011-2012 estrearase como visitante ante o lugués Durán Maquinaria Ensino.

Laura Gil e Lucía Méndez mudan este ano as filas do Pabellón polas do Carmelitas, mentras que as xa ex-colexialas María Álvarez e Miriam Bolívar pasan agora a ser pavillonistas


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

BALONCESTO

Cárdenas, no centro da imaxe, será xunto a Pantín, o único xogador que continúe na plantilla do COB./ARQUIVO

O COB estrearase en LEB Prata en casa ante o Lan Mobel 4 A competición comezará o 7 de outubro e rematará o 27 de abril. R.T. Logo de facerse de rogar durante varias semanas a Federación Española de Baloncesto vén de facer público o resultado do sorteo do calendario da LEB Prata, categoría na que finalmente militará esta tempada o Augas de Sousas logo do seu descenso ao remate da última campaña e dun verán no que as posibles vacantes en LEB Ouro por falla de financiamento non foron máis que un espellismo. Os seareiros do COB verán de novo sobre a cancha ao seu equipo o vindeiro 9 de outubro e, ademais, no Paco Paz, xa que os ourensáns debutan en Adecco Prata sobre o parqué do Pazo ante o Lan Movel ISB. Novo adestrador A primeira das contratacións levada a cabo pola directiva do Augas de Sousas foi, como non podía ser

doutro xeito, a do seu novo adestrador, que será Rubén Domínguez, ex do eterno rival do COB, o Breogán. O técnico olívico xa leva en Ourense dende mediados de xullo e foi chave para a confección de novo banco cobista que vai dirixir, segundo asegura, con “estabilidade, ilusión, ambición e humildade, para conseguir os maiores éxitos deportivos” e sempre na procura dun único obxectivo “lograr o seu ascenso a LEB Ouro”. E novos xogadores Fran Cárdenas, Francis Koffi e Antonio Pantín son os xogadores que repiten este ano no conxunto ourensán, pero xunto a eles xa está confirmado que xoguen Diego Gómez, Jorge Fernández, Pablo Movilla, Cody Toppert, Juanmma Ruiz, Rubén Guillandeaux, Antón Regal, Toni Vicens e Matt Webster. Os tres primeiros son claros ante a súa

continuidade no COB, cren no equipo, “independentemente da categoría”, asegurou Koffi. Coas novas incorporacións o corpo técnico busca a mellora e renovación das filas do equipo ourensán, apostando pola enerxía e a forza de xogadores mozos. Diego Gómez completa a representación ourensá no

Augas de Sousas do 2011; o base formouse no clube ao que agora volta dende o Cambados, da Liga EBA. Outro dos directores do xogo, Jorge Fernández, destaca polo seu talento e proxección, como demostrou anteriormente no Melilla e o Granada; o escolta Movilla conta cunha gran intensidade defensiva e en

ataque, ademais da súa capacidade para xogar tamén como base en caso de ser preciso. Pola súa banda, Toppert e Ruiz garantizan puntos e tiro exterior; Rubén Guillandeaux, escolta neoiorquino de 23 años, a ampla experiencia acadada no Universidad de La Salle da NCAA 1, así como nos Titanes do distrito nacional; o alero Antón Regal, de tan só 18 anos, procede da canteira do Juventut de Badalona e, aínda que adestrará co primeiro equipo, xogará no conxunto vencellado. Por último, o pívot balear Toni Vicens, o segundo mellor valorado o curso pasado en LEB Prata, e o alapívot norteamericano Matt Webster, cunha ampla experiencia en competicións españolas e portuguesas, rematan de dar forma ao COB 2011-2012, un conxunto competitivo que só agarda encher de novo o Pazo, facer gozar á súa afección e, como non, voltar este mesmo ano á LEB Ouro.

O adestrador asegura “estabilidade, ilusión, ambición e humildade”

11

4 O equipo AGUAS DE SOUSAS OURENSE 2011-12: PRESIDENTE - Jorge Bermello DIRECTOR DEPORTIVO - Miguel Á. Royo ADESTRADOR: - Rubén Domínguez BASES: - Fran Cárdenas - Jorge Fernández - Diego Gómez ESCOLTAS: - Rubén Guillandeaux - Pablo Movilla ALEROS: - Cody Toppert - Juanma Ruiz ALA-PIVOTS: - Toni Vicens - Francis Koffi PIVOTS: - Matt Webster - Antonio Pantín

Cárdenas, Koffi (fai dous anos que estivo no COB) e Pantín son os únicos xogadores que repiten no Augas de Sousas Ascenderán dous equipos a LEB Ouro: o primeiro e o gañador do play off entre os postos 2º e 9º

De esquerda a dereita, Miguel Ángel Hoyo e Rubén Domínguez, director deportivo e adestrador do COB 2011-2012. /RAMSÉS


12

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

OPEN DE HOCKEI


OPEN DE HOCKEI

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

NATACIÓN / DEPORTES NÁUTICOS

Marcas provinciais para os nadadores do CN Pabellón en Valladolid 4 Nos campionatos de España da categoría infantil. Redacción

O CN Pabllón Ourense participou no XXXIII Campionato de España infantil de verán celebrado en Valladolid, logrando o posto 61 en categoría feminina e o 73 en masculina dun total de 224 clubs participantes. O máis destacado da expedición ourensá foron as marcas provinciais logradas. Así, Esther Álvarez, facíase coa marca de idade de 14 anos en 50 libres, cun tempo de 00:28,84, nas preliminares, o que supuxo o seu pase a disputar a final B clasificándose no puesto 12º. Ana Karina Obaya, logrou, na súa primera participación nun campionato de España, baixar as marcas provinciais de 13 anos nas probas de 200 braza e 200 estilos. Borja González en 1.500 libres realizou unha mellor marca de 16 anos

cun tempo de 17:16,75, quedando en novena posición. Salientable tamén foi a actuación de Ecequiel Quiroga, oitavo posto en 200 libres e décimo nos 400. Iago Rodríguez Peña foi 14º en 15 anos en 100 costas e a boa participación de Laura Nerea Balsa, Claudia Álvarez e Mara Vélez. O equipo feminino de 4x100

estilos, formado por Esther Álvarez, Ana Obaya, Laura Nerea Balsa e Mara Vélez lograron o posto 23º. Laura Pimentel, entre as mellores de Europa Pola súa banda, Laura Pimentel acadou unha máis que meritoria 11ª posición entre 32 participantes femininas de 21 países nesta

edición do campionato de Europa júnior de augas abertas, que se celebrou na vila asturiana de Navia. A ourensá mantívose no grupo cabeceiro durante toda a proba, chegando a acadar nalgúns intres a quinta posición rematando finalmente na décimo primeira cun tempo de 1:00:56.9.

A expedición española que participou no Campionato de Europa de augas abertas.

O CN Castrelo dominou na regata de Raxó 4Venceron aos representantes de Combarro, Portonovo, Moaña e a vila anfitrioa. Redacción O Club Náutico Castrelo foi o gran vencedor da primeira regata organizada polo seu homólogo de Raxó (Pontevedra) o pasado 14 de agosto, na que os cinco regatistas infantís ourensáns - Nuría Vázquez, Alejandro Fernández, Lucas Hermida, Lucía Vázquez e Andrea Marquina- conseguiron ocupar os cinco primeiros postos na modalidade Optimist. Ademais, a tripulación composta por Rafael González, María González e Adriana Tabares-Costa, que o conxunto de Castrelo presentou á Clase de Escola Omega, fíxose coa medaia de bronce,

seguindo de preto ao Raxó (campión) e o Moaña Mar (segundo clasificado). Uns resultados que demostran a superioridade dos ourensáns fronte aos regatistas de Combarro, Portonovo, Moaña e a localidade anfitrioa. Adestramento para a Copa Deputación O Club Náutico Castrelo acudiu a esta primeira regata organizada polo recentemente creado CN de Raxó coa intención de preparar aos seus deportistas para Copa Deputación de Vela, que terá lugar en Castrelo de Miño a primeira fin de semana de setembro, e, a xulgar polos resultados, está a ser o mellor dos adestramentos.

Ourense, 6º na regata Rías Baixas 4 O santanderino “Boro” foi o gran vencedor. Ramsés Torres O Turismo Ourense vén de realizar un gran papel na 48ª edición da Regata Martín Códax-Turismo Rías Baixas, unha cita xa tradicional para os amantes do mar que se celebrou nas Rías de Vigo, Pontevedra e Arousa do 12 ao 16 de agosto. Acadou o sexto posto da clasificación xeral. Con inicio e remate na cidade olívica, e portos base en Combarro, A Pobra, O Grove e Sanxenxo, cada unha das cinco etapas que

compuxeron a proba rondaron as 20 millas de percorrido medio e foron toda unha exhibición por parte dos preto de 120 barcos parcipantes – con ó redor dun millar de tripulantes a bordo- procedentes de España, Francia e Portugal. Etapa a etapa A representación ourensá realizou toda unha mostra das súas posibilidades. Logo dunha mala xornada inicial que lles deparou o posto 17ª da xeral, etapa a etapa, a tripulación de Luis Pérez

Canal foi facéndose un oco entre os dez mellores barcos e incluso chegou a ocupar a cuarta posición na penúltima xornada, achegándose a grandes favoritos como o “Boro” (RCN Santander) e o “Xplosion” (MRCY Baiona), finalmente primeiro e segundo clasificados. Boas sensacións para os ourensáns, que tentarán mellorar o resultado na vindeira edición. “A pesar de ir recortando posicións perdemos os primeiros postos, pero estamos contentos”, sinalaba Pérez.

O barco Turismo Ourense durante unha das etapas da Regata Rías Baixas.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

ATLETISMO

Atletismo e ciclismo, nunha soa proba 4 O Maceda Vía XVIII organizou a primeira combi-dous por parellas. R. Torres

Participante do triatlón de Allariz ao seu paso por unha zona con público. /RAMSÉS

Triatlón en Allariz e carreira de 10 quilómetros en Cartelle 4 Estas dúas tradicionais citas deportivas tiveron lugar o pasado 20 de agosto. R.T. A tarde do pasado sábado 20 de agosto congregou dúas importantes probas atléticas na nosa provincia, o triatlón de Allariz e a carreira popular de Cartelle. Ás 18 horas arrancou a

primeira delas na vila alaricana, a 22ª edición do seu tradicional triatlón – composto por carreira a pé e en bicicleta, e proba de natación- que se caracterizou polas elevadas temperaturas que tiveron que soportar os 150 participantes desta

Alberto González, gañador do triatlón entrando na meta de Allariz. /RAMSÉS

edición. Os mellores Os grandes gañadores da xornada foron Alberto González (Tri-Val Tríatlon Valdemoro) na categoría masculina, seguido de Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) e Diego Paz (Arcade Inforhouse). No caso das féminas, a primeiras en chegar á meta foron Aida Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), Marta Barbeito (A.D. Fogar) e Gemma Hernández (Urola Ke). No resto de categorías os vencedores foron: en cadete, Zaira Blanco (Cidade de Lugo) e Antonio Serrat (Mar de Vigo); en júnior, Diego Paz (Arcade Inforhouse) e Balbina Tarrío (Fogar) e en veterán, Emilio Montilla (Tríatlon Lalín). Por clubs, na categoría masculina o vencedor foi o

Remeco Muralla de Lugo e na feminina, o Cidade de Lugo Fluvial. Popular de Cartelle Con preto dun cento de participantes na proba absoluta a 15ª edición da carreira popular de Cartelle – que uniu esta localidade coa súa veciña de Outomuro a través dun percorrido que rondou os 10 quilómetros de distanciafoi dominada polo ourensán Saturnino González ,que en 36 minutos e 41 segundos cruzou a liña de meta; seguido de preto por Santiago García (37:26) e Adolfo Garrido (37:40). Pero non só os maiores demostraron a súa valía, senón que os atletas máis novos destacaron pola súa enerxía e paricipación, unha das máis altas dos últimos anos.

Esta primeira edición da Combi-dous, que vén de organizar o clube macedán Vía XVIII, consistiu en xuntar o ciclismo e a carreira a pé por parellas nunha soa proba. O circuíto, de cinco quilómetros aproximadamente de lonxitude, tivo que ser percorrido polos participantes en cinco ocasións (tres a pé e dúas en bici). A primeira volta fixérona todos a pé, para a partir da segunda ir alternando entre a parella, a pé e en bici. Percorrido esixente O percorrido resultou ser moi esixente para os

participantes, xa que contaba cunha primeira parte composta por dúas costas -unha de adoquín e outra en pista de terra- na que máis dun sufriu dabondo; a segunda parte do circuito era máis liviá, grazas a unha pronunciada baixada e unha pequena distancia chan xusto antes de chegar a meta. Os gañadores Na categoria xeral, Ángel Campos e Miguel Figueiras foron os máis rápidos, mentras que na categoría familiar, Iago e Germán Morenza chegaron primeiros á meta. A parella formada por Alberto Asensio e Iria Fernández fixeron o propio na categoría mixta.

Unha parella participante ao seu paso por un dos tramos máis complicados./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

ATLETISMO

Toca de novo correr por Ourense 4 A carreira popular nocturna terá lugar o 27 de agosto, co Parque Barbaña como escenario. R.T. O circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense” – unha iniciativa da Concellería de Deportes posta en marcha co fin de fomentar a práctica do atletismo entre os cidadánschega á súa segunda cita,. Será o próximo sábado 27 de agosto a partir das 21 horas, co Parque Barbaña como escenario. Cunha distancia duns seis quilómetros para os maiores e con distintos percorridos de ata un máximo de 2.500 metros para os pequenos, todas as categorías teñen cabida neste circuíto e a inscrición a unha das probas xa otorga o dereito a participar nas restantes, co mesmo dorsal e chip. Polo

tanto, aqueles que non participasen na primeira cita de “Correndo por Ourense” – que tivo lugar no barrio de A Ponte o pasado 22 de xullo- están aínda a tempo de inscribirse a través da web www.championchipnorte.com. As demais citas Este circuíto, pioneiro en Ourense, fixo atarse as zapatillas por primeira vez aos atletas máis incondicionais a finais de xullo, coincidindo coas festas de A Ponte; ocasión na que un total de 400 participantes convertiron a esta proba atlética xa tradicional nese barrio nunha das máis numerosas da súa historia, así como unha das máis competitivas. José Manuel Fernández

(do ADAS de O Barco) foi o vencedor da proba absoluta ao rematar o percorrido en tan só 16:45 minutos, só 42 segundos antes que o segundo clasificado, o académico Álvaro Ibáñez. Tras o turno da organizada no Parque Barbaña (rescatada da nocturna do

Corpus que se organizaba durante as festas da cidade en xuño) a próxima fin de semana, a seguinte carreira será a da Casa da Xuventude, o 11 de setembro. As dúas restantes son as probas do Couto – o 9 de outubro- e A Carballeira –o 23 dese mesmo mes-.

A carreira de A Ponte cada vez conta con máis participantes. /ARQUIVO

17

A andar e a correr en Maside

4 A localidade acollerá a súa V Carreira Popular e a IV Andaina. Redacción O vindeiro 4 de setembro o Concello de Maside organiza a súa quinta carreira e cuarta andaina popular como xa vén sendo habitual para pór a mellor das guindas ás súas festas patronais. Todas as categorías Cun percorrido moi similar ao do ano pasado, estas probas admiten a participación de pequenos e maiores. Pola súa banda, a andaina comezará ás 9.30 horas coa súa ruta de 9,1 quilómetros e a continuación terán lugar as carreiras. Os pitufos (de ata 8 anos) percorrerán

300 metros ás 10; os rapaces (de entre 9 e 12 anos) enfrontaranse a 800 metros 15 minutos despois; o turno dos mozos (de entre 13 e 16 anos) será ás 10:30 horas para medir forzas durante tres quilómetros e medio; e, por último, a proba absoluta (atletas de máis de 17 anos) arranca ás 11 da mañá cunha distancia a batir exactamente igual ca dos andaríns. Inscricións Todos os interesados en inscribirse aínda están a tempo de facelo a través da web championchipnorte. com ata o 2 de setembro polo prezo simbólico dun euro.


18

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

FÚTBOL SALA

4 As novas caras do Ponte Ourense Óscar Vivián e Adriana Da Costa “Drica” son polo momento as novas caras do Ponte Ourense 2011-2012. Para Vivián é a súa primeira experiencia nun banco mentras que para Drica e a progresión na súa carreira deportiva na que militou a pasada campaña no Rioja Diamante. Ambos porán a súa experiencia e veteranía ao servizo do equipo.

A revalidar o título! 4 O Ponte Ourense pon a vista na conquista do título ligueiro por segundo ano consecutivo. R. Torres O Ponte Ourense buscará este ano revalidar o título ligueiro conquistado o ano pasado a partir do 10 de setembro, pero antes toca loitar pola Copa Ibérica e a Supercopa de España. Despois de tres semanas de adestramentos, o Ponte Ourense enfróntase ao seu primeiro reto da tempada: a Copa Ibérica. O partido que será este sábado, a partir das 20 horas, na cancha central do pavillón dos Remedios, mediraas en partido único contra o campión da copa portuguesa, o FC Vermoim no que será o primeiro título do ano que disputarán as do novo adestrador pontino, Óscar Vivián. Sen apenas descanso, á seguinte semana, disputarán as ourensás o Supercopa de España contra o Móstoles;

a esta competición chegan como campioas de liga e as madrileñas como campioas da Copa de España. Unha semana máis tarde dará comezo a liga e regresarán a terras madrileñas para xogar contra o Majadahonda. Óscar Vivián móstrase a estas alturas de pretempada moi satisfeito polo traballo realizado polas súas xogadoras e quemando etapas día a día na preparación das xogadoras para afrontar con garantías todos os retos da tempada. Vivián teno claro no que a Copa Ibérica se refire e non quere “deixar perder esta oportunidade” de facerse cun título difícil de conquerir pola dificultade de facerse coa liga española que permite xogar esta competición. Este partido servirá ademais de presentación diante da afección do equipo deste

ano, co novo adestrador e a xogadora Drica, que vén de colleitar unha fantástica tempada co Rioja Diamante, sendo unha das xogadoras determinantes para acadar o cadro rioxano o subcampionato na Copa de España disputada o pasado xuño en Burela. Sobre a Supercopa de España, o técnico considera que é aínda máis importante que a Ibérica polo que a motivación será enorme para traer o título cara Ourense. No que á tempada se refire, Vivián, para quen é a súa primeira como adestrador dun equipo, espera que “as xogadoras traballen ben” e quere que as xogadoras que xogaron poucos minutos o ano pasado “xoguen máis e collan máis experiencia este ano” tentando facer un equipo competitivo para loitar por todas as competicións. En canto ao obxectivo do equipo, o adestrador o ten claro, “revalidar o título”, pero advirte que “este ano será máis complicado por

como se están reforzando os demais equipos”. Para este ano, o técnico ourensán considera como os máximos rivais do cadro pontino ao recén ascendido Alicante, Burela e Móstoles, ademais de Atlético de Madrid e Córdoba e augura que a liga será máis interesante que o ano pasado e estarán máis equipos implicados na consecución do campionato. Drica, reforzo de luxo A xogadora brasileira Adriana Da Costa, “Drica” vén reforzar o conxunto ourensán. Vivián cre que a nova xogadora aportará traballo, agresividade e experiencia e considera que é “unha xogadora moi completa”. Para estas dúas competicións, Bea Seijas xogará coas súas compañeiras para despois deixar o equipo, aínda que para o adestrador, se decide continuar durante toda a liga “moito mellor porque é unha xogadora irremprazable”.

Ponte Ourense disputa o sábado, 27 de agosto a Copa Ibérica, ás 20 horas nos Remedios contra o campión portugués, o Vermoim. Unha semana máis tarde xogará contra o Móstoles a Supercopa

Vanessa Sotelo.


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

FÚTBOL SALA

que disputar a primeira xornada da Copa Xunta que será no pavillón municipal de Ourense, o mércores, 7 de setembro contra o Poio; a segunda xornada está por determinar e a fase final xogarase unha vez comezada a liga, posiblemente para o mes de decembro.

Cidade de As Burgas: ilusión e xuventude 4 O equipo ourensán comeza a segunda tempada na elite do fútbol sala. R. Torres Sacudidos xa os nervios de debutar na División de Honra (este ano chamada Primeira División) do primeiro ano, este curso toca asentarse na categoría. E para elo, o equipo de Manolo Codeso contará co mesmo plantel do ano pasado (aínda está por saber que ocorrerá con Vanessa Sotelo, tema que traerá cola), ademais de subir a tres xo-

gadoras do equipo filial. Codeso este ano non ten maior obxectivo que o do ano pasado, que non é outro que o da permanencia, aínda que advirte que “podemos estar entre os oito mellores equipos a final de tempada” sempre e cando “as lesións nos respeten e as xogadoras traballen coa mesma ilusión que o fixeron o ano pasado”, explicaba o técnico franxiverde. A pesar desta predición, Manolo Code-

4 Encístase o caso Sotelo Redacción O caso que traerá cola esta tempada é o de Vanessa Sotelo. A xogadora do Cidade está convencida de marchar cara ao Ponte Ourense pero Manolo Codeso, adestrador do Cidade, non quere desprenderse desta promesa do fútbol sala. A estas alturas Vanessa non adestra co Cidade, nun pulso para que a deixen marchar ao Ponte;

desde o Ponte apuntan que en ningún momento a tentaron aínda que non lles importaría contar coa xogadora. O caso chega a tal extremo que ata desde a Consellería de Benestar da Xunta de Galicia falaron con Codeso (dato que non confirma a Consellería pola privacidade da xogadora ao ser menor de idade) para saber que é o que ocorre

so é consciente de que os equipos reforzáronse moito de cara a esta nova tempada polo que asegura que as cousas non serán “nada sinxelas”. O técnico revela que o primeiro ano na máxima categoría do fútbol sala, resultou tanto para el como para as súas pupilas un salto cualitativo, no que creceron e aprenderon enormemente, polo que este ano poderase ver unhas xogadoras “mellores que o ano pasado e máis veteráns a pesar da súa curta idade”, afirma o adestrador, que afronta a súa segunda participación en Primeira División co caneste asunto. A estas alturas toma parte o pai da rapaza que quere que lle deixen marchar ao equipo do outro carón do río e considera que o Cidade non lle deixa facer o que máis lle gusta, que é xogar ao fútbol sala, e denuncia que é un contrato firmado cando tiña 13 anos e que non é de carácter profesional, senón amateur, polo que considera que teñen que deixarlle ir ao equipo que queira. Continuará...

dro ourensán. Comezo de liga e Copa Xunta Nos primeiros adestramentos de pretempada nótanse as gañas das xogadoras de que comece a liga, esta chegará o vindeiro 10 de setembro e recibirán nos Remedios ao Lacturale Orvina, un dos equipos que pasou apuros a pasada campaña e que este ano reforzou as súas filas; a liga regular rematará para o Cidade o 2 de xuño en terras madrileñas fronte o Majadahonda. Antes do comezo ligueiro, o equipo ourensán terá

Mesma plantilla O Cidade de As Burgas contará coa mesma plantilla (a expensas do que aconteza no caso Sotelo) aínda que terá caras novas. Antía Piñeiro, Alicia Vázquez e María Romero son as xogadoras do filial que este ano darán o salto ao primeiro equipo. Para elas é un paso adiante que afrontan como un reto e con moitísima ilusión. Sabedoras de que contarán -a priori- con poucos minutos ao longo do campionato están dispostas a traballar duro para poñerlles as cousas difíciles ao seu adestrador. Outra xogadora que aterra, procedente de Lugo, para xogar, en principio, no equipo filial é Elena Del Río. Sobre fichaxes de fóra, Codeso teno claro, “non nos plantexamos fichar a ninguén porque non temos nada que ofrecerlles. Se o club pode pagar a alguén

19

que sexa ás nosas xogadoras”. Codeso desfaise en halagos para as súas xogadoras e asegura que “son impresionantes. Non as cambio por ningunha outra sexan de onde sexan” e móstrase agradecido co esforzo das xogadoras que veñen doutras cidades (Lugo, Vigo, Verín) a adestrar cada día a Ourense. Tamén esta orgulloso de contar con xogadoras tan novas e que dean o resultado que dan e para rematar lanza unha pregunta ao aire: “que equipo se atreve a facer debutar a xogadoras tan novas e darlles os minutos que se lles da no Cidade?”

O Cidade de As Burgas comeza a liga nos Remedios contra o Orvina, o sábado, 10 de setembro

Elena Del Río, xogará no filial do Cidade. /RAMSÉS

Antía Piñeiro, Alicia Vázquez e María Romero, xogarán este ano no primeiro equipo do Cidade de As Burgas. /RAMSÉS


20

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

MEMORIAL MANOLO ARNOIA

Torneo xuvenil de fútbol en Santa Cruz 4 Celta, Deportivo, Atlético de Madrid e Pabellón veranse as caras o sábado 27 no III Torneo xuvenil de fútbol “Memorial Manolo Arnoia”. Redacción O vindeiro sábado 27 de agosto, o campo de fútbol do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo acollerá a terceira edición do Torneo Xuvenil “Manolo Arnoia”, organizado pola Sociedade Deportiva e Cultural da localidade, no que este ano se enfrontarán os equipos xuvenís do Celta de Vigo (campión da primeira edición deste torneo e subcampión da liga de División de Honra), Deportivo da Coruña (gañador da segunda e actualmente finalista da Copa do Rei), Atlético de Madrid (procedente dunha das escolas deportivas máis recoñecidas a nivel nacional) e Pabellón Ourense (en representación da nosa provincia). En horario de mañá os catro participantes veranse as caras, dous a dous, no campo do Seixo; ás 10.00 horas sairán ao céspede os integrantes do Celta e do Atlético de Madrid, e ás

12.00 horas farán o propio as escuadras do Deportivo de A Coruña contra os anfitrións, o Pabellón Ourense. En caso de empate, o gañador decidirase mediante o lancemento da pena máxima. Estes encontros determinarán quen se enfrentan ás cinco e media da tarde na procura do terceiro e cuarto posto, e cales son os conxuntos que pasarán á gran final das 19.30 horas. Xa ás nove e media terá lugar a entrega de trofeos. Premios Os catro conxuntos participantes recibirán un trofeo conmemorativo da cita coa indicación do posto acadado, pero, ademais, contarán co galardón ao mellor xogador do torneo, ao máximo goleador, ao mellor porteiro e o equipo máis deportivo. Recibirá tamén un recoñecemento polo seu apoio ao fútbol base, e ao deporte local en xeral, o xornalista de Radio Ourense-Cadena Ser, Pepe González.

Considerado un dos torneos de fútbol máis importante de Galicia, ao actuar como escaparate dos xogadores das distintas canteiras, a organización do mesmo está en negociacións, de cara a vindeiras edicións, para acadar a participación doutros clubes de renome como o F.C. Barcelona, o Real Madrid F.C. e o Villarreal.

4 III Torneo de fútbol xuvenil “Memorial Manolo Arnoia” Sábado, 27 de agosto, campo do Seixo -Santa Cruz de Arrabaldo-.

10.00 horas. Celta de Vigo - Atlético de Madrid 12.00 horas. Deportivo da Coruña - Pabellón Ourense 17.30 horas. Partido para o terceiro e cuarto posto 19.30 horas. Final

Escola de fútbol A recadación das entradas a esta cita será empregada en beneficio da Escola de Fútbol da S.D.C. Arrabaldo, unha entidade que, dende a súa creación fai tres anos, está a formar uns 160 xogadores de distintas categorías (afeccionado, base, xuvenil, cadete, infantil e veteráns), ademais de contar cunha profesora de apoio a disposición dos integrantes do clube e organizar cursos de ximnasia de mantemento, campus de adestramento e clinics de porteiros.

O xornalista de Radio Ourense - Cadena Ser, Pepe González recibirá un recoñecemento durante o torneo polo seu apoio ao fútbol base Haberá trofeo para os catro equipos participantes, indicando o posto no que remataron, ademais dos trofeos ao mellor xogador do torneo, ao máximo goleador, ao mellor porteiro e ao equipo máis deportivo

Os catro equipos participantes no torneo: a esquerda, Deportivo da Coruña, arriba á dereita, Pabellón Ourense, no medio, Celta de Vigo, e abaixo, Atletico de Madrid.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

ENTREVISTA

Entrevista ao novo presidente de Ponte Ourense SAD

Iago Fariñas: “hai quen teñen a base como escusa e hai quen a ten como finalidade”

4 Entrevistamos a Iago Fariñas tras terse convertido no novo presidente do club ourensán, logo da renuncia de Plácido Díaz. O. Blanco / R. Torres O avogado Iago Fariñas é o novo presidente do Ponte Ourense SAD; o que fora o creador da páxina web do club convértese deste xeito no seu máximo responsable trala renuncia ao cargo do anterior presidente, Plácido Díaz, para non crear suspicacias co seu novo cargo de vicepresidente da Federación galega de fútbol. Dende cando estás vinculado co Ponte Ourense? Iago Fariñas: “O Ponte Ourense é o equipo de todos e o meu tamén dende hai moitos anos, colaborando máis estreitamente, hai xa case 10 anos dende o 2002, que entre outras colaboracións fixen a primeira web do Ponte Ourense e onde todas as semanas colgaba a crónica do partido do primeiro equipo que estaba en 3ª división, despois funme estudar ao estranxeiro e ao regresar sempre seguín de preto a actualidade do club mantendo unha relación estreita co seu presidente e algúns membros do club que son bos amigos”. Como che pillou a noticia de que Plácido deixaba a presidencia do club? I.F.: “Creo que o que fixo Placido Díaz é un exemplo a seguir, pola responsabilidade e xenerosidade da súa decisión, coñecéndoo non me sorprendeu pois fixo o que tiña que facer como el sabe facer, aínda que non sexa a mellor decisión para o club si o será para o deporte do fútbol, evitando así suspicacias que interfiran coa súa vicepresidencia da Federación galega de futbol e a presidencia do Ponte Ourense, estou seguro que dende a Federación galega

nótase o seu gran labor nesta nova faceta federativa”. Como xurdiu a idea de facerse cargo do club? I.F.: “Somos un grupo de persoas comprometidas cun proxecto, as que realmente nos facemos cargo deste grande proxecto deportivo, educativo e social como é o Ponte Ourense. Xorde isto porque todos compartimos as mesmas gañas e ilusión por traballar para que este gran proxecto siga crecendo e desenvolvendo un grande labor social tan importante como a que desenvolve; no fondo non é máis que unha cuestión de responsabilidade, de facer o que nos corresponde, non soamente ben, senón do mellor xeito e sempre en busca dun beneficio colectivo como é o caso do Ponte Ourense”. A túa vai ser unha presidencia continuista ou tes ideas propias á hora de dirixir o club? I.F.: “O Ponte Ourense ten moito traballo ao longo destes anos e moitos éxitos en todo este tempo pasados e presentes. Os éxitos intentaremos custe o que custe mantelos como non pode ser doutro xeito ao tempo que iremos incorporando á entidade todas aquelas iniciativas que creamos que serán positivas para contribuír a mellorar o fin último da entidade, formación, educación, saúde e ocio dos mozos que forman parte da nosa canteira e se forman na nosa obra social”. Cales son os teus obxectivos marcados en cada categoría da entidade? I.F.: “Queremos seguir estando na elite co futbol sala, se fose posible o dobrete de campioas de España sería incrible. Loitar por un ascenso moi importante,

“A canteira é a alma do Ponte Ourense” “O fin último da entidade é a formación, educación, saúde e ocio dos mozos que conforman parte da nosa canteira o ascenso dos xuvenís a liga galega; temos que manter un equipo de cada categoría da base nesta categoría, como xa o están infantís e cadetes; temos que dar saída á extraordinaria calidade da canteira do club e máis nesta categoría como paso previo nuns anos ao equipo sénior de 1ª Rexional, queremos que este equipo volva estar na categoría que merece nuns anos, a poder ser unha categoría nacional, pero sempre dende a base e non a calquera prezo. Loitaremos este ano polo ascenso á Rexional Preferente, aínda que analizando os equipos da categoría sei que é difícil, competimos en desvantaxe con outros equipos por cuestións económicas, aínda que ás veces o compromiso persoal fai máis que outro tipo de compromisos e todo é posible, imos estar aí, a traballar toda a tempada por todo iso”. No equipo de División de Honra feminina de fútbol sala, que política vas levar? I.F.: “Creo que as cousas no fútbol feminino funcionan dunha forma exitosa e cando as cousas funcionan tan ben se deben deixar que

Iago Fariñas coa bandeira do Ponte Ourense./RAMSÉS sigan funcionando como ata agora. Ademais a próxima tempada Beatriz Seijas a ata agora capitana será quen xunto con Enátali Fernández e algunha colaboración máis, traballen cóbado con cóbado para loitar polo dobrete das nosas campioas”. Tes algún reto a curto prazo para o club? I.F.: “Á marxe dos obxectivos xa comentados anteriormente, imos dinamizar ao máximo posible o club en todos os sentidos, imos desmarcarnos do típico doutros clubs de adestrar, xogar, etc... e imos organizar actividades formativas, deportivas e culturais de todo tipo para os mozos da canteira e as súas familias durante toda a tempada, isto terá que ser unha verdadeira escola de formación para a vida e o deporte será unha ferramenta máis”. Canteira ou xogadores de fóra?

I.F.: “A canteira é a alma do Ponte Ourense e todos os novos rapaces e rapazas que se formen como persoas nela poderán ir crecendo connosco, os xogadores e/ou xogadoras que non formándose na canteira queiran formar parte do noso club tamén serán ben recibidos e formasen equipo cos nosos canteiráns”. O Ponte en particular, e en xeral outros clubs ourensáns, como deberían financiarse? Subvencións públicas ou privadas, aportacións de socios, entradas…? I.F.: “O ideal é sumar todas esas formas de financiamento e buscar un equilibrio; depende ademais, hai clubs e clubs, hai quen teñen a base como escusa e hai quen a ten como finalidade, os clubs teñen que moverse e buscar patrocinios, sumar o máximo posible entre os seus socios e entidades privadas con fórmulas de co-

laboración ou mesmo vendendo o seu propio produto á sociedade, a partir de aí as subvencións teñen que axudar en función dos números e do labor social que realicen os clubs, non se pode axudar igual a un club que só se preocupa dun equipo que que poida ter unha base con case unha trintena de equipos e desenvolve un proxecto deportivo, educativo e social que repercute en toda a sociedade”. ¿Algunha mensaxe para os afeccionados? I.F.: “Que se non teñen o carné para esta tempada que o fagan e que isto é un proxecto de todos que todo o que queira pode unirse a el e traballar connosco por esta grande obra social, que a todos nos corresponde traballar e facer as cousas non soamente ben, senón do mellor xeito e sempre en busca dun beneficio colectivo”.


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº39 - Ano: III - 26 de agosto de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Volta á actividade no club de tiro Redacción

O club de tiro Eiroás volve á actividade no mes de setembro, logo de estar pechado durante o mes de agosto. A primeira competición prevista é a tirada mensual da Copa Deputación de Armas Neumáticas. Os tiradores de pistola e carabina de aire comprimido que participan nesta competición terán que realizar a súa tirada entre os días 3 e 4 de setembro. Na seguinte fin de semana é o turno para a Copa Cidade das Burgas, outra das competicións anuais que se desenvolven no club ourensán. Neste caso, a proba é para as modalidades carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre e a cita é o día 11. Nesa mesma xornada tamén teñen actividade deportiva os practicantes de tiro ao prato, xa que se disputa o Memorial Argimiro Rodríguez e Carlos Prieto de foso universal. Seis días despois, o 17, o tiro ao prato volve competir en Eiroás, coa quinta fase do campionato de regularidade. A actividade continúa os días 18 e 25, co as tiradas correspondentes ao campionato autonómico de pistola velocidade e pistola estándar, respectivamente.

Tai-chi para todos no Couto 4 Unhas cen persoas participan nesta actividade deportiva que se desenvolve os martes e xoves de xullo e agosto no parque Avilés de Taramancos. Redacción Unhas 100 persoas aprenden tai-chi este verán da man do Centro Comercial Aberto Couto Centro. Con só facer unha compra en calquera dos seus establecementos asociados, os clientes recibían un vale canxeable para participar na actividade, que tivo lugar os martes e xoves de xullo e agosto, de 8 a 9 da mañá en pleno parque Avilés de Taramancos. Tamén recibiron unha camiseta de agasallo. Neste segundo verán ofrecendo a actividade

houbo ao redor de cen inscritos, sobre todo, xente maior. Unha boa cifra de participación, que duplica a do ano pasado, polo que probablemente, e ante as peticións dos participantes, Couto Centro organizará unha terceira edición o ano que vén. Deporte para liberar o estrés As clases desta arte marcial milenaria son impartidas polo profesor Aaron Blanco, de Artai Ximnasio, que tamén é socio de CCA Couto Centro. O curso está patrocinado pola Concelle-

ría de Deportes. Blanco sinalou que o tai-chi é unha actividade axeitada para todo tipo de público e explicou que nas clases fai especial fincapé “en enfatizar a descarga do estrés, así como nos exercicios de relaxación, respiración e movementos básicos simples”, para ir incrementando a parte técnica pouco a pouco.

O tai-chi é unha actividade apta para todos os públicos

Un gran número de veciños do Couto apuntáronse ao Taichi este verán. /RAMSÉS

4O RINCÓN DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (II) 2.- O fútbol base é un medio, non un fin. Ha de tomar parte na formación humana e deportiva. Os mozos xogadores teñen que estudar, teñen que aprender e obter o máximo rendemento nos estudos. É prioritario, formar persoas antes que xogadores, posto que a personalidade que se forxe nestas idades, acompañaralles durante toda a súa vida. Ademais só uns poucos chegan á elite. É necesario que os mozos xogadores manteñan os pés no chan. Non se pode correr máis que o tempo. Paso a paso chégase lonxe. No deportivo han de estar tranquilos e pasarllo ben. Só iso importa a estas idades. “Primeiro formar persoas, logo xogadores” 3.- O bo xogo deberá de estar por encima do resultado, posto que este chegará co bo facer do equipo. A vitoria non debe de ser a calquera prezo e a derrota é unha posibilidade no xogo, por tanto non nos debería importar perder. Nin gañar é tan bo nin perder é tan malo. É mellor perder xogando ben e nunha contorna de convivencia, de alegría, de goce, etc. que gañar xogando mal nun ambiente pouco agradable. Os resultados serán consecuencia de xogar ben e chegarán no seu momento, como a froita madura cae polo seu propio peso.

Alfonso Vilachá. “O éxito componse dunha serie de pequenas vitorias e fracasos” 4.- O proceso de formación do futuro deportista ha de desenvolverse e mellorarse día a día nunha contorna de alegría, de satisfacción, de felicidade, de, etc. Os mozos deportistas han de gozar adestrando e xogando, outorgándolle unha normal importancia ao resultado. O mellor resultado é contar con nenos contentos, satisfeitos e felices. O sufrir para gañar leva a estes mozos xogadores a un exceso de presión, a un temor ao fracaso, a non ter ganas, a estados de ansiedade e frecuentemente a abandonar a práctica deportiva. Por iso, gañar cinco ou seis copas menos no futbol base, significa moitas veces gañar un extraordinario xogador. “A aprendizaxe mellor é aquela que se fai por pracer” [continúa o próximo nº] Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol


BARRIOS DEPORTIVO 26 de agosto de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.