Bd152

Page 1

[ Páx. 3]

Entrevista a Xulio Conde, adestrador da Escola de Ciclismo J.A. Hermida XADREZ

Páx.2

Xabier Gómez lévase o Aninovo de Barrocás

FÚTBOL

Páx.6

A UD Ourense tropeza na mesma pedra co Allariz

NATACIÓN

Páx. 10

O CNPO, campión galego masculino de 2016

RUGBI

Páx.11

Digna derrota do Campus ante o líder, o Burgos

BALONMÁN Páx.14 Cristofaro, bronce con Galicia no Nacional de base

Comezo ilusionante de ano Últimos encontros como locais do Ourense Provincia Termal, do Sala Ourense e do Envialia./RAMSÉS TORRES.

Número: 152- Ano: IX - 20 de xaneiro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 3 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

AXENDA / BTT / XADREZ

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 22 de xaneiro. Calabagueiros. CD Barco - Barbadás. 3ª División. - Día 22 de xaneiro. José Arjiz. Verín - Caselas. Rexional Preferente. - Día 22 de xaneiro. A Tella. Nogueira - O Grove. Rexional Preferente. - Día 22 de xaneiro. Espiñedo. Arenteiro - Polígono. Rexional Preferente. - Día 22 de decembro. O Couto. UD Ourense - Atlético Vilariño. 1ª Galicia. - Día 29 de xaneiro. Os Carrís. Barbadás - Arousa. 3ª División. - Día 29 de xaneiro. Antonio González. Polígono Moaña. Rexional Preferente. - Día 29 de xaneiro. O Couto. Ourense C.F. - Cultural Areas. Rexional Preferente. - Día 29 de xaneiro. Os Barreiriño -Xunqueira de Ambía-. Xunqueira - UD Ourense. 1ª Galicia. - Día 29 de xaneiro. Velle. UD Ourense - Sárdoma. 1ª Galicia feminina. - Día 29 de xaneiro. Miguel Anxo. Pabellón - Roces. División Honra xuvenil.

Baloncesto

- Día 20 de xaneiro. Paco Paz. 21 h. COB Ourense Provincia Termal - Retabet. LEB Ouro. - Día 28 de xaneiro. Campus de Ourense. 16 h. Campus Ourense - Gadasa Carmelitas. 1ª Autonómica Galicia. - Día 4 de febreiro. Carmelitas. 20 h. Gadasa Carmelitas - Mesón A Vila. 1ª Autonómica Galicia.

Atletismo

- Día 28 de xaneiro. Monterrei -O Pereiro de Aguiar-. XOGADE - Fase Previa Escolar de Campo a Traves. - Día 29 de xaneiro. Ribadavia. LXXXII Campionato de Galicia Absoluto, promesa e junior de campo a través individual e por equipos masculino e o L Campionato de Galicia absoluto, promesa e junior individual e por equipos feminino a celebrar en Ribadavia.

Fútbol sala

- Día 21 de xaneiro. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Gironella. 1ª División. - Día 21 de xaneiro. Paco Chao (Carballiño) - 17 h -. Carballiño - Pazos de Borbén . 3ª División. - Día 4 de febreiro. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Burela. 1ª División. - Día 4 de febreiro. Calabagueiros (O Barco) - 16:30 h -. Pizarras Los Tres Cuñados - Xove. 2ª División B.

Xadrez

- Días 21 e 22 de xaneiro. Ourense. Campionato provincial de xadrez por categorías.

Duatlón

- Día 22 de xaneiro. Maside -11 h -. VII duatlón cross de Maside.

Mushing

-Día 28 de xaneiro -Boborás - Campionato Galego Mushing Sprint Terra 2017 Concello de Boborás.

Remo

- Día 28 de xaneiro. Ribadavia -09:00 h -. Campionato de España de remoergómetro.

Andaina

- Día 4 de febreiro. Trives -09:30 h -. III andaina do chourizo.

Iván Feijoo, campión de España 4 Carlos Canal foi subcampión na categoría cadete. R. Torres Comeza o ano e continúan os logros dos integrantes do Academia Postal Actyon MMR. Iván Feijoo e Carlos Canal proclamáronse campión e subcampión de España, respectivamente, no Campionato de España celebrado en Valencia. Primeira proba do ano e os ourensáns que non se baixan do podio. Feijoo facíase co cetro nacional na categoría júnior logo dunha intensa e moi disputada carreira. O ourensán superaba nos últimos

Galicia, campioa de España por equipos con Feijoo e Franco nas súas filas

4 Gómez logrou seis puntos, os mesmos que David Gómez, segundo. Redacción O XXXII Aberto Internacional “Aninovo Barrocás” saldouse coa vitoria de Xabier Gómez do Universitario de Ourense. O xoven xadrecista logrou un total de seis puntos, os mesmos

Outros

- Días 4 e 5 de febreiro. Muíños. III Winter trainning camp trail aviva. - Día 4 de febreiro. Vilamartín de Valdeorras. IV Liga Valdeorresa de Orientación. - Día 28 de xaneiro. Ourense - 10:30 h -. Masterclass freestyle patinaxe.

O premio “A Beleza” foi para David Gómez e o “Galeón Pirata” para Xavier Gómez

Campións galegos Tanto Iván coma Abel formaban parte da selección galega que se proclamaba campioa de España por equipos. En mulleres, Noela Saa era quinta en cadetes, moi preto do podio, e Aida González, oitava.

32º en Italia Co maillot de campión de España recén estreado, Iván Feijoo acudiu á proba da Copa do Mundo celebrada en Italia. O alaricano deu co chan nos primeiro metros de carreira cando ía no grupo de cabeza. Ese traspés lastrouno durante toda a proba e non puido en ningún momento competir cos mellores. Feijoo rematou na 34º posición.

Iván Feijoo na proba de Valencia onde se proclamou campión de España. /CC MACEDA.

Xabier Gómez lévase o Aninovo de Barrocás

BTT

- Día 12 de febreiro. Padrenda -09:00 h -. I BTT invernal “Ruta do inferno”.

metros ao seu máximo rival, o catalán, Jofre Cullel. Dentro do top 10, nunha meritoria décima posición, chegaba Abel Franco neste Campionato de España. E se Feijoo era campión

júnior, Carlos Canal lograba ser subcampión cadete. Ao igual que na carreira de Iván, esta decidiuse ao sprint saindo vencedor o cántabro Iguanzo.

que o segundo clasificado, David Gómez. Xavier superou a David en coeficiente de desempate o que lle valeu para levarse o torneo. Este ano que se conmemoraba o sétimo Memorial Manuel Villar participaron un total de 180 xadrecistas (60 no aberto e máis de 100 no de idades). O aberto estivo moi emocionante ata o final do mesmo. O gañador logrou cinco vitorias e dúas táboas (ante David Gómez e David Baltar, este terceiro clasificado final

e campión da pasada edición). O terceiro, David Baltar, acadou unha puntuación de 5,5. Alejandro De León e Lino Hermida foron, respectivamente, cuarto e quinto nesta categoría absoluta. O vencedor en sub 2000 foi Miguel Puga; o mellor xuvenil foi Alberto Iglesias; Martín Gómez, campión cadete; Mateo Díaz, o mellor infantil.

Premios especiais Os premios “Á beleza” e “Galeón Pirata” foron para David Gómez e Xabier Gómez, respectivamente. Na partida contra David Baltar valeulle a Gómez para levarse este trofeo. Así mesmo, a remontada ante Ángel Domínguez veu acompañada co Galeón Pirata ao campión.

Momento dunha xornada no Torneo de xadrez Aninovo de Barrocás. /I.OSORIO.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

BTT

Tres títulos máis pecharon o 2016 Redacción Antes de que rematara o xa exitoso do 2016, o Club Ciclista Maceda volveu a dar motivos de ledicia coa consecución de tres títulos máis. Iván Feijoo en júnior e Carlos Canal e Noela Saa, en cadetes, finalizaron o ano conquistando o campionato de Galicia de ciclocross. Un gran remate para un gran ano para os integrantes do Academia Postal Actyon MMR con estes tres títulos autonómicos. Na última cita copeira disputada en Cambre certificáronse os títulos. Iván Feijoo controlaba a súa carreira de principio a fin; o seu compañeiro, Abel Franco, era terceiro subindo tamén ao podio. Igual que Feijoo pero en cadetes, Carlos Canal mostaba a súa autoridade para levarse a carreira e o título. En féminas, Noela Saa vencía e lograba o seu primeiro entorchado autonómico. Aida González acompañaba a Saa no podio desde o terceiro caixón. En Elite sub 23, Román Saa, acadaba a medalla de bronce nesta despedida de ano.

Foto dos integrantes do Maceda na cita de Cambre.

Entrevista a Xulio Conde, adestrador dA ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA

“O obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente” 4 Conde fixo balance do que foi o 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano que acaba de comezar. R. Torres Xulio Conde é o adestrador da Escola ciclista José Antonio Hermida e do Club Ciclista Maceda, unha entidade que está a dar moitos éxitos ao deporte ourensá. Na presentación do acordo entre a Escola e Luis Aragonés polo cal o concesionario cédelles un vehículo durante un ano -prorrogable a máis anos- Conde fixo balance do que foi o 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano. Un ano histórico para o Club Ciclista Maceda o 2016. Xulio Conde: “A verdade é que co paso dos anos acordarémonos dese 2016. Foi un ano especial por moitas cousas. A nivel de resultados deportivos moi positivo tanto a nivel rexional coma nacional e internacional -o oitavo posto de Iván (Feijoo) no mundial-; vimos como Pablo -Rodríguez- situábase na elite mundial. E a nivel colectivo, ese campionato de España por equipos, que era impensable acadalo dun equipo de canteira e sen fichaxes. E despois os recoñecementos como o premio en Galicia ao mellor equipo de base.

>> Tamén penso que un dos motivos de que a Volta a España saíra, nunha etapa, de Maceda é polo noso equipo. Todo isto fai que sexa un ano inolvidable”. E agora con instalacións. X.C.: “Si, é bo ter instalacións axeitadas e ter medios propios”. Que lle pode faltar ao voso club? X.C.: “A verdade é que como estamos vivindo o día a día non temos unha carencia clara; penso que estamos dotados de todo. >> Como club queremos ter instalacións propias.

Temos o pumptrack, imos traballar agora nun parque de madeira. Non temos grandes necesidades e pensamos que en Maceda, como calquera outra zona de Ourense, pódese practicar calquera tipo de deporte relacionado coa bicicleta. Son sitios tranquilos con pouco tránsito de coche e se pode saír ao monte coa bici”. Supoño que despois de poñer o listón tan alto no 2016 non queredes baixalo en 2017. Cales son os obxectivos para este ano? X.C.: “Nós non perdemos a perspectiva. Sa-

bemos que somos unha escola deportiva e que traballamos con rapaces desde a base. Co cal o obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente. A partir de aí os obxectivos van chegar. Hoxe temos catro ou cinco rapaces que a nivel estatal á mínima que lles salga unha tempada máis ou menos obterán bos resultados. Penso que neste ano non será demasiado complicado repetir o de 2016”.

ata agora, que os que veñan detrás o fagan ben”. Acabades de firmar unha colaboración con Luis Aragonés. Explícanos un pouco en que consiste? X.C.: “O acordo con Luis Aragonés é a cesión dun vehículo durante un ano, con expectativas a seguir máis anos. É unha peza fundamental para nós por que é importante ter unha loxística de coches. Temos moitas viaxes e ao telos cubertos é un parte importantísima para nós”.

E de cara ao futuro? X.C.: “De cara ao futuro que saian rapaces como

Pablo Rodríguez estivo a piques de participar nos Xogos Olímpicos de Río. Qué alguén da canteira do Maceda acuda a uns xogos será o cumio do club? X.C.: “Eso estaría ben. Pero lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio nel sería o máximo. Non digo un ciclista do club, pero si un ciclista que saíra da nosa escola e que esté noutro equipo”.

Xulio Conde, adestrador da Escola JA Hermida e do CC Maceda.

“Lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio por parte dun dos que están ou estiveron na escola sería o máximo”


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

BALONCESTO

O Club Ourense Baloncesto busca continuar coa boa racha na segunda volta 4 Co obxectivo da permanencia no peto, Gonzalo García de Vitoria é ambicioso. R. Torres Costoulle ao míster do Club Ourense Baloncesto mirar máis aló do seguinte partido. Aínda que lle queda moi lonxe o final de tempada, tras 12 vitorias xa non se pode pensar na salvación, xa que tena o equipo no peto. Por iso, Gonzalo García de Vitoria móstrase ambicioso. “A pesar de que non penso máis aló do seguinte partido, queremos facer unha segunda volta como a primeira”, confesaba o técnico. Nos 17 primeiros encontros o COB sumou un total de 10 vitorias e este rexistro quéreo, como mínimo, igualar. De momento as cousas están saíndo algo mellor; se nos tres primeiros partidos de liga os ourensáns sumaban unha vitoria, nos tres primeiros desta segunda volta suman dúas. Como o propio García de Vitoria aseguraba na rolda de prensa previa ao partido ante Retabet “isto nos pode levar a xogar o playoff de ascenso”. E continuaba, “sabemos que é un reto moi ambicioso, pero se o mantemos estaremos en playoffs, e se non, moi preto”, aseguraba. Sobre ese obxectivio de xogar a fase de ascenso o técnico afirmaba que está “caro

Christian Díaz no partido contra Lleida. /RAMSÉS.

xogar, pero tentarémolo”, remataba. Retabet Caro está cando toca un mes de xaneiro con rivais de categoría como o deste venres, no que os ourensáns se miden co Retabet Gipuzkoa de Porfirio Fisac. Equipo que xogou a pasada campaña na ACB e que descendeu deportivamente para sanear ao club dunhas débedas que o levaban a desaparición. Agora conta cunha

plantilla non moi ampla pero que está a realizar unha gran campaña. Considerado un dos mellores equipos despois dos catro grandes deste ano (Breogán, Melilla, Coruña e Palencia), o conxunto vasco está a unha vitoria do líder, Oviedo. Os de Fisac soamente cederon nun partido no polideportivo Gasca -precisamente contra o COB-, polo que o técnico ourensán está convencido que “virán con aires

de vinganza”. Ademais, conta nas súas filas con xogadores importante da LEB Ouro, como poden ser Ricardo Uriz e Sergi Pino; e cun “dos grandes adestradores desta Liga, Porfi Fisac” afirmaba García de Vitoria, quen os definía coma un equipo con “fortaleza no seu campo e gran capacidade defensiva. É un equipo que pecha moi ben o seu aro”, polo que “teremos que xogar ou moi rápido ou cunha lectura de pase moi clara e moi rápida”. Sorteo Durante o transcurso do encontro OCA Vila de Allariz Hotel & Spa sorteará entre os abonados do Ourense Provincia Termal unha estancia dunha noite en réxime de aloxamento e almorzo no seu hotel para dúas persoas. O sorteo levará a cabo entre todos os abonados do Club Ourense Baloncesto esta tempada, ao final do primeiro cuarto e en directo, sacando o nome do gañador dunha urna pechada que conterá todos e cada un dos nomes dos abonados. Tralo sorteo o premio será entregado pola directora do hotel OCA Vila de Allariz, Goretti Iglesias, e a xefa de recepción, Vanesa da Costa.

COB - Retabet dispútase este venres, ás 21 horas, no Pazo de Deportes Paco Paz

Carmelitas e Campus lideran a Primeira galega 4 Xunto ao Seis do Nadal. Redacción

Carmelitas.

Dos seis equipos da zona sur da Primeira división autonómica feminina, tres están empatados a vitorias ao fronte da clasificación na fase previa. E deles, dous son os conxuntos ourensáns que militan nesta categoría. O Gadasa Carmelitas e o Campus Ourense lideran a clasificación xunto ao Seis do Nadal de Coia. Os tres suman tres vitorias e unha derrota nas catro primeiras xornadas disputadas. O Carmelitas logrou vencer ao Campus, Mesón A Vila e Arxil, caendo derrotado diante do Seis do Nadal. Pola súa banda, o Universitario Campus Ourense desfíxose do Arxil, Peleteiro e Mesón a Vila, perdendo co

Xornada 5 A quinta xornada que se disputa esta fin de semana faino cos dous conxuntos ourensáns xogando a domicilio. Mentres as colexialas visitan ao Peleteiro, as universitarias van a Coia para medirse ao Seis do Nadal. Os dous equipos buscarán unha vitoria que os manteña ao fronte da clasificación antes do derbi da seguinte fin de semana cando xoguen no polideportivo universitario.

En dúas semanas Carmelitas e Campus enfrontaranse no polideportivo universitario

Partido entre o Carmelitas e o Campus. /RAMSÉS.


PUBLICIDADE

novación donde practicar multitud de actividades dirigidas o entrenamientos funcionales de tipo cross. Además en algunas de ellas ofrecen cursos para los más pequeños de la casa o la posibilidad de practicar deportes de raqueta como pádel. Para poder descargar estas invitaciones y fo-

mentar la práctica deportiva en sus instalaciones han creado una web (todoesempezar.es) donde además se pueden conocer todas las facilidades

Objetivo: Comenzar el año en forma Los centros deportivos vuelven a recordar que enero es el mes perfecto para comenzar o volver a hacer deporte y no hay manera mejor que ir a probar sus instalaciones.

Es el caso de los centros gestionados por el Grupo Serviocio/BeOne en Ourense, que invitan a pasar un día en sus instalaciones y probar sus piscinas, las salas fitness,

que ofrecen para hacerse abonado de sus centros. La mejor manera de cumplir con los propósitos típicos del año nuevo y comenzarlo en forma.

Serviocio BeOne gestiona en Ourense el centro Deportivo de Eiroás, el complejo deportivo de Pádel Oira y el BeOne Progreso de la Alameda del Cruceiro

Una de las clases que se dan en el gimnasio BeOne Progreso de la calle Alameda do Cruceiro por monitores profesionales. las salas de actividades, las sala de ciclo... Serviocio/BeOne gestiona ahora mismo el Centro Deportivo de Eiroás, el complejo deportivo Pádel Oira y un gimnasio en el centro de Ourense, donde se ubicaba el antiguo bingo Cruceiro, llamado BeOne Progreso. Son instalaciones deportivas en continua re-

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

Fachada del Centro Deportivo de Eiroás.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

FÚTBOL

A UD tropeza na mesma pedra co Allariz 4 Os alaricanos venceron aos unionistas nos dous partidos de Liga. R. Torres Alfredo no partido contra o Silva./C. DOMARCO.

Derrotas do Barbadás e Barco antes do derbi 4 Os dos Carrís suman tres derrotas consecutivas. Redacción Derrotas do Barbadás e Barco, na 21ª xornada, antes do derbi de Calabagueiros. Pola súa banda, o Barbadás non se soupo repoñer dous goles en contra nos primeiros compases de encontro (aos 18 minutos xa perdía por 0-2). Os de Miki López tentarían a remontada, pero o Silva ben asentado sobre o terreo de xogo non concedeu nada aos locais. Aínda dispuxeron de dúas claras ocasións antes de lograr o terceiro e definitivo tanto. Unha derrota, e van dúas, desde que comezara o ano e a terceira consecutiva para os azulóns. E con estas chega a polémica con Alfredo Veiga. O xogador ten tomada a decisión de deixar o Barbadás para recalar no Ourense Club de Fútbol. Porén,

o presidente da entidade, José Manuel Fernández, comunicoulle que non o deixará marchar a non ser que sexa para un equipo de Segunda B. O culebrón está servido. Barco O Centro de Deportes Barco caeu derrotado na casa do Estradense; e iso que se adiantaron no marcador co gol de Ballesteros. 3-1 foi o resultado negativo dun conxunto barquense que contou co debut de Iago Beceiro nas súas filas. Derbi E agora chega o derbi. O domingo en Calabagueiros, ás 17:30 horas, o Barco recibe ao Barbadás. Na clasificación está mellor posicionado o visitante con 31 puntos. O equipo de Valdeorras é décimo segundo, con 27.

A Unión Deportiva Ourense sacou cero puntos nos dous partidos disputados na Liga diante do Allariz. No partido da primeira volta 2-1 foi o resultado e nesta segunda, 3-2. Unha boa defensa e agardar as súas oportunidades foron as premisas dos alaricanos nos dous encontros. Na primeira metade os de Antonio Dacosta dominaban, pero non inquedaban ao cancerbeiro local. Quen si golpeu foi o Allariz nunha contra e vantaxa no marcador. Por parte dos unionistas unha acción de perigo, que Xaco non chega a cabecear. Final dos primeiro 45 minutos. Na reanudación, reac-

ción dos visitantes que lle valeu para empatar; Cristian centra, e Hugo, de cabeza, empata. Cando parecía que os unionistas comezaban a soltarse, chegou o mazazo en forma de dous goles. Unha falta lateral poñía o 2-1, mentres que unha mala saída de Samuel supoñía o tercerio para os verdinegros. Aos capitalinos só lles quedaba volcarse ao ataque. Durán pon o balón, de falta, na área, para que Julio Martínez recurte distancias. Antes, Marcos Sotelo enviou, tamén de falta, un balón ao longueiro. Ata o final sen ocasións claras, e a UD Ourense que se distancia do Bande. Agora son catro puntos os que separan aos da Baixa Limia cos capitalinos.

Bande O Bande continúa líder e distánciase na clasificación gracias ao 0-3 ante o Francelos. Así suma catro puntos que o separan da Unión Deportiva Ourense. Ademais, debutou esta fin de semana o porteiro Manu Taranilla, ex de CD Ourense.

Vindeira xornada A xornada desta fin de semana, a número, 20 depara un Unión Deportiva Ourense contra Atlético Vilariño. O partido dará comezo ás 16:15 horas do domingo 22 de xaneiro no estadio do Couto. Os de Antonio Dacosta tentarán buscar unha vitoria que faga esquecer a derrota contra o Allariz e así quitar a mala sensación dos afeccionados ao rematar o partido. O Bande, pola súa banda, recibe ao Atlético Arnoia.

Catro puntos separan a Bande de UD Ourense

Cristian controlando o balon./RAMSÉS.

4 Nova asamblea da UDO Unanimidade en todos os puntos da asamblea ordinaria da Unión Deportiva Ourense que aprobou a inclusión de tres novos socios con dereito a voto -20 do ano pasado non renovaron-; o presuposto (con 120.000 euros de ingresos e 110.000 de gastos) e o número de socios que se eleva aos 1.316 (143 da base).

Momento da asamblea ordinaria da UD Ourense na delegación da Xunta./RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

FÚTBOL SALA

Os xogadores do Sala Ourense celebrando o gol que lles deu a vitoria diante do Superti A Pontenova./RAMSÉS.

Outra vitoria “in extremis” para o Sala Ourense 4 A falta de seis décimas un saque de banda de Tizón é rematado por “Allariz” para darlle os tres puntos. R.T. O Sala Ourense comeza a segunda volta cunha vitoria sobre a bocina que lle permite manterse ao fronte da clasificación. Un partido que se lle complicou, e moito, aos de Kike García, e que sacaron adiante na última xogado do encontro. A forte defensa dos lucenses fixo que os ourensáns tiveran serios problemas á hora

O Sala Ourense visita ao Ribeira esta xornada

de crear ocasións, a pesar de contar coa posesión do esférico na meirande parte do tempo. Os ourensáns dispuxeron das primeiras ocasión, pero sería A Pontenova o que se adiantaría no marcador, nunha transición, con gol de Paulo. A reacción no se fixo esperar e, despois de dúas ocasións, Rivero lograba o empate dous minutos despois. O encontro entrou nunha fase sen dominador ata que, a un minuto do descanso sucedéronse as ocasións. E nunha delas, Tizón lograba o segundo para os locais.

Na reanudación, os árbitros non deixan seguir unha vantaxe que finali-

zaba en gol de Adrián. Pouco despois, os visitantes empataban co gol de Iago. Ata o final, os ourensáns foron a pola vitoria. Varías ocasións (a máis clara un dobre penalti de Tizón) non viron porta; ata que, a falta de seis décimas, Tizón saca unha fóra, que Allariz remata supoñendo o 3 a 2 e a vitoria.

O Sala Ourense desfaise do Bueu e xa está en cuartos

Clasificación O Sala Ourense continúa dominando a terceira con 33 puntos, seguido do Pazos de Borbén con 31, e A Estrada Futsal, con 30. A derrota do Carballiño na pista do Casás fai que ocupe a décimo segunda posición con 12 puntos.

O Sala Ourense, trala vitoria do pasado sábado 7 de xaneiro accede a cuartos de final da Copa de Terceira División nun encontro con moita emoción final. Os ourensáns adiantáronse no marcador con gol de Raúl Rivero (10). Pero unha acción desafortunada supuxo o empate dos visitantes. A partir de aí os locais xeraron moitas ocasións tanto en ataque posicional como roubos por presión alta. Pero non houbo efectividade e o que ocorreu foi que os visitantes nun saque de banda conseguisen por medio de Antonio o segundo e irse ao descanso con vantaxe. Na segunda parte o partido entrou en idas e voltas, pero a maior

Vindeira xornada O Sala Ourense visitará ao Ribeira o domingo 22 de xaneiro, mentres que o Carballiño recibe ao segundo, o Pazos de Borbén.

Allariz buscando un pase a un compañeiro./RAMSÉS.

4 Venceu por 5-4 na eliminatoria de oitavos de Copa. Redacción

pegada da Sala Ourense valeulle para, nesa secuencia de goles, porse por diante no marcador co 4-3 a falta de catro minutos. Na recta final, os ourensáns noutra acción accidentada recibiron o gol do empate. No tres últimos minutos puido pasar de todo, pero o que pasou e o de case sempre; foi que Tizón, que sempre tira do carro, fixo o 5-4 nunha acción individual. Pola súa banda, o Bueu na súa ocasión máis clara fallou un penalti. Bembrive Tras esta vitoria o seguinte partido en Copa será contra o Bembrive nos cuartos de final.

O seu próximo rival será o Bembrive

Formacións do Sala Ourense e o Bueu.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

FÚTBOL SALA / CAMPUS

O Envialia logra a vitoria diante do UCAM Murcia 4 Mentres o Cidade perde diante do Roldán. R. Torres Cara e cruz na 14ª xornada da Primeira División de fútbol sala. O Ourense Envialia dobregou ao UCAM e o Cidade As Burgas non deu sacado nada positivo do seu viaxe a terras murcianas. Envialia As de Chipi tiveron que remontar o primeiro tanto obra das visitantes, para finalmente lograr unha cómoda vitoria por 6 a 2. Aos dous minutos as visitantes dominaban o encontro co gol de Pepa, pero dous minutos despois, Sara Moreno devolvía as táboas. O 2-1 chegaba dous minutos despois co gol de Lucía. Rosángela que debutaba este ano tras un período de inactividade por unha lesión poñía terra de por medio co terceiro tanto. E antes do descanso, de novo Sara Moreno facía o 4 a 1. Xa na segunda metade Noelia facía, en propia porta, o quinto das locais e o segundo do seu equipo (5-2). Sara Moreno redondearía, no último minuto a goleada co sexto e o terceiro da súa conta. Un 6-2 que fai que o En-

vialia sexa quinto con 25 puntos. Cidade As Burgas As pupilas de Manolo Codeso non puideron sacar nada positivo da súa visita ao Roldán. 5-3 e a lesión de Iria Saeta que está pendente de coñecer a gravidade da mesma. Partido tolo na súa primeira metade na que as locais chegaron a ir gañando por 3-0. Pero as ourensáns pouco a pouco foron remontarondo con tres goles de Iria que devolvían as táboas ao electrónico antes do descanso. Na segunda metade, a lesión de Iria -estará no seguinte partido- lastrou ao equipo franxiverde, o que aproveitaron as xogadoras murcianas. Mayte Mateo e Mirian lograron os goles para o definitivo 5 a 3. Esta derrota fai saír ás ourensás dos postos de Copa. Agora son décimas con 21 puntos. Xornada 15ª Esta fin de semana celébrase a última xornada da

Esta xornada será a última da primeira volta

Partido entre o Envialia e o UCAM./RAMSÉS.

primeira volta e o fai cun dobre enfrontamento galego - catalán. O Ourense Envialia viaxa para xogar fronte o Rubí, mentres que o Cidade As Burgas recibirá na central dos Remedios (sábado 21, 17 horas) ao Gironella. O Rubí está loitando por non caer a postos de descenso. Pola súa banda, o Gironella está na procura dun posto na vindeira Copa de España. O equipo catalán distancia nun só punto e tres postos na clasificación as franxiverdes.

Á neve co Be Muver! Redacción

Laura Fernández deixa o Envialia A xogadora madrileña Laura Fernández, que militou no Ourense Envialia durante nove tempadas, deixou a disciplina do club. Discrepancias coa directiva -en canto a temas laborais- fixeron que tomara esta determinación cando se leva gastado a metade do curso.

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo colabora con Prado Surf Escola para organizar tres viaxes para esquiar. Entra na web www.pradosurfescola.com/formulario-de-inscripcion/. O 27-29 de xaneiro a excursión é a Leitariegos, o mesmo que o 17-19 marzo; o 17-19 febreiro, a San Isidro.


TIRO / VOLEI

Miguel Alvariño domina en arco recurvo

Xornada para olvidar do Voleibol San Martiño

4 Foi olímpico en Río.

4 Dos seis encontros disputados esta fin de semana, só gañaron dous.

M. Rejo Na fin de semana do 14 e 15 de xaneiro preto de 200 arqueiros de toda Galicia apuntaron ás dianas do polideportivo de Taboadela. Todos con maior ou menor acerto, pero quen non defraudou foi Miguel Alvariño, que acadou o título autonómico en arco recurvo. Alvariño foi o maior reclamo deste campionato, xa que non todos os días tes preto a un olímpico e menos galego. Non obstante, tamén destacou o arqueiro local Miguel Cid, alcalde de a Teixeira e campión Veterano, que xunto con José María Fer-

nández foron os únicos ourensáns que se colgaron un metal, de prata, en arco recurvo veterán e arco composto sénior, respectivamente. Outras categorías En arco recurvo veterán masculino dominou José Lema; en composto veterán masculino, Julio Seoan; en recurvo cadete masculino, Pedro Pina; en composto sénior masculino venceu Teo Iglesias; en recurvo sénior masculino, Miguel Alvariño; e en mulleres Noelia Pena proclamouse gañadora en arco recurvo sénior.

Redacción Fin de semana para olvidar para a maioría dos equipos do Club Voleibol San Martiño. Dos seis equipos que xogaron, tan só dous acadaron resultados positivos. O filial do CV San Martiño (Concepción Arenal) xogou contra CVO Espazo Xove, na xornada da 3ª división autonómica, perdendo por 0-3.

Tres equipos do San Martiño desprazáronse ata Teis para xogar contra equipos da localidade. O cadete feminino do Dompa Gestión, 2ª división autonómica, non deu opcións ao seu rival e desfíxose del por 3 a 0. Esta vitoria permítelle empatar ao fronte da clasificación co CV Ourense, pero cun partido menos. O xuvenil feminino do Dompa Gestión, 2ª división autonómica, tamén logrou a vitoria por 0-3, o

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

Partido do San Martíño sénior feminino. que lle permite loitar polo ascenso. Para rematar, as sénior do Dompa Gestión disputaron un partido moi emocionante que se foi ata o quinto e definitivo set. Nel as locais estiveron máis acertadas no tramo final, o que lles valeu para facerse co triunfo. Pola súa banda, o conxunto infantil do Guillelme Brown, da 2ª división autonómica, desprazouse ata Monforte para xogar ante o imbatido

Korbis. O equipo ourensán chegou con moitas baixas e non foi quen de vencer. Esta derrota déixao na segunda posición da táboa. Sénior B O sénior B San Martiño do Dompa Gestión viaxou ata Vigo para disputar o encontro contra o Black Voley, líder da Liga. Un mal inicio deu ao traste coas posibilidades de vitoria das ourensás, caendo por tres sets a cero.


10

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

DEPORTES ACUÁTICOS

A sincro galega sumerxiuse na Rosario Dueñas 4 Coa primeira xornada de Base da tempada. Redacción Preto de 300 nadadoras de sincronizada participaron en Ourense -pis-

cina Rosario Dueñas do pavillón municipal- na primeira xornada de base da tempada. Participaron un total de 12 clubs de

Unha das participantes da primeira xornada de Base realizando o seu exercicio.

toda a comunidade autónoma, que tomaron parte na competición de Base 1, Base 2 e Base 3. Tratábase dunha competición de figuras individuais onde cada nadadora debía de realizar dúas figuras obrigatorias, hai que destacar por outra banda a mocidade das participantes pois nestas categorías de Base 1, 2 e 3 compiten nenas entre os 5 e os 11 anos de idade, sendo para algunhas delas a súa primeira competición oficial neste belo e sacrificado deporte. Por parte do Sincro Ourense participaron 9 nadadoras de Base 1; 10 de base 2; e 7 de Base 3. A próxima cita para algunhas do club será o vindeiro 28 de xaneiro cando participen nas probas de nivel que dan acceso ás categorías de competición de nivel que permiten acudir a campionatos de España. HQR A principios de ano as ourensás participaron na festa HQR celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pon-

O CNPO, campión galego masculino de 2016 4 O club natación Pabellón Ourense rematou o ano como campión galego absoluto, na categoría masculina, e subcampión, na conxunta. Redacción Gran final de ano para o Club Natación Pabellón Ourense. O club ourensán logrou facerse co campionato absoluto en categoría masculina logo de remontar na última das tres xornadas disputadas. A derradeira xornada disputouse cunha gran tensión até o desenlace, xa que o título masculino rotábase entre o Arzúa, Galaico e Pabellón Ourense, ata que na última substitución da xornada estes últimos lograban unha vantaxe de dous puntos para o título masculino. Ao longo da sesión, o CNPO rendeu a un nivel

espectacular, tirando de calculadora e de épica á hora de colocar aos nadadores nas diferentes finais; e estes, non fallaron. Nas probas que determinarían aos gañadores os ourensáns fixeron o necesario para levarse o título. Así, no hectómetro de crol Marcos García realizou o seu rexistro persoal e lograba a sexta posición, sendo o mellor da súa categoría, mentres que os seus compañeiros Miguel Pimentel e Antón Rodríguez eran cuarto e quinto, respectivamente, na final B. Nos 50 metros braza, o capitán Alberto Taboada, alzouse co bronce onde as décimas de segundo de-

cidiron o pódium. David González gañaba a final B. Nos 200 costas Jacobo Caride mellorou a marca provincial de 16 anos con mínima nacional incluída

Parte da expedición do CNPO máster desprazada ata Pontevedra.

Campionato de Galicia de natación máster A pasada fin de semana disputouse en Pontevedra o Campionato de Galicia de natación máster. Participaron preto de 400 nadadores de toda a comunidade. Por parte do CNPO máster desprazáronse 17 deportistas, que realizaron un gran campionato. Os pavillonistas regresaron da capital do Lérez cun total de 29 metais (doce delas de ouro, once de prata e seis de bronce) en diferentes probas individuais e de relevos; ademais de seis récords galegos en grupos de idades. Por clubes, o CNPO logrou ser o noveno.

tevedra. Na modalidade de sincronizada a xornada estivo enfocada á técnica de figuras das categorías de Base. En Base 3 participaron Paula González que fixo 13ª; Marta Rigüela, 22ª; Paloma Piñeiro 23ª e Irene Orozco 24ª.

En Base 2, Noa Bobillo subió ata o segundo caixón do podio. O resto de ourensás foron Alejandra Baliñas, sétima; Noa Touriño, oitava; Elia Rodríguez 10ª e Sabela Rodríguez, 24ª. E en Base 1 Martina Bericat foi a gañadora

da proba. Candela Flores fíxose coa sexta praza; Andrea Rodríguez, a 11ª; Andrea Cortón, 12ª; Laura Iglesias, 17ª; Martina Álvarez, 24ª; Sabela Calvo, 25ª e Alicia Cid, 48ª do total de 59 participantes en devandita categoría.

e tocaba a parede en sexto lugar, seguido doutro ourensán, José Moure que finalizou décimo cuarto, logrando puntos moi valiosos. En 200 estilos, Alberto Taboada coroouse subcampión galego, mentres co seu compañeiro Jacobo Caride era segundo da final B. O desenlace deuse na proba da substitución de estilos na que os homes foron quintos.

tegoría mixta, tamén foi gracias aos resultados das mulleres. Uxía Gómez lograba a oitava praza na final B dos 100 metros de crol mellorando a súa mellor marca; nos 200 costas, Paula Blanco e Luz Fernández eran segunda e quinta, respectivamente, na final B; en 200 estilos, Ana Santiso finalizaba sétima e no estilos relevo, oitavo. Unha vez finalizada a competición, o adestrador Daniel Toro, mostraba a súa satisfacción polo nivel dos seus deportistas ao

longo de tres días dun duro campionato, onde “soubemos dar un paso á fronte e demostramos o potencial dun equipo novo que en breve serán os que tiren do equipo. Deron a cara en todo momento e non cometemos erros que nos restasen”, afirmaba Toro.

Mulleres O subcampionato na ca-

Equipo do Club Natación Pabellón Ourense que participou no Campionato de Galicia.

“Demostramos o potencial dun equipo novo que serán os que tiren do equipo”, dicía Toro


ACTUALIDADE

salvamento

Feijoo e Quintas, primeiros na cuarta xornada 4 Eva Feijoo, Eva Espinosa e Aldara Estévez lograron mínima para o Campionato de España que se celebrará en febreiro. Redacción

Salvour de Ourense, que achegou 13 participantes dos 400 totais. O conxunto cadete foi o máis prolífico dos ourensáns, con tres mínimas logradas para participar no Campionato de España; que terá lugar o18 e 19 de febreiro en Don Benito (Extremadura). As tres ourensás que participarán son Eva Feijoo, Eva Espinosa

e Aldara Estévez. Ademais, Eva Feijoo foi primeira na proba de 200 obstáculos na cita estradense. O outro ouro foi para o máster Jesús Quintas nos 100 metros rescate con aletas, quen sumou tamén un segundo posto en 50 arrastre de manequín.

Moito Burgos para o Campus Ourense

electrónico (10-7). Cando máis crían, os locais, de levarse a vitoria ante o líder, foi cando comezaron a sufrir o xogo dos burgaleses. Antes do final do primeiro tempo xa lle deran a volta ao marcador cun ensaio e transformación (10-14). Na segunda metade o Campus foi un querer e non poder. Pouco a pouco as forzas esgotabanse ao tempo que caían do lado contrario puntos de ensaio e transformación. Os de Monreal víanse, con impotencia, desbordados polos primeiros. O final do partido reflectiu un 10 a 28 e boas sensacións

A cuarta xornada da Liga de salvamento acuático disputada na Estrada deixou dous primeiros postos e mínimas para o club

O Nacional terá lugar o 18 e 19 de febreiro en Extremadura

4 Os casteláns venceron por 10 a 28. Redacción O Campus Ourense Rugby perdeu na casa fronte ao líder da División de Honra B, o Universidad de Burgos UBU-Colina Clinic. O resultado foi de 10 a 28. Tralo parón polo Nadal, os ourensáns regresaban á competición e o facían diante do líder e favorito ao título; un Universidad de Burgos que está invicto na competición. Os de David Monreal entraron

no partido moi entonados e estiveron a un gran nivel o que lles valeu para estar, nalgunha fase do primeiro tempo, diante no marcador. Os visitantes golpearon primeiro anotando e transformando para poñerse 0 a 7. A réplica ourensán estivo na carreira de Jason e transformación de Moi. Minutos despois, un golpe de castigo a prol do Campus, con transformación de Moi, fixo que os locais se puxeran por diante no

Outros resultados Outros resultados no to-

cante aos ourensáns foron o segundo posto do alevín Daniel Araújo, en 25 metros arrastre de manequín. En infantís, Hugo Estévez Crespo rematou 16º en 100 obstáculos e Xenxo Fernandez Fernández, 38º en 100 rescate con aletas; tamén nos 100 rescate con aletas, foron 21º e 39º, respectivamente. En cadetes, ademais da primeira praza de Eva Feijoo en 200 obstáculos; terceira, Eva Espinosa Fernández; cuarta, Aldara Estévez Crespo e Ignacio Delgado Zamora, 21º. En 100 arrastre de manequín con aletas, Eva Feijoo Gómez, séptima; Aldara Estévez Crespo, 25ª, Nerea Vesprini, 32ª e Ignacio Delgado 18º. O 4x50 combinado de salvamento

dun Campus Ourense que tivo en Pam e Fito aos lesionados do partido. O UBU-Colina Clinic demostrou por qué e un dos favoritos ao ascenso á División de Honra. Durango A próxima semana xogan contra Durango RT, equipo co que empatan a puntos. Desde o club esperan poder romper a racha negativa que os levou a non gañar ningún partido como visitantes. Momento ideal de cara a distanciarse ante un rival directo de cara a salvación.

O próximo rival do Campus Ourense Rugby será un Durango co que está empatado a puntos

Melé, nun partido do Campus Ourense Rugby nas Lagoas./RAMSÉS.

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

quedou nunha meritoria terceira posición. A xuvenil Silvia Quintela ocupou a oitava posición en 100 metros socorrista e novena nos 50 arrastre de manequín. Andrea Bello

11

Armada, cuarta en 200 obstáculos e terceira en 50 arrastre de manequín, categoría júnior. Marco Salvadores Acero (absoluto) ocupou o posto 28 en 50 arrastre de manequín.

Jesús Quintas, primeiro en 100 rescate con aletas./CS


12

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

ATLETISMO

Marcos Rodrígues e Hugo Sánchez completaron o podio masculino e María José Vázquez e Maribel García, o feminino.

Saída da San Silvestre ourensá./SAMUEL TORRES.

Á carreira por Ourense 4 Varias foron as citas atléticas nos últimos días de 2016 e nos primeiros deste ano. Redacción Tal é a febre por correr que nin nas datas de Nadal a xente tómase un descanso. Citas como a de San Cibrao o a recén estreada San Silvestre Ourensá demostraron que o atletismo está en crecemento; e aínda houbo algunha cita máis na nosa provincia nos últimos días de 2016 e nos primeiros deste ano. San Cibrao Como cada ano o tope no número de inscrición quedou pequeno nunha proba que cada ano consegue superarse. Ademais ten o engadido que se celebra o Campionato provincial de 10.000 metros en ruta, polo que a distancia é homologada; isto a fai máis atractiva ao saber que o tempo marcado por cada corredor é oficial na distancia de 10 quilómetros. Na categoría masculina, Alejandro Fernández

(ADAS) non tivo rival e logrou a vitoria ao marcar un tempo de 31 minutos e 11 segundos. Segundo no podio foi Rubén Diz (31:49), da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e terceiro o atleta do ADAS, Alejo Ares (31:50). Ademais, eles tres foron os vencedores da proba popular. En categoría femininia, Sonia Teijeiro (Burgas Atletismo) alzouse co título provincial cun tempo de 38 minutos e 22 segundos. A poucos segundos entraría Iria Fernández (ADAS), o seu tempo 38:34. Terceira remataría Ana María Ocampo (Burgas Atletismo) con 39:36. No que se refire á proba popular, a primeira foi Joana Pereira (ADAS). A atleta portuguesa, a pesar de ser a primeira muller en meta non contabilizou para o campionato provincial; o seu tempo (37:29). Sandra Mosquera (ADAS) foi

segunda na popular (tampouco contabilizaba para provincial) con 37:45. A terceira foi a primeira ourensá, Sonia Teijeiro. Por equipos o ADAS do Barco foi o gran dominador do día. O club valdeorrés fixo pleno logrando a vitoria por equipos tanto en homes como en mulleres. O Carballiño e A Rúa A capital do Arenteiro tivo a súa carreira solidaria o 18 de decembro. En homes os máis rápidos foron Luís Iglesias; José Canda e José Manuel Corral, primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. En mulleres, Ana María Ocampo, primeira; María Ferreiro, segunda e Isabel Sáez, terceira, coparon o podio. O mesmo día na Rúa celebrouse a súa quinta carreira solidaria na que Alejo Ares e Iria Fernández foron os vencedores.

San Silvestre Este ano houbo unha novidade. A primeira edición da San Silvestre Ourensá celebrada en Ourense. Os ourensáns involucráronse e participaron preto dun millar de atletas, dando colorido ao parque Barbaña o último día do ano. Nesta primeira edición Rubén Díz foi o máis rápido seguido de Óscar Seoane (segundo) e de Julián Romero (terceiro). En categoría feminina, Yolanda Gutiérrez, primeira; Iria Fernández, segunda e Vicky Losada, terceira. Á par que esta carreira celebráronse a de Allariz (non competitiva) e a de Castrelo de Miño. Na de Castrelo, Iván Docampo levouse a vitoria. Segundo foi Iván González e terceiro Albino Fernández. María Ferreiro foi a mellor en Castrelo, mentres que Ana Soutullo rematou segunda e Patricia Álvarez, terceira. Ao día seguinte, 1 de xaneiro tivo lugar a Costiña de Canedo onde Marcos

Categoría escolar da carreira de San Cibrao./S.TORRES Juncal alzouse coa vitoria no alto da costiña; María José Regueiro foi a vencedora feminina. Cross A Rúa e Boborás A Rúa e Boborás xa disputaron o seu cross. Na proba da Rúa, que era para o campionato galego e provincial, Esther Navarrete alzouse co cetro rexional (segunda foi Rocío Alvite e terceira Joana Pereira); Iría Fernández foi a campioa provincial. Víctor Rioboo foi o mellor galego seguido de Hassan Lekhili (campión provincial) e de Jorge Crespo. Por equipos, doblete

para o Adas do Barco. O Ourense Atletismo foi o segundo en homes e o Burgas o segundo en mulleres. José Canda foi o mellor en Boborás. Sergio Requeijo fixo segundo e Pablo Vázquez terceiro. Eva Iglesias logrou a primeira posición feminina; Belén Rodríguez, a segunda e Ana María López, a terceira.

Preto de 1.000 persoas participaron na San Silvestre ourensá

Participantes da San Silvestre ourensá felicitando o ano./SAMUEL TORRES.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

13


14

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

POLIDEPORTIVO

Cristofaro, bronce con Galicia

O Nova Xestión suma derrotas

4 Tres ourensás participaron no Campionato de España de balonmán de base.

4 Tanto en homes como en mulleres.

Redacción Tres xogadoras ourensás -do Nova Xestiónparticiparon no Campionato de España de balonmán de base. Verónica de Cristofaro participou en categoría infantil colgándose o bronce. Cristofaro aportou dous goles á selección. A xoven xogadora mostrabase contenta trala súa primeira experiencia nun Campionato de España. Cadete En categoría cadete, dúas foron as representantes ourensás, as irmás Sandra e Ruth Sánchez. No nacional remataron con Galicia na cuarta posición. Tanto para Sandra como para Ruth

está era a súa segunda participación nun evento deste tipo. Anteriormente xa representarán á Galicia en infantil, logrando o título.

Cristofaro coa medalla de bronce con Galicia no Campionato de España.

O Galmédica continúa invicto 4 Na Terceira división nacional grupo sur. Redacción O Galmédica Ourense tenis de mesa continúa invito na Terceira división nacional grupo sur de Galicia. Isto fai que a falta de cinco xornadas para que remate a fase regular os ourensáns manteñanse

líderes na clasificación. Do nove xornadas disputadas o equipo ourensán acumula oito vitorias e un empate. A última, o pasado sábado na casa. O Galmédica recibiu no Paco Paz ao Vincios Lucas Tojal de Gondomar (ocupan a terceira posi-

Redacción Este sábado pasado reanúdabanse as ligas de balonmán tralo parón de Nadal. E o facía con sendas derrotas dos equipos sénior (masculino e feminino) do Nova Xestión Pabellón Ourense. O equipo masculino recibía na central dos Remedios ao Seis de Nadal de Coia, un dos aspirantes a estar nos postos de arriba, que estaba a só tres puntos dos ourensáns. Moi irregular no seu xogo, os homes de Diego Lorenzo non lle collían o pulo ao encontro. A primeira metade estivo falta de intensidade, sobre todo en defensa. Cos goles de Xurxo, dende o extremo, e de Javi

o equipo puido chegar ao descanso con 14 a 16. Nos primeiros minutos da primeira metade reaccionaron e o equipo mellorou cun gran Rubén baixo paos. Isto fixo que incluso se puxeran un arriba. Pero a falta de 10 minutos as decisión arbitrais desquiciaron a xogadores e afeccionados, que sumado ao cansazo, perdas de balón e erros de lanzamentos claros, dábanlle a vitoria 27-29 o Seis de

Nadal de Coia. Feminino O conxunto feminino realizou un gran partido na cancha do Redondela. O primeiro tempo estivo moi igualado chegando ao descanso con 18-19 para as ourensás. A segunda metade comezou do mesmo xeito, cunha Sandra a un gran nivel que fixo que o rival a defendera con dúas xogadoras. As ourensás estivero tres arriba (2326). Porén, nos últimos minutos, os erros de cara á portaría contraria xunto con decisións arbitrais que fixeron saír do partido ás pavillonistas deron co resultado final de 3128.

Partido do Nova Xestión en Ourense./ARQUIVO.

ción) ao que venceu por un claro 5 a 1. Tralos ourensáns, a un punto, está o Helios Asesoría Serinte, de Bembrive. E outro Helios, o Restaurante Cielito Lindo, ocupa a terceira praza, pero xa, con 10 puntos, a sete dos ourensáns. Vindeira cita A próxima fin de semana os ourensáns do Galmédica desprazaranse ata Cangas para enfrontarse ao Cinania, quintos, no que será a décima xornada ligueira.

Xogadores do Galmédica Ourense e do Vincios.

Campionato de España de taekwondo Redacción Alicante acolleu no mes de decembro o Campionato de España de taekwondo por clubs. Seis deportistas do Centro Deportivo O Couto acudiron á cita nacional. Ainoha García deu a badalada e colgouse a medalla de ouro. Pola súa banda, María Ferreiro logrou a medalla de bronce. Na modalidade de técnica, Brais Sánchez, de 10 anos, conquistou o bronce en benxamín. En freestyle (categoría sénior), Andrés Freijeiro proclamouse subcampión de España. María González foi bronce. A sénior Sandra Senra, tras unha prolongada inactividade, perdeu na loita polas medallas coa actual campioa de España, a madrileña Natalia Guillén. O balance do club Couto neste torneo foi dun ouro, unha prata e tres bronces.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº152- Ano: IX - 20 de xaneiro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Medallas para o Club Ximnasia Pavillón en Portugal 4 Catro ouros, tres pratas e catro bronces para os ximnastas pavillonistas. Redacción A localidade portuguesa de Tomar acolleu o Torneo

dos templarios Cidade de Tomar. Ata alí desprazouse o equipo de trampolín do club ourensán, dando por

O Auriense, líder trala súa vitoria na Illa de Arousa 4 O equipo feminino perdeu. R.T. O Auriense colócase

líder na clasificación trala súa vitoria na Illa de Arousa fronte o Dorna; o

comezado o inicio de tempada. O equipo fixo unha competición case sen erros que deu lugar á clasificación para as fases finais de 15 dos 16 saltadores e posteriormente á consecución de 11 metáis. Os ouros os acadaron o equipo masculino (Hugo Vila, Nicolás Cid, Daniel Fernández, Lucas Domuro); Marta Rodríguez, na categoría de menos de 12 anos; Daniel Fernández, na categoría de 15 a 16 anos e Lucas Domuro, na

categoría de máis de 17 anos. Colgáronse a prata María Fujú García, na categoría de menos de 12 anos; Alejandra Braña, na categoría de 13 a 14 anos e Nicolás Cid, na categoría de 13 a 14 anos. E os bronces foron para Rocío Salas, na categoría de menos de 12 anos; Hugo Vila, na categoría de menos de 12 anos; Guillermo García, na categoría de 15 a 16 anos e María Salas, en máis 17.

resultado foi un axustado 5-7 (22) / 6-5 (23). Os ourensáns, saíron a pola victoria dende o principio, facendo un parcial de 1-8 nos cinco minutos iniciais. Pero os locais lograron empatar e, nun final de infarto, o Auriense logrou a vitoria que o encarama á primeira posición. O Auriense chega ao trascendental choque da

vindeira fin de semana como líder; enfronte terá ao favorito ao ascenso, os Mecos do Grove. Feminino As Fillas de Breogán foron demasiado rival para as ourensás do Auriense. Estas caeron por 13-31. O mellor xogo das coruñesas, xunto co seu acerto cara a paos fixo que a vitoria viaxara a terras herculinas. As baixas das ourensás deron ao traste con toda opción de vitoria.

Novos cintos negros para o Artai 4 Nas modalidades de Combat Sambo e Sambo Police. Redacción A principios de decembro notificouse os resultados do exames de cinto Negro de Combat Sambo realizados durante o curso internacional do pasado mes de outubro no ximnasia Artai. O club Artai organizou un curso de Combat Sambo e Sambo Police impartido polo mestre ruso D. Nikolay Potashnik, campión da copa do mundo 2015. Os novos cintos Negro de Combat Sambo son Sergio Parga, David González, Carlos Rodríguez, Aarón Blanco, Mª Sonsoles Fabián, Julio Díaz e Emanuel J. Álvarez. E os cintos Negro de

Sambo Police os lograron Mª Sonsoles Fabián, Julio Díaz e Aarón Blanco. Aarón Blanco Con estas novas distincións o mestre do club Artai, Aarón Blanco, consegue o grao de cinto Negro en 7 modalidades distintas (Wushu, Kickboxing, Kungfu, Defensa Persoal Policial, Bastón Policial Extensible, Combat Sambo e Sambo Police). O Combat Sambo é unha modalidade de combate que utiliza as técnicas de puño, perna, xeonllo, cóbado, cabeza e proxección. O mestre ruso impartiu un excepcional curso e examinou aos aspirantes en todos os aspectos que caracterizan a esta modalidade de combate.

Esta fin de semana o Auriense masculino xoga contra un dos favoritos, Mecos do Grove Equipo masculino do Auriense Fútbol Gaélico.

Imaxe dos deportistas que acadaron o cinto negro.


Barrios DEPORTIVO 20 de xaneiro de 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.