Bd149

Page 1

[ Páx. 8-9]

A UD Ourense toma vantaxe na Copa FÚTBOL SALA

P.2-3

Vitorias para o Sala Ourense, Envialia e Cidade As Burgas

TIRO OLÍMPICO Páx.5

BALONMÁN

Páx. 10

Tres ourensáns vencen no Campionato galego

Triunfos na Liga do Nova Xestión Pabellón

ATLETISMO

Páx.11

Máis de 3.000 inscritos xa para a 40ª San Martiño

F. GAÉLICO

Páx.14

A Liga de fútbol gaélico, suspendida temporalmente

Primeiro derbi no Paco Paz [Páx. 7]

[Páx. 6]

Primeira derrota en casa O Campus Rugby caeu diante do Bera Bera por un apretado 24 a 28./ O COB recibe ao Marín o sábado 5 de novembro ás 19 horas./RAMSÉS.

Número: 149- Ano: VIII - 4 de novembro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

AXENDA / FÚTBOL SALA

4 Axenda deportiva

Seis seguidas

- Día 6 de novembro. Calabagueiros. CD Barco - Bergantiños. 3ª División. - Día 6 de novembro. Os Carrís. Barbadás - Deportivo B. 3ª División. - Día 6 de novembro. Antonio González. Polígono - Estradense. Rexional Preferente. - Día 6 de novembro. O Couto. Ourense C.F. - Caselas. Rexional Preferente. - Día 6 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Moaña. Rexional Preferente. - Día 6 de novembro. Campo da Aira (Velle). Velle - UD Ourense. 1ª Galicia. - Día 13 de novembro. Antonio González. Polígono Porriño. Rexional Preferente. - Día 13 de novembro. José Arjiz. Verín - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 13 de novembro. A Tella. Nogueira - Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 13 de novembro. O Couto. UD Ourense - A Peroxa. 1ª Galicia. - Día 6 de novembro. Miguel Anxo. Pabellón - Marina Sport. División Honra xuvenil. - Día 6 de novembro. Velle. 12 h. UD Ourense - Xuventú Aguiño. 1ª Galicia feminina.

4 O Sala Ourense suma a súa sexta vitoria consecutiva e mantén a segunda posición.

Fútbol

Baloncesto

- Día 5 de novembro. Paco Paz. 19 h. COB Ourense Provincia Termal - Marín Peixegalego. LEB Ouro. - Día 12 de novembro. Paco Paz. 19 h. COB Ourense Provincia Termal - Araberri. LEB Ouro. - Día 13 de novembro. Paco Paz. 12h. COB B - Seis do Nadal - Coia. Liga EBA.

Fútbol sala

- Día 5 de novembro. Os Remedios. 17 h. Cidade As Burgas - Poio. Primeira División. - Día 6 de novembro. Os Remedios. Sala Ourense - Casás. 3ª División. - Día 12 de novembro. Os Remedios. 17 h. Ourense Envialia - Cidade As Burgas. Primeira División. - Día 12 de novembro. Calabagueiros -O Barco- 18:30 h. Pizarras Los Tres Cuñados - Atlético Benavente. 2ª División B.

Redacción Nova xornada e nova vitoria para o Sala Ourense de Terceira División de fútbol sala. Os de Kike García lograron a sexta vitoria consecutiva e con ela manteñen a segunda praza. Lonxe queda a primeira xornada na que caera diante da Pontenova por 6 a 2. Ante o Mosteiro Bembrive os ourensáns impuxéronse por 2 goles a 5. Nos primeiros compases as ocasións foron dos locais ata que no ecuador da primeira metade o Sala Ourense fíxose co tempo do partido. Tizón aos 10 minutos adiantaba aos visitantes e antes do descanso, Fente lograba o 0 a 2. Tralo descanso novo gol ao minuto da reanudación, obra de Araújo

(0-3). Porén, os locais non se virían abaixo e Borrajo recurtaba distancias co un a tres aproveitando a superioridade concedida ao ser expulsado Hugo. O que podería ser un inicio de remontada, Tizón encargouse de que non fora tal ao lograr o cuarto tanto (1-4). E un minuto máis tarde, Allariz facía o un a cinco. Logo chegaría a expulsión de Tizón, aínda que non foi aproveitada polo Bembrive durante os dous minutos de superioridade. No tramo final, e apostando os vigueses polo xogo de cinco, Gesteira faría o 2 a 5 definitivo. Carballiño O Carballiño logrou unha importantísima vitoria diante da Pontenova. Os de Arenteiro lograron golear 10 a 3 e sumar tres

- Día 6 de novembro. O Barco de Valdeorras. IXª Carreira Popular dos Santiños. - Día 6 de novembro. Albarellos -Monterrei-. III Carreira Popular Concello de Monterrei. - Día 20 de novembro. Ourense. 40ª Carreira do San Martiño. Inscricións abertas.

Motor

- Días 4 e 5 de novembro. Nogueira de Ramuín. 5º Rali Ourense - Ribeira Sacra.

Andaina

Xadrez

- Día 5 de novembro. Campus de Ourense -16:30h-. Torneo de xadrez activo Campus de Ourense.

Outros

- Día 5 de novembro. O Barco de Valdeorras. 16 h. Proba de orientación O Castro.

Judo

- Día 5 de novembro. Ourense. Liga de judo “Cidade de Ourense”. 3ª xornada.

Golf

- Día 5 novembro. Real Montealegre Club de Golf. Liga Nacional Xuvenil Campbell Lamont Golf Leagues.

Tiro

- Día 6 novembro. Club de tiro Eiroás. Campionato de Galicia de pistola de aire comprimido. - Día 12 novembro. Eiroás. Tiro olímpico - Magosto.

seis puntos. O Carballiño visita ao Ribeira, equipo que suma os mesmos puntos que os ourensáns, sete.

Vindeira xornada Para a xornada desta fin de semana, a número 8, o Sala Ourense recibe o domingo 6, ás 12 horas nos Remedios, ao Casás, equipo que vai undécimo con

O Sala Ourense recibe este domingo, 12h, ao Casás no pavillón dos Remedios

Partido do Sala Ourense disputado no anexo dos Remedios. /ARQUIVO.

de fútbol sala na ponte de Todos Os Santos. Grazas a un diálogo coa Concellería de deportes e a través da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, da que Amencer é socio fundador, solucionouse o problema técnico que impedía seguir organizando torneos deportivos.

Atletismo

- Día 5 de novembro. Rutas Culturais Universidade de Vigo. Muíños da Barosa - Fervenza de Segade. - Día 6 de novembro. Riós. 8º Tour de Riós.

novos puntos. Esta vitoria fai que o Carballiño suba ata a sétima posición con sete puntos.

Pin e pon, equipo vencedor./AMENCER.

Regresa o deporte a Amencer

Torneo En total participaron 11 equipos. Un deles, ao ser de rapaces entre 10 e 11 anos, xogou un só partido. Os outros 10 xogaron entre eles en dous grupos de tres e outro de catro equipos. Á semifinal chegaron o

primeiro de cada grupo e o segundo do grupo conformado por catro equipos. Fase final As semifinais foron entre Butarki e Descansa (37), e entre Catro amigos e Pin e pon (4-8). A final foi entre Descansa e Pin e pon co resultado de 2-7 para os segundos.

Desde Semana Santa Amencer non organizaba ningún evento deportivo

4 Fíxoo co tradicional Torneo de fútbol sala. Redacción Desde Semana Santa deste ano a Asociación Xuvenil Amencer non organizaba ningún even-

to deportivo. O motivo era que tiñan que adaptarse á nova normativa deportiva galega. Unha vez solucionado o problema regresou o deporte e fíxoo co Torneo

Un dos partidos do Torneo./AMENCER.


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

Dobre derbi galego 4 Cidade e Envialia xogan contra Poio e Burela, respectivamente. R. Torres

Bea Seijas chutando a portaría no encontro contra o Gironella. /RAMSÉS.

Envialia e Cidade suman de tres en tres 4 Nova xornada na que os dous equipos ourensán da Primeira División de fútbol sala logran a vitoria. Redacción O Ourense Envialia logrou a vitoria diante do Gironella (3-2) e o Cidade impúxose a domicilio ao Rioja (0-4). De tres en tres para ir sumando puntos que os afiancen nos seus obxectivos para esta tempada. Envialia O Ourense Envialia tivo que sufrir para sumar tres novos puntos que o manteñen na terceira posición, con 18 puntos. E iso que as de Chipi dominaron o primeiro acto, o que as levou a dominar o marcador por tres goles a cero. Espi transformaba un penalti no minuto seis para adiantar as locais. As xogadoras do Gironella protestaron moi avidamente a acción. Bea Seijas, tres minutos máis tarde, ampliaba a súa renda aproveitando un rechazo. Unha gran xogada das ourensás con pase en diagonal ao segundo pao foi rematado pola canteirana Antía para facer o terceiro da tarde. Antes do descanso, Pilar

recurtaba distancias para deixar o partido máis aberto de cara á segunda parte. As visitantes creron nas súas posiblidades e estiveron máis intensas no segundo período. O empuxe das catalás fixo que, de novo, Pilar culminara unha boa transición do seu equipo. O Gironella optou polo xogo de cinco dominando os ultimos minutos de encontro. A pesar dos apuros das albinegras o marcador non se movería e a vitoria quedaría en Ourense.

Cidade Importante a vitoria do Cidade na cancha dun rival directo: o Rioja. Cero a catro e tres puntos máis para as ourensás que suman xa 12 puntos (son oitavas). O partido tardaría en definirse cara ás franxiverdes. Na primeira metade foron máis dominantes as locais, pero a falta de definición acabou coas súa posibilidades. As ourensás limitáronse a buscar as súas ocasións á contra. Na segunda parte apareceu a pegada de Iria para

Candela nun partido do Cidade nos Remedios. /RAMSÉS.

volcar o partido do lado do Cidade. Aos dous minutos da reanudación xa marcara o primeiro tanto. Catro minutos máis tarde, Sonia Pacios faría o segundo, o que aliviaba ás visitantes. A pesar de que as locais continuaron dominando o encontro non foron quen de traducir ese dominio en goles. Cando máis volcado estaba o Rioja dous goles máis, en contra, apuntalaron a súa derrota. Iria nunha contra regateou á porteira e logrou o terceiro, e nos últimos segundos a mesma protagonista poñía o definitivo 0-4 no marcador. Oitavas con 12 puntos as de Manolo Codeso deixan o descenso a 11 puntos.

O Envialia é terceiro e o Cidade, oitavo

A novena xornada da Primeira División de fútbol sala deixa dous derbis galegos para os conxuntos ourensáns. O Cidade As Burgas recibe este sábado (17h) nos Remedios ao Poio, mentres que o Ourense Envialia visita Vistalegre para medirse ao Burela. Dispútanse tres puntos importantísimos en cada un dos encontros entre equipos que están moi parellos na táboa clasificatoria. No partido dos Remedios o Cidade tentará seguir coa racha positiva que o levou a sumar nove puntos nos tres últimos encontros. Diante, un rival nada fácil; un Poio que suma dous puntos máis na clasificación (14) que as ourensás e ocupa a sexta praza. Burela - Envialia O outro derbi galego será entre o Burela Pescados Rubén e o Ourense

Envialia. As da Mariña lucense, en pleno proceso de transformación (moitas das xogadoras puntais dos últimos anos abandonaron a disciplina do equipo laranxa) buscarán asentarse nos postos de arriba despois dun irregular inicio de Liga. Agora son quintas con 15 puntos e están a tres das ourensás. Pola súa banda, as ourensás pretender dar un paso máis esta tempada e mellorar a quinta posición do ano pasado; vitorias ante equipos como o Burela son necesarias para lograr o obxectivo. En definitiva, dous derbis galegos moi atractivos con dous equipos ourensáns coma protagonistas.

O partido entre Cidade e Poio dispútase este sábado, a partir das 17 horas, nos Remedios

Agardan as semifinais Redacción

Cidade das Burgas e Ourense Envialia cumpriron na última xornada da fase de grupos para clasificarse para as semifinais da Copa Xunta. Aos dous equipos bastáballes cun empate para clasificarse, pero lograron a vitoria. O Envialia, coa lei do mínimo esforzo, impúxose en Moaña a O Pirata; os goles de Antía e Lucía foron suficientes para lograr unha vitoria, por 1 a 2, que os mete nas semifinais. O Cidade, que xogaba na casa, tivo que aplicarse algo máis ante o Leis. O equipo de Pontevedra chegou a ir gañando na primeira metade por un

Partido de Copa entre Cidade e Leis. /RAMSÉS. gol a tres. Antes do descanso as de Manolo Codeso lograron empatar a contenda. Na segunda metade as ourensás souberon ler mellor o encontro e non pasaron apuros para lograr a clasificación. Tres goles máis no segundo tempo para as franxivermellas e ningún polo outro bando deixou o marcador definitivo de 6 a 3. Novamente dous conxuntos ourensáns volverán estar entre os catro mellores da Copa Xunta.


Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

BTT

Iván Feijoo, 35º en Holanda 4 Na proba puntuable da Copa do Mundo de Valkenburg. Redacción Iván Feijoo finalizou no posto 35 da categoría júnior, da proba da Copa do Mundo de Cyclocross disputada en Valkenburg (Holanda) o 23 de outubro. Esta era a primeira participación do ciclista alaricano nunha Copa do Mun-

do nesta tempada. Iván, que partía na posicion 36ª, tiña unha mala saída, quedando dos ultimos; o que lle lastrou no resto da carreira e obrigouno a ter que remontar toda a competición. Narón e Ferrol Non só nesta proba

Noela Sáa gaña en Muskiz 4 Carlos Canal foi segundo. Redacción Unha representación do Club Ciclista Maceda viaxou ata o Pais Vasco para disputar dúas probas da Copa de España -en Llodio e Muskiz-. Despois das dúas carreiras disputadas, o club ourensán xa conseguiu colocar a un dos seus representantes dominando unha das clasificacións. Noela Sáa foi segunda en Vitoria e alzouse co triunfo en Muskiz. Dous resultados que lle permiten dominar a categoría cadete feminina. Sáa (Maceda), superou a Anne de Pablo (Pan Mendas) e a María Parajón (UC San Sebas-

tián), que chegaron á liña de meta a 34 e 41 segundos, respectivamente, da ourensá. O cadete Carlos Canal fíxose nas dúas probas coa segunda posición. A quen non lle foi tan ben nesta ocasión foi a Iván Feijoo. O alaricano sufriu unha caída na primeira volta, que o relegou ás últimas posicións. A pesar da mala fortuna rematou sendo quinto. Karrantza A terceira cita da Copa de España de ciclocross terá lugar o 6 de novembro co XXIV Ciclocross de Karrantza, a onde se desprazará o C.C. Maceda.

Canal e Martínez, líderes 4 Na Copa Galicia en categoría cadete. Redacción Carlos Canal e Antía Martínez lideran a Copa galega cadete. Os corredores do Maceda fixeron un bo papel na proba de Santiago, última disputada até a data. A pasada fin de semana desprazáronse até Santiago para a disputa da Copa galega. O cadete Carlos

Canal confirmou o seu bo momento cunha vitoria que o afianza no liderado da categoría. Antía Martínez gañou a proba cadete feminina, na que Noela Saa foi segunda. Tras este resultado, Antía Martínez é líder da Copa galega. Raúl González foi terceiro en Sub 23.

había representación do Academia Postal - Actyon - MMR, xa que na mesma fin de semana empezaba a Copa de Galicia con dobre cita, o sabado 22 de outubro en Naron e o domingo 23 no Ferrol. En ambas as probas, os corredores de Maceda tiveron unha destacada actuación. Así, Carlos Canal sumaba dúas vitorias na categoría cadete. Tamén

lograba vitoria o sábado, Noela Saa en cadetes, mentres que o domingo a que vencía era Antía Martínez. Román Saa, que se estreaba como Sub 23, subía ao podio en ambas probas, sendo terceiro. Tamén fixeron podio Aida González, que foi segunda en Narón e Marco Nube, que quedou terceiro cadete en Ferrol.

Iván Feijoo, nun momento da Copa do Mundo de Cyclocross de Valkenburg, Holanda./CEDIDA.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

Tres ourensáns vencen no Campionato galego de aire comprimido 4 Encinas, Mera e Fernández. Redacción O Campionato Galego de aire comprimido celebrouse o 23 de outubro no Club de tiro Eiroás, con tres vencedores ourensáns: Jorge Encinas en carabina, Nuria Mera en pistola damas, e Paula Fernández en pistola júnior. Encinas, ademais, conseguiu un novo récord galego da modalidade, con 609,6 puntos. Pistola sénior A modalidade de pistola sénior disputará o Cam-

O concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, o mestre chinés Fu Quing Quan e o mestre de tai chi, José Gago, na recepción na Delegación da Xunta en Ourense.

Encinas, nunha tirada de carabina aire comprimido. pionato o próximo domingo 6 de novembro, tamén en Eiroás. Os 32 deportistas inscritos -só tres deles ourensáns- competirán en

dúas tandas, ás 10 e 12 horas. Os oito mellores clasificaranse para a final, que se tirará a continuación.

A Xunta recibe ao mestre Fu Qing Quan A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, recibiu no despacho do edificio administrativo da Xunta de Galicia ao mestre chinés Fu Qing Quan, considerado o máximo representante mundial do Tai Chi. A recepción tivo lugar con motivo do curso que este deportista impartiu en Ourense e que reúne a máis de 40 profesores de distintos países de Europa para profundizar na teoría e práctica desta especialidade.


Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

RUGBI

Primeira derrota na casa do Campus Rugby 4 Caeu diante do Bera Bera por un apretado 24 a 28. R. Torres O equipo de División de Honra B do Campus Ourense Rugby enfrontábase contra o segundo clasificado do grupo e un dos candidatos ao playoff polo ascenso á categoría de ouro do rugbi español, Bera Bera de San Sebastián. O partido foi disputado e intenso de principio a fin aínda que os moitos fallos locais permitiron que os donostiarras aproveitasen para darlle a volta ao partido, nos instantes finais, e quedar co marcador final de 24 a 28. Dominaron o marcador durante gran parte do encontro pero non souberon manter a renda. Os primeiros puntos foron para os locais con ensaio de

Sefo e transformación de Moi aos 16 minutos. Tres minutos máis tarde, tras un erro en placaxe, os de Bera Bera ensaian e transforman, empatando o partido, 7 a 7. Pouco despois, tras unha gran carreira, Jason ensaia de novo e Moi pasa entre os paus deixando o marcador en 14 a 7. Así acabaría a primeira parte. Xa na segunda metade, no minuto 43, os donostiarras acurtarían puntos cun golpe de castigo transformado, 14 a 10. Os do Campus non se deixaron amedrentar e, vendo que o resultado se ía acurtando, apertaron os dentes e tras unha boa xogada, Jason, de novo, lograría ensaiar e Moi, a continuación, transformar, sendo o marcador 21 a 10.

Seis minutos despois, tras un golpe de castigo do Campus, a apertura de Bera Bera pasaría o balón entre paus, 21 a 13. Tras outro golpe de castigo local, de novo o pateador contrario logrou pasar o oval entre os paus e, así, Bera Bera íase achegando no marcador. O resultado no minuto 58 era xa de 21 a 16. Aos poucos Bera Bera foise facendo co partido e, desta maneira, lograrían ensaiar e transformar de novo, póndose por diante no marcador, 21 a 23. Os ourensáns lograrían por mediación de Moi un golpe de castigo a favor, póndose por diante unha vez máis o Campus Ourense, 24 a 23. A dous para o final

tras xogar na zona de 22 ourensá, os visitantes lograron pousar o balón na zona de marca deixando o resultado de 24 a 28. U. de Bilbao O Campus volve xogar na casa a vindeira xornada. Recibe ao Universitario de Bilbao, ao que se lle

gañou na fase de ascenso, o domingo 6 de novembro ás 12 horas no campus. Feminino e filial O feminino perdeu esta fin de semana contra o Muralla RC por 38 a 12. Pola súa banda, o Campus Ourense Rugby B, da Segunda División Rexional,

O domingo 6 de novembro, 12h, nas Lagoas, Campus Ourense - Universitario de Bilbao

Parte dos membros do Campus Ourense Rugby xunto co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato./RAMSÉS.

A Universidade de Vigo apoia ao Campus Rugby 4 Membros do club foron recibidos polo reitor da Universidade, Salustiano Mato. Redacción

O Campus Ourense colleitou a primeira derrota en casa ante Bera Bera./RAMSÉS.

logrou vencer ao Fendetestas por 35(B) a 19.

O Campus Ourense Rugby Coosur continuará co apoio da Universidade de Vigo. Así o indicou o seu reito, Salustiano Mato, quen recibiu a parte do plantel, corpo técnico e directiva

do club. En palabras do reitor, este afirmou que se creará un novo convenio co Campus Rugby para o 2017 para “seguir apoiando máis intensamente ao equipo” nunha categoría máis esixente. O presidente da entida-

de, Juan Carlos Rodríguez, fíxolle entrega a Mato dun trofeo (replica do que se lle dá ao mellor xogador cada xornada -trofeo Sumi-) en agradecemento ao apoio que reciben da Universidade. División de Honra B O equipo ascendeu a tempada pasada e agora milita na División de Honra B. O obxectivo do Campus é o de asentarse na categoría.

En 2017 Universidade de Vigo e Campus Rugby firmarán un convenio de maior apoio ao club


COB

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

Coruña rompe a racha do Club Ourense Baloncesto 4 Marín será o próximo rival dos ourensáns. Redacción Os ourensáns perderon 79 a 67 contra os herculinos. Toda racha ten o seu principio e o seu fin, por moi grande ou moi pequena que sexa. O Club Ourense Baloncesto comezou a competición cunha racha, pequena, de dous partidos perdendo, para logo encadear tres vitorias consecutivas. Esta racha positiva non foi máis aló porque topouse con Leyma Coruña, un equipo que está demostrando as súas credenciais neste arranque de curso. Depois de vencer a Castelló e, sobre todo, a Retabet Guipuzkoa e Melilla, todo o mundo estaba á expectativa de se os homes de Gonzalo García de Vitoria eran capaces de lograr a cuarta vitoria consecutiva, terceira contra un dos favoritos. Pero Coruña está a ser moito Coruña nas primeira xornadas (catro vitorias

e unha derrota -esta pola mínima-). Os herculinos foron superiores nun partido que tivo emoción no primeiro cuarto, no que os locais puideron rompelo no segundo e terceiro cuarto, e no que os visitantes a piques estiveron de dar badalada nalgún intre do último cuarto. O partido comezou cun ritmo frenético, con intercambio de puntos en ambas as dúas canastras. O COB estivo a piques de rematar os primeiros dez minutos cunha vantaxe atractiva, pero os homes de Tito Díaz o impediron. No segundo e terceiro cuarto os ourensáns estiveron desacertados e nese tempo os coruñeses sacaron a renda que lles serviu, ao final, para gañar o encontro. Neste tempo pouco faltou para que os locais lograran romper o partido. E chegaron os últimos 10 minutos. Con máis vontade que xogo, o Ourense

achegouse no marcador, pero non foi suficiente para que tivera opcións de levar o encontro. Rota a racha positiva toca que a negativa dure o menos posible. O Club Ourense Baloncesto suma nas seis xornadas disputadas tres vitorias e tres derrotas. Marín E sen tempo para máis o Paco Paz acollerá o seu primeiro derbi galego da tempada e o segundo do conxunto cobista. Enfronte estará un Marín Peixegalego que semellaba ía ser unha das cinsentas pero que está a demostrar que hai que telo moi en conta. Os de Marín contan nestas seis primeira xornadas con dúas vitorias e catro derrotas. O encontro entre ourensáns e pontevedreses disputarase o sábado 5 de novembro ás 19 horas no Paco Paz coa TVG2 coma testemuña.

Fran Guerra e Sergio Olmos no salto inicial do partido entre Leyma Coruña e Club Ourense Baloncesto./CEDIDA.

O encontro contra Marín dispútase este sábado ás 19 horas no Pazo coas cámaras da TVG2 presentes Tres vitorias e tres derrotas ten o Club Ourense Baloncesto

A plantilla do COB arredor do presidente do club -Camilo Álvarez- no centro; e de Carlos Miranda e de Álvaro Artigas, xefe de vendas e xerente de MOSA Orense, respectivamente./RAMSÉS.

MOSA e COB renovan o seu acordo O Ourense Provincia Termal renova o acordo con MOSA Orense para esta tempada. O persoal do Club Ourense Baloncesto ao completo, acompañada polo presidente Camilo Álvarez, desprazouse á sede central de MOSA Orense na rúa Seixalbo,20, para selar o acordo de colaboración coa empresa ourensá para esta tempada. Este convenio, asinado para a cesión dos seus vehículos a membros do persoal do Ourense Provincia Termal, significa o terceiro ano de colaboración entre o concesionario e o club ourensán. MOSA Orense é o concesionario oficial de Peugeot na provincia. Unha das empresas líderes do sector na provincia, patrocinador habitual dos partidos do COB e organizador da famosa “Canastra 108” na que participan os afeccionados nos descansos dos partidos disputados no Pazo.


Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

FÚTBOL

Abonado ao sufrimento 4 A UD Ourense leva oito triunfos consecutivos, os catro últimos pola mínima. R. Torres

Partido entre Ourense CF e Verín./CEDIDA.

O Barco mira cara arriba 4 Na Rexional Preferente o Arenteiro é lider. Redacción Na Terceira División detéctase un cambio de tendencia nos dous equipos ourensáns. O Barco, que viña de postos de abaixo, comeza a escalar posicións e xa está na quinta posición con 18 puntos a dous da promoción de ascenso e a cinco do líder, o Rápido de Bouzas. A pasada fin de semana logrou un meritorio triunfo no campo do Compostela, vitoria das que dan prestixio. Pola súa banda, o Barbadás despois de encadear dúas derrotas consecutivas, foi relegado ata a undécima posición. A pesar das dúas derrotas e da posición que ocupa, o equipo dos Carrís está a tan só dous puntos da quinta posición. Este domingo dispútase a décimo segunda xornada, cos dous conxuntos ourensáns como locais. O Barco recibe ao Bergantiños a partir da 16:30 horas en Calabagueiros e o Barbadás xoga nos Carrís diante do Depor B.

Rexional Preferente O Arenteiro continúa líder en solitario do grupo sur da Rexional Preferente. Ningún equipo salvo o do Carballiño ten a estas alturas 24 puntos e soamente se achegan a eles Atios, Estradense e Porriño con 22 puntos. O empate contra o Estradense da pasada xornada serviulle para seguir ao fronte da clasificación. Arenteiro - Moaña será o partido que se dispute este domingo, a partir das cinco da tarde, en Espiñedo. O Nogueira de Ramuín, que estivo nove xornadas sen coñecer a derrota, é décimo con 15 puntos. As dúas últimas xornadas contabilizáronse por derrotas, para os homes de Alberto Ecay, o que provocou un estancamento clasificatorio. Mondariz será o próximo rival do Nogueira. Un posto máis abaixo, no undécimo, está o Ourense C.F. A vitoria fronte ao Atios non estaba no guión pero fai que os de Fran

Justo sumen 14 puntos e deixen o descenso a catro. O Couto será o escenario do Ourense C.F. - Caselas este domingo ás 16 horas. O Polígono Industrial xa non está en postos de descenso, e iso que na última xornada disputada caeu goleado por 4 a 0 ante o Erizana. Un punto separa aos de Miguel Sotelo do perigo polo que necesitan vencer canto antes. A pesar de que xogan esta xornada en casa (Antonio González, domingo 16:30h) non terán diante o rival máis sinxelo; reciben ao Estradense que marcha na terceira posición. E o Verín é, ata o momento, o peor equipo da categoría. Pechacancelas con oito puntos ten a tres a salvación. O adestrador, Anxo Valcárcel, conta con tres reforzos para apuntalar un plantel que necesita comezar a puntuar. Ata Ponteareas viaxan esta fin de semana para xogar contra o Cultural Areas.

A Unión Deportiva Ourense abónase tanto a gañar como a sufrir. Certo é que oito partidos consecutivos gañando está ao alcance de moi poucos, como tan certo é que nos últimos os unionistas están a sufrir para sacalos adiante. Nas catro últimas xornadas, os homes de Antonio Dacosta venceron pola mínima e non sen sufrimento. Contra o Antela non foi menos e tiveron, incluso, que remontar. Nos primeiros minutos a UD Ourense desaproveitou tres ocasións que facían presaxiar o que despois ocorreu; os homes de Antonio Dacosta tiveron que padecer para sacar os tres puntos. A dianteira ourensán estivo moi activa nos primeiros compases. Adrián foi o home máis activo e

polas súas botas acariciouse o gol. Un remate que se marchou pola liña de fondo por pouco, un centro que Cristian Díaz non puido executar do mellor xeito e un man a man do dianteiro centro que non soubo resolver diante do porteiro visitante. A partir de aí, o anoitecer, e noite pechada cando os limiaos adiantábanse a balón parado. No segundo tempo, fiel ás últimas xornadas, Dacosta fixo os cambios nos primeiros minutos. Todo para buscar a tecla que lle dera a volta ao marcador. Porén foi un do 11 titular, Fran Martínez, o que fixo posible revertir a situación. Seu foi o primeiro gol ao rematar un saque de esquina botado por Rubén Durán. Minutos despois, un centro de Martínez atopou ao socio perfecto na figura de Hugo para lograr o segundo tanto.

Os tres puntos estaban no peto, non sen antes sufrir algunha acometida do Antela, ata que o árbitro determinou que o tempo chegou ao final. Velle Este domingo, a Unión Deportiva Ourense visita o campo dun dos rivais directos ao ascenso: o Velle. Os do campo da Aira son cuartos con 20 puntos, a sete das dúas primeiras posicións (as que dan dereito ao ascenso). Polo que unha derrota dos locais poría moi complicada a loita polo ascenso. O partido disputarase a partir das 16:30 horas.

O partido Velle - UD Ourense disputase este domingo, 16:30h, no Monte da Aira

Sergio pasando ante a oposición dun xogador do Antela./RAMSÉS.


FÚTBOL

Rubén Durán realizou un partido moi completo, con gol incluído, diante do Arenteiro./RAMSÉS.

A UD Ourense adiántase na eliminatoria fronte ao Arenteiro 4 Un gol de Rubén Durán dá vantaxe nos oitavos de final da Copa Deputación. R.T. Ambientazo nas gradas do Couto para presenciar o partido de ida dos oitavos de final da Copa Deputación entre a Unión Deportiva Ourense e o Arenteiro. Unha grada que contaba cunhas 1.500 persoas para seguir un partido entre o líder da Rexional Preferente, Arenteiro, e o colíder da Primeira Galicia, UD Ourense. O técnico do Arenteiro, Manel Vázquez, fixo moitas rotacións con respecto ao partido de Liga do pasado domingo fronte ao Estradense. Pola súa banda, Antonio Dacosta, adestrador da Unión, puxo

ao mellor equipo posible sobre o terreo de xogo. O partido comezou moi vivo por ambas as dúas escuadras, cos locais movéndose moito entre liñas e os visitantes acumulando xogadores nas xogadas de ataque. A pesar de que os dous equipos buscaban a área contraria era o Ourense o que o facía con máis perigo. Fran Martínez tivo a máis clara cando diante do porteiro enviou o balón por enriba do longueiro. Logo pedirían penalti nunha acción sobre Rubén Durán que o árbitro non decretou para enfado de parte da bancada; corría o minuto 20 da primeira parte.

Sete minutos máis tarde Durán entraba na área, e despois dun par de regates coaba o esférico pola escuadra rival. Un a cero para a Unión Deportiva Ourense. Con este resulta-

do chegaríase ao final dos primeiros 45 minutos. Na reanudación, igualáronse as forzas ata que, pouco a pouco, o Arenteiro fíxose co tempo do partido. Os homes de Manel

Os xogadores da UD Ourense van a festexar o tanto de Durán coa lamentación dun xogador do Arenteiro./R.T.

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

Vázquez, cos trocos, buscaron un gol que igualara a eliminatoria. Os de Carballiño comezaron a embotellar aos capitalinos pero apenas inquedaron a meta defendida nesta ocasión por Samuel. O dominio visitante valeu para que nun roubo de balón, Durán pasara a Hugo e este sobrepasara ao gardamallas pero non acertara a coalo entre os tres paos por moi pouco. Antonio Dacosta tamén movería ficha para dar refresco. Cristian e Hugo deixaron o seu posto a Adrián e Xaco, mentres que Xurxo tivo que saír do terreo de xogo por un golpe nunha acción fortuíta. Sotelo entraría por Fran Martínez. Os últimos minutos o Arenteiro intentouno pero o resultado xa non se movería. Eliminatoria aberta Un 1-0 que deixa a eliminatoria moi aberta. A resolución desta eliminatoria será o 6 de decembro en Espiñedo. Vázquez recoñecou que a UD Ourense estivo mellor e que “merecían ter gañado por máis dun gol”. O técnico, centrado na Liga, non quere pensar, polo momento, no partido de Copa: “temos catros ou cinco partidos antes do partido de volta, pensamos nestes e, cando chegue o momento, xa pensaremos na Copa”. A pesar de que non renuncian a nada, os do Carballiño están máis centrados nunha competición doméstica que os pode levar ao ascenso de categoría. “O noso plantel é moi curto e non queremos

lamentarnos en febreiro de non poder optar a nada” en alusións aos cambios no 11 que fixo con respecto á última xornada de Liga, para darlle descanso aos máis habituais nesta cita copeira. Pola súa banda, Antonio Dacosta mostrabase feliz polo partido realizado polos seus xogadores. “Estiveron todos francamente ben, sobre todo na primeira metade”. O técnico lamentábase do penalti que non pitara o árbitro sobre Durán, “soamente o árbitro non viu a xogada”. Ademais mostrou a súa felicidade pola gran entrada neste encontro no que se viu “un gran partido da Unión Deportiva Ourense”. Resto de eliminatorias Os partidos Velle Francelos e Sporting de Celanova - Velle suspendéronse polo falecemento da muller do delegado do Verín e do pai de dous xogadores do Francelos. A outra eliminatoria máis atractiva entre o Nogueira e o Ourense C.F. rematou con empate a cero goles; o mesmo resultado que o Xunqueira - Bande. Outro empate, pero a un gol, foi o Antela - Taboadela. Deixaron encarrilada a eliminatoria o Allariz e o Ribeiro ao vencer ao Viana e o Polígono, respectivamente, por 1-3 e 3-0.

O partido de volta da eliminatoria queda para o día 6 de decembro en Espiñedo


10

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

POLIDEPORTIVO

Unha xogadora do Nova Xestión lanzando a portaría./RAMSÉS.

Vitorias na Liga do Nova Xestión Pabellón 4 Dos dous equipos sénior do Pabellón. Redacción Fin de semana redonda dos dous conxuntos sénior do Nova Xestión Pabellón. Tanto o equipo masculino coma o feminino acadaron a vitoria. O conxunto masculino, de Primeira autonómica, recibiu ao Culleredo, ao que venceu por 24 a 20. Os coruñeses chegaban a Ourense con dúas vitorias noutros tantos encontros, polo que o partido ía ser complicado para os ourensáns. Durante o primeiro período demostraron o porqué da súa imbatibilidade. Superiores na intensidade aos xogadores do Nova Xestión, manexaron certas rendas no electrónico. Ao descanso, os de Diego Lorenzo conseguiron que o marcador se apretara e, así, poder loitar polo triunfo no segundo tempo. A crenza neles mesmos

fixo que os pavillonistas completaran un segundo tempo para enmarcar, realizando unha das intervencións máis completas que se lles recorda nos últimos

tempos. A zona central defensiva foi controlada por Brais e Borja; Rubén estivo brillante baixo paos; e en ataque todos contri-

Partido do sénior masculino./RAMSÉS.

buiron para levar a vitoria.Triunfo ante un rival complicado que aupa aos ourensáns ao terceiro posto da táboa clasificatoria, demostrando que o equipo está a coller o tono. Esta próxima xornada visitan ao Tui, penúltimo clasificado que aínda non sabe o que é puntuar este ano.

A Liga de judo decide aos seus finalistas

Feminino O conxunto feminino, de Segunda Autonómica, tamén selou unha vitoria un tanto sorpresiva. Agardábase do SAR, filial do equipo punteiro de Primeira división, unha dificultade maior. Todo o contrario, as rapazas do Nova Xestión foron quen de dominalas de principio a fin. Un traballo perfecto, mestura de mobilidade na circulación do balón e un gran sacrificio defensivo, de apoios e certa agresividade para neutralizar o xogo das redondelás. Ademais co ingrediente dunha inconmesurable Ana Pérez (15 goles) e de Raquel, impenetrable no centro da defensa. As ourensás son terceiras con oito puntos. Esta fin de semana visitan ao Encaixes Camariñas Conservas Boya, na que pode ser unha boa oportunidade de seguir sumando puntos.

Redacción

culina a Primeira.

A décimo cuarta edición da Liga de clubs de judo “Trofeo Cidade de Ourense” está a chegar ao seu fin. Este sábado, 5 de novembro, disputarase a terceira xornada da Primeira división. A xornada terá lugar no pavillón municipal de Oira a partir das 16:30 horas. Os tatamis estarán listos para determinar que clubs serán os que pasen á fase final da Primeira División tanto da categoría masculina como da feminina. Clasificaranse para a fase final os catro primeiro de cada categoría.

Felipe Iglesias O judoka ourensán Felipe Iglesias estará na pugna polo ascenso. Iglesias representará ao club Jiu Jitsu Coruña co que intentará subir a Primeira. Esta competición, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, é punteira no panorama ibérico, reunindo os mellores equipos de Galicia e Asturias.

Tui e Camariñas serán os rivais para o equipo masculino e feminino, respectivamente do Nova Xestión Pabellón

4 Na xornada deste sábado 5 de novembro.

Fase final A fase final disputarase o 12 de novembro e nela decidirase aos campións dos equipos masculino e feminino; ademais dos equipos que subirán da Segunda División mas-

O 12 de novembro disputaranse as finais de Primeira masculina e feminina, e decidiranse os ascensos a Primeira masculina

Iglesias nun combate./MARBEL.


ATLETISMO

A popular de Monterrei será homologada sobre 10 quilómetros 4 Albarellos acollerá o día 6 de novembro a terceira edición da Carreira Popular de Monterrei. Redacción A proba, que este ano ten caracter oficial, entra dentro do calendario da Federación Galega de Atletismo. A proba será o domingo 6 de novembro. Máis de 300 persoas participarán nesta edición superando a cifra das pasadas; soamente na absoluta participarán arredor de 250 atletas. Tanto a saída como a meta estarán situadas na rúa Progreso, na localidade de Albarellos, ao carón da Casa do Concello de Monterrei, onde se realizará a entrega de dorsais. O lema do evento este ano é “Monterrei é 10”, en alusión aos 10 quilómetros da proba absoluta, que este ano teñen homologación. Homologada Este ano a proba está homologada pola RFEA. O

circuíto terá unha distancia de 5.000 metros, polo que terán que completar dúas voltas para percorrer os 10 km que consta a carreira absoluta. As categorías infantil e cadete serán as primeiras en dar o pistoletazo de saída, a súa distancia será de dous quilómetros; benxamíns e alevíns sairán ás 10.50 horas, e percorrerán unha distancia dun quilómetro. A categoría prebenxamín (nados no ano 2010 e 2011) dará comezo ás 12.35 horas, cun percorrido de 400 metros; e a categoría pitufos (nados no ano 2012, 2013, 2014 e 2015) ás 12.45 horas, e correrán 200 metros. Ás 11.15 horas será a quenda para a carreira absoluta nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos, que percorrerán a distancia homologa-

Cartel da carreira “Monterrei é 10”.

da de 10 quilómetros. Premios Na categoría absoluta haberá premios en metálico para o primeiro, segundo e terceiro de cada categoría da carreira absoluta, tanto en masculina como en feminina, ademais dunha botella de viño da comarca para cada participante na carreira absoluta. A máis rápida Tamén os organizadores pretenden que sexa o 10.000 máis rápido de Galicia. Expertos da Real Federación que foron a homologar o percorrido advertiron de que, vistas as características do circuíto, podería ser así. Este aspecto fai que desde o Concello intenten que esta carreira chegue a ser Campionato de Galicia da distancia; e incluso nun futuro próximo acolla o Campionato de España.

Desde o Concello de Monterrei queren que a proba sexa Campionato de Galicia

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

11

Restan dez días para inscribirse na San Martiño 4 Máis de 3.000 persoas xa se anotaron na 40ª Carreira Popular do San Martiño. Redacción Ata o 13 de novembro está aberto o período de inscrición para a 40ª edición da carreira do San Martiño. Máis de 3.000 persoas xa se anotaron. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, fixera toda unha declaración de intencións durante a presentación da edición deste ano. O rexedor desexa que se superen todos os rexistros en canto ás inscricións na carreira decana das populares de Galicia; e parece que pode que se cumpra. Faltan dous días para que se peche o período de inscrición na que o custo para inscribirse na absoluta é de cinco euros, e xa son máis de 2.000 as persoas que están anotadas. Despois o prezo sube aos sete euros para os que o fagan entre o 6 e ata o 13 de novembro. Agárdase que nestes dous días que restan para pagar a tarifa máis baixa, o número creza exponencialmente. En canto ás carreiras escolar e de cativos xa contan con arredor de 1.000 rapaces anotados. A inscrición pódese facer a través das webs deportesourense.com ou en championchipnorte. com. Este ano ao realizar o pago pódese facer unha achega económica a favor dunha das causas de loita contra o cancro.

Miles de persoas volverán participar nunha nova edición da San Martiño./ARQUIVO. Dorsais Os dorsais recolleranse na cancha central do pavillón municipal dos Remedios o venres 18 (de 16 a 20 horas) ou o sábado 19 (de 9 a 20 horas). Os que marcaran na inscrición a recollida anticipada de dorsais (estes o teñen que facer antes do día 5) poderanos recoller no punto acordado entre os días 17 e 19 de novembro. Cada un dos participantes recibirá unha camiseta. Magosto Un magosto popular no campo da feira é a maior novidade deste ano. O magosto celébrase a partir das 14:30 horas e terá un custo de 5 euros por persoa; o menú constará de bolos preñados, costela e castañas. Premios En canto aos premios, na categoría absoluta haberá trofeo aos tres primeiros e premios en metálico para os cinco primeiros (1.000, 700, 500, 300 e 200 euros,

respectivamente). Para optar aos premios locais, o atleta ten que ser ourensán ou estar empadroado. O primeiro levará 200 euros; o segundo, 150 e o terceiro, 100. Os tres levarán trofeo. O primeiro atleta que chegue aos 5 km de carreira acadará o premio especia CaixaBank co que será obsequiado con 300 euros. Outro premio especial, que fai tempo que non o consegue ninguén, é o do récord San Martiño. Para homes e mulleres, o que logre rebaixar a mellor marca da historia do evento levarase 500 euros. En homes, o récord está en 28:49 minutos e en mulleres, en 32:45.

O período de inscrición permanece aberto ata o 13 de novembro


12

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

ATLETISMO

Diz e Teijeiro, gañadores do VI “Correndo por Ourense” 4 Na proba disputada na Carballeira venceron Ruben Diz e María Ferreiro. R.T. O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chegou ao seu fin nesta sexta edición coa carreira do barrio da Carballeira. Nesta última cita participaron máis de 350 corredores para despedir o circuíto ata o ano que vén. En categoría absoluta, Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) demostrou o seu dominio durante todo este ano ao impoñerse tamén nas rampas da Carballeira; o seu tempo foi de 18 minutos e 46 segundos. A menos dun minuto chegarían xuntos os atletas do Atletismo Arenteiro Luis Iglesias e José M. Corral (19:27). En mulleres, a máis rápida foi María Ferreiro (Ourenrunning) ao completar a proba en 24:47. A uns segundos chegaría Flor Lamas, do Club Be-

A entrega de premios da sexta edición do “Correndo por Ourense” realizarase na cancha central dos Remedios o sábado 19

Rubén Diz, gañador do circuíto. /ARQUIVO. navente Atletismo (24:55). En terceiro lugar sería Mónica Nóvoa a que entraría en meta (25:42). Clasificación En canto á clasificación do circuíto, esta foi dominada por Rubén Diz no apartado masculino, sendo

o claro vencedor final. O podio deste ano completouse con Luis Iglesias e José M. Corral, segundo e terceiro, respectivamente. Sonia Teijeiro foi a vencedora entre as mulleres. O segundo caixón do podio estivo copado por María Ferreiro e o terceiro por Ana María Ocampo. A entrega de trofeos desta edición do “Correndo por Ourense” celebrarase o sábado 19 de novembro na cancha central dos Remedios.

Inicio da carreira absoluta do barrio da Carballeira. /CEDIDA.

Foto de familia dos membros e familiares do Club Esprintes. /ESPRINTES.

Celebración de fin de curso para o Esprintes Ourense 4 O encoro de Cachamuíña foi o lugar de despedida da tempada. Redacción O club Esprintes Ourense celebraba o pasado sábado o seu terceiro encontro, en Cachamuíña. Con este acto os compoñentes do club festexaban o final da tempada de atletismo. Organizouse unha xornada de confraternización entre os corredores do club e as súas familias,

con diferentes probas e distancias para os máis maiores e tamén para os pequenos. Varias foron as carreiras que se disputaron. Dúas voltas completas ao encoro (uns 7.500 metros) para a carreira absoluta. Alán Andrés Fidalgo foi o gañador, seguido do cadete, Alexandre Álvarez; en categoría feminina, Silvia Rodríguez foi a vencedo-

A carrerira de nenos non faltou. /ESPRINTES.

ra. Despois celebráronse o resto de categorías en idade escolar para rematar coa de “pitufos”. A xornada finalizou coa entrega de premios de cada categoría, medallas para todos e bolsa de doces para os nenos. Tempada A foto de familia non faltou para despedir esta tempada e dar a benvida á nova no club Esprintes Ourense.

Carreiras para todas as idades disputáronse na xornada de confraternización do Club Esprintes Ourense


ATLETISMO

Requejo pensa no Mundial de 100 km 4 Despois de vencer nos maratóns de Alcalá de Henares e Burgos, buscará podio no ultrafondo. Redacción O pasado domingo día 30 de outubro, José Antonio Requejo Santos, atleta do Real Club Celta de Vigo, logrou a vitoria no I Maratón internacional de Alcalá de Henares cun tempo de 2:27:59 avantaxando ao segundo corredor en pouco máis de dous minutos, Juan José Crespo Rincón (2:30:11). Só tres semanas antes, o 16 de outubro, fixérase co primeiro posto no maratón de Burgos, o que demostra que é un atleta doutra pasta. Trala carreira, o atleta ourensán mostrou a súa satisfacción comentando que as sensacións que tivo durante o transcurso da proba fanlle pensar que para o próximo Mundial de 100 kms que disputará coa selección o 27 de novembro nos Alcáceres (Murcia) podería ter unha oportunidade de repetir ou mellorar a medalla de bronce lograda no Mundial de Qatar no ano 2014. Confianza Ata estas probas nas que obtivo grandes resultados, Requejo non tiña a con-

fianza doutras ocasións. Pero grazas ás boas sensacións que lle deixaron estas dúas carreiras vese coas gañas de poder facer un gran Mundial, incluso poder pisar o podio. O atleta agarda estar para a data da cita internacional no mellor estado de forma posible. Acaba de firmar un convenio de colaboración coa marca “Run Maniak” o que lle vale para estar máis motivado. “Para min é importante o sentir estes patrocinios, é parte da miña motivación xa que me esixo con máis dureza facer as cousas ben; teño a necesidade de responder con resultados e confirmar que acertaron coa fe depositada en min”, explicaba o atleta internacional.

O Mundial celebrarase nos Alcáceres (Murcia) o 27 de novembro En 2014 colgouse a medalla de bronce en Qatar

Requejo na meta do maratón de Alcalá. /CEDIDA.

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

13


14

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

POLIDEPORTIVO

O Galmédica Ourense, líder 4 Venceu nas tres primeira xornadas disputadas. Redacción O Galmédica Ourense Tenis de Mesa da Terceira División nacional marcha en boa liña de cara a loitar polo ascenso no tramo final de tempada. Nas tres primeiras xornadas o conxunto ourensán suma tres vitorias o que o encarama á primeira posición na clasificación (empatado a puntos co Helios Asesoría Serinte) con seis puntos. 6-0 ante o Monte Porreiro Mixilón; 2-4 contre o Vincios Lucas Tojal e 5-1 co Cinania Cl. Dental Amador dan boa conta de

que este pode ser o ano do Galmédica Ourense. Tras ourensáns e vigueses, outro equipo do club Helios, o Helios Restaurante Cielito Lindo, sitúa-

se na terceira posición con catro puntos, a dous dos líderes; o C.T.M. Vigo Inmobiliaria Navas conta cos mesmos puntos, catro. Pechacancelas Esta fin de semana non hai competición, a mesma regresa para a seguinte. Nela o equipo ourensán visita a pista do pechacancelas, o Helios Asesoría Serinte “B”, equipo que aínda non puntuou. O próximo partido na

casa do Galmédica está previsto para o 19 de novembro (17 horas, Pazo Paco Paz) contra o terceiro clasificado, o Helios Restaurante Cielito Lindo.

Na vindeira xornada o Galmédica visita ao Asesoría Serinte “B”

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico viuse na obriga de suspender de forma indefinida o inicio das distintas ligas galegas de fútbol gaélico. O motivo é a obrigatoriedade, promovida pola modificación da Lei do Deporte Galego, de dispor dun seguro de accidentes deportivo para todas as competicións deportivas. Este problema afecta a máis deportes, como xa ocorrera fai un par de tempadas no rugbi, por exemplo. Desde a Asociación mandaron un comunicado lamentando esta noticia. “Sentimos profundamente os problemas que

Galmédica Ourense da tempada 2016-17.

4 300 xadrecistas participaron nesta novena edición do Festival internacional. O IX Festival internacional de xadrez “Expourense 2016” volveu contar con centos de participantes de Galicia, Castela e León e norte de Portugal. Máis de 70 dos participantes contaban con ránking internacional. Alejandro Fernández (Círculo Chantadino) en sub18; Martín Gómez Ca-

4 A modificación da Lei do Deporte Galego fixo que non comezaran a tempada. Redacción

Fernández vence no “Expourense 2016”

Redacción

A Liga de fútbol gaélico, suspendida temporalmente

rreño (Xadrez Ourense) en sub-14; César Pérez (Casa da Xuventude) en sub12; Benjamín Diéguez (Benchoshey) en sub10 e Alejandro Cereijo (Peleteiro) en sub8, foron os vencedores de cada unha das cinco categorías en liza. Os clubes máis galardoados foron Círculo Chantadino, Xadrez Ourense e Casa da Xuventude con tres podios cada un deles,

isto está a ocasionar tanto aos clubes afiliados á Asociación como aos siareiros. Estamos traballando duramente para atopar unha solución o antes posible e retomar a normalidade, pero, dende a responsabilidade, vémonos forzados a tomar esta medida”. Auriense O equipo ourensán do Auriense tería que ter comezado a competición na segunda xornada. Os dous conxuntos ourensáns, masculino e feminino, enfrontaríanse o pasado domingo, de non suspenderse a competición, contra o Mecos e Mecas, do Grove, na que tiña que ser a segunda xornada de competición.

Panorámica do torneo “Expourense 2016”. mentres que Escola Xadrez Porto, Benchoshey e Fontecarmoa acadaron dous medallistas por club. Para o xadrez ourensán foi unha excelente xornada con tres ouros conseguidos e con ata oito mozos premiados da nosa provincia, pese a algunhas ausencias

reseñables. Memorial Peña Tamén nestas datas disputouse o Memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña. O torneo tivo lugar no Ateneo de Ourense. O gañador foi Armando de Sousa.

Equipo feminino do Auriense F.G.


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº149- Ano: VIII - 4 de novembro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Todos os concesionarios oficiais da provincia acoden ao 8º Salón do Automóbil 4 A fin de semana do 18 ao 20 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 25 ao 27 de novembro o de Ocasión. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán coma expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará no mes de novembro, durante dúas fins de semana seguidas, en Expourense. Do 18 ao 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ao 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que están organizadas de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración de Abanca e de Cáritas Ourense. As marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2016. O obxectivo destes sa-

EN BREVE

4 Drons

Esta fin de semana celébrase o Rali Ribeira Sacra.

O Rali Ourense Ribeira Sacra supera o cento de inscritos 4 A proba é puntuable para o Campionato galego. Redacción

a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido.

A Escudería Luíntra organiza o 5º Rali Ourense Ribeira Sacra, que se disputa por terras ourensás os días 4 e 5 de novembro. A proba contará cun total de 108 inscritos. O rali será puntuable para o Campionato de Galicia, que aínda ten por decidir ao gañador desta edición. De feito, o gran atractivo desta cita

As marcas aproveitarán a súa presenza para presentar os últimos lanzamentos

O rali contará coa presenza de Alberto Meira e Luis Caamaño, os dous pilotos que están a loitar polo título galego

Uhha edición anterior do salón do automóbil. lóns é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Desta forma, o público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Sorteo dun cheque regalo de 6.000 euros Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión,

automobilística está na participación dos dous pilotos que loitan polo título rexional. Alberto Meira co seu Mitsubishi Lancer e Iago Caamaño ao volante dun Ford Fiesta R5. Tramos O venres pola tarde disputarase o tramo de Castro de Beiro. Xa o sábado decidirase o gañador do evento en Luíntra e Esgos. Ademais haberá a especial de Maceda. Ourensáns Miguel Paredes, Iago Silva, Carlos Iván Alonso, Javier López ou Alberto González serán parte da representación da nosa provincia.

O Club de Aeromodelismo de Ourense organiza a primeira edición da carreira de drons. O evento terá lugar o sábado 5 de novembro no campo de voo de Santa Mariña. A “I Ourense drone race” é a primeira edición dun deporte que está a gañar cada vez máis adeptos.

4 Taekwondo A pasada fin de semana disputouse o Open internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo. Á cita acudiron varios deportista do Club Couto realizando unha destacada actuación. Andrés Freijeiro colgouse o ouro en freestyle sénior; María Ferreiro logrou o mesmo metal en cadete (-37 kg); María González foi bronce júnior en menos de 49 quilos; Julio Iglesias, bronce en cadete (-37 kg) e o equipo de exhibición cadete logrou a medalla de prata. O 5 de novembro, celébrase no Pazo Paco Paz a Copa Deputación de técnica, proba clasificatoria para a Copa Xunta.

4 Fútbol base A selección ourensá sub15 de fútbol acadou unha vitoria e un empate na primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais. Esta fase disputouse en Redondela.


Barrios DEPORTIVO 4 de novembro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.