Bd145

Page 1

[ Páx. 2-3]

Entrevista a Mario Guede, concelleiro de Deportes BALONCESTO

Páx.4

O COB inicia a Liga o 30 de setembro

FÚTBOL SALA Páx.10

RUGBI

Páx. 11

Comeza a tempada para Cidade e Envialia

Primeiros pasos do novo Campus Rugby

HOCKEI

Páx.12

Torneo de veteranos en Mariñamansa

CICLISMO

Páx.13

La Vuelta deixa un bo recordo en Ourense

A UD debuta con goleada [Páx. 8-9]

Atletismo no Campus

[Páx. 6]

O 4 de setembro disputouse a carreira da Universidade, antepenúltima proba do circuíto “Correndo por Ourense”./ A Unión Deportiva Ourense irrompe na Primeira Rexional cunha goleada no campo do Maside./TORRES.

Número: 145- Ano: VIII - 9 de setembro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

AXENDA / ENTREVISTA

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 11 de setembro. Calabagueiros. CD Barco - Depor B. 3ª División. - Día 11 de setembro. Espiñedo. Arenteiro - Porriño C.F. Rexional Preferente. - Día 11 de setembro. A Tella. Nogueira - Portonovo. Rexional Preferente. - Día 11 de setembro. José Arjiz. Verín - O Grove. Rexional Preferente. - Día 11 de setembro. O Couto -17 h- UD Ourense Allariz. 1ª Autonómica. - Día 18 de setembro. Os Carrís. Barbadás - Ordes. 3ª División. - Día 18 de setembro. O Couto. Ourense C.F. - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 18 de setembro. Antonio González. Polígono Alertanavia. Rexional Preferente. - Día 18 de setembro. O Medo -17 h- Atlético Vilariño - UD Ourense. 1ª Autonómica. - Día 25 de setembro. Calabagueiros. CD Barco - Céltiga. 3ª División. - Día 25 de setembro. O Espiñedo. Arenteiro - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 25 de setembro. A Tella. Nogueira - Polígono. Rexional Preferente. - Día 25 de setembro. José Arjiz. Verín - Erizana. Rexional Preferente. - Día 25 de setembro. O Couto -17 h- UD Ourense Xunqueira Ambía. 1ª Autonómica.

Baloncesto

- Día 15 de setembro. Celanova - 20 h - COB Ourense Provincia Termal - Marín. Copa Galicia.

Fútbol sala

- Día 10 de setembro. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Rioja. Primeira División. - Día 17 de setembro. Os Remedios - 17 h - Cidade As Burgas - Txantrea. Primeira División. - Día 24 de setembro. O Carballiño. Carballiño - Casás. 3ª División. - Día 24 de setembro. Os Remedios -17 h- Cidade As Burgas - Futsi. Primeira División. - Día 24 de setembro. Os Remedios. Sala Ourense - Ribeira. 3ª División.

Atletismo

- Día 11 de setembro. Ribadavia -11 h- III Carreira popular de Ribadavia. - Día 11 de setembro. Seixalbo -11 h- I Carreira popular de Seixalbo. - Día 11 de setembro. O Barco -18 h- XXX Milla urbana Festas do Cristo. - Día 18 de setembro. Muíños. I Trail do Lobo. - Día 18 de setembro. Celanova. I Trail de Celanova. - Día 18 de setembro. Maside. X carreira popular de Maside.

Andaina

- Día 11 de setembro. Vilamarín -10 h -. I andaina solidaria Pazo de Vilamarín. - Día 18 de setembro. Maside. IX andaina popular de Maside. - Día 18 de setembro. Maside. IX andaina popular de Maside.

BTT

- Día 11 de setembro. Amoeiro. I quedada BTT Concello de Amoeiro. - Día 18 de setembro. San Cibrao. X andaina popular San Cibrao das Viñas.

Pádel

- Ata o 11 de setembro. P21 Pádel club - 19 h - Campionato provincial absoluto de pádel.

Orientación

- Día 11 de setembro. O Barco - 11 h - 3ª xornada da I Copa Deputación de orientación.

ENTREVISTA A MARIO GUEDE, CONCELLEIRO DE DEPORTES

“O deporte ten que estar xerado a través dos clubs, aos que tentamos axudar” 4 Máis que construír instalacións deportivas novas, a prioridade para Mario Guede neste mandato é conservar e mellorar as que xa existen. Paula Lodeiro Ex adestrador de fútbol e mestre, Mario Guede (Ourense, 1952) xa exerceu a responsabilidade de concelleiro de Deportes (2003-2007) no último mandado de Manuel Cabezas. Tras fiscalizar a área na oposición no período 2007-2011, e ser xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia nos últimos anos, Guede regresou ao Concello de Ourense en 2015 para xestionar unha área que coñece ben. Cal é o traballo da Concellería de Deportes de Ourense e o Consello Municipal de Deportes? Mario Guede: “O máis importante é a xestión do deporte nesta cidade e o funcionamento das propias instalacións deportivas, non só o complexo dos Remedios senón todo a área de Oira, unida a instalacións como ás da Feira, A Carballeira, o Otero Pedrayo, Mariñamansa, Palmés, Covadonga, Seixalbo, etc. A nosa aposta é decidida por todo o tecido deportivo, especialmente externalizado nos clubs. Creo nos clubs, e creo que o deporte ten que estar xerado a través dos clubs deportivos, aos que tentamos axudar mellorando as instalacións deportivas, facilitándollas e creando novas se é factible. Case o 25% do orzamento do Consello Municipal de Deportes vai destinado aos clubs deportivos, en dúas liñas que precisamente estamos agora resolvendo e

nos próximos días faranse públicas. No capítulo para clubs deportivos repártense ao redor de 800.000 euros e hai outra partida para actividades propias que nós organizamos como a San Martiño, o Correndo por Ourense...”. Que clubs optan a estas axudas? M.G: “As axudas son para os clubs que teñen actividade federada e para os que teñen deporte base. Despois hai outro capítulo de bolsas para deportistas individuais e unha liña que se pode solicitar todo o ano para organizar eventos deportivos”. O COB entra nesa liña de axudas? M.G.: “Tradicionalmente, os clubs de elite tiñan partidas nominativas, así ocorreu durante o goberno de Veiga Pombo, Cabezas e Francisco Rodríguez, a área levábaa o Bloque e Fernando Varela tamén deu nominativas. Na última lexislatura, o BNG esixiu que non quería as nominativas, e entón ao meter ao COB no mesmo saco de axudas a valoración que hai nas bases prexudícalle porque van máis cara o deporte base”. Hai convenio asinado co COB? M.G: “O convenio botáronnolo abaixo aquí no Consello Reitor do CMD os tres grupos políticos da oposición. Ao non haber orzamentos, tes que facer a proposta ao Consello Reitor para levalo a pleno. Se houbese orzamento, ao COB asígnaselle unha cantidade e asínase un convenio no que entra

todo o que o Concello lle esixe. Este ano tivo máis de 25 visitas a colexios e hospitais, estiveron en todas as campañas que se lles solicitou, o COB está a ser marca Ourense, leva as camisetas con “Ourense termal”, leva a imaxe de Ourense a todos os campos de LEB Ouro. Por iso, hai que establecer un convenio porque as bases non son capaces de captar o que el lle devolve ao Concello. Faise por todos: faino o alcalde de Vigo, fano as mareas, o de Pontevedra que é do Bloque, as propias alcaldesas de Madrid e a de Barcelona tamén asinan convenios; é algo

lexítimo e máis saudable, porque as bases poden ter trampa. Eu podo facer unhas bases ao meu criterio; con todo, o convenio vai sempre a pleno e vai haber debate. Cando o alcalde Agustín Fernández meteu ao COB na partida de axudas competitivas quedou con 50.000 euros. Que fixo entón o Concello? Quixo darlle ese diñeiro a través de levar a marca de “Ourense termal”, pero cando chegou a hora de cobrar non houbo maneira, porque o propio interventor aconsellaba que o COB recibise nominativa porque non podía cobrar por dúas áreas diferentes

“Os clubs téñenese que organizar e darlle rendabilidade ás instalacións”

Guede foi tamén edil de Deportes entre 2003 e 2007./R.T.


ENTREVISTA

do Concello”. Que vai pasar coas accións do COB que ten o Concello? M.G.: “Cando a lei obriga ao COB, que acababa de ascender a ACB, a transformarse en SAD, naquel momento Veiga Pombo e José Luís Baltar tiveron que apoialo porque se non perdía a categoría e entón estabas a lle facer un mal á xente e a xente estaba a demandarche que quería iso. Naquel momento achegouse unha cantidade que supuña o 20,7%. O Concello como propietario ten a obriga de preocuparse por ese capital que ten aí. Eu non sei por qué non se venderon as accións, ou por qué non se plantexou. Por que non se valorou? Porque as accións nunca tiveron valor, se cadra pódese optar a regalalas, pero vas ao asesor xurídico e económico e exposlle que queres darllas á xente do COB e non nolo permite. Eu expoño que cando o club teña estabilidade, cando pase estes momentos complicados, será o momento de estudar desfacerse das accións, pero non agora, cando o barco está a piques de afundir, para botarlle máis leña pomos as accións á venda. Aínda por enriba o capital do COB perdería máis estabilidade”. O club leva tempo pedindo que haxa representantes do Concello na directiva. M.G.: “Eu preguntei á asesoría xurídica se podía representar ao Concello e dixéronme que non podía ser; os que intervimos nas decisións, os políticos, non podemos. Pero estamos niso, xa se fixeron xestións e en Xunta de Goberno farase a formulación de nomear representantes como se fixo con Expourense ou outros organismos”. Que investimentos hai previstos nas instalacións deportivas municipais? M.G.: “No que vai de

ano fixéronse dúas obras pequenas: o campo de fútbol 5, un espazo que estaba morto e que se aproveitou, e os vestiarios do módulo de atletismo. E vanse executar dous máis: a bancada do campo de Santa Cruz, que financia a Deputación, e a reforma do anexo dos Remedios”. Que pasa con esa obra, que estaba previsto executar este verán? M.G.: “Cando hai varias institucións o proceso é máis lento. O proxecto leva seis meses aprobado, vai á Xunta, que o revisa, despois volve aquí, e no Concello tamén ten a súa complexidade. Posiblemente se licite nos próximos días e esperemos que se poida executar nos dous últimos meses do ano”. Entón a obra vai interferir coa actividade da tempada nesa cancha? M.G: “Iso non é problema porque sempre hai solución”. Que hai do investimento comprometido pola Xunta para construír a pista de atletismo cuberta en Expourense? M.G.: “As obras todas levan complexidade, e agora máis aínda, todo leva informes. Neste caso, a Xunta sacou conxuntamente proxecto e obra para tentar acelerar o proceso, pero debeu haber algún erro nos pregos e iso fixo que as empresas non garantisen o que no seu día asinaran entre Expourense e a Xunta para respectar as diferentes feiras. Como consecuencia houbo que sacar un novo negociado convidando a ‘x’ empresas e agora é cando xa se adxudicou a unha empresa, creo que é San José. O investimento non se perde que é o importante; o único que pode haber é un atraso nas obras porque haberá que encaixalas coas respectivas actividades que poida ter Expourense”.

“Cando o COB teña estabilidade, será o momento de estudar desfacerse das accións, pero non agora, cando o barco está a piques de afundir”, explica

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

E en que quedou aquel proxecto de construír un pavillón de ximnasia en Mariñamansa? M.G.: “Ao non haber Plan de Urbanismo non hai posibilidade ningunha de habilitar a zona, aínda que non pecho a posibilidade no futuro. O pavillón de ximnasia ía daquelas a seis millóns de euros pero agora é impensable falar desas cantidades; se fas un investimento de seis millóns pero non lle dás a utilidade precisa é complicado, hoxe vaise máis a espazos polivalentes”. Quedaría algunha instalación pendente para a cidade? M.G: “Neste período no que os orzamentos non están a crecer, preocúpanos máis seguir mellorando as instalacións. Temos infinidade de pistas polideportivas ao aire libre, tentamos dotalas de luz, de redes, pois cremos que o deporte na rúa é fundamental. Hai un obxectivo que é cambiar a herba artificial do campo de Oira e do dos Remedios. E está pendente a obra de renovación do ximnasio dos Remedios, queremos transformar o ximnasio central, traer o que estaba no soto para a planta de arriba e habilitar a zona de abaixo para vestiarios e sala de fitness, modernizalo”. Non hai diñeiro? M.G.: “Si, hai diñeiro, aprobouse xa nos orzamentos de 2014 pero non se puido executar en 2015 porque cando chegamos non había proxecto e hai que volver reiniciar o tema. Pero no remanente de tesouraría do Consello Municipal de Deportes hai fondos para poder executar esa obra”. Hai queixas de clubs que din que non se lle dan canchas para adestrar. M.G.: “Estamos a xestionar moitas instalacións deportivas que non son nosas a través de convenios: o Sexto Instituto, a Farixa, o instituto da Carballeira, o Paco Paz, a Anexa, o Campus. Todo iso leva a que o noso te-

Mario Guede, na cancha central dos Remedios, unha das instalacións públicas insignia da cidade das Burgas./RAMSÉS

“Creo que o paso de La Vuelta por Ourense foi un acerto total”, opina o edil de Deportes do Concello de Ourense cido deportivo témolo cuberto pero pode ocorrer que os clubs teñan que compartir instalacións. O ano pasado tivemos unha polémica moi grande co club de fútbol feminino, situóuselles no campo de fútbol 8 de Oira, que é un campo que ten unhas boas condicións pero elas consideraban que necesitaban o campo enteiro. Os clubs que hai no pavillón campo enteiro nunca o teñen, porque ti imaxínate unha instalación de fútbol como a de Oira coas luces acesas e o mantemento que ten para que só 15 persoas dispoñan delas; é complicado. Os clubs téñense que organizar e darlle rendabilidade ás instalacións”. Vaise a facer algo especial para o 40º aniversario da San Martiño? M.G.: “Estamos niso, estamos a ter reunións, vendo que actos podemos

urdir pola relevancia do 40º aniversario, hai moitas ideas sobre a mesa, desde concursos fotográficos á posibilidade de que veñan atletas importantes, pero nestes momentos non podo concretar”. A carreira pode seguir crecendo en número de participantes? M.G.: “Creo que a carreira de maiores non é o preocupante, o problema é que a de nenos creceu moito. En 2005 separamos as dúas carreiras, entón non chegaban a mil nenos, hoxe temos tantos coma maiores, preto de 5.000. Foi positivo? Si, pero tamén asumimos que temos que seguir mellorando cousas: seguridade, as camisetas, coordinar ben toda a actividade, etc.” Cal é a súa valoración do paso de La Vuelta ciclista por Ourense?

M.G.: “Cando mo expuxeron alá polo mes de outubro non dubidei en ningún momento que tiñamos que estar. Non podía estar La Vuelta en Galicia e na nosa provincia e que a capital non estivese. Creo que foi un acerto total. Desde o Consello Municipal de Deportes tivemos a responsabilidade de xestionar con Unipublic a infraestrutura da montaxe do Parque Vuelta do venres e a saída do parque de San Lázaro; vivímolo moi de preto e penso que foi un éxito total de participación. Vin ao acabar a saída as caras de felicidade dos papás cos nenos que estiveron a ver alí ás figuras, os patrocinadores foron moi xenerosos e a xente marchaba con moitísimos recordos. Chamáronme os dos hoteis, que estiveron cheos... Creo que é un acontecemento positivo. Neste momento a marca Vuelta vende moitísimo”.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

BALONCESTO

Un COB en marcha Primeiro adestramento da tempada de Club Ourense Baloncesto./RAMSÉS.

4 Os xogadores ourensáns comezaron os adestramentos de cara ao primeiro encontro de Liga o 30 de setembro ante Oviedo. R. Torres O Club Ourense Baloncesto 2016-2017 comezou a andar nesta pretempada. Dobre sesións será a tónica habitual para coller a forma o antes posible e encarar o inicio de Liga da mellor maneira posible. No primeiro día preparatorio, seis xogadores do primeiro equipo -Flis, Guerra, Martín, Wright, Díaz e Kapelan- estiveron ás ordes do adestrador. Ademais durante estes días seguirán adestrando co primeiro equipo case a totalidade do equipo de EBA e algún júnior. Nes-

ta primeira sesión completaron a plantilla catro xogadores do filial e tres júniors. Presentacións O club estase a tomar con calma as presentacións. Primeiro foron os dous bases: Christian Díaz e Martín Rodríguez, que serán os directores de orquestra do novo proxecto cobista. O técnico Gonzalo García de Vitoria destacou aos dous xogadores aos que xa tivo baixo o seu mando; ao canario fai dúas tempada, no ascenso do equipo a ACB, e ao vigués

a pasada tempada cando subía do filial ao primeiro equipo. Díaz Christian Díaz volve sendo outro xogador; máis experimentado e cun rol totalmente distinto ao da outra vez. Pasará de ser o segundo de Pedro Rivero a ser o timón do equipo. 24 anos e toda a responsabilidade na dirección nas súas costas. O isleño ámosábase contento por recalar de novo no Club Ourense Baloncesto. O base asegurou, na súa presentación, que está

“con gañas de que comece a Liga”. Rodríguez O que militara o ano pasado no COB B de Liga EBA, Martín Rodríguez, dá o salto ao primeiro equipo. Os apuros económicos do club, xunto coa calidade mostrada polo xogador, son as razóns -esgrimidas polo seu técnico- polas que este ano formará parte do primeiro equipo. O base vigués confesou que se sente “moi orgulloso de ter esta oportunidade” e que tentará “aprender” do seu compañeiro, ao que lle pide que lle “ensine” e “lle dea caña”. Flis e Wright Despois foi o turno da presentación dos pívots Devin Wright e Dmitry

Flis. Wright chega de Breogán Lugo e Flis de Manresa (ACB). Os dous coincidiron en Andorra na tempada 2012-13, ano no que disputaron a final do playoff de ascenso ante o Alicante. Amigos, os dous deberán ser os líderes dun COB que pretende volver atraer a xente ao Pazo tra-

lo fracaso do non ascenso á Liga Endesa. Sobre Wright, o técnico

As dobres sesións preparatorias son a nota predominante neste inicio de pretempada

Presentación de Hittle e Mitrovic./RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

BALONCESTO

advertía que “é un xogador que fai moito dano no poste baixo, ademais pode xogar de catro ou cinco”. En relación a Flis, “é un catro con moita capacidade de tiro exterior e ten un excelente coñecemento do baloncesto”, explicaba García de Vitoria. Mitrovic e Hittle Os últimos, polo momento, en seren presentados

foron Nemanja Mitrovic e Kyle Hittle. Dous xogadores novos nesta competición, pero o seu novo adestrador espera moito deles. Kyle Hittle é un aleiro norteamericano que asina en Ourense o seu primeiro contrato profesional. Procedente da universidade de Incarnate Word destaca pola súa capacidade anotadora máis aló da liña de tres puntos; ademais é un

O técnico ourensán cre que se Nemanja Mitrovic dá o nivel que ten será unha das sensacións da Liga

Rodríguez e Díaz no día da súa presentación./RAMSÉS.

bo pasador e destaca pola súa intelixencia táctica. García de Vitoria estaba contento pola súa incorporación pero pedía “paciencia” cun xogador que ten que acoplarse “ao equipo, á Liga e á cidade”. Por iso, o técnico pide tempo para ver a mellor versión de Hittle. Ademais advirte que necesita un período de adaptación “grande” xa que xunto á necesidade de aclimatarse, o novo vén “pasado de forma”. Porén destacou que no primeiro adestramento o viu con gañas, “preguntaba moito”, asegurou. Mitrovic Nemanja Mitrovic tamén é un aleiro. De orixe bosnio-canadiense xogou coa Universidade de Portland (NCAA) ademais de disputar a Primeira división italiana e a grega. Os seus puntos fortes son o tiro exterior e a visión de xogo. García de Vitoria cre que “se dá o nivel que ten” o bosnio será unha “das sen-

sacións da Liga”. O seu novo adestrador confesou que o “cautivou” pero que nun primeiro momento non puideron facerse cos seus servizos. Un mes máis tarde Nemanja está en Ourense. Falta un Para completar a plantilla, o técnico desvelou que o xogador que falta por fichar chegará a semana que vén. O motivo de agardar uns días débese a que “probaremos estes días a ver como se acoplan os demais para decidir que tipo de xogador nos fai falta”, explicaba Gonzalo. Así mesmo, xa están na disciplina cobista pero non foron presentados: Tomás Fernández, Fran Guerra e Diego Kapelan.

Falta un xogador para pechar a plantilla, que chegará a semana que vén

O COB estréase ante o Cambados 4 A LEB Ouro comeza o 30 de setembro. Redacción O 30 de setembro comeza a competición na LEB Ouro no Pazo Paco Paz diante do Oviedo. Pero antes terán varias citas de pretempada da Copa Galicia. Así, a primeira delas, este mesmo venres 9 de setembro o COB visitará ao Xuven Cambados no que será o primeiro encontro da fase de grupos da Copa Galicia. Para o día 12, o Marín Peixegalego será o rival en Celanova. O día 15 viaxa a terras herculinas para enfrontarse ao Leyma Coruña. O que ía ser o primeiro encontro partido de pretempada, diante do Breogán de

Lugo, quedou aprazado sen data definitiva. Se os homes de García de Vitoria logran estar entre os dous mellores desta fase da Copa Xunta, xogarán a semifinal do torneo. O campión medirase na final ao Río Natura Monbús Obradoiro.

Partido da pasada tempada ante o Oviedo.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

POLIDEPORTIVO

Gran actuación de Ezequiel Gago en Macao 4 O deportista ourensán logrou tres ouros en tai chi. Redacción Grupo de participantes na carreira absoluta./S. TORRES.

Diz e Teijeiro, os mellores na Universidade 4 Venceron na cuarta proba do “Correndo por Ourense”. R. Torres Os atletas Rubén Diz (Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) foron os vencedores da cuarta proba do circuíto “Correndo por Ourense”; el percorrería os 6.400 metros en 20 minutos e 47 segundos, ela en 25:20. A carreira percorreu o entorno da zona universitaria con saída e chegada nas pistas de atletismo do Campus. Diz aventaxou en 26 segundos ao segundo clasificado, Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) e en 34 ao compañeiro deste, José Manuel Corral. En canto á categoría feminina tras Sonia Teijeiro chegarían María Ferreiro (Ourenrunning) a 29 segundos e Ana María Ocampo (Ourenrun-

ning) a 41. En total participaron preto de 350 atletas na carreira absoluta que sumados aos do resto de probas acadan o medio millar de corredores, que este domingo desafiaron ás altas temperaturas. A Ponte A carreira da Ponte -a quinta do circuíto- que estaba prevista para o domingo 25 deste mes adiántase ao sábado 24. Dous son os motivos: pola coincidencia na mesma data coas eleccións de Galicia e o Día da Bici. O circuíto péchase o 23 de outubro coa carreira da Carballeira.

A carreira da Ponte adiántase ao sábado 24 de setembro

José e Ezequiel Gago viaxaron o pasado mes de agosto a China para participar no Campionato Internacional de Macao de tai chi. Ademais, participaron en varios cursos de tecnificación. Por parte de Ezequiel Gago a súa participación foi excelente. O ourensán competiu en dúas categorías de tai chi tradicional e nunha en tai chi moderno. Nas tres disciplinas acadou a medalla de ouro. Logrou a mellor nota do campionato na forma tradicional

de puño ao acadar un 9.05. Formación Tralo campionato, Ezequiel e José continuaron a súa formación con cursos de tecnificación con algúns dos mellores mestres chineses, para trasladar aos seus alumnos os coñecementos adquiridos. Mundial A seguinte cita para Ezequiel Gago será o Mundial de Polonia que se celebrará no mes de outubro.

Míguez e Mira loitarán en Croacia 4 No Campionato do Mundo de savate -boxeo francés-. Redacción Os boxeadores Manu Míguez Jr e Óscar Mira xunto ao seu adestrador, Manuel Míguez e o árbitro internacional de savate, Miguel Bordera xa están en Croacia para participar no Campionato do Mundo de savate (boxeo francés). Míguez júnior participará na categoría de 65

quilos, mentres que Mira o fará na de menos de 75 kg. O propósito dos dous deportistas ourensáns é realizar o mellor campionato posible. Tentarán estar entre os mellores da disciplina a nivel mundial. A expedición ourensá xa está na localidade croata de Varazdin á espera de que comece a competición. Manu Míguez júnior

Ezequiel Gago coas súas tres medallas de ouro.

O deportista ourensán estase a preparar para a seguinte cita internacional: o Mundial de Polonia proclamouse recentemente Campión de Europa de kickboxing (en Portugal), polo que chega nun bo momento de forma para facer algo importante nesta competición.

Os ourensáns en Croacia.

Míguez Jr participará na categoría de 65 kg, Mira na de -75 kg


POLIDEPORTIVO

Formando aos futuros adestradores de fútbol 4 Descubrimos a sede ourensá da Escuela Nacional de Entrenadores de Fútbol. Achegámonos á Escuela Nacional de Entrenadores de Fútbol. Para coñecela a fondo falamos con David Samaniego, o seu director académico.

Onde se realizarán? D.S.: “As clases teóricas e prácticas levaranse a cabo no Colexio Salesianos de Ourense, co cal a Escola ten un convenio de colaboración”.

Que é ESCUNE? David Samaniego: “ESCUNE, a Escuela Nacional de Entrenadores de Fútbol, é un centro privado onde se imparten os cursos de adestrador de fútbol oficiais e académicos dentro dos ensinos de Réxime Especial do Sistema Educativo Español e con validez académico en todo o territorio nacional”. Fálanos un pouco do curso, niveis, duración, datas, prezo,... D.S.: “Os cursos ao ser unha FP Grao Medio (nivel 1 e 2) e Grao Superior (nivel 3) e estar dentro dos Ensinos Especiais do Sistema Educativo Español, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte márcanos por medio duns Reais Decretos todas as materias a cursar, horarios mínimos, contidos e obxectivos a impartir, estudos do profesorado, etc. Os niveis divídense en 1, 2 e 3 cunha duración de 455, 565 e 830 horas respectivamente, contando as horas de clases teóricas, prácticas, o bloque de formación práctica e algún posible proxecto para algún nivel. Os cursos que estamos a ofertar agora mesmo son os de nivel 1 e 2, con da-

que se fan antes do comezo do primeiro curso e nas que hai que obter un mínimo. Despois, a maioría de alumnos son xente que queren ser adestradores de fútbol, pero esta titulación ao ser un FP Grado Medio e Superior vainos aportar estudos e formación coa que se pode optar a máis profesións”.

David Samaniego é licenciado en Actividade Física e do Deporte, e conta con ampla experiencia na formación de novos valores do mundo do fútbol. tas de comezo a mediados de outubro e finalizarán en febreiro-marzo, sendo as clases dous días á semana máis un sábado ao mes. O prezo é de 950 euros máis algunha posible taxa tanto para nivel 1 como para o nivel 2”. Que se imparte neles? D.S.: “Os cursos están divididos en bloques (común, específico e complementario), cada un deles con diferentes materias como poden ser Anatomía, Psicopedagoxía, Sociología, Primeiros Auxilios, Lexislación, Dirección de Equipos, Desenvolve-

mento Profesional, Metodoloxía, Táctica, Técnica, Preparación Física, Regras de Xogo, Seguridade Deportiva, Adestramento deportivo, Inglés, Discapacitados e Informática. Cada materia ten unha carga lectiva diferente en cada curso e dentro desa carga lectiva temos clases teóricas e clases prácticas”. A quen están dirixidos o cursos? D.S.: “A calquera persona maior de 16 años e coa ESO rematada (requisitos mínimos para comezar o nivel 1), xunto cunhas probas físicas específicas

Unha vez realizado o curso, que título se obten e para que serve? A quen se podería adestrar? D.S.: “Cos cursos de nivel 1 e 2 obtense o título de Técnico Deportivo en Fútbol e co nivel 3 o de Técnico Deportivo Superior en Fútbol. Co primeiro pódese adestrar até a categoría de xuvenil, menos División de Honra. Co 2 até a categoría Rexional Preferente e co 3 de Terceira até Primeira División. O título de Técnico Deportivo Superior acredita a adquisición das competencias profesionais suficientes, para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada. Tamén exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento de futbolistas e a dirección de deportistas e

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

equipos de alto nivel. Na área de xestión deportiva pode prestar os seus servizos na dirección de departamentos, seccións ou escolas de fútbol ou fútbol sala e poderá planificar e coordinar a actividade doutros técnicos do deporte. Ademais, cos títulos de Técnico Deportivo Superior en Fútbol tense acceso aos seguintes estudos universitarios: Mestre (todas as especialidades), Diplomado en Educación Social, Diplomado en Fisioterapia, Diplomado en Terapia Ocupacional, Diplomado en Traballo Social, Diplomado en Enfermaría, Diplomado en Empresas e Actividades Turísticas, Diplomado en Turismo e Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte”. A cantas prazas está limitado o curso? D.S.: “O número de prazas máximo é de 35”. É a única escola oficial de adestradores da cidade? D.S.: “Si, é a única escola oficial e académica de Ourense”. O que estea interesado, que debe facer? D.S.: “Pode entrar na nosa páxina web www. escune.com, inscribirse na nosa sede de Ourense ou chamar ao teléfono 670 220 688 (director académico) e pedir máis información”.

Máis información en www.escune. com, na súa sede de Ourense sita no Colexio Salesianos ou no teléfono 670 220 688

EN BREVE

4 Tenis de mesa Este domingo 11 de setembro celebrarase no Pazo dos Deportes Paco Paz a Copa Deputación de tenis de mesa. As categorías participantes serán as seguintes: federados (xogarán a partir das 9:30 h) e afeccionados (a partir das 16:00 h).

4 Fútbol xuvenil Comezou a rodar o balón para o Pabellón Ourense de División de Honra xuvenil. Os pavillonistas arrancaron a Liga con derrota no estadio Miguel Anxo por cero goles a tres ante o Lugo. No primeiro cuarto de hora os lucense xa dominaban no marcador por 0-2, o terceiro tivo lugar no segundo tempo. Este abultado resultado deu para que o Lugo se poña de primeiro e o Pabellón de pechacancelas; aínda que isto non fixo máis que comezar. Na segunda xornada aos ourensáns tocaralles medirse co Deportivo da Coruña, outro dos favoritos ao título.

4 UDO O equipo feminino da Unión Deportiva Ourense comeza o seu camiño na Primeira Autonómica este domingo. As de Rubén García trasladaranse ata Figueiredo (Pontevedra) para xogar diante do Bértola. As ourensás pretenden estar loitando ata o final de tempada por lograr o ascenso. Os reforzos daranlle ese plus para, alomenos, tentalo.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

FÚTBOL

Reparto de puntos entre Barbadás e O Barco 4 Os dous conxuntos ourensáns de Terceira comezaron ben a competición. Redacción

Partido entre o Caselas e o Verín./VERÍN CF.

O Arenteiro lidera a Preferente 4 O Ourense C.F. tamén comezou ben a Liga. R. Torres O arranque do grupo sur da Rexional Preferente está a deixar boas sensacións tanto para o Arenteiro coma para o Ourense C.F.; Verín sufriu cara e cruz nas dúas primeiras xornadas; Nogueira, dous empates; e Polígono aínda non sabe o que é puntuar. O Arenteiro suma seis puntos de seis posible; logo das vitorias ante Erizana (4-1) e Polígono (23), que o colocan no posto de privilexio na Liga. O Ourense C.F. é cuarto con catro puntos (empate ante Estradense 0-0, e vitoria ao Pontellas 3-0). Pola súa banda, o Verín sitúase sétimo con tres puntos trala vitoria na primeira xornada diante do Atios (3-0). O Nogueira de Ramuín sumou dous puntos ao em-

patar co Caselas (0-0) e o Grove (1-1). A nota negativa púxoa Polígono San Cibrao que aínda non sabe o que é puntuar. Caeu derrotado ante o Sanxenxo (1-0) e o Arenteiro (2-3).

O Barbadás e O Barco empataron a dous tantos na terceira xornada de Terceira División no partido disputado nos Carrís. Por dúas veces adiantáronse os locais e por outras dúas empataron os visitantes. Os de Miki López entraron mellor no partido o que lles valeu para facer o 1-0. Pouco durou a ledicia na parroquia local ao facer Ballesteros o empate a un. Nos últimos compases do primeiro período e cando todo facía indicar que collerían o túnel de vestiarios con táboas no electrónico, André Gonçalo lograba o 2 a 1. Como no empate a un, o empate a dous non se

faría esperar moito. De novo Ballesteros lograba igualar a contenda aos poucos minutos da reanudación. De aí ata o final, poucas ocasións e un resultado que agradou aos dous técnicos. Tras tres xornadas o Barbadás é terceiro con sete puntos (non coñece a derrota), e os de Javi Rey son décimo terceiros (un empate, unha vitoria e unha derrota) con catro puntos de nove disputados. Vindeira xornada O Barco recibe ao Deportivo da Coruña B (oitavo) en Calabagueiros este domingo a partir das 18 horas. Pola súa banda, o Barbadás visita o campo do Arousa (sétimo).

Vindeira xornada Para a terceira xornada o Arenteiro recibe ao Porriño Industrial (domingo, 18 h, Espiñedo); o Nogueira ao Portonovo (domingo, 18 h, A Tella) e o Verín ao Grove (domingo, 18 h, José Argiz). O Ourense C.F. visita ao Cultural Areas e o Polígono ao Moaña.

O Arenteiro marcha líder ao sumar seis puntos dos seis posibles

Encontro nos Carrís entre o Barbadás e O Barco.

Copa Federación O Barbadás deu a sorpresa na Copa Federación ao vencer o pasado mércores nos Carrís ao Coruxo, equipo que milita na Segunda división B. Un gol de Igor valeu para que os de Miki López pasen de ronda. O Coruxo tentouno ata o final cercando aos locais na súa área, pero o gran traballo defensivo dos azulóns fixo valer o único tanto do encontro. O Rápido de Bouzas será o rival na eliminatoria de cuartos.

O Barbadás enfrontarase co Rápido de Bouzas nos cuartos da Copa

A UD Ourense recollerá material escolar R. Torres No partido do próximo domingo 11 de setembro no estadio do Couto -ás 18 h- entre a Unión Deportiva Ourense e o Allariz, Cruz Vermella recollerá material escolar. Por iso, desde a directiva da UD e a propia ONG piden aos afeccionados que se acheguen a presenciar ese encontro que leven material escolar que se repartirán entre os nenos e nenas da cidade que menos teñen. Bolígrafos, libretas, mochilas ou calquera cousa que un cativo necesita para o seu día a día na escola será ben recibido. Nas entradas ao estadio poñeranse voluntarios para recoller todo o material que se deixe para esta boa causa. Instalacións Desde o club avisan a todos os afeccionados que o luns 12 de setembro -Casa de Chocolate, 20:30 h- haberá unha asamblea informativa. O motivo será explicar por que desde a directiva do se senten discriminados sobre o reparto das instalacións deportivas por parte do Concello de Ourense para realizar os seus adestramentos. Socios O club xa superou a barreira dos 600 socios e esperan chegar a final de mes con máis de 1.000. O obxectivo para este ano son os 1.500 socios. O bo comezo de tempada fai que confíen en chegar a esa cifra.


FÚTBOL

Goleada e liderato

4 A Unión Deportiva Ourense irrompe na Primeira Rexional cunha goleada no campo do Maside (0-6). Ramsés Torres Chegar e bicar o santo. Isto é o que lle pasou á UD Ourense no seu debut na máxima categoría do fútbol provincial. Os de Antonio Dacosta golearon ao Maside por cero goles a seis. O inicio do partido estivo marcado polas ocasións dos unionistas. Unai desaproveitou dúas claras que ben puideron subir ao marcador; unha que desbaratou o porteiro local e outra ao rematar fóra un saque de esquina. O Maside tivo a máis clara cando o dianteiro centro plantouse diante de Lucas Vázquez e este desviou o que parecía o 1-0. Cando todo parecía que irían a vestiarios con táboas, Xaco nunha xogada moi protestada quedou só ante o porteiro, a quen batiu cunha vaselina. Os xogadores locais protestaron alegando que a xogada comezou cun-

Ao inicio do encontro Unai tivo outras dúas ocasions de gol

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

Antonio Dacosta considera que “co pase na Copa” e este resultado o comezo de tempada é “inmellorable” Sobre a grada seguía asombrado pola axuda dos afeccionados que “desde o inicio deste proxecto” non paran de acudir aos partidos tanto no Couto como cando xogan como visitantes. Nesta ocasión uns 500 espectadores acudiron a presenciar o partido. Pola súa banda, o adestrador local, Mindo Surribas lamentaba que o primeiro gol “foi un pao” e denunciaba que viña precedido “dunha man”. Unha vez que sairon do vestiario co gol encontra lamentou que os seus xogadores “non estaban centrados”. Surribas, a pesar da derrota, aseguraba que “na primeira metade estivemos ben” e “nos cinco primeiros minutos da segunda metade”.

Outros resultado O outro favorito ao ascenso xunto coa UD Ourense é o Bande; o equipo da Baixa Limia venceu por 0-3 ao Viana. O Vilariño venceu ao Cortegada (2-0); o Celanova ao Manchica (4-2); o Xunqueira sorprendeu ao Ribeiro (2-1); o Allariz ao Taboadela (3-0) e o Antela venceu a domicilio ao Monterrei (1-2). Pola súa banda, os empates desta xornada foron o Arnoia - Velle (2-2) e o Francelos - A Peroxa (1-1).

Nesta ocasión uns 500 seareiros da Unión non quixeron perderse o seu debut en nova categoría

Xaco controlando o balón ante un rival do Maside./RAMSÉS. ha man dun xogador da Unión. Despois do descanso, os homes de Antonio Dacosta non tiveron compaixón e aproveitaron a baixada de brazos dos xogadores rivais. Un penalti sobre Unai a poucos minutos da reanudación fixo que Cristian Dacosta se estrenara este ano na faceta goleadora. De

seguido, o propio Unai facía o 0-3. Cos cambios os capitalinos lonxe de deixarse ir fixeron que o equipo seguira con fame goleadora. Así, Adrián, que levaba pouco minutos no terreo de xogo de Outeiro Grande, lograba o cuarto e quinto gol da tarde. Remataba a goleada Cristian tras unha in-

ternada pola banda. Adestrador Antonio Dacosta mostrábase contento tralo final de encontro e aseguraba que, sobre todo, no segundo tempo “fomos moi superiores”. O técnico afirmaba que “co pase na Copa” e este partido o comezo de tempada é “inmellorable”.

Unai lanzando a porta na procura doutro tanto máis para a Unión./RAMSÉS.


10

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

FÚTBOL SALA

Arranca a Liga 2016-2017 para Cidade e Envialia 4 Na Primeira División do fútbol sala. R.T. Xa está aquí. A Primeira División de fútbol sala feminino comeza esta fin de semana para o Cidade As Burgas e o Ourense Envialia. As franxiverdes terán que adaptarse á nova realidade da súa plantilla; sen Nespereira nin Sotelo deberán asumir un rol, en principio, máis humilde na competición. As albinegras quedaron sen Ana Rivera pero ficharon a Lucía Gómez, do Orvina. O Cidade visita, na primeira xornada de liga, ao actual campión, o Burela. O encontro terá lugar o sábado en Vistalegre ás 18:30 horas. A pesar das baixas sensibles en ambas escuadras o favorito continúa a ser o Burela, que este ano de novo, e grazas aos reforzos que substitúen ás xogadores que marcharon, volverá loitar polo título. A incógnita será ver como supera o equipo de Manolo Codeso as baixas de dúas das súas mellores xogadoras. Lucía Nespereira decidiu poñer un punto e aparte na súa etapa como xogadora e Vanessa Sotelo emprende este ano aventura en terras madrileñas no equipo do Alcorcón. Algunha xogadora filial, que collerá máis protagonismo, xunto co regreso de Figo tentarán manter o nivel do club das últimas tempadas. O peso do equi-

Plantilla do Sala Ourense 2016-2017.

Nova etapa para o Sala Ourense Iria Saeta levará as rendas do Cidade As Burgas unha tempada máis./ARQUIVO. po correrá a cargo de Iria Saeta, que terá a difícil papeleta de facer que non se bote de menos ás ausentes. Xunta a Saeta, Candela está chamada a ser referente este ano; Sonia deberá subir un pouco o nivel da pasada tempada, calidade ten, e Ana deberá ser un seguro baixo os paos. Calquera cousa pode pasar este ano. Desparpaxo e calidade teñen de sobra para non pasar apuros. Envialia O Ourense Envialia comeza a tempada nos Remedio este sábado ás 17 horas. O rival será o Rioja. As albinegras non contarán este ano con Ana Rivera,

Laura Fernández, do Envialia, nun encontro anterior.

que fichou polo Alcorcón. Quen si estará no equipo dirixido por Chipi será Lucía Gómez. A galega militou no Orvina e regresa a Galicia para reforzar ao Envialia. As ourensás queren superar o quinto posto do pasado ano e así, entrar na Copa de España. Chipi pretende que o equipo dea un paso máis e se achegue aos todopoderosos Burela e Futsi; e se pode competir pola Liga non renunciará a elo. Favoritos O resto da xornada depara un Roldán FSF – Alcorcón; Gironella - Futsi; Leganés - Rubí; U. de Alicante - Majadahonda; Móstoles - UCAM Murcia e Txantrea - Poio. Os favoritos para loitar polo título son os dous de sempre: Burela e Futsi (campión e subcampión da liga do ano pasado). Pero este curso parece que o abano de favoritos esténdese a máis equipos. O Alcorcón é un deles (as incorporacións das ourensás Vanessa Sotelo e Ana Rivera soben as opcións das alfareiras), o Universidad de Alicante e, cun pouco de sorte, o Ourense Envialia pode estar metido entre os mellores.

4 Tras un ano convulso o club pretende asentarse institucional e deportivamente. R.T. Atrás quedou un ano en que os problemas sucedéronse tanto no aspecto deportivo coma no extradeportivo para o Sala Ourense. A mala relación entre os membros da directiva e do corpo técnico derivou en que a metade de tempada dimitiran Julio Prol e Óscar Vivián dos seus cargos de presidente e vogal, respectivamente. Versións para todos os gustos derivaron nese cese de funcións que non se fixo efectivo ata varios meses despois de romper os pratos entre uns e outros. A este problema institucional engadíronse os problemas deportivos. As innumerables lesións e a falta de adaptación na categoría fixo que o Sala Ourense descendera a final de ano (o equipo non foi quen de puntuar como visitante). Cambios Unha vez rematada a tempada tocou facer borrón e conta nova para encarar un novo curso nas mellores condicións posibles. Así, na directiva Antonio Sanmiguel será o presidente, que estará secundado polos anterio-

O Carballiño será o outro conxunto ourensán de 3ª res adestradores do primeiro equipo: Víctor Sousa e Aitor Álvarez; e súmase á directiva Diego Nóvoa. O banco este ano ocuparano Quique García e Yannick López, como primeiro e segundo adestrador, respectivamente. En canto á plantilla, causan baixa no primeiro equipo Gil, Carracedo, Carballo, Guerra (segue no club como adestrador do equipo filial), Martín, Iago e Luis Capi. E dúas son as novas caras no terreo de xogo: Diego Oliveira “Higua”, procedente do equipo xuvenil da Liga Galega e que tras debutar a tempada pasada co primeiro equipo en Segunda B é xa para todos os efectos xogador do primeiro equipo; e Luciano Dacosta, de 30 anos, que vén da Área 12 de Xinzo, da Liga Provincial e conta con pasado na Liga Autonómica co Hermanos Barros,

Muebles Andrade e Verín. Continúan os porteiros Rubén e Darío, ademais dos xogadores de campo Allariz, Araújo, Raúl Rivero, Fente e Rodrigo, así como Tizón que seguirá botando unha man neste proxecto. Carballiño O outro equipo de Terceira división será o Carballiño, conxunto que xa militara nesta mesma Liga a pasada tempada. Polo tanto haberá un derbi ourensán. Este chegará na terceira xornada. O 1 de outubro O Carballiño será o anfitrión deste primeiro choque. A volta terá lugar na xornada número 16, en Ourense o 28 de xaneiro. Primeira xornada A Liga dará comezo o 17 de setembro, logo dunha dura pretempada na que os dous conxuntos ourensáns tentarán facelo o mellor posible. Esta primeira xornada deparará un Carballiño Casás e un Superti A Ponte Nova - Sala Ourense. Os outros partido da xornada serán o Valdesuso Peugeot Vilalba - A Estrada; Santiago Futsal B - Mosteiro Bembrive; Ribeira - Pazos de Borbén e 5 Coruña - La Peña Talleres ABC. A Liga está conformada por un total de 13 equipos polo que cada conxunto deberá descansar unha vez en cada volta.

Este ano Quique García e Yannick López serán os adestradores do Sala Ourense, que incorpora a Higua e Luciano Dacosta ás súas filas


POLIDEPORTIVO

Volve o fútbol gaélico 4 O Auriense FG regresa aos adestramentos no mes de setembro. Redacción Setembro é o mes no que regresa o fútbol gaélico a Ourense. Da man do Auriense FG que comezará cos adestramentos de cara a unha nova tempada. O equipo feminino ten como obxectivo poder competir cos cinco primeiros conxuntos da competición, o que signi-

ficaría un salto importante na progresión das ourensás. A liga feminina en Galicia conta cunha soa división conformada por nove equipos trala incorporación do Heredeiras de Dhais de Lalín. En canto ao cadro masculino, o principal obxectivo de inicio é competir polo ascenso á Primeira División, sendo un dos favoritos para este posto.

Nove tamén son os equipos que participarán na Segunda División masculina. Universidade da Coruña, Terras do Eume e Condado son os debutantes. En busca de talentos O Auriense busca persoas interesadas en participar no seu proxecto de fútbol gaélico, que poden contactar co equipo a través do facbook do club: facebook.com/auriensefg. Os adestramentos teñen lugar no Campus universitario de Ourense.

O Auriense FG busca xente que se una ao club e descubra o fútbol gaélico

Partido da pasada tempada do equipo feminino do Auriense FG./ARQUIVO.

O primeiro encontro depara un derbi contra o Vigo RC. Sub 18 A pasada semana comezaron os da categoría sub 18. Nestes días irán chegando todos os membros da plantilla para porse ás ordes de Mon.

Adestramento do Campus Uni Ourense Rugby Coosur.

Primeiros pasos do novo Campus Rugby 4 Comezaron a adestrar para encarar nas mellores condicións o arranque ligueiro. Redacción O Campus Uni Ourense Rugby Coosur está a dar os seus primeiros pasos de cara a afrontar esta tempada na División de Honra B. Ao longo desta semana foron convocadas as diferentes categorías do club para dar comezo os adestramentos nas instalacións universitarias. Os primeiros en pisar o

céspede artificial universitario foron os xogadores do equipo sénior; xa levan adestrando desde fai tres semanas pero en Monterrei e en Manzaneda. Pouco o pouco foron chegando as novas incorporacións para poñerse ás ordes de David Monreal. Os primeiras en chegar foron os catro xogadores galegos fichados: Morty, Morgade, Guille e Jaime; máis tarde uniríase á

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

dinámica do grupo o angloitaliano Joe Marston e finalmente chegarían a Ourense -a semana pasada- os dous neocelandeses Tui e Sefo. Por diversos motivos faltan xogadores en unirse aos adestramentos; os cales están previstos tres por semana (martes, xoves e venres) para chegar nas mellores condicións ao inicio de Liga (o 18 de setembro).

Feminino Juanqui é o presidente do club e ademais o encargado de dirixir o equipo feminino. As mozas están traballando ben desde que comezaron os adestramentos. Desde o club lanzaron unha campaña de captación de novas xogadoras para formar parte dunha plantilla que este ano competirá na Liga Galega. Formar un equipo e consolidalo é o obxectivo do club. Resto de categorías Os conxuntos sub 16, sub 8, sub 6 e universitario darán comezo os seus adestramentos ao longo das vindeiras semanas.

A Liga comeza o 18 de setembro para o equipo masculino sénior diante do Vigo, na División de Honra B

11


12

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

POLIDEPORTIVO

Aeromodelismo en Ourense 4 O Campionato de España de helicópteros radiocontrolados F3C decidirá os seus campións nas instalacións de Santa Mariña. Redacción Os días 17 e 18 de setembro disputarase o Campionato de España de helicópteros radiocontrolados F3C nas instalacións de Santa Mariña, en Ourense. Selección Esta competición é puntuable para a constitución da selección nacional que representará en próximas edicións a España a nivel internacional. De feito, parte dos participantes desta edición veñen de representar o noso país no Campionato de Europa celebrado no mes de xullo en Polonia, obtendo un meritorio oitavo posto na clasi-

Esta competición constará para a confección da selección española ficación por equipos. Ourensáns Por parte do Club Aeromodelismo Ourense participan nesta competición David Prada Martínez, piloto na categoría avanzada e Anxo Mon, que actuará como xuíz de pista desta competición. O resto dos pilotos, 10 en total, pertencen a outras comunidades autonómas.

Afeccionados ao aeromodelismo nas instalacións de Santa Mariña.

Presentación no Concello de Ourense do XI Octopus Hockey Festival 2016 de hoquei veterano./RAMSÉS.

Oito equipos participan no Octopus Hockey Festival 4 Cinco son de categoría masculina e tres de feminina. R.T. Esta vindeira fin de semana o campo de Mariñamansa acolle o XI Octopus Hockey Festival (OHF). O venres 9 de setembro chegarán á cidade os equipos participantes neste torneo de veteranos para dar comezo a competición o día seguinte. Durante toda a xornada do sábado 10 terá lugar a competición, que se prolongará ata a mañá do domingo 11. O formato do torneo

O torneo disputarase todo o día do sábado 10 e durante a mañá do domingo 11

será dunha liguiña na que xogarán todos contra todos. Proclamarase vencedor o equipo que consiga máis puntos unha vez disputado todos os encontros. Masculino Na competición masculina son cinco os equipos participantes. Open Vigo (Pontevedra), Sport (Portugal), Tigres All Around (Holanda), Manzanares (Madrid) e o anfitrión, CD Open. Abre a competición o sábado (9 horas) o encontro entre os equipos Open e os holandeses do Tigres All Around. O último partido será o domingo ás 12 entre Open e Manzanares. Feminino Tres son os equipos

participantes no apartado feminino. O Team Galicia (combinado de xogadoras galegas), Manzanares (Madrid) e as anfritrioas do Open. Como na masculina xogarán en formato todos contra todos, sendo vencedor o equipo que logre maior puntuación. A competición rematará o domingo ás 13 horas cun partido entre o Manzanares e un combinado de xogadoras do ourensán Open e do Team Galicia. Ao finalizar este encontro farase a entrega dos trofeos. Máis que hoquei Este OHF chega a súa undécima edición e faino co mesmo espírito con que naceu. Desde a directiva do club organizador buscábase realizar

un evento que combinara deporte e turismo e gastronomía. Un torneo que atrae a Ourense cada ano a equipos veteranos de hoquei de toda a xeografía española e europea. Por iso, ademais da propia competición, realízanse unha serie de actividades que dan a coñecer a cidade e os seus encantos. Este ano desde o Club Deportivo Open buscarán que os veteranos deportistas queden encantados coa vella Auria. Para iso, as actividades paralelas á propia competición pasarán por unha visita ás termas das Burgas. Tamén percorrerán as rúas dos viños para tapear e cear nalgún dos locais da zona. O domingo, unha vez rematados os partidos e xa entregados os trofeos ofreceráselles a todos os equipos participantes un xantar a base de carne ao caldeiro e polbo á feira. Todo enfocado a que estes visitantes deportistas marchen cun bo sabor de boca e pensen en Ourense cando queiran planear no futuro algún viaxe.


CICLISMO

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

13

Pablo Rodríguez, terceiro na Copa do Mundo Redacción

Os mozos corredores do Club Ciclista Maceda recibiron unha homenaxe na saída da sétima etapa de La Vuelta./RAMSÉS.

Ata a próxima! 4 La Vuelta despediuse de Ourense na sétima etapa, que saiu desde Maceda. Redacción Cando está a piques de rematar a 71ª edición de La Vuelta Ciclista a España, os ourensáns aínda temos no recordo o seu paso pola nosa provincia. Catro etapas na que Ourense foi protagonista dunha das edicións máis emocionantes que se lembran. O bo sabor de boca que deixou entre os afeccionados non pasou desapercibido para os organizadores e políticos, que afirmaron que máis pronto que tarde a ronda española voltará ás

nosas estradas. Aínda se recorda a contrarreloxo por equipos da primeira etapa, que uniu os 27 km entre Laias e Castrelo de Miño e na que resultou vencedor o equipo SKY, vestindo de líder a Peter Kennaugh. A segunda etapa sairía desde Ourense e remataría en Baiona; Michal Kwiatkowski (SKY) finalizaría o día de líder. Catro días máis tarde regresaba a serpe multicor a terras ourensás, con Simon Yates (Orica) vencendo en Luíntra. A etapa entre Maceda

e Puebla de Sanabria, na que venceu ao sprint o belga Jonas Van Genechten (IAM), poñía o punto e final ao periplo da carreira pola xeografía galega. Quintana, líder O colombiano Darwin Atapuma (BMC) sería o ciclista que despediría La Vuelta de Ourense liderando a clasificación, pero prontou cedeu o maillot vermello en favor doutro compatriota, Nairo Quintana (Movistar), que segue de líder a falta de tres etapas para que remate a carreira.

Darwin Atapuma, líder da carreira na etapa de Maceda, e Nairo Quintana, actual maillot vermello de La Vuelta./R.T.

O biker macedán Pablo Rodríguez rematou terceiro na última cita do ano da Copa do Mundo disputada a pasada fin de semana en Vallnord (Andorra). Rodríguez subi ao podio despois de vencer no sprint ao francés Maxime Marotte, á postre cuarto clasificado. Na proba andorrana Julien Absalon foi primeiro, e Ondrej Cink segundo. Pablo Rodríguez estreábase este ano na categoría elite e xa sabe o que é subir un podio nunha cita intercontinental. Ademais estivo a piques de representar a España nos Xogos de Río. Tokio agarda por el. O deportista do CC Maceda, Saúl López, rematou no posto 64 na mesma proba, sendo esta a súa primeira participación nunha proba deste calado. Cambre Moi boa actuación da canteira da Escola JA Hermida, na penúltima proba da temporada de Mini BTT, na que destaca a victoria de Noela Saa en infantís, con Aida González, terceira. Marco Nube tamén remataba terceiro entre os rapaces. Sara Álvarez era segunda en alevíns e Airas, terceiro en prebexamíns.


14

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

ATLETISMO

Unha de trails 4 Muíños, Celanova e a Ribeira Sacra, os próximos. Redacción

Esta cita foi presentada na Deputación Provincial.

Andaina contra o cancro infantil 4Celebrarase en Vilamarín o 11 de setembro. Redacción Unha andaina solidaria en Vilamarín pretende recadar fondos para a Asociación NEN e apoiar a Nico, un neno ourensán de 2 anos que padece neuroblastoma (un tumor abdominal). A Deputación de Ourense colabora nesta “Andaina solidaria Pazo de Vilamarín”. O Goberno provincial e o Concello de Vilamarín unen esforzos para reivindicar e chamar a atención sobre os máis de 1.400 novos casos que cada ano se diagnostican de cancro infantil, e en concreto, para colaborar coa familia de Nico e coa Asociación NEN. Na presentación, o deputado provincial de Deportes, Juan Anta, destacou que a Deputación de Ourense “apoia con firmeza este motivo de solidariedade, e neste caso, ademais de colaborar cunha actividade deportiva, axudamos á xente que máis o necesita e favorecemos que se siga impulsando a investigación contra o cancro infantil”. Amador Vázquez, alcalde de Vilamarín, agradeceu o apoio do goberno provincial e dos medios de comunicación con este evento, “porque colaborar con esta acción solidaria supón facelo cunha familia que está a sufrir, e

tamén significa concienciar para que se sigan destinando fondos para a investigación médica”. Na mesma liña, Marcos Vázquez, concelleiro de Vilamarín, explicou que a andaina “ten como valor confraternizar e concienciar á xente sobre a necesidade de redobrar esforzos para loitar contra o cancro infantil; e quixémolo facer ofrecéndolle a todos a riqueza natural que ten o municipio de Vilamarín”. Donativo de 5 euros O 100 % da recadación da andaina irá destinado, mediante a adquisición de dorsais por un donativo de 5 euros cada un (3 euros, os participantes infantís) á Asociación NEN. A proba deportiva sairá do Pazo de Vilamarín o vindeiro domingo 11 de setembro, ás 10.00 horas, e contará cun percorrido de 11 quilómetros. Ademais, haberá actividades infantís, con inchables e xogos, para que os máis pequenos poidan gozar tamén dunha xornada deportiva e de lecer. Para aquelas persoas que, ademais, queiran colaborar coa causa, habilitouse unha “fila cero” na conta da Asociación NEN para que poidan facer as súas achegas económicas.

Os amantes das carreiras de montaña teñen nas próximas semanas citas en Muíños, Celanova e Luíntra. O primeiro dos trails terá lugar o sábado 17 de setembro en Muíños. Denominado como I Trail do Lobo os interesados poderán elexir entre dous percorridos; un mini trail duns 25 km e un trail máis longo de 41. Un día máis tarde -18 de setembro- Celanova terá o seu primeiro trail. As inscricións están abertas en championcipnorte.com ata o día 15; ou fisicamente nas tendas Runmaniak (Ourense). O prezo é de 10 euros para o trail e 8 para a andaina que tamén se organiza. Para o trail pódese inscribir de xeito presencial en Pungin Sport e Deportes Núñez (Celanova). A andainda, con saída ás 9 horas, constará de 13 km, mentres que o trail é de 19. O trail pódese rea-

lizar de forma individual ou ben inscribirse en relevos de parellas. O prezo de cada equipo é de 15 euros. Ribeira Sacra O 2 de outubro Luíntra acolle o I Trail Ribeira Sacra, organizado polo Club de Montaña Cuevas Grupo Nogueira Trail, o Concello de Nogueira de Ramuín e a Deputación. Dúas distancias haberá nesta primeira edición; un trail curto de 25 quilóme-

tros e outro de 50 km. As inscricións poden realizarse ata o 26 de setembro, e teñen un custo de 15 e 25 euros, dependendo da proba que se queira correr. A formalización da inscrición, así como a xestión de dorsais e información sobre o percorrido e regulamento está a disposición dos deportistas na web: www.trailribeirasacra.es. O percorrido, con saída na praza de Luintra, discorrerá polos pobos de Baldomar, Frontes, Fontefría, Liñares, Nogueira, Casas novas, Pena do Chao, Monte Verde, Fiscal, Sobrado, Mirador de Moura, Paradela, Mosteiro de Santo Estevo, Pombar, Aceve-

4 O próximo domingo 2 de outubro. O próximo domingo 2 de outubro, ás 11:00 horas, terá lugar na capital ourensá a I Carreira Solidaria Fundación Real Madrid. O beneficio que se consiga irá destinado aos programas de atención á diversidade que a Fundación do Real Madrid desenvolve por todo o mundo. A carreira, que percorrerá un total de 10 quilómetros polas ribeiras do río Miño, contará con varias categorías, abran-

O 17 de setembro será o de Muíños, o 18 o de Celanova e o 2 de outubro o da Ribeira Sacra

César Parente, Artur Yuste, Manuel Baltar e Diego Novelle, durante a presentación do I Trail Ribeira Sacra.

Ourense acolle a carreira solidaria da Fundación Real Madrid Redacción

do, Cortecadela, Mundín e regreso a Luintra. Desde a organización pretenden consolidar este trail da Ribeira Sacra para futuras edicións. Ademais, o acondicionamento do circuíto permitirá que Luintra conte cunha ruta máis para a práctica do deporte ao aire libre, puidendo ser empregada por corredores e sendeiristas.

guendo todos os rangos de idade, e terán uns prezos que oscilarán entre os 10 euros para adquirir un dorsal estándar (inclúe chip, seguro, camiseta da carreira, chaveiro e pulseira) ao dorsal premium, cun custo de 25 euros e que suma dentro do kit unha gorra do circuíto, calcetíns e camiseta técnica da marca Adidas. Para a categoría infantil (menores de 16 anos), a adquisición do dorsal terá un custo de 5 euros, o que inclúe camiseta da carreira, seguro, avituallamento, pulseira e

bolsa de corredor. Inscricións As inscricións xa están abertas e permanecerán activas ata o vindeiro 29 de setembro ás 23:59 horas, momento no que se pechará o prazo de inscrición. A recollida de dorsais será o 1 de outubro, sábado, de 10:00 a 20:00 horas no Pavillón de Deportes dos Remedios. A inscripción pode realizarse na web oficial do evento: www.runningfundacionrealmadrid. es.

Memorial Miguel Ángel Lorenzo “Mali” Redacción Este domingo Seixalbo acolle a primeira edición da carreira popular Memorial Miguel Á. Lorenzo “Mali”. A organización corre a cargo do Club Atletas Veteranos de Ourense. A partir das 11 horas as categorías pitufos, benxamín, alevín, infantil e cadete tomarán a saída. Sobre as 12 horas será o turno da carreira absoluta, cun percorrido de 8 km. Pechado xa o período de inscrición, son 348 os inscritos. Trátase dunha competición popular e solidaria en recordo de Miguel Angel Lorenzo Iglesias “Mali”, veciño de Seixalbo.


ATLETISMO

Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº145- Ano: VIII - 9 de setembro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

O Canón do Sil recibe aos escaladores 4 O 10 de setembro celébrase unha nova edición do seu maratón de escalada. Redacción O vindeiro sábado 10 de setembro, o Club Alpino Ourensán celebrará o IV Maratón de escalada “Canons do Sil”, que organiza coa colaboración da Deputación de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Federación Galega de Montaña e a tenda de montaña Entrepicos, entre outros. O evento celebrarase na escola de escalada dos Canóns do Sil, situada no Concello de Nogueira de Ramuín, na estrada que une Os Peares con San Estevo, en pleno centro da Ribeira Sacra. Esta será a cuarta edición do maratón de escalada convertendose nun

Cartel do IV Maratón de escalada “Canón do Sil”. referente na escalada deportiva incluso a nivel internacional, moi popular entre escaladores galegos e portugueses. O maratón de escalada do Canón do Sil é unha competición sen igual en Galicia (12 horas de escalada), sendo referente no norte de Es-

paña e Portugal. Sistema novidoso Debido a un sistema novidoso de puntuación, os participantes compiten en igualdade de condicións nunha única categoría (homes e mulleres compiten en igualdade a diferenzia doutros deporte e competicións). Esta pode ser a causa da elevada participación feminina, batendo a máxima de asistencia femenina nesta edición cun 40% dos inscritos. 11 cordadas Trátase dunha competición dunha categoría e por equipos formados por parellas, ou cordadas, sendo as cordadas masculinas, femininas ou mixtas. Este ano a participación é de 11 cordadas de distintas partes do país. Cada equipo escalará as vías (camiños na vertical) que poida ou considere oportuno en función das súas condicións físicas e estratexia a seguir durante un tempo máximo de 12 horas, gañando a cordada que máis puntos obteña.

Ribadavia, á carreira 4 O domingo 11 de setembro dispútase a terceira edición da súa Carreira popular. Redacción Este domingo 11 de setembro Ribadavia acollerá a súa terceira Carreira popular. A proba é de carácter federado polo que estará supervisada por xuíces da Federación Galega de Atletismo. Ás 11 da mañá dará comezo esta terceira edición coas categorías inferiores e cun trazado acorde ás idades dos participantes. Sobre ás 11:40 horas está previsto que dea comezo a proba absoluta, con saída e chega na praza Maior de Ribadavia. Ao longo de 9 quilómetros os atletas pasarán por un trazado que os levará ata a área recreativa da Veronza (lugar onde se disputa o cross), paseos do Avia e do Miño, Francelos e os últimos quilómetros serán polas principais rúas da vila.

Presentación da Carreira popular de Ribadavia. A carreira, que está enmarcada dentro das festas patronais, discorrerá entre viñedos. No apartado técnico a proba é de perfil suave salvo nun quilómetro e medio -ao paso por Francelos- que ten unha pendente esixente. Aposta polo deporte Desde o Concello de Ribadavia levan facendo unha forte aposta polo deporte. O alcalde, Ignacio Gómez, declaraba que o servizo de deportes “é un exemplo a seguir” no que é unha clara aposta “polo

deporte federado e non federado”. Ademais, Gómez facía fincapé en que pretenden “darlle un impulso ao pavillón municipal”. Esta aposta se debe a que o deporte é saúde e ensina “grandes valores”, apuntaba o rexedor. Pola súa banda, Eladio Gómez -presidente do Club Deportivo Aurum, club organizador- puxo en valor á vila. “Todos os atletas que participaron no Cross de Ribadavia quedaron marabillados polo circuíto da Veronza”, aseguraba.


Barrios DEPORTIVO 9 de setembro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.