Bd140

Page 1

[ Páx. 3]

Homenaxe a Simón González ARTES MARCIAIS Páx.2 XIMNASIA O jiujitsuka Felipe Iglesias, prata no Torneo de París

Páx.4

Nerea Sastre, subcampioa no individual de rítmica

FÚTBOL

Páx. 7

UD Ourense, 1.500 socios para un equipo de Primeira

COB

Páx. 9

O COB, a falta da firma con Abanca para estar en ACB

ATLETISMO Páx. 10 Seguinte parada do “Correndo por Ourense”: O Couto

Os mellores do deporte

[Páx. 15]

O COB, o ximnasta Dani Pérez e o Club Ciclista de Maceda, entre os galardoados nos Premios do Deporte Galego./M.REJO.

Número: 140- Ano: VIII -13 de maio de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 15 de maio. José Arjiz. Verín - Bergantiños. 3ª D. - Día 15 de maio. Espiñedo. Arenteiro - Lalín. RP. - Día 15 de maio. Rozavales. Monterrei - Marcón. RP. - Día 15 de maio. Melias. Melias - UDO. 2ª Rexional.

Fútbol sala

- Día 14 de maio. Os Remedios - 17 h - Cidade As Burgas - Gironella. Primeira División. - Día 21 de maio. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Gironella. Primeira División.

Atletismo

- Día 14 de maio. Maceda. Carreira Desafío 42. - Día 14 de maio. Ourense. Carreira Desafío 42. - Día 15 de maio. Allariz. Carreira Desafío 42. - Día 21 de maio. O Couto -Ourense-. Circuíto “Correndo por Ourense”.

BTT

- Día 14 de maio. O Carballiño -15 horas- I BTT en familia - Día 15 de maio. Lobios -9:30 h-. I ruta BTT Xuresaventura.

Ciclismo

- Día 17 de maio. Baños de Molgas. Campionato de Galicia de contrarreloxo de ciclismo.

Hípica

- Día 17 de maio. Sandiás. Segunda xornada de carreira de cabalos no hipódromo de Antela.

Andaina

- Día 15 de maio. IX andaina de Paderne.

AXENDA / ARTES MARCIAIS

jiu jitsu

Felipe Iglesias, prata en París 4 O ourensán logrou o subcampionato no torneo Vila de París de jiu jitsu. Redacción O pasado 30 de abril disputouse o Torneo Internacional de Jiu Jitsu Vila de París. Tres ourensáns do club Marbel acudiron ao evento realizando unha gran actuación. Felipe Iglesias, actual subcampión de Europa

e do Mundo, repetiu posición e proclamouse subcampión na capital francesa; Iglesias participaba na categoría de menos de 56 quilos. Ana Fernández rematou na sétima posición en -62 quilos, no que foi o seu debut nunha cita internacional.

O Artai domina o Galego de kung fu 4 Tivo lugar o 7 de maio. Redacción Máis de 100 deportistas participaron neste evento no que coparon a maioría dos titulos os representantes do Club Artai (Ourense) e do Penta de Vigo. Os competidores distribuíronse en dúas pistas: Tapiz 1 “Élite ou alto rendemento” e Tapiz 2 “Categoría B ou promoción deportiva”. Ademais da propia competición, realizáronse exhibicións de taichi e

Participaron nesta cita máis de 100 deportistas

kungfu infantil a cargo do club Wushu/Kungfu Club Ourense, que imparte devanditas actividades en distintos centros da cidade de Ourense. Taolu Pola mañá saíron a escena os competidores de taolu (formas de exhibición) nas categorías preinfantil, infantil, cadete, júnior, absoluto e veterano. Cada categoría disputaba as modalidades de man baleira, pao, sable, espada, lanza, taichi e taichi con armas. Os resultados máis destacados dos ourensáns foron: Akira Moreira, infantil, 3 ouros en man baleira, sable e pao; Ángel Pérez, infantil, un ouro e unha prata en

O outro ourensán, Christian Álvarez, foi quinto en máis de 94 quilos. O Vila de París é un dos torneos con máis solera no panorama internacional, ademais de ser puntuable

para a Copa de Europa. Outro dos puntos importantes deste evento é que serve de preparación para o próximo Europeo da especialidade, que se disputará en Bélxica en xuño.

Iglesias, durante un combate en París.

man baleira e pao; Carla Vázquez, infantil, un ouro en man baleira; Andrea Álvarez, cadete, tres ouros en man baleira, sable e pao; Xoaquín Amiama, cadete, un ouro en man baleira norte; Aarón Martínez, cadete, un ouro en man baleira sur; Marta Signo, cadete, un ouro en man baleira norte; Martín González, cadete, un ouro en sable de sur; Jacobo Rodríguez, júnior, tres ouros en man baleira, sable e pao; Sergio Parga, sénior, dous ouros e unha prata en pao, sable e man baleira. Combates Na sesión de tarde foi o turno das modalidades de combate de kung fu (qingda ou combate a contacto controlado e sanda ou combate a pleno contacto). Os vencedores en quingda foron David Fernández (-65kg júnior), Alejandro Taboada (-85kg júnior),

David Blanco (-70kg sénior), Alejandro Morenza (-75kg sénior), Martiño Amiama (-85kg sénior) e Sara Álvarez (open feme-

Copa Deputación Redaccción Este 7 de maio disputouse no Pazo Paco Paz a segunda xornada de Copa Deputación de Judo 2016, que reuniu a máis de 70 participantes de toda a provincia. Era a segunda das catro xornadas competitivas previstas, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada “Randori”. A principal novidade deste ano é a introdución dunha nova categoría, a pre-benxamín, para os nados entre os anos 2008 e 2009.

nino). En sanda, Breogán Martínez (-65kg sénior) e Ngagne Faye (-75kg sénior) foron os vencedores.

Espectacular proxección de sanda./ARTAI.


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

Todos con Simón González

Campionato Galego de Contrareloxo en Molgas Redacción

4 O Pazo acolleu unha velada a favor do 13 campión do Mundo de full contact. Redacción O pasado sábado 7 de maio o Pazo Paco Paz convertiuse no lugar onde o 13 campión do Mundo de full contact, Simón González, recibía a homenaxe que Ourense lle debía. Unhas 400 persoas non xe quixeron perder esta velada na honra a todo un campión. Simón González subiu ao cuadrilátero para reci-

bir o cariño dos presentes. Xunto a el estiveron o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez; e o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa. Todos eles tiveron boas palabras para un deportista que está

Simón González acudiu á homenaxe moi emocionado./R.T.

a atravesar un difícil momento desde que quedou postrado nunha cadeira de rodas por culpa dun accidente doméstico. Todos coincidiron no espíritu de superación do excampión, que, nesta nova e diferente batalla á dos rings, loitará e vencerá. Velada En canto á velada foron seis os combates que se disputaron no ring montado no Pazo, entre boxeo, full contact e kick boxing. Tamén houbo exhibicións de ximnasia acrobática e dobre minitramp a cargo de ximnastas do Burgas - Pontevedra e do Club Ximnasia Pavillón Ourense, quen ademais das ximnastas cedeu o material de dobre minitramp. Tamén actuou o grupo R.D.K. & Cía e realizouse unha kata musical tradicional.

5No acto realizáronse varias exhibicións de diversas disciplinas, entre as que non faltou o full contact, kikc boxingo, boxeo e ximnasia acrobática./R.T.

O Concello de Baños de Molgas acollerá o Campionato Galego de Contrareloxo, o vindeiro 17 de maio. A proba deportiva organizada polo Club Ciclista Ourensán e a Asociación Ado-Moure, comezará ás 10 horas, na Estación Albergue Turístico Moncho Borrajo, e rematará no polideportivo municipal de Baños de Molgas, ás 14 horas. En canto ao percorrido, Carlos Muñiz explicou que se trata “dun circuíto de 15 quilómetros, onde participarán máis de 250 corredores, dos que sairán os campións de Galicia da disciplina de contrareloxo individual”. Durante a presentación do evento, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, destacou o labor do ente provincial para promover este tipo de iniciativas “que poñen en valor non só o deporte, senón tamén os lugares onde se celebran”. Pola súa banda, o alcalde de Baños de Molgas lembrou que durante a proba realizaranse cortes nas estradas “que dificultarán un pouco o desenvolvemento diario, pero merecerá a pena e será unha festa para o ciclismo e para o municipio”.


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

Medallas para o Burgas no Galego de acrobacia 4 Sete medallas e catro trofeos foi o seu botín. Redacción Gran actuación do Burgas no Campionato Galego de ximnasia acrobática celebrado o sábado 30 de abril no pavillón das Travesas de Vigo. En total foron sete medallas e catro trofeos. O Burgas é o único club da provincia nesta difícil e espectacular modalidade ximnástica. Participaron 25 ximnastas ourensás. Cabe destacar o primeiro

Participaron 25 ximnastas ourensás

posto da parella infantil formada por Sofía Fernández Vispo e Iria do Nascimento que quedaron campioas galegas. As do Burgas estiveron acompañadas no podio polas parellas do Flic-flac de Vigo -segundas- e Treboada de Pontevedra -terceiras-. Tamén acadaron o título de campioas galegas na categoría júnior, Raquel Ordiales e Ana Díaz por diante das parellas do Treboada. O trío cadete formado por Marta Zipeng Vázquez, Elena Iglesias e Sara Mei Barroso rematou na segunda posición, o mes-

Nerea Sastre, subcampioa galega 4 No individual de rítmica. Redacción O 1 de maio celebrouse en Riazor (A Coruña) a segunda fase e definitiva do Campionato Galego individual e de clubs de ximnasia rítmica. A rítmica ourensá estaba representada por cinco equipos (dous

A colaboración entre clubes foi a nota destacada da xornada

júnior, dous infantís e un sénior) e unha ximnasta absoluta (Nerea Sastre). Abriu a competición a categoría júnior. O equipo pavillonista formado por Lorena (aro e pelota), Candela Sierra (corda) e Paula do Olmo (mazas) conseguiu o ouro; o equipo do Ximnasia Pavillón B, integrado por unha ximnasta pavillonista (Uxía Fernández), unha ximnasta do Acordes, unha do club Maniotas e outra do

XIMNASIA

mo que o trío alevín composto por Daniela Rey, Amaia Larrea e Alba Rodríguez. En igual posición (segundas e subcampioas) quedaron as júnior Yolanda García, Sara Blanco e Analía Blanco. Os terceiros postos foron para Lourdes Pérez e Jimena Gómez, en alevín,

e Claudia Pérez, Cecilia García e Florencia García, en cadetes. Trofeo O Club Ximnasia Burgas acadou tamén catro trofeos por equipos. Tres subcampionatos (absoluto, cadete e infantil) e o terceiro posto do alevín.

A rítmica ourensán estivo presente no Carballiño 4 Na Copa Deputación individual e de conxuntos. Redacción

Espectacular acrobacia realizada en Vigo.

Esquío, foi cuarto clasificado. En infantís, o Ximnasia Pavillón A integrado por Sabela Rodríguez (pelota), María Rodríguez (aro e cinta) e Lucía González (mazas) conseguiu o subcampionato galego de clubs. En categoría sénior o equipo ourensá no que Nerea Sastre sumaba en aro, Ana Mangana en cinta e Antía Vázquez en pelota, foi terceiro clasificado, detrás do Esquío A e Esquío B. Nerea Sastre Nesta categoría sénior, a ourensá Nerea Sastre realizou os exercicios de mazas e cinta no apartado indivi-

dual absoluto logrando ser prata -subcampioa galegapor detrás de Laura Pena, do Club Esquío. Nacional Despois dos resultados deste campionato será catro os equipos que representarán a Ourense en Guadalajara no mes de xuño: dous equipos júnior, un infantil e un sénior; ademáis da ximnasta absoluta Nerea Sastre cos tres aparatos (aro, cinta e mazas). Colaboración A colaboración entre os clubs galegos máis importantes foi crucial neste torneo para acadar a participación nacional; pres-

O domingo 8 de maio celebrouse no Carballiño a segunda fase da Copa Deputación de ximnasia rítmica tanto en individual com en conxuntos. A competición de nivel de promoción este ano contou con pouca participación. En prebenxamín, Noa Codeso Pacios, foi primeira; Candela Chaparro Gómez, segunda e María Pereira Vázquez, terceira (as tres do Escola Ximnasia Pavillón). Cuarta foi Pura Diéguez Nóvoa (Club Marusia).

táronse ximnastas entre os equipos para poder conformar grupos competitivos que acadaran a clasificación para o Nacional.

En categoría alevín Sara González (Marusia) foi primeira, seguida de Carla González (Pavillón), segunda. A competición de conxuntos de nivel promoción serviu de control para os equipos participantes. A competición escolar tivo máis participación. En prebenxamín venceu o Escola Ximnasia Pavillón; en benxamín o Club Ximnasia Pavillón, en alevín o Escola Deportiva de Xinzo de Limia, e en infantil e cadete o Club Ximnasia Pavillón.

Acudiron cinco equipos ourensáns

Nerea, no segundo caixón do podio.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

FÚTBOL / FÚTBOL GAÉLICO

Estrela Vermella e Irmandinhas vencen na Copa Gaélica 4 Foi a primeira edición e celebrouse en Xinzo. Redacción Xinzo pasará a historia do fútbol gaélico como a primeira sede da Copa de Galicia desta disciplina deportiva. O 7 de maio disputouse a Copa, que congregou a máis de 300 deportistas dun total de 16 equipos de toda a comunidade. Na competición masculina o gañador foi o Estrela Vermella (Santiago de Compostela), seguido de

Fillos de Breogán e Irmandinhos, segundo e terceiro, respectivamente. Cuarto foi Herdeiros de Dhais e quinto o conxunto ourensán do Auriense. En sexta praza remataría o Pontevedra; sétimo, O Condado; oitavo, Keltoi Vigo e noveno o Cheas. Feminino En categoría feminina primeiro foi o Irmandinhas (A Estrada); segundo, Fillas de Breogán e tercei-

ro, Pontevedra. Na cuarta posición remataría Estrela Vermella e na quinta as ourensás do Auriense. Herdeiras de Dhais foi sexto e Keltoi Vigo, sétimo. Ourensáns A quinta praza dos dous equipos ourensáns fai que elas melloren o posto obtido na Liga e eles ocupen unha posición inmellorable, xa que é un equipo que disputou a Liga de Segunda División.

Alegría e tristeza no fútbol ourensán 4 Repaso aos equipos ourensáns. Redacción Van rematando as competicións balompédicas e xa hai quen ten motivos de celebración e quen terá que lamentarse. Uns acadan os obxectivo, outros non, pero hai que recordar que o fútbol non é máis que deporte. 3ª División Cunha xornada por disputar aínda na Terceira División, O Centro de Deportes O Barco logrou facer unha campaña notable. Iso levouno a loitar ata case o final por un posto

na promoción de ascenso. Agora é quinto, e no último partido pode manter a posición ou subir ou baixar un posto. O Barbadás case que pediu “a hora” nas últimas xornadas. Na primeira volta chegou a ir líder, pero unha moi mala segunda parte de campaña fixo que o equipo non certificara a salvación ata a penúltima xornada. O Verín foi o conxunto ourensán que descendeu. Despois dunha decente primeira volta, na segunda os do val do Támega non deron a talla e o ano que

vén terán que xogar na Rexional Preferente. Preferente A falta de dúas xornadas os tres equipos ourensáns do grupo sur xa saben o seu destino. Tanto Arenteiro como Ourense C.F. lograron con solvencia a salvación o que os levará o ano que vén a seguir na categoría que compartirán co Verín-. Os do Ribeiro son sétimos con 55 puntos e os da capital ourensá, novenos con 49. O que non continuará é o Monterrei, equipo que

Encontro de fútbol gaélico en categoría feminina.

leva semanas descendido e que ata final de curso tentará divertirse. Primeira Rexional O Nogueira de Ramuín e o Polígono serán os equipos que na tempada 2016-17 xoguen na Rexional Preferente despois de ascender desde a Primeira Rexional. Con tan só unha xornada por disputar o Nogueira é, con 73 puntos, o campión de Liga. O Polígono, con 66, non poderá darlle alcance pero si que ten asegurada a segunda praza, o que lle dá o ascenso. O terceiro en discordia pola loita polo ascenso foi o Bande, pero o traspés contra A Manchica da pasada xornada fixo que perdese toda opción de poder loitar polo ascenso na última xornada de Liga. Pola parte baixa Piñeira

Seca e A Valenzá descenden -por posición- ao igual que A Rúa -que o fai polo arrastre do Monterrei. Segunda Xa están decididos os ascensos do grupo 9 da Segunda Autonómica. UD Ourense e Atlético Arnoia serán equipos de Primeira;

a UDO sobe como campión. No grupo 10 Viana e Xunqueira son os dous equipos que soben pero será na última xornada cando se saiba o gañador da Liga. Os dous equipos enfróntanse no campo do Xunqueira nesta última xornada. A vitoria dos locais suporía o campionato para eles; un empate ou vitoria visitante faría que a Liga fora para o Viana. Terceira Seixalbo -campión- e Baños de Molgas foron os equipos que ascenderon do grupo 12 e Moreiras -campión- e Toén, os do grupo 13.

Partido de Terceira entre Barbadás e Barco.

O descenso do Monterrei fai que A Rúa descenda á 2ª Rexional


FÚTBOL

1.500 socios para un equipo de Primeira 4 É o obxectivo da directiva do U.D. Ourense para a tempada 2016-17. R. Torres A Unión Deportiva Ourense vén de presentar a campaña de socios para a tempada 2016-17. Desde o club pretenden que co salto de categoría haxa un incremento no número de socios. Se neste ano a cifra superou por un pouco os 1.200 para o vindeiro curso espéran chegar aos 1.500. Os prezos sofre un incremento pequeno de entre 5 e 10 euros dependendo do abono. Así, o carnet adulto pasa a 40 euros; o protector a 60 (con agasallo dunha camiseta do equipo); xubilados e maiores de 65 anos, 35; mozos (entre 16

e 25), 25 euros; desempregados, 20; menores de 16 anos, 2 euros; discapacitados (grao maior do 65%), gratis; familia (parella adulta, 65, fillo de 16 a 25 anos, 20 euros); colaboración co equipo feminino, 10 euros. Un convenio co Cidade As Burgas fai que os socio do club franxiverdes que se fagan socios dos unionistas contarán cun desconto do 25% no prezo do carnet. No caso dos novos socios, estos deberán pagar 110 euros e levar dous anos de antigüidade como abonado do club. O prazo de renovación para os socios é ata o 31 de decembro deste ano.

Melias O equipo sénior xogará este domingo en Melias (17:30 horas) o último partido de liga. Os de Antonio Dacosta, cos deberes feitos desde hai varias xornadas, buscarán sumar unha nova vitoria que os levaría a sumar 24 consecutivas. A pesar das innumerables baixas para este encontro os capitalinas tentarán continuar coa racha positiva. Copa Pero o que están esperando tanto xogadores como corpo técnico e directiva é a Copa. O martes 17 de maio recibirán no Couto (18 horas) ao Barra

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

de Miño no partido de volta dos cuartos de final da Copa Deputación B. Os capitalinos traen unha renda de dous goles trala súa vitoria no partido de ida.

vitoria, as de Rubén García asegurarían o ascenso. Por iso, desde a directiva poñen a disposición dos afeccionados un autobús que acompañará ao equi-

po neste partido tan transcendental. Ata este venres pola tarde pódese inscribir quen queira para ir no bus; o prezo do mesmo ida e volta é de cinco euros.

Feminino O equipo feminino xoga este domingo contra o Portonovo (segundo clasificado). En caso de

O club fleta un autobús para ver ao equipo feminino en Portonovo. O prezo ida e volta é de 5 euros

Plantilla e corpo técnico coa copa, recibida antes do partido contra o Cea, de campións de Liga do grupo 9 da Segunda Autonómica./RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

FÚTBOL SALA

Catro xornadas para o final 4 É o que queda de liga na Primeira División de fútbol sala feminino. R. Torres Doce puntos son os que están en disputa para cada equipo de aquí a final de tempada para os equipos da Primeira División de fútbol sala. Ourense Envialia e Cidade As Burgas teñen nesta recta final obxectivos ben distintos. O Envialia está inmerso na loita por entrar na Copa de España que se disputará cando remate a Liga entre os catro primeiros equipos da clasificación. As de Chipi téñeno todo de cara para ser as cuartas ao rematar a competición e entrar, por dereito propio, na disputa da Copa. As albinegras con 54 puntos superan en cinco ao seu máis inmediato perseguidor, a Universidad de Alicante.

Por enriba está lonxe a terceira praza; o Alcorcón leva 61 puntos, sete máis que as ourensás. Esta xornada o Envialia visita, precisamente, a Universidad de Alicante. Puntuar en terras do Mediterráneo suporía ter practicamente no peto a súa participación copeira. Unha derrota deixaría todo moi apretado para as tres últimas xornadas (dous puntos entre unhas e outras). As ourensás terían que xogar contra Gironella, Cidade e pecharían a tempada contra Futsi. Pola súa banda as alacantinas xogarían ante Futsi, Roldán e Móstoles. Rivais complicados para os dous equipos. Cidade

Vane Sotelo dá o título a España 4 No Torneo da Vitoria de Moscú. Redacción A xogadora do Cidade As Burgas, Vanessa Sotelo, deulle a vitoria a España no VII Torneo Internacional Día da Vitoria. Grazas a un gol no último minuto do partido decisivo fronte a Rusia (5-6). Este é o terceiro título consecutivo do combinado nacional neste trofeo.

Irán, Polonia, Rusia e España eran as seleccións que disputaban esta sétima edición. Tanto España coma Rusia desfíxeronse de Irán e de Polonia con facilidade. Mentres España lograba vencelas por 05 e 0-9, respectivamente, Rusia facía o propio (6-1 a Polonia e 0-4 a Irán). Polo que todo se decidiría na última xornada

O Cidade As Burgas está en terra de ninguén. Con 38 puntos ocupa a oitava posición moi lonxe dos catro primeiros postos

e salvado de todo perigo de descenso. Polo que para estas catro xornadas finais as de Manolo Codeso tentarán acadar o maior número de puntos para subir o máis enriba posible na clasificación. Gironella, Rubí, Envialia e Alcorcón son os catro rivais das franxiverdes ata final de tempada.

O Ourense Envialia atópase inmerso na loita por disputar a Copa de España./RAMSÉS.

entre rusas e españolas, unha vez que as xogadoras iranís acadaron o terceiro posto ao vencer ás polacas por 1 a 2. O partido Así, o partido entre as hispanas e as rusas era o que determinaría a selección que se alzaría co título. O choque comezou cun forte ritmo das dúas escuadras. España adiantaríase con gol de Amelia. E en tres minutos Anita Luján e Peque, con sendos goles, deixaban o marcador co 0-3 co que se chegaría ao descanso. Rusia reaccionaba na segunda metade con dous goles en tres minutos, obra

de Korzhova e Kuleshova (2-3). Consuelo lograba o 2-4 pero un gol en propia porta de Anita Luján devolvía a mínima vantaxe (3-4). Afanasova lograba o empate de libre direto e Consuelo daba un certo respiro ás vermellas co quinto (4-5). Pero a dous minutos do final Afanasova de dobre penalti empataba a cinco tantos. No tramo final ambas seleccións optaron polo xogo de cinco. Foi Vanessa Sotelo quen tras un roubo de balón, e desde medio campo, lograba o gol que lle daba a vitoria a España e con el o o seu cuarto título no torneo moscovita.

Remata a liga na Segunda B 4 Sala Ourense e Pizarras conclúen de forma dispar. Redacción Esta fin de semana será a última da tempada 2015-16 da Segunda División B de fútbol sala. Os dous representantes ourensáns rematarán cun sabor de boca ben distinto. Mentres que o Sala Ourense Prolsport descende de categoría, o Pizarras Los Tres Cuñados tentará rematar na cuarta posición. O Pizarras enfróntase na casa co Cistierna; o encontro terá lugar este sábado ás 18 horas en Calabagueiros. En caso de vitoria valdeorresa haberá que estar atentos ao que suceda no partido entre o Mosteiro Bembrive e o

Leis Pontevedra; se perde o Bembrive, o Pizarras lograría rematar na cuarta posición. A derrota barquense e a vitoria do Leis baixaríano ata a sexta posición. Suceda o que suceda nesta xornada a tempada do Pizarras é de notable. Sala Ourense O Sala Ourense xa está descendido desde fai xornadas. O último choque será ante o Guardo. Para este verán toca buscar un novo camiño despois dunha tempada para olvidar tanto no institucional coma no deportivo. O adestrador do primeiro equipo, Víctor Sousa asegura que a continuidade do club está garantida.

Saúdo inicial entre as xogadoras de España e Polonia.


POLIDEPORTIVO

A falta da firma 4 O COB está pendente de asinar o acordo con Abanca para poder xogar en ACB. R.T. Se non se remedia parece que este verán vai polo camiño dos anteriores na casa do COB; e pode que volva a ser moi longo. Moitas dúbidas para unha solución que tería que estar lista o próximo 16 de maio. Ese día comeza o prazo para que o Ourense Provincia Termal (COB) presente a firma do crédito que lle permita estar na Liga Endesa

EN BREVE 4 Wushu O sábado 14 de maio celébrase en Verín a 27ª Copa Deputación de wushu infantil. O evento terá lugar no pavillón municipal de deportes a partir das 17:30 horas.

4 Golf Os días 20, 21 e 22 de maio terá lugar o Trofeo de golf grupo Code Dental no campo de Montealegre. O día 20 será o día do torneo de Pitch & Putt; o 21, os torneos catro palos stableford, infantil e triatlón solidario; e o día 22 celebrarase o torneo stableford individual.

a vindeira tempada. Terá un mes -ata o 16 de xuñopara poder facelo na sede da Asociación de Clubs de Baloncesto. Pero desde o club queren entregalo o antes posible para non ter problemas de última hora. A Deputación xa deu a súa conformidade, o Concello non o ve tan claro, haberá que agardar. Reunións e máis reunión, aproximacións de posturas pero o certo é que o documento non está rubricado;

e iso que xa o tiñan feito o ano pasado cando á desesperada tentouse incluir ao COB na ACB. Tempo despois ese acordo non vale -a saber as clausulas leoninas que tiña- e durante toda esta tempada estiveron buscando outro acordo máis

O COB logrou o ascenso na cancha en 2015./R.T.

O Campus Rugby, en semifinais 4 Do ascenso a División de Honra B. O Campus Universitario Ourense Rugby Coosur pasa directamente ás semifinais da fase de ascenso a División de Honra B. O motivo é que o equipo Oxigar Belenos queda eliminado ao non cumprir os requisitos da normativa en materia de categorías

Plan B En caso de que as negociacións con Abanca non fructifiquen hai sobre a mesa un plan B. Sería con outra entidade bancaria que leva interesada dende o ano pasado.

inferiores. Deste xeito o club ourensán xogará a súa semifinal contra un representante da federación vasca (Gaztedi R.T. ou Universitario de Bilbao). O sorteo está previsto para o 16 de maio. O Campus está a traballar duro de cara a este enfrontamento de ida e volta que se disputará os días 22 e 29 de maio.

Sexa o rival que sexa a eliminatoria está moi aberta. Copa Xunta O domingo 8 de maio o campus das Lagoas acolleu os partidos de Copa Xunta -semifinais- do Campus Ourense Rugby fronte ao Vigo nas categorías sub 14 e sub 18. Non foi un bo día, perderon os ourensáns nos dous encontros por 0-31 e por 0-86, respectivamente.

As semifinais disputaranse a ida e volta o 22 e 29 de maio

Vitoria do Pabellón Balonmán ante o Viña Costeira 4 Na segunda xornada na Copa Deputación. Redacción

Rugbi

Redacción

favorable para o club.

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

O Pabellón Balonmán logrou a vitoria ante o Viña Costeira na segunda xornada da Copa Deputación de balonmán, nun partido disputado no anexo dos Remedios. Nesta ocasión os capitalinos foron superiores nun derbi que sempre está con altas dosis de tensión. O partido estivo marcado polas ausencias do bando visitante de Celso e Borja e de Julio, Diego, Puma e Rubén, no bando local. O encontro comezou moi axustado, facéndose, pouco a pouco, os locais co dominio no xogo colectivo. A ausencia de Celso Sotelo nos do Ribeiro deixou aos seus sen a referencia cando o partido necesita dun xogador que os guíe. Ao descanso os de Diego Lorenzo dominaban por un claro 17-11. A segunda metade foi polos mesmo camiño. Os locais aumentaban as diferenzas grazas, en parte, a boas combinacións ofensivas, unha férrea defensa e rápidos contra-

golpes. Por parte do Viña Costeira Cuquejo -con sete tantos- tentaba manter ao seu equipo no partido pero sen logralo. Na portaría o xuvenil Cerviño estivo máis acertado que os dous do equipo de Ribadavia. O Balonmán Pabellón logra unha vitoria nun derbi despois de moitos duelos con claro cor ribadaviense.

A ausencia de Celso e Borja marcaron ao Pabellón

Partido de Liga do Pabellón Balonmán Ourense.


10

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

ATLETISMO

González e Ferreiro vencen no trail de Barbadás

Os ourensáns Rubén Diz e Sonia Teijeiro son os actuais líderes do circuíto

4 Máis de 100 atletas remataron a proba. Redacción Xa é historia a primeira edición do trail de Barbadás na que Saturnino González e María Ferreiro fixéronse coa vitoria. A pesar das malas condicións climatolóxicas máis de 100 atletas remataron a proba. Entre todos eles, o atleta do Veteranos Ourense, Saturnino González foi o primeiro en cruzar a liña de meta; o seu tempo foi dunha hora, 40 minutos e 42 segundos. Segundo na liña de meta foi o atleta do Limiactiva, Castor Salgado a máis de oito minutos do vencedor (1:49:07). Terceiro rematou Iago Abeledo (1:49:43). En mulleres María Ferreiro, Ourenrunning, foi a campioa cun tempo de dúas horas, dous minutos e 28 segundos. A segunda muller en meta, a súa compañeira de equipo Elena Pérez (2:14:20). Comple-

taría o podio Belén Rodríguez, con 2:15:42. A Valenzá O sábado 28 de maio terá lugar a I Carreira popular A Valenzá organizada por C.A. Maratón Barbadás. A inscrición, que será a través de cronotec.es remata o 24 de maio -ás 24:00 horas-. O prezo para a inscrición na categoría absoluta é de catro euros; para o resto de categorías a participación será de balde. Cinco son as carreiras que se disputarán: biberón, 100 metros; benxamín, 400 metros; alevín e infantíl, 1.000 metros; cadete, 2.000 metros e absoluta 7.000 metros. As probas comezarán ás 18:30 h e rematarán ás 19:45 horas coa saída da categoría absoluta. A saída e meta das distintas carreiras estarán situadas na avenida de Celanova.

(o día 18). Con case que unha semana co período de inscrición aberto, o número de inscritos supera xa os 1.150 atletas.

Seguinte parada: O Couto 4 O 21 de maio celebrase a segunda carreira do “Correndo por Ourense”. R.T. Tralo éxito da primeira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” no Vinteún, este mes de maio tócalle o protagonismo ao barrio do Couto. Concretamente será o vindeiro sábado 21 de maio cando teña lugar esta proba. De todo o circuíto, a do Couto é

A inscrición permanecerá aberta ata o mércores 18

Presentación do III Desafío 42 ao carón das Burgas./RAMSÉS.

Un maratón entre Maceda, Ourense e Allariz 4 Chega a terceira edición do Desafío 42. Redacción

Ourense e Allariz.

A III Edición do Desafío 42 Ourense Termal volve o fin de semana do 14 e 15 de maio. Este ano disputarase nas localidades de Maceda,

Etapas O desafío arrincará ás 16 horas do sábado 14 de maio co 6 Km de Maceda. Continúa ese mesmo día en

Ourense (15 km) a partir das 21 horas. E remata co medio maratón de Allariz o domingo 15 de maio ás 10 horas. A primeira das carreiras, a de Maceda, dará comezo

a única que ten carácter nocturno e se celebra en sábado en lugar dun domingo. Ás 22 horas dará comezo a competición para os pitufos. Despois seguirá, como sempre, a de benxamíns e alevíns; infantís e cadetes; xuvenís e a velada rematará coa carreira absoluta en torno ás 22:30 horas cando ten previsto a súa saída. A saída e meta da proba estarán situadas na rúa Dalí. Inscrición A inscrición está aber-

ás 16 horas do sábado e contará cuns 300 participantes en todas as categorías -144 da proba absoluta-. Case sen tempo, ás 21 horas dará comezo a proba da capital ourensá. Previamente, disputaranse as carreiras para as categorías inferiores. Nesta proba son preto de 400 os inscritos -173 na absoluta-. E xa o domingo chega o remate final: Allariz acolle desde as 10 da mañá a última carreira; un medio maratón do que sairán os vencedores desta terceira edición. Para Allariz están inscritos arredor de 300 participantes -95 de categoría absoluta-.

Acadáronse as 1.000 inscricións

ta en championchipnorte. com ata o mércores anterior á celebración da proba

Diz e Teijeiro Os atletas Rubén Díz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) son os primeiros líderes do circuíto. Os dous venceron no Vinteún e agora deberán manter a súa condición de favoritos diante dos seus rivais.


ATLETISMO

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

11

O deporte na educación 4 O colexio Cardenal Cisneros organiza a terceira convivencia de atletismo. Redacción Por terceiro ano consecutivo o colexio Cardenal Cisneros organiza a súa “Convivencia de atletismo”. Tratando o deporte como un piar básico na educación chegan a esta terceira edición na que o atletismo, e os seus valores, son os protagonistas. A data será o venres 13 de maio e o lugar as pistas de atletismo de Monterrei (Pereiro de Aguiar). Na xornada participarán a comunidade educativa do centro, alumnado, profesorado e resto de persoal laboral, ademais de familiares e empresas colaboradoras. Categorías As categorías que se darán cita neste evento son: pitufos, educación infantil -categoría conxunta-; kids I, 1º nivel educación primaria (masculino e feminino); kids II, 2º ni-

vel educación primaria (masculino e feminino); youngs I, 1º ciclo educación secundaria obligatoria (masculino e feminino); youngs II, 2º ciclo educación secundaria obligatoria (masculino e feminino); teachers, profesores e traballadores (masculino e feminino) e familiares, familiares e acompañantes (masculino e feminino). Probas As probas que se realizarán son as de salto de lonxitude, lanzamento de peso, 50 metros, 100 metros, 200 metros, 400 metros, 4×100 relevos e 800 metros. Cada participante poderá anotarse nun mínimo de dúas probas e un máximo de cinco. Despois terá lugar a entrega de premios. Xa pola tarde e tralo xantar poderán practicar xogos como o tenis ou fútbol sala.

Participantes da convivencia nunha edición pasada.

Participantes dos 100 metros da pasada edición do “Ourense Termal Athletics Meeting”./ARQUIVO.

Dúas semanas para o “Ourense Termal Athletics Meeting” 4 Contará con 10 probas masculinas e outras 10 femininas. Redacción O domingo 29 de maio celébrase nas pistas de atletismo do Campus universitario de Ourense unha nova edición do “Ourense Termal Athletics Meeting”. Esta cita atlética dará comezo ás 10 da mañá e desenvolverase durante a xornada matutina. Probas Á espera de pechar definitivamente o programa haberá 10 probas masculinas e outras tantas femininas. As probas que se repetirán nas dúas categorías serán as de salto con pértega; lanzamento

de peso; 100, 200 e 400 e 1.500 metros; e os relevos 4x100 e 4x400 metros. Ademais disputaranse en homes o triplo salto, os 800 e os 3.000 metros; mentres que en mulleres tamén se celebrarán o salto de lonxitude, 100 metros valados e os 3.000 obstáculos. Escolares Os atletas de categorías de menores tamén terán o seu protagonismo. En medio da xornada disputaranse as probas de 1.000 metros infantil e cadetes e os 500 metros benxamín as dúas probas tanto en categoría masculina coma en categoría feminina-.

Premios Recibirán premio as oito mellores marcas masculinas e as oito mellores marcas femininas do meeting, segundo táboa IAAF en vigor, acadando un mínimo de 800 puntos. Tanto en homes coma en mulleres levarán 500 euros e trofeo para o primeiro; 300 euros o segundo; 250, o terceiro; 200 euros, o cuarto; 150 euros para o quinto e 100 euros para o sexto, sétimo e oitavo. Non optan a estes premios os relevos e as probas de promoción de categorías de menores. Tamén haberá un premio de 100 euros aos atletas que establezan un novo

récord de Galicia absoluto; no caso dos relevos o premio será para o club ou equipo que representen. Este premio é acumulativo. Os tres primeiros atletas de cada proba da categoría de menores recibirán un agasallo do organizador. 100 metros popular Previo ao meeting uns minutos antes das 10 mañá, hora de comezo do evento- celebrarase unha proba popular. Tratarase da carreira dos 100 metros e poderase inscribir calquera persoa que o desexe. Unha boa oportunidade para saber canto tempo se tarda en completar un hectómetro e de paso coñecer se se está preto ou lonxe de arrebrtarlle o récord do Mundo da distancia a Usain Bolt. Cada participante recibirá un diploma co seu tempo.

Haberá premio para as oito mellores marcas por xénero


12

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

POLIDEPORTIVO

As andainas solidarias de Cruz Vermella percorren a provincia 4 A primeira será no Carballiño o domingo 22 de maio. Redacción Un ano máis, Cruz Vermella organiza andainas solidarias en distintas localidades da provincia, así como sesións de zumba solidaria como alternativa para os afeccionados a esta actividade deportiva. O Carballiño celebrará a súa III Andaina Solidaria, o domingo 22 de maio. A ruta será de 11 km de baixa dificultade. Sairá ás 10.30 horas da Praza Maior. A inscrición é de 10 euros e inclúe dous boletos do Sorteo de Ouro. O venres 27 de maio a cita será en Ourense, a partir das 20.30 horas, con dous posibles percorridos de 6 ou 10 km, co obxectivo de que moitas familias se animen a participar nunha tarde distinta, combinando deporte, convivencia e solidariedade. A inscrición tamén ten un custo de 10 euros por persoa, que inclúe dous boletos para o Sorteo de Ouro, sorteo de agasallos e avituallamento. Os menores de 12 anos participarán de balde. As inscricións poden realizarse en Cruz Vermella, ou nos establecementos colaboradores: Redonet, Turini, Intersport Bouso, Centro Deportivo Eiroás de Serviocio e Armería O 21. Ademais, por segundo

ano consecutivo, haberá un concurso fotográfico en ruta. Máis andainas No mes de xuño Xinzo celebrará a súa II andaina solidaria o domingo 5. Os participantes, tras unha inscrición de 7 euros (que inclúe un boleto de Sorteo de Ouro), percorrerán parte da denominada “Ruta Franciscana”. Tamén Valdeorras está a organizar a súa terceira andaina para o domingo 3 de xullo, que congregará aos veciños da comarca nunha fermosa ruta que percorrerá os arredores do Barco. Neste caso a inscrición é de 6 euros (e inclúe un boleto do Sorteo de Ouro). Outras actividades O Ribeiro celebrará unha máster class de zumba solidaria e unha sesión de fitness o domingo 29 de maio na praza Maior de Ribadavia, grazas á colaboración do ximnasio Vila Fit. Neste caso a inscrición custará 5 euros por persoa (cun boleto do Sorteo de Ouro). Todas estas andainas xunto co Sorteo de Ouro son unha boa fórmula para colaborar con Cruz Vermella e practicar unha vida saudable.

salvamento

Andrea Bello, 7ª no Campionato de España 4 Ecequiel Quiroga foi 13º. Redacción Andrea Bello e Ecequiel Quiroga acadaron as finais do Campionato de España de salvamento acuático. O club Salvour estivo presente na cuarta edición esta competición nacional de salvamento acuático e Aberto Internacional de Madrid. Ecequiel Quiroga Ramos e Andrea Bello Armada foron os representantes ourensáns

neste evento que se mediron cos mellores españois e europeos. Bello realizou unha gran actuación, o que lle valeu para lograr clasificarse para a final júnior (final C) dos 200 metros obstáculos. logrando rebaixar a súa mellor marca persoal (2’29”00). Andrea foi sétima entre as júnior. En 100 metros de rescate combinado logrou a mesma posición, pero nadando na final B absoluta. Pola contra, en

50 metros de rescate de maniquí non puido clasificarse para as finais. Ecequiel Quiroga non foi quen de repetir a excelente actuación da edición anterior nos 200 metros obstáculos. Nesta ocasión foi 13º (cun tem-

4 Trátase dunha carreira que se disputa conxuntamente en 33 países. O atleta afincado en Ourense e pertencente ao club Celta, José Anto-

Requejo.

nio Requejo, proclamouse subcampión da Wings for Life Australia. Requejo foi convidado a participar nesta proba. Os corredores inician a carreira 30 minutos antes da saída dun vehículo -catcher car- que lles vai dando caza aos poucos. O ritmo do coche vai aumentando desde os 15 km/h (primeira hora da carreira), 16 km/h (segunda hora), 17 km/h (terceira hora), 20 km/h (cuarta hora) e 35 km/h (a partir da quinta hora).

Bello rebaixou a súa mellor marca persoal

Os integrantes do Salvour desprazados a Madrid.

Requejo, subcampión da Wings for Life Australia Redacción

po de 2’13” 33) nadando na final B e lonxe do seu récord galego acadado o ano pasado.

O español tivo unha dura pugna co seu rival Barry Keem, ao final vencedor da proba. Ata o quilómetros 50 estiveron xuntos, pero Requejo, con malas sensacións, quedou descolgado até que no quilómetro 57 agardou a que chegara o coche. Ningún outro rival foi quen de superar ao atleta do Celta. Contento pola experiencia o deportista quedou un pouco insatisfeito polo resultado. “Hoxe -polo pasado domingo- corrín, pero

non voei” e continuou cun desexo cara ao futuro, “agardo estar á altura no vindeiro Mundial de 100 km e igualar ou mellorar a medalla de bronce do pasado Mundial en Qatar”. Wings for Life Wings for Life é unha organización sen ánimo de lucro que destina todos os seus fondos á investigación das lesións da médula espinal. Organiza esta carreira que se disputa ao unísono en 33 países e 35 cidades. Requejo xa fora convidado a disputar a Wings for Life Turquía sendo o vencedor nesa ocasión.

“Corrín, pero non voei”, concluíu o atleta do Celta


ACTUALIDADE

Cinco medallas para Ourense no Nacional de badminton sénior

Ourense acolleu o Campionato de España sénior de badminton onde cinco medallas acadáronas os xogadores locais. Durante tres días disputouse este torneo que congregou a máis de 200 deportistas de todas as comunidades autónomas. Os ourensáns che-

gaban con serias opcións de lograr algún podio. Finalmente, foron catro pratas e un ouro. Mercedes Fernández logrou a medalla de ouro na categoría B2 en dobres feminino facendo parella con Pia Ane Sorensen. Fernández tamén logrou a prata en individual. As outras medallas fo-

“101 Peregrinos”

Partido do Campionato de España de badminton sénior disputado no Paco Paz. /I.OSORIO. ron as pratas de Miriam Fernández facendo parella con Cristina Lamas en dobres B1; Miguel Ángel Quiroga, en C1 que

foi segundo en dobres mixto con Gloria Latorre. E a última prata foi para Julio Fernández en super veterano plus.

Mercedes Fernández logrou o ouro en B2 dobre feminino xunto a Pia Sorensem

Tramo final para o Burgas na Copa 4 Os equipos cadete, infantil e xuvenil xogarán as semifinais da Copa Deputación. Redacción Disputáronse as últimas xornadas da Copa Deputación de voleibol na fase de grupos. En canto ao equipo cadete feminino Burgas IES Allariz enfrontábase co Dompa Brownie.

O Burgas caeu derrotado por un set a dous e agora agarda ao 21 de maio para disputar as seimfinais. O equipo infantil feminino de Concepcion Arenal xogou contra o eterno rival, Guillelme Brown, co que perdeu por tres sets a

13

4FIRMA INVITADA

4 Congregou a máis de 200 deportistas. Redacción

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

O pasado sábado 30 de abril tomaban a saída, na proba denominada os “101 Peregrinos”, numerosos ourensáns, entre os que se atopaban corredores e ciclistas do club de atletismo Esprintes Ourense. A proba, que consta dun percorrido con saída e chegada na localidade berciana de Ponferrada, trata de cubrir os 101 km aproximados cun máximo de tempo de 24 horas, en modalidade ultratrail ou bici de montaña. Gozando dunha paisaxe espectacular, pasa por localidades como Villalibre, Santalla, As Médulas, Puente de Domingo Flórez, Yeres e a dura subida a Ferradillo, que fai que a proba teña un desnivel acumulado próximo aos 8.000 metros; coa dificultade engadida de zonas con moitísimo barro onde os corredores meten os pés até o nocello, e os ciclistas ven impo-

sible facer rodar as súas máquinas. Compre destacar os numerosos voluntarios sitos nos diversos puntos de paso e avituallamiento, colmando de atencións a ciclistas e corredores. Na categoría de BTT representaron a este club ourensán Felipe Rodríguez e Felipe Iglesias, que na súa primeira participación conseguiron completalo en pouco máis de 11 horas e media, rodando todo o tempo xuntos. Na categoría de ultratrail, tomaron o saída tres corredores do club. Óscar del Campo foi o primeiro deles en chegar a meta despois de 16 horas; Maxi sería o segundo, completando a proba en 21 horas; e José Manuel Pérez “Xoma” tivo que abandonar cando xa se atopaba na metade do percorrido por problemas estomacais. Felipe Iglesias, do Esprintes Ourense, participante na proba de bicicleta

Partido do equipo cadete do Burgas IES Allariz. cero. O conxunto infantil remata terceiro polo que terá que xogar o 21 de maio contra o segundo clasificado en busca dunha praza para a final. O xuvenil do Concepción Arenal. ao igual que o conxunto infantil. rema-

tou na terceira posición tras vencer ao Dompa As Lagoas por 3-0. Xogará o 21 de maio contra o segundo clasificado as semifinais. As finais da Copa Deputación de voleibol disputaranse o 28 de maio.

Integrantes do Esprintes Ourense que participaron nos 101 Peregrinos.


14

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

ACTUALIDADE

“La Vuelta” deixará en Ourense 2 millóns de euros 4 É o retorno económico estimado pola organización do evento e a Deputación. Redacción

técnicos acreditados.

Canadá.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de “La Vuelta a España”, Javier Guillén, presentaron no Castelo de Maceda os datos referidos á repercusión económica e mediática que terá para a provincia de Ourense a celebración de catro etapas da 71ª edición da proba en territorio ourensán. Segundo destacou Javier Guillén, o retorno económico para a provincia en cinco días traducirase nuns ingresos mínimos de 2 millóns de euros, no que atinxe á hospedaxe, manutención, combustible e demais gastos que ocasiona a presenza das 2.500 persoas que integran a caravana da “Vuelta a España”, entre ciclistas, técnicos, persoal de apoio e de organización, seguridade e medios de comunicación, que contan xa con 1.198 xornalistas, fotógrafos e

Protagonismo A provincia de Ourense será a protagonista principal da 71ª edición da proba ciclista, pois o 10% do percorrido correrase por estradas ourensás, coa retransmisión da presentación no Balneario de Arnoia e a transmisión íntegra da primeira etapa, unha contrarreloxo entre o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño, dúas horas de televisión en directo para todo o mundo. A audiencia total estimada en España é de 2,3 millóns de espectadores, mentres que no ámbito internacional, o ano pasado 390 millóns de persoas de todo o mundo seguiron a “Vuelta a España” en 190 países, sendo os máis destacados desde o punto de vista promocional Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Noruega, Dinamarca, Italia, Estados Unidos e

Actividades Nos meses previos á disputa da ronda, realizaranse na provincia de Ourense varias actividades relacionadas, como “La Vuelta Júnior” e a reunión que se celebrará en xuño na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, na que se dará conta aos alcaldes dos concellos ourensáns polos que pasa a proba da repercusión promocional que significará para os municipios, coa presenza en medios de comunicación de todo o mundo. Unha reunión que servirá tamén para coordinar os dispositivos para o desenvolvemento da carreira.

Agárdase unha audiencia en España de 2,3 millóns de espectadores

1.000 cortaventos reflectantes para ciclistas 4 Comprometidos pola Xunta de Galicia. Redacción A Xunta de Galicia asinará un convenio coa Federación Galega de Ciclismo para distribuir 1.000 cortaventos reflectantes que contribúan á visibilidade destes deportistas nas estradas. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou nunha xuntanza co Delegado do Goberno en Galicia, a Dirección Xeral de Tráfico e representantes dos colectivos de ciclistas para coodinar actuacións de protección. Ethel Vázquez destacou que os cortaventos son a prenda máis axeitada para facilitarlles a práctica deste deporte e a ela se incorporán toda as medidas que indiquen os técnicos para garantir que os deportistas sexan visibles na estrada. Medidas A titular de Infraestru-

turas do Goberno galego tamén se reuniu, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ademais de co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, membros da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil e da Federación Galega de Ci-

O presidente da Deputación de Ourense e o directo de “La Vuelta a España” deron a coñecer a repercusión promocional e económica para a provincia.

A última xornada disputada ata agora do Open de España de BTT, que tivo lugar na localidade catalana de Sant Llorenç de Morunys (Lleida), caracterizouse polo intenso vento. Por parte do Academia Postal - Actyon, en júniors, Iván Feijoo rematou na cuarta posición.Carlos Canal, en cadetes, tamén rematou cuarto quedando ás portas do podio nunha moi boa carreira. Segundos O conxunto macedán,

Consenso A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso que redunden no beneficio de todos.

A conselleira de Infraesturtura, Ethel Vázquez, analizou a xuntanza co Delegado do Goberno, DXT e ciclistas.

Cuarto posto para Canal e Feijoo en Lleida Redacción

clismo coa fin coordinar medidas de protección para estes usuarios das estradas. Vázquez sinalou que os ciclistas son un colectivo de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 da Xunta de Galicia, no que se recollen actuacións concretas para a súa protección.

formado por corredores da súa escola de ciclismo, recollía o premio como segundo clasificado por equipos na anterior proba disputada en Valladolid; ademais, sitúanse tamén na segunda posición da clasificación provisional xeral. Mini BTT Arrancou a tempada galega de mini BTT onde os máis pequenos da Escola de Ciclismo JA Hermida de Maceda teñen postas grandes esperanzas. A primeira proba foi a disputada en Bembrive e na que os ourensáns lograron un total de 8 podios, a

cargo de Antía Martínez (cadete) e Noela Saa (infantil), que lograron a vitoria; así como Hugo, Marco, Martín, Aida, Saúl e Sara. Pablo Rodríguez O biker macedán tivo que retirarse na proba do Europeo de BTT celebrada en Husqvarna (Suecia), ao sufrir mareos e atoparse sen forza, despois de rematar a primeira volta entre os 10 primeiros.

Antía Martínez no podio.


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº140- Ano: VIII - 13 de maio de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

O COB, mellor equipo galego da pasada tempatada 4 Recibiu o seu premio na Gala do Deporte Galego celebrada no Teatro Principal. Redacción Celebrouse no Teatro Principal de Ourense a Gala do Deporte Galego na que se premiou aos mellores do ámbito deportivo autonómico na pasada tempada. O Ourense Provincia Termal (COB) recibiu o

premio ao mellor equipo galego tralo ascenso, na pista, á ACB en 2015. Ademais, tamén recibiron a súa distinción o Club Ciclista Maceda pola súa fantástica campaña; e o ximnasta Daniel Pérez Morales tivo unha mención especial. En canto aos medios de comunicación o

I Car Outlet, en Expourense 4 Ofertará vehículos kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man. Redacción Un total de 24 marcas dos 15 concesionarios acollidos a A.C.A.U.T.O. participarán como expositores no 1º Car Outlet que se celebrará do 20 ao 22 de maio en Expourense, e no que se reunirán máis de 300 coches con ofertas moi especiais.

Neste salón o visitante atopará vehículos kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos, a prezos a partir de 3.500 euros. Novidade Unha das principais novidades consiste en que o visitante poderá coñecer previamente a ficha técnica

semanal ourensán +Deporte tamén foi galardoado. Estes premios recoñecen publicamente aos máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que, este ano por vez primeira, se suma unha mención especial.

de cada vehículo exposto na feira a través da Fan Page oficial do evento https://www.facebook. com/CarOutletOurense. Esta ferramenta pretende aportar maior información e capacidade de análise ao comprador sobre as distintas ofertas que atopará posteriormente no recinto feiral. O horario de apertura do salón será o venres de 11 a 20.30 horas, o sábado de 10 a 20.30 e o domingo de 11 a 20 horas. Ademais, como en todas as feiras que organiza Expourense, quen se achegue a Ourense en tren poderá beneficiarse dun 35% de desconto.

O presidente e vicepresidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas e Gerardo Aragonés; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín; e coordinador de Negocio Institucional de Abanca, José Manuel Nogueira, na presentación do evento.

Os directivos do COB recollendo o seu premio da man do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa./M.REJO.

A Veiga acolle o “Grand Prix Race Edition” 2016 4 Os días 24 e 25 de xuño. Redacción O municipio da Veiga acollerá a proba deportiva e de habilidade “Grand Prix Race Edition” 2016. Organizada pola Deputación de Ourense e Qualité Sports Events, disputarase os vindeiros 24 e 25 de xuño coa participación de equipos de diferentes localidades de España. A proba consiste nun circuíto de seis quilómetros no que se intercalan diferentes obstáculos naturais e artificiais, ademais de probas de equilibrio, habilidade e axilidade mental que os participantes deberán resolver contra-reloxo e coa axuda dos demais compañeiros de competición. “Para participar no “Grand Prix” é necesario formar un equipo mixto de entre 6 e 12 inte-

grantes, que representará ao lugar de residencia da maioría deles”, explicou Serafín Martínez, coordinador do evento. A carreira disputarase mediante un sistema de quendas, tomando a saída 10 equipos cada 15 minutos. A efectos da clasificación xeral, o sexto clasifi-

cado de cada equipo será o que determine o tempo final do seu conxunto. A proba dos adultos será o día 25. E o 24 será a quenda dos máis novos. Participarán os nenos de 8 a 12 anos na categoría júnior, e de 13 a 17 anos na modalidade de promesas. Con equipos formados por entre 4 a 8 integrantes, que se enfrontarán a un circuíto máis curto e adaptado ás súas condicións. Competirán 10 colexios ou localidades. Inscrición Os interesados en participar poden inscribirse na web www.elgrandprix.es.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o deputado provincial de Deporte, Bernardino González; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o coordinador do Grand Prix, Serafín Martínez, presentaron esta competición.


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.