Bd138

Page 1

[ Páx. 2]

Tras gañar a Liga, o Campus loitará polo ascenso ATLETISMO

Páx.6

Chega o 6º “Correndo por Ourense”

XIMNASIA

Páx.7

O Pavillón brilla no seu torneo

FÚTBOL SALA Páx. 8-9

VOLEIBOL

Páx. 11

A Copa Xunta, para o Ourense Envialia

Ourense acolle a fase final galega

RALI

Páx. 14

Esta fin de semana, dúas citas co motor

O COB busca o playoff, aSemana UD celebra o ascenso Santa deportiva [Páx. 3 e 5]

O COB recibe en casa este venres ao Prat co obxectivo do playoff. / A UD Ourense celebra o ascenso a Primeira Rexional./ R.T. e C.D.

Número: 138- Ano: VIII -15 de abril de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 29 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 17 de abril. Os Carrís. Barbadás - Ribadumia. Terceira División. - Día 17 de abril. José Arjiz. Verín - Noia. 3ª D. - Día 17 de abril. Rozavales. Monterrei - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 17 de abril. Espiñedo. Arenteiro - Portonovo. RP. - Día 17 de abril. Oira. Ourense C.F. - Celta de Vigo. División Honra Xuvenil. - Día 17 de marzo. As Eiroás -17:00h-. Covadonga U.D. Ourense. 2ª Autonómica. - Día 17 de abril. Velle. UD Ourense - Tyde. Segunda División Galega. - Día 24 de abril. Calabagueiros. CD Barco - Silva. 3ª División. - Día 24 de abril. O Couto. Ourense C.F. - Vilalonga. Rexional Preferente. - Día 24 de abril. O Couto. UDO - Leiro. 2ª Rexional.

Baloncesto

- Día 15 de abril. Paco Paz - 21:00 h - COB Ourense Provincia Termal - Prat Joventut. LEB Ouro. - Día 16 de abril. Paco Paz -18:30 h- Cálidos Gallegos COB - Agustinos Leclerc. Liga EBA. - Día 16 de abril. Salesianos -20:00 h- Bosco Salesianos - Xiria. 1ª Autonómica. - Día 23 de abril. Campus - 16:00 h - Universitario Campus Ourense - Ferrol. 1ª Autonómica. - Día 24 de abril. Vedruna - 20:00 h - Codigalco Carmelitas - Neumáticos Sarria. 1ª Galega. - Día 24 de abril. O Pompeo - 20:00h -. Pabellón Ourense - Burela. 1ª División feminina.

Fútbol sala

- Día 16 de abril. Os Remedios -17:00 h- Ourense Envialia - Majadahonda. Primeira División. - Día 16 de abril. Os Remedios -19:30 h- Sala Ourense - Mosteiro Bembrive. 2ªB. - Día 23 de abril. Os Remedios - 17:00h -. Cidade As Burgas - Universidad de Alicante. Primeira División. - Día 23 de abril. Calabagueiros. Pizarras Los Tres Cuñados - Leis Pontevedra. 2ª División B.

RUGBI

O Campus loitará polo ascenso 4 Venceu na final polo título de Liga ao Ferrol por 42-7. Redacción O Campus Universitario Ourense Coosur loitará polo ascenso despois de vencer na final polo título ao Ferrol por 42 a 7. Os pasos vanse dando esta tempada. Primeiro lideraron a liga regular cedendo tan só unha derrota en toda a tempada. Despois lograron facerse co título tralas vitorias ante o Pontevedra en semifinais e contra Ferrol na final. Agora toca un último paso: o ascenso. Final Na final, os homes dirixidos por David Mon-

real non tiveron rival nos da cidade departamental e en ningún momento viron perigar a vitoria. Os afeccionados de ambos equipos encheron a bancada do campo das Lagoas. Na primeira metade os visitantes tentaron defenderse e aínda así os locais ao descanso dominaban 10-0. Na segunda metade non houbo cor e os ourensáns non tiveron piedade para dobregar aos ferroláns con contundencia: 42-7. Coa moral que dá o título ligueiro, o Campus buscará o ascenso á segunda categoría do rugbi nacional, á División de Honra B.

Atletismo

- Día 16 de abril. O Barco. Xogade II Xornada Previa Escolar en pista. - Día 23 de abril. Ourense. Xogade Xornada Interzonal Escolar en pista. - Día 24 de abril. O Vinteún -12:00 h-. VI circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

Balonmán

- Día 16 de abril. Anexo Os Remedios -17:30 h-. Balonmán Pabellón - Viña Costeira. 1ª Autonómica m.

Motor

- Días 16 e 17 de abril. I Ralimix concello de Piñor.

Fútbol gaélico

- Ata o 17 de abril. Campus -16:30 h-. Xornadas abertas fútbol gaélico.

No encontro ante o Ferrol, os ourensáns foron claramente superiores../PAULA LODEIRO.

Ngagne Faye proclamado campión../ARTAI.

O Club Artai brilla en Toledo 4 No I Open Nacional de Combate. Redacción

de bronce.

O Club Artai brilla no I Open Nacional de Combate (modalidades de Sanda, Semi-Sanda, Qingda y Shuaijiao) celebrado en Torrijo (Toledo). 19 competidos do Artai e Wushu/Kungfu Club Ourense estiveron presentes no torneo. Catro deles participaron na modalidade de exhibición infantil de Shuaijiao. En Shuaijiao (combate de derribos) Laura Varela e Ngagne Faye, colgáronse o ouro; Sara Álvarez, Rebeca Otero e Emanuel Álvarez, a de prata e Carlos Cid, Adrián García e David González a de bronce. En Semi-Sanda (combate de semi-contacto) Sara Álvarez e Emanuel Álvarez lograron o ouro; David Fernández e M. Silverio foron prata e David García, Miguel Canal e Carlos Cid, bronce. Na modalidade de Qingda (combate al punto) Laura Varela e David González lograron o primeiro posto; Iago González a medalla de plata e Raúl Martínez a

Sanda Na modalidade de Sanda (combate a pleno contacto), Moisés Feijoo (-60kg) logrou o bronce nun combate con moita polémica. O ourensán levou un golpe ilegal na caluga o que o levou a caer á lona. Repúxose pero as súas condición quedaron mermadas -vista nublada- perdendo aos puntos. Ngagne Faye (-70kg) mostrou a súa superioridade física e técnica logrando o ouro na final. Juan González (-75kg) logrou o ouro cunha superioridade táctica. Galego O 7 de maio chega o Galego de kung fu ao pavillón dos Remedios de Ourense. Este torneo será clasificatorio para o nacional da modalidade.

O galego de kung fu celébrase en Ourense o 7 de maio


BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

FÚTBOL

A seguir os pasos do masculino 4 A UDO pode ascender á Primeira Galega feminina. Redacción

Unha Unión Deportiva Ourense de Primeira Afeccionados e xogadores festexando na bancada do Couto o ascenso a Primeira./C. DOMARCO.

4 Dous anos despois da súa fundación a Unión Deportiva Ourense xa está en Primeira Rexional. R. Torres Sobraron cinco xornadas para que a U.D. Ourense logre ascender á Primeira Rexional nun partido contra o Arrabaldo no que tivo que remontar un 0-2 adverso. O exceso de confianza fixo que tiveran na mente a vitoria antes de xogar o

encontro, provocando que os unionistas estiveran a piques de aprazar un ascenso que tiñan na man. Pensaban que a vitoria estaba no peto antes de xogar o partido e case lles custa un disgusto esa crenza. O Arrabaldo, como un dos mellores equipos da competición que é, plantoulles cara e incluso foi

Julio Salgado nada máis marcar o terceiro tanto correndo cara a bancada./C. DOMARCO.

superior durante unha hora longa de partido. Ese dominio reflectiuse no marcador cun 0-2, goles de Pascual e Pica. Faltaban 20 minutos e todo facía supoñer que o ascenso quedaría aprazado alomenos unha semana máis. Pero este equipo o que sabe facer é sufrir, e tirando de raza tocou zafarrancho. Remontada Cristian Dacosta lograba recurtar diferenzas cun golazo pola escadra. Pero o protagonismo quedaría para Julio Salgado. O dianteiro saíra desde o banco e os dous seguintes goles levaron a súa firma. O do empate tras pase de Cristian; Salgado recurta ao porteiro e marca a pracer. A euforia desatouse cando rematou o encontro.

Omar centraba en diagonal a Xaco que ao ver a saída do porteiro rival fai unha vaselina que se queda a metade de camiño, pero nestas aparece Julio Salgado que so ten que empurrar o balón ás mallas. O ascenso estaba no peto. Afeccionados e xogadores fundíronse para festexar un ascenso, o segundo da curta historia da Unión Deportiva Ourense. Uns 1.400 afeccionados estiveron presentes na bancada do Couto para ver a un equipo que xa é de Primeira.

Uns 1.400 afeccionados presenciaron o partido

O equipo sénior feminino da Unión Deportiva Ourense ten moi encamiñado o seu ascenso á Primeira Galega de fútbol. Emulando ao equipo masculino logrará, case que con toda probabilidade, o ascenso de categoría. As mulleres dirixidas por Rubén García levan disputados 25 partidos dos cales 22 saldáronse con vitoria, 2 con empate e tan só cederon unha derrota. Esto fai que sexan primeiras con 68 puntos, cinco máis que o segundo (Portonovo) e, o que é máis importante, a 10 do terceiro (Rácing Vilariño). Cabe recordar que os dous primeiros equipos ascenden e o terceiro, a pesar de xogar unha

promoción de ascenso non sube de categoría. Á UD Ourense quédanlle cinco partidos por disputar, aínda que os seus perseguidores deben xogar un partido máis (seis). Sumando de tres en tres nas tres vindeiras citas sempre e cando Portonovo e Vilariño non perdan-, as unionistas celebrarían o ascenso. Tyde O primeiro dos escollos o teñen este domingo na casa (Velle, 12 horas) diante do Tyde FC. O equipo de Tui é sexto con 45 puntos. Rexistros Os números das ourensás é para quitarse o sombreiro. En 25 encontros suman 149 goles a favor e 15 en contra.

Elena Ferreiro regateando a unha rival do Rácing Vilariño no campo de Velle./C. DOMARCO.


BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

FÚTBOL / FÚTBOL GAÉLICO

fútbol

Derradeira xornada na División de Honra 4 O Pabellón mantén a categoría un ano máis e o Ourense CF descende. Redacción A Liga na División de Honra xuvenil chega ao seu fin coa disputa, esta fin de semana, da derradeira xornada (a número 30). Os dous equipos ourensás chegan a este desenlace con nada por decidir. O Pabellón Ourense manterá a categoría un ano máis, e o Ourense C.F. descende ao ano de ascender. Ningún dos dous o tivo doado pero finalmente soamente os pavillonistas cumpren o reto da permanencia. Pabellón O Pabellón é décimo con 32 puntos e a pesares de que ten a dous puntos o descenso ten asegurada a salvación, aínda perdendo. O enfrontamento entre Tropezón e Llano fai que esto sexa posible. O Tropezón ten os mesmos puntos que os ourensáns e o Llano ten 30. A vitoria dun deles faría que o outro quedara por detrás do Pabellón e o empate tamén deixaría ao Llano máis abaixo. Esta fin de semana visitan ao Oviedo. Ourense C.F. A cara negativa desta tempada a ten o Ourense Club de Fútbol. Nunha liga que puntuaba a arreóns finalmente non puideron saír das catro úl-

timas posicións e descenderán de categoría. Os ourensáns son os pechacancelas con 23 puntos e xa consumaron a pasada xornada o descenso. Só lles queda disputar a última xornada diante da súa afección para despedirse da División de Honra. O encontro terá lugar este sábado ás 16:30 horas no campo municipal do Couto. O rival será un Celta de Vigo que non se xoga nada. Deixar un bo sabor de boca neste encontro e pensar na vindeira campaña é o que lle queda aos ourensáns. Terceira División Na Terceira División quedan cinco xornadas para que remate a liga e os conxuntos ourensáns teñen distintos obxectivos. A tendencia positiva das últimas xornadas levou a que o Barco loite por entrar na promoción de ascenso. O ten difícil xa que

están a cinco puntos do cuarto e quedan 15 puntos por disputar, pero os barquense o loitarán ata que as matemáticas digan o contrario. O Barbadás que comezou moi ben está a atravesar un mal momento que o fai mirar cara abaixo. Co Compostela practicamente descendido de Segunda B a Terceira o arrastre fai que baixen a Preferente cinco en vez de catro equipos. Isto fai que os dos Carrís non teñan asegurada a permanencia xa que teñen a dous puntos ao quinto pola cola. E o terceiro equipo ourensán, o Verín, é o que está na situación máis delicada. Antepenúltimos con 31 puntos teñen moi complicada a permanencia en caso de que se consume o descenso do Composela. Cinco xornadas para despexar todas as dúbidas en Terceira.

Fútbol gaélico para todos 4 Ata o 17 de abril xornadas de portas abertas no Campus universitario de Ourense. Redacción O Club Auriense F.G. está a ter durante esta semana e ata o 17 de abril xornadas de portas abertas de fútbol gaélico. O que se pretende é dar a coñecer este deporte, novidoso na cidade, e ter adeptos para que creza o número de practicantes. Por iso nas instalacións deportivas do Campus de Ourense celebran estas

Actividades Este venres adestrarase ás 14 horas no campo universitario. Para o sábado toca o partido feminino (14:30 h) e o posterior terceiro tempo no Café Bar Miguel -praza do San

Martiño-; a partir das 18 horas celebración da festa do gaélico no Renque (zona universitaria). E o domingo, partido da Liga mixta a partir das 16:30 horas; co terceiro tempo no Renque.

Adestramentos, faladoiros e vídeos durante as xornadas

Integrantes dos dous equipos do Auriense Fútbol Gaélico.

Discreta actuación do Auriense no Torneo Ibérico 4 Sétima e oitava posición para o masculino e feminino, respectivamente. Redacción

Partido entre o Pabellón e o Ourense CF. /ARQUIVO.

xornadas. Adestramentos abertos, vídeos do deporte e faladoiros será a oferta para todo aquel que queira coñecer este deporte.

A pasada fin de semana disputouse no concello da Estrada o Torneo Ibérico de fútbol gaélico, no que se deron cita os equipos galegos. Os equipos

buscaban o pase ao Campionato final en Madrid, así como a clasificación para a Copa a disputar en Valencia. En canto ao cadro feminino, non puido revalidar o cuarto posto obtido na

Coruña. Finalmente conformáronse coa sétima posición. Para as xogadoras sabe a pouco debido aos bos resultados das últimas semanas. Pola parte dos rapaces, melloría en xogo e resultados do equipo masculino, quedando oitavo na competición, e competindo con rivais de división superior. Bo camiño Pouco a pouco, os equipos do Auriense aséntanse na competición e poden competir para obter resultados positivos con todos os equipos galegos, pese a ser o primeiro ano que xogan.


BALONCESTO

Que continúe a festa! Kyle Rowley atrapando un rebote ante dous defensores e coa atenta mirada do seu compañeiro Jonathan Barreiro. /RAMSÉS.

4 O Ourense Provincia Termal ten a oportunidade de xogar un novo playoff de ascenso. R. Torres O Ourense Provincial Termal (COB) ten a oportunidade de xogar por segundo ano consecutivo un playoff de ascenso. A pesar de ter, a priori, asegurada praza de ACB a vindeira campaña, os homes de Gonzalo García de Vitoria queren que se prolongue a tempada e non remate este venres. O Pazo dos Deportes Paco Paz será o escenario do último partido da liga regular do COB nesta tempada. O encontro dará lugar o venres ás 21 horas e o Prat será o rival. O filial do Joventut está nunha situación complicada polo

que chegará para sumar unha vitoria que lle faga salvar a categoría. O triunfo en Ourense asegúralle a permanencia, unha derrota fará que agarden o que fagan Navarra e Lleida, os outros dous implicados na loita por non descender. Pola contra o COB ten ante si o feito de poder xogar un playoff de ascenso que por xogo e evolución o merecen. Unha vitoria cobista faría que o equipo xogara a promoción como sétimo ou oitavo clasificado; evitando deste xeito ao temido Melilla (máis polo viaxe que polo equipo en si). Incluso a derrota podería non ser inconvinte para

que os ourensáns xoguen o playoff; sempre que Cáceres perda contra Burgos. Palencia O que está claro é o título de Palencia ao vencer a pasada xornada ao COB por 78 a 65; outra cousa será o ascenso á ACB. Ninguén aposta por que os palentinos estean a vindeira campaña na Liga Endesa. Outra posición xa asegurada é a do subcampión. Melilla será segundo o que o levará a ter o factor cancha a favor en todas as roldas de playoff que dispute. Entradas Para este partido tan

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

transcendental o club pon o prezo das entradas de adultos e xoven a cinco euros; os de 5 a 15 anos pagarán un só euro. Esta iniciativa a toma a xunta directiva co fin de encher as bancadas neste derradeiro partido de liga regular. Tamén serán invitados colexios da cidade para que o Pazo teña unha boa entrada.

O Campus xógase o título diante do Ferrol

Ourense Portea A Asociación Ourense Portea terá un stand durante o encontro para informar sobre o seu traballo en favor dos refuxiados. Tamén recollerán material que precisan para a súa causa. O que máis precisan é: comidas envasadas, material sanitario e hixiénico, material escolar, entre outras cousas.

O Campus Ourense ten na súa man proclamarse campión da Primeira División Autonómica de baloncesto feminino. Tan so ten que gañar ou perder por menos de sete puntos diante do Star Center de Ferrol -no partido da primeira volta o resultado fora de 53-46 favorable ao Campus-. Esta fin de semana remata a Liga e o Campus é primeiro seguido do Star Center; con sete e seis vitorias, respectivamente. O partido disputase no

Venres, 21 horas Paco Paz: COB - Prat

4 Perder por menos de sete puntos lles vale ás ourensás. Redacción

Ferrol e as departamentais terán a vantaxe de xogar diante do seu público. Grupo 2 No grupo de Primeira que loita por non descender están o Carmelitas e o Pabellón. Neste grupo faltan tres xornadas para que finalice a competición. O Carmelitas está instalado na terceira posición coas mesmas vitorias que o primeiro (Burela) e o segundo (Calasancias). Por outra banda o Pabellón ocupa a penúltima posición (sexto) con dúas vitorias, unha máis que o último (Porriño).

En caso de vitoria o COB pode rematar sétimo ou oitavo evitando no cruce ao Melilla A derrota pode valer para entrar en playoff se perde Cáceres ante Burgos

Partido do Carmelitas contra o Calasancias no polideportivo Vedruna. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

EN BREVE

4 Europeo A atleta veterana do Ourense Atletismo, Emilia Mesa, participou no Campionato de Europa de atletismo indoor veterán celebrado en Anconoa (Italia). A ourensá logrou subirse ao podio no lanzamento de xavelina (500gr) acadando o subcampionato europeo cun mellor intento de 29,91 metros. Tamén participou en lanzamento de peso (3kg) sendo sexta e en salto de lonxitude onde rematou quinta.

4 Nacional O atleta xuvenil do Ourense Atletismo, Jesús Álvarez Teijeiro, vén de acadar a medalla de bronce no Campionato de España de Fondo en Pista – Trofeo Ibérico, disputado na localidade portuguesa de Maia. Álvarez estivo nos postos de cabeza durante todo momento ata que a falta dun quilómetro Annasse Mahboub distanciouse, sendo finalmente o vencedor. O ourensán rematou a tan só un segundo do segundo posto, acadado por Víctor Illera.

ATLETISMO

Chega a sexta edición do “Correndo por Ourense” 4 Dende o Consello Municipal de Deportes agardan superar os 1.466 participantes do ano anterior. Redacción O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha nova edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. O concelleiro de Deportes, Mario Guede, e a coordinadora, Marta Míguez, xunto con varios colaboradores presentaron a sexta edición deste certame. O certame chega á súa sexta edición agardando que aumente o número de participantes. En 2015 foron 1.466 (480 mulleres e 986 homes). Parte da recadación obtida polas cotas de inscrición de 2015 (785 euros) foi donada a Autismo Ourense. Carreiras O circuíto está forma-

do por seis probas, todas en horario de mañá a partir das 12,00h, agás a do

Couto, que será nocturna (22,00h). A primeira delas será o domingo 24 de abril

Diz e Teijeiro venceron en Xinzo 4 Gómez e García na Veiga.

4 Santiago García remata no posto 128 no maratón celebrado na capital francesa.

Xinzo de Limia e A Veiga acolleron unha popular e un trail, respectivamente. En Xinzo os máis rápidos foron o local Rubén Diz e Sonia Teijeiro. No podio masculino acompañaron ao limiao Luis Iglesias (segundo) e Saturnino González, terceiro. Tras Teijeiro segunda foi Vicky Losada e terceira Marina Losada. Por relevos, o equipo “Correcaminos” foi o máis rápido. A Veiga Se en Xinzo o tempo non acompañou, na Veiga a neve fixo acto de presenza nas cotas máis altas da

carreira. O trail de Trevinca que era valedeiro para o Campionato de Galicia deixou a club Adas O Barco como o dominador. Elpidio Gómez, Iván Fernández e Sergio Alonso coparon o podio masculino; Maribel García e Margo Macía fixeron primeira e segunda en categoría feminina.

Proba escolar en Xinzo./ RAMSÉS

Inscrición As inscricións pódense realizar xa na páxina web do Consello Municipal

Marta Míguez, coordinadora desta actividade, e Mario Guede, concelleiro de Deportes, presentaron a edición 2016 do “Correndo por Ourense”./RAMSÉS.

Un ourensán en París

Redacción

no Vinteún, a segunda o sábado 21 de maio no Couto; a terceira o 26 de xuño, no Centro; o 4 de setembro a cuarta proba percorrerá a zona universitaria; o 25 de setembro terá lugar a carreira da Ponte e a última será o 23 de outubro na Carballeira.

P.L. O corredor do Burgas Ourense Atletismo Santiago García finalizou no posto 128 a 40ª edición do Maratón de París, que se disputou o pasado 3 de abril. García fixo un tempo de 2:42:14 (o vencedor da proba, o keniata Cybrian Kotut rematouna en 2:07:11), converténdose nun dos primeiros españois en cruzar a meta. Pero Santiago García non estivo só en París. Outros cinco corredores o acompañaron nesta expedición: Emilio Vázquez (2:54:30), Diego Mar-

tínez (2:57:26), Antonio Vázquez (3:08:04), David Carnero (3:08:04) e o debutante Juan Manuel López (3:30:49). García é corredor habitual tanto de probas populares, como doutras máis esixentes como maratóns ou ironmans. Con máis de 20 maratóns ás costas, o seu mellor tempo son as 2 horas 39 minutos que conseguiu o ano pasado en Valencia. Esta era a primeira vez que corría na competición parisina e amosouse “contento” co seu resultado. “Creo que estaba para facer menos tempo pero entre os

problemas físicos que tiven e que a carreira era máis dura do esperado non puiden mellorar a marca”, explicaba. Da proba destacou o ambiente “é un maratón espectacular porque hai moitísima xente (250.000 espectadores seguindo a carreira nas rúas de Paris)”. Tamén, a boa organización

A inscrición ten un prezo de 7 euros para as categorías júnior en adiante de Deportes www.deportesourense.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir o luns seguinte a cada proba. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2010 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior (1993 e anteriores), e veteranos, en 4 categorías; ata 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. O prezo é de sete euros para as categorías júnior en diante. Para as categorías escolares, de balde. Colaboradores O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

e o altísimo número de participantes (46.000 tomaron a saída, preto de 42.000 finalizaron): “o percorrido está todo cheo de corredores, que é moi raro nun maratón, porque son 42 quilómetros”. Agora toca descansar, e o próximo reto, un Ironman en Vitoria no mes de xullo.

Santiago García durante a carreira./CEDIDA.


XIMNASIA

O Pavillón brilla no seu torneo 4 Logrou numerosos podios no VIII Torneo de Primavera. Redacción O Club Ximnasia Pavillón volveu triunfar no Torneo de Primavera que este ano chegaba a súa oitava edición. Preto de 400 ximnastas de 19 clubs de toda Galicia participaron neste evento que fixo que se encheran as bancadas da central dos Remedios. Na xornada de mañá fixeron as delicias dos presentes as ximnastas de promoción-base en modalidades individual (tan só as categorías iniciación e prebenxamín) e conxuntos (prebenxamín, alevín, infantil e xuvenil). As pavillonistas lograron cinco ouros (tres deles en conxuntos), unha prata

e un bronce. Na xornada vespertina realizouse a competición individual de nivel absoluto, nas categorías infantil, júnior e sénior, as que mostraron os exercicios

cos que competirán o vindeiro domingo en Vigo para acadar unha praza para o nacional. A maioría de podios foron para os clubs Acordes e Pavillón Ourense. Exhibicións Tamén houbo exhibi-

cións durante o torneo. De escolares, grupos de ximnasia xeral e rematando cada unha delas cunha espectacular exhibición de danza, coreografiada pola profesora de ballet do Club Ximnasia Pavillón, Irina Iembergnova, ucraína.

As ximnastas mostraron as coreografías coas que competirán en Vigo este domingo para clasificarse para o Nacional

Sabela de Martín do CxP realizando o seu exercicio de pelota./P. LODEIRO.

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

Tres medallas ourensás no Europeo 4 De ximnasia de trampolín de Valladolid. Redacción Os ximnasta do Pontevedra - Burgas Ourense, Yael Campelo, Daniel Pérez e Alex Cid lograron colgarse a medalla por equipo no Campionato de Europa de ximnasia de trampolín celebrado en Valladolid. España logrou un total de sete medallas superada unicamente por Rusia, Gran Bretaña e Bielorrusia. Participaron 800 deportistas de 5 países dos cales oito eran galegos, ademais dos técnicos Isaura Hermida, de Ourense, e o pontevedrés Pablo Hinojar.

Yael Campelo logrou o subcampionato de Europa por equipos en categoría absoluta feminina dobre minitramp; esta era a súa primeira cita internacional coa selección absoluta. Alex Cid, en júnior, tamén se colgou a medalla de prata co seu grupo e Daniel Pérez (absoluto masculino) acadou o bronce xunto aos seus compañeiros. A gran sorpresa foi o título de campioa de Europa de Melania Rodríguez en dobre minitramp júnior.

España logrou sete medallas


BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

FÚTBOL SALA

4A FINAL EN IMAXES

A Copa, para o Envialia

Os dous conxuntos demostraron o bo fútbol sala feminino que emana de Ourense./RAMSÉS.

4 Ourense Envialia e Cidade As Burgas disputaron unha final que encheu as bancadas dos Remedios. O Cidade adiantouse no casilleiro en dúas ocasións durante o encontro. Así o festexaban as xogadoras./R.T.

R. Torres A Copa Xunta de fút-

bol sala foi para o Ourense Envialia logo de vencer ao Cidade As Burgas

por 3-2. Os dous equipos ourensáns disputaron unha final que encheu as

As remontadas do Envialia non se fixeron agardar, unha delas foi celebrada por Anita ante os seareiros rivais./R.T.

A maior tensión, lamentablemente, viviuse na grada. A Policía Local interviu por un pequeno enfrontamento./R.T.

Sara Moreno (do Envialia) e Iria Saeta (do Cidade) disputando un balón./ RAMSÉS.

bancadas dos Remedios. E n canto ao partido, o típico dunha final: pouco xogo, moita emoción. O Envialia quería madurar o encontro, mentres que o Cidade esperaba a súa oportunidade. O técnico do Ourense Envialia, Chipi, buscou cansar ás rivais poñendo unha liña de presión moi arriba, cedéndolles o balón e asfixiando a saída do esférico. O fondo de armario permitíalle cambiar de xogadoras cada pouco para manter a intensidade ao longo dos minutos.


FÚTBOL SALA

Na segunda metade o Cidade demostrou síntomas de cansanzo O adestrador do Cidade As Burgas, Manolo Codeso, buscaba chegar rapidamente a área rival. Con estas chegaba o primeiro tanto, obra de Vanessa Sotelo, quen aproveitou

un fallo da zaga rival. Antes do descanso, Sara Moreno -noutro erro defensivo- poñía o empate a un tanto co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade e co paso do tempo o Cidade mostraba síntomas de cansanzo. Empezou a padecer, o feito de contar con dúas xogadoras de banco; pola contra o Envialia continuaba rotando ás

xogadoras. Porén foi María Arias a que faría o 1-2 para o Cidade á saída dun córner. Pouco lle durou a ledicia ás franxiverdes. Outro córner, nesta ocasión na área contraria, introducíao Ana Lastra na súa propia porta para devolver as táboas ao electrónico. Un minutos despois, Rosángela -novamente de córner- dáballe a volta ao marcador (3-2). O Cidade non baixaría os brazos e tentouno ata o último suspiro, pero a Copa xa tiña dono. O Ourense Envialia lograba un novo título da Copa Xunta; o Cidade terá que agardar outra ocasión. Incidentes Os partidos entre Envialia e Cidade sempre teñen un compoñente de rivalidade; e este non foi menos. A pesar de que nos últimos anos a tensión baixou considerablemente, o certo é que cando un título está en xogo a derrota é máis dolorosa que noutro tipo de encontros. Ademais, se nas bancadas hai 2.500 persoas é típico que se coe alguén que non sabe gozar dun evento destas características. Corría a segunda parte cando as dúas afeccións -as dúas

3 Á esquerda, Vanessa Sotelo (do Cidade As Burgas), que asinou o primeiro tanto do seu equipo (e do encontro) pero rematou o partido expulsada.R.T.

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

2.500 persoas non quixeron perderse esta festa do fútbol sala non, cinco persoas dun lado e catro doutroenzarzáronse nunha discusión que non foi a máis

Ana e Iria, pupilas de Manolo Codeso, consolándose tralo asubío final./R.T. porque interviu a forza pública. Un conato de pelexa que non se pode permitir aínda que sexa iso, un conato. Desde o primeiro partido en que coincidiron en División de Honra no que a tensión se trasladou

ás bancadas non pasara tal ata este partido. Durante estes anos a tensión rebaixarase e soamente había os típicos piques entre adestradores e xogadoras; nada malo cando se trata de encontros entre dous equipos de tanta rivalidade. Pero as trifulcas nas bancadas teñense que erradicar aínda que sexan casos illados.

O Envialia logrou remontar ata en dúas ocasións. O Cidade agardaba dar a sorpresa e facerse coa súa primeira Copa Xunta

5 Anita (do Ourense Enviala), foi unha das xogadoras máis destacadas do equipo que dirixe Chipi.R.T.


10

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

FÚTBOL SALA

Vitorias de Cidade e Envialia

A espiral negativa do Sala Ourense

4 Os dous equipos ourensáns volven vencer.

4 O Pizarras Los Tres Cuñados mantén unha dinámica positiva.

R. Torres Trala disputa da Copa Xunta os dous equipos ourensáns de Primeira División caeran derrotados. O Envialia perdera na casa diante do Alcorcón (1-2) e o Cidade caera na cancha do Valdetires Ferrol (7-2). Unha semana despois a moeda virouse cara para os dous conxuntos da nosa cidade.

o quinto no ecuador do segundo tempo. Cando o Orvina xogaba de cinco, Ana -desde propia porta- facía o 6-2 e un minuto despois Sonia o 7-2. Co partido encarrilado para as de Manolo Codeso as navarras maquillaron o marcador con dous goles máis para deixar o definitivo 7-4. O Cidade ocupa a oitava posición con 32 puntos.

Cidade As franxiverdes xogaban na casa diante do Orvina logrando unha cómoda vitoria grazas ao póquer de goles de Iria Saeta. A pesar de que comezou marcando as locais, as visitantes foron quen de darlle a volta ao marcador. Pero antes do descanso María Arias e Iria Saeta devolveron a vantaxe ás ourensás. Nada máis comezar a segunda metade de novo Iria facía o catro dous. A mesma xogadora lograba

Envialia O Ourense Envialia visitaba ao Poio coa idea de sacar os tres puntos e seguir comodamente na cuarta posición. A pesar de que as locais xogaron de tí a tí diante das ourensás, o certo é que a maior pegadas das albinegras fixo que se levaran os tres puntos. Antes do descanso o equipo dirixido por Chipi xa dominaba por 0-3 (Chiqui, Marta e Espi). Na reanudación con so tem-

R. T.

María Arias disputando o balón cunha xogadora do Lactrale Orvina de Navarra./ P. LODEIRO. porizar o xogo e dous goles máis (obra de Chiqui e Sara Moreno) fixeron que as ourensás amarraran tres puntos máis. O Envialia mantén a cuarta posición con 48 puntos, seis máis que o seu inmediato perseguidor, Universidad de Alicante. Vindeira xornada Este sábado 16 de abril dispútase a xornada nú-

mero 24. O Cidade visita ao Rioja, mentres que o Envialia recibe ao Majadahonda (17 h, central dos Remedios).

Este sábado nos Remedios o Ourense Envialia recibe ao Majadahonda

Pabellón - Ribeiro, na última xornada Redacción A Primeira Autonómica masculina de balonmán pecha a liga regular esta fin de semana. E o fai cun duelo ourensán entre o Pabellón Balonmán e o Viña Costeira Ribeiro. O encontro terá lugar este sábado ás 18:30 horas no anexo dos Remedios. Os do Ribeiro son cuartos mentres que os ourensáns, quintos. A diferenza de cinco puntos a favor do Viña Costeira fai que este partido non modifique a clasificación entre eles dous. En canto á Primeira Autonómica feminina esta xa chegou ao seu fin. O Pabellón Ourense foi décimo con nove puntos e o Campus rematou undécimo con sete.

Partido do VI Torneo de balonmán veterán “Cidade de Ourense”./ P. LODEIRO.

VI Torneo balonmán veterano Celebrouse a pasada fin de semana no pavillón dos Remedios a sexta edición do Torneo de balonmán veterano “Cidade de Ourense”. Dos oito equipos participantes resultou vencedor o conxunto La Salle de Valladolid. Os de Pucela venceron nunha apretada final ao Lalín (16-17). Terceiro quedou Aveiro que gañou na final de consolación a Corvera (11-15). O conxunto anfitrión do Sergave Ourense tívose que conformar coa última posición ao perder na loita polo sétimo e oitavo posto contra o Valladolid por 12 a 8. Na loita polo quinto e sexto posto Madrid venceu a Muralla de Zamora por 17-6.

Non está a atravesar un bo momento o Sala Ourense Prolsport. Aos resultados negativos únese unha crise institucional que derivou na dimisión do presidente, Julio Prol e do vogal, Óscar Vivián. En canto ao deportivo, vén de sufrir unha nova derrota fóra da casa ante

do Albense (7-1). Este domingo recibe ao Mosteiro Bembrive nos Remedios ás 12 horas con poucas opción de lograr a permanencia. Pizarras Quen si está nun momento doce é o Pizarras Los Tres Cuñados. Os barquenses venceron por 7-2 ao Benavente e ocupan a quinta posición.


POLIDEPORTIVO

Saúl López rematou sexto en categoría elite

O ciclista júnior Iván Feijoo durante a proba disputada no país veciño./CEDIDA.

ciclismo

Vitoria de Feijoo na Taça de Portugal 4 Venceu na proba disputada en Valongo. Redacción O biker do Academia Postal - Actyon, Iván Feijoo -categoría júnior-, volveu a saborear a vitoria.

Nesta ocasión foi na Taça de Portugal disputada na localidade lusa de Valongo. Tras unha dura pugna co campión portugués

durante a primeira volta o ourensán lograba dominar a proba acadando unha vitoria que o leva a sumar uns valiosos puntos para o campionato. Finalmente sacáballe na liña de meta dous minutos ao seu máis inmediato perseguidor. En categoría elite, Saúl López remataba sexto nunha proba de categoría C1 internacional. López sumou importantes puntos codeándose cos mellores especialistas portugueses. Ferrol Arrincaba no Ferrol o Open de Galicia de BTT onde o equipo macedán logrou sete podios, dos cales tres foron primeiros postos. Abel Franco en júniors e Carlos Canal e Antía Martínez, en cadetes, lograron a vitoria. Román Saa (júniors), Hugo Vázquez (cadetes), Raúl González (sub23) e Xiana Conde (elite) serían terceiros.

O Club Voleibol Ourense rematou segundo en Tive 4 O CVO foi segundo en categoría júnior no internacional celebrado en Portugal. Redacción 27 xogadoras do Club Voleibol Ourense participaron no Torneo Internacional Tive 2016. Celebrado na localidade

portuguesa de Esmoriz (Portugal). Tres foron as categorías que tiveron representación ourensá e que participaron no evento do 22 ao 26 de marzo. O presidente do

club, Pablo Pérez, formou un equipo de infantís que participaron en categoría U14; un de cadetes, en categoría U16 e un xuvenil e outro sénior de primeiro ano que formaron parte da

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

Ourense acolle a fase final galega de voleibol 4 En categoría xuvenil. Redacción Este domingo 17 de abril celébrase en Ourense a fase final xuvenil galega de voleibol; tanto en categoría masculina coma feminina. O Pazo dos Deportes Paco Paz será a sede deste evento que terá como representantes ourensáns ao CVO Followus TV (categoría feminina) e

o Burgas Volei (categoría masculina). Rivais En canto á categoría feminina o CVO followUS TV terá como rivais ao Pulpeira Tres Puertas X. Teis (Vigo), Mel-Fror Emevé (Lugo) e Zalaeta (A Coruña). Na masculina o Burgas estará acompañado nesta fase final do Voleibol

Lucía, Paola e Alejandra, novas fichaxes do Emeve.

categoría U21. O CVO xogou contra outros equipos procedentes de Francia, Irlanda, Angola, España, Turquía, Hungría e o país anfitrión, Portugal. O equipo júnior non puido repetir o triunfo do ano pasado pero si logrou xogar a final, rematando subcampión. Este foi o cuarto ano do club neste torneo; para as infantís e as cadetes foi a primeira experiencia no “Tive”.

11

Dumbría, Emevé (Lugo), Calasancias (A Coruña). Ás 10 da mañá comezarán as semifinais onde as xogadoras do CVO Followus TV enfrontaranse ao Zalaeta; a outra semifinal feminina será entre o Emeve Lugo e o Xuvenil Teis. O Burgas Volei xogará ante o Calasancias nunha semifinal masculina sendo a outra o Emeve Lugo - Dumbría A loita polo terceiro e cuarto posto comezará ás 15 horas. A final feminina disputarase ás 17 horas e a masculina ás sete. O obxectivo dos dous equipos ourensáns e tentar meterse nas respectivas finais; unha vez alcanzado o obxectivo buscarán o título. Algo que se presume complicado aínda que non imposible. Emeve O equipo feminino do Emeve fixo fichaxes sonados para esta fase final. As lucenses contarán nas súas filas con xogadoras da selección sub18. Lucía Prol (canterana do Emevé), Paola Martínez e Alejandra Olalla estarán presentes nesta cita coa camiseta do conxunto lucense.

Xogadoras xuvenís e sénior de primeiro ano que participaron en categoría U21. /CEDIDA.


12

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

POLIDEPORTIVO

Ciurana, décimo terceiro en Sabadell

Podio para Dopereiro e Bello

4 Celebrouse a segunda xornada da Copa Deputación de natación.

4 Na primeira xornada da Liga galega de salvamento e socorrismo.

R.T. O nadador do Club Natación Pabellón Ourense, Marc Ciurana, participou do 19 ao 22 de marzo en Sabadell nos XVII Campionatos de España Open Absoluto de Primavera. Moitos dos nadadores que estiveron presentes buscaban mínimas para asistir aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Ciurana participou nas probas de 400 estilos e 200 braza. Nesta última proba alcanzou a décimo terceira posición nadando na final B e logrando mellorar os seus tempos nas series preliminares. O nadador do CNPO realizou unha gran carreira sendo segundo no segundo e no

terceiro longo, a escasas décimas do primeiro. Copa Deputación Xa se disputaron dúas xornadas da Copa Deputación de natación. Laura Pimentel e Alberto Taboada lideran a clasificación provisional. Cada nadador ten que participar en catro probas en cada xornada, polo que este torneo premia os nadadores máis completos.

A Copa Deputación premia os nadadores máis completos

Redacción Ata 12 deportistas do club Salvour acudiron á primeira xornada da Liga galega de salvamento e socorrismo en augas abertas. Ángela Dopereiro e Andrea Bello lograron situarse no podio. Dos 12 deportistas, seis participaron nas categorías para maiores e os outros seis nas de escolares. Os maiores lograron todos entrar nas finais. A mellor de todas foi Ángela Dopereiro que logrou a segunda posición en bandeira sénior, sendo Andrea Bello

terceira na mesma proba pero en júnior. En bandeiras tamén tiveron unha boa actuación Rocío Elina, quinta, e Lucas Álvarez, oitavo sénior. En carreira con táboa de salvamento Silvia Quintela foi sexta xuvenil, Andrea Bello, oi-

4 Trala primeira xornada.

Nadadoras nunha proba da Copa Deputación./ RAMSÉS.

O pasado sábado 2 de abril a piscina Pedro Escudero do Pavillón dos

EN BREVE

Escolares Roi Naranjo foi quinto en nadar surf, Ignacio Delgado, undécimo e Martín Merinov, 32º. En catetes tamén participaron Samuel Iglesias e Daniel Carnero que non lograron meterse entre os 16 finalistas. Oitavo foi o relevo de sprint de praia cadete formando por Roi Naranjo, Martín Merinov, Samuel Iglesias e Nacho Delgado. A debutante Eva Espinosa logrou o posto número

O Galmédica Ourense rematou en segunda posición da Liga de 3ª División de tenis de mesa. Os ourensáns non puideron alcanzar o Monte Porreiro, que finalmente se levou o título. Agora toca estar pendentes da Federación Española no que se refire ao número de prazas de ascenso a 2ª nacional.

Equipo do Salvour que participou en Sanxenxo.

Quiroga e Bello lideran a Copa Deputación Redacción

tava e Ecequiel Quiroga, décimo.

Remedios acolleu a primeira xornada na Copa Deputación de salvamento e socorrismo. Nesta primeira cita os

depostistas participantes enfrontáronse ás probas de natación con obstáculos. Destacada, como case sempre, foi a actuación de Ecequiel Quiroga Ramos e Andrea Bello; os dous nadadores comezaron liderando a clasificación desta Copa Deputación. Os resultados máis destacados foron: Sergio Iglesias, primeiro en benxamíns; Zaira García e Hugo Estévez, en alevíns; en infantís, Eva Feijoo e Martín

4 Tenis de mesa

4 Taekwondo Esta fin de semana celébrase en Benicassim (Castellón) o Open de España de taekwondo con representación ourensá. Esperanza Fernández compite na modalidade de técnica, categoría máster 1; María Ferreiro e Ainoha García debutarán na categoría cadete de combate e Andrés Álvarez farao en categoría sénior, peso mosca.

Merinov; Nerea Rodríguez e Daniel Carnero foron os primeiros en cadete; en absoluto (xuvenís, júnior, sénior e máster) lograron o primeiro posto Andrea Bello e Ecequiel Quiroga. Resto de xornadas En maio disputarase a segunda xornada coas probas de aletas e en xuño turno para a terceira xornada de rescate de manequín. A cuarta xornada tocarán as probas de socorristas.


NOVAS

Orientación no Carballiño 4 A acolle o Campionato Galego universitario de orientación pedestre. Redacción Este sábado 16 de abril o parque Municipal do Carballiño, o paseo fluvial do Arenteiro e arredores serán os lugares onde se celebre o Campionato Galego universitario de orientación pedestre. Ás 10:30 horas abrirase a secretaría para a recollida de dorsais e pinzas electrónicas, para que media hora despois sexa a saída do primeiro participante. Ás dúas da tarde farase entrega das medallas aos mellores.

Realizarase unha carreira a pé en modalidade sprint por categoría, na modalidade individual diurna. Deberase pasar por todos os controis na orde indicada. Os corredores só contarán cunha brúxula e un mapa da zona. O gañador será o que invista menos tempo en rematar o percorrido correctamente. Participarán os membros da comunidade universitaria das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Yago Blanco, entre os mellores 4 Foi sexto no Internacional celebrado en Valencia. Redacción Celebrouse en Valencia un concurso internacional tres estrelas no cal participaron xinetes americanos, belgas, franceses e españois. Entre estes últimos, atopouse o ourensán Yago Blanco García, que logrou a sexta e novena posición, júnior kur e júnior equipos, respectivamente, codeándose coa elite a nivel internacional. Xa clasificado para o

Campionato de España a celebrar no mes de setembro en Valencia, Blanco continúa co seu plan de preparación e mellorando resultados. Citas As súas vindeiras citas serán nos concursos internacionais de Las Cadenas e Club de Campo, as dúas no mes de abril en Madrid. Ademais dun internacional en Segovia durante o mes de maio.

Achegándonos á condución autónoma co Mercedes Clase E Redacción Chega ao mercado o novo Mercedes-Benz Clase E, a décima xeración da berlina Business da marca alemana. Líder en eficiencia, presenta as últimas novidades do sector en seguridade e tecnoloxía, con prestacións que nos achegan cada vez máis á condución autónoma.

Entre elas destaca o seu servofreo de emerxencia (que alerta dunha colisión inminente), o drive pilot (que fai que o vehículo siga de xeito autómatico ao precedente), é posible aparcalo e desaparcalo dende o exterior a través do noso teléfono móvil, e dispón dun sistema de impulso lateral (que despraza ao pasaxeiro en caso de colisión para alonxalo do punto de impacto). A venda a partir dos 48.000 euros, poden descubrilo a fondo en Garza Automoción, no Polígono de Barreiros.

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

13

José Antonio Garza, xerente de Garza Automoción, xunto ao novo Mercedes Clase E./RAMSÉS.


14

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

Premio aos mellores deportistas Redacción O secretario xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, José Ramón Lete Lasa, vén de facer público o fallo destes galardóns na súa edición 2015. A entrega de premios será o 12 de maio ás 19 horas no Teatro Principal. Estes premios recoñecen publicamente aos máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que, este ano por vez primeira, se suma unha mención especial. “As decisións foron difíciles. O nivel do noso deporte é incuestionable”, apuntou o secretario xeral. Entre os premiados, destacan con sabor ourensán o COB, o Club Ciclista Maceda e unha mención especial para o ximnasta Daniel Pérez Morales.

ACTUALIDADE

Preséntase en Ourense o Mundial de Rallycross 4 A primeira proba do campionato disputarase esta fin de semana na localidade lusa de Montalegre. P. Lodeiro Moita expectación na presentación en Ourense do Campionato do Mundo 2016 de Rallycross, cuxa primeira proba se disputa este 16 e 17 de abril no circuíto portugués de Montalegre.

4 Sería a primeira hidráulica de Galicia e a terceira do país. Paso ao fronte para que Ourense teña unha pista de atletismo cuberta. O Padroado da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, vén de aprobar a firma dun convenio de colaboración coa Xunta a través da Secretaria Xeral para o Deporte, para a construción no recinto feiral da primeira pista de atletismo hidráulica cuberta de Galicia. O acordo aprobado no Padroado levarase ao Consello da Xunta para contar co seu visto bo. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, salientou o feito de que Galicia vaia a

conseguir na cita do domingo, aínda que enfronte terá a rivais da talla de Sébastien Loeb ou Petter Solberg. Todos eles correrán esta fin de semana a 70 km da nosa cidade no que está considerado como un dos mellores circuítos de Europa.

Autoridades e pilotos na presentación deste evento deportivo./P. LODEIRO.

A pista de atletismo cuberta, máis preto

Redacción

Ducias de afeccionados ao mundo do motor achegáronse ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para ver e fotografar ao piloto norteamericano de Supercar Ken Block. Malia estrear coche (un Ford Focus RS), Block amosouse optimista en canto aos resultados a

albergar unha instalación destas características, das que só existen outras dúas en España. A licitación incluirá os traballos necesarios para conseguir a homologación clase C por parte da Real Federación Española de

Atletismo, a máis alta que outorga para pistas cubertas, e permite a realización de competicións de nivel nacional e incluso internacional. A pista contará con 6 rúas en pista circular de 200 metros de perímetro, 8 rúas en pista recta, zona de lanzamento de peso, salto de altura, salto de lonxitude e triplo, e de salto con pértega. A obra custará 2.800.000 euros e preténdese que para a vindeira tempada xa estea en funcionamento.

Esta iniciativa foi dada a coñecer na Deputación.

Chega o “I Rallymix Concello de Piñor” 4 Os días 16 e 17 de abril. Redacción Os días 16 e 17 de abril, dispútase o “I Rallymix Concello de Piñor”, que computa no campionato galego de RallyMix. O director da carreira, Ignacio Davila, explicou o desenvolvemento da proba, que terá como “centro neurálxico” o campo de fútbol de Grobas. O sábado “a primeira pasada será as 12.15 horas, e posteriormente

bronce en -50kg cadete; Rubén Córdoba, bronce en -73 quilos cadete; e Marina Bóo, bronce en +63kg infantil. A final será o 23 de abril en Marín. Iago Fernández, Pablo Dopazo e Iván Vasallo remataron quintos e quedaron fóra.

Ana e Christian lograron o podio en Ferrol.

Seis medallas para o Marbel 4 Na fase sur do Campionato Galego. Redacción

Os alcaldes de Ourense e San Cibrao das Viñas, o conselleiro de Economía, o presidente da Deputación, e o secretario xeral para o Deporte, presentando a pista./R.T.

faranse dúas máis. E, o domingo, teremos dúas pasadas máis que comezarán ás 10 horas”, avanzou. Ao remate terá lugar a entrega dos trofeos na praza do Concello. O rexedor municipal destacou que esta proba “permite a difusión turística do municipio”, e adiantou que o Concello “plantará unha árbore por cada participante inscrito, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente”.

O 9 de abril disputouse en Redondela a fase Sur do Campionato Galego de judo en categorías infantil e cadete. Judokas de Ourense, Pontevedra e Santiago

buscaban o pase á fase final. Seis dos nove ourensáns lográrono. Iria Ollero, foi prata na categoría cadete de -57 quilos; Pablo Marcos, prata en 38 quilos infantil; Pablo Valcárcel, bronce en -90 quilos cadete; Jorge Pérez,

Galego absoluto Ana Fernández e Christian Álvarez acadaron dúas medallas para o Marbel no Galego de judo celebrado na Malata (Ferrol). Ana foi bronce en -62 quilos, e Christian, prata en +100 kg, perdendo a final contra Guillermo Cordero. Álvarez está clasificado para o sector noroeste que se disputa este sábado en Lugo. Iglesias Felipe Iglesias proclamouse subcampión de España de judo para veteráns, sendo segundo na categoría de -60 quilos M3 (para idades entre 40 e 45 anos).


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº138- Ano: VIII - 15 de abril de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Vanessa Sotelo, mellor deportista galega do 2015 4 A gala terá lugar o 22 de abril en Allariz. Redacción

Á presentación de La Vuelta no Teatro Principal non faltou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto a importantes nomes do ciclismo español como Fernando Escartín, Óscar Pereiro e Perico Delgado./RAMSÉS.

La Vuelta pasará por 21 concellos ourensáns 4 O Teatro Principal acolleu a presentación das etapas que percorrerán a nosa provincia. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, foron algunhas das autoridades que participaron na presentación das etapas da 71 edición de La Vuelta ciclista a España que percorrerán 21 concellos da provincia ourensá. Díaz Mouteira avaliou a repercusión que terá para a provincia este evento deportivo, subliñando o impacto mediático e económico que produce nas zonas polas que transcorre. Así mesmo, a delegada territorial reivindicou a importancia que ten La

Vuelta para a proxección de Ourense a nivel internacional, a través da emisión das etapas por televisión. “Unha oportunidade única para continuar coa traxectoria de internacionalización do noso destino ao tratarse dunha magnífica ferramenta para dar a coñecer as potencialidades paisaxísticas, culturais e turísticas da nosa provincia”, asegurou . La Vuelta sairá dende o balneario de Laias, en Cenlle, mostrando as imaxes de ‘Ourense, provincia termal’ a todas partes do mundo e presentando a provincia como destino termal, un sector que é estratéxico para o seu desenvolvemento turístico e económico. A delegada concluíu

A xogadora do Cidade As Burgas, Vanessa Sotelo, foi designada como mellor deportista galega de 2015. Este premio está englobado dentro da IV Gala do deporte feminino de Galicia e está organizado pola asociación Abrandares Deportistas Galegas.

A empresa Envialia tamén será premiada nesta gala

O 22 de abril celebrarase ás 20 horas no Salón

do Fogar dos Maiores de Allariz (Campo da Barreira) a entrega de premios, nun total de 12 categorías e tres mencións especiais. Ademais de Vanessa Sotelo tamén recollerá o seu premio a empresa Envialia coma entidade privada amiga. Envialia patrocina a sección de fútbol sala feminino do Ourense Club de Fútbol.

Vanessa festexando un gol nos Remedios./R.T.

aludindo á gran oportunidade de promoción que supón a elección das nosas terras como escenario desta competición deportiva. Percorrido ourensán La Vuelta 2016 pasa por 21 concellos ourensáns: Cenlle, Castrelo de Miño, Ribadavia, Ourense, A Arnoia, Melón, Castro Caldelas, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Sandiás, Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Verín, Riós e A Gudiña.

La Vuelta partirá do balneario de Laias, en Cenlle

Grupo de participantes que optaron por facer o percorrido en bicicleta./CEDIDA.

Paseo saudable O colexio Cardenal Cisneros organizou un ano máis un “paseo saudable” conmemorando o Día Mundial da Saúde. Foi a segunda edición deste evento, no que decenas de persoas animáronse a participar. A actividade estaba aberta a todo o mundo, tanto a alumnos do centro e aos seus familiares, como a todo aquel que quixera facer algo de deporte. O traxecto do paseo fixo un percorrido con saída desde o pavillón municipal dos Remedios, ata Outariz -polo paseo das Ninfas-. O mesmo podíase facer tanto en bici coma andando.


16

BARRIOS DEPORTIVO 15 de abril de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.