Bd136

Page 1

4ª edición do Medio Maratón do Carballiño BALONCESTO Páx.4

ATLETISMO Páx.5, 8-9

FÚTBOL Páx. 6-7

DEPORTES ACUÁTICOS Páx. 10

[ Páx. 8]

FÚTBOL SALA Páx.12-13

Orgullo e paixón

Cidade e Ourense, Premio Clara Campoamor. // O Paco Paz, sede da Copa Galicia de trampolín. // Campionato de Galicia de campo a través. /R.T.

Número: 136- Ano: VIII -11 de marzo de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

ACTUALIDADE

Catro ourensáns no europeo de ximnasia

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 13 de marzo. Rozavales. Monterrei - Porriño. RP. - Día 13 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Valadares. RP. - Día 13 de marzo. Miguel Anxo. Pabellón Ourense Rácing. División Honra Xuvenil. - Día 13 de marzo. Velle. UDO - Salcedo. 2ª Feminina. - Día 20 de marzo. O Couto -16:30h-. U.D. Ourense Ribadavia. 2ª Autonómica. - Día 20 de marzo. Os Carrís. Barbadás - Cerceda. 3ª D. - Día 20 de marzo. Calabagueiros. CD Barco - Bergantiños. 3ª División. - Día 20 de marzo. José Arjiz. Verín - Boiro. 3ª D. - Día 20 de marzo. O Couto. Ourense C.F. - Cultural Areas. Rexional Preferente. - Día 20 de marzo. Oira. Ourense C.F. - Victoria. División Honra Xuvenil.

Redaccción A Real Federación Española de Ximnasia fixo oficial a convocatoria da selección española que participará no campionato de Europa 2016. O torneo disputarase en Valladolid do 29 de marzo ao 3 de abril. Os ximnastas ourensáns que estarán na cita continental son Daniel Pérez, Yael Campelo e Alex Cid Masid, os tres do Club Escola BurgasXimnasia Pontevedra. Tamén estarán a adestradora Isaura Hermida e o xuíz Santiago Filgueira.

Baloncesto

- Día 11 de marzo. Paco Paz - 21:00 h - COB Ourense Provincia Termal - Planasa Navarra. LEB Ouro. - Día 12 de marzo. Paco Paz -18:30 h- Cálidos Gallegos COB - Estudiantes Lugo. Liga EBA. - Día 12 de marzo. Salesianos - 20:00 h - Bosco Salesianos - Culleredo. 1ª División. - Día 12 de marzo. Campus - 16:00h -. Campus Ourense - Star Center Galicia. 1ª División feminina.

Fútbol sala

- Día 12 de marzo. Os Remedios -17:00 h- Ourense Envialia - Elche. Primeira División. - Día 13 de marzo. Os Remedios - 12:00h -. Sala Ourense - Xove. Segunda División B. - Día 19 de marzo. Calabagueiros. Pizarras Los Tres Cuñados - Universidad de Valladolid. 2ª División B. - Día 19 de marzo. Os Remedios -17:00 h- Cidade As Burgas - Burela. Primeira División.

Atletismo

- Día 12 de marzo. O Carballiño. Carballiño - Santiago (100 km). - Día 13 de marzo. Verín -10:00 h-. “I carreira urbana do Lázaro”. - Día 13 de marzo. Ourense -11:00 h-. “II Miño Radikal”. - Día 19 de marzo. Ourense - a partir das16:00 h-. Campionato de Galicia e provincial de 10.000 en pista.

Balonmán

- Día 11 de marzo. Anexo Os Remedios -18:30 h-. Balonmán Pabellón - Taboada. 1ª Autonómica feminina. - Día 12 de marzo. Pavillón de Oira. Balonmán Pabellón - Coreti Lalín. 1ª Autonómica feminina. - Día 12 de marzo. Anexo Os Remedios -17:30 h-. Balonmán Pabellón - Pontedeume. 1ª Autonómica m. - Día 20 de marzo. Ribadavia. Viña Costeira - Seis do Nadal - Coia. 1ª Autonómica masculina.

Os boxeadores Silva, Míguez jr. e “Nono” xunto co adestrador Manuel Míguez.

Tres ourensáns no galego de boxeo 4 Míguez jr, Silva e “Nono” son os participantes. Redacción O club Olimpo’s participará este fin de semana no Campionato de Galicia de boxeo elite. O torneo disputarase no polideportivo de Padrón. Con tres dos seus competidores o Club

Olimpo´s participará neste evento. Na categoría de -60 quilos, Manu Míguez júnior estrease na categoría este ano. Na categoría de -69 kg, José Luís Silva buscará o ouro xa que o ano pasado quedo a un só paso de trae-

lo para a nosa cidade. Por último Manuel Jiménez “Nono”, na categoría de -75kg que despois dun ano e medio sen competir nesta modalidade volve con moitas ganas. Na esquina deles tres estará Manuel Míguez para aconsellalos e axudalos en todo o posible.

Silva buscará traerse o ouro que se lle escapou o ano pasado

Esquí competitivo en Manzaneda

to. A proba desenvolverase na pista Pluviómetro II a partir das 10 da mañá.

Esquí

4 Celebrarase esta fin de semana o Trofeo Federación e o galego de slalom.

Hípica

Redacción

Galego Ao día seguinte, o domingo 13 de marzo celebrarase o Campionato de Galicia de esquí alpino en categorías alevín, infantil, xuvenil, absolutos e veteráns, damas e homes. A carreira contará cun trazado que consistirá nun Slalom xigante a dúas mangas. Tamén estará trazado, como o Trofeo Federación, por Camilo López Anglada, campión de España, en varias ocasións,

Rugbi

- Día 19 ou 20 de marzo. Campus Ourense. Keltia Ourense - Fendetestas. 2ª División Autonómica.

Tenis de mesa

- Día 12 de marzo. Paco Paz -10:30h-. Galmédica Ourense TM - Helios Restaurante Cielito Lindo. 3ª División. - Día 12 de marzo. Manzaneda. Trofeo Federación Galega de esquí paralelo. - Día 13 de marzo. Manzaneda. Campionato de Galicia de esquí alpino. - Día 20 de marzo. Sandiás. Carreiras de cabalos no hipódromo de Antela.

Otros

- Día 19 de marzo. A Rúa. I Memorial Anxo de Sousa Pérez. Andaina - BTT - motociclismo.

Enduro

- Día 20 de marzo. A Peroxa. II Enduro A Peroxa.

O sábado 12 de marzo terá lugar en Oca Nova Manzaneda o Trofeo Federación de esquí paralelo para todas as categorías. O trazado será marca-

do por Camilo López Anglada e consistirá a proba en enfrontamentos directos entre dous esquiadores que descenden simultáneamente por dous percorridos idénticos e paralelos. As categorías son: homes, damas e nenos mix-

Isaura Hermida.

Hípica en Sandiás Redaccción O hipódromo de Antela -Sandiás- reanudará a actividade o próximo 20 de marzo. Tres serán as carreiras que se disputen na xornada. A primeira e a segunda sobre unha distancia de 1.200 metros e a terceira (premio 3) sobre 1.650 metros.

de slalom. A pista na que discorrerá o evento será no Pluviómetro II.

O sábado 12 disputarase o Trofeo Federación e o domingo 13 o Campionato de Galicia de slalom

Detalle do cartel do galego de esquí.


FÚTBOL

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

terceira división

O Verín, en apuros 4 O equipo de Iván González está en postos de descenso. Redacción

Un xogador do Pabellón Ourense despexando o balón de cabeza, no derbi contra o Ourense C.F./RAMSÉS.

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Seis xornadas para sufrir 4 Pabellón e Ourense, inmersos na loita pola permanencia. R.T. Seis xornadas son as que restan para que remate a liga na División de Honra xuvenil, e seis xornadas as que deberán sufrir os dous conxuntos ourensáns para tentar alcanzar o obxectivo da permanencia. Os dous equipos están na zona baixa da clasificación e con claras papeletas para que, alomenos un deles, consume o descenso. O Pabellón está actualmente fóra do descenso. Décimo segundo ten 24

puntos no seu casilleiro, aínda que cos mesmos puntos que o Alondras -en postos de descenso-. Ourense C.F. O que peor o ten é o Ourense Club de Fútbol. Pechacancelas na táboa, os de Oira teñen 17 puntos, a sete da salvación. Con 18 puntos por disputar aínda hai posibilidades de salvación, pero o certo é que ten moito que recuperar se quere continuar un ano máis na máxima categoría do fútbol xuvenil. O problema dos

ourensáns é a desvantaxe que ten cos seus rivais. Os de Fran Justo suman 17 puntos polos 22 que teñen os que están por diante (Victoria e Llano 2000); 24 puntos ten o que ocupa a última praza de descenso (Alondras), os mesmos 24 que marcan a salvación (Pabellón). Derbi Fai dúas xornadas disputouse o derbi ourensán. O Pabellón logrou os tres puntos ao vencer no seu campo ao Ourense C.F. por dous goles a un.

rEXIONAL PREFERENTE

Tranquilidade para Arenteiro e Ourense C.F. 4 O Monterrei está case descendido. Redacción Pasan as xornadas no grupo sur da Rexional Preferente e todo está cada vez máis claro. O Arenteiro e o Ourense Club de Fútbol están asentados na zona tranquila, mentres que o Monterrei é practicamente equipo de Primeira Rexional. O conxunto do Carballiño é oitavo con 40 pun-

tos; lonxe dos postos que loitarán polo ascenso -a 11 do cuarto clasificado- e cun colchón de 16 puntos sobre os postos de descenso. O equipo dirixido por Manel Vázquez buscará estar o máis arriba ao remate da competición. Despois de perder 4-1 ante o Porriño tócalles xogar na casa diante do Valladares (15º); o encontro terá lugar en Espiñedo o

domingo 13 ás 17 horas. Ourense C.F. Outro equipo libre de preocupacións de última hora é o Ourense C.F. Con 39 puntos ocupa a undécima posición, lonxe da cabeza e, o máis importante, das últimas prazas. A vitoria contra o Lalín por 3-0 deulle moral aos homes de “Juninho” para afrontar con optimismo o

Vindeira xornada Esta fin de semana dispútase a xornada número 25. O Pabellón ten na casa un duro escollo; enfróntase ao segundo clasificado, o Rácing de Santander (domingo, 12 horas, estadio Miguel Anxo). Pola súa banda, o Ourense C.F. ten un duelo directo. Os albinegros visitan ao Llano 2000. Unha vitoria ourensá suporía seguir con opcións de permanencia, a derrota, decir practicamente adeus á categoría.

O final na Terceira División de fútbol parece que será unha dura loita, por parte do Verín, para lograla salvación. A falta de 10 xornadas os verineses está en postos de descenso. Con 28 puntos atópanse a catro da permanencia. O empate da pasada xornada na casa ante o Rápido de Bouzas por cero goles- non fixo máis que certificar que o equipo está a atravesar un momento delicado. Para esta semana os “rojillos” visitan As Pontes para enfrontarse ao equipo pontino, que marcha undécimo con 37 puntos. Barco O CD Barco é o mellor equipo ourensán da categoría. E iso que fai dúas xornadas rompeu a racha positiva que o levara a encadear 11 encontros puntuando. A última xornada, empate (0-0) en Calabagueiros diante do líder Cerceda. Os de Javi Rey son sétimos con 40 puntos, a cinco da promoción de ascenso. Esta fin de semana toca

viaxe ata “El mundo del fútbol” para xogar diante do Deportivo da Coruña B; o equipo filial é cuarto con 45 puntos, cinco máis que os barquenses. Barbadás Se o Barco hai dúas semanas rematara unha racha negativa, os de Peluso fixeron o contrario nesa mesma xornada. Despois de 11 xornadas sen lograr a vitoria, por fin chegou esta no campo do Alondras (0-2). Porén a pasada xornada non puideron pasar do empate a cero goles nos Carrís ante o Noia. Na zona media, décimo, está con 38 puntos e co obxectivo de chegar o antes posible á puntuación que desde o club consideran para a salvación: os 45 puntos. O Rácing Vilalbés será o próximo rival do Barbadás. Os lucenses están a tres puntos da promoción e catro por enriba dos ourensáns.

Deportivo e Vilalbés, seguintes rivais do Barco e o Barbadás

encontro desta fin de semana ante o Atios. Monterrei A pesar de que nas últimas xornadas está a dar algún que outro disgusto aos seus rivais, o certo é que o Monterrei será equipo de Primeira Rexional a tempada que vén. Virtualmente descendido, o conxunto do val do Támega é o pechacancelas con 15 puntos, a 17 da salvación cando faltan 30 puntos por disputar. Tentarán dar un susto ao Porriño -cuarto- este domingo (17 horas, Rozavales) e seguir soñando coa utopía da salvación.

O próximo rival do Verín será o conxunto das Pontes.


BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

FÚTBOL

Xornada 26 - 13 de marzo Pontedeva - UD Ourense Ribadavia - Amoeiro Coles - Atl. Velle Arrabaldo - Trives Covadonga - Santa Teresita Leiro - Loñoá Barra de Miño - Palmés Cea - Arnoia Melias - Caldelao

Xornada 27 - 20 de marzo

Imparables cara Primeira 4 A UD Ourense suma unha nova diante do Caldelao.

Caldelao - Pontedeva UD Ourense - Ribadavia Amoeiro - Coles Atl. Velle - Arrabaldo Trives - Covadonga Santa Teresita - Leiro Loñoá - Barra de Miño Palmés - Cea Arnoia - Melias

4 A UD vence 1-5 ao Caldelao e suma 15 vitorias seguidas.

o condena aos postos de abaixo.

Redacción

Asamblea O vindeiro xoves 17 de marzo, a Unión Deportiva Ourense terá unha asamblea extraordinaria. A primeira convocatoria será ás 20 horas e a segunda ás 20:30; o lugar da cita será a Casa de Chocolate. Os temas a tratar serán: a elección do logotipo da marca Unión Deportiva Ourense e da segunda equipación para a tempada 2016-17.

A pesar do frío que acompañou aos futbolistas en Castro Caldelas, a Unión Deportiva Ourense cociñou a vitoria a fogo lento. A primeira metade saldouse con cero goles a un e foi na segunda cando se cimentou a vitoria. Desde os primeiros compases os homes dirixidos por Rubén García xa tiñan totalmente controlado o balón a pesar de que apenas se traducían en ocasións. Aínda así foi no minuto cinco cando Xurxo á saída dun córner controlaba na área e o seu

tiro introducíase na porta contraria. Con este resultado finalizaría a primeira metade. No segundo tempo a mesma tónica. Control absoluto do tempo do partido por parte dos unionistas pero sen apenas inquedar a área local. Ata que no 12 Senén lograba o 0-2. A partir dese momento catro goles máis. O primeiro deles obra de Aitor que acurtaba distancias para o Caldelao (1-2). Depois Unai, Senén e Otero foron marcando ata deixar o definitivo 1-5. Tres puntos máis que fan que a UD sexa primei-

ra con 61 puntos. A sete o segundo, Santa Teresita (54 puntos) e o máis importante a dez o terceiro (Amoeiro con 51 puntos). Cuarto é o Arnoia cos mesmos puntos que Amoeiro, quinto Arrabaldo (49) e sexto o Loñoá (47). Estos cinco equipos, a priori, loitarán nestas xornadas polo outro posto de ascenso (segunda praza), por como parece que a primeira está reservada para a Unión despois de 15 xornadas gañando. Pontedeva Segundo partido consecutivo lonxe do Couto.

Nesta ocasión o equipo dirixido por Rubén García deberá desprazarse ata Pontedeva para medirse co equipo da localidade. O encontro terá lugar o domingo 13 de marzo a partir das 17 horas. Os locais son décimo segundos con 28 puntos. Atravesan unha mala dinámica que os levou a perder seis dos nove últimos encontros e a empatar tres, sumando só tres puntos dos 27 disputados. Pola contra, os capitalinos chegan á cita tras facerse con 15 vitorias seguidas. O Pontedeva busca cambiar un rumbo que

Este domingo 13 de marzo a UD visita o campo do Pontedeva (17h)

2ª Autonómica -Grupo 925ª xornada

Posto Equipo Puntos 1º UD Ourense 2º Santa Teresita 3º Arnoia 4º Arrabaldo 5ºAmoeiro 6º Loñoá 7º Covadonga 8º Ribadavia 9º Caldelao 10º Melias 11º Leiro 12º Pontedeva 13º Cea 14º Trives 15º Coles 16º Barra de Miño 17º Palmés 18º Atl. Velle

61 54 51 49 48 47 40 33 31 30 28 28 28 22 20 19 18 18


BALONCESTO

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

Partido chave para o futuro do COB 4 Recibe ao Navarra. R. Torres

Xogada do encontro Carmelitas-La Salle./RAMSÉS.

O Campus Ourense mantense líder na loita polo ascenso 4 O Pabellón é o que corre maior perigo. Redacción Logo dunha liga regular de 10, na procura dun pase a Nacional o Campus Ourense segue imparable. Dos seis partidos xogados ata o momento tan só perdeu un, e foi precisamente o disputado na última xornada, no que caeu por 55-46 ante o Peleteiro (segundo). Este sábado 12 de marzo recibirá ás 16 horas ao Star Center Galicia (terceiro clasificado). Pola súa banda, os outros dous conxuntos ourensáns na categoría, Carmelitas e Pabellón, están a disputar o playoff de descenso. Con seis partidos disputados da

fase (fronte a sete e oito doutros conxuntos), o Codigalco Carmelitas ocupa a terceira praza da clasificación, logo de vencer por 70-46 ao La Salle na pasada xornada; e o Pabellón é penúltimo, tras caer ante o Casablanca por 39-70. Este sábado os dous equipos xogan como visitantes. O rival do Codigalco será o Neumáticos Sarria e o do conxunto pavillonista, o Burela. O vindeiro 17 de abril, cando terá lugar a décima xornada da fase, coñeceremos os conxuntos que ascenden, os que se manteñen na categoría e os que din adeus á Primeira Autonómica.

O Ourense Provincia Termal (COB) recibe esta xornada (a número 25) ao Navarra nun enfrontamente entre dous rivais directos. O partido dará comezo a partir das 21 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz. Os de Gonzalo García de Vitoria deberán refrendar o bo encontro da pasada xornada diante do Burgos a quen venceu no Plantío por 76 a 82. En casa, os ourensáns non están a demostrar o nivel competitivo que si demostran lonxe do Pazo. Polo que haberá que agardar ata o pitido inicial para saber que equipo nos atoparemos. O partido ante Navarra é chave para saber polo que loitará o COB ata final de tempada. En caso de vitoria darían un paso de xigante cara a salvación e poderían mirar a cotas máis grandes, aínda que complicadas de conquerir, como é entrar no playoff. A derrota faría que nas últimas xornadas xogaran para non quedar nas dúas últimas posicións, as de descenso. Oliver Arteaga, Iván

García e Iñaki Narros son as bazas coas que chega Navarra. O COB é décimo segundo, con 10 vitorias, e o Navarra décimo cuarto, con oito. Os ourensáns están a dúas dos playoffs e tres por enriba do descenso. Progape O club colocará para este partido dúas caixas, xunto ás portas 1 e 8 de entrada ao pavillón, para recadar comida e area para os cans e gatos da asociación Progape.

Guille Rejón entrando a canastra./RAMSÉS.

Xornada 25 - 11 de marzo COB - Navarra Barça B - Lleida Cáceres - Palencia Oviedo - Melilla Cocinas.com - Leyma Coruña Prat - Breogán Lugo Huesca - Palma Castelló - Burgos

Xornada 26 - 18 de marzo Castelló- COB Burgos - Huesca Palma - Prat Breogán Lugo - Cocinas.com Leyma Coruña- Oviedo Melilla - Cáceres Palencia - Barça B Lleida - Navarra

LEB Ouro 22ª xornada Posto Equipo 1º Palencia 2º Melilla 3º Huesca 4º Oviedo 5º Burgos 6º Leyma Coruña 7º Barça B 8º Palma 9º Castelló 10º Breogán Lugo 11º Cáceres 12º COB 13º Cocinas.com 14º Navarra 15º Lleida 16º Prat

V-D 20-4 16-8 14-10 14-10 13-11 13-11 13-11 12-12 12-12 11-13 11-12 10-14 10-14 8-15 7-17 7-17


BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

FÚTBOL SALA

Ourense, sede da Copa Xunta

Regresa a Liga 4 Elche e Móstoles son os rivais das ourensás.

4 Da final feminina. R. Torres Finalmente a petición conxunta de que Ourense sexa a sede das finais da Copa Xunta de fútbol sala deu a metade dos seus froitos, xa que a Federación Galega de Fútbol Sala decidiu que a final masculina se dispute en Santiago e a feminina na ciadade das Burgas. A masculina terá lugar o mércores 23 de marzo, ás 20:30 horas, no Fontes do Sar, entre o Burela e

o Santiago Futsal. A final feminina disputarase o sábado 26 de marzo na cancha central dos Remedios, ás 18 horas, entre o Ourense Envialia e o Cidade As Burgas. Esta decisión é un triunfo a medias, xa que sería bo que os dous choques se disputaran en Ourense para atraer maior cantidade de público. Se ben é certo que o atractivo dos duelos ourensáns non precisan de ningún outro aliciente para encher as

R. Torres

Final no 2013 en Sarria entre o Ponte Ourense (Envialia) e o Cidade As Burgas./ARQUIVO. bancadas dos Remedios. Antecedentes O último antecedente dunha final ourensá da Copa Xunta lévanos ao 28 de marzo de 2013. Daquela, o pavillón municipal de

Sarria foi a sede das dúas finais. A primeira delas foi o duelo fraticida entre Ponte Ourense (Envialia) e Cidade. As albinegras leváronse a Copa ao lograr un tanteador de 3-1. O pavillón encheuse nesa final de numerosos ourensáns.

A final feminina terá lugar nos Remedios o sábado 26 de marzo (18 horas)

Regresa a competición na Primeira División de fútbol sala feminino e o fai co Ourense Envialia disputando partido na casa ante o Elche; o Cidade As Burgas viaxa ata Madrid para medirse co Móstoles. Envialia As pupilas de Chipi teñen un partido, a priori, cómodo. As ourensás reciben ao pechacancelas, o Elche. As ilicitanas en 19 xornadas disputadas suman só dous puntos (de sendos empates), o resto foron derrotas. A vitoria suporía manterse firmes na cuarta posición e ter cada vez máis preto o obxectivo de entrar na Copa. O

4 Xornada 20 - 12 de marzo

As integrantes do Ourense Envialia e o Cidade As Burgas recolleron este premio o pasado 8 de marzo no Liceo./MIGUEL REJO.

Recoñecemento ao deporte feminino A loita pola igualdade entre homes e mulleres dispútase moito máis aló do 8 de marzo, e iso sábeno ben as mozas ourensás que se adentraron e dominaron un deporte tradicionalmente masculino como é o fútbol sala. As gañas, o esforzo e a pericia co balón non entende de sexos, e, de feito, Ourense conta con dous equipos femininos na Primeira División nacional e varias das nosas xogadoras saben o que se sente ao vestir a camiseta vermella da selección. Algunhas sen chegar nin sequera aos 20 anos. Facendo xustiza a todo isto, o Ourense Envialia e o Cidade As Burgas veñen de recibir o Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades. O xurado decidiu concederllo por unanimidade nesta edición 2016 porque co seu bo xogo levan o nome de Ourense moito máis aló da nosa provincia, así como por destacar nun ámbito históricamente asociado aos varóns.

Burela - Majadahonda Orvina - Poio Alicante - Alcorcón Gironella - Rubí Ourense Envialia - Elche Futsi - Rioja Roldán - Ferrol Móstoles - Cidade As Burgas

4 Xornada 21 - 19 de marzo Cidade As Burgas - Burela Majadahonda - Orvina Poio - Alicante Alcorcón - Gironella Rubí - Ourense Envialia Elche - Futsi Rioja - Roldán Ferrol - Móstoles

terceiro e o quinto clasificado (Alcorcón e Alicante) enfróntanse nesta xornada. Un empate sería o ideal para os intereses do Envialia, pero calquera resultado pode ser bo, sempre e cando as albinegras cumpran e venzan o seu encontro. As ourensáns teñen 39 puntos, a catro do Alcorcón e un máis que o Alicante. Cidade O Cidade As Burgas ten un complicado desprazamento a Madrid para xogar contra o Móstoles. As de Manolo Codeso teñen unha das últimas oportunidades para ter opcións de loitar pola cuarta posición, aínda que a vitoria non lles asegura nada. Son oitavas con 29 puntos a 10 do pase á Copa.

Primeira División FSF - 19ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Futsi 2º Burela 3º Alcorcón 4º Envialia 5º Alicante 6º Rubí 7º Roldán 8º Cidade As Burgas 9º Gironella 10º Móstoles 11º Poio 12º Majadahonda 13º Orvina 14º Ferrol 15º Rioja 16º Elche

52 50 43 39 38 34 32 29 23 22 20 19 15 11 10 2


FÚTBOL SALA / ATLETISMO

Tramo decisivo para o Sala Ourense

Cando restan oito xornadas para que remate a liga na Segunda División B de fútbol sala, o Sala Ourense Prolsport ocupa a penúltima posición. Os homes dirixidos por Aitor Álvarez e Víctor Sousa fixeron o máis difícil, que foi romper cunha racha negativa de varias xornadas encadeando derrotas. Está dinámica rompeouse hai dúas xornadas

ao vencer na casa a Ventorrillo. Aínda que sete días despois volveron a caer, nesta ocasión diante do Cistierna (8-4). Os ourensáns en todo o que se leva disputado de campaña non foron quen de sacar un só punto lonxe dos Remedios. Algo que lastra as opcións de poder salvar a categoría. Maís forte están en casa onde lograron seis vitorias e un empate sumando un total de 19 puntos.

4 Xornada 23 (12/03/2016) Boal Belleza - Leis Pontevedra O Esteo - Ventorrillo Benavente - Cistierna Sala Ourense - Xove Valladolid - Cuéllar Guardo - Pizarras Noia - Albense Bueu- Bembrive

4 Xornada 24 (19/03/2016) Ventorrillo - Leis Pontevedra Cistierna - O Esteo Xove - Benavente Cuéllar - Sala Ourense Pizarras - Valladolid Albense - Guardo Bembrive - Noia Bueu- Boal Belleza

O 10.000 en pista disputarase en Ourense 4 Será o sábado 19 de marzo, no campus universitario. Partido do Sala Ourense nos Remedios./RAMSÉS. Xove Para confirmar que o bache xa quedou atrás, que mellor maneira que sacar algo positivo no enfrontamento desta semana, a xornada número 23. Nesta ocasión o Sala Ourense recibe ao Xove, equipo que marcha na novena posi-

Primeira División FSF -22ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Valladolid 2º Noia 3º Cuéllar 4º Bembrive 5º Leis 6º Pizarras 7º Guardo 8º Albense 9º Xove 10º Ventorrillo 11º O Esteo 12º Boal 13º Cistierna 14º Benavente 15º Sala Ourense 16º Bueu

51 50 47 39 35 33 31 30 28 28 26 24 22 22 19 13

ción con 28 puntos. O encontro desta xornada desprazase ao domingo (13 de marzo) a partir das 12 horas na cancha central dos Remedios. Pizarras O que non terá problemas de aquí a final de Liga é o Pizarras Los Tres Cuñados. Os barquenses son sextos con 33 puntos acomodados na zona tranquila da clasificación. A pasada xornada caeron diante do Noia en Calabagueiros por un gol a tres. Nesta xornada os de valdeorras visitan ao Guardo, que marcha xusto por detrás do Pizarras -sétimo- con dous puntos menos, 31.

Sala Ourense - Xove. Domingo 13 de marzo, 12 horas, Os Remedios

R. Torres Este 19 de marzo a pista de atletismo do Campus de Ourense acolle unha nova proba federativa. Trátase do Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista. Virá acompañado, ademais, do Campionato provincial da distancia con probas para categorías escolares. A xornada comezará ás catro da tarde coa proba dos 500 metros benxamín e alevín masculino. Ás 16:15 horas correrase a mesma distancia e categorías para as rapazas. Ás 16:30h será o turno para os infantís e cadetes, que completarán 1.000 me-

4 A selección sub 21 caeu ante Murcia no Campionato de España. A selección galega sub 21 de fútbol sala non puido revalidar o título de campioa de España ao perder na semifinal ante Murcia. Esta semifinal era unha clara final adiantada; o equipo que lograra a vitoria tería todas as papeletas de facerse co campionato. Durante o encontro as forzas estiveron moi nive-

ladas e foi Galicia a que, cun gol de María Arias, se adiantaba no marcador. Pouco lles durou a ledicia ás galegas, xa que acto seguido Murcia igualaba a contenda. A segunda metade tivo a Galicia dominando o esférico e a Murcia agardando atrás o contragolpe. Ao final empate a un gol e a sorte dos penaltis dictaría sentenza. E aquí foi

onde Galicia estivo máis desacertada. No terceiro lanzamento a internacional Vanessa Sotelo fallaba a súa pena máxima o que fixo que Galicia quedara apeada da final en detrimento de Murcia. Final A final disputaríana Murcia e Madrid, vencendo as primeiras por un contundente 5 a 2.

tros e 15 minutos despois -16.45 horas- tocaralles o turno ás nenas de categoría infantil e cadete. Provincial e galego Xa ás cinco da tarde saltarán ao tartán os atletas que participen nos 10.000 metros do Campionato provincial. Para as 18 horas está previsto que sexan as mulleres as que comecen a súa proba; nesta ocasión correrán xuntas as inscritas no provincial e no galego. E o colofón chegará ás 19 horas coa carreira masculina do autonómico. 25 voltas para determinar aos mellores atletas galegos da distancia.

Carreira feminina de 10.000 m en 2015./ARQUIVO.

Galicia, sen premio

Redacción

Atletismo

4 O conxunto ourensán está en postos de descenso. R. Torres

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

Un momento do partido entre Galicia e Murcia./CEDIDA.


BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

ATLETISMO

EN BREVE

4 Nacional Jesús Álvarez Teijeiro logrou a 6ª posición nos 3000 metros do Campionato de España xuvenil de pista cuberta disputado en Salamanca; quedando por diante de atletas con mellor marca.

4 A Coruña

O mal tempo non impediu que a proba fose disputada por numerosos atletas./S.T.

Iglesias e Fernández, os mellores no Carballiño 4 Na cuarta edición do medio maratón. Redacción O domingo 6 de marzo a localidade do Carballiño celebrou a cuarta edición do seu medio maratón. Os atletas, máis de 200 os que remataron a proba, tiñan que dar tres voltas a un circuíto de pouco máis de 7 quilómetros ata completar a distancia do medio maratón (21,097 quilómetros). O primeiro en meta foi o atleta local Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) cun tempo de unha hora 14 minutos e 11 segundos. A continuación chegaría o seu compañeiro de club, José Antonio Corral con tan só cinco segundos sobre o tempo do gañador (1:14:16). O terceiro en liña de meta foi Carlos Lorenzo (CD Portosín) que rematou a proba en unha hora 15 minutos e 36 segundos. En canto á categoría feminina foi Beatriz Fernández (Corredoiras Bueu) a máis rápida; o seu tempo unha hora 27 minutos e 45

segundos. A segunda muller sería a súa compañeira María del Rosario Figueroa (1:28:36) e terceira Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) cun tempo de 1:31:17. Carreira curta Ao tempo que se realizaba o medio maratón tamén deuse a saída dunha carreira de 7 quilómetros (unha soa volta ao circuíto). O primeiro foi Iván Docampo (23 minutos e 30 segun-

dos) seguido a un minuto e 18 segundos de Albino Fernández (24:49); e no mesmo segundo deste entraría Cristóbal Dafonte (24:49). Na categoría feminina a primeira foi Marina Losada (31:23) seguida de Lucía Requejo (32:18) e de Elena Pérez (32:41), segunda e terceira, respectivamente. Nesta carreira curta foron máis de medio centenar os participantes.

Alex Montero comeza agora a tempada de pista.

Alejandro Montero, campión galego de Cross adaptado O Parque de Castrelos (Vigo) acolleu o Campionato de Galicia de campo a través adaptado para discapacitados intelectuales. A boa nova para Ourense chegou da man de Alejandro Montero. O atleta do Ourense Atletismo proclamouse campión galego, o que supón un notable éxito para un deportista que apenas leva un ano na práctica do atletismo. A este ouro hai que engadirlle a medalla de bronce no nacional da disciplina. Trala tempada de cross toca o turno da de pista na que Alex Montero chega con moita ilusión.

A pista cuberta de Riazor acolleu o autonómico benxamín, alevín e infantil. O Ourense Atletismo logrou cinco medallas. Martín Rivera fíxose cun ouro; Uma Cibeira e Alexandre Ferro, prata; e Beñat Manterola e Daniel Movilla, bronce.

4 Veteráns A ourensá Luz Domínguez -do Atletismo Feminino Celta- participou no Campionato de Galicia veterán de pista cuberta celebrado na Coruña, logrando dous ouros.

O mal tempo obrigou a retrasar a proba unha semana./MIGUEL REJO.

Final provincial de campo a través

O atleta local Luis Iglesias chegando á meta./S.T.

Disputouse na área deportiva de Monterrei a final provincial de campo a través (Xogade). Cunha semana de retraso -houbo que aprazalo pola mala previsión meteorolóxicacoñecéronse aos deportistas que representarán a nosa provincia na final autonómica. Os mellores atletas ourensáns clasificáronse para a final galega do Xogade que se disputará este sábado 12 de marzo na localidade pontevedresa da Estrada.


ATLETISMO

A Veiga vólcase co seu primeiro trail de montaña 4 O Concello dará catro euros, para gastar nos establecementos locais, a cada participante. R.T. O domingo 3 de abril o Concello da Veiga celebra o seu I Trail e Andaina Trevinca - A Veiga, no que se disputará tamén o II Campionato de Galicia de trail. Ao acto de presentación acudiron a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación Valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente. Probas Nesta edición disputarase unha andaina duns 13,7 km con saída ás 10 horas. Unha hora máis tarde -ás 11- sairán conxuntamente o trail curto -I Trevin-

ca - A Veiga- e o longo -valedeiro para o segundo Campionato de Galicia de trail-. A carreira curta constará de algo máis de 15 quilómetros, mentres que a longa superará os 21 quilómetros. Con estas tres probas preténdese abranguer a un gran número de participantes; os experimentados que se anotan na longa, os menos acostumados a este tipo de probas poderán atreverse coa curta e os que así o prefiran poderán facer un percorrido andando. Inscricións As inscricións están abertas ata ás 23 horas do 31 de marzo e deben realizarse na web carreirasgalegas.com ou no correo electrónico maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es. O prezo da inscrición é de 10 euros no caso de

realizarse antes do 28 de marzo; despois desta data a inscrición sobe aos 15 euros. Os atletas federados teñen de balde a inscrición. Un dos atletas que ten case que asegurada a súa presenza é o ourensán Elpidio Gómez Sousa, que sen dúbida será un dos candidatos ao título autonómico de trail. Agasallo Desde o Concello da Veiga entregarán a cada inscrito na proba un bono de 4 euros para gastar nos establecementos locais o día da proba, “para poñer en valor e dinamizar o comercio local”, apuntou Juan Anta, alcalde da Veiga.

As inscricións están abertas ata o 31 de marzo

De esquerda a dereita o director técnico e o delegado da Delegación valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro; o alcalde da Veiga, Juan Anta; a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González./RAMSÉS

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

Máis de 100 na “Extrema de Allariz” 4 A proba tivo un percorrido de 12 quilómetros. Redacción Por segundo ano consecutivo celebrouse na vila de Allariz a “OCR extrema de Allariz”. Foron máis de 100 os osados participantes que quixeron poñer ao límite o seu corpo nunha proba que contaba con 12 qui-

lómetros de percorrido e contaba con 28 obtáculos. Homes En categoría masculina o vencedor foi Castor Salgado cun tempo de 57 minutos e 39 segundos. Segundo foi Pablo Martínez a case un minuto (58:34) e terceiro, Juan Carlos Ferro

cun tempo de 59 minutos e 27 segundos. Mulleres En mulleres a máis rápida foi Paula Veiga cun tempo dunha hora 13 minutos e 30 segundos. Noelia Portela (1:26:46) e Gema Pérez (1:28:59) foron segunda e terceira, respectivamente, moi distanciadas da vencedora.

Castor Salgado e Paula Veiga foron os vencedores da segunda edición do OCR Allariz

Medio milleiro de inscritos na “Miño Radikal” 4 Terá lugar o domingo 13 de marzo. Redacción Medio milleiro de persoas inscribíronse na segunda edición da “Miño Radikal” que se celebra o 13 de marzo. As dúas novidades máis salientables deste ano son dúas. Por unha banda o percorrido incrementase e pasa a ser de 12.700 metros -o tramo enteiro do paseo peonil pola ribeira dereita do Miño-. Pola outra, engádese unha “mini Miño Radikal” para atletas en idade escolar. Obstáculos Será preciso superar todo tipo de obstáculos. Arañeiras feitas con cordas, neumáticos, tubos, paredes, trincheiras... A saída e meta estará

nas proximidades da Ponte Vella, no parque da Ponte. O percorrido será até a pasarela de Outariz con volta e até a pasarela de Oira para chegar de novo á meta. A saída terá lugar en cinco quendas. A primeira delas dará comezo ás 12 horas e a última á 13, en intervalos de 15 minutos. Mini Miño Radikal A saída producirase en

dúas quendas. Na primeira, con saída ás 11, será para escolares que naceran entre os anos 2009 e 2005, e que deberán completar 1.300 metros desde a Ponte Vella até a pasarela do Centro Comercial Ponte Vella. A segunda quenda, desde as 11:15h será para escolares nados entre os anos 2004 e 1998. Completarán 3.500 metros entre Ponte Vella e a Pasarela de Oira.

Participantes da “I Miño Radikal”./ARQUIVO.


10

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

POLIDEPORTIVO

A un partido do ascenso 4 O Keltia Ourense está preto de subir á Primeira Territorial. Redacción Despois dunha liga regular inmaculada para o Keltia Ourense (todos os partidos os contou por vitorias) chegou a hora da verdade para o conxunto ourensán de rugbi. No cruce da promoción de ascenso á Primeira Territorial tocou o cuarto clasificado da Liga, que foi o

Santiago Rugby Club. Os ourensáns demostraron por que remataron invitos durante a tempada e lograron unha ampla vitoria por 52 a 15. Con este resultado o Keltia disputará a final da promoción de ascenso; o seu rival será o Fendetestas. A final disputarase o 20 de marzo. O gañador estará o ano que vén na máxima

salvamento

Andrea Bello, 9ª en 200 obstáculos 4 No Nacional de salvamento acuático. Redacción O Club Salvour Ourense acudiu ao Campionato de España de salvamento acuático con dúas representantes. Trala baixa de última hora -por motivos extradeportivos- de Ecequiel Quiroga foron Andrea Bello e Silvia Quintela as que representaron ao club ourensán na cita de Torrevieja. A Alicante acudiron máis de 400 socorristas, unha cifra aproximada aos que participaron na edición anterior celebrada en Ourense -e organizada polo Salvour-. Por equipos o conxunto ourensán quedou clasificado na décimo séptima

posición. Andrea Bello participou en todas as probas do calendario sendo o máis destacado a nove-

categoría rexional. O equipo das Pontes venceu na outra semifinal ao Zalaeta por 6-5. O Fendetestas rematou segundo na Liga regular. Campus Ourense O equipo ourensán de Primeira Territorial, o Campus Uni Ourense Coosur, xogará a última xornada de Liga o próximo 21 de marzo. Os ourensáns están clasificados para o playoff polo título -e polo ascenso- que dará comezo na primeira fin de semana de abril. Falta saber en que posición remata para coñecer ao seu rival.

na praza nos 200 metros obstáculos. Pola súa banda, Silvia Quintela participou nos 100 metros socorrista, de categoría xuvenil, na que unha mala carreira fixo que non puidera mellorar a súa mellor marca persoal. Bello e Quintela fixeron equipo de lanzamento de corda, realizando unha discreta actuación nesta proba.

Marta, Andrea e Silvia, do Salvour Ourense, no campionato de España.

Décimas en figuras 4 Foi a clasificación por clubes do Sincro Ourense no Nacional. Redacción Torrevieja acolleu o Campionato de España de inverno de natación sincronizada, no que participaron en total 30 equipos alevíns e 33 infantís, sumando preto de 500 deportistas. En canto ao Sincro Ourense, oito alevíns e 12 infantís foron as que participaron no evento; as que lograron o pase a esta fase final despois de obter o pase ao mesmo individualmente nunha proba de nivel. En figuras individuais infantís o conxunto ourensán logrou meter a catro das súas entre as 100 primeiras. Por clubs ocuparon o 10º posto, entre 33 participantes. O combo desta categoría foi 17º. As alevíns lograron situarse no posto 18 dun total de 30 equipos. O combo rematou na 15ª posición da xeral. Na clasificación por clubs tanto as alevíns como as infantís ocuparon

a 15ª posición. O grupo infantil estaba formado por Laura Bernardo, Elena Moyano, Uxía Vázquez, Gisele Cazás, Xiana Otero, Candela Rodríguez, Eyen Díaz, Claudia Bande, Lola Carracedo, Lucía Villar, Rebeca Ruiz e Ana Moyano, adestradas por Antía Arias e Natalia Fernández. E as nadadoras alevíns foron Erea Lamas, Sabela Guevara, Noa Pulido, Antía Touriño, María González, Eva Rodríguez, Cristal Mota e Blanca Moyano, adestadas por Luna de Martín. A nadadora máis moza participante no campionato foi a ourensá Cristal Mota, nada en 2007. Galego de inverno A piscina do Real Club Náutico de Vigo foi a sede do Campionato de Invierno de rutinas de base 4 de natación sincronizada. Por parte do club ourensán acudiron dous grupos. O primeiro composto por Rita Bravo, So-

fía Sueiro, Marta Soto, Antía Páez, Carmen María Gil, Nerea Vázquez, Uxía López, Sofía González, Ángela Itziar Baig, Alexandra Sierra, Ainoha Outririño e Lucía Moreira, que nadaron a coreografía “Meigas” logrando a 11ª posición. “Gospel” foi a coreografía que nadou o outro grupo ourensán, formado por Laura Santalla, Rosana Rodríguez, Laura Domínguez, Yael de Lorenzo, Laura Rodríguez, Iria Vázquez, Adela Iglesias, Alba Laude, Alicia Silva, Sofía Cid, Ainoha Rodríguez e Andrea Mosquera. A execución valeulles a 5ª posición. Eventos Agora tócalles preparar os campionatos galegos e de verán que se celebrarán a finais de xuño. O Sincro Ourense loitará por seguir dominando a sincronizada no ámbito galego.


POLIDEPORTIVO

O CNPO loitará polo título autonómico

O Pabellón sofre contra o Teucro

4 Na terceira xornada da Liga Galega rematou en segunda posición.

4 22-34 foi o resultado do encontro disputado nos Remedios. Redacción

Redacción O Club Natación Pabellón Ourense rematou na segunda posición, na terceira xornada da Liga galega de clubs na División de Honra. Os nadadores do Pabellón lograron unha puntuación de 318 puntos, tan só superada polo CN Galaico, con cinco puntos máis (323). Os resultados máis destacados nesta xornada por parte do CNPO foron a primeira praza de Marc Ciurana nos 200 braza e 400 estilos; o primeiro posto de Miguel Pimentel en 200 libres; a segunda posición de Marcos Vila en 400 estilos; a segunda praza en 50 costas e a terceira en 50 bolboreta de Luis Bello; o segundo posto de Paula Blanco en 50 costas; o terceiro de Ecequiel Quiroga en 200 libres; o terceiro de Héctor Álvarez en 200

braza; Ana Mª Santiso foi quinta en 800 libres; Marcos García, quinto en 50 bolboreta; Andrea Sabuz, sexta en 200 estilos; Claudia Álvarez, sexta en 50 costas; Uxía Gómez., sétima en 50 bolboreta; Carmen Taín, décima en 200 braza e Luz María, undécima en 800 libres. En relevos lograron moi bos postos Laura Pimentel no 4x50 libres do relevo absoluto, José Moure e Antón Rodríguez formando parte del 4x50 libres, Martín Sabuz en 4x100 estilos e Victoria Arias en 4x50 libres feminino. Final Con este resultado os ourensáns loitarán polo título autonómico o vindeiro mes, concretamente 23 de abril -sábado- na piscina “Rias do Sur” de Pontevedra.

Nadadores do CNPO durante a terceira xornada da Liga Galega./CNPO.

Na Primeira Autonómica masculina, o Balo-

nmán Pabellón foi derrotado polo Teucro por 22 a 34. A pesar de que a única

Este sábado Pabellón recibe ao Pontedeume./ARQUIVO.

Tres xornadas con todo por decidir 4 O Galmédica Ourense está a dous puntos do líder. Redacción Tres xornadas son as que faltan para que remate a Liga na Terceira División de tenis de mesa. O conxunto ourensán Galmédica Tenis de Mesa está a dous puntos do líder, Monte Porreiro. A vitoria dos ourensáns fai dúas semanas diante do primeiro clasificado fixo que se comprimira a distancia entre eles e que se chegue ás tres últimas xornadas con todo por decidir.

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

11

vez que os pontevedrese perderon foi no seu propio feudo diante dos ourensáns, o líder da competición mostrouse solvente no parquet do anexo dos Remedios. O encontro rompeuse moi cedo e os homes de Diego Lorenzo non foron quen de puntuar no tramo final. Os visitantes chegaron coa intención de realizar o seu xogo dándolle moita velocidade a cada acción. E así foi como pouco a pouco foron distancíándose no electrónico. Con esta derrota os ourensáns son sextos, a tres puntos da cuarta e quinta praza, que ocupan Novás e Viña Costeira, respectivamente. Este sábado, ás 17:30 horas, no anexo xogan contra o Pontedeume.

Viña Costeira O conxunto de Ribadavia caeu esta xornada na casa contra o Novás, por 19-23. A próxima fin de semanas visitan ao Tui.

rante Cielito Lindo (6º), mentres que o líder recibe ao pechacancelas, Vincios Maderas Daniel Tapia. Na penúltima xornada viviranse os choques Chinelas (3º) contra Monte Porreiro Pub Patrimonio; e C.T.M. Vigo - Bocaterias Papo’s (penúltimo) contra

Galmédica; nesta xornada será unha das últimas opcións para o Ourense de coller a primeira praza. A última cita deparará os encontros do Galmédica contra Vincios Lucas Tojal (7º) e o Monte Porreiro Helios Restaurante Cielito Lindo.

Feminina Na Primeira Autonómica feminina, o Pabellón caeu na casa do Goldie Xiria por un só tanto (20-19). O feito de que Zarra ocupe agora o banco pavillonista pode ser un revulsivo para un equipo que necesitaba unha inxección de moral. Pola súa banda, o Campus Ourense empatou a 14 na cancha do Cangas. Así, o Campus é décimo e o Pabellón, undécimo. Nesta xornada o Campus recibe ao Lalín (sábado, 16:30 horas, Oira) e o Pabellón, ao Taboada (18:30 horas, anexo dos Remedios).

Na pasada cita vencieron ao Vincios Maderas Daniel Tapia con contundencia (1-5). Final Ata o final tres días nos que se decidirá que equipo é o campión de Liga. Os pontevedreses do Monte Porreiro e os ourensáns do Galmédica son os únicos conxuntos con opcións de alzarse co título. Nesta próxima xornada os ourensáns reciben no Pazo (día 12, 10:30 horas) ao Helios Restau-

Diego Gómez, do Galmédica Ourense, durante a disputa dun encontro./GOTM.


12

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

ARTES MARCIAIS

Pratas En canto aos subcampionatos, foron varios os logrados polos ourensáns. Así, Brais Ansia (Dinamic) en formas de sable e pao; Clara Álvarez (Dinamic) en forma de puño e pao; Sergio Parga en sable do norte e Andreína Álvarez en man valeira de norte foron as pratas acadadas. Conxunto de rapaces do Marbel que participaron no XogaJudo 2016 de Gondomar.

O Marbel estivo presente no XogaJudo e no La Salle 4 Iria Ollero gañou no torneo de Santiago. Redcción O club ourensán Marbel acudiu a finais do mes de febreiro ao “XogaJudo 2016”, celebrado en Gondomar (Pontevedra), e ao torneo “La Salle”, disputado en Santiago. XogaJudo O XogaJudo deste ano reuniu a centos de iudocas galegos entre as categorías alevín e infantil (de 11 a 14 anos). Trátase dunha cita para os deportistas que se inician na competición. Do Marbel acudiron 20 rapaces que acadaron un excelente resultado. En total lograron seis medallas de ouro (Sara Mojón, Lucía Rodríguez, Antía Ollero, Canolich Fernández, Manuel Vázquez e Alberto Fortes); tres de prata (Jorge Cascón, Pablo Marcos e Daniel González) e seis de bronce (Juan Bruno Fernández, Marina Bóo, Quiana Antelo Rodríguez, Marcos Rodicio, Iván

Vasallo e Marta Cuíñas). Ademais de tres cuartos postos (Alberto Nieto, Letizia Álvarez e Carlota Vázquez). A selección ourensá estivo adestrada polos mestres Felipe Iglesias e Ana Fernández. La Salle Ata Santiago de Compostela desprazáronse dous ourensáns para participar no torneo La

Salle. Este evento é para deportistas nados entre 1999 e 2009. Iria Ollero (-57 kg) e Rubén Córdoba (-73 quilos) foron os nosos representantes, os cales realizaron un bo papel. Ollero logrou a medalla de ouro ao derrotar na final a Lucía Bravo (Club Shiai). Pola súa banda, Córdoba venceu nun dos tres combates que disputou.

Rubén Córdoba e Iria Ollero competiron no torneo La Salle disputado en Santiago de Compostela.

Medallas con sabor ourensán 4 No Campionato de España de wushu. Redacción Villaviciosa de Odón (Madrid) acolleu o Campionato de España de wushu. A expedición ourensá logrou traer para a nosa provincia un botín plagado de medallas. O máis detacado foron os dobretes de Ezequiel Gago (Dinamic) e José Manuel Ferreira (Arco Verín). Gago foi campión en taijiquan e taoji-juan, e Ferreira en nanquan e nangun promoción; as grandes puntuacións acadadas fixeron que se clasificaran para o Campionato de Europa de Moscú que terá lugar no mes de maio. Por parte do Club

Ezequiel Gago e J. Manuel Ferreira clasificáronse para o Europeo de Moscú

Artai Sara Álvarez en lanza do norte e Ana Soto na modalidade de sanda (combate), en menos de 70 quilos, alzáronse co título nacional.

Bronces Pola súa banda, Andreína Álvarez en sable do norte e Agar Gago en tai chi foron as dúas medallas de bronce dos participantes de Ourense. A nota negativa foi a eliminación do competidor galego senegalés Ngagne Faye ao non lograr estar no peso regulamentario. Ademai, Jacobo Rodríguez quedou fóra do podio pola diferencia de 0.01 puntos con respecto ao terceiro clasificado.

Sara Álvarez realizando unha patada lateral. A ourensá logrou o título nacional en lanza do norte.


DEPORTE PROVINCIAL

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

Deportes en San Lázaro 4 O Concello de Verín organiza catro actividades deportivas durante esta fin de semana. Os atletas do Limactiva e directivos en Madrid.

Debut nun nacional do Limiactiva 4 Cinco cadetes participaron no nacional de cross. Redacción O hipódromo da Zarzuela foi testemuña do bo debut da Asociación Deportiva Limiactiva nun Campionato de España. Os novos atletas de categoría cadete viaxaban coa intención de facer o mellor papel posible e gozar desta gran experiencia. A pesar das molestias físicas dun dos compoñen-

tes do equipo, os cinco atletas lograron acabar a carreira. Anass Nagihi (85º), Pablo Nogueiras (136º), Kevin Rodríguez (151º), Said Abdoum (169º) e Marco N. Lema (237º); conseguindo a trisexima posición como equipo, tras completar cada un os 4.585 metros dun percorrido moi esixente por terra, herba e area.

Redacción O Concello de Verín organiza actividades deportivas os días 12 e 13 de marzo, no marco da “I Edición Especial Deportes do Lázaro”. Natación O sábado 12, ás 10 horas, celebrarase na piscina climatizada de Verín o tradicional Torneo de Natación do Lázaro, no que participarán varios equipos da provincia e do norte de Portugal. Piscina climatizada de Allariz, Piscina climatizada de Xinzo de Limia, Piscina universidade de Ourense, Clube de Nataçao de Chaves, Flavitus Nataçao Clube e o Club de Natación de Ve-

rín serán os equipos participantes. Cocurrirán nadadores sen licenza federativa en vigor, que competirán nas categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Ciclismo O mesmo sábado, ás 10 horas, realizarase o primeiro paseo ciclista familiar do Lázaro. O percorrido do paseo (de dificultade baixa), que rondará os 1520 km, partirá da praza do Concello e percorrerá o novo traxecto da Ecovía do Támega. Non é necesaria inscrición previa. Atletismo O domingo 13 de marzo, ás 10 horas, será o momento da “I Carreira do

Lázaro” cuxo percorrido discorrerá pola zona da Preguiza, Vilela e o Casco Antigo de Verín. As carreiras que se celebrarán son de 8.800 metros para a categoría absoluta; de 4.400 para os cadetes; 2.250 para os infantís; de 1.500 metros para os alevíns; de 750 para os benxamíns; de 100 metros para prebenxamíns e de 50 metros para os pitufos. BTT Tamén o 13 de marzo, ás 10 horas, terá lugar a primeira edición da Ruta BTT das Festas do Lázaro. A saída darase na praza García Barbón e contará cun percorrido de 40 quilómetros.

13

Torneo de fútbol sala en Xinzo Redaccción Os días 26 e 27 de marzo celébrase no pavillón de deportes de Xinzo de Limia a terceira edición do torneo solidario de fútbol sala. Haberá tres categorías: sub 16, feminina e afeccionados. Para participar os equipos das categorías sub 16 e feminina deberán entregar 15 quilos de comida non perecedoira; para os equipos afeccionados serán 30 kg a cantidade de alimentos que deberán aportar. A entidade beneficiaria será Cáritas Santa Mariña. Para máis información poden chamar ao teléfono 606 19 08 89. Este torneo está organizado polas Novas Xeracións de Xinzo de Limia e colabora a concellería de Deportes e Xuventude.


14

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

CICLISMO

Burgas Bike Team, nacer para crecer 4 Comeza a súa andadura con oito bikers. Redacción Talleres JM foi o lugar elexido para a posta en escena do novo equipo de BTT co que conta a cidade de Ourense: o Burgas Bike Team. Este é un novo equipo de ciclismo na rama da montaña. O equipo inicialmente conta con oito bikers. Delmiro Acevedo e Toño Rivas que son os “alma mater” do equipo e os “culpables” de que vexa a luz. O resto

dos integrantes son Dani Rodríguez, Jorge Valdés, José Carlos San Miguel, David Vázquez, José Ferro e Alberto Lodeiro.

Country, o Campionato Galego e de España de Maratón, o Autonómico de Cross Country e á 101 Peregrinos.

Competición A intención deste novo conxunto é a de competir a nivel galego e nalgunha cita nacional, sen descartar facelo internacionalmente. Xa participaron na Transgalaica 2016 e na Algarve Bike Team. Proximamente, acudirán a o Open Galego de Cross

Máis probas Pero tamén se lles verá en probas do circuíto UCI e da Copa do Mundo. A Meda 100 UCI World Cup Marathon ou a Titan Villuercas UCI World Cup Marathon son algunhas das citas que teñen en vermello no calendario deste recén nado club.

O Burgas Bike Team, novo equipo BTT da cidade de Ourense, foi presentado nas instalacións de Talleres JM.

Carlos Canal sobe ao podio 4 Nas dúas primeiras probas do Open de España. Redacción O ciclista do Academia Postal-Actyon, Carlos Canal comezou no podio a súa participación no Open de España de BTT XCO nas probas disputadas en Chelva (Valencia). Na primeira proba, unha contrarreloxo, o ourensán remataba segundo, mentres que na segunda -ao día seguinte- era terceiro na proba rali. Carlos Canal participa en categoría cadete. En elite pro, Saúl López era 26º nunha carreira de carácter internacional na que se deron cita un bo número de corredores estranxeiros.

Iván Feijoo, que regresaba á competición tras un período de descanso, remataba undécimo. En féminas, a cadete Antía Martínez era cuarta quedando ás portas do podio; esta era a primeira carreira BTT de Martínez a nivel estatal. Tempada O Academia PostalActyon centrará o seu calendario no Open de España, que este ano contará con cinco probas puntuables. Ademais da disputada a pasada fin de semana en Valencia no Gran Premio Cultbikes tamén se integran as seguintes probas: os Internacionais

Pablo Rodríguez xógase en abril o seu pase a Río.

Carlos Canal , durante unha das complexas probas disputadas en Chelva (Valencia). Cidade de Valladolid (19 e 20 de marzo); a Copa Catalana Vall de Lord (30 de abril e 1 de maio); os Internacionais Montaña Palentina -Aguilar de Campoo- (7 e 8 de maio) e o Gran Premio GP Valle de Benasque-Castejón de Sos (4 e 5 de xuño). Outras das citas importantes da tempada serán o Open de Galicia, campionatos de España e algunha saída ao estranxeiro para participar nas UCI World Series júniors en Suiza, Austria e Alemania, e na Taça de

Portugal. Pablo Rodríguez O ciclista macedán Pablo Rodríguez tamén estivo en Valencia. No primeiro ano de categoría elite, foi sétimo. Rodríguez chegou a esta cita falto de forma como a maioría dos participantes, xa que ao ser ano olímpico centran a súa tempada nesa cita. O ourensán conta con estar ao 100% para o mes de abril, data na que se xogará a súa presenza en Río.


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº136- Ano: VIII - 11 de marzo de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Laias contará cunha piscina termal flotante 4 Turismo de Galicia construirá a infraestrutura, cun investimento de 200.000 euros. Redacción

Estatua a Estanislao Reverter e Antonio Coleman ubicada no parque San Lázaro./P.L.

Unanimidade no recoñecemento a Reverter 4Federacións, escuderías, pilotos e institucións vólcanse en adhesións ao expediente de honra a Estanislao Reverter. Redacción Federacións, escuderías, institucións, pilotos, copilotos, fundacións, entidades culturais, numerosas persoas a título particular e empresas están a expresar a súa adhesión ao expediente de honra incoado polo Concello de Ourense a favor de Estanislao Reverter Sequeiros “Lalao”. O expediente pretende recoñecer e agradecer o labor realizado por Estanislao Reverter e a súa loita polo desenvolvemento e promoción da nosa cidade en diferentes ámbitos, como o automobilismo, como prestixioso piloto que decoraba os seus vehículos coas cores da bandeira de Galicia.

Ata o 15 de marzo permanece aberto o período de exposición pública do expediente, para achegar propostas

Prazo Ata o día 15 de marzo está aberto o período de exposición pública do expediente de honra, coa finalidade de que todas as persoas ou entidades que o desexen poidan participar, achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos, e efectuar as propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos. Deberán facelo a través dun escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello, na Praza Maior. “Lalao” A traxectoria de Lalao foi extensa. Así, Reverter foi presidente da Federación Galega de Automobilismo, vicepresidente da Federación Española, vogal da Federación Internacional, ademáis de empresario do automóbil e da construción e deputado nas Cortes Españolas de 1977.

Estanislao Reverter. Na súa traxectoria como piloto e organizador cómpre salientar as 54 victorias absolutas en probas de diferentes especialidades; 12 participacións no Rally de Montecarlo, como piloto oficial de Rover no ano 1966; e dúas victorias no Rally de España-RACE, o das Rías Baixas e Oviedo (actualmente Príncipe de Asturias). Tamén foi piloto da Jolly Club. Recompensado en 1965 coa medalla de prata ao Mérito Deportivo e a título póstumo a distinción ao Merito Deportivo de Galicia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre a administración provincial e a autonómica para executar o proxecto de construción dunha piscina flotante termal no río Miño, ao carón do balneario de Laias (Cenlle), que potenciará a oferta termal na provincia de Ourense. O acordo contempla a construción nun prazo de catro meses da dita infraestrutura termal, na que se investirán por parte da Axencia de Turismo de Galicia 200.000 euros. O proxecto, segundo explicou o presidente do goberno provincial, “forma parte do Plan “Ourense, a provincia termal”, que estamos a desenvolver conxuntamente Deputación e Xunta de Galicia, co obxectivo de seguir impulsando a riqueza termal e natural da provincia de Ourense”. Baltar remarcou que o termalismo “é un dos produtos turísticos de maior especialización na nosa provincia e un dos que que achega unha maior singularidade á oferta relacionada con ocio e saúde, ao redor da cal estrutúranse unha serie de servizos innovadores e de establecementos balnearios que aportan calidade e valor ao turismo da provincia de Ourense”. A piscina termal flotante construirase nas proxi-

midades do balneario de Laias, á beira do río Miño, unha actuación que figura na liña estratéxica de “Infraestruturas termais” do referido Plan Termal. A piscina sitúase dentro do denominado Dominio Público Hidráulico, ocupando unha superficie de 657 metros cadrados, dos cales 550 metros cadrados corresponden á plataforma e á piscina flotantes, situadas na beira do río Miño, e 107 metros cadrados, á pasarela de conexión entre a piscina e o balneario. Plan Termal Deputación de Ourense e Xunta de Galicia seguen a traballar para desenvolver en 2016 as liñas de actuación do Plan Termal nos ámbitos da promoción turística, as melloras de infraestruturas termais, a xestión económica e os investimentos.

Neste sentido, Manuel Baltar afirma que a planificación “é básica para acadar os obxectivos propostos no plan, que deberá estar rematado no horizonte de 2020 coa finalización do período de fondos comunitarios”. Baltar considera que a “aposta firme” polo termalismo “danos visibilidade internacional e fai posible que, por exemplo, programas como o de “Termalismo saúdable” enlace Ourense con 40 provincias de España, coa posibilidade de obter online e en menos de 5 minutos a confirmación da reserva de praza para estancias nos balnearios da provincia”.

O obxectivo do proxecto é, segundo Baltar, “impulsar a riqueza termal da provincia”

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a sinatura do acordo de colaboración.


16

BARRIOS DEPORTIVO 11 de marzo de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.