Bd134

Page 1

Prata para o CD Ourela no Campionato Galego de patinaxe [ Páx. 13] ATLETISMO Páx.2-3

FÚTBOL Páx. 5

BALONCESTO Páx.6-7

NATACIÓN Páx. 9

FÚTBOL SALA Páx.10-11

[Páx. 7]

COB: un equipo que quere crecer

[Páx. 8]

Éxito do Salvour no Galego de salvamento

O Club Ourense Baloncesto perdeu en casa contra o Oviedo. // Os Remedios acolleu o Campionato de Galicia de salvamento acuático./R.TORRES.

Número: 134- Ano: VIII -12 de febreiro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 26 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

AXENDA / ATLETISMO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 13 de xaneiro. O Couto -16:45h-. U.D. Ourense - Trives. 2ª Autonómica. - Día 13 de febreiro. Oira -16:00 horas. Ourense C.F. - Roces. División Honra Xuvenil. - Día 14 de febreiro. José Arjiz. Verín - Negreira. 3ª División. - Día 14 de febreiro. O Couto. Ourense C.F. - O Grove. Rexional Preferente. - Día 21 de febreiro. Os Carrís. Barbadás - Ribadeo. 3ª División. - Día 21 de febreiro. Calabagueiros. CD Barco - Noia. 3ª División. - Día 21 de febreiro. Rozavales. Monterrei - Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 21 de febreiro. O Couto. Ourense C.F. - Domaio. Rexional Preferente. - Día 21 de febreiro. Colexio Miraflores -16:15h-. Atlético Velle - UD Ourense. 2ª Autonómica. - Día 28 de febreiro. Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Ourense C.F.. División Honra Xuvenil. - Día 28 de febreiro. Espiñedo. Arenteiro - Alertanavia. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 12 de febreiro. Paco Paz - 21:00 h - COB Ourense Provincia Termal - Cáceres. LEB Ouro. - Día 13 de febreiro. Paco Paz -18:30 h- Cálidos Gallegos COB - Cultura Covadonga A. Liga EBA.

Fútbol sala

- Día 13 de febreiro. Os Remedios -17:00 h- Ourense Envialia - Valdetires Ferrol. Primeira División. - Día 13 de febreiro. Os Remedios -19:30 h- Sala Ourense - O Esteo. Segunda División B. - Día 20 de febreiro. Calabagueiros. Pizarras Los Tres Cuñados - Mosteiro Bembrive. Segunda División B. - Día 27 de febreiro. Os Remedios -17:00 h- Cidade As Burgas - Majadahonda. Primeira División.

Chega a segunda OCR Vila de Allariz 4 Carreira de obstáculos que se disputará o 5 de marzo. Redacción O Concello de Allariz organiza, por segundo ano consecutivo, a OCR Vila de Allariz “carreira de obstáculos”, unha proba deportiva de resistencia. O evento que foi presentado na casa consistorial do Concello alaricano presenta varias novidades con respecto ao ano pasado. Percorrido Os participantes deberán completar un percorrido duns 12 quilómetros e superar numerosos obstáculos. A saída será no campo da Feira e a chegada no complexo deportivo de

Vilanova (Allariz), pasando por lugares como as aldeas de Roimelo, San Salvador e Os Xugueiros. Non hai tempo límite pero si que deberá superarse todos os obstáculos. Poderán participar homes e mulleres maiores de 18 anos, cun límite de 500 prazas. En caso de completar as prazas haberá

unha lista de espera por se houbera baixas. A saída será por tandas a partir das 15:30 horas e en intervalos de 20 minutos. Na inscrición poderase elexir na tanda que se queira saír reservando a primeira para os corredores máis preparados e calificados como “élite”. Inscricións As inscricións teñen un prezo de 25 euros e poderán realizarse na web www. championchipnorte.com. As categorías son: OCR (18-35 anos), OCR 1 (3650 anos) e OCR 2 (máis de 51 anos).

Cartel desta edición da OCR Vila de Allariz.

Atletismo

- Día 13 de febreiro. Ribadavia -A Veronza-. Campionato de Galicia por relevos. Categorías benxamín,alevín, infantil, cadete e xuvenil. - Día 14 de febreiro. Ribadavia -A Veronza-. Cross Ribadavia. Campionato de Galicia de cross longo de categorías absolutas. - Día 20 de febreiro. Módulo Pavillón dos Remedios. IV Xornada en pista Copa Deputacion. - Día 21 de febreiro. O Barco -12:00h- V carreira por parellas “O Barconamora”.

Alejandro Fernández, cuarto en Santa Pola Redacción O atleta ourensán Alejandro Fernández finalizou cuarto no Campionato de España de media maratón disputado na localidade alicantina de Santa Pola. O fondista do ADAS O Barco rematou cun tempo de unha hora, cinco minutos e 39 segundos. Fernández estivo ben na primeira metade do trazado, pero a falta de adestramentos fixo que quedara relegado á cuarta posición. Unha periostitis fixo que soamente puidera adestrar correctamente durante tres semanas antes da cita. Os primeiros en rematar a proba foi Javier Guerra (en homes) e Paula González (en mulleres) proclamándose campións de España. O segundo clasificado foi Jesús España (1:03:28) logrando a mínima para o europeo e mínima para o Mundial; en terceira posición entraría en meta Ricardo Rosado (1:04:27).

Balonmán

- Día 13 de febreiro. Ribadavia -18:00 h-. Viña Costeira - Balonmán Camariñas. 1ª Autonómica masculina. - Día 14 de febreiro. Pavillón Campus Universitario. Campus Ourense - Balonmán Tui. 1ª Autonómica feminina. - Día 21 de febreiro. Anexo Os Remedios. Balonmán Pabellón - Seis do Nadal - Coia. 1ª Autonómica masculina. - Día 27 de febreiro. Anexo Os Remedios. Balonmán Pabellón - Balonmán Tui. 1ª Autonómica feminina.

Rugbi

- Día 20 de febreiro. Campus Ourense. Keltia Ourense - Fendetestas. 2ª División Autonómica. - Día 27 de febreiro. Campus Ourense. Campus Uni Ourense Coosur - Pontevedra RC. 1ª División Autonómica.

Tenis de mesa

- Día 13 de febreiro. Paco Paz -10:30h-. Galmédica Ourense TM - Grupo Barros-Cambados TM. 3ª División Nacional. - Día 27 de febreiro. Paco Paz -10:30h-. Galmédica Ourense TM - Monte Porreiro Pub Patrimonio. 3ª División Nacional.

Alejandro Montero (dereita) no terceiro caixón do podio en Santander.

Podio para Alejandro Montero Disputouse en Santander o Campionato de España de Cross para atletas discapacitados intelectuais. Á proba acudiu o atleta do Ourense Atletismo Alejandro Montero. O seu debut nun campionato desta índole non puido ser mellor e Montero subiu ao podio na terceiro caixón colgándose a medalla de bronce. Todo un éxito para un deportista que leva pouco máis dun ano na práctica do atletismo.

Alejandro Fernández, nunha carreira disputada en Ourense .


CICLISMO / ATLETISMO

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

Iván Feijoo, oitavo no Mundial 4 O ciclista ourensán é júnior de primeiro ano. Redacción O corredor do Academia Postal - Actyon do

Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo, rematou oitavo nos Campionatos do Mundo de Ciclocross de

O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá 600 deportistas 4 Será a 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través. O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá esta fin de semana no concello de Ribadavia 600 deportistas nunha das probas de atletismo de maior tradición. O evento desenvolverase en dúas xornadas, os días 13 e 14 de febreiro. O sábado terá lugar o XXXIII Copa Deputación de Atletismo – campo a través por relevos mixto e o I Campionato de Galicia de campo a través por relevos mixtos en categoría benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. A competición terá lugar dende as 11.00 ás 14.00 horas e estímase unha participación de 300 atletas. O domingo disputarase a 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a

través absoluto, promesa e júnior, individual e por equipos masculino, e o XLIX Campionato de Galicia de campo a través absoluto, promesa e júnior, individual e por equipos feminino. A competición celebrarase á mesma hora que no día anterior e cunha participación de atletas similar. 10 km Esta 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través absoluto cumpre 100 anos da súa orixe e nela “unha das probas máis antigas na que estarán presentes os mellores atletas que hoxe ten a comunidade para disputar este título que outorga certo prestixio ao vencedor”, afirmou o coordinador do evento, e presidente do club Aurum,

Lalo Gómez. Asemade por primeira vez “homes e mulleres en categoría absoluta competirán sobre a mesma distancia de 10 quilómetros”, destacou Gómez. O Cross celébrase “en inverno para experimentar a dureza e para preparar ós atletas para a tempada de pista ao aire libre”, asegurou. O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou que “por primeira vez se celebrará neste evento un campionato de Galicia”. Con respecto ao circuíto no que se disputarán as probas, Hornillos asegurou que “é un dos mellores que hai a nivel nacional que se pode considerar válido mesmo para celebrar un campionato de España ou Europa”.

categoría júnior. Nunha soberbia carreira na que saía no posto 39, o ourensán era quen de remontar posicións ata a oitava na que finalizaría a proba. Ademais de levar un gran ritmo feijoo quedouse a 34 segundos da medalla de bronce demostrando que se adaptou á perfección ao rápido circuíto belga de Zolder. Tempada Con esta oitava posición mundialista Iván redondea unha gran tempada na que é bo recordar que é a súa primeira como júnior. O alaricano gañou a Copa de España e proclamouse subcampión nacional; ademais de levarse o título galego xunto con varias probas como a disputada en Maceda.

Presentación do “Cross de Ribadavia” na Deputación de Ourense, no que participaron Isidoro Hornillos, Juan Anta, Ricardo González, Ignacio Gómez, Lalo Gómez, Bernardino González e Manuel Pérez./A.PAZ.

Redacción

Feijoo en pleno esforzo no Mundial de Zolder.

Este é o primeiro ano en categoría júnior de Iván Feijoo

Pistoletazo de saída da proba disputada en Monterrei./S.T.

Final intercomarcal de campo a través O Xogade celebrou a final intercomarcal escolar de campo a traves no complexo deportivo de Monterrei. Os mellores atletas de cada categoría clasificáronse para a final do Campionato Provincial que se celebrará de novo en Monterrei o sábado 27 de febreiro.


BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

POLIDEPORTIVO

Tenis de mesa

O Galmédica, ao axexo do Monte Porreiro 4 O equipo ourensán marcha segundo na clasificación. R.T. O Galmédica Ourense Tenis de Mesa continúa na segunda posición na Terceira División -grupo sur- do tenis de mesa. Os ourensáns continúan ao axexo do equipo pontevedrés do Monte Porreiro. A diferenza entre eles na táboa é de tres puntos. Restan seis xornadas e o enfrontamento directo

dentro de dúas semanas será chave para saber se os ourensáns loitarán ata o final polo título. Pero antes terán que disputar a xornada desta fin de semana. O Galmédica recibe no Pazo (sábado, 10:30 horas) ao Grupo Barros-Cambados (4ª), mentres que o Monte Porreiro recibe ao Vincios Lucas Tojal (6º). Para a seguinte semana

non haberá Liga, a cal volta o vindeiro 27 de febreiro, co partido no Pazo entre o Galmédica e o Monte Porreiro, ou o que é o mesmo: entre o segundo e o primeiro clasificado.

Ciclismo

Clasificación Agora mesmo o conxunto pontevedrés marcha cunha vantaxe de tres puntos. O líder ten 57 puntos por 54 dos ourensáns. O terceiro clasificado, o Liceo de Noia C está, con 41 puntos, moi lonxe dos postos de cabeza, polo que o título é cousa de dous.

4 Do 24 ao 27 de marzo, para todas as categorías.

27 de febreiro. Pazo Paco Paz. GalmédicaMonte Porreiro

“Os catro días de Ourense”, en Baños de Molgas

Redacción A Fundación ADO Moure Pro-Deporte organiza do 24 ao 27 de marzo “Os catro días de Ourense”, unha cita ciclista composta por catro etapas que se desenvolverán en Baños

de Molgas, con probas para as categorías júnior, sénior, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60 (masculino e feminino). Para poder optar á clasificación xeral final, é indispensable participar como mínimo en tres das etapas.

Inscrición aberta na rede ata o 23 de marzo ás 13 h

Inscrición Os participantes poderán facer a súa inscrición até o 23 de marzo ás

FÚTBOL

O Barco escala posicións 4 O Barbadás e o Verín sesguen en caída. O Galmédica conta con 54 puntos, tres menos que o líder./ARQUIVO.

FÚTBOL GAÉLICO

Derrota do Auriense 4 Tanto en categoría masculina coma feminina. Redacción Os equipos masculino e feminino do Auriense

de fútbol gaélico caeron derrotados na última xornada disputada na Segunda División.

Os dous perderon contra o Ártabro de Oleiros no Campus de Ourense. A superioridade visitante demostrouse en todos os minutos de ambos encontros.

Ambos tiveron como rival ao Ártabro de Oleiros

Redacción A Terceira División estanos a deixar nas últimas xornadas o ascenso na clasificación do Barco e a caída do Barbadás e Verín. O Barco sumou unha nova vitoria a pasada xornada ante o Ribadeo, ao que venceu en Calabagueiros por dous goles a un. Con este triunfo, os de Javi Rey superan ao conxunto

ourensán que ía mellor clasificado, o Barbadás. Os valdeorreses son sétimos con 35 puntos. O Barbadás continúa coa racha de resultados negativos e volveu perder; nesta ocasión, diante do Boiro por 12. O equipo dirixido por Peluso é noveno con 33 puntos. O terceiro equipo ourensán, o Verín, empatou a un tanto no campo do Silva, o que

13 horas na web www. fundacionadomoure.com. Para participar nas catro etapas terá un custo de 30 euros, a inscrición dunha soa será de 10 euros. Os xuvenís non terán que abonar taxa ningunha por inscrición. Tras finalizar este prazo, a única maneira de inscribirse será na liña de saída de cada etapa abonando os 10 euros por día.

Cartel do evento.

lle permite estar fóra dos postos de descenso. O equipo que adestra Iván González, achégase perigosamente á zona baixa, circunstancia que non se dera en toda a tempada. A marcha de xogadores e o anuncio do presidente de que deixará o equipo a final de tempada -senón antes- non axudan a dar tranquilidade. Vindeira xornada Esta fin de semana dispútase a xornada número 25. O único conxunto ourensán que xoga como local é o Verín, que recibe ao Negreira (12º) o domingo ás 17 horas. O Barco visitará ao Alondras (13º) e o Barbadás ao Arosa (10º).


FÚTBOL

deixa o equipo onde se merece” e engade “é o noso compañeiro e queremos que se recupere. Pronto voltará con nós”.

Todos con Antonio Dacosta 4 O adestrador causará baixa temporalmente no banco da UD Ourense. R. Torres Este sábado a Unión Deportiva Ourense recibe ao Trives, ás 16:45 horas no estadio do Couto. Os seus afeccionados teñen dous motivos para non perderse esta cita. Por unha banda, inaugurarase o monolito en memoria de Club Deportivo Ourense. Cinco ou dez minutos antes de que de comezo o encontro persoas que estiveron vencelladas ao club desaparecido serán as encargadas de descubrir a escultura de 280 centrímetros e 1.500 quilos. No monolito haberá tres placas cos

Os seus substitutos serán Rubén García e Fran Álvarez

nomes e apelidos de todos os que donaron cartos para este fin. Ademais, no alto do mesmo, un escudo do CDO estará presente para o recordo de todos. O lugar destinado para a súa ubicación será no lado dereito da entrada a vestiarios. Desde a directiva convidan a todas persoas con pasado ourensanista a que acudan a este emotivo momento no que se honrará a memoria dun club con 62 anos de historia. Dacosta A outra razón para non faltar a este encontro é que terá lugar a despedida, temporal, de Antonio Dacosta do banco da Unión Deportiva Ourense. O técnico será sometido, a vindeira semana, a unha operación cirúrxica, o que o manterá afastado por un

tempo das súas funcións dentro do club. Antonio foi o artífice do ascenso do equipo o ano pasado de Terceira a Segunda Rexional con pleno de vitorias na competición. Por iso, a directiva pide aos seareiros que acudan ao estadio a mostrar o seu apoio ao técnico unionista. Substitutos Durante as semanas que Antonio Dacosta estea ausente o staff técnico correrá a cargo de Rubén García, o actual segundo adestrador, e Fran Álvarez, xogador do primeiro equipo. A nova de Fran substitúa a Antonio resultou de bo grado no seo da plantilla unionista. En palabras do presidente, Modesto García, “Antonio pode estar tranquilo porque

Trives O partido será ante o Trives, equipo que ocupa a décimo quinta posición con 18 puntos. Un encontro, a priori, sinxelo, pero que os ourensáns deberán sacar adiante para seguir á fronte da clasificación. Neste intre, son líderes con 49 puntos, seguidos do Arrabaldo e Santa Teresita con 46 e 45 puntos, respecrtivamente. Os outros partidos da xornada enfrontarán a Amoeiro e Velle; Potedeva

2ª Autonómica -Grupo 921ª xornada

Posto Equipo Puntos 1º UD Ourense 2º Arrabaldo 3º Santa Teresita 4º Arnoia 5ºAmoeiro 6º Loñoá 7º Covadonga 8º Caldelao 9º Pontedeva 10º Ribadavia 11º Leiro 12ºCea 13º Melias 14º Barra de Miño 15º Trives 16º Atl. Velle 17º Coles 18º Palmés

49 46 45 44 42 40 34 28 27 26 23 22 21 19 18 17 13 11

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

e Santa Teresita; Ribadavia e Loñoá; Coles e Palmés; Covadonga e Melias; Leiro e Cea; e Barra de

Miño e Caldelao. Con especial atención se agarda o Arrabaldo - Arnoia (segundo contra cuarto).

No próximo encontro a UD mídese co Trives (15º)./R.T.

Xornada 22 - 14 de febreiro Amoeiro - Atl. Velle UD Ourense - Trives Pontedeva - Santa Teresita Ribadavia - Loñoá Coles - Palmés Arrabaldo - Arnoia Covadonga - Melias Leiro- Cea Barra de Miño -Caldelao

Xornada 23 - 21 de febreiro Caldelao - Amoeiro Atl. Velle - UD Ourense Trives - Pontedeva Santa Teresita - Ribadavia Loñoá - Coles Palmés - Arrabaldo Arnoia - Covadonga Melias - Leiro Cea - Barra de Miño


BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

BALONMÁN/BALONCESTO

BALONMÁN

O Pabellón sucumbe ante o Novás 4 Esta derrota afástao dos primeiros postos. Redacción O Pabellón Ourense de Primeira Autonómica de balonmán caeu na casa diante do Atlético Novás por 26 a 29. Con esta derrota os pavillonistas perden moitas opcións de estar entre os equipos que loiten polo ascenso. Agora están a nove puntos do segundo clasificado, o Rasoeiro, aínda que cun partido menos. Unha mala definición ofensiva nos últimos minutos de encontro, unido á imprecisión defensiva, botou por terra a vantaxe que tiñan a falta de 10 minutos para o pitido final (24-21). No inicio do partido

parecía que ía a ser unha cómoda vitoria para os locais, xa que durante moito tempo estiveron por diante no marcador sen sentir a presión do rival. Todo mudou no tramo final e fixo que os de Diego Lorenzo perderan a oportunidade de seguir loitanto polas primeiras posicións. Un parcial de 3-8 mandou ao lixo todo o traballo realizado anteriormente. Agora os pavillonistas son sextos con 13 puntos. Esta fin de semana o Pabellón xogará na casa do Tui. Viña Costeira Pola súa banda o outro conxunto ourensán da

Primeira Autonómica, o Viña Costeira, colócase cuarto na clasificación con 18 puntos e con serias opcións de loitar polo ascenso. Nesta xornada o equipo do Ribeiro recibe ao Camariñas. Primeira Feminina Na Primeira Autonómica feminina o Pabellón Balonmán aprazou o seu encontro desta pasada xornada contra o Teucro para o 27 de febreiro. O Campus Ourense xogou contra o líder, Caselas, co que caeu derrotado por 27 a 15. Esta fin de semana o Pabellón Balonmán descansa, mentres que o Campus Ourense recibe ao Tui.

O Campus Ourense feminino caeu nesta xornada por 27 a 15 ante o Caselas

O Pabellón Balonmán atópase o nove puntos do segundo, cun partido menos./R.T.

BALONCESTO FEMININO

Remata a liga regular co Campus Ourense líder 4 Aínda non se coñecen as datas das fases de ascenso e descenso. Redacción Sorte dispar correron os conxuntos ourensáns de balocesto feminino na Primeira Autonómica esta tempada. O clásico desta categoría, o Universitario Campus Ourense, mantívose líder do grupo Sur durante a maior parte das xornadas. Con 8 vitorias das 10 posibles, agárdalle agora a loita polo ascenso a Nacional. Pola súa banda, o Codigalco Carmelitas logrou neste primeiro ano en Autonómica o obxectivo perseguido, estrearse cunha boa actuación e manterse na categoría. Con seis partidos gañados rematou na zona media e tranquila da táboa (4ª posición). Non obstante, o peor parado dos equipos ourensáns foi o Pabellón, que descendeu dende LF2 debido ás dificultades económicas e tan só logrou unha vitoria en todo o curso, ocupando a última praza. Agárdase agora polo calendario para coñecer os conxuntos e o momento no que se disputarán a

O Campus loitará polo ascenso a Nacional

fase de ascenso e descenso, nas que estarán dous dos nosos representantes. Última xornada A número 10 foi a última xornada de Liga para o grupo Sur. Nesta ocasión, o Campus volveu imporse, dobregando por 83-79 ao Seis do Nadal-Coia, que rematou a Liga na segunda

posición. Era un encontro agardado por tratarse dos conxuntos máis regulares do grupo, pero as ourensás souberon levar as rendas e lograr que a vitoria quedase en casa. Tamén o Carmelitas xogou este último encontro na casa. Recibiu no Vedruna ao Arxil, e tras un partido emocionante as xogadas dos últimos segundos decantaron a balanza do lado das pontevedresas. 75-77 foi o resultado. Pola súa banda, o Pabellón medíase como visitante co Porriño (penúltimo clasificado), que estreou o seu casilleiro de vitorias a conta das ourensás. 64-57 marcaba o luminoso tras os 40 minutos de cita, que sentenciaban ás pavillonistas á última posición e a ter que loitar por manterse na categoría.

O Carmelitas rematou na metade da táboa. No último encotro caeu pola mínima ante o Arxil./R.T.


BALONCESTO

Un equipo que quere crecer 4 Sen urxencias na clasificación a tempada busca ser de progresión deportiva para os xogadores máis mozos. R. Torres Con poucas urxencias clasificatorias polo pacto firmado coa ACB de cara a próxima campaña os obxectivos deste ano son varios. Non relaxarse e saír a competir en cada encontro, non rematar en postos de descenso o ano que ten asegurado o ascenso e facer crecer neste deporte aos xogadores máis mozos da plantilla son os retos aos que se enfronta semana a semana o corpo técnico do COB. Outra cousa ben distinta é o que está a traballar a xunta directiva para que a ACB non poña ningún impedimento de cara a incursión do club na mellor Liga europea de baloncesto o vindeiro curso. En canto á relaxación, Gonzalo García de Vitoria e o seu equipo -incluídos a Guille Rejón e Pedro Rivero- manteñen en tensión a todo o equipo durante os adestramentos. Na clasificación son décimo segundos, a dúas vitorias dos playoffs e tamén a dúas do descenso. García de Vitoria quere que o equipo se clasifi-

que para os playoffs para coller experiencia, pero igual a experiencia ten que chegar mirando cara ao outro lado da clasificación. Quizáis o equipo terá que xogarse nas últimas xornadas a salvación, o que pode ser unha boa ocasión para que os máis novos crezan deportivamente. Crecemento O crecemento que se lle agarda aos xogadores é o máis parecido ao que fixeron na primeira metade do encontro fronte ao Breogán de Lugo. Porén, a segunda metade foi coma se os cobistas deran varios pasos atrás na súa formación. Unha derrota que noutra tempada tería sido moito máis dolorosa do que os afeccionados puideron sufrir nesta ocasión. Esixencias dun guión escrito de antemán e sorte para corazóns sensibles. Haberá que ver se esta tranquilidade se mantén cando remate a Liga e ao COB o teñan que inscribir na Asociación de Clubs de Baloncesto.

Salash é un dos xogadores máis novos do COB/R.T.

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

Cáceres, próximo rival do COB 4 O equipo extremeño chega moi mermado ao encontro no Pazo. R.T. O Ourense Provincia Termal (COB) xoga este venres ás 21 horas no Pazo de Deportes Paco Paz diante do Cáceres. O conxunto extremeño chega en postos de playoffs pero con contratempos sobrevidos nas últimas datas. Primeiro foi a lesión do seu pívot Mansour Kasse, quen estará afastado das canchas varias semanas. Despois foi a marcha do mellor xogador do equipo, o lituano Yautvtdas Slezas, tamén pívot como no caso de Kasse. E a última das malas novas foi a lesión de Ben Mockford; o escolta terá que descansar alomenos un mes. Os extremeños recuperan ao cedido Carlos Toledo, o que non impedirá que cheguen baixo mínimos a Ourense. Vantaxe? O que pode ser unha vantaxe para calquera rival, parece que para o COB non é así. Según Gonzalo García de Vitoria “non puidemos traballar moito sobre o rival, porque non sabemos o que nos imos atopar este venres”. E vai máis aló, “podemos intuír o que nos poden preparar, polo que faríamos nós, pero non o sabemos seguro” o que “dificulta máis o partido”. O que ten máis ou menos claro é que o ex do COB (Sergio Pérez) xogará máis ao catro, o que o fará máis perigoso. Moitas dúbidas antes dun partido no que non debe haber excusas para acadar a vitoria e así estar máis preto do obxectivo de eludir as dúas últimas prazas. Aínda así, Gonzalo, considera que o lado positivo para o seu equipo son as baixas do Cáceres, que lle restan potencial a un equipo que ocupa a oitava posición pero que agora, segundo

Jonathan Barreiro dando espectáculo contra o Oviedo./R,TORRES

Xornada 21 - 12 de febreiro Ourense Provincia Termal - Cáceres Oviedo - Barcelona Lassa Cocinas.com - Planasa Navarra Prat Juventut - Actel Força Lleida Peñas Huesca - Quesos Cerrato Palencia Amics Castelló - Melilla Burgos - Leyma Basquet Coruña Palma Air Europa - Cafés Candelas Breogán palabras do seu adestrador, Ñete Bohigas, “antes mirabamos cara arriba, agora -polas lesións e as baixas- temos que mirar cara abaixo”.

Este venres, ás 21 horas no Paco Paz, COB - Cáceres

Liga LEB Ouro

Posto Equipo 1º Palencia 2º Melilla 3º Huesca 4º Oviedo 5º Palma 6ª Burgos 7º Castelló 8º Cáceres 9º Coruña 10º Barcelona 11º Breogán 12º Ourense 13º Navarra 14º Cocinas.com 15º Lleida 16º Prat Juventut

V-D 18-2 15-5 12-8 12-8 11-9 11-9 10-10 10-10 10-10 10-10 9-11 8-12 7-13 6-14 6-14 5-15


BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

SALVAMENTO

Campionato de España que se celebrará en Torrevieja o 27 e 28 de febreiro. Entre eles os tres ourensáns que participaron neste evento (Ecequiel, Andrea e Silvia). O primeiro participará en 200 metros obstáculos; a segunda en todas as probas nas que participou e a terceira en 100 metros rescate con aletas.

Unha nadadora durante a súa proba de arrastre de manequí./RAMSÉS

O Salvour mete a todos os seus integrantes no podio

Salvour O conxunto ourensán era o equipo que menos integrantes presentaba no campionato. A pesar delo logrou meter a todos eles en podio. Por clubs, en categoría absoluta, os mellores foron o Umia (primeiro); o Cerceda (segundo) e Arteixo (terceiro). O

Salvour foi décimo. En categoría júnior o mellor foi o Umia e o Arteixo e Cerceda, segundo e terceiro, respectivamente; o Salvour rematou oitavo. E en categoría xuvenil primeiro foi Carballo; segundo, Sada e terceiro, Cerceda. O Salvour foi noveno. A mellor deportista absoluta foi Cristina García Marín do Sanxenxo e en masculino Iván Lobelle González do Laracha.

Moitos deportistas que acudiron a Ourense lograron as mínimas precisas para participar no próximo Nacional

4 No Campionato de Galicia de Salvamento acuático. Redacción O Club Salvour ademais de encargarse da organización do Campionato de Galicia de Salvamento acuático de augas pechadas tamén logrou colocar a todos os

seus deportistas no podio. En vista do éxito organizativo do Salvour no pasado campionato, a FESSGA (Federación de salvamento e socorrismo de Galicia) decidiu que este ano volvera a realizarse en Ourense polo

Ecequiel Quiroga (no centro) proclamóuse campión galego en 200 obstáculos.

club ourensán. E de novo foi ún éxito en todos os sentidos. En canto á organización todo marchou sen inconvintes demostrando unha vez máis que este club, a pesar de ter unha curta vida, fai as cousas moi ben. Se contamos no apartado estritamente deportivo o Club Salvour logrou que subiran ao podio todos os seus deportistas. Medallas Ecequiel Quiroga revalidou o título de campión galego na proba de 200 metros obstáculos por segundo ano consecutivo. Andrea Bello acadou tres pratas e un bronce. As pratas foron nas probas de 200 obstáculos, 100

combinada e 50 arrastre de manequí e o bronce foi en lanzamento de corda. Silvia Quintela foi bronce en lanzamento de corda. En canto aos representantes en categoría máster lograron primeiros postos. Cristina Colomo alzouse co título autonómico en 100 metros socorrista e 200 metros obstáculos (nesta última mellorou a mellor marca nacional de máis de 54 anos). Pola súa banda, Julio Iglesias proclamouse campión galego en 100 metros rescate con aletas e 50 rescate de manequí. Mínimas Moitos dos deportistas que se deron cita neste torneo acadaron mínimas para participar no

Este campionato galego disputóuse na piscina ourensá Rosario Dueñas./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

NATACIÓN

O Pabellón Ourense, campión júnior masculino 4 Tamén foi terceiro en júnior conxunto e en infantil masculino. Redacción Un total de 15 nadadores (de categoría júnior e infantil) participaron no Campionato Galego destas categorías celebrado na piscina olímpica de Cervo e organizado polo Club Natación Xove e a Federación Galega de Natación. O Club Natación Pabellón Ourense acudiu con sete nadadores júnior e oito infantís. 23 foron as medallas coas que regresaron ademais de novas marcas provinciais de idade e moitas mínimas que dan dereito a participar nos nacionais de verán. Medalleiro Das 23 preseas, seis foron de ouro. Luis Bello en 50 costas (categoría júnior); Paula Blanco en 50 costas (júnior); Jacobo Caride en 100 e 200 costas (infantil); o relevo 4x100 libres júnior (Antón Rodríguez, Luis Bello, Marcos García e José Moure) e o relevo 4x100 estilos júnior (Jose Moure, Pablo Caseiro, Luis Bello e Marcos García).

Maite Colomo bateu o récord de España en 400 libres, 100 costas e 100 bolboreta.

12 medallas para o Pabellón máster en Gijón 4 No Campionato de España de inverno. Redacción Equipo de relevos infantil a piques de empezar a proba. As 10 pratas conseguíronas Marcos García en 100 e 50 libres, categoría júnior; Pablo Caseiro en 100 braza, júnior; Antón Rodríguez en 400 libres, júnior; Luis Bello en 100 costas, júnior; Paula Blanco en 100 costas, júnior; David García en 200 braza, infantil; Jacobo Caride en 200 estilos, infantil; o relevo 4x200 libres júnior (Antón Rodríguez, José Moure, Pablo Caseiro e Marcos García) e o relevo 4x100 estilos infantil (Jacobo Caride, Héctor Álvarez, Noel Quiroga e

David García). E os sete bronces foron para Héctor Álvarez en 100 braza, categoría infantil; José Moure en 100 costas, júnior; Marcos García en 50 bolboreta, júnior; Paula Blanco en 200 costas, júnior; Pablo Caseiro en 50 braza, infantil; Luis Bello en 50 libres, júnior e Eva Carril en 200 braza, categoría infantil.

Lograron seis medallas de ouro, dez de prata e sete de bronce

O Club Natación Pabellón Ourense, de categoría máster, logrou un total de 12 medallas no Campionato de España de inverno de natación máster. O torneo celebrado en Gijón contou con catro participantes do conxunto ourensán. Os catro, como de costume nestes eventos, foron os irmáns García Colomo: Antonio, Manuel, Cris e Maite. Tamén, como ben sendo habitual, regresaron cunha boa colleita de medallas. Catro preseas de ouro colgouse do pescozo Maite; Cristina acadou unha prata e dous

bronces, o mesmo que Antonio, mentres que Manuel conseguiu dous bronces. Récords Ademais

das

catro

medallas de ouro, Maite García Colomo bateu tres récords de España. As probas nas que logrou estes tempos foron en 400 libres, 100 costas e 100 bolboreta.

Os catro irmáns Colomo en Gijon.


10

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas, ante un rival directo 4 O conxunto ourensán visita ao Roldán. R. Torres Atrás queda o comezo titubeante que tivo o Cidade As Burgas no inicio de Liga. Nesas primeiras xornadas o Cidade coqueteaba cos postos de descenso. Unha serie de bos resultados levou ao equipo a ascender posicións e situarse no oitavo posto e con opcións de entrar na Copa (entran os catro primeiros). O equipo dirixido por Manolo Codeso é oitavo con 28 puntos, a cinco da cuarta posición (ocupada por Ourense Envialia).

Entre medias, Universidad de Alicante, 32 puntos; Jimbee Roldán, 31 e Rubí, 31. Roldán Precisamente Roldán é o vindeiro rival das ourensás. No partido de ida disputado en Ourense as franxiverdes empataron un encontro que supoñía o primeiro punto da tempada. Agora a dínámica é distinta e as pupilas de Codeso están con confianza de sacar algo positivo da súa visita a terrras murcianas. Unha derrota faría que o Cidade perdera moitas

opcións de loitar por entrar na Copa e unha vitoria comprimiría aínda máis a clasificación entre o cuarto e o oitavo clasificado, que son os equipos que se pelexarán pola ansiada cuarta praza. Iria e Vane Ao fronte da clasificación de goleadoras manteñense Iria Saeta e Vanessa Sotelo. As dúas levan 23 tantos. Tras elas, dúas do Futsi: Arí, 21 e Leti, 19. A máxima goleadora do Roldán é Mayte Mateo, con 12 tantos. Pero o xogo do Roldán basease máis no bloque que nas individualidades.

Ferrol, próximo rival do Ourense Envialia

No partido de ida o Cidade empatou co equipo murciano

R. Torres

Vanessa Sotelo suma 23 tantos. Na imaxe, buscando o gol no partido ante o Poio./R.T.

Galicia, campioa de España sub 17 4 Venceu na final a Cataluña. Redacción A selección de Galicia de fútbol sala feminino sub 17, proclamóuse campioa de España de seleccións autonómicas. O equipo dirixido polos ourensáns Manolo Codeso e Rubén Cid logrou este título ao impoñerse na

Galicia gañou por 3-1 a Cataluña

final a Cataluña. Pasaron a fase

de

grupos como primeiras ao derrotar a Navarra e Cantabria e tocáballes en seimifinais a Andalucía que viña de ser a mellor nun grupo moi duro. Na semifinal venceron 6-2 ás andaluzas e na final 3-1 foi o resultado favorable.

As galegas impuxéronse na semifinal a Andalucía./RFEF.

O Envialia caeu derrotado por 1-4 ante o Futsi nos Remedios./R.T.

4 As ourensás reciben ao Valdetires, que está en postos de descenso. O Ourense Envialia volve a ocupar postos de Copa trala vitoria da xornada pasada diante do Móstoles (3-4). Quedarse nas posicións que dan dereito a xogar a Copa de España é o obxectivo do equipo dirixido por Chipi. Unha boa ocasión para consolidar a cuarta praza (posición que ocupa actualmente) é a desta xornada. Reciben nos Remedios (sábado, 17 horas) ao Valdetires Ferrol, conxunto que está en postos de descenso 14º con 11 puntos-. A pesar da diferenza clasificatoria non será un partido sinxelo. As departamentais xogan con moito carácter o que fai que sempre sexa un rival duro de batir. Certo é que o potencial baixou con respecto ao do ano pasado. Chipi era o adestrador polo que coñece ben o que fóra durante varias campañas o seu club. Ademais da baixa do adestrador tampouco contan este ano cunha

O Envialia ocupa actualmente a cuarta praza, que lle da dereito a participar na Copa de España

das xogadoras máis polivalentes do equipo, Andrea. A xogadora recalou no Ourense Envialia da man de Chipi. Dúas pezas fundamentais con respecto ao ano pasado. Clasificación As albinegras son cuartas con 33 puntos. Lonxe están os tres primeiros postos (Futsi, Burela e Alcorcón, salvo hecatombe de dimensións apocalípticas, teñen aseugrada a súa

presenza na vindeira edición copeira), polo que o obxectivo será loitar pola cuarta praza. Praza na que non só está interesado o Envialia; un total de cinco equipos teñen posibilidades de rematar o campionato nesa cuarta posición. Interesante final de campaña na que Roldán, Universidade de Alicante, Rubí, Cidade As Burgas e o propio Ourense Envialia pelexarán para acadar o último billete para entrar en Copa.

As ourensás dobregaron ao Móstoles por 3 goles a 4./I.O.


FÚTBOL SALA / HOQUEI

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

11

Hoquei

Bronce para o Barrocás no Nacional de Sala 4 Venceu na loita polo terceiro posto ao Pozuelo madrileño. Redacción Partido do Sala Oourense disputado nos Remedios.

Partido vital para o Sala Ourense ante O Esteo 4 Xoga este sábado ante un rival directo na loita pola permanencia. Redacción O Sala Ourense Prolsport da Segunda División B de fútbol sala está nun momento delicado da tempada. Penúltimo clasificado con 16 puntos está en postos de descenso cando restan 12 xornadas por disputar. A situación do equipo dirixido por Víctor Sousa e Aitor Álvarez é delicada xa que encadean cinco derrotas consecutivas. As innumerables baixas non están axudando ao conxunto ourensán; ao que se une as queixas do corpo técnico cara ao estamento arbitral, pois consideran que en momentos puntuais non foron todo o obxectivos que se lles presupón. O Esteo O encontro deste sábado 13 de febreiro (cancha central dos Remedios,

19:30h) é vital para os intereses do conxunto ourensán. O equipo das Pontes está cos mesmos puntos co Sala Ourense pero un posto por enriba (décimo cuarto) e tamén en postos de descenso. 12 xornadas para unha remontada que debe comezar este mesmo sábado se non queren ver como as opcións de permanencia alónxanse. Pizarras O Pizarras Los Tres Cuñados é a cara amable dos conxuntos ourensáns. Instalado na sexta praza con 28 puntos está virtualmente salvado. Mirando cara arriba ten imposible loitar

Sábado 13, 19:30 horas, cancha central dos Remedios, Sala Ourense - O Esteo

polo título, xa que os dous primeiros sácanlles 13 puntos. Esta semana visitan a Albense.

Primeira División FSF - 15ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º Noia 2º Cuéllar 3º Valladolid 4º Bembrive 5º Leis 6º Pizarras 7º Guardo 8º Ventorrillo 9º Xove 10º Benavente 11º Boal 12º Albense 13º Cistierna 14º O Esteo 15º Sala Ourense 16º Bueu

41 41 39 34 30 28 26 25 23 21 20 20 18 16 16 12

O Club Hockey Barrocás logrou a medalla de bronce no Campionato de España de hoquei sala. O conxunto ourensán venceu na loita polo terceiro posto ao Pozuelo por 2-5. O torneo disputouse en Terrasa. O equipo anfitrión, o Atletic Terrasa, foi o que apeou da loita polo ouro ao Barrocás ao vencelo nas semifinais. A final disputouna contra Complutense e foron os madrileños os que se alzaron co título nacional por terceiro ano consecutivo. Barrocás O Club Hockey Barrocás, que este ano xoga na Primeira División Nacional de hoquei herba, foi superando fases ata alcanzar a fase final do

Campionato de España. Primeiro fíxose co Campionato de Galicia para posteriormente ser capaz de superar a fase sectorial e plantarse en terras catalanas entre os oito mellores equipos de España. Desde que superaran a fase sectorial, os pupilos de Roberto Oliveira crían que serían capaces de lograr algo importante, e vaia se o fixeron. A fase de grupos pasárona como segundos clasificados, tan só superados pola Complutense. Despois tocaría enfrontarse ao equipo anfitrión co que caeron; así que había que loitar polo bronce. Un 1-3 na primeira metade deixaba moi encamiñado o encontro para rematar a segunda metade cun resultado final de 2-5 e colgarse así a medalla de bronce. Xurxo firmou neste parti-

do un hat-trick demostrando a súa clase. Herba Agora toca pensar na competición doméstica e tentar subir de categoría. O seu presidente, Jaime Amorín, conta con poder ascender este ano á División de Honra B. Pero non será sinxelo; como ben explica Amorín, “non temos moita rivalidade na Liga e chegaremos a fase de ascenso sen intensidade” aínda que é optimista e recalca: “tentaremos ascender”.

O CH Barrocás busca esta tempada ascender a División de Honra B de hoquei herba

Plantilla do CH Barrocás coa medalla de bronce acada en Terrasa.


12

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

ARTES MARCIAIS / XIMNASIA

de Felipe Iglesias, que aspiraba a subirse ao máis alto do podio.

Ana Fernández e Christian Álvarez, campións de España de jui jitsu 4 Felipe Iglesias foi subcampión. Redacción O domingo 7 de febreiro celebróuse no Centro de Tecnificación de Judo do Pavillón Municipal da localidade madrileña de Villaviciosa de Odón o Campionato de España de jiu jitsu. Catro ourensáns participaron neste torneo,

logrando tres medallas: dous ouros e unha prata. Ana Fernández Morais (-62 quilos) e Christian Álvarez (+94 quilos) conseguiron facerse co título nacional; Álvarez representou a Madrid, provincia onde reside por motivos laborais. Pola súa banda, Felipe

Iglesias (62 kg) tívose que conformar coa medalla de prata ao caer derrotado na final. Pola súa banda, Tono Fernández (-85 quilos) non puido pasar da sétima posición. Un gran resultado para o Marbel de Ourense que queda un pouco empañado pola segunda posición

Tres ouros para o Marbel 4 No Campionato Galego de jiu jitsu. Redacción O club ourensán do Marbel logrou tres ouros e

un bronce no Campionato Galego de jiu jitsu., que se celebrou o pasado 23 de xaneiro celebrouse na

Deportistas do Marbel que competiron na Coruña.

Coruña. Catro ourensáns participaron neste evento logrando tres títulos autonómicos -na modalidade de loita-. Ana Fernández (-62 quilos) e Tono Fernández (-85 kilos) cumpriron os prognósticos e venceron nas súas categorías, mentras os debutantes Xermán Rodríguez (-85 quilos) e Rubén Córdoba (-69 quilos) lograron medalla de bronce e prata, respectivamente. Córdoba, ademais, proclamóuse campión do seu peso na categoría sub 18.

Europeo Tanto Ana Fernández coma Christian Álvarez e mesmo Felipe Iglesias estarán pendentes da convocatoria do seleccionador nacional para o vindeiro europeo. Galego O mesmo día que nacional disputóuse o Campionato Galego júnior da disciplina. Por parte do Marbel acudiron á cita -que tivo lugar en Santiago de CompostelaIria Ollero (-57 kg) e Rubén Córdoba (-73 quilos). Os dous pagaron a inexperiencia do debut nun evento destas características. Tanto Ollero coma Córdoba caeron en primeira rolda.

Daniel e Yael compiten en absoluta e Alex en júnior.

ximnasia

Tres ourensáns convocados para Europa 4 Trátase de Daniel Pérez, Yael Campelo e Alex Cid. Redacción

Morais, Fernández e o propio Córdoba optarán ao campionato de España por facerse co Galego. A estes hai que engadir a Felipe Iglesias (-62 kilos) e a Tamara Silva (+70 quilos), que teñen praza no Nacional ao lograr medalla no 2015. Tamara está pendente de recuperarse dunha lesión de xeonllo para poder participar. Montero Segundo o mestre Montero a valoración “é moi positiva. Compríronse todos os obxectivos”.

Lograron título na modalidade de loita

A Real Federación Española de Ximnasia vén de convocar a tres ourensáns para o vindeiro Campionato de Europa de ximnasia de trampolín. Trátase de Daniel Pérez, Yael Campelo e Alex Cid, os tres do Club Burgas. Daniel e Yael participarán na categoría absoluta e Alex en categoría junior en doble minitramp. Xunto a eles teñen confirmada a súa presenza no campionato continental os seus compañeiros de Pontevedra: Alejandro Bernárdez (en dobre minitramp absoluto) e Melania Rodríguez (en doble minitramp e trampolin júnior). Copa Galicia Os días 19, 20 e 21 de febreiro celebrarase no

Paco Paz a Copa Galicia Internacional de trampolín, que será o último control técnico para completar a lista definitiva de convocados para o Europeo de abril. Así, loitarán por entrar na lista outros ourensáns como Eduardo Novelle, Noa Puente ou María Salas, do Club Pavillón Ourense. Gran nivel Galicia conta cun gran nivel en trampolín.Ademais dos ximnastas destacan Miguel Vicente Mariño (ex-ximnasta do Burgas) que puntuará a súa terceira olimpiada; Ada Pazos, gran xuiz internacional e adestradora; Pablo Hinojar seleccionador nacional; Isaura Hermida, adestradora do Burgas; e Iago Covela, adestrador do Pavillón.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

13

Tres medallas para o club Olimpo´s en boxeo 4 Os ourensáns competiron en comba, sombra, saco e manopla. Redacción

deportistas en activo.

A última fin de semana do mes de xaneiro celebrouse en Vigo o II Torneo Lanzalia de boxeo, organizado por Rebouras Boxeo. Como representación ourensá participaron varios deportistas do club Olimpo’s dirixidos por Manu Míguez “Junior” (fillo do ilustre Manuel Míguez) e José Luis Silva, ambos os dous

Probas As probas nas que participaron os ourensáns foron as de comba, sombra, saco e manopla. O botín que trouxeron deste torneo foi dun total de tres medallas. Resultados En categoría de 6-7 anos, Cristiano acadou a segunda posición medalla de prata-; en

categoría de 8-9, tras un empate no segundo posto, Aldara tívose que conformar coa terceira posición ao final do campionato. E en categoría de 1213 anos, Xulio acadou un segundo posto moi traballado nun grupo moi complexo e cun altísimo nivel.

Cristina, Aldara e Xulio foron os medallistas

O equipo do C.D. Ourela show./C.D.OURELA.

Prata para o CD Ourela no Galego de patinaxe 4 Na modalida de grupos show pequenos. Redacción O Club Deportivo Ourela, primeiro e único club de patinaxe artística na cidade de Ourense, proclamouse en Vigo subcampión galego na modalidade de grupos show pequenos (de 6 a 12 patinadores). Nuria Rives (adestradora e fundadora

Grupo de rapaces do Olimpo´s que competiron en Vigo.

O CD Ourela é o único club de patinaxe artística da cidade de Ourense

do C.D.Ourela), Raquel Rodríguez, Eva Castro, Bruno García, David Salido e Alberto Artigas foron os deportistas que lograron esa segunda praza de Galicia, e quedan á espera de coñecer se isto os clasifica para o Campionato de España en Vilanova i la Geltrú (Barcelona) o 26 e 27 de febreiro. Os seis patinadores do Ourela, que se encargaron da coreografía e deseño de vestiario eles mesmos, foron os únicos representantes da provincia de Ourense neste campionato autonómico,

rematando a competición felices e satisfeitos do traballo realizado. Campións Na modalidade de grupos pequenos tan só superou ao club ourensán o Club Gondomar. O campión na modalidade de grupos grandes foi o grupo vigués do Club Carpa.

Os membros do equipo coas súas medallas de prata./C.D.OURELA.


14

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

tiro

Representación ourensá no Campionato de España de aire comprimido Redacción O Campionato de España de aire comprimido voltará ter representación ourensá. Oito dos nosos tiradores acudirán esta fin de semana a Vallodolid para participar na primeira competición oficial estatal de 2016. Así, competirán Jorge Encinas en carabina sénior, Nuria Mera e Beatriz Pereira en pistola damas, Paula Fernández en pistola júnior, Ginés Trenza e Juan Doval en pistola sénior, e Enrique Do Río en pistola veteranos. O Campionato reunirá a máis de 400 deportistas. O sábado 13 será o turno das probas de pistola, comezando polas damas e júniors feminino, seguindo cos séniors e rematando cos veteranos e discapacitados. O domingo serán as competicións de carabina, primeiro as mulleres e logo os homes. O ano pasado, a júnior Paula Fernández entrara na final desta competición e rematara en quinta posición. Eiroás, sede do Campionato de prato Doutra banda, o club de tiro Eiroás acollerá o vindeiro 21 de febreiro o Campionato galego de dobre trap.

Jorge Encinas, nunha edición anterior do Campionato de España de aire comprimido./ARQUIVO.

POLIDEPORTIVO

O Campus regresa á senda do triunfo 4 Despois da primeira derrota en Liga os ourensáns vencen ao Lalín. Redacción O Campus Uni Ourense Coosur, despois da derrota da pasada xornada diante do Ferrol, regresou á senda do triunfo a costa do Lalín. Os ouren-

O próximo rival do Campus Uni Coosur será o Muralla de Lugo, o 20 de febreiro

sáns venceron por 53 a 10. A climatoloxía impediu ver un gran partido entre dous dos mellores equipos da competición pero si que todos os xogadores se esforzaron ao máximo. O Campus Ourense saiu a por todas desde o asubío inicial, o que fixo que desde os primeiros minutos dominaran no marcador. A primeira parte remataría co resultado de 31 a 5 para os locais.

Vitoria do Xadrez Ourense e o Liceo na segunda xornada 4 Na División de Honra. Grandes resultados dos dous representantes ourensáns na máxima categoría de xadrez na segunda xornada de Liga. O Xadrez Ourense logrou vencer ao vixente campión, o Universidade de Vigo, por un claro 4-2. As vitorias de Adrián Gómez, Luis Silva e Zenón Franco, e os empates de Jorge Viterbo e Yudania Hernández fixeron posible o triunfo. Este resultado reafírmao coma claro favoritosna loita polo título. Agora, con 8,5 puntos, atópase a medio punto do liderato. Pola súa banda, o Liceo Ourense logrou vencer en Chantada ao Círculo Chantadino por 1.5 a 4.5. As vitorias ourensás correron a cargo de Rafael Outomuro, Joaquín Bello, Armando de Sousa, Ángel Domínguez e o empate de Marcos Lorenzo. Este resultado supón que se instalen na zona tranquila da táboa con 7 puntos dando

un paso máis no seu obxectivo da permanencia. Primeira División Na Primeira tocou derbi. Universidade de Ourense e o Xadrez Ourense C disputaron un encontro no que estes últimos venceron por 1-3. Mentres o Xadrez Ourense B empataba co Alekhine de Vigo (2-2), O Casa da Xuventude caía na casa contra o

Vindeira xornada Esta fin de semana non hai Liga. A competición

Os ourensáns venceron por 53 a 10 ao Lalín.

Marcote por 1-3.

Xadrez

Redacción

Na segunda metade co-

mezaron como o fixeron na primeira, sen deixarse sorprender polo rival. E minuto a minuto e punto tras punto chegouse ao final do encontro co resultado de 53 a 10 para os de casa.

Segunda División Na Segunda o máis destacado foi a vitoria a domicilio do Ateneo de Ourense ante o Xadrez Celanova por 1-3 e o empate a 2 do Xadrez Ourense D e o Universitario B, no que a derbis se refire. Outros resultados de conxuntos ourensáns foron a vitoria do Casa da Xuventude B ante o Agora de Silleda por 3-1 e o empate do Benchoshey sénior en Chantada (2-2). Terceira División Pola súa banda, en Terceira División Peóns de Monterrei e ADAS do Barco perfílanse como favoritos tralas súas vitorias desta xornada.

O Xadrez Ourense C venceu ao Universidade de Ourense por 1-3.

reanúdase a fin de semana do 20 de febreiro. Data na que o Campus Uni Coosur visita ao Muralla de Lugo.

O Campus dominou a cita ante o Lalín dende os primeiros minutos


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº134- Ano: VIII - 12 de febreiro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Un paso máis no recoñecemento a Estanislao Reverter 4 Abríuse o período de información pública do seu expediente de honra, durante o que presentar méritos. Redacción O expediente de honra incoado polo Concello de Ourense a prol de Estanislao Reverter Sequeiros “Lalao” inicia o período de información pública. Agora hai ata o 6 de marzo para que calquera persoa ou entidade poida presentarse no expediente, achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos, e efectuar as propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos. O acordo foi aprobado polo pleno do Concello do día 6 de novembro, seguindo o procedemento sinalado no artigo 22 do Regulamento de honra e distincións do Concello de Ourense. O xuíz instrutor do expedente será o concelleiro de Deportes, Mario Guede, e o secretario, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez. Promoción da cidade Estanislao Reverter foi presidente da Federación Galega de Automobilismo, vicepresidente da Federación Española, vogal da Federación Internacional, ademáis de empresario do automóbil e da construción e deputado nas Cortes Españolas de 1977. Con este expediente,

o Concello quere recoñecer e agradecer o labor realizado por “Lalao” e a súa loita polo desenvolvemento e promoción da nosa cidade por todos os sitios nos que estivo, decorando os seus vehículos coas cores da bandeira de Galicia e desde 1977 a bandeira que máis tarde sería a oficial. Traxectoria Na traxectoria de Estanislao Reverter está a de ser piloto e organizador de probas. Destacan as 54 victorias absolutas en competicións de diferentes especialidades; 12 participacións no Rally de Montecarlo, como piloto oficial de Rover no ano 1966; e súas victorias no Rally de España-RACE, o das Rías Baixas e Oviedo (actualmente Príncipe de Asturias). Tamén foi piloto da Jolly Club e condecorárono en 1965 coa Medalla de Prata ao Mérito Deportivo e a título póstumo a Distinción ao Merito Deportivo de Galicia.

Na súa traxectoria destacan 54 vitorias absolutas e a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo recibida en 1965

O CERLAC prepara a olímpicos 4 Son numerosas as seleccións nacionais que se preparan en Ourense. Redacción O Centro de Entrenamiento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño (CERLAC) está sendo a base de adestramento de seleccións mundiais de remo para os Xogos Olímpicos de Río 2016. A selección búlgara de remo, equipo seleccionado para os Xogos de Río no Campionato do Mundo

de Francia de 2015, rematou a súa estadía

4 Achega información detalladas dos eventos, deportistas e equipos. A Deputación de Ourense vén de presentar unha nova web

Paralímpicos ingleses Por outra banda, membros da selección de paralímpicos ingleses, na que se atopan campións do mundo de remo de 2015 con tres medallas de prata, tamén estiveron preparándose durante 15 días de cara a Río.

Máis seleccións Outras seleccións que realizarán un stage en Ourense son as de Francia (17 días), Bielorrusia (27 días) e Rumanía (30 días).

Conxuntos de Francia, Bielorrusia e Rumanía adestrararán en Ourense

Membros da selección de paralímpicos ingleses durante a súa estadía en Ourense.

Nace unha web da Deputación sobre deporte provincial

Redacción

de 25 días no CERLAC aproveitando ao máximo o encoro.

(deportes.depourense.es) na que ofrece información completa de todo o deporte da provincia. Segundo Manuel Baltar

Eladio Gómez e Juan Anta, xunto a Manuel Baltar durante a presentación da web./RAMSÉS.

trátase dunha “ferramenta participativa, aberta, que abrangue dende deporte de base ata o afeccionado e profesional, e que inclúe a información sobre clubs e eventos deportivos da nosa provincia”. O coordinador da web, Eladio Gómez, afirmou que se trata dun “referente no ámbito nacional en canto á información deportiva provincial”. Eventos deportivos Este novo portal permite ás entidades deportivas ourensás compartir calquera noticia que teña que ver co ámbito deportivo. Para elo quen organice un evento poderá, mediante un formulario sinxelo, publicalo nesta web. Catro bloques A plataforma está organizada en catro seccións. Unha relacionada coa información deportiva do ente provincial. Outra na que figura a axenda de actividades e eventos deportivos da

provincia, actualizada, onde está presente a información relativa á Copa Deputación. O terceiro bloque é de servizos relacionados co deporte, no que se atopa o directorio, as Escolas Deportivas da Deputación, Deporte e Saúde, Formación, Turismo Deportivo e Caza e Pesca, entre outros. Por último, tamén teñen presenza na web os equipos da provincia que están competindo a nivel nacional, así como os deportistas máis destacados. Eladio Gómez subliñou que o obxectivo desta plataforma “é trasladar toda a información que xera a Deputación relativa ao deporte, así como centralizar nun único punto toda a actualidade deportiva da provincia”.

“Este portal é un referente nacional”, sinala o coordinador da web, Eladio Gómez


16

BARRIOS DEPORTIVO 12 de febreiro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.