28 de agosto -Barrios Deportivo

Page 1

Hugo Blanco será o coordinador de proxectos deportivos da LFP FÚTBOL SALA Páx. 6-7

BTT Páx. 9

FÚTBOL Páx. 10-11

ATLETISMO Páx. 12-13

[Páx. 2]

XADREZ Páx. 14

[páx. 3 e 4]

A ACB ratificará ao COB A ACB reúnese en asamblea extraordinaria o vindeiro 31 de agosto para tratar a inclusión do COB na Liga Endesa./RAMSÉS.

Número: 124- Ano: VII - 27 de agosto de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

NOVAS

O xerente do Consello Municipal de Deportes vaise á Liga de Fútbol 4 Hugo Blanco será o coordinador de proxectos deportivos da Liga de Fútbol Profesional. R. Torres Menos dun ano despois de aterrar no Consello Municipal de Deportes (CMD) como xerente, Hugo Blanco Pita marcha á Liga de Futbol Profesional. O seu cometido será o de coordinar proxectos deportivos a nivel nacional e internacional. Unha gran preparación académica (é doutor en Ciencias da Actividade Fí-

Blanco iniciou proxectos como a remodelación do anexo e do ximnasio

sica e o Deporte pola Universidade da Coruña) foi o que lle abriu as portas a este proxecto, despois dun duro proceso de entrevistas que durou dous meses. Satisfacción e pena Blanco marcha con toda a ilusión do mundo para acometer esta nova aventura laboral, na que como el mismo di: “aprenderei rodeado dos mellores profesionais”. Pola contra, deixar a xerencia do CMD apénao. Cómodo no seu cargo, nos 11 meses que estivo no pavillón dos Remedios iniciou unha serie de proxectos que aínda non están rematados -como a

remodelación de anexo e ximnasio, entre outros. “Van polo bo camiño”, afirma o xa ex xerente, que augura catro anos moi bos para as instalacións deportivas do CMD ás que lle agardan “posibilidades de reformas moi importantes” e ás que el denomina como “as grandes olvidadas dos últimos anos”. Viaxes Parte do seu traballo na Liga levarao a viaxar por todo o mundo. Isto non lle impedirá visitar, cando llo permita o seu posto, á familia, aos seus amigos e a súa terra natal.

Hugo Blanco fai un balance positivo dos once meses que estivo como xerente do Consello Municipal de Deportes./RAMSÉS

O fillo de Manolo Arnoia, Manuel Vázquez; a presidenta da S.D.C. Arrabaldo, Chus Colmenero; o edil de Deportes de Ourense, Mario Guede; e un dos organizadores do evento, Pablo González, durante a presentación do torneo./R.T.

Pabellón, Real Madrid, Celta e Deportivo, no VII Torneo Manolo Arnoia 4 Disputarase este sábado no campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo. Redacción Este sábado o campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo será a sede da sétima edición do Torneo Memorial Manolo Arnoia de fútbol xuvenil. O cartel deste ano está conformado polo Pabellón e os conxuntos galegos do Celta e Deportivo, ademais do vixente campión, o Real Madrid. Cruce O evento disputarase en formato semifinal e final. Ás de 10 horas disputarase a primeira semifinal entre o Pabellón e o Real Madrid. Acto seguido, sobre ás 11:50 celebrarase o encontro entre o Pabellón e o Celta.

Xa pola tarde, 17:30 horas, disputarase o partido polo terceiro e cuarto posto entre os perdedores das dúas semifinais. E ás 19:30 horas, mediranse os vencedores para determinar quen é o campión desta sétima edición do Memorial

Manolo Arnoia. Entradas A entrada a cada partido ten un custo de 3 euros, e pódese adquirir un bono por 5 euros para presenciar todos os encontros da competición.

Os equipos xuvenís de Pabellón e Celta son dous dos participantes na cita./RAMSÉS


BALONCESTO

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

O COB móvese pensando na Liga Endesa 4 O 31 de agosto deben de ratificar ao conxunto ourensán como equipo da ACB. R. Torres

Manuel Baltar recibiu a Paula Ginzo na Deputación.

Baltar felicita a Paula Ginzo polo Europeo 4 A xogadora de baloncesto ourensá milita na Selección Española Feminina sub-18. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu á xogadora de baloncesto ourensá campioa de Europa, Paula Ginzo, no Pazo Provincial. Tras formarse en Carmelitas, a ourensá Paula Ginzo é actualmente xogadora do equipo Segle XXI (de Liga Feminina 2). Formando parte da selección española feminina sub-18 proclamouse este agosto campioa de Europa no Zlatorog Sport Centre de Celje (Eslovenia) tras derrotar na final a Francia (60-76). Durante o encontro Manuel Baltar, ademais de felicitar a Paula Ginzo polo campionato de Europa, re-

Paula Ginzo milita actualmente no Segle XXI de Liga Feminina 2 A selección española feminina sub18 proclamouse campioa de Europa en Eslovenia, tras vencer a Francia

coñeceu “a traxectoria e éxitos deportivos dunha verdadeira campioa”. O baloncesto feminino en Ourense, tal e como manifestou o presidente provincial, “ten un gran pasado, bo presente, e magnífico futuro con persoas como Paula Ginzo que se converten en referentes para a mocidade ourensá”. E, nesa mesma liña engadiu, “o ascenso do COB á Liga ACB, ratifica a importancia deste deporte na nosa provincia”. Manuel Baltar salientou a actitude e aptitudes de Paula Ginzo, que foi determinante nun deporte de equipo como o baloncesto que fala alto e claro de valores como a disciplina, o sacrificio e a competitividade. Recepción no Concello de Ourense Na mesma xornada, Paula Ginzo tamén pasou polo Concello de Ourense, onde foi recibida e felicitada polo seu triunfo no Europeo polo alcalde, Jesús Vázquez, e máis o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.

Como cada verán Ourense ten o seu culebrón deportivo. Este ano tocou a inclusión ou non do Club Ourense Baloncesto na Liga Endesa despois de acadar o ascenso na cancha. Tras case tres meses desde que gañara ao Breogán de Lugo no quinto partido de playoff de ascenso aparece a luz ao final do túnel. O 31 deste mes a ACB reúnese de xeito extraordinario para analizar a inclusión do COB na vindeira tempada da Liga Endesa. Anteriormente impediran inscribir ao equipo ourensán na Asociación de Clubs de Baloncesto alegando que estaba en causa de disolución. Ante este traspés, a directiva optou por acudir ao Consello Superior de Deportes (CSD) para que resolvera. Este deulle a razón ao Ourense e admitiu o recurso. Polo tanto, e se nada se torce, o Club Ourense Baloncesto será equipo da máxima categoría española 14 anos despois. Movementos Unha vez admitido o recurso do CSD, o club comezou a mover ficha e o primeiro que fixo foi ampliar o seu organigrama. Así, Germán Rodríguez-Sáa dirixirá as áreas de comunicación e márketing. Pablo Álvarez será o director de márketing e Roi Rodríguez o xefe de prensa. José Luis

O club prevé presentarse ante a súa afección o 4 de outubro, cun partido fronte ao Sevilla

Nemanja Jaramaz súmase á plantilla do COB e Guillermo Rejón repite nas filas cobistas.

Pedro Rivero asinou a súa renovación./ARQUIVO.

O base Kyle Fogg, primeira fichaxe do COB. Vázquez Fernández será o webmaster e o encargado das redes sociais. E Carlos Domarco será o fotógrafo oficial do club nos partidos do Paco Paz. Renovacións e incorporacións En canto á plantilla, tres son os homes que seguirán ás ordes de Gonzalo García de Vitoria: Pedro

Rivero e Guillermo Rejón xa firmaron a renovación, mentres que Salva Arco vai encauzando as negociacións. No que respecta ás novidades dúas xa están confirmada: Kyle Fogg e Nemanja Jaramaz. Fogg é un base de 1,90 que xogou a pasada tempada no Antwerp Giants da liga belga, promediando máis de 15

puntos por partido. Antes, o estadounidense xogara en Finlandia e formouse na Universidade de Arizona. Pola súa banda, Jaramaz mide dous metros e provén do Cgepge Turow, subcampión da liga polaca, xogando tamén a Euroliga. Cun promedio de 8,4 puntos, 2,8 rebotes e 2,1 asistencias, as súas estatísticas foron algo mellores na competición europea (9.5 puntos e 2,9 rebotes). Outros xogadores que están na órbita do COB son o galego Jonathan Barreiro (Real Madrid) e Tomás Fernández. Outro xogador que interesa é o nixeriano Ike Ofeogbu, aínda que parece que as negociacións enfriáronse nas últimas datas e o máis seguro é que non recale na vella Auria. Amistosos de pretempada De cara a gañar forma para unha liga que se prevé moi competitiva, o club ourensán xa ten fixados varios amistosos no calendario. A intención é xogar entre seis e oito partidos neste mes e medio que resta ata o inicio ligueiro. O primeiro partido de pretempada quéreno disputar antes do 14 de setembro, pero a data e o rival aínda están sen pechar. O 15 dese mes, o COB podería disputar un partido a porta pechada contra o Madrid. O que si está confirmado é a participación do COB na Copa Galicia, que terá lugar en Ourense os días 18 e 19 de setembro. Os ourensáns sumarán un ou dous encontros -en función dos resultados- á súa preparación. O 25 setembro está confirmada a participación do equipo da nosa cidade no Trofeo Teresa Herrera fronte ao anfitrión, o Leyma Coruña. E o 30 de setembro viaxarían ao Porto para disputar un partido amigable contra o equipo luso. Finalmente, a presentación do equipo ourensán ante a súa afección, antes de iniciarse a tempada, sería o 4 de outubro, contra Sevilla. A previsión é que a Liga comece na segunda fin de semana de outubro.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

BALONCESTO

O COB presenta a súa campaña de abonos

4 O club recorda vitorias míticas do seu anterior paso por ACB para animar aos afeccionados a facerse socios. Redacción “Volvemos a ACB... e teñen medo!” é o eslogan co que Club Ourense Baloncesto quere captar socios nesta nova etapa na máxima categoría do baloncesto español. Nela recordan vitorias míticas do club no seu anterior paso pola liga ACB, como o Murcia 78 - COB 79 ou o Real Madrid 69 - COB 75 da tempada 94/95. Polo momento os abonos aínda non saíron á venda, pero si se coñecen as diferentes modalidades. Así, os prezos por facerse socio do COB oscilan entre os 300 euros de pista río e os 75 euros do carné infantil. En grada xeral ver os partidos en casa do COB custará 250 euros, cantidade que se reduce a 200 euros para os xubilados e a 150 euros para mozos entre 15 e 25 anos. Ademais, o Club Ourense Baloncesto oferta descontos para os integrantes de peñas (10%), e para familias (un desconto do 5%, o 10%, e o 15%, para dous, tres ou catro abonos, respectivamente).

Os abonos oscilarán entre os 300 euros de pista río e os 75 euros do carné infantil Tamén ofrecerá descontos para peñas, xubilados e familias

Siareiros Cobistas animando no playoff./RAMSÉS.

Un dos anuncios cos que o COB busca que os ourensáns se fagan socios esta tempada.

4 O filial incorpora a Xabi Arriaga O Club Ourense Baloncesto incorpora ao mozo Xabi Arriaga para o seu filial de liga EBA. Procedente da canteira do Estudantes de Madrid, o vasco Xabier Arriaga Alonso (11/04/1997) é novo xogador do Club Ourense Baloncesto, onde xogará no filial de liga EBA, que a día de hoxe conta xa con sete xogadores en plantilla (Martín Rodríguez, Isma Fernández, Martín Rego, Cristian Iglesias, Pablo Sánchez e Bob Van Zijverden). Con 2.02 metros de altura, Arriaga é un xogador rápido e polivalente, con bo manexo de balón e capaz de achegar rebote e tiro. En Ourense disputará a súa primeira tem-

Xabier Arriaga procede da canteira do Estudiantes. pada como sénior xogando ás ordes de Juan Norat nun filial que, a falta de pechar as últimas incorporacións, conta con tres ourensáns e unha media de idade de 19.7 anos, mostrando unha clara aposta polo futuro por parte da dirección de canteira do club. Sobre os seus obxecti-

vos e expectativas sobre a próxima tempada Xabi conta que a súa intención é “mellorar física e tecnicamente, axudar ao equipo coas miñas habilidades e demostrar que o COB non se equivoca ao apostar por min. Aínda así, o que seguro podo prometer é traballo, traballo e traballo. Espero sentirme como en casa, pertencer a un bo grupo e gozar co equipo, deixándoo o máis alto posible na táboa a final de ano”. O COB B iniciará a tempada 2015/16 no Pazo dos Deportes Paco Paz o 1 de novembro ante o Grupo Inec Quesos Zamorano, e rematará o 30 de abril no mesmo escenario ante o Chantada.

4 Os Siareiros Cobistas tamén buscan socios “Únete ao #FondoAzul” é o nome da campaña coa que os Siareiros Cobistas buscan consolidar o movemento de apoio ao COB xerado no playoff de ascenso a ACB. Os afeccionados de Club Ourense Baloncesto que se afilien a Siareiros Cobistas poderán gozar de beneficios como a nova camiseta para a tempada 2015/16, así como outros artigos de promoción a prezo de custo. Tamén permite un desconto do 10% no carné do COB, que para o caso dun carné xeral supón 25 euros de desconto. A peña tamén ofrece a posibilidade de organizar un desprazamento a Madrid para presenciar o partido Estudantes-COB

de liga regular con prezos populares, “sempre que se reúna un mínimo de afeccionados e o encontro teña lugar en fin de semana”. Facerse socio de Siareiros Cobistas tamén dá dereito a participar na Porra e no Supermanager ACB así como o resto de concursos - con premios- que organice a peña durante a tempada, do mesmo xeito que participar en todas as actividades sociais que se organicen. Para sumarse a Siareiros Cobistas só hai que estar libre os días de partido e “ter ganas de animar, de facer ruído e pasalo ben”. O prezo para unirse a Siareiros Cobistas é de 15 euros para os socios antigos e 25 euros para os novos socios, que ademais da camiseta tamén recibirán unha bufanda.


BALONCESTO

O Pabellón Ourense competirá en Autonómica 4 Coincidirá con outros dous conxuntos ourensáns: Codigalco Carmelita e Campus. Redacción Finalmente sucedeu. O Pabellón Ourense, que militaba en Liga Feminina 2, baixa dúas categorías para competir na tempada 2015-2016 na Liga Autonómica. Durante o verán, a que fora a presidenta do club, Carmen Limia, dimitía das súas funcións, ao verse imposibilitada para sacar adiante ao equipo. Falta de apoios económicos, tanto das institucións como da empresa privada, era o principal motivo que daba Limia para tomar a decisión. No mes de xullo, o club tivo a posibilidade de manterse en LF2 un ano

categorías inferiores”. Rodríguez considera que esta será unha tempada “de axustes” na que “competiremos o máximo posible”. “Queremos estar en Autonómica e subir cando se poida, pero sempre cos pés no chan”, sentenza o míster do Pabellón Ourense. Equipo En principio, dúas son as caras do ano pasado que continuarán nas filas do Pabellón: Laura Patao e Sara García. Xunto a elas, o que pretende o adestrador é contar con xogadoras que estiveron no club anteriormente e que xa non estaban en activo; así como sumar efectivos da categoría júnior.

Benjamín Rodríguez continuará sendo o adestrador do equipo sénior do Pabellón Ourense en Autonómica./R.T. máis; pero nin tan sequera puideron facer fronte ao aval da competición -14.000 euros-, e moito menos poder confeccionar

Sara García entrando a canastra nun encontro da tempada pasada./RAMSÉS.

unha plantilla con garantías. Con este panorama buscaron a posiblidade de competir na categoría que lle correspondía tralo descenso: Primeira Nacional; pero outra vez os gastos da competición (similares aos de Liga Feminina 2) eran un obstáculo infranqueable. Así, a decisión tomada finalmente foi a de baixar dous chanzos e militar este ano en Autonómica. Proxecto novo O que foi o último adestrador do Pabellón Ourense, Benjamín Rodríguez, continuará dirixindo ao equipo sénior. Para Rodríguez a decisión de baixar de categoría é froito “da imposibilidade de xogar máis arriba”. O que si tiña claro o técnico é que o club “tiña que ter un equipo sénior como fora” e “ir sacando a xogadoras das

Carmelitas e Campus O Pabellón Ourense coincidirá en Autonómica con outros dous equipos ourensáns. O Campus Ourense, que xa é un clásico na competición, e o Codigalco Carmelitas, que se incorpora esta ano á categoría para darlle unha opción de futuro á súa base. Con este último o Pabellón coincidiu en LF2. A finais de 2012 o club colexial suprimía ao seu equipo sénior ao non ter cubertos os gastos da tempada. Catro anos despois Pabellón e Carmelitas volven enfrontarse, pero, lamentablemente, dous chanzos máis abaixo.

Laura Patao e Sara García son as únicas xogadoras que continuarán

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

O Torneo Ribeira Sacra chega á terceira edición 4 Disputarase en Nogueira de Ramuín os días 5 e 6 de setembro. Redacción Os días 5 e 6 de setembro celébrase en Luintra a terceira edición do torneo de baloncesto Ribeira Sacra. Será un trofeo no que estarán presentes o Ponce Valladolid (A e B), o Vilagarcía e o Carmelitas (A e B), e disputarase no pavillón municipal de Nogueira de Ramuín. Horarios Os primeiros encontros (sábado 10.15 horas) enfrontarán ao Carmelitas A contra o Carmelitas B de categoría infantil. Ás 12.15 horas disputarase o encontro que medirá ao Codigalco Carmelitas co Vilagarcía. Xa pola tarde, a partir das 15.30 horas disputaranse os choques infantís entre Ponce Valladolid A e Ponce Valladolid B; Carmelitas B e Ponce

Valladolid A; Carmelitas A e Ponce Valladolid B e Carmelitas B e Ponce Valladolid B. Para as 18.15 horas está previsto o partido entre as cadetes do Ponce Valladolid e o Vilagarcía. O prato forte desta xornada terá lugar ás 20.15 horas co encontro dos equipos sénior do Codigalco Carmelitas e o Ponce Valladolid. Xa para o domingo quedarán dous partidos. Ás 10.15 horas o Carmelitas A verase as caras co Ponce Valladolid A (infantil) e ás 12, e como peche de torneo, terá lugar o partido cadete entre o Codigalco Carmelitas e o Ponce Valladolid.

Ponce Valladolid, Carmelitas e Vilagarcía son os participantes

O equipo sénior do Carmelitas medirase co Ponce Valladolid o sábado 5 ás 20.15 horas./ARQUIVO.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

FÚTBOL SALA

Ourense Envialia, vitoria contra Burela no primeiro amigable 4 No segundo encontro caeu contra o Futsi por 2-1. R. Torres O Ourense Envialia foi o primeiro equipo ourensán da Primeira División de fútbol sala que comezou a pretempada. Dúas semanas despois de comezar cos adestramentos o equipo dirixido este ano por José Carlos Martín, Chipi, xa tivo o seu primeiro amigable. E foi unha pedra de toque, xa que diante estaba o Burela, terceiro clasificado da Liga e subcampión da Copa de España da pasada campaña. Venceu 3-1. O partido tivo desde o comezo un alto ritmo, típico durante a tempada dos dous equipos, pero a pouca rodaxe das xogadoras fixo que houbera numerosas imprecisións. O primeiro

en golpear foi o Burela. Shiori anotou o primeiro tanto do encontro. Antes do descanso Sara Moreno lograba a igualada. Na segunda metade as ourensás destapáronse e lograron dous tantos máis. Moreno cedeu á nova fichaxe do Envialia, Andrea Carid ‘Spi’, para que esta batera á porteira rival. O terceiro gol xerminou cunha presión de Sara Moreno, que logrou roubar o balón e cederllo a Laura Fernández, para que esta anotara, a pracer, o terceiro na conta do Ourense. Futsi O mércores disputaron o segundo amigable, nesta ocasión contra o actual campión de Liga, o Futsi,

en terras madrileñas. As ourensás caeron derrotadas por dous goles a un. Máis amigables Este mesmo sábado, novamente na cancha central dos Remedios -17h- as albinegras disputarán o terceiro dos amigables. Nesta ocasión o rival será o Chaves de Portugal. Para o 5 de setembro desprázanse ata Ferrol para xogar contra o Valdetires e unha semana antes de que comece a Liga regresan aos Remedios para recibir ao Poio. Liga A Liga en Primeira División comeza o 19 de setembro e as ourensás teñen un complicado desprazamento ata terras murcia-

nas para enfrontarse ao Roldán. Chipi e Spi Chipi é o novo adestrador do Ourense Envialia. Vén de adestrar a pasada tempada ao Viaxes Amarelle, equipo que militou na Primeira División e descendeu de categoría ao rematar antepenúltimo. Con el chega a xogadora Andrea Carid ‘Spi’, quen firmou seis tantos coa camiseta do conxunto herculino.

O Ourense Envialia desprázase a Murcia na primeira xornada de Liga

José Carlos Martín, Chipi, novo adestrador.

4 As mesmas señas, pero con estilo propio O adestrador José Carlos Martín, Chipi, chega a Ourense con moita ilusión e con ganas de adapartarse o antes posible ás súas novas xogadoras. Chipi apostará pola intensidade defensiva, signo de identidade do Ourense Envialia dos últimos anos. A variante que quere acometer no esquema o técnico coruñés é presionar con eficacia tanto á saída do balón

da portaría contraria como en propia cancha. “Temos que saber que nos convén en cada ocasión”, avisa o adestrador. Outra das señas das ourensás, e ao que non van renunciar, é o toque e circulación de balón. “O que queremos é levar o ritmo dos partidos”, asegura un Chipi que ve na plantilla do Ourense Envialia a “xogadoras moi comprometidas”.

4 Xornada 1 - 19 de setembro Alcorcón - Poio Rubí - Majadahonda Elche - Burela Rioja - Orvina Ferrol - Alicante Móstoles - Gironella Roldán - Ourense Envialia Cidade As Burgas - Futsi

4 Xornada 2 - 26 de setembro

Plantilla do Ourense Envialia para a tempada 2015/16.

Poio - Cidade As Burgas Majadahonda - Alcorcón Burela - Rubí Orvina- Elche Alicante - Rioja Gironella - Ferrol Ourense Envialia - Móstoles Futsi - Roldán


FÚTBOL SALA

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

O Cidade carga as pilas para o inicio de Liga 4 Na primeira xornada recibe ao campión da tempada pasada, o Futsi. R. Torres

Arranca o Sala Ourense 4 O Sala Ourense Prolsport afronta con moita ilusión esta nova tempada na Segunda B. R. T. O Sala Ourense Prolsport estase a tomar en serio o ascenso de categoría. De xogar a pasada campaña no grupo sur da Liga Galega este ano dará o salto á Segunda División B. Na cancha ascendera á Terceira, pero durante o verán ofreceuselle a posibilidade de subir unha categoría máis e xogar este ano na división de bronce nacional (2ª B). O club aceptou a proposta. Pretempada A pretempada está a ser do máis positiva. Con 14 sesións nas costas dos xogadores o corpo técnico ten preparado catro amigables antes de que rode o balón na Liga. O sábado 5 de setembro terá lugar o partido de pre-

sentación diante dos seus afeccionados; será contra o Santiago Futsal (Primeira División) a partir das 19 horas na cancha central do pavillón municipal dos Remedios. O mércores 9, primeiro partido oficial da tempada; a Copa Xunta entra en escena co partido entre os ourensáns e o Xove Lago (equipo co que comparte categoría) na cancha deste. Seguindo coa Copa Xunta, o 12 de setembro (sábado) o Sala Ourense recibirá nos Remedios (19.30) ao equipo da Galega Norte, Riazor -equipo ao que venceu no playoff de ascenso á Terceira División-. E o mércores 30, coa Liga xa comezada, os pupilos de Aitor Álvarez e Víctor Sousa visitarán ao Narón, conxunto da Segunda División.

Liga O sábado 19 de setembro disputase a primeira xornada de Liga. O Sala Ourense desprázase ata Valladolid para enfrontarse ao Universidade de Valladolid.

O Cidade As Burgas recarga as pilas para o inicio de Liga na Primeira División. Na primeira xornada recibe ao vicente campión, Atlético de Madrid Futsi. Un partido que enfronta o sábado 19 de setembro nos Remedios aos dous mellores equipos da pasada tempada: o Futsi como actual campión e o Cidade como subcampión. Para chegar en plenas condicións a esta esixente primeira xornada as pupilas de Manolo Codeso levan dúas semanas

de adestramentos. Despois de que regresaran as internacionais Vanessa Sotelo, Iria Saeta e Ana López, o técnico conta con toda a plantilla nesta pretempada. Amigables O primeiro partido de preparación para as ourensás será este mesmo sábado fronte ao Valdetires -recén ascendido á Primeira División- en Ferrol. Sete días despois desprazaranse ata Viana do Castelo para xogar dous partidos; o sábado 5 contra o Santa Lucía e o domingo 6 fronte o Chaves.

O sábado 12 será a presentación do equipo diante dos seus afeccionados; o Cidade de Pontevedra será o rival no Trofeo Cidade das Burgas. Copa Xunta O mércores 16 de setembro xogarán o primeiro partido da Copa Xunta contra o Fisober en Vimianzo e o 23 -mércores- na casa diante do Estrada. En medio dos partidos de Copa Xunta o primeiro encontro de Liga contra o citado Futsi. As franxiverdes tentarán repetir a grandísima tempada do curso pasado.

Equipo Seguirán no equipo Rubén, Guerra, Fente, Andrés, Alli, Rodri, Martín, Dario, Luís, Capi e Tizón. Incorpóranse este ano Iago “maravillas” (do filial), Álex (Sporting Manzaneda F.S.), Raúl Rivero (Carballiño F.S.), Carballo (do Ourense C.F.) e Carracedo (A Veiga).

O 19 de setembro comeza a Liga contra o Valladolid

O Cidade enfróntase a esta tempada cun equipo moi similar ao da anterior./M.REJO.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

POLIDEPORTIVO

Inscrición aberta para a Galicia F7 Cup 4 David Padrón é o novo delegado desta competición en Ourense. Redacción

A proba disputada no concello da Bola é a quinta puntuable para o Campionato de Galicia de montaña./I.OSORIO.

Javier Villa, o mellor no Furriolo 4 O piloto asturiano logrou o mellor tempo nas catro subidas. R.T. A pasada fin de semana disputabase no concello da Bola a X Subida ao Furriolo. Nesta edición, o piloto asturiano Javier Villa, aos mandos dun BRC B49, foi o máis rápido de cantos pilotos disputaron a proba. O asturiano logrou impoñerse nas catro mangas disputadas aventaxando en sete segundos ao segundo clasificado, Alexis Viéitez (Fórmula Outeda). Terceiro foi o ourensán César Rodríguez (BRC 49). Entre Viéitez e Rodríguez tan só houbo 137 milésimas de diferenza a favor do primeiro. Das catro pasadas cada piloto sumaba os dous

O asturiano bateu o récord da subida, tardando 2 minutos e 25 segundos

mellores tempos (o mellor da primeira xornada e o mellor da segunda), para obter o tempo final de cada participante.

Galego Esta é a quinta proba puntuable para o Campionato de Galicia de montaña. A do Furriolo está organi-

zada pola Escudería Celanova Motor; e discorre pola estrada OU-531 que une o concello da Bola e o alto do Furriolo.

Carrozados En canto aos carrozados, o primeiro foi o Audi Quattro DTM de José Antonio López Fombona, rematando sexto da xeral. O segundo dos carrozados foi José Antonio Iglesias (Lancer Evo VIII), situándose undécimo na clasificación. E terceiro, Diego Gómez Castro (Renault Megane Trophy), sendo décimo cuarto da xeral. Récord Este ano o piloto asturiano e vencedor da proba bateu o récord da subida, deixándoo agora en 2 minutos, 25 segundos e 907 milésimas. O trazado consta de cinco quilómetros cunha pendente que oscila entre o 5 e o 7,5%.

A pesar das inclemencias meteorolóxicas, gran cantidade de afeccionados ao mundo do motor seguiron a proba sábado e domingo./I.OSORIO.

Xa está aberto en Ourense o período de inscrición da Galicia F7 Cup para a tempada 2015-2016. Xa hai equipos interesados en formar parte desta competición futbolística e que a cidade das Burgas sexa unha das súas sedes. Os novos equipos interesados en xogar a Galicia F7 Cup 15/16 terán de prazo até o próximo día 10 de setembro para poder formalizar a súa inscrición. O Torneo Apertura podería dar comezo o 28 de setembro. David Padrón O ribadaviense David Padrón será o delegado da Galicia F7 Cup en Ourense. Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, este mozo de 23 anos afronta a súa chegada á Galicia F7 Cup como un novo reto. “Aínda que soe a tópico, é así. Vou tentar que todo saia ben e que leve a cabo o torneo dunha forma bastante boa”, sinala. A súa función será, segundo as súas propias palabras, “coordinar a sede de Ourense para que todo saia como ten que saír”. Para Padrón a primeira impresión deste novo sis-

David Padrón. tema de competición está a ser moi boa. “Dáme a sensación de que é organizar bastante ben o que até agora se estaba facendo de calquera forma. Trátase de facelo cun punto de vista máis profesional”, apunta. O ourensán está seguro que “terá unha boa acollida”, xa que “en Ourense sempre se xogou moito ao fútbol”. Ademais, o novo delegado da Galicia F7 Cup considera que faltaba “algo así”. Cre que moita xente apostará por esta competición grazas a que sendo amateur “dáselle un caracter de seriedade”.

As inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

BTT

Éxito local no XI Mini BTT de Maceda

Brais Sendín disputará o Mundial Redacción

4 Participaron 200 rapaces de toda Galicia. Redacción Este 15 de agosto Maceda acolleu o seu XI Mini BTT, con máis de 200 rapaces participantes chegados de toda Galicia, para gozar dunha intensa fin de semana de carreiras, acampada e piscina. Dentro da competición destacaron as vitorias do deportistas locais Carlos Canal e Antía Martínez, en categoria infantil, na que ademais o club de Maceda fixo triplete no podio feminino,con Antía, Noela e Aída González. En infantís masculinos, ademais da

vitoria de Carlos, destacou o terceiro posto de Marco Nube e o quinto de Hugo Vázquez. En alevíns a vitoria foi para Breogán Diz do CC Maceda, e o seu compañeiro Martín González foi terceiro. Asemade, a Escola de Ciclismo JA Hermida logrou tamén moi bos resultados en prebenxamíns, co cuarto posto de Marco Varela.

Breogán Diz proclamouse campión alevín

Pablo Rodríguez, durante a penúltima proba da Copa do Mundo./FACEBOOK

Segundo posto para Pablo Rodríguez na Copa do Mundo 4 Remata décimo na última proba e escápaselle o liderato. Redacción

As ciclistas de Maceda Antía, Noela e Aíada completaron o podio en categoría infantil.

O ciclista macedán do MMR Bikes Pablo Rodríguez rematou subcampión da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, en categoría sub 23, ao finalizar no décimo posto a última carreira da proba. O ourensán, que até a última xornada lideraba a clasificación, precisaba gañar a carreira de Val dei Sole ou, como mínimo, adiantar ao seu principal rival, o francés Titouan Carod, que rematou sendo o gañador da cita mundial.

Pablo avantaxaba en 18 puntos ao francés, aínda que a diferenza de puntos entre primeiro e segundo era de 20 puntos, polo que o triunfo era o resultado que lle garantía o título. Pero non foi o seu día, e non realizou a proba agardada; de feito, dende o comezo foi perdendo terreo respecto do francés e xa na metada a distancia era de 50 segundos entre eles. De todos os xeitos, Carod foi ao seguro no final a carreira e de maneira cómoda finalizou segundo, asegurando o campionato. O ourensán, pola súa banda, rematou décimo a

4´47¨ minutos do vencedor. O abatemento por ter tan preto a Copa do Mundo notouse na última parte da cita. Non obstante, o segundo posto é histórico, xa que ningún español logrou tan bo resultado na súa categoría. De seguido, o ourensán loitará polo primeiro posto no Campionato do Mundo, que se disputará en Andorra. A súa proba será o 4 de setembro.

Participará no Campionato do Mundo, o 4 de setembro en Andorra

Entre os españois seleccionados por Cristóbal Sánchez para disputar os Campionatos do Mundo de mountain bike, que se celebrarán do 31 de agosto ao 6 de setembro en Andorra, atópanse dous ourensáns: Pablo Rodríguez (que vén de proclamarse subcampión da Copa do Mundo sub 23) e o júnior Brais Sendín. Sendín (do CC Maceda Academia Postal Actyon) foi o máis regular da súa categoría durante toda a tempada. Ademais, fíxose co segundo posto na xeral do Open de España e proclamouse subcampión de España de BTT. Todos os corredores atópanse xa concentrados en Serra Nevada para adaptarse á altitude do lugar de competición; viaxarán a Andorra o luns 31 de agosto. Brais Sendín competirá o 3 de setembro e Pablo Rodríguez o venres 4.

Brais Sendín.


10

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

FÚTBOL

Rexional Preferente

Mala primeira xornada para os ourensáns

4 Perderon o Ourense Club de Fútbol e o Monterrei, e empatou o Arenteiro. Redacción

Encontro entre o Verín e O Barco, no que venceu o conxunto de Valdeorras./I.OSORIO

O Barco vence no derbi de Terceira 4 O Barbadás tamén logra a vitoria contra o Mugardos. Redacción Comezou o fútbol de Terceira División nunha tempada na que xogarán tres conxuntos ourensáns. Na primeira xornada o derbi entre Verín e O Barco saldouse coa vitoria dos de Valdeorras. O Barbadás venceu na súa visita a Mugardos. Derbi No derbi disputado no José Arxiz entre Verín e O Barco o nome propio foi o do dianteiro visitante Rodri. Del foron os dous tantos do encontro, e puideron ser máis. Nos primeiros intres do

O Barco sentenciou o encontro ante o Verín por 0 a 2

partido xa dera un aviso de que, a da primeira xornada, ía ser a súa tarde. E é que minutos despois lograría o 0-1 despois de desfacerse de dous rivais. Antes do descanso de novo o dianteiro visitante firmaría o 0-2 que deixaba practicamente encarrilada a vitoria para os barquenses. Na segunda metade non se movería o marcador aínda que o pesadelo dos locais, Rodrí, como non, a piques estivo de facer o terceiro. Este resultado fai que O Barco ocupe a primeira posición en detrimento dun Verín que é o pechacancelas. Barbadás Dous minutos tan só tivo que esperar o Barba-

dás para o lograr o primeiro tanto da tempada de Terceira División. Alfredo firmaba o primeiro gol dos ourensáns no curso que acaba de comezar. O Galicia Mugardos lograba, nada máis reanudar o encontro, o empate. Sería Moisés Pereiro o que, tamén de penalti, daría a vitoria aos azulóns. Esta vitoria por 1-2 coloca ao Barbadás na quinta posición. Segunda xornada Para a segunda xornada o Verín visita o campo do Ribadumia (segundo clasificado). Mentres o Barbadás xoga na casa contra o Ordes (penúltimo) e O Barco recibe ás Pontes (oitavo).

O balón comezou a rodar na Rexional Preferente (grupo sur) e non o fixo con bo pé para os ourensáns. Dos tres equipos da provincia que están este ano na competición tan só o Arenteiro puido arañar un punto; o resto foron derrotas: do Ourense CF e do Monterrei. Arenteiro O conxunto do Carballiño logrou un empate no campo do Cultural Areas. Ningún dos dous equipo tivo claras ocasións para levar os tres puntos. O marcador non se movería durante os 90 minutos polo que o equipo dirixido por Jorge Regal sumou o seu primeiro punto da tempada. Con este resultado son undécimos con un punto. Monterrei O Monterrei, recén ascendido, a piques estivo de dar a sorpresa nesta primeira xornada fronte ao Atios. Despois de rematar a primeira metade sen goles, os ourensáns adiantáronse no marcador na segunda. Iago Lantes é o primeiro goleador do equipo esta tempada. Pero os locais non deixarían escapar a vitoria e lograron darlle a volta ao gol en contra.

Jorge Fernández, por dúas ocasións daba a vitoria aos de Porriño. Esta derrota pola mínima fai que os do val de Monterrei comecen décimo quintos. Ourense CF O que peor parte levou nesta primeira xornada da Rexional Preferente foi o outro equipo ascendido: o Ourense Club de Fútbol. Os de Rubén Domínguez encaixaron a maior goleada da xornada ao perder por 1-4 no Couto. Aos poucos minutos de comezar o encontro o Valladares xa mandaba no electrónico (0-1). Xa no segundo período foi o dianteiro Wadir o que facía o gol do empate. Pero

pouco duraría a ledicia, xa que aos cinco minutos os visitantes adiantaríanse de novo. Isto supuxo un duro golpe para os ourensáns que non souberon recompoñerse deste novo gol. Así, os vigueses volveron marcar por dúas ocasións máis para deixar o definitivo 1-4. Con esta goleada o Ourense CF comeza a liga como pechacancelas. Vindeira xornada Na segunda xornada o Ourense CF visita o campo do Céltiga. Pola súa banda, tanto Arenteiro como Monterrei xogan en casa. Os do Carballiño reciben ao Estradense e o Monterrei ao Cultural Areas.

Choque entre o Ourense CF e o Valladares./I.OSORIO


BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

FÚTBOL

11

Vitoria para pechar a pretempada

A Copa Deputación abre a tempada

4 A UD Ourense logrou vencer ao Allariz no Torneo Festa da Empanada.

4 Esta fin de semana disputarase a primeira rolda da Copa Deputación.

Redacción

Redacción

A Unión Deportiva Ourense pecha a pretempada coa vitoria no Torneo Festa da Empanada. Venceu ao Allariz por 1-2 e tras darlle a volta ao marcador. Durante a primeira metade o marcador non se movería ante a atenta mirada de todos os afeccionados

O domingo 6 de setembro, ás 17 horas, a UDO comeza a Liga visitando ao Arnoia

que non quixeron perder a ocasión de ver este encontro. Houbo que esperar aos segundos 45 minutos para ver os goles. O primeiro que golpearía sería o equipo local con gol de Paco (1-0). Dez foron os minutos que aguantaron coa vantaxe, xa que Jorge anotaba o empate. Nos últimos minutos, Cristian Dacosta dáballe a vitoria aos unionistas ao rematar o balón desde dentro da área. Vitoria e novo trofeo para a UD Ourense, que este ano ten o reto de ascender á Primeira Autonómica.

Sergio, durante un partido de pretempada da UDO. Liga En dúas semanas comeza a Liga. A Unión Deportiva Ourense tócalle xogar contra o Arnoia na primeira xornada. O encontro

terá lugar o domingo 6 de setembro a partir das 17 horas. Xa está todo listo para que os homes de Antonio Dacosta loiten por subir de categoría.

Os ourensáns chegaron ao último encontro precisando só o empate, pero os vigueses lograron vencer./RAMSÉS

O Pabellón xuvenil sucumbe ante o Celta 4 O conxunto ourensán remata segundo no Torneo Cosaga. Redacción O Pabellón xuvenil perdeu contra o Celta de Vigo o que lle impide facerse co Torneo Cosaga que marcha cara a terras olívicas. O evento disputouse

no estadio Miguel Anxo o pasado sábado 22 de agosto. Anteriormente, os ourensáns venceran ao Calasancio por 2 goles a 0, mentres que os vigueses empataran a cero goles.

Pabellón - Celta Os pavillonistas chegaban ao último encontro valéndolles o empate para facerse con esta primeira edición do triangular. Cando parecía que os locais lograrían alzarse co trofeo, un gol de An-

drés ao transformar un penalti, na recta final do encontro, fixo que o Celta se proclamara campión. O Calasancio foi terceiro ao empatar co Celta e perder 2-0 contra o Pabellón. Os goles ourensáns deste encontro foron obra de Brayan e Tomi.

A transformación dun penalti en gol de Andrés otorgoulle a vitoria ao Celta

Esta fin de semana ábrese a competición desta tempada no fútbol provincial. Antes do comezo das ligas chega a primeira rolda da Copa Deputación (tanto a A como a B). Na Copa A os partidos desta primeira fase son: Antela - Allariz, o sábado ás 17.30 na Moreira;

e para o domingo, os Celanova - Velle (San Rosendo, 18 horas); Ribeiro - Vilariño (San Cristobal, 20h); A Peroxa - Nogueira (O Marco, 17.30h) e Taboadela - A Manchica (Outeiro, 17.30 horas). Na Copa Deputación B, son 24 os equipos que entran en xogo nesta primeira rolda. Na zona do Ribeiro son 13 os partidos que disputarán.


12

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

TRIATLÓN POPULAR DE ALLARIZ

González e Villar vencen en Allariz 4 No Triatlón popular. Redacción Alberto González Gil e Mar Villar Zamuz foron os vencedores do 26º Triatlón popular de Allariz celebrado a pasada fin de semana. A proba constaba de 750 metros nadando no río Arnoia, 24 quilómetros de bicicleta e 5,5km de carreira a pé. Novamente quedou curto o tope de participación, xa que de novo s completaron as 150 prazas dispoñibles para este evento. González foi o máis rápido no río e na carreira a pé, sendo o décimo mellor tempo na bicicleta, o que lle valeu para facerse coa primeira posición cun tempo dunha hora 11

minutos e un segundo. Tras el chegaría Nicolás Domínguez (1:12:37) e terceiro, Pedro Esmorís (1:12:58). Villar En categoría feminina foi Mar Villar Zamuz a mellor de todas as triatletas que acudiron a Allariz. Villar rematou a proba nun tempo dunha hora 22 minutos e 18 segundos. En segunda posición entraría en meta Helena Fernández Lago (1:27:14). A terceira muller en completar o percorrido foi Olalla Duro Liñares (1:30:22).

A cita deu comezo coa proba de natación, na que os participantes tiveron que nadar 750 metros no río Arnoia./R.T.

Equipos Por equipos o Triatlón Beariz alzouse co triunfo nesta edición. Momento da transición entre a primeira e a segunda proba de varios atletas./R.T.

Participante á saída da proba de natación./RAMSÉS

Un dos podios femininos máis festexado./P.LORENZO

Podio masculino./P.LORENZO


ATLETISMO

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

13

Regresa o “Correndo por Ourense” coa proba da Ponte 4 A carreira disputarase o domingo 6 de setembro. Redacción Despois do típico parón no período estival regresan as carreiras populares a Ourense. O vindeiro domingo 6 de setembro o barrio da Ponte acolla a cuarta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Carreiras As carreiras comezarán, como sempre que se

disputan en domingo, ás 12 horas coa carreira dos pitufos. Ás 12.10 horas será o turno dos benxamíns e alevíns que percorrerán unha distancia de 1.000 metros. Os infantís e cadetes, ás 12.15 horas, terán que dar unha volta de 1.900 metros. E xa para ás 12.30 horas, será o turno para o resto de categorías. Estes corredores darán tres voltas ao circuíto de 1.900 metros

Cando se chegou ao ecuador da competición, os atletas Luis Iglesias e Iria Fernández son os líderes provisionais

para completar unha distancia de 5.700 metros. Rúas A saída e meta de todas as carreiras estará na rúa Vicente Risco. Nas carreiras de infantís, cadetes e absoluta os atletas pasarán pola avenida de Santiago, as rúas Basilio Álvarez, José A. Moretón, Ribeiriño, Mercado, Rosalía de Castro e de novo a Vicente Risco. Líderes O podio provisional individual absoluto do “Correndo por Ourense”,

depois de tres etapas, está comandado por Luis Iglesias (categoría masculina) e Iria Fernández (feminina). Tras Iglesias están Javier Paredes e José M. Corral, como segundo e terceiro, respectivamente. Pola súa banda, a segunda muller na clasificación é Sonia Teijeiro e a terceira, Ana Mª Ocampo. En canto aos equipos mixtos dobres parellas, o Coolsport marcha primeiro. Segundo, moi distanciado, está Amigos de Dani e en terceira posición Happy Runners.

Grupo de atletas durante a carreira do Vinteún./R.T.


14

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

Open de Budapest Redacción Tres ourensáns, do Club Xadrez Ourense, participaron no Open de Budapest de xadrez. Os tres foron quen de lograr puntos para o ránking internacional. O mellor deles foi Sergio Blázquez Criado, quen rematou no posto 20 con 5 puntos, o que lle valeu para sumar 50 puntos no seu ránking (ELO). Os mesmos puntos, 50, acadounos Martín Arellano Pardo; porén tivo que conformarse co posto 23 na clasificación e sumar 15 puntos internacionais. O terceiro dos ourensáns, Samuel Cruz Guerra, foi con 4,5 puntos 29º, o que lle valeu para sumar 12 puntos ELO.

POLIDEPORTIVO

TENIS

O canario David Vega faise co oitavo Futures 4 Gañou na final a Ricardo Ojeda. Redacción O oitavo Futures “Cidade de Ourense” deixounos un duelo español na final no que saiu vencedor o canario David Vega -primeiro cabeza de serie-. O seu adversario foi o andaluz Ricardo Ojeda -segundo cabeza de serie- ao que doblegou en tres sets (63, 4-6 e 7-5) en casi tres horas de partido. Vega atacaba co seu servizo, subía á rede... mentres que Ojeda acertaba nas súas decisións

Iván Salgado revalida o título de campión de España 4 Na modalidade de xadrez rápido. Redacción Iván Salgado, gran mestre ourensán de xadrez, vén de revalidar o título de campión de España na modalidade de xadrez rápido. Esta vitoria supón 23 puntos de ELO rápido, o que lle vale para estar preto dos 50 mellores xadrecistas mundiais desta modalidade. O ourensán logrou 7,5 puntos de nove posibles ao conseguir sete vitorias, un empate e unha derrota. Na clasificación rematou segundo, tan só por detrás de Julio Granda, que se proclamou campión deste torneo disputado en Linares, pero que non entraba na loita polo título nacional. Lóstrego No campionato lóstrego -partidas máis rápidas aínda que as anteriores- Salgado rematou na terceira

posición. Diante del quedaron David Antón e Julio Granda. Equipos O Sestao, equipo no que milita Iván Salgado, rematou na segunda posición, a pesar de partir coma favorito. O conxunto cántabro do Solvay, proclamouse campión. Nacional No Campionato Nacional -modalidade tradicional-, pasado o ecuador da competición (cinco roldas), Salgado está situado nos primeiros postos. A clasificación está liderada por Francisco Vallejo e David Antón, ambos con 4,5 puntos, e tras eles un grupo de sete xogadores con 4 puntos, entre os que se encontra o ourensán. Catro roldas faltan para que remate o campionato o vindeiro 31 de agosto.

ao devolver a pelota. No primeiro set dúas roturas temperás de servizo fixo tomar vantaxe ao canario e levar a primeira manga. No segundo novamente fixo un break o que lle provocou medo a gañar. A partir dese momento, as numerosas imprecisións leváronlle a ceder a segunda manga. Xa no terceiro a cousa non pintaba ben para David Vega. Ricardo Ojeda chegou a dominar esta última manga por 5 a 2, mentres que o canario su-

fría o indecible. O segundo cabeza de serie dispuxo dunha bola de campionato con 30-40, e a partir de aí todo cambiou. No seguinte xogo desaproveitou o seu servizo con 30-0 e 5-3 para empezar a decaer no partido. O primeiro cabeza de serie rexurdiu e foi quen de gañar un torneo que tiña totalmente de costas. Puntos ATP Con esta vitoria, David Vega lévase 18 puntos ATP o que fanlle subir 100 postos na lista. Isto foi que

O vencedor do torneo, David Vega, xunto ao finalista Ricardo Ojeda, nas canchas do Club Santo Domingo/IÑAKI OSORIO.

volva ao top 500 da clasificación da Asociación de Tenistas Profesionais. O torneo disputouse a comezos de mes no Club Santo Domingo.

BALONMÁN

O Pabellón Ourense regresa á actividade 4 O partido de presentación do equipo ante a súa afección será o 4 de setembro fronte a unha selección de Urugüay. Redacción O Balonmán Pabellón Ourense regresou xa ao

traballo. Tras un final de tempada 2014/2015 brillante que culminou coa consecución da Copa Ga-

licia, a que agora comeza, 2015/2016, preséntase cun plus de ilusión na confianza de que se pode estar a

Na final do torneo enfrontáronse o primeiro e o segundo cabeza de serie

pelexar polos postos que dan lugar ao ascenso á Primeira División. A renovación de Diego Lorenzo na dirección técnica vai proporcionar estabilidade a un persoal na que a única baixa foi a de David Sabas. Por contra recupérase a Brais Pérez despois do seu periplo universitario e como nova alta cóntase coa achega de Imanol Cobián procedente da SAR de Redondela. Na recámara, a posible achega de varios xuvenís así como a de José Manuel “Puma” que se atopa a proba procedente do Bm. Lalín. Partido de presentación Como compromiso máis importante nesta preparación xa se atopa pechado un partido, o día 4 de setembro, contra unha selección de Urugüay que se atopa en xira polas nosas terras. Este partido vai servir de presentación do equipo ante a súa afección para a nova tempada.

Plantilla do Pabellón Ourense para a tempada que comeza.

Diego Lorenzo continúa na dirección técnica do equipo A única baixa, David Sabas


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº124- Ano: VII - 27 de agosto de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Concello de Ourense e Xunta remodelarán o pavillón dos Remedios 4 As obras, nas que se investirá 400.000 euros, afectarán ao anexo e ao módulo de atletismo. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, mantiveron un encontro institucional no consistorio ourensán no que acordaron reformar o pavillón dos Remedios. Fixérono

logo de recibir e felicitar á ourensá campioa de Europa sub-18 de baloncesto, Paula Ginzo. Así, Concello de Ourense e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia comprometéronse a acometer obras de remodelación no Pavillón dos Remedios por un importe

de 400.398 euros. Tal e como explicou o alcalde, estes traballos consistirán na remodelación integral do anexo do Pavillón, petición demandada polos usuarios dende hai anos. A este concepto destinarase a maior parte do investimento comprometido, 300.000 euros. A

A reforma do anexo do Pavillón levará o groso do investimento, 300.000 euros./RAMSÉS

remodelación completarase con traballos de instalación de vestiarios para o módulo de atletismo (39.394,64 euros) e melloras no campo de fútbol 5 indoor (61.003,36 euros). Neste sentido, a obra agora comprometida completará os traballos xa previstos de remodelación do ximnasio, constituindo así unha reforma prácticamente global das instalacións deportivas por excelencia da cidade. Jesús Vázquez manifestou o seu agradecemento ao secretario xeral “polo seu compromiso firme coas infraestruturas e o deporte ourensán” e lembrou tamén que o compromiso claro e adquirido do Goberno municipal “está ao carón de fomentar o deporte e adecuar as instalacións ás necesidades actuais dos usuarios”. Do mesmo xeito, José Ramón Lete recalcou a importancia da mellora no pavillón dos Remedios, “un proxecto moi importante para a cidade que engrandecerá, máis se cabe, o deporte ourensán”.

Instalaranse vestiarios no módulo de atletismo e realizaranse melloras no campo de fútbol 5 indoor

piragüismo

A Copa Deputación por equipos, para o Fluvial de Allariz 4 En individual vitorias de Jesús Rodríguez e Kissi Torres. Redacción

Piragüismo.

A quinta e definitiva xornada na Copa Deputación de piragüismo celebrouse no río Arnoia ao seu paso por Allariz. Á cita acudiron preto de 200 deportistas. Esta foi a quinta cita do campionato despois de teren lugar as outras catro en Muíños, Avión, Barra de Miño e A Rúa. A proba disputouse no tramo que comprende desde o edificio A Fábrica e a ponte Romana. Os benxamíns e alevíns percorreron 1.000 metros; os infantís, 2.000 e o resto de categorías, 4.000 metros, en embarcacións individuais. Por equipos o vencedor foi o Fluvial de Allariz, seguido do Fluvial O Barco e o Fluvial Avión, segundo e terceiro, respectivamente. En cuarto lugar quedaría a Sociedad Cultural Fontefría de Muíños e quinto a Escola Municipal Ourensá de

Casificación individual En categoría sénior os vencedores foron Jesús Rodríguez e Kissi Torres, do Barco. En veteranos, Carlos Piñeiro (Allariz) e Mónica Piñeiro (Avión). Quedaron en primeiro lugar en xuvenís, Adrián Prada (O Barco) e Marta Paradelo (Allariz); en cadetes, Diego Conde e Eva Piay, do Barco; en infantil A, Oliver Rodríguez e Clara Miranda, do Barco; en infantil B, Agustín Segura e Paula Segura, do Fluvial Allariz. Ademais, en benxamín venceron Raúl Prada (O Barco) e Diana Lorenzo (Avión); en alevín A, Javier Rodríguez (Allariz) e Ánxela Bruquet (Avión) e en alevín B, Álex Martínez (Allariz) e Marta López (O Barco).

Fluvial O Barco e Fluvial Avión foron segundo e terceiro


16

BARRIOS DEPORTIVO 27 de agosto de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.