Bd122

Page 1

Os mellores atletas no noroeste peninsular no Ourense Termal Athletics Meeting FÚTBOL SALA

Páx. 4

FÚTBOL

Páx. 5-6

NATACIÓN

Páx. 10

JIU JITSU Páx. 13

[Páx. 12] 12] [páx.

XADREZ Páx. 13-14

Iván Ares vence no 48 Rali de Ourense [páx.7 a 9]

[páx.2- 3]

O COB logra nos despachos o gañado na cancha Iván Ares no tramo espectáculo do polígono de San Cibrao. Guille Rejón no cuarto partido do playoff final contra Breogán./RAMSÉS

Número: 122- Ano: VII - 19 de xuño de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 3 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

ACTUALIDADE

Boxeo, kick boxing e full contact, nos Remedios 4 Sete combates na velada deste venres. Redacción Boxeo, kick boxing e full contact, nos Remedios. A velada “Galicia terra de loitadores IV” terá lugar este venres 19 do xuño a partir das 22.30 horas. En total serán sete combates entre 14 púxiles, dos cales cinco son ourensáns. Dos sete combates un será de full contact, dous de kick boxing e catro de boxeo olímpico. Os combates de kick boxing e full contact serán a tres asaltos de dous minutos; os de boxeo serán a tres asaltos de tres minutos cada un. Combates Os dous primeiros que saltarán ao cuadrilátero son o ourensán Manu Míguez e Igor Menedo, que disputarán unha pelexa de kick boxing en categoría de 64 quilos. O seguinte combate enfrontará Saúl Galcio contra André Bundin (boxeo,

64kg). Depois poranse entre as 12 cordas os púxiles Pedro Gonçalves e Miguel Medes, en categoría 81 quilos de boxeo. O segundo ourensán en subir á lona será Óscar Mira, que o fará contra Miguel Rodríguez, nun combate de full contact en 73 quilos. No seguinte combate de boxeo (91kg) tamén estará un ourensán, Yago Mondelo, que se medirá con Sergio Rivero. No combate de boxeo (69kg) pelexará o ourensán José Luis Silva e Nauman Chaudharv. E para o final queda o combate de kick boxing (74kg) entre Manuel Jiménez, tamén de Ourense, e o portugués, Eduardo Guimaraes. Taquilla As entradas oscilan entre os 7 euros nas bancadas e os 10 euros en silla a pé de cuadrilátero.

Camilo Álvarez e Antonio Gavilanes tras unha reunión con Manuel Baltar e Jesús Vázquez./RAMSÉS

O COB é de ACB

4 A máxima categoría recibiu os cartos para a súa afiliación. Coa entrega do informe de auditoría, antes do 30 de xuño, será oficial. Ramsés Torres Acabouse o “culebrón” do ascenso de Club Ourense Baloncesto á ACB. Despois de varios días frenéticos por parte da directiva do club para conseguir os imprescindibles acordos para inscribir o seu nome na Liga Endesa, por fin o luns 15 de xuño, día que remataba o prazo, o logrou. E non foi sinxelo, houbo que agardar a que o Concello de Ourense firmara un compromiso de apoio e que a entidade

Abanca buscase “unha solución financieira viable” para que a ACB comunicara a inscrición do COB na Liga. E todo iso chegou en torno ás 20 horas do último día de prazo para que o equipo se inscribira na mellor liga europea de baloncesto. Ás 12.30 horas parecía que todo estaba listo para poder enviar a transferencia de 2,9 millóns de euros á sede da ACB; pero pouco máis tarde a entidade bancaria Abanca cambiaba a regras do xogo e parecía

Manuel Míguez, Cándido Gómez, Manu Míguez, Hugo Blanco e José L. Silva, na presentación da velada de boxeo./RAMSÉS

Premios do judo galego Redacción Felipe Iglesia e Manuel Montero foron premiados pola Federación Galega de judo, e recibiron as súas distincións durante a 19ª Gala do Judo Galego, que tivo lugar no Hotel Silgar de Sanxenxo (Pontevedra). Ao mestre Manuel Mon-

tero outorgóuselle o cinturón branco e vermello sétimo Dan, e a Felipe Iglesias déronlle o premio “Cinturón de ouro 2014”. O mestre Montero é unha figura referencial no judo galego e español. A súa infatigable labor fíxose merecedor de tal distinción. Iglesias, eterno campión galego de jiu jitsu, é subcampión de Europa e sétimo do Mundo.

Os seareiros cobistas convocaron o 14 de xuño unha manifestación ante o Concello para pedir o apoio económico ao ascenso desta institución./R.T.

que a opción do acenso esvaecíase.

Nunhas horas de tolos finalmente o conto rematou con final feliz. Abanca enviaba un tuit no cal dicía que a entidade encontrara “unha solución financieira viable” para que o COB xogue na ACB. Pero faltaba un último chanzo: a confirmación por parte da máxima categoría, a cal chegaba a modo de comunicado oficial ás 21 horas, cando colgaba na súa web que o Club Ourense Baloncesto “presentou a documentación requerida para a súa afiliación á ACB e efectuou o ingreso correspondente para a súa inscrición”. 30 de xuño Agora ábrese un prazo que finaliza o 30 de xuño no cal “hai que achegar o informe de auditoría. Será entón, e á vista do resultado do indicado informe, onde a Asociación de Clubes adoitará a resolución sobre a inscrición definitiva do club na Liga profesional para a tempada 2015/16”.

4 As autoridades ourensás opinan: Jesús Vázquez, alcalde de Ourense. O rexedor municipal, en canto á apurada sinatura do compromiso de apoio ao COB, explicou que “estábamos en tempo límite”. Pero insiste en que “actuouse con total transparencia, cos técnicos (asesoría xurídica e intervención) e conforme á lei”. Para os populares este apoio debeuse a que “é unha gran oportunidade polo nivel de retorno de estar na ACB”. Pola contra, critica que o anterior goberno, entre as eleccións e a investidura do novo alcalde, “non deu ningún paso” ao respecto. Manuel Baltar, presidente da Deputación. Manuel Baltar explicou o apoio incondicional da institución provincial ao ascenso do COB porque “proxecta unha importante imaxe de cidade”. Así mesmo, considera que non se tería materializado “se non houbera cambio na alcaldía”, porque era evidente a falla de interese do anterior goberno, xa que “o COB non percibiu aínda a subvención do ano pasado”,

lembrou. Ademais, puntualizou que “desapareceu o CDO porque non se considerou a súa excepcionalidade desde o Concello”. Vázquez Barquero, voceiro do PSOE. O socialista informou da presentación por rexistro dunha solicitude de copia do expediente administrativo sobre o apoio financieiro do Concello ao COB, así como copia das cartas remitidas polo alcalde ao club e á entidade financieira que facilitou o préstamo. “Quero ter información oficial”, dixo Barquero, que considera que Jesús Vázquez se extralimitou nas súas competencias pois o apoio “ten que ser aprobado no pleno”. En resposta, o voceiro do PP, Francisco González, puntualizou que como a toma de posesión foi o 13 e a decisión sobre o apoio ao COB tiña que ser o 15, “evidentemente non había tempo para facer un expediente administrativo”, pero recalcou que a declaración de intencións “valeulle ao COB, a Abanca e á ACB”.


BALONCESTO

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

ENTREVISTA A RUBÉN VIEIRA - PREPARADOR FÍSICO DO CLUB OURENSE BALONCESTO

“Estar en ACB é un soño e máis porque fun afeccionado do COB de toda a vida”

4 O preparador físico do Club Ourense Baloncesto, Rubén Vieira, cóntanos como viviu esta tempada, o playoff de ascenso e súa nova faceta política como concelleiro en Celanova. R.T. / S.N. Rubén Vieira neste intre non ten metas, e non as ten porque agora mesmo está a vivir un momento inigualable, deses nos que non podes soñar cos seguintes pasos porque nunca imaxinaches chegar a este punto do camiño. Despois de medrar seguindo ao COB converteuse fai catro anos no preparador físico do equipo e agora foi un dos protagonistas técnicos do seu ascenso a ACB. Falamos con el. Como chegas a ser o preparado físico do Club Ourense Baloncesto? Rubén Vieira: “Eu estudei en Pontevedra, Licenciatura en Educación Física, despois marchei a Madrid facer un maxisterio e un máster de prepa-

ración física, e recibo a chamada do coordinador de Ourense para levar un grupo de cadetes, foi fai cinco tempadas. Xusto ese verán descende o club, entra un director deportivo novo e teño a sorte de que ese director deportivo conta comigo, e levo catro anos seguidos no club”. Como viviches estes anos? R.V.: “Houbo dous anos moi moi bos. O primeiro co ascenso a Prata, porque me pillou con 24 anos e toda a ilusión do mundo. É certo que non comezamos ben, destituíron a Rubén Domínguez e como preparador físico hai unhas dúbidas que che xera o cambio de adestrador, pero todo foi ben e logramos ascender. E este último ano foi o

Rubén festexando o ascenso do COB tralo asubío final do quinto partido, disputado no Paco Paz./RAMSÉS.

ponder”.

mellor a nivel deportivo e humano”. E no medio? R.V.: “Todos os veráns foron complicados. O que debes é tratar de illarte un pouco, e non pensar moito no que vai pasar, senón desgasta”. Como viviches a tempada? R.V.: “Non foi perfecta, porque sempre hai cousiñas que mellorar, pero dende pretempada xa se vía que o grupo era moi bo e traballaba. É certo que chegamos ao primeiro partido e gañamos ben, o que afianzou as ideas que tiñamos. Os tres partidos que perdemos crearon dúbidas, pero fomos a Burgos e gañamos, e enlazamos seis vitorias; e tivemos a Copa Príncipe a oito segundos. Logo o ascenso foi incrible. Creo que a xente ten que entender que isto é moi difícil de repetir”. Como preparador físico como afrontaches o playoff? R.V.: “O preparador teno que afrontar pensando en chegar no mellor momento ao primeiro partido contra Melilla. Cando perdemos contra o Breogán faltando catro xornadas daste conta de que o importante é che-

Rubén Vieira, preparador físico do COB./RAMSÉS.

“O Campus de baloncesto Pedro Rivero está sendo un éxito (de inscrición) e agardamos que teña continuidade” gar ao playoff, aí axustas un pouco as cargas para eses catro partidos permitindo que os xogadores poidan chegar un pouco máis pesados ou cansados, que non foi o caso porque gañamos todos, e iso levounos ao segundo posto, que tamén foi moi importante, porque igual iso nos deu o ascenso, ao xogar o quinto encontro na casa e non ter que desprazarnos”.

Agora toca conseguir financiación, de onde consideras que debe proceder? R.V.: “Eu creo que ao final ten que haber tres piares: as institucións públicas; as empresas privadas, que se deben involucrar porque somos un enorme escaparate que levaremos o nome de Ourense por toda Europa; e os socios, que non teño dúbida de que van res-

Por último, cóntanos sobre o Campus de baloncesto Pedro Rivero que vai ter lugar en Celanova este verán por iniciativa túa. R.V.: “É unha das primeiras ideas que xurdiu para que a xente coñeza Celanova. No mes de febreiro, antes de que contactaran comigo polo tema político, falando con Pedro decidimos montar algo diferente onde os nenos puideran practicar baloncesto e á vez gozar das instalacións. Pensei en Celanova porque temos un albergue, dous pavillóns e tamén imos utilizar as instalacións do colexio Curros Enríquez. Imos xuntar entre 40 e 50 nenos, que van adestrar e tamén terán actividades lúdicas. E buscaremos que todos queiran repetir. O primeiro ano sempre é o máis difícil, vas a cegas, pero podo dicir que está sendo un éxito, reunimos a máis rapaces dos que pensabamos e agardamos que teña continuidade”.

“O segundo posto na Liga igual nos deu os ascenso, ao xogar o quinto encontro na casa”


BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

FÚTBOL SALA

O Cidade remata unha fantástica tempada 4 Caeu en semifinais da Copa ante Burela. R. Torres O Cidade As Burgas rematou a mellor tempada oficial da súa historia. Logrou clasificarse para a Copa de España, na que caeu en semifinais contra o Burela. O resultado non fai xustiza do que aconteceu no partido, xa que as ourensás perderon por cero goles a cinco. Na primeira metade ambas escuadras estudáronse. O Burela, incompresiblemente, deixaba o peso do partido ás xogadoras do Cidade, e agardábaas en campo propio. As ourensás intentárono, pero o marcador non se movería nos 20 primeiros minutos.

O Cidade xoga o Torneo Internacional Roma Capital

Vanessa Sotelo, na semifinal de Copa.

Ociosaugal, ocio e deporte para todos Redacción Ociosaugal é unha empresa adicada á xestión de servizos de ocio, deporte e cultura; que busca a través da actividade física mellorar a calidade de vida de nenos, adultos e maiores. Seriedade, dinamismo

Nada máis comezar a segunda metade, Claudia lograba o 0-1 para o Burela tras unha boa triangulación con Gaby e Peque. Pouco despois, as ourensás tiñan que xogar durante dous minutos con catro xogadoras por dobre amarela de Lucía Nespereira. Non obstante, as laranxas non sacaron partido da superioridade numérica. As franxiverdes buscaron o gol pero non chegou a materializarse. E xa nos últimos minutos foron a pola remontada xogando de cinco, pero saiu cruz e o Burela goleou por 0-5. Roma O Cidade remata a tempada en Roma, participando no Torneo Internacional Roma Capital, no que tamén participan o Team Rome -como anfitrión-, o Acquedotto e o Alcorcón. O seu primeiro encontro foi este xoves 18 ante o Alcorcón, ao que venceron por 3-2. De seguido, mediranse o venres co Team Rome e o sábado contra o Acquedotto. O que remate primeiro xogará a final ante unha escuadra representativa da división Calcio A5. Será un broche de ouro para a mellor tempada da historia do Cidade As Burgas.

e constancia son os seus piares de actuación, pero sempre apostando por materiais innovadores, para adaptarse á perfección á actividade para a que son contratados. Entre os servizos que ofrece atopamos animación, extraescolares, actividades dirixidas, mantemento de piscinas, campus deportivos e campamentos, e viaxes organizadas.

Regresa o Trofeo Barrios Deportivo 4 Os días 23 e 24 de xuño decidirase quen é o mellor equipo de fútbol sala da tempada. Redacción Un ano máis regresa o Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, que este ano chega a súa sexta edición. Os días 23 e 24 de xuño decidirase quen é o mellor equipo da tempada, o campión de campións. Hermano Carral, Eurosport/Karlaska, Dacón e Escornaboys son os equipos participantes. Horarios A sede de todos os partidos será a cancha central dos Remedios. O martes 23 disputaranse as semifinais, que enfrontarán a Eurosport e Hermanos Carral, ás 20.15 horas, e aos Escornaboys contra o Dacón, ás 21.15 horas. A final celebrarase o mércores 24 na central dos Remedios a partir das 21.15 horas. Antes da final masculina terá lugar (ás 20.15 horas) unha final feminina entre Cidade de Ourense

O Eurosport foi campión da Primeira Local, e alzóuse co Trofeo BD en tres das cinco edicións anteriores. e o Xinzo de Limia. Hermanos Carral O Hermanos Carral defende o título acadado o ano pasado neste torneo. Na Liga Provincial rematou cuarto e está entre os catro mellores equipos da Copa Deputación (esta fin de semana celébrase a fase final). Eurosport O Eurosport / Karlaska é

Hermanos Carral foi o campión do Trofeo BD en 2014.

un clásico do Barrios Deportivo. Este ano o equipo proclamouse campión de Primeira Local, a pesar das baixas de xogadores tan importantes como Tizón, Peque, Tractor, Santi, Diego, Iago ou Luis Ángel. Nesta edición tentarán volver a alzarse co título de campión de campións no Trofeo BD, que xa logrou en tres das cinco anteriores.

Dacón O campión da Liga de Carballiño chega a este torneo para quitarse a espiña do mal final de tempada que viviu, xa que non puido facer un bo papel na Copa Deputación ou na de Carballiño. En Liga foi imparable e aventaxou en 11 puntos ao segundo clasificado. Os do Carballiño o próximo ano serán equipo de Provincial, categoría na que contan que as cousas saian mellor que fai cinco anos, cando a inexperiencia fixo que baixaran de categoría. Chegan a este torneo con gañas de facer un bo papel, e, aínda que non son favoritos, tentarán dar a sorpresa. Os Escornaboys Os Escornaboys é un equipo que cada ano ocupa as primeiras prazas da Liga na que participa. Esta tempada rematou segundo na Primeira División. Na última xornada de Liga, cando ía líder, empatou, o que (sumado á vitoria do Eurosport) fixo que se lle escapara o campionato. O conxunto ourensán, despois de lograr no seu palmarés Liga e Copa, busca a súa primeira coroa neste torneo. Final feminina A torneo feminino xogarase a un só partido entre o Cidade de Ourense e o Xinzo de Limia. O Cidade quedou de quinto na Liga Provincial, mentres que o Xinzo foi sexto.

Os partidos serán na central dos Remedios ás 20:15 e 21:15 h

Dacón proclamouse campión da Liga de Carballiño.


BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

FÚTBOL

O Arenteiro, vence na Copa Deputación Redacción O Arenteiro venceu na final da Copa Deputación de fútbol ao Bande nun vibrante partido. O foi resultado de 3-2. Antes do descanso, o Arenteiro xa mandaba no marcador grazas a un cabezazo de Martín Pérez. Na segunda metade, Marcos lograba o empate a un. Dani Vázquez adiantou novamente aos carballiñeses e Diéguez devolvía as táboas (2-2). Arbo lograba o 3-2 definitivo. Antes do pitido final, Cristian a piques estivo de forzar a prórroga. O Arenteiro logra alzarse coa Copa por segundo ano consecutivo.

O Pabellón vence no undécimo Memorial Lito 4 Venceu na final á Ponferradina. Redacción O sábado 13 de xuño o estadio do Couto volveu acoller unha nova edición do Memorial Lito. Nesta ocasión 12 foron os equipos participantes. O Pabellón foi o vencedor do torneo ao gañar na final á Ponferradina. A vitoria dos ourensáns foi por un avultado 6-0. No partido polo terceiro e cuarto posto enfrontáronse o Barbadás e o Lugo, sendo os ouren-

sáns os que finalmente obterían a terceira praza. En canto ao mellor xogador do torneo, este trofeo foi para José Pérez, que milita no Pabellón. Os 12 equipos participantes no Memorial Lito foron

o EDO, Porriño, Barbadás, Ourense CF, Lugo, Arenteiro, Ribeiro, Allariz, Pabellón, Calasancio, Ponferradina e Unión Deportiva Ourense. Ofrenda Tralos encontros da mañá, celebrouse a ofrenda floral xunto a estatua do malogrado xogador de CD Ourense que hai no estadio do Couto No acto estivo presente a súa irmá e o seu sobriño, que estiveron arroupados polos ex xogadores do CD Ourense, organizadores do evento.

Ofrenda floral xunto a estatua de Lito que preside o estadio do Couto./RAMSÉS.

O Barco faise con Rubén Arce 4 Procede do Barbadás. Redacción O CD Barco comeza a moverse de cara á próxima tempada na que sobe de categoría. Para iso xa se fixeron cos servizos do xogador Rubén Arce. Arce provén do Barbadás e anteriormente estivo nas filas do CD Ourense ata o ano da súa desaparición. Dianteiro polivalente e rápido será unha pedra angular do novo Barco de Terceira División. Subcampión O Barco xogouse co Negreira saber que equi-

po era o campión absoluto da Rexional Preferente; O Negreira como campión do grupo norte e o Barco como o campión do grupo sur. No partido de ida en Calabagueiros empataron a un tanto caendo en Negreira por 2-1. Con este resultado, e o subcampionato da Preferente, dase por concluída unha tempada que deu o ascenso á Terceira 33 anos despois.

Rubén provén do Barbadás e antes estivo nas filas do CD Ourense


BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

POLIDEPORTIVO

Daniel Pérez e Alex Cid, campións de España de dobre minitramp 4 O Ximnasia Pavillón acadou un triplete en Base minitramp nivel I. Redacción Cote na súa presentación coa UD Ourense no Couto. /RAMSÉS.

Cote, novo reforzo para a UDO 4 Xogou en equipos como Verín, Barco ou Arenteiro. R. Torres José Luis Iglesias Rodríguez “Cote” é a nova incorporación nas filas da ambiciosa Unión Deportiva Ourense da tempada 2015-2016. Cote, con 23 anos,xa ten unha dilatada traxectoria no fútbol. Xogou en equipos como o Verín, Arenteiro, Barco e a pasada tempada no Sporting Celanova. Na súa presentación, o xogador recordaba a vinculación que tiña co CD Ourense, máis aló de adestrar na base. “Aos primeiros partidos que acudín foi aquí, no Couto, para ver a Club Deportivo Ourense xunto ao meu avó”. O deportista recala na Unión con moita ambi-

ción. Sabedor da esixencia do ascenso, Cote teno claro: “non renunciamos a nada, pero o obxectivo é o ascenso”. Cote considérase un xogador comprometido. “A miña maior cualidade é comprometerme ao máximo, e o estou”. Asamble O xoves 25 de xuño celébrase a última asamblea da Unión Deportiva por esta tempada. Nela trataranse temas, tales, como a memoria deportiva do primeiro curso; a aprobación da liquidación do orzamento deste ano, a proposta deportiva para a 2015-2016 e a ratificación, se procede, de Ramón Dacosta como directivo.

Os ximnastas do club Ximnasia Burgas, Daniel Pérez e Alex Cid, proclamáronse campións de España en dobre minitramp. Pérez en categoría absoluta e Cid en júnior. Tamén lograron ser campións de España por equipos absoluto elite no mesmo aparato e terceiros en trampolín. Ademais, ambos os dous lograron mínima para o próximo Mundial, aínda que haberá que esperar a decisión do comité nacional para a clasificación definitiva. Alex Cid logrou vencer neste campionato por

cuarto ano consecutivo. Ximnasia Burgas Outros postos destacados do club ourensán foron o quinto por equipos en trampolín elite sub 15. Jorge Conde clasificouse para a final individual en trampolín e Lourdes Pérez fixo o propio en dobre minitramp. Paula Touza foi terceira en base 1 de tumbling e Iris Blanco, con só 10 anos, acadou en base 2 (ata 14 anos) de dobre minitramp un meritorio sexto posto. Ximnasia Pavillón En categoría base, Maria Fu-Ju García, do Club Ximnasia Pavillón (CxP) proclamouse campioa de España de minitramp

(nivel I), mentres Marta Rodríguez foi subcampioa. Ainhoa Crestelo levou o bronce. A propia Marta Rodríguez logrou o Campionato de España de trampolín (nivel I). O equipo sub 15 foi prata en trampolín e medalla de bronce en dobre minitramp. O Club Ximnasia Pavillón participaba con 11 ximnastas en elite, dos cales 10 lograron superar a fase preliminar. Discreta foi a actuación en dobre minitramp, pese a contar con saltadores que xa destacaron noutras ocasións. Noa Puente - Dodd Álvarez, Diego Feijoo González e Carlos Trigo Seguín foron os que

O club Ximnasia Burgas, campión galego alevín 4 No Campionato Galego escolar.

Tegra García e Sara de la Torre (esquerda) e Marta Zipeng e Rocío Blanco (dereita), subcampioas e campioas, respectivamente, en categoría alevín. /BURGAS.

O Ximnasia Burgas proclamouse campión galego no Campionato Galego escolar, no que ademais logrou 11 medallas. A parella alevín formada por Marta Zipeng e Rocío Blanco foi ouro, mentres as súas compañeiras Tegra García e Sara de la Torre

remataron como subcampioas. O trío formado por Sofía Fernández, Mía Macía e Verónica Vázquez foron prata e Zoe Regueira, Clara Martínez e Atenea Méndez, terceiras. En cuartetos acadaron a primeira praza Estela, Carlota Vazquez, Elyna Fernández e Aitana Brea;

/CXP.

superaron a fase preliminar. Os resultados máis destacados do CxP nesta categoría elite foron: a segunda posición en parella de sincronismo composta por Lucas Domuro e Adrián Mecha (este do Club Getafe, de Madrid); a terceira posición da parella de sincronismo formada por María Salas e Noa Puente-Dodd en trampolín sub 15; a segunda posición de Candela Ferreira en trampolín individual (8 a 19 anos); os bronces en trampolín de Alejandra Braña (de 11 a 12 anos), María Salas (13-14 anos) e Lucas Domuro (15-16 anos) e o subcampionato de Eduardo Novelle (1718 anos).

Entre Ximnasia Burgas e Club Ximnasia Pavillón lograron un total de 17 podios entre individuais, por parellas e por equipos

Danuel Pérez, no centro, no podio de Valladolid. /BURGAS.

Redacción

Triplete do Club Ximnasia Pavillón en minitramp.

a segunda posición Antía Sánchez, Erea Cerviño, Lourdes Pérez e Mara Formoso e a terceira, Adrián Rey, Ainara Flores, Lucía Álvarez e Lidia Álvarez. Todos eles formaron o equipo campión galego. Infantil e sénior As irmáns Catuxa e Sabela Fernández Bustillo

proclamáronse campioas galegas. En tríos foron terceiras Jocabed Fernández, Andrea Gómez e Candela Louzao e cuartas Angela Bande, Lucía Cid e Claudia Cid. O equipo sénior composto por Antía Varela Roales, Ainhoa Alves e Enola Barrio fíxose coa primeira posición. Segundas foron Raquel Márquez, Águeda Reyes e Iria Reyes.

O Campionato celebrouse nos pavillón dos Remedios


48º RALI DE OURENSE

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

O Porsche 997 GT3 de Iago Caamaño e José Cañas durante o tramo espectáculo./RAMSÉS.

Iván Ares faise co triunfo en Ourense

4 Segundo foi Sergio Vallejo e terceiro, Cristian García. Redacción A 48ª edición do Rali de Ourense -Ourense Termalcoroou a Iván Ares como campión. O piloto de Cambre, xunto ao seu copiloto Álvaro Bañobre, logrou unha vitoria inapelable, distanciando en case catro minutos aos irmáns Vallejo. Vallejo tivo problemas na primeira pasada por San Pedro de Rocas na cal perdeu cinco minutos e un segundo, o que o levou á décimo novena posición. A partir de aí, todo foi remontar ata acadar esa segunda posición do podio. A primeira posición estaba imposible de alcanzar, xa que Ares tan só houbo de controlar a vantaxe que tiña. No terceiro caixón do podio Cristian García e a súa copiloto Rebeca Liso,

que a pesar dos problemas nos tramos da tarde lograron manterse no podio. Outro dos favoritos ao triunfo final, Pedro Burgo, tivo que abandonar. Miguel Fuster Miguel Fuster, o piloto alacantino que comanda a clasificación no CERA

(Campionato de España de Ralis de Asfalto) non puido participar en Ourense co se Porsche. Pero si o fixo cun Suzuki Swift. Os problemas económicos fixeron que non puidera participar co seu equipo habitual pero Suzuki deulle a oportunidade de competir na proba ourensá.

Fuster, limitado co vehículo, fixo un meritorio cuarto posto que lle permite sumar puntos e manterse ao fronte da clasificación no Campionato de España. Os ourensáns Como na edición do 2014, o piloto Iago Silva, xunto ao seu compañeiro

O Mitsubishi Lancer EVO X de Cristian García e Rebeca Liso na Peroxa./RAMSÉS.

Iván Ares e Álvaro Bañobre festexanto a primeira posición no podio do 48º Rali de Ourense./RAMSÉS. Diego Grande, foron os mellores ourensáns ao finalizar o rali. A bordo do Peugeot 208 R2 o ourensán tivo varios percances, o que máis lle lastrou foi un no tramo espectáculo do venres, que fixo que non puidera loitar polos primeiros postos. Finalmente rematou 15º a máis de 15 minutos do primeiros. O segundo ourensán na clasificación foi o equipo formado por David Cortés (piloto) e Rubén Soto (copiloto) que remataron na 17ª posición na clasificación xeral. Tamén foron os primeiros na Copa Suzuki Swift. O equipo de Luintra sitúase como líder da monomarca no nacional.

CERA Cos resultados do 48º Rali de Ourense, lidera a clasificación no Campionato de España de Ralis de Asfalto Miguel Fuster, con 182.5 puntos, seguido de Iván Ares (159.5 puntos) e Pedro Burgo (120.5 puntos), segundo e terceiro, respectivamente.

Os irmáns Vallejo tiveron un problema cunha rótula do seu Porsche 997 GT3, no segundo tramo, o que lles impediu pelexar polo triunfo final


BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

O 48º RALI DE OURENSE EN IMAXES


O 48º RALI DE OURENSE EN IMAXES

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: 1.Antonio Albacete co seu camión no tramo espctáculo de San Cibrao. 2.- Alberto Hevia e Jordi Mercader, co Suzuki Swift. 3.- Antxustegui e Iglesias, no Suzuki Swift. 4.- César Palacio e Adrián Pérez. 5.- Iván Ares e Álvaro Bañobre, no Porsche 997 GT3. 6.- Juan Maña e David Fernández, co Suzuki Swift. 7.- Iván Ares e Álvaro Bañobre festexando a vitoria no 48 Rali de Ourense no podio do parque de San Lázaro. 8.- Joao Correia e Ricardo Guerreiro, co Renault Clio. 9.- Os irmáns Vallejo, co Porsche 997 GT3. 10.- Iago Silva e Diego Grande, co Peugeot 208. 11.- Adrián Díaz e Andrea Lamas, co Suzuki Swift. 12.- Julio Martínez e Daniel Sosa, co Suzuki Swift./IVÁN DACAL E RAMSÉS.


10

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

POLIDEPORTIVO

Nove medallas para o máster

btt

Brais Sendín sobe á segunda praza no Open de España

4 O club ourensán participou nos campionatos galegos de verán.

4 Despois de ser segundo en Panticosa (Huesca). Iván Feijoo regresa á competición. Redacción O júnior do Academia postal - Actyon de Maceda, Brais Sendín, sobe á segunda posición no Open de España de BTT XC. Esta segunda posición na clasificación consíguea despois de rematar segundo na proba de Panticosa (Huesca). O ourensán tan só foi superado en terras oscenses polo romanés Vlad Dascalu. O seu compañeiro Saúl López foi 15 na categoría elite sub23 (5º en sub 23). Mugardos Iván Feijoo voltaba á competición no Open de Galicia, despois dunha lesión que o mantivo afastado da competición durante mes e medio. Mugardos foi o lugar onde regresou e fíxoo da mellor maneira posible, con vitoria en cadetes. O seu compañeiro de categoría, Abel Franco, remataba terceiro. En sub 23 Raúl González fixo terceiro no podio. En canto á carreiras para

Brais Sendín.

escolas celebradas no Rosal, Bregoán Diz foi o campión en alevíns. Portugal E esta última fin de semana, en Portugal, Iván Feijoo volveu pisar o podio. Nesta ocasión foi nunha proba celebrada en Roriz (Barcelos), onde o cadete ourensán rematou na terceira posición. En elite, Saúl López era cuarto, despois dunha gran carreira, segundo sub 23. Lourido A mesma fin de semana que en Portugal, os máis pequenos da Escola de ciclismo JA Hermida participaban nunha mini BTT celebrada en Lourido, Pontevedra. Alí, Carlos Canal e Antía Martínez facíanse coa vitoria en infantís; Marcos Nube era terceiro na mesma categoría. En alevíns, a Antía acompañábana no podio Aida Gonzalez, segunda e Noela Saa, terceira. Na categoría alevín masculino, Breogan Diz fixo segundo e Martín González, quinto.

Iván Feijoo venceu no Open de Galicia

Catro medallas para Aitor Grande 4 No Campionato de España de natación adaptada. Redacción O nadador do Club Natación Pabellón Ourense, Aitor Grande Carral,

Redacción

logrou catro medallas no Campionato de España absoluto de clubs de natación adaptada, disputado en Mataró, Barcelona.

Ecequiel Quiroga. /SALVOUR.

Ecequiel Quiroga, segundo na proba de nadar-surf 4 Na cuarta xornada da Liga de salvamento e socorrismo. Redacción O deportista do club Salvour, Ecequiel Quiroga, foi segundo na proba de nadar-surf na cuarta xornada da Liga de salvamento e socorrismo. Esta era a última xornada da Liga en augas abertas disputada na praia de Bastiagueiro, en Oleiros, A Coruña. En táboa con salvamento participaron nas semifinais de categoría infantil masculino, Martín Merinov e Roi Naranjo; este último logrou acceder á final ao rematar quinto na súa serie e logrando a décima posi-

ción na final. Na mesma proba pero en cadete feminina, debutaba Silvia Quintela. Quintela rematou terceira na súa semifinal e sétima na final. A júnior Andrea Marquina Rodríguez foi quinta en sprint de praia. Campionatos galegos Con esta cuarta xornada remata a Liga. A seguinte competición celebrarase este mesmo mes. O sábado día 20 terá lugar o Campionato Galego nas categorías alevín, infantil e cadete. Terá lugar na praia de Baiona, Pontevedra.

Grande conqueriu unha prata e tres bronces. A prata foi na proba de 400 libres. Os bronces logrounos nas modalidades de 200 libres, 100 costas e 200 bolboreta.

foi a primeira posición de Mikjail Merzlyakovy en 50 libres; o cuarto posto de Claudia Blanco en 50 libres; a quinta praza en braza de Sunai Martínez e a novena na mesma distancia de Daniel Ruíz.

Festival promesas Disputouse na piscina fluvial de Lugo o Festival promesas de natación. En canto á representación do Club Natación Pabellón Ourense o máis destacado

Foi prata en 400 libres, e bronce en 200 libres, 100 costas e 200 bolboreta

Nove medallas foi o botín que acadou o Club Natación Pabellón Ourense máster nos campionatos galegos de natación de verán. O conxunto ourensán desprazouse ata as piscinas Rías do Sur de Pontevedra con cinco nadadores. As preseas foron oito individuais e unha en relevos. Medallas Cristina García Colomo e Roi Balsa acadaron dous ouros cada un; Manuel García Colomo, un ouro e unha prata; Alba Dopereiro, un ouro. E Cristina Álvarez logrou un bronce.

O relevo mixto de 4x50 estilos (de máis de 160 anos) formado por Roi Balsa, Manuel Colomo, Alba Dopereiro e Cristina Colomo fíxose co ouro. Zaragoza A próxima competición para o conxunto máster do CNPO é o Campionato de España que se celebrará en Zaragoza. O Pabellón acudirá con sete nadadores, os irmáns García Colomo (Cristina, Maite, Manuel, Antonio, Carlos, Javier e Ignacio).

O ouro en relevos foi para o mixto 4x50 (de máis de 160 anos)

De esquerda a dereita, Cristina, Manolo, Roi, Cris e Alba, os cinco integrantes do máster que participaron nos galegos de verán.

Aitor Grande. /CNPO.


NATACIÓN

O Sincro Ourense non defraudou na Copa Deputación 4 Nas categorías de grupos de base. Redacción O Sincro Ourense non defraudou na primeira

edición da Copa Deputación de natación sincronizada, para grupos de base.

A piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios foi a sede deste evento no que par-

Exercicio realizado na Copa por un dos conxuntos participantes./RAMSÉS

O Sincro Ourense, mellor club galego 4 Na categoría de base IV. Redacción

nesta categoría.

O Sincro Ourense proclamouse campión galego na categoría de base. O pasado 30 de maio disputouse na piscina Gómez Noya de Ferrol o Campionato galego de verán de rutinas combinadas de natación sincronizada, na categoría de base IV. O conxunto ourensán, coas coreografías “Sintonizando a radio” e “A pantasma da ópera”, logrou o primeiro posto cunha puntuación preto dos 60 puntos. Foi a mellor puntuación obtida nunca por un club galego

Base I, II e III No Galego de base disputado en Pontevedra indiscutible foi o triunfo do club ourensán. Por seis

Coas coreografías “Sintonizando a radio” e “A pantasma da ópera” sumaron 60 puntos

veces subiron ao podio por equipos e combo, e nunha sétima ocasión para recoller o trofeo ao mellor club galego de base da tempada 2014-2015. En figuras base II acadaron dúas medallas individuais Iris Carid (ouro) e Noelia Silveira (prata). Os outros metais foron a prata da base I coa coreografía “Cantando baixo a choiva”; o ouro do base II con “Baloncesto” e o

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

11

ticiparon equipos de toda Galicia e o club Ovar de Portugal. Podios En canto ás medallas ourensás lográronse tres de ouro e cinco de prata. Os ouros foron nos apartados de rutinas combinadas base 2, rutinas libres base 3 e rutinas libres base 2. As pratas acadáronse en combo escolas, rutinas libres base 1, rutinas combinadas base 1, rutinas libres base 4 e rutinas combinadas base 3 (compartido con CN Coruña). Na única categoría na que non se logrou posto de podio foi en rutinas combinadas base 4.

As nadadoras ourensás lograron oito medallas, tres de ouro e cinco de prata. Á Copa Deputación acudiron equipos de toda Galicia e o Ovar de Portugal

bronce de base III con “Mamma mía”. En rutinas combinadas o base I foi bronce por “A selva”; o II foi ouro por “Onda corazón” e o base II acadou o ouro por “Beetlejuice”.

Iris Carid e Noelia Silveira lograron medalla individual (ouro e prata) en base II

Nadadoras e adestradoras do Sincro Ourense festexando o título de campioas./S.O.

A pesar da curta idade das participantes, sorprenderon ao público coas súas coreografías./RAMSÉS


12

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

ATLETISMO

Ourense Termal Athletics Meeting 4 Celebrarase o sábado 20 nas pistas de atletismo do campus universitario. Redacción O sábado 20 de xuño en horario de mañá a tarde

as pistas de atletismo do Campus universitario de Ourense acolle o Ourense Termal Athletics Meeting.

O “Correndo por Ourense” toma o centro 4 A terceira carreira do circuíto celebrarase o 28 de xuño. Redacción O domingo 28 de xuño celebrarase a terceira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta ocasión os atletas percorrerán as rúas do centro ourensán. As carreiras darán comezo ás 12 horas e terán o seu punto neurálxico (saída e meta) na rúa do Paseo.

Como vén sendo habitual ás 12 darán o pistoletazo desta proba os pitufos. Para as 12.10 horas sairán os benxamíns e alevíns, que terán que percorrer un quilómetro. Ás 12.15 horas será o turno para os infantís e cadetes que correrán unha distancia de 2.800 metros. Xa ás 12.30 horas está prevista a saída da carreira absoluta que dará ca-

Este ano a Deputación de Ourense é o organizador dun evento que é a continuidade do Gran

tro voltas a un circuíto que pasará polas rúas Paseo, Lamas Carvajal, Avenida de Pontevedra, Progreso, Xoán XXIII e Concello. A distancia a cubrir nesta carreira é de 5.600 metros. Clasificación En canto á clasificación absoluta as cousas están moi igualadas. En categoría masculina tanto Javier Paredes coma Luis Iglesias están empatados no fronte da clasificación cun punto, ao acadar unha vitoria cada un deles. Ao igual que na masculina, a categoría feminina está encabezada por dúas atletas. Consolata Gómez e Iria Fernández, as dúas cunha vitoria; a primeira na carreira do Vinteún e a

Premio Festas de Ourense. Xunta á Deputación estarán entidades como a Universidade de Vigo ou o Concello de Ourense. Colabora o Club Deportivo Aurum xunto coa Federación Galega de Atletismo. Pola mañá disputaranse as probas dos escolares (con algunha de categoría absoluta), mentres que pola tarde o turno será para as categorías absolutas, salteadas con algunha escolar. Premios Repartiranse uns 3.000 euros en premios en metálico nas probas absolutas. Os tres primeiros clasificados de cada proba recibi-

segunda na do Couto. Inscrición A inscrición xa está aberta ata o 24 de xuño e xa supera para esta proba os 1.250 inscritos.

rán premio (75, 50 e 25 euros, respectivamente) sempre que logren acadar un mínimo de 700 puntos segundo a táboa da IAAF (Federación Internacional de Atletismo). Coa organización deste evento preténdese dar un salto de calidade e lograr ter na cidade unha cita atlética preferencial no noroeste da Península Ibérica.

Repartiranse 3.000 euros en premios en metálico nas probas absolutas

Redacción A Asociación “Ayúdanos con sonrisas” organiza este 20 de xuño unha andaina solidaria na Valenzá “Quebrando barreiras”. A cita deportiva terá dous percorridos. O longo, de 22,5 km, require inscrición de 10 euros, e parte ás 9 horas do parque da Liberdade.. No curto, destinado aos pequenos, pódese participar de balde. Darase a saída ás 11 horas e percorrerá a beira do río pasando polos Carrís, o parque dos Patos, etc.

Celanova prepárase para a súa nocturna 4 Será o sábado 20 de xuño. Redacción

Iglesias chegando á meta na proba do Vinteún.

Andainda solidaria

Se hai unha carreira do agrado de todos, esa é, sen dúbida algunha, a noctura de Celanova. En 2015 chega á súa décimo segunda edición e como cada ano, o éxito está asegurado. As carreiras comezarán coas probas infantís (ás 21 horas) para ás 22.30 horas rematar coa absoluta. Esta terá

un percorrido duns 7.800 metros. Xinzo de Limia E para o sábado 4 de xullo está prevista a nocturna de Xinzo de Limia que chega á súa undécima edición. Este ano trasladouse de xuño a xullo.

A carreira de Xinzo de Limia terá lugar o 4 de xullo


POLIDEPORTIVO

I Campus LúdicoDeportivo de xadrez

Felipe Iglesias, subcampión de Europa de jiu jitsu

4 Terá lugar do 29 de xuño o 3 de xullo e está dirixido a rapaces de entre 7 e 16 anos.

4 Novo éxito do ourensán.

Redacción A mediados de xullo terá lugar o II Torneo Internacional de Xadrez Campus de Ourense, organizado polo Servizo de Deportes e o Club Xadrez Ourensán Universitario. Co obxectivo de reforzar este evento, unha semana antes terá lugar o I Campus LúdicoDeportivo de xadrez, para que rapaces de entre 7 e 16 anos teñan a oportunidade de mellorar o seu xogo en xadrez. Farano de man dun gran mestre, o arxentino Alejandro Hoffman, ao mesmo tempo que se divirten cun programa que inclúe outros deportes e actividades ao aire libre. O I Campus Lúdico-Deportivo Xadrez terá lugar do 29 de xuño o 3 de xullo, en horario de 9 a 14 horas nas instalacións deportivas do campus de Ourense. O programa comezará cada día cun obradoiro de xadrez de dúas horas e continuará, tras un pequeno descanso, cunha sesión de introdución ao rugbi e rematará con actividades na natureza. Para participar é necesario ter coñecementos básicos de xadrez.

Alejandro Hoffman Alejandro Sergio Hoffman, nado en Bos Aires en 1966, é gran mestre internacional de xadrez desde o ano 1998. En 2000 recibiu o Premio Konex-Diploma ao Mérito como un dos cinco mellores xadrecistas da década en Arxentina. Foi subcampeón do seu país en 1997 e participou nas Olimpiadas de Xadrez de 1990 en Novi Sad, de 1998 en Elistá e de 2000 en Estambul. Inscrición As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o venres 26 de xuño ás 14 horas. O custo da matrícula é de 40 euros e dá dereito a participar de balde no II Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense. Para máis información poden escribir a asiopeou@uvigo.es ou chamar ao 988 387 102.

Este campus contará coa presenza do gran mestre arxentino Alejandro Hoffman

Alejandro Hoffman durante unha partida.

Redacción O ourensán Felipe Igesias acadou a medalla de prata no Campionato de Europa de jiu jitsu. Con este resultado sobe un chanzo no podio con

respecto á edición anterior. O 14º Europeo celebrouse na localidade holandesa de Almere. Iglesias realizou un grandísimo campionato no que tan só puido frealo o italiano Andrea Calzoni. O

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

ourensán, que participaba na categoría de menos de 56 quilos, accedeu á final tras derrotar en cuartos ao francés Sebastien Polidao (11 a 8) e nas semifinais ao ruso Timur Gvaramia (148). Xa tiña ou o ouro ou a prata no peto, superando deste xeito ao feito no pasado europeo de Romanía. Esta era a quinta convocatoria internacional para Felipe Iglesias, tralo Europeo de Hanau (2012), o Mundial de Viena (2012) e os Europeos de Alemania (2013) e Romanía (2014).

13

Christian Alvarez O outro ourensán participante neste torneo, Christian Alvarez, rematou quinto na categoría de máis de 94 quilos.

Felipe Iglesias no podio do Europeo de jiu jitsu.


14

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

ACTUALIDADE

Fin de tempada para o balonmán en Ourense 4 Coa disputa da Copa Deputación sénior feminina e a Copa Federación infantil. Redacción O balonmán ourensán puxo o punto e final á tempada coa Copa Deputación femininia e a Copa Federación infantil. Na Copa Deputación sénior feminina, Balonmán Pabellón e Campus Auria enfrontábanse na final. O Pabellón levou a final nun apretado encontro. De todos os partidos disputados entre os dous equipos ao longo da tempada, este, sen dúbida, foi o máis competido. Pero a veteranía fixo que o título fora para o Pabellón. Ao descanso, a vantaxe era para as universitarias (9-10). Na reanudación, as pavillonistas tomaron a inicia-

tivo e lograron distanciarse a catro goles. Non obstante, nos últimos minutos o Campus foi quen de devolver a emoción ao electrónico. O partido podía caer a calquera dos dous lados. A experiencia das pavillonistas fixo que a vitoria fora para elas cun apretado 23-22.

Copa Federación Infantil feminina O Nova Xestión Pabellón perdeu ante o Seis do Nadal Coia por 24 a 22 na final galega da Copa Federación infantil feminina. Ao descanso, as ourensás dominaban no marcador (10-12). Na segunda me-

Sandra Sánchez A xogadora de categoría infantil feminina do NovaXestión Pabellón Ourense Sandra Sánchez Feijóo foi seleccionada polo coordinador técnico da Federación Española de Balonmán para participar na concentración de verán que vai ter lugar en Soria do 7 ao 12 de xullo.

Pádel de calidade no P21 4 Durante o I Torneo “Plata Federado”. Redacción As instalacións do P21 Pádel Club acolleron o I Torneo “Plata Federado”. Ao evento acudiu numeroso publico atraído pola gran calidade das parellas participantes no torneo. Ademais é puntuable para o ránking da Federación Galega de Pádel. Fernando Clavario e Víctor García Domínguez lograron a vitoria tras vencer na final a Tono González e Quique Conde. O partido, tralas dúbidas dos subcampións nos primeiros compases, estivo moi emocionante

ata o final. O resultado foi de 6/1 e 6/4. Os gañadores, antes de chegar á final, venceron en semifinais a Carlos Valenzuela e Álvaro González (5/7 6/4 y 6/4). Pola súa banda, Quique e Tono fixeron o propio no outro lado do cadro ao vencer a Brais Rey e Luis de Anta por 6/2 e 6/3. Mixta En categoría mixta logrou o título a parella formada por Tono González e Julia Soto. Disputaron a final contra Carlos Guede e Fernanda Domínguez, aos que venceron por 6/4 e 6/4.

Integrantes do Nova Xestión Pabellón que participou na Copa Federación Infantil.

XADREZ

Adrián Gómez e Xacobe Conde, campións da Copa Galicia 4 Sub 18 e sub 10. Redacción

Preto de 300 xadrecistas participaron na Copa Galicia celebrada no Colexio Maristas de Ourense.

tade, unhas decicisións arbitrais, cando menos discutibles, fixeron que o equipo local obtivese a vitoria e con ela o título. Finalmente o Pabellón foi subcampión nunha moi boa tempada.

Na Copa Galicia de xadrez lográronse dúas vitorias ourensás. Adrián Gómez e Xacobe Conde, en categoría sub 18 e sub 10, respectivamente.

A cita tivo lugar no colexio Maristas e acolleu a preto de 300 xadrecistas de entre 6 e 18 anos de Galicia e Portugal. En canto á representación ourensá, ademais dos títulos de Adrián e

Xacobe, o Club Xadrez Ourense levou o premio ao mellor club ao meter a seis xadrecistas entre as cinco primeiras prazas por categorías. Os ourensáns A Adrián (sub 18) acompañárono no podio Gabriel Roma (Xadrez Ourense), segundo, e Bernardo Rebollo (Xadrez Marín), terceiro. Alfonso Juanes (Ben Cho Shey) foi terceiro en sub 14, o mesmo posto que Martín Gómez (Xadrez Ourense) en sub 12. E Benjamín Diéguez (Ben Cho Shey) rematou segundo en sub 8.

Os gañadores da categoría mixta, Tono González e Julia Soto, xunto ao director do torneo, Diego Formoso./P21


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xuño de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº122- Ano: VII - 19 de xuño de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Trofeo Stándard Festas de Ourense en Eiroás Redacción O Club de Tiro Eiroás organiza o vindeiro domingo 21 de xuño o Trofeo Open Stándard Festas de Ourense Cidade Termal. Trátase dunha competición social na que se realizan 60 disparos cunha pistola do calibre 22 a un branco situado a unha distancia de 25 metros. A proba dará comezo a partir das 10 da mañá. Ao remate, haberá obsequios para todos os inscritos e ademais, trofeo para os seis primeiros gañadores de cada categoría. Aire comprimido A seguinte actividade deportiva no club ourensán será o domingo 28 de xuño, co Campionato Autonómico Clasificatorio Novas Promesas de pistola e carabina de aire comprimido. E a seguir, na primeira fin de semana de xullo, unha nova tirada correspondente á XXVIII Copa Deputación de armas neumáticas.

Pistola stándard e aire comprimido, próximas citas deportivas no club de tiro ourensán

As Festas de Ourense veñen cargadas de deporte 4 Wushu, piragüismo, balonmán ou fútbol sala son algunhas das propostas. R.T. Do 20 ao 28 de xuño Ourense celebra as súas festas maiores, as cales veñen cargadas de actividades deportivas. Wushu, piragüismo, balonmán, fútbol sala, kung fu e aeromodelismo son algunhas das propostas que se ofrecen desde o Concello de Ourense. Así, o sábado 20 celebrarase durante todo o día nas pistas de atletismo do campus universitario o premio Ourense Termal - Athletics Meeting. O mesmo sábado, pero nos Remedios, terá lugar o torneo base de balonmán e o campio-

nato galego de kung fu moderno. Pola mañá, en Montealegre, haberá unha xornada da Liga galega de carreiras de orientación; e pola tarde, un festival de aeromodelismo na pista de Santa Mariña. O domingo 21 continúa o aeromodelismo en Santa Mariña. Ademais, na piscina Rosario Dueñas, durante a mañá, poderase ver o Trofeo escola de natación sincronizada. Para o martes 23 e o mércores 24 queda o Torneo Barrios Deportivo de fútbol sala na cancha central dos Remedios. Xa o venres 26, coa celebración do Día Internacional contra a drogadicción, ATOX

organiza o seu tradicional torneo de fútbol sala. A fin de semana que pecha a semana de festas en Ourense haberá o XIV Torneo Internacional de wu shu (nos Remedios) e o XLVII Descenso do Miño de piragüismo (no encoro de Velle). Asemade, o sábado 27 continuarase co wu shu e o domingo 28 terá lugar a carreira do Corpus polo centro da cidade, do circuíto “Correndo por Ourense”.

O venres 26 ATOX organiza o seu tradicional torneo de fútbol sala

O descenso do Miño de piragüismo é un clásico nas festas de Ourense./ARQUIVO.

4PRACTICANDO SAÚDE

Tendinite no corredor As molestias nas pernas á hora de correr son unha tónica habitual que todo corredor debe saber recoñecer para poder distinguir a súa gravidade. Unha das molestias ou lesións máis habituais nos corredores son as tendinites, a cal supón a inflamación do tendón que conecta ao musculo co óso. O corpo ten múltiples tendóns, pero as molestias ocasionadas por correr adoitan aparecer sobre todo no xeonllo, o talón de Aquiles ou a planta do pé. As causas máis comúns polas cales adoitan aparecer a tendinite nos corredores é pola sobrecarga de esforzos en determinadas zonas da perna. Dita sobrecarga pode deberse a un exceso ou un aumento brusco no volume de adestramento, ou tamén a unha mala pisada, o que supón unha repartición desequilibrada do peso do corpo sobre a perna no momento da pisada. É moi importante que controlemos a forma na que pisamos xa que podemos estar a pisar mal sen sabelo e prexudicándonos sen darnos conta. Non é fácil cambiar a forma na que pisamos pero si podemos facernos unha análise da pisada ou unha análise biomecánica da nosa zancada que nos dirá que

puntos podemos corrixir para evitar lesións e sobrecargas ou adaptarnos uns persoais que nos axuden a mellorar a pisada. Outro aspecto importante para evitar a tendinite é que a musculatura das nosas pernas sexa forte e compensada, a cal será capaz de absorber os golpes das nosas pernas sobre o chan. Por tanto é moi importante agregar un par de sesións semanais de musculación na rutina de todo corredor. Por último débese terminar sempre a sesión facendo uns bos estiramentos. É importante aprenderse uns 6-8 estiramentos e realizalos sempre ao terminar de correr. É preferible correr cinco minutos menos e ter tempo para estirar. Se xa notamos certas molestias nalgún tendón despois de correr, aplicar xeo sobre a zona axudará a aliviarnos. O descanso durante uns cantos días tamén será de axuda para non empeorar a lesión, desta maneira podemos evitar que apareza a temida tendinite do corredor. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

Aparecen pola sobrecarga de esforzos en determinadas zonas da perna


16

BARRIOS DEPORTIVO 19 de xu単o de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.