Bd119

Page 1

Jorge Encinas, medalla de bronce na Copa do Rei de tiro olímpico FÚTBOL SALA

Páx. 2-3

BALONCESTO Páx. 4

ATLETISMO

Páx. 6-7

FÚTBOL

Páx. 8-9

XIMNASIA

[Páx. 10] Páx. 12

Momentos históricos O Cidade venceu ao Ourense por 5-1 no derbi e opta ao subcampionato. // O COB afronta as semifinais do playoff fronte ao Lleida.

Número: 119- Ano: VII - 8 de maio de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

AXENDA / FÚTBOL SALA

España en Moscú

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 10 de maio. Os Carrís. Barbadás - Sanxenxo. Terceira División. - Día 10 de abril. A Tella. Nogueira de Ramuín - Erizana. Preferente. - Día 10 de maio. Espiñedo. Arenteiro - Verín. R.P. - Día 10 de maio. Calabagueiros. CD Barco - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 10 de maio. O Couto. UD Ourense - Loureiro. Terceira Rexional. - Día 17 de abril. A Tella. Nogueira de Ramuín - Gondomar. Preferente. - Día 17 de maio. José Arjiz. Verín - Pontellas. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 8 de maio. Paco Paz - 21.00h - COB - Lleida. - Día 10 de maio. Paco Paz - 19.00h - COB - Lleida. - Día 19 de maio. Paco Paz - 21.00h - COB - Lleida. En caso de que fora necesario un quinto encontro.

Fútbol sala

- Día 16 de maio - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - Móstoles. 1ª División. - Día 23 de maio - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - poio. 1ª División.

Atletismo

- Día 9 de maio. O Barco de Valdeorras. III Clasificatoria Escolar en pista (XOGADE). - Día 10 de maio. A Rúa. I Carrera Contra o Cancro. - Día 16. Ourense. III Clasificatoria Escolar. - Dia 17 de maio. Maceda - San Mamede. V San Mamede Desafío Solidario. - Día 17. Ourense. V xornada Copa Deputación en pista.

Andaina

- Día 10 de maio. A Rúa. I Andaina Contra o Cancro. - Día 10 de maio. Pontedeva. Andaina Ruta da Auga. - Dia 17 de maio. Maceda - San Mamede. V San Mamede Desafío Solidario. - Día 18 de maio. Allariz. XVIII Andaina de Allariz.

Balonmán

- Día 9. Pavillón universitario -16.30h - Campus Auria - Ferrolterra. Copa Federación.

Tiro

- Día 10 de maio. Club de tiro Eiroás. Pistola estándar.

Hoquei herba

- Día 9 de maio - Mariñamansa - IV Torneo de hoquei - II Torneo Autonómico. - Día 17 de maio - Mariñamansa - 12.00h -. CH Barrocás - Pozuelo. División de Honra B.

Motor

- Días 9 e 10 de maio - A Gudiña - 2º RaliMix da Gudiña.

Kung fu

- Día 9 - Ourense - Campinato Galego de kung fu moderno.

Redacción

Os xogadores do Sala Ourense Prolsport festexando en Tui a consecución do campionato da Liga galega grupo sur.

O campión Sala Ourense agarda ao seu rival 4 Para a promoción de ascenso. Redacción O Sala Ourense Prolsport proclamouse campión da Liga galega sur na primeira oportunidade que tivo. Os ourensáns xogaban en Tui contra a Quinta arroupados por uns 100 afeccionados nas bancadas que os acompañaron para este partido. O encontro non foi sinxelo. Entre a ansiedade e un equipo local moi correoso o partido non se decidiu ata o final. Sería Tizón (como tónica habitual na tempada) o que abría o marcador aos oito minutos; resultado co que se chegaría ao descanso. Tralo intermedio Martín facía o 0-2, pero a Quinta recurtaría distancias no minuto sete do segundo período. Sen deixar celebrar o gol, os visitantes volvían distanciarse co terceiro tanto. Os tudenses apretaron e estiveron a piques de lograr bater ao porteiro Rubén; unha parada e un dobre penalti tirado

fóra foron as máis claras opcións. Os da Quinta de Tui optaban polo xogo de cinco no que foron os momentos de máis apuro do Sala Ourense. Pero unha contra facía que os ourensáns lograran o cuarto tanto e con el desatar a ledicia dos seareiros. Ao final, 14, e o Sala Ourense Prolsport que se proclamaba campión do grupo sur da Liga galega. Invictos O Sala Ourense estreaba campionato sete días despois diante da súa afección. O rival era o Luar e os homes de Víctor Sousa e Aitor Álvarez lograron unha contundente vitoria por oito goles a dous demostrando que queren rematar a Liga invictos, a pesar de que xa teñen no peto o título. O próximo será o derradeiro partido de Liga e xogarán fronte ao Campito. Ascenso Para o ascenso enfrontaranse ao campión do grupo norte. Nese grupo

decidirase na última xornada cal será o rival dos ourensáns. A loita está entre o Riazor e o Pombo. Ambos están empatados a puntos. Mentres Riazor xoga na casa fronte a Jogafán Ordes, o Pombo farao fóra contra Hotel Roma. Ou Riazor ou Pombo será o último escollo para que o Sala Ourense Prolsport xogue a vindeira campaña nunha Liga nacional, a Terceira División. Números de campión Esta tempada está sendo incrible para o Sala Ourense. A falta dunha xornada, o equipo ourensán leva 24 partidos gañados e cinco empatados (77 puntos). En canto aos goles, 161 a favor e tan só 70 en contra.

O Sala Ourense espera ao Riazor ou Pombo (Galega Norte) no play off de ascenso á Terceira División

A selección española de fútbol sala está a disputar o Torneo Internacional Día da Vitoria que se celebra en Rusia, concretamente na rexión moscovita de Krasnogorsk. A selección dirixida por José Venancio conta nas súas filas coas xogadores do Cidade Iria, Vanessa e Ana. O torneo reúne a catro equipos: Rusia A, Rusia B, Irán e España. O formato de competición é todos contra todos e a selección que acade máis puntos será a vencedora do campionato. As dúas primeira xornadas deixaron a España e Rusia líderes indiscutibles, o que suporá que se xoguen o campionato na última xornada. O combinado español venceu a Rusia B na primeira xornada por nove goles a un. Nese encontro as tres xogadoras do Cidade foron titulares. Os goles foron obra de Vane Sotelo, con catro tantos, e Iria Saeta, con un; os demais foron de Anita Luján (2), Peque e Patri Chamorro. No segundo partido España venceu por 0-5 a Irán cos goles de Amelia Romero, Marta Peñalver (2), Anita Luján e Peque. Rusia logrou a vitoria contra Irán (3-2) e fronte a Rusia B (0-1). A final Este sábado disputarase a última xornada deste campionato no que se xogarán o cetro as seleccións de España e de Rusia.


FÚTBOL SALA

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

Óscar Vivián deixa o banco do Ourense Envialia 4 Desavenencias con Vanessa Barberá aceleraron a súa marcha. R.T.

Sara Moreno, do Ourense Envialia, asediando a Iria Saeta, do Cidade As Burgas./I.OSORIO

Un derbi con cor franxiverde 4 O Cidade As Burgas impúxose ao Ourense por 5-1. R. Torres O Cidade As Burgas impúxose ao Ourense Envialia por 5-1 no último derbi da tempada. Chegaban as dúas escuadras con dínámicas distintas no que ao ánimo se refire. O Cidade estaba clasificado para a próxima edición da Copa de España, e loitando polo subcampionato, e o Envialia lonxe de toda opción de participar na cita copeira. As gradas da cancha central do pavillón municipal dos Remedios, que estaban cheas de afeccionados, viron como Iria, no minutos tres, adiantaba ao equipo que facía de local. Nos seguintes minutos o partido equilibraríase aínda que as ocasións seguirían sendo das pupilas de Manolo Codeso. Froito destas ocasións, Vanessa Sotelo establecía o 2-0. As albinegras non baixarían os brazos e Sara Moreno recurtaba distancias. Pero o Cidade, que está de “quero”, logrou pór terra de por medio antes do descanso por mediación de Vanessa. No segundo tempo o Cidade contemporizou o partido a pesar do empuxe do Envialia. Asi, no nove da

reanudación, María Arias lograba o cuarto da tarde para o seu equipo. As de Óscar Vivián optaron polo xogo de cinco para buscar unha remontada, pero o que atoparon foi o quinto gol das rivais, obra da porteira Ana López. Cinco a un e o encontro deixou ver que este ano a supremacía do fútbol sala ourensán é do Cidade As Burgas. Tres xornadas Con tres xornadas por disputar, o Cidade é segundo. Unha vez entrado en Copa e lonxe do primeiro posto (o Futsi avantaxa en sete puntos ás ourensás cando faltan por disputar nove), as de Codeso tentarán lograr o subcampionato a final de campaña. O Burela é o equipo que pode quitarlle esa honra, pero, de momento, catro puntos os separan a favor das ourensás. Pola súa banda o Ourense Envialia non se xoga nada máis que ocupar a mellor posición posible. Sétimas, tan só podería alcanzar a quinta posición, que teñen a cinco puntos.

Óscar Vivián deixa o banco do Ourense Envialia. Desavenencias coa porteira Vanessa Barberá aceleraron a súa marcha. O técnico ourensán xa tiña decidido irse a final da tempada. Pero certos acontecementos provocaron que deixara a entidade a tres partidos para que remate a Liga na Primeira División. Desde o partido contra Burela da primeira volta, Vivián xa tiña decidido rematar o seu ciclo no conxunto ourensán. Nese momento foi unha decisión táctica discutida pola porteira internacional Vanessa Barberá o que desencadeou que o adestrador tomara a decisión de pór fin a catro anos de traballo no club. Iso, e a falta de complicidade cunha plantilla da que xa non se sentía respaldado. Por entón, Barberá lesionouse e a cousa non foi a máis. Pasaron os meses e agora a porteira

Desde o partido da primeira volta en Burela a situación enturbouse

madrileña está apurando a recuperación e xa adestra co resto do equipo aínda que a un ritmo inferior. A Copa O equipo xogou a final da Copa Xunta e caeu goleado fronte ao Burela (0-7). Outra marexada no club ourensán e as augas que volvían baixar revoltas. Foi despois da final cando saiu á luz pública que Vivián abandonaría o Envialia ao finalizar a campaña. De novo o Burela poñeríase no camiño do Ourense. Unha volta enteira despois, ourensás e lucenses disputaban o partido da segunda volta nos Remedios. O resultado foi de 13 a favor das burelás. Durante o encontro viuse algo que nunca pasara no equipo: xogadoras discutindo entre elas, miradas cara ao banco e un ambiente totalmente enrarecido que non facía presaxiar nada bo. O detonante E nestas chegou o derbi, e a atmósfera idéntica que contra Burela. Un equipo á deriva que non daba collido o rumbo. Un ades-trador desacreditado ao que lle sobrepasaba a situación e unhas xogadoras que

Óscar Vivián nun partido nos Remedios./RAMSÉS

facían a guerra pola súa conta. Un polvorín interno que fixo estalar polos aires a paz que tiñan pactada ata o 30 de maio, día no que remata a Liga. Horas despois do derbi o ex xogador presentou e dimisión ao non sentirse apoiado pola directiva. Segundo o propio Vivián, quería afastar dos adestramentos ata final de tempada á porteira internacional por uns comentarios despectivosc cara á súa persoa

A final de Copa volveu incendiar a situación O partido contra o Cidade foi o detonante vertidos nas redes sociais. A resposta foi unha negativa á súa decisión, polo que consideraba que estaba desacreditado diante das xogadoras e que o mellor era pór fin ao compromiso co club. Substitutas Ata final de tempada, nas tres xornadas que restan, faranse cargo do primeiro equipo as adestradoras da base Irene Pintos e Sara Martínez.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

BALONCESTO

Chegan as semifinais

4 O COB xoga contra o Lleida as semifinais da promoción de ascenso a ACB. R. Torres Despois de eliminar a Melilla nos cuartos de final, as semifinais xa están acá. O Club Ourense Baloncesto xógase contra o Lleida un posto na final da promoción de ascenso a ACB. Tanto COB como Lleida finiquitaron a eliminatoria anteior pola vía rápida. Os galegos contra o Melilla

“Non me extrañaría que chegásemos ao quinto partido”, confesa o técnico do COB

en partidos que parecían controlados, pero nos que nos intres finais o equipo dirixido por Gonzalo García pasou apuros. Os cataláns, co factor cancha en contra, deron boa conta do Palma nos dous primeiros encontros. O Lleida chega nun momento doce. Nos dous partidos de playoff levan un acerto na porcentaxe de tiro moi superior ao que tiveron durante a fase regular. Agora, esta fin de semana, disputaranse os dous primeiros partidos da eliminatoria (ao mellor de cinco) no Pazo dos Deportes Paco Paz. Este venres -

21 horas- e o domingo -19 horas-. A continuación as citas serán en Lleida (venres 15 e domingo 17). E de precisar un quinto encontro será o 19 de maio en Ourense. Sen nada que perder O Lleida leva unha tempada fantástica facendo gozar aos seareiros que acuden ao pavillón Barris Nord. Coa mesma sensación chega o COB a esta eliminatoria. Despois de ser subcampión de Liga, tiña coma obxectivo pasar a primeira rolda do playoff para non empañar a fase regular. Agora, xa en semifinais, e sen a esixencia do ascenso, queda gozar de partidos históricos que non se vivían na cidade desde facía 13 anos. Igualdade O técnico do Club Ourense Baloncesto, Gonzalo García de Vitoria, falaba da igualdade entre os dous equipos. “Non me extrañaría nada que chegásemos ao quinto partido,

porque é o que demostramos os dous equipos, que fomos capaces de gañar en campos complicados e tamén en casa”. E recordaba que ao COB “nas oito derrotas que tivemos a vantaxe maior que nos sacaron foron 10 puntos (o Palma), o resto menos de 6”. Así mesmo, o adestrador vasco non lembraba a equipos que sacaran do campo ao seu rival. En canto aos puntos fortes do banco do Lleida o técnico cobista destacou a súa xuventude e resistencia. Ao tempo que eloxiou o gran traballo que Joaquín Prado, o técnico do equipo catalán, fixo este ano, logrando que o Lleida mellorase a cada encontro. “O Lleida que imos atopar é mellor que o da segunda volta, e o da segunda volta era mellor que o da primeira. Os xogadores teñen moita confianza, asumen riscos, imos ver un Lleida máis ofensivo”, adiantaba o adestrador do COB. Na casa Pero se algo ten o equipo ourensán da súa parte é a cancha. Xogar no Pazo é a mellor baza do COB, ata tal punto que García de Vitoria lembraba aos seareiros que “cada un debe facer a súa función e o público ten un papel moi importante. Nestes casos, sempre hai un partido que cho saca a afección”. Por iso agarda que as gradas estean o máis cheas posible.

Salva Arco zafándose de varios rivais do Melilla nun encontro no Pazo./RAMSÉS

O COB perdeu os dous partidos de Liga ante o Lleida

Darien Brothers entrando a canastra./RAMSÉS

Celanova acollerá o I Campus Pedro Rivero 4 Para rapaces de 8 a 18. Redacción Do 28 de xuño ao 5 de xullo, Celanova acollerá o I Campus Pedro Rivero, para rapaces de entre 8 e 18 anos. O campus estará dirixido polo preparador físico do primeiro equipo do COB Rubén Vieira, que contará coa axuda do xogador Pedro Rivero. Así mesmo, agárdase a visita dalgún adestrador e/ou xogador de ACB. As actividades a realizar serán de dous tipos: as relacionadas co baloncesto (partidos, adestramentos de técnica e ade-

stramento físico); e xogos, excursións e actividades de lecer diversas. Inscrición Habilitáronse dúas opcións de inscrición: unha para mozos internos, que coman e durman durante toda a semana cos responsables do campus, cuxo prezo será de 240 euros, e outra para mozos externos, que terán comida sen aloxamento ao prezo de 150 euros. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Club Ourense Baloncesto (no Pazo Paco Paz) ou na tenda Jugones (rúa Celso Emilio Ferreiro, Ourense).


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015


BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

ATLETISMO

Requejo gaña a “Wings for Life World Run” en Turquía 4 Foi o 19º das 35 sedes no que se disputou. Redacción O ultrafondista José Antonio Requejo venceu na “Wings for Life World Run” que se celebrou en Turquía. Requejo foi invitado a participar nesta carreira celebrada en Turquía, sendo un dos favoritos ao lograr o bronce no pasado Mundial de 100km. 35 sedes Esta carreira, que está a ter unha gran acollida mundial, celebrouse simultáneamente en 35 localidades de 33 países distintos. En total 101.280 persoas participaron nas probas, por superación e solidariedade. Logrouse recadar 4,2 millóns de euros doados para a investigación das lesións de medula es-

pinal. O curioso desta proba é que se trata dunha carreira na que os corredores saen 30 minutos antes que un vehículo que levará unha velocidade de 20km/h, ata ir dando caza a todos os participantes. A carreira Requejo, que disputou e venceu na sede turca de

Alanya, aguantou algo máis de 68 quilómetros antes de ser alcanzado polo coche vasoira. Durante toda a carreira os participantes aguantaron unha gran humidade e moito calor. No global das 35 sedes, o atleta afincado en Ourense re-

Requejo gañador da “Wings for life world run” de Turquía.

mataría na posición número 19. O vencedor foi Lemawork Ketema; o etíope completou unha distancia de 79,9 quilómetros. José Antonio liderou desde o inicio a súa carreira cun forte ritmo que fixo que se fora descolgando dos seus rivais; entre eles estaban o anterior vencedor de Estados Unidos, Calum Neff. Ao paso polo quilómetros 53 ía primeiro a nivel mundial e a unha gran distancia do resto de competidores. Pero un corte de dixestión, do que non se daría recuperado, fixo que baixara ata o 19º posto de todas as sedes, aínda que mantivo a primeira posición na de Turquía. En España foi novamente vencedor Chema Martínez con 59,1 quilómetros percorridos.

Andainas solidarias pola provincia 4 O 29 de maio celébrase a nocturna de Ourense. Redacción Cruz Vermella en Ourense celebra unha serie de andainas solidarias por toda a provincia. O venres 29 de maio terá lugar a primeira delas que corresponde coa X Andaina solidaria nocturna, na cidade das Burgas. Esta cita dará comezo ás 20.30 horas e contará con dous percorrido, a elexir, un de seis quilómetros e outro de dez. A inscrición é de 10 euros por persoa, e inclúe 2 boletos para o Sorteo do Ouro, sorteo de agasallos e avituallamento. Os menores de 12 anos participarán de balde. As inscricións poden realizarse desde o 11 de maio en Cruz Vermella, ou nos establecementos colaboradores: Redonet, Turini, Bouso, Centro Deportivo Eiroás de Serviocio e Armería El 21. Tamén haberá un concurso fotográfico en ruta, cuxo primeiro premio será un Ipad air, e como segundo premio unha Wii mini. Outras andainas O Carballiño celebrará a súa II Andaina solidaria o domingo 31 de maio. Con 11 km de percorrido

Cartel da andaina solidaria de Ourense. de dificultade baixa e con saída ás 10.30 desde a praza Maior. A inscrición son 5 euros e inclúe un boleto do sorteo. Os interesados poden dirixirse á oficina de Cruz Vermella O Carballiño ou Ciclos Carballiño. Menores de 12 anos, de balde. O Ribeiro celebrará a súa andaina o domingo 7 de xuño; Xinzo, o 28 do mesmo mes; a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Viana, Conso-Frieiras realizará a súa andaina na Gudiña o domingo 5 de xullo, data na que terá lugar tamén o Día da Bici Solidaria en Verín. Por último, Valdeorras celebra a súa o sábado 11 de xullo.

A andaina solidaria de Ourense terá dúas opcións: unha de seis quilómetros e outra de dez


ATLETISMO

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

Docampo e Rodríguez, os mellores entre viñedos 4 Na Carreira da Feira do Viño de Ribadavia. Redacción O pasado domingo 3 de maio celebrouse en Ribadavia a carreira popular Feira do Viño do Ribeiro “correndo entre viñedos”. A proba absoluta, que consistía en completar un percorrido duns nove quilómetros, foi gañada polo atleta local Iván Docampo. O corredor do Rungalicia. com empregou un tempo de 30 minutos e catro segundos. O segundo clasificado foi Luis Iglesias, do Atletismo Carballiño (30.45) e o terceiro Pablo Carrera do

Cárnicas Serrano, parando o crono en 31 minutos e 54 segundos. En canto á categoría feminina, Silvia Rodríguez do Esprintes Ourense foi a máis rápida ao completar o percorrido en 38 minutos e nove segundos. Acompañárona no podio a atleta do Lombis, Sonia Alonso (40:48) e a do Ourenrunning, Elena Pérez (41:22), segunda e terceira respectivamente. Outras categorías Noel Vázquez e María Vega foron os máis rápi-

Iván Docampo tardou 30 minutos e 4 segundos en completar os 9 km; Silvia Rodríguez, 38 minutos e 9 segundos

dos na carreira infantil e Adrián Chillón e Gisela Dapía, na de benxamíns e alevíns. A Merca Pepe Márquez (3&Run by Pedro Nimo), Saturnino González e Manuel Pascual foron primeiro, segundo e terceiro, respectivemente, na carreira da Merca. Márquez parou o crono en 33:55 minutos, González en 35:03 e Pascual en 35:39. En mulleres, Marina Losada foi a máis rápida cun tempo de 46:47 minutos; Ana Isabel Soutullo foi a segunda con 47:51 minutos e Lucía Piñeiro terceira con 48:32 minutos.

Os “pitufos” na súa carreira da Feira do Viño de Ribadavia./ELOY CAMPOS.

Próxima parada: O Couto 4 O barrio ourensán acolle a segunda carreira do “Correndo por Ourense”. Redacción O sábado 30 de maio, o barrio do Couto acolle a segunda carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. O emblemático barrio vestirase de curto para acoller aos máis de 1.000 inscritos que leva a organización. As carreiras comezarán coa proba de pitufos (21h) para seguir coa dos benxamíns e alevíns (21.10h) e a de infantís e cadetes (21.15h). Rematarase coa carreira absoluta contra as 21.30 horas. A saída e meta de todas as carreiras estarán na rúa Dalí. Luis Iglesias e Ebana Consolata, vencedores da carreira do Vinteún deberán defender a súa condición de primeiros clasificados provisionais. Polo visto na primeira carreira do circuíto, os

máximos rivais son José Manuel Corral, para Iglesias e Sonia Teijeiro, para Consolata. Aínda que éposible que para esta proba se inscriban outros corredores que poden loitar polas primeiras posicións.

Inscricións Como despois de cada carreira, abriuse un novo período de inscrición ata o mércores anterior á cita (mércores 27). Xa hai máis de 1.100 persoas inscritas para correr polo Couto.

Participantes na carreira do Vinteún./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

FÚTBOL

Cos deberes feitos 4 O Barbadás ten practicamente asegurada a salvación a falta de dúas xornadas. Redacción O Barbadás, equipo de Terceira División, ten a salvación no peto. Falta esperar que o Celta B non descenda de Segunda B, porque iso suporía que un equipo máis baixaría a Rexional Preferente, e aínda así, sería moi complicado que ese equipo fose o Barbadás. Os ourensáns con seis puntos por disputar son décimo cuartos con 47. O descenso está a sete (con

40 o Sanxenxo); no medio Boiro e Silva, o que fai impensable que o Barbadás descenda, aínda que o filial celeste baixe de categoría. De todos os xeitos, o conxunto vigués ten practicamente asegurada a súa presenza o ano que vén na Segunda División B. Próximo rival O Sanxenxo será o próximo visitante dos Carrís. O encontro terá lugar este domingo 10 de maio ás 18 horas.

Nova campaña de socios da UDO 4 Ofrecen prezos especiais a menores, parados e discapacitados. Redacción A Unión Deportiva Ourense vén de poñer en marcha a súa campaña de captación de socios de cara á tempada 2015-2016, na que competirá en 2ª Autonómica. Baixo o lema “Ti es o noso sustento”, animan

aos ourensáns a facerse socios ou abonados. Os socios antigos pagarán o abono correspondente, mentres que os que se fagan socios por primeira vez terán que pagar 100 euros, que inclúe o abono e permite opinar e votar nas asambleas do club. Pola súa banda, os que

Filial O filial do Barbadás estase a xogar o ascenso á Rexional Preferente contra o Ourense CF, e precisamente é contra este rival o seu próximo encontro. O partido terá lugar este 10 de maio ás 19.45 tamén nos Carris. E para esta cita desde o club decidiron que todos os socios e abonados da Unión Deportiva Ourense que o desexen poidan acudir de balde para animar ao filial azulón. Esta decisión tomárona desde a directiva grazas ao covenio firmado fai uns meses co club unionista.

Barbadás B e Ourense CF disputan o ascenso o domingo opten por converterse en abonados teñen varias opcións: protector (cun prezo de 50 euros e 10% de desconto nos produtos do club), adulto (para os maiores de 25 anos, que pagarán 30 euros), xubilados e maiores de 65 anos (que pagarán 25 euros), mozos (de 16 a 25 anos, por 20 euros), desempregados (que pagarán 15 euros), menores de 16 anos (só 2 euros por abono) e discapacitados (de balde). Así mesmo, cada parella adulta que se abone pagará 50 euros e os seus fillos, de 16 a 25 anos, só 15. Ademais, o club estableceu

O Barco busca celebrar o ascenso 4 De vencer este domingo ao Gondomar. R.T. O Barco busca celebrar o ascenso este domingo. De vencer ao Gondomar celebrarían o ascenso a Terceira División. Incluso con obter o mesmo resultado que o Verín sería suficiente para que os de Valdeorras festexen un ascenso ansiado desde fai moitos anos. O primeiro e o segundo clasificado ascenden directamente e terceiro e cuarto xogaría unha

promoción. Con tres xornadas por disputar o Barco é primeiro con 73 puntos seguido do Portonovo con 72. En terceiro lugar un Verín (66 puntos) que pretende loitar ata o final para ascender; a promoción a ten moi ben encarrilada. O cuarto é o Porriño con 60 puntos. Arenteiro e Nogueira O conxunto ourensán que está a vivir estas últimas xornadas de Liga é o Arenteiro. O equipo de

Partido do Verín./ARQUIVO Carballiño marcha noveno na clasificación con 51 puntos. Sen opción de loitar polo postos de arriba e salvado fai semanas. O Nogueira salvou a categoría na pasada xornada grazas a súa vitoria fronte o Marcón por 1-2.

Presentación da campaña de socios da colaboración coa Asociación Duchenne e o derradeiro partido de Liga contra o Loureiro./RAMSÉS convenios coa UD Barbadás e o Cidade de As Burgas. Os socios destes dous equipos contarán cun 50% de desconto no seu abono da UDO.

Duchenne A Unión colabora coa Asociación Duchenne. No partido contra o Loureiro venderán pulseiras ao prezo de 2 euros. Todo o diñei-

ro recadado irá destinado para a investigación desta enfermidade neuromuscular dexenerativa. Para coñecer mellor á asociación, en duchenne-spain.org.


FÚTBOL

Ratificado o equipo de Modesto García 4 Tan só se presentou a candidatura continuista. R.T. O pasado luns 4 de maio celebrouse en segunda convocatoria unha asamblea extraordinaria da Unión Deportiva Ourense. O tema a tratar era a ratificación da actual Xunta Directiva encabezada por Modesto García Puga. Despois dunha exposición do proxecto da actual directiva a cargo do seu presidente, realizouse a votación. Con ningún voto en contra e coa abstención dalgún dos membros do equipo directivo, o resto de presentes votaron a favor da continuidade. O 8 de maio sería oficial a confirmación deste grupo ao fronte da UD. Catro puntos García Puga explicou na súa intervención os puntos básicos da súa xunta.

O social, no que tratarán de manter a mesma masa de socios e abonados. O económico, cun superávit que non queren tocar para futuras tempada. O deportivo, no que teñen marcado en vermello o ir subindo categorías ata chegar, como mínimo, a unha nacional. E a base, que incrementará o curso que vén dun a dous equipos por categoría. O presidente comprometeuse a continuar na mesma liña e incluso mellorar nos erros. A novidade deste curso é que pasan de ser 12 directivos a 14. Silvia Vázquez e Óscar Castillo son os novos membros.

A base pasará a contar con dous equipos por categoría

Un chanzo para a historia 4 A UD Ourense está a un paso de completar a súa primeira Liga de xeito inmaculado. R. Torres A Unión Deportiva Ourense está a un paso de completar a súa primeira Liga de xeito inmaculado. Un partido falta para que remate e que a UD logre un pleno de vitorias que recordaría ao CD Ourense da tempada 1967/1968. Palmés Os homes de Antonio Dacosta tiñan na penúltima xornada da Terceira Autonómica a un duro rival. O Palmés, subcampión de Liga, recibía á UD coa intención de ser o primeiro equipo que o derrotara na competición ligueira. A pesar de que nos primeiros minutos o encontro estivo igualado, pronto os unionistas colleron

a senda do triunfo. Primeiro foi Roberto Almeida o que atinou coa meta local co un a cero antes do descanso. Na reanudación, Adolfo lograba o segundo, e

Ata o 15 de maio permanece aberta a inscrición na Galicia F7 Cup para Ourense. Todos os equipos que se anoten para a vindeira tempada, participarán de balde na Copa deste ano, que terá a súa fase final en Baiona o 20 de xuño. Como novidade, me-

Lucas Nieto encarrilaba a vitoria (3-0). Santi, que regresaba a unha convocatoria facíao como mellor sabe, asinando un dos goles visitantes; o que supoñía o cuarto da

tarde. E Roberto Almeida redondeaba a goleada co seu segundo tanto e quinto da UD Ourense. Loureiro Agora só queda un partido, contra o Loureiro no Couto, para que remate a Liga. En caso de vitoria sería unha tempada para enmarcar, xa que lograría o pleno. Sería o mellor tributo que se lle pode dispensar a Club Deportivo Ourense. Copa O primeiro partido das semifinais da Copa Deputación B saldouse coa derrota da UD fronte o Arnoia por 1 a 0. En tres semanas disputarase o partido de volta no Couto e saberase se o Ourense accede á final, que terá lugar no mesmo estadio o 30 de maio.

Xaco controlando un balón diante dun xogador do Palmés./YEDRA SEARA

Últimos días para inscribirse na Galicia F7 Cup Redacción

Momento da votación durante a asamblea./RAMSÉS

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

diante unha APP todo o mundo poderá ver os resultados e as estatísticas dos equipos e xogadores, como se de profesionais se tratase. A competición estará actualizada ao momento en Twitter, Facebook e na web www.galiciaf7cup.com. Competición Establécense catro torneos por tempada: Liga

Apertura, Clausura, Copa e Supercopa. Unha vez coñecidos os vencedores da Apertura e Clausura disputarase a fase final galega para determinar ao campión. Da fase final da Copa tamén sairá o campión galego, que participará nun torneo cos mellores nacionais. Ademais, a Galicia F7 Cup ten a exclusividade da Mini Euro, un campionato europeo que este ano se disputa en Turín. Inscricións As inscricións deben realizarse na web www. galiciaf7cup.com.

O 10 de maio, ás 17 horas no Couto, UD Ourense - Loureiro, último encontro da Liga regular

A Supercopa, o 16 de maio Redacción Este ano nace un novo torneo: a Supercopa. A Unión Deportiva Ourense e Raio Alaricano disputarán este trofeo ao ser os campións do grupo 13 e 12, respectivamente da Terceira Rexional Autonómica. Este partido terá lugar no estadio do Couto o sábado 16 de maio; unha semana antes do encontro de volta da semifinal da Copa Deputación.


10

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

TIRO OLÍMPICO

Jorge Encinas, medalla de bronce na Copa do Rei de tiro olímpico 4 O ourensán clasificouse entre o tres mellores de España en carabina tendido. P. L. As instalacións do Centro de Alto Rendemento de Granada acolleron entre o 29 de abril e o 3 de maio as competicións da Copa do Rei de tiro olímpico, nas que participaron preto de 200 deportistas. Esta competición é, xunto ao Campionato de España, a máis importante a nivel nacional no calendario do tiro olímpico español, e cobra especial relevancia dada a proximidade dos Xogos Olímpicos de Rio de Janeiro. Nos tres días de competición, o ourensán Jorge Encinas Arnau conseguiu clasificarse para disputar as dúas finais das modalidades de carabina a 50 metros. O sábado na proba de tres posicións obtivo a sétima praza, e o domingo obtivo o seu maior éxito na proba de carabina match olímpico, na que ademais de bater a marca galega da especialidade con 619.5 puntos, entrou na final en quinta posición e no desenvolvemento da mesma foi subindo postos até alcanzar a medalla de bronce.

Jorge Encinas disputando a final de carabina match, xunto ao segundo clasificado, Dani Castro. /M.S.

Emoción até o final Para conseguir o seu posto no podio, Encinas tivo que desempatar co representante de Madrid, xogándose a medalla a un só disparo final (shot-off) cheo de emoción, no que venceu o ourensán, ante a presenza nas bancadas, entre o público que seguía a final, do seleccionador nacional, que o felicitou persoalmente unha vez rematada a proba. O noso deportista quedou noveno na terceira proba que disputou, a carabina de aire comprimido, cunha puntuación que o deixou a apenas seis décimas de meterse tamén na final. A próxima cita para Encinas Arnau será o Cam-

Que ten de especial este resultado en carabina match? J.E.: “É especial e moi motivador porque o conseguín nunha modalidade de tiro olímpico, carabina match, na que hai moita competencia, os compañeiros doutras comunidades están moi adestrados. Só entrar na final xa constituía un éxito, porque para entrar hai que facer unha puntuación moi alta, eu tiven que bater o récord galego en catro puntos. E unha vez na final tes que competir con deportistas que participaron xa en xogos olímpicos, por exemplo Jaume Parés estivo en Barcelona 92, Javi López en Londres 2012... competir con esta xente e facelo con éxito é moi

pionato de España de Armas Olímpicas no mes de xullo, tamén en Granada. Paula Fernández, sexta en pistola Á Copa do Rei de Granada tamén acudiron outras dúas deportistas ourensás. A júnior Paula Fernández clasificouse con 351 puntos para a final de pistola de aire comprimido, na que quedou en sexta posición, obtendo diploma. Pola súa banda Nuria Mera quedou décima en pistola de aire comprimido damas, e 16ª en pistola deportiva.

Encinas foi 3º en carabina match, 7º en carabina 3x40 e 9º en carabina aire comprimido O ourensán bateu o récord galego de carabina match con 619,5 puntos Paula Fernández quedou 6ª en pistola de aire comprimido júnior, e Nuria Mera, 10ª en pistola de aire comprimido

Encinas, no podio coa medalla de bronce./RAQUEL RUYZRFEDETO

Encinas: “No Campionato de España vou intentar dar o mellor de min” Que significa esta medalla de bronce para ti? Jorge Encinas: “Por unha parte o premio ou a recompensa por moito esforzo e adestramentos e por outra o acicate e a ilusión polo futuro nas próximas competicións”.

gratificante”. Que se lle pasa a un tirador pola cabeza cando está a disputar unha final? J.E.: “Principalmente, se fas un deporte puro, o que pensas é na gratificación polos adestramentos que realizaches, polo tempo que lle dedicaches, a ilusión que puxeches nesa competición, é algo moi interior. Alcanzas unha especie de equilibrio entre o que diches e o que estás recibindo en forma de felicidade por conseguir o resultado”. É a primeira vez que na categoría sénior consegues un terceiro posto? J.E.: “Non exactamente. En júnior cheguei a obter moi bos resultados, varios campionatos de España, incluso acudín a campionatos de Europa e do mundo; logo cando pasei á categoría absoluta, sénior, obtiven unha medalla de bronce en carabina de aire comprimido. Posteriormente deixei a práctica do tiro a alto nivel para dedicarme a estudar

a carreira e ao traballo, e desde que volvín a competicións a nivel nacional en 2008 non conseguira un resultado tan bo”. Cal das tres modalidades que practicas é a que máis che satisfai? J.E.: “O ideal se queres alcanzar un éxito é especializarte, pero a min me costa porque o que me gusta é practicar este deporte, de momento estou practicando as tres modalidades. Ben é verdade que esta en concreto (carabina tendido), algúns a chaman unha das modalidades raíña do tiro, quizais porque a practica moita xente ou porque foi a primeira modalidade en facerse olímpica. Aínda que me gustan moito as tres, se me deran elixir antes de ir á Copa do Rei unha modalidade na que destacar e conseguir unha medalla, tería elixido esta”. A túa próxima cita deportiva será o Campionato de España, con que expectativas a preparas?

J.E.: “Sempre é facelo o mellor posible, entregarme a tope para intentar primeiro entrar nunha final, que é o éxito que primeiro nos plantexamos os que practicamos este deporte. Á vista do bo estado de forma no que me atopo e a confianza que estou tendo nos meus resultados, vou intentar dar o mellor de min para intentar repetilo ou se fora posible melloralo”. Méteche presión ou dache ánimos este bo resultado? J.E.: “As dúas cousas; hai que manexar esta presión, se non o máis normal é que teñas un mal resultado. Aí entra en xogo o control e a disciplina mental, prepararte física e mentalmente para o momento da competición e non deixarte levar por esta ambición mal entendida, senón simplemente porte a practicar o deporte como mellor saibas sen obsesionarte polo resultado”.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

11

O ciclista Iago Alonso venceu no Campionato Ibérico

2ª xornada da Copa Deputación

4 Foi superior ao resto nas rampas do Mon de Deu.

A piscina Rosario Dueñas acolleu a segunda xornada da Copa Deputación de natación. Un cento de nadadores das categorías benxamín, alevín, infantil, júnior e absoluto participaron nesta xornadas. Os clubs representados neste día foron o Club Natación Pabellón Ourense, CD Miraflores e Club Natación Monforte.

Redacción

Redacción

O ciclista Iago Alonso venceu no Campionato Ibérico. Foi superior ao resto nas rampas do Mon de Deu. Alonso, do Ría de Vigo, aventaxou en sete segundos a Patrick Pimentel, segundo clasificado. O corredor decantou a carreira ao seu favor nos últimos metros dixando atrás ao resto de competidores. A carreira tivo as súas escapadas, todas elas, entre o vento e os equipos que querían chegar en pelotón á meta, abortadas.

ba, foi cando o do Ría de Vigo lanzou o seu ataque deixando atrás a todos os seus rivais e levantando os brazos de vencedor -sendo tamén o primeiro máster 30-. A sete segundos chegaba o portugués do Skoda Patrick Pimentel (1º sénior). José Villanueva (Estralos) coparía o terceiro caixón do podio. O resto de vencedores foron Alberto Penín, en máster 40; José Silva, en máster 50; Fabián García, en máster 60. E en mulleres a mellor foi Laura María Blanco.

Brais Sendín remata segundo na Copa de España

Todo por decidir Todo quedaba por decidir cando comezaron a ascensión ao duro porto Mon de Deu. A menos de medio quilómetro da meta, e cando a estrada poñíase máis costa arri-

Iván Alonso aventaxou en sete segundos ao segundo clasificado, Patrick Pimentel

O corredor júnior do club macedán Academia Postal - Actyon, Brais Sendín remataba segundo na Copa de España de BTT XCO - Copa Internacional Catalana. Esta segunda xornada

Brais Sendín -segundo pola esquerda- no podio do Vall de Lord.

4 Na segunda cita do torneo nacional. Redaccción

celebrouse en Vall de Lord (Lleida). A cita catalana contou con moito público e moita participación. O ourensán, que está a realizar unha tempada para enmarcar, logrou a segunda praza, tan só superado polo rumano Vlad Dascalu; terceiro foi o arxentino

Jose Luciano. Este resultado lévao ao segundo posto na clasificación provisional xeral do Open de España, sendo nun dos mellores júnior a nivel estatal. O seu compañeiro de equipo, Román Saa, remataba o 26. En elite sub23, Raúl González era o 47º, 18º Sub 23. E en mulleres, a júnior Xiana Conde, undécima.

Sendín marcha segundo na clasificación provisional no Open de España

Dúas medallas para Laura Pimentel nos universitarios

Aerobithon en Ribadavia Redacción

4 Tamén participou Marc Ciurana. Redacción A nadadora do Club

Natación Pabellón Ourense, Laura Pimentel, participou no Campionato de

Ciurana nun adestramento nos Remedios./ARQUIVO

Novo formato Nesta ocasión estreouse un novo formato de competición á procura do “nadador completo”. Infantís, júniors e absolutos inscríbense en catro probas, mentres que os alevíns, nadaron en tres e os benxamíns en dúas. O máis regular é o mellor nadador da súa categoría. A terceira e última xornada disputarase no mes de outubro e determinará aos vencedores pola suma dos puntos da táboa FINA.

España Universitario de natación logrando excelentes resultados. Laura participou representando á Universidade de Vigo. A nadadora ourensá foi prata en 800 libres, superada soamente por Margarita Domínguez, e bronce nos 400 libres, compartindo podio coas mundialistas Melani Costa e Margarita Domínguez. Ademais, foi quinta en 200 libres.

Laura Pimentel ocupando o terceiro posto do podio da proba de 400 metros libres./CNP

Ciurana O outro nadador do CNPO que representou á Uvigo foi Marc Ciura-

na. O catalán afincado en Ourense foi cuarto en 400 estilos, quinto en 200 braza e 10º en 100 braza.

Marc Ciurana foi cuarto na proba de 400 estilos

O vindeiro domingo 17 de maio, de 10:30 a 13:30 horas, a praza Maior de Ribadavia será escenario da primeira edición do Aerobithon, organizada polo Concello e que consiste nun maratón de aeróbic de carácter popular. Entre as actividades das que gozarán os participantes atópanse aero-box, zumba, tonificacion, spininng e bailes latinos; todas elas dirixidas por monitores profesionais. Os asistentes recibirán barriñas enerxéticas, froita e auga. E entre eles sortearanse tres vales para a adquisición de material deportivo na tenda de deportes Banathlon de Ribadavia.


12

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

XIMNASIA

A mellor rítmica tomou os Remedios

4 Ourense acolleu o VII Torneo de Primavera e unha master class de Rubén Orihuela. Redacción O venres 1 de maio o VII Torneo de Primavera tomou a cancha central do Pavillón dos Remedios, no que se deron cita 20 clubes galegos e arredor de 480

ximnastas, ante a atenta mirada do numeroso público que ocupou as gradas durante todo o día. A carón da competición, escolas deportivas provinciais (de Celanova e Barbadás) e de centros

Gran éxito do Burgas no Galego de acrobática 4 Subiu ao podio ata en trece ocasións. Redacción O Club Ximnasia Burgas logrou grandes resultados no Campionato galego de ximnasia acrobática celebrado en Vigo o 2 de maio, coa participación de case 100 ximnastas de cinco clubs. Entre os logros do club ourensán atopouse o de proclamarse campión galego absoluto por equi-

pos. Ademais, o conxunto integrado por Yolanda García e Sara Branco foi a mellor parella de Galicia, Laura Fernandez e Ana Díaz foron subcampioas, e Beatriz Carballo e Amaia Larrea, terceiras. Pola súa banda, o trío composto por Sara Soria, Ana Ordiales e Iris Blanco acadou o segundo posto en categoría júnior. En infantil, volveu a

educativos (como o CEIP Antonio Faílde de Coles, CEIP de Seixalbo e CEIP A Ponte), ademais da propia escola pavillonista, mostraron o seu traballo de todo o curso. O máis salientable da xornada: o bo e san am-

imporse o trío do Burgas composto por Analía Blanco, Sara Mei Barroso e Elena Iglesias. Raquel Ordiales e Enola Barrio foron segundas por parellas. E as cinco xuntas conseguiron para o Burgas o subcampionato por equipos en categoría infantil. En alevín, o trío formado por Inés Dacal, Dafne Martínez e Nerea Barreda logrou o título de campión. Ademais, o terceiro posto foi para Claudia Pérez, Sara Seoane e Xiana Rei; e o quinto para as irmás Nazaret e Alba Rodríguez Cainzos. Así mesmo, todas xuntas conseguiron o subcampionato por equipos da categoría alevín. Por último, en cadetes,

biente deportivo. Pola mañá tivo lugar a competición nas categorías cadete base e júnior e sénior federado en modalidade individual. Foron as ximnastas pavillonistas as que dominaron o medalleiro. Xa pola tarde tivo lugar a competición de conxuntos de promoción (categorías prebenxamín, alevín e infantil), individual promoción (categorías prebenxamín, benxamín e alevín), individual base (categorías benxamín e alevín) e individual federado (categorías alevín e infantil). Nesta sesión da tarde os premios estiveron máis repartidos pero na competición individual o Club Esquío fíxose coa maior parte dos ouros por aparatos. Consellos do campión Sen dúbida, o máis es-

pectacular da tarde foron as tres exhibicións do oito veces campión de España de ximnasia rítmica masculina, Rubén Orihuela, que fixo levantar a grada cos seus exercicios de pelota, mazas e cinta. Este ximnasta dirixiu pola mañá unha master class para

unha trintena de nenas de toda Galicia. Ademais, estivo traballando coas ximnastas e adestradoras pavillonistas durante a xornada do xoves e sábado, deixando un selo de profesionalidade, carisma, disciplina e sobre todo humildade.

Rubén Orihuela impartindo unha máster class.

o trío formado por Iria do Nascimento, Cecilia e Florencia García logrou o primeiro posto, que á súa vez completaron o medalleiro co subcampionato por equipos na súa categoría. Próxima cita O 9 e 10 de maio celebrarase o Campionato galego de trampolín en Vigo, con gran participación ourensá nesta modalidade da ximnasia.

Á cita en Vigo acudiron un cento de ximnastas de cinco clubs A seguinte cita será no Galego de trampolín

Impresionante exercicio dunha parella do Burgas.


BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

HOQUEI

A asociación de veciños A Chavasqueira organiza o seu IV Torneo de hoquei 4 Terá lugar en Mariñamansa o 9 de maio. Redacción A Asociación de Veciños da Chavasqueira organiza, conxuntamente pola Federación Galega de Hoquei, por cuarto ano o seu torneo de hoquei. Esta é a segunda edición na que é autonómico. O evento terá lugar nas instalacións de Mariñamansa o sábado 9 de maio e abranguerá as categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, tanto en categoría masculina coma feminina. O campo dividirase en catro para albergar o máximo número de en-

contros, xa que xogarán todos contra todos en cada categoría. Serán máis de 200 os participantes nesta

4 O Cidade de Ourense realiza unha protesta diante da Federación Galega. O hoquei ourensán está en pé de guerra. O Cidade de Ourense realiza unha

A Federacion propón unha xuntanza cos clubs afectados e a Xunta de Galicia

Oito equipos Oito serán os equi-

Albor, Cidade de Ourense, Barrocás, Apóstol e Ourense son os conxuntos locais

Presentación deste IV Torneo de hoquei organizado pola AVV A Chavasqueira.

O hoquei, en pé de guerra

Redacción

edición.

pos participantes. De Ourense acuden o Albor, Cidade de Ourense, Barrocás, Apóstol e Ourense; e doutras provincias galegas o Atlántico de Vigo, o Cristo Rey da Coruña e o Santo Domingo de Padrón.

protesta diante da Federación Galega. O conflito vén porque a Federación sancionou cun ano sen poder xogar a oito xogadores do club por non presentarse a unha concentración coa selección galega sub 16. Tres xogadores máis doutros equipos galegos sofren a mesma sanción que

se estende a todos os equipos dos clubs que teñen a xogadores sancionados. Con carteis reivindicativos presentáronse diante da Federación Galega de Hoquei xogadores, directivos e pais de xogadores para protestar pola medida. Tender a man O presidente da Federación, Antonio Piñeiro, quere tender a man para arranxar o problema. Para iso, está aberto a unha posible reunión entre a Federación, os clubs afectados e a Xunta de Galicia para chegar a un entendemento. Non obstane, móstrase categórico ao dicir que eles

13

Recta final de Liga para o Barrocás 4 Os ourensáns afrontan as tres últimas xornadas co obxectivo da permanencia. Redacción Recta final de Liga para o Club Hockey Barrocás. Os ourensáns afrontan as tres últimas xornadas co obxectivo da permanencia. O primeiro dos partidos deste último tramo de competición levaráos ata Madrid (esta fin de semana) para enfrontarse ao pachacancelas, SPV. Vital é este partido para os intereses do equipo dirixido por Roberto Oliveira. Os galegos avantaxan en dous puntos aos madrileños polo que unha vitoria visitante suporía afastar do medio a un dos rivais pola permanencia. Dous son os equipos que descenden e o Barrocás é antepenúltimo empatado co penúltimo (o Real Sociedad), ambos con nove puntos. O SPV ten sete.

O Real Sociedad recibe nesta xornada ao Pedralbes, equipo inmiscuído na loita polo título de Liga e o ascenso á División de Honra A. De vencer o Barrocás e perder a Real Sociedad, os laranxas terían a salvación practicamente no peto. Resto de xornadas Ata o final da Liga o Barrocás, ademais de contra o SPV, deberá xogar contra Pozuelo na casa e a Real Sociedad na derradeira xornada, no que poderían estar os dous equipos xogándose a salvación. Antes desta cita os madrileños terán dous encontros moi complicados: o citado fronte o Pedralbes e sete días máis tarde ante o Egara (segundo clasificado). O SPV despois do duelo co Barrocás visita ao Vallés Deportivo e pecha a Liga ante o Sardinero.

Antonio Piñeiro, presidente da Federación Galega de Hoquei. están para cumplir os estatutos e estos son os que ditaminan a sanción. Para Piñeiro “os rapaces están a pagar o que certo club fai” en alusión ao Cidade de Ourense.

Descenden dous equipos. O Barrocás é antepenúltimo.


14

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

POLIDEPORTIVO

Kung fu nos Remedios 4 O 9 de maio acolle o Campionato galego. Redacción O pavillón municipal dos Remedios será escenario este sábado 9 de maio do Campionato galego de kung fu moderno. Na presentación do evento estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá; o xerente do Consello Municipal de Deportes, Hugo Blanco; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o responsable de Deportes en Ourense da Xunta, Mario Guede. O torneo Durante todo o día do sábado 9 a cancha central dos Remedios será a sede deste torneo que acollerá

a 150 competidos de toda a xeografía galega. Estarán presentes representantes de todas as categorías (desde pre-infantil ata veteranos). Espérase contar coa presenza de varios campións de España. A xornada estará divi-

dida en dúas sesións: unha de mañá e outra de tarde. Pola mañá terá lugar as competicións de formas individuais e as exhibicións do equipo de competición do club Artai, das escolas de kung fu e de taichi de Ourense, para despois facer a entrega de premios. Pola tarde chegará a turno dos combates. 15 serán de qingda (contacto controlado), dous de sanda neoprofesional e outros dous de sanda (contacto pleno).

Presentación do Campionato galego de kung fu./M.R.

BALONMÁN

Nova vitoria do Pabellón ante o Campus Auria 4 Venceu por 27-24 na Copa Federación. Redacción Tres de tres. O terceiro derbi ourensán -este, na Copa Federación- que se disputou entre o Balonmán Pabellón e o Campus Auria saldouse novamente cunha vitoria pavillonista (27-24). As universitarias tiñan unha boa ocasión para levar este partido. As rivais chegaban á cita con ausencias e algunhas xogadoras mostrando un rendemento inferior ao esperado; ademais a afección apoiounas durante todo o encontro. A

pesar de todo, a experiencia é un grao e o Pabellón gañou o encontro grazas a este aspecto, que as levou a cometer menos erros que as xogadoras do Campus. O partido comezou coas xogadoras moi concentradas sendo as porteiras as que tiñan un protagonismo principal. Mentres Lucía (Pabellón) lograba paradas de mérito, Bea (Campus) non tiña o seu día. Ao descanso o marcador reflictía un 14-11. Na reanudación o Campus Auria apretou e puxo en apuros ás locais che-

Unha xogadora do Pabellón nun partido da Liga.

gando a empatar (17-17) no minuto 40. Pero a falta de experiencia para levar o peso dos partidos levou ás universitarias a atenazarse e non ser capaz de sacar adiante o encontro. Ao final 27-24 e terceira vitoria da tempada do Pabellón Balonmán fronte ao Campus Auria. Outros resultados Na fin de semana xogaron outros equipos do Pabellón Balonmán. Na Copa División de Honra cadete feminina o Nova Xestión Pabellón caeu derrotado ante o Porriño por 24-14. Na Copa División de Honra infantil masculina o Nova Xestión Pabellón venceu 1727 ao Porriño. E na fase de ascenso á División de Honra infantil masculina, vitoria do Nova Xestión Pabellón ante o Atl. Novás por 17 a 16.

Dúas medallas de jiu jitsu para casa 4Iglesias e Silva, matrimonio ourensán, lograron sendas medallas. Redacción O matrimonio formado por Felipe Iglesias e Tamara Silva participou, representando ao Club Marbel de Ourense, no IV Torneo Nacional de Jiu Jitsu “Ciudad de Calatayud”. Ambos os dous lograron traer para casa medalla. O da localidade aragonesa é un Campionato de España oficioso da especialidade. Silva Tamara Silva (categoría de máis de 70kg) foi bronce no que era a súa segunda participación nun torneo a nivel nacional.

Iglesias Pola súa banda, Felipe Iglesias competiu na categoría de -62 quilos, onde logrou a medalla de prata.

O ourensán caeu na final ante o campión de España e do mundo, Francisco Javier García. Para o deportista ourensán este evento supuxo unha preparación para o vindeiro Europeo de jiu jitsu; Amberes (Bélxica) será o lugar onde teña lugar devandita cita durante o mes de xuño. Iglesias foi condecorado polo concelleiro de Deportes de Calatayud pola súa contribución ao despegue deste deporte.

Felipe Iglesias na final de Calatayud.


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas Nº119- Ano: VII - 8 de maio de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

A caravana de Dream Cars de Mercedes, de novo en Garza

Unindo deporte e educación 4 O colexio Cardenal Cisneros celebra a súa segunda xornada de convivencia.

4 Tralo éxito de 2014. Redacción A caravana de Dream Cars de Mercedes chega de novo a Garza. Tralo éxito de 2014, repítese a experiencia de probar uns coches incribles durante nove días. Do 7 ao 16 de maio (excepto domingo e sábados pola tarde) terán lugar as xornadas de probas de Dream Cars nas instalacións de Garza ubicadas no polígono Barreiros. Oito vehículos exclusivos serán os que se poidan gozar na caravana Dream Cars. Os coches, de Mercedes, son: os poderosos AMG nas súas variantes A45 AMG, GLA45 AMG e E63 AMG, xunto a descapotables como o SL 500 e o SLK 250 CDI, ou grandes berlinas como o híbrido S500 Plug-in e o CLS 350 CDI 4Matic con tracción integral. Todos eles representan a tradición e

a vangarda de MercedesBenz; a modernidade e o deseño máis avanzado. Accesibilidade A Dream Cars ofrece a posibilidade de acceder a vehículos de proba que habitualmente non están dispoñibles nas instalacións do concesionario e agora están todos reunidos nun evento único. Reserva Para concertar unha proba, o interesado debe chamar ao 988 363 009 e facer a súa reserva. A proba persoal dun vehículo e as sensacións que se sinten ao volante son o argumento definitivo para confirmar as expectativas que un ten del.

A caravana Dream Cars de Mercedes terá lugar en Garza do 7 ao 16 de maio

Presentación na Deputación de Ourense do 2º RaliMix da Gudiña./R. TORRES.

A Gudiña quenta motores para o seu segundo RaliMix 4 Terá lugar o 9 e 10 de maio. Redación A Gudiña quenta motores para o seu segundo RaliMix. O evento terá lugar os días 9 e 10 de maio. Desde a organización, conxunta entre a Deputación de Ourense, Escudería HCC-Competición e o Concello da Gudiña co apoio da Federación Galega de Automobilismo. esperan que participen arredor dos 70 pilotos.

ralis de Galicia e do nacional. Disputarase sobre un só tramo cronometrado duns 12 quilómetros, nos que se combina terra e asfalto. Durante dous días daranse cinco pasadas ao mesmo; tres pasadas o primeiro e dúas o segundo. No rali poden participar todo tipo de vehículos, incluso prototipos, que cumplas as medidas de seguridade.

Terra - asfalto O 2º RaliMix da Gudiña é unha proba que combina terra con asfalto e que está a consolidarse dentro do panorama de

Nesta edición do RaliMix da Gudiña participarán máis de 70 pilotos

Redacción O colexio Cardenal Cisneros celebra o venres 15 de maio a súa segunda xornada de convivencia. Centrada sobre todo no atletismo pretenden desde o centro educativo ourensán unir deporte e educación. No evento participarán o alumnado man a man xunto cos profesores e o resto do persoal laboral do centro. Axudas O mestre de Educación Física, Juan Romero, leva o peso da organización, e busca empresas e entidades colaboradoras para que a xornada teña de todo para os protagonistas, que son sobre todo os alumnos. Unha colchoneta inchable para poder xogar nela é posible que

sexa unha das novidades que xira en torno a este día. Atletimos e outros deportes A xornada de convivencia terá dúas sesións que xirarán ao redor do deporte. Unha sesión matutina na que o atletismo será o protagonista absoluto, e outra sesión vespertina na que se practicarán outros deportes coma o tenis, o fútbol ou o baloncesto. O obxectivo desta convivencia é unir mediante o deporte a estudantes e profesores do Cardenal Cisneros. Disciplina, compañerismo, solidariedade e sacrificio estarán presentes nun día no que ademais a diversión está asegurada. Todos os participantes recibirán ao remate a súa medalla conmemorativa.

Profesores que participan na xornada de convivencia.


16

BARRIOS DEPORTIVO 8 de maio de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.