27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

Page 1

Arantxa Mallou ficha polo Conquero ATLETISMO

Páx. 2-3

FÚTBOL

Páx. 4-5

BALONCESTO Páx. 6-7

FÚTBOL SALA Páx. 11-12

[Páx. 6] XIMNASIA

Páx. 13

[Páx. 8-9]

n ó i c a t a n a d r o

l l e m O

[Páx. 3]

I Miño Radikal Campionato galego de natación na piscina Rosario Dueñas./R.TORRES.// Un dos obstáculos incluídos no I Miño Radikal./I.OSORIO.

Número: 114- Ano: VII - 27 de febreiro de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

AXENDA /ATLETISMO

rreira contrarreloxo cun ascenso de tres quilómentros. A pendente media será do 9,4% chegando a alcanzar nalgunhas zonas o 24,9%. Na carreira poderán participar os maiores de 18 anos.

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 28 de febreiro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón - Lugo. División de Honra Xuvenil. - Día 1 de marzo. O Couto -17:00h -. UD Ourense Salamonde. Terceira Rexional. - Día 1 de marzo. Os Carrís. Barbadás - Choco. Terceira División. - Día 1 de marzo. Estadio José Arjiz. Verín - Porriño. Rexional Preferente. - Día 1 de marzo. A Tella. Nogueira de Ramuín - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 1 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Céltiga. Rexional Preferente. - Día 1 de marzo. Os Carrís -12h-. Barbadás - Bértola. Segunda División Feminina. - Día 8 de marzo. Calabagueiros. CD Barco - Nogueira. Rexional Preferente.

Baloncesto - Día 28 de febreiro. Paco Paz - 18.30h - Club Ourense Baloncesto - Leyma Coruña. LEB Ouro. - Día 28 de febreiro. Os Remedios - 20.00h - Pabellón Ourense - Bizkaia. Liga Feminina 2. - Día 8 de marzo. Paco Paz - 18.00h - COB B - Ferrol. Liga Nacional. - Día 8 de marzo. Polideportivo do Campus - 18.00h Campus Ourense - VGO Basket. Liga Nacional.

Fútbol sala - Día 28 de febreiro - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - U. Alicante. 1ª División. - Día 14 de marzo - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - V. Amarelle. 1ª División. - Día 28 de febreiro - Os Remedios - 12.00h - Sala Ourense - Mondariz . Liga Galega.

Hugo Blanco, Marta Míguez e Alfonso Vilachá na presentación da subida ./I.OSORIO

Tres quilómetros para subir a Montealegre 4 O 22 de marzo celebrarase a primeira “Subida a Montealegre”. Redacción O Consello Municipal de Deportes acaba de presentar a “I Subida a

Montealegre”. Terá lugar o 22 de marzo e dará comezo ás 11 horas. A saída darase por enriba do cemiterio de San Francisco,

na rúa Fonte dos Caños; a meta, na estrada de Montealegre, xunto á urbanización do mesmo nome. A proba será unha ca-

- Día 1 de marzo. Xinzo. VIII Carreira Popular Concello de Xinzo de Limia. - Dia 8 de marzo. O Carballiño -10.30h - III Media Maratón O Carballiño.

Redacción

Tiro - Día 1 de marzo. Club de tiro Eiroás. Carabina match e lixeira. - Días 7 e 8 de marzo. Club de tiro Eiroás. XXVII Copa Excma Diputación de Ourense. - Día 8 de marzo. Club de tiro Eiroás. Pistola Velocidade.

Balonmán - Día 8 de marzo - Anexo dos Remedios - Balonmán Pabellón - 5 Jotas Lavadores. 1ª Autonómica masculina. - Día 1 de marzo. Campus de Ourense. Balonmán Campus Auria - Balonmán Pabellón. 1ª Autonómica feminina. - Día 8 de marzo. Campus de Ourense. Balonmán Campus Auria - Cangas. 1ª Autonómica feminina. - Días 28 de febreiro e 1 de marzo - Piscina Rosario Dueñas. Campionato de España de Salvamento Acuático en augas pechadas.

Hoquei herba - Día 8 de marzo - Mariñamansa. CH Barrocás - FC Barcelona. División de Honra B.

Tenis de mesa - Día 28 de febreiro. Paco Paz - 10:30h -. Galmédica Ourense TM - Cinania Frigoríficos do Morrazo. 3ª Nacional.

A pendente media da subida será do 9,4% chegando nalgunhas zonas ao 24,9%

Novo percorrido para os 10km de Xinzo

Atletismo

Natación

Inscricións e premios A inscrición está limitada aos 400 participantes e o prazo está aberto ata o 17 de marzo a través da web www.deportesourense.com. A cota de inscrición será de cinco euros para os que teñan o chip en propiedade e de sete euros para os que aluguen o chip. As modalidades de clasificación serán de maneira individual por tramos de idade; individual absoluta e clasificación por equipos mixtos (catro integrantes con alomenos unha persoa dun dos sexos).

Momento do comezo da carreira en categoría infantil masculina./RAMSÉS

Campionato galego de campo a través O complexo deportivo de Monterrei acolleu o Campionato galego de Campo a través das categorías alevín, infantil e cadete. Centos de atletas de toda Galicia participaron neste evento que se inclúe no programa Xogade da Xunta. O club Monterrei/Verín foi o mellor equipo alevín masculino. En cadete feminino o Ourense Atletismo foi o campión; o cadete masculino do Limiactiva clasificou na segunda posición. Na categoría infantil masculina, o atleta do Ourense Atletismo, Martín Rivera proclamouse subcampión galego, mentres que Said Abdoun, do Limiactiva foi terceiro; por equipos, o Limiactiva de Xinzo conquistou a primeira posición.

Rematouse a incertidume e finalmente haberá décimo quinta edición dos 10Km de Xinzo de Limia. Será o 1 de marzo. O Concello deu vía libre para que Limiactiva organice esta carreira que cambiará de percorrido nesta edición. Pasará a ser un circuíto de tres voltas en vez de dúas coma viña sendo anteriormente e terá un percorrido moito máis urbano. Xa se superaron os 400 inscritos. Desta volta xa non será unha proba homologada, por rematar o período de sete anos que teñen as homologacións das carreiras de 10 quilómetros. O evento comezará ás 10:30h coa carreira infantil e rematará ás 12:40h ca de pitufos. A proba absoluta dará comezo ás 11:15 horas.


XADREZ /ATLETISMO

O Xadrez Ourense A vence ao Círculo de Chantada 4 Con esta vitoria mantén as súas opcións na parte alta. Redacción O Xadrez Ourense A vence a un reforzado Círculo de Chantada e mantén as súas opcións na parte alta. A vitoria foi moi folgada (4.5 a 1.5) na sexta xornada de liga. A pesar de que os chantadinos contaban cos grandes mestres Alejandro Hoffman e Dragan Paúnovic, non puideron evitar a vitoria ourensá. O Ourense mantense a tiro do líder, o Círculo Ferrolán.

Outras divisións Na División de Prata, o derbi ourensán deparou a vitoria a domicilio do Liceo Ourense fronte o Xadrez Ourense B por 1-3; con esta vitoria con-

Participantes do Miño Radikal superando un dos obstáculos./I. OSORIO

“Radikais” na beira do Miño

R.T. Partida entre o Xadrez Ourense B e o Liceo de Ourense.

4 Celebrarase o sábado 14 de marzo. O 14 de marzo celebrarase en Allariz a Heroican Race, unha proba deportiva de resistencia. A participación está aberta a 150 prazas das cales están cubertas preto de 100. A inscrición está aberta ata o 7 de marzo e ten un custo de 25 euros. Poderán participar os maiores de 18 anos con boa capacidade física. A inscrición pódese facer na piscina municipal de Allariz ou no Centro De-

4 Máis de 400 atletas participaron na primeira edición do “Miño Radikal”.

Allariz alberga a Heroican Race R.T.

solidan o liderato. Noutro derbi, o Casa da Xuventude lograba na casa do Xadrez Ourense C a vitoria por 1.5 a 2.5. O Peña Recreativo vencía en Cangas por 1-3 e o Universitario de Ourense desfacíase do Ateneo por un rotundo 40. Na Segunda División, vitoria do Club Xadrez Celanova ante o Xadrez Loureiro do Couto (1-3). O Xadrez Bande caía en casa contra o Xadrez Lalín (1-3), o mesmo resultado do Ourense D ante o Chantada B.

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

portivo Eiroas en Ourense. A proba Arrastrarse por chan embarrado durante 50 metros, subir e baixar unha pendente de medio hectómetro cun saco lastrado ao ombreiro, atravesar un regato e subir unha parede vertical coa axuda de cordas, son, entre outras as probas a realizar durante o percorrido, de 8,5 km. A liña de meta estará ubicada tras unha costa de

150 metros e cun 30% de pendente. Os participantes deberán realizar todo o percorrido, obstáculos incluídos, en menos de dúas horas e media. A entrega de dorsais realizarase de 12 a 14 horas o sábado 14 no Seixo dende onde sairán autobuses, ás 15 horas, ata o punto de inicio da carreira. A saída da proba está prevista para as 16 horas. Ademais dos avituallamentos durante a proba ao remate haberá servizo de masaxistas a disposición dos participantes, ademais de medallas a todos os finalistas e trofeos aos gañadores.

A meta está ubicada tras unha costa de 150 m

O pasado 22 de febreiro celebrouse na nosa cidade a primeira edición do “Miño Radikal” que congregou máis de 400 participantes “radikais” desta proba de obstáculos pioneira en Galicia. A proba constou de dúas voltas a un percorrido de 3,5 quilómetros para completar un total de sete quilómetros; no camiño numerosos obstáculos a superar. Subir as escaleiras da Ponte Romana para cruzar o río; a partir de aí emoción e desenfreo. Unha rede a uns centímetros do chan para reptar, sortear uns neumáticos, subir cunha corda unha rampa e baixar polo outro lado por uns tablóns, saltar e pasar por debaixo duns barrotes, cruzar a pasarela de Oira, subir uns tablóns e baixar unha rampa, coarse por uns tubos, saltar un muro, ascender

por unha pendente esvaradiza e pasar por unha morea de neumáticos. Todo isto ao longo do percorrido, polo que había que sobrepasar os obstáculos por partida dobre. Os gañadores Os máis rápidos en concluir o percorrido foron Daniel Pérez Lorenzo e Raquel Guizán Castro. Daniel Pérez realizouno nun tempo de 28:42 minutos, mentres que Raquel Guizán fíxoo en 35:40 minutos. No apartado masculino tras Pérez chegaron José M. Ramos (29:58) e Julio Nóvoa (31:09), primeiro e segundo, respectivamente. En mulleres, acompañaron no podio a Guizán, Cristina Rodríguez (37:44) e a irmá da primeira clasificada, Cristina Guizán (39:04). Por equipos, o máis rápido foi o de “A dar gasss” (2:29:47). Segundo foi o “Nautilus Team” (2:36:48) e terceiro o “Pancitas

Team” (2:38:26). Os equipos eran mixtos (alomenos un representante dos dous sexos) e sumaban o tempo dos catro integrantes. Bo sabor Durante esta primeira “Miño Radikal” a xente estábase a divertir a pesar da dificultade dos obstáculos. Foi tan bo o sabor de boca que moitos dos participantes preguntaron se habería unha segunda edición. Desde o Consello Municipal de Deportes están convencidos que tralo éxito desta primeira edición, a “Miño Radikal” terá continuidade no tempo.

Daniel Pérez e Raquel Guizán foron os vencedores individuais, e o “A dar gasss” foi o campión por equipos


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

FÚTBOL

O Barco cede un empate e o liderato 4 Os de Valdeorras manteñen a posición de ascenso. Redacción O Barco cede un empate e o liderato no grupo Sur da Rexional Preferente. Pero a pesar de perder a primeira posición, os barquenses mantéñense en postos de ascenso directo. Agora adiantounos o Portonovo na táboa clasificatoria, pero cedendo tan só un punto cos pontevedreses. O outro conxunto ourensán que está a loitar polo liderato é o Verín. Os da comarca de Monterrei veñen de gañar no campo do Rápido de Bahía por dous goles a catro. Esta vitoria permite aos de Iván González manterse nos postos de enriba. Agora son terceiros con 48 puntos, a tres do Portonovo e a dous do Barco. Pola súa banda, o Valladares está seis puntos por debaixo, e a oito da quinta posición, posto que non xoga promoción de ascenso á Terceira División. Dous equipos ourensáns están entre os tres primeiros clasificados cando aínda restan 13 xornadas por disputar. Arenteiro e Nogueira Os que tamén terán que loitar ata final de tempada, pero por outros obxectivos, son o Arenteiro e o Nogueira de Ramuín. Os de Carballiño venceron ao Pontellas e sumaron tres puntos de ouro que os levan a ocupar a décimo segunda posición con 34 puntos; importante vitoria que fai que os de Espiñedo deixen a 12 puntos o descenso. O Nogueira, pola súa banda, caeu goleado na súa visita a Vilalonga, por catro goles a cero. A derrota fai que baixen unha posición (da 17 á 18) con 28 puntos. Os da Tella tamén viron acurtada a súa diferenza co descenso, pasando agora a ser de tan só seis puntos.

Vindeira xornada Para a xornada número 26 a Rexional Preferente depara os seguintes encontros para os equipos ourensáns. O Barco deberá desprazarse ata Erizana para enfrontarse ao conxunto local. O Erizana marca a zona de descenso con 22 puntos. A priori un encontro sinxelo,

pero o conxunto local non venderá barata a súa pel, por todo o que se xoga. O seguinte equipo na clasificación, o Verín, recibe no José Arjiz (domingo 1 de marzo, ás 17 horas) ao Porriño Industrial. Os porriñeses son sextos con 40 puntos polo que non quereran perder comba coa zona alta.

O Arenteiro xogará contra o equipo que está xusto por enriba del na clasificación: o Céltiga. O encontro terá lugar en Espiñedo, o domingo ás cinco da tarde. E o último dos representantes ourensáns nesta Preferente, o Nogueira de Ramuín, xogará na casa -A Tella- o domingo a partir das 16:30 horas contra o Mondariz. Unha vitoria faríao achegarse á zona media da táboa.

Neste intre, O Barco é segundo e o Verín terceiro do grupo Sur

O Verín venceu ao Rápido de Bahía por dous goles a catro./I.OSORIO

O Barbadás recibe ao Choco con Peluso na grada 4 O porteiro Berto non poderá disputar o encontro. Redacción Non foron só tres puntos. O Barbadás perdeu para as vindeiras xornadas ao adestrador, Peluso, e ao porteiro, Berto. Ambos foron sancionados polo Comité de Competición con tres e dous partidos, respectivamente. O motivo aconteceu no encontro contra o Arousa da pasada xornada. Disputábanse os primeiros minutos da segunda metade cando o árbitro, contradecindo a opinión do xuíz de liña, deu por válido un gol que o seu asistente marcara como fóra de xogo. A partir dese momento as protestas do adestrador azul e do seu cancerbeiro remataron en tarxeta vermella para os dous. Dende entón, os homes de Peluso descentráronse e fóronse do partido; e, como consecuencia, ao fi-

nal perderon por tres goles a cero. Faltaba coñecer cal sería a sanción e agora xa se sabe. O adestrador non poderá estar no banco durante os próximos tres encontros, mentres que o porteiro non poderá defender a portaría durante dous. Choco E con estas chega o Choco esta fin de semana aos Carrís. O partido dará comezo ás 17 horas do domingo 1 de marzo. Os de Redondela marchan sétimos na clasificación con 40 puntos, cinco máis que os ourensáns. Desde o cadro azulón tentarán olvidar o acontecido en Vilagarcía e loitarán polos puntos en litixio de cara a ter máis preto a permanencia.

Barbadás - Choco. 1 de marzo. 17 h. Os Carrís


FÚTBOL

Choiva de goles en Espiñedo na visita da UD

O equipo de Antonio Dacosta é superior ao resto de equipos de toda a Terceira Rexional do grupo 13º de Ourense, e o demostra cada xornada. E se o campo é un dos mellores da provincia, a diferenza crece aínda máis. E iso aconteceu o pasado sábado en Espiñedo. A Unión Deportiva Ourense desprazábase ata a capital do Arenteiro para enfrontarse ao Arcos. O campo que albergaba o encontro era o que utiliza como local o Arenteiro; un campo en boas condicións para a práctica do fútbol. En seis minutos a UD xa mandaba no partido. Julio Salgado facía o primeiro da tarde e oito máis tarde, Lucas Nieto xa poñía terra

de por medio co segundo. Antes do descanso chegaría a obra de arte do encontro. Xaco culminaría unha xogada na que Julio cedíalle o esférico de tacón, e este remataba ao fondo das redes unha vez driblado ao gardamallas local; 0-3 e os xogadores enfilaban o camiño dos vestiarios. Na segundo metade chegaría un festival goleador. Julio Salgado antes de saír do campo substituido firmaría o segunda da súa conta e o cuarto do equipo. Santi que levaba un minutos no terreo de xogo lograba o quinto. Lucas Nieto repetiría co sexto da UD. Nos dous seguintens goles uniríanse á festa Roberto Almeida (0-7) e Chechu (0-8). Santi redondearía a

Xaco asinou o terceiro tanto do encontro. É o máximo goleador da liga./RAMSÉS

Momento da sinatura do convenio entre a UD Ourense e a Asociación de Ex Xogadores do CD Ourense, no centro comercial Ponte Vella. /M. REJO.

4 A Unión Deportiva Ourense venceu en Espiñedo ao Arcos por 1-9. R Torres

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

goleada unionista co noveno gol e o segundo da súa conta. Wesley faría o da honra para os locais. Ascenso Unha nova goleada que os leva a estar máis preto do ascenso. Con 57 puntos en 19 xornadas os homes de Antonio Dacosta xa contan as xornadas que restan para celebrar o ascenso á Segunda Rexional. O próximo escollo será o Salamonde a vindeira fin de semana no Couto.

Os ex xogadores do Ourense xestionarán a base da UD 4 O obxectivo é que no futuro o club se nutra case ao 100% da canteira. M.R. A UD Ourense e a Asociación de Ex Xogadores do CD Ourense veñen de ratificar por escrito o que xa levan facendo desde comezo da tempada: apostar pola base. Mediante un convenio entre ambas as dúas entidades,

ex xogadores do Ourense encargaranse de adestrar os equipos da base do novo club, sen contraprestación económica algunha. “No futuro os xogadores (que se retiren) poderán adestrar as categorías inferiores da UD achegando a súa experiencia e coñecementos”, explicou o ex

deportista Carlos Bericat. Ademais, un membro da Asociación de Ex Xogadores formará parte da directiva da UD, e será esta asociación a que decida o adestrador do equipo ata que alcance a Terceira División. O convenio ten unha vixencia de cinco anos.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

BALONCESTO

entrevista á xogadora Arantxa MAllou

“É unha oportunidade que levo desexando dende pequena” 4 Arantxa Mallou abandona as filas do Pabellón para fichar polo Conquero Huelva (de Liga Feminina), pero confía nas posibilidades do equipo ourensán. S.N. Cando a situación do Pabellón Ourense xa era a máis complicada da súa historia, logo de contar os partidos da tempada por derrotas, un novo xiro fai que as súas opcións de permanencia se reduzan. Arantxa Mallou, a súa capitá e un dos piares do equipo este curso (xunto a Noelia Oliva), deixa as filas pavillonistas para sumarse ao Conquero Huelva Wagen, que nas sete xornadas que lle quedan de campionato loitará por disputar por primeira vez os playoffs polo título de Liga Feminina. Mallou (que no que vai de curso fixo un promedio de 14 puntos, 5 rebotes e 2 asistencias por encontro) deixa o conxunto ourensán con pena, pola situación que atravesa, pero enfróntase a este novo reto con moitas gañas pola gran posiblidade que representa para a súa carreira profesional e cargada de forza para contribuir a que o Conquero se faga co título de Liga. Como xurdiu esta oferta do Conquero? Arantxa Mallou: “O seu adestrador chamoume a semana pasada para ofrecerme a posibilidade de sumar e ser unha xogadora máis no Conquero, e así contar con máis competencia en liña exterior. E non o dubidei, porque é unha oportunidade que levo desexando dende pequena”. Cando te estreas no teu novo equipo?

“Agradézolle todo o cariño á afección do Pabellón, que nos apoiou nas boas e nas malas”

Arantxa Mallou estaba a disputar a súa terceira tempada no Pabellón./R.T. A.M.: “Xa estou adestrando con elas, pero dependerá das xestións burocráticas”. Como viches ao Pabellón esta tempada e como cres que rematará o curso? A.M.: “A verdade é que non sei se haberá novas fichaxes. Non tiñamos mal banco, pero estábanos costando moito adaptarnos unhas a outras, e ao xogo. De todos modos, sigo confiando a cegas no equipo e sei que sacarán a tempada adiante”. Imaxino que esta gran oportunidade créache un sabor agridoce pola situación na que queda o Pabellón. A.M.: “Si, a verdade é que cando o soupen estaba preocupada e agobiada por ter que informar ao club e ás miñas compañeiras. Estaba moi triste porque este ano realizaba, ademais, unha función extra, de capitá, e doeume moito ter que marchar nestas circunstancias, pero debía ser profesional e mirar para o futuro. Aínda así, confío moitos nas que eran as miñas compañeiras

e sei que o farán moi ben sen min”. Carmen Limia é moi crítica coas axudas das institucións públicas ourensás a clubes como o Pabellón, como viviches dende dentro esa falta de apoio? A.M.: “A falta de axudas e a crise en xeral repercutía a nivel económico, pero dende o club sempre buscaron a maneira de que cobraramos ao día, as xogadoras nunca tivemos ningún problema. Iso si, das institucións necesitaríase un plus, se non pode ser económico, porque a situación non o permite, que sexa a través de becas, a nivel de instalacións, comidas… da maneira que poidan”. Cales son as túas metas profesionais? A.M.: “De momento vou pasiño a pasiño, pero estou aberta a todo o que veña. Agora quero axudar ao meu novo equipo e adaptarme ás miñas compañeiras, e por suposto pelexar por gañar a liga. Se despois vén unha oferta da selección nacional ou o que

“As xogadoras do Pabellón son todas moi boas, pero deben dar máis de si para sacar ao equipo adiante” sexa estaría encantada”. Envíalle unha mensaxe á afección do Pabellón, ao corpo técnico e ás túas antigas compañeiras. A.M.: “Á afección quero agradecerlles estes tres anos que estiven no Pabellón, porque sempre nos apoiaron, nas boas e nas malas, e iso que houbo bastantes malas. Pero temos a mellor afección do mundo. Quero agradecerlles todo o cariño a todos, aos pais, ao corpo técnico e o apoio da miña familia e amigos. E ás que foron as miñas compañeiras quero dicirlles que sei que son todas moi boas xogadoras, deben dar máis de si para sacar ao equipo adiante e sei que o van facer, confío plenamente nas súas posibilidades”.

O Pabellón cae ante o Cortegada 4 Perdeu por 64-74. Redacción O Pabellón Ourense sumou a súa décimo quinta derrota da tempada ante o Cortegada. O conxunto ourensán perdeu por 6474 na cita disputada nos Remedios. E iso que comezou dominando o encontro. O primeiro período rematou con catro puntos de vantaxe para as ourensás (16-12), pero no segundo todo comezou a torcerse. O abrumador traballo das pívots do Cortegada (que se fixeron con ata 60 rebotes) contribuíu a que as de Vilagarcía lograsen un parcial de 0-14 (7-22 no cómputo total do cuarto), revertindo totalmente a situación. 23- 34 era o resultado ao descanso. O Pabellón voltou ao parqué sen ánimo de baixar os brazos e as ourensás trataron de plantarlle cara ao cuarto clasificado. Un parcial de 17-23 mostraba o impulso das xogadoras de

Este 28 de febreiro o Pabellón Ourense recibe ao Bizkaia

Benjamín Rodríguez, pero quedaba moito que remar para acadar a vitoria. No último período, as ourensás fixeron o imposible (cun parcial de 24-17), pero xa non foi suficiente. Despedida Noelia Oliva e Arantxa Mallou realizaron unha gran actuación na cita contra o Cortegada. Anotando 22 puntos por cabeza levaron, sen dúbida, a voz cantante nas filas pavillonistas, pero a un minuto para o remate do encontro os afeccionados poñíanse en pé ante a saída de Mallou do campo. E este non era un aplauso máis. Non era un aplauso (ben merecido) polo traballo feito no encontro. Era o recoñecemento a unha das chaves do equipo nesta tempada, a súa capitá, que saía por última vez da cancha vestindo a camiseta do Pabellón. A próxima vez que colla o balón en competición oficial será defendendo as cores do Conquero Huelva de Liga Feminina. Próxima cita Este sábado 28 de febreiro o Pabellón Ourense recibe nos Remedios ao Bizkaia, segundo clasificado.

22 puntos, 6 rebotes e 6 asistencias foi o balance de Noelia Oliva no choque contra o Cortegada./RAMSÉS


BALONCESTO

Un derbi no mellor momento

4 O COB buscará no encontro contra o Leyma Coruña a quinta vitoria no Pazo. R. Torres O derbi contra o Leyma Coruña chega nun bo momento para o COB. Segundo na clasificación vén de vencer en Huesca. O Club Ourense Balocento recibe ao conxunto herculino na xornada número 23 da Adecco Ouro. O partido, que será no Paco Paz, cambia de día e hora. Pasará a xogarse o sábado (en lugar do ven-

O COB chega ao derbi de segundo clasificado, o Leyma Coruña é décimo

res) 28 de febreiro a partir das 18.30 horas. O Leyma marcha na décima posición, a unha vitoria de entrar en play off. O COB loitará por continuar no pelotón de cabeza, para manter intactas as opcións de entrar no play off co factor cancha favorable na primeira rolda. Gañar en casa Os homes de Gonzalo García de Vitoria tentarán lograr a quinta vitoria como locais, logo de caer derrotados nas dúas últimas citas no Pazo. Enfronte terán a un Leyma Coruña que tan só leva dúas vitorias como visitante. O COB é segundo, con

14 vitorias, ao igual que Navarra, Breogán e Burgos (estes dous últimos cun partido menos). Convenio con Peugeot Grazas á colaboración do seu novo patrocinador MOSA Ourense (concesionario oficial Peugeot na provincia), o COB organiza para o encontro ante o Leyma o concurso “Canastra 108”, que se celebrará no descanso do partido e consistirá en que dúas persoas lancen triples durante un minuto desde o interior dun Peugeot 108 convertible que se situará na pista de xogo, logrando premios ambos participantes. O gañador poderá gozar,

durante unha fin de semana a convir con MOSA Ourense, dun Peugeot 308 GT Line, mentres que o perdedor levará un exclusivo lote de produtos Peugeot cortesía de MOSA Ourense. Para participar no sorteo só hai que cumprir dous requisitos: ser maior de 18 anos e posuír carné de conducir; e comentar

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

a publicación sobre este concurso publicada en Facebook, Instagram ou Twitter co comentario #COBMosa. O prazo para participar estará aberto até o venres 27, e as persoas escollidas deberán acudir ao partido con zapatillas deportivas. Dous coches No acordo de colabora-

ción con MOSA inclúense dous modelos do Peugeot 308, un diésel e outro a gasolina, que o concesionario porá a disposición do Club Ourense Baloncesto até final de tempada.

COB-Leyma. Sábado 28 de febreiro. 18.30 h. Paco Paz

O gañador do sorteo que organizan o Club Ourense Baloncesto e MOSA Ourense probará durante unha fin de semana un Peugeot 308 GT Line.


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

NATACIÓN

O CNPO Máster, unha referencia a nivel nacional 4 Participaron sete nadadores do club ourensán no nacional logrando 17 medallas. Redacción O Club Natación Pabellón Ourense en categoría máster é un referente a nivel nacional. O club participou no Campionato de España con sete nadadores logrando 17 medallas. O campionato tivo lugar nas piscinas Rías do Sur, de Pontevedra. Maite García Colomo foi a triunfadora deste evento

Maite García Colomo acadou no Campionato de España de Pontevedra cinco ouros e sete récords de España.

ao colgarse cinco ouros individuais e lograr sete récords de España (200, 400 e 800 libres, 200 bolboreta, 50 costas, 200 e 400 estilos) na categoría de +50 feminina. Ademais de Maite Colomo (cinco ouros e sete récords de España), lograron medalla: Cristina Colomo, un ouro, unha prata e dous bronces; Manuel Colomo, 2 pratas e 3 bronces; Carlos Colomo, unha prata; Antonio Colomo, un bronce. O relevo 4x50 libres mixto +200 (Maite, Cristina, Carlos e Manuel Colomo) acadou a medalla de prata. Por equipos Os irmáns Colomo (Maite, María Cristina, Carlos, Manuel e Antonio), xunto con Jorge Vázquez Rojo e Roi Balsa Pérez, son os sete compoñentes que lograron o posto 32 por equipos, de entre 136 clubs de toda España (moitos deles con máis de oito deportistas).

Un participante do CN Coruña no Campionato galego./RAMSÉS

20 medallas para o Pabellón no Galego júnior e infantil 4 A piscina ourensá Rosario Dueñas acolleu o Campionato Galego de inverno das dúas categorías. R. Torres Un total de 20 medallas acadou o Club Natación Pabellón Ourense no Campionato galego de natación de inverno nas categorías júnior e infantil. Durante tres días estiveron os mellores nadadores galegos das dúas categorías. Na primeira sesión disputada en xornada vespertina os nadadores ourensáns lograron dúas medallas. Andrea Bello (júnior) colgouse a medalla de ouro nos 100 bolboreta. Pola súa banda, Miguel Pimentel

(júnior) foi prata en 200 libres; en canto á clasi-

ficación por equipos ao remate desta primeira

xornada o infantil masculino marchaba primeiro

Un dos nadadores do CNPO nunha proba do Campionato galego./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

NATACIÓN

llo (junior) e Marcos García (infantil), os tres en 100 costas.

e o masculino júnior, segundo. Na segunda xornada, en horario matinal, o Pabellón Ourense lograba catro medallas máis. Marcos García (infantil) fíxose co ouro nos 100 libres; Héctor Álvarez (infantil) acadou a prata nos 100 braza; Paula Blanco (júnior) foi segunda nos 50 costas e o relevo 4x200 libres masculino infantil foi bronce cos nadadores Marcos García, Antón Rodríguez, Noel Quiroga e José Moure. Xa pola tarde cinco medallas máis. Andrea Bello -como na primeira xornada do campionato- repetiría no podio; esta vez no segundo caixón e nos 200 bolboreta. Jacobo Caride (infantil) tamén era segundo nos 100 costas; xunto a Jacobo estaría no podio Marcos García, no terceiro caixón. As outras dúas preseas da xornada eran de bronce: Paula Blanco (junior), Luis Be-

Última xornada A última xornada, como a anterior, estivo dividida en dúas sesións. Pola mañá os integrantes do CNPO subiron en cinco ocasións ao podio. Así, novamente Andrea Bello lograba a súa terceira medalla do campionato; era na proba dos 50 bolboreta. Miguel Pimentel subía por segunda vez ao podio, grazas á súa segunda posición nos 1.500 libres. Pablo Caseiro (júnior) era prata na distancia de 50 braza. Outro que se colgaría unha nova medalla era Jacobo Caride (infantil); sería bronce nos 200 costas. E pecharía as medallas ourensás nesta sesión o relevo 4x100 libres masculino infantil co bronce; o relevo estaba integrado por Antón Rodriguez, Jacobo Caride, Noel Quiroga, Marcos García. A última sesión deixaría

en Ourense catro medallas máis. Dúas delas ouros e dúas pratas. Os ouros lográronnos Marcos García nos 50 libres infantil, e o relevo 4x100 estilos masculino júnior conformado por Martín R. Paradela, Pablo Caseiro, Luis Bello e Miguel Pimentel. As pratas acadáronas Luis Bello (júnior) nos 50 libres e o relevo 4x100 estilos masculino infantil integrado por Jacobo Caride, Héctor Álvarez, Noel Quiroga e Marcos García. Por equipos Os bos resultados individuais nas probas de relevos fixeron que o CNPO rematara subcampión na categoría masculina infantil e terceiro na masculina júnior e nas conxuntas (masculina e feminina) tanto infantil coma júnior. Un gran resultado para os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense. A destacar as actuacións de Marcos García con seis medallas (tres individuais

e tres de relevos). Catro medallas para Jacobo Caride. Tres para Luis Bello, Noel Quiroga, Andrea Bello (as tres individuais) e Miguel Pimentel. Con dous metais remataron o campionato Héctor Álvarez, Paula Blanco, Pablo Caseiro e Antón Rodríguez. E cunha presea fíxerono Martín Paradela e José Moure. En total foron 20 medallas: 16 individuais e catro por relevos; amais dos catro podios por equipos. Un éxito notable para un club que está en continuo crecemento.

O CNPO logrou o subcampionato masculino infantil e os terceiros postos na categoría masculina júnior e nas conxuntas infantil e júnior

O Campionato Galego contou cunha ampla participación ./RAMSÉS

O Sincro Ourense, segundo en Vigo 4 O club ourensán participou no galego de rutinas de base 4 con dous equipos. Redacción A piscina do Real Club Náutico de Vigo acolleu o Campionato galego de inverno de rutinas de base 4 de natación sincronizada. O Club Sincro Ourense acudiu con dous equipos de oito compoñentes cada un. En total foron 13 os equipos de toda Galicia que participaron no campionato. O evento tivo un altísimo nivel con varios equipos por enriba dos 50 puntos (entre eles os dous ourensáns). O equipo Sincro Ourense B rematou na cuarta posición a poucas décimas da terceira posición, polo que a piques estivo de subir ao podio. O equipo B estivo formado por: Rita Bravo, Iria Domínguez, María

Carmen Gil, Sofía González, Adela Iglesias, Ángela Itziar Baig, Laura Rodríguez e Iria Vázquez. O conxunto A rematou en sétimo lugar. Este conxunto A participou no campionato con Yael de Lorenzo, Laura Domínguez, Andrea Mosquera, Rocío Outomuro, Antía Páez, Ariadna Rodríguez, Rosana Rodríguez e Laura Santalla. Por clubs Na clasificación por clubs, as nadadoras do Sincro Ourense lograron a segunda posición tralo equipo de Aguamarina Sincro da Coruña. Este resultado supón ao club ourensán a posibilidade de loitar por revalidar o título de mellor club galego, título logrado a pasada campaña.

Compoñentes dos dous grupos de Base 4.


10

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

POLIDEPORTIVO

Ourense, sede do Nacional de Salvamento Acuático

Os máis cativos do Marbel, no Xoga Judo 2015

4 Terá lugar na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios esta fin de semana.

4 Desenvolverase este sábado en Mos.

Redacción

Os máis cativos do Marbel estarán no Xoga Judo 2015, que terá lugar o sábado 28 de febreiro no pavillón Óscar Pereiro de Mos (Pontevedra). Este evento é unha competición de carácter autonómico que reunirá centos de judokas galegos, entre as categorías alevín e infantil, ou o que é o mesmo, entre os 11 e os 14 anos. O Xoga Judo, organizado pola Xunta dentro do programa Xogade, consiste en iniciar aos nenos na competición, educarlles a través da mesma e fomentar os valores do judo.

Ourense será a sede esta fin de semana (28 de febreiro e 1 de marzo) do Campionato de España de Salvamento Acuático en augas pechadas. Cóntase ca presenza (ao peche definitivo das inscricións) na nosa cidade de 440 deportistas (226 homes e 214 mulleres); 173 máis que a edición do pasado ano. A competición na que participan máis socorristas é a da categoría xuvenil, 207, dos cales máis da metade son mulleres. En júnior participarán 119 deportistas, e na absoluta 114. En canto

O campionato contará con María Luengas, campioa mundial e récord do Mundo na proba de 100 metros socorrista

aos clubs inscritos pasan dos 34 da edición anterior aos 45 desta. A maioría dos clubs son galegos, seguido dos de Castela e León e Castela A Mancha. Tamén participarán clubs de Valencia, Madrid, Aragón, Extremadura, Cataluña, Canarias e Cantabria. En canto a participantes, Castela A Mancha contarán con 76; Madrid, 71; Galicia, 62; Castela e León e Valencia, 52 cada un; Cantabria, 43; Canarias, 38; Cataluña, 18; Extremadura, 16 e Aragón con 12. Isto fai que cidade conte co 100% do aforo hoteleiro ocupado, xa que máis de 800 persoas acudirán a este evento (entre deportistas, técnicos e directivos). Salvour Por parte do Salvour, club ourensán organizador do evento, a única participación é a de Ecequiel Quiroga, quen disputará a

proba de 200 obstáculos. Quiroga buscará clasificarse entre os oito mellores e intentará batir o récord galego da proba. No campionato galego disputado hai poucas datas en Ourense, o ourensán quedou a 56 centésimas de batilo. Sesión A competición transcorrerá en catro sesións: dúas o sábado e dúas o domingo. Pola mañá en horario de 8:30 a 14 horas, e pola tarde de 16 a 20 horas os dous días. Os mellores O campionato contará cos mellores especialistas da disciplina a nivel nacional, moitos deles integrantes da Selección española. Entre todos eles, destaca a presenza de María Luengas, campioa do mundial e récord do mundo en 100 metros socorrista.

Redacción

Judokas do Marbel. 16 do Marbel Por parte do Club Marbel acudirán á cita 16 judokas. Cinco alevíns femininas (Laura Cao, Marina Bóo, Sara Mojón, Clara Iglesias e Aldara García); seis alevíns masculinos (Iván Vasallo, Daniel González, Iván González, Pablo Rodríguez, Manuel

Vázquez e Miguel Cuíñas); tres infantís femininas (Canolich Fernández, Sara de la Fuente e Ana Vázquez) e dous infantís masculinos (Jorge Cascón e Pablo Marcos). O ano pasado lograron tres ouros, catro pratas e tres bronces, amais de dous cuartos postos.

Catro ourensáns, campións galegos de jiu jitsu

Presentación do Campionato de España de Salvamento Acuático./I.OSORIO.

O pasado 14 de febreiro celebrouse no polideportivo municipal Barrio das Flores (A Coruña) o Campionato Galego de jiu jitsu. Os integrantos do club ourensán do Marbel lograron un total de sete medallas (catro de ouro, unha de prata e dúas de bronce). Os ourensáns campións galegos foron Ana Fernández Morais (-62 quilos), Tamara Silva (-70 quilos), Felipe Iglesias (-62 quilos) e Tono Fernández (-85 quilos). Ademais Ana Fernández logrou a prata en menos de 70 quilos. Mentres, Mauro Prada (-69 quilos) e Miguel Pardavila (-69 quilos) lograron os dous a medalla de bronce.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

11

O Sala Ourense, intratable na Galega Sur 4 É líder invicto da categoría. Redacción

Integrantes do Universitario Mixto Voleibol Ourense.

O Universitario Mixto de Ourense, segundo 4 No Campionato Universitario Voleibol. Redacción O equipo Universitario Mixto de Voleibol do campus de Ourense viaxou a Pontevedra para loitar por un posto para representar á Universidade de Vigo. Dous foron os seus rivais: o de Pontevedra e o de Vigo. O equipo ourensán estaba formado por oito mozas e tres mozos. Ourense enfrontábase ao Pontevedra, quen viña de perder contra o Vigo. Tras tres sets os ourensáns fixéronse co partido. No segundo esperaba o Vigo, equipo con xogadores da Superliga. O partido saldouse pola vía rápida para

o Vigo, a pesar de que o segundo set estivo moi igualado. Dous sets a cero foi o resultado. O Mixto Ourense quedou na segunda posición do triangular e sen poder elexir aos equipos que representen á Universidade de Vigo. Escolar e xuvenil O sábado pasado celebouse no Paco Paz unha xornada de deporte escolar arredor do voleibol. Os xuvenís do Concepción Arenal e do Dompa Xestión xogaron o último partido de liga. O primeiro set levouno o Concepción Arenal por 25-19; o segundo tamén foi para o

O Sala Ourense Prolsport continúa intratable na Liga Galega Sur de fútbol sala. O conxunto ourensán é líder da clasificación e mantense invicto na competición. O Sala Ourense venceu ao Vigo por dous goles a sete nas Travesas. No inicio de encontro os ourensáns imprimiron un forte ritmo o que facía que os vigueses tiveran moitas perdas de balón. Foi no minuto oito cando os visitantes adiantáronse no marcador cun gol de Andrés; pero nada máis sacar de centro os locais lograban a igualada. O Ourense continuou coa súa presión e no 14 lograba o segundo, obra

de Tizón a pase de Sousa. Así chegaríase ao empate. Na reanudación os ourensáns non deixaron marxe á especulación e saíron á cancha coma unha apisonadora. En dous minutos, Allariz e Tizón facían o terceiro e o cuarto. Na medianía do período, Sousa marcaba o quinto despois dun gran pase do porteiro Rubén. Na recta final Tizón, con dous tantos máis lograba o 1-7. A falta de 14 segundos, Cristian colocaba o definitivo 2-7. Con este resultado e o empate do segundo casificados contra As Neves, os da cidade das Burgas teñen unha renda de cinco puntos co seu máis inmediato perseguidor, o Mos, e cun partido menos.

Dobre cita O Sala Ourense ten dobre cita esta semana. O venres 27 disputará o partido aprazado contra o filial do Leis (en Marcón) e o domingo 1 de marzo xogará coma local contra o Mondariz. O encontro disputarase na central dos Remedios a partir das 12 horas.

O Sala Ourense disputará este venres o partido aprazado contra o filial do Leis, en Marcón, e o domingo recibirá na casa -12 horas, cancha central dos Remedios- ao Mondariz

mesmo equipo por 2522; o terceiro levouno o Dompa Xestión por 2225 e o cuarto e último set de encontro foi para o conxunto colexial por 25-22. Isto fixo que a vitoria final fora para o Concepción Arenal por tres sets a un. A seguinte fase dará comezo en marzo.

O Universitario Mixto Voleibol Ourense rematou na segunda posición do campionato

Partido do Sala Ourense nos Remedios contra o Tui. /RAMSÉS


12

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

POLIDEPORTIVO

O Envialia buscará a cuarta posición ante o Alicante 4 Será o rival desta xornada. R. Torres O Ourense Envialia ten a primeira oportunidade de ascender á cuarta posición. Xogará este sábado 28 de febreiro contra o Universidad de Alicante a partir das 17 horas na cancha central dos Remedios. Aínda que non dependerá delas, as de Óscar Vivián terán a primeira oportunidade de encaramarse aos postos de Copa. O Alicante é quinto con 35 puntos, mentres que o Envialia é sétimo con 33. En caso de vitoria deberán agardar ao que fagan tanto Rioja coma Alcorcón nos seus respectivos encontros. As rioxanas xogarán contra o Orvina (décimo terceiro con 14) e o Alcorcón farao fronte ao Poio

(décimo con 24 puntos); a priori, partidos sinxelos para os dous conxuntos. O Alcorcón é cuarto con 35 puntos e o Rioja, sexto con 34. Unha derrota contra as alacantinas suporía volver distanciarse desa ansiada cuarta praza. Lesións Durante toda a tempada, o Ourense Envialia sufriu unha praga de lesións e contratempos que parecen non ter fin. Nesta ocasión Rosángela rematou o encontro cun nocelo tocado, o que fará que sexa dúbida para o encontro desta fin de semana. Gironella O Ourense Envialia enfrontouse ao Girone-

lla na pasada xornada. O conxunto ourensán pasou máis apuros dos previstos para desfacerse do penúltimo clasificado, o Gironella. As de Óscar Vivián non lograron adiantarse no marcador ata a falta de dous minutos e iso que estrelaron catro balóns aos paos durante a primeira metade. Na segunda as forzas niveláronse e as visitantes puideron controlar algo mellor as acometidas das locais. Conforme pasaban os minutos o marcador non se movía, polo que Vivián optou, a falta de seis minutos, polo xogo de cinco. A xogada saíulle ben, e Chiqui abría o electrónico aproveitando, no segundo pao, un centro de Rosángela. A propia Rosángela sería a que firmaría o dous a cero. A hispanobrasileira sacaríalle partido a un roubo de balón de Sara Moreno en media pista. O adestrador resaltaba a importancia desta vitoria tralo empate da anterior xornada contra o Alcorcón.

O Cidade As Burgas mantén o tipo 4 Tralas dúas derrotas contra Futsi e Burela as de Codeso volveron á senda do triunfo a costa do Alicante. R. Torres O Cidade As Burgas mantén o tipo. Tralas dúas derrotas contra Futsi e Burela as de Codeso voltaron á senda do triunfo a costa do Alicante. Un auténtico “Tourmalet” o do Cidade neste inicio de segunda volta que levou ás de Manolo Codeso a xogar contra Orvina Futsi, Burela e Alicante. Gañaron o primeiro encontro, perdendo outros dous e logrando a vitoria no cuarto. U. de Alicante O último partido disputado foi contra o Alicante. O Cidade acudía á cancha do cuarto clasificado con gañas de

romper a racha de dúas derrotas consecutivas. As ourensás lograron poñerse 0-2 no marcador, pero as locais lograron empatar o encontro. A falta de 30 segundos, Iria Saeta lograba o gol da vitoria franxiverde e o terceiro da súa conta particular. A vitoria fai que as de Manolo Codeso manteñan a segunda posición con 45 puntos, a seis do líder, Futsi. Vindeira xornada As franxiverdes visitan esta xornada a cancha do Móstoles. Partido complicado ante conxunto, o madrileño, que está a mellorar co paso das xornadas. As mostoleñas sempre foron un duro rival para as ourensás, a pesar de que

na primeira volta lograran a vitoria pola mínima (32). O Móstoles marcha na oitava posición con 28 puntos, lonxe de entrar na Copa pero en clara liña ascendente. Pase o que pase esta fin de semana o Cidade manterá a segunda posición xa que lle saca cinco puntos ao Burela, terceiro clasificado, e está seis por debaixo do líder, Futsi. As lucenses viaxan á Coruña para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no derbi da xornada; o Futsi visita a cancha do pechacancelas Bilbo. Vanessa Sotelo As malas noticias chegan en forma de lesión. Se antes fora Iria Saeta a que estivera de baixa por unha lesión muscular, agora é Vanessa Sotelo a que ten complicada a súa presenza no partido contra Móstoles. Sotelo sofre un esguince nun xeonllo.

As franxiverdes visitan a cancha do Móstoles, coa dúbida de Vanessa

O partido xogarase ás 17 horas na central dos Remedios

Partido do Envilia no Remedios. /ARQUIVO

O Alicante é quinto con 35 puntos mentres que o Ourense Envialia é sétimo con 33 puntos

Vanessa controla o balón no partido contra o Burela./ARQUIVO


POLIDEPORTIVO

Balonmán

Derrota do Pabellón fronte o Ferrolterra 4 Tamén caeu derrotado o Campus Auria. Redacción

-89 do Campus).

A Primeira Autonómica feminina de balonmán non está a deparar unha gran campaña para os equipos ourensáns. O Pabellón Balonmán caeu derrotado fronte ao Ferrolterra (1822), mentres que o Universitario Campus Auria cedeu ante o Tui (22-14). A fase regular xa rematou, e tanto Pabellón coma Campus Auria están a disputar a segunda fase na que terán que loitar por non descender. Con estas derrotas os conxuntos ourensáns ocupan as últimas prazas con dous puntos, aínda que as pavillonistas están por diante pola diferenza de goles (-70 do Pabellón e

Derbi Este sábado 28, a partir das 17 horas, o pavillón do campus de Ourense acolle o derbi. O conxunto que saia derrotado nesta xornada quedará moi tocado e con claras papeletas para descender. Pabellón masculino O equipo de Primeira masculina, o Pabellón Ourense, descansou na pasada xornada. Pola súa banda o Viña Costeira perdeu na casa contra o Teucro (34-36). Esta semana o Pabellón visita o Coia e o Viña Costeira o Porriño. Os de Ribadavia son terceiros e os de Ourense, sétimos.

Partido desta tempada na casa do Pabellón Balonmán fronte ao Sar. /ARQUIVO

A Copa de España, a primeira cita do Club Burgas 4 Celebrarase os días 27 e 28 de febreiro en Marín. Redacción O Club Burgas de ximnasia xa ten a primeira cita no horizonte. Trátase da VIII Copa Internacional e Copa de España, que terán lugar os próximos 27 e 28 de febreiro en Marín (Pontevedra). Á cita acudirán clubs

Yael Campelo.

de España e Portugal e as ourensás participarán con 27 ximnastas (9 júniors, 5 cadetes, 5 infantís e 8 alevíns).

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

modalidade foron chamados á concentración Yael Campelo (terceira de Europa), Daniel Pérez (subcampión europeo) e Alex Cid Masid (noveno do mundo). As concentracións para todos eles -e as compañeiras de acrobática- comezarán en Semana Santa. O Club Ximnasia Burgas conta con preto de 120 licenzas, das cales máis de 50 son de nivel nacional. O resto son de autonómico, base e escolar.

Selección As ximnastas Yolanda García e Sara Blanco acudirán convocadas coa Selección española para continuar o seu traballo tanto en concentracións coma en competicións. Para García e Blanco este é o terceiro ano coa selección, antes en categoría xuvenil e agora coma júniors. Máis competicións No mes de abril (días 24, 25 e 26) disputarase na Estrada a Copa Galicia Internacional na modalidade de trampolín. O Club Burgas participará a nivel internacional con seis ximnastas femininas e sete masculinos en diversas categorías. Nesta

13

EN BREVE

4 Hoquei O Club Hoquei Barrocás de División de Honra B reanuda a competición tralo parón invernal. Os barrocos xogarán contra o FC Barcelona en Mariñamansa o 8 de marzo ás 12 horas. Os ourensáns marchan na oitava posición con cinco puntos.

4 Natación A pasada fin de semana disputouse en Monforte de Lemos a cuarta xornada da Liga alevín de natación. Ata alí desprazáronse 21 nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, que competiron con outros do Club Natación Monforte e do S.D. Miraflores. Disputaronse as probas de 100 bolboreta (11 anos masculino e 10 anos feminino); 50 bolboreta (9-10 anos masculino e feminino); 50 costas (11 anos masculino e 10 anos feminino); e os relevos 4x50 costas e 4x50 bolboreta.

4 Tenis de mesa

Yolanda García e Sara Blanco nuns dos seus exercicios en competición. /ARQUIVO

O Galmédica Ourense de Terceira Nacional xogará esta fin de semana no Paco Paz contra o Cinania Frigoríficos do Morrazo, a partir das 10:30 horas. O conxunto ourensán marcha na cuarta posición con 16 puntos, a seis da primeira posición e nove máis que o descenso. O seu rival é 11º.


14

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

POLIDEPORTIVO

Paula Fernández, 5ª no Campionato de España de aire comprimido 4 Jorge Encinas foi 11º en carabina sénior e Nuria Mera, 12ª en pistola damas. P. Lodeiro A moza ourensá Paula Fernández rematou 5ª na

final de pistola júnior no Campionato de España de aire comprimido disputado en Cantoblanco (Madrid)

os días 14 e 15 de febreiro. Fernández accedera á final en oitava posición, tras obter 352 puntos durante a

No centro, Jorge Encinas, na competición de carabina aire comprimido./P.L.

fase clasificatoria. En pistola damas, a tamén ourensá Nuria Mera acadou o posto número 12, con 364 puntos. Pola súa banda, en carabina sénior, o terceiro representante ourensán, Jorge Encinas, logrou a 11ª posición, con 602,4 puntos. A próxima cita nacional para os nosos tiradores será na primeira fase da Copa do Rei, que terá lugar no mes de abril nas instalacións das Gabias (Granada).

Propoñen que equipos ourensáns usen o campo dos Salesianos 4 O BNG presenta unha moción para o seu debate no pleno da Deputación. Redacción O BNG vén de presentar unha moción na Deputación para solicitar á institución provincial que, xunto co Concello de Ourense, realicen “todas as actuacións necesarias para adquirir os dereitos que lle correspondían a Clube Deportivo Ourense sobre o campo de Salesianos, para poñelo a disposición dos equipos de Ourense que carezan de instalacións propias e demanden o seu uso”. Recordan os nacionalistas que en 2009 a Deputación concedeu ao desaparecido CD Ourense unha subvención de 400.000 euros para “para campo de futbol, formación e adestramento, en convenio co colexio privado Salesianos”. Coa desaparición do

Ourense, o convenio con Salesianos queda sen efecto, “porque non hai ningún clube que supoña a continuidade do clube desaparecido, polo que na práctica, ningún clube da provincia tería dereito a utilizar as anteditas instalacións”, explican os nacionalistas. Entenden no Bloque que “unha inversión tan importante de diñeiro de todos os contribuíntes puidera servir para que esas instalacións estiveran a servizo do público, dada a carencia de infraestruturas existentes na actualidade e a demanda por parte de distintos clubes para a súa utilización” e por iso reclaman agora que se xestione o uso do campo do centro educativo para outros clubes deportivos ourensáns.

Cartel do paseo saudable do colexio Cardenal Cisneros.

Paseo saudable en bici e a pé 4 Organizado polo colexio Cardenal Cisneros. Redacción O colexio Cardenal Cisneros organiza o primeiro “paseo saudable Cardenal Cisneros 2015”. A actividade terá lugar o sábado 7 de marzo e poderase participar tanto en bici coma andando. Non ten carácter competitivo e o único que se pretende é pasar unha xornada en familia coa práctica do deporte como eixo. A saída terá lugar no

pavillón dos Remedios ás 10.30 horas e o paseo rematará nas pozas de Outariz. A actividade é gratuíta e poden participar todos os interesados, en especial familias, teñan ou non aos seus fillos neste centro educativo.

O paseo saudable estará aberto a todas as familias interesadas

rugbi

O Coretti de Lalín, rival do Keltia 4 No play off de ascenso a Primeira Territorial. Redacción O Coretti de Lalín crúzase no camiño do Keltia na fase de ascenso á Primeira Territorial. Os de Lalín estiveron inmaculados no Liga ata a última xornada cando xa tiñan a primeira praza asegurada. Os ourensáns remataron cuartos trala vitoria na último partido da fase regular contra os coruñeses do

CRAT B (3-21). O play off dará comezo o 7 de marzo. Difícil papeleta para os ourensáns, xa que os pontevedreses ansían o ascenso de categoría. Campus Ourense O Campus Ourense Coosur rematou a Liga coma terceiro clasificado da Primeira Territorial. Na última xornada empataron a 17 tantos contra o Pontevedra.


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas Nº114- Ano: VII - 27 de febreiro de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4PRACTICANDO SAÚDE

Correr en exceso Hai unhas semanas saíu publicado un estudo realizado en Dinamarca ao longo de 12 anos sobre 1.098 corredores e 3.950 persoas sedentarias no que se analizaba a relación existente entre a cantidade de horas dedicadas a correr e o risco de morte (Schnohr P., O’Keefe J.H., Marott J.L., Lange P., and Jensen G.B.: Dose of jogging and longterm mortality: the Copenhagen City Heart Study. J Am Coll Cardiol 2015; 65: pp. 411-419). O estudo saca como principal conclusión que correr durante máis de 2,5 horas por semana e/ou máis de 3 veces por semana non se pode relacionar cun menor risco de mortalidade se se compara con suxeitos sedentarios que non realizan actividade física. Aínda que parece estar bastante claro que correr até 3 horas á semana a intensidade suave produce as maiores diminucións sobre o risco de mortalidade, a controversia aparece cando os corredores adéstranse a unha intensidade maior. En relación, podemos atopar diversos estudos que demostran que a maior esforzo aeróbico, maior risco de enfermidades cardio-

O adestramento máis saudable é aquel de até 3-4 horas semanais

vasculares; por exemplo, nun estudo realizado sobre esquiadores de fondo atopáronse maior risco de arritmias naqueles esquiadores que máis carreiras disputaran; noutro estudo obsérvase maior dano miocárdico naqueles corredores que disputan con frecuencia carreiras tipo maratón así como naqueles que corren á semana máis de 50 kms. Con todo, doutro lado atopamos aqueles estudos que relacionan maior esforzo aeróbico con menor risco de enfermidade coronaria, mostrando unha relación directa entre a duración do exercicio aeróbico e a mellora de índices saudables como son o índice de masa corporal, graxa corporal, presión arterial, aparición de diabetes, cardiopatías e mortalidade. Con todo iso podemos deducir que, por regra xeral, o adestramento máis saudable é aquel que se realiza cunha duración de até 3-4 horas semanais. A partir desa duración, depende de cada deportista, do seu nivel e características particulares a intensidade á cal se debe adestrar para obter os mellores resultados sen pór en risco a súa saúde. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

24 deportistas ourensáns, distinguidos pola Xunta 4Foron recoñecidos aqueles que lograron ser campións de España nas súas modalidades deportivas entre 2013 e 2014. Redacción O secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete Lasa, fíxolle entrega dun diploma a 24 deportistas ourensáns pola súa gran fazaña entre os anos 2013 e 2014, e quixo recordar que todos eles “son o espello para as xeracións máis novas,

promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza”. Os 24 deportistas ourensáns que lograron ser campións de España entre os anos 2013 e 2014 foron: en ciclismo (BTT), Pablo Rodríguez Guede; en hí-

pica, Juan Francisco Fernández Muñoz e Alberto Ferrol Martínez; en judo (wu-shu), Arcadio Álvarez Zurbano, José Manuel Ferreira Colmenero e Ezequiel Gago Troitiño; en piragüismo, Sergio Ruíz Paz; en remo, Anna Yuchenko Kirichenko; en tiro con arco, José Manuel Fernández Rodrí-

O adestramento máis saudable é aquel de até 3-4 horas semanais

Lete Lasa cos 24 deportistas ourensáns aos que se lles entregou esta distinción./R.T.

guez; en ximnasia, Carlos Trigo Seguín e Daniel Pérez Morales; e en kung fu os campións foron Sergio dos Santos Fernández, Antonio Barrora Baez, Guillermo Carro Delgado, Ngagne Faye, Enso Garrido Bouso, Sergio Parga Nores, Andrés Piñeiro Fernández, Adriana Rial Justo, Saúl Rodríguez Prieto, Jonathan do Nascimento Penín, Brais Castro Rodríguez, Oscar García Armesto e Iago da Costa Fernández.

“Son o espello para as xeracións máis novas”, afirmou Lete Lasa


BARRIOS DEPORTIVO 27 de febreiro de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.