Bd111

Page 1

Un ano de éxitos para a ximnasia ourensá ATLETISMO

Páx.3

FÚTBOL SALA

Páx.6

FÚTBOL

Páx.7-8

BALONCESTO Páx.9-10

[Páx.4-5] CICLOCROSS

Páx.12

Un 2015 prometedor

David Gómez vence por segunda vez no “Aninovo Barrocás” de xadrez.//O COB inicia o ano sendo líder da competición. R.T.

Número: 111- Ano: VII - 9 de xaneiro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

AXENDA / XADREZ

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 11 de xaneiro. Os Carrís. Barbadás - Silva. Terceira División. - Día 11 de xaneiro. Estadio José Arjiz. Verín - Céltiga. Rexional Preferente. - Día 11 de xaneiro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Astur. División de Honra Xuvenil. - Día 11 de xaneiro. Os Carrís. Barbadás - Friol. Segunda División Feminina. - Día 18 de xaneiro. Estadio José Arjiz. Verín - Portonovo. Rexional Preferente. - Día 18 de xaneiro. A Tella. Nogueira de Ramuín - Valladares. Rexional Preferente. - Día 25 de xaneiro. Espiñedo. Arenteiro - Nogueira de Ramuín. Rexional Preferente. - Día 25 de xaneiro. Calabagueiros. CD Barco - Atios. Rexional Preferente. - Día 25 de xaneiro. O Couto. Unión Deportiva Ourense - A Peroxa B.

Baloncesto

- Día 10 de xaneiro. Paco Paz - 18.30h - Club Ourense Baloncesto - Melilla. LEB Oro. - Día 10 de xaneiro. Paco Paz - 20.00h - COB B - Campus Ourense. Liga Nacional. - Día 17 de xaneiro. Polideportivo do Campus - 16.00h - Campus Ourense - Seis do Nadal - Coia. Liga Nacional. - Día 17 de xaneiro. Os Remedios - 20.00h - Pabellón Ourense - Araski. Liga Feminina 2.

Fútbol sala

- Día 10 de xaneiro - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Majadahonda. 1ª División. - Día 11 de xaneiro - Os Remedios - 12.00h - Sala Ourense - Campito. - Día 17 de xaneiro - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - Viaxes Amarelle. 1ª División.

Atletismo

- Dia 10 de xaneiro. Paderne -19.00h - V Orientación nocturna Casa de Sixto. - Día 17 de xaneiro. Monterrei. Final Intercomarcal de Campo a Través. - Día 18 de xaneiro. Boborás -10.00h - VII Canicross de Boborás. - Día 18 de xaneiro. Boborás -11.00h - XV Cross de Boborás.

Segundo Aninovo para David Gómez

4 Logrou a vitoria ao vencer na última rolda a Carlos Martínez. Redacción O xadrecista ourensán David Gómez logrou a súa segunda vitoria no Torneo Internacional de xadrez “Aninovo Barrocás” -V Memorial Manuel Villar-. Na última xornada disputouse o cetro contra Carlos Martínez, logrando a vitoria que o coroaría nesta trixésima edición do Torneo. En total participaron 180 deportistas de todas as idades, divididos en sete categorías, que encheron (como cada ano) a sala da Asociación de Veciños de Barrocás onde transcorreu

Elías González recibiu un premio especial por colaborar neste torneo dende o ano 1998

a competición do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. No Torneo aberto que, un ano máis, foi valedeiro para o ránking internacional, foron 60 os xadrecistas que se congregaron (42 deles con ránking internacional). O vencedor da categoría sénior foi David Gómez (Xadrez Ourense), seguido de Xavier Gómez (Peña Recreativa). O terceiro posto foi para Rafael Outomuro (Liceo Recreo), o cuarto para David Baltar (Liceo Recreo) e o quinto para Alfonso Agra (Xadrez Ourense). O importante premio destinado aos xadrecistas sub-2000 foi para Alejandro De León (Xadrez Ourense). En categoría xuvenil o vencedor foi Gabriel Roma (Xadrez Ourense), seguido de Brais Gerpe (Casa da Xuventude) e de Adrián Gómez (Xadrez Ourense).

En categoría cadete gañou Carlos Martínez (Peona i Peó – Barcelona); segundo foi Alejandro Fernández (Círculo de Chantada) e terceiro, Alberto Iglesias (Casa da Xuventude). En infantís o campión foi Martín Gómez (Xadrez Ourense); segundo clasificado foi Pablo Fernández (Círculo de Chantada) e o terceiro posto foi para Alfonso Juanes (Benchoshey). Premios especiais Cada ano a organización do evento fai entrega de premios especiais: o de Beleza e o Galeón Pirata. O premio de Beleza foi para unha partida disputada por David Vázquez Gómez (Xadrez Ourense). O premio “Galéon Pirata” foi para Adrián Gómez (Xadrez Ourense). Tamén se entregou unha distinción ao “alma ma-

Tiro

- Día 18 de xaneiro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico social pistola 9mm.

Balonmán

- Día 10 de xaneiro - Anexo dos Remedios - Balonmán Pabellón - Atlético Novás. 1ª Autonómica masculina. - Día 18 de xaneiro. Universidade. Campus Auria - Camariñas. 1ª Autonómica feminina -Gr. II-. - Día 18 de xaneiro. Anexo dos Remedios. Balonmán Pabellón - SAR. 1ª Autonómica feminina -Gr. I-. - Día 18 de xaneiro - Anexo dos Remedios - Balonmán Pabellón - Chapela. 1ª Autonómica masculina.

Foto de familia dos vencedores do XXX Torneo Internacional de xadrez “Aninovo Barrocás - V Memorial Manuel Villar”./RAMSÉS

ter” do evento nas últimas edicións: Elías González, que leva desde o ano 1988 participando neste torneo, como xogador ou membro da organización. Outro premio que se entrega desde fai cinco anos é o que se concede na memoria de Manuel Villar, e que este ano recaeu no Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. No cómputo global de todas as categorías, o Club Xadrez Ourense foi o máis galardoado con 11 premios, seguido do Club Xadrez Benchoshey con 5, e do Círculo de Chantada e Casa da Xuventude con 3 galardoados cada un. Categorías de base Durante a pasada fin de semana celebráronse os torneos das categorías de base (sub 8, 10 e 12) na que participaron máis de 100 xadrecistas. O día 3 disputouse o torneo nas categorías sub 8 e sub 10. En sub 8, con 37 participantes, o podio estivo formado por Benjamín Diéguez (primeiro), Brais Atanes (segundo) e Pura Diéguez (terceira). Benjamín acadou a vitoria con seis puntos, mentres que Brais e Pura lograron cinco cada un. Pola súa banda, Miguel Cantón foi o campión da sub 10 (con 5,5 puntos); segundo foi Xabier Pérez; e Laura Gómez, terceira (ambos con 5 puntos). 39 participantes tivo esta categoría. O día 4 tocoulle o turno ao torneo sub 12, que contou con 39 participantes e no que logrou a vitoria Marcos Vázquez por diante de César Pérez, a pesar de que os dous remataron con 5,5 puntos. En terceiro lugar acabou Mateo Díaz.


ATLETISMO

EN BREVE

4 Armando de Sousa vence no memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña O Ateneo de Ourense acolleu unha vez máis o “Memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña” de xadrez. Máis de 30 xadrecistas participaron no evento. O primeiro clasificado foi Armando de Sousa, seguido de Breixo Gómez (subcampión). En terceiro lugar remataría Marcos Lorenzo. O mellor socio do Ateneo na competición foi Joaquín Losada Gallego, e Joaquín Bello Filgueira o primeiro na categoría veterán. Martín Carreño acadou a primeira posición en sub 12.

Diz logra a vitoria na carreira de San Cibrao 4 Ana Belén Losada foi a muller máis rápida en completar os 10 quilómetros. R.T. O 20 de decembro celebrouse en San Cibrao das Viñas a 13ª edición da carreira popular de dita localidade, que este ano tamén celebraba o Provincial dos 10km en ruta. Rubén Diz e Ana Belén Losada foron os atletas máis rápidos. Na proba federada (valedeira para o campionato) participaron preto de 200 atletas entre todas as categorías. En canto a proba popular foron 500 as persoas que se inscribiron, demostrando o éxito desta cita invernal

Cross en Ribadavia o 31 de xaneiro Redacción A localidade ourensá de Ribadavia acolle o 31 de xaneiro o seu 2º Cross. O mesmo será campionato provincial polo que acudirán os mellores atletas da disciplina. Tamén participarán o futuro provincial nas carreiras escolares. A área recreativa da Veronza será, novamente, o lugar elexido para este cross. A Veronza é un lugar inmellorable para a practica desta modalidade atlética; unha alfombra

verde que fai que o circuíto sexa esixente á vez que idóneo.

moi demandada por todos aqueles que queren comezar as vacacións de Nadal practicando deporte. O atleta limián da Sociedad Gimnástica Pontevedra, Rubén Diz, foi o máis rápido ao percorrer os 10 quilómetros en 32:25 minutos. Segundo foi o atleta do Atletismo Arenteiro, José M. Corral (34:16). No terceiro caixón do podio remataría Saturnino González (Atletas Veteranos Ourense) cun tempo de 34:17 minutos. En categoría feminina, Ana Belén Losada (Ourenrunning) foi a mellor tras 40:29 minutos de caComo o ano pasado, ademais dos atletas federados, poderán participar aqueles deportistas que non teñan ficha federativa, pero que queiran probar no cross. A organización corre a cargo do Club Deportivo Aurum.

Participantes neste cross na edición de 2014./RAMSÉS

rreira. A súa compañeira

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

de equipo, Ana Mª Ocampo sería segunda (41:05) e Silvia Rodríguez (Esprintes Ourense), terceira con 43:33 minutos.

os 50 primeiros (aínda que puntúan os catro primeiros). En categoría feminina levouse o triunfo o Ourenrunning.

Por equipos O mellor club masculino deste campionato provincial foi o Club Deportivo Aurum logrando meter a 13 dos seus atletas entre

Diz percorreu os 10 km en 32.25 minutos; Ana Belén Losada fíxoo en 40.49

O mellor club masculino foi o Club Deportivo Aurum. Na imaxe algúns dos seus integrantes, recollendo o seu trofeo./RAMSÉS

O Ourense Atletismo xa comeza a andar Redacción A primeira cita de 2015 do Ourense Atletismo levou a varios dos seus velocistas e saltadoras ata Lugo a disputar un control, no que os resultados foron máis ben discretos, típicos destas alturas de tempada. Na proba de Lugo as irmás Elena e Paula Freiría tomaron parte nos 60 metros e en lonxitude; achegándose ás súas marcas na proba de velocidade, con tempos de 8.36 e 8.57,

respectivamente. Na lonxitude, o mellor salto foi para a primeira con 4,86 metros, mentres Paula saltou 4,62 metros. Nos 60 metros tamén participou Sheila Gonçalves, con 8.51 (vencendo na quinta serie), Laura Feijoo (9.34) e Esther Parada (9.38). Esta última tamén tomou parte nos 60 valados, mellorando a súa marca (11.46). En canto aos homes, o mellor nos 60 m foi Daniel González (7.44), seguido de Jonathan Alvear (7.49),

Damián Picouto (7.68) e o veterán Carlos Caporale (8.20). Os tres primeiros repetiron no anel exterior na proba de 200 metros, sendo neste caso Jonathan o mellor (23.43), seguido de Daniel (23.68) e Damián (24.20). Vigo Tamén se vén de disputar en Vigo a primeira xornada da serie municipal de inverno. Nela, Eva María Parada estreábase na proba de 200 metros, logrando 30.45 (segunda da súa serie), para logo lanzar o peso de 3 kg ata 7,89 metros, o que lle valeu o sexto posto. Nos 3.000 metros participaron Enrique Pulido, Alejandro Montero e Julián Romero, os tres con tempos por enriba de 10 minutos.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

XIMNASIA

Un ano de éxitos 4 O Club Ximnasia Pavillón fai balance dos grandes resultados cos que os seus deportistas culminaron o 2014. Redacción O Club Ximnasia Pavillón, referente galego en rítmica e a nivel nacional en trampolín, vén de facer balance do ano 2014. En primeiro lugar, no seu afán por apostar polo traballo en equipo e a formación, destaca o amplo conxunto de adestradores profesionais cos que conta. A maioría ex-ximnastas do propio club, Club 2000 e Club Burgas, e con formación técnica específica así como coñecementos complementarios (INEF, TAFAD, fisiotera-

pia, educación social). Así mesmo, tamén contan coa experiencia recoñecida de Ada Pazos, ex-ximnasta internacional e xuíza intercontinental. Un amplo equipo que colabora neste proxecto de forma voluntaria ou con contratos laborais. Outro dos obxectivos do Ximnasia Pavillón é lograr a permanencia neste deporte daqueles cativos e cativas que por capacidades ou dispoñibilidade horaria non logran acceder á competición oficial. Así, moitos nenos continúan no club mentras se

mantén a súa formación académica en Ourense, e outros incluso seguen durante a súa vida universitaria fóra da cidade, citándose os sábados para adestrar ou para preparar montaxes para os eventos que organiza o club. Debido á gran dedicación que a ximnasia require, todos os adestradores do club tratan de estimular os resultados académicos dos rapaces, desenvolvendo un espírito de esforzo e compromiso que faga compatible os seus estudos coas esixencias deportivas. Ao tempo

que insisten na necesidade de fomentar o emprego xuvenil e a dignificación da ximnasia como profesión. Fomento da ximnasia O Club Ximnasia Pavillón realiza importantes esforzos por dar a coñecer o seu deporte nos centros escolares da cidade, con iniciativas como “A ximnasia, un deporte para todos e todas”, exhibicións (como as realizadas esta ano en Coles e Amoeiro), actividades na terraza do Centro Comercial Ponte Vella, xornadas de portas

Dende o Club Ximnasia Pavillón insisten na necesidade de fomentar o emprego xuvenil e a dignificación da ximnasia como profesión. abertas no Polideportivo Campo da Feira, participación en Megaxove, concurso de debuxo escolar, etc.

O club fomenta a compatibilidade entre estudos e deporte

4 Competición en ximnasia rítmica

4 Competicións en trampolín

A nivel da ximnasia rítmica habitualmente os clubs galegos sitúanse da metade da táboa para abaixo. Como consecuencia, dende o Club Ximnasia Pavillón o traballo estase centrando en conseguir que un maior número das súas nenas acceda á competición estatal, e, por suposto, superar esa barreira da metade da lista para ir escalando posicións. Competición nacional Nas probas individuais e de clubs está a ser sobresaínte a actuación deste club. No último campionato individual lograron que tres dos seus ximnastas se situaran entre os 30 pri-

A ximnasia de trampolín inclúe catro aparatos: minitramp simple (MN), dobleminitramp (DMT), tumbling (TUM) e trampolín (TR). Este club non participa na competición nacional de tumbling desde fai anos debido á imposibilidade de comprar o aparato que posibilita a competición no mesmo. Pero si compite a nivel nacional e autonómico nas outras tres modalidades.

meiros postos (acadaron a posición 23 de 95 en cintas en categoría júnior; 26 de 44 en aro en alevíns; 29 de 66 en cordas de categoría infantil; e en xeral nove das súas ximnastas conseguiron mellorar a puntuación en relación ao resto das galegas). No tocante ao Campionato absoluto de conxuntos, o Club Ximnasia Pavillón presentouse con catro equipos (dous alevíns, un júnior e outro infantil). E foron as alevíns as que destacaron situándose primeiras entre as galegas e acadando o posto 16 dos 37 conxuntos da categoría, superando así

o record do club até o momento nun nacional. Pola súa parte, as infantís quedaron situadas tamén como o mellor equipo galego aínda que non acadaron o posto desexado na táboa.

petición

Comauto-

nómica O club ourensán é todo un referente no panorama autonómico, acadando sempre clasificación para os nacionais e podios en case todas as categorías. Nos últimos campionatos galegos de conxuntos nos que se presentaron un total de seis equipos (entre base e absoluto) conseguiron tres ouros e dúas pratas dos seis posibles trofeos.

Competición nacional e internacional En competición nacional o Ximnasia Pavillón ten por obxectivo un desenvolvemento homoxéneo do

grupo que accede a ese nivel, quere isto decir que “se pretende formar equipos, non individualidades”, aseguran. Na actualidade este club logrou gran recoñecemento tanto en España como en Portugal, destacando na modalidade de trampolín, na que o club centra os seus esforzos por ser olímpica. Se observamos o ránking nacional que publica a Real Federación Española de Gimnasia, comprobamos que o Club Ximnasia Pavillón Ourense é o que ten máis nenos situados na metade superior da clasificación. No caso da xeral de DMT, o club ourensán é o segundo con máis cativos sitos na metade alta da lista. Entrando en materia de competicións, desta o


XIMNASIA

Campionato do Mundo celebrado en Daytona, no que o Ximnasia Pavillón foi o club español con máis nenos convocados para este evento (cinco). Así mesmo, o club tivo representación no Europeo do 2014 cun só ximnasta: Eduardo Novelle, que conseguíu dúas medallas (unha en sincronismo e outra en DMT por equipos). De cara ao Campionato de Europa de 2016 a Federación Española ten elaborado un ciclo de tecnificación para aqueles ximnastas cunha progresión adecuada para poder participar nesa cita. Polo momento, a RFEG ten feito o chamamento daqueles ximnastas a tecnifi-

Cinco ximnastas júnior do Club Pavillón foron convocadas polo momento de cara á preparación para o Europeo de 2016

ximnastas e en trampolín 7. Por último, no tocante ás competicións celebradas en Portugal neste ano 2014, o Club Ximnasia Pavillón participou na Scalabis Cup (celebrada en Santarem do 2 ao 6 de xullo), obtendo unha medalla de ouro por equipos (sub15 feminino) e unha de prata en individuais a cargo de Eduardo Novelle. No mes de setembro tamén car para o equipo júnior, e unha vez máis o Club Ximnasia Pavillón é o que conta con máis ximnastas convocados (cinco), xunto co club Burgos de Castela León. Pola súa banda, na Copa de España só poden participar os dez primeiros ximnastas do ránking sub-15 e absoluto. En trampolín o Ximnasia Pavillón foi

o club con maior número de ximnastas convocados en ambas categorías; e en DMT foi o terceiro. Tamén hai que sinalar, que a selección galega que se forma para acudir ao Campionato de Seleccións estivo formada este ano na súa maioría por ximnastas do Club Ximnasia Pavillón. En DMT aportou 5

participou na Loulé Coup Internacional (disputada en Loulé), logrando unha medalla de ouro para o equipo sub-15 masculino en DMT, outra de prata individual en DMT pola gran actuación de Guillermo García e unha de bronce polo bo traballo de Nicolás Cid.

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014 Competición autonómica O obxectivo do Club Ximnasia Pavillón busca mediante as competicións autonómicas que os nenos que por características ou dispoñibilidade horaria non poidan acceder á competición de elite, estean ligados a esta práctica deportiva mentres desenvolvan a súa formación académica na cidade. No club establecéronse grupos de “precompetición”, con ximnastas desde as categorías benxamín ate a cadete. Dende o Ximnasia Pavillón destacan que despois da súa experiencia “a competición nacional é a que consegue o enganche do ximnasta a este deporte, polo cúmulo de experiencias que supón. Pero a permanencia de ximnastas cos que contamos desde que tiñan 7 anos e que hoxe xa teñen 16, a pesares de non haber dado nunca ese salto de nivel, é para nós un dos logros dos que nos sentimos máis satisfeitos”. Nos nivel base no Cam-

pionato Galego 2014 o club presentou nove ximnastas que acadaron 11 medallas, sendo o club que máis metais conseguiu. Ao igual que na competición escolar, para a que o club achegou 27 ximnastas que sumaron un total de 35 medallas.

Eduardo Novelle é un dos ximnastas sobresaíntes do club ourensán.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

FÚTBOL SALA

Cidade e Envialia regresan á competición

4 Os dous clubs ourensáns enfróntanse ao Majadahonda e Móstoles, respectivamente. R.T. Regresa a competición á Primeira División do fútbol sala e faino cun dobre derbi ourensán-madrileño: Cidade As Burgas - Majadahonda e Móstoles Ourense Envialia. O Cidade As Burgas xogará este sábado coma local (Os Remedios 17.00h-) e farao fronte ao Majadahonda. As madrileñas ocupan a décimo segunda posición con nove puntos, a dous da zona de descenso. O Majadahonda chega a Ourense coa necesidade de vencer para poder saír da zona perigosa, mentres que o Cidade quere seguir coa racha positiva que o levou ata a segunda posición, a dous puntos do líder: Futsi. O envite, a priori, será un continuo toma e daca por parte das dúas escuadras. O Majadahonda ten un xogo moi alegre no que crea perigo e deixa crear perigo ao rival. A vitoria pode pasar pola capacidade goleadora das de Manolo Codeso. Con Iria Saeta e Vanessa Sotelo en estado de gracia a misión pode ser máis doada. Por parte

O derbi Ourense Envialia -Cidade As Burgas saldouse con vitoria das segundas./R.T. do conxunto rival, Marta Rodríguez será o perigo ofensivo. A xogadora leva anotados 11 goles no que vai de liga. Lucía Nespereira, Peke e María Arias (esta última realizou unha gran fase previa esta semana coa selección galega sub 21) serán as encargadas de frear a ofensiva visitante. Ourense Envialia O Ourense Envialia visita a cancha do Móstoles coa mirada posta nos postos de enriba. O grupo dirixido por Óscar Vivián

non quere perder comba cos primeiros clasificados, e para iso deberá vencer en Madrid. Sepáranas cinco puntos na clasificación, a prol das ourensás, e unha soa posición (oitavas fronte a novenas). Tralo pao por perder o derbi ourensán, ás albinegras tentarán resarcirse e sumar os tres puntos, importantes para seguir na loita polas catro primeiras posicións que dan dereito a xogar a Copa. O perigo madrileño pasa polas botas, sobre todo, de Inma, Didi e da súa capita-

4 Na categoría sub 21 de fútbol sala. A selección galega de fútbol sala paseouse diante dos seus rivais (Madrid e Aragón) na previa do Campionato Nacional de seleccións territoriais sub 21. Os partidos deste grupo disputáronse nos Remedios. Galicia arrolou no primeiro partido a Madrid, actual campioa do torneo.

4 A competición reanúdase esta fin de semana tralo parón polo Nadal. Redacción

Galicia paséase na fase previa e accede á final Redacción

Un invicto Sala Ourense recibe o Campito

8-0 foi un resultado que amosou a unhas galegas infinitamente superiores. A primeira parte remataría cun exíguo 1 a 0 pero a segunda parte foi un vendaval das galegas. Lograron unha goleada vingándose da final do ano pasado, na que as nosas remataron como subcampioas. Vanessa Sotelo (2), Ana Rivera (2), María Arias (2), Claudia e Diana foron as

goleadoras. Aragón Dous días máis tarde tocaba Aragón, quen o día anterior lograra un empate ante Madrid. Ás mañas so lles valía a vitoria, mentres que as galegas cun empate xa estarían clasificadas. As xogadoras dirixidas por Manuel Castillo non deixarían tempo á especulación e golearon por 8 a 1.

na, a internacional Patri Chamorro. Presúmese un partido moi vibrante entre dous equipos que queren ter o balón; neste aspecto as ourensás son superiores pola calidade de xogadoras como Rosángela, Laura Fernández, Bea Seijas, entre outras. Anita vén de clasificarse con Galicia para a fase final do campionato nacional sub 21.

Cidade é segundo e Envialia oitavo na clasificación

O Sala Ourense marcha invito na Liga Galega Sur tras 14 xornadas disputadas. A competición reanúdase esta fin de semana tralo parón polo Nadal. Os ourensáns reciben o domingo 11 de xaneiro -Os Remedios, 12 horas- o Campito, equipo que ocupa a décima posición. Os de Redondela chegan á cita con 19 puntos, mentres que os de Ourense marchan líderes con 35 e un partido menos. O Sala

Ourense, dos 13 partidos disputados, conta con 11 vitorias e dous empates, o que o levou a liderar a táboa clasificatoria. Con este partido fronte ao Campito rematarase a primeira volta. Verín O outro conxunto ourensán da Liga Galega Sur é o Verín. O da comarca de Monterrei é o oitavo clasificado con 20 puntos. Esta xornada enfróntase coma visitante ao Redondela, terceiro na Liga con 31 puntos.

Xogadores do Sala Ourense nun encontro desta tempada./RAMSÉS.

Claudia en tres ocasións, Vanessa en dúas e María Arias, Ale e Yaiza foron as realizadoras do encontro. Fase final Galicia disputará por mérito propio a fase final do campionato que terá lugar en marzo en Murcia. A comunidade murciana, xunto con Cataluña e Valencia, serán as rivas das galegas. Tres comunidades mediterráneas fronte á galega nunha competición na que as do Atlántico buscarán o cetro nacional.

A fase final disputarase en marzo en Murcia

Momento do partido entre as seleccións galega e madrileña no pavillón dos Remedios./RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

FÚTBOL

Rexional Preferente

O Barco soña co ascenso 4 Ocupa a segunda posición e entra en ascenso directo. Redacción

Nacho Currás xogando o balón nun partido recente do Barbadás./RAMSÉS.

O Barbadás cae a postos de descenso 4 É décimo sétimo con 20 puntos. Redacción Nin o novo ano, nin o novo adestrador. A UD Barbadás segue en caída libre nunha tempada na que camiñou líder nas primeiras xornadas de competición. Con toda a primeira volta disputada (19 xornadas) o equipo dos Carrís caeu a postos de descenso tralo empate da pasada xornada fronte ao Vilalbés. Un cero a cero que demostrou as carencias do equipo para marcar goles. Con Rubén Arce lesionado ninguén do equipo é capaz de suplir a baixa do dianteiro nesa faceta do xogo. Ousman Jarju é a fichaxe para tentar suplir esa carencia, pero o africano aínda non viu porta; o período de acoplamento estase a facer máis longo do esperado.

O que antes era unha pequena crise estase a converter nun drama, xa que non é o mesmo estar en crise na zona media que tela en postos de descenso. Dos dous partidos co novo adestrador, Peluso, os azulóns levan unha derrota (contra o Sanxenxo, 4-2) e un empate fronte ao Vilalbés (0-0). O novo adestrador é consciente da situación e por iso sabe que a vitoria ten que chegar canto antes. Silva Se a pasado xornada xogaban nos Carrís, nesta repiten escenario. Os ourensáns reciben ao Silva no primeiro encontro da segunda volta. Os coruñeses son décimo cuartos con 24 puntos, catro máis que o Barbadás.

4 Barbadás Feminino O equipo feminino do Barbadás, que milita na Segunda División, recibe esta xornada ao Club Peluquería Mixta Friol. As ourensás tentarán buscar unha vitoria que as faga sumar puntos para achegarse á zona da salvación. O Friol é quinto con 25 puntos, mentres que o Barbadás é 13º con seis.

O domingo 11, ás 12:30h, o Barbadás feminino recibe nos Carrís o Friol; ás 16:15 h, o equipo masculino xoga contra o Silva

Queda moita liga: un partido e toda a segunda volta. Pero o certo é que O Barco está realizando unha gran tempada que o invita a soñar co ascenso á Terceira División. Tras 18 xornadas, o equipo adestrado por Javi Rey marcha segundo (posto de ascenso directo) con 36 puntos. Dous puntos por enriba está o primeiro clasificado, o Portonovo, e a dous o terceiro, Lalín. A pasada xornada venceu ao Alertanavia en Calabagueiros por tres goles a cero; firmaron os goles Quintana, Recamán e Rodri para co-

locarse nesa segunda posición. Esta fin de semana dispútase a última xornada da primeira volta e os barquenses visitan o campo do pechacancelas: o Rápido de Bahía. No equipo teñeno claro:para pensar no ascenso hai que sumar os tres puntos en partidos coma este. Verín O outro equipo ourensán que está nos postos de arriba é o Verín. Os da comarca de Monterrei son cuartos (xogarían a promoción de ascenso) con 32 puntos. No último encontro dobregaron ao Pontellas na súa casa por un gol a dous. Esta semana xogan contra o Céltiga na loita pola

cuarta praza, e incluso pola terceira se o Lalín perde o seu partido contra o Portonovo. Arenteiro O equipo do Carballiño é undécimo con 25 puntos. En zona tranquila o Arenteiro busca sumar os puntos suficientes que lle dean canto antes a salvación. Vén de perder contra o Estradense na casa (0-1) e remata a primeira volta no campo do 17º, o Marcón Atlético.

Verín é cuarto con 32 puntos, e Arenteiro, undécimo con 25 puntos

O Pabellón Xuvenil alónxase da zona de abaixo 4 Chegou a ocupar postos de descenso. Redacción O Pabellón Xuvenil da División de Honra está a alonxarse dos postos de descenso logo de estar situados neles nas últimas xornadas. O equipo ourensán comezou o ano cunha vitoria ante o Alondras por 0-1. O equipo cangués non perdera, ata a data, ningún partido como local, polo que a

vitoria supón unha dobre satisfacción. Cos tres puntos acadados na xornada número 17 os ourensáns son oitavos con 23 puntos. Sete puntos por enriba dun descenso no que estivo ata fai poucas semanas. A tendencia positiva das últimas xornadas está a facer que os franxiverdes se alonxen do descenso e se instalen na zona media da táboa clasificatoria.

Astur Esta xornada, a número 18, os ourensáns regresan ao estadio Miguel Anxo co partido contra o Astur. Os asturiáns son últimos con nove puntos. Unha vitoria alonxaría un pouco máis aos pupilos de Guillermo García dos postos de descenso.

Esta xornada xogan en casa contra o Astur


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

FÚTBOL

Loureiro, próxima parada da UD 4 Será o sábado 10 de xaneiro no campo Mirador. Redacción A Unión Deportiva Ourense retoma a competición na Terceira Rexional este sábado 10 de xaneiro ás 16 horas no campo Mirador de Loureiro. O Ourense visita un conxunto local que ocupa a novena posición con 17 puntos. Ramón Dacosta Unha das preocupacións da UD é o seu defensa central, Ramón Dacosta, que sufre unha lesión de xeonllo que o pode ter afastado dos terreos de xogo durante un mes. A falta de facerlle as probas pertinentes o certo é que Dacosta non participará no partido contra o Loureiro. Xurxo Un novo mes (o de decembro) consumido na Terceira Rexional e un novo xogador elexido como o mellor do mes.

Nesta ocasión os afeccionados votaron o denfensa Xurxo. O xogador, que sumou o 29% dos votos, leva participado en todos os encontros de liga, sendo unha peza chave no esquema de Antonio Dacosta. Barbadás Na tarde de Reis había unha cita benéfica no estadio do Couto: o partido entre o Barbadás e o Ourense para recadar fondos a prol da Asociación ATOX de axuda ao toxicómano. A vitoria foi para o equipo de maior categoría; os de Peluso venceron por 4-0 con goles de Isi, Currás, Alberto e De Dios. Preto dunhas 400 persoas presenciarono nas gradas do Couto.

O sábado 10 (16h) Loureiro - UD Ourense. Campo Mirador

Barbadás e Ourense disputaron un partido benéfico a prol da Asociación ATOX./RAMSÉS

O primeiro partido da UD Ourense no estadio do Couto congregou preto de 1.500 afeccionados./RAMSÉS

Nova reunión para falar sobre o Couto

4 Será a vindeira semana, posiblemente o mércores 14. R.T. A directiva da Unión Deportiva Ourense enviou á Xunta de Galicia unha proposta de convenio para a reapertura do Couto e tras firmar unha provisional coa que xogaron contra o Palmés o 21 de decembro. Horas despois de recibir a institución autonómica a proposta, un alto cargo da mesma púxose en contacto con Modesto García (presidente da UD Ourense) para falar dunha posible reunión. Desde a Xunta de Galicia instan ao club para que se realice o antes posible, polo que o mércores 14 será a data máis

que probable para que teña lugar. Santiago será a sede da cita. Os directivos da UD acudirán á capital galega logo de reunirse e concretar todos os puntos do convenio. O que teñen claro son varios puntos que consideran innegociables. Un deles é o do seguro a todo risco; García considera que non se poden facer cargo dun seguro dun estadio que van usar só cando o equipo xogue como local; neste punto, desde a Xunta xa lle comunicaron que non habería problemas para chegar a un punto en común. Outra das esixencias, que tamén está solventada, é a de poder xogar ata final de tempada.

Aínda que todo vai encamiñado para que haxa un entendemento, desde a directiva unionista son cautos, xa que queren que estea todo ben atado para rubricar a firma. Un dos puntos menos claros é o de que pasará coa publicidade do estadio. Equipos distintos Outros dos clubs que firmarán o convenio será o Ourense CF. Desde a UD querían que foran pactos distintos pero na administración dixéronlle que iso non podía ser. Entón o que tratarán é que uns puntos do convenio sexan referentes á UD Ourense e outros ao Ourense CF. Como o presidente do novo club

indicaba “somos dous clubs distintos con necesidades opostas. Nós necesitamos un campo de xogo e un local, mentres que eles teñen un campo e unha sede”, explicaba. Modesto García tamén pretende facerlles ver aos responsables do Couto que a petición do estadio non é un capricho. “Soamente hai que ver as gradas no partido contra o Palmés no que uns 1.500 afeccionados acudiron ao encontro para darse conta que a petición do Couto é unha necesidade, non un capricho. O noso club ten preto de 1.300 socios e abonados e a mellor opción para darlles un lugar axeitado é o Couto”, concluía García.

Modesto García: “O Couto non é un capricho, é unha necesidade para os preto de 1.300 socios e abonados que ten a Unión Deportiva Ourense”


BALONCESTO

O COB recibe a Melilla coa plantilla ao completo 4 Darien Brothers e Aaron Geramipoor, as últimas incorporacións. R. Torres O Club Ourense Baloncesto, líder da Liga, recibe ao Melilla nesta xornada, a número 17 da Adecco Ouro. O encontro disputarase no Pazo dos Deportes Paco Paz nun día e hora nada habituais. O partido terá lugar este sábado día

10 a partir das 18.30 horas. Gonzalo García de Vitoria, técnico do COB, terá a súa disposición a 10 xogadores profesionais trala contratación de Darien Brothers e de Aaron Geramipoor. Tanto Brothers coma Geramipoor veñen suplir as baixas de

Tyler Brown e de Ben Allison. O primeiro xa disputou os seus primeiros minutos coa camiseta ourensá no partido contra Clavijo (cocinas.com) onde anotou 12 puntos e colleu 5 rebotes, mentres que o segundo acaba de aterrar en Ourense, recén chegado das Illas Canarias; Geramipoor vén da LEB Prata onde xogaba no Canarias Basketball Academy. Sobre Darien Brothers o propio Gonzalo García de ViDeividas Busma no partido contra o toria afirmaba que fora unha Oviedo./RAMSÉS

opción á hora de confeccionar a plantilla o verán pasado. “Unha vez que non podíamos contar con Zamroz a segunda opción era Brothers. A principio de tempada non puidemos contratalo, pero agora si”, afirmaba o técnico. Melilla Con oito vitorias e sete derrotas o equipo norteafricano é o noveno clasificado ocupando a última posición de play off. Campaña de socios Para a segunda volta o club realiza unha nova campaña de socios, que terán un desconto do 50%. Deste modo o abono sénior custará 45 euros; o mozo (de 16 a 25 anos), 25; o colectivo (pensionista, desempregado, discapacitado) será de 20 euros e o infantil (ata os 15 anos) de balde. O atractivo desta campaña de novos socios é que o COB disputará oito partidos no Pazo polos seis que xogou na primeira volta como local.

COB - Melilla. Sábado 10 -18.30 horas- Paco Paz

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

Aaron Geramipoor, o último en aterrar en Ourense 4 O xogador provén do Canarias Basketball Academy da Adecco Prata. Redacción Aaron Geramipoor é o último xogador do COB en aterrar en Ourense. O xogador, de 22 de anos de idade, é un pívot británico de 212 centímetros de altura o que o leva a ser un cinco puro. O adestrador, Gonzalo García de Vitoria, buscaba desde un primeiro momento a un xogador que coñecera a competición e que fora un catro e medio, para así poder xogar ao carón de Busma, Rejón ou Fieler. Despois de sondear o mercado, e coa economía que ten o club facíase imposible a contratación dalgún nome que estaba enriba da mesa. Ao non poder contar con eses nomes a primeira opción que saiu foi a de Geramipoor, e despois de visionar varios partidos do xogador decidiron contratalo. A pesar de non ser o que buscaba o club nunha primeira instancia, certo é que poderá achegar outras cousas. “Cremos que vainos axudar no rebote, que é unhas das no-

Aaron Geramipoor./GALICIADEPORTIVA.ES sas debilidades”, apuntaba de Vitoria. Para Geramipoor recalar no Club Ourense Baloncesto supón facelo “nun gran club e dar un paso importante na miña carreira”, aseguraba recén chegado a terras ourensás. LEB Prata Aaron chega dunha categoría inferior (Adecco Prata) na que estaba a ser un referente na competición. Agora pasa a unha categoría con pívots máis fortes e cun rol distinto ao que tiña en Canarias. Se

antes era unha das pezas chave do equipo, chega a Ourense para ser un máis e para sumar. Ese é o maior problema que ve o seu novo técnico aínda que é optimista en que “se adapte a súa nova situación”. En canto ao seu debut coa camiseta ourensá fronte a Melilla o pívot está “con moitas gañas de agradar a afección”. Para o xogador chegar ao COB cando marcha de líder é “un bo momento”, e incluso xa pensa en cotas importantes como loitar polo ascenso. Ambición non lle falta.


10

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

BALONCESTO

En busca da luz

4 O Pabellón Ourense visita ao Oviedo, rival directo esta tempada, para lograr a primeira vitoria no que vai de curso. Redacción Neste último curso, o Pabellón Ourense non adoita ir acompañado de boas novas. Banco escaso, sen fichaxes á vista, cos encontros contados por derrotas e de pechacancelas da táboa, as rapazas de Benjamín Rodríguez semellan atoparse nun camiño sen saída. Pero ás veces o sol sae entre a brétema máis mesta. Porque se hai un encontro no que teñen posibilidades de vencer é o que as agarda este 10 de xaneiro.

Visitarán a cancha do Oviedo, outro equipo que este ano tampouco acostuma a celebrar vitorias, de feito, tan só logrou gañar un partido e ocupa un só posto por enriba do Pabellón. Ambos atópanse na zona vermella da clasificación, eses dous postos que levarían dereito ao abismo dunha categoría inferior se chegase a haber descensos. Pero a vitoria sempre vén acompañada da esperanza. Esperanza para o Oviedo de que o Valla-

Arantxa Mallou zafándose dunha rival no choque contra o ADBA./R.T.

dolid (empatado con el a derrotas) sucumba ante o rival unha vez máis e intercambien a praza. E esperanza para o Pabellón para comezar o ano con ese ansiado premio, que se ben só o faría igualarse máis ao conxunto asturiano sen saír do pozo, traería consigo o empurrón que as ourensás precisan para mirar con optimismo ao futuro. Porque hai vitorias que non dan o ascenso ou a salvación, pero si alento e folgos para dar ese golpe na mesa preciso cando un choque pode levar a firma ourensá, e é que ata agora foi máis dun partido o que o Pabellón comezou dominando, pero pouco a pouco deixou escapar. Ese foi o caso do último encontro disputado polas ourensás en 2014. O 20 de decembro recibían nos Remedios ao ADBA (sexto clasificado) e mantivérono a raia todo o encontro, pero ao final adiviñen quén se fixo coa vitoria... Cun primeiro parcial de 21-16 o Pabellón apuntaba maneiras. Anotando 18 puntos ambos equipos no segundo tempo, a cousa seguía apretada, pero ao noso favor. 16-18 no ter-

ceiro cuarto, complicaba a historia, aínda que seguiamos gañando. E o peor, coma sempre, veu ao final. Os dez últimos minutos, aos que as ourensás sempre chegan sen aire, decidíronse cun 15-21 que se traduciu nunha nova derrota para o Pabellón Ourense por só tres puntos de diferenza (70-73). Unha desas que doen, e moito. Rodríguez é optimista O técnico ourensán afronta con optimismo este próximo choque. “Contamos con gañar, porque o Oviedo é un equipo da nosa liga”, di Benjamín Rodríguez. “Ademais, despois de varios partidos a piques de vencer, creo que este o lograremos”, engade. Aínda así, o Pabellón chega ao encontro sen pívot de altura, un inconvinte que o adestrador está convendido que superará “coas xogadoras que teño”. En canto á chegada de novas fixaches, Benjamín é claro: “non temos previsto fichar a ninguén de momento, porque non hai posibilidade económica, pero o mercado segue aberto ata febreiro e as cousas poden cambiar”. Duelo de Olivas Este encontro ten, ademais, outra particulariedade: o duelo en Liga Feminina 2 das dúas irmás Oliva Martín. Noelia defendendo as cores do Pabellón; Eva María, as do Oviedo.

Noelia Oliva buscando o pase ante a dura defensa dunha xogadora do ADBA. No choque contra o Oviedo tocaralle medirse coa súa propia irmá, Eva María./R.T. Á primeira coñecémola ben en Ourense, logo de militar durante varios anos tanto no Carmelitas como no conxunto pavillonista. Sabemos da súa capacidade anotadora, das súas habilidades para dirixir ao equipo, e do seu sacrificio infinito dende o minuto 1 ao 40 de encontro. A Eva María coñecémola menos, de momento. Saiban que xoga de número 2 e estréase este ano na categoría. Leva xogando ao baloncesto de xeito oficial dende os 10 anos na súa Salamanca natal, en clubs como o San Juan Bosco, Club Baloncesto Avenida-Halcón Viajes A, Club Baloncesto Tormes e o Universidade de Sala-

manca. “Ela é moi polivalente. Lee moi ben o xogo, non podes deixarlle un metro libre, igual defende que anota un triple”, así define Noelia á súa irmá e rival. E seguramente neste encontro estarán máis preto do que se agardaba, porque pode que o adestrador do Oviedo empregue a Eva María para defendela ao non contar cunha base tan alta como a pavillonista. Ambas terán sentimentos encontados, a ilusión de xogar xuntas coa amargura da que sexa derrotada. “Espero que as dúas fagamos un bo partido e, sobre todo, que non nos lesionemos”, pide Noelia.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

O Hoquei Barrocás descansa ata marzo

NATACIÓN

O CN Pabellón, subcampión galego

Redacción

4 Nas categorías masculina, feminina e conxunta. Redacción O Club Natación Pabellón proclamouse subcampión galego nas categorías masculina, feminina e conxunta. En total foron 36 medallas que logrou, das cales 15 foron de ouro, 12 de prata e 9 de bronce. Os ouros foron logrados por Laura Pimentel, en 200, 400 e 800 libres e en 400 estilos; Marc Ciurana, 200 e 400 estilos e 200 braza; Alberto Taboada, 50 e 100 braza; Aitor Grande, en 100 bolboreta, 50 e 100 libres e 50 costas (categoría S8); Esther Álvarez, en 100 costas (absoluto moza) e Mara Velez, en 1500 libres (absoluto moza). As pratas foron de Alberto Taboada, 200 estilos e 200 braza; Marc Ciurana, 200 bolboreta; Daniel Caamaño, 50 braza; Esther Alvarez, 50 libres (absoluto moza) e 100 costas (absoluta); Ecequiel Quiroga, en 100 estilos e 100 libres (absoluto mozo); Claudia Alvarez, en 50 costas (ab-

soluto moza); Ana Karina Obaya, 100 braza (absoluto moza); o relevo de 4x100 libres feminino absoluto (Esther Álvarez, Ana Santiso, Claudia Álvarez e Laura Pimentel); e o relevo de 4x100 estilos masculino absoluto (Alberto Taboada, Daniel Caamaño, Marc Ciurana e Ecequiel Quiroga). E os bronces acadáronos Daniel Caamaño, en 100 braza; Mara Velez en 400 e 800 libres (absoluto moza); Ana Karina Obaya, en 50 e 200 braza (absoluto moza); Andrea Sabuz, en 400 estilos (absoluto moza); o relevo de 4x200 libres feminino absoluto (Laura Pimentel, Ana Santiso, Esther Álvarez e Mara Velez); o relevo de 4x50 estilos masculino absoluto (Alberto Taboada, Daniel Caamaño, Marc Ciurana e Ecequiel Quiroga) e o relevo de 4x200 libres mascullino absoluto (Alberto Taboada, Ecequiel Quiroga, Miguel Pimentel e Marc Ciurana).

O CN Pabellón sumou 36 medallas./R.T.

11

Os ourensáns Pedro, Roi, Nacho, Daniel e Samuel en Caldas de Reis.

SALVAMENTO DEPORTIVO

Os infantís do Salvour, sétimos no relevo 4 Na terceira xornada da liga galega de salvamento deportivo. Redacción Os infantís do Salvour remataron sétimos no relevo da terceira xornada da liga galega de salvamento deportivo, que se disputou na piscina municipal de Caldas de Reis. O equipo ourensán Salvour participou con sete deportistas, cinco infantís e dous séniors. Os pequenos, a maioría deles debutantes nunha competición, acadaron o sétimo posto na proba de relevos de 4x50 natación con aletas. O seu tempo foi de dous minutos e 33 segundos. A proba individual na que participaron foi a de 25 metros arrastre de manequí. O mellor dos ourensáns foi

Samuel Iglesias Méndez cunha marca de 34 segundos e 60 centésimas, seguido de Daniel Carnero Vila, Roi Naranjo Estévez, Ignacio Delgado Zamora e Pedro Amorín Penido. Sénior En sesión vespertina dispotouse a categoría sénior. Jesús Carlos Quintas Barros participou na proba de 200 metros obstáculos finalizando na décimo terceira posición cun tempo de 2’34”38. Tamén participou no proba de 100 metros rescate con aletas facendo unha marca de 1’21”08. En mulleres, Andrea González Varela representou ao club ourensán. Andrea rematou no sétimo

lugar (3’34”47) na proba de 200 metros obstáculos. Tamén foi oitava nos 100 metros rescate de manequí con aletas con un tempo de 1’47”. Carballo A próxima xornada de liga será o vindeiro 10 de xaneiro na piscina de Carballo onde os infantís disputarán os 100 metros obstáculos e os 50 metros rescate con aletas; e os cadetes, os 150 metros obstáculos, os 50 rescate con aletas e o relevo de 4x50 metros con tubo de rescate. Os maiores (xuvenís, júniors e séniors) disputarán as probas de 100 metros socorrista, 50 metros rescate e 200 metros supersocorrista.

A División de Honra Masculina B, na que milita o Hoquei Barrocás, non volta á competición ata o mes de marzo. O último encontro disputado antes de Nadal polo conxunto ourensán foi o correspondente á xornada número nove, na que se enfrentou á Real Sociedad 1927. Choque que se disputou o 13 de decembro en Mariñamansa e no que ambos equipos empataron a dous. Deste xeito, o Barrocás chega ao descanso na oitava posición da xeral (con dúas vitorias, seis derrotas e un empate). F.C. Barcelona A súa seguinte cita será o 8 de marzo, ás 12 da mañá, xogando como local, e nela verase as caras co F.C. Barcelona, que ocupa a quinta praza da clasificación.

Encontro do Barrocás disputado en Mariñamansa.


12

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

POLIDEPORTIVO

Estes catro corredores mantiveron en toda a carreira unha dura pugna por facerse co campionato facendo gozar ao numerosísimo público que se deu cita no xa clasico Circuíto do Castelo de Maceda.

O ciclista ourensán Pablo Rodríguez durante a súa emocionante carreira.

Éxito de Pablo Rodríguez Guede no Campionato Galego de Ciclocross 4 A proba disputouse en Maceda, cunha gran actuación de todos os ciclistas locais. Redacción O corredor macedán Pablo Rodríguez Guede, do equipo MMR Bikes Prol Team, fixo realidade iso de ser profeta na súa terra ao

proclamarse vencedor do Campionato de Galicia de Ciclocros que se celebrou en Maceda este Nadal. Rodríguez Guede disputou unha emocionante carreira, entrando na meta só

O segundo clasificado foi Adrián Valverde (Rías Baixas CC), que cruzou a meta só 11 segundos despois que Rodríguez

11 segundos antes do segundo clasificado, Adrián Valverde (do Rías Baixas CC). Terceiro foi Raúl Fernández (CC O Rosal) e cuarto o cliclista local Saúl López (Club Ciclista Maceda - Actyon- Academia Postal) que entraba en meta co mesmo tempo que o segundo clasificado.

Categoría feminina Lucía Vázquez (Vicma Bike Team) foi a gañadora en categoría feminina, ao cruzar a meta cunha gran vantaxe sobre a segunda clasificada, a corredora de Spol, Chus Barros. Terceira foi a ciclista do Cambre Caeiro Lorena Senín. No resto de categorías as vitorias foron para Mauro González (Salvaterra de Miño CC) en elite; Brais Sendín (EC Redondela) en júniors; Desirée Duarte (Interdesign-Xarao) en féminas júnior; Iván Feijóo (CC Maceda -Academia Postal) en cadetes; Sara Trigo (Salvaterra CC ) en féminas cadete; Alejandro Mesías (Quintena) en máster 30; Juan José Saborido (Compostelán CC) en máster 40; e Antonio González (Salvaterra CC ) en máster 50. Ciclistas locais En canto á participacion local destacou a gran vitoria de Iván Feijóo en categoría cadete, co seu

compañeiro de equipo Abel Franco como terceiro clasificado. En féminas júnior mención especial merece o terceiro posto de Xiana Conde. E nas carreiras dos infantís destacou a vitoria do corredor do Maceda Carlos Canle, e o segundo e terceiro posto de Antía Martínez e Noela Saa.

José Antonio Hermida Hai que destacar tamén a presenza na proba de José Antonio Hermida (Mérida Multiván), que participaba por invitación, e que aínda que non optaba ao título fíxose coa “vitoria” desta carreira, competindo diante do seu público, nunha carreira organizada pola súa escola de ciclismo, e no pobo dos seus pais.

José Antonio Hermida participou neste campionato como convidado, e logrou o aplauso do numeroso público.

Saúl López logrou en Porriño o seu primeiro podio da tempada en sub 23. Participantes no torno infantil solidario celebrado no P21 Pádel Club.

A “Operación Quilo” no P21 Os días 3 e 4 de xaneiro disputouse nas instalacións do P21 Pádel Club un torneo infantil solidario. No torneo ademais de xogar recolléronse alimentos para os máis necesitados dentro da “Operación Quilo”. Este é o terceiro ano que se celebra este torneo infantil solidario Amencer. Gran nivel de pádel, ilusión e axuda aos máis necesitados foi a tónica dos dous días do evento.

Saúl López, bronce en Porriño O ourensán Saúl López (do BTT Maceda) subíu ao podio, por primeira vez na tempada, o pasado 21 de decembro ao lograr a terceira posición na categoría sub 23 (e a cuarta na xeral) do 36º Trofeo de Ciclocross de Porriño. O seu compañeiro Raúl González foi décimo primeiro. Pola súa banda, Iván Feijoo sumou unha vitoria máis en cadetes, vencendo con autoridade; mentres que o seu compañeiro de categoría Abel Franco foi oitavo. Tamén destacaron os resultados de Antía Martínez e Noela Saa, primeira e segunda respectivamente en categoría infantil.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

13

golf

O Circuíto Cenor – Camino fai parada en Montealegre 4 Disputouse no club de golf ourensán a quinta proba do campionato. Redacción O Circuíto Cenor – Camino de Santiago celebrouse, por primeira vez, no Club de Golf de Montealegre. A quinta proba foi a que tivo lugar no campo ourensán. Os xogadores Beatriz Alberte e Juan Rafael San Juan clasificaron como a parella vencedora na primeira categoría con 76 puntos. Na segunda, con media de hándicap superior a 18,venceron José Luis Parada e Juan José Vázquez con 75 puntos. As dúas parellas vencedoras lograron o pase para a gran final que terá lugar

no Balneario de Mondariz Golf o próximo 27 de setembro. Na segunda posición rematarían Pepa Baños e Emilio Coello, e Judith e Francisco Movilla, ambas parellas con 75 puntos, logrando o premio Nordés. Premios especiais O mellor Aproach foi para José Luis Prada, quen conseguiu deixar a bola máis preto da bandeira de XAULI (centro de actividades para personas con discapacidad psíquica del Valle de Baztan) ao que se destinou o foxo benéfico deste año. Rosa Cerdeiras, con 38 puntos, e José Luis

Foto de familia dos premiados nesta quinta xornada.

Blanco Garza, con 41, gañáron o premio Nespresso ao mellor resultado individual. A mellor sénior, Amelia Muiño, logrou o Premio OCA Augas Santas. O Premio Bodegas Martín Codax ao mellor driver de damas e cabaleiros foi para Judith Movilla e Jorge Fernández respectivamente. Cantabria A próxima cita deste circuíto de golf será o 5 de xullo no campo de golf de Santa Marina, en San Vicente de la Barquera. Devandita cita será a sexta proba clasificatoria.

Gran actuación de Benito Diéguez nos 200 km de Braga 4 O piloto verinés finalizou na segunda posición da proba de Fórmula Ford. Redacción O piloto verinés José Benito Diéguez realizou unha gran actuación nos 200 km de Braga rematando na segunda posición final. O proba, Fórmula Ford, disputouse no circuito Vasco Sameiro da citada cidade portuguesa. A pesar de ser a estrea do piloto na competición automovilística completou con éxito o seu debut a bordo dun monopraza. A Fórmula Ford presentábase coma unha proba de cara á preparación da tempada 2015. Tanto a duración da proba como os monoprazas utilizados (simples e sen axudas) foron un reto para as habilidades de

conducción e preparación física dos pilotos. O día comezana cunha pista xeada á que José Benito tiña que adaptarse xunto ao seu coche, o cal non había utilizado anteriormente. Na clasificación lograba o segundo posto na parilla de cara á primeira das tres carreiras que constaba o meeting. Na primeira carreira, e tras perder algo de terreo, logrou recurtar pouco a pouco ata alcanzar á cabeza de carreira, posición que non abandonaría ata o final nun apretado sprint. Na segunda das carreiras o ourensán partía desde a “pole position”, pero cedería dúas posicións ata o terceiro lugar, posición na que remataría. Na última das carreiras,

e partindo desde a terceira posición, acabaría segundo tras unha caótica saída. Dita posición a defendería ata a metade da proba cedendo finalmente un posto, polo que sería terceiro na meta. Con estes resultados, José Benito Diéguez, rematou segundo na clasificación xeneral realizando unha gran competición. Participación Tralo gran papel nos 200km, Diéguez pretende participar no Campionato Nacional de Fórmula Ford de Portugal.

A pesar de ser a estrea do piloto nesta competición logrou rematar 2º


14

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

POLIDEPORTIVO

BALONMÁN

O Pabellón dobrega ao Culleredo 4 Venceuno por 20-30, e sitúase así na zona tranquila da táboa. Ruth e Sandra Sánchez forman parte da selección galega infantil de balonmán.

Redacción

balonmán infantil

Partido sen complicacións para o Balonmán Pabellón Ourense masculino de Primeira Autonómica no seu desprazamento á Coruña. De novo a agresiva defensa dos de Diego Lorenzo serviu de trampolín para que o desenvolvemento do partido non ofrecese sobresaltos e se fixese evidente a superioridade dos ourensáns. Con esta xa son catro as vitorias pavillonistas seguidas, que permiten aos nosos xogadores encarrilar a súa clasificación tras un comezo de tempada dubidoso, levantándoos aos postos tranquilos da táboa e con opcións de acceder á zona na que se xoga o ascenso a Primeira Nacional.

Galicia, campioa de España de seleccións autonómicas 4 Nas súas filas hai dúas ourensás. Redacción A selección galega infantil de balonmán proclamouse vencedora no Campionato de España de seleccións autonómicas.

Na selección galega hai dúas irmás ourensás: Ruth e Sandra Sánchez

Nas súas filas o equipo galego conta con dúas ourensás, as irmás Sandra e Ruth Sánchez Feijóo. Galicia impúxose na final, disputada en Castellón, a Valencia polo resultado de 25 a 22, o que lle valeu para conquistar o título de campioas de España de rexións autonómicas. Os equipos cadete feminino e xuvenil masculino

lograron o bronce. Unha medalla de ouro que traerán a Ourense as dúas irmás, que co seu gran traballo fixeron que o título fora posible. Nunha fase anterior, Valencia lograra un punto a conta das galegas, pero na final, a pesar da dificultade de xogar contra as locais, as nosas representantes foron quen de coroarse campioas.

O club de tiro Eiroás comeza o ano con prato e pistola estándar 4 Próxima competición: pistola 9 mm. P. L. Con senllas Tiradas de Reis comezou a actividade este 2015 no club de tiro ourensán de Eiroás. Na primeira proba do ano de pistola estándar, o pasado día 4, participaron 17 tiradores, obtendo as mellores puntuacións Juan Carlos Ferreño en séniors e damas, con 510 puntos, e Arturo Rodríguez, en veteranos, con 513 puntos. Pola súa banda, o 3 de xaneiro celebrouse a Tirada de Reis de prato, na modalidade de foso universal. En ambos casos destacou o carácter lúdico das

Unha competición de prato en Eiroás, o pasado decembro/C.T.E. probas, pois os participantes recibiron de agasallo roscón de Reis e un lote de produtos navideños.

Calendario O club xa adiantou un calendario provisional de competicións para este

2015. A próxima cita é o Campionato Autonómico Social de pistola 9 mm, o domingo 18 de xaneiro.

Culleredo - Pabellón Nesta última cita, o Pabellón mostrou un control absoluto do encontro desde o primeiro momento, con boa actitude defensiva e acerto ante a portaría do Balonmán Culleredo, liderado polos goles de Fran Varela e Xurxo Pérez, que van adquirindo o bo nivel da pasada tempada.

Ao descanso a diferenza xa se establecía como case definitiva: 10 - 17. O segundo tempo permitíu a consolidación do resultado, cun lixeiro descenso da intensidade e minutos para todos os xogadores, para chegar ao final co resultado de 20 a 30 para os da cidade das Burgas. Próximo partido O 9 de xaneiro o Balonmán Pabellón Ourense recibirá nos Remedios ao Atlético Novás do Rosal; rival do grupo alto da táboa que pode servir como unha boa “pedra de toque” para valorar as opcións dos pavillonistas de cara á clasificación final.


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas Nº111- Ano: VII - 9 de xaneiro de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

tenis de mesa

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade CAPÍTULO 47. Menús do día de partido Partido pola mañá Tomarase un almorzo dúas ou tres horas antes do partido ou, mesmo, hora e media antes se o almorzo consiste nunha bebida (zume), unha ou dúas torradas con mel ou marmelada, un iogurt ou froita. En xeral, agardaranse dúas ou tres horas se o menú do almorzo é o dos días normais do adestramento (almorzo continental). Partido pola tarde Se o partido é a primeira hora da tarde, e deséxase prolongar o descanso un pouco máis do habitual, farase unicamente un almorzo algo máis forte que o normal unhas tres ou catro horas antes do encontro. Se o partido é entrada a tarde deberase comer catro horas antes. Damos un tipo de menú que é ben aceptado e de fácil dixestión con proporción de principios inmediatos: - Ensalada de leituga e tomate. - Consomé de ovo, ou sopa de fideos ou espaguetis. - Carne á prancha ou peixe con puré de pataca e arroz branco con algo de tomate fritido ou verduras. - Macedonia de froitas naturais. Como bebida pode tomarse auga, leite ou pequena cantidade de viño, quen estea afeito. Con todo, non

se tomará cervexa antes de calquera competición. Se o partido é despois das 20 horas, efectuarase dúas horas e media antes unha merenda, consistente en café, té ou cacao, e dúas torradas de pan de molde con mel e marmelada. Despois dun partido Tras un partido, o organismo atópase fatigado ao soportar un gran esforzo, e a fatiga prolóngase durante varias horas. Nese momento, o equilibrio interno débese restablecer evitando que os órganos e sistemas que interviñeron no esforzo reciban outra sobrecarga. É, por isto, polo que o descanso corporal e metabólico son a base, xunto coa reposición de líquidos e sales minerais, dunha boa recuperación. En consecuencia, evitaremos sobrecargar o fígado (tomando bebidas alcohólicas), o ril e en xeral o aparello dixestivo con alimentos de difícil dixestión e asimilación. Evitaremos tamén, referíndonos á cantidade, a saturación cuxo límite non debemos exceder nunca. É mellor quedar con certo apetito despois de comer. A consecuencia, en caso de non seguir estes consellos, sería atrasar o proceso de recuperación. O xogador ao finalizar o partido comeza a repor líquidos dunha maneira automática e instintiva, o que é totalmente correcto, pois

tenta repor o déficit de líquido adquirido. Estímase nun, dous ou tres litros a cantidade media perdida de auga nun partido de fútbol por cada xogador, aínda que en ambientes calorosos a perda por transpiración pode ser maior. O consello, neste senso, é beber un líquido de reposición (bebida isotónica con sales minerais) observando a seguinte norma: tomar 250 cc cada 15 minutos, aproximadamente. Tamén sería correcto tomar auga mineral alcalina ou leite descremada. Por outra banda, é aconsellable tomar, inmediatamente despois do partido, unha pequena cantidade de comida (sándwich lixeiro ou algunha torrada con marmelada ou manteiga ou un iogurt.) Unha boa comida despois da competición sería: sopa de verduras; algo de arroz, pataca ou iogurt; tortilla francesa con algo de xamón cocido, pito ou peixe branco; froita ou macedonia; algún pastel sinxelo; leite ou zumes de froita. E durante a semana débese insistir nos hidratos de carbono (arroz, pastas, patacas, etc.) sen esquecer as proteínas. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e adestrador

Descanso para o Galmédica 4 A competición reanúdase, pero os ourensáns teñen xornada de descanso. Redacción O Galmédica Ourense descansa nesta xornada na que a competición reanúdase na Terceira División Nacional.

Os ourensáns ocupan a quinta posición da clasificación con nove puntos. A seis teñen ao líder, Mercantil de Vigo, e catro por enriba a zona de descenso (Chinelas T.M. con cinco

Rugbi

Os ourensáns, á palestra 4 O Campus e o Keltia voltan á competición. Redacción O rugbi volve a escena esta fin de semana despois do parón típico do Nadal. Os dous equipos sénior masculino da cidade regresan á compe-

tición con dous encontros complicados. Campus Ourense O Campus Ourense visita o campo do líder da Primeira División Terrritorial, Os Ingleses. Un duro rival

O Campus Ourense enfróntase ao líder, Os Ingleses.

puntos). E precisamente contra o Chinelas será o primeiro encontro do ano dos ourensáns. O encontro terá lugar o vindeiro 17 de xaneiro a partir das 17 horas en Cambados. O próximo partido do Galmédica en casa será o 24 de xaneiro (no Pazo ás 10.30 h) contra o líder, o Mercantil Vigo T.M.

O próximo partido na casa do Galmédica será o 24 de xaneiro contra o líder para comezar o ano. Os ourensáns son terceiros con 14 puntos, mentres que os de Vilagarcía suman 33. Unha vitoria do Campus permitiríalle continuar na loita polo campionato. O Campus Ourense vén de sumar un novo patrocinador. A marca de aceite Coosur será o novo patrocinador do conxunto ourensán. Keltia Ourense O Keltia Ourense, equipo recén creado, que milita na Segunda Territorial regresa á competición co encontro no campo do Bierzo. Os ourensáns son terceiros con 19 puntos, mentres que os berciáns ocupan a posición xusto debaixo (cuartos) cun punto menos, 18. Un partido vital para manter a aspiración do ascenso a final de tempada.


BARRIOS DEPORTIVO 9 de xaneiro de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.