Bd105

Page 1

Os afeccionados ourensáns quedamos sen Día da Bici ATLETISMO

Páx.3-4

FÚTBOL

Páx.5

FÚTBOL SALA Páx.7

MOTOR

C

Páx.8

CICLISMO

[Páx.2] Páx.13

B

A LEB Ouro regresa a Ourense

[Páx.6]

Encontro de pretempada do Club Ourense Baloncesto contra o Marín, ao que venceu no pavillón de Verín./RAMSÉS.

Número: 105- Ano: VI - 2 de outubro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 17 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 5 de outubro. Os Carrís. 18.00h. Barbadás Arousa. Terceira División. - Día 5 de outubro. Estadio José Arjiz. Verín - R.Bahía. - Día 5 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 5 de outubro. A Tella. Nogueira de Ramuín - Vilalonga. Rexional Preferente. - Día 12 de outubro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Real Oviedo. - Día 12 de outubro. Cabagaleiros. CD Barco - Erizana. Rexional Preferente. - Día 12 de outubro. Estadio Miguel Anxo. UD Ourense - Arcos.

Baloncesto

- Día 4 de outubro. Paco Paz - 21.00h - Club Ourense Baloncesto - Cocinas.com. LEB Ouro.

Fútbol sala

- Día 4 de outubro - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Universidad de Alicante. 1ª División. - Día 11 de outubro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Móstoles. 1ª División.

Atletismo

- Día 11 de outubro. - O Barco de Valdeorras- XI Xornada XXXI Copa Deputacion. - Día 11 de outubro. -Xunqueira de Ambía (9.00h)- I Maratón de Montaña “Vai por Vos”. Pódese realiza a distancia de 13, 21 ou 31 quilómetros. - Día 12 de outubro. Riós - 11.00h - medio maratón de montaña.

Andaina

- Día 5 de outubro. Moreiras - 9:30h - II Andaina de Moreiras, Toén. - Día 12 de outubro. Riós - 9.00h - andaina con percorridos de 8 ,11 e 21 km.

Tenis de mesa

- Día 4 de outubro. Paco Paz - 10.30h - Galmédica Ourense TM - Monte Porreiro Mixilon. 3ª División.

Tiro

- Días 4 de outubro. Club de tiro Eiroás. Copa Deputación de pistola e carabina neumática. - Día 12 de outubro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico Social carabina tendido e pistola libre.

Balonmán

- Día 12 de outubro. Anexo dos Remedios - 18:00 h Balonmán Pabellón - S.A.R. Plastic Omniun. 1ª Autonómica masculina. - Día 12 de outubro. Universidade. Campus Auria - Teucro. 1ª Autonómica feminina.

Hoquei

- Día 12 de outubro. Mariñamansa -12.00h - Barrocás Pedralbes. División de Honra B.

Motor

- Días 3 e 4 de outubro. Ribeira Sacra - 3º Rali Ourense Ribeira Sacra. [Máis información en www.periodicobarrios.com]

POLIEPORTIVO

10.000 ciclistas ourensáns quedan sen o seu día

10.000 ciclistas quedan sen o seu día. A 30ª edición do Día da Bici non se celebrará o 5 de outubro, de feito, o máis probable é que non se realice este ano. Despois de que desde a Fundación ADO Moure Pro-Deporte comezaran o 9 de xaneiro coas tramitacións das autorizacións necesarias para levar a cabo o Día da Bici, a catro días para que tivera lugar veñen de informar de que non se vai celebrar. Isto debeuse a que desde a Policía Local se fixo un informe desfavorable alegando “non ter persoal voluntario para realizar dito servizo, xa que non se pode obrigrar aos funcionarios policiais a dobrar turnos nin facer horas extraordinarias. Ademais, solicitados voluntarios para este evento non se presentou ningún”, o que motivou que a Concellería de Comercio denegara o permiso para realizar o Día da Bici. Carlos Moure, organizador do evento, móstrase indignado con esta resolución e mesmo considera que pode que haxa “unha persecución contra min”, pero advirte que a quen perxudica “son aos miles de rapaces que se quedan sen saír á rúa coa súa bici”. Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, que ostenta as competencias en materia de

Sentidiño, por favor! Que Ourense é diferente non cabe dúbida, pero que a veces o sexa dun xeito negativo comeza a ser a tónica habitual na vella Auria. Non contentos coa desaparición de Club Deportivo Ourense, agora parece que queren facer o mesmo co Día da Bici, e veremos que pasa coa carreira popular do San Martiño. O Día da Bici, que este ano chegaría a súa 30ª edición, supón un espectáculo multicor nas arterias da cidade, onde por unhas horas as bicis son as protagonistas e os automóbiles quedan aparcados gozando da festa. Unha festa compartida por 10.000 persoas que participan dunha mesma afección, pero este ano non veremos un pelotón de máis dun quilómetro de longo porque a Policía Local “non ten persoal voluntario para realizar o servizo”. Os problemas para conseguir os permisos para organizar calquera tipo de evento vén de lonxe, e máis se son deportivos. Unha lástima, xa que atraen a numerosos participantes

de fóra da provincia. Pegúntome que pasa en cidades coma Pontevedra, que cada dous por tres organizan un evento deportivo de grandes magnitudes (campionatos mundiais de triatlón entre eles), A Coruña (co seu Coruña 5, 10, 21 e 42 km), Lugo (Corre con nós, Duatlón de Lugo e Triatlón do Miño -que xa alcanzou as 26 edicións-) ou mesmo Vigo (circuíto de carreiras populares, travesías, a VigBay -na que curtan unha estrada de 18 quilómetros que vai de Vigo a Baiona durante unha mañá) e nunca hai problemas. Por non citar a Santiago, Ferrol e outras localidades nas que se apostan por eventros atractivos para os veciños e visitantes. Seguro que todas elas teñen o seu Día da Bici e estou convencido que non teñen estes problemas. Pero parece que nós queremos facer que a nosa cidade destaque non se sabe de que xeito. Con esforzo e facendo atractiva a Ourense para o visitante parece que non. 30 anos ben merecen un respecto, ou non? E mesmo a San Martiño, que alguén barallou a idea de que os que veñen de fóra paguen o dobre que os que están empadroados en Ourense. Non sei que se pretende con esta medida, pero, desde logo, afastará a moitos atletas populares galegos a participar na decana das carreiras de Galicia. Claro que se debe pagar (na maioría das carreiras así é), pero ningún ourensán paga o dobre que outro corredor local nunha proba que se celebra fóra da cidade das Burgas. Sentidiño, por favor!

Carlos Moure, organizador do Día da Bici, explicando a cancelación do evento./RAMSÉS

Ramsés Torres

4 A 30ª edición do Día da Bici non se celebrará. Redacción

4EDITORIAL

Tráfico e Policía Local, explicou que desde a Policía Local manifestouse que non tiñan “efectivos suficientes para garantir a seguridade” e barallou a posibilidade de que os organizadores do evento concreten coa Subdelegación do Goberno unha modificación do percorrido “facéndoo máis curto”. Nese caso, “o Concello de Ourense colaborará para que se leve a cabo”, afirmou o rexedor. Premio Cidade de Ourense Desde a Fundación ADO Moure Pro-Deporte tamén levaron a cabo os trámites pertinentes para que se realizara a proba ciclista denominada “92 Festas de Ourense” durante as festas locais da cidade. Non obstante, despois de varias reunións non se disputou, igual que aconteceu o ano pasado.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

ATLETISMO

correndo por ourense

Paredes e Ocampo achéganse a vitoria 4 Venceron na carreira da Universidade. R. Torres

Organizadores e patrocinadores na presentación da 28ª Carreira do San Martiño./P.L.

A Carreira do San Martiño será este ano de pago 4 A 28ª edición correrase o 16 de novembro. Paula Lodeiro A Carreira Pedestre Popular do San Martiño faise de pago na súa 28ª edición, que terá lugar o 16 de novembro. Os corredores que participen na proba absoluta deberán pagar 3 euros se se inscriben antes do 31 de outubro, ou 5 se o fan entre o 1 e o 9 de novembro. Escolares e cativos quedan fóra desta medida, que non se implanta “con afán recadatorio” senón para “educar á xente na responsabilidade; que aquela xente que se inscriba e que despois non vén que pague os custos directos”, explicaba o xerente saínte do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez. E é que na edición de 2013 2.500 atletas que estaban inscritos non acudiron á carreira, xerando uns gastos por cada un deles de 0,80 euros de seguro, 2 euros da camiseta conmemorativa, e 1,20 euros polo chip. Outra das novidades da edición deste ano é a distribución da saída segundo o nivel dos corredores. Segundo explicaba a coordinadora

da proba, Marta Míguez, colocaranse na primeira liña de saída, nunha zona marcada en negro, os atletas elite, que teñan tempos de menos de 35 minutos os homes e menos de 40 as mulleres na última San Martiño. Detrás, na zona vermella, ubicaranse os deportistas con tempos entre 35 e 40 minutos; seguidos dos que acabaran entre 40 e 48 minutos, delimitados nunha zona amarela. Por último, da zona verde sairán os atletas populares, que en definitiva, “son os que lle dan vida a esta carreira”, resaltaba Míguez. Todos eles deberán cubrir un circuito de 10 km polas principais rúas de Ourense e homologado pola Federación Galega de Atletismo, con saída na ponte do Milenio e meta ao carón do pavillón dos Remedios. A saída será ás 11 da mañá. Ás 12:30 terá lugar no mesmo lugar a saída da carreira dos escolares (desde os 9 anos), que correrán 4,7 km , e finalmente ás 13:15 horas correrán os cativos (nacidos en 2006 e anos posteriores), que teñen un

circuito de 1,4 km. Novos premios A carreira do San Martiño tamén estrea premios este ano: 500 euros a quen supere os récords da proba, establecidos en 2010 en 32’45” para mulleres e 28’49” para homes; e un premio especial de 300 euros ao primeiro en cruzar o km.5 e que remate logo a carreira. Continúan os premios aos 5 primeiros en cruzar a liña de meta, aos tres primeiros corredores locais e aos cinco primeiros en cada categoría, de júniors a veteranos G. Repiten nesta 28ª edición da San Martiño a Feira do Corredor, que se instalará nos Remedios o venres 14 e o sábado 15 de novembro e a recollida de produtos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. O ano pasado xuntáronse 2.000 quilos.

Ata o 31 de outubro a inscrición custará tres euros

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” está chegando ao final e xa se perfilan os que loitarán polo título desta cuarta edición. Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Ana María Ocampo (Run04) foron novamente os vencedores en categoría absoluta masculina e feminina respectivamente na carreira da Universidade. A quinta proba do circuíto tivo a súa saída e meta nas pistas de atletismo do campus e percorreu as rúas próximas á zona universitaria realizando dúas voltas a un percorrido de 3.200 metros. Pare-

des parou o crono en 20:54 minutos, con 12 segundos de vantaxe sobre o seu máximo perseguidor, Jorge Silva (21:06) do Ourense Atletismo. Terceiro entraría o atleta do Atletismo Arenteiro, Luis Iglesias Raña, a medio minuto do vencedor. Con estes resultados, e á espera da última proba na Carballeira, Javier Paredes ten na súa mán a vitoria no

A asociación Asaltamontes vén de presentar unha proba deportiva para todos os amantes da montaña, tanto andaríns como corredores. O nome elixido, “Para vós”, quere servir de recordatorio e conmemoración do tráxico accidente de tren de Angrois, acontecido o fatídico 24 de xullo de 2013, no cal faleceron dúas mozas do Xunqueira

“Correndo por Ourense”. Ana María Ocampo foi a vencedora en categoría feminina. Ocampo completou os 6.400 metros en 27 minutos e 14 segundos. Preto dela, María Ferreiro foi segunda a 15 segundos (27:29) e Lucía Piñeiro, terceira (28:33). A atleta do Run04 está a piques de alzarse coa vitoria final do circuíto. A Carballeira O 26 de outubro celébrase na Carballeira a última proba do “Correndo por Ourense”. Como en todas as citas dominicais, comezará ás 12 horas coa carreira dos pitufos e rematará coa saída da absoluta ás 12.30 horas.

Paredes e Silva disputáronse a carreira./P.LORENZO.

Primeira andaina e maratón de Montaña “Para vós” Redacción

de Ambía moi próximas ás persoas que organizan esta proba. O percorrido intentará mostrar a diversidade paisaxística dunha contorna privilexiada, na que se conxuga á perfección natureza e tradición, cun legado histórico e monumental que fai de Xunqueira de Ambía un enclave de obrigada visita. Esta proba terá lugar o 11 de outubro, dando comezo a andaina ás 8:30 horas,

mentres que o maratón o fará ás 9:30. A entrega de dorsais realizarase desde unha hora antes do comezo de cada categoría. A distancia total será de 42 quilómetros, coa posibilidade de realizar percorridos parciais de 13, 21 ou 31 quilómetros. A proba contará con varios avituallamentos, tanto de líquidos como de sólidos, así como varios puntos de control. Ao remate estará habilitado un espazo con comida e duchas dispoñibles para os participantes. Inscricións O custo da inscrición é de 10 euros e pode realizarse en www.asaltamontes.com.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

ATLETISMO

Hurtado e Teijeiro fanse co Desafío 42 4 Consistiu nun maratón realizado en tres etapas. R.T.

Participantes no Maratón Penedos do Lobo 2014. /CEDIDA.

Fernando Arca e Belén Rodríguez, vencedores en Manzaneda 4 Gañaron no maratón de Penedos do Lobo. R.T. No mes de setembro desde fai xa nove anos celébrase na estación de Manzaneda a carreira de montaña Penedos do Lobo. Nesta novena edición resultaron vencedores no maratón Fernando Arca e Belén Rodríguez. Fernando Arca entrou en liña de meta nun tempo de tres horas 55 minutos e 25 segundos. A máis de dous minutos chegaba José M. Casado tras tres horas 58 minutos e dous segundos de carreira. Terceiro foi Diego Limón (4:20:47). A primeira muller, Belén Rodríguez, finalizou cun tempo de 6:00:09 horas; entraron, en segunda posición María Fernández (6:07:43), e terceira, Margarita Beiro (6:08:09).

En veteranos, o atleta de Cambre Eleuterio Couceiro empregou catro horas, 36 minutos e sete segundos. Luis Guimarey foi segundo (4:56:00) e Miguel Lestón, terceiro (5:16:31). Cross Na proba de cross percorreuse algo máis de 20 quilómetros. O primeiro completar a proba foi o atleta veterano Saturnino González. González realizou o cross nunha hora 51 minutos e 14 segundos. Segundo foi Castor Salgado (1:56:40) e terceiro, José Prol (1:58:24). En mulleres foi Ana Belén Losada a primeira clasificada (2:18:16 horas), por diante de Conchi Pombo (2:38:30) e de María Martínez (2:48:22), segunda e terceira respectivamente.

BTT Na BTT o gañador foi Constantino Arias (2:54:52) seguido moi de preto por José A. Losada (2:55:19) que rematou na segunda posición e de Julio Fernández (3:01:38) que rematou terceiro. A única muller que participou na BTT foi Raquel Alija, que fixo o percorrido en 3:01:38 horas. Andaina Na andaina a organización estableceu un tempo de chegada. Os que máis se aproximaron ao mesmo foron Ermitas Acevedo Rego e María J.Alejandre Ojea.

Ademais de maratón, houbo cross, BTT e andaina

O atleta do New Balance, Manuel Hurtado, e a atleta do Run04, Sonia Teijeiro, foron os vencedores da primeira edición do Desafío 42. A proba percorreu a distancia dun maratón en dous días e tres etapas. A primeira etapa constou dun medio maratón (21,097 km) polo Ribeiro con saída e chegada en Ribadavia. O primeiro foi Hassan Lekhili (1:10:05) sacándolle seis segundos a Hurtado (1:10:11). En mulleres, primeira foi Sonia Teijeiro (1:31:02) e segunda, Silvia Ferro (1:35:00). Na segunda etapa disputada sobre unha distancia de 11 km en Luíntra Hurtado deu a volta á clasificación. O lucense aventaxou en 23 segundos ao marroquí, polo que a vantaxe quedaba a favor do galego en 17 segundos trala disputa da segunda etapa. En mulleres, Sonia Teijeiro contuaba incrementando a súa vantaxe e sería a primeira en chegar á liña de meta, seguida de Silvia Ferro. Ourense A últimas das carreiras disputaríase na cidade de Ourense con saída e meta no campus universitario. Desta vez, e tras 10 quilómetros moi disputados,

Manuel Hurtado entrando a meta na proba do campus coa que se remataba o Desafío 42. /RAMSÉS. sería Manuel Hurtado o que vencería na etapa, e o que lle daría o título final. Hassan Lekhili conformaríase coa segunda posición (segunda tamén na clasficación xeral). Terceiro entra-

Requejo, rei dos maratóns 4O atleta do Ben-Cho-Sey vence nas probas de Logroño e Zaragoza. Redacción

José Antonio Requejo entrando a meta no maratón de Logroño /CEDIDA.

Sorprendente fazaña de José Antonio Requejo Santos, atleta do club ourensán Ben Cho Shey, que foi capaz de recuperarse da du-

reza de correr o maratón de Logroño o 14 de setembro para asistir novamente a outro das grandes, o VIII Maratón de Zaragoza Gran Premio IberCaja, o 28 de setembro.

ría á meta do campus José A. Requejo. Sonia Teijeiro non deu opcións ás súas rivais e volveu ser a máis rápida. Tras ela, Silvia Ferro e Onaira Martínez. Inmellorable resultado xa que en ambas logrou a vitoria chegando en solitario a meta. Nestes resultados déixase ver a súa calidade como atleta de ultrafondo. En Zaragoza Requejo chegou primeiro a meta cun tempo de 2:25:54, mentres que en Logroño completou os 42,197 quilómetros en 2 horas 29 minutos e 4 segundos. O 20 de novembro, o atleta ourensán terá o seu gran obxectivo da tempada, o mundial de 100kms en Doha (Qatar).


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

FÚTBOL

O Barbadás, colíder de Terceira

A UD Ourense quere sobrepasar os 1.000 socios 4 En Liga leva tres vitorias en tres partidos. R. Torres A Unión Deportiva Ourense vai queimando etapas nos seus primeiros meses de vida. Sobrepasado o mes de setembro o club xa conta con máis de 800 socios e abonados, dos cales máis de 300 serán socios fundadores. Unha cifra incrible para un equipo de recén creación e que compite no máis baixo do fútbol: a Terceira Rexional. Non tan inverosímil se temos en conta que este equipo tenta cubrir o valeiro deixado por Club Deportivo Ourense. Pero dende a directiva non se conforman, e queren que máis pronto que tarde se supere a cifra do millar de socios e abonados. Carnés Os carnés dos primeiros socios xa están camiño de imprimirse, e neles haberá un patrocinador. Na parte de atrás estará o logo de Ourenlift, unha das primeiras firmas

comerciais que apostou pola Unión Deportiva Ourense. Modesto García, presidente da UD, no día da presentación do patrocinador, tamén quixo comentar que están a traballar en varios frontes. Un deles é conseguir establecementos colaboradores mediante tres opcións: o colaborador bronce, que por 20 euros terá unha pegatina de vinilo indicando que é colaborador e unha bufanda ou un póster do equipo; prata, que por 50 euros recibirá unha pegatina, unha bufanda ou póster e un abono; e ouro, que colabora con 100 euros e terá publicidade na web e na revista na que se está a traballar e daráselle un carné de socio. Ademais, cando dispoñan do estadio do Couto traballarán na consecución de sponsors mediante a publicidade estática. Outra das iniciativas é a do xogador do mes. Na web do club, os afeccionados poderán votar ao xogador máis

valioso de cada encontro, e este recibirá o trofeo correspondente no establecemento que apoie esta iniciativa. Camisetas Os directivos do club pretenden ter en novembro á venda a primeira camiseta oficial do equipo, porque consideran que terá moita demanda ao tratarse dunha camiseta “histórica”. De cara ao Nadal cren que venderán un gran número delas. Liga No apartado estrictamente deportivo, o Ourense mantense ao fronte da clasificación con nove puntos. Os dous primeiros encontros -contra Razamonde e Peroxa B- saldounos con goleadas. No terceiro houbo sufriu máis e gañaou pola mínima, 2-1, contra o Ribadavia Atlético. Esta fin de semana visitan o campo dos Chaos en Amoeiro.

4 Os de Jorge Regal tan só perderon na primeira xornada, contra o Silva. Redacción O Barbadás é colíder da Terceira División. Logo de seis xornadas disputadas, o equipo ourensán tan só perdeu na primeira xornada contra o Silva. Un empate contra o Boiro na terceira xornada e o resto vitorias (catro). Isto fai que o conxunto con sede nos Carrís ocupe a segunda posición na táboa con 13 puntos, empatado co líder, Sanxenxo. As vitorias producíronse contra o Cultural Areas, Laracha, Bertamiráns e Ordes. Catro vitorias, un empate e nove goles a favor e cinco en contra fan que os azuis teñan o comezo soñado nesta Liga. Este domingo volven a xogar en casa, un dato a favor para poder continuar coa racha positiva. O rival non será fácil, o Arousa. O cadro arousán ocupa a cuarta posición con 11 puntos a dous dos Barbadás, polo que o partido será moi disputado. Copa Federación O Barbadás xa coñece ao primeiro rival da Copa Federación. O Alondras. O encontro (a eliminatoria é a partido único) disputarase o día 9 de outubro

no campo do Morrazo. Esta eliminatoria corresponde aos oitavos de final da fase autonómica. Regal pretende que sexa un premio á participación nesta Copa, polo que seguramente fará rotacións para que poidan xogar todos. Rexional Preferente Os equipos ourensáns da Rexional Preferente non terminan de asentarse na competición. Dos catro, o Verín é o mellor clasificado na novena posición con seis puntos, os mesmos que o Arenteiro que é 13º. Décimo quinto é o Barco cun

punto menos, cinco e pecha a clasificación o Nogueira con cero puntos. Na próxima xornada, a sexta, o Verín recibe ao Rápido Bahía, o Nogueira ao Vilalonga e o Arenteiro ao Pontellas; o Barco visita ao Marcón. Pabellón Ourense O Pabellón Ourense (División de Honra xuvenil) é 13º trala súa derrota contra o Rácing por 0-2. Os ourensáns con tres puntos acadados en sendos empate non coñecen a vitoria no que vai de tempada. A vindeira xornada enfróntanse ao Porriño.

Xogada do partido entre o Barbadás e o Ordes.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

FÚTBOL SALA

O Club Ourense Baloncesto: “volver a empezar” 4 Comeza a Liga LEB Ouro este venres fronte o Rioja. R. Torres O Club Ourense Baloncesto comeza a súa andadura na LEB Ouro 2014-2015 este venres 3 de outubro contra o Rioja. O encontro terá lugar no pazo dos Deportes Paco Paz a partir das

O encontro ante o Rioja será o venres 3 de outubro ás 21 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz

21 horas. Despois de superar os problemas acaecidos co aval durante o verán, e de confeccionar unha plantilla en tempo récord, os afeccionados xa non teñen que agardar máis. Cinco meses máis tarde, Ourense volverá a a acoller un partido da Adecco Ouro. Un novo proxecto que chega co lema “volver a empezar”. Baixo a dirección, por segundo ano consecutivo, de Gonzalo García de Vitoria, o COB

buscará encontrar, desde o principio, a comunión coa bancada; comunión que perderon o ano pasado. Este ano ilusionan os nomes que veñen para defender as cores do COB. Rejón, Rivero, Suka Umu, Busman, e sobre todo, a fichaxe estrela: Salva Arco. A eles hai que engadir xogadores novos na competición coma Chase Fieler, Tyler Brown e Ben Allison, que chegan coa intención de crear espectáculo e

Cristian Díaz fronte a unrival nun encontro de pretempada do COB./RAMSÉS

facer que os seareiros salten dos seus asentos. Pretempada A pretempada xa finalizou e o balance foi bastante positivo para o conxunto ourensán. En sete partidos disputados, catro vitorias e tres derrotas. O primeiro encontro foi contra Breogán cos que perderon. No segungo venceron ao Cambados, clasificándose para a fase final da Copa Galicia na que lle tocou Obradoiro co que perderon. O cuarto amigable enfrontounos ao Marín logrando a segunda vitoria da pretempada. No Trofeo Lugo é básket, os homes de García de Vitoria lograron dobregar a Breogán e Coruña acadando o título. E no último partido da pretempada xogaron, e perderon, contra o Coruña o Trofeo Teresa Herrera. Presentación Este xoves, a partir das 19.30 horas a plantilla do Club Ourense Baloncesto preséntase en sociedade. O Centro Comercial Ponte Vella será o lugar onde os afeccionados poderán pasar un rato con xogadores e corpo técnico, e mesmo sacarse fotos con todos eles. Tamén presentarase a equipación, que este ano será coas cores azul e amarelo conmemorando os 25 anos desde que o COB ascendera por primeira vez á ACB. A segunda equipación será coas cores da bandeira galega.

Arantxa Mallou no encontro ante o Ensino./RAMSÉS

O Pabellón queda fóra da Copa

4 Perdeu os encontros contra Ensino e Celta. R.T. O Pabellón Ourense queda fóra da Copa Galicia ao perder contra Ensino e Celta. No primeiro choque do Pabellón na Copa Galicia o seu rival xa non foi sinxelo. O Ensino chegou a Allariz con todo o equipo en forma e notouse. O Pabellón Ourense fixo un gran comezo de partido pero pronto se desinflou. Se ben é certo, que tal e como adiantou o seu técnico, Benjamín Rodríguez, estes encontros de pretempada buscan poñer ás xogadoras ourensás en forma e adaptalas a xogar xuntas, pero sempre evitando riscos de lesións, as grandes inimigas do conxunto na tempada

anterior. O marcador final reflectiu un 53-78 para as lucenses. Celta Tres días máis tarde, as ourensás partiron cara a Vigo para disputar o segundo partido copeiro contra o Celta. A pesar de que dominaron o primeiro cuarto, as de Benjamín Rodríguez perderon por 69-50 dicindo adeus á Copa Galicia. Agora toca buscar outros amigables para pór a tono a plantilla de cara ao inicio de Liga. Liga A Liga Feminina 2 comeza o 25 de outubro. O Pabellón Ourense enfrontarase ao Durán Maquinaria Ensino e terá as ourensás como locais.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

FÚTBOL SALA

Un pao a favor O Cidade asalta e un gol en Vistalegre contra

4 As de Manolo Codeso venceron por 0-5 ao Burela. R. Torres

4 A mala sorte fai que o Ourense Envialia perda contra o Alcorcón. Redacción Un pao a favor e un gol en contra do Ourense Envialia foi o que determinou o partido contra o Alcorcón. A mala sorte fixo que as ourensás perderan os tres puntos en litixio. Os dous equipos saltaban á cancha central dos Remedios coa intención de facerse coa vitoria, o que permitiu que se vivira un bo espectáculo. A boa defensa dos dous conxuntos xunto á inspiración das dúas porteiras (Vanessa Barberá e Eva Tamayo) fixeron que non se puideran ver máis goles dos tres que se marcaron durante os 40 minutos. No ecuador do primeiro periodo, a ourensá que milita nas filas do Alcorcón, Andrea Feijoo, inauguraba o marcador logo dun roubo en medio campo. As de Óscar Vivián souperon reaccionar e por mediación de Sara Moreno lograban o

empate dous minutos máis tarde. Na continuación, as albinegras seguían procurando un tanto que lles dera a vitoria. Pero enfronte estaba un conxunto que non renunciaba a nada. Con alternancias nas dúas portarías, solventadas polas cancerbeiras, chegouse aos últimos minutos. Anita por dúas ocasións estrelaba o balón no pao para desesperación dos afeccionados ourensáns, compañeiras e ela mesma. O segundo foi no último minuto de encontro, e o mesmo propiciou unha contra que as alfareiras non desaproveitaron. Así, Andrea Feijoo facía o segundo gol visitante a falta de 23 segundos o que suporía o 1-2 definitivo. Pola súa banda, Sara Moreno tivo que sair do campo lesionada. As exploracións no seu xeonllo non revelan gravidade e poderá xogar na vindeira xornada.

O técnico, Óscar Vivián, foi expulsado na segunda metade do encontro. Gironella Esta fin de semana celébrase a cuarta xornada en Primeira División e o Ourense Envialia visita a cancha do Gironella. O conxunto catalán aínda non leva sumado un só punto na competición; ben é certo que tivo un inicio moi complicado. Na primeira xornada perderon na casa contra o Roldán por un gol a dous; na segunda, caeron en Alcorcón por 6-2; e na pasada fin de semana foron derrotadas polo Universidad de Alicante por 5-1. O Ourense pódese aproveitar e sacar algo positivo do seu desprazamento. Pero non será sinxelo; xa que a pesar de non puntuar aínda na Liga o Gironella é moi difícil de batir na súa cancha.

O Cidade As Burgas asaltou Vistalegre e venceu ao Burela por 0-5 na terceira xornada de Liga. Chegaban as ourensás coa decepción de perder nos últimos segundos na anterior xornada contra o Futsi. A incógnita era saber se se darían recomposto. As dúbidas comezaron a disiparse cando o Cidade comezou a plantarlle cara ao todopoderoso Burela, e cunha gran defensa as locais non eran quen de abrir o marcador. A que si o fixo foi Vanessa, que tras esquivar a porteira Jozi anotaba o 0-1 para as visitantes. As laranxas tiveron varias ocasións antes do descanso, pero o marcador non se movería. Trala reanudación, as franxiverdes continuaban facendo un partido serio, sobre todo atrás. Como consecuencia chegaría o segundo gol obra de Iria. Pouco despois a porteira Ana sorprendería a todos cun remate desde a súa área que se colaba na portaría do Burela. Con 0-3 o equipo lugués tentouno de todos os xeitos, pero estaba claro que non era o seu día. Vanessa lograba o seu segundo gol da tarde e o cuarto do conxunto ouren-

sán, obrigando ao adestrador local, Quico Otero, a apostar polo xogo de cinco buscando un maior control do partido. Co Burela volcado en ataque Iria redondearía a goleada cun gol desde o córner propio, cando Shiori estaba facendo o cambio de porteira con Jozi. Unha vitoria que dá moita moral ás ourensás e que invita a pensar que este ano poden facer grandes cousas. Universidad de Alicante O próximo rival do Cidade será o Universidad de Alicante. O encontro terá lugar o 4 de outubro na central dos Remedios ás 17 horas.

As alicantinas son sextas con catro puntos. En tres xornadas xa tiveron todos os resultados: vitoria, derrota e empate. Venceron ao Gironella (5-1) na pasada xornada; empataron co Alcorcón (2-2) na primeira e perderon contra o Burela na segunda (4-1). Pola súa banda, o Cidade marcha en cuarta posición con seis puntos. Venceron a Orvina (0-4) e ao Burela (0-5), na primeira e terceira xornada, e perderon contra o Futsi na segunda (4-5). Futsi No encontro contra o Futsi a alternancia no electrónico foi a nota predominante. No tramo final as madrileñas vencían por 3-4. Cando o tempo se esgotaba, un penalti errado por Lucía Nespereira fixo perder a concentración das xogadoras, e o Futsi lograría o gol que lle daba a vitoria.

Encontro do Cidade contra o Futsi nos Remedios./R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

MOTOR

Os afeccionados ao motor teñen unha cita no III Rali Ourense-Ribeira Sacra 4 A proba automobilística, valedeira para o Campionato de Galicia de Ralis, disputarase os días 3 e 4 de outubro. P. L. Ao redor de cen automóbiles chegados das catro provincias galegas, Asturias, Cantabria, Castela e León e o norte de Portugal participarán este venres 3 e sábado 4 de outubro no III Rali Ourense-Ribeira Sacra, valedeiro para o Campionato de Galicia de Ralis. Os pilotos deberán cubrir cinco tramos, un deles novidade: unha superespecial de subida a Castro de Beiro de 5,1 km que se disputará na noite do venres 3 (a partir das 21 h). Os outros catro tramos percorreranse durante a xornada do sábado, con dúas pasadas en cada un deles. MacedaBaldrei, de 10,4 km, con saídas ás 9:10 e 12 horas; San Miguel-Luíntra, de 10 km, e con saídas ás 10 h e 12:50 H. Xa pola tarde, cronometraranse os tramos Ordelles-Esgos, de 12 km (pasadas ás 16:17 e 18:47 h) e Melias-Luíntra, de 10,3 km (con saídas ás 17:10 e

19:40 h). A entrega de premios realizarase ao remate do rali na praza do Concello de Luíntra. A pesar de que o título galego está xa en mans de Iván Ares, o piloto non se perderá esta cita. Xunto a el estarán os primeiros clasificados do campionato galego, entre os que se atopan Pedro Burgo, que prometeu dar espectáculo. Promoción A proba foi presentada no Concello de Ourense, coa presenza dos seus organizadores, a escudería Luíntra, dos alcaldes dos municipios polos que discorre (Ourense, Nogueira de Ramuín, Maceda e Esgos), do vicepresidente da Deputación Provincial e do presidente da Federación Galega de Automobilismo. Todos eles destacaron a importancia deste evento deportivo para a zona, tanto polo público que move como pola promoción da Ribeira Sacra que realiza.

O alcalde de Maceda, Francisco Xavier Oviedo, o presidente da Escudería Luíntra, Roberto Soto, o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o alcalde de Nogueira de Ramuín, José César Parente, o concelleiro de Deportes de Ourense, Alfonso Vilachá, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, e o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación do III Rali Ourense Ribeira Sacra./P.LODEIRO.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

POLIDEPORTIVO

Dobre ración de auga no Desafío Winnerman 4 Venceron Marc Ciurana e Laura Pimentel. Redacción No mes de setembro Ourense acolleu por primeira vez o Desafío Winnerman. Unha proba que se celebrou entre o encoro de Velle e a marxe dereita do río Miño e que combinaba dúas modalidades deportivas; nadar, correr e volver a nadar. Os participantes tiveron dobre ración de auga; á natación no encoro de Velle uniúselle a forte choiva que sufriron os deportistas. Tres foron as categorías segundo o nivel de dificultade e a idade. A primeira delas foi a categoría promesas onde Ane de la Fuente (Liceo) e Noel Quiroga (Pabellón Ourense) foron os vencedores. De la Fuente realizou os 250 metros a nado, os 500 correndo e de novo 250 metros nadando en 11 minutos e 31 segundos; Quiroga empregou un

tempo de 11 minutos e 33 segundos. Completaron o podio feminino Lorena Díaz (Liceo) e Eyen Díaz (Sincro Ourense), segunda e terceira respectivamente. Jacobo Caride, segundo, e Héctor Álvarez, terceiro, ambos os dous do Pabellón completaron o podio masculino. En categoría popular Sara Naveiro (Liceo) foi a primeira muller cun tempo de 34 minutos e 17 segundos. Ezequiel Quiroga foi o primeiro home ao completar os 500 metros a nado, 3km a pé e outros 500 metros nadando nun tempo de 30 minutos e 23 segundos. Desafío Winnerman A proba máis espectacular era o Desafío Winnerman. Proba na que había que nadar un quilómetro, correr cinco e volta á auga para nadar outros mil metros máis.

A nadadora ourensá, Laura Pimentel, foi a primeira clasificada ao rematar a proba en 47 minutos e 39 segundos Tras ela chegaron Isabel Rodríguez (Monforte) e Jennifer de la Fuente (Barakaldo). Marc Ciurana (Pabellón

Ourense) foi o vencedor masculino na proba raíña logo de parar o crono en 43 minutos e 17 segundos. Segundo foi o deportista do Liceo, Jesús de la Fuente (43:53) e terceiro o do Natación Monforte, Pablo Valcarce (44:19).

Os participantes nadaron un quilómetro, correron cinco e volveron a nadar outros 1.000 metros./RAMSÉS

Open Ourense e Bremen, campións do “Octopus Hockey Festival” 4 Participaron sete equipos. Redacción Os días 13 e 14 de setembro celebrouse no campo de herba artificial de Mariñamansa a novena edición “Octopus Hockey Festival”, con sete equipos participantes. En categoría masculina foi o equipo anfitrión, o Open Ourense, o que gañou o torneo logo de impoñerse na final ao Sport de Porto por un gol a cero. En terceira posición rematou o CD Open Vigo tras impoñerse ao UHC de Hamburgo. Os alemáns demostraron maneiras, pero non chegaron ao nivel que esixe este torneo de veteranos. En mulleres, tras xogar unha liguiña, foi o

conxunto alemán do Vahrgemeinschaft o que se alzou coa vitoria. As de Bremen, cunha plantilla curta, mostraron toda a súa experiencia. Co trofeo na man invitaron ás xogadoras locais a participar na cita de Bremen 2016. Non só hoquei Pero durante esa fin de semana non todo foi hoquei. Os deportistas veteranos chegados de Portugal e de Alemania puideron gozar das augas termais e da gastronomía local; cunha viaxe no tren turístico e unha visita ao casco vello.

Os extranxeiros gozaron da gastronomía e turismo locais


10

BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

ARTES MARCIAIS

O Famu de Frutos, líder da Liga de judo 4 Trala disputa da primeira xornada. Redacción

O Club Artai enfúndase o cinto negro 4 Tiveron lugar as entregas de diplomas federativos de cinto negro, monitor e arbitraxe de kung-fu, protagonizadas polo club ourensán. Redacción O pasado 19 de setembro as instalacións do Club Artai de Ourense acolleron a entrega dos diplomas federativos de cinto negro de kung-fu 1º e 2º nivel. Os novos Cintos Negros superaron as probas teóricas e prácticas para obter o devandito grao na especialidade kung-fu moderno. Entre os requisitos para a obtención do cinto negro atópanse: manexo de armas curtas (sabres e espadas), manexo de armas longas (paus e lanzas), loita chinesa (shuaijiao), combate chinés (sanda) e tai chi (taijiquan). O director de graos da Federación Galega de Kungfu, José M. Suárez, felicitou o profesor do club ourensán, Aarón Blanco, pola gran calidade dos alumnos da súa escola.

da Federación Galega de Kung-fu. As novas titulacións preparan aos árbitros en todas as especialidades de kungfu: sanda (combate), taolu (formas), taiji (tai chi), shuaijiao (judo chino), duilian (combates preparados) e exhibicións grupais. As titulacións constan de tres niveis: nivel I (rexional), nivel II (autonómico) e nivel III (nacional). Así, os novos árbitros de nivel I (rexional) son: Andrés Piñeiro, Sergio Parga, Emanuel Álvarez, Sergio Dos Santos, Jaime Álvarez, Adán Rodríguez, Joaquín Pazos, Ana Soto, Julio Díaz, Brais Novoa, Brahim Tamesna, Ngagne Faye, Mauro Videira, Juan M. González e Sara Álvarez. E de nivel II (autonómico) lograron o título Abraham Rodríguez e Sonsoles Fabián.

diplomas de monitor de kung-fu moderno, nun acto que contou coa presenza dos directores dos clubs galegos e da directiva da propia Federación Galega de Kung-fu. Os novos monitores de kung-fu recibiron de mans do presidente da Federación, Carlos Alonso, os certificados tras superar probas teórico-prácticas que se realizaron entre os meses de marzo e xullo do presente ano. Once dos novos monitores son de Ourense, dos clubs E. D. Artai e Wushu/ Kung-fu Club Ourense. En concreto, Andrés Piñeiro, Sergio Parga, Emanuel Álvarez, Sergio Dos Santos, Jaime Álvarez, Adán Nieto, Joaquín Pazos, Ana Soto, Abraham Rodríguez, Julio Díaz e Sonsoles Fabián.

Arbitraxe Unha semana antes, o 12 de setembro, o ximnasio Artai foi testigo da entrega dos diplomas de arbitraxe

Monitor Asemade, o pasado 27 de setembro, no edificio das federacións deportivas de Vigo, fíxose entrega dos

Entre os novos monitores de kung-fu hai dez ourensáns

O pavillón municipal de Oira acolleu a primeira xornada da 12ª edición da Liga de judo de clubs “Trofeo de judo Cidade de Ourense”. Tres equipos remataron a xornada inaugural imbatidos. O primeiro deles e líder da clasificación é O Famu de Frutos A, de Vigo con 17 vitorias e 170 puntos. Seguindo ao conxunto vigués está o ferrolán de Entyl I. Bitácoras con 16 vitorias e 144 puntos. Pecha os postos de honra o Judo Club Arteixo con 15 vitorias e 135 puntos. Esta primeira xornada serviu para perfilar os favoritos de cara á fase final. Vindeiras xornadas A segunda xornada desta Liga celebrarase o vindeiro 18 de outubro na mesma sede. E a terceira e última da fase regular disputarase o 25 de outubro. A fase final disputarana os catro mellores clubs. Equipo ourensán feminino Este ano reduciuse o número de clubs participantes pasando de 19 a 14, debido á ausencia dos lusos e dos castelán-leo-

Por primeira vez participará na Liga de Judo un conxunto feminino ourensán, dirixido polo mestre Montero

Dous contricantes nun combate na primeira xornada da Liga de judo disputada no pavillón de Oira./RAMSÉS. neses. Pero a ausencia máis salientable é a do equipo ourensán do Marbel. As numerosas baixas por motivos laborais, lesións ou retiradas fixeron que se tomara esa decisión. Porén, haberá por primeira vez un conxunto ourensán feminino, que loitará con outros oito equipos. O mestre Manuel Montero dirixirá un grupo no que predomina a xuventude.

As ourensás incorporán ás súas fila á judoka do Club Coruña, Rebeca Garrán, á espera de conseguir outra fichaxe para a categoría de +63 quilos. Para o adestrador o obxectivo é “aterrar nunha nova competición co mellor pé” e non se molla ao asegurar que o resultado “será unha incógnita”. A categoría feminina comezará a competición o 18 de outubro.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

POLIDEPORTIVO

Campionato Provincial de pádel 4 Puntuable para a Federación Galega de Pádel. Redacción As instalacións de P21 Pádel Club de Ourense acolleron entre o 8 e o 14 de setembro o Campionato Provincial Absoluto de Pádel, que reuniu ás mellores parellas de pádel da provincia. O torneo, puntuable para a Federacion Galega de Pádel, contou cunha gran participacion e con moita expectacion por parte dos afeccionados a este deporte, que cada día conta con mais seguidores. Despois dunha semana con grandes

partidos, chegouse á fase final. Vencedores No cadro principal a parella formada por Tono González e Quique Conde enfrontábase a José Ángel Blanco e Carlos Valenzuela. González e Conde impuxéronse a Blanco e Valenzuela, proclamándose campións provinciais. Na final de consolación, José Lucas Núñez e David Rodríguez superaron a Rubén Borrajo e Manuel Grande.

Carlos Trigo, o único ourensán no Mundial de trampolín

4 A pesar de que lograron clasificarse dez. Redacción O ximnasta ourensán Carlos Trigo será o único da nosa cidade que acuda ao Mundial de trampolín de idades. E iso que hai nove ximnastas máis clasificados para o mesmo. Trigo acudirá ao Mundial porque actualmente está estudando en Estados Unidos, e por iso este campionato, que se

A tempada de CD Ourense de “30 partidos, 30 vitorias”, nunha exposición 4 A mostra, situada no Centro Comercial Ponte Vella, conta con fotografías, equipamentos e obxectos da histórica liga de 1967-68. Redacción Os xogadores de Club Deportivo Ourense da tempada 1967-68, que lograron o histórico récord de gañar todos os partidos

de liga, inauguraron unha exposición o sábado 27 de setembro no Centro Comercial Ponche Vella. A mostra pretende ser unha homenaxe a xogadores, adestrador e directi-

Parte dos xogadores da época rodaron no campo do Couto un documental sobre esa tempada única

vos que lograron estes resultados históricos e nela pódense ver as camisetas orixinais de Varela e Tunes, o balón do último partido en Santiago de Compostela onde se logrou o pleno de vitorias, a Placa de Prata ao Mérito Deportivo, o Trofeo de Campión de Liga, carnés daquela tempada e multitude de

Á inauguración desta exposición acudiron algúns dos integrantes de Club Deportivo Ourense que fixeron historia na liga de 1967-68./RAMSÉS

celebra en Daytona Beach (Florida) suporalle un gasto menor que para os que teñen que ir desde España. Decisión Tanto pais coma adestradores do Club Ximnasia Pavillón decidiron, mediante unha reunión, non acudir á cita mundialista. O alto custo que suporía asistir (arredor de 2.000 euros por ximnasta) fixo fotografías e recordos. Os xogadores desa inigualable liga foron recibidos ese mesmo día polas autoridades do Concello e a Deputación de Ourense, que lles entregaron uns obsequios conmemorativos da visita. Documental Pola tarde, estes deportistas xa veteráns desprazáronse ao Campo de Fútbol do Couto para gravar imaxes para o documental “30 partidos, 30 vitorias”, que a produtora Visual Q quere presentar no Festival Internacional de Ourense a finais de novembro. Entre os xogadores presentes atopáronse Anxo Martínez Rumayor (capitán), José Manuel Esnaola Irusta, Adolfo Estévez Oñate, Fernando Astigarraga Iriondo, Manuel Batalla García “Lolín”, Fernando Tunes Merlo, José Luís Soage Villanueva “Pito”, Fernando López Guitián, José Arturo Rodríguez Buján, Federico Jesús Elena Márquez, José Carballeda Pérez, José Francisco Lozano Prado, Carlos Couceiro “Pataco” e Manuel Conde Rivas.

Entre os obxectos expostos atópase o balón do último partido de liga

11

que se declinara a participación que se gañaron por méritos propios. A Federación, dende sempre, non axuda a ningún ximnasta que acode a eventos internacionais por idades (aos absolutos si). Pero, ademais, obriga a mercar a equipación da selección que ten un prezo que ronda os 50 euros, incrementando aínda máis os gastos. Futuro O futuro destes ximnastas é moi prometedor e seguro que teñen máis posibilidades de participar en eventos deste calado. Pero ninguén lles pode quitar a desilusión de ter que declinar por motivos economicos a participación neste Mundial que se gañaron a pulso.

Eduardo Novelle é un dos ximnastas ourensáns que non poderá acudir ao Mundial.


12

BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

POLIDEPORTIVO

A liga de fogo central xa coñece vencedor

EN BREVE

4 O Galmédica comeza a liga en casa Esta fin de semana comeza a competición na 3ª División Nacional do tenis de mesa. O único representante ourensán será o equipo do Galmédica Ourense. Os ourensáns comezan a Liga na casa contra o Monteporreiro Mixilón. Os encontros terán lugar o sábado 4 de outubro a partir das 10.30h no Pazo dos Deportes Paco Paz. Este ano o obxectivo do Galmédica e estar o máis enriba posible da clasificación, como xa o fixera a pasada campaña.

4Curso de

monitor de fútbol base en Verín A Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Nacional de Adestradores, e o Concello de Verín promoven a realización dun curso federativo de monitor de fútbol base na localidade. O curso ten por finalidade proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor. Os participantes recibirán un diploma que acredita para adestrar equipos federados ata a categoría cadete. Ata o día do inicio de curso, o 28 de outubro, está aberto o prazo de inscrición, a un prezo de 150 euros. Hai dispoñibles 35 prazas. As clases realizaranse martes e mércores ata o 28 de xaneiro, en horario de 20 a 22.30 horas.

4 Restan dúas tiradas no Torneo Auriense e tres na Copa Ourense de armas neumáticas. P.L.

Partido da Copa Federación de Balonmán disputado nos Remedios./RAMSÉS

O Pabellón Balonmán, clasificado para a final a catro da Copa Federación 4 O conxunto feminino descansou esta xornada. Redacción O equipo masculino do Pabellón Balonmán visitou o pasado domingo 28 de setembro La Bombonera de Redondela, na que acadou a vitoria fronte o SAR. Este triunfo fai que o equipo ourensán se clasifique para a final a catro da Copa Federación, que terá lugar no mes de maio. Polo que o primeiro obxectivo da tempada está cumprido. O partido iniciouse co dominio claro dos ourensáns distanciándose no marcador. Con todo, as imprecisións fixeron que se chegara ao descanso

coa máxima igualdade (1212). No segundo tempo, a alternancia no electrónico foi a nota dominante. Cara ao final do encontro xurdiu a figura do porteiro visitante, Rubén, facendo grandes paradas, amais de atallar un penalti nos últimos segundos do envite. Finalmente os pavillonistas lograron a vitoria por un tanto de diferenza (21-22), e cumpriron o obxectivo de acceder á fase final. Esta fin de semana co-

meza a Liga e o Pabellón regresará, novamente, a Redondela para xogar contra o SAR. Feminino O conxunto feminino descansou esta xornada. Ás pavillonistas tocáballes xogar contra o Acaluba lucense, pero este retirouse da competición. Esta fin de semana visitan Lalín para tentar acadar os primeiros puntos da tempada.

O Pabellón Balonmán masculino comeza a Liga en Redondela, pola súa banda, o conxunto feminino enfrontarase ao Lalín fóra de casa

Luis Miguel Mediavilla Dominguez lidera o Torneo Auriense na categoría séniors-damas. Na súa quinta edición e logo da tirada correspondente ao mes de setembro, o tirador local suma 1.606 puntos. Sígueno na clasificación Marcos Castro, con 1.473 puntos, e Esteban Alleres, con 1.465. Pola súa banda, en veteranos, o primeiro posto da clasificación está nestes momentos, a falta de dúas tiradas para que remate a liga, en mans de Francisco Rodríguez, que leva 1.578 puntos. Tras el Juan José Conde Manso e José Francisco Biempica, con 1535 e 1524 puntos, respectivamente. O Torneo Auriense é unha das competicións organizadas polo Club de Tiro Eiroás que máis tiradores reúne, un total de 53 participaron este ano nalgunha das súas tiradas. Quedan dúas tiradas para coñecer os seus vencedores na edición de 2014. En setembro tamén se disputou en Eiroás a sexta e última tirada da liga de fogo central. Para poder entrar na clasificación final, os deportistas debían completar alomenos tres tiradas ao longo do ano. En sénior quedou primei-

ro Esteban Alleres, con 1.547 puntos, e seguírono no podio Miguel Ángel de la Cruz, con 1.524 puntos e Juan Manuel Colomé con 1.302 puntos. En veteranos, gañou a liga Francisco Álvarez, que conseguiu 1.633 puntos sumando as súas tres mellores tiradas do ano. Segundo foi Juan José Conde Manso, con 1.630 puntos, e terceiro Francisco Rodríguez, con 1.624. 42 tiradores participaron este 2014 nalgunha tirada da liga de fogo central. En canto á Copa Ourense de Armas Neumáticas, a falta de tres tiradas para que remate a competición, lideran a clasificación de pistola Manuel Somoza e Nuria Mera, a de carabina, Luis Iglesias e Carla Nieto, e a de pistola discapacitados Víctor Álvarez e Aurora López. Campionato galego de aire comprimido Por certo que o Campionato galego de aire comprido contará este ano con pouca presenza de tiradores de Ourense. Só Nuria Mera participará e o próximo 5 de outubro en Arteixo na proba de pistola donas. Os séniors disputarán a súa competición en Eiroás o 19 de outubro, e a inscrición está aínda aberta ata o 8 dese mes.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

CICLISMO

13

Loñoá encumbra a Adrián García

Aida González vence en Marín

4 O ciclista vigués imponse ao sprint a Juan José de Pádua.

A alevín Aida González venceu en Marín, e tres ciclistas máis da Escola de ciclismo de Maceda logran podio. Gran xornada a do 21 de setembro para a Escola de Ciclismo J.A. Hermida do C.C. Maceda. A localidade pontevedresa acolleu a penúltima proba do calendario galego de mini BTT. Amais da vitoria de Aida, o cadete Abel Franco alcanzou a segunda posición na súa categoría e a piques estivo de lograr a vitoria. En alevín, Marco Nube remataba terceiro nunha gran carreira. Antía Martínez, infantil, subía ao terceiro caixón do podio. Asemade, o infantil Carlos Canal remataba cuarto quedando ás portas do podio, o mesmo que Saúl Vázquez en prebenxamíns.

Redacción O ciclista vigués vence en Loñoá ao sprint por diante de Juan José de Pádua. 90 corredores participaron nestes xogos mundiais de ciclismo organizados pola Fundación AD-Moure. O vigués foi o primeiro en atravesar a liña de meta desta proba que se disputou no circuíto de 7 km de Loñoá. Oito voltas debían dar para completar os 56 quilómetros de que constaba a proba. Desde os primeiros compases a carreira xa se moveu, pero non foi ata a metade da proba cando se desataron as hostilidades. Catro ciclistas lograban sacar unha van-

taxe dun minuto con respecto ao pelotón. Entre os catro fugados atopábanse Adrián García e Juan José de Padua, que lograron nos últimos metros distanciarse dos outros dous compañeiros de escapada. Isto supuxo que a vitoria se xogara entre os dous, impóndose finalmente García (máster 30). A pouco máis dun minuto entraría o pelotón encabezado por Francisco Iglesias. O primeiro ciclista de categoría máster 50 en rematar a carreira foi Cesár Mendoça; de máster 60, Rafael Navarro e o primeiro sénior, Samuel García.

Ciclistas na proba de Loñoá./IÑAKI OSORIO

Redacción

Saída da penúltima etapa da Volta Ciclista a España de Luíntra./RAMSÉS.

A Volta Ciclista a España pasou por Ourense 4 Foi o 13 de setembro, na penúltima etapa da ronda española. Redacción O sábado 13 de setembro celebrouse a penúltima etapa da Volta Ciclista a España. A ronda española partiu nesa xornada de terras ourensás. A saída neutralizada deuse pasadas as 12 do mediodía e tivo como escenario o centro de Luíntra. Diante da serpe multicor, que xa estaba preparada para a batalla que ían a brindar, estaban os políticos preparados para cortar a cinta que daba o pistoletazo de saída da etapa. O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio, Martínez; o subdelegado do Goberno en

Ourense, Roberto Castro; o presidente da Deputación, Xosé Manuel Baltar e a directora xeral de Turismo, Nava Castro foron os que estiveron presentes para dar por iniciada a etapa. As rúas de Luíntra estiveron ateigadas de público que non se quixo perder a saída dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo. Os afeccionados puideron gozar ao estar ao carón dos seus ídolos. “Purito” Rodríguez, Chris Froome, Alejandro Valverde e, sobre todo, Alberto Contador eran os máis buscados, pero tamén estaban outros ciclistas de renome como Fabio Aru, Samuel Sánchez, Luis León Sánchez, entre outros.

Por Ourense Logo do inicio da etapa 21 desde Luíntra, o pelotón percorreu terras ourensás durante varios quilómetros e máis dunha hora, para saír da provincia pola zona sur de Lugo. A etapa rematou nos Ancares e deixou a Alberto Contador coma vencedor da xornada e sentenciando a clasificación xeral. Ao día seguinte a contrarreloxo de Santiago certificou a Alberto Contador coma vencedor final da 69ª Volta Ciclista a España.

Alberto Contador foi o vencedor desta xornada e da 69ª edición

Aída González./CEDIDA.


14

BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

ACTUALIDADE

120 mochilas-botiquín para a Federación Galega de Fútbol 4 A Deputación de Ourense entregounas aos equipos que xoguen a Copa provincial. Redacción

Juan Carlos Parada, Ramón Seijas e Santiago Garza presentaron o salón do automóbil.

A Deputación de Ourense entregou120 mochilasbotiquín á Federación Galega de Fútbol en Ourense. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, fixo entrega ao presidente da Federación

Galega de Fútbol en Ourense, José García Liñares, e ao delegado, José Luis Cachaldora, de 120 mochilasbotiquín, que se repartirán aos clubes que participan na Copa Deputación. A institución provincial quere, deste xeito, amosar o seu apoio ao fútbol provincial.

Moi equipado Ademais de cos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios, o botiquín está equipado con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.

Máis de mil coches de 23 marcas no 6º Salón do Automóbil en Expourense 4 A cita coas últimas novidades no sector da automoción será do 3 ao 5 de outubro, mentres que o vehículo de ocasión resérvase para os días 10 a 12 de outubro. Redacción Expourense incorpora ao seu calendario feiral de 2014 dúas novas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, organizan para as dúas primeiras fins de semana do mes de outubro o que será xa o 6º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ao 5) e o 6º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 10 ao 12). O salón foi presentado polo presidente en funcións do Comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada, o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, e o membro da executiva da ACAUTO, Santiago Garza. Seijas indicou que “esta será a maior concentración de vehículos na provincia este ano”. Está confirmada a parti-

As marcas presentarán os últimos lanzamentos

cipación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provincia asociados a ACAUTO. En total participarán unha vintena de empresas que engloban en total 23 marcas de vehículos: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2015. En total, durante as dúas fins de semana, o recinto feiral de Expourense acollerá máis de 1.000 automóbiles. O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo que poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico.

Desconto de 6.000 euros Para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización sortearán entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros. Pola súa parte, Expourense sorteará entre os visitantes estadías en Balnearios de Galicia. A venda de automóbiles é un dos indicadores de consumo máis fiables á hora de avaliar a situación económica dunha rexión. Segundo Ramón Seijas, “logo de anos moi difíciles as vendas están repuntando. En Ourense a venda de automóbiles subiu no que vai de ano un 12% con respecto a 2013, o mesmo que na provincia de Lugo”. Dende ACAUTO indican que agora é un bo momento para mercar un vehículo. Os que se acheguen ata estes salóns en Expourense poderán ademais obter información sobre as distintas axudas e incentivos existentes á hora de adquirir un vehículo como o Plan PIVE 6 que está tendo moi boa acollida.

José Luis Cachaldora, Manuel Baltar, José García e Bernardino González, coas mochilas-botiquín./ALBERTE PAZ.

Os Remedios, accesible para persoas autistas 4 Uns pictogramas facilitaranlles o acceso. Redacción O Consello Municipal de Deportes, Autismo de Galicia e a Asociación

Trascos fan accesible o pavillón dos Remedios ás persoas que padecen autismo. Mediante pictogramas dispostos en varios puntos

do recinto deportivo búscase mellorar a accesibilidade a estas persoas que son asiduas a estas instalacións. Escolléronse pictogramas xa que as persoas con autismo comprenden mellor a información ofrecida con imaxes. Ademais, esta información en forma de pictograma e frases sinxelas pode servir a outros usuarios como persoas maiores, persoas con discapacidade intelectual ou dificultades de comprensión lingüistica.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas Nº105- Ano: VI - 2 de outubro de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4PRACTICANDO SAÚDE

4O RINCÓN DO MESTRE

Vertentes do adestramento

Deporte e realidade CAPÍTULO 41. Fundamentos pedagóxicos No proceso de ensinoaprendizaxe a explicación ha de ser breve e a demostración clara. Cando traballamos con mozos deportistas, moitas veces queremos lucirnos con longas e tediosas explicacións. É un tremendo erro. Dicía Gracián: “O bo se breve, dúas veces bo”. Iso corrobora que a teoría é boa se é breve. É un despropósito aburrir aos mozos deportistas, cando ante as súas miradas hai un número determinado de material deportivo, co que están a desexar entrar en contacto. A explicación debe ser breve, e a demostración clara e sinxela. Os mozos xogadores deben observar o correcto, para aprender o correcto. A adecuada progresión é a clave do éxito. Os educadores-ensinantes xamais deberán improvisar o traballo que impartirán nas súas clases. Han de programar e preparar detalladamente o traballo a levar a cabo coa adecuada progresión. No deporte de base toda actividade é progresiva, e é necesario dominar os pasos formais da progresión. É moi importante captar o interese dos alumnos, ofrecerlle amizade e un traballo variado, agradable e divertido. As novas promesas non son adultos en pequeno como se pensaba hai anos, senón máis ben seres

en evolución que han de superar as diferentes etapas psicomotrices. Melloraremos o seu progreso humano e deportivo se gañamos a súa confianza e amizade e témoslles da nosa man. É de suma importancia coñecer a súa contorna familiar e escolar para poder axudarlles naqueles aspectos que necesiten tanto no ámbito persoal como no deportivo. Os pequenos deportistas queren alegría no seu traballo. É un evento co que soñaron horas e horas, e este momento xorde cando se pon ás ordes dos seus educadores-ensinantes. Para iso, os educadores-ensinantes deben ter moito de actores. Se lles brindamos amizade, afecto, dentro dun marco de disciplina cordial, e un traballo variado, alegre e divertido, lograremos o máis importante dentro do proceso educativo-formativo: O seu interese. Sería absurdo que despois de conquistalo, se nos escapara das mans, por calquera erro pedagóxico. A disciplina debe de ser cordial, pero os pequenos deportistas deben recoñecer a autoridade. Non sempre é fácil frear o temperamento e a impetuosidade dos mozos deportistas. A través do xogo liberan as súas enerxías, moitas veces traspasan o límite do aconsellable. Ante estas situacións, non debemos utilizar o látego nin humillar. Hai sancións pedagóxicas que

non magoan a ninguén: dar cinco voltas camiñando ou trotando ao redor dun espazo delimitado. Así aprenderás a non insultar a un compañeiro. Non volverás integrarte ao adestramento, mentres non se cumpa o tempo de sanción. A ver se empezas a dominar o teu mal carácter, etc. É importante ter o maior número de material posible. Cando os profesores se enfrontan a un grupo de mozos deportistas para levar a cabo o seu traballo, deberán contar co material suficiente e adecuado para manter o interese do grupo e sacar proveito do seu traballo. Se non nos preocupamos debidamente deste aspecto, é que somos técnicos rutineiros e obsoletos. A experiencia aconséllanos que cando tratamos con alumnos principiantes, resulta útil facer dous grupos específicos: os avanzados e os máis atrasados. No noso concepto, facelos aprender en mesmo grupo ten repercusións negativas, porque frustra, aburre aos avanzados e cohibe aos atrasados. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“A explicación debe ser breve, e a demostración clara e sinxela”

Sempre escoitamos que os beneficios do exercicio físico van máis aló de conseguir terminar unha carreira, perder uns quilos, gañar masa muscular ou pornos en forma. Poida que estes sexan os obxectivos máis populares e evidentes a primeira ollada pero non debemos esquecer o resto de beneficios que nos brindan as chamadas “tres vertentes do adestramento”, as cales pode que produzan sobre nós cambios máis profundos que o propio exercicio e axuden a aumentar a adherencia a un plan de adestramento. - Vertente social: Cada vez máis, practicar exercicio está a converterse nun evento social. Ultimamente, co auxe das redes sociais, podemos compartir as nosas fazañas deportivas ao momento ou atopar xente coa que adestrar preto de ti. As relacións sociais son un punto fundamental dentro da práctica de exercicio físico e grazas ás cales moitos deportistas comezan un plan de exercicio. Para a maioría da xente é máis fácil adestrar cando se fai en compañía dun grupo que só. Desta maneira téndese a non saltarse os adestramentos e o rendemento adoita mellorar. - Vertente mental: Adestrar o corpo é imprescindible, pero adestrar a

mente non é menos importante. O corpo acatará o que lle diga a nosa mente, polo que se adestramos a nosa mente mediante frases e imaxes positivas e de autosuperación, o rendemento físico vai mellorar. O noso límite físico está máis aló dese primeiro momento no que pensamos “non podo máis”. A motivación é outro aspecto mental fundamental; vídeos, libros ou razóns moi profundas polas que conseguir a nosa meta pódennos axudar a atopar e aumentar a nosa motivación. - Vertente física: É a máis evidente de todas e na cal os cambios se fan máis visibles e cuantificables. En función do noso nivel físico inicial, os cambios produciranse máis ou menos rápido e as adaptacións produciranse máis a curto ou longo prazo. Non debemos precipitarnos á hora de querer conseguir os nosos obxectivos, senón que debemos ir consumindo todas as etapas do adestramento. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

“O noso límite físico está máis aló dese primeiro momento no que pensamos ‘non podo máis’”

EN BREVE

4 Galego de clubs de halterofilia O sábado 4 de outubro terá lugar nas instalacións de Crossfit-Ourense o Campionato Galego de Clubs de Halterofilia. Esta competición será clasificatoria para o Campionato de España que se celebrará en Madrid do 24 ao 26 de outubro. A esta competición acudirán os mellores halteras galegos para axudar aos seus equipos. O C.H. Pavillón pelexará por estar no caixón xunto cos equipos de Vigo, Ferrol e Coruña. A competición comezará a partir das 10:30h na xornada de mañá, con dúas quendas. Pola tarde, a partir das 16 horas, disputaranse outras dúas quendas.

4 Kickboxing nos Remedios Este sábado 4 de outubro o pavillón municipal dos Remedios acolle unha velada de kickboxing, organizada pola Fundación Cipri Gomes. O evento é o XI Torneo Internacional de Kickboxing Cidade de Ourense, que dará comezo a partir das 22 horas. Nesta undécima edición do torneo, está previsto que se disputen 10 combates, seis deles de neoprofesionais e outros catro que loitarán polo título ibérico. O prezo da entrada será de cinco euros.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de outubro de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.