Bd101

Page 1

V Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala [Páx.2-3] CD OURENSE

Páx.6

47º RALI DE OURENSE

Páx.8

ATLETISMO

Páx.9-11

Éxitos nas pistas... ...e un futuro incerto no Couto

Miguel Fuster venceu no 47º Rali de Ourense, e Alejandro Fernández no Gran Premio de atletismo Festas de Ourense; mentres, os afeccionados do CD Ourense intentan buscar que o club non desapareza.

Número: 101- Ano: VI - 24 de xuño de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 11 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ESPECIAL V TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O Eurosport-Karlaska, a revalidar o título 4 Foi campión do Trofeo BD nas tres últimas edicións.

Todo listo para o V Trofeo Barrios Deportivo 4 Este ano haberá tanto torneo masculino como feminino. Redacción Os días 24, 25 e 26 de xuño disputarase a quinta edición do Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala o Torneo dos Campións-. A sede coma sempre será a central dos Remedios. Este ano son catro os equipos masculinos e dous os femininos os que participarán no campionato. No torneo masculino os equipos que participarán son: Hermanos Carral, Cidade As Burgas, Gestamp e o defensor do título, o Eurosport-Karkaska. Os dous equipos femininos que xogarán entre eles son o Castrelo de Miño e o Cidade de Ourense. O evento comeza este martes a partir das 21 horas co encontro entre o Eurosport-Karlaska e o Gestamp, ou o que é o mesmo, entre o defensor do título e o campión da Liga do Carballiño. O mércores 25 chega a segunda semifinal masculina que enfrontará ao Hermanos Carral (representando á Liga Provincial) e ao Cidade As Burgas (da Primeira Local de Ourense). O encontro terá lugar ás 21 horas. Este ano a novidade será o partido feminino, para

darlle un recoñecemento ao bo facer das féminas da nosa provincia. Finais O xoves 26 disputaranse as dúas finais. A primeira delas, a feminina, a partir das 20.15 horas enfrontará ao Castrelo de Miño contra o Cidade de Ourense (ambas as dúas escuadras de Liga Provincial). Para as 21.15 horas queda a final masculina, na que se verán as caras os vencedores das dúas xornadas anteriores. Todos contra o Eurosport-Karlaska Se hai un equipo que sabe perfectamente competir neste torneo é, sen dúbida, o Eurosport-Karlaska. Vencedor das tres últimas edicións (de catro que se levan disputado) conta con xogadores de gran nivel, que buscarán por cuarto ano consecutivo proclamarse campión de campións. O seu primeiro rival será o Gestamp. O conxunto do Carballiño buscará dar a sorpresa e vencer a un dos máximos favoritos ao título. Trofeo BD O Trofeo Barrios Deporti-

vo conta xa con catro edicións. Na primeira delas o vencedor foi o Sobrado. Logo dunha grandísima competición medíronse na final ao Lasider DyC, a quen venceron por 8-5. O segundo ano repetiría o Sobrado como finalista, pero nesta ocasión topáronse co En xogo/Karlaska (agora Eurosport). Nunha disputadísima final impúxose o En Xogo por un apretado 3 a 1. A terceira edición reuniría na final ao En Xogo contra o Mc Donald´s, equipo que chegara nas dúas edicións anteriores ata as semifinais. 4-2 foi o resultado final para o En Xogo. O ano pasado o Verín chegaba á final contra o En Xogo, pero o desgaste previo fixo que os de Monterrei chegaran xustos de forzas o que causou que na segunda metade non puideran seguir o ritmo dun En Xogo/Karlaska que tivo menos atrancos para chegar á final. O resultado foi de 10-3.

Os partidos terán lugar os días 24, 25 e 26 de xuño

Redacción

de Liga do Carballiño.

Se hai un equipo agardado no Trofeo Barrios Deportivo é o que foi o seu vencedor durante as tres últimas edicións: o Eurosport-Karlaska (antes denominado En Xogo). O conxunto ourensán chega aos Remedios co claro obxectivo de revalidar o seu título de campión de campións e sumar un logro máis aos acadados nesta tempada. Campión da Supercopa, subcampión da Copa Deputación e 4º na Liga Provincial, o EuroSport Karlaska estrearase no Torneo BD ante o Gestamp, campión

Equipo O equipo que participará nesta quinta edición estará composto por Congui e David como gardamallas; Suso, Sabucedo, Luis Ángel

Actuais xogadores do Eurosport-Karlaska.

A ilusión do Hermanos Carral 4 Rematou terceiro na Liga Provincial. Redacción O Hermanos Carral afrontaba a recén rematada

e Peque de peches; Tizón, Jacobo, Iago, Diego, Lois, Masid e Santi como alas; e Tractor e Temes na posición de pívots. Quique como adestrador e Ramón como delegado completan o banco do Eurosport-Karlaska.

tempada con moito respecto, xa que debutaban na Liga Provincial. Grazas aos goles do buque

Integrantes do Hermanos Carral na actualidade.

insignia (Manolito Carral) lograron puntos importantes de cara a facerse cunha máis que meritoria terceira praza. Outro dos grandes baluartes do equipo foi o gardamallas, Toño, que salvou moitos puntos para o equipo. Esta terceira posición final foi froito do esforzo de todos, quedando satisfeitos xa que se trata dunha Liga de nivel. Equipo O Hermanos Carral está composto por Manolito Carral (goleador, presidente, capitán e adestrador), David (delegado), Manuel Carral (segundo adestrador), Toño (porteiro), Obeza (segundo capitán), e Mini, Ocampo, Pablito Martínez “Yaki”, Kane, Kambeiro, Pupin, Cristian e Lois.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ESPECIAL V TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Gestamp loitará por un título máis 4 Esta tempada foi o vencedor da Liga do Carballiño. Redacción Con oito anos de historia, o Gestamp proclamouse este ano vencedor da Liga de Primeira local do Carballiño, logo dunha loita moi axustada co Dacón F.S. Gañou 23 encontros, empatou un e perdeu só tres, e os seus xogadores anotaron nada menos que 155 goles en toda a tempada. Na súa traxectoria tamén contan co trofeo ao mellor equipo da Segunda Local do Carballiño na tempada 2010/2011 e a Copa Deputación dese mesmo ano.

Equipo Nos seus inicios o equipo

Integrantes do Gestamp na tempada 2013/2014.

O Cidade de As Burgas “A” ascende a Provincial 4 Foi segundo no play off. Redacción O Cidade de As Burgas

estaba formado por traballadores da empresa que lle dá nome, Gestamp, aínda que na actualidade contan con xente de fóra. Nesta última tempada conformaron o equipo Quique como porteiro, Jorge como peche, Diego e Rubén (alas), Utrero (universal) e Daniel e Iván (ambos ala pívot).

“A” rematou o curso quinto do seu grupo na Liga Local de Ourense, o que lle deu

Xogadores do Cidade As Burgas “A”.

dereito ao play off de ascenso, no que acadou a segunda posición; polo que o vindeiro ano será equipo de Provincial. Cinco vitorias, dous empates e unha derrota foi o balance da primeira volta da liga. E as lesións, as protagonistas da segunda. Pero os ourensáns pelexaron ata o final polo seu obxectivo: subir de categoría. Equipo Conforman a plantilla do Cidade de As Burgas “A” Miguel, Ismael, Manuel, David, Saúl, Dani, Champi, Rubén, Iván, Adam e André. Rubén Cid é o seu técnico e Andrés o delegado.

Castrelo de Miño, a polo Trofeo BD 4 Foi 5º en Liga Provincial. Redacción Tras un inicio de tempada algo caótico, o Castre-

lo foi remontando posicións ao lograr a adaptación de varias xogadoras novas e a recuperación -despois dun

Xogadoras e corpo técnico do Castrelo de Miño.

Cidade de Ourense CF, estrea de éxito na Provincial 4 Foi o menos goleado. Redacción O Cidade de Ourense militou esta tempada por primeira vez en Provincial feminina coa idea de formar ás deportistas actuais e ir subindo ás das categorías inferiores da entidade. De feito, algunhas rapazas do infantil disputaron partidos cando o seu calendario de Liga autonómica llo permitiu. Así, proclamouse cam-

pioa de liga cedendo só unha derrota e dous empates. Foi

ano lesionada- de Mónica Naval, acadando un meritorio quinto posto na Liga Provincial Feminina. Maribel, adestradora do Castrelo, mostrouse moi satisfeita coa segunda volta pois só empataron dous partidos e gañaron o resto de encontros. A chave cre que estivo no acoplamento das rapazas que ascenderon do infantil, o descubrimento da pívot Laura, o regreso de Mónica e a ausencia de lesións grazas aos exercicios específicos que realizan nos adestramentos. Equipo Conforman o equipo Cristina e Adriana (porteiras), e Martina, Flavia, Ruth, Laura, Ana, Paloma, Masana, Lola, Pam, Alexia e Mónica como xogadoras de campo; a adestradora é Maribel. o equipo menos goleado e na Copa Deputación caeu en semifinais. Equipo Conforman o equipo Marta, Sabela, Dolores, Estefaína, Sandra, Verónica, María Cristina, Marta, Paloma, Mónica e Nancy. Enátali Fernández é a adestradora e Jaime, o delegado.

O Cidade de Ourense proclamouse campión de Provincial.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense xa move o mercado 4 Menos dun mes despois de que rematara a tempada, xa comeza a perfilar o novo equipo para a vindeira tempada. R. Torres Cartelle, campión da Copa Deputación de fútbol sala. /RAMSÉS

Cartelle e A Veiga, campións da Copa Deputación de fútbol sala 4 Venceron na final a Celanova e Eurosport / Karlaska, respectivamente. Redacción Cartelle e A Veiga proclamáronse campións da Copa Deputación de fútbol sala ao vencer a Celanova e Eurosport / Karlaska, respectivamente, nas finais. Os encontros, tanto de semifinais coma as finais, tiveron lugar no pavillón das Triguerizas de Celanova. Feminina En categoría feminina chegaban á final o Celanova e o Cartelle, despois de desfacerse en semifinais de Cidade de Ourense, as primeiras, e Amoeiro, as segundas. Na primeira metade da final dominaba o Celanova, pero cun Cartelle ben cravado atrás. Este dominio transformouse en gol, obra de Laura, aos 16 minutos resultado co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade o Cartelle foi a polo empate

e conseguiuno aos 15 minutos da reanudación por mediación de Vicky. Pero a falta de dous minutos, Vera adiantaba ás locais cun gol de Vera. O Cartelle, á desesperada, foi a por outro gol que levara a final aos penaltis. E a falta de medio minuto logrouno grazas a un penalti que transformou Patricia. Isto desmoralizou ás xogadoras do Celanova, que non estiveron acertadas desde a pena máxima, levando a Copa o Cartelle. Masculina A final masculina presumíase moi competida, pero A Veiga foi o claro vencedor ante o Eurosport / Karlaska. No minuto catro, Denis adiantaba á Veiga, o que facía descentrar aos xogadores do Eurosport, situación que aproveitaron novamente para poñer o 0 a 2 no electrónico (gol de

Antucho). A pesar de que o equipo da capital tiña as súas oportunidades, foi Carracedo o que poría o 03 antes do descanso. Na segunda metade máis do mesmo. Unha maior pegada dos da Veiga fixo que o marcador chegara ao 0-6 con goles de Denis, por dúas veces, e de Carracedo. A falta de tres segundos Tizón facía o gol da honra para o Eurosport.

Xogadores da Veiga celebrando a vitoria. /RAMSÉS

Menos dun mes despois de que rematara a Liga, o Ponte Ourense xa comeza a moverse de cara á nova tempada. Despois de rematar na sétima posición, lonxe dos postos de cabeza e lonxe de participar na Copa de España, o equipo pontino vai facer unha renovación na súa plantilla para lograr cotas máis altas a vindeira tempada. Segura é a continuidade de Laura Fernández “Laura”, Jéssica Diéguez “Chiqui”, Rosángela Souza “Ro”, Ana Rivera “Anita” e Sara Martínez “Sarita”. Amais incorpóranse ao primeiro equipo procedentes do filial, Verónica Touza “Vero” (quen xa disputou as últimas xornadas co primeiro equipo) e Paloma González. Vanessa Barberá, Marta Figueiredo e Bea Seijas tamén continuarán formando parte da primeira plantilla. Altas e baixas En canto ás novas incorporacións -amais das que suben do filial- e as que deixan o equipo, dicir que Raquel de Souza e Drica deixan a disciplina pontina. Pola contra, Sara Moreno regresa ao conxunto ourensán. Curioso é o caso de Raquel de Souza, logo de ser a xogadora máis determinante desta tempada con 26 goles no seu casilleiro.

Souza causará baixa no Ponte a vindeira tempada. /R.T. A brasileira competiu co cadro albinegro por segunda tempada consecutiva, logo de ser repescada do Alcorcón a principios da 20122013. Xa antes estivera no Ponte na época na que se proclamaron campioas de Liga. Drica é a outra baixa. Desde a súa incorporación, a xogadora non dera o nivel demostrado xusto antes da súa fichaxe, cando militaba no Rioxa, equipo co que chegou á final da Copa de España, sendo unha das sensacións do torneo. A que regresa á entidade pontina é unha vella coñecida. Sara Moreno regresa ao Ponte logo de militar a pasada campaña no AZ Gold Women da Liga Italiana. A andaluza militara fai tres

tempadas no Ponte, cando as ourensás foran campioas de Liga. Outra das incógnitas será a continuidade ou non do adestrador, Óscar Vivián. A pesar destes movementos, o club pretende pechar novas incorporacións. Cidade As Burgas No outro equipo ourensán da máxima categoría do fútbol sala, o Cidade As Burgas, as augas están máis tranquilas. Sen fichaxes polo de agora, é seguro que algunha xogadora do filial subirá ao primeiro equipo. Malia a todo, non quedan parados, e se puideran incorporar algunha xogadora máis non dubidarían en facelo, sempre e cando acepte as condicións do club.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xu単o de 2014


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

FÚTBOL

O Ourense B vence na Copa Deputación 4 A sorte dos penaltis foi esquiva co Verín. R. Torres

Socios do CD Ourense reunidos no estadio do Couto para buscar unha solución á situación crítica que atravesa a entidade “rojilla”. /RAMSÉS

Os socios do Ourense buscan crear unha plataforma para salvar ao club 4 Uns 200 socios reuníronse no Couto coa intención de unirse nesta situación. R. Torres Os socios do Ourense buscan crear unha plataforma para salvar ao club. Por ese motivo reuníronse uns 200 socios no estadio do Couto, o luns 23 de xuño, coa intención de unirse nesta crítica situación. O tempo apremia e o único movemento que se ve é o duns socios que polo amor ao club intentan buscar unha viabilidade que parece moi complicada. A intención é crear unha plataforma que comece a traballar dende xa en aras a salvar unha entidade de 62 anos de historia. O que pretenden é organizarse e unirse para que se saiba que son moitos os socios que queren o club e a súa salvación e que van facer o posible para que perviva. Co tempo apremiando como está, unha plataforma levaría consigo moito papeleo, o que suporía perder tempo. Polo que estiveron reunindo firmas para que se saiba que todos os presentes na reunión, en representación de todos os socios, van moverse polo club. O primeiro deses movementos é descubrir aos accionistas maioritarios para esixirlles que dean a cara. “Nunca dan a cara”, é o que máis se escoitaba na bancada. Unha vez coñecida a

súa identidade pediranlles responsabilidades públicas e que digan se lles interesa o club ou non. Pola protección de datos non se pode saber quen son os donos, a non ser que vaia ao Rexistro un accionista e solicite tal información, que non podería facer pública. Aínda que non se poidan saber os nomes dos donos, si que se sabe que son preto de 1.000 as persoas que teñen accións. Outra das iniciativas que pretende facer esta plataforma é pedir unha reunión coas persoas que se intúe teñen máis accións. Os nomes que saíron á palestra son os de o ex presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, e o dun ex presidente do club, o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane. O nome do ex presidente da Deputación saíu porque coméntase que Baltar comprara as accións no seu momento e as colocara a moitas persoas afín a el. O de Seoane xurdiu por que estivo estes días pasados nos medios de comunicación comentando que el podería mover un número importante de accións. Tamén tiña a un empresario que podería estar interesado en coller o club (que xa se desmarcou e finalmen-

A plataforma pretende reunirse con Baltar e Seoane para recibir respostas da desidia dos donos te non se fará cargo del). Con estas reunións buscan respostas á falta de interese que mostran os propietarios do club. O que queren saber os socios é se interesa ou non a unhas persoas -os donos- que nunca se pronunciaron sobre o club, e por que lle deron sempre as costas. Quen paga? Plantexaron incluso facerse co control das accións pero sen ir máis aló. E é que se se fan cargo e logran (cousa improbable) a maioría das accións, terían que afrontar unhas débedas case que insaumibles. Quen pagaría aos xogadores? E á Axencia Tributaria? E á Seguridade Social?... E o 30 de xuño está a volta da esquiñn, momento no que o Ourense descendería de categoría se non paga aos xogadores. Outra opción que se escoitou na bancada foi a de crear un novo club lonxe das mans dos políticos.

O Ourense B vence na Copa Deputación ao Verín na tanda de penaltis. Despois dos 90 minutos regulamentarios e dos 30 da prórroga a final da Copa Deputación decidiuse na tanda de penaltis. Durante os primeiros 45 minutos os dous equipos tanteábanse sen cometer erros que os puideran condenar. Os dous cancerbeiros (Aarón do CDOB e Piollo do Verín) apenas tiveron traballo Na segunda metade, pouco máis, salvo un par de ocasións de cada equipo. Iago lanza alto un pase de Arce e o propio Arce envía fóra o balón para o equipo filial. O Verín puido marcar cun disparo lonxano de Quini que repeleu o porteiro Aarón e novamente o cancerbeiro despexou un centro de Mario cando o encontro estaba nas portas do final. A 12 minutos dos final, os dous adestradores foron expulsados tras unha trifulca (tamén expulsou a Luis Vilachá que estaba no

Lance da final da Copa Deputación./RAMSÉS banco). O calor e o paso dos minutos fixo mella nos xogadores durante o tempo extra e soamente no segundo período o Verín acariciou a Copa. Unha falta botada por Luisito fixo levantar ao público dos seus asentos; e de novo Luisito tivo a máis clara, pero Senén sacou baixo paos. Penaltis Despois de 120 minutos e empate a cero no marcador a final da tempada 2013-2014 decidiríase con penaltis. Os dous primeiros lanzamentos de cada equipo re-

mataron nas mallas pero na terceira rolda Arce marcaría para o Ourense B e Mario fallaría para o Verín. Na cuarta tanda os dous equipos marcaron e na quinta Omar lanzou ao longueiro e Fran devolvía o empate ao Verín. Despois de cinco lanzamentos por parte de cada equipo terían que seguir ata que un dos dous fallara. Iago e Piollo marcaban e Corzo e Quini fallaban. Nas catro seguintes roldas marcarían os catro xogadores e na décima rolda Alex marcaba para o Ourense B e Pablo García non era quen de batir a Aarón.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

O COB renova a Gonzalo García de Vitoria

4 O orzamentos para fichaxes será menor ao da tempada pasada. R. Torres Era un desenlace agardado, pero aínda así fíxose esperar. O adestrador Gonzalo García de Vitoria firmou co Club Ourense Baloncesto por unha tempada máis. Algo que se daba por feito pero houbo que esperar algo máis de dous meses -desde que rematara a competición- para que a rubrica se estampara no contrato. O presidente do COB, Antonio Gavilanes, explicou que con Gonzalo García de Vitoria querían continuar cun proxecto “para que o club creza”. Gavilanes dicía que o técnico vasco era a mellor opción para seguir con esa aspiración “polo labor que fixo nas estrutura do club”. Para o adestrador, a continuidade era algo evidente debido a que as dúas partes (corpo técnico e directiva) “defendemos a mesma idea de proxecto”. Un dos obxectivos que se propoñen para a nova tempada é o de socializar ao club, “que non

Marc Ciurana, cuarto en augas abertas 4 No Campionato de España disputado en Banyoles. Redacción

Antonio Gavilanes xunto a García de Vitoria trala renovación do técnico vasco./RAMSÉS sexa soamente un equipo de Adecco Ouro”, manifestaba o adestrador. Orzamento máis baixo O Club Ourense Baloncesto terá este ano un orzamento máis baixo co da tempada 2013-2014, polo que haberá que ondear desde xa o mercado para escoller o mellor posible. O técnico teno claro, e quere para esta nova etapa, en parte polo orzamento,

xogadores novos buscando facer un equipo “chamativo e vistoso”. Con respecto aos xogadores do ano pasado espera quedar con algún deles; aínda que a primeira pedra xa a teñen no camiñoe e é que Ryanz Zamroz (do que estaban interesados) firmou cun equipo francés. O que si é seguro é que continuarán os axudantes cos que contou de Vitoria a pasada campaña.

O nadador do Club Natación Pabellón Ourense, Marc Ciurana, foi cuarto clasificado no nacional de augas abertas. A 17ª edición do Campionato de España de Augas Abertas celebrouse no Lago de Banyoles, provincia de Girona, a onde se desprazaron seis nadadores do club ourensán. Laura Pimentel alcanzou a quinta posición nos 10km de categoría absoluta, o mesmo que Mara Velez nos 5km categoría infantil. Andrea Sabuz Forneiro foi 15ª en infantil e Miguel Pimentel, 23º. Mar Ciurana O nadador asentado en Ourense foi, en categoría absoluta, quinto nos 10 quilómetros e sexto na proba de 5km contrareloxo. Sumando a posición

das dúas probas, Ciurana rematou rozando o podio, téndose que conformar coa cuarta posición xeral. Copa Galega Benxamín O 14 de xuño celebrouse en Lugo a Copa Galega Benxamín, onde o CNPO obtivo sete podios (un ouro,

Mauro Prada, prata no Internacional de Valença 4 Competiu con judokas españois e portugueses. O judoka do Ximnasio Marbel Mauro Prada logrou a medalla de prata o pasado sábado 21 de xuño, no Torneo Internacional de Valença de Judo, que se desenvolveu no Pavillón municipal de Valença do Minho. A competición reuniu a judokas españois e portugueses nas categorías infantil e cadete. E nesta cita o ourensán de 17 anos do Marbel competiu na categoría cadete de -73 quilos, onde só lle faltou gañar a final para completar un estupendo torneo. En primeira rolda, Mauro foi o mellor dun grupo de

Natación adaptada No Campionato de España de adaptada Aitor Grande Carral foi cuarto en 50 bolboreta, quinto en 400 libres e 100 costas, e sétimo en 200 libres.

Marc Ciurana nunha competición en Ourense./RAMSÉS

judo

Redacción

catro pratas e dous bronces).

tres judokas. Venceu aos portugueses Joao Sousa e Rui Lima por ippon, o equi-

valente ao k.o. no judo. Na semifinal, desfíxose tamén por ippon do local André Abreu e só caeu na final contra Tiago Araujo. Esta medalla de prata completa a medalla de bronce lograda no Campionato escolar galego e culmina así a boa tempada do ourensán.

Mauro tamén se fixo coa medalla de bronce no Campionato escolar galego

Mauro, do Ximnasio Marbel, realizou unha gran tempada.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

RALI DE OURENSE 2014

dez primeiros clasificados. Silva rematou na novena posición co seu Citroen C2 R2. Abandonos Dos 48 coches que tomaron parte da saída do rali ourensán tan só 30 remataron a proba, abandonando 18 pilotos. Entre os abandonos están Estebán Vallín (Opel Adam) que perde a súa condición de líder no Nacional, e Surhayen Pernía (Mitsubishi Lancer Evo

X), pilotos que están nas primeiras posicións do campionato. Tamén abandonaron Alejandro Pais (Renault Megane), Yonathan Pérez (Porsche 997) ou Iván Alonso (Mitsubishi Lancer Evo X), entre outros.

Unha das sorpresas da edición foi Iago Silva, que rematou noveno

Miguel Fuster co seu Ford Fiesta R5 na segunda pasada dos Peares./RAMSÉS

Fuster foi o máis rápido no Rali de Ourense 4 Segundo rematou Sergio Vallejo a 29,7 segundos de diferencia. R.T.

Fuster foi o máis rápido no Rali de Ourense Ourense Termal e impúxose ao resto dos pilotos co seu Ford Fiesta R5, despois de estar pilotando durante

dúas horas 13 minutos e 36 segundos nos 200 quilómetros de tramos cronometrados. Esta é a sexta vez que o alicantino sube ao máis alto do podio ourensán. Segundo foi Sergio Vallejo, a 29,7 segundos do gañador. O lu-

cense perdeu opcións de vitoria nas primeiras pasadas da Peroxa e Os Peares ao trompear o seu Porsche 911 GT3. Durante a tarde estivo detrás de Fuster, pero este, a pesar de que lle recurtaba segundos, soubo xestionar

Sergio Vallejo rematou segundo na edición 2014 do rali de Ourense./RAMSÉS

a súa vantaxe ata o final do rali. A segunda posición de Vallejo en Ourense fai que ocupe a primeira praza da xeral no Campionato de España. Pedro Burgo (Porsche 911 GT3 2010) alzouse coa terceira posición a case cinco minutos do vencedor, completando o podio deste 47º Rali de Ourense. Outro que fixo un trompo na Peroxa foi Joan Vinyes, o que lle impediu estar no caixón dos tres primeiros clasificados; finalmente rematou na cuarta posición aos mandos do Suzuki S1600.

F. Rico pasando xunto a un grupo de afeccionados durante o tramo dos Peares./RAMSÉS

Os ourensáns Jorge González “Rantur” chegaba a este rali con moita ilusión. Moitos dábano coma un dos favoritos á vitoria, e por suposto, a subirao podio. Comezou algo frouxo pero pouco a pouco foise entonando ata rematar co seu Porsche 997 GT3 na quinta posición, a máis de seis minutos do líder e a máis de minuto e medio do podio. Unha das sorpresas desta 47ª edición foi ver ao remate da proba ao piloto local Iago Silva entre os

Jonathan Pérez ao volante do seu Porsche./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

GRAN PREMIO FESTAS DE OURENSE

Solange Pereira e Alejandro Fernández engrandecen o Gran Premio Festas de Ourense 4 Máis de 300 atletas participaron nesta segunda edición. R. Torres Os atletas Solange Pereira e Alejandro Fernández engrandeceron o Gran Premio Festas de Ourense 2014 coas súas actuacións na pista de atletismo do campus. Nesta segunda edición participaron máis de 300 atletas, tivo carácter internacional e foi a única proba disputada en Galicia dentro do calendario da Real Federación Española de Atletismo. Participantes A maioría dos atletas eran da comunidade galega, aín-

Alex Fernández percorreu os 3.000 metros en 8.05 minutos

da que tamén participaron doutras rexións españolas, así como de Portugal. A cidade irmandada con Ourense, Vila Real, participou cun grupo de atletas neste gran premio, pero tamén chegou unha nutrida representación do club asturiano Estadio de Gijón, logrando todos eles grandes resultados. Dous atletas do Caja Canarias tamén puxeron a nota de calidade. Competición O torneo durou todo o día do sábado 21 de xuño, cunha xornada de mañá na que o vento foi protagonista e durante a tarde a tormenta respetou aos competidores. Na proba dos 100 metros lisos feminino, a atleta do Estadio Gijón Lucía Valiente (que foi a vencedora con

Adrián Pérez, do Cajacanarias, venceu nos 100 metros./R.T.

13.13) quedou a tres centésimas da mínima para o campionato de España. Na mesma distancia en homes, Adrián Pérez (Cajacanarias) foi o máis rápido cun tempo de 10.78; e o 200 tamén foi para el con 22.37. No salto de lonxitude, Antonio Chaves (de Portugal) foi o vencedor cun salto de 6,05 metros e en mulleres, Carla Blanco (5,30 metros). Prato forte A primeira das probas de elite foi o 1.500 metros feminino, no cal Solange Pereira buscaba acadar a mínima para acceder ao Campionato de Europa. Pereira tiña que chegar aos 4.10 para logralo. Despois dunha magnífica carreira, a atleta do Bikila quedoua un segundo da marca. A

pesar do mal sabor co que rematou ten varias oportunidades ata finais do mes de xullo para logralo e o seu estado de forma fai presaxiar que pode batir esa marca. A outra gran atracción do día foron os 3.000 metros masculinos. Nesta proba Alejandro Fernández buscaba baixar dos 8.10 minutos. A carreira comezou con el tras Hassan Lekhili, que facía de lebre, a ritmos de 2.40 min/km. O ourensán, a pesar de loitar só contra o crono, conseguiu baixar a marca en cinco segundos (8.05). O atleta do New Balance Team estaba un pouco desolado debido a que consideraba que se tivera máis competencia durante a carreira posiblemente tería conseguido

Solange Pereira, trala atleta que exerceu de lebre./R.T.

Un salto con pértega de Beatriz Viteri./RAMSÉS. baixar dos 8 minutos. Por segundo ano, o Gran Premio Festas de Ourense tivo moita afluencia de público, o que o fai estar entre os mellores torneos galegos.

Copa Deputación O sábado 28 de xuño celébrase nas pistas de Monterrei unha nova xornada da Copa Deputación en pista, con nove probas masculinas e dez femininas.

Proba de salto de lonxitude de mulleres./R.T.


10

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ATLETISMO

ENTREVISTA A CARLOS VISPO E MANUEL TODEA – SECRETARIO E TESOuREIRO DO CLUB PATO BLANCO de celanova

“Para nós correr é un medio de vida, para relacionarnos e divertirnos” 4 Carlos Vispo e Manuel Todea, secretario e tesoureiro do Club de Atletismo Pato Blanco de Celanova, descóbrennos as orixes do mesmo. Silvia Nieto Participaron nos maratóns máis coñecidos do mundo. Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam ou Madrid sentiron nas súas rúas as pisadas das zapatillas destes dous atletas. Non son profesionais, nin o pretenden. Non corren para lograr un récord, só para divertirse. E este 28 de xuño teñen reservada a data para a proba atlética na que cada ano lles fai maior ilusión participar: a carreira nocturna de Celanova. Porque son da vila de San Rosendo e dous dos fundadores do Club Pato Blanco. Carlos Vispo e Manuel Todea achégannos á súa maior afección, o atletismo. Cando naceu o Club Pato Blanco? Manuel Todea: “Naceu no ano 1995 da man de Carlos e máis eu, porque saiamos correndo os sábados pola tarde e pouco a pouco empezamos a ir a algunha proba. Aínda que daquela había poucas, 4 ou 5 ao ano. Pero a raíz diso uníronse a nós Moncho, Xosé Ramón e Marcos. E nós os cinco fomos a orixe. De seguido, en 2002, atrevémonos co noso primeiro maratón, o de Madrid, e aí deu o club o estirón, e comezouse a unir outra xente de Celanova ou do noso entorno e tamén da zona de Noia, porque Xosé Ramón foi traballar alí. Somos o segundo equipo popular máis antigo da provin-

Manuel Todea (á esquerda) e Carlos Vispo (á dereita), dous dos fundadores do Club Pato Blanco de Celanova./S.N. cia. Pero realmente trátase dun grupo de amigos, non pode entrar no club calquera persoa, buscamos só xente próxima. Non queremos grandes deportistas se non nos une nada a eles, entre nós hai unha conexión de amizade”. Cantos atletas compoñen o club na actualidade? Carlos Vispo: “Uns 36 ou 38, de Celanova, Verea, Ramirás, A Bola...”. Como naceu a carreira popular de Celanova? C.V.: “A idea xurdiu dende o Concello e non como carreira nocturna. A primeira edición foi ás 6 da tarde, un día de agosto e o trazado era distinto, subindo pola costa que une o colexio das Monxas coas Lobeiras. Pero esa carreira foi durísima e participaron nela 60 corredores. De seguido, propuxéronnos a idea de facela noc-

Para estes dous atletas “obsesionarse cos tempos é un erro porque o corpo acabábache pasando factura”

turna, porque nese momento non había, e o Concello, que sempre foi moi receptivo, aceptouno e dende entón sempre contou con grande éxito de participación, porque é unha carreira singular, polo casco histórico, cunha distancia axeitada a corredores máis ou menos adestrados, e porque Celanova é unha vila bonita, e correndo de noite é moi agradable. Dende o Pato Blanco, Miguel e Yolanda, foron o nexo do club co Concello e xuntos abordaron diversos aspectos técnicos, de trazado, sinalización, animación, avituallamento... Tampouco buscamos cambiala todos os anos, só ir mellorando, pero mantendo a esencia”. Moitos atletas populares da provincia nunca faltan á cita. C.V.: “Si, a o ano pasado houbo 580 inscritos e remataron a proba 400. E iso é meritorio. Ademais, no foro de maior presenza de atletas populares (Correr en Galicia) a nosa proba foi

Numerosos atletas do Club Pato Blanco de Celanova antes de participar na edición 2013 da carreira nocturna da súa vila./PATO BLANCO

declarada como a mellor carreira nocturna de Galicia e a segunda mellor de Ourense, detrás da San Martiño. A valoración é moi positiva”. Agardades este ano repetir en participación? C.V.: “Calculamos que si. Pero a loxística da carreira, polas rúas históricas que son estreitas, tampouco permitiría moita máis afluencia. Creo que o máximo estaría nas 800 persoas, polo que calquera ano destes haberá que limitar a participación”. Cando collestes vós as zapatillas por primeira vez? M.T.: “Nós fixemos deporte dende sempre, pero nisto de correr comezamos con 20 e poucos anos. Alá por 1994 quedaba con Carlos para ir a correr. O venres pola noite saiamos de festa e o sábado quedabamos para depurarnos dos excesos (rin)”. C.V.: “Pero o máis importante é que para nós correr nunca foi unha actividade illada. Estaba asociada a ir ás termas ao río Caldo, a comer en Lobios ou Entrimo, ir a un maratón a Madrid e pasar tres días por alí divertíndonos xuntos. Sempre houbo moi bo rollo”. En que maratóns participastes ata o momento? M.T.: “Carlos e eu fomos aos mellores maratóns do mundo: Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam, París, Estocolmo, Mallorca, San Sebastián, Madrid…” Cal foi o que máis vos chamou a atención? C.V.: “Polo ambiente destaca Nova York, é incomparable. Non hai nada no mundo como correr polas rúas de Manhatan cheas de xente. E por organización destacan Londres e Berlín. Non obstante, quero recoñecer o mérito das carreiras en sitios pequenos, porque ten moito mérito como as de Broña, A Ferreirrua, Bande…”. Cal é a vosa próxima cita relevante? M.T.: “Estamos preparándonos para o maratón de Varsovia en setembro”. E cal queda pendente?

M.T.: “Gustaríanos ir ao maratón de Boston, porque é o que ten a fama de ser o pioneiro das carreiras”. Como vedes a moda actual do running? M.T.: “Hai moita febre, pero a xente está obsesionada cos tempos e iso é un grave erro porque o corpo acábache pasando factura. Hai

xente que non sabe medir moi ben e acábase queimando. Ou incluso hainos moi competitivos, que cando chegan ao seu mellor nivel e comezan a baixar porque van pasando os anos non o admiten. Pero para nós correr non é iso, é un medio de vida, facémolo para sentirnos a gusto, relacionarnos e divertirnos”. Envíadelle unha mensaxe aos nosos lectores. M.T.: “Dicirlle que se animen a vir á carreira de Celanova porque é moi fermosa, todo o mundo fala moi ben dela e repite. E que practiquen deporte, en xeral, pero tomándoo como unha actividade para gozar dela, hai que sufrir un pouquiño, pero sen pasarse”.

Carlos e Manuel participaron nos maratóns de Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam e París, entre outros


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ATLETISMO

Ramos e Teijeiro, os máis rápidos en Xinzo 4 Na décima carreira nocturna da vila limiá. R. Torres Os atletas do Ourenrunning, Óscar Ramos e Sonia Teijeiro proclamáronse campións da X Carreira nocturna Xinzo de Limia, que congregou preto de 250

atletas. A nocturna da vila limiá é unha das carreiras máis rápidas de todas as que se organizan na provincia. Os poucos máis de 6 km de percorrido, xunto cun perfil plano, fan que desde

o principio da proba os atletas vaian a un ritmo moi vivo. Nesta ocasión o que comezou as hostilidades foi Saturnino González (veteranos Ourense) xunto con Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro), José Manuel

Óscar Ramos -primeiro clasificado- chegando a meta na proba de Xinzo./S. DOVAL

O “Correndo por Ourense” regresa ao centro da cidade 4 Disputarase o domingo 29 de xuño a partir das 12h. R. Torres Despois de varias edicións celebrándose na ribeira do Barbaña, a carreira do Centro / Corpus regresa nesta edición -a cuarta- ao centro da cidade. As rúas polas que pasará a carreira serán Paseo, Concello, Xoán XIII, Progreso, avenida de Pontevedra e Lamas Carvajal. A terceira proba do “Correndo por Ourense” celebra-

rase o domingo 29 de xuño polas rúas máis céntricas da cidade das Burgas. Ás 12 da mañá os pitufos serán os primeiros en correr; ás 12.10h o turno será dos benxamíns e alevíns; ás 12:15h collerán o relevo os infantís e cadetes. Os benxamíns e alevíns darán unha volta a un circuíto dun quilómetro e os infantís e cadetes dúas a un de 1.400 metros para facer un total de 2.800 metros de

carreira. Carreira absoluta Contra as 12.30 horas disputarase a última carreira da xornada: a absoluta. Os atletas deberán dar catro voltas a un percorrido de 1.400 metros para completar un

Casado (Vía XVIII) e Óscar Ramos (Ourenrunning), que non deron tregua aos seus rivais. O primeiro en coller vantaxe foi o atleta do Arenteiro, e na primeira volta pasaría primeiro polo arco de meta seguido do de Ourenrunning e do de Vía XVIII respectivamente. Pero Iglesias non puido aguantar e Ramos foi quen de pasarlle, logrando a vitoria en 19 minutos e 32 segundos. Segundo foi Iglesias (19:46) e terceiro Casado (20:02). Categoría feminina En categoría feminina Sonia Teijeiro (Ourenrunning) foi a máis rápida de todas as participantes. Teijeiro empregou un tempo de 23 minutos e 21 segundos en completar as dúas voltas ao circuíto urbano de Xinzo de Limia. Un minuto e 49 segundos despois chegaría a meta a súa compañeira de equipo Silvia Ferro (25:07). Completaría o podio outra atleta total aproximado de 5,6 quilómetros. Na categoría absoluta os dominadores tras dúas probas disputadas do “Correndo por Ourense” son Javier Paredes en categoría masculina e Ana María Ocampo, en feminina.

Carreira absoluta do circuito “Correndo por Ourense disputada no barrio do Couto./I. OSORIO

do club da capital ourensá; Ángeles Rodríguez remataría a carreira en 25:12 minutos, facendo triplete o Ourenrunning nesta carreira clásica no mes de xuño. Nocturna de Celanova O sábado 28 de xuño chega unha das probas populares máis queridas polos atletas: a nocturna de Celanova, que este ano celebra a undécima edición. A proba discorre polo casco urbano e conta con cinco carreiras. Ás 21 ho-

11

ras comeza a probas dos pitufos, que correrán 100 metros; deseguida tocaralle o turno aos benxamíns e prebenxamíns na distancia de 500 metros; os seguintes en lanzarse á carreira serán os alevíns (1.000 metros); e acto seguido cunha distancia de 1.600 metros, os infantís e cadetes. Absoluta Para as 22.30 horas será o turno para a proba absoluta que contará cun percorrido de 7.800 metros.

Presentación do Campionato de España de Triatlón.

Allariz acolle o Campionato de España de triatlón 4 Na categoría cadete entre o 27 e 29 de xuño. Redacción Allariz acolle o Campionato de España de triatlón de categoría cadete. O evento terá lugar entre o 27 e 29 de xuño e reunirá a 120 competidores de 15 comunidades autónomas. A proba individual terá lugar o sábado 28 de xuño e a proba de relevos mixto será o domingo 29. Na presentación do campionato, o alcalde alaricano, Francisco García, recordou que o triatlón

é “un deporte moi ligado a Allariz xa que desde fai 25 anos celébrase o Triatlón de Allariz” e enumerou a deportistas de renome que participaron nel como “Iván Raña, Saleta Castro, Aída Valiño ou mesmo Javier Gómez Noya”. Tamén agradeceu á Federación que permitirán a Allariz organizar o campionato cadete. Pola súa banda, a Federación Española de Triatlón destacou a celebración ininterrompida de alo menos un triatlón ao ano en Allariz desde 1990.


12

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

ximnasia

Jiu jitsu

O Club Burgas, subcampión Primeira medalla europea do Nacional de acrobática para Felipe Iglesias 4 Na cita disputada en Vigo competiron os mellores 300 ximnastas de España. Redacción Novo éxito do Club Burgas. Esta vez acadouno no Campionato de España de ximnasia acrobática, celebrado en Vigo do 20 ao 22 de xuño, e no que se deron cita os mellores clubs do país, con case 300 ximnastas. O club ourensán rematou de subcampión de España absoluto por equipos, co conxunto formado por Yolanda García e Sara Blanco, que á súa vez se proclamaron subcampioas de España sénior. Así mesmo, as súas compañeiras Raquel Ordiales e Lara Colmenero subiron ao podio en terceira posición; e Sara Mei Barroso e Antía Varela quedaron cuartas. Yolanda García e Sara Blanco estaban clasificadas para o mundial en categoría xuvenil pola súa idade, xa que foron campioas de España, pero a nivel nacional ascenderon dúas categorías pola súa gran evolución. Pola súa banda, as ximnastas alevíns non quedaron atrás e a parella formada por Nerea e Tania Barreda lograron o subcampionato nacional. Asemade, en terceira posición rematou o trío formado por Analía Blanco, Elena Iglesias e Eyén Díaz;

en cuarta, Alicia Cid e Sara Seoane; e de décimas, Nazaret Rodríguez, Xiana Rei e Alba Rodríguez. Ademais, destacou a actuación do trío de cadetes Iris Blanco, Sara Soria e Ana Ordiales que lograron un disputado cuarto posto e foron as máis felicitadas.

Redacción Os ourensáns do Marbel Felipe Iglesias e Christian Alvarez lograron os seus mellores resultados persoais internacionais na XIII edición do Campionato de Europa de Jiu Jitsu 2014, que se desenvolveu na “Sala Polivalenta” de Bucarest, en Romanía. Felipe Iglesias, jiujitsuka do Ximnasio Marbel, logrou unha histórica medalla de bronce na súa cuarta convocatoria seguida na categoría de -62 quilos. O ourensán,

Reivindicacións Desde o Club Burgas seguen a reivindicar “melloras en instalacións e material para poder, polo menos, continuar mantendo o gran nivel alcanzado polas nosas ximnastas con moito esforzo”. Exhibición O Club Ximnasia Pavillón fixo unha exhibición de trampolín nas terrazas do Centro Comercial Ponte Vella, sorprendendo aos seus usuarios.

4 Christian Álvarez foi quinto en +94kg. exento na primeira rolda, accedeu directamente aos cuartos de final, onde derrotou ao italiano Matteo Repetto por 10-3. En rolda semifinal, caeu contra o alemán Roman Apolonov, pero puido recuperarse e gañar o bronce ao búlgaro Radoslav Harkov. Christian Álvarez, pola súa banda, logrou unha meritoria quinta praza na categoría de +94 quilos. É o mellor posto logrado, mellorando o seu sétimo do Europeo de 2013. Christian tamén quedou exento da primeira rolda, accedeu a semifinais tras derrotar

Ximnastas do Club Burgas no Campionato Nacional.

4 Galego escolar de acrobática O Club Burgas logrou a primeira posición do Campionato galego de promoción escolar de acrobática. O memorial “Antonio Prada” tivo como segundo clasificado ao Ximnasia Arousa e terceiro ao Club Pavillón Ourense. En acrobática de dúo foron primeiras as alevíns Catuxa e Sabela Fernández. En tríos alevíns remataron como campioas galegas Inés Dacal, Dafne Martínez e Yaiza Conde. E en tríos sénior Amaia Larrea, Beatriz Carballo e Sandra González foron segundas, e Clara Monroy, Águeda Reyes e Ainhoa Alves, terceiras.

Felipe Iglesias e Christian Álvarez en Bucarest.

por 10-9 ao ruso Gevorg Arakelyan. Na mesma, caeu ante o potente francés Alexandre Fromange. Na loita polo bronce, tivo que abandonar por unha lesión no xeonllo dereito. Loitaba contra o tamén francés Frederic Husson e perdía por un axustado 7-6, con tempo suficiente para remontar. Premiados A Federación Galega de Judo decidiu, durante a 18º Gala do Judo Galego, outorgar os premios “Cinto de Ouro 2013” ao mestre 6º dan Manuel Montero e ao jiujitsuka Felipe Iglesias. O mestre Montero recibiu o premio como mellor profesor de 2013 polo seu labor como mestre de judo, jiu jitsu, defensa persoal e defensa policial no Ximnasio Marbel, así como o seu traballo pola difusión do judo pola provincia. Felipe Iglesias, eterno campión galego de jiu jitsu, subcampión de España e terceiro no Europeo deste ano e sétimo no Mundial de 2013 na categoría de -62 quilos, non puido recoller o seu diploma ao atoparse en Romanía disputando o Campionato de Europa.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ESPECIAL FESTAS DE OURENSE

13

O deporte, moi presente nas Festas de Ourense

O pavillón dos Remedios concentra a actividade deportiva, que tamén chega ás rúas da cidade, como na carreira do Corpus O deporte sempre xogou un papel importante na programación das festas de Ourense e este ano non podía ser menos. Os Remedios voltarán centralizar a actividade, aínda que haberá propostas que cheguen ao propio centro, como a carreira do “Correndo por Ourense”. Na primeira fin de semana xa tivemos unha oferta amplísima, os torneos de fútbol praia, ximnasia rítmica, kick boxing, balonmán, kungfu moderno, aeromodelismo e mus, o Gran Premio de atletismo Festas de Ourense, o Memorial Lito de Fútbol Alevín; e o XLVI Descenso do Miño. Ata o mércores 25 celébrase un Torneo de Minigolf Festas de Ourense, en Bolavai Golf, en horario de

17 a 22 horas; desde o luns ata o sábado, durante todo o día, o Campus ATM nos Remedios; e do martes 24 ao xoves 26 o V Trofeo Fútbol Sala Barrios Deportivo, tamén nos Remedios (martes e mércores a partir das 21 horas, xoves desde as 20:15). O xoves 26, de 12 a 20 horas, ATOX conmemora o Día Internacional contra a Drogadicción nos Remedios, mesma ubicación que acolle o sábado 28 o Torneo Internacional de Taichí (a partir das 9 da mañá e durante toda a xornada) e a Fase Galega Pre-benxamín Zona Sur (desde as 10 horas). O mesmo sábado, de 10 a 22 horas, terá lugar en Oira o Torneo de Fútbol Sala Categorías Base Festas de Ourense, e na pista de San-

ta Mariña o Open Nacional e Campionato Galego F3C, de 11 a 21 horas. Esa xornada e a do domingo o centro comercial Pontevella acolle a actividade “Todos – Todas Podedes Voar con nós” do Club Ximnasia Escola Pavillón, a partir das cinco da tarde, e nos Remedios disputarase o Torneo Cidade de Ourense de Waterpolo, a partir das seis. Carreira do Corpus Remata a programación deportiva o domingo 29 co Torneo Internacional de Taichí, que ten lugar nos Remedios de 10 a 14 horas, e coa terceira proba do circuíto “Correndo por Ourense”, a carreira do Corpus, con saída a mediodía na rúa do Paseo.

Un momento do Gran Premio de atletismo Festas de Ourense, celebrado o pasado sábado 21 de xuño.

Golf, futbol sala, aeromodelismo, waterpolo, taichí e a carreira do Corpus son algúns dos atractivos

ata O 29 DE XUÑO

A cultura portuguesa, un dos grandes protagonistas das Festas de Ourense

As prazas do casco histórico, o xardín do Posío e a rúa do Paseo serán os escenarios principais das actividades programadas Ata o domingo día 29 as rúas do centro da cidade énchense de ambiente festivo coa chegada de festivais, música, teatro, feiras culturais ou actividades infantís, en definitiva, propostas dirixidas a toda a cidadanía dentro do programa das Festas de Ourense. A cultura portuguesa estará presente en moitas das actividades programadas, con motivo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico que corresponde á nosa cidade neste ano 2014. Haberá moita música (un total de 27 concertos, incluindo o Derrame Rock xa celebrado, pero tamén música de bandas, flamenco, folk rock, jazz...ata un total de 27 concertos), xogos, títeres e espectáculos infantís, teatro de rúa, microteatro, baile, danza oriental, exposicións permanentes nos espazos culturais, deportes ou os tradicionais fogos artificiais, entre outras moitas actividades.

Para Ana Garrido, concelleira de Cultura, o principal é “encher as rúas de ambiente. O Paseo, o Xardín Padre Feijóo, a Alameda, espazos magníficos que temos e que estes días contribuirán na dinamización da cidade”. Este ano a batalla de flores recupera o seu seu percorrido orixinal: da praza Maior ao Parque de San Lázaro pola rúa do Paseo, e nela participarán, ademais de tres carrozas, 16 grupos de cabezudos e xigantes das vilas galegas e portuguesas. Outras propostas No programa das festas entra de novo a feira medieval, que estrea carácter galego-portugués, e que desde o xoves 26 ao domingo 29 levará ao pasado as rúas do noso casco histórico. Durante todas as xornadas festivas haberá animación de rúa con música de charangas e gaiteiros. O

sábado 28 e o domingo 29 ofértase unha sesión vermú na explanada das Burgas, con degustación de tapas e animación musical. Programación infantil Neste 2014 as atraccións de feira voltarán instalarse un ano máis no contorno do parque Barbaña. Ademais, os máis pequenos terán outro espazo propio na Alameda durante toda a semana, con xogos e instalacións da man de “La cocinita sabrosa” de Les Festijeux. Exposicións Na vertente máis cultural, poderanse contemplar tres exposición: no Auditorio, a X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, na Sala José Ángel Valente (antigo Banco de España) “Os Nosos fondos”, e no Museo Municipal, a mostra fotográfica “Aos olhos de Eduardo”. [Toda a programación en www.ourensecultura.com]

A concelleira de Cultura, Ana Garrido, co autor do cartel das festas, Baldomero Moreiras. O propio artista describiu as claves do deseño, que foi elaborado con cartulinas recortadas, nunha estética que recolle fogos artificiais, a catedral e siluetas da cidadanía gozando dos festexos.


14

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ACTUALIDADE

Os irmáns Deprado vencen no Provincial de IPSC 4 A pasada fin de semana celebrouse en Eiroás o Campionato Provincial de tiro práctico. P.L.

Eva Álvarez na proba de Oleiros.

Trío de vitorias do Club Ciclista Maceda 4 Saúl López, Eva Álvarez e Iván Feijoo subiron ao máis alto en Oleiros. Redacción Trío de vitorias do Club Ciclista Maceda, a cargo de Saúl López, Eva Álvarez e Iván Feijoo, no Open de Galicia celebrado en Oleiros. Os integrantes do Actyon-Merida-Academia Postal de Maceda, Saúl López e Eva Álvarez, vencían na proba puntuable para o Open de Galicia de BTT XC. Saúl gañaba na categoria absoluta masculina e a súa compañeira Eva facíao na feminina. Deste xeito, Saúl sitúase como líder provisional do Galego, a falta

de dúas xornadas. Iván Feijoo lograba, unha vez máis, a vitoria, o que o afianza no liderato da categoría cadete, mentres que o seu compañeiro Román Saa era terceiro. Tanto Feijoo coma Saa veñen de ser convocados pola selección galega para participar nos vindeiros campionatos de España cadete en Jaén. En júniors, Raúl González finalizaba na segunda posición, e en M40, Xulio era segundo. Unha nova e exitosa xornada do club macedán con seis podios, tres deles como primeiros clasificados.

Open de España O corredor do ActyonMerida-Academia Postal, o cadete Iván Feijoo, remataba na cuarta posición do Open de España de BTT celebrado en Aguilar de Campo (Palencia). Feijoo quedaba ás portas do podio logo dunha gran carreira que se decidiu ao sprint entre os catro primeiros. Iván está a realizar unha excepcional campaña no seu primeiro ano coma cadete. Dominador de todas as probas do circuíto galego, nas que disputa fóra da nosa comunidade está sempre entre os primeiros clasificados. En júniors, Raúl González, remataba undécimo.

Os irmáns Roy e Bernardo Deprado resultaron gañadores do Campionato Provincial de IPSC, celebrado o 21 de xuño nas instalacións do Club de Tiro Eiroás. Bernardo foi o mellor tirador na categoría estándar, mentres que o seu irmán Roy fixo o propio na categoría de produción. Os 39 participantes na competición tiveron que completar seis stages ou exercicios, resultando vencedores os competidores que lograron o maior

acerto na puntaría no menor tempo posible. Ligas En canto ás demais ligas que se desenvolven no club de tiro ourensán, na de Fogo central son primeiros María Concepción Cortiñas e Miguel A. de la Cruz, en damas e sénior respectivamente, e José Ramón Pérez, en veteranos. Na 26ª Copa Ourense de armas neumáticas, lidera a clasificación Manuel Somoza en pistola masculino e Nuria Mera en pistola feminino. Víctor José Álvarez e María Aurora López

son os primeiros en pistola discapacitados. No que respecta ao 5º Torneo Auriense, sitúase en primeiro posto Marcos Castro na categoría séniors e damas, e José Francisco Biempica en veteranos. Próximas citas No mes de xullo, Eiroás acolle o día 5 xornada da Copa Ourense de armas neumáticas; o día 13, os campionatos autonómicos de carabina lixeira e pistola libre; o día 20, o de pistola velocidade, e finalmente, o 26, o Campionato galego de percorrridos de tiro.

A Deputación entrega as súas bolsas a deportistas 4 Repartiu un total de 25.000 euros. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu no Salón de Plenos do Pazo Provincial o acto de entrega das Bolsas a deportistas ourensáns que anualmente concede a institución provincial, correspondentes á convocatoria de 2013. 54 deportistas foron os beneficiarios destas axudas. Con esta iniciativa preténdese apoiar e recoñe-

cer o traballo que fan os deportistas ourensáns máis destacados, e para iso, nesta edición, a Deputación de Ourense repartiu un total de 25.000 euros. Atletismo, ciclocrossBTT, xadrez, remo, ximnasia, natación, taekwondo, doma clásica, billar, jiu-jitsu, halterofilia, tiro olímpico e wu-shu son as disciplinas nas que deportistas ourensáns becados polo ente provincial. As bolsas divídornse en

catro grupos: o grupo primeiro tivo a cinco beneficiarios que percibiron cada un deles 1.200 euros (Lorena Luaces, Pablo Rodríguez, Iván Salgado, Daniel Pérez e Anna Yuchenko); sete foron os deportistas becados no segundo grupo, con 700 euros cada un; no terceiro grupo estaban encadrados nove deportistas que levaron 500 euros cada un e no último grupo, 33 deportistas obtiveron 285 euros de axuda.

Open Galego E no Open Galego celebrado en Castro Barbudo, Román Saa finalizaba terceiro.

Saúl López no centro do no podio de Oleiros.

Iván Feijoo venceu en todas as probas galegas da tempada en categoría cadete

Foto de familia dos deportistas que recibiron as axudas da Deputación. /I. OSORIO


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xuño de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº101- Ano: VI - 24 de xuño de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

4PRACTICANDO SAÚDE

Deporte e realidade CAPÍTULO 37 . A medicina deportiva no deporte de base O desenvolvemento dos mozos xogadores non depende única e exclusivamente do aspecto deportivo e psicolóxico, senón que entran en xogo outros aspectos da Medicina Deportiva. A Medicina Deportiva evolucionou de maneira favorable nos últimos tempos, grazas a iso os mozos deportistas víronse favorecidos. Debido á súa importancia, os técnicoseducadores deben solicitar a información necesaria para prever situacións anómalas e ao mesmo tempo actuar de forma correcta en determinadas situacións que se lle poidan presentar ou expor. A hixiene, a alimentación, a fatiga e as lesións, inculcadas desde a base, van contribuír de forma eficaz no proceso de formación dos futuros deportistas. Os hábitos hixiénicos inculcados desde as categorías inferiores serán unha gran axuda para os deportistas profesionais do mañá. Os técnicos-educadores, os pais, deberán inculcar aos mozos deportistas os beneficios dunha hixiene sa. A ducha con auga e xabón elimina as toxinas depositadas na pel e libera os poros. O acto de enxabonar supón de seu unha lixeira masaxe muscular. Unha vez retirado o xabón, aqueles que o aguanten poderán ducharse con auga fría para tonificar o sistema nervioso. O cabelo será igualmente coidado con esmero e cos preparados existentes no mercado. Os pés necesitan uns coidados moi especiais, utilizando chanclas para as duchas e secándoos correctamente, sobre todo nos pliegues interdixitais, xa que desta maneira estamos a facer profilaxe contra a micose e os seus posibles

contactos. As duchas han de ser limpadas e desinfectadas periodicamente, así como reparadas e pintadas anualmente. Os vestiarios han de estar ben iluminados e correctamente aireados. Hanse de evitar fumes, malos cheiros e fumar no interior. É recomendable o uso de lexivia ou outro desinfectante para a limpeza dos chans. Os mozos deportistas han de realizar o seu traballo en perfectas condicións ambientais, influíndo sobre o seu rendemento a temperatura, a humidade e a presión atmosférica, así como calquera alteración climatolóxica, choiva, neve, frío, etc. Inflúe grandemente sobre o rendemento as alteracións no sono e a fatiga. Necesítanse de 7 a 9 horas diarias de sono nocturno cunha media de 8 horas de sono recuperadas para o sistema nervioso. O sono axuda a eliminar a fatiga acumulada polo adestramento ou partido, para quen teña por costume unha sesta de 30 a 45 minutos despois da comida do mediodía axudará a recargar baterías para a sesión de adestramento pola tarde. Tampouco debemos de esquecernos de vacinar contra o tétanos e a súa dose de recordo cada dez anos. A roupa deportiva ha de ser cómoda, ampla, que protexa do frío, pero que non impida a evaporación da suor. A sudoración tampouco ha de ser copiosa. A vestimenta ha de ser limpa, evitando que estea húmida. É necesaria a utilización do calzado adecuado para cada nova promesa e para cada superficie. A colocación dos calcetíns no interior do calzado ha de ser correcta, sen que se produzan engurras no interior, non os elásticos das medias demasiadas apertadas que impidan a circulación. Os

Control do peso corporal cordóns do calzado han de ir correctamente colocados e fáciles de atar e desatar. En moitas ocasións os mozos deportistas vense ameazados polo problema das uñas, e en particular as uñas dos pés. Nos casos problemáticos ha de acudir a un podólogo. O corte das uñas ha de realizarse de tal forma que o bordo de crecemento sexa recto. O coidado da boca vai repercutir no seu rendemento. Os mozos deportistas han de prestar sumo coidado á hixiene bucal. En canto á alimentación non existen produtos alimenticios capaces de proporcionarnos o éxito deportivo por se sós. Non hai dietas milagrosas, debemos de aconsellar unha dieta equilibrada. Todos os alimentos achegan unha maior ou menor cantidade de enerxía que adoita expresarse en calorías. Sabemos que a alimentación inflúe no rendemento deportivo. A importancia dunha correcta alimentación debe interesar aos mozos deportistas que están en período de formación. Entendemos por lesión o dano corporal causado por ferida, golpe ou enfermidade. No referente ás lesións debemos ser cautos, respectuosos e non xogar a galenos. Deben desempeñar este rol os profesionais en medicina, aínda que en situacións leves casos os técnicoseducadores e os seus colaboradores prestan os primeiros auxilios. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“Os hábitos hixiénicos serán unha gran axuda para os deportistas”

Pense nun alimento que consuma a diario, por exemplo, o pan. Unha rebanada de pan contén aproximadamente unhas 100 Kcal, polo que, en teoría, só suprimindo da súa dieta esa rebanada de pan durante un mes deixaría de inxerir unhas 3.000 Kcal, ou o que é o mesmo, perdería case 0,5 Kg. de peso ao mes, 6 Kg. ao ano. Vexamos por que isto non é do todo certo. O corpo conta cun mecanismo mediante o cal tende a considerar o seu peso e a súa cantidade de graxa corporal como a idónea e deféndea ante posibles cambios. Este mecanismo baséase na segregación dunha proteína chamada leptina, encargada de regular o metabolismo ao redor dese teórico peso ideal. A leptina actúa de forma que inhibe o apetito e activa a termoxénese, aumentando o gasto enerxético en repouso, polo que se detecta un aumento da graxa corporal, a mesma graxa segrega maiores cantidades de leptina, provocando que deixemos de ter fame e aumentando o gasto de enerxía do metabolismo. E viceversa, ante unha diminución da graxa esta reduce a secreción e os niveis de leptina, aumenta o apetito e diminúese o gasto enerxético para volver ao que o organismo considera o noso peso correcto. Se este simple mecanismo funcionase sempre á perfección, o control do noso peso sería automático e non influirían os excesos nin os defectos na nosa

alimentación, evitando os aumentos e perdas de peso. Se o organismo tende a manter sempre o mesmo peso, por que parece que é máis fácil engordar que adelgazar? Tanto gañar como perder peso dependen de varios factores, pero un factor importante, sobre todo á hora de gañar peso e que inflúe na obesidade, é que estamos a perder sensibilidade á leptina, é dicir, que por moita leptina que segreguemos o hipotálamo non recibe o seu sinal, polo que seguimos tendo fame e o aumento do gasto enerxético non é suficiente para contrarrestar o aumento da graxa acumulada. Desta forma cada vez que gañamos peso o corpo defende e considera como idóneo un peso aínda maior do que tiñamos. Para previr este problema e conseguir diminuír o considerado polo organismo peso ideal, o mellor é combinar exercicio físico moderado xunto cunha dieta saudable durante períodos longos de tempo, polo menos un ano. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

“O corpo conta cun mecanismo mediante o cal tende a considerar o seu peso e a súa cantidade de graxa corporal como a idónea e deféndea ante posibles cambios”

xadrez

Salgado, 27º en Dubai Redacción

O xadrecista ourensán Iván Salgado rematou na 27ª posición do mundial de xadrez de partidas rápidas disputado en Dubai. O xogador ourensán completou unha magnifica actuación sumando 8,5 puntos. Na última xornada repúxose dunha derrota co alemán George Meier e conseguiu dúas táboas e dúas vitorias co checo Laznika (2679) e co polaco Wojtaszek (2710) que o clasifican no posto 27, excelente resultado tendo en conta que en ránking incial estaba situado de 65. Salgado foi, ademais, o mellor español clasificado e tivo unha actuación de 2.736 puntos e unha suba de 43.2 puntos (na modalidade de xadrez rápido). No primeiro día do torneo o ourensán empatou tres partidas con tres xadrecistas situados entre os cinco mellores do mundo. Aronian (2815) é segundo do ranking mundial, Grischuck (2792) terceiro e Anand (2785) quinto do ránking, ademais de ser o actual subcampión do mundo e unha lenda viva do xadrez. O torneo de partidas rápidas (15m+10seg/xog) celebrado en Dubai reuniu aos mellores xogadores de talla mundial desta disciplina.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xu単o de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.