3 Dec 2010 - Nº24

Page 1

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 24 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 3 de decembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

OCIO E DEPORTE

Expourense acolle Megaxove do 4 ao 8 de decembro

páx.2

O RINCÓN DO MESTRE

páx.14

Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores

Baloncesto:

O Carmelitas vence no derbi

páx. 10

Defendendo as nosas cores:

Laura Gil, xogadora do Pabellón Ourense

páx. 13

O COB necesita gañar

páx. 12

O obradoiro de supervivencia visita o Club de Tiro Eiroás

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 17 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

páx. 15


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

ACTUALIDADE

Derrota do Balonmán Pabellón

Cross Megaxove

Volven as carreiras a Ourense

4 A primeira da tempada. Redacción

dresas o 11 de decembro.

O Balonmán Pabellón Ourense sufriu a primeira derrota na Segunda División Autonómica Sénior diante do Moaña (29-32). Esta derrota, a primeira en liga, fai que os de Alejandro Arias, sitúanse sextos na clasificación con catro puntos, a dous do trío de cabeza formado por Meaño, Conxo e Moaña, e cos mesmos puntos que o Pabellón están o Viveiro e o S.A.R. Na cuarta xornada, os ourensáns visitan a cancha do máximo favorito para o ascenso, o Decubal Meaño. A cita será en terras ponteve-

Categorías de base Nas categoría de base non foron mellor as cousas e o xuvenil feminino caeu na súa visita a Coia, o cadete masculino sucumbiu ante o Tui en Os Remedios; os infantís tanto masculino como feminino tamén perderon contra o Octavio (18-19) e o Seis do Nadal (9-25), respectivamente. A única nota de alegría da xornada deuna o cadete feminino vencendo ás viguesas do Seis do Nadal (39-35) e afianzándose na zona media alta da clasificación.

Tenis de Mesa

Con paso firme

4 Os dous equipos do Galmédica Ourense continúan con paso firme. Redacción Os dous equipos do Galmédica Ourense Tenis de Mesa continúan con paso firme nas súas respectivas competicións. O Galmédica “A” de Segunda División Nacional desprazábase ata Cambados para enfrontarse ao Joyería Enrique, na quinta xornada de liga, ao que derrotou por 1-5 mantendo deste xeito a segunda praza con oito puntos, os mesmos que o Helios Bembivre -primeiro- e o Monte Porreiro -terceiro-. Se ao primeiro equipo as cousas vanlle ben no seu debut na Segunda División Nacional, mellor aínda lle

van ao segundo equipo ourensán tamén no seu debut, pero na Terceira División Galega. Continúa desfacendose dos seus adversarios de forma contundente e letal, sen dar opción en ningún momento ao rival. Das seis xornadas disputadas, o Galmédica “B” acadou o pleno de vitorias e o pleno de sets (12 puntos, 42 sets a favor por cero en contra en seis partidos) nun arranque ligueiro inimaxinable. A liga retornará o sábado 11 de decembro, día no que o Galmédica “A” recibe ao cuarto, o Grupo Barros de Cambados.

4 Despois de case un mes da San Martiño, turno para a Megaxove. R. Torres

Presentación de Megaxove. /R.T.

Deporte na ponte

4 Expourense acolle a 11ª Megaxove do 4 ao 8 de decembro. R. Torres Cita habitual desde fai 11 anos é a Megaxove en Expourense, onde máis de 50 actividades culturais, de lecer e deportivas daránse cita ao longo e ancho da ponte da Constitución do 4 ao 8 de decembro-. A entrada é totalmente gratuíta e xa están convocados máis de 3.000 rapaces de toda Galicia, Castela León e Portugal, que participarán en campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros. En Megaxove ten cabida todo tipo de deportes, por iso promocionaranse disciplinas minoritarias como poden ser o remo indoor (simulador de remo para adestramento en terra), a esgrima, a halterofilia, o tiro con arco, as artes marciais ou o badminton. Haberá numerosos torneos, ás disciplinas xa citadas

hai que engadir os torneos de ximnasia rítmica, xadrez, voleibol, patinaxe, fútbol sala feminino entre outras. O mércores, 8 de decembro, a partir das 11.15 horas chegará o turna do cross Megaxove. Máis actividades Se parecen poucas actividades tamén poden atoparse con hinchables, parede de escalada infantil e outras actividades como o fútbol chapas. Tampouco faltarán o Scalextric, karaoke e o xogo de rol “Warhammer” ademais do concurso de Educación Viaria, demostracións dos servizos cinolóxicos, Seprona e Tráfico da Garda Civil; en definitiva, actividades para todos os gustos e para todas as idades. Megaxove abrirá as súas portas do 4 ao 8 de decembro de 11 a 14 horas e de 16 20 horas.

Fai case un mes que se celebrou a 34 edición da carreira do San Martiño e os corredores populares e non tan populares xa tiñas gañas de que houbera outra carreira en Ourense. Dito e feito, o mércores, 8 de decembro nos alrededores de Expourense terá lugar a XI Carreira Popular Expourense-Megaxove. Esta proba está organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Consello Municipal de Deportes–Concello de Ourense, e Expourense. Inscricións As inscricións poderanse realizar ata as 20:00 horas do luns, 6 de decembro, na web www. championchipnorte.com. Os cativos e benxamíns formalizarán a súa inscrición a través da dirección

de correo club@ourenseatletismo.com. Horarios Ás 11:15h horas, darán o pistoletazo da 11ª edición as nenas alevíns e infantís que darán unha volta grande de 1.200 metros, os nenos da mesma categoría, darán unha volta grande e outra pequena para completar 2.050 metros desde as 11.25 horas; ás 11.40h. as nenas cadetes e xuvenís percorrerá 2.050 metros, mentres que os nenos correrán a partir das 11.55h. 3.600 metros; na categoría absoluta que abrangue, júnior, promesa, sénior e veterán darán cinco voltas grandes para completar 6.000 metros desde as 12.20 horas; ás 12.55 os de categoría benxamín mixto darán unha volta pequena para correr 850 metros. A última das carreiras chegará contra ás 13.05 horas, turno no que os máis cativos darán unha minivolta para completar un circuíto de 300 metros.

O 19, a de San Cibrao Redacción O domingo, 19 de decembro, a partir das 12 horas, terá lugar na localidade ourensán de San Cibrao das Viñas a novena edición da súa carreira popular do Nadal. As inscricións estarán abertas ata o 15 de dec-

embro na tenda de deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ou ata o día 16 na web Championchipnorte e teñen un custo de 3 euros. As inscricións están limitadas aos 300 participantes entre os da carreira de 3 quilómetros (categorías inferiores) e as de 8,5. Os pitufos inscribiranse o propio día da proba.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

ACTUALIDADE

Os 14 oitomiles de preto 4 Edurne Pasabán achegounos ás cimas máis altas do planeta. R.T.

As alevíns do Club ourensán nun exercicio.

Club Ximnasia Pavillón

Debut fóra de Galicia

4 No Campionato Nacional de Conxuntos de Base. Redacción As integrantes alevíns e benxamíns do Club Ximnasia Pavillón participaron por primeira vez fóra de Galicia no Campionato Nacional de Conxuntos de Base celebrado en na localidade castelán leonesa de Valladolid. As alevíns foron as primeiras en competir e os nervos pasáronlles a todas as integrantes unha mala pasada, polo que cometeron dou erros graves no seu exercicio, desprazándoas ata o posto 51 de 61 participantes. Aínda así foron as mellores galegas por terceira vez consecutiva neste ano (no Campionato galego e no Torneo de Narón nacional). As benxamíns saíron a escea con moita garra e cuaxaron unha boa actuación, o que as levou a acadar o posto 41 de 61 equipos e

sendo as segundas de todas as galegas que participaron no torneo. Próxima cita A seguinte cita para o Club Ximnasia Pavillón

disputase en terras de A Rioxa. Viaxarán a Logroño do 2 ó 5 de decembroos equipos infantil, júnior e sénior para disputar un torneo con outras comunidades autónomas.

4 IV Torneo Nadal Ourense Termal, o 12 de decembro O vindeiro domingo, 12 de decembro, na cancha Central do Pavillón dos Remedios en horario de mañá, terá lugar o IV Torneo Nadal Ourense Termal, que, como tódolos anos por estas datas organiza o Club Ximnasia Escola Pavillón, coa oficialidade da Federación Galega de Ximnasia. No evento participarán máis de 350 ximnastas de toda a xeografía galega. O Torneo ten carácter de exhibición, tanto de

trampolín, ximnasia xeral, rítmica, etc. En canto á participación ourensá, o Club Ximnasia Escola Pavillón realizará exercicios de exhibición con case todos os grupos tanto de trampolín como de rítmica, exceptuando os máis pequeniños, de iniciación, que preparan o seu debut para máis adiante. Serán polo tanto un total de arredor de 150 ximnastas da escola os que se darán cita, como anfitrións deste evento.

A Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán cada ano supérase, e nesta ocasión non ía ser menos. Para a segunda xornada trouxeron a Edurne Pasabán, alpinista coñecida e recoñecida por todos, que achegounos as cimas máis altas do planeta, “Os 14 oitomiles” ao Auditorio de Ourense. Ante unha sala abarrotada de público, a alpinista vasca contou anécdotas das súas ascensións aos 14 oitomiles que ten o planeta Terra, pero non se esqueceu de dar a coñecer un pouco máis a Edurne, persoa, muller, que pretende “afloxar” na montaña despois de ter logrado o reto de facer cumio nos picos máis altos da Terra. Edurne comezou o seu relatorio recordando como comezou no alpinismo aos 14 anos, que non foi doutra maneira que “cunhas amigas porque nos gustaba o monitor”. Nas dúas horas de charla, Pasabán explicou os momentos máis difíciles na montaña e na súa vida “no 2006 tiven unha depresión moi forte da que saín grazas á miña familia, aos meus amigos e aos especialistras” aseguraba a alpinista. Pero os seus momentos amargos -a amputación de

dous dedos dos pés despois de hollar o K2- compensaban o que sempre quixo facer que é a escalada e estar nas expedicións cos seus amigos de verdade. Durante a conferencia, Edurne mostrou vídeos dalgunha das súas ascensións, nas que se vían momentos complicados (o descenso do Kangchenjunga, 12º oitomil de Edurne) e momentos felices xunto aos seus compañeiros de expedición e facendo un simulacro do encerro dos San Fermíns. Preguntas do público Despois da charla, turno das preguntas, onde preguntaronlle polo seu futuro profesional, “penso ascender o Everest sen osíxeno, xa que no 2001 cando o ascendín utilicei bombonas

Edurne Pasabán. /RAMSÉS

de osíxeno”. Tamén lle preguntaron sobre Miss Oh e se fora a surcoreana a primeira muller en coroar os 14 picos máis altos do planeta ao que a vasca contestou que soamente o sabería Miss Oh pero que vendo as fotos da cima no Kanchenjunga dan a entender que non fixo cumio en dita montaña e que a propia federación surcoreana de montaña non lle da por válida esa ascensión.Por iso pódese dicir que Edurne Pasabán foi a primeira muller en completar a ascensión dos 14 oitomiles, as 14 montañas máis altas do planeta. De cara ao seu futuro máis persoal, a de Tolosa rematou a súa charla cun concluínte: “teño 37 anos e non quero chegar aos 60 soa”.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

HOQUEI

Primeira División Grupo III Unha xornada máis, o Apóstol Ourense continúa ao fronte da clasificación da Primeira División Grupo terceiro tras derrotar na pasada xornada ao filial do Barrocás por 3-4. O Apóstol leva 12 puntos de 12 posibles polo que novamente, como o ano pasado, é o máis claro candidato a alzarse co título ligueiro e loitar polo ascenso á División de Honra B como xa fixera a campaña pasada. En segunda posición encóntrase o Albor, pero xa a

Un xogador da Real Sociedade despexa a bola ante a presión dun xogador do Barrocás. /RAMSÉS

Racha negativa de resultados 4 O Caldaria Barrocás perde o liderato despois das dúas derrotas consecutivas. R. Torres O Caldaria Barrocás de División de Honra B de hoquei herba vén de acadar de forma consecutiva as súas dúas primeiras derrotas nesta liga e perder así o liderato da competición en detrimento do Pedralbes. A primeira das derrotas foi en terras vascas onde os barrocos sucumbiron por un exiguo 1-0 ante o Atlético de San Sebastián. A segundo derrota, en terras ourensás, tería un novo contrincante vasco, a Real Sociedad, impoñéndose por un 2-4 e estando os ourensáns a remolque durante o encontro, nos minutos finais o empuxe local non deu os seus froitos e a segunda derrota chegaría para o Caldaria Barrocás.

Caldaria, cuarto Con estas dúas derrotas o Caldaria é cuarto con 8 puntos, a dous do primeiro Pedralbes (enfróntanse na vindeira xornada), a un do segundo, o Junior e empatado a puntos -8- co terceiro, o F.C. Barcelona. O conxunto ourensán visita o campo do líder, Pedralbes na vindeira xornada do 5 de decembro. O Pedralbes é o único equipo ata a data que non perdeu ningún partido (catro vitorias e dous empates). A próxima cita en casa será o domingo 12 de decembro, a partir das 12 horas e, terán como rival ao F.C. Barcelona. Sorpresa do Ourense Galicia Calidade O Ourense Galicia Calidade deu a sorpresa na

sexta xornada ao vencer ao que ata entonces era o líder, Polo. No encontro, moi emocionante, as ourensás leváronse o partido cun solitario gol tras un penalti córner nos últimos minutos de encontro que deron os dous puntos para o Ourense. Pero este resultado foi un espellismo e sete días máis tarde sufriron unha nova derrota, nesta ocasión o Alcalá deu boa conta do equipo galego e venceron por 4-0. As ourensás son o equipo con máis goles encaixados dos dous grupos de División de Honra feminino. O domingo 5, a partir das 12 horas, o Ourense volve ter unha cita ante a súa afección na oitava xornada; o rival nesta ocasión será o Terrassa que é terceiro con oito puntos.

O Caldaría Barrocás xoga o próximo partido en casa o domingo 12, ás 12 horas contra o F.C. Barcelona

catro puntos do líder; Caldaria Barrocás é terceiro, Cidade de Ourense, cuarto e en quinta posición está o Pabellón, pecha a táboa o Calor y Fuego Cudeiro con un só punto. Esta fin de semana será a sétima xornada onde o líder Apóstol mídese ao pechacancelas, Calor y Fuego Cudeiro, ás 18 horas e o Pabellón recibe ao At. Caixanova a partir das 16 horas. Os dous partidos serán no campo de Mariñamansa. O Caldaria Barrocás visita ao At. Coruña. O Cidade de Ourense - Albor queda aprazado.

O domingo 5, ás 12 horas, Ourense Galicia Calidade - CD Terrassa, en Mariñamansa

O Ourense conseguiu a vitoria fronte o Polo en Mariñamansa. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

ARTES MARCIAIS

Wushu

A participación ourensán en Sicilia sáldase con sete medallas 4 Na IV Mediterranean Cup de Wushu. Redacción A illa italiana de Sicilia acolleu o IV Mediterranean Cup de Wushu, polo que se desprazou unha expedición española que contaba cun gran número de representantes ourensáns demostrando unha vez máis a potencia que é a nosa provincia neste deporte milenario de China. O evento reuníu a máis de 300 deportistas de varias nacionalidades como Italia, España, Montenegro, Malta, India e otros países. O potencial ourensán demostrouse unha vez máis

cos sete metais que colgaron do pescozo dos 10 que se levou o combinado nacional. Os ouros foron a cargo de Agar Gago (Taichi puño tradicional), Cristina Varela en Qiangshu (lanza) e Rocío Salgado en Nangun (palo); e as pratas foron acadadas por, novamente Agar Gago (espada Taichi), Ezequiel Gago (puño tradicional) e José Manuel Ferreira por partida dobre en Nanquan e Nandao (sable). V Copa do Mediterráneo en Ourense O director del Departa-

mento Galego, José Gago, que acompañóu á Selección, acordou cos países que forman a Confederación de Wushu do Mediterráneo, que no vindeiro campionato Internacional que cada ano se realiza no mes de xuño en Ourense, inclúa para 2011 a V Copa del Mediterráneo, polo que estaría asegurada a participación de moitos países e varios centos de deportistas que chegaría a nosa cidade para participar nesta copa que tanto éxito tivo en Sicilia para a expedición española.

Campionato de judo en Megaxove Redacción Durante os días 4 e 5 de decembro, todo aquel que queira coñecer máis de preto o judo tan só terá que acudir a Expourense e achegarse ao tatami que vai montar o ximnasio Marbel para a ocasión en horario de mañá e de

tarde, no que serán dúas xornadas de promoción do Judo entre nenos e maiores. A actividade de promoción complementarase con exhibicións; o sábado -12,30 horas- a do Kata Kodokan Goshin Jutsu, técnicas de Judo, realizado polos campións galegos José Estévez e Iván Barreiros. Pola tarde

-19,00 horas- Miguel Pardavila e Daniel Pérez realizarán unha demostración de técnicas de Jiu Jitsu. A oferta de judo completarase co torneo “Megaxove” para competidores federados que reunirá aos mellores da provincia o sábado 4, e o día 5, para as categorías de formación.

Participantes en Megaxove nunha anterior edición.

Dous ourensáns no Internacional de Madrid de Jiu Jitsu Redacción

José Manuel Ferreira conquistou dúas medallas de prata.

Os ourensáns Felipe Iglesias e Christian Álvarez veñen de ser convocados polo seleccionador nacional para disputar no mes de decembro (o

sábado 18), o II Open Internacional de Madrid que se disputará na localidade madrileña de Rivas Vaciamadrid. No internacional de Madrid, España medirase a nacións como Bulgaria,

Grecia e Portugal á espera da confirmación do combinado ruso. Categorías Por parte dos ourensáns, Iglesias competirá na categoría -62 quilos, mentres que Christian Álvarez o fará en -94 quilos. Está é a primeira vez que algún judoka da nosa provincia participa coa selección española nun evento destas características.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

FÚTBOL

Parón para recapacitar

4 C.D. Ourense ten un parón de dúas semanas na liga, no que poderá pensar que cousas debe mellorar. R. Torres C.D. Ourense ten agora un parón na liga de Terceira División de dúa semanas debido aos compromisos da selección galega, que ten nestas datas en Malta. polo que, esta pode ser unha boa ocasión para recapacitar e sacar conclusión do porqué o equipo non da conseguido bos resultados nas últimas xornadas, agás a vitoria ante o Narón -último clasificado- por 3-0 en O Couto. No último partido, contra o Areas, un empate a cero goles que soupo a pouco para os intereses ourensanistas de ir sumando puntos de cara a estar a final de tempada nos postos altos da clasificación e así, poder xogar a fase de ascenspo á Segunda División B. No encontro contra o Cultural Areas o dominio foi do cadro visitante pero

sen apenas inquedar a portería local. Na segunda parte o panorama non variou ata que entrou no campo Noguerol, momento no que os “rojillos” dispuxeron das

ocasións máis claras pero sen puntería nos metros finais. Con este empate, o Ourense manten a terceira posición con 27 puntos, a 6 do Cerceda que ten 33; se-

gundo é o Rácing de Ferrol con 32, o Alondras completa a zona de promoción con 26 puntos. Dos catro equipo tan só o Ferrol non tivo a xornada de descan-

O partido en O Couto contra o Narón saldouse coa vitoria local por 3-0. /RAMSÉS

so que lle corresponde a cada equipo por contar a liga cun número impar de equipos, 19.

4 Fútbol chapas

Vindeira xornada Para a vindeira xornada haberá que esperar ata o 18 de decembro, data na que se disputará a 17ª xornada de liga con enfrontamento no Couto do Ourense contra o Rápido de Bouzas. O Bouzas está zona media da táboa -12º con 19 puntos-. os ourensáns pecharán o ano, o 22 de decembro, visitando o campo do Vilalbés que se atopa a tres puntos do equipo da cidade de as Burgas.

Redacción

A liga regresa ao estadio de O Couto o domingo 18 de decembro para enfrontar a C.D. Ourense contra o Rápida de Bouzas

O representante galego no campionado de España de fútbol chapas, o ourensán Millán Brea Castro, non tivo sorte na súa primeira participación no Campionato de España de fútbol chapas e quedou apeado da loita polo título na primeira ronda. Madrid, foi o esceario deste cuarto campionato no que se deron cita máis de 100 xogadores desta disciplina de todas as comunidades de España. O ourensán, na fase de grupos, enfrontouse aos representantes de Sevilla e Madrid, perdendo os dous encontros. A tempada 2010-2011 da Liga Galega comezará no mes de decembro, e xogarase na Casa da Xuventude de Ourense, a inscrición é gratuíta no mail: chapasourense@gmail. com.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

FÚTBOL SALA

Cidade de As Burgas

Balón de osíxeno

4 O Cidade volve á senda das vitorias e vence no seu desprazamento a terras navarras. Estatísticas: Orvina: Marta, Sarah, Txiki, Sandra y Bea Garbe (quinteto inicial) Tamén xogaron, Maialen, Virginia, Raquel Moreno, Diana, Ane, Amaya Ibáñez e Emi. Cidade de As Burgas: Nati, Laura, Sonia, Vanesa e María Arias (quinteto inicial). Tamén xogaron Nerea e Figo. Goles: 1-0, min. 6 Sarah 1-1, min. 7 Vanesa 2-1, min. 8 Sarah 2-2, min. 18 Peque (dobre penalti) 2-3, min. 19 Laura 3-3, min. 30 Diana 3-4, min. 31 Peque 3-5, min. 32 Nati 3-6, min. 33 Vanesa 3-7, min. 36 Peque 4-7, min. 39 Sarah

o equipo tiña posiblidades cando xogaba a domicilio dando a sensación de que se quitan a presión lonxe dos Remedios, polo que parecía que volverían á senda dos triunfos nun partido como visitantes. E así foi. As ourensás venceron no encontro que disputaron en terras navarras ante o Orvina, un rival directo para as de Codeso. As do Cidade tiveron que darlle a volta ao marcado despois de que as locais se adiantaran no marcador por dúas ocasión (no un cero e no dous un) pero as ourensás enseguida poñían o empate no electrónico con goles de Vanese e Peque,

de dobre penalti. Antes do descanso, Laura facía o 2-3. No segundo tempo, empata o Orvina aos 10 minutos de reanudación pero, Peque por dúas veces, Vanesa e a porteira Nati de portería a portería poñían o 3-7 que facía imposible a remontada de navarras. Sara, polo Orvina, deixaba o definitivo 4-7. Vindeiras xornadas O primeiros deses partidos será o 18 de decembro en Os Remedios contra o Soto del Real. O primeiro partido do ano volverá ser en casa contra o Cidade de Alcorcón, o sábado, 8 de xaneiro.

Estes partidos (aínda que quedará toda unha segunda volta) poden demostrar se o equipo ourensán está capacitado para permanecer un ano máis na elite do fútbol sala feminino.

O Cidade de As Burgas ten cinco puntos de ventaxa con respecto á zona de descenso

Sábado 18, ás 17 horas, Cidade de As Burgas - Soto del Real, nos Remedios

4 Codeso satisfeito

R. Torres Necesaria vitoria do Cidade de As Burgas en terras navarras ante o Lacturale CD Orvina para por terra de por medio sobre os postos de descenso na División de Honra do fútbol sala feminino. O cadro de Manolo Codeso viña de perder catro partidos consecutivos polo que a vitoria era máis que necesaria se non querían achegarse perigosamente aos postos de descenso. Nos anteriores encontros sofriron as duras derrotas ante Gironella e Valladolid e contra o Burela e Zaragoza estiveron a piques de sacar algo positivo, casualmente as derrotas máis abultadas foron en casa mentres que

Peke tirando a porta no encontro contra o Gironella. /RAMSÉS

Sonia regateando a unha contraria en Os Remedios. /RAMSÉS

A pesar das catro derrotas consecutivas do seu equipo, Manolo Codeso destacaba a nota positiva das mesmas, “tivemos moitas baixas nas últimas xornadas polo que en moitos minutos dos últimos encontros tivemos que xogar con cadetes, cousa que moitos equipos non o poden facer”, e ademais “Nati tivo que xogar en casa de xogadora porque soamente tiñamos tres cambios con ela”, explicaba o adestrador. Sobre a vitoria ante o Orvina destacou que “cambiamos de mentalidade grazas a esta vitoria antes do parón”. Codeso considera importantes os tres encontros en casa dos catro partidos que restan para que remate a

primeira volta, “xogamos tres en casa contra o Soto del Real, o Alcorcón e o Campillos que son equipos que loitarán coma nós para non descender” polo que “van a ser partidos moi importantes”, explicaba o adestrador ourensán. O outro partido antes de que remate a primeira volta é contra o Elche en Alicante.

Manolo Codeso.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

FÚTBOL SALA

Ponte Ourense

Ao asalto de Móstoles

4 Ponte Ourense visita ao líder Móstoles no último encontro da liga no 2010. R. Torres Chega o partido máis importante da tempada, ata o momento, para Ponte Ourense, que se enfronta a un Móstoles líder pero igualado a puntos coas de Manuel Castillo. O encontro terá lugar na cancha das madrileñas o 18 de decembro co que se dará o peche da liga por este ano 2010. Neste encontro ademais dos tres puntos en liza, tamén está en xogo o liderato do campionato. O vencedor

deste partido sairá reforzado e chegará ao descanso de Nadal con máis moral que o perdedor. A igualdade entre ambos conxuntos é tan grande que ademais de contar cos mesmo puntos e as mesmas vitorias -33 puntos en 11 encontros xogados-, teñen os mesmos goles en contra, 18 goles encaixados. No único dato no que non coinciden é nos goles a favor, neste apartado as madrileñas levan vantaxe (51 goles das da capital por 47 das pon-

tinas) de tan só catro goles sobre as ourensás. Máis emoción non se pode pedir. E con Ampi nun estado de gracia de cara ao gol, sendo a máxima artilleira da liga con 17 dianas. Tanto ourensás como madrileñas están nun bo estado de forma e non dan opción ás súas adversarias en ningún encontro. Este bo estado de forma refléxase na convocatoria de José Venancio, seleccionador nacional, que convocou para o Torneo Internacional a tres

Marta loitando por un balón contra dúas xogadoras do Murcia. /RAMSÉS

xogadoras de cada conxunto, demostrando o nivel das dúas escadras. A pesar de que a liga parece cousas de madrileñas e ourensás, o técnico Manuel Castillo considera que por detrás hai un grupo de dous o tres equipos “que non van pór as cousa fáciles” co Valladolid á cabeza. Por outra banda celebra que a brasileira Raquel de Souza “está cada vez máis recuperada da súa lesión de xeonllo”. Trámite contra UCAM Murcia A pasada fin de semana na central dos Remedios, o Ponte Ourense cumpriu co trámite de impoñerse a UCAM Murcia que non está a facer a súa mellor tempada, por un claro 6-3 a pesar de non desplegar o seu mellor xogo as locais. Os goles de Ampi e Sara por partida dobre e de Laura e Souza foron suficientes para sumar tres novos puntos na loita pola liga. Marta, xogadora que foi dúbida ata o último momento de poder xogar contra as murciás, mostrábase satisfeita do traballo realizado “a pesar do marcador non foi nada doado impoñerse”, comentaba a xogadora despois do encontro; e considera que “estamos a facer as cousas moi ben”. Sobre o parón que hai polos compromisos da selección e do Nadal é consciente de que non se poden relaxar: “temos dous partidos amigables nestas datas e imos a por todas para non per-

der a tensión”, sentenciaba Marta. Parón ligueiro Durante dúas semanas non haberá liga debido a que a Selección española disputa en Madrid un Torneo Internacional no que estarán tres representantes de Ponte Ourense (Ampi, Sara e Laura). Polo que o seguinte partido (e último do ano) é contra o Móstoles na súa cancha. Despois volverase a deter a competición polas vacacións de Nadal para reanudar a liga o 8 de xaneiro, data na que as pontinas xogarán de novo fóra, nesta ocasión contra

o Soto del Real. O vindeiro encontro en casa será o 15 de xaneiro, encontro no que o Rioja Diamante visitará terras ourensás.

Sábado 18, Ponte Ourense visita ao Móstoles na loita polo primeiro posto Ampi, Laura e Sara participarán no Torneo Internacional de fútbol sala coa selección española

Ampi, no partido contra UCAM Murcia. /RAMSÉS

4 Ampi goleadora

Ampi está a mostrar a súa valía e o porqué da súa fichaxe partido a partido. Nos 11 partidos disputados, a andaluza leva 17 tantos e é a máxima goleadora do campionato, cun máis que Sareta do Zaragoza e dous máis que Sofía do At. de Madrid e a pabellonista Vanesa.


10

BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

BALONCESTO

O Codigalco Carmelitas rexurde das súas cinzas

4 Por segundo ano consecutivo, o equipo colexial estrea o seu casilleiro de vitorias en Liga Feminina 2 vencendo ao seu veciño, Pabellón Ourense, nun derbi multitudinario. R. Torres Coma se do Ave Fénix se tratase o Codigalco logrou rexurdir do pozo no que se atopaba e acadou, por fin, a súa primeira vitoria da tempada, gañando (73-61) o primeiro derbi ourensán do ano en Liga Femenina 2. Con centos de afeccionados de ambos equipos como testemuñas, cubrindo por completo as bancadas do Polideportivo Vedruna,

cumpríronse os mellores presaxios do conxunto colexial e o seu enfrontamento co Pabellón Ourense conseguiu, ao igual que o ano pasado, despertar a enerxía das Carmelitas. Logo de tres cuartos nos que o equipo visitante se mantivo case sempre por diante (17-27 / 37-40 / 5655), demostrando que os erros ofensivos e defensivos das locais serían de novo o seu verdugo, as de

O sábado, 4 de cembro o Carmelitas recibe ao Valladolid, pechacancelas da LF2, ás 19.30 horas no polideportivo Vedruna

O Pabellón visita ao Bembibre A próxima cita en casa é o día 11 contra o AROS León, ás 20 horas nos Remedios

Juan Rodríguez reorientaron o seu xogo e deixaron ao descuberto como a confianza é o peor compañeiro de viaxe no deporte. Deste xeito, no derradeiro período, conseguiron rematar, de maneira definitiva, coa diferenza que as separaba das súas veciñas para acadar un cómodo resultado final que contaba con 12 puntos de vantaxe, mediante o cal lograban o aplauso, máis que orgulloso, dos seus searei-

Laura penetrando a canastra diante da pabellonista Perry. /RAMSÉS

As xogadoras colexialas son unha piña despois do encontro contra Pabellón. /RAMSÉS

ros e o asombro do equipo e afección rivais. Unha remontada exemplar, que se baseou no labor directivo de Laura Fernández (15 puntos), ofensivo de Marsh (18) e Gullber (22), e reboteador de Miriam Bolivar (10 rebotes). Mentras que, pola súa banda, as chaves do Pabellón Ourense, foron Alicia González e Laura Gil (con 16 e 17 puntos anotados respectivamente).

Un último cuarto brillante das colexialas (17-6) deulles a primeira vitoria da tempada. O Pabellón Ourense leva dúas vitorias 4 As calificacións do partido • SOBRESAÍNTE: para ambas afeccións • NOTABLE: derradeiro cuarto do Carmelitas • BEN: o recente adestrador colexial Juan Rodríguez • SUSPENSO: derradeiro cuarto do Pabellón


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

BALONCESTO

As derrotas achegan máis que nunca a Codigalco e Pabellón

4 Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense foron superados, con creces, por ADBA e Aguere, respectivamente, na oitava xornada de liga. R. Torres As colexialas como décimo terceiras e as pabillonistas como undécimas atópanse máis preto que nunca na clasificación xeral logo de sufrir contundentes derrotas ante o ADBA Avilés e o Aguere Tenerife na última cita da tempada desputada ata o momento. Lamentablemente, sen que o derbi ourensán ao seu favor servise para moito ao tratarse da única vitoria acadada ata o de agora, o Codigalco segue, a causa dos seus problemas ofensivos, afianzándose nos derradeiros postos da taboa. Pola súa banda, o Pabellón roza, por primeira vez no curso, a zona de descenso debido a un mal xogo e a diversas lesións entre as súas filas. ADBA Avilés – Codigalco Carmelitas A enerxía froito da vitoria fronte ás súas veciñas pabellonistas non foi suficiente para que as de Juan Rodríguez abandonasen, dunha vez por todas, a cadea de derrotas que as leva envolvendo dende o comezo de tempada. E, por sétima vez nas oitos xornadas que van de curso, o Codigalco Car-

melitas remataba o último partido moi por detrás do seu rival no casilleiro. A pesar de realizar un bo primeiro cuarto (19-20), e manterse durante o segundo, as ourensás perderon forza a continuación eliminando por completo todas as súas posibilidades de vitoria. O ADBA Avilés, actualmente sexto na taboa xeral, demostrou na segunda metade do encontro a súa superioridade rematando a faena cun 72-51 que non fai máis que deixar en evidencia os erros que as colexialas deben solventar de inmediato se desexan asegurar a súa praza na categoría. Pabellón Ourense – Aguere Tenerife Igual final de encontro viviu, na oitava xornada, o Pabellón Ourense fronte a un dos líderes da Liga Feminina 2, o Isla de Tenerife Aguere. Pero con aínda menos probabilidade de éxito que as súas veciñas, xa que o agora número un da categoría mantivo en todo momento a raia ás de Lisardo Rodríguez sen excesiva dificultade. A distancia na táboa e no xogo trasladouse á cancha central de Os Remedios

para mostrar un espectáculo dominado por un impresionante quinteto canario que se mantivo durante a maior parte do partido sen apenas rotacións, fronte a un desorientado Pabellón Ourense sentenciado por graves erros técnicos e varias baixas de xogadoras chave. Cunha media de 10 puntos de distancia durante a primeira metade do partido (chegando ao descanso 31-42), as canarias despegaron de xeito definitivo e imparable na segunda parte do mesmo acorralando ao conxunto pabellonista, que estivo preto de tirar a toalla ao vivir 15 puntos de desvantaxe. Sen embargo, unha vez máis, era Alicia González a que maquillaba a inferioridade encestando sete puntos consecutivos que achegaban ás ourensás ao seu inalcalzable rival, un Aguere que, como bo número un, sentenciou contundentemente o encontro reflexando no resultado (7157) o acontecido durante os catro períodos anteriores. Vindeiras oportunidades para remontar Con moita tempada aínda por desputar, os nosos

11

O Carmelitas tentará vencer a Valladolid para por terra de por medio co pechacancelas e ter dúas vitorias máis que as castelano leonesas O Pabellón tentará cambiala tónica negativa das últimas xornadas e sacar algo positivo antes do parón de Nadal

conxuntos femininos de baloncesto están a tempo de superar as adversidades e mellorar as súas posicións na categoría. Para iso, a vindeira fin de semana o Codigalco Carmelitas recibe no Polideportivo Vedruna ao pechacancelas, o Universidad de Valladolid, nun encontro que, a priori, debería ser a oportunidade perfecta para que as de Juan Rodríguez gocen, de novo, do sabor da vitoria e pór así terra de por medio co último conxunto da táboa. Pola contra, o Pabellón Ourense visita ao leonés Coelbi Bembibre PDM, actual terceiro clasificado na LF2; o que anticipa un partido algo máis complicado para as ourensás. O próximo partido en casa das pabellonistas será o sábado 11 de decembro, ás 20 horas, contra o AROS León.

Pabellonistas e colexialas están separadas por só unha vitoria, 2 e 1 respectivamente

Alicia Marco facendo unha bandexa no aro do Aguere. / RAMSÉS


12

BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

BALONCESTO

Que COB veremos no Pazo? 4 O COB recibe a Navarra coa necesidade imperiosa de gañar e tres días máis tarde chega o Palencia. R. Torres Este venres, 3 de decembro, a partir das 21 horas, o Paco Paz volve ser esceario dun partido de liga LEB que enfrontará ao Club Ourense Baloncesto contra o Navarra. Os navarros veñen coa tranquilidade de levar seis partidos gañados nas 11 xornadas disputada, mentres, o COB está necesitado da vitoria (unha vez máis) para saír da situación e da dinámica que o leva a ter tan só 2 vitorias nos 11 partidos disputados. O adestrador, Paco García, considera que “temos que cambiar a dinámica de derrotas” aínda que mostramos “un bo nivel”. Durante esta semana “o equipo adestrou ben” aínda que foi un pouco “atípica” debida a que Ugonna segue de baixa, Sony comezou os adestramentos e Lucho non puido adestrar durante a semana por motivos persoais que o fixeron viaxar ata Madrid.

sendo difícil de superar e cóstalles moito entrar nos partidos de locais. Sobre que Ehambe nos

imos atopar, se o que un día está enchufado e mete máis de 20 puntos e ao partido seguinte nin está nin

se espera, o xefe do banco ourensán tampouco o ten claro de todo, e considera “que Ehambe é un xogador

desequilibrante e cando está ben ten que xogar e cando está mal hai que deixalo no banco”; o vallisoletán sabe cal é o seu mal que non é outro ca “súa concentración por que do resto o ten todo”. O rival O adestrador cobista des-

Tres días máis tarde Palencia O luns, 6 de decembro, a partir das 19 horas, o Club Ourense Baloncesto volve xogar no Paco Paz ante a súa afección contra o Palencia, en partido adiantado da 17ª xornada que tiña que disputarse o 4 de xaneiro pero que, por estar o Pazo ocupado polo Pazolandia o adiantaron a esta ponte da Constitución. Estes dous partidos poden ser trascendentais xa que de gañar os dous sería un plus de motivación para unha plantilla que vive coa ansia de empezar a ter resultados positivos nesta liga e poder saír do pozo no que está, ocupando a penúltima praza da táboa. O Palencia é o pechacancelas da liga pero coas mesmas vitorias, dúas, que os ourensáns.

O COB enfróntase en casa ao Navarra este venres 3 de decembro ás 21 horas, e ao Palencia o luns 6 de decembro ás 19 horas

As incógnitas do COB Para Paco García, non será incógnita o xogo do equipo pero o que non ten claro é que como estarán os seus xogadores “de cabeza” nos primeiros minutos de encontro onde a presión de xogar en casa lles está

Salvo Arco conducindo o balón fronte ao Huesca. /RAMSÉS.

taca o bo xogo do Navarra, que encaixa poucos puntos e con xente con moita experiencia en liga LEB, “todos suman e saben como axudar ao equipo” aseguraba o técnico ourensán. Para gañar, ten claro o que non deben facer: que será non regalar balóns e ter boas opcións de tiro.

Jonathan Kalé encestando fronte ao Huesca. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

ENTREVISTA

13

Defendendo as nosas cores

4 Un mes de febreiro, Laura Gil Sampedro cambiou o clima mediterráneo de Valencia polo clima continental de Ourense para defender ao Pabellón Ourense na Liga Feminina 2. R. Torres A sexta dos nosos “mundourensáns” non dubidou en cruzar España para axudar a un equipo en risco de descenso. Laura Gil acudía á chamada do Pabellón Ourense en 2009 co fin de evitar a caída do equipo da Liga Feminina 2 de baloncesto. A actual escolta pabellonista abandonou Valencia

para cumplir así o seu soño: vivir de maneira profesional do seu deporte favorito, xogando onde quere e como desexa. Por que aceptaches a oferta do Pabellón Ourense? Laura Gil: “Naquel momento o Pabellón estaba escaso de xogadoras e con moitas posibilidades de xogar a fase de descenso. Por iso, en febreiro de 2009,

como lles gustaba o meu xogo, puxéronse en contacto comigo pedíndome axuda para evitar a caída do equipo a unha categoría inferior. A min a idea pareceume boísima e o feito de que contaran comigo encantoume, así que, sen dubidalo, víñenme inmediatamente para Ourense”. Como foi a túa adaptación á nosa cidade despois de haber estado toda a

Laura Gil, na cancha central dos Remedios coa súa arma de traballo. /RAMSÉS

vida en Valencia? L.G.: “Dende o primeiro momento tratáronme estupendamente. Encántame a cidade e o clube, porque está composto de persoas maravillosas. Gústame moitísimo estar aquí”. Que foi o que máis te sorprendeu á túa chegada? L.G.: “Sen dúbida, a xente. En Valencia todo o mundo é máis independente, pero acá sodes máis familiares e acolledores”. Cres que o Pabellón Ourense evolucionou nestes últimos anos? L.G.: “Si, claro. Cando cheguei o equipo tiña serios problemas para manterse en Liga Feminina 2, pero o ano pasado xa formamos un conxunto ideado para estar na metade da taboa, e aínda que o comezo foi difícil rematamos demostrando que mereciamos estar a salvo”. E como se presenta esta tempada para o clube? L.G.: “Compúxose un equipo moi humán, o malo é que estamos tendo demasiados problemas (coma a morte do pai de Stephanie – que foi un golpe moi duro- ou diversas xogadoras lesionadas), o que está causando un comezo de tempada moi costa arriba. Pero estou convencida de que todo mellorará”. Que opinas, en xeral, do baloncesto ourensán? L.G.: “Acá o baloncesto recibe moito apoio, en Valencia só consiguen axuda as categorías superiores, pero en Ourense todas contan con respaldo. É espectacular”.

E do seu público? L.G.:“Vólcase completamente. Nós contamos con xente fiel que nos segue e apoia alá onde vaiamos. Adórannos”. Cal é a túa meta profesional no baloncesto? L.G.:“Creo que xa a cum-

plín porque estou facendo o que quero facer, vivindo do que quero vivir e xogando onde e do xeito que desexo. Está claro que a calquera xogador lle gustaría chegar o máis alto posible, pero estou moi contenta co que teño neste momento”.

Máis persoal 4 Laura Gil Sampedro naceu en Valencia o 1 de decembro de 1982 e comezou a xogar ao baloncesto de maneira oficial con tan só 15 anos. 4 Antes de acudir á petición do Pabellón Ourense, militou en diversos conxuntos da súa comunidade: C.B. Alboraya (como Cadete), Valencia Sportiu Basket (nas categorías Junior, 1ª División e Liga Feminina 2), e C.B. Vinarós (tamén nesas dúas últimas categorías). 4 A esta valenciana de 1,70 m de altura e 75 kg de peso encántalle a pasta, a súa cor favorita é a azul e escaparíase a calquera praia exótica do Caribe para relaxarse.


14

BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

NOVAS

4O RINCÓN DO MESTRE

A actividade física e beneficios nos mozos maiores (V) Flexibilidade Dentro da mesma integramos as seguintes partes: · Dedos, pulsos e cóbados - Pechar lentamente a man até lograr facer puño. - Cunha pelota pequena ou unha mazá apertar fortemente durante 15 ou 20 segundos. - Coa xema dos dedos presionar fortemente sobre unha superficie lisa durante 15 ou 20 segundos. - Coa man apoiada e os dedos xuntos sobre unha superficie libre, estender os dedos ao máximo. - Coa man aberta separar os dedos en forma de abano. - Co pulpexo de cada un (xema dos dedos) tentar contactar por separado co pulpexo do dedo pulgar. - Movemento dos pulsos coas mans pechadas cara arriba e cara abaixo alternativamente. - Coa man aberta e dedos estendidos movementos laterais. - En posición de pé ou sentado nunha cadeira, flexión e extensión consecutiva do antebrazo. - Na mesma posición e co brazo estendido, tocar consecutivamente coa punta da

man os ombreiros. · Columna dorso-lumbar - Deitado sobre as costas, brazos aos lados, xeonllos dobrados. Suxeitar un xeonllo coas mans e levala firme e lentamente cara ao peito. Contar até cinco. Relaxar e repetir alternativamente cunha e outra perna dez veces. - Na mesma posición, suxeitar ambos os xeonllos coas mans e levalas firme e lentamente até o peito. Contar até cinco. Relaxar e repetir coas dúas pernas dez veces. - Na mesma posición, brazos sobre o abdome e xeonllos dobrados. Apertar lentamente as costas contra o chan, contraendo os músculos do abdome e as nádegas. Manter esa posición contando até dez. Repetir dez veces o exercicio. - Na mesma posición, brazos a ambos os dous lados e xeonllos dobrados. Aproximar o queixo ao peito, flexionar o tronco cara adiante levantando a cabeza e os ombreiros do chan, volvendo á posición de partida. Repetir as flexións cinco ou máis veces. Repetir o exercicio dez veces. - De pé a vinte centíme-

tros da parede. Apoiar as costas dobrando os xeonllos. Apertar as costas contra a parede contraendo os músculos do abdome e as nádegas. Nesta posición deslizarse cara abaixo sen separarse da parede. Contar até cinco. Volver á posición de partida mantendo as costas ríxidas. Relaxar e repetir o exercicio dez veces. Os seus beneficios: - Conservar o movemento nos músculos e articulacións. - Evitar a rixidez ao envellecer. Estiramentos Os mesmos exercicios de flexibilidade sen rebote e con suave estiramento dos músculos e tendóns convértense en estiramentos. Adoitan realizarse antes dunha actividade física. Andar ou trotar suavemente e os estiramentos preparan ao corpo para outro maior e desta maneira evitar complicacións. A combinación de flexibilidade e estiramentos reportará uns beneficios importantes na terceira idade. [continua o próximo nº] Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

Ourense estrea wifi gratuito

Unha auditoría propón medidas para reducir o gasto nos Remedios en 56.000 euros Paula Lodeiro O Consello Municipal de Deportes encargou unha auditoría para analizar o gasto enerxético no pavillón de Remedios, que ascende a 160.000 euros anuais. A aplicación do Plan de Aforro proposto pola empresa auditora permitiría reducir esta cantidade case nun 50%, 56.000 euros menos de gasto anual. Ademais, o aforro enerxético ascendería a 165,71 tep (toneladas equivalentes de petróleo)/ ano e reduciríanse as emisións de CO2 á atmosfera en 257,48 toneladas. Medidas propostas Entre esas iniciativas están un mellor aproveitamento da luz natural, a

substitución do sistema de alumeado da instalación deportiva ou a redución da temperatura da auga na piscina de 50 metros en dous graos. A empresa que elaborou a auditoría tamén propón a substitución da caldeira de gasóleo no módulo de atletismo por un chan radiante que aproveite a auga sobrante das piscinas, a implementación dun sistema de cubrición das piscinas, a implementación de enerxía solar para a xeración de auga quente sanitaria ou a substitución da caldeira de gas natural por outra de biomasa. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, apuntou que algunhas destas medidas de aforro enerxético xa se están a aplicar,

como o aproveitamento da luz solar na cancha central dos Remedios ou as placas solares térmicas instaladas na piscina exterior e na cuberta de ximnasia. Estudo previo Para a elaboración do informe procedeuse a unha análise da envolvente térmica das instalacións e un estudo do consumo enerxético do edificio. No referente ao análise de consumo, Iglesias, da empresa auditora, Serviguide, fixo fincapé na importante contribución que a utilización da auga quente das Burgas supón para a reducción de custes en climatización (nos Remedios supón só un 16% do consumo total, cando a media está no 31%).

Campus de Ourense

P.L.

Desde este 1 de decembro, Ourense é unha das primerias capitais de provincia de España en contar cunha rede wifi municipal de acceso gratuíto, en prazas, parques, zonas turísticas e puntos do rural. En total, a rede dispón de 50 puntos de acceso, situados na praza Maior, praza da Mariña, Alameda da Ponte, Parque Miño, Parque San Lázaro, Alameda do Cruceiro, Parque de Don Bosco, Alameda do Concello, Xardín do Posío, Parque Barbaña, Praza da Lexión, San Francisco, Parque Couto e Auditorio.

Carmen Iglesias, Fernando Varela e Mosquera, na presentación da auditoría./P.L.

O deporte como loita pola igualdade de xénero Dous nenos proban a rede wifi municipal./P.L. A conexión a Internet sen fíos tamén chegará aos núcleos de Palmés, Canedo, Eirasvedras, Quintela, Vilar de Astrés, Covadonga, Cudeiro, Oira, A Lonia, Velle, Ceboliño, Rairo, Santa Mariña e Seixalbo, así como ás zonas turísticas de As Burgas, A Chavasqueira, O Muíño da Veiga e Outariz. Os usuarios de ordenadores, PDA’s ou móbiles

poderán conectarse a esta rede unicamente dandose de alta no servizo e navegarán a unha velocidade 512 kb. No prazo de dous meses a rede ampliarase con novos puntos no parque das Mercedes e no de Avilés de Taramancos, na rúa Paseo e nos núcleos rurais de Beiro, Mende, Rabodegalo e O Viso.

4 O campus celebra con deporte o aniversario da chegada da muller á universidade. Redacción O campus celebrou con deporte o centenario da chegada da muller á universidade polo que deseñou un programa no que incluíu fútbol, baloncesto, taichi e xadrez. Ademais dunha conferencia a cargo de Mª Victoria Carballo,

a primeira catedrática do campus de Ourense, que falou sobre Maruja Mallo. Con estes eventos, o Campus de Ourense celebraba o centenario do recoñecemento do dereito da muller a ser universitaria. Actualmente a maioría dos alumnos das universidades son mulleres.

Así, ao longo da pasada semana, no campus universitario de Ourense da Universidade de Vigo houbo ademais dos deportes xa citados, sesións de taichi, e incluso un triangular de baloncesto feminino entre o Campus universitario, o Pabellón Ourense e o Carmelitas.


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

NOVAS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº24 - Ano: II - 3 de decembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Campus Ourense Rugbi

Penitencia en Santiago

4 Primeira derrota do Campus diante do Gallaecius santiagués. Redacción O Campus Ourense rugbi club sufriu a súa primeira derrota da tempada ante o Gallaecius de Santiago de Compostela por 24 a 15 final. A férrea defensa santiaguesa foi suficiente para dobregar a un equipo ourensán que estivo gran parte do encontro no campo rival. As baixas de Abraham, Pelos, Magui, Khalifa fixo que os homes, non habituais, de Ernesto desen a cara durante todo o encontro. Por parte dos ourensáns, ensaiaron duas veces Daniel Vazquez Aldemunde e Jesús López Quintáns e por parte de Gallaecius Jaime Leiros dúas veces, o xaponés Suk Oh Hyun e Rubén Capeans. A proxima xornada do Ourense Rugbi será a fin de semana do 18-19 de decembro por descansar durante as próximas dúas semanas nas que tentará recuperar os seus efectivos lesionados e volver aos triunfos.

Os cadetes tamén perderon Esta fin de semana non foi boa para os intereses do Campus Ourense e o seu equipo cadete tamén seguiu os pasos do maiores e caeron derrotados por 850 ante o Crat Coruña na

primeira xornada de liga. O equipo coruñés foi o campión da pasada liga e o máximo favorito para revalidar o título neste curso. A vindeira xornada, os ourensáns viaxarán ata Vigo para enfrontarse a Universidade de Vigo.

Partido do Campus contra o Ferrol. /M. OTERO

Supervivencia a proba de balas

4 O obradoiro de supervivencia do Campus pasou unha xornada no Club de Tiro Eiroás. R.T. O obradoiro de supervivencia do Campus de Ourense tivo unha xornada no Club de Tiro Eiroás onde os 15 alumnos de devandito obradoiro dispararon con pistolas de aire

comprimido baixo a atenta mirada do seu monitor, José García Calvo “Willy” e un responsable do Club de Tiro. O obradoiro é un dos máis reclamados polo alumnado universitario e sempre logra encher as 15 prazas oferta-

das que están dispoñibles por cada cuatrimestre. En cada curso as actividades que se ofrecen durantes as clases son do máis variado como poder ser rapel, escalada, orientación, saber medir as distancias ou o propio tiro con pistola de aire comprimido. O obradoiro remata en Os Peares onde os alumnos baixaran en rapel pola ponte do tren. Willy ten claro cal é o éxito desta iniciativa, “non estamos na aula, cada clase é nun sitio distinto, é moi participativa para os alumnos que aprenden moitas cousas”, explicaba o monitor.

Os alumnos do obradoiro xunto con Willy no Club de Tiro Eiroás. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 3 de decembro de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.