19 Xullo 2012 - BD60

Page 1

Entrevista a Jorge Paz, un ourensán que presenciou a final da Eurocopa 2012 III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA

Páx. 2-4

En Xogo, campión de campións

CD OURENSE

[páx. 20] Páx. 5

Futuro incerto de CD Ourense

Número: 60- Ano: IV - 20 de xullo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

En Xogo, campión de campións, por segundo ano consecutivo Xogadores do En Xogo / Karlaska celebran a consecución do Terceiro Trofeo Barrios Deportivo, o segundo para o conxunto ourensán. /RAMSÉS

4 Venceu ao Mc Donald’s por 4 a 2 na gran final disputada na central dos Remedios. P. Lodeiro O En Xogo alzouse por segundo ano consecutivo co torneo dos campións. O En Xogo/ Karlaska enfrontábase este sábado 30 de xuño ao Mc Donald’s no III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. A igualdade foi a nota dominante durante o encontro, que foi seguido nas bancadas por preto dun centenar de persoas. Igualdade Comezou marcando o Mc Donald’s, aínda que ao descanso era o En Xogo quen gañara a dianteira (1-2). Mc Donald’s volveu empatar a metade da segunda parte. Un gol do En Xogo a pouco

máis de dous minutos para o final volveu aumentar a tensión do partido. O Mc Donald’s tivo oportunidade de empatar e propiciar os penaltis a apenas 40 segundos do final, pero un contrataque do En Xogo que se transformou no gol que deixou o marcador no 2-4 definitivo. Os catro goles do gañador foron obra de Tizón, quen se converteu unha vez máis nun dos mellores xogadores do torneo. Para o En Xogo era a súa segunda participación no torneo e o seu segundo título. Pola súa banda, o Mc Donald´s era a súa terceira participación e despois de dous terceiros postos, por fin chegaba este ano á final

na que tivo as súas opcións de alzarse co título de campión de campións, pero que ao final sucumbíu ante o En Xogo. Esta igualdade na final foi a continuidade da Liga Provincial. O En Xogo foi terceiro e o Mc Donald´s cuarto. Revalida o título Con este título, o En Xogo / Karlaska revalida o título de campión de campións acadado o ano pasado, cando ademais de levarse o Barrios Deportivo foron os campións de Provincial e da Copa Deputación, logrando un triplete que ninguén antes lograra. Este ano as cousas non lle estaban a ir mellor; terceiros en liga e apeados da final da Copa Deputación, os xogadores do En Xogo agarráronse a este título para poder conquistar algún

torneo nesta tempada. Ao final un gran broche nesta 2011-2012 coa consecución do terceiro Barrios Deportivo, o segundo da dúa conta

particular. Clasificación Se o primeiro posto foi para o En Xogo e o segun-

do para Mc Donald´s, no terceiro posto do torneo dos campións quedou o Concello de Taboadela, logo de haber sido campión de Pro-

O porteiro do Mc Donald´s inicia a xogada do seu equipo. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Tizón, cos catro goles do seu equipo na final do torneo, foi o que guiou á vitoria ao En Xogo

Das tres edicións do Torneo Barrios Deportivo en dúas foi campión o En Xogo

vincial e da Copa Deputación, cuarto foi o Arranxar, quinto o Ambulancias Ribadavia e sexto o Dacón.

nicación organizadores do torneo (Barrios Deportivo e mundourense.com), o concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, e Sonia Pacios, como representante da Delegación Provincial de fútbol sala. Ao mesmo tempo entregáronse os trofeos aos equipos gañadores esta tempada das ligas de Carballiño (Dacón), Celanova (Café Espolón), Primeira Local de Ourense (Arranxar), e Liga Provincial (Concello de Taboadela).

Amigable e trofeos Previamente, disputouse un encontro amigable entre unha selección de xogadores de Liga Provincial e outra de Liga Localde Ourense, que se saldou con vitoria para os provinciais por 4 a 3 goles. Á entrega de trofeos asistiron, ademais de representantes dos medios de comu-

Clasificación III Torneo Barrios Deportivo Tempada 2011-2012

1º En Xogo / Karlaska 2º Mc Donald´s 3º Concello de Taboadela 4º Arranxar / Cafetería Galipán 5º Ambulancias Ribadavia 6º Dacón FS Resultados Grupo A Arranxar / C. Galipán 5-4 Ambulancias Ribadavia Ambulancias Ribadavia 2-2 En Xogo / Karlaska En Xogo / Karlaska 3-0 Arranxar / Cafetería Galipán Grupo B Concello de Taboadela 7-1 Dacón FS Dacón FS 10-0 Mc Donald´s Mc Donald´s 6-4 Concello de Taboadela Final Mc Donald´s 2-4 En Xogo / Karlaska PALMARÉS TORNEO BARRIOS DEPORTIVO Sobrado FS - Campión 2009 - 2010 En Xogo / Karlaska - Campión 2010 - 2011 En Xogo / Karlaska - Campión 2011 - 2012

Gran rivalidade durante a fase de grupos

4 En Xogo e Mc Donald´s lograron o primeiro posto de cadanseu grupo. P. Lodeiro /R.T. A gran rivalidade e a igualdade foron o común denominador da maioría dos encontros desta fase de grupos que se dividiu en tres xornadas. Primeira xornada O Arranxar/Cafetaría Galipán campión da Primeira de Ourense, enfrontábase ao Ambulancias Ribadavia, segundo na liga de Celanova. As Ambulancias Ribadavia comezou marcando, e ao descanso ía 3 a 0 no marcador. Con todo, os de Arranxar non se amedrentaron e déronlle a volta ao marcador, que quedou finalmente 5-4. Os tres primeiro puntos do grupo foron para o campión da Primeira Ourense. No segundo encontro da xornada, medían as súas forzas o Dacón (campión da liga de Carballiño) e o Concello de Taboadela (campión de Liga Provincial e Copa Deputación). Os segundos conseguiron unha vitoria folgada, grazas a un banco máis amplo de que dispuñan, fronte ao único cambio que puideron facer en todo o partido os do Dacón Fs. Ao final, 7-1 no marcador, co gol de consolación do Dacón conseguido no último segundo. O Taboadela postulábase como firme candidato para disputar a final. Segunda xornada Vitoria do Mc Donald’s e empate entre o En Xogo e as Ambulancias Ribadavia na segunda xornada do

III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala - o torneo dos campións-, disputada na cancha central do pavillón dos Remedios. Un partido sen historia foi o que enfrontou ao Mc Donald’s (subcampión de Copa Deputación) e o Dacón (gañador da liga de Carballiño), cun 10 a 0 final no marcador que reflectiu a superioridade durante todo o encontro do equipo da capital ourensá. Os carballineses quedaban eliminados da competición con grandes goleadas en contra, pero demostrando en cada partido, que a falta de efectivos e a sorte lle foron esquivas nesta, a súa primeira participación; un cambio en cada encontro é un lastre moi difícil de superar nunha competición na que están os mellores equipos ourensán, e significa darlle demasiada vantaxe ao adversario.

No segundo partido da xornada, o En Xogo/Karlaska (vencedor do torneo o ano pasado) estreábase na competición fronte ás Ambulancias Ribadavia (segundo na liga de Celanova). O resultado final foi de empate a 2, e un punto para cada equipo, tras suspenderse o partido a catro minutos do final debido a un enfrontamento entre xogadores de ambos equipos. Terceira xornada A terceira xornada do torneo dos campións foi un paseo para o En Xogo, que non houbo de disputar o seu partido ao non presentarse o Arranxar. 3-0, por tanto, no marcador e tres puntos máis para a súa conta que, sumando ao punto que sacara do empate da véspera contra Ambulancias Ribadavia, déronlle o liderato do grupo A e o pase á final. O

Arranxar quedaría con dous (pola retirada dun punto ao non presentarse ao encontro contra o En Xogo), e o Ambulancias Ribadavia era terceiro cun punto. No segundo partido da terceira xornada do torneo, correspondente ao grupo B, medían as súas forzas o Mc Donald’s e o Concello de Taboadela, cada un con tres puntos no seu haber. Despois de 50 emocionantes minutos, o partido decantouse para o Mc Donald’s, cun marcador (6-4) que reflectiu a igualdade entre ambos os equipos. O Taboadela asediaba co xogo de cinco a un Mc Donald´s ben asentado en defensa que era letal no roubo de balón e, a porta baleira, poñía terra de por medio no marcador. 64. O Mc Donald´s chegaba merecidamente por primeira vez á final do Torneo Barrios Deportivo.

Partido entre o Concello de Taboadela e o Dacón FS. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

As imaxes do III Torneo Barrios Deportivo

Os capitáns dos equipos campión e subcampión recibindo o trofeo de mans do director de Barrios Deportivo, Ramsés Torres, e do concelleiro de Deportes, Fernando Varela.

O porteiro do En Xogo - Karlaska non pode evitar o gol do Mc Donald´s na final. /R.T.

Un xogador do Dacón FS tenta zafarse de dous xogadores do de Taboadela. /RAMSÉS Un xogador do En Xogo / Karlaska diante dun defensa do Ambulancias Ribadavia no partido máis polémico da terceiro edición do Torneo BD. /RAMSÉS

Gol do Arranxar / Cafetería Galipán ante o Ambulancias Ribadavia. /RAMSÉS

O Mc Donald´s - Dacón tivo un claro dominador no equipo capitalino. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

CD OURENSE

O CD Ourense agoniza 4 Á espera de que nas próximas horas apareza un novo Consello de Administración, o club ourensán entra en causa de disolución. R. Torres O 19 de xullo era o día sinalado para que a anterior xunta directiva de CD Ourense deixara o mando. A asamblea comezou con 15 minutos de retraso e moito menos foi o que durou ao non haber rogos e preguntas, e con tan só dous puntos a tratar. A Cámara de Comercio era a sede desta asamblea extraordinaria na que se ían tratar os dous puntos da orde do día. O primeiro deles era a aprobación da renuncia dos conselleiros de administración, e o segundo o nomeamento dun novo consello. No primeiro non houbo tempo case que nin a facer reconto; mentras que o segundo soamente uns

segundos bastaron para saber que ninguén ía a dar un paso adiante para coller as rendas do Ourense. Algúns accionistas quixeron facer uso da palabra, pero ao non existir rogos e preguntas non lle foi contestada ninguna das preguntas nin replicado ningún das súas exposicións de como tratar o tema de que alguén se fixese cargo do club. Deuse a explicación de que a partir de agora a sociedade entra en causa de disolución. Deste xeito, o ata agora presidente de CD Ourense, Manuel Seoane, daba por concluída esta asamblea cunha emotividade que entrecortaba cada unha das frases que pronunciaba. Os asistentes brindáronlle dúas sonoras ovacións.

Causa de disolución Ao non ter órgano de dirección, o club entra en causa de disolución ata que, ou ben se disolva a sociedade definitivamente, ou ben veña alguén e forme un novo consello de administración (como mínimo terían que entrar tres persoas). Para facer efectiva a disolución só caben dúas formas; ou a legal ou a xudicial. A legal pode adoptala a xunta xeral, e a xudicial adóptaa o xulgado ao que pode acudir calquer accionista. En vista de que non se faga cargo do club un novo consello estase barallando a posibilidade de que se convoque unha asamblea ordinaria na que na orde do día sexa o acordo de disolu-

A plantilla do CD Ourense entrena á espera de que se despexe o seu futuro./RAMSÉS

O presidente do club, Manuel Seoane, anunciaba a causa de disolución do club ./R.T. ción. Despois da disolución nomease a liquidación da sociedade que podería prolongarse moito no tempo. Con este panorama non se poden realizar operacións de ningún tipo (fichaxes, contratos, etc.); con esta coxuntura, agora non hai a quen dirixirse do club. A esperanza de Seoane A pesar da mala nova da causa de disolución, o anterior presidente afirmou: “aínda teño a esperanza de que alguén colla o club”. E na súa última comparecencia como presidente do Ourense (aínda non se firmara a acta da asamblea) deixou dous recados tanto aos socios, “teñen que facer unha xuntanza, nomear a dous ou tres representantes e ir falar coas administracións públicas”, como ás institucións, ao asegurar que “se fora o equipo do meu concello non desapare-

cería”. En canto á plantilla, Seoane ten claro que con catro fichaxes máis “este equipo estará de metade da táboa cara a arriba”. Plantilla Os xogadores comezaron a adestrar fai uns días sen saber quen sería o seu presidente, e uns días máis tarde e unha asamblea extraordinaria de por medio seguen sen coñecer quen será o seu novo rexedor. Luisito segue a traballar coa (curta) plantilla que ten ao seu mando, pero consciente de que este non é o mellor dos escaparates que pode ter un equipo que vén de cuaxar unha das mellores tempadas da súa historia. Logo de proclamarse campión do grupo galego da Terceira División e ascender na primeira ronda despois de golear ao campión vasco, CD Laudio, o Ourense atópase nunha encrucillada de difí-

cil solución. Coa esperanza por parte dos afeccionados de que alguén dea o paso de levar a manixa do club da vella auria, cruzan os dedos para que sexa neste días e póidase comezar a planificar unha plantilla curta de efectivos; prolongalo máis da vindeira semana sería darlle a puntilla a un equipo que vén de vivir un ascenso como facía máis de 10 anos que non se producía, e máis de 30 que non se proclamaba campión dunha competición. De non facerse efectivo o relevo do consello comezaría unha lenta agonía cara á disolución do equipo de fútbol máis representativo da nosa provincia.

Seoane pediu ás institucións que non deixen desaparecer o club


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

FÚTBOL

Fútbol e tempo libre en Santa Cruz de Arrabaldo

Deporte e valores a partes iguais

4 A localidade acolle un campamento no mes de xullo, dividido nunha quenda por semana. Redacción A Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo, esta organizando un campamento de Fútbol e Tempo libre en Santa Cruz de Arrabaldo durante o mes de xullo. Tres quendas (unha por semana) son os que haberá neste campamento que conxuga fútbol e tempo libre.

O tempo dividiuse en fútbol polas mañás, de 10 a 14 horas, e pola tarde actividades de tempo libre (xogos, termas, piscinas, sendeirismo). Estas actividades desenvólvense no campo Municipal do Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo, piscinas de Monterrei e o cámping de Untes. Os actos de clausura -un por cada quenda- celebra-

Os rapaces que participan no campamento de Santa Cruz teñen pola mañá clases de fútbol e pola tarde realizan actividades de tempo libre, como ir á piscina.

ranse os sábados e contarán con xogos para nenos e familiares e entrega de diplomas. Éxito de participación A este campamento achegáronse nada menos que 170 rapaces e 12 rapazas de entre 6 e 16 anos, provenintes de lugares tan dispares como Ourense (destacando os da capital), Carballiño e Celanova, Vila de Cruces, Lalín, Santiago, Vigo, Burgos, Valladolid, Madrid e incluso de outrospaíses, como Venezuela, México e Canadá.

O campamento conta con 182 rapaces participantes, de entre 6 e 16 anos

Exitosa “semana de locos” 4 O campus de porteiros pecha a súa segunda edición. Redacción O campus de porteiros “Una semana de locos” pecha a súa segunda edición con grandes resultados. O 30 de xuño o campus de porteiros da Asociación Cultural e Deportiva Geniops botaba o peche á súa segunda edición cunha gran festa de despedida para os

seus 45 participantes. Desde o domingo 24 de xuño e até o sábado 30, novos gardametas de 6 a 17 anos estiveron desenvolvendo adestramentos específicos e gozando de actividades complementarias pensadas por e para eles. Visitas Da man dunha decena

de monitores e na inmellorable contorna que ofrece Allariz, os rapaces gozaron dunha semana de aprendizaxe intensa logrado en gran parte grazas ás visitas de profesionais que se sucederon durante os sete días de actividades. Abriu este ciclo o futbolista Diego Seoane, actualmente xogador do Real

4 O Campus Sporty cumple 7 anos fomentando a mellor estilo de vida entre os cativos. R.T. O Campus Sporty, baseado no deporte e os valores sociais, conta xa con sete anos de historia. Na edición 2012 un total de 100 nenos participaron neste evento que tivo lugar do 1 ao 13 de xullo na instalación de turismo rural “Os Invernadeiros” de Allariz. Do centenar de nenos 35 eran de Madrid, o resto de Ourense, Vigo e Santiago; tamén participaClub Deportivo. Á súa visita seguiulle a doutros dous ourensáns: a de Diego Vieites, actual capitán do Fabril (Deportivo B) e a do xogador do Rácing de Ferrol, Fernando Pumar. O mércores 27, os participantes recibiron ao porteiro do C.D. Barco, Manu Taranilla, quen conta cunha ampla traxectoria marcada polo seu paso por equipos como o Club Deportivo Ourense ou o Montañeiros Club de Fútbol, entre outros. O venres 29 foi a quenda para a visita de Manuel Mosquera,

ron dúas nenas, das Escolas do Pavillón e do Barbadás, respectivamente. Ao campus acudiron visitantes da talla de Manu Rodríguez do CD Lugo, Diego Seoane do RC Deportivo e Pato e Sanginés do CD Ourense, ademais de varios xogadores do Barbadás. Futbolistas todos eles, que conseguiron ascender de categoría cos seus respectivos clubs esta tempada. Os participantes visitaron o estadio do Couto, onde os

esperaba Fernando Currás, ex do Ourense e actualmente segundo adestrador do Melilla, equipo de Grupo IV da 2ªB quen lles deu unha charla sobre o fútbol profesional e a súa experiencia como adestrador.

especialista en podoloxía biomecánica e reeducación funcional. A través desta colaboración, Geniops ofreceu aos participantes no campus a oportunidade de descubrir a importancia da pisada e de coñecer as espinilleras que o propio especialista coruñés fabrica. Pechou o ciclo de visitas o ex árbitro de 1ª División e FIFA, Bernardino González Vázquez.

ra cunha gran festa para os participantes, os cales aseguraron habelo pasado en grande e manifestaron o desexo de repetir a experiencia nunha próxima edición, que de ter continuidade no tempo sería o ano que vén a terceira edición dunha semana de tolos.

Ata o vindeiro ano Tras a intensa semana de diversión e aprendizaxe, púñase fin a esta aventu-

Na edición 2012, do 1 ao 13 de xullo, participaron 100 nenos

Os rapaces recibiron a visita de diversos profesionais vencellados ao mundo do fútbol


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

FÚTBOL SALA

Con ansias de mellorar

4 O Cidade As Burgas busca a próxima tempada medrar como equipo. R. Torres Despois dunha segunda tempada na elite do fútbol sala feminino repleta de emoción, o Cidade As Burgas goza dun merecido descanso ata o 13 de agosto, día no que Manolo Codedo citou as súas pupilas para comezar a pretempada. Para Codeso, esta xa extinta segunda de tempada do equipo na Primeira División foi un tanto estrana. “Foi unha liga estrana, pero unha vez rematada foi moi emocionante cun final feliz”, apuntou o adestrador ourensán. Codeso salientou que nesta segunda participación na Primeira División as súas xogadoras “creceron moito sobre todo defensivamente”, e recordou que “quitando un partido contra o Ponte, no resto fomos moi competitivas. Certo é que tivemos momentos moi malos nos que os resultados non acompañaban, pero se

contrarrestaron con outros de gran nivel”. Para o adestrador franxiverde, varios son os motivos do crecemento do equipo. “Por unha banda, Peke, Iria e Sonia non tiveron lesións de importancia o que foi unha boa cousa para nós. Tamén creceu Ana na portaría con grandes actuacións, sendo a mellor xogadora en varios dos encontros. E outro dos motivos do crecemento do equipo foi a incursión en momentos puntuais de xogadoras moi xóvenes, que foron un refresco para as xogadoras que contan con máis minutos; ando a falar de xogadoras como María, Figo, Raquel ou mesmo Alicia ata que sufríu a lesión contra Córdoba”. Problemas Os maiores problemas cos que contou Manolo nesta tempada foron esencialmente dous. “Afec-

O equipo durante un tempo morto do partido contra o Atlético de Madrid. /RAMSÉS

O Cidade As Burgas comeza a pretempada o luns, 13 de agosto

Momento culminante Un dos mellores momentos do Cidade foi cando se xogaban a permanencia en casa contra o Atlético de Madrid. As madrileñas de vencer ao Cidade proclamaríanse campioas de liga e case que condearían ás ourensás ao descenso. Un grandísimo partido de Ana baixo os paos fixo que o Navalcarnero non puidera facerse co triunfo e quedaran os tres puntos en territorio ourensá. Éste, sen dúbida, foi o momento máxico da tempada xa que, por un lado o equipo salvaba a categoría, e por outra banda, vencía a un dos mellores equipos do campionato.

de xaneiro por motivos de estudos. No que a altas se refire, subirán do filial tres xogadoras: a porteira Antía, que competirá con Ana; María Romero, unha xogadora cunha gran zurda; e Zaida, unha rapaza moi pequena pero cunha gran calidade técnica. Para o técnico, “Alicante, Orvina e Burela serán os mellores equipos da liga”, sen olvidarse de Ponte Ourense, Futsi e Móstoles que compartirán postos de honra”. En canto ao seu equipo, Codeso está ilusionado con esta nova tempada e cre que o equipo pode facer unha boa campaña. “Está claro que o obxectivo é a permanencia, pero se facemos unha boa primeira volta, miraremos de buscar outros obxectivos na segunda. Me apetece moito xogar a Copa de España”. O Cidade é un equipo que non paga a ningunha xogadora polo que é un diñeiro que se aforra con respecto a outros equipos. Aínda así a crise aféctalle de igual maneira e teñen claro desde o club que teñen que traballar “na procura de máis patrocinadores”, admitía Codeso.

Nova tempada De cara a nova tempada, Codeso confía na explosión de Iria como unha das mellores xogadoras do torneo. En canto ás baixas, Carmen non seguirá no equipo, e Manolo Codeso non poderá contar con Laura ata o mes

Fermesala Elche Ante a baixa da competición do equipo máis laureado de España, o Elche, Codeso mostrábase triste por esta nova, e considera que é unha decisión valente porque así “non engana a ningunha xogadora”.

toulles moito ás xogadoras o problema que tivo Sonia e houbo momentos que estábamos moi desconcentrados”. Outro dos problemas foi o baixón de Laura. “Laura está sacando unha carreira e, como é lóxico, algunha vez tiña a cabeza noutro lado e non podía vir a Ourense a adestrar porque tiña que estudiar, e iso o notamos moito; pero o final de tempada dela foi moi bo e axudounos a salvala categoría”.

O Ponte Ourense non move ficha

4 O cadro pontino non se move no mercado de verán, polo momento. R. Torres O ano pasado por estas datas, o Ponte Ourense xa tiña anunciado algunha renovación, pero este ano a cousa é ben distinta. Coa continuidade de Óscar Vivián no aire (o adestrador pedíu un axudante), o cadro ourensán leva un verán parado en canto a novas se refire. Seguro que están oteando o mercado pero de momento non hai nova salientable que reseñar. Ampi, Sara, Souza, Drica e compañía rematan contrato e aínda non se sabe se continuarán un ano máis defendendo a elástica albinegra. A porteira, Eva Tamayo, é case que con toda probabilidade a primeira baixa dun plantel que a día de hoxe non se sabe con que efectivos da pasada tempada vai a contar. Desde a directiva queren reter a maioría das

xogadoras, pero a realidade económica en todos os estamentos fai que ese desexo sexa un tanto complicado. Durante a tempada xa se especulaba con que algunha xogadora recalaría nos Remedios para a tempada 2012-2013, pero a realidade é que, nada de nada polo momento. Esta tesitura é a que están a vivir a maioría dos equipos, salvo Orvina e Burela que xa moveron o mercado, o resto está moi parado. No caso do equipo lucense xa teñen renovado a xogadoras como Peque, Lidia, Lucía ou Dolo, polo que manterán un bloque moi competitivo á esperar de dar o salto definitivo e competir pola liga ata o final.

Óscar Vivián está pendente de que lle contraten a un axudante para continuar

Ampi é unha das xogadoras que non teñen asegurada a súa presenza no Ponte Ourense 2012-2013. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012


10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

MOTOR / BTT

BTT

Dous títulos e tres medallas para o Actyon Merida 4 Nos Campionatos de Galicia XCO 2012 celebrados en Maceda. Redacción

A barqueta Osella PA20 de Varela e o Fórmula Outeda de “Nonito” eran os dous coches máis agardados polo numeroso público que acudiu á cita.

Toño Varela, o máis rápido na VII subida Bola-Furriolo 4 O seu máis inmediato rival, “Nonito” Gómez, tivo que abandonar. R.T. A pasada fin de semana celebrábase unha nova proba do Campionato de Galicia de Montaña, a VII Subida A Bola-Furriolo. A cita presumíase como unha loita entre o piloto ourensán José Antonio Gómez “Nonito” co seu Fórmula Outeda e o pontevedrés Toño Varela co seu barqueta Osella PA20, xogándose ambos ademais o liderado do certame, nesta subida que contaba con dúas xornadas e catro mangas oficiais. O que ía ser un gran duelo converteuse en decepción (sobre todo para os afeccionados locais), cando na segunda das mangas “Nonito” ao volante do seu monopraza sufría unha aparatosa saída de estrada, sendo evacuado ao hospi-

tal. O ourensán tivo que ser operado por mor dunha fractura lumbar. Co seu máximo rival en xaque, o pontevedrés tiña vía libre para alzarse co triunfo final. Polo que a emoción desprazábase ata a loita pola segunda e terceira posición entre “Cheko” Varela e César Rodríguez, sendo o de Cortegada (Rodríguez) o segundo clasificado final por diante do irmán do gañador. Outras clasificacións En turismos Santi Abad impuña o seu Audi A4 ST sobre o Porsche GT3 Cup de Carlos Couto, sendo terceiro un Manuel Senra que co seu veterano Peugeot 306 Maxi segue sendo o centro de atención dos afeccionados. En históricos vitoria

para Celso Freire cun BMW 323i, por diante de Rubén Branco con outro vehículo da marca bávara, e terceiro Juan Gómez Alén a pesar de romper o motor do seu Ford Escort na última das mangas que compuña a proba. A Subida A Bola-Furriolo 2012 é xa historia, nunha edición na que foi principal protagonista o recente asfaltado do trazado, que conseguiu deixar a pista nun percorrido ideal para a práctica do automobilismo de montaña.

O recente asfaltado da estrada foi a principal protagonista desta edición

Celebráronse en Maceda os Campionatos de Galicia XCO 2012, organizados polo club ciclista Academia Postal Actyon. A cita máis importante deste ano para o club macedán, máis cando se chega ao 25 aniversario de existencia. Un gran número de participantes fixeron as delicias dun, todavía maior, número de afeccionados que non se quixeron perder esta cita. O Academia Postal Actyon Merida corría en casa e non defraudou aos presentes; cinco medallas das cales dous viñeron acompañadas do título rexional. En féminas xadetes, Xiana Conde era segunda, loitando pola victoria ata os ultimos metros con Desiree Duarte, que ao final proclamábase campioa galega. En Máster 40, Xulio Conde, vencía e daba o primer título ao clube macedán. En cadetes, chegaba

o segundo título, coa vitoria incontestable de Iván Conde, que tan boa temporada está a facer, diante do seu compañeiro de equipo, Raúl González, que entraba en meta segundo, completando o doblete do clube macedán na categoría. Na carreira máis importante, a de Elite-Sub 23, Saúl López era segundo, detrás do excorredor do noso clube, Pablo Rodríguez, un dos mellores bikers a nivel estatal, e que se proclamaba campión de Galicia Sub23 na súa “casa”. Saúl López, tamén realizaba unha gran carreira, e entraba en meta como subcampión galego Sub23, dando unha medalla máis ao equipo macedán. Open Galego de BTT Por unha parte, celebrabase en Castro Barbudo, Rianxo, unha proba máis do Open Galego de XCO, a que tanto Saúl López como Iván Conde chegaban como líderes das categorías de eli-

te e cadetes, respectivamente. Na carreira de cadetes, vencía con autoridade, unha vez máis, Ivan Conde. Segundo era o séu compañerio de equipo, Raúl González. Sergio Movilla, era quinto. Esta vitoria valialle a Iván para afianzarse no liderato do Open. Na categoria raíña, a de Elite, Saúl López, sufría un pinchazo mediada a primeira volta, o que lle supuña unha importante perda de tempo. Ao final, reparaba e remontaba posicións, ata finalizar quinto, o que lle valía para seguir líder do Open . A mesma fin de semana había unha proba de Mini BTT na localidade de Arbo, a que acudían un total de 15 corredores e corredoras da Escola JA Hermida, acadando a vitoria na categoría de infantis, Iván Feijoo. Aida González era segunda en feminas principinates.

Repetiron éxito no Galego de BTT

Os integrantes do Actyon Merida que participaron no Open de Galicia de BTT.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

CICLISMO / TIRO

11

Ourense acolle o Campionato de España de Ciclismo

tiro

4 Será o 21 e 22 de xullo.

4 As instalacións permanecerán pechadas durante agosto.

Ramsés Torres O 21 e 22 deste mes de xullo celebrarase o Campionato de España de Ciclismo, organizado pola Asociación Actividades Deportivas de Ourense C. Moure. O municipio de Taboadela será o escenario elixido para que se disputen estas probas, dentro deste tradicional circuíto que cumpre con todas premisas técnicas e de seguridade, e que ao mesmo tempo ten a dureza o suficientemente esixente (concretamente no seu quilómetro 14) para poder gozar dun bo espectáculo do ciclismo. Ademais, este circuíto é dabondo coñecido, xa que en anos anteriores xa foi o escenario de varias probas ciclistas para as categorías Máster. Darán comezo as disputas das camisolas distintivas, coa proba reservada para a categoría dos Máster 40 o sábado 21 ás 17 horas. Os participantes terán que dar seis voltas ao circuíto para totalizar un total de 86 quilómetros.

Os seguintes en tomar a saída serán os Máster -50 e 60 que terán que dar catro voltas, totalizando 56 quilómetros. E na mañá do domingo 22 de xullo, a partir das 10.30 horas, terá lugar a saída da categoría de sénior e Máster -30, tendo que dar sete voltas, cunha variante do percorrido na última volta, xa que se incluíu unha pequena subida de 2 quilómetros para que esta proba sexa un pouco máis esixente, acorde coa idade destes participantes, co que completarán os 102 quilómetros de percorrido. Para todo o mundo Estas probas están abertas a todo aquel que sinta gañas de saír a disputalas, xa que non fai falla estar federado, o requisito indispensable é o de dispor dun documento oficial, DNI ou similar, para poder ser rexistrado nos seguros de responsabilidade civil e de accidentes suscriptos pola organización para o

Maillot que vestirá o gañador da categoría Máster 40.

Xullo, mes de campionatos autonómicos no Club de Eiroás P.L. É verán, pero no Club de Tiro Eiroás non descansan. Antes do parón de agosto, cando as súas instalacións permanecen pechadas, houbo competicións todas as fins de semana de xullo, incluso algunha por partida dobre. A Copa Deputación de aire comprimido e os campionatos autonómicos de varias disciplinas de tiro encheron o club de actividade. Resultados Na tirada da Copa Deputación de aire comprimido do mes de xullo, valedeira como Campionato autonómico clasificatorio, participaron 14 tiradores. Os mellores resultados conseguíronos Gines Trenza en pistola sénior (551), Nuria Mera en pistola damas (372), e José Prada en pistola veteráns (549). En promesas, participaron os alevíns Martín Fernández e os cadetes Martín Dacal e Paula Fernández. Pola súa banda, no Campionato autonómico de fogo central e pistola damas, que tivo lugar o 8 de xullo, Juan José Conde Manso, Arturo Rodríguez, Manuel Somoza e Nuria Mera obtiveron as mellores puntuacións, en sénior, veteráns A e B e damas, respectivamente (549, 543, 421 e 539 puntos). En canto á tirada do Campionato autonómico oficial celebrado o domin-

Participantes na Copa Deputación de aire comprimido, o 1 de xullo./P.LODEIRO. go 15, gañaron Luis Iglesias en carabina match (590 puntos), Enrique Castro en pistola libre sénior (452 puntos) e Miguel Jácome en carabina lixeira (587 puntos). Entre os veteráns, as mellores puntuacións conseguíronas Francisco Freire (575 en carabina lixeira) e Arturo Rodríguez (458 en pistola libre). Alta participación en tiro práctico No que respecta ao Campionato galego de IPSC; congregou a máis de 90 tiradores na os días 13 e 14 de xullo. Esta tirada é de ámbito nacional e considérase fase preliminar do

Campionato de España, polo que acudiron deportistas de todos os rincóns do noso país e incluso do veciño Portugal. A competición constou de 12 exercicios, con aproximadamente 230 disparos mínimos para completala. Segundo os resultados obtidos, escóllense os integrantes da selección galega que acudirán representando á nosa comunidade ao Campionato de España, que se disputa en setembro. Entre eles estará o ourensán David Davite, do club de Eiroás, que quedou segundo na categoría standard sénior, tanto no que respecta á clasificación do Campiona-

to Galego como nos resultados da fase preliminar do Campionato estatal. Outros dous tiradores locais, José Antonio Palomanes e Emilio Losada quedaron en cuarta e quinta posición na mesma categoría do Campionato galego, o que levou ao club Eiroás a situarse no primeiro posto por equipos da competición. Próximas citas Este domingo 22 terá lugar o Campionato autonómico de pistola standard e o día 29 a tirada da 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira e match 3x20 e pistola libre.


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

CODIGALCO CARMELITAS

Juan Rodríguez, adestrador do CLUB Carmelitas

“A situación é complicada, pero non é escusa para cargarse ao equipo sénior” 4 O que foi técnico do Codigalco Carmelitas explica como aconteceu todo e fala do futuro do club. R. Torres

O Codigalco Carmelitas retírase da competición 4 A crise económica forzou a súa disolución. S.N.

“A Xunta Directiva do Club Carmelitas Vedruna vén de decidir non participar co equipo sénior, Codigalco Carmelitas, na LF2 para a tempada 2012/2013”, así nos enterabamos o pasado 5 de xullo da disolución dun dos referentes ourensáns no que a baloncesto feminino se refire. Logo da que foi, sen dúbida, a súa mellor tempada, na que se mantiveron ata as últimas xornadas na loita por colarse no play off de asecenso, e co equipo para o próximo curso xa bastante perfilado, o Carmelitas di adeus á segunda máxima categoría do baloncesto feminino, a causa da “actual coxuntura económica, xa que tanto as axudas institucionais como privadas víronse reducidas considerablemente”, explicaron dende o club. Unha decisión difícil de dixerir, pero digna de eloxiar, xa que nos tempos que corren non todos son capaces de arriar as velas e levar o barco a porto antes de que afunda no medio do océano con todos os seus tripulantes dentro. O Club Carmelitas tiña claro que ningún dos seus pagos podía deixar de efectuarse e ante a inseguridade de poder completar a tempada coa liquidez económica precisa dende a directiva tomaron esta determinación. Trátase da peor das novas para unhas xogadoras que deron a talla tanto na can-

cha como fóra dela (máis dunha non puido reprimir as bágoas ao enterarse), para unha afección que foi incondicional tanto neses encontros nos que se perdeu por máis de 20 puntos como nos que se gañou aos máis fortes da liga, para unha base que perde o espello no que se miraba cada sábado e para o que non escatimaba berros e aplausos, para un corpo técnico que aportou todos os seus coñecementos co fin de que o Codigalco desplegase o mellor dos baloncestos, para uns patrocinadores que (fosen poucos ou moitos) confiaron no equipo ata o final e para unha cidade que perde un dos conxuntos séniors que levaba o nome de Ourense con orgullo por toda a xeografía española. Despois de varios meses achegándolles moitas boas noticias sobre o Codigalco Carmelitas agora tócanos darlles a coñecer a peor delas. A que ningún de nós, e seguro que de vostedes, pensou nunca dar nin escoitar. Pero fíxose todo o posible para evitar isto? Que probabilidades hai de que o conxunto sénior volva máis pronto que tarde á competición? As dúbidas só o tempo as desipará, o mesmo tempo que, agardemos, sírvalle ao Carmelitas para coller impulso e voltar á Liga Feminina 2, da que nunca debeu saír, con máis forza que nunca. Ata pronto Codigalco!

Dixerindo pouco a pouco a mala nova de que o equipo sénior do Codigalco Carmelitas desaparece, Juan Rodríguez (exadestrador do Carmelitas de LF2) fala sobre o club no que tantos anos leva poñendo o seu coñecemento ao servizo das máis cativas. Que lle parece que o Carmelitas perda ao seu equipo sénior? Juan Rodríguez: “É unha mágoa chegar a isto; a institución merece ter un equipo en Liga Feminina 2. A crise é unha realidade, e as subvencións baixan e chegan os problemas. Ademais, as veces, as axudas non son todo o xustas que deberían”. Pode aclararme un pouco iso? J.R.: “O Carmelitas é o club que máis equipos

“Cremos que a praza podémola recuperar en calquera momento”

Juan Rodríguez, á esquerda, dando indicacións as súas xogadoras durante un partido da pasada tempada no polideportivo Vedruna. /ARQUIVO de base ten en Primeira División Autonómica, con catro, ademais do de LF2, e non ten as mesmas subvencións que outros”. Sabe que o ano que vén o Concello quitará as subvencións nominativas? J.R.: “A ver que pasará entón. Esperemos que sexan máis xustas”. Pensa que era a única vía, a disolución do equipo sénior? J.R.: “Penso que desde o club poderíase haber feito máis para non chegar a esta situación. A situación é complicada, pero non pode ser escusa para cargarse ao equipo sénior, do que sempre houbo polémica. Entre todos debimos facer algo

Xogada do último partido que o Codigalco xogou no Vedruna, foi o 29 de abril contra o Tenerife./ARQUIVO

máis. >> Elimínase cando ían a ter cinco xogadoras de Ourense (Bárbara Lamelo, Lucía Méndez, Anabel Carballo, María Quiroga e Verónica Blanco). Tamén quedarían case seguro Oliva, Gullberg e Mar Ahijado, ademais de ter un acordo verbal coa americana do Zamora, Yinka Olorunife. En definitiva, tiñamos un equipo ilusionante”. E como o tomaron elas cando lle transmitistes a nefasta noticia? J.R.: “A directiva foi a encargada de darlles a noticia e dixéronme que moitas delas choraron. Todas elas só teñen palabras de agradecemento cara ao club”. E agora as de abaixo non terán un referente. J.R.: “Agora temos un proxecto descabezado. Adestradores que se querían adicar a isto de forma case profesional verán cortada a súa progresión. No meu caso afrontaba esta tempada con moitísima ilusión, ao ter cinco ourensás na plantilla era moi motivador. Penso que se debería haber feito un esforzo maior. >> O proxecto da base seguirá igual, pero o sénior nunca impediu o crecemento da base. Este ano as alevíns proclamáronse campioas galegas, e moitas das xogadoras escolares son chamadas pola selección galega. Sempre se traballou a base, é un feito”. Moitos din isto será só un “ata pronto”.

“A directiva comunicoullo ás xogadoras. Dixéronme que moitas delas choraron” J.R.: “A ver como vai a situación económica e que proxectos hai de cara ao futuro. Pero cremos que a praza podémola recuperar en calqueira momento”. Que opina de que o outro club ourensán de LF2, o Pabellón Ourense, si participe este ano? J.R.: “O Carmelitas ten unha responsabilidade, pola institución á que representa, que noutros clubs non hai. Non poden permitir rumores que noutros lugares non pasa nada se se dan”. E cal será a función de Juan Rodríguez a partir de agora? J.R.: “Nunca valorei o meu traballo en función da categoría. Encabezarei o proxecto que faga falta”. Os sábados ás 19.15 horas había unha cita obrigada no polideportivo Vedruna para ver ao Codigalco. Que se verá a partir de agora alí? J.R.: “O cadete feminino xogará os sábados pola tarde, e os domingos pola tarde o farános equipos júnior e infantil. Desde o club estase barallando a posibilidade de traer o Campionato de España Infantil feminino”.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

SUBVENCIÓNS

13

Os clubs consideran insuficiente a axuda que vai dispensar a Deputación Provincial para todos eles

4 Algúns deles xa mostraron a súa disconformidade nun manifesto. R.T. A Deputación de Ourense vai destinar 150.000 euros para axudas económicas a entidades deportivas da provincia de Ourense, cunha contía máxima de 10.000 euros por club. Ante esta iniciativa, clubs da provincia reuníronse para, mediante un manifesto, mostrar a súa disconformidade coa administración provincial. O prazo, improrrogable, para solicitar estas axudas remata o vindeiro 11 de agosto, e serán beneficiarios de devandita subvención os que reúnan os requisitos publicados nas bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a clubs deportivos de Ourense para o ano 2012, recollidas no Boletín Oficial da Provincia, número 157, do

10 de xullo. Os clubs deportivos deberán estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia e ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galicia.

150.000 euros para axudas ás entidades económicas son o que se repartirán 60 clubs

Varios clubes da cidade firmaron un manifesto en contra da axuda económica que a Deputación de Ourense vai a conceder este ano ás entidades deportivas da provincia. Cidade de Ourense, Barrocás, Santiago Apostol, A.D. Ourense (hoquei); Club Burgas Ximnasia, Club Ximnasia Escola Pavillón, Club Ximnasia Pavillón (Ximnasia); Cidade das Burgas Fútbol Sala e Club Vedruna, foron os que uniron as súas forzas. Manifesto O manifesto se centra en seis puntos. O primeiro deles é o total desacordo coa decisión política do organismo provincial a minimizar os medios económicos cos que subsistir aos distintos clubes da cidade e provincia. Denuncian que non tiveron coñece-

O Concello de Ourene eliminará as subvencións nominativas para o ano que vén

4 Supoñen máis de 600.000 euros no 2012 e danse “a dedo” sen contar méritos nin canteira. R. Torres

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar destina 150.000 euros este ano a entidades deportivas./RAMSÉS

4 Manifesto contrario Redacción

Fernando Varela e Manuel Mosquera na presentación das subvencións competitivas do Concello de Ourense para este ano./RAMSÉS

mento desta decisión e que os aboca a unha situación económica non prevista. No segundo punto móstranse en contra da convocatoria feita a contra reloxo das axudas de 150.000 euros, totalmente insuficientes para repartir entre máis de 60 clubes; e postúlanse en contra das subvencións nominativas ao ser totalmente discriminatorias respecto ás competitivas, sen entender que o recorte prodúzase nas segundas e non nas primeiras. No cuarto punto consi-

deran que está nunha situación de abandono do organismo provincial das axudas a todo o deporte de base e fundamentalmente a todo o deporte feminino, adevertindo (no quinto punto do manifesto) que esta decisión contradí a recente Ley do Deporte Galego. Para rematar, os clubs avisan que seguirán aunando esforzos para atopar solucións e continuar coa labor social que veñen facendo desinteresadamente.

O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, xunto co xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Mosquera, veñen de corroborar o que xa tiñan como promesa electoral no programa do BNG: a desaparición das subvencións nominativas para o ano 2013. Para este ano segue habéndoas, aínda que se viu reducida a súa contía ata os 689.489 euros (un 22,52% menos que no 2007, ano no que entraron no goberno municipal os nacionalistas). Son benficiarios destas axudas clubs como CD Ourense, COB, ABO ou mesmo o Pabellón Ourense. En canto ás competitivas, 68 clubs recibirán

Os máis perxudicados Con esta medida , tanto CD Ourense coma Club Ourense Baloncesto serán os máis perxudicados, xa que segundo palabras do concelleiro “miraremos á base e os desprazamentos que se fagan”. Como alternativa ao problema que se lle ven enriba, o edil nacio-

nalista avogaba por “outras áreas do Concello ou liñas de patrocinio que poidan axudalos”. Moitas voces, ademais de CD Ourense e COB, xa se fixeron escoitar, criticando uns e alabando outros estas medidas, segundo lles beneficiaban ou perxudicaban. Subvencións a deportistas individuais Outra liña de axudas que ten en vigor o Consello Municipal de Deportes é a de deportistas individuais. Creada no ano 2010 repartía por aquel entón 20.000 euros, que este ano ascenden ata os 25.000.

As axudas individuais, as únicas que aumentaron

O Paco Paz, accesible para todos os cidadáns

4 PREDIF vén de incluír ao Pazo dos Deportes na súa guía de accesibilidade. Redacción

O Club Ximnasia Pavillón foi un dos que asinou este manifesto./ARQUIVO

axudas mediante este tipo de subvencións quedando tan só dous clubs sen ela; o Pabellón Feminino, por concurrir nas nominativas, e o de Bombeiros, por non cumplir os requisitos. O concelleiro de Deportes recordou que cando chegaron ao goberno marcáronse o obxectivo de “fomentar ao deporte de base e ao feminino e con esta medida imos polo bo camiño”, aseguraba Varela.

O Pazo dos Deportes Paco Paz é a única instalación deportiva galega “accesible para todos”. PREDIF, a asociación estatal sen ánimo de lucro que promove accións para discapacitados físicos de

toda España, vén de editar a nova guía “Espacios y actividades de ocio y tiempo libre accesibles para todas las personas”, presentada en Madrid o pasado 28 de xuño. Desta vez inclúe ao Paco Paz da Deputación de Ourense como única insta-

lación deportiva de todo o territorio galego “accesible para todos”. No relativo ao Pazo dos Deportes, inclúense os seguintes apartados: información xeral, accesibilidade física, accesibilidade visual, accesibilidade auditiva, outras estancias e fotos.


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

EN BREVE

4Volei praia en Ourense Ourense acolle do 20 ao 22 de xullo a terceira proba do circuíto galego de volei praia encadrada dentro da V Copa Diputación sénior e o VII Trofeo Cidade de Ourense. O evento está organizado polo Club Ourense Voley Playa coa colaboración da Federación Galega de Voleibol. A competición comezará o venres 20 de xullo a partir das 16 horas coas previas do torneo masculino. O sábado xogarase o cadro final e o domingo terá lugar a proba feminina. A inscrición estará limitada a 24 parellas na categoría masculina e a 16 na feminina e o custo será de 20 euros por parella. Os semifinalistas recibirán premio en metálico e haberá trofeos para o oito primeiros nas dúas categorías.

POLIDEPORTIVO

Valeria López, primeira do ránking galego cadete 4 Logrouno ao rematar cuarta na Rexional Copa Babolat de Sanxenxo. Redacción Valeria López segue colleitando éxitos dentro do mundo da raqueta. En Sanxenxo proclamouse vencedora do 4º Rexional Copa Babolat, o que lle permitíu ascender ao primeiro posto no ránking galego. Así mesmo, e tamén na localidade pontevedresa, fíxose co campionato na categoría absoluta. Citas nacionais Valeria López asistíu ao

campionato de España cadete celebrado en Córdoba. A ourensá, que é cadete de primeiro ano, fixo un papel destacado ao pasar a primeira ronda tras vencer á campioa de Aragón; en segunda ronda caeu contra a subcampioa catalana por un dobre 6/4. As outras representantes galegas (que adestran no Centro de Alto Rendemento) perderon en primeira ronda. Despois do Nacional, desprazouse ata Valladolid para participar no prestixio-

so torneo “Marca Promesas”, no que tamén pasou a primeira ronda e caeu na segunda ante a campioa madrileña, Lidia Moreno, á postre vencedora no torneo. López perdeu por 7/6 6/3. Grandes resultados na súa primeira tempada como cadete.

Valeria logrou chegara á segunda ronda do nacional de Córdoba

4Raid Varias probas disputáronse no hipódromo de Antela os días 14 e 15 de xullo. Catro carreiras tiveron lugar na primeira das xornadas, sendo dúas de promoción (sobre 46 e 81 quilómetros de distancia), e dúas de competición (81 e 160 quilómetros). A máis dura das probas, a de 160 quilómetros, tivo como vencedor ao xinete cántabro Carlos Ruíz de Villa, despois de máis de medio día de competición. A segunda clasificada foi a amazona vasca María García. Ámbolos dous foron os únicos participantes que completaron a carreira; todos os demais tiveron que abandonar por diversos motivos, pero sobre todo pola dureza da mesma. Na proba de 81 quilómetros, David Gaciño foi o vencedor, por diante das ourensás María Jesús Vázquez e Concho Robleda, respectivamente.

O derradeiro día celebrouse un torneo infantil, no que todos os rapaces tiveron premio.

Máis de 40 nenos gozaron do pádel no P21 Ourenpadel 4 Tivo lugar a primeira semana de xullo. Redacción Celebrouse nas intalaciones de P21 o “Padel Camp”, no que reuníronse a máis de 40 nenos de entre 4 e 14 anos. Ao longo de toda a semana os nenos, agrupados por idades, practicaban pádel, recibían clase de inglés e xogaban, acompañados en todo momento por monitores e profesores especializados. Para repor forzas das “duras” xornadas de xogos, a media mañá servíase un tentempié, e concluíase o día co xantar, servido polo catering do Couto puntualmente ás 14:00.

Finalmente o venres organizouse un partido de exhibición dos monitores, e un torneo infantil, no que todos e cada uns dos participantes tiveron premio. Agradecementos Desde P21 agradecen aos pais a confianza depositada neste grupo de monitores que realizaron esta actividade. Este tipo de campamentos, novos polo seu contido na cidade, non sería posible sen a colaboración de todos eles. O éxito desta iniciativa foi tal, que moitos dos rapaces tiveron que quedar fóra do campamento pola grande demanda, polo que pediron novas datas para a

realización doutro campamento deste tipo (incluíndo algúns rapaces que queren repetir). Deste xeito, os organizadores deste “Padel Camp” xa andan a traballar para repetir a experiencia.

Os rapaces recibiron clases de inglés e de padel durante estas xornadas Debido ao éxito, en P21 xa preparan a seguinte edición

Na súa primeira tempada como cadete, Valeria López (á esquerda) colleitou importantes éxitos.


PUBLICIDADE

Compoñentes do Galmédica B, equipo recén ascendido á Primeira Autonómica.

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

15

O complexo de Monterrei dispón de seis piscinas de distintos tamaños e profundidades.


16

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ATLETISMO

Elpidio vence en Chandrexa de Queixa-Celeiros 4 Foi a 2ª edición desta carreira de montaña. R.T.

Chega a Combi 2 4 Segunda edición deste novidoso formato de carreiras. Redacción O martes 24, ás 20.30 horas, nas piscinas municipais de Maceda terá lugar a segunda edición do Combi Dous. O ano pasado varias ducias de parellas participaron na primeira edición. Trátase dunha proba que alterna atletismo e ciclismo entre dous compañeiros de equipo para completar cinco quilómetros. Na primeira volta os dous van a pé, para a partir da segunda alternar a carrei-

ra coa bicicleta, ata facer cada un dos compoñentes do equipo tres voltas a pé e dúas en bici. A inscrición remata o luns 23 de xullo ás 12 da noite. As categorías son: xeral absoluta, familiar absoluta, mixta absoluta e infantil (ata 14 anos). Para participar é obligatorio, ademais de inscribirse, levar casco homologado e bicicleta de montaña. [Máis información na web: www.via18.com.]

O 1 de xullo celebrouse en Chandrexa de QueixaCeleiros a 2ª carreira de montaña Chandrexa Trail. Despois de 28 quilómetros de carreira por montaña, o atleta ourensán, Elpidio Gómez alzouse coa vitoria ao chegar primeiro tras dúas horas 34 minutos e 21 segundos; máis de seis minutos sobre o segundos clasificado, Roberto Riobo, de Bueu. En terceira posición chegaría Avelino Mejido (Asturias). En categoría feminina, a primeira en chegar a meta foi María Amparo Zapico (3:15:43); seguida de Sonia Botana (3:36:55). Pechou o podio feminino, María del Rosario Figueroa (3:37:14). 29 carreira de Leiro O 8 de xullo Leiro celebrou a 29ª edicición da

23 medallas para os académicos no Galego por Cristina Magariños, Lorena Vázquez, Laura Rosende e Antía Martínez.

e 1500 metros; David González nos 800 metros; Alba Fernández nos 400 valados; Jennifer Burés e Álvaro de la Fuente nos 3000 obstáculos; José Fernández nos 10 km marcha; Iván Vale na altura; e Alfonso Palomanes, de novo, na lonxitude.

Once pratas As medallas de prata foron para Antía Martínez nos 100 valados; Alba Martínez no triplo, onde con 11,42 mellora tamén a súa mínima nacional, demostrando estar recuperada das súas lesións; Leticia Fernández por partida dobre, en 800

Seis bronces O seis bronces foron logrados por Hugo Loureiro nos 1500 metros; Lida Bayón no peso; Lida Fernández no disco; Alba Fernández nos 200 metros; Lorena Vázquez nos 100 valos; e un recuperado Rubén Diz nos 5000 metros.

4 Seis ouros, 11 pratas e seis bronces. Redacción Os atletas do Ourense Atletismo Academia Postal lograron un total de 23 medallas no Campionato Galego Absoluto ao aire libre que se disputou en Vigo. Das 23 medallas seis foron ouro, 11 de prata e seis de bronce. O seis ouros corresponderon a Aitana Leguiçano nos 400 valados, cunha

gran marca que rebaixa en case dous segundos o seu mellor tempo, co que reafirma a mínima nacional que xa posuía; o veterano Javier Fidalgo nos 110 valados; o marchador Francisco José Durán nos 10 km marcha; e os xa habituais de Lorena Luaces nos 5 km marcha e Alfonso Palomanes no triplo. O último ouro correspondeu ao equipo feminino de 4×100 relevos, formado

súa carreira popular que contou con máis de 400 participantes entre todas as categorías. Na proba absoluta, sobre unha distancia de 9.321 metros, o máis rápido foi o atleta do Academia Postal, Alejandro Fernández, ao empregar un tempo de 27 minutos e 54 segundos. Segundo na liña de meta foi o seu compañeiro de club, o lugués Manuel Hurtado (28:41); en terceira posición chegaría o mexicano Crisanto Grajales (28:52). En canto á categoría feminina, a mellor foi Rafaela Almeida (32:28), de Porto. Completaron o podio Claudia Rivas (33:32), de México, e a galega María Jesús Gestido (33:38). Un podio do máis internacional dunha carreira xa asentada no panorama galego de carreiras populares.

Alejandro Fernández (á dereita) marcou o ritmo da carreira de Leiro do pasado 8 de xullo./SAMUEL TORRES Vindeiras citas Ademais da carreira da Ponte (27 de xullo), na provincia de Ourense tamén terá lugar a carreira de Baños de Molgas. Esta será a quinta edición e congrerará aos atletas o sábado 4 de agosto en devandita localidade termal ourensá. A partir das 18.30 horas comezarán as carreiras para as categorías base,

que percorrerán unhas distancias entre os 150 metros dos pitufos e os 2.300 dos infantis e cadetes, en medio os benxamíns e alevíns farán 1.200 metros. Xa ás 20 horas será o turno da carreira absoluta, que terán que dar tres voltas a un circuíto de 2.300 metros para completar un percorrido de preto de 7.000 metros.

Atleta, con “a” de Aitana Aitana Leguiçano, atleta pertencente á Escola Atlética Ben Cho Sei de Pereiro de Aguiar, vén acadar a cuarta posición na final dos 400 metros valados do Campionato de España Xuvenil celebrado en Aranjuez, proclamándose sete días máis tarde en Vigo campioa galega absoluta.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ATLETISMO

17

Correndo X Ourense chega ao barrio da Ponte

4 Será a cuarta proba do circuíto de carreiras populares da cidade de Ourense. R. Torres O venres 27 de xullo, a partir das 21 horas, o circuíto de carreiras populares “Correndo X Ourense” chega ao barrio da Ponte. Como ven sendo habitual, o pistoletazo de saída o darán os pitufos coa sua carreira (21.00h.), na que percorrerán uns centos de metros. As 21.10 horas o turno será para os benxamíns e alevíns que completará unha volta de

A carreira da Ponte será o venres 27 de xullo a partir das 21 horas

1.000 metros. Ás 21.15 horas, os infantís e cadetes darán unha volta grande para completar os 1.750 metros que consta a proba. E para as 21.30 horas chegará o turno da proba absoluta; nesta ocasión terán que completar tres voltas ao percorrido de 1.750 metros para facer un total de 5.125 metros. As rúas polas que pasará esta proba absoluta (así como a infantil e cadete) son: Francisca Herrera (saída), Av. de Santiago (á altura do parque da Ponte), Avda. Basilio Álvarez, José A. Moretón, Ribeiriño, Avda. das Caldas, Mercado, Salustino Muñoz, Ramón y Cajal, Avda. das Caldas e Vicen-

Saída da carreira dunha das categorías de base./P.LODEIRO

te Risco (meta). Ata setembro Con esta carreira, a cuarta, o circuíto tomarase un descanso ata o vindeiro mes de setembro, cando teña lugar a quinta proba coa carreira da zona universitaria. Será o domingo 30 de setembro e voltará ao horario de mañá, dando comezo ás 12 horas. Clasificación No ecuador do circuíto, Alejandro Cid (Ourense Academia Postal) e Óscar Ramos (ADAS O Barco) comparten liderato; ámbolos dous contan con tres puntos. Terceiro é José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) con seis

puntos. A categoría feminina está comandada por Sonia Teijeiro (Veteranos Pabellón) con 131 puntos, seguida de Sonia Vàzquez (Furafollas de Lugo) con 206 puntos. Terceira marcha a atleta do Esprintes Ourense, Silvia Rodríguez con 275 puntos. 344 atletas masculinos e 52 féminas son os que aínda están na clasificación do circuíto, aínda que son moitos máis os que participan en cada carreira. O motivo de que non estean na clasificación global é que se perderon máis dunha proba, e para puntuar soamente pódese ausentar dunha das seis carreiras adscritas a este circuíto. Entre todas as categorías, cada proba reune a máis de medio millar de atletas que veñen de todos os puntos da provincia de Ourense, ademais de lugares como Pontevedra, Vigo ou Lugo, entre outros. Carreira Nocturna Na terceira carreira, a nocturna celebrada no parque Barbaña sobre unha distancia de 6.990 metros, a vitoria foi para Óscar Ramos (22:58 minutos), seguido de Alejandro Cid (23:17). Terceiro foi José

Mapa do percorrido da carreira da Ponte.

Un dos participantes sénior cruzando a meta./P.LODEIRO M. Casado (23:49). En mulleres, o podio estivo copado polas tres atletas que ocupan os tres primeiros postos da clasificación xeral do II Correndo X Ourense. Sonia Teijeiro foi primeira con

28:11 minutos; Sonia Vázquez, segunda (29:35) e Silvia Rodríguez, terceira con 30:50 minutos. Na carreira nocturna participaron un total de 438 atletas entre todas as categorías.


18

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

NATACIÓN

Subcampións galegos de Infantil

4 O CN Pabellón Ourense venceu, ademais, no Galego de Natación Júnior e Absoluto. R.T. A piscina Rosario Dueñas de Ourense foi a sede do Campionato Galego de Natación Infantil onde o equipo ourensán do Pabellón Ourense proclamouse subcampión. O vencedor foi o CN Coruña, que se aproveitou dunha descalificación dun nadador ourensán para ser o primeiro clasificado. En terceiro lugar rematou o CN Galaico. En canto á clasificación masculina, os nadadores foron terceiros, o mesmo resultados que acadaron as nadadoras ourensás. En total foron 20 medallas que se repartiron da seguinte maneira: sete ouros (Ana Karina Obaya na proba de 200 braza, Andrea Bello na proba de bolboreta, o relevo 4x100 estilos integrado por Uxia Gómez,

Ana Karina Obaya, Andrea Bello e Mara Velez-, Uxía Gómez en 100 costas, Andrea Bello en 200 bolboreta, Martín Rodríguez nos 200 costas e Paula Blanco en 200 espalda); as cinco pratas de Mara Velez (400 libres), Paula Blanco Pérez (100 costas), Carlos Manuel Corral (100 braza), Ana Karina Obaya (100 braza) e Uxía Gómez (200 costas); e os oito bronces de Martín Rodríguez (1500 libre), Luis Bello (100 costas), o relevo 4x200 libres masculino -composto por Iago, Pedro, Aitor e Martín-, o relevo 4x200 libres feminino - integrado por Mara, Ana Karina, Claudia e Paula-, Iago Rodríguez Peña (400 libres), Mara Velez Mellado (800 libres), o relevo 4x100 libres feminino - de Paula Blanco, Claudia Álvarez, Mara Ve-

O CN Pabellón proclamouse subcampión galego grazas ás súas 20 medallas: sete ouros, cinco pratas e oito bronces

lez e Ana Karina Obaya- e Paula Blanco Pérez (200 libres). Campionato galego de natación absoluto e júnior Celebrouse na piscina Rías Do Sur en Pontevedra o campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior. O Club Natación Pabellón foi o primeiro clasificado na categoría conxunta júnior, grazas a que o equipo masculino rematou na primeira posición e o feminino quedou de terceiro. En canto ao campionato absoluto se refire, o conxunto ourensán foi segundo logo de quedar o feminino terceiro e o masculino primeiro. En total lograron 15 medallas das cales nove foron de ouro tres en categoría absoluta e as outras seis en júnior), 12 pratas seis absolutas e seis júnior) e 17 de bronce sete e dez). Laura Pimente Pérez recibiu neste campionato o titulo de mellor nadado-

O CN Pabellón e o CN Coruña disputáronse a vitoria do Galego de Infantil, finalmente gañou o coruñés ao beneficiarse da descalificación dun nadador ourensán./RAMSÉS

O club ourensán logrou 12 medallas no Campionato Galego de Natación Júnior e Absoluto, celebrado en Pontevedra, que lle otorgaron a vitoria./RAMSÉS ra da tempada 2011/12 da Copa Galega na División de Honra. Pola súa banda, o júnior Aitor Grande Carral, que participou como S7 nas probas 50 e 100 costas e 100 e 200 libres, recibiu as súas respectivas medallas de ouro e trofeo do campionato, contribuindo a acadar importantes puntos para as dúas categorías, absoluta e júnior. Campionato de España Júnior Os dias 13, 14 e 15 de xullo celebrouse en Mairena de Aljarafe (Sevilla) o XXXIV Campionato de España Júnior de verán. O CNPO estivo representado

por oito nadadores e o técnico Santiago Escudero. Destacado foi o quinto posto na súa categoría de Borja González na proba de 1.500 libres cun tempo de 16:55,19, realizando unha nova mellor marca provincial de 17 anos. Tamén é de destacar o sétimo posto de Ana Mª Santiso en 400 estilos e de Martín Sabuz en 200 braza. Outros nadadores do Pabellón foron: Laura Nerea Balsa, Cristina Cruz, Esther Álvarez, Ecequiel Quiroga e Adrián Branco. Próxima cita A próxima cita para os ourensáns é o Campionato de España Infantil que se

celebrará ata o 22 de xullo nas instalciones olímpicas de Picornell en Barcelona. Alí estarán, xunto co técnico Daniel Toro, os infantís Iago Rodíiguez, Martín R. Paradela, Paula Branco, Andrea Belo, Uxía Gómez, Mara Vélez e Ana Karina Obaya, que disputarán un total de 21 probas individuais. A este campionato acudirán un total de 911 nadadores de 246 clubs de toda España.

Borja González logrou unha nova mellor marca provincial de 17 anos


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

DEPORTES ACUÁTICOS

A alaricana Paula Segura, terceira galega de piragüismo 4 Na categoría benxamín. Redacción A Illa de Arousa acolleu a segunda regata galega de piragüismo do 2012 nas categorías alevín e benxamín, a cal disputouse en piraguas individuais, cun percorrido duns 1.400 metros. En categoría feminina, a piragüista benxamín do Allariz, Paula Segura, acadou a terceira posición, sendo a súa compañeira de club, Andrea Castells, oitava. En canto aos homes, Oliver Rodríguez, do Barco, foi noveno; e Javier Pereira, 16º; Agustín Segura, 24º; Javier Rodríguez, 30º; Marcos González, 38º e Ismael Fandiño, 42º, todos eles do Club Fluvial Allariz. Polo que se refire aos clubs ourensáns participaron o club piragüismo Fluvial de Allariz, que obtivo o posto 24º, e o club piragüismo fluvial do Barco que foi 27º na clasificación final.

Galego de Piragüismo celebrado en Narón; mentres que a piragüista de Allariz, Paula Segura foi cuarta en benxamíns.

De Ourense, participaron o Fluvial de Allariz que obtivo o posto 20, e o Fluvial de O Barco que quedou de 25.

REMO

Joel Fernández e Lucas Hermida, subcampións de España 4 Na categoría alevín de dobre Skull. Redacción Se fai 2 semanas era a deportista de máis alto

nivel do Club Náutico Castrelo de Miño, Anna Yuchenko, a que se proclamaba campioa de España,

Escola de verán Xa ten comezado a escola de piragüismo de verán do Concello de Allariz, de luns a venres durante os meses de xullo e agosto. Todos aqueles que queiran apuntarse deberán dirixirse ao propio club de piragüismo nas súas instalacións na Alameda de Allariz, ou ao complexo deportivo da piscina de Allariz. Este ano intentarase repetir o éxito de afluencia do 2011 onde se superaron os 70 inscritos con idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos. Está previsto achegarse con estes novos piragüistas (os que estean máis cualificados) a Castrelo de Miño, O Barco de Valedorras, Avión, Baños de Molgas e Barra de Miño. Campionato Galego de Piragüismo Oliver Rodríguez, do Barco de Valedoras, gañou en alevíns o Campionato

Paula Segura posando coa súa medalla de bronce.

19

Joel Fernández e Lucas Hermida.

a pasada fin de semana os máis pequenos de equipo, os alevíns Joel Fernández e Lucas Hermida alcanzaban o subcampeonato nacional en dobre Skull. O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu a Sevilla co 2x alevín que rendeu a un gran nivel toda a tempada e cun 4 sen temoneiro de recente creación que progresou moito en poucos días mellorando en Sevilla case 1 minuto con respecto á marca realizada no Campionato Galego da semana anterior. Lucas Hermida e Joel Fernández pasaron as eliminatorias do venres sen problemas, preo nas semifinais, tras unha mala saída, víronse obrigados a remontar ata alcanzar a vitoria cun gran crono de 1´57”. A outra semifinal era para os que ían ser os seus principais rivais na final, o CN de Sevilla, os cales non deron opcións no seu campo e levaron a vitoria claramente cun tempo de 2´01”, fronte ao 2´06” de Lucas e Joel. Pola súa banda, os cadetes do 4 sen temoneiro tivérono máis difícil, xa que apenas levaban adestrado 15 días tras a incorporación de Jorge Daniel Quarteu. A súa eliminatoria foi a máis forte polo que a pesar de facer un bo tempo quedaron en cuarto lugar, o que os enviaba a unha repesca o sábado pola mañá para poder pasar ás semifinais. E lográrono, pero de novo tocoulles a serie máis forte e a pesar de realizar unha gran marca de 5´02” quedaban fóra da final A e con mellor tempo que un dos tres da outra serie que pasaron á final. Finalmente eran segundos na final B con 5´11” tras o Club de remo Vale de Camargo, o que lles daba un destacable 8º posto na xeral dunha modalidade cun gran nivel.


20

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ENTREVISTA

Jorge Paz, un apaixoado das viaxes e do fútbol

EN BREVE

4Atletas destacados

4 Utiliza calqueira evento deportivo como escusa para viaxar. R.T. Jorge Paz é un ourensán que busca eventos deportivos para facer unha viaxe a calqueira parte do mundo. Como o propio Jorge nos explica, “sempre gustoume viaxar, polo que aproveito o fútbol para facelo”. Empezou a súa andadura nos campionatos internacionais na Eurocopa 2004 de Portugal, onde ía cada dous días desde Ourense a ver un partido. O que máis lle sorprendeu foi o “am-

biente que había arredor de cada partido. Flipei co colorido”, apuntaba Paz. Despois virían Alemaña 2006, na que estivo 15 días, e a Eurocopa de Austria e Suiza 08, na que viviu a final de Viena. “Se está España na final mellor, pero iría igual para coñecer o país”, asegura Jorge. A maioría das veces viaxa só, pero iso non é inconvinte para coñecer a xente, xa que “neste tipo de eventos a xente é moi aberta e falas con persoas deseguido e de

calquera tema”. Un viaxeiro coma él observou como os afeccionados españois desprázanse máis nas eurocopas que nos mundiais. Tamén o Celta e CD Ourense Pero a súa verdadeira paixón son o Celta, o Club Ourense Baloncesto e, sobre todo, o CD Ourense. Socio desde os seis anos é un asiduo ao Couto, e este ano gozou coma nunca dos logros do equipo ourensán. Se durante a liga se despra-

Jorge Paz viviu en primeira persoa a vitoria da Selección Española na pasada Eurocopa 2012 en Kiev, a tan só uns metros dos xogadores.

Jorge non se quixo perder o encontro entre CD Ourense e Llodio na loita polo ascenso a 2ªB, disputado o pasado mes de maio no País Vasco. zou ata campos de Galicia para ver ao equipo “rojillo”, Paz non faltou a Llodio para presenciar o encontro de ida entre o Laudio e o Ourense que catapultou aos de Luisito ao ascenso a 2ªB. O mesmo acontece cando o Celta xoga. Durante estes anos desprazouse a varios puntos da xeografía española para ver ao equipo olívico. E tal a súa simpatía por CD Ourense e o Celta, que leva as camisetas dos dous equipos nas viaxes que fai; así, na final da Eurocopa 2012 levaba posta a camiseta do equipo ourensán. Non só futbol Pero a escusa das súas vaixes non só é o fútbol,

hai outros motivos. Por exemplo, este verán vai vivir en primeira persoa a experiencia de acudir a un Xogos Olímpicos, os de Londres 2012. Jorge Paz xa ten adquiridas as entradas para a final de fútbol, ademais de varios encontros de balonmán e baloncesto, e seguirá de preto ao galego Gómez Noya na procura da súa primeira medalla olímpica no circuíto de Hyde Park. Dez días nos que conxugará o que máis lle gusta: viaxar e o deporte.

A seguinte cita de Jorge Paz son os Xogos Olímpicos

O fondista ourensán Alejandro Fernández converteuse no protagonita do Club no 33º Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, que se disputou na tarde do sábado 14 de xullo, grazas á súa espectacular carreira de 5.000 metros, na que ademais de lograr a vitoria logrou un gran crono de 13:57.35, o que supón mínima nacional absoluta para o Campionato de España que se disputará en Pamplona. Pola súa banda, a atleta ourensá do Real Club Celta, Luz Domínguez vén de proclamarse campioa de España e mellor marca nacional do ano en 400 metros lisos, ademais de obter as medallas de prata nos 200 lisos e nos 800, realizando nesta última o récord galego da categoría F-50. A outra ourensá do club vigués, Emma Valencia, logrou a súa mellor marca persoal nos 100 metros valados, cun crono de 15.59 e rematando cuarta.

Luz Domínguez.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ARTES MARCIAIS

Marra e Prada, no Internacional de Valença 4 Medíronse a promesas do judo portugués.

4 É o terceiro ano consecutivo que se fai esta iniciativa.

Redacción A localidade portuguesa de Valença celebra por estas datas o seu tradicional Torneo Internacional de Judo Valença do Minho, cita tradicional durante a época estival para os competidores portugueses e galegos, xóvenes promesas do judo. O evento desenvolveuse no pavillón municipal da localidade lusa, e Karla Marra e Mauro Prada, judokas ourensáns do Ximnasio Marbel, participaron en devandito torneo en categoría cadete. Resultados Mauro participou na categoría de -73 quilos, disputando unha fase previa de liguiña contra Cesário Perneta, Pedro Forte e Rui Machado. O ourensán gañou un dos seus tres combates e non puido acceder

O ximnasio Artai leva o taichi ao barrio do Couto Redacción

Karla Marra nun dos combates de Valença. ás semifinais do torneo. Pola súa banda, Karla Marra participou na final de -52 quilos feminina, onde chegou a dominar o seu encontro contra Ana Rita Pereira, do club Jucaminha, pero a falta de continuidade nos últimos minutos impediu o triunfo da ourensá. A pesar de non lograr a vitoria, ámbolos dous voltan a Ourense coa experien-

cia de participar en tan prestixioso campionato.

Tanto Marra como Prada participaron en categoría cadete xunto coas promesas de Portugal

Por terceiro ano consecutivo o Centro Comercial Aberto Couto Centro celebra durante os meses de xullo e agosto clases de tai-chi gratuítas. As clases serán impartidas por persoal cualificado de Artai Gimnasio. Para participar nelas basta con realizar algunha compra nos establecementos Couto Centro. Feita a compra darase un bono que poderán canxear pola inscricións nas clases, sendo estas totalmente gratuítas.

Deberase presentar o bono máis un ticket de compra efectuada en cualqueira establecmento Couto Centro, nos locais da asociación, sita na rúa Ervedelo nº 2 local 3

21

(Centro de negocios). A actividade realizarase durante os meses de xullo e agosto, os martes e xoves en horario de 8:00 a 9:00 da mañana, no parque Avilés de Taramancos, no barrio do Couto.

As clases terán lugar no parque Avilés de Taramancos os martes e xoves de xullo e agosto

Aarón Blanco, do ximnasio Artai, dando unha clase de taichi no Couto. /ARQUIVO

4 Fin de tempada

Mauro Prada facendo unha chave a un contrincante.

O judo ourensán pon fin á tempada con entregas de medallas aos máis destacados. As medallas entregáronse ao concurso técnico, que premiaba con puntos o comportamento en clase, na competición, os coñecementos de judo, a asistencia a eventos e a progresión técnica de cada judoka durante os 10 meses de tempada. A primeira cita da vindeira tempada será o Randori Infantil, no mes de outubro.


22

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ACTUALIDADE

Fútbol sala en maristas Máis de 50 rapaces de todas as idades pertencentes ao alumnado do colexio Maristas da cidade de Ourense participaron durante unha semana de xullo nun campionato de fútbol sala que tivo lugar nas instalacións do propio centro escolar. Sete monitores estiveron ao tanto das evolucións duns alumnos que gozaron deste deporte tan en auxe. O xadrecista ourensán Alberto Iglesias (á dereita), do Club Casa da Xuventude, estreitando a man do seu rival antes dunha partida.

xadrez

Os ourensáns mídense cos mellores de España 4 De categorías de base. Redacción

zález terminou 81º.

Ata Salobreña desprazáronse varios xadrecistas ourensás para participar no Campionato de España de xadrez nas distintas categorías de base.

Sub-10 En categoría Sub-10 participaron dous ourensáns máis, Martín Fernández Carballal (Casa dá Xuventude) e Martín Gómez Carreño (Carmelitas). No caso do primeiro deles, era a súa primeira participación nun campionato nacional, despois de conquistar o bronce no campionato galego. Martín Fernández terminou a súa participación con 5 ptos no posto 43º, mentres que Martín Gómez, cos mesmos puntos finalizaba 40º.

Sub-8 Tres ourensáns desprazáronse para disputar a categoría Sub8 do campionato de España. César Pérez Dapoza (X. Ourense), a campioa galega Cecilia González (Benchosey) e o seu irmán Mateo González (Benchosey) disputaban así o seu primeiro campionato nacional o pasado mes de xuño. O mellor do tres foi Mateo González, que finalizou con 4 ptos na 42º posición. César Pérez non callou o seu mellor torneo, e terminou con 3 ptos, finalizando o 59º. Cecilia Gon-

Sub-12 Os mozos xogadores da Casa dá Xuventude, Miguel Puga e Alberto Iglesias, xunto con Gabriel Roma, de Xadrez Ourense foron os representantes ourensáns

nesta categoría. Miguel Puga chegaba como actual campión galego e foi o mellor do tres, ao terminar con 6 ptos e en 24º lugar. Gabriel Roma, con 5,5 ptos terminou 30º. Alberto Igrexas, que empezara o torneo moi forte, foi perdendo fol até terminar con 5 ptos, no posto 49º. Sub-14 Adrián Gómez (X. Ourense) e Ángel Domínguez (Casa da Xuventude) participaron na categoría Sub-14. Os dous representantes ourensáns finalizaron nos postos 36º (Adrián) con 5,5 ptos, e 45º (Ángel) con 5 ptos.

Este nacional citou ás categorías Sub8, 10, 12 e 14

Campus Fran Éxito rotundo do campus de fútbol Fran na súa primeira edición que se celebra en Ourense. Baixo a supervisión Óscar Vivián e a tutela de José Ramón, ex xogador de Dépor e Ourense estase plantexado facer unha nova quenda para o mes de setembro.

Cea estrea campo de fútbol 100 deportistas de todas as categorías estrearon o novo campo de fútbol do Lodairo, en San Cristovo de Cea. O equipo da localidade ourensá conta con máis de 75 anos de historia, sendo un dos máis antigos da provincia, o cal da boa mostra da tradición futbolística que ten este concello. Ademais, conta con preto de 200 deportistas federados nas diferentes categorías. As novas instalacións de herba sintética están incluídas no Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas 2011, financiadas pola Deputación de Ourense con 240.000 euros e polo Concello de Cea, que aportou 60.000 euros.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº60- Ano: IV - 18 de xullo de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4O BLOG DE SAUDETER

Deporte e realidade

Este verán deporte na auga Coa chegada das vacacións deixamos a nosa rutina do ano aparcada no garaxe. Relaxámonos, esquecemos as présas, os horarios e os quefaceres diarios. O mesmo ocorre coa alimentación e a actividade física. O chiringuito, as tumbonas, as piscinas e as praias convértense nos nosos mellores amigos. Un pouco de descanso vénnos moi ben a todos para relaxar corpo e mente, con todo, abandonarse completamente durante varios días pódenos pasar factura. Os excesos que cometamos manifestaranse no noso corpo nuns días, o que significa que á volta custaranos o dobre desfacernos deses quilos de máis e recuperar a nosa condición física. Se nos dedicamos ao lecer activo manterémonos áxiles e en forma, con todo, se nos pasamos o día tirados sen apenas movernos o noso corpo avisará con dor, fatiga e máis cansazo. Para evitar que as vacacións sexan inimigas da nosa saúde, o mellor é dedicar un tempo diario á

SABÍAS QUE?

actividade física. No verán témolo máis fácil que nunca. Aproveitar o medio ambiente é a mellor opción. As piscinas ou o mar son o mellor ximnasio que existe. Poderemos manternos activos en familia, con amigos e fundamentalmente pasándoo ben e porque non? bronceándonos. O fitness acuático é apto para calquera persoa: nenos, adultos, maiores, embarazadas, persoas con problemas articulares ou de costas, xente pouco adestrada, etc. A auga é a resistencia perfecta para tonificar o corpo á vez que che relaxas. Na auga, fas exercicio a unha temperatura ideal, relaxas os teus músculos, non forzas articulacións e fas o dobre de exercicio sen apenas notar esforzo. O axeitado é combinar natación con exercicios específicos de tonificación e outros que potencien o gasto calórico. Basta con 3040 minutos diarios, polo menos 3 veces á semana, para manterte en forma. É máis, en 15 días poderás notar cambios significativos no teu corpo polo efecto moldeador da auga.

Rutina acuática - Quecemento: antes de porte en marcha realiza movementos articulares, algúns estiramentos e un par de longos suaves. - Xeonllos ao peito: elevacións alternas de xeonllos ao peito. - Marcha ou carreira. Trátase de camiñar coma se o fixeses na superficie, movendo á vez os brazos. Faino con zancadas longas e tentando pisar ben o chan. - Saltos. Os saltos son ideais para potenciar o gasto calórico, traballar a forza das pernas e mellorar o seu ton, xa que deberás flexionarlas e tomar impulso contra o chan. Ao saltar utilizarás todos os grupos musculares, o que che fará reducir máis facilmente a graxa localizada. Podes saltar sen meter a cabeza ou mergullándoche enteira, o que multiplicará o esforzo nas zonas onde non fagas pé. - Patadas laterais. Apoiada no bordo da piscina, fai aperturas laterais coa perna estirada e o pé dobrado. Mantén en todo momento as costas rectas e a tripa apretada. - Patadas atrás. Apoiada

no bordo da piscina, leva unha perna cara ao peito e logo cara atrás. Mantén o pé dobrado e non arquees as costas ao facer o movemento. - Ombreiros. A resistencia que ofrece a auga permitirache traballar os teus ombreiros coma se tiveses unha pesa en cada man. Soamente tes que subilos e baixalos estendidos en cruz; ao subir, coas palmas cara arriba, e ao revés ao volver abaixo. - Tríceps. Esquécete das escaleiras cada vez que queiras saír da auga e faino a pulso. Repetir este xesto varias veces ao día fará que os teus brazos empecen a coller forma rapidamente, xa que o tríceps é un músculo moi pequeno e fácil de tonificar. - Longos nadando. Fai un longo no estilo que queiras, procurando combinar todos, entre cada un dos exercicios que che propuxemos. Servirache para descansar e para potenciar o traballo aeróbico e o gasto calórico.

O fitness acuático é apto para calquera

As persoas que realizar diariamente actividade física son máis felices e teñen maior capacidade retentiva. O exercicio físico, especialmente de carácter aeróbico, mellora as funcións do cerebro ao favorecer o achegue de osíxeno e aumentar os niveis de adrenalina, noradrenalina e serotonina (neurotransmisores), responsables do almacenamento e recuperación da memoria e o estado anímico. Doutra banda estimula a produción de endorfinas, as hormonas da felicidade. Máis razóns para moverse?

Prólogo Na actualidade, o deporte de elite é un auténtico fenómeno social. Nada ten que ver coa realidade do deporte de base, onde a educación e a cultura son os seus máis claros alicerces. Capítulo 1. Os reis do fútbol Primeiro, campións de Europa, logo do mundo e agora novamente campións de Europa xunto coa sub19. É realmente difícil, por non dicir imposible, atopar unha selección que calase tan fondamente no tecido social dos amantes do fútbol. A súa personalidade no terreo de xogo, as súas brillantes calidades futbolísticas e excepcional comportamento humano conquistaron o corazón da afección mundial. O alude de eloxios que ultimamente vén recibindo tivo un efecto no ámbito nacional e internacional. Namora e ilusiona co seu fútbol a todo o mundo. É un equipo valente, competitivo, desequilibrante e posúe unha virtude impagable: vive para o gol. É un equipo admirado e idolatrado e cada día conquista máis adeptos, grazas ao seu fútbol cristalino, vistoso, primoroso e eficiente. Nun encontro inesquecible, sobrecoxedor, máxico, de orxía e de ciencia ficción, eliminou a Holanda. Ante millóns de televidentes e miles de espectadores nas

bancadas, a selección española doctorouse e deuse un baño de prestixio e recoñecemento. É unha selección políglota. É un equipo esixente e sibarita porque sempre quere vitorias e espectáculo. Cando xogas con xogadores como Xavi, Xavi Alonso, Iniesta, etc. sénteste aliviado porque durante un partido van ter ocasións de gol seguras. Son un cheque ao portador. A Copa do Mundo, sen esquecer a de Europa, resultou trepidante e máxica. Todo o mundo gozamos das vivencias máis marabillosas que puidemos percibir. Foi marabilloso e inesquecible en todos os aspectos. É inxusto idolatrar e render pleitesía ao que só marca goles. O mundial por parte da nosa selección de-senvolveuse nun clima de auténtica éxtase colectiva. Fraguouse un dos triunfos máis emblemáticos e inesquecibles do deporte español. Todos os admiradores do bo fútbol do fútbol gozamos dun anaquiño de gloria. Aquela noite despois dunha final inesquecible, o ronsel da elegancia e do gusto futbolístico brillou no ceo mundial. Todos quedamos prendados polas súas formas, polo seu estilo, pola súa oferta deportiva e polo legado que deixou ao fútbol universal. Un está cheo de dúbidas, pero non do fútbol da nosa Selección. Alfonso Vilachá


24

BARRIOS DEPORTIVO 18 de xullo de 2012

Rapaces e monitor do curso de Salvour.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.