A nosa sra da xunqueira

Page 1

A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA O dous de febreiro de 1979 colocouse a primeira pedra e o 12 de setembro dese mismo ano erixiuse parroquia co nome A Nosa Señora da Xunqueira. Esta situada no barrio de A Lomba. No ano 1971 a celebración dunha misa dominical necesitou unhas instalacións provisionais cedendo o director do cloexio "José Antonio" o salon-comedor. Neste lugar naceu formalmente a comunidade dunha futura parroquia. esa foi a orixe dunha comunidade cristiá cuxa característica principal foi sempre a evanxelización. Oa medios ao principio foron poucos pero a ilusión grande, así coma a colaboración dalgunhas relixiosas Franciscanas, Filipenses e Salesianas, formando parte dos grupos de acción daquela comunidade. No solar da Diócese constrúese unha barraca de madeira cunha lona a modo de teito e durante o verán e o outono, celebrábase alí a Eucaristía e outros Sacramentos. Gracias ás doacións que fixeron as familias que ían á parroquia puidose rematar de construir. A bendición e inauguración do templo adicada á Nosa Señora da Xunqueira celebrouse o trinta de maio de 1981. O primeiro párroco foi D. Jaime Vaamonde Souto (1979 -1985). Seguiuno D. José Rodríguez Manteiga (1985 -1996) en cuxa memoria ergueuse un cruceiro situado a carón da igrexa. Sucedeuno o actual párroco, D. MAnuel Antonio Couceiro Cachaldora.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.