A nosa sra da xunqueira

Page 1

A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA O dous de febreiro de 1979 colocouse a primeira pedra e o 12 de setembro dese mismo ano erixiuse parroquia co nome A Nosa Señora da Xunqueira. Esta situada no barrio de A Lomba. No ano 1971 a celebración dunha misa dominical necesitou unhas instalacións provisionais cedendo o director do cloexio "José Antonio" o salon-comedor. Neste lugar naceu formalmente a comunidade dunha futura parroquia. esa foi a orixe dunha comunidade cristiá cuxa característica principal foi sempre a evanxelización. Oa medios ao principio foron poucos pero a ilusión grande, así coma a colaboración dalgunhas relixiosas Franciscanas, Filipenses e Salesianas, formando parte dos grupos de acción daquela comunidade. No solar da Diócese constrúese unha barraca de madeira cunha lona a modo de teito e durante o verán e o outono, celebrábase alí a Eucaristía e outros Sacramentos. Gracias ás doacións que fixeron as familias que ían á parroquia puidose rematar de construir. A bendición e inauguración do templo adicada á Nosa Señora da Xunqueira celebrouse o trinta de maio de 1981. O primeiro párroco foi D. Jaime Vaamonde Souto (1979 -1985). Seguiuno D. José Rodríguez Manteiga (1985 -1996) en cuxa memoria ergueuse un cruceiro situado a carón da igrexa. Sucedeuno o actual párroco, D. MAnuel Antonio Couceiro Cachaldora.


Na igrexa destaca a modernidade da construcci贸n, todo cun aire de simplicidade e modestia. O mais destacable a a cruz como retablo, as pinturas, codeles e cravos; unha extensa superficie na que resalta a cor verde, s铆mbolo de solidaridade , e o centro branco representano 贸 sol, 谩 luz...


Tanto o párroco coma os colaboradores ceeron topar ó excultor ideal , o SR. Castor Lata, para realizar a imaxe de A Nosa Señora da Xunqueira e a D. Urbano Lugrís para a decoración do presbiterio a Pila Bautismal. E unha parroquia moi unida á música. No ano 1971 D.Jaime Vaamonde fundou o grupo musical "Airiños" que cantaban e amenizaban as celebracións da parroquia. Dende os principios da paroquia fixeronse actividades de tempo libre entre as que destacaban o Clube Xuvenil, os grupos de baile, canto, música e teatro. Tamén destacaban as convivencias realizadas como punto de encontro, ocio e diversión. E realizábanse campamentos de verán destinados a nenos e adolescentes. A Pascua Xoven é un encontro en tempo de PAscua no que hay música, refexión e oración. Nela participan, dende o seu inicio, Xóvenes da comunidade. Este encontro ten lugar no colexio Filipenses Sagrada Familia. Dende alí sae unha procesión que emula o Camiño de Emaús e que remata na Igrexa da Nosa Señora da Xunqueira onde se celebra a Eucaristía.

Daniela Torres Aguiño y Pedro Torres Fernández 1º B


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.