14º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-novembro 2012

Page 1

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 14 - novembro 2012

Fai

máiS de ano e medio o

15m

Fixo Súa a FraSe

“Chámano

demoCraCia e non o é”

cántico típico de gran parte dos seus actos reivindicativos. Pero, significa iso que, segundo o noso punto de vista, vivimos nunha ditadura?

Faimáis

de ano e medio o 15M fixo súa a frase "Chámano demoCraCia e non o é", cántico típico de gran parte dos seus actos reivindicativos. Pero, significa iso que, segundo o noso punto de vista, vivimos nunha ditadura? Non exactamente. Ademais das ditaduras e as democracias, existen outros sistemas de goberno, por exemplo a “plutocracia”, un sistema de goberno no que o poder osténtano quen posúen as fontes de riqueza. Parece obvio que este é o sistema de goberno que temos en España e na gran maioría dos países europeos, caracterizados porque a representación atende unicamente a aqueles que apoiaron o ascenso ao poder do líder de quenda, e non ao mandato da vontade xeral, pois segundo todas as enquisas unha amplía maioría rexeita as inxustas políticas de austeridade e recortes que nos están impondo. Gene Sharp, filósofo estadounidense coñecido pola súa extensa obra en defensa da non violencia, e fundador da Institución Albert Einstein, escribiu un libro denominado “da ditadura á democracia: un sistema conceptual para a liberación”, en cuxo apéndice figuran 198 métodos de protesta e persuasión non violentas. Froito da análise dese libro realizado por un compañeiro pódense sacar interesantes consellos útiles para levar a cabo unha revolución pacífica que poida conducir a un país verdadeiramente democrático, tamén no caso dun sistema de goberno non ditatorial, como xa se dixo, unha plutocracia. Nos primeiros capítulos do libro proponse que se comece por identificar cal é a situación en realidade, e neles o autor tamén fai fincapé na súa defensa dos métodos de loita non violentos, posto que nunha loita violenta quen ten o poder parte con vantaxe. Ademais, o libro está pensado para que sexa o pobo o que leve a cabo a revolución, non considerándose a posibilidade de que se instaure unha verdadeira democracia por medio de golpes de estado nin grazas a salvadores estranxeiros. Tampouco se considera adecuada a solución mediante negociacións, porque nelas importa máis o poder que teña cada unha das partes que as razóns achegadas. Sen negociar, como se pode convencer aos poderosos de que deixen o poder se non representan á maioría da poboación? Non se trata de convencer: os gobernantes requiren da axuda dos gobernados para gobernar. Sen cooperación anulas o seu poder. Os dous seguintes capítulos do libro abordan a necesidade de planificar concienzudamente as

accións a levar a cabo, e recomendan que os plans que se elaboren non terminen cando os que nos gobernan marchen, que inclúa tamén o proceso de transición a outro réxime máis democrático (proceso constituínte, etc.). Un erro común segundo o seu autor, Gene Sharp, consiste en simplemente reaccionar ás iniciativas gobernamentais, estar sempre á defensiva, e crer que non fai falta planificar. Cando se planifique, para levar a cabo a revolución, é moi importante ter en conta o contexto, identificar cuestións talles como os principais obstáculos, os puntos fortes e débiles teus e do goberno, os recursos necesarios... E, por suposto, especialmente no noso caso concreto, débese lograr que haxa unha opinión pública favorable a nivel de toda a Unión Europea, posto gran parte dos problemas que temos son xerados deliberadamente por institu-

W W W. 1 5 M -A C O R U N A . C O M / M O N T E A LTO

#

cións comunitarias. Tampouco se debe esquecer facer un plan para preservar a orde e responder ás necesidades da xente durante o tempo que dure a revolución. Finalmente, nos últimos capítulos do libro afróntase o tema da transición cara a un réxime plenamente democrático, considerándose que, se se acaba coas fontes de dominio e conséguense fortalecer as institucións independentes, é posible alterar fundamentalmente as relacións de poder na sociedade, tras o que habería que establecer canto antes un novo goberno que funcione. Pero aínda non terminaría aquí a revolución, sendo tamén necesario tomar moitas precaucións para impedir que xurda un novo réxime opresivo, pechar o paso aos golpes de estado, reformar a Constitución (tamén no noso caso) e facelo con forte participación cidadá na súa nova redacción e comprensible por todos e todas. g

A S A M B L E A M O N T E A LTO @ G M A I L . C O M


WWW.15m-aCorUna.Com/monteaLto

#

#

#

aSamBLeamonteaLto@GmaiL.Com

Por que os ratos elixen un gobierno de gatos? mouseland é un curto de animación no que os ratos escollen un goberno que lles represente. Ese goberno está formado por gatos que redactan as leis que máis lles favorecen pero que prexudica aos ratos. Por exemplo, obrigan a que os buracos da casa dos ratos sexan o suficientemente grandes para que os gatos poidan meter a pata. Os ratos, sempre descontentos co goberno do momento, pasan a votar un goberno de gatos negros, que substitúen por gatos brancos e posteriormente volven votar aos negros. Pero independentemente da cor dos gatos, estes nunca diminúen a entrada das casas dos ratos, senón que cambian a forma, o buraco pono cadrado, logo redondo, etc. O 21 de outubro os galegos e galegas son chamados ás urnas para elixir os representantes ao parlamento. Os resultados foron os seguintes: PP 41 escanos (653.934 votos), PSOE 18 escanos (293.671 votos), AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) 9 escanos (200.101 votos) e BNG 7 escanos (145.387 votos), quedando sen representación parlamentaria o resto de partidos. Os votos en branco foron 38.410, os nulos 37.472 e a abstención 832.678. Apréciase claramente a inxusta lei electoral.

A primeira análise que se pode facer é a alta abstención, que foi maior nas zonas rurais que nas urbes. Segundo datos oficiais votaron un 63,8% fronte a un 64,43% do 2009. Dado que votaron 238.541 menos en 2012 respecto ao 2009... As contas non saen. Todo apunta a que non se contabilizaron os galegos e galegas que residen no estranxeiro e que en gran parte decidiron non votar. O PP cuns 140 mil votos menos que en 2009, obtén 3 escanos máis afianzando a súa maioría absoluta. O PSOE perde 230 mil e o BNG perde 125 mil. Todo isto sumado ao aumento da abstención, os votos en branco, nulos, e a entrada con forza de AGE (a nova formación, coalición de catro partidos e liderada por Beiras), apunta a un descontento xeral coa clase política, e fai que a frase repetida ata a saciedade nas rúas “non noS rePreSentan” cada día teña máis sentido. Queremos pensar que estamos ante o principio do cambio, queremos pensar que outra clase política é posible e quizais, algún día non moi afastado, os ratos escollerán a un goberno de ratos. g

Folga xeral 14 de novembro a convocatoria de folga xeral do 14 de no-

vembro chega nun momento no que as medidas antisociais, impulsadas dende hai anos polo PSOE e acentuadas nos últimos meses polo PP, se fan insostibles. A xornada consistirá desde Folgas xerais en estados como Portugal, Grecia, Chipre, Malta ou o Estado Español, ate manifestacións, folgas parciais, etc., en outros estados (Alemania, Francia, Italia, Bélxica), e significa a primeira resposta seria e unificada ao que é unha política común de todos os estados agrupados baixo a Unión Europea.

rural e pesqueiro, base da economía galega. Paralelamente ao desmantelamento dos sectores produtivos, aplícanse cambios na normativa laboral que rompen o marco laboral e o sistema de negociación colectiva para permitir aos grandes empresarios aumentar as súas ganancias a costa da inestabilidade laboral e precarización absoluta da clase traballadora.

xentes de diñeiro nos bancos, inxeccións que baleiran as arcas do Estado o que provocará a intervención dos voitres da economía internacional (FMI, BCE, UE) o que seguro traerá aínda mías miseria e paro. E todo coa única finalidade de manter un sistema inxusto e criminal. Compre reaccionar contra as políticas que impoñen máis recesión, máis paro, menos dereitos e máis desigualdades, pensamos que diante dunha situación tan radicalmente contraria aos intereses da cidadanía corresponde unha medida igual de contundente e capaz de cambiar a correlación de forzas.

Coa escusa da crise estase a desenvolver un proceso de precarización laboral, ao mesmo tempo que se asfixia economicamente os servizos públicos para provocar o seu desmantelamento. no fondo de todas as políticas que se están a aplicar está a privatización de servizos sociais tan básicos como a sanidade e a educación convertendo, deste xeito os dereitos máis esenciais en mercadorías das que só poderán gozar os que teñan a capacidade económica par poder pagalas. Ao recorte de dereitos fundamentais únese o recorte nas prestacións por desemprego, a deterioración das pensións, o intento de acabar co medio

Aínda que pensamos que, para que realmente sexa efectiva, debería ser unha folga xeral indefinida. Apoiamos a convocatoria de folga xeral para o día 14 de novembro transformando o que se convoca como un paro exclusivamente laboral nunha folga laboral e de consumo. g

o Goberno móstrase compracente coas grandes fortunas e a fraude mentres sube impostos coma o IVE facendo recaer a carga recadatoria, unha vez máis, sobre os traballadores e traballadoras.

14 de novembro todas/os

Por este camiño chegamos a unha situación insoportable, o paro e a pobreza baten marcas entre a poboación traballadora mentres que se lexisla unha amnistía fiscal para os defraudadores e se inxectan cantidades in-

FaCeBooK: 15m aSamBLea PoPULar de monteaLto

á FOLGA xERAL #

tWitter: 15mmontealto


FaCeBooK: 15m aSamBLea PoPULar de monteaLto

#

tWitter: 15mmontealto

galicia mellor sen touradas Quizáis a argumentación capciosa do mundo taurino sexa a de comparar a creación cultural coa tauromaquia. É moi habitual que grandes da pintura, sobre todo este eido, sexan proclamados como seguidores das touradas polo mero feito de traballar sobre esta actividade. O caso máis significativo, e penoso de todos, é o de Goya. Quen comprenda un pouco a obra de Goya poderase decatar que o sombrío de moitos dos seus traballos funcionan como ferramenta de denuncia, como forma de activismo artístico contra por exemplo a guerra. A ninguén se lle ocorrería dicír que Francisco “amaba” a violencia bélica. Os seus cadros amosan caras desencaixadas, morte e moita brutalidade. Coa mesma idea e perspectiva traballou sobre as touradas. “La tauromaquia” é unha serie de 33 grabados onde amosa a realidade da tauromaquia da época, sanguinolenta, brutal… case indescriptible. Por suposto quen se opoña ás touradas pode facelo por moitos motivos, pero dende logo sobre a base de que unha atrocidade deste calibre non pode ter lugar no século xxI. Francisco de Goya xa era un verdadeiro activista abolicionista no século xIx, o que demostra como a oposición a esta actividade non é posmoderna nin tan

sequera contemporánea. Non é algo que esté de moda, é algo vencellado á participación cidadá, a que xustamente non queren apelar aqueles que defenden esta barbarie cos animais. no caso concreto da Coruña, xa en 1843 houbera movementos cidadáns que reclamaban que non se celebrasen festexos taurinos na cidade. Movementos que comezaron 7 anos antes da construcción da primeira praza de touros, o que demostra, por enésima vez, que na cidade non había interese, nen tradición e moito menos afán por subsidiar as touradas. Con todo o contexto amósase moi complicado para continuar coa defensa da tauromaquia na cidade da Coruña. E os datos amosan o mesmo camiño: escaso interese social, subsidios e apoios municipais continuos, una indignación cada ano maior entre a cidadanía… e moi pouca participación dos coruñeses e das coruñesas a través de propostas como un referendo, a opción que demandamos dende Galicia, MellorSenTouradas para que sexa a vontade popular a que demostre se quere ou non que os seus cartos rematen torturando e matando animais como forma de ocio. g

desFile “austero” do 12 de outubro

o día 12 de outubro de 2012 celébrase con “austeridade”

o desfile militar que este ano “só” nos custa 900.000 euros, moito menos que o do ano anterior (no que xa estabamos nun contexto de crise económica) que nos custou 2,8 millóns de euros, mentres tanto seguimos recortando sanidade, educación, etc. xulguen vostedes mesmos a importancia deste desfile. g

WWW.15m-aCorUna.Com/monteaLto

#

#

#

aSamBLeamonteaLto@GmaiL.Com


WWW.15m-aCorUna.Com/monteaLto

#

#

#

aSamBLeamonteaLto@GmaiL.Com

Folga xeral estudiantil os días 16, 17 e 18 de outubro houbo unha folga xeral de estudantes a nivel estatal, na que na nosa cidade houbo dúas manifestacións: unha o 17 só de estudantes e outra o 18 pola tarde, día no que se sumaron á folga os pais e as nais por primeira vez na historia. A folga fíxose en contra das medidas que está impoñendo o ministro de educación José Ignacio Wert, entre as que destacan as seguintes: A creación de novas selectividades económicas e académicas para acceder á FP de Grao Superior e á universidade. Suba de taxas universitarias de ata un 66% con respecto ao curso anterior.

este curso hai 1.000 profesores menos que o curso anterior. A imposición de tres reválidas (probas selectivas) que se realizarán en 6º de primaria, 4º de ESO e 2º de bacharelato, supondo novas trabas para pasar de curso e, no caso da de 6º de primaria e 2º de bacharelato, podendo significar a obrigación de repetir curso ou non conceder ó título de bacharelato, polo que esas persoas non poderán acceder á universidade aínda que aprobaran os dous cursos de bacharelato.

despedimento de máis de 50.000 docentes. En Galiza,

máis dificultades económicas e de aprendizaxe e expulsalo canto antes do sistema educativo. g

As taxas de matriculación de centos de euros ao estudantado de Formación Profesional e a retirada de bolsas de comedor e libros para estudantes de primaria e secundaria en moitas zonas do estado.

a loita continúa o 14 de novembro!

A creación de itinerarios da máis baixa cualificación dende 3º da ESO para amontoar nel ao estudantado con

en deFenSa do enSino PúBLiCo e de CaLidade!

!oPeración / Kilo!! lavado de "Faciana" Operación / Kilo!! Lavado de "Faciana": Vergoña a que non sinten os banqueiros, como reflexo: a operación/kilo. Unha sinte impotencia ante tanta desvergoña. Como se pode por en marcha dita operación? o intento de ¿lavar a imaxe cunha mísera acción? (Mísera por quen a fai, non pola acción en si mesma). O outro día fun á sucursal bancaria da que son clienta, abraiada quedei ao ver ao lado da fiestra do mostrador de caixa; un letreiro que puña unha mensaxe "Operación/Kilo muchas familias te necesitan" pegada a unha caixa de cartón

mente, e sin decir nada (non por facerme un desplante, senón por non ter nada que decir) segue atendéndome.

no chan que dentro tiña uns garbanzos, un cartón de leite e pouco máis, quero supor que era o que aportaba a entidade bancaria nesa sucursal. Sen sair do meu abraio, comenteille ao empregado: e isto?, sinalando á caixa cos alimentos; o que el me resposta "Ven de arriba" xa o supoño, lle digo e continúo ista "limosna" que é?, para as familias que desafiuza o banco e bota á rúa deixándoas na máis absoluta miseria, sen casa e coa débeda da hipoteca da casa que non teñen? O empregado mírame con cara de entenderme perfecta-

Se queren lavar a sua imaxe, que xa lles é hora, que comecen coa dación en pago, que o stock de vivendas que teñen embargadas "legalmente" pero "presuntamente ilexítimas" que as poñan en aluguer social, entón Felicitareinos Publicamente, e despois que poñan en marcha todas as operacions/kilo que teñan a ben facer. Primeiro esquilman ao Pobo e logo rinse de el. g

Próximas convocatorias Folga xeral e de consumo

Sábado 24 de novembro

mercado de troco

de 12 a 14 h. no Campo de Marte.

asemblea popular xoves 13 de decembro ás 7:30 da tarde no Campo de Marte.

Se queres escribir unha carta, artigo, opinión... coa intención de que sexa publicada, ponte en contacto connosco en asambleamontealto@gmail.com

non me tireS cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PáSame. FA C E B O O K : 1 5 M A S A M B L E A P O P U LA R D E M O N T E A LTO

#

T W I TT E R : 1 5 M m o n t e a l t o


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.