Ola biblioteca 2016 17

Page 1

OLA BIBLIOTECA !! Ola nenos e nenas da Xunqueira! Son a mascota. E veĂąo contarvos algunhas cousas sobre: A BIBLIOTECA !!


ESTE É O HORARIO HORARIO BIBLIOTECA

Estará aberta no tempo do recreo

De De

luns a venres para Primaria luns a venres para Secundaria

VOUVOS CONTAR UN POUCO A HISTORIA





QUE PODEMOS FACER? AQUÍ PODERES VIR LER UN LIBRO QUE VOS GUSTE MOITO OU QUE VOS RECOMENDOU ALGÚN COMPAÑEIRO/A, CONSULTAR NA INTERNET OU PRENSA. É IMPORTANTE QUE SIGAMOS AS NORMAS, PARA GOZAR TODOS DESTA INSTALACIÓN. • TAMÉN PODEREDES VIR A REPASAR ALGUNHA COUSIÑA QUE SE VOS ESQUECEU ESTUDIAR NA CASA; AÍNDA QUE VOS DIGO QUE É MELLOR TRAELO TODO AO DÍA !!! ESPERO QUE TODOS APROVEITEDES BEN A NOSA BIBLIOTECA.

LEMBRADE QUE É UN ESPAZO DE TODOS


Toma nota destes consellos


A BIBLIOTECA É UN LUGAR PARA LER, FORMARSE, INFORMARSE E DISFRUTAR Evitaremos falar. De ter que facelo, será en voz moi baixa.

Debemos coidar os libros sen subliñalos nin facerlles riscaduras Non está permitido comer nin beber na biblioteca Ao saír, deixaremos os libros que utilizamos para as consultas no carriño de devolucións.


O PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA Horario: de luns a venres no recreo de primaria e secundaria

NORMAS DO PRÉSTAMO:

-Podes levar en préstamo libros, revistas e material audiovisual por un periodo de 15 días renovables. -Para poder levar prestado o material da biblio tés que darllos ao profe de garda para que rexistre o préstamo. - Cando os devolvas tamén llos debes dar ao profe de garda. - É obrigatorio presentar o carné da biblioteca para levar libros ou outro material. - Se incumples reiteradamente os plazos de devolución perderás o dereito a levar libros en préstamo durante algún tempo. - O deterioro ou perda de libros ou doutro material prestado suporá a súa reposición ou abono en metálico. 9


Usaremos os ordenadores da biblioteca para temas relacionados co estudo:

Poderase acceder a documentos con soporte electrónico e a Internet Poderanse consultar dicionarios, enciclopedias, xogos e programas educativos instalados, así como a lecturas CD-Rom e DVD. O acceso a chats e redes sociais non estará permitido. Para usar un ordenador debes anotarte no libro de rexistro de uso que está na mesa do profe de garda. O tempo máximo de uso son 10 minutos se hai alguén esperando.


Pero ... Como estรกn colocados? 11


OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS POR ORDEN ALFABÉTICO -

Os libros teñen unha etiqueta no lomo co seguinte información: -

Na primeira liña o código do andel no que está colocado

-

Na segunda as tres primeiras letras do apelido do autor

-

Na terceira as tres primeiras letras do título (sen contar artigos)

82 NG FER car

12


CÓDIGO DE CORES Libros de consulta xeral organizados por materias -0 Obras de consulta xeral -1 Filosofía. Psicoloxía. -2 Relixión. Mitoloxía. -3 Ciencias Sociais. -5 Ciencias Naturais. Matemáticas. - Secundaria: -6 Ciencias aplicadas.Tecnoloxía. -7 Arte. Espectáculos. Deportes. • Literatura Xuvenil (morado) -8 Lingua e literatura. -9 Xeografía e Historia

- Primaria:

13


PRIMARIA





COLABORADORES Se queres colaborar coa túa biblioteca, cubre un dos formularios para apuntarse e acude á reunión que terá lugar o día 11 de xaneiro no recreo. Esperámoste. 18


Vide axiĂąa!!! Ata pronto!!!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.