Díptico Celso Emilio Ferreiro

Page 1

BIOGRAFÍA Hai cen anos, un 4 de xaneiro de 1912, nacía Celso Emilio Ferreiro na vila ourensá de Celanova. Neste ano, o 2012, celebramos o centenario do seu nacemento. Celso Emilio foi un escritor e político galeguista. Foi un gran defensor de Galicia e da nosa lingua, o galego. En 1989 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Algunhas das súas obras son: Viaxe ao país dos ananos

(poesía)

O soño sulagado (poesía) Longa noite de pedra (poesía)

A taberna do galo (narrativa)

CEIP A.D.R. Castelao, Rianxo


Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse polo amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua. Non falo para os soberbios, non falo para os ruíns e poderosos, non falo para os finchados, non falo para os estúpidos, que falo para os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; para os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arrendar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño…

Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra

O neno Había un lume aceso na casa dos avós. Agora ben comprendo que o lume eramos nós. O pai que contaba unha historia medoñenta. A nai surría, pois a historia n-era certa. Afora, nos camiños refungaba o corisco. O vento neboeiro agallopaba a chaira. ¿Onde están esta noite os que non teñen casa? O bosco era un misterio rumoroso e lonxano. O irmau máis pequeño preguntaba calado. Agora é xa un home, e sigue preguntando.

Celso Emilio Ferreiro Viaxe ao país dos ananos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.