cantos de nadal 2012-13

Page 1

BUSCANDO UNHA ESTRELA Os pitiños Buscaban unha estrela E cando a atoparon Bailaron con ela (bis) Ai laralai, larala A quen queres ti alumear Ao neno que xa naceu esta noite de Nadal (bis) Os gatiños Buscaban unha estrela E cando a atoparon Bailaron con ela (bis)

NADAL No meu pobo hai unha estrela (2) feita de prata e coral, tralará (3). Anuncia a tódolos nenos (2) que xa chega o Nadal tralará (3). Noiteboa coa familia (2) Noitevella coas campás tralará (3). Toda a xente vai cantando (2) Os reis chegan polo mar tralará (3). Eles traen os agasallos (2) eu non me vou portar mal tralará (3). Aquí remata este canto (2) para nós felicidade tralará (2) para vós un BO NADAL !

Ai laralai, larala A quen queres ti alumear Ao neno que xa naceu esta noite de Nadal (bis) Os peixiños Buscaban unha estrela E cando a atoparon bailaron con ela (bis) Ai laralai, laralai A quen queres ti alumear Ao neno que xa naceu esta noite de Nadal (bis) O quiquiriquí, o quiquiriquí, se non nos dan nada... marchamos de aquí!


CANTO DE REIS Cantámoslle ós reises guededellos de cabra cantámoslle ós reises non nos deches nada. Sómo-los reises do quiquiriquí imos a ver que nos botan aquí. Somos los reises do cacaracá imos a ver que nos botan alá. Sómo-los reises da cabra panada. Viñemos aquí, non nos deron nada… VEN O NADAL Moita atención, falan os cativos, porque somos listos e temos razón, o que dicimos non é tontería dicimos as cousas con boa intención. Primer consello, fóra os problemas, non queremos penas, ou rir a cachón. Segunda cousa, ten sempre un sorriso e con todo iso vivirás mellor.

Nestas festas hai que ter marcha, ter alegría e sempre bo humor, se estás triste, e deprimido, baila comigo, verás que diversión. Ven o Nadal, chega a foliada, comer larpeiradas é algo xenial e pola noite, chegan os regalos, xunto cos Reis Magos para poder brincar.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.