A comprensión lectora

Page 1

Qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcv COMO TRABALLAR A f COMPRENSIÓN ghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx LECTORA cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui NAS AULAS opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqw


COMPRENSIÓN LECTORA

INTRODUCIÓN As pautas que se ofrecen constitúen unicamente propostas de carácter xeral que deberán ser adaptadas segundo os trazos do grupo (idade, nivel), pero tamén en función das nosas concepcións e das nosas posibilidades en cada momento.

PAUTA PARA INTRODUCIR E TRABALLAR A IDEA PRINCIPAL

Actividades iniciais con listas de palabras

Comezamos referíndonos a algún conto que lles leramos ou que leran os nenos e nenas. Coméntase cal é a idea xeral do conto. Por exemplo, no conto de “Carapuchiña”, coméntase que unha nena ía a ver a súa avoa, comeuna o

lobo e logo salvouna un cazador. Ademais hai outras ideas, como o que levaba a nena, o que se di no diálogo co lobo.... Á idea xeral chámaselle Idea Principal. Imos aprender a diferenciar a idea máis importante (xeral) doutras menos importantes (secundarias, detalles) e así entender mellor contos e outros textos.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 2


COMPRENSIÓN LECTORA

Empezaremos por algo fácil. En gran grupo, ponse un exemplo cun listado de palabras e co título da categoría (roupa = camisa, zapato,.....). Isto, que seguramente traballamos como unha actividade de vocabulario, aquí serviranos para introducir o traballo sobre o concepto de idea principal, na medida que a palabra roupa engloba ó resto. Ponse outro exemplo, pero sen o título (mazá, pera,...) e deberemos encontra-lo título, razoando o motivo, á vez que tamén podemos incorporar algunha outra palabra á categoría. Rematadas as tarefas en gran grupo, pasamos a propoñerlles listas de palabras e que escriban en pequeño grupo o título da categoría ou darlles categorías e que poñan palabras da mesma. Finalmente, de forma individual, darlles listas de palabras, incluíndo o título da categoría e os elementos que a compoñen, e deben

rodea-la

palabra que corresponde co título. Outra opción é darlles un listado e que escriban o título. Unha terceira opción é darlles os títulos e que completen os elementos que faltan da categoría.

Actividades con textos moi curtos

Explícase que imos buscar a Idea máis importante (xeral ou principal) en textos moi pequenos. Comezamos cun exemplo:

“Os perros policías poden perseguir e coller a ladróns. Algúns perros traballan en granxas reunindo vacas ou ovellas e coidando delas. Os perros de compañía son útiles porque son bos amigos dos amos”. Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 3


COMPRENSIÓN LECTORA

Aquí hai unha lista de ideas menos importantes (secundarias, detalles), pero temos tamén unha idea principal: como axudan os cans ás persoas, porque tódalas ideas nos dín algo sobre esta cuestión. Podemos continuar engadindo que a idea principal é o tema (moitas veces o título) e o que se dí del. Para saca-la idea xeral/principal teremos que fixarnos nas ideas que van aparecendo.

Seguidamente, lemos en voz alta outro texto:

“As tormentas poden provocar inundacións e hai xente que se ten afogado nelas. Durante as tormentas caen raios e as persoas poden morrer si lles cae un enriba ou cerca. Ás veces, levántanse ventos moi fortes que rompen árbores, arrancan tellas, etc. Estes obxetos poden golpear a persoas e causarlles feridas. Coas tormentas tamén poden producirse tornados, que son moi perigosos”.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 4


COMPRENSIÓN LECTORA

Continuamos explicando que aquí temos diferentes ideas menos importantes (secundarias) que nos dín cousas sobre as tormentas e das que podemos saca-la idea principal (apuntamos estas ideas na pizarra). Logo, imos intentando dicir ideas máis xerais que engloben a todas as outras apuntadas.

É

dicir,

tratamos

que

as

ideas

secundarias

(menos

importantes) se vexan reflectidas todas na xeral. Por exemplo: as tormentas son perigosas, as persoas poden morrer nunha tormenta, xa que tódalas ideas secundarias se refiren a esta cuestión. A medida que imos facendo esta tarefa, podemos ir “facéndoo máis visible” nun esquema como o que se mostra máis abaixo.

As tormentas son perigosas

Coas tormentas poden provocarse tornados

As tormentas causan inundacións

Durante as tormentas soplan ventos moi fortes

Durante as tormentas caen raios

Despois, podemos continuar realizando tarefas destas características individualmente.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 5


COMPRENSIÓN LECTORA

Textos curtos

Outra actividade para desenvolver en grupo consistiría en darlle textos curtos, parágrafos curtos e frases, entre as que terán que sinalar cal representa a idea do texto e cales son detalles (ideas menos importantes ou secundarias), analizando se os detalles encaixan na idea global. Por exemplo:

“Os cabalos transportan ás persoas. As mulas arrastran cargas pesadas. Os cans guían ás persoas cegas pola rúa” As frases que poderían elixir serían: (a) Os animais dannos moitas clases de alimentos (b) Os cabalos e as mulas fan traballos pesados (c) Os animais axudan ás persoas de diferentes formas (d) Os cans e os cabalos son bos compañeiros das persoas. Un seguinte paso consistiría en propoñerlles outro texto:

“As plantas para crecer necesitan un solo rico en minerais. As plantas tamén necesitan un gas chamado dióxido de carbono. Sen el as plantas morrerían. E, por suposto, as plantas necesitan auga e unha temperatura cálida”.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 6


COMPRENSIÓN LECTORA

Logo pedirlles que extraigan a idea principal, facendo conxuntamente unha análise do que dí o texto, para ver como poderiamos dicir unha idea que englobe tódalos detalles. Finalmente, pasaríamos a traballar de forma individual con outros textos.

Actividades con textos máis longos

Empezamos por ler un texto en voz alta. Logo, explícase cal é a idea principal. Logo, utilizando o esquema, explícase cales son os detalles:

“Os animais son útiles por moitas razóns. Os animais dannos comida. Por exemplo, conseguimos carne das vacas e dos porcos, e ovos das galiñas. Os animais son útiles para o traballo e o transporte. Os cabalos levan ás persoas e tiran dos carros. As mulas poden arar nas leiras e levar cargas. Nalgúns países, os elefantes fan o traballo pesado que as persoas non poden facer. Conseguimos outros produtos dos animais. O coiro que usamos para abrigos, cinturóns, monedeiros e equipos de deporte procede de vacas, porcos e outros animais. O xabón e moitos produtos químicos que se empregan na comida e na medicina proceden dos animais.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 7


COMPRENSIÓN LECTORA

Os animais tamén nos poden servir para divertirnos. Cabalgar é moi divertido. Pescar é un deporte que moitos disfrutan e a moitas persoas gústalles vivir con cans, gatos, peixes e paxaros”.

Os animais son útiles por moitas razóns

As persoas obteñen alimentos dos animais Conseguimos outros productos dos animais

Os animais son útiles polo traballo e o Os animais tamén distraen e divirten ás persoas

transporte

Cabe ir realizando a tarefa coa intervención de nenos e nenas ou simplemente explicar como imos procedendo paso a paso (suponse que antes xa traballamos os dous primeiros grupos de actividades).

Outra actividade con textos máis longos podería ser a que sigue. Partimos dun texto. Por exemplo:

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 8


COMPRENSIÓN LECTORA

“Hai

moitas

formas

de

xerar

electricidade. Unha é en centrais nucleares petróleo

que ou

queiman gas

carbón,

natural.

Isto

produce vapor que fai xirar un xenerador e produce electricidade. As centrais de carbón, petróleo e gas son a forma máis común de xenerar electricidade. Tamén se produce electricidade nas centrais nucleares. A enerxía nuclear desprende calor. Este calor desprende vapor que fai xirar un xenerador e produce electricidade, igual que unha central que empregue carbón, petróleo ou gas. As centrais nucleares funcionan ben, pero hai quen pensa que son perigosas e deberían pecharse. Tamén os saltos de auga producen electricidade. A auga contida nunha presa pasa por grandes tuberías a enormes rodas de auga. A auga move as rodas que están conectadas a un xenerador. As centrais que empregan auga son boas porque son limpas e seguras. Tamén se utiliza a luz do sol e o vento para producir electricidade. Os paneis solares quentan a auga que se empregará para producir electricidade. Para isto, conéctanse aspas de enormes muíños ós xeneradores. Esta forma de producir electricidade é a que menos contamina”.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 9


COMPRENSIÓN LECTORA

Trátase de analizar cal é o tema (a electricidade), que se dí sobre o tema (o que dí en cada parágrafo), de forma que se chega a conclusión de que o texto explica diferentes formas de producir electricidade.

Co fin de efectuar o traballo con este procedemento, podemos ir empregando un esquema básico como o que sigue:

Idea principal do texto: Hai moitas formas de xerar electricidade. Ideas dos diferentes parágrafos: 1ª A electricidade pode xerarse en centrais que queiman carbón, petróleo ou gas. 2ª As centrais nucleares se para xerar electricidade 3ª Tamén poden aproveitarse os saltos de auga para xerar electricidade. 4ª O sol e o vento tamén poden aproveitarse para producir electricidade

Imos axudándolles a completa-lo cadro. Rematamos extraendo a conclusión de que realmente temos un resume, elaborado a partir de ir poñendo a idea principal do texto e as dos diferentes parágrafos, eliminando os detalles que aparecen en cada un destes. A continuación, trataríase de que en grupos ou individualmente, completaran un cadro utilizando unha lectura deste tipo as veces que estimemos necesario ou ben pasar a poner en práctica a estratexia nos textos habituais cos que estudan. Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 10


COMPRENSIÓN LECTORA

Textos nos que non aparece de forma clara a idea principal.

“Moitas mercancías transpórtanse por terra. Por exemplo, camións grandes e pequenos transportan mercancías e materiais de tódalas formas e tamaños. Os trens transportan cargas enormemente pesadas e voluminosas. Os avións levan cargas polo aire. Nos negocios emprégase o transporte aéreo porque é moi rápido, aínda que tamén é máis caro. Os helicópteros tamén se utilizan para transportar mercancías polo aire. Os barcos e outras embarcacións utilízanse frecuentemente para transportar mercancías por lagos, ríos, canles e polo mar, como, por exemplo, as grandes cargas de petróleo, carbón e cereais”.

Idea principal do texto: O transporte de mercadorías. Ideas dos diferentes parágrafos: 1ª Moitas mercancías transpórtanse por terra. 2ª Algunhas mercancías transpórtanse polo aire. 3ª Algunhas mercancías transpórtanse por auga.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 11


COMPRENSIÓN LECTORA

Unha vez traballado co alumnado este tipo de esquema, pasar a que eles completen individualmente un esquema ou que o fagan en grupo, a partir dun texto como o anterior tódalas veces que entendamos que é preciso.

Proposta extraída de: - J.F. Bauman (1985) La eficacia de un método de instrucción directa en la

enseñanza de la comprensión de ideas principales. Infancia y Aprendizaje, 31-32: 89-108 - J.F. Bauman (1990) La enseñanza directa de la habilidad de comprensión

de la idea principal en La comprensión lectora. Como trabajar la idea principal en el aula, pp: 133-173. Madrid: Visor.

OUTRA POSIBILIDADE PARA TRABALLAR COMPRENSIÓN LECTORA

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 12


COMPRENSIÓN LECTORA

TEXTO:

“Os seres vivos clasifícanse en animais e vexetais. Os animais necesitan moverse para busca-lo alimento, polo que teñen os sentidos, como o olfacto ou a vista, moi desenvolvidos. Non obstante, os vexetais non teñen mobilidade, porque non necesitan desprazarse para buscar alimento, nin teñen os órganos dos sentidos tan desenvolvidos como os animais. Outra diferenza importante entre animais e vexetais refírese á función de nutrición. Os animais necesitan alimentos orgánicos como a carne, pescado, froitas ou verduras, mentras que os vexetais absorben alimentos minerais, como auga ou sales minerais por medio das raíces ou das follas. Así, podemos dicir que os animais e os vexetais diferéncianse polas funcións de relación e nutrición”.

En primeiro lugar, trátase de ir mostrándolle ó alumnado, coa súa participación, como se pode dividi-lo texto en dúas partes e ver que dí en cada unha: (1) Os seres vivos clasifícanse en animais e vexetais. Os animais móvense e teñen os sentidos desenvolvidos, mentras que os vexetais nin se moven nin teñen desenvolvidos os sentidos (2) Os animais aliméntanse de forma diferente ós vexetais. Os animais e vexetais diferéncianse polas funcións de relación e nutrición.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 13


COMPRENSIÓN LECTORA

Logo, tratamos de encontrar un título. Por exemplo, “Os animais e os

vexetais”. Aquí, aproveitamos para analiza-la diferencia entre o “tematítulo” (de qué trata o texto) e a idea principal (qué se dí sobre o tema), que podería ser ”Os animais e os vexetais diferéncianse polas funcións de

nutrición e relación”. Iremos vendo que esta frase recolle o contido das dúas partes da lectura. Seguidamente,

ir

dicindo

ideas

menos

importantes

ou

detalles.

Seguramente teremos ocasión de ver que as ideas se poden expresar de diferentes modos, e estar ben nas diferentes propostas. Un terceiro paso, consistirá en elaborar diante do alumnado un esquema gráfico. Neste caso temos un texto comparativo, polo que a representación podería adoptar a forma a algo parecido a unha balanza na que iremos colocando datos nos “brazos”. BANCO DE TAREFAS HABITUALMENTE EMPREGADAS EN MATERIAIS ESCOLARES PARA TRABALLAR COMPRENSIÓN LECTORA

A partir de textos curtos, se lles ofrecen frases das que terán que seleccionar a que reflicta a IP

Exemplo: “A gandeiría pode ser de dúas clases. A que se cría en espacios

naturais, como o gando vacún, o ovino e porcino. A que se cría en granxas, como as galiñas e coellos”.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 14


COMPRENSIÓN LECTORA

Sinala-la idea principal: -

A vaca danos leite.

-

A gandeiría pode ser de dúas clases.

-

A gandeiría críase con pastos naturais.

-

Os pastos naturais son máis sans.

Claro que neste tipo de actividades podemos incluír outras tarefas como a de completar un esquema gráfico. Por exemplo, neste caso sería un do tipo da “balanza” que se propoñía anteriormente.

Ofrecerlles un texto “mutilado”

Eliminar determinadas palabras, de forma que o alumnado deberá ir completando o texto. Esto supón un exercicio tanto de vocabulario coma de comprensión.

Extrae-lo significado desa “palabra” polo contexto.

Serían aquelas nas que se lles proporciona un texto no que se introduce unha palabra inventada, a cal, por suposto, non ten sentido no contexto. A tarea consiste en extrae-lo significado desa “palabra” polo contexto.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 15


COMPRENSIÓN LECTORA

Frases que reponden á formulación de preguntas

Darlles frases que reponden á formulación dunha determinada pregunta acerca do lugar, tempo, modo... e pedirlles que sinalen a frase axeitada. Por exemplo, á pregunta de “cando?”, ofrécenselle resposta como as seguintes: - Pasado mañá iremos ó cine. - O avión sae dentro duna hora. - Corrín moi veloz.

Ordenar cronoloxicamente

A/ Darlles palabras ou frases moi curtas para que as ordenen cronoloxicamente. Por exemplo: -

Sacar un billete – subir ó autobús -- espera-lo autobús – sentarse – baixar do autobús.

-

Verán – primavera – inverno – outono.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 16


COMPRENSIÓN LECTORA

B/ Darlles una serie de frases que deberán ordenar para formar un texto. Por exemplo: -

Encheron a barca de peixes.

-

O pai preparou a caña de pescar.

-

Cando estaban na praia fixeron un bo lume e asaron algúns peixes.

-

Unha mañá, Luis e o seu pai foron a pescar coa súa barca.

-

Comeron os peixes asados.

OUTROS TIPOS DE ACTIVIDADES

 Darlles frases desordenadas para que as ordenen.  Poñer títulos ó final de textos.  Darlle unha frase e face-lo debuxo correspondente. Darlles varias frases e varios debuxos, de forma que terán que selecciona-lo debuxo correspondente a cada frase.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 17


COMPRENSIÓN LECTORA

A COMPRENSIÓN LECTORA DENDE UN

ENFOQUE MÁIS AMPLO

Exemplos con textos expositivos

“A función de relación”

ANTES DE LER:

Establece-lo obxectivo/propósito (para que imos ler): Que é a función de

relación, como se relacionan os seres vivos e que utilizan para isto. Con alumnado dos primeiros cursos, podemos mostrarlles un mapa conceptual da lección que lles axude en todo o proceso. Como o obxectivo é que no seu momento sexan capaces de elaborar mapas ou esquemas autónomamente, outra posibilidade sería ir elaborando o mapa diante deles a medida que imos traballando o texto.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 18


COMPRENSIÓN LECTORA

Traballo de coñecementos previos:  Mostrarlle como lemos: mirando títulos, ilustracións, letra en

negriña...  Comentario do título: que significa.  Sabemos que utilizan os seres vivos para nota-lo que sucede ó seu

arredor, desprazarse, comunicarse...  Imos a ver iso e outras cousas..... (diferenzas entre vexetais e

animais, entre animais e persoas...).  Favorecer que se planteen preguntas, ofrecéndolles nós exemplos para que vexan como se fai: como se relacionan os seres vivos, que

órganos utilizan, que aparatos, que diferenzas hai...  Tamén podemos empregar una actividade de avaliación inicial por escrito.

DURANTE A LECTURA:

 Formular predicións, coa axuda que precisen, sobre que pensan que se falará en cada apartado a medida que os imos lendo, tendo en conta o título e o comentado.  Ir comprobando as predicións feitas apartado a apartado (sobre o que pensabamos que ía a tratar).  Podemos intercalar preguntas ó ir lendo, subliñando

o

máis

importante e/ou ir efectuando anotacións ó marxe.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 19


COMPRENSIÓN LECTORA

 Como as lecturas dos libros de texto habitualmente xa dispoñen de títulos, que máis ou menos reflicten o tema de cada apartado, podemos intentar facer un resume da cada un e escribilo (A

función de relación é unha das funcións vitais, Características da función de relación nas plantas, Características da función de relación nos animais e nas persoas.....).

DESPOIS DE LER:  Traballa-la estrutura do texto (podemos entendela como unha comparación): neste caso a partir de preguntas sobre as diferenzas.  Elaborar un esquema diante do alumnado utilizando un apoio gráfico (debuxo dunha balanza, por exemplo) ou simplemente un esquema clásico ou un mapa conceptual ou un cadro no que ir incluíndo as ideas.  A medida que vaiamos avanzando nos cursos, podemos ofrecerles esquemas ou mapas conceptuais incompletos para que os completen. Ó remate de EP, poderiamos intentar que elaboren autónomamente esquemas básicos. AVALIACIÓN

 Respostas literais: para que sirve o aparello locomotor?  De elaboración: por exemplo, outros elementos dunha

categoría

(outras funcións vitais), relación causa/consecuencia (por que é

necesario o sistema nervioso, os sentidos...), que sucedería se... (os animais non tiveran sistema nervioso, se o cerebro das persoas fose igual que o dos demais animais...), que é necesaria para realiza-la función de relación ... Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 20


COMPRENSIÓN LECTORA

“Os sentidos”

ANTES DE LER:

En primeiro lugar, establecémo-lo obxectivo do que imos aprender. Este obxectivo podería ser: aprender para que sirven e como funcionan os sentidos (nalgunhas editoriais xa aparece este tipo de tarefas). O segundo paso consistirá en traballa-los coñecementos previos (hai editoriais que inclúen tarefas ó respecto). Con este fin, podemos facer actividades como as que siguen: Lémo-lo título: de que nos parece que tratará o tema? Lémo-los títulos dos diferentes parágrafos. Intentamos xenerar preguntas que se responderán durante a lectura: para que sirven os sentidos, cales son, como están formados, como funcionan ... Podemos plantear unha avaliación inicial, para que ó remate contrasten o que sabían co que aprenderon. Por exemplo, como se explica a continuación:

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 21


COMPRENSIÓN LECTORA

Marca con SÍ ou NON nos espacios da esquerda:

Antes de ler

Despois de ler Os sentidos sirven para coñece-lo que sucede ó noso arredor O órgano do tacto é a pel A vista permítenos coñece-la dureza, a temperatura ou a dor Hai un oido externo, un medio e outro interno O órgano do sentido do olfacto é o nariz Os nervios levan a información dos sentidos ó cerebro Os sentidos non funcionan sen o cerebro

A continuación, podemos mostrarlle un diagrama para que se “fagan unha idea” do contido que se tratará na lección. Agora ben, a medida que vaiamos avanzando na escolaridade, sería desexable ir elaborando diante do alumnado diagramas destas características e esquemas, á vez que imos lendo o texto e explicando o tema que esteamos a traballar. Neste caso, obviamente, esta tarefa realizaríase dentro do paso que denominamos “Durante a lectura”. Finalmente, o obxectivo sería que o alumnado poidera chegar a elaborar algo semellante ó remate da lectura e explicación, coa axuda que precisen.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 22


COMPRENSIÓN LECTORA

OS SENTIDOS

SIRVEN PARA

EXEMPLOS

coñece-lo que nos rodea

tacto, oído, olfacto,

gusto e vista

dos órganos ó cerebro ESTÁN FORMADOS POR

A INFORMACIÓN VAI dos órganos ó cérebro pasando polos nervios

órganos

DURANTE A LECTURA:

En cada apartado do tema, cabe formular predicións sobre o contido do que imos ler, le-las preguntas dos recadros e mirar os debuxos. Lembramos que debemos ir vendo se o texto responde a esas preguntas e ás que nos fixemos nós. Ir resumindo apartado a apartado apoiándonos nun traballo de modelado do subliñado, de escribir anotacións ó marxe do texto, etc. Como as lecturas dispoñen de títulos, que habitualmente reflicten máis ou menos o tema de cada apartado, tamén podemos basearnos neles para facer un resume da cada apartado e escribilo.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 23


COMPRENSIÓN LECTORA

Por exemplo: -

Os sentidos sírvennos para coñece-lo que sucede ó noso arredor. Temos cinco sentidos: a vista, o oído, o olfacto, o

gusto e o tacto. O tacto infórmanos da textura, a dureza, a temperatura, a presión e a dor. A pel é o órgano do tacto. Nela podemos distinguir unha parte

profunda e unha superficial. Cando tocamos algo, a información pasa ós nervios do tacto que levan esta información ó cerebro. -

A vista é o sentido que nos permite coñecer cores, formas, tamaños e distancias. Os órganos deste sentido son os ollos, que teñen diferentes partes; unhas serven para protexelos (como son as cellas, as

pálpebras, as pestanas e as glándulas lacrimais) e outras para ver (como son o iris, a pupila, o cristalino e a retina). Para ver, a luz entra no ollo pola pupila, pasa polo cristalino e a retina ata o nervio óptico. Logo, pasa ó cerebro. -

O oído permítenos coñece-los sons. Os seus órganos son os oídos e teñen tres partes: externa,

media e interna. Para poder oir, os sons entran pola orella, chegan ó tímpano, pasan á cedea de ósos e ó caracol. Logo, van polo nervio auditivo ata o cerebro.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 24


COMPRENSIÓN LECTORA

-

O gusto permítenos coñece-los sabores. A lingua é o seu órgano e na súa superficie están as papilas gustativas. Cando metemos un alimento na boca, a información pasa das papilas ós nervios gustativos e logo ó cerebro.

-

O olfacto permítenos coñece-los olores. O seu órgano é o nariz e nel podemos distinguir varias partes:

as fosas nasais e a pituitaria. Para funcionar, o aire coa información entra polas fosas nasais, chega á pituitaria e pasa

ó nervio olfactivo, de onde vai ó

cerebro.

DESPOIS DE LER:

Podemos ofrecerlle un esquema, pero tamén sería máis interesante elaboralo diante do alumnado, coa súa colaboración e empregando ou non un apoio gráfico, adoptando formato de mapa conceptual ou dun cadro no que ir incluíndo as ideas. A medida que vaiamos avanzando nos cursos, podemos ofrecerlles esquemas ou mapas conceptuais incompletos para que os completen. Ó remate de EP, poderiamos intentar que elaboren autónomamente esquemas básicos.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 25


COMPRENSIÓN LECTORA

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 26


COMPRENSIÓN LECTORA

Exemplo cun texto narrativo

“Os Vagalumes”

ANTES DE LER:

Entre os posibles obxectivos, podemos propoñernos averigüar, por exemplo: como conseguiron os vagalumes te-la luceciña verde, ou ver se o vagalume era bo ou malo, ou contarlle o conto ó final á clase (con toda axuda que necesiten), etc. Coñecementos previos:  Lémo-lo título e tratamos de indagar que saben: que son os vagalumes, como son, onde viven, que comen, outros animais parecidos, en que momento do día saen dos seus escondites, que outros personaxes haberá ...  Podemos intentar inducilos a formular preguntas que podemos facernos sobre o contido do texto, como, por exemplo: que problema tiña, onde ía, con quen se encontrou, como se sentía, de que falaron, como solucionaron o problema ...

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 27


COMPRENSIÓN LECTORA

DURANTE A LECTURA:

Comenzamos a ler. Ó rematar cada parte, podemos resumírllela oralmente con toda a participación posible dos nenos e nenas, contando eles o que sucede.

Neste texto, un posible resume por apartados podería ser: -

Unha noite saíu un vagalume de paseo e chocaba con todo.

-

Encontrou unha nena que estaba aburrida e díxolle que os seus amigos poderían alegrala, pero non podía andar ás oscuras.

-

A nena colleu un raio de lúa e lanzouno sobre o vagalume. Volveuse de cor verde e foi a busca-los seus amigos.

-

Desde entón, os vagalumes teñen unha cor verde.

Ó mesmo tempo, irlles pedindo que digan que lles parece que pode suceder a continuación. Isto comprobámo-lo ó ler. Con isto, o que se pretende e centra-la atención en xeral na lectura e tamén, co tempo, no que é realmente fundamental.

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 28


COMPRENSIÓN LECTORA

DESPOIS DE LER:

Podemos intentar traballar o resume en base a un esquema do seguinte tipo, cumprimentando os apartados una vez lido o texto ou una vez que imos rematando una parte:

Quen, onde e cando O problema: que ocurríu

Como se solucionou

Como remata

Entre as posibles cuestións, algunhas poden ser: - De que cor era o pelo da nena? - Por que estaba triste? - Que quere dicir que os ollos da curuxa penetran á escuridade? - Alegrouse a nena ó final? Por que? - Como conseguíu o vagalume a “linterna”? - Dicir outros animais nocturnos. - Como se sentiría a nena cando o vagalume lle dixo que ía a busca-los amigos? - Que sentiría o vagalume ó ve-la nena triste?

Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño

Página 29


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.