Envases empregados en viveiros

Page 1

ENVASES EMPREGADOS EN VIVEIROS

AUTOR: VÍTOR VICENTE DÍAZ XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE PLANTAS FEBREIRO 2012


NOTA DO AUTOR O presente traballo de investigación, aspira a poder ser de utilidade ao lector/a no que atinxe á identificación dos distintos envases que se empregan nas labores viveirísticas. Se ben esta tarefa podería reducirse á simple relación de exemplares, modelos e variedades (da que hoxendía obran extensos recursos), o autor decidiu, “ante rem”1 realizar unha pequena escolma a modo introductorio. Ora ben, como acabo de sinalar, existen numerosos catálogos que atenden á identificación dos envases de viveiro “actuais” (por asi denominalos), pero fican no tinteiro, moitos daqueles que hai anos entraron en desuso e que procurei, na medida do posible recoller tamén nas seguintes páxinas. Os cadros que forman parte deste traballo son de elaboración persoal e proceden da síntese de diversos autores, cuxa referencia se indica sempre no pé da páxina. As acotacións de extensión establecidas para a realización do mesmo, condicionaron o presente traballo, que desenvolvín baixo un criterio persoal, atendendo aos apartados que considerei máis fundamentais para a comprensión do tema. Por este motivo prégolle, señor/a lector disculpe se considera insuficiente a descrición exposta ou se acha irrelevante determinados apartados ou descricións. 1

“Ante rem”. Latinismo: “Antes de tal cousa. Antes de tal acontecemento”

2


INTRODUCCIÓN 2 As primeiras árbores que se produciron en viveiros para a comercialización eran plantas a raíz núa. Nun primeiro momento árbores de froita, despois árbores de sombra (tamén a raíz núa) e máis tarde en cepellón ou “balled‐in‐burlap” (B&B). Método no que as plantas se comercializan despois de extraelas da terra con raíces e envoltas en fibras (ás veces plásticos) para manter correctamente o exemplar a trasplantar. Este procedimento mantense a día de hoxe e é habitual, sobre todo para a producción de árbores grandes. A industria de colectores para viveiros comezou ao final de Segunda Guerra mundial (segundo terzo do século XX) coa producción de árbores pequenas e unha variedade de arbustos para froito, en latas de metal. A industria progresou moito ata ampliar e diversificar o número de plantas anuais, herbáceas perennes, parras, cubertas de terra, herbas ornamentais, arbustos e árbores. O emprego combinado de distintas prácticas de crecemento vexetal paraa comercialización produciu extraordinarios avances nesta materia, acadándose boas medidas tanto na producción de campo ‐co uso de equipamento mecánico para a colleita‐ como en colectores plásticos de diferentes medidas (que poden superar comodamente os 1000 litros de capacidade)

En decidir se realizar producción de viveiro a raíz núa ou en colectores, deberían ser considerados moitos factores relativos ao deseño do viveiro e factores económicos. Algúns destes factores intentámolos resumir nos seguintes cadros3: Táboa 1. “Vantaxes e inconvenientes da producción en envase.” Vantaxes 1) Mellor control sobre os factores que afectan ao crecemento da planta (substrato, rego, fertilización). 2) Producción de planta de características e de calidade máis uniforme. 3) Aplicación máis regulada e máis precisa das variables de rega e fertilización.

2

Resources for Greenhouse and Nursery Operations and Operators. Joyce G. Latimer and Gregory K. Eaton. 2002. 3

Cadros de elaboración propia a partir da información bibliográfica seguinte:

Plant Propagation, Principles and Practices (6th edition) by Hudson Hartmann, Dale Kester and Fred Davies, Jr. 1997. Prentice Hall. Seeds of Woody Plants in North America by James Young and Cheryl Young. (Formerly USDA Forest Service Ag. Handbook 450) 1992. Dioscorides Press. The Reference Manual of Woody Plant Propagation by Michael Dirr and Charles Heuser. 1987. Varsity Press, Inc.

3


4) Permite unha maior mecanización e reduce a man de obra. 5) Reduce os problemas de desecación e danos durante o transporte. 6) Maior resistencia das plantas ao estrés de plantación se hai condicións adversas. 7) Facilita o proceso de plantación. 8) É o único sistema de producción para especies que non toleran o repique convencional. 9) Maior probabilidade de arraigo ao non ter mutilacións o sistema radical. 10) Permite alongar as campañas de plantación en climas con longos invernos ou secas temperás. 11) Máis opcións de marketing (formas, medidas e tempo do ano). 12) Densidades de planta máis alta. 13) Capacidade de empregar os lugares inadecuados para a producción no campo. 14) Control do tempo de plantación e colleita. 15) Algunhas plantas son máis doadas de colleitar e desenvolverse en contedores.

16) Peso máis lixeiro para manexar e transportar.

Inconvenientes 1) Maior custo das infraestruturas, sobre todo se se realiza o cultivo en invernadoiro. 2) Sistema radical completo pero controlado no seu crecemento, o que pode provocar problemas na planta. 3) Falla de ampliación do coñecemento sobre algunhas variables de cultivo coma o substrato ou a fertilización. 4) Dificultade para a producción de especies que precisan volumes grandes para a raíz. 5) Custo de producción 5‐10 veces superior ao da planta a raíz núa (para a mesma especie e idade) 6) Maior dificultade de micorrización da planta ao empregar substratos estériles. 7) Posibles problemas na recuperación de envases. 8) Problemas de reacción da planta para medrar fóra do cepellón. 9) Para un volume de producción grande precísase auga de calidade máis alta. 10) Rápido esgotamento de nutrintes. 11) Control máis difícil das pragas (malas herbas, insectos, enfermidades). 12) Maior mortandade por temperaturas de raíz letais (calor en verán, frío en inverno). 13) Golpes (por traballo intensivo; residuos das cubertas materiais...).

14) Espiralización radicular frecuente.

4


Táboa 2. Consideracións “Planta a raíz núa fronte producción en envase.” Superficie requerida

Plantación a raíz núa Maior superficie

Plantación en envase Menor superficie

Número de empregados

1 por cada 20.000/40.000 m² Menor (menos plantas/m² e ciclo de producción máis longo) Longo (1‐6 anos)

1 por cada 4.000 m²

Rendabilidade económica por m² Ciclo de producción

Custes de producción por m²

Intensidade de cuidados

Estacionalidade

Tipos e medidas de plantas

Maior (máis plantas/m² e ciclo máis rápido)

Notas Cuestión importante no relativo á rendabilidade da superficie Producción de campo tiene empleados más estacionaIs

Curto (6 meses – 2 anos) Custes menores para Inversión máis grande en construcción de preparación de sitio, área de producción, de traballo e contedores, auga, mantemento substrato, e forza de traballo máis grande Rego diario; control para vento, control de malas herbas, maior Requisitos de rega e índice de problemas fertilización máis asociados a baixos; sega, barbeito enfermidades e e control de malas insectos e protección herbas nas filas de temperaturas extremas Ambolos dous tipos Periódico con colleita Ano‐completo de producción teñen limitada durante algúns baixóns periodos de invernais crecemento activo Producción máis eficaz de arbustos En sistemas de pequenos, plantas Sistema de anuais e plantas producción ideal para producción híbridos perennes; as plantas grandes calibres de as maiores medidas poden ser árboles; tempo de de planta obtivéronse transplantadas a venda limitado en contedores contedores máis despois da colleita grandes se non se venden

5


Máis extensa e cara Parte importante a preparación do sitio para a drenaxe e aplicación de reciclaxe de auga. Prácticas de Mellor As camas dos Administración (BMPs contedores requiren ‐Best Management unha grava, plástico Practices‐) ou cobertura de tecido Ámbolos dous O rego diario resulta A rega non é sistemas de obrigatorio; obrigatoria; sen producción poden recoméndase unha embargo, regando Rega axúdase a establecer dose duns 30 l/m² por utilizar rego por goteo capas e producir un día durante los meses ou por aspersión; de máxima crecemento máis resulta importante la producción rápido aplicación de BMPs Calquera sistema vía rego (fertirrega), con A fertilización a man equipamento de resulta dura; sin embargo os Menos fertilizantes inxección especial; fertilizantes por m²; normalmente recoméndase a incorporados nos o esforzo da Uso e aplicación de liberación controlada substratos facilitan aplicación resulta fertilizantes de fertilizantes para mucho o traballo, menos intensivo ambos sistemas de pero requiren producción; débese equipamento especial prestar atención ás BMPs Máis difícil que se xeren problemas porque o control de malas herbas no entorno de Control Mecánico de Arredor das áreas de crecemento resulta malas herbas no producción débese Control de malas sinxelo. Se se cultivo por medio da controlar a presión herbas introducen na sega ademáis das das malas herbas, semente podemos prestando especial opcións químicas ‐vía rega e substrato‐, (herbicida) atención ás BMPs amortiguar os efectos por medio da aplicación de herbicida Máis intensivo debido O control regular ou a posibles enfermidades e Un pouco menos preventivo reducirá Enfermidade e control intensivo; as plantas insectos; control máis problemas en máis grandes requiren difícil en aplicacións de insectos calquera sistema; debido a densidades equipamento débese prestar de planta máis alta e especializado para o especial atención ás circulación de aire uso de pesticidas BMPs reducido Preparación e mantemento da área de crecemento

Xeralmente require menos. Un dos problemas son os tratamentos posteriores á extracción da producción

6


Tensión de calor de verán máis grande debido a temperaturas altas na zona radicular polos contedores. Rego importante para Quentamento evitar seca; menos producido polo preocupación pola reflexo de camas no tensión de calor contedor; pódense empregar estruturas de sombra ou realizar regas (ciclo corto, rego elevado) A colocación dos contedores xuntos supón unha protección sinxela Protección de inverno Xeralmente require que axuda ao pouca protección mantemento da calor en estruturas de protección invernal Restricción a determinadas estacións cando a mistura de terra é axeitada e as plantas En calquera Melloras da están en letargo; as momento. Cargando producción por rega plantas son extraídas Colleita as plantas das súas a man ou máquina, a camas raíz núa o con cepellón; se requírese protección de raíz durante o “holding” (almacenamiento frío, agrupación, envoltas en fibra, B&B) As plantas producidas Os contedores poden O trasporte de longas ser apilados un enriba distancias é factible a raíz núa (B&B) poden ser atadas ou de outro, en caixas ou Transporte en plantas de en estantes; o peso embaladas en caixas contedor, pero o máis lixeiro reduce os custe para as plantas grandes. Pódense custes trasportar separadas de producción a raíz en camións ou xuntas núa ou cepellón (B&B) en paléts individuais é prohibitivo Tensión de verán

7


Necesidades de equipamiento

A eficacia na Require maquinaria producción obténse máis cara en base á calidade do (equipamento); substrato e ao Pode requerir maiores investimentos de rega equipamento para o recheo do contedor

CARACTERÍSTICAS DOS ENVASES 4 No mercado existe unha gran variedade de envases, con forma e tamaño diversos. Isto permite a elección do envase axeitado ás condicións requeridas, tendo en conta que debe asegurar un equilibrio entre a parte aérea e a parte radical. As características principais que definen un contedor son: 1) Tamaño do contedor. Caracterizado polo volume e altura, o tamaño ideal depende de: Factores biolóxicos: ‐ Tamaño da semente ou estaquiña. ‐ Tamaño final da planta que vaia ser producida (nº de savias) ‐ Condicións ambientais do sitio da plantación. ‐ Comportamento e resposta da raíz ao medio de crecemento. Factores económicos: ‐ Custe dos envases. ‐ Dispoñibilidade de tipos e volumes de contedores. ‐ Deseño e dispoñibilidade do espazo no viveiro. En xeral as frondosas requiren para a súa producción maior volume de contedor (de alveolos), e baixa densidade. Para coníferas recoméndanse volumes mínimos de 150‐175 cm³, e para frondosas entre 300‐400 cm³. A sección tende a ser cuadrada ou rectangular, xa que forzan máis un crecemento lonxitudinal da raíz. 2) Densidade. Hai que buscar un equilibrio entre a densidade e a calidade da planta. Densidades excesivas para a especie producen plantas con pouco diámetro. Isto pode incluso dar lugar ao afiamento (“ahilamiento” ou “line up”) que é a fraxilidade do talo, curvándose polo seu propio peso. Se a densidade é demasiado baixa, prodúcese planta con pouco crecemento en altura.

4

Plant Production in Containers by Carl Whitcomb. 1984. Lacebark Publications Inc. American Standard for Nursery Stock. 1996. American Association of Nurserymen. Publicacións non comerciais: Recipientes para a producción de planta en envase. Susana F. Publicación non comercial: Viveros. Cultivo de planta en envase. Rafael Serrada Hierro. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal. Departamento de Silvopascicultura. U.D. Selvicultura y Pascicultura

8


3) Sistemas de control do crecemento radical. Para evitar espiralizacións e deformacións, introdúcense modificacións nos contedores: ‐ Estrías lonxitudinais: Actúan como barreiras ao crecemento da raíz, forzando a elongación vertical ata a parte inferior do envase e favorecendo unha boa ramificación do sistema radical. ‐ Autorrepicado: Para que a raíz non continúe medrando, chegando a enraizar nas camas e dando lugar a un sistema radial pouco axeitado, os envases teñen na parte inferior un orificio. Aí prodúcese un repicado natural da planta por contacto da raíz co aire. Este orificio debe permitir ademáis unha drenaxe axeitada do exceso de auga de rega. 4) Material do envase. Dominan na actualidade os plásticos ríxidos e semirríxidos. As paredes interiores deben ser suaves xa que se os envases dosen granulares ou porosos deixarían orificios internos que poden dar lugar ao crecemento da raíz no interior (isto pode dificultar a extracción da planta e producir perdas de biomasa radical) 5) Facilidade para controlar e extraer a planta. Algúns alveolos están fabricados de tal forma que permiten a apertura do envase sen necesidade de extraer a planta. Isto facilita as inspeccións durante o crecemento e a extracción, evitando danos á raíz ou ao cepellón. 6) Capacidade para intercambiar alveolos. Algúns envases permiten manexar individualmente cada alveolo. Desta maneira podemos extraer todos os indesexables aforrando espazo en producción e transporte. 7) Durabilidade e recuperabilidade. Os contedores deben ser o bastante resistentes e manter a forma e integridade durante todo o período de producción. Algúns contedores están deseñados para ser empregados unha soa vez e outros poden empregarse varias campañas (de 3 a 5, polo xeral) 8) Manexo, almacenaxe e transporte. Unha das vantaxes das bandexas de producción é que facilitan o manexo da planta en viveiro, asi como o seu transporte e utilización no terreo. Algunhas casas comerciais subministran palés ou caixas especiais adaptadas ao tamaño das bandexas que permiten o apilamento para o transporte da planta, o emprego de palés mecánicos, etc… 9) Costes e dispoñibilidade. Algúns envases poden ter unhas características moi boas pero tamén supoñer unha inversión excesiva para certos viveiros. Ou pode que resulte dificil atopalos a nivel local. Ademáis destes criterios, debemos ter moi en conta dúas características que son fundamentais:

9


Propiedades da parede: Parede permeable á raíz (sistemas FERTISS, VAPPO ou PAPPER‐POT)5 Parede ríxida (FP, SL, WM, etc...) que permiten a impregnación con sales de cobre Parede perforada. Sistema de repicado lateral: Repicado aéreo (parede perforada e permeable) Repicado químico con sales de cobre (Parede ríxida e PAPPER‐POT) Repicado mecánico (VAPPO)

TIPOS DE ENVASES EMPREGADOS EN VIVEIROS 6 1.‐ Envases non reutilizables Colócanse xunto coa planta. 1.1.‐ PAPPER‐POT Envase fabricado en papel especial reforzado con fibras. Descompóñense ao se desenrolar a planta no terreo. O alveolo está formado en papel e pechado coa cola insoluble en auga. En certas especies pode provocar puntos de malformación de raíces entre alveolos contiguos. 1.2.‐ JIFFI‐POT Envases de turba prensada e fertilizada. Fabricábanse en diferentes tamaños e formas. Teñen pouca consistencia e duración, plántase co envase pero podían producir espiralización da raíz principal. Foron pouco difundidos, principalmente nos países nórdicos. Adóitanse presentar en unidades individuais. 1.3.‐ Bloques de propagación ou FERTISS É un cepellón listo para usar e destinado á multiplicación de vexetais producidos por esgallos, sementes ou material in‐vitro. O substrato está contido nunha fina tela que é rapidamente atravesada polas raíces. A partir dese momento, a plántula pódese manipular e por tanto ser posta en maceta. 5

Os envases desenvólvese de xeito máis pormenorizado no apartado seguinte: TIPOS DE ENVASES EMPREGADOS EN VIVEIROS. 6

Container Nursery Design by Bonnie Lee Appleton. 1986. American Nurseryman Publishing Company, Inc. Best Management Practices, Guide for Producing Container‐Grown Plants by Tom Yeager, Donna Fare, Charles Gilliam, Alex Niemiera, Ted Bilderback, and Ken Tilt, 1997. Southern Nurserymen's Association. Nursery Management (3rd edition) by Harold Davidson, Roy Mecklenburg and Curtis Peterson. 1994. Prentice Hall. La planta y el vivero forestal‐J.M Montoya Oliver ‐ Mª.A. Camara Obregon. Publicación non comercial: Viveros. Cultivo de planta en envase. Rafael Serrada Hierro. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal. Departamento de Silvopascicultura. U.D. Selvicultura y Pascicultura. Publicacións non comerciais: Viveros forestales. I. Hidalgo

10


1.4.‐ Sistema VAPPO Sistema consistente en placas de turba continuas de dimensións 40x60cm , que se sitúan en bandexas con acanaladuras laterales. 1.5.‐ ECOPOT Envases formados por rectangulos de papel laminado pegados en forma de prisma hexagonal,moi semellantes ao PAPPER‐POT pero, no caso dos ECOPOT, permítese despegar as tiras rectangulares de papel con facilidade, deixando o cepellon ao descuberto. ; mentres que o PAPPER‐POT permite la individualizacion de cada envase, pero non separar doadamente do envase do seu cepellón. 2.‐ Envases que se eliminan previamente á plantación. 2.1.‐ Bolsas de plástico Ata a aparición dos novos tipos de envase, as bolsas plásticas foron un envase moi típico na producción de planta forestal. Trátase de bolsas de polietileno transparentes ou opacas, con perforacións inferiores para facilitar a drenaxe. Defínense pola súa galga (espesor da lámina de plástico, normalmente de 100 a 200, unha galga é igual a un cuarto de milésima de mm), pola súa manga (lonxitude da semicircunferencia cando está chea,normalmente de 7 a 15 cm), pola súa lonxitude total (normalmente de 15 a 25 cm e que é 2 cm menor cando está chea), e polo seu volume (para manga 10 e lonxitude 17, 475 cm3). Presenta certas vantaxes: Baixo custe. Dispoñibilidade en calquera lugar. Fácil adaptación a distintas especies. Pero na planta forestal orixinan problemas de espiralización das raíces, asi como de enraizamentos no solo ao se colocar directamente sobre o mesmo. Na actualidade considérase que o seu uso non é xeralmente recomendable. Poderían seguir empregándose en especies que teñan un sistema radical fasciculado e pouco penetrante. O baixo custe inicial é criticable porque a posteriori supón unha maior demanda de man de obra e dificulta a mecanización. As bolsas de polietileno, aínda que se catalogen como en desuso, aínda se usan en certos países e algunhas zonas de España. 2.2.‐ Envases prismáticos de barro Fabricáronse de diferentes dimensións, en barro prensado ou cocido. Os inconvenientes son a súa fraxilidade, alto peso e custo e que para extraer o cepellón é necesaria a súa rotura. 3.‐ Envases recuperables Son o tipo de envase que máis se está a empregar polas súas características de producción e facilidade de uso.

11


3.1.‐ Alveolos individuais sobre bandexas Trátase de alveolos individuais que van sobre un soporte cunha densidade determinada. Hai varios tipos, pero o máis coñecido é o SUPERLEACH. Son envases construídos en plásticos semirríxidos de forma troncocónica con resaltos e ondulacións interiores e lonxitudinais que impiden a espiralización das raíces. Ao estar suspendidos producen o autorrepicado do sistema radical. Están provistos de pestañas inferiores que impiden a caída do substrato. Dispóñense en bastidores de malla metálica ou en placas de plástico ríxido. 3.2.‐ Colector de madeira laminada (CML) Actualmente en desuso, consistía un tronco de cono fabricado cunha chapa de madeira, normalmente de chopo, suxeita cunha grapa, que ten o inconveniente da súa pouca duración e alto custo de fabricación. Tamén se empregaron como colector para transporte e transplante de planta cultivada a raíz núa, extraída con cepellón, no monte, especialmente con piñeiro carrasco. 3.3.‐ Canutos de cana Construíanse con anacos de talo de Arundo donax7 cortando en lonxitude de 20 a 30 cm e suprimindo as oclusións interiores que se corresponden cos nós. O diámetro interior debía ser de 1,5 cm polo menos. Teñen escasa capacidade e duración, con difícil extracción do cepellón. Na actualidade están en absoluto desuso. 3.4.‐ SUPER‐LEACH (SL) Alveolos móbiles e polo tanto sustituibles nas súas bandexas de cultivo, dotados cun sistema antiespiralizante e de autorepicado. Con patas de PVC e sinxelo apilado para o transporte. Son reutilizables.Con dimensións e capacidades variables. 3.5.‐ FOREST‐ POT Alveolos troncoconicos fixos en bandexas de 43x30cm e polo tanto non sustituibles, aínda que de apilado sinxelo en vacio. Son reutilizables e teñen sistema de antirrevirado e autorepicado de raíces. É mecanizable neles o proceso de enchido e sementeira. As súas patas facilitan o autorepicado e o apilado para o transporte a monte (até sete pisos integrables nun palet). Isto facilita o almacenamento transporte e coidado en campo. 3.6.‐ CIC (Colorado International Corporation) Troncopiramidais, con estriado moi denso. Son envases independentes que hai que encartar manualmente e dispor en bastidores. 3.7. WM Formado por dúas valvas simetricas que encastran frontalmente,construídas en lámina de plástico semirríxido. Dispóñense en bandexas con fondo de reixa. 7

Arundo donax: Cana común ou canabrava. (Especie de planta herbácea da familia Poaceae.)

12


3.8.‐ Contedores en forma de libro (ROOTRAINERS) Trátase de contedores que poden ser abertos ou pechados sen que produzan danos na planta. Están dotados de estrías para impedir a espiralización das raíces; asi como de orificios para o autorrepicado. Teñen a vantaxe de que permiten ver doadamente as condicións do medio de crecemento en calquera momento do ciclo de producción. Presentan una capacidad individual de 300cc aproximadamente. 3.9.‐ Reciclado de envases de conservas Nas orixes da industria do envasado en viveiro, tentouse reciclar envases de diferentes formas e tamaños dos empregados en alimentación e outros. Descartáronse pola súa escasa esbeltez, dificultar a extracción do cepellón e provocar enrollamentos radicais 3.10.‐ PLANTEK 63F Son bandexas realizadas por inxección nun polímero virxe,de 30x40cm e con capacidade de 63 celas que constitúen cada un dos envases cun volume de 90 cm³ cada un. 3.11.‐ Taco de turba Envases prismáticos de plástico ríxido que non saen do viveiro (a planta vai co cepellón ao aire en caixas de cartón ou madeira). Con acanaladuras e capacidade de 200 cm³. Escaso volume e facilidade de transporte.

3.12.‐ Contedores en bloque Consiste nun bloque xeralmente de forma rectangular que contén un determinado número de alveolos distribuídos de xeito regular. Estes bloques adoitan ser lixeiros de manexar. Poden ser, segundo a súa funcionalidade ou material: 3.12.1.‐ Bandexas de produción de plástico ríxido As marcas comerciais máis habituais son FOREST‐POT e ARNABAT. Hai diferentes bandexas segundo a capacidade dos alveolos, o número de alveolos por bandexa e o tipo de plástico. 3.12.2.‐ Bandexas de plástico expandido Son bandexas nun solo bloque sobre o cal van os alveolos de forma cilíndrica ou lixeiramente troncocónica. Ás veces úsanse na planta forestal pero o seu uso é máis frecuente en horticultura. O tempo de permanencia da planta forestal é limitado. 3.12.3.‐ Bandexas de sementeira Utilízanse para realizar sementeiras, constando con alveolos de reducido tamaño. Este tipo de sementeiras adoitan facerse con planta de temporada (pensamentos, petunias, salvias, etc…) Tamén nalgunhas leñosas facendo logo da xerminación un trasplante. Tamén se poden utilizar para esgallos. Os materiais das bandexas son variables, frecuentemente polietileno ou poliestireno. O polietileno é un plástico negro ríxido e o poliestireno unha escuma branca. 13


4.‐ Macetas. Empréganse maiormente en especies de xardinaría. Os tamaños das macetas están normalizados en Europa baixo a norma ES (Europe System) e exprésanse polo diámetro exterior superior. Por exemplo, as macetas do tamaño 12 teñen un diámetro externo superior de 120 mm.) Pola súa banda, o diámetro do fondo representa sempre unha porcentaxe fixa do diámetro externo superior. Esta porcentaxe é do 69% en macetas de plástico e do 76% en terrarios. Outro valor relevante é o ángulo de inclinación (conicidade) que se expresa en graos. Os valores de conicidade son: ‐ 8° en macetas de plástico ‐ 13° en macetas de pedra ‐ 5° en terrarios ou “containers” Non se consideran macetas normalizadas as que teñan un diámetro superior a 14 cm, nin as colgantes, as ornamentais; tampouco as de pedra de máis de 14 cm, nin os terrarios ou containers de máis de 27 cm de diámetro. Os terrarios ou containers teñen bordes superiores anchos, son de maior medida que as macetas e a parede ten unha menor inclinación e portan as plantas durante máis tempo. Dentro das macetas de plástico, hainas enteiras ou con reixa, dependendo da utilización (as de reixa son apropiadas por exemplo para plantas acuáticas ou para cultivos hidropónicos) 5.1.‐ Macetas de barro troncocónicas. Aínda que en desuso, séguense empregando en planta ornamental, tamén con fabricación en plástico. Para a planta forestal descartáronse polo seu peso e fraxilidade e por provocar un acusado enrollamento das raíces na base da maceta. Tamén se empregaron como colector para transporte e transplante de planta cultivada a raíz núa, extraída con cepellón, no monte, especialmente con piñeiro carrasco.

14


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.