comedia

Page 1

COMEDIAS NA BIBLIOTECA A comedia é un xénero teatral que expón problemas de persoas comúns ( non nobles, como ocorría na traxedia) que teñen defectos, vicios e debilidades. Os temas xiran arredor do amor, a burla, a estafa e o engano. Hai sempre un malentendido que provoca un conflicto. O desenlace sempre é feliz. A finalidade é provocar a risa no espectador.

COMEDIA ANTIGA

Nace en Grecia nas festas Dionisícas en honor do deus Baco. A estrutura das mesmas deriva dos ritos de fertilidade. A comicidade consistía nunha mestura de ataques satíricos a personalidades públicas do momento, atrevidos chistes e parodias.


Aristófanes, Lisístrata

Aristófanes, As nubes e As aves COMEDIA NOVA A trama xira arredor da complicación dunha situación: amores contrariados, malentendedidos, recoñecemento( anagnórese) e final feliz.

> Plauto, Miles gloriosus Anfitrión Comedia de la olla. > Terencio, Comedias

Séculos máis tarde, Núñez Singala, fíxolle un chisco de ollos a Plauto con O achado do castro.


COMEDIA DELL ARTE

Teatro popular e vibrante baseado na improvisación e de creación colectiva. Sen empregar o texto escrito, os actores mostraba unha grande capacidade de improvisación. As acrobacias, a música, o mimo e a cor son compoñentes fundamentais neste tipo de comedia. Os personaxes levaban máscaras.

No século XX, Valle-Inclán volveu os ollos a este tipo de comedia para escribir:

Farsa y licencia de la reina castiza Farsa infantil de la cabeza del dragón Farsa italiana de la enamorada del rey


COMEDIAS DE SITUACIÓN Obras que se caracterizan polo ritmo rápido da acción e pola intriga. A estrutura axústase ao seguinte esquema: sorpresa__> equivocación_> golpe de efecto.

Shakespeare, William, Mucho ruido y pocas nueces

Las alegres comadres de Windsor Trabajos de amor perdidos La fierecilla domada A buen fin no hay mal principio Comedia de las equivocaciones


COMEDIAS DE MAXIA Inclusión de elementos e efectos marabillosos, máxicos ou espectaculares facendo intervir a personaxes imaxinarios dotados de poderes sobrenaturais .

Shakespeare, William, Sueño de una noche verano COMEDIAS DE CAPA E ESPADA "Las de capa y espada son aquellas cuyos personajes son solo caballeros particulares como D. Juan y D: Diego... y los lances se reducen a duelos, a celos, a esconderse el galán, a taparse la dama y, en fin, a aquellos sucesos más caseros del galanteo." Sempre hai un galán e unha dama ( que manteñen a intriga amorosa), un gracioso ou criado ( que lles axudan) e o pai ou poderoso ( que se opoñen a ese amor e "fan posible" a comedia)

Lope de Vega, La dama boba La discreta enamorada La mal casada La dama boba Calderón de la Barca, La dama duende Casa con dos puertas mala es de guardar No hay burlas con el amor


Guillén de Castro, El caballero bobo La tragedia por los celos Séculos máis tarde, xa sen capa e sen espada, tamén enredaron( moito)

Mihura, Miguel, A media luz los tres Ninette y un señor de Murcia Jardiel Poncela, Enrique, Cuatro corazones con freno y marcha atrás Usted tiene ojos de mujer fatal Angelina o el honor de un brigadier Fo, Darío, No hay ladrón que por bien no venga y otras comedias COMEDIAS DE FIGURÓN Sempre quedaba un galán solto burlado ao final dunha peza de capa e espada. Tal burla estaba fundada nalgún asunto amoroso. Nace, con este personaxe, a comedia de figurón. Burlados son:

Guillén de Castro, El Narciso en su opinión Rojas Zorrilla, Francisco de, Entre bobos anda el juego Moreto, Agustín, El lindo D. Diego


ENTREMESES E PASOS Pezas moi breve, de carácter realista, que "servían ( a modo pinchiños)" nos entreactos das comedias.

Cervantes, Miguel de, Entremeses Lope de Rueda, Pasos

COMEDIAS DE CARÁCTER Nestas comedias é máis importante o carácter do personaxe ( que encarna unha debilidade ou vicio) que a situación e a trama.

Moliere, El avaro El misántropo Tartufo El enfermo imaginario


COMEDIA BURGUESA Os protagonistas poñen de manifesto os problemas e conflictos desta nova clase social. As accións e decorados son moi realistas. É a comedia que triunfa.

Benavente, Jacinto, La malquerida Los intereses creados COMEDIA DO ABSURDO ( Na mesma época desenvólvese outro tipo de comedia, que non triunfa tanto, que se basea no ilóxico e no absurdo das situacións vividas polos personaxes)

Mihura, Miguel, Tres sombreros de copa


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.