Valentín Paz Andrade

Page 1


Perfil do homenaxeado Valentín Paz-Andrade foi un home dunha forte personalidade, tivo un grande calado en diversos campos: literario, político, cultural, social e empresarial. Persoa fiel ós seus principios: Soubo loitar con intelixencia emocional polo que quería e polas súas crenzas. En moitas ocasións tivo que empregar alcumes: M.,Mareiro, Xan

Quinto.

Defensor de ideais pero sobre todo das persoas e da xustiza, tanto como para xogar a vida. Paz- Andrade sufríu dous atentados, así coma o desterro, pero continuou, chegando a defender xurídicamente a persoeiros importantes na nosa vida actual. A súa visión de Galiza tiña proxección de futuro. Foi creador de empresa en tempos moi difíciles ó igual que Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. O nacionalismo no que creía era o dunha identidade propia pero aberta ó exterior. Non o entendía coma un illamento. Foi unha persoa que valorou a importancia do galego nas relacións internacionais pola súa proximidade ao portugués, tanto lingüística coma culturalmente, de feito que este tema centra o seu discurso de entrada na Real Academia Galega

Obra De profesión avogado, pero con vocación de xornalista, ámbito no que empezou a desenvolver as súas dotes de escritor dende moi novo: Alma galaica, La Noche, Gaceta

de Galicia, La Correspondencia Gallega, El Noroeste, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo...,entre outros. Cabe destacar que foi fundador do xornal Galicia, para o cal

Castelao deseñou a cabeceira. Esta empresa durou pouco tempo (1922-1925) pola censura da ditadura de Primo de Rivera, pero foi un exemplo de modernidade xornalística. A súa forma de redactar as noticias resulta en ocasións mesmo poética, dada a súa sensibilidade polos temas que toca. É moi interesante o comenzo do artigo adicado á morte de Castelao: “Durante la séptima noche del año naciente-vértebra dorsal del siglo-…”= 7-1-1950 Foi o único artigo comprometido que se publicou en toda a prensa nacional, o que fixo que dúas semanas máis tarde pecharan o suplemento cultural do xornal La Noche. Cultivou con maestría o ensaio sobre o desenvolvemento e o valor económico de Galiza. “Galicia como tarea” é un referente sobre o potencial económico do noso país. Home de grande sentimento, posúe unha obra poética chea de lirismo e contido social e político. “Pranto matricial” é unha emocionada loa ao seu amigo, ao que chamaba irmán, Castelao. “Sementeira do vento” e “Cen chaves na sombra” conteñen poemas creados dende os seus anos de exilio ata o fin dos seus días. A novela foi un xénero menos cultivado, pero si existe unha obra de xuventude, escrita a raíz da súa participación na guerra de Marrocos: “Soldado da morte”.


Pedagóxicamente, que ofrece? - A importancia de tomar a vida como vén, afrontando a adversidade con pensamento positivo (resiliencia). - Ensinarlle ós nenos e as nenas as repercusións que a intolerancia, o non respectar o pensamento dos demáis pode ter. - Que a guerra non é algo que sae nas películas, é algo real, que desgraciadamente acontece hoxe en día en moitos países e que no noso, aínda está moi recente. - O verdadeiro valor da amizade, con todas as implicacións que conleva. - Saber perdoar, aínda que as cousas sexan tan duras que non se podan esquecer. - Que aínda que hoxe en día hai moitos problemas sociais, debemos tratar de comprender que hai saída si buscamos solucións conxuntas. É importante lembrar o que moitos homes e mulleres tiveron que pasar para que exista democracia. É algo moi valioso que hai que coidar. - A miña liberdade remata no momento no que podo pisar os dereitos dos outros.

En que consiste a nosa proposta? :

GALIZA COMO TAREFA. HISTORIA DE MAREIRO. A vida de Valentín Paz Andrade tivo sempre no horizonte a Galiza; o sentido dos carteis vertébrase a partir do primeiro, a través das seguintes palabras, que son o lema nos seguintes cartaces: Galeguidade

Pensamento Compromiso Loita Amizade Creación Industria Liberdade Cultura

As actividades están propostas para realizar unha interpretación dos carteis en calquera ciclo de Ed.Primaria e Ed.Infantil, é o profesorado o que valorará aqueles aspectos que o seu alumnado asimilará e que se adapten mellor ó ritmo de aprendizaxe. Ó igual que no traballo realizado por o noso centro, valoramos a investigación como fonte de asimilación do coñecemento, por este motivo son abundantes os enlaces a páxinas web, blogs e montaxes audiovisuais na rede. Temos que sinalar, que ó analizar os carteis, hai que fixarse que hai dúas imáxes en cada un (que reproducimos nesta unidade): Un corresponde directamente ó homenaxeado e, o do fondo, achega o contexto histórico das distintas etapas na vida do autor e os seus coetáneos.


PRIMEIRO cartel: “Galiza como tarefa”. Neste cartel presentamos un libro emblemático na obra de Valentín Paz Andrade, e na literatura galega en xeral. Orixinalmente foi escrito en castelán, xa que se trata dun compendio de conferencias que Valentín deu no Centro Galego de Bos Aires. Era impensable publicar en España nos anos 50 un libro con esta temática e foi Ediciones Galicia quen o levou a cabo nesa mesma cidade.

Portada e contraportada do libro orixinal, deseñada por Luis Seoane. Imaxes de: www.todocoleccion.net

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Búsqueda e posta en común do significado das palabras – chave que aparecen no cartel. Esta actividade previa servirá de introducción para a análise dos seguintes carteis. Investigación: Por que non se podía publicar libremente en España? Para saber máis:

es.wikipedia.org/wiki/Franquismo es.wikipedia.org/wiki/Franquismo guerracivil.sabanet.es/pagina4.htm www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/.../reino.../censura.ppt?... gerindabaibi.blogspot.com/2008/.../la-censura-franquista-en-galicia.h… www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/03/24/0003_8375426.htm


Segundo Cartel: "Galeguidade" Valentín nace en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de 1898. A data semella un presaxio para alguén que pronto sentirá interese e inquedanza pola literatura. Influenciado polo seu tío, o tamén escritor Juan Bautista Andrade, que lle inculcou o amor por Galiza. A primeira escola recibiríaa da súa familia, para máis tarde ir estudar ao Colexio Balmes e ao Instituto de Ensino Secundario de Pontevedra. No ano 1916 Juan Bautista Andrade preséntalle a outra persoa chave na súa vida: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Aquí tedes un mapa antigo da provincia de Pontevedra, do ano 1902 (cantos anos tería Valentín?) Buscade neste mapa ou noutro máis actual as vilas de Pontevedra e Lérez, e a ría e o río que levan eses mesmos nomes. Averigua o nome do monumento que aparece na imaxe.

Por que cres que a ponte está adornada con cunchas?


Investiga sobre outras pontes que hai na cidade de Pontevedra. Cal é a orixe do topónimo Pontevedra? Juan Bautista Andrade sostén un libro nunha man. Como se titula? Sabes quen o escribiu? A quen ten no colo? Valentín naceu o día 23 de abril de 1898. Sabes que se celebra actualmente nesta data? Averigua que outros personaxes importantes naceron neste día.

Casa natal de Paz-Andrade en Pontevedra gl.wikipedia.org/.../

Ficheiro:Casa_natal_Valentín...

Para saber máis: www.caminoasantiago.com/pagina.php?id=1036 http://www.visit-pontevedra.com/ es.wikipedia.org/wiki/Lérez cedofeita.arcanaverba.org/ www.minube.com/tag/rios-pontevedra-c33652 tierra-leyendas.blogspot.com www.diadellibro.eu/ portal.unesco.org/.../ev.php-URL_ID=5125&URL_DO=DO_TOPIC... www.juntadeandalucia.es/averroes/~29602220/.../Dia_del_Libro3.ht...


Terceiro cartel: Pensamento No ano 1917 trasládase a Santiago de Compostela para estudar a carreira de dereito. Esta estadía será decisiva no que sería o devenir político de Paz-Andrade. No ano 1919, participa na II Asamblea Nacionalista celebrada na cidade universitaria. Castelao o elixe de entre os máis novos como orador, naquel acto iniciático. Por aqueles anos, o movemento galeguista comezou a tomar forza entre os universitarios. Constituíuse o Grupo autonomista galego de estudantes, afin ás irmandades da fala e do que Paz-Andrade sería nomeado presidente. Nesta época colabora no xornal santiagués Gaceta de Galicia. No ano 1921 licenciase, pero produciráse un parón na súa vida xa que é chamado para participar no conflicto bélico con Marrocos. continuará escribindo como cronista de guerra.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Aquí tes un mapa de Galiza. Saberías dicir onde se atopa a cidade de Santiago de Compostela? Segue a ruta por estrada dende Pontevedra ata Santiago. http://galiciaagraria.blogspot.com/2011/08/jamones-gallegos.html


Valentín trasladouse dende Pontevedra a Santiago de Compostela para estudar. Saberías dicir onde se atopa esta cidade no mapa de Galiza? Naqueles anos o medio de transporte máis empregado era o ferrocarril. Traza a ruta que seguiría para chegar ao seu destino. Santiago é unha cidade importante pola súa Universidade, por iso moitos rapaces trasladábanse alí dende as catro provincias para estudar carreiras universitarias. Averigua en que consiste a carreira de Dereito e a que profesión corresponde.

As Irmandades da Fala eran asociacións de persoas que defendían o emprego da nosa lingua en todos os ámbitos da vida. Que importancia pensas que pode ter hoxe para nós a promoción do galego que fixeron naqueles momentos os membros das Irmandades da fala? Para saber máis: www.galiciaespallada.com.ar/25_de_xullo_irma... www.slideshare.net/.../1-a-poesa-... - Estados Unidos www.editorialgalaxia.es/nomundo/index.php?id... gl.wikisource.org/.../Manifesto_da_I_Asemblea_... www.usc.es/fac_dereito/index.htm es.wikipedia.org/wiki/Universidad_de_Santiago_de_Compostela

blogoteca.com

Foto da Rúa do Villar en Santiago de Compostela Autor: Ksado / www.todocoleccion.net

Carnet das irmandades da fala gl.wikipedia.org

Valentín Paz-Andrade en Marrocos

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/10/13/0003_8780235.htm


CUARTO CARTEL: COMPROMISO Se lle encomenda a dirección dun xornal que se chamará "GALICIA" e que verá a luz na cidade de Vigo, onde Paz-Andrade desenvolve o seu traballo como avogado. contará entre os seus colaboradores CON VICENTE RISCO, ROBERTO BLANCO TORRES E CASTELAO. Cos tempos que corren algún artigo costalle o cárcere e o peche do xornal no ano 1925. Non abandonará o seu gusto polo periodismo e entre os xornais e revistas cos que colabora se atopa "Industrias pesqueras" na que empeza a escribir en 1927, xa que neses anos o seu coñecemento do sector pesqueiro xa é considerable ó traballar para a asociación de armadores de bouzas "LA MARÍTIMA". As súas inquedanzas intelectuais e galeguistas non cesan e o levarán a ser presidente do "GRUPO AUTONOMISTA GALEGO" no ano 1930. ó ano seguinte é candidato a deputado a cortes.

http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es

Antigua cadea de Vigo, hoxe museo MARCO http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:El_Pueblo_Gallego.JPG

arquitecturavigo.blogspot.com


PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Coñecedes algún xornal que teña como centro de información a Vigo e a súa comarca? Sobre que tipo de noticias informa? Buscade nun xornal destes días algunha noticia e conversade sobre ela procurando atopar distintos puntos de vista. Hoxe en día as nosas leis garántenos o dereito a opinar, pero nos tempos da censura non era así. Que pensades da posibilidade de ser encarcerado por expresar ideas ou opinións distintos aos dos gobernantes?

O título do xornal chámase ENCABEZAMENTO. Observa distintos xornais e compara os seus encabezamentos. Como son as letras? Que cores usan? Todas teñen a mesma colocación? Ademáis do título, que outra información trae o encabezamento? En pequenos grupos, deseñade unha cabeceira e un título para un xornal da vosa clase. Podedes facelo no computador, como collage ou debuxando. Cando rematedes poñédeas en común. Para saber máis: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es vidamaritima.com bvg.udc.es/paxina.jsp?... http://www.farodevigo.es/opinion/2011/06/06/vpa-galicia-tarefa/551494.html http://prensahistorica.mcu.es http://consellodacultura.org/mediateca/extras/c_conflictos_belicos.pdf

galiciaespallada.com.ar http://www.carloscallon.com

revoltadafreixa.blogspot.com


quinto cartel: loita Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis...Nese ano Paz-Andrade é candidato ao Parlamento pola agrupación republicana de centro. Seguro que tanto el coma os seus compañeiros non imaxinaban que meses máis tarde viría un tempo escuro, de guerra, no que os ideais polos que se loitaba non tiñan cabida e defendelos levaba, no mellor dos casos, ó desterro. Valentín é desterrado a Verín e, máis tarde a Serra de Queixa. Neste lugar tan afastado do mundo no que el estaba acostumado a desenvolverse, comeza a escribir poemas, posiblemente como válvula de escape ó illamento que estaba a vivir.Non sería ó derradeiro lugar ó que o mandarían. A seguinte parada foi Villanueva de la Serena (Badaxoz), pero pouco foi o tempo que alí votou. A súa profesionalidade como avogado e coñecedor dos temas pesqueiros lle permiten sair deste desterro.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Estampas de Galicia mártir Akal Editor, 1976

Dunha loita sen armas feridoras Dunha loita de peitos acendidos na chama e na chamada, Dunha loita da fala pola fala, Dunha loita da terra derramada, Por unha terra en fror. (Cen chaves na sombra. Ediciós do Castro,1979)


PROPOSTA DE ACTIVIDADeS: Para unha persoa que ama a súa terra sufrir o desterro é un doloroso castigo. Valentín foi desterrado por mor da súa ideoloxía política en varias ocasións: a Verín, á Serra da Queixa, e logo a Villanueva de la Serena (Badaxoz). Nesta época foi cando empezou a escribir poesía, quizais para expresar as súas emocións e sentimentos, como válvula de escape ao illamento que estaba a sufrir.

Estes versos dun poema falan da loita sen armas. A que clase de loita cres que se pode referir? É o mesmo loitar por algo que pelexar? Como se pode facer unha loita pacífica? Cal sería o motivo da loita de Valentín PazAndrade e os seus compañeiros de intencións? Con frecuencia as persoas temos diferentes puntos de vista ou distinta opinión sobre un asunto. Cando xurde un conflito entre vós, na escola, no xogo, ou calquera discusión, como facedes para amañalo? Permitides que alguén se impoña aos demais pola forza ou tentades empregar o diálogo e o razoamento? Falade en grupo deste tema e valorade a importancia da resolución pacífica dos conflitos. “Non abonda que a túa terra sexa fermosa; é preciso que tamén sexa libre” Quen privaba de liberdade a Galiza naqueles momentos? Que podían facer as persoas que se preocupaban pola nosa terra e a nosa lingua? Para saber máis: www.nomesevoces.net

www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071200_8_241617_SociedadyCulturarepresion-franquista www.farodevigo.es/socieda-cultura/2011/07/01/galicia-desentierra-archivosrepresion/559366.html gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Galicia www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/11/05/0003_8085385.htm e-spacio.uned.es/fez/eserv.php?pid=bibliuned:ETFSerie5 http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/desterro-paz-andrade-requeixo-m-

Edificio en San Simón picasaweb.google.com

Preso no lazareto de “San Simón” bran/idEdicion-2012-01-09/idNoticia-722055/

Imagina65.blogspot.com

Traslado de presos ó lazareto de San Simón

todoslosrostros.blogspot.com

Campo de concentración de Camposancos

Artigo de “El Pueblo Gallego” 28-6-1936

aguarda.com www.memorialdecamposancos.com


Sexto cartel: AMIZADE Tras eses duros anos nos que foi vendo marchar a moitos compañeiros de ideas e inquedanzas culturais e sociais, remonta a adversidade. Casa no ano 1939 con Pilar Rodríguez de prada e teñen un fillo no ano 1940, ó que lle porán de nome Alfonso, na honra do seu amigo-irmán Castelao. Por esas datas sabe que o seu compañeiro de inquedanzas por galiza chega a bos aires. Ansía poñerse en contacto con el. O único xeito de facelo era por carta, pero dende outro país. Consegue un salvoconducto para ir a Portugal e, dende Lisboa, envíalle unha longa carta. Non recibirá novas de castelao ata pasado un ano, a causa dos problemas coa censura. Nesta época, na cidade de vigo, onde residía paz-andrade, formouse o faladoiro do bar alameda, sendo un lugar de encontro para conversar sobre a cultura galega e as novas dos exiliados galegos en América. Para Valentín era unha festa cando chegaba unha carta do seu amigo. Esta alegría remataría "...a séptima noite do ano nacente vertebra dorsal do século...""

Caricatura de Valentín Paz-Andrade por Castelao

Exposición filatélica homenaxe a Valentín Paz-Andrade

A emigración foi en Galiza unha constante nos anos nos que vivíu Valentín Paz-Andrade. Nuns casos marchaban ás Américas en busca de fortuna, e noutros casos fuxindo dun réxime dictatorial que encarceraba ás persoas que pensaban distinto. Un dos mellores amigos de Valentín, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen el chamaba o seu irmán pola forte amizade que lles unía, mentres durou a guerra, foi vivindo e traballando pola liberdade e contra o alzamento nacional, naquelas zonas de España onde a República continuaba a ter vixencia. Cando a guerra rematou e houbo que marchar definitivamente do país foise a Francia, pola persecución que aquí sufría. Dende alí, embarcou para América, onde comezou un periplo que foi dende Nova Iorque, pasando por Cuba e outros países de América Latina, ata que instalouse en Bos Aires. A morriña que del sentiu Paz-Andrade foi tan intensa que arriscaría moito porse en contacto con el. todocoleccion.net


PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Naquela época as viaxes a América facíanse en barco de vapor e duraban arredor de 20 días. Sabes como funcionaban este tipo de barcos? Averiguade como son os barcos que levan pasaxeiros hoxe en día e canto poden tardar en chegar a América.

tesorosdelayer.com

http://clio.rediris.es/exilio/argentina/exilio_argentina.htm

Valentín mantiña contacto por carta con varias persoas emigradas. Observa os nomes dos remitentes das cartas que hai no cartel. Coñeces a algún destes personaxes? Sabes a que se adicaban? Por que cres que marcharan a América?

Antón Alonso Ríos

aguarda.com

http://www.roteirodoafranio.org

Eduardo Banco Amor

clubdelecturaapombadoarco.blogaliza.com clubforumtarde.blogsome.com

Luis Seoane

xerais.es

diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

www.papelenblanco.com xornalgalicia.com

Para saber máis: http://clio.rediris.es/exilio/argentina/exilio_argentina.htm tesorosdelayer.com http://www.roteirodoafranio.org http://www.hrea.net/index.php?doc_id=851 http://arelarte.blogspot.com/2010/04/luis-seoane-ilustrador-grabador.html http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/blanco_amor_bio.htm http://www.culturagalega.org/albumdaemigracion/detalle.php?id=180 http://mas.laopinioncoruna.es/suplementos/2011/06/18/castelao-con-paz-andrade/ http://www.youtube.com/watch?v=76bbtRxo8-k&feature=related

Cuota de asociados ó Centro Galego da Habana cubanosporsiempre.blogspot.com

galiciaberta.com

Parte do edificio do Centro Galego de Bos Aires buenosairesantiguo.com.ar


SEPTIMO cartel: Creación A vocación de Paz-Andrade como escritor lle ven de moi novo e non a abandonaría nunca, pero a morte de castelao marca un punto de inflexión no seu percorrido literario. Sen nunca abandonar os seus ideais, é a partir destes anos cando comeza a elaboración e publicación dos seus libros máis emblemáticos. grazas ó labor editorial levada a cabo no exilio americano por persoas como Seoane ou Cuadrado (entre outros), moitos libros de temática galega ou escritos no noso idioma, poden ser publicados. Comeza o seu percorrido poético con "Pranto Matricial", publicado por Ediciones Galicia no ano 1955 e no que homenaxea a Castelao. Moitos anos antes xa tiña comezado a cultivar a poesía aínda que é mais tarde cando edita: " SEMENTEIRA DO VENTO" (Galaxia 1968), "CEN CHAVES NA SOMBRA" (Ediciós do Castro 1979). Os seus ensaios son numerosos, sendo de obriga nomear "GALICIA COMO TAREA" (Ediciones Galicia 1959), "CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA" (Ediciós do Castro 1982) ou "LA ANUNCIACIÓN DE VALLE - INCLAN" (Editorial Losada 1967).

uniliber.com

redelectura.blogspot.com opacmeiga.rbgalicia.com

valentinpazandrade.es

tendacultura.com


PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Paz Andrade escribiu en moitos formatos: artigo periodístico, ensaio, novela, poesía...Entre as súas obras máis destacadas están as que aparecen no cartel. Busca os títulos nos andeis da imáxe. Publicou os seus libros en varias editoriais, algunhas de aquí e outras estranxeiras. O motivo xa o explicamos, moitos galegos crearon editoriais no exilio. Clasifica as seguintes segundo sexan galegas ou sudamericanas: Ediciós do Castro, Ediciones Galicia, Editorial Botella , EMECE, Losada, Edición As Burgas, Galaxia.

Ediciós do Castro foi fundada por un grande amigo de Valentín Paz Andrade que faleceu recentemente: Isaac Díaz Pardo. Averiguade se hai na biblioteca do voso colexio algún libro desta editorial, tamén podedes investigar sobre o autor/es dos que atopedes, ano de publicación, e calquera outro dato que vos interese.

Se vos fixades, a maioría das editoriais, ademáis do nome, levan un logotipo que fai que as recoñezamos. Collede na biblioteca da vosa escola, libros de distintas editoriais e fixarvos si esto acontece. Hai relación entre o nome e o logotipo?

librogenica.blogspot.com prazadasletras.com

Para saber máis: http://www.slideshare.net/revoltadafreixa/pazandrade-fala-da-sa-obra http://www.slideshare.net/lourenzo/9-a-literatura-galega-do-exilio-entre-1936-e-1976 http://www.slideshare.net/bibliotecaelvina08/isaac-daz-pardo-un-home-bo-e-xeneroso http://www.editoresgalegos.org


Oitavo cartel: Industria Ó longo da súa vida profesional, Paz-Andrade fíxose un experto en temas

pesqueiros con recoñecemento internacional. No ano 1942, comeza a dirixir a revista lider no sector da que viña sendo colaborador habitual "Industrias pesqueras". A súa capacidade foi recoñecida internacionalmente ó ser escollido como técnico da FAO, organismo de As Nacións Unidas adicado á alimentación para participar no asesoramento de industrias e organizar encontros en países de América do Sur. En 1954 a FAO publica un ensaio de recoñecido prestixio Internacional "PRINCIPIOS DE ECONOMÍA PESQUERA", pero é ampla a súa bibliografía sobre o tema. Citar "SISTEMA ECONÓMICO DE LA PESCA EN GALICIA”(Editorial Citania 1958),"EL CAPITAL COMO FACTOR DEL DESARROLLO DE GALICIA"(Banco del Noroeste, 1970) entre outros moitos. Froito desta especialización Valentín se convirte nun dos promotores da firma pioneira no emprego de buques pesqueiros conxeladores "PESCANOVA", da que Foi nomeado vicepresidente. Foi promotor da primeira Exposición Mundial da Pesca celebrada en Vigo no ano 1973.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: A pesca en Galicia é un sector moi importante. Cales son os principais portos pesqueiros na nosa comunidade? Que tipos de barcos de pesca coñeces?

quierodibujos.com


En Vigo realizáronse varias edicións da Exposición Mundial da Pesca (World Fishing Exhibition). A primeira foi en 1973, e posteriormente celebrouse cada 6 anos, dos cales a sede foi Vigo nos anos 1985, 1991, 1997, 2003 e 2009. Nesta Exposición realízanse moitos actos para apoiar o sector pesqueiro, e a labor de Valentín foi esencial na súa organización. Con motivo dela realizáronse no ano 1973 selos de correos e mataselos conmemorativos do evento. Sabedes cal é a función dos mataselos? Deseñade algún selo relativo á pesca .

Exposición homenaxe Valentín Paz-Andrade

Todocoleccion.net

A industria pesqueira en Vigo experimentou moitos avances grazas ás innovacións que trouxo Valentín doutros países. Unha mostra delo é Pescanova, que empezou a conxelar o peixe en alta mar recén pescado. Que importancia ten o peixe na nosa alimentación? Cal é o pescado que máis vos gusta? Coñecedes algunha técnica de pesca? Iniciativa de Paz-Andrade para incentivar o consumo de peixe.

Paz-Andrade foi técnico en temas pesqueiros dunha organización mundial, de cal? Fíxate con atención no seu logotipo e explica por que ten ese debuxo, a que alimento fai referencia?

Para saber máis: http://gl.wikipedia.org/wiki/Porto_de_Vigo http://gl.wikipedia.org/wiki/Pescanova http://www.fao.org http://www.pescanova.com http://books.google.es/books?id=v2Z3VL73CuAC&pg=PA50&lpg=PA50&dq=buques+conxeladores+pescanova&source=bl&ots=55kOuz-aH4&sig=nX8tNTwXP8WbHeqjZjGDi1_lIEM&hl

http://www.youtube.com/watch?v=SlpN54omw9o http://www.youtube.com/watch?v=--wkj_rTh_4


Noveno cartel: Liberdade Na primavera de 1974, xurde na clandestinidade o movemento das "Xuntas democráticas", que tiñan por obxectivo canalizar a transición política. PazAndrade é convocado á primeira xuntanza que é celebrada en París. En Galiza tamén se creará unha, pero terá lugar en Viana do castelo (Portugal) no ano 1975, onde os temas centrais serán os principios de democracia e autonomía. No ano 1976, entra a formar parte da "Comisión negociadora da oposición democrática" como representante de Galiza e como independente. En 1977 e tras as primeiras eleccións democráticas é elixido senador pola "Candidatura democrática galega". O dereito á autonomía de Galiza ía medrando e, no 4 de decembro de 1977 teñen lugar manifestacións populares nas principais cidades de galiza, que foron secundadas masivamentena ansia pola instauración dun autogoberno.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: Cando hai eleccións, os candidatos fan campaña electoral para dar a coñecer as súas intencións. Inventade vós algún lema para facer propaganda a prol da nosa lingua. Coa chegada da Democracia, elaborouse a CONSTITUCIÓN, pero que é? Lede en clase algún dos artigos, credes que hoxe en día se cumplen? Cal era a candidatura de Paz-Andrade? Para saber máis:

http://www.senado.es/solotexto/senadores/12148/ficha.html

http://www.slideshare.net/piluchi/la-constitucin-de-1978-7769228 http://www.youtube.com/watch?v=RZe2dRJPLKc&feature=related


Decimo cartel: CULTURA En 1964 é nomeado membro da Real Academia Galega, pero non ingresará nela ata o ano 1978, pronunciando o discurso sobre "A Galecidade na obra de Guimarães Rosa". Será Álvaro Cunqueiro Mora o que lle de a resposta de ingreso. Este outro discurso será un percorrido pola vida e obra literaria, política, empresarial, social e cultural de Paz -Andrade, pero sen descuidar o sentido universalizador do idioma galego que Valentín fai na súa disertación sobre o autor nado en Brasil. Nas propias palabras de Cunqueiro:"...hai en PazAndrade unha vocación literaria. Hai que decir que é o idioma galego o que o preocupa. Porque nunha dimensión moi ampla Galiza é o idioma galego, e porque o noso compañeiro sabe que non se nos pode matinar a existencia de Galiza sen o seu idioma...No discurso que remata de ler, está a preocupación pola expansión ultramariña da fala nosa". Este ensaio será publicado por Ediciós do Castro en 1978. No ano 1985 sairá da mesma editorial a derradeira obra de Valentín,"Galiza lavra a sua imagen". Morre en Vigo o 19 de Maio de 1987. É enterrado en Lérez na intención de regresar ó lugar do seu nacemento.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES: No emblema da Real Academia Galega aparecen as palabras “COLLIGIT, EXPURGAT, INNOVAT” que queren dicir “Recolle, corrixe, innova”. Que representan estas palabras nas funcións que realiza esta entidade? Que importancia ten a súa labor para a nosa lingua? Consultade no voso diccionario da lingua galega quen é organismo ou editorial que o elaborou. Buscade no diccionario da lingua galega o significado das palabras: lusofonia , e irmandade, se non as atopades buscade outras similares e tentade descubrir o que queren dicir. A que autor lle adica o seu discurso Paz-Andrade? De onde era? Investiga o que poidas sobre el. No fondo do cartel tes moita información. Para saber máis: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/guimaraes.htm http://herancagalaica.wordpress.com/ http://www.youtube.com/watch?v=yEswKRmGZ74


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.