REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

Page 1

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

Novembro 2012

número

14

INTENSA PROMOCIÓN DA PROVINCIA DE LUGO NA VUELTA A ESPAÑA

O VENCEDOR, ALBERTO CONTADOR, ENTRE OS NOVOS AMIGOS DA MARCA FEITOS NESTA CAMPAÑA DA APEHL E A SECRETARÍA XERAL PARA O TURISMO

O TAPEO DE COMPETICIÓN SEGUE EN AUXE. REPASAMOS AS LISTAS DE GAÑADORES Entrega de premios do IV Cume Tapas de Monforte

Galería de fotos do posto lucense na proba ciclista

Resultados do primeiro Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Apehl


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ GALA DA HOSTELERÍA

2

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1


EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

A IMPORTANCIA DUNHA BOA PROMOCIÓN DA PROVINCIA Non estamos nun bo momento, nin en xeral nin no sector hostaleiro en concreto. A crise acentúase cada vez máis e os seus efectos repercuten na redución do número de viaxeiros, en especial dos estranxeiros, e mais no gasto. Caen as cifras do turismo en España, en Galicia e en Lugo, e os recursos para facerlles fronte tamén minguan, o que nos ten que levar obrigatoriamente polo camiño da optimización. As campañas de promoción dos destinos deben estar ben dirixidas cara aos turistas potenciais, e se as estadísticas botan de menos as pernoctas dos turistas de procedencia foránea, haberá que intentar atraelos. Os investimentos que se realicen nos sectores hostaleiro e turístico han de ser rendibles e, para iso, xa se sabe, a unión fai a forza. No caso concreto da provincia de Lugo contamos cun multidestino onde hai unha oferta ampla e variada de paisaxe, patrimonio artístico e cultural e gastronomía con identidade propia. Por poñer algún exemplo, a muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade; tres rutas xacobeas, o Camiño Norte, o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, que a sitúan no traxecto internacional dos peregrinos e que suman máis da metade dos quilómetros do Camiño en Galicia; a famosa Ribeira Sacra, berce do viño homónimo; monumentos nacionais coma o mosteiro de Santa María de Meira ou a catedral de Mondoñedo; as Reservas da Biosfera Terras do Miño, Os Ancares e Río Eo, Oscos e Terras de Burón; toda a Mariña lucense, onde botamos de menos un turismo náutico que potencie o longo e vistoso treito de costa; festas de interese turístico nacional coma a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso ou a secular San Froilán de Lugo; a marca gastronómica …E para comer, Lugo, aglutinadora de produtos con denominación de orixe e de destacados cociñeiros; e un longo etcétera de recunchos con encanto. Estes puntos de interese poden constituír sobradamente un paquete único de vacacións para incitar aos visitantes a formular unha estadía de maior duración que a dun día, a programada para un “lugar de paso”. E é un paquete turístico que hai que proxectar cara ao exterior, fóra de Galicia. A nosa experiencia recente coa campaña de promoción da provincia de Lugo que levamos a cabo durante toda a Vuelta a España co apoio da Secretaría Xeral para o Turismo confirmounos que este tipo de iniciativas funcionan e son moi necesarias. Podemos dicir que a unión á que nos referiamos, de hostaleiros, produtores e a Administración, efectivamente deu os seus froitos, tamén colectivos. Por iso facemos un chamamento xeral para aproveitar os recursos en accións conxuntas que fortalezan estes dous sectores dos que vive tanta xente.

SUMARIO 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

4

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN NA VUELTA A ESPAÑA REPASO AO TAPEO DE COMPETICIÓN

6

ENTREGA DE PREMIOS DO IV CUME TAPAS

14

12

EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.221.278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

3


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

A TAPA DO PAPRICA GAÑA O CONCURSO DE LUGO Nesta oitava edición, a primeira organizada pola Apehl, participaron 45 locais hostaleiros, servíronse 29.441 tapas e xerouse un volume de negocio de 147.205 euros.

Antón Bao e Álvaro Villasante durante a entrega do primeiro premio do certame

Este ano, a asociación de hostaleiros tomou o relevo na organización do Concurso de Tapas de Lugo apoiada polo Concello, patrocinador do certame, e por entidades e establecementos hoteleiros colaboradores. A competición desenvolveuse do 14 ao 30 de setembro en 45 locais e cunha novidade no sistema de elección do gañador, pois foi o público quen desta volta o escolleu cos seus votos en urna. Así, proclamouse vencedor o restaurante Paprica, que xa lograra este primeiro posto na convocatoria de 2011. Presentou unha tapa de bonito e tomate de tempada. O segundo premio da votación popular recaeu no restaurante Campos e as zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada, e no terceiro posto situouse o Cinco Vigas, que serviu un Medallón de ouro. O público tamén concedeu as distincións á mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas, coa que se fixo a Filloa da lareira da Casa d’Auga, e á mellor tapa ecolóxica, preparada con produtos amparados polo

4

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

selo do Craega, que se levou a Tixolada coa que concorreu A Nosa Terra. Para a designación dos demais premios do palmarés deste concurso, a Apehl reuniu cociñeiros, xornalistas, blogueiros e representantes de produtos da provincia con denominación de calidade. Deste xeito, o xurado profesional estivo composto por dous xefes de cociña, Iñaki Albistur, que exerce como tal en Bortzhiri, empresa vasca responsable do catering da Vuelta a España; e o lalinense Marco Varela, chef do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober, nomeado mellor cociñeiro de Galicia en 2011 e finalista da última edición do Cam-

O xurado profesional en plena cata

pionato de España de Cociña. Acompañáronos o periodista e escritor gastronómico Miguel Vila Pernas, moi coñecido como Colineta, o alias que usa na web, o blog e as redes sociais; o tamén xornalista Xosé Manuel García, director e condutor do programa da Radio Galega Come e fala; e a blogueira Rocío Garrido Caramés, asinante do blog La cocina de mi abuelo e autora de Cociñando coas razas autóctonas, a primeira recompilación de receitas elaboradas con produtos derivados das razas autóctonas de Galicia. Pechou este equipo José María Martínez Alonso (Pepe Beiro), membro do panel de cata do Consello Regulador da Ribeira Sacra.


NOVAS Os integrantes deste xurado realizaron os días 2 e 3 de outubro unha ruta polos dez establecementos finalistas saídos directamente da votación popular. Desta degustación resultaron os seguintes premios: mellor tapa creativa para o Restaurante España polo taco de salmón lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas; mellor tapa tradicional para o

Vía Láctea polo milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas; mellor maridaxe co viño da Ribeira Sacra para o Paprica, que fixo dobrete; e mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia para Casa d’Auga, outro dos participantes que logrou dúas distincións. Igual que os hostaleiros, os votantes deste 8º concurso tamén foron agasallados, xa que entraron

no sorteo dun cruceiro polo Mediterráneo, unha fin de semana en Londres, estancias en hoteis, casas de turismo rural e balnearios da provincia e ceas en restaurantes lucenses. A entrega de todos os premios tivo lugar o 13 de novembro no salón de plenos do Concello de Lugo.

PALMARÉS DO 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO GAÑADOR E MELLOR MARIDAXE CON VIÑO DA RIBEIRA SACRA Paprica Bonito e tomate de tempada

PAPRICA

2º POSTO Restaurante Campos Zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada

RESTAURANTE CAMPOS

3º POSTO Cinco Vigas Medallón de ouro

RESTAURA NTE ESPAÑA

MELLOR TAPA CREATIVA Restaurante España Taco de salmón lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas MELLOR TAPA TRADICIONAL Vía Láctea Milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas

CINCO VIGAS

MELLOR MARIDAXE CON CERVEXA ESTRELLA GALICIA E PREMIO MARQUÉS DE CERNADAS Casa d’Auga Filloa da lareira PREMIO TAPA ECOLÓXICA A Nosa Terra Tixolada

CASA D´AUGA

VÍA LÁCTEA

A NOSA TER RA

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

5


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

GRANDE ACOLLIDA DO POSTO DE …E PARA COMER, LUGO NA VUELTA A ESPAÑA O estand de promoción da provincia que levaron a Apehl e a Secretaría Xeral para o Turismo á proba ciclista recibiu máis de 20.000 visitantes e ofreceu sobre 50.000 aperitivos.

A campaña de promoción dos produtos da provincia de Lugo na Vuelta Ciclista a España, desenvolvida do 18 de agosto ao 9 de setembro pola Apehl co apoio da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, foi un éxito. Polo posto de …E para comer, Lugo, instalado na zona vip de cada unha das 21 saídas de etapa trazadas polo norte da Península, pasaron máis de 20.000 persoas, ao redor dunha media dun milleiro ao día.

coma o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Lleida, Àngel Ros; a cantante de La Oreja de Van Gogh, Leire Martínez, voz da canción da Vuelta deste ano; o presentador e modelo Jorge Fernández; o empresario José Campos, membro do consello de administración do Racing de Santander e un dos

Estes visitantes, unha mestura de turistas, veciños das localidades anfitrioas, xornalistas e afeccionados ao ciclismo en xeral, procedían de múltiples lugares, o que contribuíu a espallar a imaxe da provincia luguesa como destino e da súa gastronomía como reclamo. A marca …E para comer, Lugo espertou simpatía mesmo entre personaxes moi coñecidos que se deixaron ver pola zona vip e se fotografaron con ela. Nesta nómina hai políticos,

6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

O equipo da Apehl estreou o posto en Pamplona

protagonistas da prensa rosa; Jaime Mir, un habitual da proba na chegada das etapas; o medallista olímpico David Cal; o gañador do Tour de Francia de 2006, Óscar Pereiro, e unha chea de ciclistas en competición, incluídos Contador, vencedor da Vuelta, e Valverde, Degenkolb, Bennati ou Piedra, gañadores dalgunhas etapas.


NOVAS O persoal da asociación de hostaleiros de Lugo que atendeu este estand serviu diariamente numerosas especialidades elaboradas con bonito de Burela, Galo Mos, Ovella Galega, Porco Celta, Ternera Gallega, Castaña de Galicia, galletas ecolóxicas Daveiga, Pataca de Galicia e queixos San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Marqués de Cernadas. En suma, ofrecéronse uns 50.000 aperitivos, aproximadamente, sempre acompañados con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, e o público gabou desta oferta a calidade e a variedade. Segundo o presidente da Apehl, Cheché Real, o feito de que se tratase de produtos frescos, preparados polo catering da Vuelta con moita profesionalidade, diferenciou este posto dos demais.

Na saída de etapa de Palas de Rei houbo cociña en directo a cargo de restauradores lucenses

A maiores, proporcionábaselle á xente información a través do último número da guía …E para comer, Lugo –da que se repartiron 3.000 exemplares–, a revista Hostelería lucense e múltiples folletos facilitados por asociacións de produtores e establecementos hostaleiros, o que axudou a abrir mercados. O balance desta iniciativa tamén resultou bo para algúns dos produtores participantes. O presidente de Avimós, Francisco Monasterio, e Manuel Goris, en representación de Asoporcel, remarcaron o beneficio económico directo que lles supuxo. A modo de exemplo, o presidente de Avimós indicou que a degustación de Galo Mos realizada en Ponteareas foi moi valorada polo propietario dunha cadea de restaurantes de Madrid, que se

puxo en contacto con eles e con quen puideron concretar vendas. Nesta promoción gastroturística tamén tiveron cabida restauradores da provincia. Santi Almuiña (restaurante Colón), Marco Varela (restaurante Dona Branca do Palacio de Sober) e Rubén García (restaurante Campos) cociñaron varios pratos especiais en Palas de Rei, lugar de saída da décimo cuarta etapa. O presidente da Apehl manifestou a súa satisfacción polos resultados desta campaña que traspasou as fronteiras galegas e que, na súa opinión, “cumpriu a súa función como escaparate da provincia de Lugo e polo de atracción de turistas”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fotografado na zona vip de Ponteareas

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

8

Alejandro Valverde

Daniele Bennati

Jonathan Castroviejo

Gustavo César Veloso

John Degenkolb

Benat Intxausti

Romain Sicard

Przemyslaw Niemiec

Antonio Piedra

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14


NOVAS

VUELTA A ESPAÑA 2012

Alessandro Ballan

Assan Bazayev

Cheng Ji

Fredrick Kessiakoff

Christophe Le Mevel

Mickaël Buffaz

Daniel Teklehaimanot

Winner Anacona

Eros Cappechi

VIÑA RIBEIRO do CAMPO www.bodegasdocampo.com

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

9


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O presentador Jorge Fernández

Àngel Ros, alcalde de Lleida

Jaime Mir, un habitual na Vuelta

Abraham Olano

Óscar Pereiro

David Cal

Leire Martínez, a voz da Vuelta

Alessandro de Gran Hermano

José Campos, marido da Bordiú

10

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14


NOVAS

VUELTA A ESPAÑA 2012

Viño da Ribeira Sacra

Bonito de Burela

Queixo San Simón da Costa

Queixo Marqués de Cernadas e Porco Celta

Galo Mos e Ovella Galega

Queixo Arzúa-Ulloa

Ternera Gallega e Pataca de Galicia

Castaña de Galicia e galletas Daveiga

Material promocional

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

11


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O TAPEO DE COMPETICIÓN MANTENSE EN AUXE Varios establecementos hostaleiros pertencentes á Apehl participaron nos últimos meses en concursos de tapas celebrados nas súas respectivas localidades. Chantada O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra organizou por cuarto ano consecutivo o concurso de tapas de Chantada, máis coñecido como Chantapas. Este ano, a Apehl colaborou na organización cun labor de asesoramento e mesmo o presidente, Cheché Real, se desprazou ata a localidade chantadina para apoiar o evento. No certame participaron 12 establecementos que puxeron as súas tapas a competición en dúas quendas: do 12 ao 15 e do 19 ao 22 de xullo. O público foi o encargado de elixir os gañadores. O campión foi o bar A Parada, que triunfou coa súa cabaciña rechea. O segundo clasificado foi o Cataviños, que participaba cun niño de lombo de porco en redución de viño do Porto e croquetas de cogomelos con xamón e queixo de San Simón da Costa. E no terceiro posto quedaron empatados o mesón Centro e o café Universal, que presentaron unha tosta de champiñóns e gambas con nata e ovos de codorniz e unha Brocheta universal, respectivamente. A Fonsagrada A Fonsagrada acolleu entre o 23 e o 28 de xullo a primeira edición do concurso de tapas, organizado polo Concello e varios profesionais do ramo. Cada un dos 15 establecementos participantes serviu unha proposta confeccionada con produtos autóctonos a un prezo dun euro. O público decidiu que o gañador fora o bar Manaia Sea Ela, que participaba cunha tapa de peixe sapo en prebe de améndoas con lagostino.

12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

En segundo lugar quedou o espeto de mar ao bosque de verdura do restaurante Os Chaos e, en terceiro, o solombo con salsa de champiñóns do restaurante O Piñeiral. Muimenta O 11 de agosto daba en comezo en Muimenta a quinta edición do concurso de tapas ao que concorreron sete establecementos, entre eles O Tino e Alvariño –socios da Apehl–, e no que se venderon case 4.500 aperitivos a un prezo único de 1,5 euros. O certame, organizado pola asociación de empresarios de Muimenta, repartiu 800 euros entre o público, a maiores do recoñecemento ás mellores tapas, que foron para a Taberna do Cruña, segundo a votación popular, e para o asador O Cabuxo,

segundo a valoración do xurado profesional. Begonte O Concello de Begonte organizou do 1 ao 11 de novembro o seu primeiro concurso de tapas. Nel participaron dez locais e o resultado foi todo un éxito. O público escolleu como vencedor a Casa Varela –socio da Apehl–, que competía cun espeto de polbo tres delicias. O segundo premio foi para Casa Pichín e o seu solombo con cogomelos en salsa de viño do Porto, e o terceiro recaeu na Taberna do Labrego –tamén asociada á Apehl– polo seu paspallás guisado en cóctel de cogomelos, castaña confeitada e froitos vermellos.

Tapa de Casa Varela, gañadora do concurso de Begonte

Proposta da Taberna do Cruña, mellor tapa en Muimenta segundo a votación popular


NOVAS

ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS Os sete hostaleiros distinguidos na cuarta edición do Cume Tapas recolleron os seus premios nun acto celebrado o 3 de agosto no Centro do Viño da Ribeira Sacra, na cidade do Cabe.

Galicia), O Grelo (tapa especial ecolóxica) e o Bodegón Ribeira Sacra (tapa especial Marqués de Cernadas). Ademais, outorgouse o premio do cruceiro polo

Mediterráneo sorteado entre todas as persoas que cubriron enteiramente o pasaporte do concurso.

Na entrega, organizada pola delegación da Apehl na zona sur da provincia, participaron o alcalde do Concello de Monforte, Severino Rodríguez, e o presidente da asociación de hostalería lucense, Cheché Real, así como os representantes das entidades patrocinadoras dalgunhas categorías desta competición. Os establecementos merecedores das placas acreditativas e de varios agasallos foron A Troula (primeiro premio), Katanga (segundo premio), Los Goya (mellor tapa creativa), Agarimo (mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra), Cervecería Mulligan´s (mellor maridaxe con cervexa Estrella

Belesar

Foto de familia dos premiados

Miño

A APEHL UNIUSE Á CAMPAÑA NOVA CITA EN DE RECOLLIDA DE TAPÓNS FITUR A edición de 2013 da Feira Internacional de DE PLÁSTICO PARA UXÍA Turismo de Madrid (Fitur) acollerá un ano

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo sumouse á campaña de recollida de tapóns Doade de plástico que puxeron en marcha dende Quiroga os pais de Uxía López Cobo co obxectivo de recadar fondos para financiar a operación desta nena, nacida sen unha man.

O presidente da Apehl, Cheché Real, comunicoulle persoalmente á nai de Uxía a posta en marcha desta nova colaboración que parte do gremio de hostaleiros. Así, invita a participar a todos os locais de hos-

máis a presentación oficial dun novo número da guía …E para comer, Lugo que edita a Apehl para facer promoción gastroturística da provincia. Trátase xa do sexto volume dunha colección consolidada que ten unha tirada duns 15.000 exemplares, sae en castelán e en inglés e inclúe sempre información e fotos Os puntos de recollida habilitados dos concellos, así como un directorio dos lopola asociación son a súa sede (na cais hostaleiros asociados á patronal lucense. rúa Ramón Montenegro 15, entreO presidente da Apehl, Cheché Real, desprasolo, en Lugo) e as delegacións da zarase ata o escenario de Fitur para participar zona norte (CEL da horarios Mariña, na rúa Novos 2012-2013: no acto, onde adoita estar arroupado por Arcadio Pardiñas 97 de Burela) e sur Sábados, domingos e festivos ás 11:30 e 16:00 h. coñecidos lucenses residentes na capital e (rúa Zapaterías s/n, a carón do ToEn Semana Santa os barcos navegarán todos os días por representantes das administracións local, rreón da Cárcere Vella de Monforte). provincial e autonómica.

talería da provincia de Lugo, asociados ou non á Apehl, e ofrécese a coordinar a entrega á familia destes Sil tapóns collidos nos distintos establecementos.

pola Ribeira Sacra

Compra de Billetes:

prezos:

reserva anticipada Tfn. 982 260 196 (luns a vernes de 8:30 a 14:30 h) www.lugoterra.com

Adultos/as 9 € 4-12 anos e >65 anos, carné xove 5 € Nenos/as 0-3 anos GRATIS Grupos (mínimo 30 persoas) Adultos/as 7 € 4-12 anos e >65 anos, carné xove 4 € Nenos/as 0-3 anos GRATIS

No mesmo catamarán: 20 minutos antes da saída.

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel de auga dos encoros e ríos. A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modificación en horarios e rutas.

www.lugoterra.com

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

13


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS Os sete hostaleiros distinguidos na cuarta edición do Cume Tapas recolleron os seus premios nun acto celebrado o 3 de agosto no Centro do Viño da Ribeira Sacra, na cidade do Cabe.

Galicia), O Grelo (tapa especial ecolóxica) e o Bodegón Ribeira Sacra (tapa especial Marqués de Cernadas). Ademais, outorgouse o premio do cruceiro polo

Mediterráneo sorteado entre todas as persoas que cubriron enteiramente o pasaporte do concurso.

Na entrega, organizada pola delegación da Apehl na zona sur da provincia, participaron o alcalde do Concello de Monforte, Severino Rodríguez, e o presidente da asociación de hostalería lucense, Cheché Real, así como os representantes das entidades patrocinadoras dalgunhas categorías desta competición. Os establecementos merecedores das placas acreditativas e de varios agasallos foron A Troula (primeiro premio), Katanga (segundo premio), Los Goya (mellor tapa creativa), Agarimo (mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra), Cervecería Mulligan´s (mellor maridaxe con cervexa Estrella

Foto de familia dos premiados

A APEHL UNIUSE Á CAMPAÑA NOVA CITA EN DE RECOLLIDA DE TAPÓNS FITUR A edición de 2013 da Feira Internacional de DE PLÁSTICO PARA UXÍA Turismo de Madrid (Fitur) acollerá a presen-

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo sumouse á campaña de recollida de tapóns de plástico que puxeron en marcha dende Quiroga os pais de Uxía López Cobo co obxectivo de recadar fondos para financiar a operación desta nena, nacida sen unha man.

O presidente da Apehl, Cheché Real, comunicoulle persoalmente á nai de Uxía a posta en marcha desta nova colaboración que parte do gremio de hostaleiros. Así, invita a participar a todos os locais de hos-

14

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

talería da provincia de Lugo, asociados ou non á Apehl, e ofrécese a coordinar a entrega á familia destes tapóns collidos nos distintos establecementos. Os puntos de recollida habilitados pola asociación son a súa sede (na rúa Ramón Montenegro 15, entresolo, en Lugo) e as delegacións da zona norte (CEL da Mariña, na rúa Arcadio Pardiñas 97 de Burela) e sur (rúa Zapaterías s/n, a carón do Torreón da Cárcere Vella de Monforte).

tación oficial dun novo número da guía …E para comer, Lugo que edita a Apehl para facer promoción gastroturística da provincia. Trátase xa do sexto volume dunha colección consolidada que ten unha tirada duns 15.000 exemplares, sae en castelán e en inglés e inclúe sempre información e fotos dos concellos, así como un directorio dos locais hostaleiros asociados á patronal lucense. O presidente da Apehl, Cheché Real, desprazarase ata o escenario de Fitur para participar no acto, onde adoita estar arroupado por coñecidos lucenses residentes na capital e por representantes das administracións local, provincial e autonómica.


NOVAS

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO •

Servizos xerais

Asesoría xurídica

E

Trámites ante o Servizo de Turismo Elaboración de listas de prezos Follas de reclamacións Cartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...)

PARA COMER ,

Concertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Pontenova e Ribadeo

Asistencia laboral

Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido deste e as súas novidades

Póliza de seguros colectiva

Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano)

Formación específica do sector

Organización de concursos de tapas

PROMOCIÓN •

Promoción da gastronomía lucense

Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos

Publicidade dos asociados en Internet

Publicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.com e nas redes sociais

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS •

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Prevención de riscos laborais

APPCC, Manipulador de alimentos

Inspeccións eléctricas

Recollida de aceite

Descontos en consumos de gas e luz HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

15


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ FORMACIÓN

A SEDE DA APEHL ACOLLE DIVERSOS CURSOS PARA TRABALLADORES EN ACTIVO OU EN PARO

Alumnos do curso de sumiller

Este mes comeza na sede na Apehl un curso sobre a posta en marcha e o crecemento de novas empresas que ofrece o Centro Superior de Hostelería de Galicia, dentro do Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia. O curso está dirixido tanto a desempregados coma a traballadores en activo; a selección de alumnos fíxose o pasado 27 de novembro. Esta acción formativa, que imparte o docente M. Figuerola, desenvolverase os días 10 e 17 de decembro, 7, 14 e 21 de xaneiro e 28 e 4 de febreiro en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.30 a 21.30 horas. Formación especializada de xefe de sala e sumiller A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo tamén organizou un par de cursos especializados concedidos pola Consellería de Traballo dentro do plan de Accións Formativas para Desem-

www.caixaruralgalega.es

16

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

pregados (AFD). Un deles está dedicado aos labores propios dun xefe de sala, que inclúen o protocolo e a decoración floral na mesa; empezou o 1 de agosto e continuará ata o 13 de decembro. No segundo curso, iniciado igualmente o primeiro día de agosto e finalizado o 14 de novembro, os alumnos estiveron aprendendo o oficio de sumiller.

Para estas dúas actividades, o cadro de docentes estivo composto por Daniel Romay Piñeiro, Emma González Ferreiro, Isabel Calvo Permuy, Orlando Fontán Aboy, Andrés Rodríguez Alonso, David Andrés López Bao e Antonio Raluy Rodríguez.

A PROPIETARIA DA PARADA DAS BESTAS, MERECEDORA DUN PREMIO NACIONAL Á INNOVACIÓN O día 15 de outubro, María Varela recolleu de mans do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, e da ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, o Premio de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais 2012. María é a propietaria e xerente da Parada das Bestas, unha empresa de turismo rural situada nunha casa de labranza do século XVIII en Palas de Rei (Lugo).


Nome NOVOS de SOCIOS sección

MATIAS LOCANDA ITALIANA

PLAYA RÍO CHAMOSO

O restaurante pizzería Matias Locanda Italiana abriu as súas portas en Sarria en setembro do ano pasado. O local no que está situado era unha vella pastelería que foi reformada para cubrir as necesidades dun establecemento hostaleiro, aínda que nel se conserva gran parte do mobiliario anterior. A pasta fresca rechea, a lasaña e a pizza –todas de elaboración propia– son as tres especialidades máis demandadas. Nesta época tamén ofrecen arroz e pasta con boletus. Os postres, elaborados segundo a receita italiana, tamén son caseiros; destacan o tiramisú, a tarta de queixo e o mousse de chocolate. Na tempada de peregrinos abren todos os días, pero nos meses de inverno só o fan de xoves a domingo, dende a unha do mediodía ata a medianoite.

O restaurante Playa Río Chamoso atópase na área recreativa do río Chamoso, no concello do Corgo. A cociña tradicional é o seu sinal de identidade e entre as súas especialidades destacan os chuletóns de tenreira e de boi, as troitas, as anguías e as codornices. A estes pratos súmase o cocido galego que elaboran no inverno e que leva cachola, lacón, soá, rabo, orella, faldra, chourizo, nabizas, garavanzos e patacas. De luns a sábado ofrecen menú do día por 9 euros para xantar e cear; o dos domingos é un menú especial de 12 euros que inclúe, dependendo do día, callos, paella, entremeses ibéricos e cordeiro, entre outras opcións. O restaurante dispón de dous comedores con capacidade para 70 e 30 persoas e acolle todo tipo de banquetes e ceas-bailes por encargo. Está situado nun contorno privilexiado, rodeado de natureza e cunha praia fluvial ao seu carón. Dispón dunha ampla terraza exterior e dunha sala de exposicións.

Rúa Maior, 4 – Sarria – Tel.: 982 534 285 www.facebook.com/matias.locandaitalianasarria matiaslocandaitaliana.blogspot.com.es

Lugar de Abuín – O Corgo – Tel.: 634 767 333 www.parrilladaplayariochamoso.com www.facebook.com/parrillada.riochamoso.1

O VAL DO NASEIRO

CASA D’AUGA

O hotel O Val do Naseiro –de catro estrelas– está situado na parroquia de San Pedro, en pleno val do Naseiro. Das súas 39 habitacións dobres, todas con posibilidade de converterse en triplas ou cuádruplas, algunhas son deluxe, con vistas ao val e máis amplas. Todas teñen aire acondicionado, caixa forte, TV, wifi, minibar e servizo despertador. A maiores dispoñen de dúas suites exclusivas con salón independente. Os hóspedes dispoñen tamén dunha cafetería bufete para o almorzo. O contorno é espectacular, con amplas zonas verdes nas que relaxarse, parque infantil e piscina telescópica. No interior do hotel atópanse o restaurante La Abuela, cuxa especialidade é a mariscada á grella, e o Mesón, cunha ampla subministración de pratos combinados, racións e bocadillos. En ambos os dous sitios ofrecen o menú do día, a 15 euros, caso do restaurante, e a 10 euros, no do Mesón. Ademais, contan cun salón para a celebración de banquetes cun aforamento para 500 comensais e unha terraza cuberta anexa con capacidade para 200 persoas máis.

En Casa D´Auga –o establecemento toma o seu nome do pozo romano que se conserva no interior e que pode verse a través dun cristal– dedícanse ao “chateo” por copa ou botella acompañado polos insubstituíbles pinchos lucenses, entre os que destacan as minitostas variadas e as tapas de cociña que ofrecen nas fins de semana. Nesta viñoteca situada no rehabilitado barrio da Tinería tamén se poden degustar suxestións delicatessen como a Filloa da lareira, gañadora na categoría de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas na última edición do Concurso de Tapas de Lugo. Tostas, táboas de embutidos, ensaladas, revoltos e carpaccio conforman o resto de propostas culinarias. Nos meses de inverno abre todos os días a partir das 8 da tarde, excepto os domingos e os luns. No verán tamén está aberto en horario de mediodía.

San Pedro, s/n – Viveiro – Tel.: 982 598 434 www.valdonaseiro.com

Rúa do Miño, 30 – Lugo – Tel.: 982 242 589

RUXE RUXE

SALA CASTELAO

A cervexería-pub Ruxe Ruxe está rexentada por Octavio Vázquez e Pedro Raposo desde abril de 2011. É o sitio ideal para desfrutar dunhas cervexas ou duns viños e dunha ampla variedade de tapas entre as que destacan a febra ao queixo, o pincho moruno, as aíñas de polo ou as salchichas picantes. E para quen prefira algo máis contundente dispoñen dunha completa carta de hamburguesas, bocadillos e pratos combinados. O groso da actividade desenvólvese a partir das sete da tarde, sobre todo nas fins de semana e máis aínda cando hai fútbol. A partir das once da noite, o Ruxe Ruxe transfórmase nun pub no que tomar as primeiras copas e no que escoitar a mellor música, desde os temas máis comerciais ata outros de rock, house etc. Ademais, neste local tamén se pode xogar ao billar, aos dardos e a numerosos xogos de mesa, e teñen unha confortable terraza cuberta con sofás e estufas. Arroyo, 8 – Quiroga – Tel.: 982 428 300 – 616 611 923 www.facebook.com/pubruxeruxe

É probable que moitos aínda o coñezan como Puro Teatro, pero desde finais de setembro este clásico das noites lucenses toma o nome de Sala Castelao. E o nome non é o único que cambiou, xa que, á parte das viñetas de Castelao que agora locen nas paredes, pasou de ser un local onde tomar a primeira copa a enfocarse na última hora, excepto os días nos que acolle actuacións en directo de estilos como blues, jazz ou rock and roll. Abre os xoves, os venres e os sábados a partir da unha da madrugada. Segundo comenta o seu dono, Marcos García, é habitual atoparse aquí con profesionais moi coñecidos da hostalería lucense. Rúa Castelao, 2 – Lugo – Tel.: 630 985 569

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

17


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS

LA NORTEÑA

A TU SALUD

Desde o 1 de outubro o restaurante Tempo pasou a ser La Norteña, unha cervexería-parrillada máis adaptada aos tempos que corren, con prezos máis económicos e enfocada a un público máis novo. As especialidades da grella son a presa, o segredo e a costela de porco ibérico, así como a tenreira, a vaca e o boi galegos. Tamén dispoñen dunha ampla variedade de pratos á carta e un menú do día por 10 euros. Unha singularidade do local é o prezo único de todas as racións: 6 euros. De luns a venres predomina o ambiente universitario –está situada no campus– pero nas fins de semana ata La Norteña achégase xente de diversas zonas da cidade. Ten capacidade para unhas 50 persoas e conta con terraza exterior.

A cafetería-coctelería A Tu Salud foi inaugurada a finais de 2011. Desde aquela converteuse no lugar idóneo tanto para comezar o día cun completo almorzo como para saborear un gin-tonic ou un cóctel especial de medianoite acompañado pola mellor música dos anos 80 e da actualidade. E todo isto sen esquecerse dos viños, unidos sempre a orixinais tapas. En canto á súa coidada decoración, combina o moderno con algúns elementos vintage. Permanece aberto de luns a domingo e dispón de terraza exterior todo o ano.

Avda. Carvalho Calero, 1 – Lugo – Tel.: 630 985 569

Montero Ríos, 78-80 – Lugo – Tel.: 982 816 933 www.facebook.com/atu.salud.3

GUINESTH

ABRENTE

O restaurante Ginesth, situado no polígono empresarial de Guitiriz, abre todos os días de 7 da mañá a 11 da noite excepto os sábados, que permanece pechado. De luns a venres ofrecen menú do día para xantar e cear a un prezo de 9,50 euros que inclúe catro primeiros pratos e tres segundos a elixir. O do domingo é un pouco máis caro –12 euros– pero, a cambio, o comensal ten un abano máis amplo de posibilidades onde escoller. O rasgo diferencial do Guinesth é que toda a comida é caseira e é a propia dona, Esther Castro, a que se encarga da súa elaboración. O restaurante, no que tamén se poden celebrar banquetes, festas e ceas-baile, ten capacidade para unhas 90 persoas. Conta con terraza exterior.

Este amplo, e confortable local é ideal para desfrutar dun ambiente tranquilo e agradable no que o cliente encontrará tanto un servizo de cafetería fantástico como a posibilidade de tomar uns viños acompañados de boas tapas ou, xa entrando na noite, desfrutar da primeira copa. Racións e pratos combinados completan a oferta para aqueles que gozan dunha comida en calquera momento do día, especialmente durante as retransmisións de eventos deportivos nas numerosas pantallas que hai no establecemento ou, se o prefiren, na ampla terraza exterior.

Polígono industrial de Guitiriz, parcela 55 – Tel.: 646 945 382 – 619 946 345

Carril das Flores, 36 – Lugo – Tel.: 982 815 341

CAMBIO DE TITULARIDADE A ESMORGA

TAPERÍA DO CENTRO DO VIÑO

César Rodrigo Fernández é o novo dono da Esmorga desde o pasado 14 de setembro. Este café bar está enfocado principalmente ao tapeo de tarde-noite e ás retransmisións futbolísticas, para o que conta cunha pantalla de 42 pulgadas e un proxector de 100. Á parte das tapas que serven coas consumicións, ofrecen racións, bocadillos, hamburguesas e demais pratos de consumición rápida. Por outra parte, na Esmorga pódese desfrutar entre amigos dunha partida de billar, futbolín ou dardos. Ademais, é un bo sitio para tomar a primeira copa nas fins de semana. Abre todos os días a partir das 8 da mañá.

A Tapería do Centro do Viño cambiou de titularidade no mes de xullo, pero a comida caseira segue sendo a referencia do local. O que máis se traballa son as racións, as táboas de ibéricos, de queixos e mixtas e as ensaladas. Teñen unha carta de carnes na que sempre hai produtos de tenreira galega, se ben tamén ofrecen por encargo carrilleiras, presa e demais carnes de Porco Celta. E por encargo dispoñen ademais dunha completa carta de pescados. Á tapería tamén se pode ir comer o menú do día de luns a sábado por un prezo de 10 euros, con tres primeiros e tres segundos pratos a elixir. O domingo teñen sempre un prato especial de tempada, normalmente en función da festa gastronómica que estean celebrando –agora mesmo están coa do cocido–, ademais da comida á carta. Abre todos os días ás 7.30 da mañá e pecha os domingos pola tarde.

Rúa San Pedro, 41 – Monforte de Lemos – Tel.: 666 483 593

Comercio, 6 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 410 934

CAMBIO DE LOCALIZACIÓN

18

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

CERVECERÍA LUGO

Agora na rúa Cedrón del Valle, 1 – Lugo – Tel.: 982 241 764


Nome NOVOS de SOCIOS sección

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

19


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS

20

HOSTELERร A LUCENSE - Nยบ 14


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.